Ud2.o Renacemento Artístico

24
UD. 2. O RENACEMENTO, UNHA NOVA CONCEPCIÓN DA ARTE. O Renacemento é unha nova concepción da arte que se desenvolveu no século XV e XVI. Xurdiu en Italia no século XV (Quattrocento) e estendeuse polo resto de Europa no século XVI (Cinquecento). Durante o século XV o principal foco artístico foi Florencia e no XVI Roma e Venecia. A arte renacentista aplicou ao campo da arte as ideas humanistas. Ao igual que os humanistas, os artistas do Renacemento considerábanse sucesores dos mestres grecorromanos e buscaron a inspiración a través da contemplación de obras e edificios da Antigüidade. 1. CARACTERÍSTICAS DO RENACEMENTO. O modelo artístico foi a Antigüidade clásica. Por iso, os artistas baseáronse nos materiais e formas dos autores gregos e romanos. Os arquitectos inspiráronse directamente nos vestixios arqueolóxicos, mentres que os pintores e escultores inspiráronse, sobre todo, na mitoloxía clásica e utilizárona como tema para as súas obras. Tamén exaltaron a beleza do corpo humano - como sucedía na escultura clásica - e retomaron os canons clásicos. A arte inspirouse na Natureza , e intentou representar fielmente a realidade. Para iso, recorreu ás veces a métodos matemáticos, como módulos para calcular as proporcións; e a perspectiva lineal para representar a profundidade. Recuperouse o antropocentrismo . Os edificios fixéronse a escala humana, e o ser humano foi o protagonista de esculturas e pinturas nas que se buscou a beleza ideal, a serenidade e o equilibrio. Os grandes temas relixiosos continuaron sendo unha das principais fontes de inspiración. Non obstante, os personaxes sagrados humanizábanse, con frecuencia eran representados e vestidos como se fosen persoas do Renacemento, rodeados de paisaxes e edificios contemporáneos. Por outra banda, a revalorización do individuo reflectiuse na proliferación dos retratos, de modo que príncipes, nobres e burgueses desexaron deixar a súa imaxe para a posterioridade.

description

A arte Renacentista 3º da ESO

Transcript of Ud2.o Renacemento Artístico

Page 1: Ud2.o Renacemento Artístico

UD. 2. O RENACEMENTO, UNHA NOVA CONCEPCIÓN DA ARTE.

O Renacemento é unha nova concepción da arte que se desenvolveu no século XV e XVI. Xurdiu

en Italia no século XV (Quattrocento) e estendeuse polo resto de Europa no século XVI

(Cinquecento). Durante o século XV o principal foco artístico foi Florencia e no XVI Roma e

Venecia.

A arte renacentista aplicou ao campo da arte as ideas humanistas. Ao igual que os humanistas,

os artistas do Renacemento considerábanse sucesores dos mestres grecorromanos e buscaron a

inspiración a través da contemplación de obras e edificios da Antigüidade.

1. CARACTERÍSTICAS DO RENACEMENTO.

O modelo artístico foi a Antigüidade clásica. Por iso, os artistas baseáronse nos materiais

e formas dos autores gregos e romanos. Os arquitectos inspiráronse directamente nos

vestixios arqueolóxicos, mentres que os pintores e escultores inspiráronse, sobre todo, na

mitoloxía clásica e utilizárona como tema para as súas obras. Tamén exaltaron a beleza do

corpo humano - como sucedía na escultura clásica - e retomaron os canons clásicos.

A arte inspirouse na Natureza, e intentou representar fielmente a realidade. Para iso,

recorreu ás veces a métodos matemáticos, como módulos para calcular as proporcións;

e a perspectiva lineal para representar a profundidade.

Recuperouse o antropocentrismo. Os edificios fixéronse a escala humana, e o ser

humano foi o protagonista de esculturas e pinturas nas que se buscou a beleza ideal, a

serenidade e o equilibrio. Os grandes temas relixiosos continuaron sendo unha das

principais fontes de inspiración. Non obstante, os personaxes sagrados humanizábanse,

con frecuencia eran representados e vestidos como se fosen persoas do Renacemento,

rodeados de paisaxes e edificios contemporáneos. Por outra banda, a revalorización do

individuo reflectiuse na proliferación dos retratos, de modo que príncipes, nobres e

burgueses desexaron deixar a súa imaxe para a posterioridade.

Page 2: Ud2.o Renacemento Artístico

2. A CONSIDERACIÓN SOCIAL DOS ARTISTAS E O MECENAZGO.

Os artistas melloraron a súa consideración social. Moitos destacaron en varias disciplinas

(pintura, escultura, arquitectura), asinaron as súas obras, e foron apoiados por ricos mecenas,

como os Médici en Florencia e os papas en Roma. Por primeira vez, a arte converteuse nun

obxecto de mercado e os mecenas encargaron obras aos seus artistas preferidos. Lourenzo de

Medici era un grande amante das letras e das artes. Por iso invitou á súa corte a escritores e

artistas, e a súa xenerosidade como mecenas valeulle o sobrenome de o Magnífico. Protexeu a

artistas como Sandro Boticelli, Leonardo da Vinci e Miguel Anxo Buonarrotti. Tamén formou un

círculo de humanistas para estudar os filósofos gregos (Platón) no que participaron os filósofos

Marsilio Ficino e Pico della Mirandola. Tamén fundou a Biblioteca Laurenciana, que reunía gran

cantidade de obras clásicas.

3. A ARQUITECTURA E AS SÚAS ETAPAS.

Os arquitectos inspiráronse nos modelos clásicos; empregaron a pedra como material; e o

dominio das liñas horizontais fronte a verticalidade do gótico.

Utilizaron como elementos arquitectónicos as ordes gregas (dórico, xónico e corintio) e

romanas (que ademais das gregas, incluía a toscana e composta), os arcos de medio punto,

Page 3: Ud2.o Renacemento Artístico

frontóns, grandes cúpulas e as cubertas planas ou abovedadas (con frecuencia, con

casetóns).

Como elementos decorativos empregaron medallóns (con frecuencia con putti ou

anxelotes), aparello almofado (perpiaños nos que sobreae a parte central sobre as arestas),

fornelas que rematan en forma de venera e que poden acoller figuras, guirnaldas, candelieri e

grutesco (decoración formada por seres fantásticos, vexetais e animais entrelazados).

Page 4: Ud2.o Renacemento Artístico

Os edificios eran máis pequenos e menos elevados ca os góticos, porque desexaban

adaptalos ás proporcións do corpo humano. Os arquitectos buscaban crear un espazo

harmónico co uso de elementos sinxelos e ordenados. Para a buscar a simetría, aplicaron

proporcións matemáticas nos edificios.

Page 5: Ud2.o Renacemento Artístico

Os edificios máis destacados foron as igrexas, con planta de cruz latina, basilical ou

centralizada; e os palacios, con varios pisos horizontais, patio (cortile) interior, ampla cornixa

sobresaínte e portas e ventás rematadas en frontóns.

➢ No século XV, o berce do novo estilo foi a cidade de Florencia. Nesta cidade, Filippo

Brunelleschi inaugurou o Renacemento coa cúpula da catedral de Florencia. Despois, creou os

modelos de igrexa e palacio renacentista (igrexa de San Lourenzo, onde emprega a perspectiva

lineal, e palacio Pitti). Tamén destacou León Battista Alberti, autor da fachada da igrexa de

Santa María Novella, San Andrés en Mantua e do palacio Rucellai.

Page 6: Ud2.o Renacemento Artístico

➢No século XVI, o centro da arquitectura italiana trasladouse a Roma, onde os papas impulsaron

un gran número de construcións. Destacan San Pietro in Montorio, obra de Bramante, e a

basílica do Vaticano diseñada por Bramante e continuado por outros arquitectos, entre eles

Michelangelo Buonarrotti. En Venecia, xeneralizouse a construción de vilas. Andrea Palladio

foi un dos principais arquitectos desta cidade. Unha das súas obras máis coñecidas é a coñecida

como Vila Rotonda.

Page 7: Ud2.o Renacemento Artístico
Page 8: Ud2.o Renacemento Artístico
Page 9: Ud2.o Renacemento Artístico

4. A ESCULTURA E AS SÚAS ETAPAS.

A escultura tamén seguiu os modelos da Antigüidade clásica e adquiriu independencia

respecto da arquitectura (gusto polas obras de vulto redondo/exentas). Prestou unha grande

importancia ao corpo humano, ás proporcións e aos estudos anatómicos dos personaxes,

de aí a abundancia de nus. Buscaban a beleza ideal e as composicións equilibradas e

simétricas. Predominio de composicións piramidais, equilibradas e pechadas sobre si

mesmas. Estabilidade, repouso, serenidade nas expresións. Algúns autores, especialmente a

partir do segundo terzo do século XVI, realizaron obras de maior dinamismo e fan xirar as figuras

sobre si mesmas (xiro helicoidal), como a de Giambologna (imaxe inferior esquerda).

Os seus temas preferidos foron os relixiosos, os mitolóxicos e os retratos (ao igual que

en Roma tamén se fixeron retratos ecuestres, é dicir, de personaxes a cabalo, que nos recordan

a estatua romana de Marco Aurelio a cabalo que se conserva en Roma).

A maioría das esculturas, igual que acontececía na Antigüidade, realizábanse en bronce

ou en mármore.

Page 10: Ud2.o Renacemento Artístico

➢Os escultores máis destacados do século XV foron Ghiberti, polos relevos que decoran as

Portas do Paraíso, no baptisterio de Florencia; e Donatello, por esculturas como o David ou o

Condottiero Gattamelata, a primeira estatua ecuestre que se facía en Italia desde época romana.

➢O escultor por excelencia do século XVI foi Michelangelo Buonarrotti (Miguel Anxo), que

realizou obras en mármore de gran forza expresiva (terribilità) e perfección anatómica. Entre elas,

o David, Moisés, varias piedades e as tumbas dos Médici.

Page 11: Ud2.o Renacemento Artístico

5. A PINTURA E AS SÚAS ETAPAS.

Os temas que os pintores recrearon foron: a mitoloxía clásica, as escenas relixiosas

(pero tratadas de forma diferente respecto á Idade Media, agora podemos dicir que estaban

tratadas desde un punto de vista máis humano) e o retrato psicolóxico, así como o gusto por

mostrar a natureza, a miúdo idealizada. Ao igual que na escultura, preocupáronse pola procura

da beleza ideal e das proporcións. As composicións eran pechadas encadradas en formas

xeométricas (triángulos, círculos), é dicir, composicións equilibradas. Repouso e serenidade nas

expresións. Luz diáfana na pintura (distribuída uniformemente pola pintura). Como técnicas

Page 12: Ud2.o Renacemento Artístico

empregouse o óleo e o fresco, fundamentalmente.

Para realizar as súas composicións, utilizaron as leis da perspectiva, que lles permitiu dar

ás obras sensación de volume e profundidade. Para conseguilo, os pintores utilizaban efectos

de luces e sombras (claroscuro), graduaban a cor, incluían fondos que daban a sensación de

afastamento e empregaban o escorzo, que consiste en representar figuras de forma

perpendicular ao espectador.

➢No Quattrocento sobresaíron: Masaccio, o primeiro en aplicar a perspectiva, con obras como a

Trinidade (fresco no interior de Santa María Novella) os frescos da Capela Brancacci, destacando

o Pagamento do tributo; Mantegna, virtuoso do escorzo como na obra Cristo Morto; ou Boticelli,

que conseguiu captar o movemento das figuras. Autor de obras como o Nacemento de Venus ou

a Primavera.

Page 13: Ud2.o Renacemento Artístico

➢No Cinquecento destacaron:

Leonardo da Vinci. Mestre do sfumato, técnica que dilúe os contornos para crear

profundidade. Autor da Gioconda, a Virxe das Rochas ou a Sagrada Cea.

Page 14: Ud2.o Renacemento Artístico

Miguel Anxo. Autor dos frescos da Capela Sixtina. No teito aparecen escenas do Antigo

Testamento e no muro frontal, o Xuízo Final. As súas figuras teñen moita forza. Mostrou

grande interese polo un, o movemento, a variedade de posicións, o debuxo e a

respresentación do volume.

Page 15: Ud2.o Renacemento Artístico

Rafael. Dominou a cor e mais a composición. Unha das súas obras máis coñecidas é A

Escola de Atenas. Tamén destacan as súas Virxes co neno e numerosos retratos.

Tiziano. Foi un excelente retratista e un mestre da cor. Destacan obras como A Venus de

Urbino ou o retatro de Carlos V en Mühlberg.

6. O RENACEMENTO FÓRA DE ITALIA.

A arte do Renacemento italiano estendeus epor Europa durante o século XVI. Moitos reis e

Page 16: Ud2.o Renacemento Artístico

nobres chamaron ás súas cortes a artistas italianos ou compraron obras de arte italianas que

serviron de modelo aos artistas. Ademais, algúns artistas europeos acudiron a Italia para formarse

e, a súa volta, introduciron o novo estilo nos seus países.

➢En Alemaña, a figura máis importante foi o pintor Albrecht Dürer (Durero), que tamén foi un

gran debuxante e gravador. As súas obras máis destacadas son os seus propios autorretratos e

Adán e Eva. Outros pintores foron Hans Holbein o Mozo e Lucas Cranach o Vello.

➢En Francia, o Renacemento impúxose durante o reinado de Francisco I, que construíu

numerosos castelos-palacio ao longo do val do Loira, como o de Chambord. Leonardo da Vinci

pasou os últimos días da súa vida na corte de Francisco I.

➢En Flandres, a influencia italiana foi moi

escasa debido á forte personalidade da súa escola pictórica do século XV, que xa experimentaba

coa perspectiva e coa pintura ao óleo. A pintura flamenga do século XVI desenvolveu un estilo

propio, relfexo tamén dunha sociedade burguesa que compraba obras de arte.

Esta escola mostrou unha grande orixinalidade por:

O gusto polo detalle e polo realismo.

O escaso uso dos temas mitolóxicos da Antigüidade grecorromana e dos temas

relixiosos.

O desenvolvemento do paisaxismo, das escenas cotiás e dos retratos familiares.

Page 17: Ud2.o Renacemento Artístico

No século XV destacaron Jan van Eyck, que perfeccionou a técnica ao óleo e realizou

retratos como O matrimonio Arnolfini (1434) e Rogier van der Weyden, que pintou obras de

temática relixiosa.

No século XVI sobresaíu Pieter Brueghel o Vello, que mesturou as achegas renacentistas

con escenas de xénero de tradición falmenga, que representaban escenas da vida cotiá (festas

populares, mercados, etc.).

5. O RENACEMENTO ESPAÑOL.

5.1. A evolución cultural.

No Reinado dos Reis Católicos, os humanistas máis destacados foron Luís Vives; Beatriz

Galindo, chamada “La Latina” polo seu gran coñecemento desta lingua, e Antonio Nebrija, que

redactou a primeira gramática en castelán.

No século XVI comezo o Século de Ouro, a etapa máis florente da cultura española que

se prolongou tamén durante o século XVII. Durante este século, o ensino alcanzou nivel e

prestixio nas universidades de Alcalá de Henares, Salamanca e Valladolid. En literatura

destacaron Garcilaso de la Vega; no teatro, a novela picaresca (Lazarillo de Tormes), e a

Page 18: Ud2.o Renacemento Artístico

mística (Santa Teresa de Xexús e San Juan de la Cruz). En ciencia sobresaíu Miguel Servet,

teólogo e científico que expuso por primeira vez en Occidente a teoría da circulación pulmonar do

sangue.

5.2. A arquitectura renacentista.

A arquitectura española do Renacemento pode dividirse en tres períodos ou estilos:

a) O plateresco (1500-1530) mantivo as formas góticas no interior, pero recubriu a

facahda con decoración renacentista. Esta incluía medallóns, grutescos, e outros

motivos, realizados cunha minuciosidade semellante ao traballo dun prateiro, de aí o

nome do estilo. Exemplos son a fachadas da universidade de Salamanca ou o Hospital

dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.

b) O purismo (1530-1560) adoptou elementos construtivos renacentistas (columnas,

linteis e frontóns) e simplificou e aumentou o tamaño da decoración. Os principais

edificios son o palacio de Carlos I, en Granada, e a fachada da universidade de Alcalá

de Henares. En Galicia, sobresae a porta de Carlos V, en Viveiro, ou a fachada de

Hontañón na Catedral.

Page 19: Ud2.o Renacemento Artístico

c) O herreriano (1560-1600) toma o nome do seu arquitecto máis famoso, Juan de

Herrera. Caracterizouse polas formas simples, con predominio de volumes cúbicos,, as

cubertas exteriores de lousa e a nudez decorativa. O edificio máis importante é o

mosteiro-palacio de El Escorial. En Galicia, constrúese o Mosteiro de Nosa Señora

da Antiga en Monforte que é coñecido como o Escorial galego.

5.3. A escultura renacentista.

Os escultores españois do Renacemento crearon un estilo propio, con trazos diferentes

aos do resto de Europa. Caracterizouse pola importancia das tallas en madeira policromada; o

realismo; e a temática principalmente relixiosa, con preferencia polos asuntos dramáticos que

Page 20: Ud2.o Renacemento Artístico

permitían expresar os sentimentos nos rostros e nas actitudes dos personaxes.

As obras en madeira tiveron como destino principal os retablos das igrexas, os

cadeirados de coro, e os pasos procesionais. Para os sepulcros utilizáronse sobre todo a

pedra e o alabrastro; e, en menor medida, o mármore.

Os escultores máis famosos foron Alonso de Berruguete, por obras como o Sacrificio de

Isaac, e Juan de Juni, autor do Enterro de Cristo.

5.4. A pintura renacentista.

A pintura renacentista estivo influída polos grandes mestres italianos e a súa temática foi

principalmente relixiosa.

Entre os pintores máis famosos descaron Juan de Juanes, Luis de Morales e, sobre

todo, O Greco (Domenico Theotocopuli).

O Greco caracterizouse polas figuras de proporcións alongadas, que adoitan adoptar

posturas complexas; as composicións complicadas; as luces fortes, brillantes e irreais; e o

predominio de tonalidades avermelladas e azuladas.

A temática da pintura do Greco foi, principalmente, relixiosa. Expresou as ideas da

contrarreforma católica, especialmente, a importancia do culto aos santos e á Virxe que eran

rexeitados polos protestantes.

Entre as súas obras máis coñecidas encóntranse O Expolio (1577), O martirio de San

Mauricio e a lexión tebana (1580), O enterro do conde de Orgaz (1588), e retratos como O

cabaleiro da man no peito (1584).

Page 21: Ud2.o Renacemento Artístico

PREGUNTAS:

1)Onde xurde e cando o Renacemento artístico? En que períodos se subdivide? Con que séculos se

corresponde? Cal será o foco artístico (cidade) en cada etapa?

Page 22: Ud2.o Renacemento Artístico

2)Cales son as características xerais do Renacemento? Explica a súa vinculación co Humanismo.

3)Que consideración social tiñan os artistas do Renacemento? Que eran os mecenas? Cita un mecenas

importante.

4)Cales son as características da arquitectura renacentista? Que arquitecto comezou a utilizar a perspectiva

nas súas obras?

5)Realiza un cadro cos arquitectos e obras máis destacados do século XV e do século XVI.

6)Identifica nesta obra elementos arquitectónicos que nos permita identificar esta obra como renacentista:

7)Que características presenta a escultura renacentista? Que materiais se empregaban?

8)Realiza un cadro cos escultores máis detacados do século XV e os do século XVI e as súas respectivas

obras.

9)Que características presenta a pintura renacentista? Como se lograba a profundidade nas obras? Cal foi

o primeiro pintor en empregar a perspectiva? Que é o escorzo? Que pintor o usa maxitralmente na súa obra

o Cristo Morto?

10)Realiza un un cadro cos pintores máis detacados do século XV e os do século XVI e as súas respectivas

obras.

11)Cal foi a innovación de Leonardo da Vinci no campo da pintura? Como eran as figuras das obras

pictóricas de Miguel Anxo? E as composicións de Rafael Sanzio? En que destacou Tiziano?

12)De que forma se expandiu o Renacemento por Europa?

13)Que pintor destacou en Alemaña? Na corte de rei francés se estendeu o Renacemento artístico? Onde

se construíron numerosos castelos de corte renacentista?

14)Por que foi “orixinal” a pintura flamenga dos séculos XV e XVI? Pódese dicir que esté influenciada polo

Renacemento italiano? Por que? Que pintores flamengos destacaron no século XV? E no século XVI?

15)Busca información sobre o Matrimonio Arnolfini e responde:

a) A simboloxía iconográfica que encerra. http://artecreha.com/de-iconografia-el-matrimonio-arnolfini-2/

ou o vídeo https://www.youtube.com/watch?v=YsQXNiQM4gA

b)Indaga ti en internet sobre quen son os retratados

c)Le este enlace http://arte-iesjosemartinrecuerda.blogspot.com.es/2014/01/el-matrimonio-arnolfini-

andrea.html e, en primeiro lugar, cita unha ou dúas características da escola flamenga que aparezan nesta

obra, e en segundo lugar, en que obra dun pintor español posterior influirá?

Page 23: Ud2.o Renacemento Artístico

16)Que tres estilos podemos diferenciar na arquitectura renacentista española? Que características

presenta cada etapa? Que obras destacan?

17)Que características presenta a escultura renacentista española e que a fan diferente á italiana? Cita

dous escultores.

18)Cales son as características das obras do Greco? Cita as súas obras máis importantes. A patir da obra

O enterro do señor Orgaz, responde: Podes consultar estes enlaces:

http://clio.rediris.es/fichas_arte/orgaz1.htm

http://ciudaddelastresculturastoledo.blogspot.com.es/2014/01/personajes-en-el-entierro-del-conde.html

a)Identificación e localización. Sitúa cronolóxica e xeograficamente a obra. Onde se atopa situada?

b)Descrición e iconografía. Que representa a escena? Distingue os dous planos da representación. Que

personaxes aparecen en cada un? Que atributos os identifican?

c)Análise artística. Que características da pintura de O Greco observas? Que é o “horror vacui”? Hai puntos

de fuga? Logra dar profundidade á obra? Como é a luz empregada? E os corpos das figuras?

d)Relación entre arte e sociedade. Pode considerarse como un retrato colectivo da sociedade da época?

Xustifica a túa resposta.

19)Relaciona cada un destes pintores coas características que os definen.

Pintor Característíca

Masaccio Sfumato (técnica que dilúe os contornos para crear sensación de

profundidade). A súa obra máis coñecida é a Gioconda.

Mantegna Excelente retratista e mestre da cor. Pinta a Carlos V a cabalo en

Mühlberg.

Botticelli Primeiro en empregar a perspectiva. Destaca tamén pola

sensación de volume nos corpos. A Trinidade é unha das súas

obras máis importantes.

Leonardo da Vinci Capta o movemento das figuras. Destaca un ideal de beleza

caracterizado pola esbeltez e o lirismo. Obvia na súas obras a

perspectiva. Traballou para a familia dos Médicis.

Miguel Anxo Figuras dunha anatomía moi desenvolvida. Figuras con moita

forza. Pintou a Capela Sixtina.

Rafael Virtuoso do escorzo. Destaca a súa obra Cristo morto e o retrato

colectivo da Cámara dos Esposos en Mantua.

Tiziano Dominou a cor e mais a composición (composicións equilibradas).

Destacan as súas madonnas e A Escola de Atenas.

20)Observa estas dúas obras de Miguel Anxo (A Piedade do Vaticano e a Piedade Rondanini), investiga na

Internet en que datas realizou cada unha (podes consultar estes enlaces:

http://web.educastur.princast.es/ies/arzobisp/Alumnos/HISTORIA/PDF/LA%20PIEDAD%20DEL

%20VATICANO.pdf

http://yo-y-el-arte.blogspot.com.es/2012/02/las-cuatro-piedad-de-miguel-angel.html

A que época da obra de Miguel Anxo pertence cada unha?

Page 24: Ud2.o Renacemento Artístico

Cal cres que deixou incompleta?

En cal das dúas obras cres que lle importou máis a Miguel Anxo a beleza formal e en cal cres que

se preocupou máis por mostrar sentimentos?

Cal das dúas imaxes che parece máis plenamente renacentista? Por que?

En cal das dúas as proporcións se vén alteradas? Pensas que isto ten algo que ver cos sentimentos

ou o momento persoal e espiritual do artista? Razoa a túa resposta.

Cal ten unha composición piramidal? En cal observas unha composición pechada? Cal che

transmite maior sosego e serenidade?

Realizou algunha outra Piedade? Cal? A cal das dúas que acabamos de estudar se che parece

máis? Foi feita na mesma etapa do artista?