Xornadas de lingua e diversidade

20
XORNADAS DE LINGUA E DIVERSIDADE VAL DO ELLAS: A LINGUA QUE NOS UNE

Transcript of Xornadas de lingua e diversidade

Page 1: Xornadas de lingua e diversidade

XORNADAS DE LINGUA E DIVERSIDADE

VAL DO ELLAS: A LINGUA QUE NOS UNE

Page 2: Xornadas de lingua e diversidade

OBXECTIVOS:

Ser punto de unión dos 300 alumnos e alumnas de Galiza e do Val de Xálima.

Sensibilizarse diante do feito de que é a mocidade quen goza do poder de preservar estas falas.

Tomar conciencia de que compartimos un patrimonio común

“ GALEGO: A FORZA DO NOSO AMOR”

Page 3: Xornadas de lingua e diversidade

LUGAR DO ENCONTRO: VALVERDE DO FRESNO

DÍAS: 28-29-30 de abril de 2010

PARTICIPAN: IES “LUÍS SEOANE” (PONTEVEDRA). CIP “PADÍN TRUITEIRO” (ARCADE) IES “COSME LÓPEZ” (A RÚA).IESO “VAL DE XÁLIMA” (VALVERDE DO FRESNO).

ORGANIZAN:ÁREA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICACONCELLO DE PONTEVEDRAESCOLAS GALEGAS DO PEA-UNESCO

Page 4: Xornadas de lingua e diversidade

DELIMITACIÓN XEOGRÁFICA

No recanto noroccidental da actual provincia de Cáceres (Estremadura-España), nas estribacións da Serra de Gata, sitúanse tres concellos nos que aínda hoxe se falan maioritariamente tres variedades do antigo galego(-portugués). Nos concellos de Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello a práctica totalidade dos seus cinco mil habitantes empregan a cotío as variedades lingüísticas denominadas valverdeiro, lagarteiro e mañego.

Cunha extensión territorial conxunta de 256 km, cunca natural perfectamente delimitada e afastada dos territorios de fala castelá por dificultades orográficas, forman un val que se ten chamado de Xálima, do Río Ellas ou na fala dos seus habitantes simplemente "Os tres lugaris".

Page 5: Xornadas de lingua e diversidade

O GALEGO ATRAPADO NO TEMPO:

O VALVERDEIRO – O MAÑEGO – O LAGARTEIRO

ORIXES DAS FALAS DO VAL:

As variantes lingüísticas proceden da lingua levada polos colonos instalados no val polo rei Afonso VIII de Galicia e León no século XIII, que repoboaron unha ampla área ao sur de Salamanca, norte de Cáceres e a franxa oriental da Beira Baixa portuguesa. En época ben temperá a fala dos colonos foi varrida quedando restos en numerosos vocábulos rexistrados nas falas castelás da Serra de Gata e do suroeste da provincia de Salamanca, (regato, rodera, murceguiño, chambra, fechadura, gomo, bocoi, cangallo, lombo, carozo, múa, bago, meda, sobrau,...). A conservación da fala perdida no resto das zonas colonizadas explícase no abandono secular destas áreas, dificilmente accesibles ata hai escasas décadas. Estas falas son así o resultado dun galego antigo implantado neste val no século XIII que perdeu todo contacto co territorio orixinario e camiñou setecentos anos por libre.

Page 6: Xornadas de lingua e diversidade

É GALEGO O QUE SE FALA NOS TRES LUGARIS?

Segundo Henrique Costas, catedrático de Filoloxía Galega e Director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, estas falas “representan unha maqueta de moitos fenómenos dialectais, fonéticos, morfolóxicos e léxicos, esparexidos polo noso dominio lingüístico actual”.

AS FALAS DO ELLAS concordan nun 81 % co galego, nun 63 % co astur-leonés en un 60 % co portugués.

Page 7: Xornadas de lingua e diversidade

A LEXISLACIÓN CARTA EUROPEA DAS LINGUAS REXIONAIS E MINORITARIAS (ESTRASBURGO 2- X – 1992 ). DECLARACIÓN UNIVERSAL DE DEREITOS LINGÚÍSTICOS (ONU- 2008 ). ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA ( 1981 )ARTIGO 51. A lingua propia de Galicia é o galego. 2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar. 3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento. 4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA ( 1978 ).Artículo 3. 1. El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla.2. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos.3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección

Page 8: Xornadas de lingua e diversidade

POSICIÓN DA JUNTA DE EXTREMADURA

O Parlamento estremeño declarou “A FALA” como “Ben de Interese Cultural” (BIC) no ano 2001 aínda que non se interesa pola súa protección e difusión e mesmo negan politicamente que o falado no Val do Ellas sexa lingüísticamente galego.

O galego falado en Cáceres só foi recoñecido ( a instancias de Galiza), no último Informe do Consello de Europa, de 2008. Porén, non se lles está a aplicar a estas variedades lingüísticas a Parte II da Carta Europea das Linguas Minoritarias, que garante uns mínimos de protección para as falas rexionais que non gozan da oficialidade.

Page 9: Xornadas de lingua e diversidade

AS IMAXES DUN ENCONTRO

1.- CHEGADA A VALVERDE DO FRESNO E INAUGURACIÓN DAS XORNADAS.

MÚSICA TRADICIONAL GALEGA A CARGO DE PABLO CARPINTERO

Page 10: Xornadas de lingua e diversidade

2.- COÑECENDO A GASTRONOMÍA ESTREMEÑA: MIGAS E AÑO

RECEITA:Pan reseso, touciño entreverado, auga, aceite de oliva, chourizo, allo, sal.

Preparación:

Recortar o pan e colocalo nunha fonte. Mesturar a auga coa sal e regalo. Tapar cun pano e deixar repousar unhas horas. Cortar o chourizo e o touciño e freilo co aceite, retiralos e pasar o allo, agregar o pan e cando esté ben migado e solto, engadir o chourizo e o touciño. Cando esté todo ben migado, deisaxe repousar no sartén ata que adquira costra.

Page 11: Xornadas de lingua e diversidade

3.- CHEGADA AO CAMPING E PARTIDO NO BAR E PARTIDA NO CUARTO

Page 12: Xornadas de lingua e diversidade

4.- POLA MAÑÁ

ÁLMORZO E LOGO “CAMIÑADA”

Page 13: Xornadas de lingua e diversidade

5.- CAMIÑO ÁS ELLAS

REPOÑENDO FORZAS

Page 14: Xornadas de lingua e diversidade

6.- COÑECENDO “AS ELLAS”

PATRIMONIO E RISAS

Page 15: Xornadas de lingua e diversidade

7.- ACTIVIDADE NO IESO “VAL DE XÁLIMA”

COÑECIMOS A HISTORIA DE VALVERDE E SÚA ARTESANÍA

UNHA VISITA GUIADA E MOI INSTRUCTIVA

Page 16: Xornadas de lingua e diversidade

8.- QUEDABA O TERCEIRO DOS “LUGARIS”: SAN MARTÍN DE TREBELLO

ESPECTACULAR ¡

Page 17: Xornadas de lingua e diversidade

9.- O FESTIVAL: SENTIDO INVERSO, DESTERRA2, LEO I ARREMECÁGHONA, OTDM (Os Trasnos de Moscoso)

MÚSICA E DESPEDIDA

Page 18: Xornadas de lingua e diversidade

10.- A CLAUSURA:

Mª Elena Pérez Sanz: Directora do IESO Val de Xálima Domingo Frades: Representante da Real Academia Galega polo Val do Ellas. Xosé-Henrique Costas: Catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo. Manuel Lourenzo : Profesor do IES Luís Seoane.

Page 19: Xornadas de lingua e diversidade

O PRÓXIMO ENCONTRO NA GALIZA COS ESTUDANTES DO IESO VAL DE XÁLIMA

“ Si paisanus, aunque nun puamus disfrutal de aquelis dumingus du pasáu na praza, pur lo menos que in ela puxeran xugal us pequenus, pasial us ancianus, puelsi acercal á fonti y disfrutal, en definitiva, de máis espaciu pas pesoas que, sin duda, u merecemus máis que us cochis”

DITOS NA FALA:

“ A esi, pul sel mau, le rajorin u bandullu”

“A vella tiña u iñeiru escondíu nunha buranca da paré”.

“Esi cabalu está nas atrancas”

Page 20: Xornadas de lingua e diversidade

IES “LUIS SEOANE” – LLEIDA 2010