updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores...

30
LAZA Unhas pinceladas do Concello. O Concello de Laza sitúase no sueste da provincia de Ourense, limita ó Norte cos Concellos de Montederramo e Chandrexa de Queixa, ó Sur cos Concellos de Castrelo do Val e Monterrei, ó Leste con Vilariño de Conso e Castrelo do Val e ó Oeste con Vilar de Barrio, Sarreaus e Cualedro. Ten unha superficie de 215.90 km², sendo un dos Concellos máis extensos de Galicia. Altitude de 482 m sobre o nivel do mar. Formado por dez parroquias nas que se distribúen 24 pobos. San Xoán de Laza: Laza, Cimadevila, Souteliño. San Pedro de O Castro de Laza: Soutelo Verde, O Castro, Tamicelas, Vilameá, O Navallo, Correchouso, Naveaus, Carraxo. Santa María de Retorta: Retorta, Arcucelos. Santa María de Matamá: Matamá. Santa María de Cerdedelo: Cerdedelo, O Pereiro. San Lourenzo de Toro: Toro. Santiago de Trez: Trez, Eiras. San Salvador da Camba: Camba. San Bieito de Carraxo: Carraxo, O Santo, Carraxó. San María de A Alberguería: A Alberguería. Para chegar a Laza: Desde Ourense, tomar a A-52 dirección Verín, e logo tómase o tramo de enlace OU-113, ata chegar a Laza. Encóntrase a uns 60 km aproximadamente da capital de Provincia.

Transcript of updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores...

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

LAZAUnhas pinceladas do Concello.

O Concello de Laza sitúase no sueste da provincia de Ourense, limita ó Norte cos Concellos de Montederramo e Chandrexa de Queixa, ó Sur cos Concellos de Castrelo do Val e Monterrei, ó Leste con Vilariño de Conso e Castrelo do Val e ó Oeste con Vilar de Barrio, Sarreaus e Cualedro.

Ten unha superficie de 215.90 km², sendo un dos Concellos máis extensos de Galicia. Altitude de 482 m sobre o nivel do mar.

Formado por dez parroquias nas que se distribúen 24 pobos.

San Xoán de Laza: Laza, Cimadevila, Souteliño. San Pedro de O Castro de Laza: Soutelo Verde, O Castro, Tamicelas,

Vilameá, O Navallo, Correchouso, Naveaus, Carraxo. Santa María de Retorta: Retorta, Arcucelos. Santa María de Matamá: Matamá. Santa María de Cerdedelo: Cerdedelo, O Pereiro. San Lourenzo de Toro: Toro. Santiago de Trez: Trez, Eiras. San Salvador da Camba: Camba. San Bieito de Carraxo: Carraxo, O Santo, Carraxó. San María de A Alberguería: A Alberguería.

Para chegar a Laza: Desde Ourense, tomar a A-52 dirección Verín, e logo tómase o tramo de enlace OU-113, ata chegar a Laza. Encóntrase a uns 60 km aproximadamente da capital de Provincia.

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

No municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas das serras de San Mamede, Fial das Corzas e Invernadoiro (espazo natural protexido, onde se sobrepasan os 1400 m de altitude sobre o nivel do mar). Nestas serras atópanse as maiores altitudes do Concello: Cazcallal con 1584 m, Pozo negro con 1516m (parecen atoparse restos de pequenos fenómenos glaciares), Gancedo con 1445m, Collado da VIduela con 1444m, Collado da Aceveda e Baroncello con 1412m, Cabeza de Lombo Grande con 1369m, Louredo con 1355m e Alto dos Cregos con 1324m. Ó sur atópanse tamén importantes cordais montañosos nos que destaca “Llano das Minas” con 1089m de altura. Polo Oeste está o Monte Meda a 1089m, Altos de Baldriz a 800m e Alto de Penalba a 907m.

No centro aparece o apacible Val do Támega, onde se encontran sete das oito parroquias con que conta o Concello. Este sector máis meridional, prolóngase desde a parroquia de Alberguería ata a entrada do término municipal de Monterrei, ocupando un amplio sector de terras baixas drenadas

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

por dito río e a súa rede de afluentes (Carraxó, Souteliño, Barcelo, Portos, Barxa, Avilleira, Trez, Correchouso, Camba e Edreira), todos eles moi troiteiros. Nesta zona, localízanse as terras máis fértiles e mellor dotadas para a agricultura.

A climatoloxía non é uniforme en todo o Concello, nas zonas altas o clima é de montaña (invernos fríos e húmidos e veráns secos). A temperatura media anual é 9-10ºC con precipitacións elevadas, que descenden nos últimos anos. No val predomina un subtipo de clima oceánico de interior.

Unha mirada atrás.

Segundo investigacións levadas a cabo por algúns historiadores, parecen confirmar cas terras de Laza foron habitadas, nos tempos pasados, polos “tamagos” ou tamaganos (unha das tribos castrexas pertencente ó convento Bracarense que aparece nomeada na Columna Honorífica da ponte de Chaves, e que abranguería as terras do Val norte do Támega); de aí o nome de Támega, principal río que surca o municipio.

Na idade de ferro, desenvólvese a cultura castrexa, aparecendo o CASTRO como hábitat, aparece nas cumes ou caída dos outeiros de media altura, aproveitando as cualidades defensivas, agrícolas, gandeiras ou/e minerais. No Concello de Laza son abundantes os restos arqueolóxicos que foron encontrados na zona, sobre todo os relacionados coa cultura castrexa (O Castro, Castro dos Mouros,…) e aqueles que dan fe do asentamento dos romanos (A Coroa, A Cidadela,..). E tamén restos dos romanos que fan pensar na existencia de explotacións de xacementos minerais, asentamentos ou outro tipo de restos: Os Casarellos, a Coroa, minas vellas de Arcucelos,… Xacementos da idade do Bronce como: As Pisadiñas en Laza ou As Ferraduras en Soutelo Verde.

Na arquitectura relixiosa, é salientable a Igrexa de Sta María de Retorta, Igrexa de San Xoán de Laza ou o Peto de ánimas de Laza.

Na historia máis recente, a maior parte das feligresías que compoñían o antigo termino de Laza, estiveron sometidas ós dominios do Conde de Monterrei, que exercía xurisdición sobre os veciños do lugar, estendendo a súa influenza ás parroquias de Castro, Cercedelo, Campo Becerros, Retorta e Laza, onde residía o correxidor que gobernaba por delegación do Conde. As demais feligresías e coutos, estiveron baixo o control do Conde de Moctezuma, Marqués de Tenebrón, que administraba e exercía señorío no que agora é a parroquia de Trez. No couto xurisdicional de Alberguería tiña o poder Arcediano de Varonceli, da Catedral de Ourense, que tiña capacidade legal para nomear xuíz ordinario e cobrar as correspondentes contribucións e impostos.

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

No Boletín da Real Academia Galega explícase como o camiño antigo que atravesa a vila de Laza, formando a súa rúa máis longa e principal, foi noutro tempo, verea moi importante, sendo chamado polos lugareños “Camiño de Castela” coa ruta de: Laza, Eiras, Portocamba, Campobecerros, Venta de Bolaño e Venta de Espiño ata A Gudiña, confirmando que tivo moito trafego de segadores que ían á sega a Castela. Tamén viñan comerciantes de Castela, para traer aceites, carne, pemento,…

No 1812 a constitución contempla unha nova división territorial na que xorden novos concellos. Laza, Castro e Cerdedelo pertencen o partido xudicial de Monterrei; e a comezos de 1822 Cerdedelo desaparece e aparece Retorta. Finalmente no 1835 implántase unha nova organización de municipio e Laza e as súas parroquias (que coinciden coas actuais), e adscríbense o partido xudicial de Verín. Onde perderse:

Xoias Naturais.

O Concello de Laza atópase rodeado por unha importante área montañosa, integrada pola Serra de San Mamede, Fial das Corzas, O Invernadoiro, o monte Meda, Altos de Baldriz ou Alto de Penalba. O centro do concello queda nunha depresión formada polo río Támega. Este sector central aparece recuberto por aluvións de orixe terciaria e cuaternaria que na súa área sur xa pertencen o val de Monterrei.

Serra de San Mamede: é un dos vales máis lindos de Ourense, conta con cores marabillosos e clima privilexiado fiel ó paisaxe montañoso, non moi frío, nin moi húmido.

Ten zonas particulares para cazar, é unha das mellores opcións que ten Ourense para os amantes da cinexética, xa que ofrece posibilidades reais e preocúpase pola densidade dos animais.

Río Támega: nace na Alberguería para desembocar no río Douro. Lonxitude de 51 km en chan galego e unha cunca de 624 km². Nace no cumio

de Talariño (960 m), serra de San

Monte Meda

Río Támega o seu paso por Laza

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

Mamede (Alberguería). Despois de catro km de percorrido, monte abaixo, chaga a Tamicelas, onde coa confluencia de tres regatos, se fai o río: regato de río Támega, o regato dos Portos, que baixa desde as montañas de San Mamede e o regato da Abelleira que nace nas inmediacións do San Mamede e aporta aquí máis auga que o propio Támega.

Desde Tamicelas, segue baixando cara o val de Laza, e o seu paso por Soutelo Verde recibe as augas pola marxe dereita, do rio Carraxó. O chegar o rial, recibe as augas doutro regato: o Souteliño.

Xa en Laza, colle pola esquerda o seu máis importante afluente (o Cabras) que baixa rápido polos montes de Correchouso, dando lugar ó fermoso paraxe da Pista do Marroquí ou do Monte Armada. Apórtalle ó Támega o 50% do seu caudal, tendo en conta ademais que antes de xuntarse co Támega recibe as augas do río Cereixo que ven de Trez. Logo o val vai estreitándose preto de Matamá para recibir pola esquerda ó Codias que trae augas das serras do Invernadoiro. (En Matamá existiu fai uns 65 anos, unha minicentral eléctrica que abastecía a moitos pobos).

A partir de Matamá segue recibindo a auga de moitos regatos intermitentes de augas estacionais como: regueiro de Retorta e Arcucelos. Desde aquí o Támega introdúcese en Castrelo do Val, pasa por Verín e segue ata terras portuguesas.

Invernadoiro: Desde Laza hai acceso ó Parque Natural do Invernadoiro. Espazo natural montañoso, situado ó sur do macizo central na provincia de Ourense, entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, e formado polas serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial dás Corzás, que constitúen o Macizo Central Ourensán.

En Laza, tómase a estrada OU-112 ata Cerdedelos, logo tómase a estrada cara Camba. Nada máis saír de Cerdedelo á altura da Capela da Virxe da pena Tallada, tómese o desvío a dereita e continúase pola estrada ata o próximo cruce, coñecido como Forca dos Lobos. Aquí tómase a estrada que leva a Portocamba e desde aquí cara a Campobecerros (pobo máis próximo á entrada ó Parque).

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

O invernadoiro foi declarado refuxio da fauna no 1985, e posteriormente no 1989, declárase espazo natural en réxime de protección xeral. Tras estas medidas, no 1997 adopta a categoría de Parque Natural.1

Piscinas fluviais: O concello conta tamén con espazos naturais para a relaxación e tranquilidade da nosa vida diaria, como as piscinas fluviais que se atopan no municipio. Contan con espazos verdes para tomar o sol, e zona con árbores para o descanso nas horas de máis calor e tamén dispoñen de merendeiros para as comidas en familia.

Hai piscinas fluviais en Laza (foto da esquerda), Tamicelas, Soutelo Verde, Matamá e Retorta.

Merendeiros/areas recreativas: en Tamicelas, Soutelo Verde, Souteliño, Laza, As Eiras, Cerdedelo, Matamá, Retorta.

Miradoiros e panorámicas: para recrear a vista non hai como facelo como o fan os paxaros. No concello tamén conta con miradoiros e fermosísimas panorámicas desde tódalas serras e montes do Concello. Situándose nos sitos estratéxicos, pódense contemplar vales regados polos ríos Támega e Cabras, e outros vales de menor tamaño pero tan importantes. Pola rota do marroquí, impresionantes vistas do Barranco da Armada. A través das rotas do Concello pódense admirar estas marabillosas vistas (nas fotografías inferiores móstranse vistas desde Cerdedelo, Rúta do Marroquí, Toro ou Trez, entre outras).

1 Máis información sobre O Invernadoiro, na guía turística de Castrelo do Val.

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

Outro interesante lugar que se pode visitar con xacementos da Idade de Bronce, son as chamadas “As Pisadiñas”, trátase dunha peneda na que se atopan tallados diversos materiais básicos da costura tradicional, como: dedal, agullas, tesoiras, etc. Posiblemente foi tallado polos antigos pastores. Outro gravura ó aire libre tamén é a de Soutelo Verde: “As Ferraduras”.

Como rotas ou camiños neste Concello, cóntase coas seguintes:

“A Pista do Marroquí”: rota de dificultade baixa-media, cunha lonxitude duns 20 km ida e volta. Comeza nun cruce de estradas, 1km antes de chegar a Toro. Tómase a estrada asfaltada cara a Correchouso. Vaise en dirección noroeste, tendo sempre a esquerda o impresionante barranco. (Antes de entrar nas pistas, débese facer unha baixada ó fermoso río de Correchouso, e logo sóbese de novo á aldea para tomar as pistas).

“Marroquí” e o nome do enxeñeiro deseñador do tramo férreo máis complicado entre Ourense e Zamora, e tamén o nome que reciben as pistas nas que tantos avós traballaron hai máis de 60 anos. Pistas construídas para facer os túneles da liña férrea, as que resultaron ser para moitos rapaces a orfandade ou para moitas mulleres, a perdida dos maridos e fillos. Era moita a dificultade do terreo e o traballo infrahumano ó que se vían sometidos eses homes que pretendían gañar un soldo mínimo para manter a familia; non hai que esquecerse que foi un traballo totalmente humano, sen medios mecánicos.

O camiño discorre totalmente chairo, e pódense facer altos na ruta, para observar a erosión producida polo río. Tras uns 4 km aproximadamente, chégase a unhas casas medio destruídas, as que foron usadas polos empregados de renfe (poderán abeirarnos no mal tempo).

Ó outro lado do barranco, pódese ver xa o pobo de Correchouso e os seus impresionantes castaños. Chegando e mirando cara a cume da montaña,

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

pódense divisar as últimas casa da altea de Toro. Séguese ata cruzar un vello ponte que cruza a liña do tren e logo débese afrontar unha forte subida ata Correchouso, que será o final da rota, e regreso polo mesmo camiño.

“Ruta das Minas”: Rota de dificultade media e lonxitude duns 7 km, discorre pola antiga explotación mineira de outeliño e parte do monte da

Travesa. Comeza no pobo de Souteliño, o lado de Casa Elena, tómase o camiño da esquerda. Cando se termine o asfalto, continúase polo camiño de terra, chégase a un novo cruce e continúase pola esquerda, cruzando un pequeno ponte sobre o río Souteliño. Un forte ascenso

do camiño pasará o lado dos antigos lavadoiros de mineral da explotación mineira que había fai anos. Pásase o lado tamén, dun estanque onde cargan auga os helicópteros contraincendios.

Un novo cruce e cóllese polo camiño da esquerda, chegando ó merendeiro e a zona de recreo. Continúase nun cruce pola esquerda, chegando ó Alto da Travesa o da Garita. Desde aquí o descenso é variado, en función do que se queira. Se nos axudamos do mapa, pódese elixir o que máis convenza.

“Rota das Pisadiñas”: comeza no primeiro cruce que se atopa chegando desde Verín, estrada OU-113, coñecido como o cruce da Cerdeiriña. Tómase a rúa de fronte, para adentrarse no centro do pobo, e a uns 300m encóntrase cunha curiosa casa vilega erguida enriba de belos soportais, típica da zona. Continúase o percorrido pola rúa da esquerda, ata chegar é estrada de Vilar de Barrio. O chegar, cóllese a dereita e a uns 100m, o primeiro cruce a dereita, atopándose co parque da rúa (o cal dispón dunha curiosa fonte, con bancos e bambáns para que xoguen os nenos). Ó lado está o regueiro, que case todo o ano está seco, pero cando veñen épocas de choivas, énchese e atravesa case a anchura do pobo de Laza. Aquí hai dúas opcións, séguese o curso do regueiro ata Lavadoiro, ou continúase de fronte ata o cruceiro (que pola súa orixinalidade é unha parada obrigada no pobo).

O cruceiro está enriba dun fermoso pozo, que antigamente a xente do pobo usaba para uso cotiá, pero hoxe está en desuso. Séguese a rota polo camiño que sube, e ó chegar a unha bifurcación, continúase sempre para arriba en dirección á igrexa.

Logo chégase é Picota, praza de Laza e punto de encontro de tódalas celebracións do pobo. Aquí

pódese contemplar a arquitectura popular desta zona, como casas vilegas, de construción sólida e balcóns con voo, que alzan as súas segundas plantas por enriba dos edificios máis humildes. Varios escudos pódense atopar, destacando a careta do Peliqueiro en pedra.

Continúase ata Igrexa de San Xoán de Laza, de orde toscano, do século XVI. É unha fermosa igrexa e outra das paradas obrigadas. Nas escaleiras principais, vese o peto de ánimas. Séguese dirección as pisadiñas, subindo cara o barrio de Cimadevila. Pódese ver o forno deste barrio, aínda que pode

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

LENDA AS PISADIÑAS

Dise que cando San Xosé, María e o neno andaban polo mundo, pasaron por esta pedra e deixaron marcadas nela as súas pegadas, entre outros signos, como as tesoiras e outros utensilios domésticos utilizados pola Virxe, as cazoletas, o gravado máis abundante, que son buratos escavados, que as xentes consideraron que as fixera o bastón de San Xosé ó apoiarse na rocha. Tamén aparecen ferraduras, que serían as pegadas do burro ou cabalo no que irían montados a Virxe e o Neno no seu peregrinar”.

ser usado por calquera persoa. Restaurado recentemente, despois séguese de fronte. Chégase o Solado, o derradeiro barrio de Laza e o máis pequeno, de catro ou cinco casiñas. Nel atópase o depósito da auga que abastece a todo o pobo.

Continúase subindo para penetrar pouco a pouco na verea do monte Lastredo, onde se atopan as Pisadiñas. A dereita polo monte arriba, atópase un recinto que é un criadeiro de especies cinexéticas.

Séguese a rota, monte a través, subindo e fixándonos nas sinalizacións que hai nas árbores, para poder chegar ata o fin do percorrido. No alto do monte Lastredo chégase o fin da rota, destaca este lugar polas vistas fermosas de todo o Val de Laza, atopándose cun gran penedo que recibe o nome de “Pisadiñas” debido a lenda.

“Rota da Armada”: é unha das máis esixentes polo seu percorrido, pero vaise desfrutar co esforzo. Dificultade alta e lonxitude de 16 km. Comeza á beira da piscina fluvial de Laza, na paraxe coñecida como “O Regueiro Seco”. Comézase pola pista de terra, subindo cara ás Borreas. Tras 200m continúase pola dereita, deixando a forte pendente da esquerda (onde está situada a casa Rural “O Boutallón”).

A medida que se colle altura, vese unha panorámica da zona de recreo así como de algúns dos poucos viñedos que quedan en Laza. Seguindo a pista, chégase a un novo cruce de camiños, séguese pola dereita. A partir de aquí o camiño é unha pendente máis moderada. Pronto achégase ós piñeirais da Armada.

No seguinte cruce a 2,5 km aproximadamente, continúase pola esquerda. Os piñeirais centenarios e o son do bosque amenizan o percorrido. Na outra vertente da montaña pode verse a Pista do Marroquí. Continúase ascendendo e deixando o camiño que sae a esquerda, para seguir paralelos ó

río. Despois dunha fatigosa subida, chégase ó alto de Correchouso (uns 7 km). A partir de aquí séguese pola esquerda da estrada, que é a que nos conduce a Laza. A dereita pronto pódese observar o pobo do Navallo.

Antes de que a estrada inicie unha forte baixada, localízase un camiño que sae á esquerda e empézase de novo a ascender de xeito progresivo, ata o alto do Lastredo (783m). Pronto o camiño empeza a baixar de novo cara o Barrando da Armada. Tras un forte descenso, chégase de novo ó cruce co

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

camiño de subida, desde aquí, seguindo pola dereita, regrésase polo camiño inverso, ata a piscina fluvial de Laza, que foi o punto de partida.

“Rota da Mallada Grande”: rota de dificultade alta e lonxitude de 9 km. Require un gran esforzo físico, pero moi espectacular, con boas vistas sobre o Val de Támega. Comeza na Ponte Pedriña, camiño que sae antes da ponte, cara a Verín. A uns 100m de comezar este camiño, séguese polo do medio.

A medida que se sube, vese á dereita o val do río Codias. Continúase no seguinte cruce, pola dereita. Chégase ó Alto dás Pedrosas, desde onde se pode ver unha fermosa panorámica do val de Támega e Laza. Tómase no cruce, o camiño cara ó alto das cruces, desde aquí o pobo das Eiras están moi preto. Pódese visitar e facer un alto no merendeiro do centro do Pobo.

A volta, faise seguindo a estrada que leva a Laza cunha forte pendente duns 4 km. Pásase pola fonte e os piñeirais da Ortiga. Despois dese descenso, chégase a unha curva moi pronunciada á esquerda. Xusto aí, e á beira dun fito do camiño de Santiago, parte unha senda á dereita. Continúase o descenso por ela, e tras cruzar o río, chégase á estrada, final do percorrido.

“Rota da Travesa”: dificultade alta e 7 kms de percorrido. Discorre polo monte da Travesa desde o que se pode contemplar o val no que se atopa o pobo de Souteliño, Laza e arredores.

Pasada a ponte de Souteliño, tómase o camiño da esquerda e continuando polo máis evidente, tende sempre a esquerda, o río Támega. Pasado un km aproximadamente, séguese no cruce á dereita, tomando altura ata unha forte rampla; subida esta, a dereita pola pista que sube. Chégase a un novo cruce á beira dunha caseta de vixiancia de

incendios, e continúase subindo polo da esquerda, tomando cada vez máis altura. Outro cruce de pistas, tómase a dereita para afrontar á última costa ata o Alto da Travesa ou da Garita (788m). Todo o val atópase ós nosos pés. Desde aquí, pódese ver a maior parte do val do río Támega. O descenso máis evidente será desfacer o andado, ou buscar outras alternativas servíndose dun plano da zona.

“Rota do Val do Támega”: dificultade baixa e lonxitude 20 km ida e volta cun percorrido moi cómodo. Discorre polas marxes do río Támega, desde a ponte do Couto ata a ponte de Arcucelos. Comeza na ponte do Couto, camiño da esquerda, por medio dos prados e terreos de cultivo, en dirección ó río Támega. Continúase polo evidente, paralelos ó río e cando se chegue a un cruce coa estrada de Souteliño, continúase por esta cara á ponte que atravesa o río. Cruzase e vaise polo camiño da esquerda, na marxe dereita do río.

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

Séguese co río á esquerda, penetrando nos bosques de carballos da Veiga e Barxe Escura.

Cando se chegue a un novo cruce con dou camiños, elíxese entre percorrido máis cómodo (esquerda) ou un pouco máis dificultoso (dereita); ambos levan a Ponte Pedriña. Alí localízase un camiño

que sae cara ó leste, a uns 100m antes da ponte cara Verín. No cruce cóllese á dereita. Agora o río queda a nosa dereita, e continúase ata Matamá; unha vez alí, pregúntase ós veciños, polo camiño que leva a ponte de Retorta (a forma máis fácil de atopalo), crúzase e séguese pola esquerda cara a Arcucelos, onde chega o seu fin a rota, ou volta pola mesma ruta.

“Rota do Codias”: éntrase no pobo de Matamá e seguindo de fronte vaise ata o río, onde pódese visitar a ponte de dou ollos e a súa esquerda atopamos un merendeiro con barbacoa para facer unha paradiña. Continúase cara ó pobo, á dereita vese a praza do cruceiro, coñecida antigamente como praza do forno (xa que existía un forno de pedra común para todo o pobo) e onde se ve o cruceiro, e unha orixinal fonte en forma de sapo. No cume do pobo, divísanse bonitas vistas de Matamá e os montes ca rodean. Logo pódese visitar a Igrexa do século XX.

Situados na igrexa, retroceder un pouco para chegar ó punto de partida, o río Támega, e comézase a rota polo río arriba. Primeiro se sobe ata atopar a nosa dereita, o primeiro afluente que desemboque nese río. É o río Codias, coñecido co nome de río pequeno, por ter escaso caudal. Empézase o ascenso cunha dificultade media nun tramo de 1.5 km, ata chegar a unha fervenza coñecida como “A Pala”, onde remátase a rota. Este traxecto pódese realizar en dúas horas.

Este río (Codias), ademais da impresionante fauna e flora, conta con numerosas fervenzas de gran beleza paisaxística.

“Rota dos defuntos”: a tres km de Matamá cara Laza, atópase co cruce de Eiras; subindo, na metade do camiño, faise unha parada para beber auga da fonte da Ortiga. Séguese subindo ata a aldea As Eiras, onde a entrada do pobo hai unha pequena área recreativa. Tamén pódese visitar a capela da Virxe do Amparo, e logo seguir por un camiño vello á esquerda, onde chégase o comezo da rota dos defuntos.

Iníciase por mor de que o cemiterio de Trez, compártese co das Eiras, e cando unha persoa falecía, percorríase este camiño para soterralo en Trez; polo mal estado do traxecto, era necesario que os homes se turnaran para levar o defunto.

Arcucelos

Matamá

Área recreativa As Eiras

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

Polo camiño da Arnela, atópase unha casa en ruínas onde habitaba a familia Arnela de xeito independente do resto do pobo, posuíndo un muíño e forno propios. No derradeiro tramo desta rota duns 2.5 km de camiñada, crúzase o río para chegar a Trez (pobo case vertical, orixinal polas súas casas e rúas estriadas para evitar esvarar. Contan que nos antigos tempos, os carros das vacas tiñan que baixar con cordas.

“Vía da prata”: Por Laza pasa a Vía da Prata, chamada así na idade Moderna porque por este camiño viña ata Compostela a prata das Américas, que desembarcaba no sur de España. Tamén dise que o seu trazado orixinal responde a unha antiga Vía Romana que viña de Mérida a Astorga.

Laza é cruce de dous itinerarios da Vía da Prata: por un lado, Camiño Portugués (do Sur) e Verea Sur (de Castela).

Polo camiño Portugués, chégase a Laza por Arcucelos, discorre a rota ó longo do Támega. Pásase a beira da capela do pobo, vendo ós poucos metros a igrexa de Retorta e o cruceiro. De camiño para Retorta vaise entre verdes prados, e crúzase o río (Matamá xa non queda lonxe). En Matamá continúase pola marxe dereita do río e paralelo ó monte do Corgo. Seguindo os fitos do camiño, cruzaremos o regato Corga e chégase nuns 15 mn a ponte Pedriña. Continúase cara norte pola estrada e pronto chégase a un camiño que discorre pola Ribeira e o Salgueiral.

Na ponte da Veiga continúase a recta que leva a Laza, onde pódese aloxar no albergue. De Laza vaise cara Soutelo Verde pola estrada. Chégase en 4 km e xusto cando empeza a empinarse a estrada sae a man dereita un camiño que nos leva a Tamicelas. Aquí comézase o ascenso ata Alberguería. (Entre Arcucelos e Alberguería é moi complicado o camiño para as bicis, polo que se aconsella ir pola estrada Soutelo Verde-Alberguería).

Polo camiño Verea Sur: o camiño entra no municipio pola Forca dos Lobos, cruce de pistas forestais entre Castrelo e Laza, continúase o camiño indicado polos fitos. Á esquerda queda o Alto da Picá, e a dereita, Trez, o Alto de Touro, o Barrando de Armada,… Despois duns 4.5 km chégase ás Eiras, desde este punto o camiño é máis levadeiro. Continúase pola estrada e

pásase á beira da Fonte da Ortiga, por esta zona abundaban pinos de máis de 30 m de altura.

Chégase a un desvío á dereita, por un carreiro moi marcado que nos levará moi próximos a área recreativa de Regueiro Seco, en Laza. Cando se chegue á estrada, continúase á esquerda, ata chegar a Laza. Despois de Laza, vaise cara o pobo de Soutelo Verde pola estrada. Chégase en 4 km e can a estrada empeza a empinarse, sae a man dereita un camiño que vai a Tamicelas. Unha vez alí, comézase o ascenso ata Alberguería.

“Tramo A Gudiña-Laza-Xunqueira de Ambía” (parte do camiño de Santiago: saíndo de Portocamba, séguese unha carreterita en

Rincón del Peregrino en Alberguería

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

subida ata que se chega a unha gran cruz con milladoiro (é unha montañiña de pedras que van deixando os peregrinos en recordo dos que morreron facendo o camiño, hai que cumprir o ritual e deixa una pedra), onde existe una indicación cara Cerdedelo por estrada, xírase á esquerda para tomar o camiño que nos leva a unha pista entre pinos con vistas á dereita, dos pobos de Cerdedelo e Trez. No seguinte cruce, séguese de fronte ata as Eiras, a partir de aquí faise o descenso cara Laza por asfalto. Descéndese e a

metade de camiño, encontramos una fonte. Case o chegar a Laza, hai que estar atento a un marco que nos fai tomar unha senda que conflúe nunha ancha pista que nos leva a estrada que ven de Trez, e que deixase para entrar por unha rúa á dereita en Laza.

Neste pobo, o camiño únese cunha das variantes do camiño portugués. Pódense visitar a súa Igrexa, praza, peto e pasear polas rúas. Pártese da praza da Picota seguindo os sinais cerámicas e vaise dar á estrada OU 110. A menos dun km encóntrase marcado un desvío á dereita que leva a cruzar o río para voltar á estrada. Séguese paralelo ó río, onde se poden observar algúns muíños antigos. Logo encóntrase un cruce polo que se entra en Soutelo Verde. Pásase un ponte sobre un regueiro afluente do Támega e vese una capela coa inscrición “pasaxeiro que vas camiñando socorrede as almas que están penando”. En Soutelo, hai bonitos exemplos de arquitectura popular. Sáese da poboación para incorporarse á estrada de novo, abandonándoa de novo enseguida para coller unha pista ancha a dereita e na que se sigue de fronte ata Tamicelas.

Tras deixar á dereita as primeiras casas e un área de recreo, chégase á ermida da Asunción. Enfronte, parte o camiño polo que se comeza unha subida de 500 m de desnivel, remontando o curso do río. Comézase un ascenso por unha pista en zigzag en bo estado. Pasado o primeiro desvío, deixase a pista e tómase un sendeiro que comeza cunha subida moi dura pero ben sinalizada. Pouco despois, vólvese a coller unha pista á esquerda e a subida suavízase un pouco. Logo de varios cruces ben sinalizados, chégase ó único árbore que fai sombra nesta dura subida. Por fin chégase á estrada e só queda un pequeno descenso para chegar a Alberguería.

Como o seu nome indica, tiña unha posada e un hospital de peregrinos. Sáese da poboación e continúase a subida paralelos á estrada. Séguense de fronte varios cruces ata a estrada que vai a Sarreaus, paralelos á estrada de Vilar de Barrio ata que finalmente crúzase e vaise cara unha gran cruz con milladoiro no Monte Talariño.

Riqueza histórica e cultural

Vista de Soutelo Verde

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

No concello de Laza atópanse abundantes xacementos da Idade do ferro, onde se desenvolve a cultura Castrexa, aparecendo o Castro como hábitat; aparece nos cumes ou na caída dos outeiros de media altura, aproveitando as cualidades defensivas, agrícolas, gandeiras ou/e minerais. Na tradición popular adquiren diferentes nomes: castro, castelo, coroa, cidadella,… Neste Concello atópanse abundantes mostras deste tipo de xacementos:

O Castro: asentamento fortificado en Castro de Laza, situado nun lugar estratéxico cun entorno xeográfico singular elixido polos pobos primitivos precélticos, celtas e romanos. Tamén Castro dos Mouros en Soutelo Verde; A Coroa en Carraxó; A Cidadella en Carraxo (destácase neste castro a existencia nun monte p´roximo dunha explotación de estaño, coa cal o castro puido ter relación); Lombo da Cerca en Trez; O castro en Alberguería ou A Picota en Camba.

Os romanos tamén deixaron aquí a súa fonda pegada, como se pode manifestar nos restos arqueolóxicos atopados na zona, e que proban a explotación dos xacementos minerais, de asentamentos ou doutro tipo de restos como: A Coroa (explotación aurífera en aluvión, Camba), Os Casarellos (asentamento en Toro, onde apareceron varios muíños de man e un couzón de pedra dunha porta); Cabeza de Cántara (explotación mineira que tamén puido ser aurífera, en Cerdedelo); Vasixa de Carraxó (cerámica atopada en Carraxó); Ara Anepígrafa da Alberguería ou As Minas Vellas de Arcucelos (explotación de estaño aproveitada polos romanos para os seus arcos, bovedillas ou galerías).

Pódese seguir o camiño visitando fornos, pontes, muíños, lavadoiros e algunhas fontes tradicionais nos pobos.

Forno salientable é o de Cimadevila en Laza, que calquera persoa que desexe dos seus servizos, pode utilizalo. Foi restaurado recentemente, e consta dun forno de pedra de máis de 300 anos, unha maseira e unha cama para pór as masas a levedar.

Pontes como a de Retorta ou Matamá (na foto).

Fermosos muíños, como o situado un pouco antes da confluencia de

tres regatos: regato do río Támega, regatos dos Portos e da Abelleira. Muíño reconstruído polas xentes do lugr e en plena actividade para moer o gran. Tamén en Soutelo Verde, atópanse varios muíños, uns reconstruídos e outros abandonados.

Ademais pódense atopar nalgúns pobos da comarca, lavadoiros e fontes tradicionais, por exemplo: a fonte

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

das Eiras, Laza, Soutelo Verde (foto) e O Castro, o lavadoiro de Castro de Laza (foto) ou Cimadevila, entre outros.

As festas tamén son outro atractivo cultural e turístico para dar a coñecer os produtos típicos da zona, así como as tradicións do mesmo.

FESTASAs festas e romarías dos pobos que forman o Concello de Laza, están

repartidas o longo do ano, celébranse as seguintes festas e actividades:

Festas populares: o En Arcucelos, San Amaro o 18 de xaneiro.o En Santo, San Bieito o 21 de marzo.o En Matamá, San Bieito o domingo seguinte a semana santa.o En Laza, o Santo Cristo o 3 de maio.o En Cerdedelo, Virxe Pena Tallada o último domingo de maio.o En Laza, San Xoán Bautista o 24 de xuño.o En Castro, San Pedro o 29 de xuño.o En Retorta, Santa Mariña o 18 de xullo.o En Correchouso, Santiago o 25 de xullo.o En Navallo, Santiago o 25 de xullo.o En Trez, Santiago o 25 de xullo.o En Toro, San Lourenzo o 25 de xullo.o Nas Eiras, As Neves o 5 de agosto.o En Camba, San Salvador o 6 de agosto.o En Alberguería, Asunción o 15 de agosto.o En Naveaus, Asunción o 15 de agosto.o En Tamicelas, Asunción o 15 de agosto.o En Carraxo, San Roque o 18 de agosto.o En Soutelo Verde, As Dores o 15 de setembro.o En Soutelo Verde, San Martiño o 11 de novembro.o En Souteliño, Santa Catalina o 25 de novembro.o En Vilameá, Santa Lucía o 13 de decembro.

Magosto: a mediados de novembro, celebrase co asado de castañas nas fogueiras que conforman o tradicional magosto

Batalla de mouros e cristiáns: celébrase o 18 de xullo en Retorta; ligadas ó culto ó apóstolo Santiago e á súa representación como azoute de infieis. Hóuboas tamén en Trez, pero están en desuso.

Page 16: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

O ADAN E EVA DE LAZA

Segundo Taboada Chivite, ve nestas figuras, unha reminiscencia das celebración da primavera de orixe nórdica. Outros defenden a súa orixe medieval e cristiá.

Festa do Santo Cristo e ós Danzantes Adán e Eva: festa do 3 de maio, moi popular neste pobo. A festa iníciase o 30 de abril, día no que os mozos da localidade chaman ós veciños para ir a buscar un árbore (o maio), alto e dereito, que rouban a un veciño e instalan no medio da praza con adornos. O maio representaría o culto á natureza.

O día da festa do Santo Cristo, iníciase con Adán (home, ata hai pouco entrado en anos, agora máis novo) e os danzantes (6 homes vestidos de branco, con gorro branco e castañolas e espadas nas mans) indo buscar á moza do pobo que vai representar a Eva. Logo

marchan camiño da igrexa, de onde parte a procesión pola rúas ata a praza da Picota, alí escenifícase o sacrificio de Isaac por Abraham. Logo de volta a igrexa, ten lugar a última actuación dos danzantes, e unha disputa teolóxica entre un cristián e un mouro. Pola tarde remata o ritual cando os danzantes van

buscar a Eva a súa casa, para acompañala o baile da Picota.

Entroido: En Laza, o entroido representa o ciclo ritual máis largo dos que se coñecen. Comeza o 1 de xaneiro a partir das doce da noite, cando saen os primeiros mozos á rúa, facendo soar os seus cintos de “chocos”. Este ritual permítelles unha preparación física, así como mellorar e corrixir as posturas do “Peliqueiro”, é a preparación. Antes dos días propios do entroido, e coincidindo en venres, teñen lugar ós “folións”, procesións nocturnas de xentes con fachos de palla e emitindo todo tipo de ruídos, como se se tratase dun acto de desembruxo. É un rito agrario ancestral: o lume purificando as terra e afastando os malos espíritos.

Os días previos o entroido son de gran intensidade, Festa da cachucha, a bica branca, o licor café e o xastré coa que se exalta a gastronomía carnavalesca. O venres e sábado anteriores ó entroido, faise o “gran folión” (venres) coa participación de todo o pobo e visitantes e tamén a “gran cabritada”(sábado) unha cea dos máis novos a luz das fogueiras. No sábado, ademais ten lugar a “fariñada”, batalla campal na que os participantes se botan puñados de fariña os uns ós outros.

O domingo é o día da estrea do Peliqueiro, ataviado co seu traxe, espera á xente á saída da misa, formando dúas filas para saudar ós veciños co látego ou “zamarra” que leva na súa man. Tamén durante a mañá ten lugar o reparto da bica dos “peliqueiros” e pola tarde os veciños sacan á rúa carrozas típicas e disfraces.

O luns é o día onde os rituais máis primitivos afloran; dia da “farrapada” (especie de combate no que os participantes divídense en dous grupos e

Page 17: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

lánzanse anacos de tela enzoufados en bulleiro), “xitanada dos burros” (desfile moi enxebre e pintoresco no que parella de mozos e mozas pasean polas rúas montados nun burro) “dia da morena e formigas” (sacos de formigas mesturadas con fariña e vinagre co que se poñen máis rabiosas, van batendo nas cabezas de aqueles que tratan de protexerse)· A praza da Picota convértese nunha nube de cinsa, auga e terra mesturadas con formigas. Ten lugar a baixada da “morena” (cabeza de vaca que leva cravado un pau horizontal a modo de corpo tras o que se oculta cunha manta un home), que percorrerá as rúas do pobo (acompañada dos mozos que levan toxos, cobelleiros, cinsa e sacos con formigas) intentando asustar e levantar a faldra ás mulleres, que a vez, protéxense dos mozos que pican con “toxos”. Despois ten lugar o reparto das “cachuchas” entre todos os asistentes á festa.

O martes é o último día, pola mañá os peliqueiros veteranos, visten os seus traxes e percorren as rúas do pobo. Pola tarde: “testamento do burro”, composición literaria popular en cuartetos en rima, onde o “testamenteiro” repasa o acaecido no pobo ó longo do ano e o transforma nunha crítica burlesca. Na medida que avanza o seu discurso, vai facendo reparto das partes do burro entre aqueles nomeados no testamento. A noite do martes finaliza co enterro do entroido e queima do arangaño.

O peliqueiro: non é un desfraz senón, una máscara que representa o poder, ninguén o pode tocar, é o personaxe central da festa e o gardián de

tódolos demais personaxes da festa.A careta e os chocos, son as partes máis antigas,

elementos que dan o seu carácter de autoridade relixiosa-espiritual. O nome ven da pel que cobre a careta (de gato o cordeiro). Careta de madeira e mitra de aluminio e leva pintada unha figura de animal.

O traxe é artesanal, chaquetilla corta con xarreteiras de corte militar e cuberta atrás cun pano, regalo da noiva do peliqueiro. Calzón corto de lino con encaixes e borlas de algodón. Camisa e medias brancas, e gravata e ligas de diversos e rechamantes cores. Na cintura dúas faixas e por riba delas un cinto con seis chocos que fan un estrondoso ruído. Na man levan un látego ou “zamarra”, símbolo de autoridade co cal ábrense camiño e castigan, composta de dúas pezas: mango ou especie

de pau de pouco máis de medio metro, labrado e perfectamente acabado; e a correa que colga como un látego de pel de becerro. O traxe completo pode pesar uns quince quilos e precisa doutra persoa para que o vista.

Tesouros arquitectónicos .

Dentro deste apartado, Laza conta con importantes monumentos que visitar compaxinando historia, relixión, paisaxe,…

Page 18: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

Pódense visitar igrexas e capelas en case tódolos pobos que integran o Concello, pero son salientables:

Igrexa de San Xoán de Laza: igrexa rural de grandes proporcións. Terminada en 1701, o seu interese reside no seu estilo toscano e polo feito de contar cunha esvelta torre rematada en chapitel. No seu interior hai tres naves cun fermoso artesoado e consérvanse catro altares barrocos recubertos con pan de ouro e con obras

de artistas do nivel de Mateo de Prado e Rosario de Castro Canseco. Posúe unha gran riqueza artística, destacando os tres insuperables altares churriguerescos e o retablo maior recuberto de pan de ouro. Conta co artesoado máis completo de Galicia.

Igrexa de Santa María de Retorta: un dous poucos exemplares de arquitectura gótica no medio rural.

Situada na fértil veiga do Támega entre Laza e Verín. Unha sola nave de boas proporcións. Ó exterior, a fachada parece encaixonada contra os muros da casa reitoral, presentando unha porta de arco apuntado, con dobre arquivolta, rodeada dun motivo en dentes de serra; sobre ela un artístico rosetón. Os laterais, con contrafortes entre os cales ábrese outra interesante portada, con

arquivoltas adornadas con bolas e dentes de serra, sobre columnas con capiteis historiados. O ábside posúe tres estilizados ventanais ojivais, e a cornixa do edificio está sostida por canecillos de variada temática. A torre do campanario, ten unha fermosa fiestra xerminada, adornada con labras heráldicas.

Igrexa de Camba: actualmente en reparación.

Igrexa do Castro (foto inferior).

Capela de Penatallada en Cerdedelo: conta a lenda que, estando

uns pastores na súa facenda, apareceulle a Virxe e díxolle que construíran unha igrexa nun lugar determinado,

pero colleron outro e o que eles facían era destruído pola noite, ata que fixeron a igrexa no

Page 19: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

lugar indicado e onde está agora. Din que se se frota a fronte contra o penedo que está xunto a capela, alivia as dores de cabeza. Tamén en Cerdedelo cóntase coa Igrexa de Santa María de Cerdedelo, do século XIX e de construción arquitectónica popular.

Ermida de Santa Lucía en Vilameá: é histórica, ademais de contar cun pobo patrimonio histórico-artístico, debido a singularidade das súas construcións, cun entorno único e excepcional.

Page 20: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

Tamén conta o municipio con algúns exemplares de “petos de ánimas” dignos de conservar e admirar; resaltar (entre outros) o Peto de Laza: formado por sillería regular, protexida nas xuntas por encintado. A fornacina proxectada en medio punto, descansa sobre repisa, constituíndo o remate dunha cornixa ben perfilada. A fornacina conten un alto releve de madeira policromada (que actualmente se garda na Igrexa), representa á Virxe do Carme abeirada baixo un arco que realza a súa dignidade, formando a escena do purgatorio.

g←Cepillo ánimas de Soutelo Verde.

Peto Laza →

Tamén son múltiples os cruceiros que se poden encontrar nos cruces de camiños, nas inmediacións de igrexas ou nas prazas dos pobos, neste municipio pódense ver en Laza, Matamá, Arcucelos e Retorta, entre outros.

Page 21: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

jjjjjNalgúns pobos do Concello de Laza, aínda quedan antigas casas reitorais, como en O Castro (o lado da igrexa).

Outras cousas que ver.No pobo da Alberguería, a mellor arquitectura popular está presente por todas partes; punto de encontro de camiñantes, en tempos existiu unha pousada para viaxeiros e hospital de peregrinos. (Hoxe hai un pequeno albergue). Merece a pena ta mén polo alto do Talariño

(960m) onde nace o rìo Támega, e desde aquí pódese visitar a estación de ferrocarril Alberguería-Prado. (actualmente albergue de peregrinos).

En Laza pódese visitar a área recreativa onde se sitúa o albergue e o pavillón de deportes deste municipio, unha gran praza cunha fonte, área de recreo e descanso, e fermosas vistas.

Praza da Picota de Laza, onde conflúen varias das súas estreitas e populares rúas, as cales combinan a arquitectura popular coas casas vilegas. Aquí en tempos antigos, executábase ós reos da Inquisición e hoxe simboliza a imaxe internacional da festa máis popular do Concello: o Entroido.

Túneles e antigas casas na rota do marroquí, neste fermoso paraxe, aparecen varios túneles feitos polos

traballadores da red ferroviaria en condicións extremas, e tamén aparecen as casas onde estes traballadores hospedábanse; hoxe

abandonadas e sen ningunha utilidade. Todo elo, sempre acompañado polas fermosísimas vistas que acompañan o percorrido da rota.

Rincón del peregrino

Page 22: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewNo municipio de Laza, distínguense dous sectores claramente diferenciados entre sí; ó norte e noroeste encóntranse as altas montañas

Antiga Escola de Souteliño, reformada polo Obradoiro de Emprego e para darlle utilidade social, centro de reunións e outros eventos para os habitantes do pobo.

Un alto no camiñoAloxamentos:

o Vivenda vacacional “O Boutallón” : Casa rural cunha capacidade para 10 persoas, con tres habitación dobres con cama de matrimonio e ducha, unha para catro persoas (liteiras) e baño común. Casa totalmente equipada. Terreo de 7.000 m2 con xardín, barbacoa, campo para xogos, castaños centenarios, froiteiros. Salón con cheminea. Prezos moi económicos, por

día, mes o quincena. Tlf: 988 422061.

o Vivenda vacacional O Canto , en Arcucelos: con capacidade para 8 persoas e con 4 habitacións. Tlf: 649 915737.

o Albergue de Laza: Albergue para peregrinos. Propiedade da Xunta. Tlf: 988 42 20 02 (concello).

o Albergue de Alberguería- Prado: Antiga estación de ferrocarril, agora restaurada como albergue para peregrinos (foto na páxina anterior).

o Rincón do peregrino en Alberguería : pequeno albergue situado no pobo de Alberguería propiedade privada. O dono conta cun peque no, pero moi famoso bar cheo de conchas de vieira, punto de encontro dos peregrinos.

Para comer:

Casa Elena : Precioso restaurante equipado de esculturas de madeira. Especialidade comida caseira, capacidade para 30 persoas. Situado en Souteliño. Tlf: 988 422030. (foto da dereita).

Bar La Picota en Laza: ofrecen menú e tapeo. Tlf: Taberna do ardillas en Laza: sérvense tapas, bocadillos,... e

nalgunhas épocas do ano, ofrecen menús para darlles facilidades ós peregrinos. Tlf: 988 422188.