renacemento 110517020217-phpapp02

73

Transcript of renacemento 110517020217-phpapp02

Page 1: renacemento 110517020217-phpapp02
Page 2: renacemento 110517020217-phpapp02

1. CAMBIOS ECONÓMICOS E SOCIAIS

- 3 cambios principais na Europa dos S. XV e XVI:

a) Recuperación da poboación.

b) Crecemento económico.

c) Transformación social.

Europa a principios do S.XVI

Page 3: renacemento 110517020217-phpapp02

A) RECUPERACIÓN DA POBOACIÓN: destacan 3 momentos diferentes:

No século XIV a poboación minguou dramáticamente por tres causas:

Malas colleitas: provocando desnutrición e fame entre a poboación campesiña.

Guerras e revoltas. Ex: guerra civil castelá ou revolta irmandiña.

Peste negra: iniciada en 1348. Acabou coa cuarta parte da poboación do continente

Page 4: renacemento 110517020217-phpapp02

No século XV a situación mellorou e a poboación comezou a medrar lentamente.

No século XVI a poboación medrou moito.

Distribución da poboación europea no S.XVI

Page 5: renacemento 110517020217-phpapp02

B) CRECEMENTO ECONÓMICO.

Tras unha crise no S.XIV. Durante os séculos XV e XVI a economía europea coñeceu unha fase de prosperidade.

Causas do crecemento:

O incremento da poboación.O descubrimento de novas

terras, que incrementou o comercio.

Innovacións: mellora do sistema bancario.

Page 6: renacemento 110517020217-phpapp02

C) TRANSFORMACIÓN SOCIAL.

A sociedade seguiu dividida en estamentos.

Os dous estamentos privilexiados seguían sendo a nobreza e o clero.

Pero producíronse cambios:

A burguesía logrou gran preeminencia: destacan banqueiros e comerciantes ricos que cadaron gran poder (Ex: os Médici en Florencia ou os Fugger en Alemaña).

Moitos campesiños servos pasaron a ser persoas libres

Page 7: renacemento 110517020217-phpapp02

Realeza

Alta nobrezae alto clero

SEPARACIÓN ENTRE OSPRIVILEXIADOS E O POBO

Grupos medios (artesánse comerciantes ricos,labregos ricos, oficiosliberais, etc.)

Estratos máis pobres(servos, xornaleiros,traballadores asalariadosde oficios baixos, etc.)

Nobreza media (patriciado urbano,cabaleiros, etc.)

Grupos modestos(campesiños conterras, artesánse comercianteshumildes, oficiais, etc.)

Marxinados

Pirámide social europea de finais da Idade Media

Page 8: renacemento 110517020217-phpapp02

2. CAMBIOS POLÍTICOS

No século XV os reis europeos seguiron reforzando o seu poder, impoñéndose á nobreza, Igrexa, cidades e Parlamentos. Por iso, chamámolas monarquías autoritarias.

Para reforzar o seu poder:

Crearon una burocracia profesional: funcionarios (ministros, secretarios, escribintes, chambeláns...) que traballaban directamente para o rei.

Fortaleceron o exército: as tropas eran pagadas polo monarca, así, xa non dependía das mesnadas dos nobres.

Aumentaron os impostos. Crearon unha rede diplomática: para manter

relacións (Ex: alianzas matrimoniales) con outros países.

Page 9: renacemento 110517020217-phpapp02

Burocracia Impostos

Exército poderoso

Rede diplomática

CARACTERÍSTICAS MONARQUÍAS AUTORITARIAS

Page 10: renacemento 110517020217-phpapp02

Texto: O fin xustifica os medios

[…] Hai tanta diferenza entre cómo se vive e cómo se debería vivir, que aquel que deixa o que se fai polo que debería facerse marcha á súa ruína, pois un home que en todas partes queira facer profesión de bo é inevitable que se perda entre tantos que non o son. Polo que cómpre que todo príncipe que queira manterse aprendaa non ser bo, e a practicalo ou non de acordo coa necesidade. […] Non debe preocuparse gran cousa de incorrer na infamia de vicios sen os que dificilmente podería salvar o Estado, porque se consideramos isto con frialdade, veremos que, ás veces, o que semella virtude é causa de ruína, e o que semella vicio só acaba por traer o benestar e a seguridade.

NICOLÁS MAQUIAVELO, O príncipe, 1513. Adaptado

Page 11: renacemento 110517020217-phpapp02

Ao mesmo tempo, a corte deixou de ser itinerante e estableceuse nunha cidade fixa, sede do goberno.

As principais monarquías autoritarias foron:Francia: tras impoñerse a Inglaterra na Guerra dos Cen anos, os reis franceses fortaleceron o seu poder. Inglaterra: destaca o reinado de Henrique VIII (primera metade do S.XVI), quen se impuxo aos nobres, e aumentou o poder real. Rusia: Ivan III (“o Grande”) conquistou territorios e proclamouse zar (emperador) Rusia. Monarquía hispánica: os Reis Católicos unificaron os territorios ibéricos.

Page 12: renacemento 110517020217-phpapp02

Europa en 1500

Page 13: renacemento 110517020217-phpapp02

3. OS REIS CATÓLICOS.

A inicios do S.XV a Península Ibérica atopábase dividida en cinco reinos: Coroa de Castela, Coroa de Aragón, Reino de Navarra, Reino de Portugal e Reino de Granada.

Tras a morte do rei castelán Henrique IV (1474) iniciouse unha nova guerra civil en Castelá, con dous bandos enfrontados: Partidarios da súa filla Xoana (“a Beltranexa”). Partidarios da súa irmá Isabel (futura Isabel “a Católica”).

Page 14: renacemento 110517020217-phpapp02

A guerra terminou coa victoria de Isabel, quen se convertiu en raiña.

Isabel estaba casada con Fernando, príncipe herdeiro ao trono da Coroa de Aragón. Por tanto, cando os dous accederon ao trono, produciuse a unión dinástica entre as Coroas de Castela e Aragón (1479).

Foi unha unión persoal, cada reino mantivo as súas propias leis e institucións.

Page 15: renacemento 110517020217-phpapp02

No anverso apareceo retrato de ambosos reis e a inscriciónen latín: “o que uniuDeus que nono separe o home”.

No reverso apareceo nome de ambos os reisrodeando o escudo comúnde ambas as coroas trasa unión dinástica.

UNIÓN DINÁSTICA

Page 16: renacemento 110517020217-phpapp02

Principais aspectos do seu reinado:

POLÍTICA INTERIOR- Pacificaron o reino, para o cal crearon a

Santa Irmandade (corpo policial para loitar contra os bandidos e controlar á nobreza) e a Chancelaría.

- Aumentaron o control sobre as cidades nomeando en cada cidade correxidores (funcionarios que representaban aos reis).

- Reforzaron a Facenda real, quitándolle terras e privilexios aos nobres.

- Crearon un exército profesional e permanente.

Page 17: renacemento 110517020217-phpapp02

POLÍTICA EXTERIOR: Levaron a cabo unha expansión territorial:

- Reino de

Granada: último territorio musulmán, conquistado en 1492.

- Reino de Navarra: conquistado por Fernando en 1512.

- Nápoles: reincorporado á Coroa de Aragón.

- Territorios africanos: Melilla, Orán,...

- Illas Canarias.- Descubrimento e

conquista de América.

Page 18: renacemento 110517020217-phpapp02

UNIDADE RELIXIOSA: para conseguir esto, os Reis Católicos levaron a cabo tres accións principais:

Creación Tribunal da Inquisición: para perseguir e castigar aos herexes (persoas que se desvían da ortodoxia católica).

Expulsión dos xudeus (1492): 80.000 persoas foron expulsadas de España. Os que se quedaron tiveron que convertirse ao catolicismo (xudeuconversos), e foron sometidos ao control e persecución da Inquisición

Expulsión dos musulmáns (1512): todos os musulmáns que quixeran permanecer en España debían convertirse ao catolicismo (mouriscos).

Page 19: renacemento 110517020217-phpapp02

Torturas nun proceso da Inquisición

Expulsión dos xudeus (1492)

Page 20: renacemento 110517020217-phpapp02

FIN DO REINADO:

- Á morte de Isabel (1502) o trono de Castela non pasou a Fernando (que seguiu sendo rei de Aragón) senón á súa filla maior Xoana (alcumada “a Tola”).

- A suposta incapacidade de Xoana para gobernar fixo que a rexencia fora exercida polo seu pai Fernando, ata a maioría de idade do fillo de Xoana, Carlos.

- Carlos herdou as dúas Coroas (Aragón e Castela), polo que a unión dinástica foi definitiva (Carlos I).

Page 21: renacemento 110517020217-phpapp02
Page 22: renacemento 110517020217-phpapp02

4. CAMBIOS CULTURAIS: HUMANISMO E RENACEMENTOA) HUMANISMO

Humanismo = corrente cultural europea que se desenvolveu nos séculos XV e XVI.

As súas características foron:

Preocupación polo ser humano, que para os humanistas era o centro do mundo (non Deus).

Inspiración na Antigüidade clásica (Grecia e Roma)

Defensa da razón e a experiencia coma vías para atopar a verdade.

Curiosidade por todas as materias (Arte, Mediciña, Matemáticas, Astronomía...)

Home de Vitrubio de Leonardo da Vinci

Símbolo do Humanismo

Page 23: renacemento 110517020217-phpapp02
Page 24: renacemento 110517020217-phpapp02
Page 25: renacemento 110517020217-phpapp02

UN EXEMPLO DE HUMANISTA:

LEONARDO DA VINCI (1452- 1520)

Page 26: renacemento 110517020217-phpapp02

- A mentalidade humanista provocou un forte desenvolvemento das ciencias (mediciña, astronomía, xeografía, cartografía...). 2 descubrimentos principais:

☺ Nicolás Copérnico desenvolveu a teoría heliocéntrica = Sol é o centro do Universo, e o resto de planetas xiran arredor del. A Igrexa opúxose e negou esa teoría.

☺ Miguel Servet descubriu a circulación sanguínea. Foi xulgado queimado por herexe.

Teoría heliocéntrica

Page 27: renacemento 110517020217-phpapp02

B) RENACEMENTO ITALIANO.

O Renacemento é o nome do estilo artístico que se desenvolveu nos séculos XV e XVI.

3 características principais:

♬ Os artistas inspiráronse na Antigüidade (Grecia e Roma) e rexeitaron a arte medieval (Románico e Gótico).

♬ o ser humano pasou a ser o centro da arte.

♬ os artistas preocupáronse por plasmar a beleza.

Cúpula da Catedral de Florencia

(F. Brunelleschi)

Escola de Atenas (Rafael)

Page 28: renacemento 110517020217-phpapp02

Distínguense dúas etapas:

Quatrocento o século XV: o centro artístico foi Florencia.

Cinquecento o século XVI: o centro artístico foi Roma, grazas ao mecenado de papas (Xulio II, León X...)

Os artistas (xa non artesáns) contaban co apoio dos mecenas = persoas ricas que financiaban obras de arte e protexían aos artistas

Page 29: renacemento 110517020217-phpapp02

3 artes principais:

a)Arquitectura:

- Características:

✔Recuperación dos elementos clásicos (arcos medio punto, frontóns, columnas clásicas...).

✔Proporcións adaptadas ao ser humano. Por tanto os edificios son máis pequenos e menos elevados que no Gótico

✔Orde e harmonía.

Fachada deSanta María Novella, Florencia (L. Alberti)

Palazzo Pitti, Florencia (Brunelleschi)

Page 30: renacemento 110517020217-phpapp02

- Cinquecento:

Bramante: primeiro proxecto do Vaticano.

Miguel Anxo: cúpula do Vaticano.

Palladio: vilas e igrexas en Venecia.

- Quattrocento:

Brunelleschi: cúpula da Catedral de Florencia, Igrexa de San Lourenzo de Florencia.

Alberti: Fachada de Santa María Novella de Florencia e Igrexa de Santo André de Mantua

Page 31: renacemento 110517020217-phpapp02

Cúpula do Duomo de Florencia

Igrexa de San Lorenzo (arriba) e Hóspital dos Inocentes

(abaixo), Florencia

Page 32: renacemento 110517020217-phpapp02

Igrexa de San André de Mantua

Fachada de Santa María Novella

(Florencia)

Page 33: renacemento 110517020217-phpapp02

Imaxes do proxecto da Basílica de San Pedro do

Vaticano, Roma

Templete de San Pietro in Montorio (Roma

Page 34: renacemento 110517020217-phpapp02

Cúpula de San Pedro do Vaticano (Roma)

Plaza do Capitolio (Roma)

Page 35: renacemento 110517020217-phpapp02

ANDRÉ PALLADIO(1508-1580)

Igrexa de Santa María Maggiore (Venecia)

Villa Rotonda

Igrexa doRedentor(Venecia)

Page 36: renacemento 110517020217-phpapp02

Cornixa

Friso

Capitel

Frontón

Balaustrada

Fuste

Arco de mediopunto

Elementos constructivos clásicos

Page 37: renacemento 110517020217-phpapp02

Elementos constructivos clásicos

Planta basilical

Capitel dórico Capitel xónico

Capitel corintio

Bóveda de canón Arco de medio punto

Page 38: renacemento 110517020217-phpapp02

b) Pintura:

- Características:

Creación da perspectivaCreación da perspectiva = técnica para dar sensación de profundidade a unha pintura a través da cor, as composicións ou o escenario.

Preocupación polas proporcións Preocupación polas proporcións e a belezae a beleza: os rostros e corpos tentan ser ideais, inspirándose na Antiguidade clásica.

Amplitude nos temas: Amplitude nos temas: ademáis de escenas relixiosas, representábanse outras (mitolóxicas, nus, retratros…).

Page 39: renacemento 110517020217-phpapp02

- Quattrocento: destacan pintores florentinos:

Masaccio: iniciador da perspectiva. Ex: O Tributo da moeda, A Trinidade.

Botticelli: Escenas mitolóxicas: O Nacemento de Venus ou A Primaveira.

- Cinquecento: o principal centro é Roma e Venecia Leonardo: Inventa o sfumato (técnica pictórica que consiste en difuminar os contornos das figuras). Ex: A Gioconda e A Última Cea.Miguel Anxo: Gran expresividade e movemento. Ex: frescos da Capela Sixtina (Creación de Adán e Xuízo Final). Rafael: : Estancias do Vaticano (Escola de Atenas) e madonnas. Tiziano: máximo pintor veneciano. Destaca en retratos (Carlos V) e cadros mitolóxicos (Danae).

Page 40: renacemento 110517020217-phpapp02

TOMMASSO MASACCIO TOMMASSO MASACCIO (1401-1428)(1401-1428)

Trinidade

Expulsión

do Paraíso

Tributo da moeda

Page 41: renacemento 110517020217-phpapp02

SANDRO BOTTICELLI SANDRO BOTTICELLI (1455-1510) (1455-1510)

A Primaveira

Page 42: renacemento 110517020217-phpapp02

LEONARDO DA VINCI (1452-1520)

A GiocondaA Gioconda

Virxe das Virxe das RochasRochas

Última Cea

Page 43: renacemento 110517020217-phpapp02

MIGUEL ANXO MIGUEL ANXO

BUONARROTI (como BUONARROTI (como

pintor) (1475-1564) pintor) (1475-1564) Capela Sixtina: Xuízo Final

Page 44: renacemento 110517020217-phpapp02

RAFAEL SANZIO RAFAEL SANZIO (1483-1520)(1483-1520)

Estancias vaticanas:

Escola de Atenas

Madonna do xílgaro

Page 45: renacemento 110517020217-phpapp02

TIZIANO VECELLIO TIZIANO VECELLIO (1477-1576)(1477-1576)

Carlos V en Carlos V en MülhbergMülhberg

DanaeDanae

Page 46: renacemento 110517020217-phpapp02

b) Escultura:

- Características: Importancia das proporcións e dos Importancia das proporcións e dos

estudos anatómicos.estudos anatómicos. Xéneros:Xéneros: nu, retrato, mitoloxía e

escultura ecuestre (figura a cabalo) Materiais: Materiais: bronce e mármore.

BacoMiguel Anxo

CondotieroGattamelata

Donatello

Page 47: renacemento 110517020217-phpapp02

- Quattrocento:

☺ Ghiberti: Portas do Paraíso.

☺ Donatello: San Xurxo, David, A Madalena, O Gattamelata…

- Cinquecento:

☺ Miguel Anxo: David, Piedade do Vaticano, Moisés, Piedade Rondanini…

Page 48: renacemento 110517020217-phpapp02

LORENZO LORENZO GHIBERTI (1378-GHIBERTI (1378-

1455)1455)

Portas do Paraíso

Baptisterio de Florencia

Page 49: renacemento 110517020217-phpapp02

DONATELLO (1386-1466)

San XurxoSan Xurxo DavidDavid Madalena Madalena PenitentePenitente

Page 50: renacemento 110517020217-phpapp02

MIGUEL ANXO MIGUEL ANXO BUONARROTI (escultor) BUONARROTI (escultor)

(1475-1564)(1475-1564)

Piedade Piedade do do

VaticanoVaticano

Piedade de Florencia

Piedade Rondanini

Page 51: renacemento 110517020217-phpapp02

DAVID(15DAVID(15

04)04)

MIGUEL MIGUEL

ANXOANXO

Page 52: renacemento 110517020217-phpapp02

Moisés (1515)

MIGUEL ANXO

Page 53: renacemento 110517020217-phpapp02

c) EXPANSIÓN DO RENACEMENTO.

- O estilo renacentista extendeuse desde Italia a outras zonas de Europa, sobre todo no S. XVI.

- Fóra de Italia, destaca a figura de Alberto Durero, pintor que introduxo o Renacemento en Alemaña (Ex: Adán e Eva).

Alberto Durero

Autorretrato

Adán e Eva

Alberto Durero

Page 54: renacemento 110517020217-phpapp02

En España, a arte renacentista impúxose no S.XVI, en todas as ramas da arte:

Arquitectura: o Gótico seguiu sendo o estilo predominante, pero a arquitectura renacentista desenvolveu tres estilos diferentes:

a) Estilo italiano: imitaba os edificios italianos. Exemplos: palacio de Carlos V na Alhambra de Granada.

b) Estilo herreriano: caracterizado pola súa austeridade (= falta de decoración). Exemplo: mosteiro de San Lourenzo do Escorial,

Madrid.

c) Estilo plateresco: decoración abundante e variada. Exemplo: fachada da Universidade de Salamanca.

Page 55: renacemento 110517020217-phpapp02

ESTILO ITALIANOPalacio de Carlos V

na Alhambra de Granada

Catedral de Granada

Page 56: renacemento 110517020217-phpapp02

ESTILO HERRERIANO:O ESCORIAL

Colexio

Palacio Real Igrexa

Convento

Biblioteca

Fachadaprincipal

Patiosdos Reis

Page 57: renacemento 110517020217-phpapp02

ESTILO PLATERESCO

Fachada da Universidade de Salamanca

Page 58: renacemento 110517020217-phpapp02

Escultura:

Predominan as tallas en madeira policromada, en que se plasman intensos sentimentos relixiosos.

Principal escultor: Alonso Berruguete.

Pintura:

Principal pintor: O Greco, destaca o seu uso da cor e as figuras alongadas: O enterro do conde de Orgaz, O cabaleiro da man no peito.

O sacrificio de Isaac

Alonso Berruguete

Page 59: renacemento 110517020217-phpapp02

O enterro do conde de Orgaz

Cabaleiro coa man no peito

DOMÉNIKOS THEOTOKÓPULOS (O GRECO) (1541-1614)

Page 60: renacemento 110517020217-phpapp02

5. CAMBIOS RELIXIOSOS: REFORMA E

CONTRARREFORMAA) REFORMA PROTESTANTE.- Que é? movemento de reforma da Igrexa

católica no S. XVI impulsado dende diversas partes de Europa do norte e centro (territorio alemán, Suiza, Países Baixos, Inglaterra...).

- Causa: crise relixiosa a finais da Idade Media que incluía: Excesivo luxo e riqueza da xerarquía católica (bispos, arcebispos, cardenais). Falta de preparación dos sacerdotes. Tráfico de reliquias e indulxencias (perdón dos pecados a cambio de diñeiro).

Page 61: renacemento 110517020217-phpapp02

División de Europa por relixións (Século XVI)

Page 62: renacemento 110517020217-phpapp02

- Inicio da Reforma protestante: a Reforma luterana = Movemento encabezado polo monxe alemán Martiño Lutero. Principios do luteranismo:

Salvación pola fe (non por mercar indulxencias).

Relación directa entre os fieis e Deus (sen sacerdotes de intermediarios).

Interpretación libre da Biblia polos fieis.

Mantemento de só dous sacramentos (bautismo, eucaristía).

Prohibición do culto á Virxe e aos santos.

Negación da autoridade do Papa.

Page 63: renacemento 110517020217-phpapp02

O Imperio alemán en tempos de Martín Lutero, caracterizado

pola súa división en moitos territorios independentes

Martin Lutero (1483-1546)

Page 64: renacemento 110517020217-phpapp02

Texto: Contra as indulxencias

Por que o Papa, cuxa riqueza é maior ca a de moitos grandes ricos, non edifica polo menos a basílica de San Pedro cos seus propios cartos, no canto de facelo co dos pobres fieis?

As indulxencias, polas que os predicadores prometen grandes méritos, non teñen más ca un, o de entregar diñeiro. Hai que aprenderlles aos cristiáns que o que se lles dá aos pobres ou presta aos necesitados é mellor ca gañar indulxencias

M. LUTERO, 95 tese

Page 65: renacemento 110517020217-phpapp02

- A Reforma luterana expandiuse por boa parte de Europa (Alemaña, países bálticos) no S.XVI, ademáis xurdiron novos movementos de reforma relixiosa:

✟ Calvinismo:

- Movemento encabezado por Xoán Calvino en Xenebra (Suiza).

- Defendía a predestinación = as persoas estaban condenadas ou salvadas ao nacer, sen importar as súas obras.

- Extendeuse por Países Baixos, as illas Británicas e parte de Francia

Page 66: renacemento 110517020217-phpapp02

Interior dun templo calvinista

Os calvinistas non decorabanos seus templos con obrasde arte nin riquezas porqueconsideraban que era unhamostra de ostentacióncontraria ao espíritoevanxélico.

Retiraron as imaxesrelixiosas porquenegaban o culto ásiconas.

Aínda que en moitoscasos empregaronas antigas igrexascatólicas, eliminarontoda a decoracióne as imaxes.

Page 67: renacemento 110517020217-phpapp02

✞ Anglicanismo: movemento encabezado polo rei Henrique VIII de Inglaterra, que quería divorciarse da súa muller, Catarina de Aragón, e casarse con Ana Bolena.

O Papa negouse a concederlle o divorcio e Henrique decidiu crear a súa propia Igrexa: a Igrexa anglicana, á fronte da cal estaría o rei de Inglaterra, non o Papa.

Page 68: renacemento 110517020217-phpapp02

HENRIQUE VIII (1491-1547)

As seis esposas de Henrique VIII

Page 69: renacemento 110517020217-phpapp02

Divisións relixiosas en Europa

Page 70: renacemento 110517020217-phpapp02

B) A CONTRARREFORMA.

- Movemento reformador dentro do seo da Igrexa católica, coma resposta á Reforma protestante.

- Os contrarreformistas reuníronse no Concilio de Trento (1545), na que tomaron unha serie de medidas:

☹ Confirmouse a doutrina católica, elaborada ao longo dos séculos: validez dos sacramentos, a supremacía do Papa, o culto á Virxe e santos.

☹ Fundación seminarios, para mellorar a formación dos sacerdotes.

☹ Fundación da Compañía de Xesús (xesuítas) = orde relixiosa usada polos papas para extender as ideas contrarreformistas.

Page 71: renacemento 110517020217-phpapp02

Concilio de Trento (1545)

San Ignacio de Loyola, fundador da Compañía de

Xesús.

Emblema dos xesuítas

Page 72: renacemento 110517020217-phpapp02

C) CONSECUENCIAS DA REFORMA E CONTRARREFORMA.

- As consecuencias foron moi negativas:

✄ División de Europa en 2 bloques relixiosos: católicos e protestantes.

✄ Guerras de relixión entre os 2 bloques: moi sanguentas e duradeiras (ex: Francia e imperio alemán).

Carlos V na batalla de Mulhberg (1547) por

Tiziano, contra os príncipes protestantes

Noite de San Bartolomé: asasinato de miles de protestantes en Francia (1572)

Page 73: renacemento 110517020217-phpapp02

✄ A intolerancia xeneralizouse por toda Europa: nos países católicos perseguíase aos protestantes e á inversa, prohibíronse e queimáronse libros e perseguiuse a científicos e pensadores que foran contra o dogma relixioso (ex: Miguel Servet, Tomás Moro,…).

✄ A Inquisición (creada en España polos Reis Católicos), extendeuse a todos os países católicos e perseguiu duramente a calquera que se apartara do dogma católico.

Galileo xulgado pola Inquisición