REAL ACADEMIA GALEGA O Día das Letras Galegas 2008 estará … · 2008. 1. 11. · O Plenario da...

3
buscar Portada | Portada en PDF | Edición impresa | Hemeroteca | RSS Miércoles 11.07.2007 | Actualizado 01.56 SECCIONES Tema del Día Santiago Comarcas Galicia España Internacional Deportes Economía Cultura Sociedad Comunicación Opinión Gente Periodismo ciudadano CANALES Autoridad Portuaria de A Coruña Cultura [email protected] REAL ACADEMIA GALEGA O Día das Letras Galegas 2008 estará dedicado ó escritor tudense Álvarez Blázquez O escritor tudense, exemplo perfecto do que se chama, hoxe ás veces, un bo polígrafo A institución nomeou tamén académico de honra o británico John Rutterford pola súa vinculación coa nosa terra DELEGACIÓN • A CORUÑA O Plenario da Real Academia Galega, reunido onte en sesión ordinaria, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2008 ao egrexio tudense Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 - Vigo, 1985). Así mesmo, nomeouse Académico de Honra da Real Academia Galega a John Rutherford (Saint Albans, Inglaterra, 1941). Xosé María Álvarez Blázquez publicou en vida tres libros de versos: Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950) e Canle segredo (1976). Se Poemas de ti e de min paga un belo tributo ao popularismo, ao imaxinismo e ao neotrobadorismo, Roseira do teu mencer, constitúese como un libro profundamente conmovedor, pois ninguén ten cantado tan altamente na nosa lingua a emoción da paternidade. En canto a Canle segredo, é un libro grave, sabio e fondo do que Ferrín dixo que se se publicara no tempo en que foi escrito tería sido o ·· ¿Es positivo invertir en energía eólica a pesar de su impacto en el paisaje gallego? Si No aceptar resultados O Día das Letras Galegas 2008... | El Correo Gallego - Diario de la Capital de Galicia http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_content&task=view&id=21525&idMenu=10&idNoticia=183376 | 11-07-2007 3:28:59 | p. 1/4

Transcript of REAL ACADEMIA GALEGA O Día das Letras Galegas 2008 estará … · 2008. 1. 11. · O Plenario da...

  • buscar

    Portada | Portada en PDF | Edición impresa | Hemeroteca | RSS Miércoles 11.07.2007 | Actualizado 01.56

    SECCIONES

    Tema del Día Santiago Comarcas Galicia España Internacional Deportes Economía Cultura Sociedad Comunicación Opinión Gente Periodismo ciudadano

    CANALES

    Autoridad Portuaria de A Coruña

    Cultura [email protected]

    REAL ACADEMIA GALEGA

    O Día das Letras Galegas 2008 estará dedicado ó escritor tudense Álvarez Blázquez O escritor tudense, exemplo perfecto do que se chama, hoxe ás veces, un bo polígrafo A institución nomeou tamén académico de honra o británico John Rutterford pola súa vinculación coa nosa terra

    DELEGACIÓN • A CORUÑA

    O Plenario da Real Academia Galega, reunido onte en sesión ordinaria, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2008 ao egrexio tudense Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 - Vigo, 1985). Así mesmo, nomeouse Académico de Honra da Real Academia Galega a John Rutherford (Saint Albans, Inglaterra, 1941).

    Xosé María Álvarez Blázquez publicou en vida tres libros de versos: Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950) e Canle segredo (1976).

    Se Poemas de ti e de min paga un belo tributo ao popularismo, ao imaxinismo e ao neotrobadorismo, Roseira do teu mencer, constitúese como un libro profundamente conmovedor, pois ninguén ten cantado tan altamente na nosa lingua a emoción da paternidade.

    En canto a Canle segredo, é un libro grave, sabio e fondo do que Ferrín dixo que se se publicara no tempo en que foi escrito tería sido o

    ··

    ¿Es positivo invertir en energía eólica a pesar de su impacto en el paisaje gallego?

    Si

    No

    aceptar resultados

    O Día das Letras Galegas 2008... | El Correo Gallego - Diario de la Capital de Galicia

    http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_content&task=view&id=21525&idMenu=10&idNoticia=183376 | 11-07-2007 3:28:59 | p. 1/4

  • Canal Bodas Canal Inmobiliario Canal Moda Club Internacional de Prensa Compostela Cultura Concellos de Galicia Cursos Defensor del lector Deputacións galegas Elecciones Especiales Gallegos del año Gastronomía Grandes empresas galegas Másteres Noticiario Dixital Nuevas tecnologías Salud Universidad Vida social

    DEPORTES Y OCIO

    Autos Lobelle Carreira Pedestre Popular Cines Cineuropa Clasificaciones fútbol Compras Fiestas Fórmula 1 Liga de Campeones Motor Música Televisión

    SERVICIOS

    Agenda 5 estrellas Axenda comunicación Blogs

    sinal dun cambio de rumbo da poesía galega.

    Extrema brevidade

    A obra narrativa en galego de Xosé María Álvarez Blázquez é de menor importancia, non por calidade, senón pola súa extrema brevidade. Perdidos os Relatos d"Os ruíns, que ía publicar Ánxel Casal no ano 1936, os cinco contos de A pega rabilonga, de feitío moi clásico, son practicamente -e lamentablemente- a súa totalidade.

    Xosé María Álvarez Blázquez foi o exemplo perfecto do que antes se chamaba, e aínda se chama ás veces, un polígrafo. A historia xeral e local, a arqueoloxía, a literatura, foron só algunhas das erudicións que cultivou.

    Erudito non aséptico, senón patriota, Xosé María Álvarez Blázquez -que ingresou na Real Academia Galega cun discurso sobre Cantares e romances vellos prosificados- realizou importantes achegas en materia de literatura popular e ilustrada, así como de arqueoloxía, de historia, de etnografía, e pronunciou innumerables conferencias e discursos, entre os cales cómpre salientar o primeiro do que hai noticias, pronunciado en Tui no ano 1934 e publicado pola Federación de Mocidades Galeguistas: Berro en lembranza dos herois de Carral.

    Este mesmo espírito militante sería o do seu derradeiro libro impreso en vida, libro aínda máis doloroso por tratar de quen fora o seu xefe político, amigo persoal e mesmo curmán por matrimonio: Alexandro Bóveda. Apunte biográfico (1983).

    Afecto por Galicia

    O doutor John Rutterford é profesor titular da Facultade de Español, Fellow do Queen"s College, e Director do Centre for Galician Studies de Oxford. Dentro da Hispanística o labor académico de Rutherford é recoñecido polos seus traballos sobre a literatura mexicana da época da Revolución; pero é recoñecido principalmente polas súas traducións de obras emblemáticas, entre elas La Regenta (Penguin Classics 1984), única tradución ó inglés; e Don Quixote (Penguin Classics 2000).

    Pero non é isto o que xustifica o nomeamento como Académico de Honra senón a súa vinculación, os seus traballos e as súas actividades referidos a nosa comunidade autónoma.

    Desde a desaparición do hispanista Aubrey FitzGerald Bell (1881-1950), autor da Spanish Galicia (1922) foron moi poucos os hispanistas británicos que prestaron atención a Galicia e á súa cultura ata os anos 60.

    Apareceu despois desa data un grupo deles que volveu poñer Galicia no seu foco, algún por curiosidade intelectual, outros por razóns intelectuais e afectivas; este é o caso do doutor John Rutherford. Seguramente porque nel se mesturan dos dous intereses é polo que podemos consideralo na actualidade o representante

    O escritor e poeta tudense Xosé María Álvarez Blázquez FOTO: Gallego

    Canal Compras

    Cambie de vivienda Financiación 100 x 100 y sin avales, le financiamos su nueva vivienda. PVP: Consultar

    GPS Navman 07 M300 GPS navman para deportes naúticos. Con cronómetro automatizado. PVP: 166,51 €

    Anticaspa Actúa reduciendo la proliferación celular que se observa en la caspa, la dermatitis seborreica y eczema. PVP: 14,00 €

    Más Productos

    O Día das Letras Galegas 2008... | El Correo Gallego - Diario de la Capital de Galicia

    http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_content&task=view&id=21525&idMenu=10&idNoticia=183376 | 11-07-2007 3:28:59 | p. 2/4

  • Callejero Edición impresa Foro Compostela Deporte Galería Gráfica Guía del Polígono del Tambre Horóscopo Páginas amarillas Páginas blancas Portadas en PDF Sorteos Sudoku Tarifas y contacto Tiempo Webcam

    SUPLEMENTOS

    Altermundo El Correo 2 Bolboreta Descubrir Hoxe Venres Lecer Océano Internet Revista das Letras Universidade

    máis destacado do hispanismo británico en relación coa nosa terra.

    Prolífico labor de editor

    É ben coñecido o papel de Xosé María Álvarez Blázquez como editor, aínda que non está de máis recordar a súa dedicación a este mester no que contou sempre con xente á que contribuíu a promocionar e da que deixou rico testemuño.

    En 1950 fundou, con Luís Viñas Cortegoso, a Editorial Monterrey, que conta co mérito histórico de amparar o nacemento da chamada Nova Narrativa Galega publicando os libros fundacionais de Rodríguez Mourullo.

    Pero aínda máis importante foi a segunda xeira, iniciada en 1967, das Edicións Castrelos, obra persoal exclusivamente súa. As Edicións Castrelos débeselles o fenómeno da Colección O Moucho, libros do pobo pra o pobo; pero tamén a popularización da obra de Rosalía e de Curros, e máis aínda da do propio Pondal, que estaba reducida a moi pequenas minorías e que se vendeu por milleiros de exemplares na Colección Pombal. E tampouco non se esquecían os contemporáneos: Celso Emilio Ferreiro, Xosé Neira Vilas, Méndez Ferrín, Xohana Torres ou Manuel María .

    UN PAPEL BEN COÑECIDO

    PARTICIPA

    Encuestas

    Escribe tu comentario

    comentarios [ 2 ]

    XA ERA HORA.

    Creador, editor e decidido apoio de creadores. ¿Quen con maiores méritos para recibir esta recompensa póstuma? Xa era hora...

    PENOUCHO 01.07.2007 21.41

    MOI ACERTADO

    Expreso a miña satisfacción por teren valorado a singular figura de JOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ que era merecente desta honra, que, por fin, chegou. Parabéns.

    PENOUCHO 01.07.2007 13.55

    Alias

    Clave Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

    Título

    Comentario

    O Día das Letras Galegas 2008... | El Correo Gallego - Diario de la Capital de Galicia

    http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_content&task=view&id=21525&idMenu=10&idNoticia=183376 | 11-07-2007 3:28:59 | p. 3/4