Renacemento e Clasicismo

9
RENACEMENTO E CLASICISMO CONTEXTO XERAL. OS CAMBIOS DO MUNDO E A NOVA VISIÓN DOS SER HUMANO 1. O RENACEMENTO EUROPEO O Renacemento é un amplo movemento cultural -non só artístico ou literario- que transformou a vida europea a partir do século XV e, especialmente, no XVI. Este proceso supón a expansión do ideario humanista xurdido en Italia desde o século XIV. Co termo Renacemento (de renacer, 'volver nacer') faise referencia á característica fundamental deste movemento: a recuperación, o rexurdimiento da cultura clásica grega e latina. O renacer da cultura clásica, xunto coa valoración do home e do mundo, supón o paso da cultura teolóxica medieval a unha nova cultura humanista. Esta nova cultura humanista, difundida grazas á invención da imprenta por Gutenberg no século XV, os descubrimentos xeográficos (en especial o de América) e o desenvolvemento económico, marca o inicio do mundo moderno. Durante o Renacemento formáronse os grandes Estados modernos, como Francia, Inglaterra e España. Por outra banda, a crise definitiva do feudalismo permitiu o afianzamento do poder do rei - apoiado pola burguesía e o pobo chan- fronte á nobreza, que perde case todo o seu poder. Xorde así o Estado unitario, formado por súbditos rexidos baixo a fórmula da monarquía absoluta, que, como a de Carlos I en España, foise impondo como forma de goberno. O crecemento das cidades favorece a aparición dunha nova clase social, a burguesía (a palabra burgués significaba orixinariamente 'habitante do burgo ou cidade'), dedicada fundamentalmente a actividades comerciais e industriais, que, fronte aos ideais guerreiros da nobreza, impón os seus propios: o traballo, o diñeiro, a ganancia, o benestar material... 1

description

Contexto xeral. Os cambios do mundo e a nova visión do ser humano.

Transcript of Renacemento e Clasicismo

Page 1: Renacemento e Clasicismo

RENACEMENTO E CLASICISMO

CONTEXTO XERAL. OS CAMBIOS DO MUNDO E A NOVA VISIÓN DOS SER HUMANO

1. O RENACEMENTO EUROPEO

O Renacemento é un amplo movemento cultural -non só artístico ou literario- que transformou a vida europea a partir do século XV e, especialmente, no XVI.

Este proceso supón a expansión do ideario humanista xurdido en Italia desde o século XIV.

Co termo Renacemento (de renacer, 'volver nacer') faise referencia á característica fundamental deste movemento: a recuperación, o rexurdimiento da cultura clásica grega e latina.

O renacer da cultura clásica, xunto coa valoración do home e do mundo, supón o paso da cultura teolóxica medieval a unha nova cultura humanista. Esta nova cultura humanista, difundida grazas á invención da imprenta por Gutenberg no século XV, os descubrimentos xeográficos (en especial o de América) e o desenvolvemento económico, marca o inicio do mundo moderno.

Durante o Renacemento formáronse os grandes Estados modernos, como Francia, Inglaterra e España. Por outra banda, a crise definitiva do feudalismo permitiu o afianzamento do poder do rei - apoiado pola burguesía e o pobo chan- fronte á nobreza, que perde case todo o seu poder. Xorde así o Estado unitario, formado por súbditos rexidos baixo a fórmula da monarquía absoluta, que, como a de Carlos I en España, foise impondo como forma de goberno.

O crecemento das cidades favorece a aparición dunha nova clase social, a burguesía (a palabra burgués significaba orixinariamente 'habitante do burgo ou cidade'), dedicada fundamentalmente a actividades comerciais e industriais, que, fronte aos ideais guerreiros da nobreza, impón os seus propios: o traballo, o diñeiro, a ganancia, o benestar material...

1.1. O HUMANISMO

Os humanistas, homes dedicados aos studia humanitatis ('estudo das humanidades': gramática, retórica, poética, historia e filosofía moral), propuxéronse como meta a restauración dos ideais clásicos. Os dous puntos esenciais do humanismo son:

Estudo das linguas clásicas grega e latina, especialmente desta última. Xunto con iso, o interese e valoración das linguas vulgares ou romances.

A valoración entusiasta do mundo e do home, a orientación da cultura cara ao coñecemento do humano e o terreo.

O estudo das linguas clásicas trouxo consigo a difusión e a imitación dos escritores antigos. O recoñecemento da dignidade do home supuxo unha nova forma de entender a vida e o mundo, cuxas notas máis distintivas serían as

1

Page 2: Renacemento e Clasicismo

seguintes: O mundo xa non é un simple lugar de paso para a outra vida, senón un lugar

belo e digno de ser gozado. O home é o centro e a medida do mundo (antropocentrismo, fronte ao

teocentrismo medieval). O ser humano sente harmonicamente integrado na natureza, que constitúe

fonte de beleza e de pracer para os sentidos. A perfección do ser humano non radica no exercicio da virtude, senón no

desenvolvemento equilibrado de todas as súas facultades físicas e intelectuais. Por iso, o tipo ideal da época é o cortesán, que, segundo Baltasar de Castiglione, debe cultivar á vez as armas e as letras (harmonización do clérigo e o cabaleiro medievais) e exercitar e dominar actividades diversas, desde os xogos físicos ás belas artes.

Humanistas famosos foron, ademais de Petrarca e Dante, Erasmo de Róterdam nos Países Baixos; Thomas More en Inglaterra, e Luís Vives e Antonio de Nebrija en España.

1.2. A ESTÉTICA RENACENTISTA

A idea central é a imitación do clásico, considerado como o modelo de perfección. Rescátanse as ideas platónicas sobre a beleza (a arte como un ideal en relación coa forma e unha utopía para a humanidade), e a Poética de Aristóteles impón no teatro a distinción entre o estilo elevado (traxedia) e estilo baixo (comedia), así como as tres unidades de lugar, tempo e acción.

Dentro da ampla variedade da literatura renacentista, os temas máis frecuentes son:

Amor. Por influencia de Petrarca, non se canta un amor feliz e compartido, senón a melancolía, a dor ou a nostalxia, sentimentos ocasionados pola falta de correspondencia da amada ou a súa ausencia. As perfeccións físicas da amada, idealizada mediante un selecto vocabulario, permiten ao poeta participar do belo como reflexo da divindade (concepto platónico da beleza).

A natureza. A acción poética ou novelesca sitúase normalmente en paisaxes idealizados e eternamente primaverais, con fontes de auga cristalina, suaves brisas e prados verdes (tópico do locus amoenus). Esta natureza bucólica, partícipe en ocasións dos sentimentos do poeta, é o marco adecuado para o queixume amoroso e os refinados diálogos duns pastores convencionais.

A mitoloxía. Os mitos clásicos gregos e latinos, desposuídos de significación relixiosa, convértense en belas fantasías ou son utilizados como símbolos das forzas da natureza.

Outros temas clásicos, como o carpe diem ou incitación ao goce da mocidade e da vida, e o beatus ille ou eloxio da vida sinxela e retirada.

Temas filosóficos e políticos. Exponse moitas veces en forma de diálogo.

2. O Clasicismo europeo

Pero nin estes cambios nin a volta aos clásicos maniféstanse do mesmo xeito nos séculos XVI e XVII nin en todos os países. En xeral, considérase que durante o século XVI predomina o Renacemento e durante o s. XVII o Barroco ou o Clasicismo.

2

Page 3: Renacemento e Clasicismo

O BARROCO dáse fundamentalmente nos países mediterráneos e caracterízase a nivel formal, pola procura do efectismo e a expresión rebuscada, xogando co enxeño e o recargamiento expresivo e a nivel temático polo pesimismo e o desengano. Mentres tanto, nos países protestantes e en Francia desenvólvese o CLASICISMO, que si mantén o ideal de equilibrio renacentista, pero se lle engade a importancia da razón e unha interpretación moito máis estrita das normas de Aristóteles na súa Poética.

Desde o punto de vista político, a primeira metade do século XVII vén marcada pola guerra dos Trinta Anos (1618-1648) e a substitución da hexemonía continental de España pola de Francia.

O mundo do pensamento e da ciencia coñece un gran impulso, grazas, por exemplo, a teorías filosóficas como o racionalismo e o empirismo. Destacan figuras como Descartes, Pascal, Bacon ou Galileo.

O empirismo é a doutrina filosófica que sostén, por unha banda, que o coñecemento ten a súa orixe na experiencia, especialmente a que se obtén a través dos sentidos. Defende que para demostrar a verdade do coñecemento é preciso recorrer os feitos da experiencia.

Na súa primeira metade é, tamén, un tempo de crises económicas e de tensións sociais, que irán remitindo na segunda parte do século.

A LÍRICA DO AMOR: O PETRARQUISMO. ORIXES: A POESÍA TROBADORESCA E O DOLCE STIL NUOVO

A POESÍA TROBADORESCA

Poesía refinada e cortesá, orixe de toda a lírica en lingua romance, cultivouse nas cortes señoriais de Provenza dende o século xi ao xiv. Composta e cantada en lingua occitana ou provenzal polos trobadores, desenvolve sobre todo o tema do «amor cortés»: relación amorosa entre o poeta e unha dama idealizada á que rende homenaxe, pois séntese ante ela como unha especie de vasalo. Adoita ser tamén un amor desinteresado, que ennobrece o poeta, o cal adquire un compromiso de fidelidade eterna, a pesar de que nunca será correspondida Como obstáculo que se opón ao amor, aparece o marido celoso.

Os xéneros principais son: a cançó (ou canción, de tema amoroso), o sirvents (ou serventesio, de carácter satírico) e a tençó (ou disputa, discusión ou debate sobre temas variados). Cultívase tamén a albada (separación dos amantes ao amañecer despois de pasar a noite xuntos), a pastorela (encontro no campo entre un cabaleiro e unha pastora) e o pranto (lamento fúnebre por un gran personaxe, con frecuencia o protector do trobador.

Os poemas trobadorescos, que ían acompañados de anotacións musicais para o canto nas pequenas cortes feudais dos nobres, conserváronse grazas á transcrición realizada nos cancioneiros durante os séculos xiii, xiv e xv. Trátase sempre dunha poesía de elaborada factura. En total, calcúlase que o corpus trobadoresco está composto por unhas 2.500 poesías, algunhas de autor anónimo e as demais repartidas entre uns 350 poetas coñecidos.

Trobadores famosos son Bernart de Ventadorn, Marcabrú e Arnaut Daniel. A poesía trobadoresca exerceu grande influencia en toda a Europa medieval.

3

Page 4: Renacemento e Clasicismo

O DOLCE STIL NUOVO

Coñécese con este nome (tomado do canto XXIV do «Purgatorio», de Dante) unha lírica de tipo amoroso desenvolvida en Italia no século XIII.

Dente emprega o termo dolce para referirse a unha forma e un léxico baseados na musicalidade, a suavidade, a eufonía. Co vocábulo nuovo destácase a idea dun cambio estilístico e temático. Desde un punto de vista formal, os metros máis usados por esta escola poética foron o soneto, a canción e a balada, compostos en hendecasílabos e heptasílabos.

Segundo o dolce stil nuovo, a poesía ha de ser sincera, e os seus temas principais, o amor e a natureza.

O amor é concibido de forma metafísica: a beleza e a dama son ideais que contribúen a levar o amante cara a Deus e a felicidade da alma. A muller, como os anxos, participa da natureza celestial, polo que debe ser obxecto dun amor purísimo. De aquí xurdirá o tópico da donna angelicata, xa que a dama é unha especie de mensaxeira do ceo.

A natureza, pola súa banda, preséntase case sempre idealizada e primaveral.Os poetas máis destacados do dolce stil nuovo son Dante, Guido Guinizzelli e

Guido Cavalcanti.Guinizzelli compuxo a canción programática do movemento. Considera que o

amor e o corazón nobre, derivado da virtude persoal, son unha e a mesma cousa. Segundo Guinizzelli, a amada estimula a disposición innata do amante para o ben absoluto e pono en comunicación co amor divino.

Co dolce stil nuovo, o toscano, falado na rexión de Florencia, e que é a orixe do italiano, adquiriu prestixio e consolidouse definitivamente no século XIV coa achega de Boccaccio e Petrarca. De Petrarca ocuparémonos máis adiante.

DANTE ALIGHIERI Durante (Dante) Alighieri naceu en Florencia en 1265 e morreu en Rávena en

1321. Interveu nas loitas políticas da súa cidade, aliñándose co partido dos güelfos brancos. En 1301, ao triunfar o partido dos güelfos negros, viuse obrigado a abandonar Florencia, polo que viviu exiliado en diversas cidades italianas e baixo o amparo de diferentes nobres os últimos anos da súa vida.

Dante escribiu en latín varios tratados: De vulgari eloquentia, defensa da lingua toscana como instrumento literario, e De monarchia, sobre temas políticos.

En italiano escribiu Vita nuova (Vida nova), colección de sonetos e cancións dedicados integramente a Beatrice (Beatriz), a quen coñeceu en 1274 e que se converteu en ideal espiritual e amoroso da súa poesía, escrita baixo a influencia do dolce stil nuovo. Beatriz morreu en 1290, e a súa morte sumió a Dante nunha crise relixiosa que intentou superar dedicándose aos estudios.

Outras obras líricas en italiano son Canzoniere e Convivio. A súa obra máis importante é a Divina comedia e titulouna simplemente Comedia, seguindo o sentido clásico do termo, por iniciarse cos horrores do inferno e rematar felizmente no paraíso; pero, a partir do século XVI engadíuselle o adxectivo divina, tanto pola relixiosa grandiosidade do tema coma pola súa beleza literaria.

Foi escrita entre 1306 e 1320, en tercetos -estrofa inventada por Dante-, e consta de tres partes: «Inferno», «Purgatorio» e «Paraíso». Cada unha destas tres partes está composta de 33 cantos e conta cunha introdución.

O tema central é o destino das almas despois da morte.Na primeira parte, Dante percorre os nove círculos concéntricos do inferno guiado por

4

Page 5: Renacemento e Clasicismo

Virxilio, que lle vai mostrando os horrores que alí sofren os condenados, personaxes mitolóxicos ou ben contemporáneos do mesmo poeta, a maioría inimigos seus.

Na segunda parte, tamén guiado por Virxilio, percorre as nove bancadas concéntricas do purgatorio.

Na terceira, guiado por Beatriz, percorre as nove esferas celestiais do paraíso.A Divina comedia é unha obra magna coa que Dante logrou un fito que abriría novas

vías á expresión poética do pensamento humano. Entre os seus valores formais merecen destacarse os seguintes:

Afianza o uso do hendecasílabo, que será para sempre o verso por excelencia da poesía culta.

Crea a distribución dos versos en tercetos encadeados, os cales permiten composicións de longo alento, solemnes e áxiles á vez.

Usa unha lingua literaria chea de viveza e expresividade, na que inclúe tanto os vocábulos máis refinados do clasicismo de raíz latina como os termos do rexistro popular da variante toscana do italiano.A obra é en conxunto un poema alegórico que resume perfectamente os anhelos

da vida de Dante e da súa época, cunha singular fusión de cristianismo e clasicismo.

A LÍRICA DO AMOR: O PETRARQUISMO

PETRARCA naceu en Arezzo, en 1304, de familia florentina, que fuxiu como Dante ao triunfar os güelfos negros. Viviu un tempo en Aviñón, onde coñeceu a Laura, que inspiraría toda a súa obra poética en italiano.

En 1340, en recoñecemento á súa obra en latín, foi coroado en Roma como poeta.A morte de Laura en 1348, a causa da peste que se estendeu por toda Italia, provocou nel

unha fonda crise espiritual. Viviu en varias cidades ata a súa morte en Arquá en 1374.Petrarca foi un grande estudoso e admirador dos autores clásicos grecolatinos, polo que

é considerado como un dos primeiros humanistas e precursor do Renacemento.Por iso, non é de estrañar que escribise en latín algunhas das súas obras, como, por

exemplo, un extenso poema titulado África.Non obstante, a fama de Petrarca débese á súa poesía en italiano: Trionfi (Os triunfos),

poema alegórico ao xeito de Dante, e Canzoniere (Cancioneiro).

O CancioneiroNa súa forma definitiva, o Cancioneiro consta de 366 composicións, con

predominio absoluto dos sonetos (317). No Cancioneiro conflúen tres correntes:• A da tradición provenzal, cuxo código do amor cortés segue exercendo un

importante influxo.• A da poesía da corte siciliana do século anterior, que impuxo as súas

innovacións formais (<soneto e hendecasílabo). • A influencia máis directa do dolce stil nuovo.O primeiro soneto abarca en si mesmo o tempo ao representar a perspectiva

dun poeta maior e máis sabio que mira cara atrás e contempla os erros de mocidade do home que foi, expresando arrepentimento e vergoña polos vans sufrimentos e vas esperanzas.

Pero o tema dominante faise presente ao longo do Cancioneiro: o amor or Laura “in vita “ e “in morte”, o que dota á obra dunha grande unidade.

1ª parte (in vita):

5

Page 6: Renacemento e Clasicismo

• Dominada pola influencia stilnovista. Comeza a desenvolverse o motivo das queixas amorosas

• Mito de Laura : Cantada pola beleza e virtude / altiveza e desprezo.Tensión: razón/desexo; desesperación e esperanza, atrevemento e medo…

expresadas en metáforas como o “lume que xea” (dolce amaro).• Sonetos do presentimento: anúnciase a morte de Laura.

2ª parte (in morte)• Levada ao ceo, convértese nunha muller comprensiva, consolo e camiño de

salvación.• O poeta chama pola morte, confesa o erro por tela amado demasiado.Nas dúas últimas cancións do ciclo, leva a cabo un acto de contrición definitivo,

depositando todas as súas esperanzas en Deus e rezándolle á o Virxe María, a quen ofrece unha peza de amor pedíndolle misericordia e bo consello, o fin dos seus sufrimentos e un comezo de salvación.

No estilo empregado para a expresión do amor son de notar os seguintestrazos:• o uso dunha linguaxe sinxela e á vez exquisita, cunha depurada selección

léxica en busca do refinamento e a elegancia, e que habería de marcar o camiño da lingua poética de séculos posteriores.

• O emprego abundante de recursos retóricos que contribúen a suxerir matices moi variados do sentimento. Destacan as figuras baseadas nas oposicións (antíteses, paradoxo, oxímoro) e, especialmente, as metáforas, algunhas de gran orixinalidade.

Habería de ser a vea lírica amorosa de Petrarca a que influíse decisivamente en toda a poesía renacentista europea, dando lugar á corrente denominada petrarquismo. A influencia do Petrarca inclúe tanto aspectos formais como temáticos. Nos temas destacará o culto á beleza, o protagonismo da natureza (bucolismo) e do amor, da man do cal está a muller como eixo en torno ao que vira a filosofía do amor petrarquista, ao xeito do amor cortés.

En Italia o petrarquismo tivo bos continuadores como Pietro Bembo e Jacopo Sannazaro; en Portugal foi poeta petrarquista Luís de Camoens; en España introduciron o petrarquismo Garcilaso de la Vega e Juan Boscán.

6