UNIDADE 2 A diversidade lingüística A lusofonía O texto ... 2 epa.pdf · UNIDADE 2 A diversidade...

15
UNIDADE 2 A diversidade lingüística A lusofonía O texto descritivo As función sociais da lingua Plurilingüismo. Lingua minoritaria e lingua minorizada. Conflito lingüístico e diglosia. Ecolingüismo Substantivo e adxectivo 1. A diversidade lingüística no mundo, en Europa e na Península Ibérica. A nivel mundial a ONU recoñece aproximadamente 200 estados independentes e arredor de 6000 linguas vivas catalogadas. Semella evidente, daquela, que o normal é o plurilingüismo e o anormal a existencia dunha única lingua no territorio dun estado. De feito, en Europa os únicos estados monolingües son Islandia e Liechtenstein Dentro desta diversidade, as linguas poden ser agrupadas en familias atendendo á súa orixe, isto é, o conxunto das linguas cunha orixe común forman unha familia lingüística. A nivel mundial podemos mencionar numerosas familias lingüística pero, de todas elas, interésanos a familia indoeuropea porque dela foron nacendo outras ás que pertencen a maioría das linguas de Europa etamén doutros continentes. O euskera non é adscribible aningunha familia coñecida e o turco pertence á familia altaica, que non é indoeuropea. Non indoeuropea en Europa é tamén a familia urálica á que pertencen: lapón, finés, careliano, estonio, eslovaco e húngaro. Familia indoeuropea Linguas índicas: sánscrito, hindi … Linguas iránicas: curdo, persa, Afgán. Linguas bálticas: lituano, letón. Linguas eslavas: ruso, checo, polaco, macedonio … Linguas celtas: gaélico de Escocia, gaélico de Irlanda, manx, galés, córnico, bretón. Grego Albanés Armenio Linguas xermánicas: sueco, noruegués, danés, islandés, feroés, inglés, alemán, luxemburgués, neerlandés, frisón… Linguas románicas: galego, portugués, astur-leonés, cstelán, aragonés, catalán, occitano, francés, italiano, sardo, corso, retorromano, romanés, ladino, friulano, dálmata e os dialectos italianos.

Transcript of UNIDADE 2 A diversidade lingüística A lusofonía O texto ... 2 epa.pdf · UNIDADE 2 A diversidade...

UNIDADE 2A diversidade lingüística A lusofonía O texto descritivoAs función sociais da lingua Plurilingüismo. Lingua

minoritaria e lingua minorizada.Conflito lingüístico e diglosia.Ecolingüismo

Substantivo e adxectivo

1. A diversidade lingüística no mundo, en Europa e na Península Ibérica.A nivel mundial a ONU recoñece aproximadamente 200 estados independentes e arredor de 6000linguas vivas catalogadas. Semella evidente, daquela, que o normal é o plurilingüismo e o anormal aexistencia dunha única lingua no territorio dun estado. De feito, en Europa os únicos estadosmonolingües son Islandia e LiechtensteinDentro desta diversidade, as linguas poden ser agrupadas en familias atendendo á súa orixe, isto é, oconxunto das linguas cunha orixe común forman unha familia lingüística. A nivel mundial podemosmencionar numerosas familias lingüística pero, de todas elas, interésanos a familia indoeuropea porquedela foron nacendo outras ás que pertencen a maioría das linguas de Europa etamén doutroscontinentes. O euskera non é adscribible aningunha familia coñecida e o turco pertence á familiaaltaica, que non é indoeuropea. Non indoeuropea en Europa é tamén a familia urálica á que pertencen:lapón, finés, careliano, estonio, eslovaco e húngaro.Familia indoeuropeaLinguas índicas: sánscrito, hindi …Linguas iránicas: curdo, persa, Afgán.Linguas bálticas: lituano, letón.Linguas eslavas: ruso, checo, polaco, macedonio …Linguas celtas: gaélico de Escocia, gaélico de Irlanda, manx, galés, córnico, bretón.GregoAlbanésArmenioLinguas xermánicas: sueco, noruegués, danés, islandés, feroés, inglés, alemán, luxemburgués,neerlandés, frisón…Linguas románicas: galego, portugués, astur-leonés, cstelán, aragonés, catalán, occitano, francés,italiano, sardo, corso, retorromano, romanés, ladino, friulano, dálmata e os dialectos italianos.

Na Europa actual, desde Galicia até os Urais, fálanse unhas cento vinte ou cento corenta linguas. Delassó unha trintena son linguas oficiais dun estado. En Europa hai unha grande variedade de lexislacións esituacións lingüísticas que condicionan a maiorización ou minorización das linguas: non é igual a férrearepresión que exercen Francia ou Grecia ao respecto e consideración igualitaria que a Suíza aplica ássúas catro linguas. As normas, declaracións e acordos internacionais europeos de respecto polasminorías lingüísticas (Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea, Carta Europea das LinguasRexionais e Minoritarias…) carecen de supervisión do seu cumprimento e baten coa lexislaciónlingüística dalgúns estados asinantes.

Na súa política lingüística, os estados europeos poden non recoñecer ningunha lingua distinta da oficialno seu seo (Grecia, Letonia, Francia), recoñecer só algunha(s) dela(s) -España, Italia, Alemaña- ourecoñecelas todas (Iugoslavia, Suíza, Finlandia, Ucraína, Hungría, Austria, Bélxica). Agora ben, esterecoñecemento pode ser teórico, abstracto, ou ben efectivo, con promulgación de disposicións legaisfavorecedoras dese idioma recoñecido, con dotacións orzamentarias para a recuperación e extensión dalingua, etc. As linguas da Península Ibérica.Preto do 40% da poboación española vive en zonas con dobre oficialidade –o castelán e mais unhalingua propia cooficial– e, como mínimo, o 20% emprega decote unha lingua diferente do castelán. Istoé así porque en España hai un só estado, pero fálanse sete linguas (galego, asturiano, castelán, aranés,aragonés, catalán e éuscaro. Todos estes idiomas, agás o éuscaro, son linguas románicas. Mais,legalmente, a súa situación é ben diferente:

- O castelán é a lingua oficial do estado que todos os españois teñen o dereito e o deber decoñecer.

- As outras seis, historicamente propias dos seus territorios, son -ou foron- sometidas nalgúnmomento á hexemonía doutra lingua que as despraza. Catro delas son oficiais nos seusrespectivos territorios e gozan de protección (galego, vasco, catalán, aranés) mais non existe odeber de coñecelas, só o dereito de coñecelas e usalas. O asturiano e o aragonés están

recoñecidas como linguas, pero non como linguas oficiais, malia que gozan de certa protección.Todas, agás o castelán, son linguas minorizadas, e a pesar da súa presenza na vida política,cultural e social, deben corrixir o seu estado de linguas minorizadas para garantir o seu futuro.

Asturiano/ Mirandés. Procede do antigo astur-leonés. Fálano máis de 300 000 persoas en Asturias, enCastela e León e en Miranda do Douro ( Portugal) onde recibe o nome de mirandés. O mirandés érecoñecido como lingua oficial en Portugal, mentres que o asturiano non ten este recoñecemento enAsturias. Conta cunha Academia da Lingua Asturiana e ten algunha presenza na escola. É unha linguarománica e actualmente sofre unha situación de minorización.

Aragonés. Procede do antigo navarro-aragonés e conserva preto de 30 000 falantes no norte de Aragón.Aínda que o estatuto de autonomía propugna a protección do aragonés, este non é considerado linguaoficial.

Aranés. É unha variedade do Occitano falada por máis de 4 000 persoas no Val de Arán (Lleida). Estalingua está recoñecida de xeito oficial polo Estatuto de Autonomía de Cataluña ó carón do castelán e docatalán.

Castelán. É lingua oficial do Estado español; fálase en diversos países de América e nos territoriosafricanos de colonización española. Conta aproximadamente con 300 millóns de falantes. O andaluz, ocanario, o estremeño, o murciano… son variantes xeográficas do castelán (dialectos).

Catalán. Fálano máis de 8 millóns de persoas e localízase en Cataluña, na franxa oriental de Aragón, enAndorra, nas Illas Baleares, na Comunidade Valenciana, no Rosellón francés e na cidade de Alguer(Sardeña). Hoxe, coma o galego e o éuscaro, está en proceso de normalización, impulsado activamentepola Generalitat de Catalunya.

Éuscaro ( ou vasco). É a única lingua non románica da península. Fálano case un millón de persoas enáreas do Estado español (en Euskadi e Navarra) e do francés. O Goberno vasco e a Academia da LinguaVasca encárganse de potenciar o seu uso normalizado.

Galego. É a lingua propia de Galicia. O galego ten uns 2 millóns e medio de falantes. A distribución dogalego é xeograficamente homoxénea, sen que existan áreas territoriais nas que non se constate o seuuso. É a lingua propia de Galicia e está en proceso de normalización.

Os seus límites xeográficos van máis aló do territorio administrativo de Galicia, xa que tamén é faladapor aproximadamente 200.000 persoas nas zonas máis occidentais de Asturias, León, Zamora e Val deEllas (Estremadura). Ademais, e polas circunstancias históricas que explican a emigración por todo omundo, existen áreas con ampla presenza de comunidade galega que conservaron a súa lingua comovehículo comunicativo, non só no ámbito privado, senón tamén no público, a través de publicaciónsperiódicas, literarias ou mesmo na comunicación radiofónica dos países de acollida. Persisten amplascomunidades de falantes en cidades como Barcelona, Zúric, Montevideo ou Bos Aires.

Portugués. Falado aproximadamente por 200 millóns de persoas en todo o mundo: Brasil, Macau, TimorOriental, Sao Tomé, Príncipe, Cabo Verde, Portugal, Angola e Mozambique.

2. As funcións sociais da lingua

A lingua é o principal medio de comunicación humana: toda lingua, no seo da sociedade que a fala,manifesta esta funcionalidade xeral en diferentes niveis e ámbitos sociais. As funcións das linguas foronclasificadas, desde a máis íntima á menos, en:

Función de identidade: a lingua opera como vehículo de articulación interior do pensamentopropio. Isto implica que diferentes comunidades lingüísticas poden percibir, clasificar e segmentar arealidade de xeitos diferentes.

Función familiar: é a que desempeña a lingua no seo dunha familia: materializa a transmisión da

lingua de xeración en xeración polo que é fundamental para o mantemento ou abandono dun idioma.

Función laboral: unha lingua exerce esta función cando é empregada para as relaciónslingüísticas entre os individuos no marco concreto do traballo.

Función local: o idioma emprégase con normalidade nos contactos diarios entre persoas domesmo contorno: en Galicia o cambio de contorno rural-urbano provocou en moitas ocasións o cambiode idioma.

Función institucional: cando a lingua é empregada polos cidadáns para se comunicaren coasinstitucións políticas e administrativas: en determinados ámbitos, como o xudicial, onde só o 3,5% dasresolucións saen en galego, a presenza do galego segue a ser moi cativa.

Función cultural: cando os usuarios expresan a través da súa lingua conceptos e mensaxes dacultura do seu tempo histórico.

Función internacional: a lingua cumpre esta función cando é empregada non só por aqueles quea aprenderon orixinariamente como lingua inicial (L1) senón por cidadáns doutros países que aaprenderon voluntariamente como segunda lingua (L2).

Obviamente, existe unha relación directa entre as funcións que desempeña unha lingua e o seu usoreal, prestixio social e perspectivas de futuro. As linguas de maior prestixio son as que acaparan todasas funcións, incluída a internacional (coma a inglés); seguen na escala as que teñen o teito nas funciónsinstitucional e cultural (coma o castelán ou o alemán); posto inferior ocúpano as linguas relegadas áfunción local ou laboral, porque as funcións superiores son desempeñadas por outras linguasdominantes (por exemplo o sardo en Sardeña, desprazado polo italiano); máis abaixo sitúanse aslinguas seriamente ameazadas por estaren restrinxidas á función familiar (aragonés); as linguas que seatopan nunha situación de desaparición inminente son as que teñen unicamente a función deidentidade, isto é, case non a usan como instrumento de comunicación.

Se revisamos a situación do galego con respecto ás funcións sociais atopamos a situación seguinte:

- Función de identidade: o galego deixa de ser lingua maioritaria como lingua inicial comoconsecuencia do proceso desgaleguizador. A perda de falantes, tradicional do mundourbano comeza a estenderse ao rural.

- Función familiar: dáse unha discordancia entre xeracións: gálase galego cos avós e menoscos pais, o cónxuxe e os fillos.

- Función laboral: o galego é habitual nos traballos vinculados á agricultura e pesca eminoritario no sector servizos e entre profesións liberais.

- Función cultural: é neste ámbito da cultura formalizada (dado que a cultura popular detransmisión oral sempre tivo como vehículo de comunicación o galego) onde o galego tivo eten maiores logros: teatro, literatura, música, audiovisual…

- Función internacional: a lingua galega pode ter esta dimensión integrada no ámbito dalusofonía con 200 millóns de falantes.

3. Plurilingüismo. Lingua minoritaria e lingua minorizada. Conflito lingüístico e diglosia. EcolingüismoOs termos “lingua minoritaria” e “lingua minorizada” son frecuentemente confundidos.

- Unha lingua é minorizada cando, sendo maioritaria ou minoritaria no seu territorio autóctono, os seususos sociais están supeditados aos de outra lingua coa que entra en competencia, isto é, unha linguaestará minorizada cando algunha das súas funcións sexa desenvolvida total ou parcialmente por outralingua foránea. Isto é, o adxectivo minorizada implica unha serie de fenómenos extralingüísticos comoson o marco legal, a consideración social, as funcións asumidas, etc. Maiorizada é unha lingua queasume toda a funcionalidade.

- O concepto lingua minoritaria ten unha dimensión cuantitativa, fai referencia ao número de falantesdunha variedade lingüística nun territorio, é dicir, unha lingua con poucos falantes con respecto aoutras.

Na Europa actual, desde Galicia até os Urais, fálanse unhas cento vinte ou cento corenta linguas. Delassó unha trintena son linguas oficiais dun estado. Os estados europeos lingüisticamente “puros” sonescasos: Islandia e Lietchtenstein. O plurilingüísmo é o normal, o monolingüísmo o anormal.

A maioría dos estados do mundo son multilingües. Para caracterizar axeitadamente a realidadelingüística nestes ámbitos debemos utilizar tres conceptos: bilingüismo, diglosia e conflito lingüístico.

Bilingüismo: o termo denota que se falan dúas linguas, pero en situacións que poden ser moi diversas,de tal xeito que se pode diferenciar:

- bilingüismo individual: capacidade da persoa para dominar dous idiomas.

- bilingüismo social ou diglosia: é a situación máis habitual de contacto entre linguas: o usodunha ou outra está determinada por factores extralingüísticos: interlocutor, tema, situación, canle,etc. Xa que logo, non se pode falar de verdadeiro bilingüismo social, é un fenómeno individual e aíndanese caso con matices.

Utilizaremos, pois, o termo diglosia pois dúas linguas nun mesmo territorio tenderán sempre aespecializar o seu uso: formais/ informais, cultos/ vulgares, etc. Úsanse cun valor social diferentes:unha lingua (A) para as funcións de prestixio (laboral, institucional, cultural e internacional) e unhalingua (B) nas relacións cotiás e informais (funcións local e familiar).

En Galicia, desde a Idade Media, vivimos unha situación diglósica con respecto ao castelán, que mesmoprovocou autoodio nos galego-falantes con respecto á súa lingua. As consecuencias dunha situacióndiglósica son:

-Restrición de usos dunha lingua con respecto á outra, no noso caso, do galego con respecto aocastelán.

- Nacemento de prexuízos lingüísticos: identificación do galego coa falta de cultura e co atrasosocial e do castelán con valores contrarios. Xera autoodio e perda de falantes.

- Nacemento de interferencias lingüísticas: castelanismos que supoñen un perigo para aintegridade do idioma.

A relación entre dúas linguas en contacto tende a ser inestable, e o normal é que cada unha delas tenteocupar os ámbitos que aínda non lle son propios provocando así unha tensión coñecida como conflitolingüístico. As causas que conduciron a que nun territorio existan dúas linguas son:

- procesos de expansión e unificación política

- presión cultural e económica

- movementos migratorios

O caso galego responde á primeira das causas mencionadas: política de uniformización lingüísticapromovida pola coroa de Castela desde finais do XV.

As dúas saídas posibles a unha situación de conflito lingüístico son:

-Substitución lingüística: unha lingua termina por facer desaparecer completamente a outra.

-Normalización lingüística: procesos que permitan saír a lingua B do seu estado de marxinaciónsocial e conseguir a recuperación do prestixio social e do uso de xeito normal en todas as súasfuncións.

O ecolingüismo.Esta teoría destaca dous aspectos: a relación das linguas co contorno e a riqueza de conceptos que seexpresan a través dos distintos idiomas que posúe a humanidade.Todos os regulamentos legais de carácter interncional insisten na idea de que o respecto polapluralidade lingüística e cultural é un dos piares das sociedades modernas e unha sociedade será máisdemocrática en tanto en canto respecte esta diversidade.Esta teoría nace nos anos 70 cando se establece un paralelismo entre a biodiversidade e o contorno dalinguaxe. Ao igual que xorde a preocupación pola desaparición de especies animais e vexetais, que sonfundamentais para a vida, tamén preocupa a desaparición de linguas polo que isto implica de caminocara á homoxeneización lingüística e cultural. A perda de variantes de expresiónb lingüística supoñeríaunha perda de riqueza insalvable para a humanidade. De aí vén a necesidade de protexer a diversidadelingüística.

4. A lusofoníaGalego e portugués, que naceron como unha única lingua, terán un futuro moi diferente pola diversasituación histórica que viviron as terras ao norte e sur do Miño. Así, mentres a partir do século XV ogalego comeza a padecer unha situación de minorización,o portugués convértese nun idioma de culturaplenamente normalizado.Coa expansión ultramarina, o portugués esténdese por territorios americanos, africanos easiáticos: CaboVerde, Guiné-Bissau, Sao Tomé e Principe, Angola, Mozambique, Timor leste e Brasil ou a cidade chinesade Macau onde segue a ter moitos falantes. Pola orixe común e elevado grao de intercomprensión entre galego e portugués podemos considerarque a nosa lingua forma parte da lusofonía. Hoxe en día o portugués, con 200 millóns de falantes, é asexta lingua con maior número de falantes primarios e nivel mundial. Esta realidade abre ao nosoidioma enormes posibilidades comunicativas cunhas das maiores comunidades lingüísticas do mundo.

5. O texto descritivo.Un texto descritivo ten como finalidade presentar as características e calidades de algo ou alguén.Atopamos descricións en textos de moi diferente tipo: literarios, publicitarios, científicos, etc.As principais características que presenta un texto descritivo son:

1. As estruturas e clases de palabras predominantes serán a FN e os adxectivos2. Predominan os verbos de estado; o tempo verbal adoita ser o presente ou o copretérito.3. Predominio de expresións locativas (adverbios e preposicións que indican lugar)

4. Son frecuentes as estruturas comparativas.5. Adoita haber enumeracións e, en ocasións, tecnicismos.

Tipos de descrición:Descricións de persoa Descricións de lugarProsopografía:trazos físicos

Etopea:trazospsicolóxicos

Retrato:trazosfísicos epsicolóxicos

Caricatura:esaxeracióndos trazosfísicos oupsicolóxicos

Topografía:descrición dunespazo desde opunto de vista visual

Descrición deambiente: descriciónde lugar ondeseengaden outro tipode percepcións:olfactiva, táctil,auditiva, gustativa.

Teño aquí o teu retrato. O dos teus quince maios, feito en Santiago, o ano 1919. Véxote coa saia negra eo pano de fregués ao pescozo, cinguindo a albura da chambra. Véxote de pé, garrida, a man esquerdano van e a dereita apoiada nun alongado tallo de palitroques. Véxote, mociña sorridente de face leda eollos coma raiolas de amplo mencer, que un día de adolescencia fuches á vila coa roupa de garda paranos deixar esta imaxe. X.N. Vilas, Nai

6. O substantivo e adxectivo

O substantivo

O substantivo é unha categoría gramatical que se emprega para designar entidades, sexan reais ouimaxinarias, tanto de obxectos concretos (persoas, obxectos, etc.) como abstractos (sentimentos, seres,etc.).

Clasificación semántica do substantivo:

COMÚN Designa as cousas ou seres da mesma especie: nena, home, río, vila, etc

PROPIODesigna de maneira individual un ser ou unha cousa dentro da súa especie:Carme, Xurxo, Eume, Cambados, etc.

CONCRETO Refírese a realidades que se poden percibir polos sentidos: man, cadeira, libro,mar, fada, etc.

ABSTRACTO Refírese a ideas, sentimentos ou calidades que non se poder ver nin tocar:dor, amor, ledicia, intelixencia, piedade

CONTABLENomea realidades que se poden contar: persoa, flor, folla, etc.

INCONTABLE

Nomea realidades que non se poden contar: auga, sal, madeira, terra, etc

INDIVIDUAL Remite, en singular, a unha soa cousa ou ser: soldado, formiga, ovella, véspera, piñeiro, etc

COLECTIVO Remite, en singular, a un conxunto de cousas ou seres da mesma especie:exército, formigueiro, rabaño, enxame, piñeiral, etc.

Desde o punto de vista sintáctico, o substantivo é o núcleo (N) da frase nominal (FN), grupo depalabras que posúen como elemento central o substantivo e que, ademais, está formado por undeterminante (DET) e un modificador (MOD). En o neno loiro (FN), neno actúa como núcleo eaparece modificado polo determinante (o) e o modificador (loiro).

Hai palabras doutras categorías gramaticais que, en determinados contextos, pasan a funcionar comosubstantivos. A este proceso coñéceselle como substantivación. por exemplo:

Verbo en infinitivo Comer é necesarioAdxectivo O malo é se non o lembra

Adverbio Os sis gañáronlles aos nonsPreposición Cómpre valorar os pros e os contrasConxunción Atopoulle moitos peros a ese asunto

O xénero do substantivo

O xénero dos nomes pode ser masculino e/ou feminino.

Xeralmente, son masculinos:

Os nomes de homes, animais macho e cousas que levan diante o artigo “o”: o lapis, opiñeiro, o río, o sol, etc

Os nomes das letras:o a, o be, o ce, o de, etc

O berce, o cárcere, o coral (grupo de persoas que cantan nun coro), o costume, o couce, ocume, o cuspe, o dote, o fel, o labor, o leite, o lume, o mel, o nariz, o sal, o sangue, o sinal,etc.

Xeralmente, son femininos:

Os nomes de mulleres, animais femia e cousas que levan diante o artigo “a”: a cadeira, alúa, a mesa, etc.

Os cultismos rematados en -ise e -ite de orixe grega: a bronquite, a hepatite, a meninxite,etc.

Os substantivos rematados en -axe: a linguaxe, a mensaxe, a paisaxe, etc. (excepto o traxe, opaxe e o garaxe”, que son masculinos, e tamén a palabra “personaxe”, que pode sermasculina ou feminina

Normalmente, son femininos os nomes das árbores froiteiras e mais o seu froito: cerdeira/

cereixa. Excepcións: o limoeiro/ . o limón; o pexegueiro/ o pexego; o castiñeiro/ .a castaña;

a figueira/ o figoA agravante, a árbore, a arte, a atenuante, a calor, a canle, a cor, a dor, a orde, a orixe, apantasma, a ponte, a reuma, a suor, etc.

Valores do morfema de xénero:

Cando o xénero é real (motivado), a oposición masculino/feminino responde a unha diferenciación detipo sexual (cabalo/egua, lobo/loba, home/muller).

Cando o xénero é inmotivado a oposición xenérica implica diferenzas semánticas moi diversas. Asmáis frecuentes son:

individual/colectivo: leño / leña; ovo / ova; froito / froita, etc.

tamaño: cesta / cesto; leira / leiro, etc.

morfoloxía diferenciada: cinseiro / cinseira; sacho / sacha, etc.

río/comarca: O Arnoia / A Arnoia; O Limia / A Limia, etc.

Formación do feminino:

consoante ou vogal tónica: engade A Avó: avoa/ rapaz:rapaza

vogal átona: substitúe a vogal por A Presidente: presidenta

Án: á. ancián, anciá; artesán, artesá;capitán, capitá; chan, chá; cotián, cotiá;

curmán, curmá; irmán, irmá; san, sa;temperán, temperá; van, va, afgán, afgá;alemán, alemá; castelán, castelá; catalán,catalá; arousán, arousá; etc.

Caracterizadores despectivosrematados en –án: ana

charlatán, charlatana; folgazán, folgazana;galbán, galbana; lacazán, lacazana; langrán,langrana, etc

ÓN/ OA anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión,campioa; ladrón, ladroa (que tamén ten unfeminino ladra); león, leoa; patrón, patroa; saxón,saxoa; teutón, teutoa.

ÓN/ONA: sufixo aumentativo oudeverbal pexorativo

homón, mullerona, zapatón, casona; abusón,abusona; acusón, acusona; faltón, faltona;preguntón, preguntona

ÍN:INA (a excepción de ruín:invariable)

bailarín / bailarina, benxamín / benxamina

ÚN cabrún, cervún, vacún: abrúa, cervúa, vacúa;

común é invariable

euscaldún: euscalduna.

Formacións especiais - heroe / heroína, tsar / tsarina; galo / galiña; rei /raíña; abade / abadesa; barón / baronesa;príncipe / princesa; sacerdote / sacerdotisa,profeta / profetisa, poeta / poetisa; emperador /emperatriz; actor / actriz; etc.

o boi / a vaca; o cabalo / a egua; o can / a cadela; opai / a nai, etc

O número do substantivo

O número dos nomes pode ser singular e/ou plural. O singular nomea a unha soa persoa, animal oucousa: unha cadela, un balcón, o neno, etc. O plural nomea a máis dunha persoa, animal ou cousa: dúascadelas, varios balcóns, uns nenos, etc.

Case que todos os nomes teñen singular e plural, pero hai unha serie de substantivos que soninvariables en canto ao número.

- Nomes que só se usan en singular: millo, prata (metal), ouro, etc.

- Nomes que só se usan en plural: os anteollos, as tenaces, as cirolas, as tesoiras, etc.

- Nomes que son invariables en canto ao número: o/os bíceps, o/os clímax; o/os fax; o/osluns, o/os lapis, o/os martes, o/os oasis, o/os télex; o/os tórax, etc.

Regras de formación do plural

Palabras rematadas en vogal, en ditongo ouen –n: engaden S

mesa, mesas; café, cafés; israelí,israelís; can, cans; dolmen, dolmens

Palabras rematadas en -r e –z: engaden ES calor, calores; luz, luces

Palabras rematadas en -s e -x [ks]:agudas engaden ES/ rematadas engrupo consonántico son invariables/graves e esdrúxulas son invariables

Deus: deusesluns, faxlapis

Palabrasrematadas en -L

Monosílabas: ES val, valesCompostas demonosílabo: ES

ollomol: ollomoles

Polisílabasagudas: IS

aval, avais; papel, papeis; cadril:cadrís

Graves:ES áxil, áxilesRematadas no resto das consoantes: S club, clubs; frac, fracs; crómlech,

crómlechs; lord, lords; búmerang,búmerangs; álbum, álbums; clip, clips;robot, robots; trust, trusts; leitmotiv,leitmotivs

O adxectivo

O adxectivo é unha clase de palabras variables que expresan propiedades ou características dossubstantivos.

Podemos diferenciar dous tipos de adxectivos en canto ao significado:

- Adxectivo especificativo: delimita a extensión significativa do substantivo e distíngueo doutrosposibles. Quero un bolígrafo verde.

- Adxectivo explicativo ou epíteto: engade unha nota explicativa que non di nada novo con relación aosubstantivo que acompaña: neve branca, sorriso ledo, etc.

Desde o punto de vista sintáctico ou funcional, o adxectivo é o núcleo (N) da frase adxectiva (Fadx).

Graos do adxectivoO adxectivo ten tres graos:

O grao positivo: expresa a calidade sen indicar intensidade nin establecer comparacións: A pera estabadoce.O grao comparativo: expresa a calidade comparándoa coa doutros seres. Realízase por dousprocedementos, analíticos e sintéticos:Procedementos analíticos:COMPARATIVOIGUALDADE

COMPARATIVOSUPERIORIDADE

COMPARATIVOINFERIORIDADE

tan/tanto...coma/como: Apera estaba tan doce comoo mel

máis...ca/que/do que: Tenmenos soldo e traballa máisca nós.

menos...ca/que/do que:Agora mesmo non sei se émenos estudoso ca eles

Os procedementos sintéticos refírense a aquel conxunto de adxectivos que poden establecer unhacomparación de superioridade cunha soa palabra: son, mellor, peor, menor, maior, superior. Exemplo:este libro é mellor ca aquel.

DISTRIBUCIÓN PARTÍCULAS COMPARATIVAS

Empregaremos obrigatoriamente ca e coma cando o segundo termo da comparación é un pronomepersoal:

- É tan noitébrego coma ti, facedes boa parella.

Empregaremos obrigatoriamente como e do que cando o segundo termo da comparación é unha oración:

- Creo que é menos interesante do que ti pensas.

No resto dos casos empregaremos indistintamente ca/que e coma/como:

- Esa película resulta máis entretida ca/que esoutra.- Este libro é tan interesante como/coma ese.

O grao superlativo: expresa que o ser ou obxecto ao que nos referimos posúe a calidade no seu graomáis alto. Podemos diferenciar dous tipos:

Superlativo absoluto: fórmase co adverbio de cantidade moi ou de modo ben, cos sufixos -ísimo ou-érrimo, coa repetición do adxectivo ou outros procedementos formais.

- A pera é docísima.- A pera é moi doce.- A pera é doce, doce como o mel.- A pera é ben doce.

Superlativo relativo: fórmase mediante un artigo seguido dun adverbio de cantidade (máis ou menos)máis un adxectivo máis un complemento introducido pola preposición de. O máis elegante de todos, Apera é a máis doce das froitas. Tamén se forma mediante un artigo e un comparativo sintético seguidode preposición: é o mellor de todos.

En rexistros elevados aparecen os superlativos co sufixo -érrimo, como son celebérrimo, libérrimo,misérrimo, paupérrimo, pulquérrimo, que corresponden, respectivamente, aos adxectivos célebre,libre, mísero, pobre e pulcro.

CONTRACCIÓNS

CONXUNCIÓN CA+ARTIGO CÓ/ CA O

CÁ/ CA A

CÓS/ CA OS

CÁS/ CA AS

A CONXUNCIÓN COMPARATIVA CA NUNCACONTRAE COA PREPOSICIÓN A

Quérelle máis a ela ca a ti

PREPOSICIÓN CON+ARTIGO CO/COA/COS/COAS

PRÁCTICA

1.- Pon o artigo que corresponda a cada unha destas palabras tendo en conta o xénero: arte costume talismán lumeorde ra dote fesorriso marxe cume corsinal la calor viaxeanálise longametraxe arma beaguia árbore nariz peaxeazar sal colar cárcere

ponte dor ubre valxénese mel orixe laborsofraxe cuspe cal eleénfase auga couce pixamaatlas cinceiro leite zapatopálpebras garaxe cabelo humorfel legume costume carraxediadema teclado riso síndromemasacre

2.- Indicar o feminino de:

tecelán carneiro abade poetaladrón sacerdote avó príncipecónsul home autor cabaleirofrade patrón langrán sogroemperador cabalo insán curmánalcalde estudante europeo heroepadriño sultán louzán toleirónreo solteirón compostelán capitánmentirán mestre folgazán paimonxe pailán cristián boicampión lambón galo tsarxudeu león padrasto aldeántemperán compadre señor reipapón can actor nugallánlivián xenro cidadán intérpretefisterrán barón macho castelánalemán duque embaixador irmánmarrán cru vilán porcallán

3. Explica o valor do morfema de xénero nas seguintes parellas de palabras:

bolso-bolsacaldeiro-caldeiracancelo-cancelacaxato-caxatacoiro-coiracuartillo-cuartillafouciño-fouciñaleño-leñamachado-machadapeso-pesa

pipo-pipaporto-portapozo-pozarato-ratarío-ríasaco-sacateto-tetatixolo-tixolavasoiro-vasoiraviño-viña

4. Pon as seguintes palabras en plural:

local fusil tren paraugasáxil rapaz mil útilruín gardacostas multicolor quebranoces

xirasol cabalo do demo lei estrela de marsapoconcho porco teixo xardín talanimal café lenzo oasisálbum vacaloura anorak icebergdólarplural cor cónsul venresgarda civil pel can pobrefiel verdade cruz tonelluns réptil señor paíscru cal túnel lambónespañol mandil sol vagalumetest pub rei aneldolmen un xudeu baúlnó cartafol caracol hotelalgún bocoi azul israelíproxectil motor clímax civildor mel tórax xentilollomol lapis prismáticos tándemdúplex fácil

5.- Indicar os superlativos sintéticos dos seguintes adxectivos:

alto listo fácilfiel pequeno tolocélebre baixo boantigo cruel sabioquente difícil acrepobre feo libre grandevello seguro fríocheo nobre míseropulcro rico

6.- Completar as seguintes estruturas comparativas:

A Encina sempre tivo moitos máis cartos ......... el.

O Rubén era tan fedello ......... o seu curmán.

O Miguel obtivo resultados mellores ......... pensaba.

O Daniel é case tan rico ......... o veciño.

A Helena nunca estaba máis atenta ......... min.

A Carme ten menos leiras ......... parece.

Xamais conduciu tan ben ......... elas.

Agora é máis forte .........o Ricardo.

Os perigos son tan grandes ......... pensabamos.

Están tan abraiados ......... vós.

As rendas son máis pequenas ......... esperabades.

O Santiago era máis divertido ......... os compañeiros.

A Irimia ten máis forza ......... vostede.

Recollemos menos fabas ......... contabamos.

Penso que ten menos poderes ......... ti.

O Manuel está tan alto ......... a Laura.

O Brais atopou tantas moedas ......... se propuxo.

7. Clasifica semanticamente os substantivos seguintes:

Rabaño BrasilBondade ChumboSolidariedade LeiteMoeda Can

8.Escribe en feminino as seguintes oracións mudando todos os elementos posibles:

- Un neno enfermo foi ao compoñedor para que o sandase.

- Os cidadáns composteláns decidiron por referendo que cada un deles poría na porta dasúa casa un cesto con froitos temperáns.- Os meus curmáns máis novos agasallaron a Xosé cun bonito boneco de peluche de coramarela.- O xuíz fixo calar ás testemuñas do acusado e o seu avogado abraiado por semellantecomportamento decidiu abandonar a sala do xulgado.- Cando o director do hospital falou co cirurxián xa moitos doentes presentaran

denuncias contra el.

- O árbitro amoestou os xogadores do equipo local e o seu adestrador amosouseanoxado.

9. a) Escribe unha comparación en que empreguesobrigatoriamente coma e ca, e outra en que empregues taménobrigatoriamente como e que:

10. Completa as oracións seguintes coa conxunción comparativa axeitada encada caso:

a.i. Teño unha irmá máis nova min.a.ii. A viaxe resultou moito máis divertida eu esperaba.

a.iii. Tomarei café que está menos quente chocolate.a.iv. Vós non sodes tan viaxeiros eles.a.v. Esta nena é máis simpática a curmá.

a.vi. O gatiño quéreme máis a min a ti.a.vii. O tren resulta tan cómodo o camión.

11. Identifica no seguinte texto os trazos propios do texto descritivo. Indica tamén a que subtipode descrición pertence.

Era un home moi especial. Dixo que se chamaba Fuco e que xa non lembraba cando cumprira osvinte anos; eu calculo que andaría polos setenta. Era alto, sobre l'80. Levaba un pantalón vaqueiro

moi usado, camisa escura, chaqueta de pana marrón e botas altas de coiro de becerro. Cando oatopei alí fronte á cova, fiquei aparvallada ante a súa inesperada aparición; eu estaba sentada naarea e a súa figura víase ampliada polo sol que caía polas súas costas. Sorriu, sentou na peneda eestivo un anaco calado ollando as ondas. Lémbroo ben, cuns ollos pequenos –tal vez verdes- peromoi profundos, enmarcados por unhas cellas grises e grandes. Desde eles baixaban unhas engurrascurtidas e ben marcadas, sen rastro ningún de olleiras. ¿Canta vida estaba escrita nelas! Levaba unhapequena pucha colocada descoidadamente cara atrás e que deixaba ver dúas amplas entradas; nomedio un feixe de cabelos grises ben recortados que parecían querer avanzar pola súa fronteengurrada. A súa boca era pequena e os beizos secos, da cor da nicotina, case non se deixaban verpor culpa dun bigote ben poboado. O nariz longo e estreito nin se notaba porque chamaban máis asorellas, grandes e ben pegadas á cabeza. Logo púxose en pé e dixo "que contas, meniña". Estaba moifraco e ben rexo. Cos ombreiros erguidos e a cabeza alta púxose en crequenas e deume a man"encantado!, como te chamas?" Era unha man suave e forte ao mesmo tempo, cuns dedos longos eagarimosos que convidaban á amizade. Así comezou aquela aventura.