updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda...

28
CONCELLO DE RIÓS Unhas pinceladas do Concello O Concello de Riós, antigamente chamado Os Ríos, está situado no sueste da provincia de Ourense e integrado na fronteiriza comarca de Verín. O municipio consta de 35 entidades de poboación que se agrupan nas seguintes parroquias: Castrelo de Abaixo (Santa María): Castrelo de Abaixo e a Silva. Castrelo da Cima (Santa María): Castrelo da Cima, a Veiga do Seixo, Covelas, Mourisco e Sampaio. A Trepa (Santa María): San Cristobo, Fumaces e a Trepa. O Navallo (San Vicente): O Navallo, Pena do Souto e o Mente. Progo (San Miguel): Progo, Pousada, Vilariño das Touzas e Santa Baia. Riós (Santa María): Riós, as Vendas da Barreira, Romariz, Florderrei, Marcelín e as Ferreiras. Rubiós (San Pedro): Rubiós e Mañoás. Trasestrada (Santo Estevo): Pedroso, Domez e San Pedro de Trraverea, Cortegada, O Souto, a Eirexa, Sarreaus, Mirós, a Veiguiña e Valfarto. COMO CHEGAR A estrada nacional 525 e a autopista A- 52 atravesan o municipio de sureste a nordeste pasando pola capital municipal e constituíndo as

Transcript of updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda...

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

CONCELLO DE RIÓS

Unhas pinceladas do Concello

O Concello de Riós, antigamente chamado Os Ríos, está situado no sueste da provincia de Ourense e integrado na fronteiriza comarca de Verín.

O municipio consta de 35 entidades de poboación que se agrupan nas seguintes parroquias:

Castrelo de Abaixo (Santa María): Castrelo de Abaixo e a Silva. Castrelo da Cima (Santa María): Castrelo da Cima, a Veiga do Seixo,

Covelas, Mourisco e Sampaio. A Trepa (Santa María): San Cristobo, Fumaces e a Trepa. O Navallo (San Vicente): O Navallo, Pena do Souto e o Mente. Progo (San Miguel): Progo, Pousada, Vilariño das Touzas e Santa Baia. Riós (Santa María): Riós, as Vendas da Barreira, Romariz, Florderrei,

Marcelín e as Ferreiras. Rubiós (San Pedro): Rubiós e Mañoás. Trasestrada (Santo Estevo): Pedroso, Domez e San Pedro de Trraverea,

Cortegada, O Souto, a Eirexa, Sarreaus, Mirós, a Veiguiña e Valfarto.

COMO CHEGAR

A estrada nacional 525 e a autopista A- 52 atravesan o municipio de sureste a nordeste pasando pola capital municipal e constituíndo as principais vías de

acceso. Dende aquí saen dúas estradas secundarias que a poñen en contacto coas parroquias máis meridionais. Os Riós (que se accede pola estrada OU- 329 ó deixar a autovía) dista de 87 Km da capital provincial, distancia que se reduce a 85 Km dende as Vendas da Barreira.

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

É un concello montañoso con altitudes que oscilan aproximadamente entre os 700 e os 975 metros sobre o nivel do mar. Trátase dunha zona de transición cara o val de Monterrei, ó sur linda coa Serra de Penas Ceibes (Vilardevós) que se insire en Portugal, e ó norte coa Serra Seca (A Gudiña). No relevo combínanse formas onduladas e depresións sucadas por numerosos ríos pouco caudalosos e moi encanados, todos pertencentes á rede fluvial que conforma o Mente, o cal no tramo final do seu percorrido fai de fronteira natural con Portugal, para unha vez inserido no territorio luso desembocar no Douro.

O seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo para o municipio. A Fraga de curral é unha paraxe natural representativa do ecosistema riense.

O termo municipal está situado nun espazo de transición entre as terras altas situadas ó oeste e as do val do río Támega.

O terreo é ondulado. Mestúranse unha sucesión de vales fluviais e lombeiros, cunha altitude media duns 600- 800 m. nos seus lindeiros destacan

as maiores alturas que están localizadas na Urdiñeira (1148m) cara ó norte, Castelo da Pena (941m) e Alto das Ferrerías (924) no suroeste. Marxeando con Vilardevós, completan o territorio varias aliñacións de lombas de oeste a este con alturas que non pasan dos mil metros: As Touzas 8943m), Porto dos Bois (868m), Xermil (930) e as Canelas (731m).

Nos Riós son innumerables os ríos. Polo seu volume de auga destacan o río Mente, o Arzoá e o Marcelín. Os tres foman parte da conca fluvial do río Douro, despois de traspasar a raia con Portugal.

Actualmente a recolleita da castaña é a actividade na que recae o peso da economía dos Riós, ademais é o centro de recepción da produción deste froito dos municipios limítrofes. Proba da importancia do castiñeiro e a súa rendibilidade son as numerosas plantacións que se están a realizar actualmente para suplantar as árbores que previsiblemente irán morrendo a medio praza, pois moitas delas son centenarias, quizais milenarias. Estes antigos soutos levaron ó concello a formar parte da Ruta Europea da Castaña, que abrangue toda a comarca Conso- Frieiras.

Mais, o cultivo da castaña viuse afectado nos últimos anos por diversas pragas que diminuíron a poboación de castiñeiros.

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

Tamén é importante a recolección e o procesado de setas, que recolle non só a produción local senón tamén a de zonas limítrofes. Grande parte desta produción dedícase á exportación.

Unha mirada atrás

Dise que preto da aldea de Trasestrada pasaba unha calzada romana. Seguramente facíao pola próxima aldea das Vendas da Barreira, lugar polo que transcorren actualmente a N- 525 e a autovía A- 52, vías de entrada á Galicia sur. O nome das Vendas alude probablemente á parada de postas que existiría cando polo lugar pasaba o camiño real.

Económica e administrativamente, os Riós sempre dependeu do Concello de Verín e, en menor medida, da Gudiña. Xa dende a Idade Media, Riós formaba parte da xurisdición de Souto Bermudo no señorío de Monterrei.

Malia limitar con Portugal, apenas existe constancia de intercambio cos territorios portugueses próximos, seguramente debido a que a fronteira, nestes lugares, é bastante abrupta. Deberon existir tales intercambios e mesmo trasegos de poboación, máis o único que pervive na memoria dos paisanos é o abondoso contrabando que se facía polos carrouchos raianos de cabalo de burros e machos. Tradicionalmente consistía, segundo os relatos orais, en alixos de café, azucre, teas ou gando. Logo da guerra civil, ampliouse a materias tan escasas daquela como o pan, a fariña, o cemento ou o plástico en obleas.

Os primeiros poboadores do territorio actual do concello de Riós, foron os interamnios, que pertencían ó conxunto dos pobos interamnenses, termo que alude á presenza de ríos que “intermedian”. Este pobo é un dos que figuran na inscrición da ponte romana de Chaves, coñecido como Padrón dos pobos, xunto cos tamaganos, bíbalos e límicos, todos eles estendidos pola zona meridional de Galicia

Dende o medievo a vila foi lugar de paso dunha vía de peregrinación xacobea importante, a Ruta da Prata. Penetraba vindo do reino de Castela ata Santiago de Compostela.

Durante o Antigo Réxime, as parroquias que integran o actual concello de Riós integráronse na xurisdición de Souto Bermudo, señorío do conde de Monterrei. Ó ser un territorio fronteirizo entre España e Portugal sufriu os avatares das relación entre ambos países. En 1569, os exércitos portugueses atravesaron o territorio seguindo a Ruta da Prata e chegaron ata a Gudiña antes de seren expulsados..

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

A proclamación da Constitución española de 1812 supuxo a abolición do réxime señorial e a súa substitución por unha administración municipal do territorio. Daquela produciuse a creación dos concellos de Riós e Castrelos. En 1823 Fernando VII derogou a Constitución, o que supuxo a supresión destes concellos e a restauración do réxime señorial. A definitiva recuperación da municipalidade produciuse en 1835 cando xurdiu o concello de Riós, que abarca os antigos de Riós e Castrelos.

HERÁLDICA

O escudo actual do Concello data do 14 de xullo do 2000, emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e a proposta do propio concello, segundo o que se recollen tres alusións representativas da realidade física e do

propio pasado histórico das terras que hoxe o conforman. Sobre fondo dourado dúas ondas de azur (azuis), que evocan o topónimo de Riós, e o castiñeiro natural, que é a especie árborea predominante dentro do termo municipal, no que a riqueza forestal é por outra banda moi importante. A inclusión da consabida cadea dos Zúñiga en cor dourada e bordeada de sable (negro), disposta en orla, permite perpetuar o recordo da súa vinculación histórica á gran Casa de Monterrei, circunstancia que, neste caso, adquire

unha significación máis especial, posto que aquí poden localizarse os núcleos orixinarios dos seus extensos patrimonios galegos. Ó timbre, coroa real pechada.

Xoias naturais.

Ruta da Castaña. Ademais das rutas de sendeirismo que hai en Riós,  existe unha ruta de sendeirismo común europea, a “Ruta Europea da Castaña”, como membro da zona  de Conso- Frieiras e na que participan rexións de Italia, Francia e Portugal .

É unha ruta na que se combinan traxectos a pé, a cabalo, en bicicleta..., coa que se pretende dar a coñecer os diversos aspectos relacionados coa castaña.

            Percorrer a ruta da castaña dentro do territorio de Riós é ir descubrindo

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

soutos de castiñeiros, algúns deles con exemplares centenarios, tales coma os de Riós e Progo e toda unha serie de monumentos e construcións autóctonas de gran interese, ademais de gozar dunha natureza vizosa e dunha paisaxe atravesada por ríos e regatos.

A ruta parte do pobo Ventas da Barreira, lugar de paso dos peregrinos que van a Santiago. Neste fermoso pobo pásase ó lado do forno e da capela de San Amaro dirixíndose ó Lavadeiro das Ventas. Na fonte do lavadeiro pode un refrescarse e continuar logo o camiño dirección a Riós. O sendeiro que leva á capital do concello é un camiño cheo de sombras de carballos e novos prados que flanquean o sendeiro, con opción a ver vacas rubias galegas que pastan pacificamente cos seus tenreiros. Ó chegar á capital do concello baixase polo barrio do Outeiro onde xa aparecen castiñeiros centenarios a un lado do camiño e ó desviarse un intre do percorrido pódese beber auga fresca no Lavadeiro do Outeiro e contemplar as vistas cara o pobo. Atravésase o núcleo urbano vendo a praza de Xosé Antón, o concello e o cruceiro. Cando se encontre o Punto de Atención Infantil do concello cóllese á dereita deixando atrás o Parque Infantil e dirixíndose ó Barrio da Telleira. Neste barrio está ubicada a piscina municipal, e o Centro Tecnolóxico da castaña. Continúase á esquerda seguindo a sinalización da ruta ata a Igrexa Parroquial de Santa María de Riós. Esta igrexa do século XVII, conta no seu interior cun retablo, tallas barrocas e tamén cunha ara funeraria de gran valor arqueolóxico. Descéndese polo camiño da Misa entre castaños centenarios ata chegar ó pobo de Marcelín. Neste pobo pódense observar construcións típicas da zona, un forno de pranta cuadrangular e mampostería de pedra e unha fonte de auga cristalina. Atravesáse o pobo seguindo a sinalización e disfrutando dunha fermosa paisaxe salpicada de numerosos castiñeiros. Chégase de novo a Riós, en concreto ó Barrio do Toural onde se descende pola estrada do pobo de Florderrei. Ó chegar á subida da estrada déixase o asfalto para continuar polo camiño de Xermil sendo esta a parte máis complicada da ruta pero tamén unha das máis fermosas. Neste camiño atópanse dúas vallas móbiles con cartel informativo de abrir e pechar a valla unha vez que se pase. O motivo é que por estes montes pasta libremente gandería ecolóxica. Neste sendeiro, antes de chegar novamente ó pobo das Ventas da Barreira, no punto máis alto do percorrido, débese votar a vista atrás e deixarse namorar das fermosas vistas e da variedade cromática das diferentes árbores. Báixase polo pobo das Ventas pasando pola súa praza onde atopamos presidindo a mesma, un fermoso cruceiro continuando xa pola estrada nacional ata o final do noso percorrido.

Camiño de Santiago. O camiño de Santiago (Vía da prata) entra no concello dos Riós polo pobo de Mente, pasando por diferentes pobos. O tramo atópase integrado no tramo de A Gudiña- Verín, partindo da ponte do río

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

Mente. O cruzalo, deixase o asfalto e séguese por unha pista que sae á esquerda e quen en subida segue o curso do río Mente. Continúase de fronte ata chegar a yun camiño asfaltado e as primeiras casas de

O Navallo. Débense seguir as indicacións de cerámica que se van atopando ata chegar á rúa principal do pobo, e inmediatamente chégase ata unha bifurcación, na que se atopa unha frecha amarela nunha parede que nos dirixe en descenso cara a dereita. Chegase ás proximidades da autovía e camíñase en paralelo ata

As Vendas da Barreira. Éntrase na poboación e séguese por unha rúa paralela á estrada Nacional á que confluímos á altura dun cruceiro. Continuamos polo arcén da N 525 en lixeiro ascenso e antes do sinal de fin de poboación atópase unha indicación metálica que nos indica un desvío á dereita. Neste desvío separase da estrada nacional e a autovía durante un treito ata que se chegue a Fumaces, atravesando as parroquias de Trasestrada, A Veiguiña, Sarreaus, San Pedro de Trasverea e Mirós.

Fumaces. Éntrase na poboación ó pasar unha bifurcación tómase o camiño da dereita. As indicacións levan o arcén da N- 525 de que só se alonxa momentaneamente nalgúns puntos.

Á esquerda pódese tomar un desvío por asfalto que leva a unha área de descanso e merendeiro. Neste punto xa se está no concello de Verín.

As fervenzas do Pisón. No lugar nomeado O Pisón  atópanse unhas  Fervenzas de extraordinaria beleza, as cales pasaron  desapercibidas por moito tempo  para a maioría dos veciños deste concello, pero non para os habitantes do pobo onde se localizan: Cortegada,    ó redor  delas consérvanse numerosas lendas celtas e outras relacionadas cos mouros,  pero tamén se conservan historias reais non tan antigas como foron as numerosas mulleres que lavaban a súa roupa aproveitando as características deste entorno, así como desgraciados accidentes que se produciron o intentaren cruzar e esvarar polas súas pedras tan perigosas.

Por esta paraxe baixan as augas que formarán parte do Río Mente nuns kms máis abaixo; hoxe en día pódense visitar conservando o encanto de ser un lugar apartado ó que poucas persoas poden e saben acceder, quizais aí estea o seu encanto. 

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

Souto de castiñeiros nos Riós. Unha paisaxe natural na que os soutos de castiñeiros imprimen a súa característica tonalidade, constitúe un importante atractivo para a zona. Con árbores antigas e milenarias como a que aparece na imaxe.

A Cova das Choias. A antigüidade de asentamentos humanos na zona queda corroborada con recentes achados arqueolóxicos; dous torques de ouro atopados na  cova das choias, vestixios de pobos prerromanos.

No alto da serra, nas fragas da Urdiñeira, hai abrigos ou covas chamados buracos ou buracas. Entre estas hai unha especial, a chamada Cova das Choias ou Casa das grallas. Os veciños chaman “Choia” a unha clase de corvo pequeno. Precisamente a silueta dunha choia e o disco de bronce do tesouro da Urdiñeira chaman a atención.

            Esta cova, que está cerca da aldea de Pedroso, na  Fraga das Choias, é unha formación natural con amplos arcos, de 8 metros de altura por catro de anchura. A profundidade interior chega ós seis metros e a anchura alcanza os dez.                    Paga a pena ir visitala e contemplar, a través dos seus catro arcos,  as fermosas vistas de parte do territorio de A Gudiña e Castrelo do Val.

O foxo dos lobos. Un foxo de lobos consta dunha serie de elementos empregados para conduciren o lobo ata un lugar onde se lle poida dar caza. Habitualmente os seus elementos constitutivos son un par de muros ou valados e un pozo ou foxo propiamente dito. Os valados teñen altura suficiente para impediren o paso dos lobos, e forman no terreo os dous lados dun triángulo. No seu vértice hai unha rede entre eles ou un furado escavado no chan, o foxo, no que os lobos eran capturados ou mortos. Os muros podían ser de pedra ou madeira, ás veces de cachotería e outras de chantos. Adoitaban ter unha lonxitude total de varios centos e metros.

Outra variedade consiste nun recinto murado pechado situado en terreo elevado nun lugar de paso obrigado. Nel é doado entrar pero imposible saír. Tamén fai posible capturar ao animal con vida.

Non fai moito tempo que nos montes de Riós había unha gran cantidade de lobos e tamén grandes rabaños de ovellas e cabras. Moi cerca da cova das

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

choias construíuse un foso para poder cazar ós moitos lobos que había naqueles tempos. Os restos deste foso, aínda hoxe, se poden contemplar.

Area recreativa do río Arzoá na Silva. Na localidade da Silva, atópase unha área recreativa; un lugar que permite disfrutar do entorno natural, dispoñendo ó mesmo tempo dos servizos necesarios, de tal forma que o uso destes evite o habitual deterioro do medio nas zonas

libres. Está rodeada de fermosas árbores con espazos abertos, dispondo de grellas e mesas, e unha ponte de madeira que permite atravesar o río.

Merendeiro de Fumaces. Nas paraxes da localidade de Fumaces tamén se ofrece un espazo natural e unha gran área natural para o descanso.

Situado na estrada N- 525 enlace coa A- 52, lindando co Concello de Verín, atópase un merendeiro e tamén muíños.

Tesouros arquitectónicos.

Igrexa de Santa María de Riós. A arquitectura relixiosa ten a construción máis representativa na igrexa de Santa María de Riós, rematada no 1718, con torre barroca e interesantes tallas no interior, como as de santa Ana, san Xaquín, santa Lucía e o Santo Cristo.

A rúa central do retablo presenta o sagrario en forma de baldaquino e adornado con columnas salomónicas. E mesmo enriba está a magnífica talla da Virxe da Asunción, que algúns atribúen, quizais erroneamente, ó escultor renacentista Xoán de Anxés.

Entre os retablos laterais destaca o dedicado ó Cristo Crucificado, relacionado pola ben tratada

anatomía e polo dramatismo, coa escola castelá de Gregorio Fernández.

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

Existe constancia doutro edificio parroquial máis antigo. Do enxoval deste primitivo templo consérvase un cáliz do século XVI, unha fermosa cruz procesional do prateiro Isidro de Montanos, do século XVII, e unha naveta con fina filigrana plateresca.

Igrexa de Santo Estevo de Trasestrada. Destaca neste templo relixioso o gran retablo barroco, realizado, segundo consta nunha inscrición, no ano 1746, sendo abade o licenciado Luís Cobelas.

Son dignos de mención os fermosos gardapós, con boas tallas de anxelotes e motivos vexetais, ademais das figuras de santo Estevo e santa Tareixa, á que tiñan gran devoción os membros da casa de Alba, da que dependía esta igrexa.

Segundo o estudoso de arte Pérez Constanti, o escultor Alonso Martínez realizou en 1602 un retablo para esta parroquia, ó igual que unha imaxe da Nosa Señora, hoxe desaparecidos.

No museo de bispado de Ourense pódese admirar unha imaxe da Virxe co Neno procedente desta parroquia. Proba da súa riqueza é a abondosa orfebrería, na que destaca unha cruz procesional, feita no 1807 polo prateiro Ortiz.

Igrexa de Santa María de Fumaces. É unha das fachadas máis elegantes e esveltas da comarca, debido á alta e fina espadana e á delicada decoración.

Todo o edificio foi construído por subscrición popular  e polos cartos obtidos tras a  venda de leña dos terreos comunais, moi abondosa, xa que abastecía tamén a outras vilas e  aldeas da comarca, como Verín, Monterrei e Pazos.

No interior da igrexa atopamos un retablo dedicado á Virxe das Dores e,  xunto coa representación da Paixón, ocupa toda a cabeceira.

Trátase dunha versión popular do retablo maior da igrexa parroquial de San Salvador da Xironda, no concello de Cualedro, realizado polo padre mercedario Pedro Pascual.

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

Igrexa de San Pedro de Rubiós. Gracias á inscrición nunha táboa de madeira que se atopa na sancristía, coñecemos a data de construción: "Ano de 1700. Fixo esta obra Francisco de Rosales, mestre de carpintería, sendo abade o señor Xoán de Figueroa e comisario do Santo Oficio".

A este último tamén o atopamos na aldea de Vilardevós, na inscrición dunha pedra reutilizada.

Un desgastado escudo sobre a porta principal indícanos a pertenza a unha casa nobiliaria. Máis antiga que o edificio é a talla da Virxe co Neno, quizais do século XVI, coñecida como  a Virxe da O.

É unha boa imaxe, ó igual que os retablos laterais, que son da mesma época.

 

Igrexa de Santa María da Trepa. Todo o edificio presenta unha boa cantería, nunha das pedras pódese ler a data de finalización do templo

parroquial: 1780. "He visto poner la primera piedra en sus cimientos, he predicado el día de la dedicación...", segundo nos conta o historiador Pedro González de Ulloa, clérigo ó servizo do conde de Monterrei, para quen fixo un inventario dos seus bens en 1777.

Narra tamén que a construíu  á súa costa, e con algunhas esmolas, don Bernabé de Limia, aínda que foi

rematada por don Bernardo Álvarez.

O construtor foi José Quintero, segundo os datos que se poden ler na airosa espadana.

Como curiosidade, don Pedro fálanos da animada romaría as Dores, que se celebraba nesta freguesía, e á que acudían romeiros de toda a bisbarra e do norte de Portugal.

Igrexa de San Miguel de Progo. Toda a edificación é de cantería ao exterior, con espadana de dous vans e adorno de pináculos, seguindo un modelo común na zona.

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

Como curiosidade, esta parroquia posúe un cáliz coa inscrición: "Pedro Pérez, veciño de Córdoba, dio este cáliz para San Pedro de Posada, año de 1745".

Igrexa da chaira. Igrexa ubicada na praza, cunha gran casa reitoral restaurada que hoxe en día emprégase como Centro de Interpretación da Castaña.

O Concello de Riós ademais de igrexas tamén conta coa existencia de capelas. Unha  capela  é un templo relixioso, xeralmente de menor tamaño que unha igrexa convencional. Pode estar construída no interior dunha  igrexa, xeralmente anexa á nave maior, ou ben constituír unha edificación propia.

Componse esencialmente dun  retablo, ou  altar  e  columnas  ou piares pequenos. O teito non adoita rematar cunha cúpula ou  bóveda.

Capelas da Ribeira. Proba da profunda relixiosidade dos habitantes das aldeas da Ribeira, na parte sur do concello de Riós, son as numerosas capelas, entre as que destacan as de San Pedro de Mourisco e Santa Mariña de Covelas, que repiten o mesmo esquema de planta rectangular, robusta espadana e o emprego de cantaría e sillarexo.

Na Veiga do Seixo atopamos a capela dedicada a santa Ana, cunha talla que representa á santa moza, leda e con María no colo.

A pesar da humildade da capela de San Paio, temos constancia da existencia  dunha familia rica e distinguida, a dos Fernández Cortés, criados antigos e fieis do conde de Monterrei, segundo conta Pedro González de Ulloa.

A igrexa parroquial de Santa María de Castrelo de Cima é do século XVIII. O retablo, da mesma época, ten de interese a talla en madeira da patroa e unha cruz procesional do XVII.

Foto: Capela de Mourisco

Foto: Capela de Sampaio

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

Na parroquia de Castrelo de Abaixo venérase a imaxe da Nosa Señora dos Portais, do século XVIII, o mesmo có edificio relixioso.

 

Capela de Santiago de Pedroso. A pequena capela adicada a Santiago no pobo de Pedroso pertence á parroquia de San Estebo de Trasestrada. Data do século XVIII, no interior acolle unha curiosa imaxe en pedra do Apóstolo Santiago, de factura románica.

Atopouse nunha finca de cultivo preto da aldea, na que se cre que puido existir unha capela primitiva.

Capela de San Amaro nas Ventas da Barreira. Fermosa capela , por onde pasa a Ruta da Castaña ó seu inicio.

Casa reitorais no Concello de Riós.- As casas reitorais (popularmente chamadas  a casa do cura) é o nome co que se coñece á vivenda asignada ó  sacerdote  cristiá  dunha  parroquia. A casa non lle pertence a el, senón que é titularidade da  Igrexa, que llela asigna mentres oficia o sacerdocio nese lugar.

En  Galicia, as casas reitorais están habitualmente construídas ó carón das  igrexas, sendo frecuente atopar na mesma zona a igrexa, a casa reitoral e o  campo da festa, formando o punto de encontro tradicional nas vilas e pobos galegos. Co despoboamento do rural a asignación de varias parroquias a un sacerdote, moitas casas reitorais atópanse a día de hoxe en estado de abandono.

Na localidade da Chaira, a carón da igrexa, atópase esta fermosa casa reitoral restaurada, hoxe convertida no Centro de interpretación da Castaña, como se amosa na imaxe da esquerda.

Tamén na Trepa impresiona a casa reitoral polas súas dimensións. (Imaxe á dereita)

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

O Concello de Riós conta tamén coa existencia de cruceiros. Un  cruceiro  é un monumento  relixioso  constituído por unha cruz de  pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha  columna  asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de  camiños, adros de  igrexas,  etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos  pagáns  á  natureza .

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura  galegas, intimamente vencellado á  paisaxe  rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en  prazas,  xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis.

Cruceiro de Riós. En Riós atópase un fermoso cruceiro, xunto á travesía, de tres gradas e coroado por unha cruz de pedra florenzada, semellante ó da aldea de Progo.

Cruceiro de Progo. Ten tres gradas, capitel moldurado e acabado con pedra florenzada. Polas súas características, pode ser do século XVIII.

Outra das mostras da arquitectura relixiosa son os petos das ánimas, que son manifestacións materiais do culto ós  mortos e da devoción polas ánimas. No concello de Riós salienta fundamentalmente o ubicado na capitalidade do Concello.

Peto de ánimas – Santa María de Riós. Cruceiro asentado sobre tres gradas, desenvolve un dobre pedestal no que no seu corpo superior instálase o peto de ánimas, practicado en forma de fornecina de medio punto sobre repisa. Culmina o monumento con cruz de varal cilíndrico. Atópase no interior da igrexa.

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

        Existe a lenda de  que certos días e a certas horas se vía bailar unha moeda de ouro nunha fonte que había no cumio e ao pé da fonte estaba una moura  que peiteaba os cabelos cun peite de ouro e que faría rico a aquel que fixese o que ela encomendara

Riqueza histórico- cultural

Quedan restos do asentamento de pobos celtas nos montes de Pedroso, do Navallo e de Castrelo de Cima.

Castro de Pedroso. Está situado en riba da aldea de Pedroso, nun cumio de forma tectónica e estratexicamente defendido. A ladeira sur é moi escarpada, case inaccesible, a do norte é máis suave pero conta con restos do muro de defensa. No interior aínda que se poden intuír moitos restos de edificacións a pesar da cantidade de pedras que os veciños dos pobos próximos empregaron para construír as súas casas.

Muíños nos Riós.- Un  muíño  é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o  trigo  e o millo, para obter  fariña.

Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ó xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase  moa.

Para mover a pedra utilizábase neste concello fundamentalmente a enerxía hidráulica.

O Concello de Riós, ó estar “entre ríos” e característico pola cantidade de muíños que aínda se conservan, como o da Veiguiña en Trasestrada (imaxe á esquerda) ou o da Silva (imaxe á dereita).

Estes muíños están rehabilitados e pódense ver gratuitamente.

Fornos.- Servizos da vida rural tradicional resolvíanse nuns elementos comunais como poden ser os fornos, nexos de unión dos veciños dos pobos.

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

Salientan entre outros os das Ventas da Barreira, Marcelín e a Veiguiña.

Sendo moitos, a súa vez, os que seguen activos na actualidade.

Outras cousas que ver

Centro tecnolóxico da castaña. Debido a que a recolleita da castaña é a actividade na que recae o peso da economía dos Riós e é o centro de recepción da produción nos municipios limítrofes, existe un centro que se encarga dos estudos e da produción deste froito.

Centro de interpretación da castaña. O Centro de interpretación da Castaña, no lugar da Chaira, parroquia de Trasestrada, é o resultado dunha eficaz rehabilitación da antiga casa reitoral. A beleza exterior úneselle o carácter funcional e equilibrado do seu interior, ofrecendo múltiples posibilidades ós habitantes que se acheguen ó lugar. Tradición e modernidade son os ingredientes co que xoga o Centro para achegarnos máis todo o referente á castaña e ós distintos aspectos do Concello dos Riós.

É o punto neurálxico da Ruta Europea da Castaña, e o seu gran obxectivo é valorizar o produto estrela da nosa comarca, a castaña, nos seus aspectos gastronómico, cultural, ambiental e económico.

Foto: forno Marcelín Foto: forno da Veiguiña Foto: forno das Ventas

Page 16: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

O pé do Centro atópase un cartel, que se amosa na imaxe, e que contén o seguinte parágrafo:

“Vin construír a igrexa e casar a centos de parellas que agora degustan os meus froitos na casa da castaña”

Miradoiro das Ventas da Barreira. É impresionante ascender a este miradoiro, e dende el observar as fermosas vistas que ofrece o Concello, como se pode apreciar na imaxe que aparece á dereita.

Tamén polas rúas das distintas localidades do Concello atópanse prazas, lavadoiros e fontes de máis recente creación, como pode ser, entre outros, o Lavadoiro municipal das Ventas.

Un alto no camiño

Unha mostra da cultura dos pobos son as súas festas. Co cal sería moi interesante visitar o Concello e facer unha parada nalgunha destas festas populares.

Page 17: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

O 1º de maio. Antigamente, o 1º de maio, despois de regresar coa facenda do monte, era costume que os rapaces e as rapazas se dedicaran a ir de casa en casa por toda a aldea pedindo “o maio”. Cando chegaban diante da casa de calquera veciño coreaban “maio- maio, maio- maio,…”e entón o veciño collía uns cantos puñados de castañas e botáballas ó aire. As castañas eran normalmente as chamadas “secas”, castañas deixadas secar no canizo, que segundo a tradición popular tiñan a virtude de evitarlle a dor de cabeza durante todo o ano a quen as comera xusto neste día.

Tradición do Entroido en Castrelo de Cima. Existiu nesta localidade dende tempos ancestrais unha máscara chamada “vellarrón”. Estas máscaras saían en grupo por Castrelo e polas aldeas veciñas a pedir cartos ou máis ben viandas coas que facer logo un xantar para o grupo.acompañando ós vellarróns ían outros personaxes como a Madama, muller engalanada con roupas elegantes e o Farrangón, home disfrazado con roupas vellas e coa cara tapada, que era o encargado de recoller os aguinaldos que daban os veciños.

O vellarrón, ó tempo que facía soar as esquilas que levaba na cintura, ía zorregando cun “farrampo” similar a un mallo, a cantos atopaba polas rúas ó seu paso. A xente dicíalle: ¡vello, vello, vellarrón, mete os cartos no bolsón, para que gardara os cartos que algúns lles daban.

O ambiente que se formaba nestes días de carnaval incluía, loxicamente bromas, pequenas parodias, cantigas, comidas e ceas de mocidade, etc. O feito de acudir ás aldeas veciñas e viceversa, contribuía tamén a reforzar os lazos de amizade entre aldeas.

Na Veiga do Seixo existía tamén unha máscara moi parecida á de Castrelo de cima, coa diferenza de que a vestimenta estaba adornada con papeis de cores en vez de tiras de tea de cores que portaban en Castrelos.

Outro dos costumes do Entroido en Castrelos eran as visitas e os bailes, xa á noite, das bolboretas. Ataviados con panos, colchas ou calquera roupa vella, as chamadas bolboretas ían de casa en casa entrando nelas onde bailaban en medio de bromas e volvían a saír para continuar co seu baile na rúa e logo noutra casa.

O preludio a estes días de Entroido é a celebración dos xoves de compadres e de comadres. Primeiro era o xoves de compadres e, na semana anterior ó Domingo Gordo, o xoves de comadres. No primeiro caso eran os mozos os que elaboraban o boneco da comadre e logo as mozas perseguíanos para quitarlles a comadre e evitar que a queimaran. No xoves de comadres ocorría ó revés. O ritual remataba normalmente coa queima do boneco.

Page 18: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

A noite de “entrancar as rúas” en Castrelo de Cima. Esta tradición celébrase na noite do sábado Santo ó domingo de Pascua. Antigamente esta noite comezaba cun longo repenique das campás da igrexa ás 12 da noite. Así as campás, que levaban sen escoitarse dende mediodía do xoves Santo, daban paso ó Domingo de Resurreción.

Durante a noite os mozos ían de rolda polas rúas cantándolle as mozas e incluso deixándolles flores ou outros agasallos. Despois afanábanse na tarefa de pechar as entradas da aldea con todo tipo de obstáculos. A intención non era máis que divertirse coas bromas e sorprender ós que chegaban pola mañá para logo ter do que falar e rir durante a temporada.

Este costume, ó contrario que outras, ten perdurado ata os nosos días. Xa non se repenicas as campás nin se vai de rolda esa noite, pero o espírito da broma mantense.

Festa da castaña e cogumelo de Riós. “Festa de interese turístico galego”, segundo a resolución da Xunta publicada no Diario Oficial de Galicia do 25 de outubro de 2008.

Este é o recoñecemento oficial ó esforzo realizado para potenciar os produtos so municipio, a través dunha feira exposición, varios concursos e unha comida popular

O programa de actos comeza o sábado, normalmente da primeira fin de semana de novembro, coa saída polo concello para recoller e identificar os cogumelos, e unha ponencia, no edificio multiusos dirixida ós agricultores, gandeiros e membros das comunidades de montes.

Pero o día grande, o domingo, ía reservar unha morea de actividades e sorpresas para veciños e visitantes.

Dende as primeiras horas da mañá, o recinto feiral vaise enchendo para visitar os postos de exhibición e venda de produtos do outono, como carnes, embutidos, pan, doces e bebidas, pero tamén de artesanía e de varias asociacións e colectivos da comarca. Non poden faltar os músicos, a cargo dunha charanga e da banda de gaitas, nin os xa tradicionais concursos gastronómicos e de fotografía.

No recinto soe haber tres asadeiros de castañas, pero a degustación culinaria está reservada no polideportivo, co xa tradicional xantar a base dos produtos típicos da nosa terra, no que participan máis de 2000 persoas.

Page 19: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

Festival de artes escénicas. Este festival vense celebrando nos Riós dende o ano 2008. Esta localidade acolle a miles de persoas desexosas de participar do espectáculo que ofrece un atractivo e televisivo cartel composto por grandes humoristas, músicos e actores do panorama artístico.

Miles de persoas desprázanse ata Riós para disfrutar dunha xornada de ocio, arte e cultura enmarcada dentro do 'Festival das Artes Escénicas Riós'. Unha proposta artística que combina música e deporte, humor e planto, tradición e novas tendencias, nun intento de levar ós municipios pequenos as actividades culturais que, do contrario, pasarían de largo cara as cidades.

Ten lugar unha combinación de música, humor e proxeccións audiovisuais que fixeron as delicias dos presentes, entre os que se atopan, numerosas personalidades do panorama audiovisual galego e estatal. 

Feiras en Riós: os días 2 e 26 de cada mes. O 7 de novembro feira ten lugar unha feira anual.

Festas en Riós. As patroa de Riós e Santa María da Asunción o día 15 de agosto e o día 16 de agosto teñen lugar as festas celebradas na honra de San Roque na capital municipal ( e Marcelín).

No concello de Riós tódalas localidades teñen o seu día grande, no que salientan entre outras as de:

Festa da queimada de Castrelo de Cima, o 9 de setembro."A Queimada" de Castrelo de Cima recupera unha tradición que sempre houbo na zona. É unha festa nocturna, que se celebra tódolos 9 de setembro nun entorno rodeado de castiñeiros. A luminosidade da augardente queimándose no "pote" e o recitado do exconxuro danlle a esta cerimonia un aire máxico.

Trátase dunha festa na que participan tódalas persoas do pobo e á que acude a xente de toda a comarca, incluso xente de Portugal.Desde os seus inicios, cara o ano 1975, a festa adícase a un tema ou motivo distinto en cada edición: ás antigas "lareiras", ás tabernas do pobo, á vendima, ós viquingos, ó mundo medieval.

A xente da aldea é a que prepara tódolos actos que se celebran na noite da "queimada". Esta festa fai que emigrantes da aldea se xunten neses días.A Queimada faise con augardente da zona, de moito prestixio e  calidade. Toda persoa que acuda a Castrelo de Cima esa noite será invitado gratuitamente a tomar queimada e bica.

Page 20: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

Romaría da Nosa Señora das Dores, que se celebra o 15 de setembro no lugar da Trepa.

Festas do Santiago Apóstolo, o 25 de xullo, en San Cristobo. O 8 de setembro, os Remedios en Fumaces. O 29 de xuño celébrase o San Pedro en San Pedro de Trasverea. A primeiros de agosto, o Bon Xesús en Romariz. O 18 de xullo, a Santa Mariña en Covelas. O 11 de agosto (para non coincidir cos Riós) celébrase a Santa

María en Castrelo de Abaixo. O 26 de xullo, a Santa Ana na Veiga. O 8 de setembro, os Remedios tamén en Castrelo de arriba. O primeiro domingo de xuño, celébrase o chamado San Paíño, en

Sampaio. En Arzoá celébrase o Santiago Apóstolo, pero téñeno o primeiro

venres de agosto. A festa de Mourisco é o 31 de xullo e a de Florderrei o último fin de

semana de agosto.

Existen varios lugares para repostar forzas:

Onde comer

- Asador Jose, Avda Principal, 8 en Riós. Telf: 988425267- Restaurante “Pilas”. As Ferreiras. Telf: 988425094- Restaurante “Catro Ventos” (Kiko). As Ferreiras. Telf: 988425147- Restaurante “O camionero”. San Cristobo. Telf: 988416405- Restaurante “Catro Ventos” (Ricardo). As Ferreiras. Telf: 988425049- Restaurante “Frasco”. As Ferreiras. Telf: 988425006

Tamén no Concello de Riós existen varios bares e cafeterías, entre eles:

- Bar Daniel, pza do Concello. Telf: 9885004- Café- Bar Milagros. O Navallo. Telf: 988425013- Café- Bar Emilio. San Cristobo. Telf: 988416456- Café- Bar Vaz. Vendas da Barreira. Telf: 988425023- Café- Bar Domingo Vicente. Progo. Telf: 988425260- Café- Bar Bonifacio. Progo.- Café- Bar Mesón. Fumaces. Telf: 988416473

Page 21: updlimiaverin.files.wordpress.com  · Web viewO seu medio ambiente pouco alterado, no que aínda abundan bosques de frondosas, carballos e piñeiros, constitúe un importante atractivo

Onde durmir

- Hotel “Catro Ventos I”- Hotel “Catro Ventos II”