A materia e a súa diversidade

25
A MATERIA E A SÚA DIVERSIDADE

Transcript of A materia e a súa diversidade

Page 1: A materia e a súa diversidade

A MATERIA E A SÚA

DIVERSIDADE

Page 2: A materia e a súa diversidade

OS ESTADOS DA MATERIA

A materia preséntase en tres estados

Aire (gas)

Auga sólida (xeo)

Auga líquida

Page 3: A materia e a súa diversidade

OS ESTADOS DA MATERIA

Sólido: forma propia e volume fixo.

Líquido: cambia de forma cando o cambiamos de recipiente. Ten volume fixo. Pode fluír.

Gas: tende a ocupar todo o volume que pode. Cambia a forma e o volume cando o cambiamos de recipiente. Pode fluír.

Page 4: A materia e a súa diversidade

A TEORÍA CINÉTICA

A teoría cinética explica o comportamento da materia.

Ten dúas ideas fundamentais: A materia está formada por partículas. Estas están en continuo movemento.

Page 5: A materia e a súa diversidade

OS ESTADOS DA MATERIA E A TEORÍA CINÉTICA Estado sólido:

Masa e volume fixos xa que as partículas están fortemente unidas.

As partículas poden vibrar, pero non desprazarse.

Estádo líquido: Partículas unidas pero non tan

fortemente. As partículas poden desprazarse, polo

que os líquidos poden fluír e adoptar calquera forma.

Estado gasoso: As partículas están moi separadas e

se moven a gran velocidade, por iso ocupan todo o espazo dispoñible e non teñen forma nin volume fixos.

Page 6: A materia e a súa diversidade

CAMBIOS DE ESTADO

Un cambio de estado é unha modificación do estado de agregación da materia, é dicir, na disposición das súas partículas.

Durante o cambio de estado a temperatura non varía aínda que proporcionemos calor.

Page 7: A materia e a súa diversidade

CAMBIO DE ESTADO- DE LÍQUIDO A GAS

O paso de estado líquido a gasoso chámase vaporización.

A temperatura á que unha substancia ferve e pasa do estado líquido ó gasoso denomínase punto de ebulición, e é diferente para cada substancia.

Page 8: A materia e a súa diversidade

CAMBIO DE ESTADO- DE LÍQUIDO A GAS A vaporización pode ser:

Por ebulición: ó quentar ata un punto, toda a masa do líquido ten enerxía para converterse en gas e “fuxir”.

Por evaporación: lentamente, as partículas da superficie “fuxen”.

EbuliciónEvaporación

Non se forman burbullas no interior do líquido

Fórmanse burbullas no interior do líquido

Page 9: A materia e a súa diversidade

CAMBIO DE ESTADO- DE GAS A LÍQUIDO

O paso de estado gasoso ó líquido chámase condensación.

A temperatura á que un gas se condensa é a mesma que a temperatura de ebulición do líquido.

Page 10: A materia e a súa diversidade

CAMBIO DE ESTADO- DE SÓLIDO A LÍQUIDO

O paso de sólido a líquido chámase fusión. A temperatura á que un sólido funde e pasa

ó estado líquido chámase punto de fusión. O punto de fusión é diferente para cada

substancia.

Page 11: A materia e a súa diversidade

CAMBIO DE ESTADO- DE LÍQUIDO A SÓLIDO

O paso de líquido a sólido chámase solidificación.

A temperatura á que un líquido se solidifica é a mesma que a temperatura a cal funde.

Page 12: A materia e a súa diversidade

CAMBIO DE ESTADO- DE SÓLIDO A GAS

O paso de sólido a gas chámase sublimación.

A temperatura á que un sólido se gasifica chámase punto de sublimación.

Page 13: A materia e a súa diversidade

CAMBIO DE ESTADO- DE GAS A SÓLIDO

O paso de gas a sólido chámase sublimación regresiva ou deposición.

A temperatura á que un gas se solidifica é a mesma que o seu punto de sublimación.

deposición

Page 14: A materia e a súa diversidade

CAMBIOS DE ESTADO

O estado no que se presenta unha substancia depende das condicións nas que se atopa, é dicir, non existen substancias sólidas, líquidas ou gasosas por natureza.

Page 15: A materia e a súa diversidade

CLASIFICACIÓN DA MATERIA

A materia pódese clasificar dependendo do seu aspecto externo.

Page 16: A materia e a súa diversidade

CLASIFICACIÓN DA MATERIA

A materia que presenta un aspecto uniforme e, a simple vista, non se observan compoñentes distintos chámase homoxénea.

A materia que parece formada por varias substancias chámase heteroxénea.

Page 17: A materia e a súa diversidade

MESTURAS HOMOXÉNEAS: DISOLUCIÓNS Unha disolución é unha mestura homoxénea,

formada por dous ou máis substancias puras que se atopan en cantidades variables e se poden separar por medios físicos.

Page 18: A materia e a súa diversidade

MESTURAS HOMOXÉNEAS: DISOLUCIÓNS Normalmente hai unha substancia que se

atopa en maior cantidade chamada disolvente. As outras substancias chámanse solutos.

Page 19: A materia e a súa diversidade

MÉTODOS DE SEPARACIÓN DE MESTURAS

Filtración: separamos sólidos mesturados con líquidos nos cales non son solubles.

Papel de filtro

Page 20: A materia e a súa diversidade

MÉTODOS DE SEPARACIÓN DE MESTURAS

Decantación: utilízase para separar líquidos de diferentes densidades que non son solubles entre sí.

Page 21: A materia e a súa diversidade

MÉTODOS DE SEPARACIÓN DE MESTURAS

Separación magnética: serve para separar partículas magnéticas, ferro, mesturadas con outros sólidos.

Page 22: A materia e a súa diversidade

MÉTODOS DE SEPARACIÓN DE MESTURAS

Destilación: separa líquidos solubles entre sí e con diferentes puntos de ebulición.

Page 23: A materia e a súa diversidade

SUBSTANCIAS PURAS

Son aquelas que teñen unhas propiedades específicas que as caracterizan e as diferencian doutras.

Non pode descompoñerse en outras substancias por ningún procedemento físico.

Page 24: A materia e a súa diversidade

COMPOSTOS QUÍMICOS

As substancias puras que podemos descompoñer noutras máis sinxelas por métodos químicos chámanse compostos químicos.

Electrolise da auga

Page 25: A materia e a súa diversidade

ELEMENTOS

Son substancias puras que non poden descompoñerse noutras máis sinxelas.