updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de...

26

Transcript of updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de...

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.
Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

Vilar de Santos

Unhas pinceladas do ConcelloO concello de Vilar de Santos pertence á Comarca da Limia.

Seguindo a estrada C- 531 que comunica Xinzo de Limia con Celanova, no suroeste da provincia de Ourense, atópase Vilar de Santos.

Este concello conta con 12 localidades divididas en dúas parroquias:

- Vilar de Santos: As Casas da Veiga, e Vilar de Santos

- Parada do Outeiro: A Ponte, A Venda, Bréixome de Abaixo, Bréixome de Arriba, Castelaus, Laioso, O Mosqueiro, O Vieiro, Parada de Outeiro, Toxediño

Ocupa unha superficie de 20,4 km2 convertendo a este concello no máis pequeno da comarca da Limia, así como un dos de menor extensión da provincia de Ourense.

Dende o punto de vista físico, distínguese no concello dúas zonas ben diferenciadas: ó norte atópase a montaña, formada por elevacións superiores ós 700 metros, destacando os mostres de O Castro, con 842 metros e Cubelo, con 786 metros. Ó sur, a medida que se vai achegando ó río Limia, o terreo faise máis chairo, xa que as terras son o resultado da desecación da Lagoa de Antela.

A rede hidrográfica do concello é pobre, tan só merece ser destacado o río Lameiras e a canle da Lagoa de Antela, o río Limia fai de fronteira administrativa entre este concello e Xinzo de Limia.

O clima caracterízase por ter unhas temperaturas extremas con verán calorosos, e invernos fríos. A maior parte das precipitacións acumúlanse nos meses de outono e inverno, o que posibilita o desenvolvemento de formacións vexetais e

arbóreas típicas da área (Carballos, piñeiros e matogueiras diversas).

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

Unha mirada atrásDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando

sinais da súa existencia por todo o territorio do concello. Restos de mámoas e castros en Laioso, Mosqueiro, Vilar de Santos e Saa, o achado da arracada castrexa, os topónimos como Pedra da Anta, o Penedo da Moura ou A Cidá proban a orixe antiga do concello.

A Arracada de Vilar de Santos é un colgante triangular practicamente plano, feito a base de láminas de ouro, onde se atopan dúas parten ben diferenciadas: unha de decoración a base de aves acuáticas, e outro tipo de decoración máis granulada. Seguramente a primeira decoracións está moi relacionada con patos que habitaban nas zonas húmidas (a lagoa de Antela neste caso); por outra parte, o outro tipo de decoración máis granulada, xunto co sogueado e as espirais, é un tipo de decoración mediterránea, tamén de zonas lacustres e humedais.

A arracada está totalmente feita en ouro e isto dálle, sen dúbida, un valor incalculable. A persoa propietaria desta peza era unha muller provinte dunha familia de gran importancia e prestixio social e económico para levar semellante xoia.

A peza seguramente foi escondida por parte da poboación indíxena ou castrexa que habitaba na zona, para que os romanso, que nese momento estaban a conquistar o territorio baixo a expedición de Decimo Xuño Bruto, no se quedase coa peza.

O Mosaico Romano de Parada de Outeiro ubicaríase nunha vila romana, é dicir, unha casa con anexos importantes dedicados á explotación agraria, onde se atoparon restos arqueolóxicos evidentes (tixolas, tégulas e restos cerámicos), ademais coa reforma da Igrexa, descubríronse máis restos, sendo o principal un mosaico romano cunha escena inspirada en temas mariños. Este feito dá idea do alto grado de romanización alcanzado aquí.

Os pobos xermánicos (suevos e visigodos) deixaron impronta nos topónimos. Para os veciños ten especial relevancia a aldea de Saa, antiga capitalidade sendo hoxe un lugar abandonado a punto de ser recuperada cun proxecto de turismo rural.

Os romanos construíron a vía XVIII ou “Vía Nova” entre Braga e Astorga. Boa proba do seu paso por Vilar de Santos son os abundantes miliarios que se

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

atoparon neste concello, aínda que moitos deles están hoxe en día no museo arqueolóxico de Ourense.

As pezas máis importantes do románico, son a igrexa de Santa María en Parada do Outeiro e a de San Xoán en Vilar de Santos. A primeira, garda no seu interior a imaxe do santo máis querido dos veciños, pola súa fama de milagreiro, San Bieito, do que a súa maior singularidade é ser preto e descendente de escravos. Ademais, caracterízase por ter un singular cimborrio coroando a nave.

A igrexa de San Xoán ten no seu haber o mérito de ter mudado de lugar nos anos 60, transportada polos veciños pedra a pedra desde Saa ata Vilar de Santos, completando a súa estrutura con pezas dunha antiga capela dedicada á Virxe das Neves.

A Idade Media comeza coa invasión dos suevos. Daquela a Limia era unha zona de conflitos polo seu carácter fronteirizo.

Durante os séculos XVI- XVIII, igrexa e nobreza teñen o control económico e social sobre a meirande parte da poboación, que era labrega. O territorio de Vilar de Santos estaba dividido en tres partes: unha comprendía Vilar de Santos, Saa e As Casas da Veiga, pertencentes á encomenda da Orde de Santiago, unha das ordes militares máis importantes de España; ligado á Orde parece que existiu en Vilar de Santos un hospital de Peregrinos, hoxe convertido en sede do Museo da Limia, . Doutra banda, Parada pertencía ó señorío do Marqués de Malpica; e Laioso ó señorío de Ozores e Soutomaior.

Os dous pazos do concello (o dos Marquina en Outeiro e o da Señorita en Parada) son singulares mostras das casas señoriais do século XVIII. Eran explotacións agrarias, dirixidas por un señor que posuía a propiedade das terras e traballada polos veciños, que eran case todos labregos.

A agricultura e a gandería constitúen a base económica no século XVIII, introdúcese o cultivo da pataca que será fundamental no desenvolvemento económico posterior. Neste mesmo século, o cultivo e tecido do liño alcanza o máximo esplendor. Os intercambios de produtos prodúcense nas feiras locais, como a de Xinzo que comezaba a ter sona.

Vilar de Santos constituiríase como Concello, tal e como se coñece hoxe en día, en 1836 coa unión das dúas parroquias: Vilar de Santos e Parada de Outeiro.

As primeiras décadas do século XX foron duras. Na década dos anos 20, Vilar de Santos atópase nun contexto xeneralizado de corrupción e caciquismo. Eran tempos de escaseza e traballo duro; aínda así, durante a República xa contaba o concello con catro escolas e biblioteca. En 1936, co

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

comezo da Guerra Civil a vida municipal paralízase. A posguerra e a ditadura franquista contribúen a endurece-la vida. Coa imposición da cartilla de racionamento nace o estraperlo.

A desecación da lagoa de Antela, nos anos 50 e 60 provoca un grande impacto que aumenta a emigración cara outros países e cidades. Os pobos comezan a deshabitarse.

A chegada da democracia cambia a situación a finais dos 70. Comézase a vivir un proceso de desenvolvemento socioeconómico e modernización de grande importancia, acompañado dunha clara aposta pola conservación e potenciación da cultura e tradicións, sendo un bo exemplo deste proceso a creación do Museo Comarcal da Limia, que en poucos anos pasa a ser un referente na comarca e na provincia; créase tamén o parque empresarial e comezan os traballos de recuperación da aldea de Saa para o seu aproveitamento turístico.

Na última década obtén o concello o recoñecemento de distintos organismos que premian a súa labor a prol de desenvolvemento sostible. En 2005 Vilar de Santos, xunto cos concellos de Allariz, Rairiz de Veiga e A Bola, obtén a distinción da UNESCO como RESERVA DA BIOSFERA.

Onde perderse Xoias naturais

Reserva da Biosfera/ área de Allariz

No ano 1970 a UNESCO (Organización Das Nacións Unidas Para A Educación, A Ciencia E A Cultura) iniciou o proxecto “HOME E BIOSFERA”. Como o seu propio nome indica, este proxecto céntrase en dous conceptos; por un lado, OS HOMES E AS MULLERES, e polo outro, o TERRITORIO no que estes desenvolven as súas relacións económicas e sociais: A BIOSFERA. O obxectivo que a UNESCO persegue é ter, a nivel mundial, unha mostra de territorios representativos de formas de relación entre o HOME e o TERRITORIO que sexan modelos de conciliación entre o bo uso dos recursos naturais e a súa conservación ó longo do tempo: Territorios cun desenvolvemento perdurable. Isto é o que se coñece como REDE MUNDIAL DE RESERVAS DA BIOSFERA.

As Reservas da Biosfera pretenden ser un exemplo práctico de como resolver unha pregunta esencial no mundo de hoxe: ¿Como chegar a un equilibrio entre o desenvolvemento económico e social, o mantemento dos valores culturais propios e a conservación da diversidade biolóxica?

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

O Home sabe desde hai moito tempo cómo convivir en harmonía co seu medio; o desenvolvemento non ten por que enfrontarse co respecto á natureza.

A UNESCO quere que este territorio sirva como exemplo a outros, xa que aquí demóstrase que desenvolvemento e conservación poden ir da man.

O desenvolvemento sostible (ou mellor, perdurable) fai referencia á utilización de forma racional dos recursos naturais dun territorio, coidando de que non sexan esquilmados, para que as xeracións futuras poidan facer uso deles.

A necesidade deste desenvolvemento perdurable ven dada polo feito de que existen uns recursos naturais que poden esgotarse por causa dunha crecente actividade económica sen máis criterio que o puramente económico e que, como xa se ten demostrado, produce graves problemas ambientais que se poden tornar irreversibles tanto a nivel local como planetario.

A función principal das reservas da biosfera consiste na conservación e protección da biodiversidade. Mais tamén perséguese o desenvolvemento económico e humano destas zonas, así como a investigación, a educación e o intercambio de información entre as diferentes reservas que forman a rede mundial.

As Reservas da Biosfera están daquela recoñecidas internacionalmente e son seleccionadas polo seu interese científico, con base nunha serie de criterios que determinan se un espazo se inclúe ou non no programa.

Dentro do ámbito territorial das Reservas da Biosfera delimítanse varios tipos de zonas, en función do interese que teñan para o mantemento da Reserva; estas son:

- ZONAS NÚCLEO: As zonas núcleo da Reserva son aquelas que polas súas características teñen un maior interese ecolóxico e de onservación a longo prazo. Temos que poñer especial atención en que as actividades que se realicen nestas áreas non sexan lesivas para o medio, dado que polas súas características teñen un alto valor. As Zonas núcleo deste Reserva son:

o No concello de Allariz O Briñal ou Escadas: Son 13 Has. dun tramo ben

conservado da vexetación de ribeira do río Arnoia. O Canelar: Ten 63 Has., na confluencia dos regatos de

Fontes e do Canelar. O Foxo Vello: É outra zona ás beiras dun regato, que

ocupa 1 Ha. o No concello de Rairiz de Veiga:

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

de Ponteliñares: Incluídas dentro da Rede Natura 2000, constitúen un reducto da paisaxe anterior ao desecamento da Lagoa de Antela. Ocupa unha superficie de 51 Has.

A Carballa da Saínza, cunha extensión de 1 Ha, acolle un exemplar de carballo con nome propio, “A carballa da Saínza” ou “da Rocha”. Declarada monumento natural.

O Castro de Castrelo: Con 8 Has. na que os vestixios arqueolóxicos teñen unha especial importancia.

O Castro de San Miguel, de 3.5 Has.: É outra área con especial interese patrimonial alén de ser un magnífico observatorio das Veigas de Ponteliñares.

o No concello de Vilar de Santos: O Ruxidoiro: cunha extensión de 7.7 Has., e nel

concéntranse enterramentos prehistóricos e ecosistemas de bosque autóctono ben conservado constituídos por carballos centenarios

- ZONAS TAMPÓN: Rodeando ou limitando estas Zonas Núcleo, sitúanse as Zonas Tampón. A súa importancia dentro da Reserva é fundamental dado que son as áreas do territorio onde se centran a maior parte das actividades humanas. Nestas zonas foméntanse as actividades, xa produtivas, xa para o lecer, que favorezan o equilibrio e o desenvolvemento dun xeito sostible no tempo.

- ZONAS EXTERIORES DE TRANSICIÓN: Por último, o resto do territorio da Reserva é a chamada Zona Exterior de Transición. Como o seu nome indica, esta parte do territorio serve como transición entre a Reserva e os outros territorios.

A zona incluída na Reserva da Biosfera da Área de Allariz é unha das unidades xeográficas e territoriais mellor conformadas de toda Galicia, formada por unha ampla depresión morfotectónica semiendorreica de fondo plano, cunha altitude media de 600 m, por onde discorre o río Limia, e rodeada dun rebordo montañoso do que destaca na súa parte Norte o macizo granítico de Allariz, por onde discorre encaixado en río Arnoia. O rango altitudinal abranguido oscila entre os 425 e os 927 m. O sitio ten unha grande importancia bioxeográfica, pois é un territorio fronteirizo entre as dúas grandes rexións corolóxicas que existen na Península Ibérica, como son o mundo Mediterráneo e o Eurosiberiano. A riqueza e variedade de hábitats que se atopan no territorio permite a existencia dunha alta diversidade faunística, con especies de Interese Comunitario ou consideradas en perigo de extinción en España.

Nesta zona predomina o bosque plano caducifolio de zonas mornas con mosaico de prados e canles de auga, e unha longa historia de presenza

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

humana con transición cara a ecosistemas mediterráneos. Na Reserva existen paisaxes sobresaíntes, multitude de sitios arqueolóxicos romanos e prerromanos, con zonas de montañas de baixa altitude arborizadas e humedais (Lagoa de Antela) de grande importancia. Entre a fauna de vertebrados cabe destacar o lobo, a londra, poboacións de aves acuáticas de importancia e un alto índice de formas, sobre todo de anfibios, que constitúen endemismos ibéricos.

 A poboación non chega ós 10.000 habitantes. Está altamente concienciada respecto a un modelo de desenvolvemento sostible impulsado dende hai máis de 15 anos na Reserva e que elevou substancialmente o seu nivel de vida, e supuxo un importante elemento de ordenación territorial dende hai tempo.

RUTAS DE SENDEIRISMO

Existen varias rutas para descubrir o concello de Vilar de Santos, que se poden facer en coche, a pé ou en bicicleta:

En coche: para gozar da paisaxe e coñecer mellor o seu territorio, existen rutas alternativas que se poden facer en coche por estradas secundarias en bo estado, coa vantaxe de que non son moi transitadas, o que lle permitirá ir de vagar e descubrir paisaxes de gran beleza.

En bicicleta: as mellores áreas para os paseos en bicicleta son as pistas que descorren pola parte da chaira do concello, especialmente as que descorren ás beiras da canle da antiga lagoa.

As rutas de O RUXIDOIRO e CASTELAUS son dúas rutas circulares cun grado de dificultade baixo e con vistas dos terreos onde estivo a Lagoa de Antela e as Veigas da Limia. En ámbolos dous percorridos, pásase moi preto do Museo da Limia e de Saa, unha fermosa aldea rehabilitada para o turismo.

“Ruta do Ruxidoiro”: Sae da Igrexa románica de Vilar de Santos, por riba da Praza do Concello, segue cara á aldea de Saa e desde alí, atravesando bosques de carballos, praderías e un muíño, encamíñase ao

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

Ruxidoiro, zona núcleo da Reserva da Biosfera, lugar onde remansaba a auga do regato Cigüeñeiras. Trátase dunha ruta pequena e con pouco dificultade, apta para calquera paseante.

“Ruta de Castelaus”: Sae da área de recreo do pobo de Castelaus, ao pé da Fonte dos Espiñeiros, e sube cara ao monte do Seixo, entre castiñeiros e carballos, polo antigo camiño que utilizaban os veciños para ir a Vilar de Santos. Desde o alto e baixando cara a Saa, podemos observar boas vistas da Limia e os antigos terreos da Lagoa. A ruta pasa ao pé da

Igrexa de San Xoán e polo Parque da Cachalgura no que existe un Campo de Xogos Tradicionais, volvendo a subir cara ao monte Cobelo. Esta ruta é máis longa, con escasa pendente polo que resulta apta para todos os camiñantes.

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

O Penedo Da Moura

Entre o monte Cantariñas e o Ruxidoiro, hai un penedo redondo con estrañas formas redondeadas e ovaladas; semella que alí viviu alguén. Este penedo recibe o nome de Peitador da Raíña Moura. Dise que alí desapareceu, misteriosamente unha rapaza chamada Mariquiña, que vivía en Saa, que ía tódolos días coas vacas e as ovellas para o monte das Cantariñas. Un bo día, a rapaza viu sentada no penedo unha velliña que a chamaba polo seu nome. Ó achegarse, a anciá pediulle que lle peiteara os cabelos cun peite dourado. Despois de peiteala, ben peiteada, a vella volveulle a pedir outro favor, que lle dera unha pouca de leite, pois estaba famenta. Ó rematar esta tarefa, a señora pídelle que lle preste o seu pano, marchando para dentro dunha das cantarelas do penedo e regresando con algo envolto que lle entrega á nena dicindo: “toma, e non o abras ata chegar á túa casa. Prégoche un favor, non lle digas a ninguén que estiveches falando comigo”. A rapaza xurou que ninguén o ía de saber e prometeu volver ó día seguinte. Cara a noite, cando chegou á casa e abriu o pano, encontrouse cun montón de moedas de ouro. Feliz e sorprendida, móstrallas á súa nai, pero non lle din onde as atopara. Leal á súa promesa, a rapaza volta ó día seguinte co gando ó mesmo lugar, xuntándose de novo coa vella. Como a velliña volveu a pedirlle que a peiteara, ela cumpriu coa súa tarefa pero á nena deulle un ataque de tuse e a vella berroulle: “Tuse para o outro lado, que se me cuspes na cabeza, vólvome cristiá”. Neste momento, a pequena decátase que nese mesmo monte vive unha moura que tiña medo de ser bautizada polo cuspe dun cristián, e empézalle e entrar o medo. A pesares disto, ela fai todo o que lle encomenda a señora e volve a conseguir o pano cargado de ouro. Desta vez, a súa nai non puido aguantar tanto misterio, e conseguiu, despois dunha boa rifa, que lle conte a verdade. Ó día seguinte volveu de novo co gando e ó anoitecer viñeron para a casa as vacas e as ovellas, pero a nena non aparecía. A nai buscouna polo monte cos veciños da aldea, berrando o seu nome. Entón, de entre os penedos saíu unha voz que lle contestou:

“A Mariquiña Por Lingoreteira

Está Na Miña Barriga

Fritida Con Allo E Manteiga”

Ruta "Reserva da Biosfera": Esta ruta permítenos coñecer e descubrir paraxes de grande beleza ademáis dispomos dunha guía con información moi útil dos lugares onde podemos comer e descansar nesta época estival, xunto co mapa da ruta.

As rutas están sinalizadas e existen mapas a disposición do camiñante; a finalidade é poñer en activo unha rede de camiños que sirvan tanto para comunicar os pobos como para practicar sendeirismo.

Na Finca Sanguñedos, ó carón do Parque Empresarial, o Obradoiro de Emprego AgroLimia II está a construír o Xardín Botánico da Limia; o obxectivo

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

é crear un espazo baseado nos produtos e plantas da nosa horta, así como a mellora da ruta de plantas aromáticas e medicinais que xa existía.

O xardín contará cun invernadoiro pechado para viveiro de planta, zona de compostaxe, zona de cultivo de horta e de aromáticas, área didáctica destinada aos cultivos e transformación dos cereais e o liño con sendeiros para o percorrido.

A produción de froitos e plantas servirá para abastecer ao Centro de Innovación e Transformación Agraria da Limia que se está a construír na mesma finca, e os percorridos polo Xardín con visitas guiadas explicando as diversas variedades de cultivo e plantas, servirán para complementar a oferta turística en Vilar de Santos.

Riquezas Históricas culturais

MUSEO ETNOGRÁFICO DA LIMIA

A manifestación da vida e o saber tradicional do territorio reflíctense no Museo da Limia, que alberga a morada da memoria Antelana. As súas dependencias recrean manifestacións e elementos da vida tradicional; pero a súa singularidade, polo que ten sido recoñecido e premiado, é que os guías son veciños que falan da súa propia vida e dos obxectos que formaron parte dela. O seu traballo non remata dentro das catro paredes do museo, tamén nas aulas agrarias mostran ós visitantes como facer o pan nos fornos comunais, ou cultivar o liño e transformalo en fibra téxtil nun obradoiro, así como practicar xogos tradicionais recuperados como A Porca.

O museo conta con seis salas que agrupan a colección baixo os seguintes títulos:

O Mar da Limia: Introdución ó museo coa descrición física e humana da comarca a través do tempo. A desaparecida lagoa de Antela constitúe un elemento indispensable para comprender a evolución da Limia durante o último século. A súa desecación desencadeou unha serie de acontecementos que se viñan xestando tempo atrás e que imos analizar nunha nova montaxe que comeza nesta sala. Xeografía, o medio, a lagoa de Antela, historia e sociedade conforman a súa temática.

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

O Liño: Mostra dos útiles e tarefas arredor do liño que testemuñan a

A LENDA

Contan que noutro tempo, mergullada nas augas da lagoa de Antela, entre as torres de Sandiás e Pena, durmía a

fabulosa cidade de Antioquía, fundada polo héroe mítico Anfíloco. Os seus habitantes, adoradores do galo asoballaban ós veciños da zona e de ninguén se

compadecían. Deus decidiu pór fin ó seu proceder e á súa impiedade e dispuxo un severo castigo.

Mais Xesucristo quixo salvar ós xustos que alí morasen e dirixiuse a Antioquía ma figura dun mendiño. Bateu en

todas as portas, desde a primeira á última e nin sequera recibiu un “Deus te axude”.

Estaba xa moi apesarado cando alviscou entre os carballos unha casoupa de porta baixa. Achegouse e viu no interior a unha velliña enguruñada, ó pé dun lume que afumada máis do que quentaba. Xesús non dubidou en pedirlle axuda. Ela sen dubidar prestoulle axuda ó mendiño,

brindándolle comida, abrigo e un lugar onde pasar a noite.

Cando espertaron ó romper o día, Xesús quixo mostrarlle á muller como Antioquía desaparecera, e no seu lugar atopábase a lagoa, sendo ela a única supervivente.

Na mañá de San Xoán, cando o primeiro raio de sol iluminaba a lagoa, podían verse as cúpulas e as torres das igrexas, e escoitar o tanxer dos sinos. Na noite de Nadal, ás doce en punto ouvíase o canto dun galo. No inverno,

cada sete ou nove anos, sentíanse voces a certas horas da noite; quizais dos afogados penando os seus pecados.

Había tamén quen dicía que entre a néboa aparecían os espectros da bela Inés de Castro e de Santa Mariña a de

Augas Santas; ou que os mosquitos que escintilaban ó sol eran en realidade os soldados encantados do exército do

Rei Arturo, que agardaban o retorno do monarca

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

súa significación na sociedade tradicional. O seu cultivo foi importante base socioeconómica na Limia ata a crise de produción no s. XIX. Había boas condicións xeoclimáticas para o seu desenvolvemento e numerosa man de obra no agro. Un tear, presente en case tódolos fogares nunha economía de autoabastecemento, e a recreación dun fiadeiro son elementos destacados da exposición.

Os Oficios: Recreación de talleres de oficios artesanais destacados na comarca: traballo dos canteiros, a forxa dun ferreiro, útiles do carpinteiro e do zapateiro. Todos eles gardan unha relación directa coa terra e o que dela se extrae. O inmobilismo social e económico da sociedade galega propiciou que moitos destes oficios seguisen vixentes ata ben entrado o século XX, cando o progreso e transformacións industriais modificaron esta realidade

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

A Pataca: Historia e análise do cultivo da pataca na comarca. Pataca e millo foron produtos que modificaron o agro a partir do s: XVIII desprazando á castaña como alimento básico na dieta do labrego. O primeiro destino da pataca foi para a matanza do porco, pero pouco a pouco, foise consolidando como básica para a nutrición humano. A pataca limiá ostenta o título de Produto Galego de Calidade e a comarca é grande produtora dada a adaptabilidade da semente ás súas condicións xeoclimáticas

O Agro: Reprodución dun patio de labranza cos diferentes aparellos utilizados polos labregos, centrándose no cultivo do cereal característico da Limia. O alcume de “graneiro de Galicia” non é casual. Durante séculos, a Limia produciu moito máis gran de centeo, millo e trigo do que podía consumir. Polas condicións físicas da comarca, os limiaos tiveron na terra a súa fonte principal de riqueza, e a pesar das mudanzas propiciadas pola tecnoloxía, a realidade social sigue suxeita á terra e a labor da xente nela.

A Casa: Interior dunha casa limiá tradicional, coa recreación da lareira, espazo máxico da vivenda, e do cuarto, a carón da anterior aproveitando a súa calor. No ámbito rural, a arquitectura estaba inmersa na paisaxe, tomando dela os materiais precisos. A casa limiá define a vivenda, pero tamén a familia

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

que habita nela, construcións secundarias como o palleiro, propiedades, terreos e produtos colectados, etc.

Tesouros arquitectónicos

IGREXA DE VILAR DE SANTOS (SAN XOÁN)

Antiga igrexa de San Xoán de Saa trasladada a Vilar de Santos. Dependía de San Marcos de León e pertenceu á Orde Militar de Santiago. Conserva dúas interesantes portadas románicas do século XIII. A porta principal carece de tímpano e está formada por tres pares de columnas rematadas en capiteis historiados sobre os que se apoian as arquivoltas. Na ábside destaca un ventanal gótico. A portada lateral caracterízase pola harmonía do románico, con dous pares de columnas rematadas en ambos capiteis historiados e unha palma no tímpano. As arquivoltas están decoradas con elementos xeométricos. No interior, o retablo maior, barroco, do século XVIII, onde se pode destacar a talla da Virxe con Neno, a imaxe do patrón (San Xoán) e un relevo da Anunciación. En orfebrería destaca a cruz procesional do século XVII.

IGREXA DE PARADA DO OUTEIRO (Santa María)

Igrexa santuario de primitiva planta románica, transformada e ampliada para acoller ó gran número de romeiros que acoden a venerar a San Bieito. A

Page 16: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

fachada principal é de arco apuntado con catro arquivoltas, as tres interiores lisas e a exterior decorada. A porta sur é de medio punto con dobre arquivolta. No interior destaca o retablo barroco (S. XVIII) dividido en tres calles onde se localizan diferentes imaxes barrocas (Asunción, San Sebastián, San Bieito e Santo Cristo). De maior calidade son a Virxe do Carme e Santiago o Menor. A cruz procesional é do S. XVIII.

PAZO DE OUTEIRO

Edificio con forma de L, de dúas plantas, emprazado nun terreo con pendente descendente de Este a Oeste, causa de que na fachada Este a planta baixa convertérase case coma un soto.

PAZO DE PARADA

Desde o exterior obsérvase unha gran balconada rehabilitada, cunha escaleira que mostra a importancia que no pasado chegou a ter a edificación, toda ela construída en granito. No patio pódese observar un cruceiro.

CRUCEIRO DE CASTELAUS

Este cruceiro está sobre un pedestal no que hai unha inscripción na que apenas se pode ler a data de construción: 1676. Aséntase sobre un graderío granítico, con dous pasos sobre o que se alza o fuste circular, rematado este en dúas volutas a modo de capitel sobre o que se asenta unha cruz decorada cunha coroa de espiñas.

MILIARIOS (VILAR DE SANTOS, PARADA DE OUTEIRO E CASAS DA VEIGA)

Resto da antiga Vía Romana XVIII ou Vía Nova. É un bloque granítico con inscripción que se utilizaba para sinalizar as millas na vía romana.

Page 17: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

CRUCEIRO DE LAIOSO

É un pequeno cruceiro. A base é un bloque de granito sobre o que se asenta unha cruz monolítica moi estilizada. Posúe un valor máis etnográfico que artístico situado nun cruce de camiños que nos conduce ás terras de labor.

CAPELA DE CASTELAUS

É unha capela dedicada a Santa Marta. Conta cunha espadana dunha soa campá, rematada cunha sinxela cruz. Posúe unha entrada lateral.

CAPELA DE LAIOSO

É unha pequena capela de nave rectangular, onde o frontal está coroado por unha espadana cunha soa campá, coroada por unha cruz sinxela, en harmonía co resto da construción da capela.

Miliario de Casas da Veiga Miliario de Parada do Outeiro

Page 18: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

Outras cousas que ver

ALDEA DE SAA

A Aldea de Saa, é hoxe un conxunto de ruínas no cal se pode apreciar o sistema tradicional de asentamento da zona suroriental da provincia de Ourense; a orixe do asentamento témola nunha antiga citania a beira dun castro; documentacións do século XVII mostran a importancia do asentamento.

Até os anos 30, a Aldea de Saa, ostentaba a titularidade da parroquia de San Xoán, hoxe de Vilar de Santos, e durante a primeira metade do século a poboación estaba estabilizada nunhas 30 persoas residindo nun conxunto de 10 ou 12 vivendas. O abandono do asentamento prodúcese entre os anos 50 e 60 e estivo motivado en grande medida pola apertura de novas comunicacións entre Xinzo e Celanova. Foi en 1969, cando a poboación xa tiña abandonado por completo o asentamento; e a partires de aí o estado de deterioro foi claramente visible axiña.

É sabido o asentamento das múltiples culturas que por aquí transitaron, nuns casos patente nos restos arqueolóxicos que se poden atopar na zona, algunhas desas culturas deixaron fortes pegadas e, mentres, outras pasaron case que sen poder sentilas. De grande importancia foi o percorrido da Vía Nova o XVIII construída en tempos do emperador Tito Flavio Vespasiano nos años 80 de X.C., da cal saían un grande número de vías secundarias camadas vereas que se estendían por todo o territorio.

O FUTURO DE SAA

Pensar hoxe na repoboación de Saa cos seus antigos moradores sería insensato pero deixalo morrer sería un acto de esquecemento imperdoable, posto que aínda hoxe é un importante referente histórico do concello; mais non só isto xustifica a súa recuperación; existen outros aspectos tan ou máis importantes:

1.- Saa é hoxe un recurso natural de interese dado que o seu contorno aínda está conformado por unha vexetación autóctona moi infrecuente na zona.

Page 19: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

2.- A súa situación é privilexiada, posto que a pesar de estar a moi pouca distancia do centro urbano e contar con boa comunicación, aporta a sensación de mirar desde a aldea o contorno e de illamento total.

3.- A estrutura da antiga aldea consérvase integramente, así como as construcións comunais que lle dan entidade (fonte, forno, airas, rúas, etc,)

4.- O seu estado de conservación, aínda que á primeira vista podería verse coma un inconvinte, dado que practicamente non restan construcións en pé, é, a xuízo dos técnicos, unha vantaxe, xa que vai permitir adaptarse ás necesidades e obxectivos sen estar mediatizados por ríxidas construcións preexistentes.

5.- A comarca está a vivir un cambio coa implantación de novas infraestruturas enfocadas cara o turismo rural e activo, dentro das cales Saa ofrecería unha alternativa completamente novidosa.

O Obxectivo é crear en Saa un espazo dinámico onde o visitante poida, dun lado, coñecer a estrutura dunha antiga aldea e vivir in situ o estado actual destes espazos (abandono e despoboamento), ço conservar muros de anteriores edificacións, creando así unha imaxe que permita imaxinalas, e doutro lado por en valor outras edificacións dándolle un destino produtivo ço convertelas en microempresas de hostalería e artesanía ou servizos innovadores.

Asemade, proponse a instalación dunha hospedaxe de nova construción fóra do circundo que delimita a aldea, deste xeito non se altera a súa fisonomía, pero permítese contar cunha instalación de hospedaxe que cumpra a normativa e garanta as necesarias condicións de confortabilidade.

SERVICIOS COS QUE CONTARÁ:

• Oficina De Información E Acollida

• Resturante

• 5 Apartamentos Rurais

• Hotel Rural De Nova Construcción

• Centro Para Actividades Culturais E Formativas

A súa proximidade con Vilar de Santos fará posible que os visitantes poidan disfrutar dos servizos municipais e facer uso do comercio local. A

Page 20: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewDesde moi antigo, os poboadores de Vilar de Santos foron deixando sinais da súa existencia por todo o territorio do concello.

recuperación de Saa terá como consecuencia a creación de novas empresas, novos postos de traballo e mesmo unha repercusión indirecta nos negocios existentes no Municipio, ademais o emprazamento de Saa é privilexiado, pola sensación de illamento que se ten cando se esta nel, a pesar da proximidade con Vilar de Santos(3 minutos a pé) e co as vilas de Xinzo da Limia (5 minutos) Allariz (15 minutos) ou Celanova (15 minutos), o que, sen dúbida, garante unha maior afluencia de público.

Un alto no camiñoVilar de Santos conta cun albergue turístico, emprazado no mesmo

pobo, tamén pode comer no centro do pobo ou enfronte do botánico.