r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i...

14
25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres UNIDADES DIDÁCTICAS 2009 9 25 de Novembro 25 de Novembro Unidades Didácticas Unidades Didácticas Educacion Secundaria Educacion Secundaria

Transcript of r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i...

Page 1: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS 2009

9

25 d

e N

ovem

bro

25 d

e N

ovem

bro

Unid

ades

Did

ácti

cas

Unid

ades

Did

ácti

cas

Educ

acio

n Se

cund

aria

Ed

ucac

ion

Secu

ndar

ia

Page 2: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20092009

10 OBXECTIVOS A TRABALLAR:

Erradicar os mitos que minimizan o problema da violencia de xénero.

Rematar coas crenzas da superioridade do home sobre a muller.

Educar en igualdade como medio de previr a violencia

PHOOLAN DEVI, A RAÍÑA DOS BANDIDOS

UNHA VIDA MARCADA POLA VIOLENCIA.

A Prise de l'école de Madhubaï , obra de teatro de Hélène Cixous, “está baseada nunha historia real que tivo unha gran repercusión nos medios de comunicación: a historia dunha muller india, Phoolan Devi, coñecida co alcume de Raíña dos bandidos. Filla dun pescador, naceu en 1963 en Gurha ka Purwa, unha rexión pobre dun dos países máis empobrecidos do planeta. Pertencía á casta dos intocables, o último chanzo dun sistema social estratificado, no que a casta dos intocables é a casta máis baixa e desprezable; ser muller e pertencer a esta casta supuña unha dupla discriminación, que se traducía en todo tipo de maltratos, vexacións e violacións.

Era aínda unha nena cando foi vendida polo seu pai a un home de 35 anos que, despois de violalareiteradas veces, repudiouna por ‘rebelde’, co conseguinte desprezo por parte da súa familia, que oconsiderou unha causa de deshonra familiar e marxinación social. Secuestrada posteriormente por ungrupo de bandidos, casouse co xefe da banda e á súa morte sucedeulle como xefa. Alcanzou sona afinais dos setenta e na década dos oitenta: con vinte e cinco anos de idade estaba acusada dunhaserie de atracos, secuestros e asasinatos. A maior acusación que pesaba sobre ela era a morte de 22

homes dunha casta superior, que a violaran de forma cruenta durante varios días nunha casa dunha aldea, en medio do silenciocómplice das xentes do pobo…”

Traducido d’ A conquista dá escola de Madhubai, p. 42

• Infórmate sobre a tráxica vida desta muller, que pasando por todas estas

vivencias, ademais do cárcere, chegou a ser elixida representante no Parlamento indio e morreu asasinada cando xa era unha figura lendaria no seu país.

• Reflexiona sobre como o feito de ser muller marcou toda a súa biografía,

escrita desde a infancia en clave de violencia.

• Pescuda a razón pola que, tendo protagonizado ela mesma actos de gran

violencia, foi elixida polo pobo para formar parte do Parlamento indio. Que chegou a simbolizar Phoolan Devi para moita xente? E para moitas mulleres?

• Descobre cal foi ‘o punto de inflexión’ en España que fixo que a

violencia contra as mulleres comezase a ser percibida -timidamente-, como unha lacra social. Aínda que a violencia contra as mulleres parece ser unha constante histórica, común a todas as culturas, en moitas sociedades non só non está deslexitimada, senón que conta con apoio

lexislativo e institucional, ademais de social.Infórmate sobre o amparo

legal que a violencia contra as mulleres ten en numerosos países e infórmate sobre os cambios lexislativos recentes que houbo en España

respecto a esta materia.

Page 3: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS UNIDADES DIDÁCTICAS 20092009

11 Le o seguinte poema de Rosalía de Castro e reflexiona sobre os paralelismos entre o que narra este poema e a vida da raíña dos

bandidos..

A xustiza pola man. Rosalia de Castro Aqués que tén fama de honrados na vila,

Roubáronme tanta brancura que eu tiña; Botáronme estrume nas galas dun día, A roupa decote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron, en donde eu vivira; Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; Ó raso cas lebres dormín nas campías; Meus fillos..., ¡meus anxos!..., que tanto eu quería, ¡Morreron, morreron, ca fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucháronme a vida, Fixéronme un leito de toxos e silvas; I en tanto, os raposos de sangre maldita Tranquilos nun leito de rosas dormían. -Salvademe ¡ou, xueces!, berrei..., ¡tolería! De min se mofaron, vendeume a xusticia. - Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda... Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra. Estonces cal loba doente ou ferida, Dun salto con rabia pillei a fouciña, Rondei paseniño...¡Ne-as herbas sentía! I a lúa escondiase, y a fera dormía Cos seus compañeiros en cama mullida. Mireinos con calma, i as mans estendidas, Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida. I ó lado, contenta, senteime das vítimas, Tranquila, esperando pola alba do día. I estonces... estonces, cumpreuse a xustiza: Eu, neles; i as leises, na man que os ferira. Do libro Follas Novas de Rosalía de Castro

Infórmate sobre a denuncia que Rosalía de Castro fixo no século XIX sobre a condición das mulleres e busca outros

poemas da autora que reflictan o seu compromiso coa loita polos dereitos das mulleres.

Page 4: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20092009

12NAMORAR

Cada alumna e cada alumno da clase debe escribir unha redacción na que describa como cre que será, ou como lle gustaría que fose, a experiencia de namorar. A redacción será anónima, pero é moi relevante que detallen como imaxinan á persoa da que se namorarán, que aspectos lles resultarán máis atractivos, en que contexto se coñecen, como se desenvolve a relación ao principio…

Ler as redaccións das alumnas e dos alumnos contrastando se as espectativas se axustan aos

roles de xénero estereotipados: activo/pasiva, independente/dependente, arredado/afectuosa…

Determinar se na descrición da persoa da que se namoran, valóranse por igual aspectos do

carácter, do físico, do estatus social…

Prestar especial atención a ideas estereotipadas sobre o amor, do tipo “que fai

sufrir”, que converte ás persoas en posesivas…

Facer unha listaxe de cousas que nos fan sentir ben e de cosas que nos fan sentir

mal. Asociar cada unha delas a un comportamento desexable ou non desexable da persoa amada. Reflexionar se na redacción realizada hai situacións que nos poden facer sentir mal.

VIOLENCIA SIMBÓLICA

A experiencia de diversas formas de violencia simbólica contra as mulleres é compartida por todas as mulleres, aínda que en diversos graos. Porén, é moi frecuente que este tipo de violencia, moi tolerada socialmente, pase desapercibida para as propias mulleres que a sofren. Que non se perciba como violencia non quere dicir que non teña conscuencias para as mulleres, especialmente para a súa autoestima.

Pensa e describe situacións nas que vises actitudes violentas como:

Ridiculizar o comportamento dunha muller, esaxerando as

caracteríticas ‘femininas’.

Ignorar as achegas, intervencións, suxestións, bromas…, realizadas por unha muller nun grupo,

sobrevalorando as dos homes do grupo

Cosificar ás mulleres, con comentarios sobre o aspecto físico como caracterísitica máis relevante (ou a

única!). Como te sentirías se foses ti a persoa destinataria desa violencia? Pensa en como eses sentimentos che farían

comportarte en situacións futuras. Cres que sairías reforzada ou debilitada desas vivencias?

Recoñeces algunha fonte de insatisfacción na túa personalidade que pode estar orixinada por vivencias como as que describiches ti ou algunha compañeira ou algún compañeiro?

Elabora para cada situación un argumentario para paliar os efectos negativos desa experiencia e

reflexiona sobre o importante que é decatarse de como nos afectan mesmo as cousas sobre as quenon pensamos.

Fai un decálogo de comportamentos que non ides tolerar entre compañeiras e compañeiros de

clase, pendurádeo na parede cunha explicación da razón pola que rexeitades ese comportamento(facendo fincapé en como fai sentirse á persoa destinataria) e lembrádeo cada vez que vexades quese está a incumprir

Page 5: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS UNIDADES DIDÁCTICAS 20092009

13ASÍ TAMÉN SE FORMA O IMAXINARIO SOCIAL MISÓXENO

A misoxinia, “aversión ou odio ás mulleres”, toma múltiples formas en todas as culturas. Os chistes contra as mulleres son unha

forma frecuente de violencia contra as mulleres coa que se adoita ridiculizalas respecto ás súas capacidades intelectuais, o seu aspecto físico, o seu rol social… Analiza a carga misóxina destes chistes e reflexiona sobre a abundancia de chistes contra as mulleres; así mesmo, reflexiona sobre o feito de que, malia que moitas veces son ‘reversibles’, non se adoita escoitalos e non gozan da mesma aceptación. Oíches nalgunha ocasión chistes semellantes? Foi en situacións de ‘estar de broma’ ou cres que se buscaba ofender?

¿CHISTES?

• Que fai unha muller na cama despois de facer o amor? Estorba.

• Que fai unha muller fóra da cociña? Turismo.

• Que hai detrás dunha muller intelixente? Un home sorprendido.

• Que hai que facer para ampliar aínda máis a liberdade dunha muller? Enchufar o ferro de pasar a un cable extensible.

• Que lle pasa a unha muller se se come un mosquito? Ten mais cerebro no estómago ca na cabeza.

• Que significa axudar na limpeza da casa? Levantar os pés cando a muller pasa a aspiradora.

• Que ten unha muller de corenta entre as tetas que non ten unha de vinte? O embigo.

Analiza os chistes misóxenos a partir das seguintes funcións do humor:

• Función sociopositiva: cohesionar ao grupo en torno a bromas que son comprendidas e compartidas polos seus membros.

• Función socionegativa: pór de manifesto quen non pertencen ao grupo e, xa que logo, non son suxeitos que comparten o humor grupal, senón obxectos do mesmo

Quen realiza normalmente chistes misóxenos? Reaccionan por igual ante estes chistes os homes cás mulleres? Como cres que se senten as nenas, adolescentes, mulleres adultas cando escoitan estes chistes? Reflexiona sobre as distintas emocións segundo a idade de quen os escoita, especialmente no caso de nenas e adolescentes

que están a formar a súa identidade. Le o seguinte artigo e reflexiona sobre o mesmo.

Que actitude cres que deberíamos ter cada vez que escoitamos un chiste sexista?

Page 6: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20092009

14Os chistes sexistas axudan a xustificar a violencia contra as mulleres.

Así o demostrou unha investigación realizada na Universidade de Granada nunha mostra de 109 homes universitarios de entre 18 e 26 anos.

Os resultados deste traballo serán presentados publicamente mañá xoves, 2 de xullo, no marco do 'International Summer School and Symposium on Humour and Laughter’, que se celebra en Granada.

Os chistes sexistas (ese tipo de humor en todos os seus vertentes), favorecen os mecanismos mentais que incitan á violencia e ao maltrato contra as mulleres naqueles suxeitos que presentan actitudes machistas. Así se desprende dun estudo realizado na Universidade de Granada, e que será presentado mañá xoves, 2 de xullo, no marco do simposio internacional máis prestixioso do mundo sobre o sentido do humor e as súas aplicacións científicas ('International Summer School and Symposium on Humour and Laughter: Theory, Research and Applications') que se celebra en Granada.

Para realizar esta investigación, os científicos aplicaron varios cuestionarios a un grupo formado por 109 estudantes universitarios de sexo masculino de entre 18 e 26 anos. Presentáronselles dúas series de chistes, unha con chistes machistas nos que se denigra á muller e outra con chistes normais, sen contido sexista algún. A continuación, os investigadores formuláronlles varios escenarios con distintos casos de agresions a mulleres, desde máis leves a máis graves, para preguntarlles despois como actuarían ante un escenario deste tipo.

Toleran máis a violencia

O traballo demostrou que aqueles homes que escoitaran chistes machistas se mostraban moito máis tolerantes coa agresión ás mulleres que aqueles que non os escoitaran; é dicir, este tipo de humor favorece os mecanismos mentais tolerantes cos comportamentos violentos para as mulleres. Os investigadores advirten, porén, de que os suxeitos nos que o humor sexista inflúe negativamente estaban predispostos a tolerar a violencia contra a muller, tal e como se desprendeu dunha enquisa que medía actitudes sexistas contra as mulleres.

Algúns dos items que compoñen a escala que os científicos utilizaron para medir as actitudes sexistas dos homes foron: “no fondo, as mulleres feministas pretenden que a muller teña máis poder có home”, “a maioría das mulleres non aprecian completamente todo o que os homes fan por elas” ou “existen moitas mulleres que para se mofar dos homes, primeiro se insinúan sexualmente a eles e logo rexeitan os avances destes”.

Este traballo foi realizado polos profesores Mónica Romero-Sánchez, Mercedes Durán, Hugo Carretero Dios, Jesús L. Megías e Miguel Moya, dos departamentos de Psicoloxía Social e Psicoloxía Experimental da Universidade de Granada e será presentado de forma oficial mañá xoves, 2 de xullo, ás 17 horas no Carmen da Victoria de Granada, dentro do 'International Summer School and Symposium on Humour and Laughter’.

Os resultados desta investigación foron aceptados para a súa publicación na prestixiosa revista americana ‘Journal of Interpersoal Violence’.

Referencia: Mónica Romero Sánchez.Departamento de Psicoloxía

Page 7: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS UNIDADES DIDÁCTICAS 20092009

15NÓS, OS NOSOS CORPOS

Un elemento fundamental para a felicidade e a autoestima é gustarse, recoñecerse nopropio corpo para poder gozar de todas as sensacións e emocións que sentimosconstantemente. Porén, a presión social e o control social, sobre como debe de ser ocorpo das mulleres, con estereotipos absurdos que negan toda a beleza que hai nadiversidade dos corpos, fai que moitas mulleres (case todas, segundo os estatísticas),reneguen dos seus corpos, desexando cambialo para se axustar aos canons da moda.

- Fai unha listaxe de partes do teu corpo coas que non estás a gusto (alistaxe é para ti, non tes que ensinarlla a ninguén, pero é moi importanteque sexas honesta contigo mesma).Por que desexas cambiar esas partes?

Como che gustarían que fosen? Que aspectos da túa vida cres que mellorarían se puideses cambialas? De onde cresque vén a túa insatisfacción contigo mesma?

-

- Fai unha listaxe dos medios polos que se transmiten os canons de beleza.

- Fai unha listaxe de ‘como debe de ser’ o corpo dunha muller segundo eses medios. É importante deterse en tantas partes do corpo como consideres para visualizar ata que punto queren controlar -e que sexamos nós mesmas quen fagamos de guardiás- os nosos corpos: dende as pestanas ata as unllas dos pés…

- Aínda que a presión sobre os homes foi aumentando nos últimos anos, a diferenza respecto ás mulleres é abismal.

- Reflexiona sobre as distintas mensaxes que nos envían sobre a beleza feminina e a masculina, en termos físicos edoutros aspectos como a comodidade ao vestirse, o desenvolvemento muscular asociado á práctica de deportes…

- Le os seguintes poemas da escritora María Reimóndez, do seu poemario “Moda Galega”, sobre as tendas de roupa dedistintas rúas da cidade de Vigo. Reflexiona sobre algúns dos aspectos destes poemas que salientamos ao final e sobreoutras ideas que relaciones con eles.

Page 8: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20092009

16Camiño Espedrigada: Ana Piñeiro

Velaquí está a tenda coma un gueto. O clube das gordas o reduto da sociedade das tallas. Velaquí están eses agradables vestidos que semellan sacos á espera de recheo. Se o recheo fose gran ou patacas estaría ben. Máis o recheo somos nós, os nosos corpos - nós, a fin de contas-, as nosas curvas magras ou voluminosas corpos de ancha beleza, corpos de cálidas formas, corpos do erotismo esquecido. Son as mulleres que poden matarte co seu peso, e nós querémolas meter nun gueto de tendas elegantes e tallas para gordas

Que che suxire a expresión “a tenda como un gueto”? Hai moitas mulleres que non

poden mercar a roupa que lles gusta en tendas que non venden tallas “grandes”. Detrás desta práctica non se agochan razóns económicas, xa que é un segmento da poboación moi numeroso, senón prácticas de empresa que saben que o mundo da moda se alimenta da insatisfacción das mulleres co seu corpo, e que non queren ver as súas marcas “depreciadas” por que as leven mulleres gordas. Pensade nalgunhas desas tendas e escribide unha carta á empresa demandando tallas e modelos que recollan toda a variedade que hai de corpos de mulleres. Entregade unha copia en cada tenda o día 25N, para axudar a transmitir que tamén existe a violencia simbólica contra todas as mulleres.

Reflexiona sobre a estigmatización social da gordura: pescuda como foron cambiando os

canons de beleza ao longo do tempo; distingue as mensaxes contra a gordura por cuestións de saúde das que agochan prexuízos estéticos

Reflexiona sobre os versos “somos nós / os nosos corpos /-nós, a fin de

contas-” . Investiga sobre a separación entre nós e os nosos corpos, típico da cultura occidental, e que podemos apreciar en como nos relacionamos co noso corpo: véndoo por anacos e non como un todo, como algo que temos que moldear e controlar, e non como unha fonte de pracer…

Page 9: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS UNIDADES DIDÁCTICAS 20092009

17 Eduardo Igrexas: Cómplice

Un dia destes ti e mais eu habemos ir de compras. Tal e como fomos hai só uns días en Múnic, que se di como se quedase aí ó lado. Máis no canto de mercar un vestido para fin de ano co que non rompe-la tradición de pasares frío visitarémo-la tenda da autoestima e a de quererse tanto que te queiran os demais, a tenda do descubrimento, a tenda dos ollos abertos, a tenda onde, pendurada na mellor das perchas atópase a persoa. É un paseo necesario, un paseo para recupera-lo sorriso, para desfacerse dos malditos príncipes azuis que non existen ou son só espellismos parvos dunha imaxe que cremos querer. Que queremos crer. Que cremos crer. Que queremos querer. Traducido al castellano por María Reimóndez

Que esperarías atopar na “tenda da autoestima”?

Como cres que quererse a unha mesma axuda a sentirse querida polos demais?

Por que cres que “a tenda da autoestima” sería un descubrimento?

Que che suxiren os versos “…colgada na mellor das perchas / se encontre a persoa”?

Por que cres que remata este poema facéndonos pensar sobre os príncipes azuis? Que representa o ‘príncipe azul’ noimaxinario social?

Page 10: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20092009

18AYA DE YOPOUGON

Aya, Adjoua e Bintou son tres amigas do barrio de Yopougon, en Costa de Marfil: unha prefire bailar, outra saír con rapaces e outra estudar para ser algo máis ca unha ama da casa. A través deste cómic coñecerás o día a día da xente de África, onde non todo é guerra e violencia, onde tamén hai un espazo para se divertir e vivir en paz, cos pequenos problemas de cada día.

Pero tamén é unha excelente historia para analizar os estereotipos sexuais, os prexuízos, a discriminación directa contra as mulleres, a forma destas de rebelarse contra ela ou de asumila… Contada desde a vivencia diaria nun país africano, resulta un exemplo inmellorable da universalidade do patriarcado, de como moldea personalidades, spectativas, desexos… e como estes determinan finalmente a vida dos seus protagonistas. Recomendamos a lectura deste primeiro volume de Aya de Yopougon animando ao alumnado a comentar aqueles aspectos que considera que reflicten algunha forma de discriminación para as mulleres e analizando as distintas actitudes das mulleres e os homes protagonistas ante as mesma

Page 11: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS UNIDADES DIDÁCTICAS 20092009

19

Page 12: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20092009

20RELACIÓN DE VÍCTIMAS MORTALES POR VIOLENCIA DE GÉNERO DATOS PROVISIONALES. AÑO 2009

MUERTES CONFIRMADAS

Nº NOMBRE NACIONALIDAD FECHA LUGAR

1 Orfea E. C. G. Ecuatoriana 5-2-2009 Parla (Madrid)

2 Cristina M. R. Española 10-2-2009 Sevilla

3 Mª. Nieves M. G. Española 20-2-2009 Madrid

4 Juana Maria C. R. Española 20-2-2009 Huelva

5 Concepción P. E. Española 26-2-2009 Otura (Granada)

6 Francisca D. M. Española 6-3-2009 Beneixida (Valencia)

7 Mª. Del Mar C. J. Española 15-3-2009 Altafulla (Tarragona)

8 Fabiola del Socorro P. Q. Colombiana 22-3-2009 Castellón

9 María Izaskun J. B. Española 23-3-2009 Gernika (Vizcaya)

10 María F. J. Española 3-4-2009 Piñar (Granada)

11 Isabel A. B. Española 10-4-2009 Valencia de Alcántara (Cáceres)

12 Yasmin Zamira R.(*) Española 9-5-2009 Irún (Guipúzcoa)

13 Carmen Rosa D. H. Española 12-5-09 Guía de Isora (Santa Cruz de Tenerife)

14 María C. R. Española 20-5-09 Albox (Almería)

15 Emilia Esperanza F. R. Española 20-5-09 Tacoronte (Santa Cruz de Tenerife

16 Isabel C. R. Española 21-3-09 San Cristobal de la Laguna (Santa Cruz de Tenerife)

17 Weiyu Q. China 26-5-09 Barcelona

18 Francisca G. B. Española 27-5-09 Castellón

19 Avril Louise F. Irlandesa 29-5-09 Orihuela (Alicante)

20 Natasa H. Bosnia 31-5-09 Malgrat de Mar (Barcelona)

21 María Teresa G. Española 3-6-09 Abrera (Barcelona)

22 Meryem Z. Marroquí 12-5-09 Rubí (Barcelona)

23 Dulce Nombre de María C. Española 13-6-09 Parla (Madrid)

24 Mª. Paz M. G. Española 14-6-09 Elche (Alicante)

Page 13: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS UNIDADES DIDÁCTICAS 20092009

2125 Maximina Rosario R. D. Española 15-6-09 Las Palmas de G.C.

26 Nayrobys Yahaira A. M. Dominicana 20-6-09 Fuenlabrada (Madrid)

27 Isabel P. C. Española 1-7-09 Los Palacios (Sevilla)

28 Ekram C. L. Española 15-07-09 Ceuta

29 Mª Luz T. P. Peruana 16 -07-09 Coruña

30 Eva María R. C. Española 25-07-09 Chozas de Canales (Toledo)

31 Mª Estrella B. P. Española 28-07-09 Cartagena (Murcia)

32 Catalina B. J. Española 28-07-09 Ronda (Málaga)

(*) Nacida en Colombia y nacionalidad española

Mona Svea Mariann, fallecida el 18-4-09 en Torrevieja (Alicante) que figuraba en la relación (Nº. 12) ha sido excluida porque elfallecimiento se debió a causas naturales y su presunto agresor ha quedado en libertad sin cargos.

Nº NOMBRE NACIONALIDAD FECHA LUGAR

33 Ana Encarnación E. V. Española 3-8-09 Tolox (Málaga)

34 Ubaldina P. L. Española 7-8-09 Coristanco (A Coruña)

35 Nadia R. C. Española 25-8-09 Barcelona

36 Laura A. L. Española 26-8-09 Orense

37 María R. V. Colombiana 30-8-09 Badalona (Barcelona)

38 Isabel S. S. Española 3-9-09 Vélez Rubio (Almería)

39 Elvira Rosario S. Ecuatoriana 6-9-09 Ondara (Alicante)

40 Inmaculada G. H. Española 7-9-09 Utiel (Valencia)

41 María Fernanda L. de F. Uruguaya 12-9-09 Granadilla de Abona (S.C. de Tenerife)

42 Gabriela Rocio P. C. Ecuatoriana 16-9-09 Ávila

43 Nilda C. S. Boliviana 21-9-09 Sant Pere de Ribes (Barcelona)

44 Heather Ann R. Inglesa 4-10-09 San Fulgencio (Alicante)

45 Josefa R. V. Española 4-10-09 Vilaseca (Tarragona)

Page 14: r o25 de Novembro r b m e v o N Unidades Didácticas a c i ...steg.gal/muller/25_novembro/09/unidade_didactica_secundaria.pdf · 25 de novembro - Día ... Foi en situacións de ‘estar

25 de novembro - Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICASUNIDADES DIDÁCTICAS20092009

22MUERTES EN INVESTIGACIÓN

Nº NOMBRE NACIONALIDAD FECHA LUGAR

1 Marta del C. Española 24-1-1009 Sevilla

2 Josefa M. L. Española 18-6-09 La Línea de la Concepción (Cádiz)

Fecha: 5 de octubre de 2009