Salvamos Libros BBS

17
Este salvámolo nós Nós salvamos A Cebra Camila. ¿Por que? Porque nos gusta moito que a Camila lle axuden cando perde as súas raias. (E memorizo...) E estirouse toda para lucirse mellor e para que a súa nai a vise ben, cun anel nunha pata, unha listiña de prata, un lindo remendo azul unha arañeira de tule, unha corda de violín, un amalló de botín, unha fita na melena... e sen nadiña de pena. CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE 1º PRIMARIA

description

Letras galegas 2011. Libros salvados desde a Biblioteca Brea Segade.

Transcript of Salvamos Libros BBS

Este salvámolo nós

Nós salvamos

A Cebra Camila.

¿Por que?

Porque nos gusta moito que a Camila lle axuden cando perde as súas raias.

(E memorizo...)

E estirouse toda para lucirse mellor e para que a súa nai a vise ben, cun anel nunha pata, unha listiña de prata, un lindo remendo azul unha arañeira de tule, unha corda de violín, un amalló de botín, unha fita na melena... e sen nadiña de pena.

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

1º PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvamos

Os Bolechas teñen medo.

Por que? Porque cos Bolechas aprendemos moitas cousas e son moi divertidos. Desta vez asustáronse pola noite cun ruído... pero só era Chispa comendo chourizos!

(E memorizo...)

Coidado, Carlos! Todos tremen co medo. Carlos continúa e asoma o nariz pola porta da cociña. Era Chispa quen facía o ruído! Prendeu a luz, entrou na despensa e foi aos chourizos. Menudo susto lles deu aos Bolechas!

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

1º PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvaríamos

No corazón do bosque

Por que?

Nos parece moi interesante

(E memorizamos...)

Mirou a fraga por última vez e volveuse acomodar no asento. Nunca máis podería ver o seu amigo, pero o anel que brillaba no dedo ía lembrarllo cada día. Chegáballe con saber que Derdrín vivá xa onde sempre estivera, desde os vellos tempos en que os animais falaban. Aló, no corazón do bosque. E mentres ela vivise, tamén no seu corazón.

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

4º A PRIMARIA

Este salvámolo nós

Nós salvamos

Os bolechas teñen medo

Por que?

Porque ten debuxos moi bonitos.

(E memorizamos...)

Agora os tres teñen medo. A luz está prendida! Quen anda alí?

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

2º PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvaríamos

O Pito Cairo

Por que?

Porque ten ilustracións moi bonitas.

(E memorizamos...)

Érase unha vez un Pito Cairo que andaba polo monte

buscando comida mais fortuna.

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

2º PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvaríamos

Un tren cargado de misterios

Por que?

Porque nos gustan as adiviñas e o tren de misterios está cargado delas.

(E memorizamos...)

Entón sacou de debaixo do poncho unha caixa azul, idéntica ás outras que Ana xa tiña, e díxolle con voz doce: Pode a caixa ser túa e deixar de ser miña, pero só se ti acertas esta cuarta adiviña. Sen agardar a que Ana respondese, volveu falar con aire misterioso:

Sei dunha saba moi grande que non se pode encartar; está cheíña de manchas que non se poden contar.

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

3º PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvaríamos

Mil cousas poden pasar

Por que?

Porque ten varias historias entrelazadas con múltiples aventuras.

(E memorizamos...)

Tiña moitas ganas de volver á casa, máis aínda demoraron un tempo naquela praia. Falando, durmindo, bicándose e tamén comendo. Alimentábanse das mazás da maceira que abrollou no lugar onde Lina soterrara o seu corazón.

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

5º PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvaríamos

O Pito Cairo

Por que?

Porque nos parece moi divertido e está cheo de aventuras

(E memorizamos...)

Felices e contentos, o Pito Cairo, a curuxa e a raposa colleron as moedas de ouro, montaron a carricho do piñeiro e marcharon xuntos os tres, polo río abaixo. E aínda hoxe andarán vagando polo mundo adiante see ao piñeiro non lle deu por botar raíces nalgún porto.

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

4ºA PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvaríamos

Mil cousas poden pasar

Por que?

Porque é divertido e pasan cousas extraordinarias.

Porque inclúe moitas historias e ten personaxes moi

interesantes. Porque deixa ver que na vida poden pasar un montón de cousas inesperadas.

(E memorizo...) Certo, soou mal, moi mal, máis Pouco era un rapaz de boa memoria e nese instante mesmiño lembrou uns versos atribuídos a un parente do gato Kandás que dicían o que

segue:

Xura a bruxa , pel de cabuxa, que mellor debuxa canto máis debuxa. E así con todo .

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

4ºB PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvaríamos

Un tren cargado de misterios

Por que?

Porque é un libro de intriga cun misteiro que resolver.

(E memorizo...)

Na contracapa, tamén coas mesmas letras, pero máis pequenas, había unhas palabras que Ana lembrou en canto as viu, pois eran as mesmas que lle dixera aquela moza chamada Luz Azul:

Os soños sÓ Nos soños soños soN

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

5º PRIMARIA

Este salvámolo nós

Nós salvariamos

A filla do ladrón de bicicletas

Por que?

Porque é un libro moi interesante, divertido, entretido, imprevisible e gustounos moito. Non queriamos perdelo.

(E memorizo...)

Como consecuencia daquel berro Serafina espertou do seu soño de media tarde, perdendo así o equilibrio e caendo da lúa. Os prat iños portugueses, o azucareiro chinés e as cuncas xaponesas caeron sobre a alfombra de Persia, rompendo en mil anacos. Menos mal que a tía non podía ver aquela desfeita.

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

6ºA PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvaríamos Espantallo amigo

Por que?

Porque é divertido e todos acaban sendo amigos.

(E memorizamos...)

Os merlos, aínda cun chisco de medo, pousáronse todos no Espantallo. E xuntos cantaron: Tirulí, tirulí, na arrandeeira. Tirulí, tirulí, por entre as follas da figueira. Tirulí, tirulí somos amigos. Tirulí, tirulí e non viremos máis

aos figos. CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

3º PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvaríamos

Mil cousas poden pasar

Por que?

Porque nalgunhas partes é divertido e pasan cousas extraordinarias

(E memorizamos...)

Como xa dixera no seu día un parente do gato Kandás:

Cousa fea de agasallo! Habería que queimalo! ... se non viñera dos teus ollos , Luz de Maio. Logo do lanzamento, Pouco e a tuba aterraron nun extenso cráter abisal, poboado de algas espiñentas.

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

6ºA PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvaríamos No corazón do bosque

Por que?

Porque é imaxinativo, do mundo da fantasía e nos fai vivir aventuras extraordinarias. Porque é simpático e divertido. Porque nos encantan as ilustracións. Porque é entretido polas aventuras do trasno.

(E memorizamos...)

Raquel escoitara fascinada o relato daquel home diminuto, un relato que parecía tan irreal como os contos que seu pai lle contaba cando era máis noviña. Pero aínda lle quedaban as preguntas máis importantes: - Por que viñeches para a cidade? Como podería eu salvarte de nada? Que queres de min? - Oh, claro que parvo son! Iso é o máis importante!- respondeu Derdrín, golpeando a cabeza coas dúas mans-. Verás, teño que facerche unha proposta.

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

6º B PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvaríamos

Na fogueira dos versos

Por que?

Porque é poesía moi bonita, rima moi ben e

fala de cousas fermosas.

(E memorizo...)

É a lúa que baila na quintana dos mortos.

Federico García Lorca

Non quere a Lúa, filliña,

baixar hoxe ata a Quintana. É Federico, filliña,

quen danza coa xitana.

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

4º B PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvaríamos

A filla do ladrón de bicicletas

Por que?

Porque nos resultou ameno: as aventuras Serafina eran moi divertidas. Porque as ilustracións eran atractivas e creativas. Porque é alegre, divertido, fantasioso. Porque é intrigante ata o final: é un libro que engancha. Porque o argumento variaba en canto ás sensacións que provocaba no lector: intriga, tristeza, rabia, alegría...

(E memorizo...)

O home sae fóra da carpa, pero antes de marchar saca unha chea de vellas postais que fardaba nos petos do seu abrigo. Son postais que escribira para Serafina, pero que por algunha razón nunca se atrevera a enviarlle. Nunha delas, que aínda non está escrita, unha postal da Torre Eiffel cos bordos algo gastados, dille a Serafina que está moi contento de saber que fai o que sempre desexou cando era pequena, voar na súa bicicleta. “Verémonos un día destes, prométocho.” Cando remata de escribir, o home deixa todas as postais na taquilla de dona Ester, unha muller moi simpática que está sempre lendo libros de aventuras.

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

6º B PRIMARIA

Este sálvoo eu

Nós salvaríamos Un reiseñor canta lonxe

Por que?

Porque Xosé Mª Brea Segade é o noso poeta e fixo poesía de Taragoña, do Araño, do Castro Barbudo, de Rianxo…

(E memorizamos...)

Unha rula lonxe canta. Un reiseñor canta lonxe. Canta alá un xilgariño.

Canta un merlo non sei onde. Eu oio ben os cantares,

pero non vexo os cantores.

BIBLIOTECA BREA SEGADE