Presentación lingua galega 1º bach

9
CONTIDOS LINGUA GALEGA E LITERATURA 1º BACHARELATO

description

Presentación da Materia de Lingua Galega e Literatura de 1º de Bacharelato

Transcript of Presentación lingua galega 1º bach

Page 1: Presentación lingua galega 1º bach

CONTIDOSLINGUA GALEGA E LITERATURA

1º BACHARELATO

Page 2: Presentación lingua galega 1º bach

BLOQUE I: O TEXTO

Compresión expresión. Tres preguntas: 5 puntos dentro da proba.

Dúas breves de comprensión de 1 punto cada una.Resumo breve do texto ou de parte delEstrutura do textoIdeas principais e secundariasIntencionalidade do texto, opinión do autor sobre algún aspecto que se indiqueSignificado concreto no texto dalgunha palabra ou expresión.

E unha máis longa de expresión de 3 puntos. Na pregunta longa de expresión, en aproximadamente 200 ou 250 palabras,

pedirase nela a elaboración dun texto relacionado co texto proposto no exame. Valorarase na súa puntuación o xuízo crítico sobre ideas que conteña o texto, a capacidade de estruturación e exposición de ideas ademais da expresión correcta.

Page 3: Presentación lingua galega 1º bach

BLOQUE II: A GRAMÁTICA

Dúas son as preguntas de gramática que se lle proporán ao alumnado, cunha valoración de 1 punto cada una.

As preguntas de gramática centraranse en conceptos relacionados coa fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, semántica.

Page 4: Presentación lingua galega 1º bach

BLOQUE III: SOCIOLINGÜÍSTICA A pregunta de sociolingüística centrarase nalgunha das seguintes propostas:

1. As orixes de galego. 2. A lingua galega na Idade Media.3. A lingua galega nos Séculos Escuros. 4. O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto

histórico e situación sociolingüística. 5. O galego de 1936 á actualidade: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico

e situación sociolingüística. 6. A situación lingüística en Europa.7. A situación linguística en España.8. O proceso de normalización do galego.9. O proceso de normativización do galego.Malia a posibilidade de estenderse nestas preguntas, será necesario que a resposta sexa

resumida, aproximadamente nunhas 200 ou 250 palabras,. É moi importante centrarse no contido da pregunta e non pararse en consideracións xerais.

Page 5: Presentación lingua galega 1º bach

BLOQUE IV: LITERATURAAs preguntas que se proporán ao alumnado son as seguintes: 1. O contexto literario medieval.2. A lírica amorosa medieval: cantiga de amigo e de amor.3. A lírica non amorosa medieval: cantigas satíricas, relixiosas e

xéneros menores. 4. A prosa medieval. 5. A literatura galega nos Séculos Escuros. 6. A literatura galega no Século XIX. 7. Os autores do Rexurdimentos: Rosalía de Castro, Eduardo

Pondal e Manuel Murguía.

Page 6: Presentación lingua galega 1º bach

BLOQUE IV: LITERATURANesta pregunta non se poderán limitar o alumno a ofrecer unha

listaxe de autores e obras, senón que deberá presentar unha explicacións das características da escrita dos autores, das tendencias ou das etapas. Verbo da extensión da proba oscilará entre as 400 e 500 palabras dependendo do grao de profundidade na exposición do tema.

Page 7: Presentación lingua galega 1º bach

CRITERIOS DE CORRECCIÓN Aplicarase unha penalización máxima sobre a proba de 2

puntos por erros ortográficos. Cada erro ortográfico ou de uso da lingua será penalizado nas probas con 0.1.

No cos das probas escritas esta valoración negativa negativa non se aplicará sobre a pregunta 3, xa que na propia valoración da pregunta irá incluído o desconto.

Page 8: Presentación lingua galega 1º bach

LECTURAS OBRIGATORIAS

• Miguel Anxo Fernández: O sabre do francés, editorial Galaxia

• Álvarez Cáccamo: O bosque de levas, editorial Galaxia

• Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro, Edicións Xerais

Page 9: Presentación lingua galega 1º bach

Porcentaxes de Avaliación• O reparto das porcentaxes de avaliación de cada un dos trimestres serán

os seguintes:

• Preguntas temas: 20%

• Comentarios críticos: 20%

• Libro de lectura: 10%

• Proba escrita: 50%