É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair...

27

Transcript of É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair...

Page 1: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia
Page 2: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

É un proxecto educativo de Anaya para Educación Primaria.

P E Z AP E Z A

A

Na realización desta proposta didáctica interviñeron:

• Edición: Concha Martínez.

• Deseño e gráficos: Patricia G. Serrano e Juan Carlos Quignon.

• Ilustración: Carlos Gallego.

• Maquetación: Antonio Sereno.

• Edición gráfica: Mar Merino.

• Fotografías: Agefotostock (Planet Observer/Universal Images Group; Chris Parker), Agencia EFE (Telecinco; Ángel Díaz; Xoán Rey; Coolmedia/Zuma Press; Facundo Arri-zabalaga; Lavandeira jr.), Arquivo Anaya (Candel, C.; Canto, M.; Cosano, P.; Enríquez, S.; García Pelayo, Á.; Lezama, D.; Lucas, J.; Martín, J.A.; Martínez Bravo, R.; Martínez, C.; Ortega, Á.; Padura, S.; Peñuela Py, E.; Pozo, Mauricio; Quintas, D.; Ramón Ortega, P.-Fo-toteca de España; Rivera Jove, V.; Ruiz, J.B.; Sanguinetti, J.A.-Fototeca de España; Ste-el, M.; Valls, Remedios; Vázquez, A.),Cordon Press/Alamy (Luiz Rampelotto/Pacific Press; Historic Collection), Cordon Press/Nature Picture Library (José B. Ruiz), Esther Mayo Lestón, Getty Images (James Brand/Taxi), Istock/Getty Images, 123RF (e colaboradores).

Agradecementos: KFundación Rosalía de Castro. Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e Distrito Xermar. Agrupación Astronómica Coruñesa «ÍO», Marta Cor-tacans e Agrupación Cultural «Alexandre Bóveda». Concello de Santiago de Compos-tela e grupo de teatro «Os Quinquilláns». Animosa, Alma y Coraje. Distega (Nikis Gali-cia). Alejandro Canedo Liñares. Norwegian Airlines. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social (Xunta de Galicia). Dirección General de Juventud de la Consejería de Universidades, Igualdad y Deporte (Gobierno de Cantabria). Enkarterriko Udal Mankomunitatea (Mancomunidad de Municipios de Las Encartaciones). Departament de Treball, Afers Socials i Families (Generalitat de Catalunya). Museo Galego de Historia Natural (Universidade de Santiago de Compos-tela). Consellería de Medio Rural (Xunta de Galicia). ARD Ría de Muros e Noia, a Ría da Estrela. Asociación «As San Lucas» e Xosé Vizoso. Campaña impulsada pola Xunta de Galicia con motivo do 4 de outubro, Día Mundial dos Animais. Deseña: Idea, Creatividad y Comunicación. Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega. The Blair Partnership.

As normas ortográficas seguidas son as establecidas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega na última edición das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas en 2003.

As nosas publicacións manteñen o rigor no uso e na selección dos contidos, nas imaxes e na linguaxe para cumprir coa non-discriminación por razón de xénero, cultura ou opinión.

© GRUPO ANAYA, S.A., 2020 - C/ Juan Ignacio Luca de Tena, 15 - 28027 Madrid.

Reservados todos los derechos. El contenido de esta obra está protegido por la Ley, que establece penas de prisión y/o multas, además de las correspondientes indemnizaciones por daños y perjuicios, para quienes reprodujeren, plagiaren, distribuyeren o comunicaren públicamente, en todo o en parte, una obra literaria, artística o científica, o su transformación, interpretación o ejecución artística fijada en cualquier tipo de soporte o comunicada a través de cualquier medio, sin la preceptiva autorización.

Page 3: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

Comunicámonos ........................................................... 101

ÍndicePeza a Peza ................................................................................................................. 4

Materiais .............................................................................................................................. 8

Proposta didáctica DEMODEMO

Comunicámonos .................................................................... 291

Recursos DEMODEMO

Page 4: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

Peza a Peza ofrece, co contrastado ri-gor curricular de Anaya, un proxecto no que o profesorado e o alumnado cobran o máximo protagonismo a través dunha metodoloxía competencial. Metodoloxía que conecta a realidade persoal e social próxima ao alumnado xerando curiosi-dade, e formulando actividades e tarefas emocionantes que supoñen retos motiva-dores nos que destacan dous elementos básicos: a investigación e aprender fa-cendo. Todo iso, desde unha secuencia-ción de contidos coherente e coordinada entre todas as áreas ao longo da etapa.

A partir deste enfoque, e de xeito flexi-ble, o proxecto brinda a posibilidade de incorporar metodoloxías activas, estra-texias cooperativas, habilidades persoais e sociais para a xestión das emocións e o desenvolvemento do emprendemento, apostando pola igualdade e a inclusión. Do mesmo xeito, é prioritario propo-ñer metodoloxías que xeren estratexias de pensamento que contribúan a que o alumnado memorice, recorde, analice e valore as súas propias aprendizaxes.

A competencia en comunicación lingüís-tica é primordial para acceder ao coñece-mento que permite comprender o mundo que nos rodea e desenvolver habilidades de convivencia. Por iso, Peza a Peza incor-pora un Plan Lingüístico secuenciado no que participan todas as áreas facilitando a adquisición das destrezas de compren-sión e expresión oral e escrita.

Un proxecto baseado na aprendizaxe

competencial

4

P E Z AP E Z A

A

Page 5: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

En relación coa avaliación, e máis alá da calificación das materias realizada polo profesorado, é esencial que o alumnado desenvolva estratexias de autoavaliación para reflexionar sobre as súas aprendi-zaxes e para analizar, valorar e evidenciar os avances, os logros e as dificultades.

De forma transversal, en todas as áreas e cursos da etapa, a clave TIC favorece o fomento de competencias relacionadas coa planificación, a xestión e a elabora-ción de traballos, a comunicación e a co-laboración na Rede e o uso responsable das tecnoloxías, contando coa colabora-ción das familias.

Peza a Peza é un proxecto flexible, no que o profesorado e o alumnado teñen un auténtico protagonismo que pon en xogo as estratexias máis adecuadas para conseguir aprendizaxes competenciais.

Peza a Peza

O proxecto no que todo encaixa

5

Page 6: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

Estes son os piares do proxecto:

Sobre eles constrúense as súas 8 pezas clave,

que encaixan, de maneira flexible,

en todas as áreas de todos os cursos de Primaria.

Motivación

Inclusión

Igualdade

FamiliaFlexibilidade

Rigor curricular

Aprendizaxe competencial

Tarefas emocionantes

Metodoloxías activas

Proxecto coordinado e cohesionado

P E Z AP E Z A

A

Page 7: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

As pezas clave

A aprendizaxe baseada en Retos é unha das metodoloxías máis moti-vadoras. Fundaméntase na apren-dizaxe competencial e dá sentido práctico aos coñecementos ad-quiridos vinculándoos co ámbito persoal, familiar e social do alum-nado.

Metodoloxía

Organizado, secuenciado e inte-grado en todas as áreas, contribúe ao desenvolvemento de habilida-des orais e escritas e á aprendi-zaxe dos diferentes aspectos rela-cionados co uso da linguaxe.

Plan Lingüístico

Promove as distintas habilida-des de emprendemento nas súas tres dimensións, persoal, social e produtiva, de xeito transversal en todas as áreas a través dunha se-cuencia progresiva de actividades ao longo de toda a etapa.

Cultura emprendedora

As estratexias de pensamento fo-mentan a competencia de apren-der a aprender; contribúen a que o alumnado tome conciencia dos seus procesos mentais e a que ac-túe de forma reflexiva e crítica.

Desenvolvemento do pensamento

Integra o uso das TIC como recurso para obter información, seleccionala e utilizala cunha finalidade concre-ta, desenvolver a cidadanía dixital e as competencias de planificación, xestión e elaboración de traballos, pasando a ter un uso para a aprendi-zaxe e o coñecemento (TAC).

TIC

Incorpora estratexias que lle per-miten ao alumnado participar na avaliación da súa aprendizaxe ana-lizando «que aprendeu» e «como aprendeu», acompañando a súa análise co uso do portfolio e outros instrumentos que faciliten unha va-loración obxectiva.

Avaliación

Ofrece situacións de aprendizaxe secuenciadas en todas as áreas que atenden ao crecemento persoal e social do alumnado, para que sexa consciente das súas emocións e das dos demais, poida comprendelas, controlalas e modificalas.

Educación emocional

A aplicación de técnicas coopera-tivas favorece a aprendizaxe, incre-menta a participación e o sentido de responsabilidade do alumnado xerando capacidades de comuni-cación e cooperación.

Aprendizaxe cooperativa

Page 8: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

8

1Primaria

ben

P E Z AP E Z A

ALibrosUn libro por curso cun enfoque competencial para aprender aplicando o estudado. Os li-bros están organizados en doce unidades e preséntanse en volumes trimestrais. Na web www.anayaeducacion.es encontrará as audi-cións de todos os textos indicados no libro.

Material para o alumnado

As claves do proxectoPresenta, de xeito sinxelo e práctico, cada unha das claves didácticas do proxecto, os obxec-tivos, a fundamentación e a secuenciación ao longo da etapa, as técnicas ou as estruturas asociadas, etc.

Propostas didácticas Ofrecen un valioso recurso para guiar os pro-cesos de ensino-aprendizaxe. Reproducen as páxinas do libro do alumnado para facer máis práctica a súa aplicación, así como as solucións das actividades propostas, as suxestións de aplicación das pezas clave do proxecto e os re-cursos complementarios.

Recursos Presentan, para cada unidade, fichas fotoco-piables para a atención á diversidade e pro-bas de avaliación. Ademais, a web de Anaya, www.anayaeducacion.es, ofrece máis recursos complementarios imprimibles.

Material para o profesorado

?@

PrimariaProposta didáctica

P E Z AP E Z A

A

Lingua

? @

Primaria

Recursos

Ling

ua

Lingua

P E Z AP E Z A

A

?@

Lingua

P E Z AP E Z A

A

Primaria

Ling

ua

Primaria

P E Z AP E Z A

A

e comprendo

Para cada curso

Lingua

P E Z AP E Z A

A

Primaria

Ling

ua

Proximamente

4

Lingua

P E Z AP E Z A

A

Primaria

Ling

ua

Proximamente

Lingua

P E Z AP E Z A

A

Primaria

Ling

ua

Materais

Page 9: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

99

Pr

oxec

to d

ixita

l

CadernosUn caderno por curso cun enfoque máis com-petencial que favorece o repaso de contidos en contextos motivadores. Dispón dun sitio web en www.anayaeducacion.es no que achará as solu-cións de todas as actividades.

Web do alumnado e da familiaEn www.anayaeducacion.es encontrará recursos edu-cativos e de ocio cultural como actividades interacti-vas, información de interese para o alumnado e a fa-milia, etc.

Libros dixitais Para cada curso, un libro dixital para o profesorado que reproduce o libro do alumnado, con recursos dixitais e a proposta didáctica. A partir de terceiro, o alumnado dispón tamén dun libro dixital para ampliar e traballar os contidos a través de ferramentas TIC.

Web do profesoradoA web www.anayaeducacion.es presenta para cada curso:

• Programación e documentación do proxecto.

• Proposta didáctica, que tamén ofrece, en formato im-primible, as fichas para a atención á diversidade e as probas de avaliación incluídas nos recursos.

• Banco de recursos con:

– Plan Lingüístico.

– Aprende xogando (aprendizaxe lúdica).

– Códigos QR (recompilación dos recursos vincula-dos aos QR dos libros).

– Plan Lector, Comprensión lectora e Comprensión oral.

– Recursos para cada unidade: fichas para saber utili-zar as TIC (cidadanía dixital), ditados...

• Xerador de probas de avaliación e de exercitación.

Material de aula Lingua 1.Tarxetas de vocabulario. Xogo das palabras. Láminas de regras ortográficas. Láminas de expresión oral. Mural do abecedario.

Lingua 2.Crebacabezas ortográfico. Ficheiro da biblioteca da aula. Friso do abecedario. Láminas de regras ortográficas.

Lingua 3. A caixa dos contos. Murais de regras ortográficas e conxugacións verbais. Plan lingüístico.

Lingua 4. Bingo ortográfico (I). Xogos de destrezas creativas. Mural de re-gras ortográficas.

Lingua 5. Bingo ortográfico (II). Mural de regras ortográficas. Mural de conxugacións verbais irregulares.

Lingua 6. Calendario literario. Mural de regras ortográficas. Mural de conxugacións verbais. Plan lingüístico.

3Primaria

Caderno

Lingua

P E Z AP E Z A

A4Primaria

Caderno Lingua

P E Z AP E Z A

A

Proximamente

5Primaria

Caderno

Lingua

P E Z AP E Z A

A

6Primaria

Caderno

Lingua

P E Z AP E Z A

A

Proximamente

Page 10: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

Comunicámonos1Introdución

10

Presentación da unidadeNesta primeira unidade propoñémoslle ao alumnado o reto de elaborar un conto co procesa-dor de textos do ordenador. O uso desta ferramenta desde o principio de curso permitirá mellorar a calidade dos traballos académicos á hora de realizalos e presentalos. Nete caso, ofrecémoslles tamén a posibilidade de compartir a creación coa aula a través da rede.

No apartado de comunicación oral exponse como se ha de facer unha presentación oral seguin-do unhas patuas. A lectura dun fragmento do libro Orestes perde o sentido, de Rosa Aneiros, reforzará a presentación e as emocións que se derivan no inicio das relacións interpersoais.

Seguindo o fío da lectura traballaremos por unha banda o vocabulario dos libros e por outra os elementos da narración.

Exercitaremos a distinción dos tipos de palabras segundo o número de sílabas e a súa parti-ción e ensinarémoslles a empregar o dicionario con axilidade e presteza.

Por outra banda, traballaranse os elementos básicos da comunicación e os tipos de comuni-cación que podemos observar ao noso arredor, tanto verbal, oral e escrita, como non verbal.

Despois de completar o esquema e de facer as actividades de repaso dos contidos traballados na unidade, os alumnos e as alumnas reflexionarán sobre a súa aprendizaxe e completarán o portfolio correspondente.

Recursos e materiais• O material do profesorado en www.anayaeducacion.es, con actividades de reforzo e

ampliación, ditados, propostas para traballar a comprensión lectora e a comprensión oral e a avaliación da unidade.

• O caderno complementario ao libro do alumnado no que se pode traballar a lectura e a comprensión lectora, a expresión escrita, a gramática, a ortografía e o léxico.

• O mural de regras ortográficas e de conxugación verbal.

• O bingo ortográfico.

• O libro dixital, con recursos para complementar o traballo da unidade.

• O banco de recursos da unidade 1 na web www.anayaeducacion.es cos audios da lectura, doutros textos e do ditado; e os apartados Plan Lingüístico, Organizo a miña mente, Para estudar mellor, Aprendo xogando e Portfolio.

• Outros recursos e materiais:

– Bibliografía: Orestes perde o sentido, de Rosa Aneiros.

– Contos, libros diversos.

– Dicionario.

• Ademais, para a elaboración do reto precisarase:

– Ordenador con procesador de textos.

Page 11: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

11

Contidos da unidadeCompetencias

clave

Páxina inicial– Situación de partida– O reto– Produto final

CCLCSCCSIEECD

Co

mun

ícat

e

Lectura– Orestes perde o sentido

CCLCSCCAA

Fala e escoita– Preséntome

CCLCAACSC

Aprende palabras– Os libros

CCLCAACECCMCT

Léxico– O abecedario

CCLCAACMCT

Escribe– O texto narrativo

CCLCAA

Co

ñece

a li

ngua Gramatica

– A comunicación

CCLCAACSCCEC

Ortografía– As sílabas e as palabras

CCLCAA

Co

ñece

a

Cul

tura

e a

Li

tera

tura

Coñece a cultura– O día das bibliotecas

Páxinas finais– Organizo a miña mente– Que aprendín?– Como aprendín?

CCLCMCTCDCAA

CCL: Comunicación lingüística; CMCT: Competencia matemática e competencias bási-cas en ciencia e tecnoloxía; CD: Competencia dixital; CAA: Aprender a Aprender; CSC: Competencias sociais e cívicas; CSIEE: Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor; CEC: Conciencia e expresións culturais.

Pezas claveContidos e competenciasPlan lingüístico• Inventar unha historia

(texto narrativo).

Desenvolvemento do pensamento• Taller de historias.• As alternativas.• «Organizo a miña men-

te»: Mapa xerárquico.

Aprendizaxe cooperativa• Saco de dúbidas.• Folio xiratorio en grupo.

Educación emocional• Conciencia emocional:

Identificar e recoñecer as emocións básicas nun mesmo e nos demais.

Cultura emprendedora• Autocoñecemento (di-

mensión persoal): o que me gusta e o que non me gusta.

TIC• Audios da lectura, dita-

dos e outros textos.• Versión imprimible do

portfolio da unidade.• «Organizo a miña men-

te», «Aprendo xogando» e «Para estudar ben».

• Uso de dispositivos mó-biles: Código QR.

Avaliación• Valoro o que aprendín.• Para que me serve o que

aprendín?• Coavaliación.

As técnicas asociadas ás claves están desenvolvidas en Peza a peza.

As claves do proxecto.

Page 12: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

Xogamos coa imaxeNa imaxe observamos persoas de distintas idades nun autobús urba-no. Neste contexto podemos falar con eles de varias formas de co-muncación oral e escrita:

• conversas orais cara a cara,

• sinais de información: sinaléctica na indicación dos asentos reserva-dos a persoas con mobilidade reducida...,

• sinais visuais: semáforos,

• sinais acústicos: música ou información auditiva na persoa que leva os auriculares,

• textos escritos: xornal ou móbil.

Podemos pedirlles que nos digan que formas de comuncación poden observar na ilustración e que formas de comunicación empregan eles día a día ou cales coñecen.

Secuencia do reto

Situación de partida Proposta de reto Como superar o reto Como demostro que superei o reto

As persoas comunicámonos entre nós, con nós mesmos e co medio que nos rodea.

Fíxate só nesta imaxe cantas formas de comunicación pode-mos ver: falar, escoitar, pensar, mirar, escribir, ler...

Propoñémosche un reto

Atréveste a escribir un conto no ordenador?

Para superar o reto:

• Planifica o texto.

• Crea un arquivo.

• Ordena as ideas e redáctao.

• Revisa e corrixe o texto.

• Ilústrao e compárteo.

Supero o reto se...

• Penso os elementos que vai ter a historia: que pasará, onde, cando, quen a protagonizará, que outros personaxes aparecerán, etc.

• Abro un documento no procesador de textos e anoto as ideas do meu conto; arquívoo.

• Elixo o tipo e o tamaño de letra.

• Ordeno as ideas e redacto o conto.

• Comprobo a ortografía do texto que creei.

• Ilustro o conto.

• Compártoo cos demais.

8

1 As persoas comunicámonos entre nós, con nós mesmos e co medio que nos rodea.

Fíxate só na imaxe cantas formas de comunicación podemos ver: falar, escoitar,

pensar, mirar, escribir, ler...

Para superar o reto...

investigo e aprendo

Lectura: Orestes perde o sentido!

Son así

Os libros

O dicionario

O texto narrativo

A comunicación

As sílabas e as palabras

O Día das Bibliotecas

Propoñémosche un reto

Atréveste a escribir un conto no ordenador?

Comunicámonos

Para demostrar que

o superei escribo un... conto no ordenador

Planifico o texto e creo un arquivo.

Ordeno as ideas e redáctoo.

Revísoo e corríxoo.

Ilústroo e compártoo.

1Paso

2

Paso

3Paso

4Paso

12

A comunicación vai ser a base da unidade tal e como se anuncia no título «Comunicámonos». É importante facerlles ver aos alumnos e ás alum-nas a importancia da comunicación e das di-versas formas na se produce; os elementos da comunicación e os diferentes medios que pode-mos utilizar para comunicarnos.

Comenzamos

Page 13: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

Situación de partida Proposta de reto Como superar o reto Como demostro que superei o reto

As persoas comunicámonos entre nós, con nós mesmos e co medio que nos rodea.

Fíxate só nesta imaxe cantas formas de comunicación pode-mos ver: falar, escoitar, pensar, mirar, escribir, ler...

Propoñémosche un reto

Atréveste a escribir un conto no ordenador?

Para superar o reto:

• Planifica o texto.

• Crea un arquivo.

• Ordena as ideas e redáctao.

• Revisa e corrixe o texto.

• Ilústrao e compárteo.

Supero o reto se...

• Penso os elementos que vai ter a historia: que pasará, onde, cando, quen a protagonizará, que outros personaxes aparecerán, etc.

• Abro un documento no procesador de textos e anoto as ideas do meu conto; arquívoo.

• Elixo o tipo e o tamaño de letra.

• Ordeno as ideas e redacto o conto.

• Comprobo a ortografía do texto que creei.

• Ilustro o conto.

• Compártoo cos demais.

8

1 As persoas comunicámonos entre nós, con nós mesmos e co medio que nos rodea.

Fíxate só na imaxe cantas formas de comunicación podemos ver: falar, escoitar,

pensar, mirar, escribir, ler...

Para superar o reto...

investigo e aprendo

Lectura: Orestes perde o sentido!

Son así

Os libros

O dicionario

O texto narrativo

A comunicación

As sílabas e as palabras

O Día das Bibliotecas

Propoñémosche un reto

Atréveste a escribir un conto no ordenador?

Comunicámonos

Para demostrar que

o superei escribo un... conto no ordenador

Planifico o texto e creo un arquivo.

Ordeno as ideas e redáctoo.

Revísoo e corríxoo.

Ilústroo e compártoo.

1Paso

2

Paso

3Paso

4Paso

13

Propoñemos o reto de escribir un conto no pro-cesador de textos do ordenador. É unha tare-fa atractiva pero complexa, que demanda do alumnado que, previamente, poña en marcha unha serie de estratexias para crear a historia e para superar o reto de crear un documento dixi-tal e arquivalo con éxito.

O produto final deste reto será ilustrar e com-partir a historia creada.

Presentamos o reto

Page 14: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

U·1

10 11

Lectura

Orestes perde o sentido! 1

—Oreeeeeeesteeeeees!

Orestes abre os olliños con moita dificultade. Parece que ten as pestanas pegadas á cara. Escoita outra vez esa voz familiar.

—Oreeeeeeesteeeeees!

—Ai, que leria! —rosma o cativo agora si cos ollos ben abertos—. Quen me chama así? Eu coñezo esa voz pero agora non sei…

Mira outra vez a beirarrúa e non atopa ningunha cara coñecida. A xente pasa pola súa beira como se fose invisible. Unha señora case o atropela co seu bolso ateigado de cousas xigantescas.

—Ei, señora que case me leva por diante! —pro-testa o rapaz.

Cando mira ben, Orestes descobre que a muller leva no bolso de coiro unha xirafa, unha regadeira e un libro de mil páxinas polo menos. Tamén un lapis sen punta e un gato melindroso. Decátase ademais, de que ten o pelo tinguido de cor rosa, o cal é moi raro, pero tamén ten o nariz, as cellas e os beizos de cor rosa! Non lle dá moito tempo a reaccionar porque axiña ve que no edificio do carón da súa casa hai unha tenda de bicicletas marabillosa. Mesmo ten cascos e roupa de ciclista! Como é posible que non lembrase esa tenda tan estupenda!

Orestes ten doce anos e unha bicicleta escangallada. É tan guapo, tan guapo, tan guapo que non hai palabras abondo para o describir. Nin-gunha rapaza da súa aula se pon de acordo para falar do seu físico. Jennifer di que ten os ollos marróns, pero Ainhoa asegura que os viu ben de

preto na clase de Educación Física e son verde-amarelos. A Lucía o que máis lle gusta del é que é moi alto e feitiño.

O que elas non saben, porque este é un segredo, é que Orestes está toliño por Marta. Ela non lle fai caso ningún e por iso o raparigo ten tanta vergonza e non chulería cando pasa pola súa beira.

Pola mesma razón, apuntouse ao club de lectura cando ler, de primeiras, non lle gustaba demasiado. Descubriu que as horas de lectura compartida, falar dos personaxes e das historias pode ser ben entretido, sobre todo cando escriben no blog do club.

E xa non digamos cando visitan os clubs de lectura doutros colexios. Grazas a iso sabe que hai unha rapaza nun centro do sur da cidade á que tamén lle gustan as historias de misterio e comparten os comentarios dos libros por correo electrónico.

O último que el lle recomendou foi Aire negro, o libro de Agustín Fernández Paz. Deulle un medo! É un misterio que mete unha friaxe fonda no espiñazo! Agora estao lendo a súa nova amiga e Orestes mira todos os días o seu correo electrónico para ir seguindo os seus comentarios.

Rosa Aneiros, Orestes perde o sentido!

Comunicate

Observa o título da lectura: que che

suxire?

Antes de ler

Suxestións metodolóxicasAntes de comezar a lectura pedirémoslle ao alumnado que faga al-gúnhas hipóteses sobre o contido da lectura a partir do título.

Podemos escoitar a lectura ou lela en voz alta (que tamén axudará a comprobar se o alumnado ten adquirida a pronuncia, a elocución e o ritmo adecuado) ou ler individualmente en silencio para acadar unha mellor lectura comprensiva.

É importante que sinalen as palabras que non coñezan para poder buscalas no dicionario e relacionar a súa definición co contexto da lec-tura.

14

Recursos

AudioO audio da lectura está dispoñible no ban-co de recursos da unidade na web www.anayaeducacion.es.

Page 15: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

U·1

10 11

Lectura

Orestes perde o sentido! 1

—Oreeeeeeesteeeeees!

Orestes abre os olliños con moita dificultade. Parece que ten as pestanas pegadas á cara. Escoita outra vez esa voz familiar.

—Oreeeeeeesteeeeees!

—Ai, que leria! —rosma o cativo agora si cos ollos ben abertos—. Quen me chama así? Eu coñezo esa voz pero agora non sei…

Mira outra vez a beirarrúa e non atopa ningunha cara coñecida. A xente pasa pola súa beira como se fose invisible. Unha señora case o atropela co seu bolso ateigado de cousas xigantescas.

—Ei, señora que case me leva por diante! —pro-testa o rapaz.

Cando mira ben, Orestes descobre que a muller leva no bolso de coiro unha xirafa, unha regadeira e un libro de mil páxinas polo menos. Tamén un lapis sen punta e un gato melindroso. Decátase ademais, de que ten o pelo tinguido de cor rosa, o cal é moi raro, pero tamén ten o nariz, as cellas e os beizos de cor rosa! Non lle dá moito tempo a reaccionar porque axiña ve que no edificio do carón da súa casa hai unha tenda de bicicletas marabillosa. Mesmo ten cascos e roupa de ciclista! Como é posible que non lembrase esa tenda tan estupenda!

Orestes ten doce anos e unha bicicleta escangallada. É tan guapo, tan guapo, tan guapo que non hai palabras abondo para o describir. Nin-gunha rapaza da súa aula se pon de acordo para falar do seu físico. Jennifer di que ten os ollos marróns, pero Ainhoa asegura que os viu ben de

preto na clase de Educación Física e son verde-amarelos. A Lucía o que máis lle gusta del é que é moi alto e feitiño.

O que elas non saben, porque este é un segredo, é que Orestes está toliño por Marta. Ela non lle fai caso ningún e por iso o raparigo ten tanta vergonza e non chulería cando pasa pola súa beira.

Pola mesma razón, apuntouse ao club de lectura cando ler, de primeiras, non lle gustaba demasiado. Descubriu que as horas de lectura compartida, falar dos personaxes e das historias pode ser ben entretido, sobre todo cando escriben no blog do club.

E xa non digamos cando visitan os clubs de lectura doutros colexios. Grazas a iso sabe que hai unha rapaza nun centro do sur da cidade á que tamén lle gustan as historias de misterio e comparten os comentarios dos libros por correo electrónico.

O último que el lle recomendou foi Aire negro, o libro de Agustín Fernández Paz. Deulle un medo! É un misterio que mete unha friaxe fonda no espiñazo! Agora estao lendo a súa nova amiga e Orestes mira todos os días o seu correo electrónico para ir seguindo os seus comentarios.

Rosa Aneiros, Orestes perde o sentido!

Comunicate

Observa o título da lectura: que che

suxire?

Antes de ler

15

Avaliación Se empregamos o audio, podemos avali-ar a escoita do alumno a partir da Rúbrica para avaliar a escoita activa nas audicións, que atoparemos no «Anexo de avaliación».

Así mesmo, podemos tamén avaliar a com-prensión oral mediante a Rúbrica para ava-liar a comprensión oral.

Pezas clave Para ampliar, afondar…

Page 16: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

U·1

13

1 Quen é o protagonista da lectura?

2 Como o espertan?

3 Describe a muller que ve Orestes cando esperta.

12 Que opinas sobre a lectura? Que sensacións che produce a lectura dun libro?

13 A rúa de Orestes estaba cambiada esa mañá. Como cres que se sente o protagonista cando esperta?

14 Que farías ti se ao acordar o teu mundo estivese cambiado?

Reflexiona e relaciónao co teu mundo

Escribe sobre o texto

Comprensión lectora

Fala sobre o texto

4 Que descobre fronte á súa casa?

5 Que opinan de Orestes as rapazas da súa clase?

6 Como se chama a rapaza que lle gusta a Orestes?

Jennifer Ainhoa Lucía

Alba Marta

7 Que lle gusta a Marta?

8 Que fixo Orestes para estar con Marta?

9 Que libro lle recomendou Orestes á rapaza do outro colexio?

10 Como se comunican?

11 Que descubriu Orestes no club de lectura?

12

1 Escoita como se presentou esta rapaza e responde as preguntas.

• Como se chama a nena?

• Onde vive: nunha aldea, nunha vila ou nunha cidade?

• Onde pasou as vacacións?

• Que é o que antes non lle gustaba e agora si? Explica as razóns deste cambio.

• Que vai facer este curso? E cando sexa grande?

2 Preséntate á clase. Podes facelo a partir dunha ficha coma esta.

2

3 Por parellas, elixide unha destas situacións e representádea. Tede en conta as recomendacións que vos dan.

• Unha señora inglesa vai ser a túa nova veciña. Vén á vosa casa pa-ra presentarse. Ti tamén te tes que presentar.

• Vaste presentar ao club de remo da túa vila porque queres formar parte del.

• Preséntaste ao grupo de teatro do colexio porque queres partici-par na obra que preparan este curso.

O meu nome: ..........................................................................................................

De onde son e onde vivo: ....................................................................................

Que cousas me gustan?

Comidas: ...................................................................................................................

Actividades: .............................................................................................................

Cores: .......................................................................................................................

Xogos: ........................................................................................................................

Deportes: ..................................................................................................................

Libros: .......................................................................................................................

De grande quero ser: .................................................... Porque: ......................

.....................................................................................................................................

Son asíComunícate Fala e escoita

• Taboleiro de historias Pensa a túa

historia: que vai pasar, onde e cando, como son os personaxes.

• Abre un arquivo no pro-cesador de textos, anota as ideas, ponlle un nome e gárdao.

31Paso 42

Para falar ben...

• Temos que usar un ton adecuado: nin moi alto nin moi baixo.

• Segundo con quen fa-lemos usaremos un ni-vel de lingua familiar ou un nivel formal.

Recorda

Suxestións metodolóxicasDespois de escoitar ou ler o texto, estas preguntas servirán para cons-tatar a comprensión lectora de forma oral e escrita. E pódenos servir para facer rexistros individuais.

Desde a primeira unidade coidaremos a calidade das súas respostas e orientarémolos coas fórmulas de contestación de maneira que articu-len oracións completas e coherentes; incidiremos na inclusión de par-te da pregunta na resposta e indicarémoslles que as respostas longas son mais correctas e arrequentadoras.

SoluciónsFala sobre o texto1. O protagonista da historia é Orestes.

2. Espértano berrando o seu nome.

3. Resposta aberta tendo en conta a descrición que se fai no texto. O alumnado debe recordar os aspectos máis significativos: a cor do pelo, cellas e beizos, todo o que leva no bolso....

Escribe sobre o texto

4. Orestes descubre unha marabillosa tenda de bicicletas.

5. As rapazas da súa clase opinan que Orestes é guapísimo.

6. A rapaza que lle gusta a Orestes chámase Marta.

7. A Marta gústalle ler.

8. Orestes apuntouse a un clube de lectura para estar con Marta.

9. Orestes recomendoulle Aire Negro, de Agustín Fernández Paz.

10. Orestes e a súa amiga comunícanse por correo electrónico.

11. Descubriu que ler e compartir as lecturas é moi divertido.

Reflexiona e relaciónao co teu mundo

12. Resposta aberta.

13. Resposta aberta.

14. Resposta aberta.

16

Pezas clave

Educación emocional Conciencia emocionalActitude: identificar e recoñecer as emo-cións básicas nun mesmo e nos demais.Na actividade 13 proponse un traballo de educación emocional a partir do recoñe-cemento das emocións básicas do pro-tagonista da lectura e de como imaxina o alumno que se pode sentir ao espertar nun mundo tan diferente ao cotián.

Page 17: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

U·1

13

1 Quen é o protagonista da lectura?

2 Como o espertan?

3 Describe a muller que ve Orestes cando esperta.

12 Que opinas sobre a lectura? Que sensacións che produce a lectura dun libro?

13 A rúa de Orestes estaba cambiada esa mañá. Como cres que se sente o protagonista cando esperta?

14 Que farías ti se ao acordar o teu mundo estivese cambiado?

Reflexiona e relaciónao co teu mundo

Escribe sobre o texto

Comprensión lectora

Fala sobre o texto

4 Que descobre fronte á súa casa?

5 Que opinan de Orestes as rapazas da súa clase?

6 Como se chama a rapaza que lle gusta a Orestes?

Jennifer Ainhoa Lucía

Alba Marta

7 Que lle gusta a Marta?

8 Que fixo Orestes para estar con Marta?

9 Que libro lle recomendou Orestes á rapaza do outro colexio?

10 Como se comunican?

11 Que descubriu Orestes no club de lectura?

12

1 Escoita como se presentou esta rapaza e responde as preguntas.

• Como se chama a nena?

• Onde vive: nunha aldea, nunha vila ou nunha cidade?

• Onde pasou as vacacións?

• Que é o que antes non lle gustaba e agora si? Explica as razóns deste cambio.

• Que vai facer este curso? E cando sexa grande?

2 Preséntate á clase. Podes facelo a partir dunha ficha coma esta.

2

3 Por parellas, elixide unha destas situacións e representádea. Tede en conta as recomendacións que vos dan.

• Unha señora inglesa vai ser a túa nova veciña. Vén á vosa casa pa-ra presentarse. Ti tamén te tes que presentar.

• Vaste presentar ao club de remo da túa vila porque queres formar parte del.

• Preséntaste ao grupo de teatro do colexio porque queres partici-par na obra que preparan este curso.

O meu nome: ..........................................................................................................

De onde son e onde vivo: ....................................................................................

Que cousas me gustan?

Comidas: ...................................................................................................................

Actividades: .............................................................................................................

Cores: .......................................................................................................................

Xogos: ........................................................................................................................

Deportes: ..................................................................................................................

Libros: .......................................................................................................................

De grande quero ser: .................................................... Porque: ......................

.....................................................................................................................................

Son asíComunícate Fala e escoita

• Taboleiro de historias Pensa a túa

historia: que vai pasar, onde e cando, como son os personaxes.

• Abre un arquivo no pro-cesador de textos, anota as ideas, ponlle un nome e gárdao.

31Paso 42

Para falar ben...

• Temos que usar un ton adecuado: nin moi alto nin moi baixo.

• Segundo con quen fa-lemos usaremos un ni-vel de lingua familiar ou un nivel formal.

Recorda

Suxestións metodolóxicasEscoitarán con atención a presentación que fai a nena da actidade 1 e responderán as preguntas oralmente.

Antes de facer a a actividade 3, pedirémoslles que imaxinen a situ-ación na que se produce a comunicación: quen é cada personaxe, onde están, que se quere comunicar en cada caso. A seguir, lerán as recomendacións para falar ben que se dan na marxe da páxina.

Solucións1. • A nena chámase Lucía.

• Vive nunha cidade, en Santiago de Compostela.

• Pasou as vacacións en Vilanova de Arousa, na casa dos seus avós.

• Antes non lle gustaba moito ler, pero os avós teñen unha gran biblioteca e seu avó axudoulle a ler mellor nos veráns que pasan xuntos; agora disfruta moito lendo. Tamén, participa nun club de lectura e alí coñeceu un rapaz co que comparte as lecturas.

• Este curso a titora díxolles que ían dedicar un tempo á lectura e á redacción. De maior quere ser escritora.

17

Recursos

ÀudioO audio da lectura está dispoñible no ban-co de recursos da unidade na web www.anayaeducacion.es.

Pezas clave

Cultura emprendedoraDimensión persoalActitude: autococemento; o que me gus-ta e o que non me gustaOs nenos e as nenas presentaranse aos seus compañeiros a partir destas fichas onde previamente reflexionaron sobre o que lles gusta e o que non, que lles gusta-ría ser de maiores e por que, etc.

Desenvolvemento do pensamentoTécnica: Taboleiro de historiasPara organizar os elementos que van de-senvolver o conto (presentación, nó e de-senlace) empregaremos esta técnica nos diferentes graos que propón.

O reto

Paso 1No primeiro paso de reto de escribir un conto nun procesador de texto: o alum-nado pensará os elementos principais do conto, abrirá e nomeará un arquivo onde gardará as ideas principais do proxecto.

Hai moitos tipos de procesador de texto pero case todos seguen os mesmos pa-tróns. É fundamental que aprendan a facer traballos de forma clara e ordenada con este medio.

Page 18: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

U·1

14 15

O dicionarioOs libros

1 Chegaron estes libros para a biblioteca da aula. Ordénaos alfabe-ticamente segundo os autores.

2 Relaciona cada definición co oficio correspondente.

Persoa que traballa nunha biblioteca. lector ou lectora

Muller que escribe libros. encadernador ou encadernadora

Home que vende libros. escritora

Persoa que le libros. bibliotecario ou bibliotecaria

Persoa que une as follas e pon as tapas dun libro. libreiro

3 A ver se sabes como se chama cada unha das partes dun libro.

Zona creativa

Recorda algún libro que che gustara moito e fai-lle unha tapa. Nela has de poñer o título con letras ben bonitas, o no-me do autor, un debuxo alusivo e, se o recordas, o nome da editorial.

• Anímaste tamén a deseñar a contratapa e a escribir a sinopse?

tapa contratapa lombosinopse

C

D

A

B

1 Ordena estas palabras alfabeticamente.

ollo – señora – bicicleta – xirafa – libro – amor

2 Que palabra terás que buscar no dicionario para coñecer o signifi-cado de cada unha destas?

páxinas – escritora – lendo – escoitaba – lectores

3 Ordena as palabras de cada grupo segundo as atoparías no dicio-nario.

librería – luns – lingua – longo – lapis

clase – castigo – colocar – crema – cor – curto

presentar – parella – primeiro – plátano – pensamento – porta

4 Relaciona cada concepto coa definición correspondente.

Palabra definida que aparece ordenada alfabeticamente.

Indicación da clase de palabra (nome, verbo, etc.).

Definición da palabra. Se ten máis de unha, atoparémolas numeradas.

Primeira e última entrada de cada páxina do dicionario.

acepción

palabra guía

entrada

abreviatura gramatical

5 Busca no dicionario as palabras comer, paxaro e amarelo e indica:

a) de que clase é cada unha.

b) as palabras guía da páxina na que se atopan.

No dicionario, as palabras aparecen ordenadas alfabetica-mente. Para buscar unha entrada hai que ter en conta que:• cando dúas palabras comezan pola mesma letra temos que

fixarnos na seguinte;• os nomes aparecen en singular (páxina) e en masculino (librei­

ro), os adxectivos aparecen en singular masculino (divertido) e os verbos en infinitivo (ler).

As palabras guía de cada páxina axúdannos a encontrar unha palabra rapidamente.Cada entrada pode ter máis dunha acepción. As acepcións son os significados das palabras.

Zona de expresión

Resolve e aprende esta adiviña:

Onde podes atopar o domingo antes do venres?

Comunícate Léxico

Acepción

Comunícate Aprende palabras

Acepcións

Entrada

Palabra guía

Suxestións metodolóxicasPodemos pedirlles aos alumos e ás alumnas, a partir da súa experien-cia nunha biblioteca, que comenten se saben como están ordenados os libros. Tamén lles podemos pedir que nos digan en que se fixan á hora de elixir un libro: se lles chama a atención a cuberta, o título, se leron ou coñecen outras obras do autor, etc.

Solucións1. 1) Orestes perde o sentido, Rosa Aneiros;

2) Somos os monstros, Paula Carballeira;

3) Esmeraldina, a pequena defunta, Ledicia Costas;

4) Aire negro, Agustín Fernández Paz;

5) Formigas, Pepe Tobaruela.

2. Persona que traballa nunha biblioteca. → Bibliotecario ou bibliote-caria

Muller que escribe libros. → Escritora

Home que vende libros. → Libreiro

Persoa que le libros. → Lector ou lectora

Quen xunta as follas e lle pon as tapas a un libro. → Encuadernador ou encuadernadora

3. A: contratapa: B: sinopse; C: lombo: D: tapa.

18

Page 19: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

U·1

14 15

O dicionarioOs libros

1 Chegaron estes libros para a biblioteca da aula. Ordénaos alfabe-ticamente segundo os autores.

2 Relaciona cada definición co oficio correspondente.

Persoa que traballa nunha biblioteca. lector ou lectora

Muller que escribe libros. encadernador ou encadernadora

Home que vende libros. escritora

Persoa que le libros. bibliotecario ou bibliotecaria

Persoa que une as follas e pon as tapas dun libro. libreiro

3 A ver se sabes como se chama cada unha das partes dun libro.

Zona creativa

Recorda algún libro que che gustara moito e fai-lle unha tapa. Nela has de poñer o título con letras ben bonitas, o no-me do autor, un debuxo alusivo e, se o recordas, o nome da editorial.

• Anímaste tamén a deseñar a contratapa e a escribir a sinopse?

tapa contratapa lombosinopse

C

D

A

B

1 Ordena estas palabras alfabeticamente.

ollo – señora – bicicleta – xirafa – libro – amor

2 Que palabra terás que buscar no dicionario para coñecer o signifi-cado de cada unha destas?

páxinas – escritora – lendo – escoitaba – lectores

3 Ordena as palabras de cada grupo segundo as atoparías no dicio-nario.

librería – luns – lingua – longo – lapis

clase – castigo – colocar – crema – cor – curto

presentar – parella – primeiro – plátano – pensamento – porta

4 Relaciona cada concepto coa definición correspondente.

Palabra definida que aparece ordenada alfabeticamente.

Indicación da clase de palabra (nome, verbo, etc.).

Definición da palabra. Se ten máis de unha, atoparémolas numeradas.

Primeira e última entrada de cada páxina do dicionario.

acepción

palabra guía

entrada

abreviatura gramatical

5 Busca no dicionario as palabras comer, paxaro e amarelo e indica:

a) de que clase é cada unha.

b) as palabras guía da páxina na que se atopan.

No dicionario, as palabras aparecen ordenadas alfabetica-mente. Para buscar unha entrada hai que ter en conta que:• cando dúas palabras comezan pola mesma letra temos que

fixarnos na seguinte;• os nomes aparecen en singular (páxina) e en masculino (librei­

ro), os adxectivos aparecen en singular masculino (divertido) e os verbos en infinitivo (ler).

As palabras guía de cada páxina axúdannos a encontrar unha palabra rapidamente.Cada entrada pode ter máis dunha acepción. As acepcións son os significados das palabras.

Zona de expresión

Resolve e aprende esta adiviña:

Onde podes atopar o domingo antes do venres?

Comunícate Léxico

Acepción

Comunícate Aprende palabras

Acepcións

Entrada

Palabra guía

Suxestións metodolóxicasPodemos explicarlles ao alumnado as abreviaturas que van atopar nos dicionarios como: m., f., adx., ... e que lles indican o xénero, o número e a clase de palabra da que se trata.

Reforzaremos a localización das palabras guía, das entradas, dos sig-nificados de cada palabra e das abreviaturas.

Sería bo recordar que hai diversos dicionarios en liña, e tamén son unha ferramenta de axuda coas mesmas características que os dici-onarios tradicionais en papel: entradas, abreviaturas, acepcións, etc.

Solucións1. amor, bicicleta, libro, ollo, señora, xirafa.

2. páxina, escritor, ler, escoitar, lector.

3. a) lapis, librería, lingua, longo, luns.

b) castigo, clase, colocar, cor, crema, curto

c) parella, pensamento, plátano, porta, presentar, primeiro

4. Entrada → Palabra definida que aparece ordenada alfabeticamente.

Palabra guía → Primeira e última entrada de cada páxina do dicio-nario.

Significado → Definición da palabra.

Abreviatura gramatical → Indicación da clase de palabra.

5. Comer: verbo (v.) ntroducir na boca [un alimento sólido] e envialo.

Palabra guía: segundo o dicionario.

Paxaro: nome masculino (n.m.) Ave voadora normalmente de pe-queno tamaño.

Palabra guía: segundo o dicionario.

Amarelo: adxectivo (adx.) Que ten a cor entre verde e laranxa, coma a do ouro, o limón maduro etc.

Palabra guía: segundo o dicionario

Zona expressNo dicionario.

19

Page 20: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

U·1

16 17

1 Observa a imaxe e comenta as situacións de comunicación verbal oral, comunicación verbal escrita e comunicación non verbal.

2 Indica en cada situación se se produce comunicación verbal oral, comunicación verbal escrita ou comunicación non verbal.

– Un garda fai o sinal de non pasar e os condutores desvíanse.

– Escoitas as noticias pola radio.

– A miña irmá publica un poema na revista do colexio.

– Na porta da farmacia hai un cartel que prohíbe a entrada de animais.

3 As alternativas Como poderías comunicarte en cada caso sen usar as palabras?

a) Hai mar de fondo e é perigoso bañarse.

b) Queres ir merendar á casa dunha amiga e pídeslles permiso aos teus pais.

c) Vas en bicicleta e o carril bici está ocupado por viandantes que deben apartarse.

d) O teu amigo pídeche que o agardes ás 5 e estás de acordo.

A comunicación

Aquí están os Canóns do Sil. É unha

fermosa paisaxe.

Cando transmitimos unha información, unha idea, unha orde, un desexo, etc. a outra persoa, establecemos unha comunica-ción. Se usamos a lingua, ben oral ou ben escrita, dicimos que a comunicación é verbal; se o facemos con xestos, sinais, sím-bolos, sons, etc. dicimos que a comunicación é non verbal.

• Ordena as ideas que ano-taches e desenvólveas.

• Elixe o tipo de letra, o tamaño, engade encabe-zamentos ou números de páxina, etc.

31 2Paso 4

O texto narrativo

1 Elixe a opción adecuada para estas cuestións sobre a lectura da unidade e escríbea no teu caderno.

Unha narración é o relato duns feitos reais, inventados ou fan-tásticos que lles acontecen a uns personaxes, nun espazo e nun tempo determinados.

O espazo

Onde se desenvolve a historia: pode ser sempre o mesmo, pode cambiar ou

pode haber varios.

O tempo

Sitúa a acción nun momento determinado:

pasado, presente ou futuro.

Os personaxes

Sosteñen a acción. Poden ser principais (protagonistas) ou

secundarios.

O narrador

É a persoa que relata a historia.

A acción

Consta de presentación (na que se introduce a historia e os personaxes), nó (onde

pasan a maioría das accións) e desenlace (onde se

resolve o conflito).

Elementos da

narración

a) A historia está narrada por:

unha persoa que o sabe todo. por Orestes. pola irmá de Orestes.

b) A historia sucede:

no colexio de Orestes. na rúa da súa casa. no seu cuarto. na escola.

c) Hai personaxes que participan na acción e outros que só se nomean, identifícaos:

Orestes. a irmá de Orestes. Marta e Ainhoa. a señora do pelo rosa.

d) A historia acontece:

no presente. no futuro. no pasado.

Comunícate Escribe Coñece a lingua Gramática

ESPAZO NATURAL DA RIBEIRA SACRA

Para indicar causa ou mo-tivo empréganse palabras como: porque, xa que, pois…

«O que elas non saben, porque este é un segredo, é que Orestes está toliño por Marta.»

• Escribe un texto breve empregando algún co-nector de causa.

Conecta os textos

Suxestións metodolóxicasPodemos buscar exemplos de cada un dos elementos do texto narra-tivo no fragmento de Orestes perde o sentido.

Solucións1. a) A historia está narrada por unha persoa que o sabe todo.

b) A historia sucede na rúa da súa casa.

c) Orestes e a señora do pelo rosa participan na acción; Marta, Ain-hoa e irmá de Orestes só se nomean.

d) A historia pasa no presente.

Conecta os textosNa marxe trabállanse os conectores de causa ou motivo a partir dun exemplo do texto. Para practicar a cohesión textual, os alumnos e as alumnas deberán escribir un texto breve onde empreguen con acerto un destes conectores.

20

Page 21: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

U·1

16 17

1 Observa a imaxe e comenta as situacións de comunicación verbal oral, comunicación verbal escrita e comunicación non verbal.

2 Indica en cada situación se se produce comunicación verbal oral, comunicación verbal escrita ou comunicación non verbal.

– Un garda fai o sinal de non pasar e os condutores desvíanse.

– Escoitas as noticias pola radio.

– A miña irmá publica un poema na revista do colexio.

– Na porta da farmacia hai un cartel que prohíbe a entrada de animais.

3 As alternativas Como poderías comunicarte en cada caso sen usar as palabras?

a) Hai mar de fondo e é perigoso bañarse.

b) Queres ir merendar á casa dunha amiga e pídeslles permiso aos teus pais.

c) Vas en bicicleta e o carril bici está ocupado por viandantes que deben apartarse.

d) O teu amigo pídeche que o agardes ás 5 e estás de acordo.

A comunicación

Aquí están os Canóns do Sil. É unha

fermosa paisaxe.

Cando transmitimos unha información, unha idea, unha orde, un desexo, etc. a outra persoa, establecemos unha comunica-ción. Se usamos a lingua, ben oral ou ben escrita, dicimos que a comunicación é verbal; se o facemos con xestos, sinais, sím-bolos, sons, etc. dicimos que a comunicación é non verbal.

• Ordena as ideas que ano-taches e desenvólveas.

• Elixe o tipo de letra, o tamaño, engade encabe-zamentos ou números de páxina, etc.

31 2Paso 4

O texto narrativo

1 Elixe a opción adecuada para estas cuestións sobre a lectura da unidade e escríbea no teu caderno.

Unha narración é o relato duns feitos reais, inventados ou fan-tásticos que lles acontecen a uns personaxes, nun espazo e nun tempo determinados.

O espazo

Onde se desenvolve a historia: pode ser sempre o mesmo, pode cambiar ou

pode haber varios.

O tempo

Sitúa a acción nun momento determinado:

pasado, presente ou futuro.

Os personaxes

Sosteñen a acción. Poden ser principais (protagonistas) ou

secundarios.

O narrador

É a persoa que relata a historia.

A acción

Consta de presentación (na que se introduce a historia e os personaxes), nó (onde

pasan a maioría das accións) e desenlace (onde se

resolve o conflito).

Elementos da

narración

a) A historia está narrada por:

unha persoa que o sabe todo. por Orestes. pola irmá de Orestes.

b) A historia sucede:

no colexio de Orestes. na rúa da súa casa. no seu cuarto. na escola.

c) Hai personaxes que participan na acción e outros que só se nomean, identifícaos:

Orestes. a irmá de Orestes. Marta e Ainhoa. a señora do pelo rosa.

d) A historia acontece:

no presente. no futuro. no pasado.

Comunícate Escribe Coñece a lingua Gramática

ESPAZO NATURAL DA RIBEIRA SACRA

Para indicar causa ou mo-tivo empréganse palabras como: porque, xa que, pois…

«O que elas non saben, porque este é un segredo, é que Orestes está toliño por Marta.»

• Escribe un texto breve empregando algún co-nector de causa.

Conecta os textos

Suxestións metodolóxicasNa imaxe de inicio da unidade puidemos ver, na escena do autobús, diferentes formas de comunicación verbal e non verbal.

Na actualidade, hai canles novas de comunicación como as redes so-ciais ou as aplicacións móbiles, que xa se converteron en medios de comunicación fundamentais.

Podemos comentar cos rapaces e coas rapazas, as vantaxes e os in-convenientes destes novos medios, e razoar que é comunicación e que non o é.

Tamén podemos ver outros tipos de comunicación que se deron ao longo da historia da humanidade como os xeroglíficos das culturas antigas, as pinturas prehistóricas, o código Morse, os sinais marítimos e aéreos, etc.

Ademais, falaremos co alumnado das linguaxes alternativas emprega-das por persoas con discapacidades orais, visuais ou auditivas.

Solucións1. Comunicación oral: o diálogo entre o neno e a nena.

Comunicación verbal: O texto escrito no cartel (Espazo natural da Ribeira Sacra).

Comunicación non verbal: iconos de «Prohibido facer campismo» e «Prohibido acender lume».

2. a) Comunicación non verbal.

b Comunicación verbal oral.

c) Comunicación verbal escrita.

d) Comunicación non verbal.

3. a) Bandeira vermella.

b) Xuntar as palmas das mans para pedir «Por favor».

c) Facer soar o timbre da bicicleta.

d) Facer o signo de «OK» erguendo o polgar da man dereita co puño pechado.

21

Pezas clave

Desenvolvemento do pensamentoTécnica: As alternativasNa actividade 3 buscarán unha maneira de comunicarse alternativa á comunicación oral a partir dunha serie de situacións.

O reto

Paso 2Neste paso de reto, o escolar ordenará as ideas que anotou no arquivo para desen-volvelas e crear unha narración.

É importante fixar o hábito de realizar cada certo tempo algunha copia de seguridade.

O alumnado aprenderá a empregar as ferra-mentas do procesador de textos (tipos de letra, cores, marxes, copiar, pegar, cortar, etc.).

Page 22: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

U·1

18 19

1 Le en voz alta estas palabras. Cantas sílabas ten cada unha?

As sílabas e as palabras

2 Copia a táboa e clasifica as seguintes palabras.

compartir rapazada paz bico deporte colega

medo voz feliz amizade mal sentimento

3 Saco de dúbidas Separa estas palabras en sílabas.

transporte chándal diario camión

subdirector inquedanzas horta palmeira

calcular balonmán agasallo sexto

• Pásalle o corrector orto-gráfico ao texto.

• Se non tes corrector de galego na barra de ferra-mentas, busca un corrector online como OrtoGal ou Galgo.

• Emprega os dicionarios en papel ou en liña para a co-rrección.

21 43Paso

4 Por parellas identificade os elementos da comunicación en cada situación.

– Un amigo cóntalle por teléfono a outro as súas vacacións.

– Unha veciña vai á vosa casa e pídevos que baixedes o volume da radio.

– O mestre pregúntame se sei o resultado dun problema.

– A mestra escribiulle unha nota á túa familia na túa axenda para dicirlle que non fixeches os deberes.

– O persoal de limpeza colocou un cartel cun debuxo que indica que o chan está húmido e podes esvarar.

5 Folio xiratorio en grupo Razoa en cales destas situacións non se produce co-

municación.

– Colles un libro escrito en Braille dun compañeiro invidente porque queres ler o que explica sobre a comunicación.

– Na túa caixa do correo atopas publicidade dun restaurante xapo-nés en galego.

– Miras unha canle de televisión onde falan ruso, lingua que des-coñeces.

– Túa tía é xorda e fala coa lingua de signos.

– Na pista do aeroporto un traballador faille sinais con bandeiras ao piloto. Ti estás na cabina pero non entendes nada.

6 Inventa debuxos ou carteis para expresar as seguintes ideas:

a) Promovamos os libros e o gozo da lectura.

b) Os luns, os mércores e os venres colocaremos as cadeiras riba das mesas para facer limpeza xeral.

Elementos da comunicación

En toda situación de comunicación hai estes elementos:

Emisor: que envía a mensaxe.

Receptor: que recibe a mensaxe.

Mensaxe: todo o que queremos comunicar.

Código: linguaxe ou signos que coñecen o emisor e o receptor.

Canle: medio a través do cal se transmite a mensaxe.

Clasificación das palabras segundo o número de sílabas• Monosílabas, se teñen unha soa sílaba: chan.• Bisílabas, se teñen dúas sílabas: roda.• Trisílabas, se teñen tres sílabas: ciclista.• Polisílabas, se teñen máis de tres sílabas: bicicleta.

Partición de palabras ao final de liñaNon se poden separar: • as letras dunha mesma sílaba: li­bro, za­pa­to.• as vogais que van seguidas: ai­re, ho­ra­rio (ditongos); fae­na,

muí­ño (hiatos).• os dígrafos ch, ll, rr, qu, nh: mo­chi­la, u­nha, ca­rro.

Excepto o grupo cc, porque cada c pertence a unha sílaba: di­rec­ción.

Coñece a lingua Ortografía

bicicleta

ciclistas

roda chan

BisílabasMonosílabas Trisílabas Polisílabas

Orestes! Vai amodo!

Para que se produza comu-nicación é imprescindible que o emisor e o receptor coñezan o código.

Recorda

• Remata o texto cun debuxo ou cunha fotografía.

31 2 4Paso

Reto conseguido!

Solucións4. a) Un amigo cóntalle por teléfono a outro as súas vacacións.

Emisor: persoa que telefona. Receptor: a persoa que recibe a cha-mada. Mensaxe: como pasou as vacacións. Código: lingua galega oral. Canle: o aire.

b) Unha veciña vai á vosa casa e pídevos que baixedes o volume da radio.

Emisor: a veciña que fala. Receptor: nós que escoitamos. Mensaxe: que baixemos o volume da radio. Código: lingua galega oral. Canle: o aire.

c) O mestre pregúntame se sei o resultado dun problema.

Emisor: o mestre. Receptor: eu. Mensaxe: sabes o resultado o pro-blema? Código: lingua galega oral. Canle: o aire.

d) A mestra escribiulle unha nota á túa familia na túa axenda para dicirlles que non fixeches os deberes.

Emisor: a mestra. Receptor: os meus pais. Mensaxe: Non fixo os

deberes. Código: lingua galega escrita. Canle: o papel

e) O personal de limpeza colocou un cartel cun debuxo que indica que o chan está húmido e podes esvarar.

Emisor: o persoal de limpeza. Receptor: persoa que ve o cartel. Mensaxe: O chan está húmido e pode esvarar. Código: lingua gale-ga escrita. Canle: o cartel informativo.

5. Se non sabes Braille, na 1, 3, e 5.

6. Resposta aberta.

22

Pezas clave

Aprendizaxe cooperativaTécnica: Folio xiratorio en grupoCada equipo collerá un folio en branco e un bolígrafo ou rotulador de diferente cor. Resolverán a actividade de maneira indi-vidual. A continuación pasarán o folio por todo o grupo para contrastar as respostas.

O reto

Paso 3Unha vez creado o conto, neste paso imos empregar o corrector ortográfico. Temos que facerlle ver ao alumnado que é unha ferramenta moi interesante, pero non fiable ao 100%; por iso é polo que convén empre-gar o dicionario e revisar o texto.

Insistiremos en que é moi importante revi-sar e corrixir os textos antes de envialos.

Page 23: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

U·1

18 19

1 Le en voz alta estas palabras. Cantas sílabas ten cada unha?

As sílabas e as palabras

2 Copia a táboa e clasifica as seguintes palabras.

compartir rapazada paz bico deporte colega

medo voz feliz amizade mal sentimento

3 Saco de dúbidas Separa estas palabras en sílabas.

transporte chándal diario camión

subdirector inquedanzas horta palmeira

calcular balonmán agasallo sexto

• Pásalle o corrector orto-gráfico ao texto.

• Se non tes corrector de galego na barra de ferra-mentas, busca un corrector online como OrtoGal ou Galgo.

• Emprega os dicionarios en papel ou en liña para a co-rrección.

21 43Paso

4 Por parellas identificade os elementos da comunicación en cada situación.

– Un amigo cóntalle por teléfono a outro as súas vacacións.

– Unha veciña vai á vosa casa e pídevos que baixedes o volume da radio.

– O mestre pregúntame se sei o resultado dun problema.

– A mestra escribiulle unha nota á túa familia na túa axenda para dicirlle que non fixeches os deberes.

– O persoal de limpeza colocou un cartel cun debuxo que indica que o chan está húmido e podes esvarar.

5 Folio xiratorio en grupo Razoa en cales destas situacións non se produce co-

municación.

– Colles un libro escrito en Braille dun compañeiro invidente porque queres ler o que explica sobre a comunicación.

– Na túa caixa do correo atopas publicidade dun restaurante xapo-nés en galego.

– Miras unha canle de televisión onde falan ruso, lingua que des-coñeces.

– Túa tía é xorda e fala coa lingua de signos.

– Na pista do aeroporto un traballador faille sinais con bandeiras ao piloto. Ti estás na cabina pero non entendes nada.

6 Inventa debuxos ou carteis para expresar as seguintes ideas:

a) Promovamos os libros e o gozo da lectura.

b) Os luns, os mércores e os venres colocaremos as cadeiras riba das mesas para facer limpeza xeral.

Elementos da comunicación

En toda situación de comunicación hai estes elementos:

Emisor: que envía a mensaxe.

Receptor: que recibe a mensaxe.

Mensaxe: todo o que queremos comunicar.

Código: linguaxe ou signos que coñecen o emisor e o receptor.

Canle: medio a través do cal se transmite a mensaxe.

Clasificación das palabras segundo o número de sílabas• Monosílabas, se teñen unha soa sílaba: chan.• Bisílabas, se teñen dúas sílabas: roda.• Trisílabas, se teñen tres sílabas: ciclista.• Polisílabas, se teñen máis de tres sílabas: bicicleta.

Partición de palabras ao final de liñaNon se poden separar: • as letras dunha mesma sílaba: li­bro, za­pa­to.• as vogais que van seguidas: ai­re, ho­ra­rio (ditongos); fae­na,

muí­ño (hiatos).• os dígrafos ch, ll, rr, qu, nh: mo­chi­la, u­nha, ca­rro.

Excepto o grupo cc, porque cada c pertence a unha sílaba: di­rec­ción.

Coñece a lingua Ortografía

bicicleta

ciclistas

roda chan

BisílabasMonosílabas Trisílabas Polisílabas

Orestes! Vai amodo!

Para que se produza comu-nicación é imprescindible que o emisor e o receptor coñezan o código.

Recorda

• Remata o texto cun debuxo ou cunha fotografía.

31 2 4Paso

Reto conseguido!

Solucións1. Monosílabas: voz, paz, mal.

Bisílabas: medo, feliz, bico.

Trisílabas: compartir, colega, deporte.

Polisílabas: rapazada, amizade, sentimento.

2.

transporte chándal diario camión

trans-por-te chán-dal dia-rio ca-mión

subdirector inquedanzas horta palmeira

sub-di-rec-tor in-que-dan-zas hor-ta pal-mei-ra

calcular balonmán agasallo sexto

cal-cu-lar ba-lon-mán a-ga-sa-llo sex-to

23

Avaliación Podemos avaliar o conto creado mediante o procesador de texto a partir da Rúbrica para a avaliación de traballos escritos, que atoparemos no «Anexo de avaliación». Tamén atoparemos alí a Rúbrica de uso de TIC e TAC, que podemos aplicar.

Pezas clave Para ampliar, afondar…

Pezas clave

Aprendizaxe cooperativaTécnica: Saco de dúbidasNa actividade 3, o alumnado, de manei-ra individual, escribirá as dúbidas que lle presenta a resolución da actividade para posteriormente expoñelas ao grupo. Se a dúbida non se pode resolver en grupo, co-locarase nun «Saco de dúbidas» que, nunha segunda fase, expoñeremos ao resto dos grupos.

O reto

Paso 4Unha vez acabase de redactar e de revisar a narración, o alumno poderá inserir algunha imaxe ou debuxo no texto.

Neste traballo comprobarán os beneficios de usar un procesador de textos (permite comprobar e corrixir o texto sen estragalo, podemos incluír, desprazar, cambiar ou su-primir fragmentos, gardar e recuperar ver-sións, cambiar o tipo e o tamaño da letra, etc.).

Page 24: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

21

U · 1

Organizo a miña mente

20

1 Escoita o pregón completo de Ledicia Costas para conmemorar o Día das Bibliotecas. Logo le este extracto.

3

2 Relaciona estes autores e obras cos seus protagonistas.

A historia interminable, de Michel Ende Pippilotta Viktualia Rullgardina

Aire Negro, de Agustín Fdez. Paz Atreyu

Pippi Mediaslongas, de Astrid Lingren Laura

3 Facede grupos e pescudade na biblioteca.

• Cantos libros de Agustín Fernández Paz hai na biblioteca escolar? Cales son os seus títulos?

• Que libros tiveron máis exito entre os alumnos de 5º e 6º curso?

• Cal foi o libro máis prestado este ano?

1 Repasa os contidos da unidade e completa o esquema.

1 Observa a imaxe e di cales son os elementos da comunicación.

Colecciono palabras

O Día das Bibliotecas

anayaeducacion.esDispós dunha versión imprimible desta páxi-na no apartado «Orga-nizo a miña mente» do banco de recursos.

anayaeducacion.esNon olvides consul-tar tamén os aparta-dos «Para estudar» e «Aprendo xogando».

O Día das Bibliotecas

Cada 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas para celebrar a importancia das bibliotecas e o pracer da lectura.

Nas bibliotecas escolares gozamos cos libros e coas actividades que se celebran nelas: clubs de lectura, obradoiros, charlas con escritores...

Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. Sería

xenial montar unha festa con confeti e pompas de xabón. Unha cousa

grande. A min encantaríame vestirme para tal ocasión coma o personaxe

dalgún libro, sentar na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo, e

agardar a que viñesen visitarme.

Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Ma-

tilda. Atreyu, Drácula e ata Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta

Efraimsdotter Långstrump. Podes poñer botas de pelo, plumas, zancos e

sombreiros. Sombreiros! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegán-

dose a min discretamente, engaiolada polas cores e formas do meu chapeu:

—Sombreireira tola, que festa tan marabillosa! Sería tan amable de ser-

virme unha cunca de té? Oral

Verbal

...

...

Signos Xestos Cores

... ...... ... ...

Tipos Elementos

A acción consta de …, …, … . O espazo … . O narrador … .O tempo … . Os personaxes … .

Elementos da narración

A comunicación

Completa

NO CADERNO

ou na versión imprimib

le

Coñece a cultura e a literatura

O 24 de outubro de 1992 destruíuse a Biblioteca de Saraievo, durante a guerra dos Balcáns.

• Busca información en internet: Volveu recons-truírse? Cal é o seu es-tado actual?

Sabías que...

Suxestións metodolóxicasÉ o momento de disfrutar co alumnado dun aspecto do que se vén fa-lando ao longo da unidade: o pracer de compartir as lecturas, de falar dos libros preferidos, das ilustracións que máis sorprenderon ou dos autores e autoras máis seguidos.

Neste apartado ampliamos algo máis o pregón de Ledicia Costas para conmemorar o Día das Bibliotecas. O texto completo e o audio completo están dispoñibles no «Banco de Recursos».

Ademais, no «Banco de Recursos », amplíase a información e ofrécese unha galería de imaxes sobre a Biblioteca de Saraievo e as máis fer-mosas biliotecas do mundo.

Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescen-tes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca.

Solucións1. A historia interminable – Atreyu.

Aire Negro – Laura.

Pippi Mediaslongas – Pippilota Viktualia.

2. Resposta aberta de acordo cos datos da biblioteca escolar.

24

Recursos

AudioO audio da lectura está dispoñible no ban-co de recursos da unidade na web www.anayaeducacion.es.

Page 25: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

21

U · 1

Organizo a miña mente

20

1 Escoita o pregón completo de Ledicia Costas para conmemorar o Día das Bibliotecas. Logo le este extracto.

3

2 Relaciona estes autores e obras cos seus protagonistas.

A historia interminable, de Michel Ende Pippilotta Viktualia Rullgardina

Aire Negro, de Agustín Fdez. Paz Atreyu

Pippi Mediaslongas, de Astrid Lingren Laura

3 Facede grupos e pescudade na biblioteca.

• Cantos libros de Agustín Fernández Paz hai na biblioteca escolar? Cales son os seus títulos?

• Que libros tiveron máis exito entre os alumnos de 5º e 6º curso?

• Cal foi o libro máis prestado este ano?

1 Repasa os contidos da unidade e completa o esquema.

1 Observa a imaxe e di cales son os elementos da comunicación.

Colecciono palabras

O Día das Bibliotecas

anayaeducacion.esDispós dunha versión imprimible desta páxi-na no apartado «Orga-nizo a miña mente» do banco de recursos.

anayaeducacion.esNon olvides consul-tar tamén os aparta-dos «Para estudar» e «Aprendo xogando».

O Día das Bibliotecas

Cada 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas para celebrar a importancia das bibliotecas e o pracer da lectura.

Nas bibliotecas escolares gozamos cos libros e coas actividades que se celebran nelas: clubs de lectura, obradoiros, charlas con escritores...

Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. Sería

xenial montar unha festa con confeti e pompas de xabón. Unha cousa

grande. A min encantaríame vestirme para tal ocasión coma o personaxe

dalgún libro, sentar na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo, e

agardar a que viñesen visitarme.

Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Ma-

tilda. Atreyu, Drácula e ata Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta

Efraimsdotter Långstrump. Podes poñer botas de pelo, plumas, zancos e

sombreiros. Sombreiros! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegán-

dose a min discretamente, engaiolada polas cores e formas do meu chapeu:

—Sombreireira tola, que festa tan marabillosa! Sería tan amable de ser-

virme unha cunca de té? Oral

Verbal

...

...

Signos Xestos Cores

... ...... ... ...

Tipos Elementos

A acción consta de …, …, … . O espazo … . O narrador … .O tempo … . Os personaxes … .

Elementos da narración

A comunicación

Completa

NO CADERNO

ou na versión imprimib

le

Coñece a cultura e a literatura

O 24 de outubro de 1992 destruíuse a Biblioteca de Saraievo, durante a guerra dos Balcáns.

• Busca información en internet: Volveu recons-truírse? Cal é o seu es-tado actual?

Sabías que...

Solucións

A comunicación

Tipos Elementos

Verbal Non ver-bal

E m i s o r : que emi-te a men-saxe

R e c e p -tor: que recibe a mensaxe.

Mensaxe: a q u i l o que se comuni-ca.

C a n l e : m e d i o a través do cal se transmite a mensa-xe.

Oral Signos

Escrita Xestos

Cores

Elementos da narración

A acción consta de presenta-ción, nó e desenlace.

O espazo é o lugar onde se desenvol-ve.

O tempo sitúa a acción nun momento determina-do.

O narrador é quen relata a historia.

Os perso-naxes levan a termo a acción e poden ser protago-nistas ou antagonis-tas.

Colecciono palabras1. Emisor: a nena que fala. Receptor: o neno que escoita. Mensaxe: o

que se din. Código: lingua galega oral. Canle: un teléfono de fíos e latas.

25

Pezas clave

Desenvolvemento do pensamentoTécnica: Mapa xerárquicoO alumnado lerá e completará o mapa de contidos da unidade.

TICNo banco de recursos da unidade hai unha versión imprimible desta páxina.

Tamén se poden consultar os apartados «Para estudar» e «Aprendo xogando» onde hai máis actividades e outros recur-sos interactivos cos que podes practicar os contidos vistos na unidade.

Page 26: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

23

anayaeducacion.es Descubre e comparte coa familia.

anayaeducacion.es No banco de recursos ato-parás a versión imprimible desta páxina e outras ideas para crear o teu portfolio.

Como aprendín?

22

Que aprendín?

1 Selecciona exemplos que demostren o que traballaches nesta uni-dade, o que máis che gustara e o que che resultou máis difícil, e anótaos na táboa.

2 Pinta de verde o que fas moi ben; de amarelo, o que fas ben; e de vermello, o que tes que mellorar.

Identifico os elementos da narración.

Recoñezo os elementos da comunicación.

Traballo en grupo dando o máximo das miñas capacidades.

Localizo rapidamente as palabras no dicionario.

Falo cun ton de voz adecuado.

Utilizo o nivel de lingua que require cada situación.

3 Explica para que che serviron os contidos da unidade.

• Escoitar as presentacións dos compañeiros e das compañeiras da clase.

• Recoñecer os elementos na narración.

• Recoñecer sílabas e palabras.

• Saber como se organiza a información no dicionario.

4 Solicítalle a un compañeiro ou compañeira que te avalíe do 1 ao 10 nestes aspectos.

PORTFOLIO 1

Seleccionei Porque

O uso do dicionario Porque me axuda a redactar mellor.

Participación na clase.

Atención na clase.

Traballo en equipo.

Ganas de aprender.

Vocabulario1 Que palabra de cada grupo vas atopar no di-

cionario? Rodéaa e di de que clase é.

comería – comes – comer – comemos

enfermeiros – enfermeiras – enfermeiro

alto – altos – alta

Expresión2 Copia os enunciados no caderno e escribe V

ou F segundo sexa verdadeiro ou falso.

As narracións sempre son relatos de feitos fantásticos.

Todas as personaxes que aparecen nun relato son secundarias.

O narrador pode ser un personaxe que par-ticipa na acción ou non.

A historia pode suceder nun tempo presente, pasado ou futuro.

Gramática3 Que mensaxe se transmite en cada unha destas

situacións?

a) Un camión de bombeiros pasa coas luces e a sirena activados.

b) Un condutor pon o intermitente dereito do coche.

c) O timbre da escola soa á hora de saír.

d) Está izada a bandeira vermella na praia.

4 Inventa un cartel para transmitir estas mensaxes.

a) Apaguemos as luces ao rematar a clase.

b) Depositemos o papel reutilizable nunha caixa.

Ditado

Antes do ditado

Escoita o texto. 4

Os coches fan moito ruído na estrada coas súas bucinas ben encabuxadas cada vez que o semáforo se pon en verde para os vehículos. No mercado de abastos do outro lado do asfalto, ducias de carriños da compra soben delicadamente pola rampla. É o primeiro que sorprende a Orestes. Ver unha ducia de carriños subindo en ringleira eles sós na busca das súas compras. Se llo chegan a mandar xurar, diría mesmo que falan sobre os prezos do peixe e da froita.

Rosa Aneiros, Orestes perde o sentido!

Despois do ditado

Completa

NO CADERNO

ou na versión imprimib

le

ortografía presentación caligrafía

Ortografía5 Le o texto e clasifica as palabras destacadas

segundo sexan monosílabas, bisílabas, trisílabas ou polisílabas.

O coro resultaba magnífico. Aínda así, Chon-chi e Xuxú non podían esquecer o seu medo aos lobos e ficaban inmóbiles no escenario, como conxelados, ata que os lobos se feli-citaban entre eles polo seu ouvear ou que-daban para tomar unhas cuncas de caldo. Cando os lobos desaparecían polas corre-doiras secretas das montañas, Chonchi e Xuxú reanudaban o espectáculo.

Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico, Paula Carballeira.

Que aprendín1. comer, enfermeiro, alto.

2. As narracións sempre son relatos de feitos fantásticos. Falso.

Todas as personaxes que aparecen nun relato son secundarias. Fal-so.

O narrador pode ser un personaxe que participa na acción ou non. Verdadeiro.

A historia pode suceder nun tempo presente, pasado ou futuro. Verdadeiro.

1.a Os bombeiros van apagar un incendio ou tratar un accidente.

b) O condutor quere pasar ao carril dereito.

c) Podemos recoller e saír de clase.

d) Está prohibido o baño.

4. Monosílabas: non, os.

Bisílabas: coro, medo, cunca, caldo, lobo.

Trisílabas: esquecer, montañas, secretas.

Polisílabas: magnífico, conxelados, corredoiras, espectáculos.

26

Pezas clave

Aprendizaxe cooperativaTécnica: ComprobamosÁ hora de realizar as actividades deste apartado convén aplicar esta clave. Os alumnos e alumnas deberán pensar indivi-dualmente as respostas antes de poñelas en común co resto do equipo. É aconsella-ble formar grupos de 2 ou 3 persoas.

Recursos

AudioO audio da lectura está dispoñible no ban-co de recursos da unidade na web www.anayaeducacion.es.

Avaliación No banco de recursos e no material do profesorado atoparemos propostas de ava-liación para que o alumnado reflexione so-bre os contidos e destrezas traballadas na unidade.

Pezas clave Para ampliar, afondar…

Page 27: É un proxecto educativo de Anaya - Educación primaria€¦ · da Cultura Galega. The Blair Partnership. As normas ortográficas. seguidas son as establecidas pola Real Academia

23

anayaeducacion.es Descubre e comparte coa familia.

anayaeducacion.es No banco de recursos ato-parás a versión imprimible desta páxina e outras ideas para crear o teu portfolio.

Como aprendín?

22

Que aprendín?

1 Selecciona exemplos que demostren o que traballaches nesta uni-dade, o que máis che gustara e o que che resultou máis difícil, e anótaos na táboa.

2 Pinta de verde o que fas moi ben; de amarelo, o que fas ben; e de vermello, o que tes que mellorar.

Identifico os elementos da narración.

Recoñezo os elementos da comunicación.

Traballo en grupo dando o máximo das miñas capacidades.

Localizo rapidamente as palabras no dicionario.

Falo cun ton de voz adecuado.

Utilizo o nivel de lingua que require cada situación.

3 Explica para que che serviron os contidos da unidade.

• Escoitar as presentacións dos compañeiros e das compañeiras da clase.

• Recoñecer os elementos na narración.

• Recoñecer sílabas e palabras.

• Saber como se organiza a información no dicionario.

4 Solicítalle a un compañeiro ou compañeira que te avalíe do 1 ao 10 nestes aspectos.

PORTFOLIO 1

Seleccionei Porque

O uso do dicionario Porque me axuda a redactar mellor.

Participación na clase.

Atención na clase.

Traballo en equipo.

Ganas de aprender.

Vocabulario1 Que palabra de cada grupo vas atopar no di-

cionario? Rodéaa e di de que clase é.

comería – comes – comer – comemos

enfermeiros – enfermeiras – enfermeiro

alto – altos – alta

Expresión2 Copia os enunciados no caderno e escribe V

ou F segundo sexa verdadeiro ou falso.

As narracións sempre son relatos de feitos fantásticos.

Todas as personaxes que aparecen nun relato son secundarias.

O narrador pode ser un personaxe que par-ticipa na acción ou non.

A historia pode suceder nun tempo presente, pasado ou futuro.

Gramática3 Que mensaxe se transmite en cada unha destas

situacións?

a) Un camión de bombeiros pasa coas luces e a sirena activados.

b) Un condutor pon o intermitente dereito do coche.

c) O timbre da escola soa á hora de saír.

d) Está izada a bandeira vermella na praia.

4 Inventa un cartel para transmitir estas mensaxes.

a) Apaguemos as luces ao rematar a clase.

b) Depositemos o papel reutilizable nunha caixa.

Ditado

Antes do ditado

Escoita o texto. 4

Os coches fan moito ruído na estrada coas súas bucinas ben encabuxadas cada vez que o semáforo se pon en verde para os vehículos. No mercado de abastos do outro lado do asfalto, ducias de carriños da compra soben delicadamente pola rampla. É o primeiro que sorprende a Orestes. Ver unha ducia de carriños subindo en ringleira eles sós na busca das súas compras. Se llo chegan a mandar xurar, diría mesmo que falan sobre os prezos do peixe e da froita.

Rosa Aneiros, Orestes perde o sentido!

Despois do ditado

Completa

NO CADERNO

ou na versión imprimib

le

ortografía presentación caligrafía

Ortografía5 Le o texto e clasifica as palabras destacadas

segundo sexan monosílabas, bisílabas, trisílabas ou polisílabas.

O coro resultaba magnífico. Aínda así, Chon-chi e Xuxú non podían esquecer o seu medo aos lobos e ficaban inmóbiles no escenario, como conxelados, ata que os lobos se feli-citaban entre eles polo seu ouvear ou que-daban para tomar unhas cuncas de caldo. Cando os lobos desaparecían polas corre-doiras secretas das montañas, Chonchi e Xuxú reanudaban o espectáculo.

Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico, Paula Carballeira.

Como aprendínNesta sección preténdese que o alumnado sexa capaz de reflexionar individualmente sobre o proceso de aprendizaxe dos contidos da uni-dade, as emocións e os sentimentos que lle xerou esta tarefa.

Antes de rematar as actividades, farémoslles ver a importancia de res-ponder con sinceridade. Non se trata dunha avaliación positiva ou ne-gativa, nin moito menos comparativa co resto da clase; pola contra, trátase de identificar cales son os puntos fortes e os débiles de cada un de nós para poder saber en que nos temos que esforzar máis ao longo do curso.

Neste caso, o alumnado valorará:

• O que máis lle gustou e o que lle resultou máis difícil.

• Os logros acadados sobre os contidos da unidade.

• Para que serviu o aprendido.

• A actitude na aula dun compañeiro ou dunha compañeira.

Solucións1. Resposta aberta.

2. Resposta aberta

3. Resposta aberta

4. Resposta aberta

27

Pezas clave

Plan TIC / AvaliaciónNo banco de recursos da web www.anayaeducacion.es está dispoñible a ver-sión imprimible do Portfolio para que os alumnos e alumnas poidan gardar activida-des, imaxes, anécdotas ou opinións relacio-nadas co estudo desta unidade.

É importante recordarlle ao alumnado que desde o comezo da unidade poden co-mezar a elaborar un portfolio, individual ou colectivo, que deixe indicacións do que aprenderon e da consciencia sobre como o aprenderon.

AvaliaciónO apartado «Descubre e comparte en fa-milia» ofrece un código QR con informa-ción para que o alumnado comparta coa familia os contidos aprendidos nesta uni-dade.