updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do...

24
CONCELLO DE VILARDEVÓS Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín- A Gudiña da estrada OU-525, sitúase o municipio de Vilardevós. Pertence á comarca de Verín, representando a zona montañosa da mesma, destacando o accidente xeográfico da Serra de Penas Ceibes. É unha extensión de 170 km2 e está formada por doce parroquias. A Serra de Penas Ceibes separa dúas áreas ben definidas, á vez que serve de divisoria de augas. Ó oeste o relevo ofrece a morfoloxía propia das penechairas, con altitudes de 660-700 m. Ó leste, o releve é máis enérxico, e a súa altitude vai dende os 900-1000 m ó norte de Soutochao ós 700 m do sector meridional. A paisaxe caracterízase por unha sucesión de vales profundos e estreitos. A elevación máis importante sitúase no monte Balagrande, o Marco de Cota (chamado Mairos) cunha altitude de 1085 m. O clima presenta un matiz continental. A rede fluvial articulase en torno ás cuncas do Támega e o Mente, ambas dependentes do Douro, e dotados dunha grande riqueza na pesca. A principal arteria fluvial é o Arzoá que leva as súas augas ó Mente. En síntese, a orografía é apropia dunha zona de montaña, na que destaca a Serra de Penas Ceibes e a Cota de Mairos (1085m); dando lugar a unha paisaxe de grande contraste caracterizada por unha sucesión de vales profundos e estreitos.

Transcript of updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do...

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

CONCELLO DE VILARDEVÓS

Unhas pinceladas do Concello.

No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín- A Gudiña da estrada OU-525, sitúase o municipio de Vilardevós. Pertence á comarca de Verín, representando a zona montañosa da mesma, destacando o accidente xeográfico da Serra de Penas Ceibes. É unha extensión de 170 km2 e está formada por doce parroquias. A Serra de Penas Ceibes separa dúas áreas ben definidas, á vez que serve de divisoria de augas. Ó oeste o relevo ofrece a morfoloxía propia das penechairas, con altitudes de 660-700 m. Ó leste, o releve é máis enérxico, e a súa altitude vai dende os 900-1000 m ó norte de Soutochao ós 700 m do sector meridional.  A paisaxe caracterízase por unha sucesión de vales profundos e estreitos. A elevación máis importante sitúase no monte Balagrande, o Marco de Cota (chamado Mairos) cunha altitude de 1085 m. O clima presenta un matiz continental. A rede fluvial articulase en torno ás cuncas do Támega e o Mente, ambas dependentes do Douro, e dotados dunha grande riqueza na pesca. A principal arteria fluvial é o Arzoá que leva as súas augas ó Mente.

En síntese, a orografía é apropia dunha zona de montaña, na que destaca a Serra de Penas Ceibes e a Cota de Mairos (1085m); dando lugar a unha paisaxe de grande contraste caracterizada por unha sucesión de vales profundos e estreitos.

Escudo de Vilardevós: De gules (vermello), a cruz da Orden de San Xoán, ou de Malta, de prata (branco); xefe de azur (azul) con tres vieiras de prata. Bordura de sabre (negro) cunha cadea de ouro (amarelo). Ó timbre, coroa real pechada.

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

OU- 310VERÍNVILARDEVÓS

CÓMO CHEGAR

Atópase a 87 Km da capitalidade da provincia. Dende Ourense tómase a OU-540 cara Benavente- Madrid, segue pola A-52 cara

Verín/Vilardevós.

Tómase a saída 155

O Concello de Vilardevós posúe 29 entidades singulares distribuídas en 12 parroquias:

O Soño (San Pedro): Devesa, A Veiga das Meás, a Bemposta, O Soño e o Hospital.

Arzádigos (Santa Baia): Arzádigos e Florderrei Vello. Berrande (San Bartolomeu): Berrande, Lamasdeite, A trave e Arzoá. Vilardevós (San Miguel): Vilardevós. Terroso (Santa Cruz): Terroso e Soutocovo. Santa María de Traseirexa: Traseirexa, Bustelo, A Moimenta, Dona

Elvira, A Fraira e Santa María. Enxames (San Xoán): Santa María. Vilarello da Cota (Santa María): Vilarello da Cota. Vilar de Cervos (San Vicente): Vilar de Cervos. Soutochao (Santa María): Soutochao, Rexosende e Tomonte. Moialde (Santa María): Moialde e Santa Comba. Fumaces e a Trepa (Santa María): Feilas.

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

Unha mirada atrás.

As mámoas de Vilardevós, o Castro de Florderrei, un cadaleito atopado en Arzádigos e datado do século VII, proban o poboamento destas terras dende antigo. Como territorio fronteirizo con Portugal, sufriu os avatares das relacións entre os dous países, así en 1569 as tropas portuguesas invadiron estas terras chegando ata a Gudiña. Durante o antigo Réxime estiveron baixo a xurisdición do Conde de Monterrei na súa maior parte.

No Concello estivo emprazado un destacamento da Encomenda de San Xoán de Xerusalem, (que deixou moitas manifestacións da súa presenza), e que estivo encargada de velar polos peregrinos a Ruta Mozárabe a Santiago.

Tamén se poden atopar restos da presenza celta en dous castros catalogados como son o de Florderrei e o da Cidadela, así como mámoas e manifestacións desta época.

Onde perderse

Xoias naturais.

A beleza agreste do concello é un atractivo para os amantes da natureza que poden disfrutar nas áreas recreativas e de baño en Arzoá e a cidadela, onde hai unha bonita fervenza, ou na Fonte de Ouceira na serra.

Pasado Soutochao aparece o contorno da Cidadela, da que facemos unha mención especial. Durante 1 Km varios accesos levan ó sendeiro que vai polo fondo do río Pontón, nun trazado natural espeso e puro. Cara ó final deste breve e emocionante percorrido, a fervenza da cidadela. Varios

miradoiros naturais permiten contemplala. Destaca o situado en fronte dela, nun espectacular promontorio.

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

Na cidadela tamén atopamos unha área recreativa, e dous muíños restaurados.

É un lugar que permite disfrutar do entorno natural, dispoñendo ó mesmo tempo dos servizos necesarios. Está ubicada nunha fermosa arboreda con espazos abertos, dispondo de fontes de auga potable, grellas e mesas. Abundantes pistas e camiños circundan a Área Recreativa.

Ademais dos encoros e fervenzas da cidadela, a riqueza natural da xeografía do concello de Vilardevós, fai que os amantes da natureza poidan disfrutar doutros paisaxes de grande beleza, como as fervenzas do río Arzoá, a lagoa da Foca (onde tamén existe unha área recreativa e de baño) ou a fonte de Ouceira na Serra.

Existen en Vilardevós outras áreas recreativas distribuídas polo territorio do Concello, como por exemplo na localidade de

Enxames.

Ademais estase dotando á zona dunha rede de sendeiros como a Ruta da encomenda ou a ruta do Contrabando, entre outras; co obxectivo de dinamizar o rural.

Debido á complexidade de realizar unha única ruta do contrabando, xa que este realizábase por innumerables sitios, optouse por dividir as rutas en tres.

- Ruta A (Terra da Raia).- Ruta B (Ruta da Serra).- Ruta C (Ruta da Terra de Arriba).

RUTA A- TERRA DA RAIA

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

Esta é a ruta máis longa das tres. Consta dun total de 26 Km, con saída e chegada en Vilardevós, no centro de interpretación co contrabando 8visita obrigada antes de comezar calquera das rutas).

- Dificultade: media- alta- Tempo estimado: 5 ½ horas- Altitude mínima: 737 metros.- Altitude máxima: 1058 metros.

Partindo do centro de interpretación do contrabando cruzamos a estrada nacional en dirección a Florderrei. Despois de percorrer 2,3 Km (tramo compartido coa ruta B ou ruta da Serra), tomamos o cruce da dereita en dirección a Enxames. Cruzando o pobo, a ruta continúa cara Vilarello da Cota onde se atopa un albergue. Saíndo de Vilarello tomamos a desviación á dereita xunto ó antigo lavadoiro e continuamos en dirección a Mairos (punto máis alto da ruta e lugar habitual de paso do contrabando).

Descendemos agora cara Arzádigos onde podemos contemplar a actuación que o concello levou a cabo para a recuperación das adegas tradicionais e o seu entorno. Este pobo tivo gran relevancia na época do contrabando debido a súa proximidade ó pobo fronteirizo de Trabancas.

Dende Arzádigos, camiñamos cara Florderrei, pasando pola Ermida de Portas Abertas (lugar de peregrinación das almas dos mortos convertidas en formigas), podendo aquí facer unha extensión da ruta ata o pobo de Terroso.

Retornamos agora a Vilardevós onde chegaremos ó punto de partida.

RUTA B- RUTA DA SERRA

- Lonxitude: 13,8 Km- Dificultade: media- Tempo estimado: 3 horas- Altitude mínima: 737 metros- Altitude máxima: 1053 metros

Esta ruta comeza e remata no Centro de Interpretación do Contrabando.

Dende alí marchamos cara o cruce de Enxames- Florderrei ata chegar ó Km 3,9 da ruta, no que xiramos á esquerda e comezamos a subir cara o lugar coñecido como Salto do Cabalo (no Km 7,3 atoparemos a área recreativa Fonte da Uceira).

Esta é unha ruta que non pasa por ningún pobo, aínda que dende ela poderemos admirar a Serra de Penas Libres (cadea montañosa de gran beleza e moi ligada en outros tempos ós pasos dos contrabandistas).

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

RUTA C- TERRA DE ARRIBA

- Lonxitude: 13,7 Km- Dificultade: media- Tempo estimado: 3 ½- Altitude mínima: 700 metros- Altitude máxima: 879 metros

Trátase dunha ruta circular que partindo da antiga escola de Soutochao, toma dirección cara a área recreativa da cidadela,onde poderemos apreciar as fervenzas máis belas da comarca, así como un amplo patrimonio etnográfico e natural.

A ruta continúa en dirección ó pobo de Tomonte, pasando previamente pola fonte dos bucráneos.

A partir de aquí seguimos cara Berrande onde poderemos admirar a fermosa igrexa e realizar unha extensión da ruta ata a Trave, para voltar de novo a Soutochao.

Tesouros arquitectónicos.

Igrexa de San Bartolomeu de Berrande.- Igrexa barroca construída en 1792. Posúe torre- campanario de tres corpos con balconada de pedra e cuberta de cúpula.

Igrexa de Arzádegos.- Fermosa igrexa datada do século XX, onde salientan as vidreiras laterais, tal e como se pode observar nas imaxes da dereita.

Igrexa de Vilarello da Cota.- Igrexa barroca con retablos do século XVIII.

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

Igrexa de Terroso.- Igrexa do século XVIII, de estreita silueta e presidida por dous esveltos cipreses.

Igrexa de Enxames.- Igrexa datada no século XIX, cun discreto rosetón na fachada (fiestra circular calada dotada de vidreiras) co obxectivo de iluminar o interior desta. Chama a atención o maxestuoso panteón que a acompaña, tal e como se pode apreciar na imaxe da dereita.

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

Igrexa de Vilardevós.- Sita na capitalidade do Concello, é unha mostra da arquitectura relixiosa do século XIX, con nave rectangular e espadana de dobre campá.

Igrexa do Soño.- Igrexa de espadana de dobre campá coroada cunha sinxela cruz.

Existen noutras localidades do concello de Vilardevós outras mostras de arquitectura relixiosa como son as igrexas de Moialde, Soutochao ou Vilar de Cervos, entre outras.

O Concello de Vilardevós ademais de igrexas tamén conta coa existencia de capelas. Unha  capela  é un templo relixioso, xeralmente de menor tamaño que unha igrexa convencional. Pode estar construída no interior dunha  igrexa, xeralmente anexa á nave maior, ou ben constituír unha edificación propia.

Componse esencialmente dun  retablo, ou  altar  e  columnas  ou piares pequenos. O teito non adoita rematar cunha cúpula ou  bóveda.

En Flor de Rei, moi coñecida é a Ermida das Portas Abertas, situada sobre un antigo castro. É o centro espiritual, con gran romaría pola Ascensión e con reminiscencias precristiás. Esta capela coñécese por un curioso fenómeno: miles e miles de formigas voadoras veñen a morrer a este lugar entre finais de agosto e setembro. Unha interpretación popular asegura que se trata de ánimas que non cumpriron en vida con esta peregrinación.

As explicacións racionais non conseguiron atopar un sentido á presenza de formigas voadoras en Florderrei, onde que cada ano acoden miles destes insectos con ás para morrer. Pero non se conforman con perecer deste modo, se non que escollen a igrexa e o altar da Virxe como tumba.

Fronte ós que ven motivos relixiosos neste particular suicidio, os científicos atribúen a elección dos insectos a factores relacionados coa altitude na que se atopa a capela da Virxe de Portas Abertas,

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

no punto máis alto de Florderrei. Tamén apuntan estas mesmas teorías ó feito de que esta zoa constitúa un microclima.

O topónimo de Portas abertas tense relacionado coa amplitude das vistas, aires e ventos deste lugar.

Capela de San Roque.- Descendendo para Verín, atópase a capela de San Roque, unha pequena ermida nun alto baixo a advocación de San roque.

Capela da Trave.- Como se apreciar na imaxe da esquerda, trátase dunha capela de máis recente construción que as anteriores.

Existen outras capelas distribuídas polo Concello.

Outra das mostras da arquitectura relixiosa son os petos das ánimas (mostra da cultura popular e da tradición), que son manifestacións materiais do culto ós mortos e da devoción polas ánimas. No concello de Vilardevós salientan fundamentalmente os de Enxames e o de Vilarello.

Un dos petos aparece incrustado nas paredes dunha vivenda a modo de hornacina de medio punto con moldura e disposta sobre repisa, da que pende unha placa ben labrada, rematada con cornixa, sobre q que figuran releves de cruz e pináculos.

O outro peto está situado na praza do pobo. Consta dun corpo definido por perpiaños cuadrangulares, asentado sobre plataforma; a partir da repisa, a fornacina abre en medio punto, subraiada por ornamentación de moldura e cinxida na súa curvatura por unha acanaladura plana que se prolonga ata a base do monumento. Remata a obra con cornixa de perfil moldurado, sobre a que se asenta o pedestal dunha cruz.(Imaxe á dereita).

Peto de ánimas de Vilarello.- Peto de dous corpos sobre unha plataforma. Rematado en cornixas de igual voo e molduración, con perfil

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

de cima recta; a fornecina adintelada, presenta guarnición de moldura chaira con finas estrías. Coroado cunha rústica escultura de Cristo crucificado, flanqueada por pináculos piramidais. Posúe dobre alcancía e mostra inscrita a data da súa construción: 1881.

O Concello de Vilardevós conta tamén coa existencia de cruceiros. Un  cruceiro  é un monumento  relixioso  constituído por unha cruz de  pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha  columna  asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de  camiños, adros de  igrexas,  etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos  pagáns  á  natureza.

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura  galegas, intimamente vencellado á  paisaxe  rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en  prazas,  xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. (A foto da esquerda correspóndese co cruceiro de Vilardevós).

Entre o Soño e o Hospital, atópase un conxunto de tres cruces que sinalaría unha ruta onde poder realizar o exercicio piadoso.

Riqueza histórico- cultural.

XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS

Asentamento fortificado en Castelo da Pena.- Asentamento medieval fortificado que contou con foso e muralla. Trátase dun xacemento gravemento alterado pola actividade dunha canteira e máis pola construción dunha pista forestal que vai xusto ata a cimeira. Esta última obra deixou ó descuberto terra arábiga de moito grosor. Anteriormente o cura párroco atopara tellas, moedas, fragmentos cerámicos de pastas grises, útiles de ferro, unha espora e restos de ósos de animais, materiais todos eles que obran no seu poder.

A propiedade na que se atopa é comunal, formando límite co concello de Riós, e o contorno está confortado por mato, carballos e piñeiros.

Asentamento fortificado de Vilardevós.- Emprázase nunha penechaira, nun entorno de labradío, e foi totalmente destruído. No século XVII

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

este lugar acolleu un asentamento fortificado. No núcleo aínda son visibles distintos elementos arquitectónicos (nomeadamente falsos arcos conopiais) e epígrafos que testemuñan a ocupación cromotipolóxica que se sinala.

Asentamento moderno dos Palleiros en Arzádegos.- Xacemento situado a 850 m de altura ó que se accede dende o alto da aldea de Arzádegos, seguindo o camiño que leva a Portugal. Moi preto atópase nunha ladeira dun monte os restos de construcións destruídas polos portugueses no ano 1641.

Asentamento moderno da Cidade en Terroso.- A este xacemento accédese tomando unha pista que une Terroso con Portugal. Desta maneira chegaremos a unha lombeira situada preto da fronteira no que se conservan restos de tela e ladrillos. Trátase dunha antiga aldea destruídas polas guerras da fronteira do século XVII, máis concretamente no ano 1641.

Asentamento romano das Regadas en Traseirexa.- Asentamento romano pouco alterado por actividades forestais e agrícolas. Accedemos ó xacemento tomando a estrada que une os pobos de Traseirexa e a Fraira. A man dereita, preto do lugar onde houbo un lago atopamos unha chaira nun entorno de labradío. Aquí foron atopados fragmentos de cerámica común, restos de paramento irregular e vestixios dunha construción cilíndrica de desaugue.

Taboada Chivite cre que se trata dun castro de pequenas dimensións, pero González Vázquez, Arnaldo Rolán e Varela Barrios cren que é un asentamento romano.

Asentamento romano da Trave.- posible xacemento gravemente alterado localizado a 850 m de altura. Sitúase no mesmo pobo, nun entorno de labradío e carballos. Aquí foron atopados muíños de man romanos e fragmentos de cerámica común romana.

Estes achados permiten especular coa posibilidade de estar diante dunha “Villa rústica” romana, un asentamento de chaira bastante común entre os séculos I e III d. C.

Asentamento romano de Rebordechao en Terroso.- Xacemento localizado a 850 m de altura ´que se accede a través da pista que une Terroso con S. Vicente (Portugal). Moi preto da raia, a man esquerda, nunha bagoada situada nun entorno de labradío e castiñeiros foron atopados fragmentos de tégula e ladrillo.

Trátase dun posible asentamento romano de chaira, habitado ata a época medieval.

Asentamento romano de Tomonte.- Localízase no pobo de Tomonte, nunha chaira de entorno urbanizado. Aquí foron

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

atopados dous bucráneos, hoxe empotrados na parede dunha fonte pública, así como restos de ladrillos romanos preto da fonte, nunha construción en ruínas situada preto da Cidadela.

Os bucráneos que conforman a fonte da aldea (dous releves en pedra coas figuras de cadansúa cabeza de touro de orixe romana), así como o muro no que aparecen embutidos, gozan de Protección Integral, ó igual que os demais achados arqueolóxicos do Concello.

Asentamento romano Xacemento d´As Airas no soño.- Nun pequeno val, pegado a un regato, nu contorno de cultivo e prados parcialmente urbanizado foron atopadas téguias, un tambor de columna, dous “durmintes” de muíños de man, así como un fondo de cerámica común romana.

O xacemento é coñecido grazas á localización de numeroso material cerámico de construción que foi localizado no mes de maio de 2004 cando os propietarios das fincas utilizaron unha nova máquina para os traballos agrícolas.

A remoción de terras a maior profundidade supuxeron a localización de numerosos fragmentos de tégula, ademais das pezas sinaladas máis arriba. A maior cantidade de material foi localizado nas parcelas de cultivo que se dispoñen no sentido perpendicular ó regato da Fonte Vela de Arriba, ubicadas o E da aldea.

A maior cantidade de material correspóndese posiblemente, posiblemente, con algún tipo de asentamento rural de época romana.

Asentamento romano dos Casarós no Soño.- xacemento potencial emprazado a 620 m de altura ó que se accede a través da pista asfaltada que une Vilar de Cervos e a Veiga das Meás. Na divisoria entre ambas aldeas, nun lombeiro que presenta unha chaira na súa parte superior, atópase o lugar dos Casarós. Non se atopou ningún achado.

Pola súa ubicación e características, pode tratarse dun asentamento romano de Chaira.

Para comprender a riqueza histórica do Concello de Vilardevós é imprescindible achegarse ó Centro de Interpretación do Contrabando

Centro de Interpretación do ContrabandoEnderezo: Rúa Jacinto Santiago,23 VilardevósTeléfono 988417232Entrada gratuita. De luns a venres: 9,30-13,30h/ 15,30-19,30h

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

Este é un concello vinculado, dende antano, a un modo de vida: O contrabando.

Este centro de interpretación está xestionado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Portas Abertas; o cal amosa a historia sas xentes da raia. O tema central é o contrabando, coñecido tamén como estraperlo. A súa orixe está na extrema necesidade a ambos lados da fronteira e nunha xeografía moi irregular que facilitaba o movemento dos contrabandistas e dificultaba o dos axentes da orde.

A actividade do contrabando neste concello, xorde pola súa proximidade ó pé da raia e o seu comezo remóntase a creación da nación portuguesa.

Os primeiros datos proceden do século XV, relacionados coas feiras nas que se practicaba o intercambio e o negocio con mercadorías ilegais.

O gando foi un dos elementos primordiais, seguido do viño, fariña, trigo, sal, cobre, peixe, cera, moeda e outros obxectos de valor.

Nos anos seguintes á guerra civil o contrabando centrouse principalmente en bacallau, azucre e lingotes de cobre. Xa nos anos setenta, electrodomésticos, tabaco, alcohol ou café, desaparecendo a actividade contrabandista coa incorporación de España e Portugal á Comunidade Económica Europea, que supuxo a desaparición das aduanas entre ambos países.

Conxunto de adegas tradicionais.- Conxunto de adegas do país concibidas de maneira agrupada. Combinan planta cadrada e rectangular, e sitúanse no emprazamento máis sombrío da aldea a fin de proporcionar ó viño as mellores condicións de conservación.

Moitas delas, as de maior tamaño, posúen dous accesos diferenciados en altura grazas ó desnivel do terreo, que permite estruturar o edificio en dous niveis ou andares.

Os seus muros levántanse en cachotería concertada, reservando as pezas ben dimensionadas de granito para os eixos estruturais, así como para o contorno

dos ocos de acceso e ventilación. A súa cuberta a unha única auga fai ás veces de prolongación natural da vertente das vivendas ás que habitualmente se adosan.

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

No interior destes extraordinarios exemplos de arquitectura etnográfica consérvanse pilas e pilóns labrados en pedra, así como lagares en deficiente estado de conservación .

Habitualmente posúen ademais utensilios de grande valor etnográfico: barrís, cubas de distintos tamaños….

Existen varios conxuntos de adegas: na Bemposta, na Veiga das Meás, en Lamasdeite, Moialde, tomonte, Rexosende, Arzádegos, Florderrei e Terroso.

Fornos.- Servizos da vida rural tradicional resolvíanse nuns elementos comunais como poden ser os fornos, nexos de unión dos veciños dos pobos. Hoxe en día moitos deles son restaurados, unha mostra é o forno localizado na aldea do Soño.

Muíños na Cidadela.- Un  muíño  é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o  trigo  e o millo, para obter  fariña.

Foto: Adegas de Arzádegos

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ó xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase  moa.

Para mover a pedra utilizábase neste concello

fundamentalmente a enerxía hidráulica.

Outras cousas que ver.

Museo da Oliveira.- Con este museo crease un referente sobre a oliveira e o aceite, pois explicará a historia de dito cultivo e potenciarao na comarca e na provincia.

No Concello de vilardevós, pódense contemplar casas moi antigas, nas que as instalacións soen ser masías e caseríos que se están a reformar e adaptar. Unha mostra destas edificacións atópase en Vilarello da Cota, con escudos e grabados na fachada.

Ponte de Arzádegos.- Ponte restaurada por onde discorre a ruta do Contrabando.

Para rematar este apartado de riqueza histórica indicar que:

O núcleo de poboación de Arzádegos confirma a intensa relación do contrabando, dado que foi un dos seus epicentros. Os vestixios arqueolóxicos (sarcófago atopado e datado do século VII) confirman que estivo habitada dende moi antigo. Imprescindible a visita a “ladeiras das Adegas”, conxunto etnográfico de gran valor.Tamén como xa se mencionou se poden atopar restos da presenza celta en dous castros catalogados como son o de Florderrei e o da Cidadela, así como mámoas e manifestacións desta época.

Page 16: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

Tamén polas rúas das distintas localidades do Concello atopamos prazas, lavadoiros, fontes e construcións de máis recente creación como poden ser as que se amosan a continuación:

As Minas de Vilardecervos.- Na zona de Vilar de Cervos atópanse unha serie de depósitos estañíferos, sendo obxecto de diferentes fases de explotación dende o século XVI ata ben avanzado o século XX, e que se denominaron de forma xenérica “Minas do Este”.

Situada na faldra do monte Outeiro, a aldea de San Vicente de Vilardecervos, pertenceu ó señorío do Conde de Monterrei, tributando ás arcas da Casa de Alba.

As principais minas explotadas neste distrito foron coñecidas cos nomes de “A Foca”, “Picotiño”, “Outeiro” e “O Xardín”.

Actualmente, estase a recuperar unha rede de sendeirismo, que recupere as diferentes zonas consideradas como históricas, entre as que se atopan As Minas de Vilardecervos.

Foto: Fonte Enxames Foto: Fonte do Soño Foto: Fonte Terroso

Foto: Lavadoiro de Vilardevós Foto: Lavadoiro de Vilarello Foto: Pza do Soño

Foto: Fonte da Cidadela Foto: Fonte en Florderrei

Page 17: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

De feito, a lagoa da Foca apareceu como consecuencia das filtracións de auga na mina da Foca Vella.

Page 18: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

Algunhas curiosidades

Vilardevós é o núcleo máis poboado do concello e a súa capital, capital tamén dos escritores. Ata 5 de

renome acumula este pequeno concello que é berce de insignes personaxes como os escritores Silvio

Santiago (1904- 1974) que deixou escrita a memoria deste Concello nun relato clásico da literatura galega

– Vilardevós 1961-, o seu irmán Jacinto Santiago (1894- 1936), un dos grandes xornalistas galegos dos anos

trinta, o poeta Manuel Núñez González (1865- 1917), o músico, compositor multipremiado e escritor

vocacional Ángel Barja Iglesias (1938- 1987), o filósofo Eloi Luís André (1876- 1936) ou a secretaria

persoal de Fidel Castro.

ELOI LUIS ANDRÉ. Nace en Mourazos, o día 19 de xuño de 1876. A súa infancia transcorre en Vilardevós

onde fai os seus primeiros estudos na escola pública; os de segunda ensinanza en Celanova e Ourense,

proseguindo os seus estudos nas Universidades de Santiago, Salamanca, Madrid, Lovaina, Bruxelas, Leipzig

e Jena, tendo como mestres a Unamuno, Wund, Eucken, etc… En 1904 é nomeado catedrático de psicoloxía,

lóxica e ética. Entre as súas obras caben destacar as seguintes: “Ética española”, “Revolución”, “Democracia

social”, “El histrionismo español”, “Mentalidad alemana”, “Galleguismo y españolismo”. Faleceu en Madrid

no ano 1936.

SILVIO SANTIAGO GARCÍA: nace en Vilardevós o día 12 de outubro de 1904. Ó chegar a guerra civil en

1936 na que o seu irmán foi asasinado, fuxe a Portugal, de alí a cuba e posteriormente a Venezuela. En

1961 revelase como escritor cunha publicación do seu libro “Vilardebós”, que se converte nun clásico da

narrativa galega. Durante moito tempo a censura franquista impide a publicación do seu libro “O silencio

redimido” -premio da crítica-, novela que non verá a luz ata 1977, tres anos despois da súa morte

(Vilardevós 12/09/74). En Venezuela recibe varios galardóns polas colaboracións periodísticas e relatos

literarios.

MANUEL NÚÑEZ GONZÁLEZ: nace en Vilardevós o día 15 de agosto de 1865. Estudou dereito en Santiago

de Compostela e foi rexistrador da propiedade. Revelase como escritor publicando nas páxinas de “O tío

Marcos da Portela” algúns traballos líricos, asinados ben co seu nome ou co alcume de Ma-Un-Gon. En 1895

publica “Salaios”, versos galegos. En castelán escribe “Efusivas” e unha monografía “La poesía popular

gallega”. Foi membro electo da academia galega. A súa tarefa como pensador queda pechada co folleto

anónimo impreso en Portugal “Manojo de iniquidades o un feudal del siglo XIX”. Foi amigo de Manuel

Murguía, e falece en Vilardevós o día 16 de febreiro de 1917.

ÁNGEL BARJA IGLESIAS: nace en Terroso o día 5 de outubro de 1938. En 1954 comeza as súas actividades

como compositor de música coral. En 1967, viaxa a Italia, suíza e Austria para ampliar os seus

coñecementos musicais, e é alumno de Vieri Tossati. En 1972 faise cargo da dirección da capela clásica de

León. Entre os numerosos premios obtidos destacan: Premio Nacional de composición (1972); Premio

Internacional de composición (1972); Premio Cristóbal Halfter (1982); Premio Nacional de composición

(1984); Premio internacional da Real Academia de belas artes de Granada (1985); ou o premio

internacional “Ciudad de Segorbe” (1986). En 1987 publica o seu libro “Música e poemas para nenos”.

Músico de sólida formación e vasta cultura, cun catálogo de máis de 500 obras. Ángel Barja é o fillo musical

máis universal de toda a historia de Galicia. Faleceu o 12 de febreiro de 1987.

UN LIBRO DE JUAN TALLÓN RECUPERA A MEMORIA HISTÓRICA DE JACINTO SANTIAGO: “Jacinto

Santiago” é o título do libro biográfico que Juan Tallón, un xove veciño licenciado en Filosofía e letras, adica

a un dos fillos preclaros de Vilardevós e considerado como “mellor xornalista galego de preguerra”.

Durante dous anos, Tallón estudou a figura de Jacinto Santiago (1894-1936) a través de artigos seus en

medios como La Zarpa e La República e da lembranza dos seus contemporáneos. O libro, editado por “As

Page 19: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

Como se aprecia no cadro anterior, Vilardevós concentra o maior número de escritores recoñecido.

Un alto no camiño

Unha mostra da cultura dos pobos son as súas festas. Co cal sería moi interesante visitar o Concello e facer unha parada nalgunha destas festas populares. No concello de Vilardevós tódalas localidades teñen o seu día grande, no que salientan entre outras as de:

De data variable, festa do Corpus Christi, en Vilardevós. Festa do Corpus Christi, en Terroso. Festa tamén do Corpus Christi, en Vilarello da Cota. 3 de xuño, festa da Santísima Trinidade, en Lamasdeite. 13 de xuño, festa de Santo Antonio, na Bemposta. 24 de xuño, festa de San Xoán, en Enxames. 29 de xuño, festa de San Pedro, na Devesa. 22 de xullo, festa da Santa María Magdalena, na Veiga das Meás. 24 de xullo, festa de Santa Cristina, en Bustelo. 25 de xullo, festa do Santiago Apóstolo, en Arzoá. 15 de agosto, Romaría de Portas Abertas en Florderrei e Santa María. 15 de agosto, festas da Asunción en Arzádegos e Moialde. 15 de agosto, tamén festas patronais nas Parroquias da Fraira e

Soutochao. 16 de agosto, festas patronais de San Roque en Vilardevós. O día 16 é

festivo local en Vilardevós co motivo da celebración de San Roque. 24 de agosto, San Bartolomeu en Berrande.

Vía Xacobea.- Polo entorno da cidadela, vindo de Portugal (de Xixirei e do parque natural luso de Montesinhos) e seguindo a Vilardevós, pasaba unha vía Xacobea secundaria procedente do nordeste portugués. Confírmao a encomenda de San Xoán de Xerusalén asentada en Vilardevós para velar polos peregrinos.

Page 20: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewCONCELLO DE VILARDEVÓS. Unhas pinceladas do Concello. No sueste da provincia de Ourense entre a fronteira portuguesa e o tramo Verín-

Existen varios lugares para repostar forzas:

Onde comer

- Bar / restaurante Muxía, na Avda Juan Fernández 3, Vilardevós.

Tamén no Concello de Vilardevós existen varios bares e cafeterías, entre eles:

- Bar Sixto, Pza do Cruceiro S/N en Vilardevós.- Bar Canguro, Rúa da Fonte 244, en Enxames.- Bar Francisco Castaño, Avda Silvio Santiago 1, en Vilardevós.- Bar Cruceiro, Pza do Cruceiro 3, en Vilardevós.

Onde durmir

O turismo rural estase a promocionar nestes últimos anos. No concello xa existen unha Casa de Turismo rural (A Chousiña), e un centro multiusos en Vilarello da Cota.

Esta última localidade (Vilarello) posúe un albergue con capacidade para 24 persoas.