Tema 5 diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e a súa vexetación

26
TEMA 5:Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación IES Johan Carballeira (Bueu)

Transcript of Tema 5 diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e a súa vexetación

Page 1: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

TEMA 5:Diversidade climática galega e a súa influencia nos

ríos e na vexetación

IES Johan Carballeira (Bueu)

Page 2: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

DIVERSIDADE CLIMÁTICA. Localización xeográfica de Galicia:

clima oceánico de fachada occidental• Situada entre os 41º 48' e 43º 47' de latitude norte, Galicia inclúese dentro

das rexións, que se caracterizan por contar cunha amplitude térmica reducida, con invernos suaves, veráns frescos e precipitacións abundantes (continuas chegadas de masas húmidas do Oeste) regularmente repartidas durante todo o ano. A posición do país fai que existan uns contrastes estacionais moi marcados, alternando a influencia da corrente polar no inverno e do Anticiclón das Azores no verán (diversidade de tipos de tempo) . Respecto aos climas oceánicos de Europa Occidental, Galicia individualízase pola seca estival acentuada e a maior duración do verán.

Page 3: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Outros factores que inflúen no clima: disposición do relevo -que segue en moitos casos unha

orientación transversal ás masas de aire dominantes, de compoñente O e SO; a orografía favorece a subdivisión interna nunha serie de variedades-, a orientación da maioría das rías a favor dos ventos oceánicos, a distancia ao mar, ou as peculiares características dos vales fluviais e das depresións.

Page 4: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Variedades climáticas de Galicia:

Oceánico húmido

Oceánicohiperhúmido

Oceánicode montaña Rías Baixas Oceánico continental

Oceánico con

matiz mediterráneo Ámbito de transición entrea Galicia occidental e a oriental

Page 5: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Oceánico húmido Temperaturas suaves.

As precipitacións regularmente distribuidas ao longo do ano

Franxa setentrional costeira desde Fisterra ata a Mariña lucense, incluíndo a Costa da Morte e o Golfo Ártabro.

Page 6: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Oceánico hiperhúmido • Precipitacións máis abundantes, • Temperaturas medias: máis reducidas• Terra de Ordes, Soneira, comarca de Santiago e vertentes

occidentais da Dorsal Meridiana, onde o efecto föehn e a exposición a barlovento explican os máis de 1500 mm anuais.

Page 7: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Oceánico das Rías Baixas • Tendencia a aridez estival, • Temperaturas medias: máis elevadas

Page 8: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Oceánico de transición entre a Galicia occidental e oriental

• Incremento medio das precipitacións• Temperaturas medias: menos elevadas por mor da altitude.• Vertentes de barlovento máis chuviosas.• Serras setentrionais , Dorsal Galega e Xurés

Page 9: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Oceánico continental-Chuvias inferiores ás dos outros dominios-Aumenta a amplitude térmica, que se aproxima aos 14º C, con invernos rigorosos e veráns moi cálidos (25º)-Xeadas frecuentes no inverno-Meseta lucense e áreas do interior Norte

Page 10: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Oceánico con matiz mediterráneo

• Tendencia a aridez estival, • Temperaturas medias: máis elevadas durante o verán• Depresión do Sil, Ourense, Limia e Verín.

Page 11: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Oceánico de montaña

• A partir dos 700 metros de altitude. As características esenciais do

clima oceánico de montaña danse nas serras orientais e sudorientais.

• Aumento xeral da amplitude térmica anual e diaria

• Incremento das precipitacións - en forma de neve nos meses invernais-

• Temperaturas son moi frías no inverno (1-2º) e suaves no verán (15º)

Page 12: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Rede fluvial galega: características- Rede fluvial moi densa. A maioría dos ríos de curto

percorrido - Gran poder erosivo - Réxime pluvial oceánico na maioría dos casos:

abundancia e regularidade dos caudais, con enchentes invernais e estiaxes moderadas no verán.

Ríos da vertente cantábrica (Navia , Eo Masma Landro, sor , Mera...): -Nacen nas serras litorais, agás o Eo e o Navia, que o fan nas serras orientais.-Son de curso moi curto, agás o Navia, o máis longo desta vertente, que desemboca fóra de Galicia. -Son ríos regulares

Page 13: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Rede fluvial galega: características

Ríos que desembocan nas Rías Baixas:

- Nacen nas serras litorais ou nas occidentais

- Son máis longos e escorren por pendentes máis suaves - Destacan o Tambre, o Ulla , o Deza, Umia, Lérez, Verdugo - Os que desembocan nas Rías Baixas: Descensos moi importantes

de caudal durante o verán

Page 14: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Rede fluvial galega: características

Ríos que desembocan no Golfo Ártabro e na área de Fisterra

Manteñen caracteres intermedios respecto aos ríos anteriores.Son : Grande de Xubia, Eume, Mandeo, Mero, Aillóns, Grande , Castro e Xallas.

Eume

Page 15: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Rede fluvial galega• Miño e Sil: os ríos máis longos de Galicia, coas cuncas máis

amplas de todos os ríos galegos, presentan unha variabilidade no seu comportamento hídrico relacionada coa diversidade das áreas

climáticas que atravesan.

Page 16: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Rede fluvial galega

Encoros:

Belesar

Os Peares

Santo Estevo

Page 17: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

A diversidade bioxeográfica

• O noroeste peninsular atópase no límite de dúas importantes rexións bioxeográficas: a Eurosiberiana, que ocupa gran parte de Galicia, e a Mediterránea, restrinxida fundamentalmente ao sueste da provincia de Lugo e á maior parte da de Ourense.

Rexión Eurosiberiana . Bosque mixto caducifolio

Carballo (Quercus robur):

Page 18: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Rexións bioxeográficasCerqueiro, cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica). Predominan nos

Ancares e no Caurel.

Sobreiras (Quercus suber), na Galicia occidental

Page 19: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Carballo peciolado (Quercus petrae). Predominan no N e NL

Rexións bioxeográficas

Abeleiras (Corylus avellana),

Page 20: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Ameneiros(Alnus glutinosa)

Rexións bioxeográficas

Olmos (Ulmus glabra),

Page 21: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Freixo (Fraxinus excelsior e augustifolia)

Rexións bioxeográficas

Arces (Acer pseudoplatanus)

Page 22: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Bidueiros(Betula alba)

Rexións bioxeográficas

Faias (Fagus sylvática),

Page 23: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Rexión mediterránea: bosques de cerquiños, excepto na cunca do Sil que son substituídos por aciñeiras

Cerquiños

Rexións bioxeográficas

Aciñeiras

Page 24: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Rexións bioxeográficas Os bosques de cultivo adquiriron moita importancia.

Soutos de castiñeiros (Castanea sativa), introducidos hai máis de dous mil anos.

Tamén de orixe antrópica: plantacións de piñeiro (Pinus pinaster), chegado de Portugal no s. XVII e de eucalipto (Eucaliptus globulus), orixinario de Australia, comezou a cultivarse a partir de mediados do s. XIX. Reduciron, en gran medida, a distribución de especies tradicionais de carballo e castiñeiro. Xeran problemas medioambientais.

Page 25: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Rexións bioxeográficas

Formacións arbustivas que substitúen ao bosque orixinario (en franco retroceso): breixos (invaden amplas áreas como sotobosque ou como cuberta arbórea, debido á intensiva deforestación, xestas, (ocupan principalmente a Galicia interior e de montaña) e piorno, (exténdese polas serras orientais) e toxos.

Breixos (Ericetum cinerae)

xestas

Piorno (Cytisus

lusitanicus)

Page 26: Tema 5  diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vexetación

Rexións bioxeográficas

Toxo (Ullici europaei)

No mapa de distribución de cubertas vexetais en Galicia destaca a forte penetración dos eucaliptais na Mariña lucense e costa norte coruñesa, ao tempo que incrementan a súa proporción en todo o litoral occidental, onde as masas de frondosas ceden tamén ante a presión das coníferas. A mestura de coníferas e frondosas está moi estendida polas provincias de poñente e no cadrante noroccidental de Ourense, mentres que a principal cantidade de frondosas e carballeiras se refuxia na provincia de Lugo -principalmente- e, en menor medida, nas montañas ourensás. De todos os xeitos, o espazo non arborado ocupa unha proporción moi notable nas altas serras orientais e, sobre todo, sudorientais, en depresións como a Limia e nos altos cumes da Dorsal Galega e outras serras máis occidentais.