Revista Andaina Fala 2013-2014

16
A MÚSICA. Esta foi a temática na que todo o centro se implicou durante o curso 13-14. Na etapa de infantil, traballáronse os instrumentos musicais: peitoque, guitarra eléctrica e clarinete. Na etapa de primaria os estilos musicais: música infantil, salsa, pop, disco, rap e punk. Xa por último na ESO, investigaron sobre grupos e intérpretes das décadas 60, 70, 80 e 90. O PRÓXIMO CURSO SEREMOS: Claro que si, xa o temos decidido! Logo de realizadas as votacións e escoller entre tres temas: o mar, descubrimentos científicos e o cine. Resultou ser a temática gañadora: O CINE!! Revista do centro Contáronmo e esquecino; vino e entendino; fíxeno e aprendino Anónimo Este curso FOMOS... Curso 2013-2014 Índice Andaina Fala Redacción: Balta, Uxía, Martín, Alba Vidal, Alba Soto, Elisa, Sara, Alba Souto, Lucas Villaverde, Clara, Nico, Carlos, Ada, Marián, Mario, Pedro Souza, David, Lucía, Lidia, Jorge, Eloy, Auria, Pedro Fernández e Lucas Insua. Publicidade: Alba V., Uxía e Alba Soto. Andaina, 2 A Coruña, 6 Cultura, 7 Galicia, 9 Nacional, 10 Internacional, 11 Deportes, 13 Moda, 14 Cine e TV, 15 Pasatempos, 16

description

Publicación anual elaborada por alumnado da ESO

Transcript of Revista Andaina Fala 2013-2014

Page 1: Revista Andaina Fala 2013-2014

A MÚSICA. Esta foi a temática na que todo o centro se implicou durante o curso 13-14. Na etapa de infantil, traballáronse os instrumentos musicais: peitoque, guitarra eléctrica e clarinete. Na etapa de primaria os estilos musicais: música infantil, salsa, pop, disco, rap e punk. Xa por último na ESO, investigaron sobre grupos e intérpretes das décadas 60, 70, 80 e 90.

O PRÓXIMO CURSO SEREMOS: Claro que si, xa o temos decidido!

Logo de realizadas as votacións e escoller entre tres temas: o mar, descubrimentos científicos e o cine. Resultou ser a temática gañadora: O CINE!!

Revista do centro

Contáronmo e esquecino; vino e entendino; fíxeno e aprendino

Anónimo

Este curso FOMOS... Curso 2013-2014

Índice

Andaina Fala

Redacción: Balta, Uxía, Martín, Alba Vidal, Alba Soto, Elisa, Sara, Alba Souto, Lucas Villaverde, Clara, Nico, Carlos, Ada, Marián, Mario, Pedro Souza, David, Lucía, Lidia, Jorge, Eloy, Auria, Pedro Fernández e Lucas Insua. Publicidade: Alba V., Uxía e Alba Soto.

Andaina, 2 A Coruña, 6 Cultura, 7 Galicia, 9 Nacional, 10 Internacional, 11 Deportes, 13 Moda, 14 Cine e TV, 15 Pasatempos, 16

Page 2: Revista Andaina Fala 2013-2014

2

Ecos do sur As nosas novas reporteiras de 1 ESO tiveron a súa primeira entrevista con Ecos do Sur. Trátase dunha ONG que coida das persoas que queren integrarse.

Con nós estiveron Pepe, Tatiana e Bienvenu que veñen de crear unha empresa traballando o cartón. Poden facer calquera moble: berces, guitarras, cadeiras, lámpadas…

Este ano foi de preparación e formación e con algunhas exposicións. A partir do seguinte, comezarán a traballar con centros escolares e persoas particulares e por último, as vendas.

Faláronnos de que é moi importante botarlle imaxinación ás tarefas, pois gustarache máis o traballo.

Por Elisa, Alba Soto e Sara

Peitoque con Sito Carracedo e Roi Adrio Sito é artesán (é o que fabrica os peitoques), aínda que na realidade é gaiteiro, así que o papel de Roi é probar os instrumentos que fai Sito. Roi (ao igual que Sito) explicounos algúns dos instrumentos como o Yembei, de África, ou por suposto o Peitoque . Sito comezou facendo castañolas, e foi mellorándoas ata facer os Peoitoques. Deixáronnos probar algúns instrumentos e ensináronnos a tocalos adecuadamente. Algúns instrumentos son “básicos” como o “contrabaixo” que Roi fixo cun pau dunha escoba un cubo do lixo e un fío. E.... XA SABES!!, ANÍMATE E FABRICA OS TEUS PROPIOS INSTRUMENTOS!!!

Máscaras africanas Este ano Salvador, un señor que estuda algunhas máscaras africanas foi invitado ao colexio Andaina para falarlles aos alumnos de 5 anos sobre elas; e como non podía ser doutro xeito, alá fomos as xornalistas de 1 ESO. Descubrimos que os africanos teñen unha máscara para cada "festa" e que estaban feitas de peles, palla, madeira... e tamén estaban pintadas con formas xeométricas. Deixámosvos unha imaxe.

Andaina

Page 3: Revista Andaina Fala 2013-2014

3 3

Radio Futura con... Santiago Auserón Santiago Auserón, tamén coñecido como Juan Perro formou parte do famoso grupo dos anos 80 Radio Futura; e os nosos compañeiros e compañeiras de 3º EP que este curso son Radio Futura, convidárono e puideron acompañalo durante unha horas, ademais de deixarse aconsellar por el. Por exemplo, a un alumno que toca a guitarra aprendeulle un novo acorde e a unha alumna que canta moi ben aprendeulle a non ter vergoña ningunha no escenario. Tamén lle fixeron algunhas preguntas como: P:- Cal e a túa canción favorita? R:- É Luz de mis huesos. P:- Como te sentes diante de tanta xente, no escenario? R:- Nervioso, pero moi adicto a esa experiencia. P:- Porque elixiu o nome de Juan Perro? R:- Por que en Málaga Juan Perro significa vagabundo, tamén hai un poeta galego-portugués chamado Juan Zorro. Foi moi amable e os nenos e nenas de 3º quedaron encantados!! Unha frase súa: hai que axudar a todo o mundo a loitar polos seus soños. Faláronnos de que é moi importante botarlle imaxinación ás tarefas, pois gustarache máis o traballo.

Participamos en Ciencia na rúa O 10 de abril no Parque de Santa Margarita todos sacamos o Luís Freire que levamos dentro! En efecto, este ano Ciencia na rúa dedicóuselle a Luís Freire, un micólogo galego que fixo moitos descubrimentos dentro da bioloxía. Alí, moitos dos colexios da Coruña presentamos experimentos moi interesantes, no noso caso: a electrólise da auga, o elevador hidráulico, poleas, microorganismos, the Big Year Spain, a Caixa de cores, a tensión superficial da auga e algunhas homenaxes a Luís Freire como un busto e traballos explicando parte da súa vida e dos seus coñecementos. Un momento moi emocionante foi cando soltaron os globos e todos entendemos a ciencia por un día. Para o vindeiro ano, xa sabedes; animádevos a vir, isto é para toda a familia!

Saímos a La voz de Galicia Como vén sendo habitual todos os cursos os alumnos e alumnas de 1 ESO visitamos La Voz de Galicia e os estudios de V televisión no mes de marzo. Trátase dunha saída que completa a nosa formación no ámbito xornalístico.

Andaina

Page 4: Revista Andaina Fala 2013-2014

4

Novas saídas na ESO

Este ano Andaina realizou un cambio nas saídas de secundaria, procurando concentrar a maioría delas no tempo e en espazos comúns. Así que aló marchamos, na última semana de febreiro os alumnos de ESO; e aquí quedaba o resto de alumnado de infantil e primaria celebrando o Entroido. Os lugares foron escollidos polo centro; e así 1º e 2º ESO fomos a Cantabria con Rober e Rocío, e os de 3º e 4º foron a Salamanca con Luís e mais Xabier. Que como resultou a experiencia? Fantástico para nós; habería que preguntarlle aos profes, pero cremos que ben; se somos boísimos!

Visita dun coro de Valencia

Dende xa hai bastante tempo a Escola Comarcal de Valencia e Andaina fan algunhas actividades xuntos. Este ano parte do coro do colexio realizou unha xira e fixo unha parada no noso centro, onde o alumnado puido asistir a un concerto. Cantaron algunhas cancións en valenciano, outras en castelán e houbo unha cantada a metade en valenciano e a metade en galego. Os participantes do coro tiñan de idade entre 6 e 16 anos. Grazas, foi un pracer escoitalos!

Monólogos Xa somos nisto veteranos! Este curso participamos catro grupos no concurso de monólogos que organiza o Concello da Coruña. Os grupos formados por: Uxía, Clara e Sara de 1 ESO, ao igual que Alba Souto e Alba Vidal. Dous grupos máis de 3 ESO: Ana R, Emma e Ana S por un lado e polo outro Violeta e Candela. Ademais asistimos ao Tíralle da Lingua en Santiago. Alí estivemos representados por : Cristina, Laura e Sofía e tamén por Nicolás Concheiro, todos eles de 2 ESO.

Iño e Irene ofrecen un concerto No patio de infantil Irene e Iño tocaron unha serie de cancións de rock and roll para achegar máis o rock aos mozos e mozas de hoxe en día. Iño tocou a guitarra eléctrica e cantou e Irene acompañouno co piano. O concerto foi realizado como complemento a área de música nos cursos de 2º e 3º de ESO. Aproveitando que SOMOS A MÚSICA este curso en Andaina, os concertistas renderon homenaxe a grupos emblemáticos como os Rolling Stones.

Clickedu Adeus ao antigo boletín. Agora os profesores utilizan una nova ferramenta informática chamada Clickedu, que lles permite aos alumnos seguir o seu progreso e traballo na aula día a día; pero non só iso, senón que tamén lles permite ver a súas faltas e atrasos, enviarlles aos profesores traballos e repasar as tarefas mandadas. Así que xa sabedes, as novas tecnoloxías chegan tamén ás casas, ás familias. A vós de verdade gústavos isto? Pobres de nós!

Andaina

Page 5: Revista Andaina Fala 2013-2014

5 5

Entrevista a Jacobo Paz A aula de 5º EP dentro do Proxecto “Somos Rap” tivemos un encontro co músico, produtor e realizador de vídeos Jacobo Paz no seu estudio de gravación, onde puidemos tamén falar con músicos de rap sobre a historia e presente deste estilo musical. Agora xa sabemos moito máis sobre o Rap!

Por que che gusta tanto a música? Porque me fai esquecer as cousas “malas” da vida. Que che fai sentir o RAP? Ao principio non me gustaba o rap. Eu era máis de rock ata que escoitei un disco que alguén deixou na sala de recreo do estudo. Cal é a canción máis “famosa” de Paz&Records? Buscando pistas. Cantos anos levas no mundo da música? Dende moi pequeno, dende os oito anos (investigar idade actual) Cando empezaches no mundo da música? Dende os oito anos (investigar idade actual) Cal é a túa época da música favorita? Os 60´s e 70´s ... Led Zeppelin, Rainbow, discos que escoitaba dos meus irmáns maiores ... pero sen dúbida a miña banda favorita son AC/DC. Cantos pasos tes que seguir para montar un vídeo? Primeiro hai que ter unha idea, desenvolvela nun guieiro, un día de rodaxe e normalmente outro día de mestura. Cal foi o primeiro disco de Paz&Records? Foi Buscando pistas.

Cal é o teu instrumento favorito? O meu favorito é a batería. Cantos grupos de rap traballan contigo? Estou traballando con varios: Seissenseis, (investigar na web) Cal é o teu estilo de música favorito? O rock e dende hai un tempo tamén me gusta moito o rap.

Entrevista a Amil A aula de 6º EP dentro do Proxecto “Somos Punk” fixemos un encontro con Fran Amil, batería entre outros dos Papaqueixos, Os Tres trebóns e agora nos Ultraqäns, que nos recibiu no seu estudio de gravación e local de ensaio. Compartiu con nós a súa traxectoria e a súa visión da música. Tivemos tamén a sorte de que nos falase das técnicas de gravación. Unha experiencia marabillosa e moi punki.

Como comezaches coa música? De sempre. Pois é que me gusta a música dende que teño uso de razón… ou que eu recorde polo menos xa dende os seis ou sete anos xa tiña a cabeza chea de cancións e andaba a cantar todo o día… Paseaba por Arteixo e ía cantando. Hai xente que escoita voces e eu escoitaba música, ha, ha, ha… Non vou deixar que esa voz cale ata que morra porque o paso moi ben. Que é o que máis che interesou do Punk? Non preocuparte pola “técnica” senón que “vouno facer porque quero, teño ideas, teño algo que contar” ou “quero tocar e fágoo e nada me limita”. Máis alá das estéticas e da fachada. O espírito punk lévase dentro e non fai falla ter cristas. Dende Papaqueixos para min iso sempre foi o fundamental. Non podo perder o tempo pensando cales son as miñas limitacións. Que tipo de música adoitas escoitar? Escoito de todo. Encántame a música clásica, Beethoven, Mozart, Bach, Tchaikovsky… espectacular! Xa teño corenta e tantos e puiden escoitar moita música e de todo tipo: electrónica, heavy, trash, pop, folck, cantautores… Hai música para cada momento, máis cañeira máis relaxada... pero sen dúbida o que máis escoito é música galega. Como formastes os Ultraqäns? No 2007 compartía piso co baixista que estaba comigo xa nos Papaqueixos, Antón Díaz. Un día cheguei á nosa casa en Montealto e segundo entro polo portal escoito unha música marabillosa cun baixo e unha frauta. Pensei que sería un disco de Gwendall pero entro e vexo que son Antón e Aarón; xúntome con eles cunha darbuka que tiña por alí e de aí

xurdiron os Ultraqäns co engadido doutro coñecido da época Ultraqäns, a guitarra de Tino. Que vos interesou do Bravú? Non é que nos interesase… e que fomos parte dos fundadores, como Papaqueixos refírome. A música ten a cualidade máxica de unir, e neste caso o Bravú, a xente de diferentes lugares de Galiza, con estilos musicais tamén moi distintos, non era nada uniforme. Nós por exemplo facíamos un desbarre folck-disco-punk moi frenético… Cadaquén facía o que quería pero tiñamos algo en común, música galega en galego e camaradería … É máis o que nos deu o Bravú que o que buscamos nós no Bravú. Tedes algún “archinimigo” musical? Ha, ha, ha … Moi boa pregunta! Algo tipo Blur e Oasis, non? Ha, ha, ha… Mira, eu xa non gasto tempo en odiar. Hai que construír, o difícil é construír. Abondosos casos houbo na historia de expertos en destruír. A música, as palabras, as ideas non as van poder destruír. Eu quero construír e para construír non podo odiar ou malgastar enerxías en odiar. Iso non quita que hai xente que che caia peor e mellor

Andaina

Page 6: Revista Andaina Fala 2013-2014

6

A nosa cidade comida polo mar Decembro e xaneiro, que meses! Unha serie de temporais arrasaron as costas da Coruña, deixando nesta cidade o paseo totalmente destrozado. Alerta vermella con ondas que alcanzaron os 13 metros de altura. Ventos de ata 140 quilómetros por hora foron os causantes do temporal. Meteogalicia mantivo os parques, praias e xardíns pechados; non os centros e... Nós case voando!!!

Como pasar un día na Coruña? Para comezar, pola mañá podes visitar o parque de San Pedro e dar un paseo polo labirinto. Logo baixar pola cúpula dende onde se pode ver a praia do Orzán. Xa abaixo paga a pena camiñar polo paseo marítimo ata chegar á Torre de Hércules, que por certo, podes visitar. Máis tarde ir comer un rico polbo á galega, uns pementos de Padrón, todo isto pola rúa dos viños. Despois de xantar, podes visitar museos como o Acuario, a Domus. Outra opción se vai bo tempo é pasar o día nas praias da cidade como a do Orzán, Riazor ou saír un pouco máis lonxe ata Sta. Cristina ou Bastiagueiro

Para rematar podes ver o anoitecer en calquera desas praias. Un consello, se queres pasar unha noite máxica, non deixes de vir á noite de san Xoán con nós: é especial.

A Coruña Por Mario, David e Pedro S.

Page 7: Revista Andaina Fala 2013-2014

7 7

Xosé María Díaz Castro Este ano, as Letras Galegas están dedicadas a: Xosé María Díaz Castro.

Xosé María Díaz Castro foi un escritor en lingua galega que naceu en Guitiriz (Lugo) no 1914.

Estudou como moitos rapaces daquela época no seminario de Mondoñedo, onde coñeceu a outros escritores como Aquilino Iglesias Alvariño ao que o uniu unha grande amizade.

Viaxou moito e traballou como profesor de linguas nun colexio de Vilagarcía, posteriormente viaxou a Madrid, alí traballou como tradutor ata o seu regreso a Galicia.

Só escribiu unha única obra en galego, Nimbos, na que se recollen poemas que xa nos soan a todos como o de Penélope.

Foi un defensor da lingua galega ata o día da súa morte, no ano 1990 en Lugo, o seu lugar de nacemento.

Gabriel García Márquez, un heroe de literatura Gabriel García Márquez, un verdadeiro heroe da literatura, morreu o pasado xoves 17 de abril deste mesmo ano. Queres saber quen era? A continuación uns datos salientables da súa vida.

Gabriel García Márquez naceu o 6 de marzo do 1927 en Aracataca, Colombia. Foi criado polos

seus avós ata que cumpriu os 8 anos, cando, por primeira vez, coñeceu os seus país.

A súa experiencia como escritor comezou no periódico El Universal, de Cartagena, onde traballaba de xornalista.

Cultura Por Clara Seoane e Lucas Villaverde

Page 8: Revista Andaina Fala 2013-2014

8

A súa primeira obra foi: La Hojarasca no ano 1955.

Recibiu o Premio Nóbel de Literatura no ano 1982, e moitos outros máis como por exemplo: Premio Rómulo Gallegos pola súa obra: Cien años de soledad no ano 1972 e Premio Jorge Dimitrov da Paz no ano 1979.

No ano 2007, a Real Academia Española e a Asociación de Academias de la Lengua Española lanzaron unha edición popular conmemorativa da novela Cien años de soledad, porque a consideraban parte dos grandes clásicos hispánicos de todos os tempos.

Casou con Mercedes Barcha no ano 1959 e, no mesmo ano naceu Rodrigo, o seu primer fillo, cineasta de profesión; no 1961 instaláronse en Nova Iorque onde exerceu de correspondente da prensa latina. Tres anos despois, naceu a seu segundo fillo, Gonzalo, actualmente deseñador gráfico na capital mexicana.

En 1999 foille diagnosticado un cancro, do que finalmente morre, tras unha recaída en abril deste ano.

Ademais de Cien años de soledad, escribiu outras novelas como La hojarasca e El amor en los tiempos del cólera.

Para el unha novela é a representación da realidade e di:

Non hai nas miñas novelas unha liña que non estea baseada na realidade.

Descóbrese unha nova pirámide Descóbrese unha pirámide de 5 metros de altura que, no seu momento alcanzaba os 13 metros!

A pirámide foi atopada pola Universidade de Chicago.

A pirámide ten as seguintes características:

• É anterior á de Keops. • Non ten cámara funeraria. • É una pirámide con chanzos.

Calcúlase que esta pirámide é de hai 4.600 anos.

Pénsase que foi construída na época do reinado do faraón Huni (2.635 a.C) ou tamén é posible que se construíra no reinado de Snefru (2.610 a.C).

Cultura

Page 9: Revista Andaina Fala 2013-2014

9 9

Podemos comezar coa ruta dos mosteiros dende Monforte ou dende Ourense collendo a estrada N-120, e tomando nos Peares a estrada de servizo das presas hidroeléctricas...

Apetécevos ir de viaxe para coñecer Galicia?

Presentámosvos o novo Bono Iacobus Un servizo turístico deseñado especificamente para o Camiño de Santiago. Permite percorrer por etapas as distintas vías históricas que dende hai séculos conducen a Santiago de Compostela, afastándose cada día nunha casa de turismo rural diferente.

Mosteiro de Carboeiro Está situado nun enclave totalmente paradisíaco, rodeado de bosques frondosos, ríos, fervenzas e unha impresionante paisaxe infestada de vexetación exuberante.

Mosteiro de Oseira O Mosteiro de Oseira é un mosteiro trapense de fundación real que ao longo da súa historia tivo unha gran importancia económica e social na comarca e terras máis afastadas.

Mosteiro de Sta. María de Melón O Mosteiro de Santa Maria de Melón, Ourense, é unha das xoias menos coidadas do románico monástico cisterciense de toda Galicia, a pesar de ter unha espléndida cabeceira relacionada con Oseira.

Mosteiro de San Clodio O Mosteiro románico de San Clodio de Leiro, Ourense, encontrouse no corazón da comarca de Ribeiro. A súa igrexa de naves e fermosa cabeceira consérvase en boas condicións.

Galicia Por Uxía, Balta e Martín

Page 10: Revista Andaina Fala 2013-2014

10

O pasado 23 de marzo deste mesmo ano, morreu o noso primeiro presidente trala ditadura franquista, Adolfo Suárez Gonzalez, despois de ser ingresado a causa dunha pneumonía, que, posteriormente repercutiu na súa enfermidade neurolóxica (Alzheimer). Sempre se recordará como aquel home que, grazas ao apoio da súa xente, permitiu a realización da transición española. A continuación amosámosvos un esquema feito a base de datas clave para organizar o acontecido durante o cambio dunha ditadura a un sistema democrático, e tamén o mandato de Adolfo Suárez):

1975 > 20 novembro: faleceu Francisco Franco e a partir dese momento, o rei Juan Carlos 1 sucedeuno o 22 de novembro, polo que se restaurou a monarquía.

1976 > (verán) O rei decidiu promover unha reforma democrática; e que mellor forma que proclamar a Adolfo Suárez presidente do goberno español!

1977 > 15 xuño: producíronse as primeiras eleccións, das que saíu gañador Adolfo Suárez. Este convocou unhas cortes: (parlamento + senado) representantes do pobo que se reuniron para discutir e aprobar a Constitución.

1978 > 29 decembro: entrou en vigor a Constitución.

1979 > convocáronse unhas eleccións xerais, que volveu gañar o UCD (partido de Suárez). Pero desta vez foi atopándose con moitas dificultades (falta de confianza cos membros do seu partido, económicas...).

1981 > 29 xuño: finalmente, Adolfo Suárez rematou por presentar a súa dimisión como presidente.

1982 > 28 outubro: houbo outras eleccións nas que Adolfo Suárez volveuse presentar, pero desta vez, con outro pequeno partido formado por algúns ex-membros do UCD; o CDS(Centro Democrático e Social). Pero Suárez tivo que conformarse con ser un deputado, porque foi o PSOE o que se proclamou vencedor por maioría absoluta, mentres o CDS non puido caer máis baixo, xa que ese foi practicamente o seu final.

1991 > Adolfo dimitiu como dirixente do CDS retirándose da vida política.

O rei Juan Carlos abdica!

Ao peche deste xornal, vimos de coñecer a abdicación do rei Juan Carlos I no seu fillo, o príncipe Felipe, que reinará baixo o nome de Felipe VI. Que máis nos deparará a historia? Un referéndum?, República, monarquía? Iso xa será un asunto a tratar no vindeiro número do Andaina fala 2015. Compañeiros, aí vos queda un temiña.

Suárez, monumento reformista

Nacional Por Elisa e Alba Vidal

Page 11: Revista Andaina Fala 2013-2014

11 11

O Ébola volve arrasar con todos

Cando xorde por primeira vez?

O primeiro brote de Ébola xurdiu na República Democrática do Congo, en 1976. Matou 280 persoas, dende entón producíronse 22 grandes brotes en distintas partes de África. O último ataque de Ébola estao sufrindo Guinea.

Como se transmite ?

Pénsase que se trata dunha cadea de trasmisión. Os morcegos son o hóspede do Ébola; os morcegos morden os animais, e as persoas aliméntanse dos animais. Ademais as persoas poden contaxiar o Ébola mediante a ouriña, o sangue, a suor ou o leite materno.

Ten cura ?

Non, non hai vacina ou tratamento específico.

Ten unha alta taxa de mortalidade ?

Si, padecela é pouco probable, con andazos limitados; pero cunha alta taxa de mortalidade entre 25% e 90 % dos casos. A cepa Zaire é o máis agresiva. Tras un período de incubación de 21 días, o virus provoca unha febre alta, dor de cabeza, dores musculares, conxuntivite e debilidade xeral. A seguinte etapa inclúe vómitos, diarrea e, ás veces, erupcións cutáneas. Na última etapa prodúcese coágulo obstruíndo órganos vitais.

Internacional Por Lucía, Auria e Lucas V.

Page 12: Revista Andaina Fala 2013-2014

12

Google presenta un novo modelo de gafas intelixentes chamadas Google Glass As Google glass son un dispositivo de visualización feito por Google con capacidade de sacar fotos e gravar vídeos.

O costado das Google glass ten unha superficie táctil que lles permite aos usuarios controlar o dispositivo mediante xestos como desprazar e tocar. Unha das atraccións deste produto é que pode ser controlado mediante accións de voz. Para activar glass, os usuarios poden inclinar a cabeza cara a arriba nun ángulo anteriormente configurado e dicir "ok, glass" Unha vez a glass está activada, os usuarios poden dicir unha acción, como "take a picture" (fai unha foto), "record a vídeo" (grava vídeo) así como "Google" para iniciar unha busca, "get directions to... " (guíame cara a...), "Send a message to... " (Enviar mensaxe a...), "Make a call/videocall to... " (Facer unha chamada a...).

Malaysia Airlines perde un avión Boeing 777-2H6ER Desapareceu un avión da compañía Malaysia Airlines con 239 persoas a bordo (no avión non viaxaba ningún cidadán español) voaba con destino a Pekín, ao facer o seu camiño desviouse. Malaysia, ata agora negou o accidente. A compañía aérea confirmou que ata perdeu o contacto co avión. Os familiares, tristes polas súas perdas e preocupados pola desinformación. O ministro de Transportes de Malaysia, Seri Hishammuddin negou que o avión caera nas augas que bañan Vietnam, preto da illa de Tho Chu. Os medios de comunicación estatal vietnamita dixeron: ningunha evidencia de restos na zona do avión. Polo de agora descoñécese o paradoiro deste avión...

Internacional

Page 13: Revista Andaina Fala 2013-2014

13 13

Entrevista a Juan Fernández P: Cal é o teu deporte? R: O surf. P: Cando empezaches a practicalo? R: Con 10 anos. P: Onde adoitas practicar este deporte? R: En Ferrol e na Coruña. P: Compites neste deporte? Que premios importantes gañaches? R: Si, campión galego, asturiano e segundo nunha proba europea. P: En que categoría compites? R: Sub 16 P: Tes moitas competicións ao mes? Cantas? R: Dúas ou tres ao mes. P: Onde foi o teu campionato máis importante? R: En Portugal P: Practicas outros deportes? R: Si, sky, snow e skate P: Porque elixiches o surf? R: Porque probei e gustoume máis que os deportes que practicaba antes.

Deportes máis elixidos no cole (sen contar o fútbol)

Na tempada 99-00, xa con Djalminha, Makaay e outros grandes xogadores no equipo, o Depor consegue a seu primeiro título de liga impoñéndose ao Español en Riazor con goles de Donato e de Makaay. A partir de aquí, o Depor xoga cinco anos consecutivos a Champions, estando no 2004 a piques de xogar a súa final. Dous anos antes, xa fixera historia gañándolle a final da Copa do Rei do Centenario ao Real Madrid no mesmísimo Bernabéu.

O Deportivo da Coruña foi fundado no 1906 nesta cidade. A súa historia recente pódese datar na tempada 90-91, na que no último partido de liga e con Lendoiro na presidencia e Arsenio de adestrador, conséguese contra o Murcia o esperado ascenso á primeira división. Chegan os Mauro, Bebeto, e o equipo participa por primeira vez en Europa na tempada 93-94. Nace entón o Superdepor, que a piques está de gañar a Liga se Djukic convertese o penalti do último minuto do partido contra o Valencia... Lonxe de desmotivarse, o Depor consegue o seguinte ano o seu primeiro título oficial: a Copa do Rei ante o Valencia, no diluvio do Bernabéu. No verán do 95, gánalle tamén ao Real Madrid a Supercopa de España.

Historia do Deportivo da Coruña

Deportes Por Pedro F., Auria e Lucas I.

Page 14: Revista Andaina Fala 2013-2014

14

P: Dentro de fotografía, que estudaches? R: Moda e retrato. P: Canto tempo levas como fotógrafo? R: 3 anos. P: Como te fixeches coñecer? R: Cunha imaxe corporativa. P: Gústache máis sacar fotos por libre ou con todo previsto? R: Con todo previsto P: Fixeches algunha exposición? R: Si, no hotel Finisterre ao aire libre. P: Como descubriches que querías ser fotógrafo? R: Polo cine. P: Hai algún familiar que fose fotógrafo? R: Non, pero o meu pai era afeccionado á fotografía e ao cine. P: Cando che regalaron a túa primeira cámara? R: Aos 14 anos. P: Como recordas ese momento? R: Non entendía nada pero encantábame todo.

Entrevista a Dani Cabanas e Isa Fondo P: Cres que calquera persoa pode ser fotógrafa? R: Si, pero con moita aprendizaxe detrás. Creo que a partir de 10.000 fotos, comezas a aprender fotografía. P: Recordas a primeira foto que sacaches? R: Non, pero seguramente foi unha paisaxe. P: Nun día calquera, como sabes cando sacar unha foto? R: Cando vexo algo diferente que non sexa “a visión do turista”. P: Que é o que che inspira nunha fotografía? R: O diferente. P: Tes algunha fotografía que che gustaría chegar a facer na túa carreira? R: Unhas fotos nun cruceiro. P: Fotografaches alguén famoso? R: Si, a actores de cine. P: Á parte da cámara, que obxectos precisas para unha sesión de fotos? R: Atrezzo, flashes, luz… tamén depende da luz.

Que nos gusta? Este gráfico fixérono as alumnas e os

alumnos de infantil e primaria. Pedimos a opinión das cores e das prendas de roupa preferidas. Foi unha entrevista sinxela na que participaron os de 3,4 e 5 de EI.

Moda Por Sara, Alba Souto e Balta

Page 15: Revista Andaina Fala 2013-2014

15 15

Ranking de películas | Ranking de series EN LLAMAS

É a segunda parte da famosa triloxía “Los juegos del hambre”. Katniss Everdeen volve a casa sa e salva despois de gañar os 74º Juegos del Hambre xunto ó seu compañeiro Peeta Mellark. Teñen que realizar o ‘Tour da Vitoria” arredor dos distintos distritos. Katniss comeza a darse conta de que se esta formando unha rebelión, mentres no Capitolio todo segue baixo control: O presidente Snow organiza os 75º Juegos del Hambre, ‘El Vasallaje’, unha competición especial cunha inesperada novidade que cambiará Panem para sempre.

LOS JUEGOS DEL HAMBRE

É a primeira parte da triloxía “Los juegos del hambre”. O que nun pasado foi Estados Unidos, agora é unha nación chamada Panem. Un importante Capitolio exerce un rigoroso control sobre os doce distritos que o rodean. Cada distrito esta obrigado cada ano a ofrecer a un mozo e unha moza (coa idade comprendida entre 12-18 anos) para que participe nos ‘Juegos del Hambre’ que son transmitidos por tevisión. Trátase dunha loita a morte na que só pode haber un único supervivente. Katniss Everdeen, decide substituír a súa irmá nos xogos, pero para ela, que xa viu a morte de cerca, a loita pola supervivencia é a súa segunda natureza.

LO IMPOSIBLE.

Decembro do ano 2004. María, Henry, e os seus tres fillos viaxan de Xapón a Tailandia para pasar as vacacións de Nadal descansando na praia. Unha mañá mentres se atopan todos na piscina nun complexo á beira do mar; un tremendo tsunami destrúe o hotel ao mesmo tempo que gran parte da costa do sueste asiático. A súa vida cambia para sempre, e a supervivencia é a única saída, mentres loitan por volver a estar os cinco xuntos.

LA QUE SE AVECINA.

É unha serie que trata sobre unha comunidade de veciños chamada Mirador de Montepinar. Nela, ocorren un montón de cousas humorísticas na que os personaxes (non moi normais) terán que afrontarse a tódolos problemas que provocan vivir nese edificio.

COMO CONOCÍ A VUESTRA MADRE.

É a historia dun home chamado Ted, que se desenvolve no 2030 pero baséase en feitos do 2005. Decide contarlles aos seus dous fillos a historia de como coñeceu a súa nai. Quere buscar o amor da súa vida cando Marshal e Lilly (uns amigos seus) deciden casar, e durante toda a historia busca ese amor.

MODERN FAMILY

Claire é unha ama de casa casada con Phil, con quen ten tres fillos; Jay está casado cunha muller colombiana moito menor ca el chamada Gloria e xuntos crían o seu fillo adolescente Manny, mentres que Mitchell comparte a súa vida con Tucker e xuntos acaban de adoptar un bebé vietnamita. A diversidade de tódolos personaxes lévaos a situacións en exceso cómicas.

Cine e TV Por Ada, Marián e Alba Souto

Page 16: Revista Andaina Fala 2013-2014

16

11 A I D G B H I K G F H C A E E D J N L N L C K B M F J M

B D V Y G L U J F Z C

J E A Y M K X Z T Q O

G B X L U Q J L K K S

J B C A N R C M D I E

A I T J X K S L A T M

I Q O L P R Q I T R E

U A V X W N U X S Y J

R B A C F G D I O E H

A H M I A G J S T K D

T N U Ñ P G K H A T X

O W L E O N X L G O Q

-MAMÁ, O MEU IRMÁN NON ME GUSTA. -CALA E SIGUE COMENDO.

-MAMÁ, A AVOA ESTÁ AO TELÉFONO. -POIS SÁCAA, QUE DEBE ESTAR INCÓMODA.

-DOUTOR, SÉNTOME MAL. -POIS SÉNTESE BEN.

-PAPÁ, PAPÁ, HOXE LEVANTEIME CON GAÑAS DE TRABALLAR! -VOUME DEITAR, A VER SE ME PASAN!

ACHÉGASE UNHA MULLER AO SEU HOME E DILLE: -CARIÑO ESTOU EMBARAZADA. QUE CHE GUSTARÍA QUE FORA? -UNHA BROMA.

-MAMÁ DEPENDO DUNHA MÁQUINA PARA SOBREVIVIR, NON A DESENCHUFES! -DE ACORDO, PARÉCEME BEN. DESPÍDETE DA PLAY STATION.

Humor Espellos

8 diferenzas

Atopa dez nomes de animais

Pasatempos Por Carlos, Nico, Jorge, Eloy, Lidia e Martín