DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA · PDF filei] introduciÓn. cuestiÓns...

263
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA ESCOLMA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNADO E FAMILIAS CURSO 2012-13 I.E.S. da Pobra do Caramiñal Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 1

Transcript of DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA · PDF filei] introduciÓn. cuestiÓns...

DEPARTAMENTO DE

LINGUA GALEGA E LITERATURA

ESCOLMA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PARA ALUMNADO E FAMILIAS

CURSO 2012-13

I.E.S. da Pobra do Caramiñal

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 1

I] INTRODUCIÓN. CUESTIÓNS COMÚNS

II] LINGUA GALEGA E LITERATURA ESO

III] LINGUA GALEGA E LITERATURA BAC

IV] COMPETENCIA COMUNICATIVA E DIXITAL PCPI

I] INTRODUCIÓN. CUESTIÓNS COMÚNS

1. Criterios de cualificación, promoción e recuperación.

1.1. Cualificación

1.2. Promoción

1.3. Recuperación. Plans de traballo e programa de reforzo.

i) Suspensos

ii) Pendentes. Programas específicos personalizados: plans de traballo e

programa de reforzo, incluíndo a avaliación continua

2. Información ao alumnado

1. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN, PROMOCIÓN E RECUPERACIÓN

1.1. CUALIFICACIÓN

O Departamento mantén no esencial os valores dos distintos tipos de contidos, diferenciando

a ESO do Bacharelato, tal como se especifica nos apartados correspondentes dos distintos bloques

(ESO e BAC) desta programación. Neles tamén se recolle a valoración do absentismo. Para o

alumnado que perda o dereito á avaliación continua ao acumular máis de doce faltas (quince en 1º

ESO) sen xustificar, realizarase unha proba única final na que terá que dar conta dos contidos

mínimos da materia e que só se superará demostrando un dominio suficiente destes.

O peso dos distintos instrumentos de avaliación é o seguinte:

a) Notas das probas obxectivas sobre contidos da materia. Suporán entre o 50% e o 70%

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 2

do total da nota, na ESO, e entre o 60% e o 80% no BAC, dependendo do tipo de contidos que se

inclúan nelas. Realizaranse como mínimo dous exames por trimestre. Establécese un mínimo para

poder facer media entre as probas que sería un terzo da nota total. Tamén entendemos que os

contidos progresivos que impartimos esixen que a materia sexa acumulativa, de xeito que se teña

que dar conta de destrezas e saberes abordados no conxunto do curso.

Na avaliación extraordinaria, en setembro, o exame contará entre o 80% e o 100% da nota,

segundo se soliciten ou non traballos específicos e/ou probas de lectura. Este exame incluirá

cuestións sobre os distintos bloques de contido: comunicación (comprensión e construción de

textos), reflexión sobre a lingua, lingua e sociedade e educación literaria.

b) Notas das elaboracións. A suma dos resultados das actividades e tarefas e/ou a

realización dun traballo de trimestre de investigación e produción, elementos todos eles

fundamentais no desenvolvemento e avaliación das competencias, encherán ata o 30% da nota

media na ESO e ata o 20% en Bacharelato. Tamén se terá en conta neste apartado a calidade do

caderno e a resposta ás propostas de creación. A data de presentación de traballos ou cadernos será

inaprazábel: os traballos entregados fóra de prazo non serán admitidos e terán unha nota de 0.

No caso da realización de secuencias ou proxectos de comunicación de certa amplitude que

integren tipos de contido diversos (como as que pretendemos desenvolver este curso en 4º ESO), así

como cando se traballe con cadernos dixitais ou coa creación de contornos de traballo na rede, o

valor deste bloque pode chegar ao 50%, en prexuízo das notas das probas obxectivas.

c) Nota por libros de lectura. Será preciso realizar unha lectura mínima por trimestre, que

será avaliada a través dun traballo ou unha proba e suporá un 10% da nota da avaliación. O

incumprimento ou a realización deficiente nun trimestre fará que se duplique ese valor no seguinte

se tampouco se supera a súa avaliación, podéndoselle esixir ao alumno/a as lecturas non superadas.

Ademais, no exame de setembro pódese requirir a realización dun traballo ou de diferentes

cuestións sobre as lecturas do curso, con idéntico peso ao especificado para os trimestres. As

lecturas voluntarias (de libros recomendados) poden incrementar a nota ata un punto no BAC e sen

teito na ESO.

d) Notas diarias ou semanais de actitude. A constancia e o esforzo, o respecto aos

compañeiros, o/a profesor/a e a materia, a participación e o interese ou a práctica habitual,

desprexuizada e en progresión do uso oral do galego contarán ata un 20% da nota na ESO e ata un

10% no Bacharelato, e nunca por debaixo do 5%. Restarase na nota da actitude de cada avaliación

cando se teñan partes de incidencia: 1 parte -0´25, 2 partes -0´5, 3 partes 0´75…

Instrumentos de avaliación ESO BAC

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 3

Probas obxectivas (exames)

50-70 % (setembro: 80-100 %)

60-80 % (set. 100 %)

Elaboracións (traballos, tarefas, creacións, caderno)

Ata 30 % (pode chegar ao 50% no caso de secuencias e producións dixitais)

Ata 20 %

Libros de lectura 10,00% 10,00%

Actitudes Ata 20 % Ata 10 %

Será responsabilidade do profesor ou profesora que imparta a materia concretar eses valores,

segundo as características do curso e grupo, e sempre de acordo cos anteriores parámetros. Esa

concreción seralle comunicada ao alumnado a comezos do curso.

Á hora de facer a media, non se aprobará cunha nota menor ao 5.

1.2. PROMOCIÓN

Os nosos criterios estéanse nestes dous puntos:

-atención á lexislación vixente que emana de documentos oficiais como son o DOG e o

PEC, e a organismos colexiados como a Xunta de Avaliación e o Departamento de

Orientación.

-adecuación aos requisitos que se recollen nos criterios de avaliación e cualificación xunto

cos mínimos exixibles.

1.3. RECUPERACIÓN

i) Suspensos na ESO

Serán precisas actividades de recuperación sempre que nunha avaliación calquera (de

unidade, grupos de unidades ou de trimestre) se atope alumnado motivado ou traballador que non

acade bos resultados -nalgún aspecto particular ou no conxunto da materia- ou alumnado

desmotivado pero cun mínimo de vontade de recuperación. Por suposto, deberán ser de obrigada

aplicación no caso dun fracaso xeneralizado, cunha moi alta porcentaxe de suspensos na aula.

É conveniente que a concreción destas actividades sexa negociada e acordada cos

implicados e que conxugue a obrigatoriedade coa voluntariedade. En todo caso, deberán partir do

nivel de desenvolvemento efectivo daqueles, no camiño da motivación e da significatividade. Así

mesmo, deseñaranse, organizaranse e avaliaranse dentro do marco de valoración de contidos

establecido polo Departamento.

As actividades máis individualizadas haberá que tiralas das seguintes fontes:

a) as propostas realizadas polas editoriais empregadas (Anaya, Galaxia e Rodeira) para

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 4

adaptación curricular, para reforzo e ampliación ou para revisión e/ou avaliación de contidos,

segundo o nivel e as necesidades de recuperación. Dispoñemos, para o caso, de cadernos de

exercicios adaptados obxectivo a obxectivo, de guías de profesor/a con ampliación procedemental e

suxestións e mais dos suplementos gramaticais e de síntese dos propios libros de texto. Este

material tamén se emprega nas aulas de Agrupamento específico.

b) actividades de materiais complementarios que permiten traballar aspectos concretos polo

miúdo. É o caso da colección Texto / Léxico / Gramática, etc., de Anaya ou da serie Traballando co

léxico, de Xerais, entre outros.

c) exercicios elaborados polo profesorado do Departamento.

Os obxectivos a acadar serán a mellora da expresión escrita (propiedades textuais,

ortografía, acentuación, puntuación...), a fixación da gramática normativa (asimilación de

paradigmas, regras...), a ampliación e depuración do léxico, a reorientación -ou formación- do labor

analítico (morfolóxico, sintáctico, textual...), a comprensión dos conceptos fundamentais, así como

calquera outro recollido nesta programación. No primeiro ciclo farase fincapé nos tres primeiros.

As actividades globalizadoras supoñen xa unha adaptación metodolóxica e de contidos. Por

exemplo, deseñar proxectos de comunicación atraentes, con incorporación da TIC; realizar ou

incrementar o traballo en grupo, especialmente de tipo cooperativo; levantar propostas de creación e

traballos voluntarios; incentivar a lectura ampliando o abano de escolla, presentando os libros, etc.;

achegar todo o traballo no posible ás capacidades e intereses do alumnado; ou ofrecer sesións (por

exemplo, no recreo) para preparar o estudo dos contidos.

Estas actividades, realizadas segundo as indicacións do/a profesor/a, poden facer recuperar

efectivamente, non só o dominio mínimo esixíbel das capacidades e destrezas, senón o suspenso do

trimestre; e, posto que a nosa materia é progresiva e con avaliación continua, o curso.

ii) Suspensos no BAC

A recuperación na ESPO debe realizarse a través de probas obxectivas que se poden fixar

antes de cada avaliación ou en xaneiro, marzo-abril e nun exame final.

Así e todo, poden deseñarse actividades de recuperación, avaliadas tamén dentro do marco

de valoración de contidos. Terán como obxectivo a mellora do dominio de contidos curriculares

frouxos, ben por parte de toda a clase por falta de base, ben por parte do alumnado que amose certas

carencias.

Consistirán no seguinte:

a) actividades propostas pola editorial empregada (Rodeira) como complemento,

reforzo ou ampliación na guía do profesorado;

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 5

b) actividades tiradas de materiais complementarios (Prácticas de Lingua, Método

activo de Do Cumio, etc.) ou elaboradas polo Departamento;

c) repetición ou ampliación do traballo do trimestre (que inclúe heurísticos, labores

de investigación e produción...);

d) preparación da asimilación dos contidos en sesións extra.

iii) Pendentes. Plans de traballo para a superación de materias pendentes.

Programas específicos personalizados : programas de reforzo para lograr a recuperación das

mesmas, incluíndo a avaliación continua.

iii.a) Pendentes na ESO

De acordo co do DOG do 7 de Xaneiro de 2008, cómpre que a avaliación das aprendizaxes

do alumnado coa materia pendente siga un plan de traballo e sexa coordinada para que non se

reduza á realización das probas establecidas. Para iso, este Departamento fixa as seguintes pautas de

actuación:

1. O alumnado afectado será informado por escrito sobre, cando menos:

- quen van ser os responsábeis da avaliación,

- que contidos se van esixir,

- que actividades concretas debe realizar e en que prazos,

- se hai posibilidades de clases de recuperación fóra do horario lectivo xeral,

- que implica a cualificación positiva da materia (con contidos progresivos) no seu curso

actual,

- e cales son as datas previstas para a realización das probas.

Tamén será consultado para captar as súas principais dificultades e poder, a partir de aí,

adaptar as actividades.

2. Contidos esixíbeis: os contidos a traballar e avaliar serán os estabelecidos como mínimos

-para o curso da pendente- nesta programación. Prestaráselles especial atención aos non presentes

no curso seguinte.

3. Actividades de avaliación : As actividades a realizar serán determinadas polo conxunto

do Departamento, indicadas e recollidas polo/a profesor/a actual do alumno ou alumna e corrixidas

do xeito acordado entre aquel/a e a/o xefa do Departamento. Consistirán en:

» cuestións sobre lecturas non realizadas o curso anterior

» traballos que inclúan documentación, análise, creación, etc.

» calquera das actividades individualizadas presentadas no apartado i) deste punto para os

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 6

suspensos na ESO.

A primeira entrega faráselle ao alumno, como moi tarde, antes das vacacións de Nadal.

4. Dada a improbabilidade da organización de clases de recuperación fóra do horario

lectivo xeral, estudarase a posibilidade de realizar apoios nos recreos. De non ser posíbel, será o

propio profesorado do curso quen informe e oriente sobre os resultados das actividades de

recuperación.

5. Os criterios de avaliación específicos da materia pendente penéiranse entre os do curso

correspondente de acordo cos contidos mínimos.

6. A avaliación adecuarase no posíbel aos criterios xerais de cualificación, de modo que a

realización das actividades antes citadas suporá ata un 40%-50% da nota final, que se completará

coa realización dos exames parciais (xaneiro/febreiro e abril) ou final (maio / setembro). A falla

dalgún destes instrumentos de avaliación impediría conseguir o aprobado.

7. Avaliación continua. Posto que esta materia ten fundamentalmente contidos progresivos

e a avaliación é continua, aquel alumnado que supere Lingua galega e literatura do seu curso actual

na segunda avaliación considerarase que, cumprindo coas esixencias dos anteriores puntos, tamén

alcanzou os obxectivos fixados para a pendente, da que xa non terá que se examinar en adiante.

De xeito esquemático, o alumnado terá que intentar:

a) realizar de xeito satisfactorio as actividades entregadas

b) superar o 1º parcial (xaneiro)

c) aprobar a segunda avaliación do curso actual (marzo)

d) superar o 2º parcial (abril)

e) superar o exame final (maio)

f) superar o exame final extraordinario (setembro)

O aprobado pode conseguirse por medio destas diferentes vías:

a) [+ b)] + c) Así evítase xa os exames parciais e o final, de acordo coa avaliación continua

a) + b) + d) Evítase o exame final

a) + e)

f)

Antes da realización dunha das dúas probas, o alumnado entregará as actividades que o

departamento lle facilitou co fin de completar a nota do seu exame, así como repasar, reforzar e

afondar nos contidos mínimos sobre os que se examinan. Estas actividades serán valoradas en torno

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 7

ao 40%-50% da nota global; o exame completará o restante. No mes de setembro celebrarase a

proba extraordinaria na data que determine a Xefatura de estudos. O departamento difundirá os

contidos mínimos que serán obxecto das probas e a relación de quen, ao seu xuízo, debe presentarse

a elas.

Programas específicos personalizados. Reforzos e actividades de recuperación.

Tendo en conta que en cada curso propoñemos unhas actividades de ensino-aprendizaxe que

recollen e reiteran o visto no curso anterior, para así poder avanzar de forma gradual nuns contidos

que intensifican e enriquecen os cursos anteriores (de aí o concepto de programación cíclica), a

realización destas actividades polo alumnado pendente supón un repaso e un reforzo do visto no

curso anterior. Por iso é polo que aparece como criterio a superación das dúas primeiras avaliacións,

xa que na terceira avánzase cara a estruturas máis complexas e cara a unha continuidade de

diseminación-recolección.

Estas actividades realizaranse sen menoscabo e coa meta da superación dos exames

propostos nos criterios arriba indicados, ou ben da superación das dúas primeiras avaliacións. As

actividades propostas coincidirán, como nos demais alumnos da materia, cos procedementos de

avaliación xa marcados no apartado específico.

Ademais, o alumnado recibirá unha serie de actividades que deberá entregar realizadas antes

da proba de exame. Estas abranguerán, dunha maneira eminentemente procedemental, os contidos

sobre os que se examinan.

De ser posíbel, trataríase de atender este alumnado durante algún recreo ou os luns de 18 a

18´30h., de acordo co alumnado, e no día a día coa coordinación do profesorado dos niveis

implicados.

iii. b) Pendentes no BAC

Realizaranse dúas probas, a 1ª no mes de xaneiro, e, de non superar esta, realizarase unha

final no mes de maio, así como o exame final extraordinario en setembro.

Contidos esixíbeis.

Os contidos a traballar e avaliar serán os estabelecidos como mínimos -para o curso da

pendente- nesta programación. En 1º BAC prestaráselles especial atención aos non presentes no

curso seguinte.

Programas específicos personalizados. Reforzos e actividades de recuperación.

Ao igual que na ESO, tratarase de atender este alumnado durante algún recreo ou os luns de

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 8

18 a 18´30h., e no día a día coa coordinación do profesorado dos niveis implicados (1º e 2º).

2. INFORMACIÓN AO ALUMNADO

De acordo cunha avaliación orientadora que lle achega aos discentes a información precisa

para mellorar a súa aprendizaxe e adquirir estratexias axeitadas, o profesorado deste Departamento

didáctico daralle a coñecer ao alumnado na primeira sesión do curso, preferibelmente por escrito,

todos os aspectos necesarios para poder seguir con proveito o proceso de ensino-aprendizaxe. Estes

serán: obxectivos, contidos, liñas metodolóxicas básicas, materiais, lecturas, criterios de avaliación,

mínimos esixidos para obter unha valoración positiva, criterios de cualificación e procedementos de

avaliación da aprendizaxe.

Tamén poremos a disposición de toda a comunidade escolar o fundamental da nosa

programación. Farase desde os blogues da aula ou ben a través do blogue do Departamento:

http://caraminhalingua.wordpress.com/ .

Ademais diso, presentaranse brevemente ao inicio de cada unidade ou secuencia de traballo

os obxectivos, contidos e criterios de avaliación implicados.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 9

II] LINGUA GALEGA E LITERATURA ESO

1. Obxectivos da área e etapa 1.1. Primeiro ciclo 1.2. Segundo ciclo

2. Metodoloxía

3. Primeiro curso 3.1. Obxectivos, contidos, criterios de avaliación e competencias por unidades

3.2. Contidos mínimos esixíbeis

4. Segundo curso 4.1. Obxectivos, contidos, criterios de avaliación e competencias por unidades4.2. Contidos mínimos esixíbeis

5. Terceiro curso 5.1. Obxectivos, contidos, criterios de avaliación e competencias por unidades5.2. Contidos mínimos esixíbeis

6. Cuarto curso 6.1. Obxectivos, contidos, criterios de avaliación e competencia por unidades 6.2. Contidos mínimos esixíbeis

7. Criterios específicos de cualificación. Lecturas

8. Temporalización

9. Tratamento do fomento da lectura. Proxecto Lector

10. Tratamento do fomento das TIC

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 10

1. OBXECTIVOS DA ÁREA E ETAPA

1. 1. PRIMEIRO CICLO

Tendo en conta as características propias da área, xunto ás da etapa e as do alumnado, propoñemos os seguintes obxectivos:

− Valorar a lingua galega como propia de Galicia, comprendendo as circunstancias históricas que condicionaron a súa evolución.

− Valorar as variedades xeográficas do galego con vistas á aprendizaxe da lingua estándar libre de interferencias e prexuízos.

− Comprender diferentes tipos de mensaxes orais e escritas, analizando e valorando o seu uso nos diferentes contextos e situacións.

− Expresarse oralmente e por escrito con coherencia, corrección, creatividade e adecuación ás súas necesidades comunicativas.

− Coñecer e reflexionar sobre os elementos formais e os mecanismos da lingua nos seus planos fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual, e sobre as condicións de produción e recepción das mensaxes en contextos sociais de comunicación, co fin de desenvolver a capacidade para regular as propias producións lingüísticas.

− Utilizar harmonicamente todos os recursos expresivos, tanto lingüísticos como non lingüísticos, na comunicación directa con outras persoas.

− Utilizar a linguaxe oral e escrita como instrumento para a comprensión, análise e organización de feitos e saberes de calquera tipo.

− Coñecer, analizar e interpretar as linguaxes específicas e as funcións sociais dos medios de comunicación, así como o seu poder na orientación da opinión pública e os intereses que poden representar.

− Analizar e xulgar fundada e criticamente os diferentes usos sociais das linguas, evitando os estereotipos que supoñen xuízos de valor e prexuízos (clasistas, sexistas, racistas...), mediante o recoñecemento do posíbel contido ideolóxico da linguaxe.

− Recoñecer os elementos estruturais e expresivos que caracterizan un texto literario, así como as principais obras e os autores máis significativos da literatura galega.

− Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica, valorando a lectura como fonte de pracer, ampliación de experiencias, coñecemento do patrimonio cultural e como estímulo para unha práctica literaria propia.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 11

1. 2. SEGUNDO CICLO

- Utilizar a lingua galega para a comprensión e para a elaboración de informacións orais e escritas, atendendo ás características formais de cada unha delas.

- Utilizar a lingua galega, oralmente e por escrito, como instrumento para a comunicación interpersoal e para a comprensión, análise e organización de feitos e saberes de calquera tipo.

- Valorar a lingua galega como propia de Galicia, comprendendo as circunstancias históricas que condicionaron a súa evolución.

- Coñecer as linguaxes específicas e analizar criticamente as funcións sociais dos medios de comunicación de masas.

- Valorar as variedades xeográficas do galego con vistas á aprendizaxe da lingua estándar libre de interferencias e prexuízos.

- Identificar os elementos formais e os mecanismos da lingua nos planos fonético-fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual.

- Recoñecer os elementos temáticos, estruturais e expresivos que caracterizan un texto literario, así como as principais obras, autores e períodos máis significativos da literatura galega.

- Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica, apreciando a literatura galega como patrimonio cultural e como estímulo para unha práctica literaria propia.

2. METODOLOXÍA

Esta área debe realizar un tratamento sistemático das destrezas de comprensión e produción

textual, ao tempo que a diversidade de tipos e xéneros textuais co obxecto de que o alumnado

coñeza estratexias e as exercite, adquira hábitos de busca de información e domine determinadas

técnicas de estudo. Ademais, a consolidación da Lingüística textual e da Pragmática supuxo un

esforzo por desentrañar as regras e estruturas que subxacen en calquera texto, de tal maneira que se

estude e analice no seu contexto comunicativo. En definitiva, a propia disciplina impón que a área

dirixa todos os seus esforzos a poñer os coñecementos lingüísticos ao servizo da comunicación.

Deste xeito, o obxectivo esencial da educación lingüística é a adquisición e o

desenvolvemento da competencia comunicativa, é dicir, a mellora das capacidades expresivas e

comprensivas do alumnado. A educación lingüística debe contribuír á adquisición e dominio das

destrezas comunicativas máis habituais na vida cotiá.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 12

A competencia comunicativa é un conxunto de coñecementos e habilidades que se van

adquirindo ao longo do proceso de socialización das persoas (dentro e fóra da escola). Integra tanto

coñecementos lingüísticos como habilidades e saberes estratéxicos, sociolingüísticos e textuais

(incluídos os literarios e os referidos ás linguaxes da comunicación de masas), sen cuxo dominio

non é posíbel un uso correcto, adecuado, coherente e eficaz da lingua. O enfoque tradicional da

educación lingüística e literaria primaba o estudo da gramática e unha visión historicista da

literatura; o insuficiente dominio dos diversos usos orais e escritos da lingua por parte da xente nova

e o seu escaso interese pola lectura son o mellor exemplo dos límites pedagóxicos dese enfoque

didáctico.

O enfoque comunicativo da aprendizaxe lingüística implica:

• ter como obxectivo esencial da educación lingüística e literaria a adquisición e o

desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado.

• conxugar o coñecemento formal da lingua co coñecemento instrumental ou funcional dos

usos lingüísticos. A reflexión sobre a lingua e o coñecemento gramatical deben estar ao

servizo da mellora das destrezas comunicativas e non poden ser o centro da nosa didáctica.

• do mesmo xeito, sen ignorar o historicismo e a contextualización das producións literarias,

tan necesarias para entender a literatura galega, animar á creación de hábitos lectores e á

imitación creativa de modelos expresivos.

• optar por unha concepción cognitiva da aprendizaxe que teña en conta que a construción

activa do coñecemento lingüístico por parte das persoas é consecuencia dunha actividade

mental que se produce en situacións de intercambio comunicativo e de interacción social.

• colocar os procedementos como eixo do traballo didáctico nas aulas, pois o saber facer

cousas coas palabras constitúe un requisito previo á reflexión sistemática sobre o uso

lingüístico das persoas nos diferentes contextos e situacións de comunicación.

• partir, na secuenciación, dos usos comunicativos máis próximos ao alumno coa finalidade de

que posteriormente lle sexa posíbel avanzar cara a formas textuais máis complexas,

elaboradas e descontextualizadas.

Os Proxectos editoriais que empregamos incorporan en boa medida, tanto nos seus contidos

como no desenvolvemento e tratamento didáctico, o enfoque comunicativo da ensinanza da lingua,

entendendo que a lingua é algo máis que unha disciplina, é un instrumento polo cal os seres

humanos se comunican e constrúen coñecemento. Por isto, o eixe que artella a área é a actividade

comunicativa incardinada desde as destrezas básicas, que, sen dúbida, deben auxiliarse e sosterse na

reflexión sobre a lingua e a literatura, e na adquisición dunha serie de coñecementos propios da

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 13

disciplina, que incrementen o coñecemento do idioma e a bagaxe cultural do alumnado.

Así, a área de Lingua Galega e Literatura contribúe decididamente a desenvolver nos

alumnos e as alumnas as destrezas seguintes:

− Comprender discursos orais e escritos, recoñecendo as súas diferentes finalidades e as

situacións de comunicación nas que se producen.

− Expresarse oralmente e por escrito con coherencia e corrección, de acordo coas diferentes

finalidades e situacións comunicativas e adoptando un estilo expresivo propio.

− Utilizar os recursos expresivos, lingüísticos e non lingüísticos, nos intercambios

comunicativos propios da relación directa con outras persoas.

− Utilizar a lingua como instrumento para a adquisición de novas aprendizaxes, para a

comprensión e a análise da realidade, a fixación e o desenvolvemento do pensamento e a

regulación da propia actividade.

A selección e organización dos contidos na etapa persegue que o alumnado progrese e se

perfeccione de forma sistemática na súa competencia comunicativa e que, de forma simultánea,

incremente progresivamente os seus coñecementos acerca da lingua, os sistemas de comunicación

verbal e non verbal e a literatura.

As diversas destrezas e a súa concreción na comprensión e produción textuais secuéncianse

para que accedan a distintos niveis de complexidade atendendo á madurez do alumnado, conforme

ao seu desenvolvemento por idades e dentro, tamén, do mesmo grupo de idades.

Tendo en conta estes aspectos, os principios metodolóxicos que fundamentan e animan o

proceso de ensinanza-aprendizaxe na área de Lingua Galega e Literatura concrétanse así:

1. O ensino-aprendizaxe da lingua é comunicación. Se este principio é válido para a

educación en xeral, éo moito máis nunha área que ten como fin último o desenvolvemento da

comprensión e a produción de textos.

2. O ensino da lingua implica a exercitación dos procesos cognitivos complexos:

comprensión e produción. Ao ser inseparables estes procesos da comunicación oral e escrita, a

metodoloxía para a área propicia e necesita da realización de actividades moi vencelladas ao

cognitivo: busca da idea central, xerarquización de ideas, organización lóxica do discurso, etc.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 14

3. O ensino da lingua implica a extensión do concepto de competencia lingüística á

pragmática. A área debe proporcionar coñecementos sobre a propia lingua, pero tamén a capacidade

para intervir no discurso e actuar con coñecemento das convencións pragmáticas.

4. O ensino da lingua debe fomentar a creatividade. Existe unha estreita relación entre o

cultivo da imaxinación e a creatividade e a aprendizaxe da Lingua e a Literatura. A resolución dos

problemas que presenta a comunicación esixe estratexias de creatividade. Por outro lado, a literatura

como expresión artística é un exercicio permanente de creatividade e de comprensión dos seus

mecanismos.

5. O ensino da lingua debe adecuarse ao suxeito da aprendizaxe. A metodoloxía debe

axustarse ao desenvolvemento socio-afectivo, persoal e cognitivo do alumnado. Así, hanse de ter en

conta os coñecementos e as destrezas que é capaz de adquirir conforme á súa idade e á proximidade

e interese temático dos contidos co que han de exercitar as destrezas comunicativas.

6. O ensino da lingua debe fomentar o hábito de ler e o goce como lector. O coñecemento,

dominio e adquisición da lingua atopa na lectura un dos seus mellores instrumentos. Así é

necesario animar e predispoñer o alumnado cara á lectura, adestrándoo na técnica lectora, e sobre

todo transmitíndolle o gusto polo acto de ler. Tanto os textos que integran os materiais didácticos

como o ensino da literatura deben dirixir os seus esforzos a tal fin.

7. O ensino da lingua require a reflexión sobre a lingua. O dominio das destrezas básicas

atopa na reflexión sobre a lingua un instrumento clave para a súa aprendizaxe e consolidación, ao

mesmo tempo que permite o coñecemento dunha importante disciplina científica. A metodoloxía

considera e prioriza esa reflexión co obxecto de facilitar e consolidar as destrezas básicas.

O desenvolvemento das unidades, moi especialmente dentro do proxecto interdisciplinar de

1º ESO, debe procurar poñer o foco nas producións textuais e traballar as destrezas e a reflexión

lingüística con obradoiros posibilitadores que permitan mellorar e enfrontar os problemas reais de

comprensión e expresión do alumnado. Do mesmo xeito, a concreción das secuencias de

aprendizaxe e a realización de traballos debe incluír a participación activa do alumnado na

concreción do produto, esixir unha reelaboración creativa mínima, secuenciar con detalle o proceso

a seguir, achegar os recursos e apoios máis acaídos en cada fase, incorporar a revisión e

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 15

presentación dos resultados e activar a auto e coavaliación. En definitiva, impulsar a mellora de

destrezas e as conexións que un ensino por competencias reclama. Recollemos un esquema de

traballo global no anexo I.

Tamén, en coherencia co PEC, a nosa práctica educativa oriéntase polos seguintes principios

xerais:

* Metodoloxía activa e participativa.

Supón atender aspectos intimamente relacionados, referidos ao clima de participación e

integración do alumnado no proceso de aprendizaxe:

• Integración activa dos alumnos e das alumnas na dinámica xeral da aula e na

adquisición e configuración das aprendizaxes.

• Participación no deseño e desenvolvemento do proceso de ensino/aprendizaxe.

* Metodoloxía construtiva e motivadora.

Consideramos fundamental partir do nivel de desenvolvemento e dos intereses, as

demandas, as necesidades e as expectativas dos alumnos e das alumnas. Cumprirá asegurar a

construción de aprendizaxes significativas a través de situacións cheas de sentido, da mobilización

dos seus coñecementos previos e da memorización comprensiva. Tamén será importante arbitrar

dinámicas que fomenten o traballo en grupo.

* Atención á diversidade do alumnado.

A nosa intervención educativa cos alumnos e coas alumnas asume como un dos seus

principios básicos ter en conta os seus diferentes ritmos de aprendizaxe, así como os seus distintos

intereses e motivacións.

* Avaliación do proceso educativo.

A avaliación concíbese dunha forma holística, é dicir, analiza todos os aspectos do proceso

educativo e permite a retroalimentación, o fornecemento de informacións precisas que posibiliten

reestruturar a actividade no seu conxunto.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 16

3. PRIMEIRO CURSO

3.1. OBXECTIVOS, CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E COMPETENCIAS DE CADA UNIDADE

UNIDADE 1

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Manter unha actitude favorable cara á lectura.- Comprender, compoñer e comentar distintos tipos de textos segundo a intención comunicativa

ou creativa.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que permita ampliar a capacidade expresiva

e comprensiva.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Identificar a estrutura da palabra, os mecanismos que a forman e a súa tipoloxía para o

enriquecemento do vocabulario da súa lingua.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia matemática- Interpretar correctamente a información presentada en formato gráfico.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en enciclopedias, dicionarios ou en Internet como maneira de ampliar

coñecementos.- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica.

- Competencia social e cidadá- Cooperar nos traballos colectivos e nos debates establecidos na aula.- Valorar a importancia da familia e das relacións que nela se establecen.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe: resumo e esquemas.- Aplicar en diferentes contextos os coñecementos adquiridos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Mostrar unha actitude reflexiva cara ao tema das linguas e expresar a súa opinión de maneira

razoada.

- Competencia cultural e artística- Valorar o texto literario como unha manifestación artística e cultural de gran valor dentro dunha

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 17

comunidade.- Valorar a diversidade lingüística como ben cultural dunha sociedade.- Redactar textos propios con certa pretensión literaria seguindo un modelo.

OBXECTIVOS

- Ler un texto literario coa entoación adecuada e facer o seu comentario.- Valorar a riqueza das linguas.- Ampliar o vocabulario básico relacionado coa familia.- Comprender que é un campo semántico.- Entender a estrutura da palabra e recoñecer as distintas clases.- Clasificar as palabras polo número de sílabas.- Distinguir sílabas tónicas e átonas e identificar ditongos e hiatos.- Distinguir textos literarios e non literarios.- Identificar os xéneros literarios.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Segunda quincena de setembro e primera semana de outubro.

1. Lectura e comentario: «O retrato» (Ánxel Fole: Á lus do candil, ed. Galaxia). 2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: A riqueza das linguas. VOCABULARIO: A familia. O campo

semántico. GRAMÁTICA: As palabras. Estrutura e clases. ORTOGRAFÍA: As sílabas. A sílaba tónica e a sílaba átona. Ditongos e hiatos. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: Textos literarios e non literarios. Os xéneros literarios. OBRADOIRO DE LITERATURA: Traballo con diferentes tipos de textos. O texto literario.

4. Competencia lingüística: Comenta un texto instrutivo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e coa atención adecuada un texto narrativo e coméntao seguindo uns criterios dados.

2.1. Valora a riqueza das linguas. 2.2. Participa de forma activa nos traballos de grupo e nos debates. 2.3. Amplia o vocabulario básico relacionado coa familia. 2.4. Comprende que é un campo semántico. 2.5. Entende a estrutura da palabra e forma familias léxicas. 2.6. Recoñece as distintas clases de palabras. 2.7. Clasifica as palabras polo número de sílabas. 2.8. Distingue sílabas tónicas e átonas. 2.9. Identifica e analiza ditongos e hiatos. 3.1. Diferencia textos literarios e textos non literarios. 3.2. Nun texto literario dado, recoñece as peculiaridades que o identifican como tal. 4.1 Comprende a intención comunicativa dun texto e as características propias dun texto

instrutivo.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 18

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender globalmente un texto oral ou escrito.- Realizar o comentario dun texto seguindo unhas pautas dadas.- Identificar a estrutura da palabra e recoñecer as distintas clases de palabras.- Coñecer as sílabas e identificar a sílaba tónica.- Distinguir ditongos e hiatos- Recoñecer as peculiaridades da lingua literaria.

METODOLOXÍA

- Será necesario repasar os contidos xa estudados no curso anterior.- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e

aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.- Pódese escoitar a lectura no CD-Audio antes de iniciar as actividades de comprensión lectora.- Fixaranse hábitos de traballo como: responder as actividades do libro, utilizar de xeito habitual o

dicionario, facer cadros e clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, etc.- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e

colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.- Fomentarase no alumnado o interese polo aspecto lúdico e creativo da linguaxe.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Coidado na planificación e execución dos propios textos, revisión e autocorrección.- Valoración da importancia da familia e do respecto aos maiores.- Valoración e respecto das diferentes formas de comunicarse.

UNIDADE 2

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 19

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Comprender, compoñer e comentar distintos textos segundo a intención comunicativa.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Coñecer o espazo no que teñen lugar os acontecementos sociais e culturais próximos á súa vida.- Implicarse no uso responsable dos recursos naturais e na conservación do medio a través da

reciclaxe.

- Competencia matemática- Aplicar correctamente o razoamento dedutivo para solucionar actividades.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios de distintas clases e on-line.- Interpretar mapas.- Analizar a linguaxe específica dos correos electrónicos.- Utilizar as TIC para obter información audiovisual.

- Competencia social e cidadá- Practicar o diálogo para expresar as propias ideas e escoitar as dos demais.- Valorar o mérito real das persoas que nos rodean no noso contorno social.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe: cadros e esquemas.- Aplicar noutros contextos os coñecementos adquiridos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Mostrar unha actitude aberta e comprometida con respecto á diversidade lingüística e cultural

do Estado español.

- Competencia cultural e artística- Valorar os diversos usos e costumes de culturas diferentes á propia.- Valorar as obras de arte e a súa trascendencia cultural como riqueza dun pobo.- Exercitar a capacidade expresiva e creativa a través da redacción de textos.

OBXECTIVOS

- Ler un texto literario coa entoación adecuada e facer o seu comentario.- Identificar as linguas do Estado español e a súa situación.- Ampliar o vocabulario básico relacionado coa rúa.- Relacionar sinónimos.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 20

- Recoñecer semántica e formalmente os substantivos e clasificalos.- Coñecer as normas de formación do plural.- Recoñecer as regras xerais de acentuación.- Recoñecer e analizar os elementos do xénero narrativo.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Tres últimas semanas de outubro.

1. Lectura e comentario: «Ser superheroe non é nada doado» (A. Fernández Paz: Contos por palabras, ed. Xerais, adapt.).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: As linguas do Estado español. VOCABULARIO: A rúa. A sinonimia. GRAMÁTICA: O substantivo. Clasificación do substantivo. O número. ORTOGRAFÍA: Regras xerais de acentuación. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: O xénero narrativo. Os personaxes, o argumento e o narrador. OBRADOIRO DE LITERATURA: Escribir un comezo insólito.

4. Competencia lingüística: O correo electrónico.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e atención un texto narrativo e coméntao seguindo uns criterios dados. 2.1. Identifica as linguas do Estado español e a súa situación. 2.2. Utiliza en diversos contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Identifica os substantivos comúns e propios, concretos e abstractos, individuais e colectivos. 2.4. Forma o plural de substantivos dados. 2.5. Clasifica as palabras en agudas, graves e esdrúxulas. 2.6. Aplica correctamente na práctica as regras xerais de acentuación. 2.7. Acentúa correctamente palabras con i ou u na sílaba tónica. 3.1. Analiza nun texto narrativo algúns dos seus elementos básicos: narrador, personaxes e

argumento. 4.1. Analiza a estrutura dun correo electrónico.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender globalmente un texto oral ou escrito.- Relacionar palabras cos seus sinónimos.- Aplicar as regras xerais de acentuación.- Diferenciar as clases de substantivos.- Formar o plural de substantivos dados.- Identificar un texto literario como pertencente ao xénero narrativo e analizar algún dos seus

elementos.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 21

- Pódese escoitar a lectura no CD-Audio antes de iniciar as actividades de comprensión lectora.- Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, comprender a finalidade dos seus

apartados, utilizar o dicionario, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, asegurar a correcta asimilación de conceptos a través dunha práctica reiterada, etc.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto a lingüística.

- Fomentar no alumnado o interese polo aspecto lúdico e creativo da linguaxe.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Autoesixencia na redacción de textos creativos persoais.- Actitude de respecto cara ás producións literarias alleas.- Valoración real das calidades humanas e recoñecemento do labor social que realizan determinados

colectivos.

UNIDADE 3

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Coñecer o espazo no que se realizan determinadas actividades de lecer próximas aos seus

intereses e á súa vida cotiá.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Adquirir habilidades para seleccionar, tratar e interpretar a información con espírito crítico e

reflexivo.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 22

- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica.

- Competencia social e cidadá- Comprender e valorar o papel que cadaquén desempeña dentro do núcleo familiar ou do grupo

social.- Valorar a importancia da descrición positiva das persoas que nos rodean para establecer

vínculos cordiais que faciliten a convivencia.- Mostrar unha actitude positiva na resolución de conflitos e proposta de solucións.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe individual e colectiva.- Realizar traballos de investigación e actuar de maneira reflexiva na interpretación da

información acadada.- Aplicar noutros contextos os coñecementos adquiridos.- Aplicar procedementos lúdicos que contribúen ao goce da materia.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Planificar as súas tarefas e reaccionar positivamente ante posibles adversidades.- Extraer ensinanzas dos textos lidos, fundamentalmente das fábulas, e intentar aplicalas na vida

real.

- Competencia cultural e artística- Valorar o plurilingüismo como unha realidade universal que enriquece os individuos e os

pobos.- Valorar as manifestacións literarias como expresión dunha sensibilidade artística individual que

persegue o embelecemento da realidade.- Exercitar a capacidade creativa a través da redacción de textos literarios.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez e coa entoación e pausas adecuadas.- Entender o plurilingüismo como unha riqueza cultural e social.- Ampliar o vocabulario básico relacionado co mar e coa praia.- Traballar con palabras polisémicas.- Identificar o xénero dos substantivos e formar o feminino a partir de nomes dados.- Coñecer e aplicar as regras específicas de acentuación.- Recoñecer e analizar os elementos de espazo e tempo nun texto narrativo.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Tres primeras semanas de novembro.

1. Lectura e comentario: «O que decide é papá» (Sempé e Goscinny: As vacacións de Nicolasiño, ed. Alfaguara/Obradoiro).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: Plurilingüismo. VOCABULARIO: O mar e a praia. A polisemia. GRAMÁTICA: O xénero do substantivo. ORTOGRAFÍA: Casos especiais de acentuación. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: O xénero narrativo. O espazo e o tempo. O diálogo na novela. OBRADOIRO DE

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 23

LITERATURA: Resolver un conflito. 4. Competencia lingüística: Comenta un texto descritivo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un fragmento de texto coa fluidez e a comprensión adecuadas, e coméntao seguindo uns criterios dados.

2.1. Entende o plurilingüismo como unha riqueza cultural e social. 2.2. Utiliza en diversos contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Analiza os significados de palabras polisémicas. 2.4. Indica o xénero dalgúns substantivos. 2.5. Coñece as regras de formación do feminino dos substantivos. 2.6. Aplica as regras específicas de acentuación. 3.1. Recoñece e analiza os elementos de espazo e tempo nun texto narrativo. 4.1. Comenta e crea un texto descritivo de persoas.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender globalmente un texto oral ou escrito.- Traballar con palabras polisémicas.- Identificar o xénero do substantivo.- Formar o feminino dalgúns substantivos dados en masculino.- Coñecer e aplicar as regras básicas de acentuación.- Crear textos propios a partir dunhas pautas dadas.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.

- Pódese escoitar a lectura no CD-Audio antes de iniciar as actividades de comprensión lectora.- Fixar hábitos de traballo.- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e

colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.- Traballar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Familiarizar o alumnado co manexo dalgunha gramática que lles poida axudar a solucionar

dúbidas. Por exemplo: Gramática da lingua galega. Síntese práctica (de Xosé Feixó Cid, en Edicións Xerais, 2008).

- Estimular no alumnado o interese pola literatura e pola cultura do seu pobo.- Fomentar a lectura a través de diferentes propostas e recursos que poidan motivar o seu interese

cara a determinados temas.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 24

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Valoración dos textos creativos propios e respecto polas creacións alleas.- Valoración da harmonía familiar e do papel que cadaquén desempeña dentro do grupo.

UNIDADE 4

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios e informativos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Comprender, compoñer e comentar distintos textos segundo a intención comunicativa.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Asimilar hábitos respectuosos co medio e ser consciente da trascendencia da súa actuación

individual no futuro da natureza.- Saber describir con propiedade o mundo físico que o rodea.- Coñecer o medio no que tiveron lugar determinados acontecementos sociais.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Adquirir habilidades para seleccionar e interpretar a información con espírito crítico.- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica.

- Competencia social e cidadá- Coñecer certos aspectos legais polos que a lingua galega é recoñecida como lingua oficial e

propia da nosa comunidade.- Coñecer os seus dereitos e deberes como cidadán.- Practicar o diálogo como forma razoada e tolerante de expresar as propias ideas e escoitar as

dos demais.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que melloran a aprendizaxe individual e colectiva.- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Reflexionar e expresar a opinión persoal respecto dun tema dado.- Saber «ler entre liñas» e extraer conclusións.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 25

- Competencia cultural e artística- Valorar as lendas como manifestación literaria das crenzas e da sabedoría popular.- Exercitar a capacidade expresiva e creativa a través da redacción de textos literarios.- Valorar a expresión literaria como un modo diferente de interpretar a realidade cotiá.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Coñecer a lexislación sobre o galego.- Ampliar o vocabulario relacionado coas características persoais.- Traballar con termos contrarios.- Recoñecer os adxectivos cualificativos e os seus graos.- Realizar comparacións utilizando as partículas comparativas adecuadas.- Coñecer e aplicar correctamente os acentos diacríticos.- Recoñecer a estrutura dun texto narrativo.- Comprender as diferenzas existentes entre unha novela e un relato.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Última semana de novembro e primeira quincena de decembro.

1. Lectura e comentario: «A fonte de Ana Manana» (Alejos Álvarez: Lendas galegas, ed. Hércules, adapt.).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: As leis e o galego. VOCABULARIO: As características persoais. Os contrarios. GRAMÁTICA: Os adxectivos cualificativos. Os graos. ORTOGRAFÍA: O acento diacrítico. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: O texto narrativo. A estrutura dun texto narrativo. O relato literario. OBRADOIRO DE LITERATURA: Descrición de obxectos.

4. Competencia lingüística: Comenta un texto descritivo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e coméntao seguindo unhas pautas dadas. 2.1. Coñece a lexislación sobre o galego. 2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Comprende o que son os termos contrarios. 2.4. Recoñece os adxectivos cualificativos e distingue entre adxectivos variables e invariables. 2.5. Realiza comparacións utilizando as partículas comparativas adecuadas. 2.6. Coñece e aplica correctamente o acento diacrítico. 3.1. Identifica a estrutura dun texto narrativo. 3.2. Comprende a diferenza entre novela e relato. 4.1. Redacta a descrición dun lugar seguindo determinadas estratexias.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender globalmente un texto oral ou escrito.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 26

- Entender o que son termos contrarios.- Identificar o adxectivo e recoñecer as súas características morfosintácticas.- Utilizar o til diacrítico.- Redactar correctamente textos persoais.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.

- Pódese escoitar a lectura no CD-Audio antes de iniciar as actividades de comprensión lectora.- Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, identificar a finalidade dos seus

apartados, utilizar o dicionario, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, etc.

- Insistir na utilidade e importancia de facer esquemas para estudar, para recoñecer a estrutura dun texto dado, para estruturar un texto propio, etc.

- Habituar os alumnos e as alumnas a facer cadros e táboas para organizar os contidos teóricos susceptibles de clasificación.

- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Facer un repaso do trimestre na terceira semana de decembro.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Láminas de paisaxes e de obxectos para describir.- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Valoración dos textos creativos propios e respecto polas creacións alleas.- Respecto polas leis que regulan as linguas.- Respecto pola Natureza e conciencia da necesidade de cuidala e protexela, como un ben que

herdarán os nosos descendentes.

UNIDADE 5

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, informativos e preditivos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 27

- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Valorar a importancia da tradición oral na transmisión da lingua.- Interesarse pola elaboración de traballos relacionados co coñecemento do medio físico no que

vivimos.

- Competencia matemática- Interpretar correctamente a información presentada en formatos gráficos.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Interpetar mapas e códigos iconográficos.- Manexar o dicionario de maneira habittual, correcta e mecánica.

- Competencia social e cidadá- Valorar as relacións de veciñanza e a importancia que teñen nas nosas vidas as persoas que nos

rodean.- Recoñecer e valorar a diversidade da fala nas diferentes zonas da nosa comunidade.- Valorar a presenza da lingua en calquera situación da vida cotiá e rexeitar os prexuízos que

existen contra ela.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe individual e colectiva.- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Reflexionar acerca da situación da lingua galega, argumentando as súas opinións de maneira

reflexiva.- Investigar de maneira autónoma e eficiente para realizar os traballos propostos.

- Competencia cultural e artística- Ser consciente de que unha lingua é moito máis ca un sistema de comunicación.- Valorar a literatura popular como unha parte privilexiada do noso acervo cultural.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Coñecer o concepto de prexuízo lingüístico.- Ampliar o vocabulario relacionado coa casa.- Recoñecer palabras homónimas.- Identificar os artigos e adxectivos determinativos e a súa función.- Utilizar correctamente as formas dos artigos, dos demostrativos e dos posesivos.- Coñecer e aplicar as regras que rexen o uso das maiúsculas.- Recoñecer as características da literatura popular e, en especial, do conto popular.- Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 28

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Segunda e terceira semana de janeiro.

1. Lectura e comentario: «O parafuso perdido» (Manuel Rivas: As chamadas perdidas, Edicións Xerais, adapt.).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: Os prexuízos lingüísticos. VOCABULARIO: A casa. Palabras homónimas. GRAMÁTICA: Os artigos e os adxectivos determinativos (posesivos e demostrativos). ORTOGRAFÍA: O uso das maiúsculas. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: A literatura popular. O conto popular. OBRADOIRO DE LITERATURA: Como modificar e cambiar un relato.

4. Competencia lingüística: Comenta un texto preditivo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e coméntao seguindo uns criterios dados. 2.1. Coñece o concepto de prexuízo lingüístico. 2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Comprende o que son as palabras homónimas. 2.4. Recoñece e utiliza correctamente os artigos. 2.5. Recoñece e utiliza correctamente os posesivos. 2.6. Recoñece e utiliza correctamente os demostrativos. 2.7. Coñece e aplica correctamente as regras que rexen o uso das maiúsculas. 3.1. Recoñece as características da literatura popular e comenta e clasifica un conto popular. 4.1. Comenta textos preditivos atendendo ás súas características e intención comunicativa.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender globalmente un texto oral ou escrito.- Redactar correctamente textos persoais.- Entender que son palabras homónimas.- Identificar e utilizar correctamente os artigos e mais os posesivos e demostrativos.- Utilizar correctamente as maiúsculas.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.

- Fixar hábitos de traballo: usar o dicionario, buscar información na biblioteca, facer cadros e esquemas, ler en voz alta para recoñecer a importancia dos signos de puntuación, comprender as actividades do libro e a finalidade dos seus apartados...; utilizar o dicionario correctamente e de maneira habitual, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, etc.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.

- Fomentar no alumnado o interese polo aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Motivar o alumnado para que lea e goce coa lectura, ofrecéndolle diversidade de textos e xéneros

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 29

ata que atope «aquel» estilo ou xénero que lle preste.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Preocupación e autoesixencia por escribir de forma clara, limpa e ordenada.- Valoración crítica e actitude reflexiva cara aos resultados obtidos a través de determinados textos

preditivos.- Valoración positiva da colaboración e das relacións de veciñanza.

UNIDADE 6

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, informativos e persoais.- Comprender, compoñer e empregar distintos tipos de textos segundo a intención comunicativa

ou creativa.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Expresarse con corrección adecuando o discurso á situación comunicativa.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Comprender a importancia que o respecto pola natureza ten para o futuro da humanidade.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica.- Analizar os elementos propios dalgúns recursos on-line de uso habitual.- Valorar a intención comunicativa dos blogs.

- Competencia social e cidadá- Comprender a importancia de utilizar diferentes rexistros lingüísticos segundo a situación de

comunicación.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 30

- Rexeitar a influencia das modas nos hábitos alimentarios ou na estética.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe individual e colectiva.- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Expresar os seus propios pensamentos e experiencias vitais.- Entender o coñecemento dos mitos e lendas como elemento para espertar a imaxinación e a

creatividade.- Cooperar nos traballos en grupo como maneira de incentivar a confianza.

- Competencia cultural e artística- Valorar os refráns como froito da sabedoría popular.- Valorar os autores clásicos como referentes do noso patrimonio literario.- Valorar os mitos e lendas como expresión da percepción da realidade por un pobo.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Coñecer os rexistros lingüísticos.- Ampliar o vocabulario básico relacionado coa alimentación.- Coñecer e aplicar os prefixos e sufixos máis habituais.- Coñecer as formas dos adxectivos determinativos: indefinidos, numerais, interrogativos e

exclamativos, e aplicalas correctamente nas producións propias.- Coñecer as regras de uso do punto e dos signos de interrogación e admiración.- Recoñecer as características da literatura popular, en especial dos mitos e as lendas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Última semana de janeiro e primeira de febreiro.

1. Lectura e comentario: «Dúas vidas nunha» (Anxos Sumai: Anxos da Garda, ed. A Nosa Terra).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: Os rexistros lingüísticos. VOCABULARIO: Vocabulario referido á comida. Prefixos e sufixos. GRAMÁTICA: Os adxectivos determinativos: indefinidos, numerais, interrogativos e exclamativos. ORTOGRAFÍA: Uso do punto e dos signos de interrogación e de admiración. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: A literatura popular. Lendas e mitos. OBRADOIRO DE LITERATURA: O texto fantástico. 4. Competencia lingüística: Comenta un fragmento dun diario.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e coméntao seguindo uns criterios dados. 2.1. Coñece os rexistros lingüísticos. 2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Identifica os prefixos e sufixos máis habituais. 2.4. Coñece e utiliza correctamente as formas dos indefinidos. 2.5. Coñece e utiliza correctamente as formas dos numerais.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 31

2.6. Coñece e utiliza correctamente as formas dos interrogativos e exclamativos. 2.7. Aplica correctamente o punto e os signos de interrogación e admiración en diversos textos. 3.1. Coñece as características da literatura popular, en especial dos mitos e as lendas. 4.1. Coñece os trazos lingüísticos e a estrutura propia dun diario.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender globalmente un texto oral ou escrito.- Recoñecer diferentes rexistros lingüísticos.- Identificar os prefixos e sufixos máis habituais e explicar os significados que achegan.- Coñecer as formas de adxectivos determinativos indefinidos, numerais, interrogativos e

exclamativos.- Usar o punto e os signos de interrogación e admiración.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.

- Fixar hábitos de traballo: utilizar o dicionario e reparar no feito de que a maioría das palabras son polisémicas, manexar unha gramática de apoio que axude a asimilar a colocación dos pronomes átonos, facer cadros e esquemas, afianzar os conceptos mediante a práctica continuada, etc.

- Fomentar o gusto pola lectura poñendo á súa disposición textos diversos e de diferentes estilos e xéneros.

- Motivar os alumnos e alumnas para que escriban as súas propias experiencias e sentimentos.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Gozo cos xogos lingüísticos e creativos.- Valoración da importancia do patrimonio oral.- Rexeitamento da influencia que as modas, a publicidade e os medios de comunicación en xeral

poidan ter sobre os nosos hábitos alimentarios ou de saúde.- Valoración da importancia de sentirse «a gusto» cun mesmo.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 32

UNIDADE 7

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, informativos e periodísticos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Expresarse con corrección adecuando o discurso á situación comunicativa.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.- Valorar o uso dos recursos literarios como enriquecedores da expresión oral e escrita.

- Competencia matemática- Aplicar os coñecementos de creación de gráficos e táboas na resolución de actividades,

representación dos resultados de enquisas, etc.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Manexar de maneira habitual e correcta o dicionario.- Desenvolver habilidades para comunicar información imitando os medios de comunicación ao

noso alcance: prensa escrita, televisión, radio…

- Competencia social e cidadá- Reflexionar acerca da importancia da presenza social dunha lingua como medio para acadar a

súa normalización.- Mostrar curiosidade por coñecer a diversidade de fala nas diferentes zonas.- Recoñecer o papel social e informativo dos medios de comunicación.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe: resumos, cadros, táboas... - Aplicar os coñecementos adquiridos en diferentes contextos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal - Reflexionar acerca dos límites que cada un debe recoñecer no seu comportamento e as súas

actitudes, para acadar unha convivencia pacífica cos demais.- Ler de maneira crítica e reflexiva os textos periodísticos.- Explotar os recursos retóricos para espertar a sensibilidade e creatividade.

- Competencia cultural e artística- Amosar unha actitude positiva cara á lingua galega, sinal de identidade dun pobo.- Interesarse pola orixe e introdución de determinados préstamos.- Valorar o carácter expresivo da poesía e entendela como reflexo dunha sensibilidade.

OBXECTIVOS

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 33

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Identificar diferentes actitudes lingüísticas.- Coñecer o vocabulario básico relacionado coa hixiene,- Identificar algúns préstamos.- Recoñecer e aplicar correctamente as formas tónicas dos pronomes persoais.- Diferenciar a función da coma e do punto e coma.- Recoñecer as características específicas do xénero lírico.- Realizar o cómputo silábico de versos, atendendo ás posibles licenzas métricas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Segunda e terceira semana de febreiro.

1. Lectura e comentario: «O sombreiro e a supercola» (Roald Dahl: Matilda, ed. Alfaguara-Obradoiro).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: As actitudes lingüísticas. VOCABULARIO: Vocabulario referido á hixiene. Os préstamos. GRAMÁTICA: O pronome persoal: formas tónicas. ORTOGRAFÍA: A coma e o punto e coma. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: O xénero lírico. A métrica. OBRADOIRO DE LITERATURA: A poesía. 4. Competencia lingüística: Comenta unha noticia.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto narrativo con fluidez e coméntao seguindo uns criterios dados. 2.1. Comenta diferentes actitudes lingüísticas. 2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario aprendido. 2.3. Comprende o concepto de préstamo. 2.4. Identifica e utiliza correctamente as formas tónicas do pronome persoal. 2.5. Aplica correctamente a coma e o punto e coma en diversos textos. 3.1. Analiza as características do xénero lírico. 3.2. Mide os versos dun poema atendendo ás posibles licenzas métricas. 4.1. Comenta una noticia e coñece a súa estrutura.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender globalmente un texto oral ou escrito.- Identificar préstamos.- Recoñecer e utilizar correctamente as formas tónicas dos pronomes persoais.- Empregar correctamente a coma e o punto e coma.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.

- Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, comprender a finalidade dos seus

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 34

apartados, utilizar o dicionario de maneria habitual e mecánica, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, utilizar modelos textuais para xerar os seus propios textos, etc.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.

- Incentivar no alumnado o gusto polos xogos lingüísticos, mediante propostas atraentes e lúdicas.- Habituar os alumnos e as alumnas a fixarse nas palabras, para intentar comprender que significan,

de onde proceden, cal pode ser a súa etimoloxía, etc.- Fomentar no alumnado o gusto pola lectura, mediante a proposta na aula de textos diversos e

pertencentes a diferentes xéneros e estilos.- Facerlles ver aos alumnos e ás alumnas mediante exemplos a importancia de utilizar

correctamente (e evitando interferencias) as dúas linguas que comparten a oficialidade na nosa comunidade e que nos enriquecen como persoas e como parte dun colectivo.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de ANAYADIGITAL.COM- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Interese por coñecer algúns autores clásicos de literatura infantil e xuvenil.- Valoración da nosa tradición.- Valoración da importancia que teñen os medios de comunicación na nosa sociedade, como

elemento indispensable para coñecer os acontecementos que teñen lugar en calquera parte do mundo.

- Desenvolvemento dun espírito crítico e reflexivo, capaz de recoñecer a tendencia ideolóxica de calquera xornal para xulgar as noticias de maneira relativa.

UNIDADE 8

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comenta textos literarios, informativos e expositivos.- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Comprender, compoñer e empregar distintos textos segundo a intención comunicativa.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Expresarse con corrección adecuando o discurso á situación comunicativa.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 35

- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Interesarse polo coñecemento da nosa paisaxe e por utilizar correctamente a terminoloxía que a

designa.

- Competencia matemática- Aplicar os coñecementos de creación de gráficos e táboas na resolución de actividades, creación

de cadros cronolóxicos, etc.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica.

- Competencia social e cidadá- Recoñecer o papel desempeñado polas redes sociais nas relacións interpersoais.

- Competencia para aprender a aprender- Mostrar interese pola correcta realización de traballos de investigación e exposición.- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe: resumos, cadros, táboas...- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Reflexionar acerca da importancia da amizade e das relacións interpersoais na nosa maduración

como persoas.

- Competencia cultural e artística - Recoñecer o importante labor de organismos e particulares de fóra de Galicia a prol da cultura

galega.- Valorar o carácter expresivo da poesía e analizar algúns dos seus recursos propios.- Recoñecer o carácter expresivo da canción e valorar as manifestacións folclóricas como parte

do noso acervo cultural.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Coñecer a situación do galego fóra de Galicia.- Coñecer o vocabulario relacionado co medio natural.- Identificar os parónimos.- Recoñecer os pronomes persoais e as súas formas átonas.- Coñecer a función dos dous puntos e dos puntos suspensivos.- Recoñecer as características propias do xénero lírico e identificar a rima dun poema.- Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Tres primeiras semanas de marzo.

1. Lectura e comentario: «Un amigo» (Xosé Neira Vilas: Memorias dun neno labrego, Edicións

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 36

do Castro). 2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: O galego fóra de Galicia. VOCABULARIO: Vocabulario referido ao

medio natural. Os parónimos. GRAMÁTICA: Formas átonas do pronome persoal. ORTOGRAFÍA: Os dous puntos e os puntos suspensivos. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. A coherencia do texto.

3. Literatura: O xénero lírico. A rima. OBRADOIRO DE LITERATURA: As cantigas. 4. Competencia lingüística: Comenta un cadro cronolóxico.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto con fluidez e comprensión e coméntao seguindo uns criterios dados. 2.1. Coñece a situación do galego fóra de Galicia. 2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Identifica e usa correctamente algúns parónimos. 2.4. Recoñece e emprega correctamente as formas átonas do pronome persoal. 2.5. Recoñece e emprega correctamente as contraccións de pronomes átonos. 2.6. Aplica correctamente os dous puntos e os puntos suspensivos. 3.1. Comenta textos literarios do xénero lírico e analiza a rima. 4.1. Realiza un cadro cronolóxico a partir duns datos dados.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender globalmente un texto oral ou escrito.- Identificar e usar correctamente algunhas palabras parónimas.- Manexar o vocabulario da unidade e aplicalo noutros contextos.- Recoñecer e empregar correctamente as formas átonas do pronome persoal.- Aplicar as normas de uso dos dous puntos e dos puntos suspensivos.- Comentar textos literarios do xénero lírico.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.

- Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, comprender a finalidade dos seus apartados, utilizar o dicionario de maneira habitual e mecánica, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, esforzarse por reproducir modelos textuais dados para as propias producións, etc.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.

- Fomentar o gusto pola lectura proporcionando na aula material diverso e lecturas pertencentes a diferentes autores, xéneros e estilos.

- Motivar o alumnado para a creación dos seus propios poemas, proporcionándolles pautas básicas e mediante a lectura e audición de poemas sinxelos propios da súa idade.

- Aplicar na aula actividades lúdicas para xogar coa linguaxe, para investigar determinados temas, etc. de maneira que aprendan a gozar coa análise e utilización práctica da lingua.

- Fomentar o uso das TIC e dos medios audiovisuais ao seu alcance para outros usos que non sexan simplemente os do xogo ou comunicación cos amigos, facéndolles ver as posibilidades de

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 37

búsqueda, investigación e aplicación práctica que ofrecen.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Sensibilidade cara á creación poética como un tipo especial de comunicación entre os seres humanos.

- Valoración da lingua galega como propia de Galicia.- Valoración da amizade como unha relación interpersoal indispensable para o noso

desenvolvemento social e persoal.

UNIDADE 9

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, informativos e argumentativos.- Comprender, compoñer e empregar distintos textos segundo a intención comunicativa.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Expresarse con corrección adecuando o discurso á situación comunicativa.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Comprender a importancia do medio no desenvolvemento dos acontecementos e mesmo na

interpretación da realidade en cada época.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Analizar información e comentar as opinións doutras persoas a través da Rede.- Recoñecer o avance das novas tecnoloxías e a súa implicación na vida cotiá.

- Competencia social e cidadá- Valora o papel de determinados blogs e páxinas web para combater os prexuízos contra a nosa

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 38

lingua e fomentar a súa normalización.- Cooperar nos traballos de grupo e participar na expresión de opinións.- Valorar a importancia de seguir hábitos de vida saudables.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe: resumos, cadros, táboas...- Aplicar os coñecementos adquiridos noutros contextos.- Mostrar interese por coñecer as técnicas e mecanismos que inciden nunha mellor comunicación

escrita.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Expresar as súas experiencias e recordos.- Levar a cabo con responsabilidade proxectos individuais ou colectivos.

- Competencia cultural e artística- Valorar a importancia dos libros e da literatura como tesouro cultural e transmisión de

coñecementos de xeración en xeración.- Valorar o carácter expresivo da poesía e analizar algúns dos seus recursos propios.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Recoñecer iniciativas como a de «O galego é útil».- Coñecer o vocabulario básico relacionado co corpo humano.- Recoñecer o verbo e analizar os seus compoñentes: lexema e desinencias.- Analizar diferentes formas verbais atendendo ao valor que achegan as desinencias.- Coñecer e utilizar correctamente as formas nominais dos verbos- Identificar e distinguir palabras con e sen h.- Analizar textos pertencentes ao xénero lírico e identificar certas estrofas.- Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Tres primeiras semanas de abril.

1. Lectura e comentario: «Un oso con cultura» (Uwe Timm: Grazas a Winn-Dixie, ed. Kalandraka).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: O galego é útil. VOCABULARIO: O corpo humano. Palabras homófonas. GRAMÁTICA: O verbo (1): conxugacións, lexemas e desinencias, formas verbais. ORTOGRAFÍA: Uso do h. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. Mecanismos léxicos de cohesión.

3. Literatura: O xénero lírico: as estrofas. OBRADOIRO DE LITERATURA: Os poemas. 4. Competencia lingüística: Comenta un texto argumentativo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente. 2.1. Recoñece iniciativas como a de «O galego é útil».

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 39

2.2. Coñece o vocabulario básico relacionado co corpo humano. 2.3. Recoñece e emprega correctamente algunhas palabras homófonas. 2.4. Identifica a conxugación á que pertence unha forma verbal e di as súas formas nominais. 2.5. Analiza o lexema e as desinencias de formas verbais dadas. 2.6. Analiza morfoloxicamente formas verbais dadas. 2.7. Escribe correctamente palabras con e sen h. 3.1. Analiza textos pertencentes ao xénero lírico e identifica as estrofas. 4.1. Comenta un texto argumentativo atendendo ás súas características específicas.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender globalmente un texto oral ou escrito.- Coñecer as tres conxugacións verbais e as formas nominais dos verbos regulares.- Identificar o lexema e as desinencias dunha forma verbal.- Escribir correctamente palabras con e sen h.- Analizar poemas e identificar as estrofas.- Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.

- Pódese escoitar a lectura no CD-Audio antes de iniciar as actividades de comprensión lectora.- Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, comprender a finalidade dos seus

apartados, utilizar o dicionario de maneira habitual e eficaz, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, esforzarse por imitar modelos textuais para elaborar as propias producións, etc.

- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fomentar o gusto pola lectura, proporcionando na aula abundante material e libros de lectura

pertencentes a distintos autores, xéneros e estilos.- Facerlles ver aos alumnos e ás alumnas as moitas posibilidades e vantaxes que ofrecen os novos

medios tecnolóxicos na busca de información, elaboración de traballos e presentacións, etc.- Insistir na importancia de utilizar coa máxima corrección as dúas linguas cooficiais na nosa

comunidade, evitando castelanismos e asimilándoas como parte da nosa identidade persoal e colectiva.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 40

EDUCACIÓN EN VALORES

- Sensibilidade cara á creación poética.- Aprecio polo patrimonio literario propio como expresión lingüística de identidade colectiva e de

cultura privilexiada.- Recoñecemento da importancia do traballo no desenvolvemento da sociedade.- Valoración da lectura como unha actividade persoal que contribúe de maneira extraordinaria ao

noso enriquecemento como persoas.- Valoración do diálogo e dos «bos modos» como únicos medios aceptables para intentar acadar os

nosos obxectivos.

UNIDADE 10

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, informativos e argumentativos.- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Comprender, compoñer e empregar distintos textos segundo a intención comunicativa.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Expresarse con corrección adecuando o discurso á situación comunicativa.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.

- Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico- Comprender a incidencia do medio no que vivimos na interpretación da realidade e nos modos

de divertimento.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet, como maneira de ampliar coñecementos.

- Competencia social e cidadá- Valorar o labor social e institucional no recoñecemento e normalización dunha lingua e analizar

a situación real do galego nos distintos ámbitos da sociedade.- Valorar o uso adecuado da lingua como un medio para acadar, mediante a argumentación,

determinados obxectivos da vida cotiá.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe: resumos, cadros, táboas...- Mostrar interese por coñecer as técnicas e mecanismos que inciden nunha mellor comunicación

escrita.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Mostrar unha actitude positiva cara aos posibles cambios que poden ter lugar na súa vida e

esforzarse por adaptarse ás novas situacións.- Analizar con responsabilidade as posibles consecuencias dos propios actos.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 41

- Competencia cultural e artística- Considerar as festas tradicionais como manifestación cultural dun pobo.- Valorar os autores clásicos como modelo de manifestacións literarias posteriores.- Valorar o carácter expresivo da poesía.- Interpretar os caligramas como manifestación artística que combina texto e imaxe.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Entender o concepto de normalización lingüística.- Coñecer o vocabulario relacionado coa saúde e identificar castelanismos léxicos.- Saber conxugar os verbos regulares.- Coñecer as peculiaridades dalgúns verbos regulares.- Escribir correctamente palabras con b e con v, atendendo especialmente a aquelas que poidan

presentar interferencias co castelán.- Coñecer e aplicar algúns recursos poéticos básicos.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Última semana de abril e primeira quincena de maio.

1. Lectura e comentario: «Peito de lobo» (Castelao: Retrincos, ed. Galaxia). 2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: A normalización lingüística. VOCABULARIO: Vocabulario referido

á saúde. Castelanismos léxicos. GRAMÁTICA: O verbo (2): verbos regulares e verbos con alternancia. ORTOGRAFÍA: Uso de b e v. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. Mecanismos gramaticais de cohesión; os conectores.

3. Literatura: O xénero lírico. As figuras literarias. OBRADOIRO DE LITERATURA: Os caligramas. 4. Competencia lingüística: Comenta un texto argumentativo: a reclamación.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez un texto literario e realiza o comentario correspondente. 2.1. Entende o concepto de normalización lingüística. 2.2. Coñece o vocabulario relacionado coa saúde. 2.3. Identifica e corrixe algúns castelanismos léxicos. 2.4. Sabe conxugar os verbos regulares. 2.5. Sabe conxugar algúns verbos regulares con variacións ou que poden ofrecer certas dúbidas

respecto da súa regularidade. 2.6. Escribe correctamente palabras con b e con v. 3.1. Coñece e aplica algúns recursos poéticos básicos. 4.1. Analiza a estrutura e os recursos argumentativos dunha reclamación.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Entender globalmente un texto oral ou escrito.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 42

- Aplicar o vocabulario aprendido.- Conxugar verbos regulares.- Escribir correctamente palabras con b e con v.- Identificar algunhas figuras literarias.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.

- Pódese escoitar a lectura no CD-Audio antes de iniciar as actividades de comprensión lectora.- Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, comprender a finalidade dos seus

apartados, utilizar o dicionario de maneira mecánica e eficaz, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, esforzarse por imitar modelos na produción dos propios textos, etc.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.

- Familiarizar o alumnado co manexo dalgunha gramática que lles poida axudar a solucionar dúbidas sobre os verbos. Por exemplo: Gramática da lingua galega. Síntese práctica (de Xosé Feixó Cid, en Edicións Xerais, 2008).

- Estimular no alumnado o interese por coñecer algúns autores clásicos da nosa literatura.- Fomentar a curiosidade cara á investigación de temas concretos e o esforzo por presentar os

traballos con corrección e limpeza.- Fomentar o gusto pola lectura, proporcionando na aula material diverso e atractivo pertencente a

distintos autores, estilos e xéneros.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Sensibilidade cara á poesía e a música como tipos especiais de comunicación entre os seres humanos.

- Valoración da amizade.- Actitude de respecto cara aos sentimentos dos demais.- Interese por algúns autores da nosa literatura.- Interese por coñecer os medios que a lei pon á nosa disposición para solucionar conflitos de

maneira civilizada.

UNIDADE 11

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 43

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, informativos e explicativos.- Comprender, compoñer e empregar distintos tipos de textos segundo a intención comunicativa

ou creativa.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Expresarse con corrección adecuando o discurso á situación comunicativa.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Valorar a práctica teatral como enriquecedora da expresión oral.

- Competencia matemática- Utilizar fórmulas matemáticas para expresar emocións.- Aplicar os coñecementos de creación de gráficos e táboas na resolución de actividades e na

interpretación de datos.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.

- Competencia social e cidadá- Sentir a lingua como parte da súa identidade colectiva.- Participar activamente nos traballos colectivos e nas representacións teatrais.- Analizar a importancia da publicidade nas condutas individuais.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe individual e colectiva: resumos,

cadros, táboas...- Mostrar interese por coñecer as técnicas e mecanismos que inciden nunha mellor comunicación

escrita.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Discriminar de maneira madura o que é realmente importante na vida e relativizar outros

aspectos materiais.- Mostrar interese por coñecer a historia das cousas que nos rodean.

- Competencia cultural e artística- Valorar a riqueza cultural e expresiva que ofrece calquera lingua, e recoñecela coma un ben

común que cómpre conservar e defender.- Valorar os textos dramáticos como manifestación artística e cultural.- Valorar as variedades xeográficas dunha lingua como parte das manifestacións culturais dunha

comunidade.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Recoñecer textos que expoñan o sentimento de pertenza á comunidade galegofalante.- Coñecer o vocabulario básico relacionado co cuarto de durmir.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 44

- Recoñecer os adverbios e a súa función, e identificar as distintas clases de adverbios e locucións adverbiais.

- Aplicar correctamente s ou x nas palabras que comezan por es- e ex-.- Recoñecer as características básicas do texto dramático.- Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Segunda quincena de maio.

1. Lectura e comentario: «A camisa do home feliz» (Italo Calvino: Contos populares italianos, ed. Siruela).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: Sentir. VOCABULARIO: O cuarto de durmir. GRAMÁTICA: Os adverbios. ORTOGRAFÍA: Palabras con es- e ex-. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. Mecanismos gramaticais de cohesión; os conectores.

3. Literatura: O xénero dramático. OBRADOIRO DE LITERATURA: Taller de teatro. 4. Competencia lingüística: Comenta un texto explicativo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto con fluidez e comprensión e coméntao seguindo uns criterios dados. 2.1. Recoñece textos que expoñan o sentimento de pertenza á comunidade galegofalante. 2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Identifica os adverbios e as locucións adverbiais e recoñece a súa función. 2.4. Clasifica os adverbios e locucións adverbiais segundo o significado que expresen. 2.5. Aplica correctamente s ou x nas palabras que comezan por es- e ex-. 3.1. Recoñece as características básicas do xénero teatral. 4.1. Analiza as características específicas dun texto explicativo.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender globalmente un texto oral ou escrito.- Aplicar o vocabulario estudado na unidade.- Identificar e clasificar adverbios e locucións adverbiais.- Aplicar correctamente s ou x nas palabras que comezan por es- e ex-.- Recoñecer as características básicas do texto dramático.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.

- Pódese escoitar a lectura no CD-Audio antes de iniciar as actividades de comprensión lectora.- Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, comprender a finalidade dos seus

apartados, utilizar o dicionario de maneira mecánica e eficaz, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, esforzarse por imitar modelos na produción dos propios textos, etc.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 45

- Estimular no alumnado o interese polo noso contorno natural.- Crear na aula un clima de confianza de maneira que os alumnos poidan sentirse desinhibidos á

hora de intervir oralmente e de participar nas actividades de dramatización.- Estimular no alumnado o interese por coñecer algúns autores clásicos da nosa literatura.- Fomentar a curiosidade cara á investigación de temas concretos e o esforzo por presentar os

traballos con corrección e limpeza.- Fomentar o gusto pola lectura, proporcionando na aula material diverso e atractivo pertencente a

distintos autores, estilos e xéneros.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Sensibilidade estética perante as producións literarias propias e alleas.- Valoración da igualdade e da dignidade das persoas.- Valoracion positiva daquilo que cada un ten, sen buscar máis aló do que podemos conseguir.- Recoñecemento maduro do que realmente é importante na nosa vida, relativizando outros bens ou

aspectos materiais.

UNIDADE 12

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, técnicos e científicos.- Comprender, compoñer e empregar distintos tipos de textos segundo a intención comunicativa

ou creativa.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Expresarse con corrección adecuando o discurso á situación comunicativa.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Mostrar interese por coñecer o noso medio físico e valorar calquera actitude, individual ou

institucional, tendente á súa conservación.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 46

- Competencia matemática- Comprender a importancia de interpretar correctamente a linguaxe científica.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet, como maneira de ampliar coñecementos.

- Competencia social e cidadá- Valorar o labor de determinados colectivos a prol da normalización da nosa lingua e o seu

empeño para que sexa recoñecida como «lingua de prestixio».

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe individual e colectiva: resumos,

cadros, táboas...- Mostrar interese por coñecer as técnicas e mecanismos que inciden nunha mellor comunicación

escrita.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Recoñecer a importancia de facer as cousas «a tempo» e mostrar unha actitude responsable cara

ao traballo e á consecución dos seus obxectivos.- Reaccionar con madurez ante os conflitos e saber como resolvelos.- Valorar as relacións de amizade e gozar coas actividades colectivas.

- Competencia cultural e artística- Gozar coa lectura de bandas deseñadas e recoñecer o seu valor artístico, como obra que

combina a linguaxe plástica, iconográfica e verbal.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Recoñecer as funcións dos equipos de normalización lingüística.- Coñecer o vocabulario básico relacionado cos sentidos.- Recoñecer as oracións e as súas clases.- Identificar o suxeito e o predicado dunha oración.- Analizar e clasificar os distintos casos de oracións sen suxeito.- Escribir correctamente palabras con i, con x e con ll.- Analizar os elementos propios da linguaxe do cómic.- Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Tres primeiras semanas de xunio.

1. Lectura e comentario: Fin de curso (cómic de Miguelanxo Prado). 2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).

VOCABULARIO: Vocabulario referido aos sentidos. GRAMÁTICA: A oración. ORTOGRAFÍA: Uso de i, ll e x. OBRADOIRO DE LINGUA: Repaso de contidos. Mecanismos gramaticais de cohesión; os conectores.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 47

3. Literatura: O cómic. OBRADOIRO DE LITERATURA: Taller de banda deseñada. 4. Competencia lingüística: Comenta un texto técnico ou científico.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le e comenta un texto que combine texto e imaxe. 2.1. Recoñece as funcións dos Equipos de Normalización da Lingua Galega. 2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Identifica oracións, recoñece se son simples ou compostas e clasifícaas segundo a intención

do emisor. 2.4. Identifica e analiza o suxeito e o predicado dunha oración. 2.5. Recoñece e analiza as distintas oracións sen suxeito. 2.6. Aplica correctamente as grafías i, x, ll. 3.1. Analiza os elementos dun cómic. 4.1. Analiza os trazos lingüísticos propios dos textos científicos, técnicos ou humanísticos.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender globalmente un texto oral ou escrito.- Recoñecer oracións, clasificalas e identificar o suxeito e o predicado.- Escribir correctamente palabras con i, con x e con ll.- Analizar os elementos propios da linguaxe do cómic.

METODOLOXÍA

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.

- Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, comprender a finalidade dos seus apartados, utilizar o dicionario de maneira mecánica e eficaz, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, esforzarse por imitar modelos na produción dos propios textos, etc.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística.

- Espertar nos alumnos e alumnas o interese pola análise lingüística e pola interpretación gráfica dos elementos dos cómics, de maneira que poidan ser interpretados como unha expresión literaria e artística que vai máis alá dun mero entretemento.

- Fomentar a autoestima e valorar o esforzo e o traballo ben feito.- Estimular no alumnado o interese por coñecer algúns creadores clásicos de banda deseñada

mediante exemplos concretos, e algúns dos creadores galegos a través de páxinas web.- Fomentar a curiosidade cara á investigación de temas concretos e o esforzo por presentar os

traballos con corrección e limpeza.- Fomentar o gusto pola lectura, proporcionando na aula material diverso e atractivo pertencente a

distintos autores, estilos e xéneros.- Fomentar o interese por utilizar as TIC para buscar información de temas que lles resulten

atractivos e non aproveitar unicamente as súas vantaxes para o xogo.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 48

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Valoración da palabra e da argumentación como o único medio pacífico para defender as propias ideas.

- Fomento da autoestima.- Conciencia da importancia que ten a normalización dunha lingua, isto é, o seu uso en calquera

contexto, para a súa supervivencia e difusión.- Valoración do esforzo como único medio seguro para acadar boas cualificacións no eido

académico e, en xeral, para alcanzar os obxectivos propostos na vida.

3.2. Contidos Mínimos

* Elaboración, tanto na oralidade como na escrita, de todo tipo de producións (descricións, narracións...) atendendo ás súas diferentes estruturas formais.

* Recoñecemento das características dos xéneros literarios (narrativa, lírica e dramática) e das peculiaridades da lingua literaria.

* Produción de textos escritos de diferente tipoloxía, prestando atención á situación comunicativa e aos criterios de corrección ortográfica, acentual e puntual esixíbeis neste nivel.

* Recoñecemento das clases de palabras semántica e formalmente.

* Identificación das ideas clave e xerarquización da información máis relevante dun texto.

* Coñecemento do alfabeto e diferenciación de sons, letras e dígrafos.

* Coñecemento xeral da situación da lingua galega, como lingua propia de Galicia; e do plurilingüismo como un reflexo da diversidade cultural.

* Demostración de ter lido os libros de lectura obrigatoria marcados para o curso.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 49

4. SEGUNDO CURSO

4.1. OBXECTIVOS, CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E COMPETENCIAS DE CADA UNIDADE

UNIDADE 1

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Ler un texto literario coa entoación adecuada e facer o seu comentario.- Recoñecer as características propias da noticia.- Ampliar o vocabulario básico relacionado cos xogos.- Recoñecer as palabras compostas e identificar os seus compoñentes.- Identificar o xénero dos substantivos e coñecer as regras de formación do feminino.- Diferenciar unha frase dunha oración.- Coñecer e aplicar as regras de acentuación.- Identificar textos literarios.- Describir os elementos do contorno.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e coa atención adecuada un texto narrativo e coméntao seguindo uns criterios dados.

2.1. Identifica as características propias da noticia como xénero periodístico. 2.2. Amplía o vocabulario básico relacionado cos xogos. 2.3. Identifica palabras compostas e recoñece a súa estrutura. 2.4. Identifica o xénero dos substantivos e aplica as regras de formación do feminino. 2.5. Recoñece a diferencia entre unha frase e unha oración. 2.6. Recoñece o suxeito e o predicado dunha oración e identifica as distintas frases que a

constitúen. 2.7. Coñece e aplica correctamente as regras de acentuación. 3.1. Recoñece as características que definen un texto como literario. 4.1. Comprende e identifica as características propias dun texto descritivo.

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Manter unha actitude favorable cara á lectura.- Comprender, compoñer e comentar distintos tipos de textos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que permita ampliar a capacidade expresiva

e comprensiva.- Asimilar as regras que rexen a formación, a relación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 50

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia matemática- Aplicar o razoamento dedutivo na resolución de actividades e xogos.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información na Rede como maneira de ampliar coñecementos.- Ler e interpretar noticias de xornais impresos ou dixitais.- Interpretar e describir imaxes.- Utilizar recursos audiovisuais como complemento da información que achega o libro.

- Competencia social e cidadá- Cooperar nos traballos colectivos e nos debates establecidos na aula.- Valorar a importancia do xogo como mecanismo de relación social e de desenvolvemento

individual.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe.- Aplicar en diferentes contextos os coñecementos adquiridos.- Realizar traballos de investigación en equipo para profundar na materia estudada.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Ler de maneira reflexiva e crítica e extraer conclusións.- Investigar de maneira autónoma e eficiente sobre os temas propostos.

- Expresión cultural e artística- Valorar o texto literario como unha manifestación artística e cultural de gran valor dentro dunha

comunidade.- Valorar a arquitectura como unha manifestación da riqueza dun pobo.

CONTIDOS

1. Lectura e comentario: «Castelos na area» (Gonzalo Navaza: Erros e Tánatos, Edicións Xerais).

2. Lingua: COMUNICACIÓN: A noticia. VOCABULARIO: Os xogos. As palabras compostas. GRAMÁTICA: O xénero do substantivo. A oración e a frase. ORTOGRAFÍA: Acentuación.

3. Literatura: O texto literario. OBRADOIRO DE LITERATURA: Transformar textos literarios en non literarios e viceversa.

4. Competencia lingüística: Comentar un texto descritivo.

UNIDADE 2

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Ler un texto literario coa entoación adecuada e facer o seu comentario.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 51

- Valorar a riqueza do bilingüismo.- Ampliar o vocabulario básico relacionado coa flora e a fauna.- Formar palabras derivadas mediante a sufixación.- Coñecer as normas de formación do plural dos substantivos.- Identificar os compoñentes da frase e diferenciar as clases de frases.- Aplicar correctamente o til diacrítico en palabras con e e con o.- Coñecer as características propias da literatura popular ou tradicional.- Interpretar a ficha dunha película.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e atención un texto narrativo e coméntao seguindo uns criterios dados. 2.1. Comprende os conceptos de bilingüismo e cooficialidade. 2.2. Utiliza en diversos contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Forma palabras novas engadindo sufixos ao lexema. 2.4. Forma o plural de substantivos dados. 2.5. Recoñece os elementos constitutivos dunha frase e clasifícaas segundo a súa estrutura. 2.6. Aplica correctamente o til diacrítico en palabras con e e con o. 3.1. Comenta, a partir dun texto, as características propias da literatura popular. 4.1. Analiza a estrutura e o contido da ficha dunha película.

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Manter unha actitude favorable cara á lectura.- Comprender, compoñer e comentar distintos textos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a formación, a relación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Interesarse polo coñecemento do noso contorno natural e por utilizar correctamente a

terminoloxía que se refire a este.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Analizar a linguaxe específica da ficha técnica dunha película.- Utilizar as TIC para obter información audiovisual.

- Competencia social e cidadá- Respectar e valorar a lingua propia e as doutras comunidades e países.- Valorar o labor de determinados colectivos a prol da normalización da nosa lingua e o seu

empeño para que sexa recoñecida como «lingua de prestixio».

- Competencia para aprender a aprender

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 52

- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe: o subliñado e a organización de ideas.- Aplicar noutros contextos os coñecementos adquiridos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Mostrar unha actitude aberta e comprometida con respecto ao bilingüismo.

- Expresión cultural e artística- Valorar o bilingüismo como ben cultural dunha sociedade.- Exercitar a capacidade expresiva e creativa a través da redacción de textos.- Valorar a literatura popular como unha manifestación da riqueza cultural dun pobo.

CONTIDOS

1. Lectura e comentario: «Volver» (Luís Seixido: O cazador de trolls, Ed. Sotelo Blanco). 2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: O status das linguas. VOCABULARIO: A flora e a fauna. Os

sufixos. GRAMÁTICA: O número do substantivo. A frase. ORTOGRAFÍA: O til diacrítico en palabras con e e con o. OBRADOIRO DE LINGUA: Identificar e organizar as ideas fundamentais dun texto.

3. Literatura: A literatura popular. 4. Competencia lingüística: A ficha dunha película.

UNIDADE 3

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Ler de maneira comprensiva, con fluidez e coa entoación e pausas adecuadas.- Recoñer a diferenza entre unha noticia e unha noticia breve.- Ampliar o vocabulario básico relacionado co aspecto físico das persoas.- Recoñecer a relación semántica entre termos complementarios.- Identificar o adxectivo cualificativo e as súas características morfolóxicas.- Recoñecer o suxeito dunha oración e identificar o tipo de frases que poden realizar esta función.- Aplicar o til diacrítico en palabras con a.- Recoñecer e analizar a estrutura dun texto narrativo.- Manexar e interpretar unha ruta.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un fragmento de texto coa fluidez e a comprensión adecuadas, e coméntao seguindo uns criterios dados.

2.1. Recoñece e redacta unha noticia breve. 2.2. Utiliza en diversos contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Recoñece os termos contrarios e identifica, dentro deles, os complementarios. 2.4. Recoñece o adxectivo cualificativo e as súas características morfolóxicas. 2.5. Nunha oración, identifica o suxeito e analiza os seus constituíntes. 2.6. Aplica correctamente o til diacrítico en palabras con a.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 53

3.1. Recoñece as tres partes en que adoita estruturarse un texto narrativo: presentación, desenvolvemento e desenlace.

4.1. Interpreta e describe unha ruta.

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Manter unha actitude favorable cara á lectura.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a relación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios.

- Competencia matemática- Interpretar correctamente a información presentada en formatos gráficos.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Adquirir habilidades para seleccionar, tratar e interpretar a información con espírito crítico e

reflexivo.- Interpretar a información que achegan os mapas, os gráficos, as guías... e saber describir un

espazo a partir dela.

- Competencia social e cidadá- Valorar a importancia da descrición positiva das persoas que nos rodean para establecer

vínculos cordiais que faciliten a convivencia.- Rexeitar os prexuízos sociais e mostrar unha actitude receptiva cara aos demais.- Mostrar unha actitude positiva na resolución de conflitos e proposta de solucións.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe individual e colectiva.- Realizar traballos de investigación e reflexionar sobre a información acadada.- Aplicar noutros contextos os coñecementos adquiridos.- Aplicar procedementos lúdicos que contribúen ao gozo da materia.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Organizar as súas tarefas segundo un esquema de traballo e reaccionar positivamente ante

posibles adversidades.- Extraer ensinanzas dos textos lidos e aplicalas na vida real.

- Expresión cultural e artística- Valorar as manifestacións literarias como expresión dunha sensibilidade artística individual que

persegue o embelecemento da realidade.- Exercitar a creatividade a través da manipulación e da redacción de textos literarios.

CONTIDOS

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 54

1. Lectura e comentario: «A expedición» (Marilar Aleixandre: A expedición do Pacífico, Edicións Xerais).

2. Lingua: COMUNICACIÓN: A noticia breve. VOCABULARIO: O físico das persoas. Os termos complementarios. GRAMÁTICA: O adxectivo cualificativo. O suxeito: definición e identificación. ORTOGRAFÍA: O til diacrítico en palabras con a.

3. Literatura: O xénero narrativo: estrutura da narración. O diálogo na novela. OBRADOIRO DE LITERATURA: Manipular textos.

4. Competencia lingüística: A descrición dunha ruta.

UNIDADE 4

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Identificar algunhas formas de prexuízos lingüísticos.- Ampliar o vocabulario relacionado coa festa.- Identificar palabras polisémicas e homónimas.- Recoñecer os adxectivos determinativos e coñecer o seu uso.- Identificar o suxeito axente e o suxeito paciente e diferenciar os distintos tipos de oracións sen

suxeito.- Coñecer e aplicar correctamente o til diacrítico.- Coñecer as características do conto e a diferenza entre final pechado e final aberto.- Interpretar e elaborar un tipo de texto de carácter informativo: o programa de festas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e coméntao seguindo unhas pautas dadas. 2.1. Identifica algunhas formas de prexuízos lingüísticos. 2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Recoñece palabras polisémicas e homónimas. 2.4. Identifica os adxectivos determinativos e coñece os seus usos. 2.5. Diferencia entre suxeito axente e suxeito paciente e distingue os tipos de oracións sen suxeito. 2.6. Coñece e aplica correctamente o til diacrítico. 3.1. Analiza as características do conto e o tipo de final. 4.1. Redacta un programa de festas seguindo un modelo.

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios e informativos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a relación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Comprender, compoñer e comentar distintos tipos de textos.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 55

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Coñecer o espazo no que se realizan determinadas actividades de lecer próximas aos seus

intereses e á súa vida cotiá.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Adquirir habilidades para seleccionar e interpretar a información con espírito crítico.- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica.

- Competencia social e cidadá- Rexeitar os prexuízos sociais e mostrar unha actitude receptiva cara aos demais.- Respectar e valorar a diversidade lingüística.- Practicar o diálogo como forma razoada e tolerante de expresar as propias ideas e escoitar as

dos demais.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que melloran a aprendizaxe individual e colectiva.- Abstraer a información máis relevante dun texto e sistematizala nun esquema.- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Reflexionar e expresar a opinión persoal respecto dun tema dado.- Desenvolver o pensamento propio e respectar o alleo.

- Expresión cultural e artística- Coñecer e valorar a produción literaria en galego e, en particular, dos nosos escritores máis

consagrados.- Exercitar a capacidade expresiva e creativa a través da redacción de textos literarios.- Valorar a expresión literaria como un modo de recrear a realidade cotiá.

- Valorar a tradición como unha manifestación da riqueza cultural dun pobo.

CONTIDOS

1. Lectura e comentario: «Un tesouro» (Xosé Neira Vilas: Memorias dun neno labrego, Ediciós do Castro).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: Prexuízos lingüísticos (1). VOCABULARIO: A festa. Palabras polisémicas e homónimas. GRAMÁTICA: Os adxectivos determinativos (1): usos especiais e particularidades. O suxeito (2): diferenza entre suxeito axente e suxeito paciente; tipos de oracións sen suxeito. ORTOGRAFÍA: O til diacrítico (3). OBRADOIRO DE LINGUA: O esquema de chaves.

3. Literatura: O conto. 4. Competencia lingüística: O programa de festas.

UNIDADE 5

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 56

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Recoñecer as características propias da reportaxe como xénero periodístico.- Coñecer e utilizar verbos que indican accións relacionadas con manifestacións de medo.- Diferenciar a familia léxica do campo semántico.- Coñecer as formas dos adxectivos determinativos —indefinidos, numerais, interrogativos e

exclamativos—, e aplicalas correctamente nas producións propias.- Recoñecer o predicado dunha oración e identificar o seu núcleo.- Coñecer e aplicar correctamente os signos de puntuación (coma, punto, punto e coma, signos de

interrogación e de admiración).- Recoñecer as características da microficción.- Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e coméntao seguindo uns criterios dados. 2.1. Recoñece as características dunha reportaxe. 2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Diferencia entre familia léxica e campo semántico. 2.4. Recoñece e utiliza correctamente os adxectivos determinativos. 2.5. Nunha oración, recoñece o predicado e identifica o seu núcleo. 2.6. Coñece e aplica correctamente as regras de uso dos signos de puntuación. 3.1. Recoñece as características propias dos microrrelatos. 4.1. Describe adecuadamente un animal.

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, informativos e descritivos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a formación, a relación e o uso correcto das palabras.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Valorar a importancia da tradición oral na transmisión da lingua e da cultura en xeral.

- Competencia matemática- Interpretar correctamente a información presentada en formatos gráficos.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Ler e interpretar reportaxes de xornais impresos ou dixitais.- Utilizar recursos audiovisuais como apoio e complemento da información que achega o libro.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 57

- Interpretar e describir imaxes.

- Competencia social e cidadá- Valorar a importancia dos sentimentos e saber respectar tanto os propios coma os alleos para

establecer vínculos cordiais que faciliten a convivencia.- Mostrar unha actitude receptiva e comprensiva cara aos demais.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe individual e colectiva.- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Desenvolver estratexias para controlar e manexar adecuadamente sentimentos coma o medo.- Investigar de maneira autónoma e eficiente para realizar os traballos propostos.

- Expresión cultural e artística- Desenvolver a creatividade.

- Valorar a literatura popular como unha parte privilexiada do noso acervo cultural.

CONTIDOS

1. Lectura e comentario: «Os lobos» (Ánxel Fole: Á lus do candil, Ed. Galaxia). 2. Lingua: COMUNICACIÓN: A reportaxe. VOCABULARIO: O medo. Familia léxica e campo

semántico. GRAMÁTICA: Os adxectivos determinativos (2). O predicado. ORTOGRAFÍA: Signos de puntuación (1).

3. Literatura: A microficción. OBRADOIRO DE LITERATURA: Escribir sobre o medo. 4. Competencia lingüística: A descrición dun animal.

UNIDADE 6

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Coñecer algunhas consecuencias dos prexuízos lingüísticos.- Ampliar o vocabulario relacionado coa xustiza.- Identificar a relación semántica entre termos recíprocos.- Identificar as formas do pronome átono, así como as súas contraccións.- Identificar o predicado nominal e coñecer a súa estrutura.- Coñecer as regras de uso dos signos de puntuación, particularmente das parénteses e as comiñas.- Saber cales son as características da novela que a definen como xénero e analizar a persoa

narrativa no fragmento dunha novela.- Interpretar e elaborar un texto instrutivo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 58

1.1. Le un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e coméntao seguindo uns criterios dados. 2.1. Coñece algunhas consecuencias dos prexuízos lingüísticos. 2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Identifica termos recíprocos. 2.4. Recoñece as formas átonas dos pronomes persoais, así como as formas que resultan da súa

concorrencia. 2.5. Diferencia na práctica o uso de te/che e lle/lles. 2.6. Recoñece oracións copulativas e analiza sintacticamente o predicado nominal. 2.7. Usa correctamente os signos de puntuación, particularmente as parénteses e as comiñas. 3.1. Coñece as características da novela. 3.2. Identifica o tipo de narrador nun texto narrativo e sabe dicir se é omnisciente, protagonista ou

testemuña. 4.1. Coñece os trazos característicos dos textos instrutivos e sabe redactalos.

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, informativos e instrutivos.- Comprender, compoñer e empregar distintos tipos de textos segundo a intención comunicativa

ou creativa.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a relación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica.- Navegar pola Rede de maneira responsable.

- Competencia social e cidadá- Respectar as leis e as normas de convivencia en xeral para manter a necesaria harmonía social.- Rexeitar os prexuízos sociais e mostrar unha actitude receptiva cara aos demais.- Respectar e valorar a diversidade lingüística.- Comprender a importancia de respectar a privacidade propia e allea na Rede, así como as

habituais normas de educación.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe individual e colectiva.- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Desenvolver o pensamento propio e respectar o alleo.- Utilizar a Rede, para informarse ou entreterse, con responsabilidade.

- Expresión cultural e artística- Exercitar a capacidade expresiva e creativa a través da redacción de textos literarios.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 59

- Valorar a expresión literaria como un modo de recrear a realidade cotiá.

CONTIDOS

1. Lectura e comentario: «O encargo» (Andrea Maceiras: Proxecto Bolboreta, Edicións Xerais). 2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: Prexuízos lingüísticos (2). VOCABULARIO: Vocabulario referido á

xustiza. Termos recíprocos. GRAMÁTICA: Os pronomes persoais (1): o pronome átono. O predicado nominal. ORTOGRAFÍA: Signos de puntuación (2). OBRADOIRO DE LINGUA: O esquema de números e o cadro sinóptico.

3. Literatura: A novela. Elementos da narración (1): o narrador. 4. Competencia lingüística: Comentar e escribir un texto instrutivo.

UNIDADE 7

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Recoñecer as características propias da crónica como xénero periodístico.- Coñecer o vocabulario básico relacionado co deporte.- Identificar a relación semántica entre termos antónimos.- Colocar adecuadamente o pronome átono na oración (enclítico ou proclítico).- Identificar o predicado verbal e coñecer a súa estrutura.- Empregar correctamente algunhas grafías que poden ofrecer dificultades.- Analizar os elementos da narración: personaxes e diálogo.- Interpretar e analizar un texto humanístico: o ensaio.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto narrativo con fluidez e coméntao seguindo uns criterios dados. 2.1. Identifica as características propias da crónica como xénero periodístico. 2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario aprendido. 2.3. Identifica termos antónimos. 2.4. Coloca correctamente as formas átonas do pronome persoal: antes ou despois do verbo. 2.5. Identifica as oracións predicativas e sabe cales son os elementos constitutivos do predicado

verbal. 2.6. Aplica correctamente as normas de uso do h. 3.1. Entende a diferenza entre personaxes principais e secundarios. 3.2. Nun texto narrativo, recoñece os fragmentos onde aparecen diálogos directos e indirectos. 4.1. Comprende e analiza un ensaio.

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, expositivos e periodísticos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 60

- Asimilar as regras que rexen a relación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Observar e interpretar a realidade para logo saber contala.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Manexar de maneira habitual e correcta o dicionario.- Desenvolver habilidades para interpretar a información que achegan os medios de

comunicación.

- Competencia social e cidadá- Respectar e valorar as diferentes capacidades de cada persoa en relación co exercicio físico.- Recoñecer o papel social e informativo dos medios de comunicación.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar os coñecementos adquiridos en diferentes contextos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Valorar a importancia do deporte como unha das pezas fundamentais para un desenvolvemento

físico e mental san.- Ler de maneira crítica e reflexiva os textos periodísticos.- Desenvolver a creatividade para elaborar textos propios.

- Expresión cultural e artística- Coñecer e valorar a obra de autores consagrados, tanto das nosas letras como estranxeiros.

CONTIDOS

1. Lectura e comentario: «Non te esquecerei» (Roald Dahl: Boy (relatos de infancia), Ed. Alfaguara-Obradoiro).

2. Lingua: COMUNICACIÓN: A crónica. VOCABULARIO: Vocabulario referido ao deporte. Termos antónimos. GRAMÁTICA: Os pronomes persoais (2): colocación do pronome átono. O predicado verbal. ORTOGRAFÍA: Uso do h.

3. Literatura: Elementos da narración (2): personaxes e diálogo. OBRADOIRO DE LITERATURA: Personaxes de ficción.

4. Competencia lingüística: O ensaio.

UNIDADE 8

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 61

- Utilizar correctamente os topónimos galegos e evitar as interferencias co castelán.- Coñecer e utilizar adecuadamente verbos de pensamento.- Formar palabras derivadas mediante a utilización de prefixos.- Saber conxugar os verbos regulares e aqueles que presentan variacións.- Diferenciar verbos transitivos/intransitivos e recoñecer o complemento directo dun predicado

verbal.- Empregar correctamente algunhas grafías que poden ofrecer dificultades.- Analizar os elementos da narración: o tempo e o espazo.- Redactar textos propios.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto con fluidez e comprensión e coméntao seguindo uns criterios dados. 2.1. Sabe que son os topónimos e coñece a normativa que regula a súa correcta utilización. 2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Forma correctamente palabras derivadas mediante a utilización de prefixos. 2.4. Conxuga correctamente verbos regulares que presentan variacións. 2.5. Recoñece o complemento directo nun predicado verbal e substitúeo polo pronome átono

correspondente. 2.6. Aplica correctamente b e v en verbos acabados en -ber/-ver e -bir/-vir. 3.1. Analiza o espazo e a orde temporal dos acontecementos nun fragmento narrativo. 4.1. Interpreta códigos non verbais e redacta textos propios.

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios, informativos e expositivos.- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Comprender, compoñer e empregar diferentes tipos de textos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Interesarse polo coñecemento da nosa xeografía e por utilizar correctamente os topónimos que

a designan.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica.- Interpretar a información que achegan as mensaxes non verbais.

- Competencia social e cidadá- Recoñecer a importancia das leis como mecanismos para garantir o respecto e o uso correcto da

lingua.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 62

- Competencia para aprender a aprender- Mostrar interese pola correcta realización de traballos de investigación e exposición.- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe: resumos, cadros, táboas...- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Recoñecer a importancia de reflexionar antes de actuar.

- Expresión cultural e artística- Coñecer a obra dalgúns dos autores galegos máis consagrados.

- Interesarse polo coñecemento da nosa historia.

CONTIDOS

1. Lectura e comentario: «O inglés» (Alfonso R. Castelao: Retrincos. Un ollo de vidro, Ed. Galaxia).

2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: Os topónimos e as leis. VOCABULARIO: Verbos de pensamento. Os prefixos. GRAMÁTICA: O verbo (1): modelos regulares e verbos regulares con variacións. O complemento directo. ORTOGRAFÍA: Verbos acabados en -ber/-ver e -bir/-vir. OBRADOIRO DE LINGUA: O resumo.

3. Literatura: Elementos da narración (3): o tempo e o espazo. 4. Competencia lingüística: A linguaxe non verbal.

UNIDADE 9

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Recoñecer a columna como un xénero periodístico de opinión.- Coñecer o vocabulario básico relacionado cos alimentos.- Identificar topónimos.- Saber conxugar correctamente os verbos irregulares.- Recoñecer o complemento indirecto nunha oración.- Empregar correctamente algunhas grafías que poden ofrecer dificultades.- Recoñecer as peculiaridades da linguaxe poética e identificar certos recursos estilísticos moi

comúns.- Interpretar un plano.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez un texto literario e realiza o comentario correspondente. 2.1. Recoñece as características dun artigo periodístico de opinión: a columna. 2.2. Coñece o vocabulario básico relacionado cos alimentos. 2.3. Recoñece e emprega correctamente algúns topónimos. 2.4. Conxuga correctamente os verbos irregulares.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 63

2.5. Recoñece o complemento indirecto e substitúeo polo pronome átono correspondente. 2.6. Emprega correctamente as grafías n/ñ en posición intervocálica. 3.1. Recoñece o particular uso da lingua nos textos poéticos e identifica algúns recursos

estilísticos. 4.1. Interpreta un plano.

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios e periodísticos.- Comprender, compoñer e empregar distintos tipos de textos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Expresarse con corrección adecuando o discurso á situación comunicativa.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas.

- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico- Comprender a importancia do medio no desenvolvemento dos acontecementos e mesmo na

interpretación da realidade en cada época.- Mostrar interese pola gastronomía da nosa comunidade e por aprender os nomes dalgúns

produtos moi característicos.- Mostrar interese por coñecer a nosa xeografía, así como os topónimos que se usan para referirse

a ela.

- Competencia matemática- Interpretar correctamente a información presentada en formatos gráficos.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información na Rede como maneira de ampliar coñecementos.- Ler e interpretar información de xornais impresos ou dixitais.

- Competencia social e cidadá- Respectar as opinións alleas, aínda que non coincidan coas propias.- Cooperar nos traballos de grupo e participar na expresión de opinións.- Valorar a importancia de seguir hábitos de vida saudables.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe: resumos, cadros, táboas...- Aplicar os coñecementos adquiridos noutros contextos.- Mostrar interese por coñecer as técnicas e mecanismos que inciden nunha mellor comunicación

escrita.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Adoptar unha actitude crítica con respecto á información que achegan os medios periodísticos.- Valorar a importancia dunha alimentación sa para o adecuado desenvolvemento físico e mental.

- Expresión cultural e artística- Valorar o carácter expresivo da poesía e analizar algúns dos seus recursos propios.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 64

- Recoñecer o carácter expresivo da canción e valorar as manifestacións folclóricas como parte do noso acervo cultural.

CONTIDOS

1. Lectura e comentario: «Nos tempos da fame» (Manuel Rivas: Ela, maldita alma, Edicións Xerais).

2. Lingua: COMUNICACIÓN: A columna. VOCABULARIO: Os alimentos. Topónimos. GRAMÁTICA: O verbo (2): verbos irregulares. O complemento indirecto. ORTOGRAFÍA: Uso de n e ñ.

3. Literatura: A poesía (1): recursos estilísticos. OBRADOIRO DE LITERATURA: Cancións tradicionais. 4. Competencia lingüística: Interpretar un plano.

UNIDADE 10

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Entender os conceptos de normalización lingüística e normalización cultural.- Coñecer o vocabulario básico relacionado coa forma de ser das persoas e recoñecer os

procedementos de formación dos xentilicios.- Coñecer as formas nominais dos verbos e identificar perífrases verbais.- Recoñecer o complemento circunstancial nunha oración.- Usar correctamente as vogais en palabras que poden ofrecer dificultades.- Identificar algúns recursos estilísticos moi frecuentes na poesía.- Recoñecer as características dos textos normativos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez un texto literario e realiza o comentario correspondente. 2.1. Entende os conceptos de normalización lingüística e normalización cultural. 2.2. Aplica en distintos contextos os adxectivos estudados. 2.3. Relaciona os xentilicios cos topónimos correspondentes. 2.4. Coñece as formas nominais dos verbos. 2.5. Identifica e clasifica perífrases verbais segundo o matiz que expresen. 2.6. Identifica o complemento circunstancial e sabe que frases poden desempeñar esta función. 2.7. Utiliza correctamente as vogais en palabras que poden ofrecer dúbidas. 3.1. Coñece e aplica algúns recursos poéticos básicos. 4.1. Identifica as características propias dun texto normativo.

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios e normativos.- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 65

recibimos do noso contorno.- Comprender, compoñer e empregar distintos textos segundo a intención comunicativa.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Expresarse con corrección e de maneira coherente.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer o uso dalgunhas vogais que poden ofrecer certa dificultade.

- Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico- Mostrar interese por coñecer a nosa xeografía, así como polos xentilicios que identifican os

habitantes de cada zona.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet, como maneira de ampliar coñecementos.

- Competencia social e cidadá- Valorar o labor social e institucional no recoñecemento e normalización dunha lingua e analizar

a situación real do galego nos distintos ámbitos da sociedade.- Reflexionar acerca da importancia da presenza social dunha lingua como medio para acadar a

súa normalización.- Valorar o patrimonio cultural, en xeral, e contribuír á súa normalización.- Recoñecer a necesidade dunhas normas para o correcto funcionamento da sociedade, así como

a importancia de respectalas.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe.- Mostrar interese por coñecer as técnicas e mecanismos que inciden nunha mellor comunicación

escrita.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Respectarse un mesmo e respectar a forma de ser dos demais, co fin de manter unha

convivencia harmónica.

- Expresión cultural e artística- Valorar os autores clásicos como modelo de manifestacións literarias posteriores.- Valorar o carácter expresivo da poesía.

CONTIDOS 1. Lectura e comentario: «Eleccións no instituto» (Alice Vieira: Caderno de agosto, Edicións

Xerais). 2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: Normalización lingüística e cultural. VOCABULARIO: Vocabulario

referido ás formas de ser. Xentilicios. GRAMÁTICA: O verbo (3): as formas nominais e as perífrases verbais. O complemento circunstancial. ORTOGRAFÍA: Uso correcto das vogais. OBRADOIRO DE LINGUA: A cohesión textual (1).

3. Literatura: A poesía. Recursos estilísticos (2): recursos semánticos. 4. Competencia lingüística: O texto normativo.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 66

UNIDADE 11

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Ler un texto literario coa entoación adecuada e facer o seu comentario.- Recoñecer as características propias da entrevista.- Coñecer o vocabulario básico relacionado coas compras.- Recoñecer os adverbios e a súa función, e identificar as distintas clases de adverbios e locucións

adverbiais.- Diferenciar oracións en voz pasiva e en voz activa.- Utilizar correctamente os grupos consonánticos con l e r.- Coñecer outras manifestacións actuais da lírica.- Redacta un texto de carácter administrativo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto con fluidez e comprensión e coméntao seguindo uns criterios dados. 2.1. Identifica as características propias da entrevista como xénero periodístico. 2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Identifica os adverbios e as locucións adverbiais e recoñece a súa función. 2.4. Clasifica os adverbios e locucións adverbiais segundo o significado que expresen. 2.5. Identifica unha oración en voz pasiva e recoñece a súa estrutura. 2.6. Utiliza correctamente os grupos consonánticos con l e con r. 3.1. Comenta as características propias de textos poéticos de verso libre, da poesía visual e da

prosa poética. 4.1. Redacta un formulario de solicitude.

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler, entender e comentar textos literarios, periodísticos e administrativos.- Comprender, compoñer e empregar distintos tipos de textos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Expresarse con corrección oralmente e por escrito.- Asimilar as regras que rexen a correcta construción gramatical nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Analizar e interpretar a información que achegan os medios de comunicación.- Interpretar a información que achega a imaxe como complemento ou apoio dun texto.

- Competencia social e cidadá- Respectar as quendas de palabra nunca entrevista ou en calquera outra forma de comunicación

verbal.- Coñecer o procedemento para presentar unha solicitude, así como os organismos que a

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 67

xestionan.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe e a elaboración de textos.- Desenvolver a creatividade para compoñer e ilustrar poemas propios.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Discriminar de maneira madura o que é realmente importante na vida e relativizar outros

aspectos materiais.- Mostrar interese por coñecer a historia das cousas que nos rodean.

- Expresión cultural e artística- Valorar novas formas de creación poética.

- Desenvolver o enxeño para crear xogos poéticos.

CONTIDOS

1. Lectura e comentario: «O prezo dos bicos» (Paul Jennings: Vaiche boa!, Ed. Galaxia). 2. Lingua: COMUNICACIÓN: A entrevista. VOCABULARIO: As compras. Antropónimos. GRAMÁTICA:

Os adverbios e as locucións adverbiais. O complemento axente. Ortografía: Grupos consonánticos (1): l e r.

3. Literatura: A poesía sen métrica. OBRADOIRO DE LITERATURA: Xogos poéticos. 4. Competencia lingüística: Un formulario.

UNIDADE 12

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS- Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.- Recoñecer textos nos que se reflicta o sentimento de pertenza á comunidade galego-falante.- Coñecer o vocabulario básico estudado e identificar hipocorísticos.- Identificar as preposicións e as locucións prepositivas.- Recoñecer as oracións e as súas clases.- Utilizar correctamente os grupos consonánticos cultos con -cc- e con -ct-.- Analizar un fragmento teatral e clasificalo segundo corresponda a unha comedia, unha traxedia ou

un drama.- Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas e coa debida cohesión.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le e comenta un texto narrativo. 2.1. Recoñece textos que expoñan o sentimento de pertenza á comunidade galegofalante.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 68

2.2. Aplica noutros contextos o vocabulario básico estudado. 2.3. Identifica hipocorísticos e relaciónaos co nome propio correspondente. 2.4. Identifica as preposicións e as locucións prepositivas e recoñece a súa función. 2.5. Identifica e clasifica oracións. 2.6. Sabe cando se conservan os grupos -cc-/-ct- e cando se reducen a -c-/-t- ou mesmo a Ø. 3.1. Coñece as características propias da comedia, da traxedia e do drama. 3.2. Coñece a estrutura dunha obra teatral e diferencia actos, cadros e escenas. 4.1. Redacta textos propios con corrección, utilizando os mecanismos de cohesión textual

necesarios.

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios.- Comprender, compoñer e empregar distintos tipos de textos segundo a intención comunicativa

ou creativa.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor.- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Expresarse con corrección adecuando o discurso á situación comunicativa.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.- Valorar a práctica teatral como enriquecedora da expresión oral.

- Competencia social e cidadá- Mostrar curiosidade por coñecer a diversidade de fala nas diferentes zonas.- Sentir a lingua como parte da súa identidade colectiva.- Participar activamente nos traballos colectivos e nas representacións teatrais.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe individual e colectiva: resumos,

cadros, táboas...- Mostrar interese por coñecer as técnicas e mecanismos que inciden nunha mellor comunicación

escrita.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Recoñecer a importancia de facer as cousas «a tempo» e mostrar unha actitude responsable cara

ao traballo e á consecución dos seus obxectivos.- Reaccionar con madurez ante os conflitos e saber como resolvelos.- Valorar as relacións de amizade e gozar coas actividades colectivas.

- Expresión cultural e artística- Recoñecer o teatro como manifestación artística e cultural, así como forma de divertimento.

- Valorar as variedades xeográficas dunha lingua como parte das manifestacións culturais dunha comunidade.

CONTIDOS

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 69

1. Lectura e comentario: «A arrasadeira» (Eduardo Blanco Amor: Os biosbardos, Ed. Galaxia). 2. Lingua: LINGUA E SOCIEDADE: Os bloques lingüísticos. VOCABULARIO: Verbos de acción e

referidos a actitudes. Hipocorísticos. GRAMÁTICA: As preposicións e as locucións prepositivas. As clases de oracións. ORTOGRAFÍA: Grupos consonánticos (2): -cc- e -ct-. OBRADOIRO DE LINGUA: A cohesión textual (2).

3. Literatura: O teatro. 4. Competencia lingüística: Propaganda informativa.

4. 2. CONTIDOS MÍNIMOS

1- Emprego da lingua galega (oral e escrita) con adecuación á situación comunicativa e aplicación das regras de ortografía, acentuación e puntuación.2- Reflexión sobre os mecanismos da lingua e os seus elementos formais (procedementos de cohesión, regras de coherencia, etc.), integrándoos para comprender e producir axeitadamente textos.3- Elaboración, na oralidade e na escrita, de producións textuais (instrutivas, expositivas, persoais....) atendendo ás súas diferentes estructuras formais.4- Análise e comprensión de textos propios dos medios de comunicación (noticia, crónica, reportaxe), mostrando unha actitude reflexiva e crítica ante súas mensaxes, valorando as producións orais emitidas cunha fonética galega correcta.5- Identificación, análise e uso correcto das distintas clases de palabras (artigo, substantivo, adxectivo, determinates, pronome persoal (atención especial á colocación ), verbo, adverbio, preposición, conxunción.6- Recoñecemento e análise das características específicas das distintas clases de palabras nos planos: morfolóxico, sintáctico e léxico.7- Diferenciación entre frase, enunciado e oración.8- Identificación dos distintos tipos de oración segundo a actitude do falante e segundo a natureza do predicado.9- Recoñecemento e análise das seguintes funcións primarias: suxeito, predicado, complemento directo, complemento indirecto, complemento circunstancial , atributo e complemento axente.10- Interese por ampliar o caudal léxico propio e empregar as palabras con corrección.11- Identificación das relacións semánticas entre as palabras (homonimia,polisemia, termos contrarios, parónimos…)12- Comprensión da realidade sociolingüística de Galicia, con asimilación dos conceptos: lingua minorizada e dominante, de bilingüismo e diglosía e identificación das interferencias lingüísticas; xunto coa valoración da lingua como expresión dunha identidade colectiva e do seu uso normalizado.13- Distinción e identificación dos distintos niveis de lingua e rexistros (estándar, coloquial, culto e científico-técnico) asi como as variedades xeográficas da fala. 14- Recoñecemento dos principais recursos estilísticos para a realización de comentarios de textos, nos que aplicar o establecemento de relacións co contexto, especialmente histórico e persoal do autor ou autora. 15- Recoñecemento dos xéneros literarios e as súas características principais, valorando o proceso de creación.16- Demostrar que se leron os libros de lectura obrigatoria marcados para o curso.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 70

5. TERCEIRO CURSO

5.1. OBXECTIVOS, CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E COMPETENCIAS DE CADA UNIDADE

UNIDADE 1

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Comprender, compoñer e empregar distintos tipos de textos segundo a intención comunicativa

ou creativa.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que permita ampliar a capacidade expresiva

e comprensiva.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía que conforman a lingua.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico- Coñecer o espazo no que tiveron lugar certos acontecementos que conformaron a nosa lingua e

a nosa cultura.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en enciclopedias, dicionarios ou en Internet como maneira de ampliar

coñecementos.

- Competencia social e cidadá- Cooperar nos traballos colectivos e nos debates establecidos na aula.- Mostrar unha actitude positiva e aberta ante temas sociais como o da inmigración.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe e a análise textual: organización de

información en parágrafos, táboas e cadros.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Ler de maneira reflexiva e crítica e extraer conclusións.- Investigar de maneira autónoma e eficiente sobre os temas propostos.

- Competencia cultural e artística- Valorar a importancia da tradición oral na transmisión da literatura e dos valores dun pobo.- Mostrar interese por coñecer as orixes da nosa lingua e da nosa cultura.- Valorar os usos e costumes doutras culturas diferentes á propia.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 71

OBXECTIVOS

- Ler un texto literario coa entoación adecuada e facer o seu comentario.- Comprender que é un texto e coñecer as distintas clases de textos segundo a canle de transmisión,

o tema e a intención comunicativa.- Ampliar o vocabulario básico relacionado coas emocións e sentimentos.- Identificar os parágrafos dun texto e saber dispoñer a información en parágrafos.- Aplicar correctamente as regras de acentuación.- Coñecer as distintas unidades lingüísticas e as disciplinas que se ocupan do seu estudo.- Coñecer a formación da lingua galega e a súa evolución desde as súas orixes ata o nacemento do

galego-portugués.- Coñecer as principais características e mostras da literatura popular, tanto en prosa como en

verso.- Coñecer os recursos lingüísticos e literarios para crear adiviñas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

1. Análise de textos: Lectura e comentario de «Ilegal» (Fran Alonso: Cartas de amor, Edicións Xerais). O texto e a súa clasificación.

2. Lingua: VOCABULARIO: Emocións e sentimentos. OBRADOIRO DE LINGUA: Os parágrafos. ORTOGRAFÍA: Regras de acentuación. GRAMÁTICA: Unidades lingüísticas. LINGUA E SOCIEDADE: O galego, lingua románica. Voces patrimoniais, cultismos e semicultimos. Elementos de substrato e de superestrato. Nacemento do galego-portugués.

3. Literatura: A literatura popular, características e xéneros. A literatura popular en prosa: conto e lenda. A literatura popular en verso. COMENTARIO DE TEXTO: A lenda da Lagoa de Antela. OBRADOIRO DE LITERATURA: Adiviñas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e atención un texto e coméntao atendendo ás distiintas clasificacións textuais. 2.1. Coñece e aplica o vocabulario que conforma o campo semántico das emocións e sentimentos. 2.2. Diferencia parágrafos e identifica a idea central de cada un. 2.3. Aplica correctamente as regras de acentuación. 2.4. Discrimina as diferentes unidades lingüísticas. 2.5. Coñece a orixe e formación da lingua galega. 2.6. Diferencia palabras patrimoniais, cultismos e semicultismos. 2.7. Recoñece os elementos de substrato e superestrato na lingua galega. 3.1. Recoñece as características propias da literatura popular e a clasificación dos textos en prosa

e en verso. 3.2. Recoñece os recursos propios das adiviñas.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Identificar e clasificar un texto.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 72

- Comentar un texto seguindo uns criterios dados.- Aplicar correctamente as regras de acentuación.- Coñecer o nacemento do galego como lingua románica.- Diferenciar palabras patrimoniais, cultismos e semicultismos.- Identificar palabras de substrato e de superestrato.- Coñecer as principais características da literatura popular.- Clasificar textos de literatura popular en prosa e en verso.

METODOLOXÍA

- Repasar contidos xa estudados no curso anterior.- Escoitar a lectura da unidade no CD-Audio antes de realizar as actividades de comentario

correspondentes, co fin de fomentar a comprensión oral.- Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, comprender a finalidade de cada

apartado, utilizar o dicionario, facer clasificacións, cadros e esquemas, estudar a teoría co apoio dunha práctica continuada, etc.

- Traballar na aula a análise guiada de textos literarios.- Traballar os diferentes contidos da unidade a partir de textos relacionados co contorno do

alumnado, para contextualizalos en situacións próximas aos seus intereses.- Fomentar a busca, análise e interpretación da información a través de diferentes medios.- Fomentar no alumnado o interese polo aspecto lúdico e creativo da linguaxe.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, e Material

complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Coidado na planificación e execución dos propios textos, revisión e autocorrección.- Actitude positiva e aberta fronte a temas de carácter social, como a inmigración.- Interese por coñecer a orixe e evolución histórica do galego.- Actitude reflexiva e esixente no uso da lingua.- Curiosidade por coñecer a riqueza da nosa literatura popular.

UNIDADE 2

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 73

recibimos do noso contorno.- Desenvolver a capacidade de delimitar a información que chega a través dos medios televisivo e

radiofónico.- Comprender, compoñer e comentar textos narrativos.- Asimilar as regras que rexen a formación e uso das palabras na lingua.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que permita ampliar a capacidade expresiva

e comprensiva.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía que conforman a lingua.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia matemática- Aplicar o razoamento dedutivo na resolución de actividades e xogos.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en enciclopedias, dicionarios ou en Internet como maneira de ampliar

coñecementos.- Adquirir habilidades para seleccionar e interpretar a información a través das TIC.

- Competencia social e cidadá- Interesarse por coñecer as orixes dos antropónimos e a súa distribución na comunidade.- Valorar a importancia das tradicións que reflicten o sentir e as crenzas dun pobo.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe e a análise textual.- Buscar información no contorno e transformala nun texto coherente.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Ler de maneira reflexiva e crítica e extraer conclusións.- Realizar traballos de investigación de maneira reflexiva e autónoma.- Esforzarse por comprender os diferentes textos instrutivos para facilitar accións.- Esforzarse por comprender e valorar de xeito crítico a información que chega a través dos

medios de comunicación televisivos e radiofónicos.

- Competencia cultural e artística- Valorar as primerias manifestacións literarias da nosa lingua, como expresión da sensibilidade

artística individual e manifestación dos valores propios dunha época.- Mostrar interese por coñecer a evolución histórica da nosa lingua.- Exercitar a expresión creativa a través da redacción de textos literarios.- Valorar a linguaxe estética presente no cine.

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez e comprensión un texto narrativo e comentalo seguindo uns criterios.- Coñecer os elementos propios dos textos narrativos.- Coñecer os elementos básicos da linguaxe audiovisual: radio, televisión, cine.- Coñecer a orixe e significado dos nomes e apelidos máis comúns.- Analizar as características propias dos textos instrutivos.- Aplicar correctamente o til diacrítico.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 74

- Descompoñer as palabras nos seus compoñentes e recoñecer o significado dos prefixos e sufixos máis comúns.

- Clasificar as palabras segundo os seus constituíntes e entender o concepto de familia léxica.- Coñecer a situación do galego na Idade Media e recoñecer algunhas características lingüísticas do

galego medieval.- Coñecer as principais características e xéneros da literatura galego-portuguesa medieval.- Identificar as características e recursos formais das cantigas de amigo.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

1. Análise de textos: Lectura e comentario de «Tristán García» (Álvaro Cunqueiro: Os outros feirantes). O texto narrativo.

2. Lingua: VOCABULARIO: Os antropónimos. OBRADOIRO DE LINGUA: Instrucións e parágrafos de secuencias. ORTOGRAFÍA: O til diacrítico. GRAMÁTICA: As palabras e a súa estrutura. Clases de palabras. Familia léxica. LINGUA E SOCIEDADE: O galego na Idade Media.

3. Literatura: A literatura medieval: características, intérpretes e xéneros. A cantiga de amigo. COMENTARIO DE TEXTO: «Levous’ a louçana». OBRADOIRO DE LITERATURA: Unha cantiga de amigo.

4. Linguaxe e textos: -Os elementos básicos da linguaxe visual. -A linguaxe cinematográfica e as súas características. -A linguaxe radiofónica e televisiva: características e xéneros. a) Análise doutras linguaxes estéticas: o cine b) Análise encamiñada á comprensión e á valoración crítica da comunicación televisiva e da

radiofónica coas súas especificidades.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e atención un texto narrativo e analiza os elementos que lle son propios: narrador, personaxes, espazo, tempo e argumento.

2.1. Coñece a orixe, formación e significado dalgúns antropónimos. 2.2. Analiza un texto instrutivo. 2.3. Aplica correctamente o til diacrítico. 2.4. Analiza o lexema e os morfemas dunha palabra dada. 2.5. Recoñece palabras formadas por prefixación e sufixación e explica o significado dalgúns

sufixos derivativos e alterativos. 2.6. Diferencia palabras simples, derivadas, compostas e parasintéticas, e forma familias léxicas. 2.7. Coñece a situación do galego na Idade Media e identifica algunhas das súas características

lingüísticas. 3.1. Coñece a orixe e o corpus da literatura galego-portuguesa medieval. 3.2. Identifica e comenta cantigas de amigo. 4.1. Coñece os elementos básicos da linguaxe audiovisual: radio, televisión, cine. 4.2. Recoñece a linguaxe estética presente no cine.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 75

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender de maneira global un texto, oral ou escrito, e realizar o seu comentario.- Aplicar correctamente o til diacrítico.- Analizar os elementos que forman unha palabra e formar familias léxicas.- Coñecer a situación do galego na Idade Media.- Coñecer a orixe e o corpus da literatura galego-portuguesa medieval.- Coñecer os elementos básicos da linguaxe audiovisual: radio, televisión, cine.

METODOLOXÍA

- Fomentar no alumnado o manexo do dicionario e o acceso a diferentes materiais de consulta.- Fomentar no alumnado o espírito crítico ante a información procedente dos medios audiovisuais.- Escoitar a lectura da unidade no CD-Audio antes de realizar as actividades de comentario

correspondentes, co fin de fomentar a comprensión oral.- Traballar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: analizar e redactar textos de acordo cunhas pautas; asegurar a correcta

asimilación de conceptos a través dunha práctica continuada; utilizar a Rede para obter información, etc.

- Estimular no alumnado o interese pola poesía e por coñecer as primeiras manifestacións líricas da nosa literatura.

- Traballar os diferentes contidos da unidade a partir de textos próximos aos intereses do alumnado.- Fomentar a busca, análise e interpretación da información a través das TIC.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, e Material

complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.- Os elementos básicos da linguaxe visual en remexernalingua.- A linguaxe cinematográfica e as súas características en uxíalin.- A linguaxe radiofónica e televisiva: características e xéneros en uxíalin.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Interese por coñecer a orixe e significado do propio nome e apelido, parte esencial da nosa identidade.

- Valoración de diversas manifestacións literarias como fonte de pracer e divertimento.- Aprecio polo patrimonio literario propio como expresión lingüística da identidade histórica e

colectiva.- Valoración das primeiras manifestacións líricas da nosa literatura e interese por interpretar a súa

simboloxía.- Valoración da linguaxe estética presente no cine e noutros medios audiovisuais.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 76

UNIDADE 3

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Ler, comentar e compoñer textos descritivos, tanto literarios como non literarios.- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Comprender a importancia dos aspectos non verbais na comunicación oral.- Adquirir progresivamente o vocabulario adecuado para ampliar a capacidade expresiva.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía que conforman a lingua.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas.

- Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico- Coñecer e valorar o contorno natural privilexiado do que gozamos e ser conscientes da

incidencia que a actuación individual ten no medio.- Sabe describir con propiedade o mundo físico que o rodea.

- Competencia matemática- Interpretar correctamente a información presentada como estatísticas ou gráficos.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en enciclopedias, dicionarios ou en Internet.- Interpretar mapas e linguaxe iconográfica.

- Competencia social e cidadá- Valorar a importancia da descrición na identificación de lugares, obxectos e persoas.- Recoñecer o carácter plurinlingüe da maior parte dos países, así como a importancia e a

trascendencia de que unha lingua teña carácter oficial.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe e a análise textual.- Habituarse a seguir uns pasos dados á hora de organizar a tarefa encomendada.- Esforzarse por seguir un guión establecido nos comentarios de texto.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Mostrar unha actitude aberta e comprometida con respecto á diversidade lingüística.- Esforzarse por realizar os traballos propostos de maneira autónoma e responsable.

- Competencia cultural e artística- Recoñece o carácter universal de determinados mitos e elementos tradicionais.- Valorar o plurilingüismo como realidade universal que enriquece a individuos e pobos.- Valorar as primeiras manifestacións literarias da nosa lingua.- Valorar o carácter expresivo dalgúns recursos literarios, como a metáfora.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 77

OBXECTIVOS

- Ler con fluidez e comprensión un texto narrativo e comentalo seguindo uns criterios.- Identificar as características do texto descritivo.- Coñecer o vocabulario básico do campo semántico do tempo atmosférico.- Esforzarse nos traballos en grupo e na realización de exercicios de expresión oral.- Aplicar correctamente os signos de puntuación.- Identificar substantivos morfolóxica e sintacticamente e clasificalos.- Recoñecer o xénero dos substantivos e saber formar o feminino e o plural.- Comprender o concepto de plurilingüismo.- Coñecer as principais características das cantigas de amor.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

1. Análise de textos: Lectura e comentario dun fragmento de Pel de lobo (Xosé Miranda, Edicións Xerais). O texto descritivo.

2. Lingua: VOCABULARIO: O tempo atmosférico. OBRADOIRO DE LINGUA: A improvisación. ORTOGRAFÍA: Signos de puntuación (1): punto, coma, punto e coma. GRAMÁTICA: O substantivo. Clasificación. Xénero e número. LINGUA E SOCIEDADE: O plurilingüismo.

3. Literatura: A cantiga de amor. COMENTARIO DE TEXTO: «Vi eu donas, sehnor». OBRADOIRO DE LITERATURA: Metáforas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e atención un texto e identifica as características do texto descritivo. 2.1. Coñece e aplica o vocabulario que conforma o campo semántico do tempo atmosférico. 2.2. Realiza unha exposición oral de maneria improvisada. 2.3. Aplica correctamente o punto, a coma e o punto e coma. 2.4. Identifica substantivos morfolóxica e sintacticamente e clasifícaos segundo o seu significado

e segundo a súa estrutura. 2.5. Identifica substantivos femininos e masculinos e forma o feminino de substantivos dados. 2.6. Forma o plural de substantivos simples e compostos. 2.7. Comprende o concepto de plurilingüismo e enténdeo como unha realidade de carácter

universal. 3.1. Identifica e comenta cantigas de amor. 3.2. Recoñece e crea metáforas.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comentar un texto seguindo uns criterios dados.- Identificar as características do texto descritivo.- Aplicar correctamente o punto, a coma e o punto e coma.- Identificar substantivos e clasificalos.- Formar o feminino e o plural de substantivos dados.- Comprender o concepto de plurilingüismo.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 78

- Identificar e comentar cantigas de amor.

METODOLOXÍA

- Escoitar a lectura da unidade no CD-Audio antes de realizar as actividades de comentario correspondentes, co fin de fomentar a comprensión oral.

- Insistir na importancia de ter unha gramática á man como material de apoio, agora que empezan coa análise sintáctica das unidades da lingua.

- Crear na aula un ambiente distendido para que os alumnos e as alumnas se sintan a gusto para expresarse oralmente.

- Traballar na aula a análise guiada de textos literarios.- Facer esquemas e cadros de maneira habitual.- Traballar os diferentes contidos da unidade a partir de textos relacionados co contorno da nosa

comunidade, para contextualizalos en situacións próximas ao alumnado.- Fomentar a busca, análise e interpretación da información a través de diferentes medios.- Fomentar no alumnado o interese polo aspecto lúdico e creativo da linguaxe.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, e Material

complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Valoración e actitude aberta fronte á diversidade lingüística, como unha realidade de carácter universal e enriquecedora da cultura dos pobos.

- Valoración dos textos poéticos como medio para desenvolver a sensibilidade estética e estimular a imaxinación.

- Actitude reflexiva e esixente no uso da lingua.- Aprecio polo patrimonio literario propio como expresión lingüística da identidade histórica e

colectiva.- Coidado na planificación e execución dos propios textos, revisión e autocorrección.

UNIDADE 4

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 79

- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que recibimos do noso contorno.

- Ler, comentar e compoñer textos dialogados.- Valorar a importancia da expresión oral fluída e correcta en todas as actividades da vida

académica e cotiá.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía que conforman a lingua.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico- Comprender como incide o contorno no desenvolvemento do carácter e dos hábitos dunha

persoa.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en enciclopedias, dicionarios ou en Internet.- Interpretar información presentada mediante mapas.

- Competencia social e cidadá- Cooperar nos traballos colectivos e nos debates establecidos na aula.- Practicar o diálogo como forma de expresar as propias ideas e escoitar as dos demais.- Coñecer o estatus legal e social das distintas linguas do Estado español.- Comprender a información que transmiten os textos literarios acerca do contorno físico e social

no que se producen.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe e a análise textual.- Buscar información e transformala en coñecemento propio.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Ler de maneira reflexiva e crítica e extraer conclusións.- Investigar de maneira autónoma e eficiente sobre os temas propostos.

- Competencia cultural e artística- Valorar o texto literario como manifestación artística e cultura de gran valor.- Redactar textos propios con certa pretensión literaria.- Mostrar unha actitude aberta e comprometida con respecto á diversidade lingüística e cultural

do Estado español.

OBXECTIVOS

- Comprender as características esenciais dun texto dialogado, as súas características lingüísticas e as marcas ortográficas correspondentes.

- Ampliar o vocabulario básico relacionado coa forma de ser.- Expoñer traballos oralmente, con corrección e seguindo uns pasos dados.- Aplicar correctamente os signos de puntuación.- Identificar e clasificar adxectivos, aplicar as regras de concordancia e coñecer os distintos graos

nos que pode aparecer.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 80

- Coñecer as linguas que se falan na Península Ibérica e o estatus de cada unha.- Coñecer as características propias das cantigas de escarnio e maldicir, e comentalas seguindo uns

criterios dados.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

1. Análise de textos: Lectura e comentario dun fragmento da novela policíaca A praia dos afogados (Domingo Villar, ed. Galaxia). O texto dialogado.

2. Lingua: VOCABULARIO: Formas de ser. OBRADOIRO DE LINGUA: A exposición oral. ORTOGRAFÍA: Signos de puntuación: dous puntos, puntos suspensivos, raia. GRAMÁTICA: O adxectivo cualificativo. Clases, xénero e número. Graos do adxectivo e partículas comparativas. LINGUA E SOCIEDADE: As linguas da Península Ibérica.

3. Literatura: A cantiga de escarnio e maldicir. COMENTARIO DE TEXTO: «Quem a sesta quiser dormir». OBRADOIRO DE LITERATURA: Caricaturas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Comenta un texto e analiza as características lingüísticas e as marcas gráficos dun texto dialogado.

2.1. Coñece e aplica o vocabulario que conforma o campo semántico das formas de ser. 2.2. Realiza unha exposición oral sobre un tema dado. 2.3. Aplica correctamente os signos de puntuación: dous puntos, puntos suspensivos e raia. 2.4. Identifica e clasifica adxectivos. 2.5. Aplica as normas de concordancia do adxectivo, escribindo femininos e plurais Boutros

dados. 2.6. Diferencia os graos do adxectivo e aplica correctamente as partículas comparativas. 2.7. Identifica as linguas da Península Ibérica e sabe cal é o seu estatus oficial. 3.1. Recoñece as características propias da cantiga de escarnio e maldicir e comenta un texto

representativo do xénero. 3.2. Recoñece os recursos propios da caricatura.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender de maneira global un texto, oral ou escrito, e realizar o seu comentario.- Aplicar correctamente os signos de puntuación.- Coñecer a diversidade lingüística da Península Ibérica.- Identificar e clasificar adxectivos.- Aplicar as partículas comparativas adecuadas na formación de adxectivos en grao comparativo.- Coñecer as características propias da cantiga de escarnio e maldicir.

METODOLOXÍA

- Fomentar no alumnado o manexo do dicionario e diferentes materiais de consulta.- Escoitar a lectura da unidade no CD-Audio antes de realizar as actividades de comentario

correspondentes, co fin de fomentar a comprensión oral.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 81

- Traballar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: analizar e redactar textos de acordo cunhas pautas; asegurar a correcta

asimilación de conceptos a través dunha práctica continuada; utilizar a Rede para obter información, etc.

- Estimular no alumnado o interese pola poesía e por coñecer as primeiras manifestacións líricas da nosa literatura.

- Traballar os diferentes contidos da unidade a partir de textos próximos aos intereses do alumnado.- Fomentar a busca, análise e interpretación da información a través das TIC.- Insistir na utilidade e importancia de facer esquemas para estudar, para recoñecer a estrutura dun

texto dado, para estruturar un texto propio, etc.- Facer un resumo do trimestre na terceira semana de decembro.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, e Material

complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Valoración dos textos poéticos como medio para desenvolver a sensibilidade estética e estimular a imaxinación.

- Aprecio polo patrimonio literario propio como expresión da identidade colectiva.- Respecto cara aos demais á hora de realizar retratos e caricaturas.- Coidado na planificación e execución dos propios textos, revisión e autocorrección.- Interese por coñecer a diversidade lingüística da Península.- Respecto cara a todas as linguas por igual.

UNIDADE 5

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Comprender e compoñer textos expositivos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que permita ampliar a capacidade expresiva

e comprensiva.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 82

- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía que conforman a lingua.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas.

- Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico- Comprender a íntima interrelación que existe entre as manifestacións culturais dun pobo e o

espazo físico no que se desenvolven.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet, como maneira de ampliar coñecementos.- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica.

- Competencia social e cidadá- Valorar a presenza de determinados textos expositivos nas relacións sociais e profesionais.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe individual e colectiva: esquemas,

táboas e cadros.- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Investigar de maneira autónoma e eficiente para realizar os traballos propostos.- Comprender a importancia que unha boa redacción e organización textual pode ter para a súa

vida académica e profesional.

- Competencia cultural e artística- Mostrar interese por coñecer algúns vestixios prehistóricos da nosa cultura.- Valorar as manifestacións artísticas e interesarse pola súa linguaxe específica.- Valorar as primeiras manifestacións literarias na nosa lingua.- Valorar os caligramas como manifestación literaria e artística.

OBXECTIVOS

- Ler un texto expositivo coa entoación adecuada e facer o seu comentario.- Comprender cales son as características específicas do texto expositivo e poñer exemplos.- Ampliar o vocabulario básico relacionado coas artes.- Coñecer a estrutura dun currículo e a información que debe conter.- Aplicar correctamente os signos de puntuación: comiñas, guion e parénteses.- Coñecer a función dos determinantes e as súas clases.- Coñecer e aplicar correctamente os artigos e os demostrativos.- Coñecer as principais características dos xéneros menores da lírica profana.- Coñecer as principais características da lírica relixiosa galego-portuguesa.- Introducirse lixeiramente na prosa medieval.- Saber que é un caligrama e cales son as técnicas para crealos.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 83

1. Análise de textos: Lectura e comentario dun fragmento de «Os petróglifos galegos» (Antonio de la Peña Santos, ed. A Nosa Terra). O texto expositivo.

2. Lingua: VOCABULARIO: As artes. OBRADOIRO DE LINGUA: O currículum vitae. ORTOGRAFÍA: Signos de puntuación: comiñas, guión e parénteses. GRAMÁTICA: Os determinantes. Clasificación e función. Os artigos e os demostrativos.

3. Literatura: Os xéneros menores da lírica profana medieval. A lírica relixiosa: as Cantigas de Santa María. A prosa medieval. COMENTARIO DE TEXTO: Unha cantiga de Santa María. OBRADOIRO DE LITERATURA: Caligramas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e atención un texto expositivo e coméntao atendendo ás súas características propias.

2.1. Coñece e aplica o vocabulario que conforma o campo semántico das artes. 2.2. Sabe redactar un currículum vitae. 2.3. Aplica correctamente os signos de puntuación: comiñas, guión e parénteses. 2.4. Identifica os determinantes e sabe cal é a súa función. 2.5. Identifica e aplica os artigos e as súas contraccións. 2.6. Identifica e aplica os demostrativos e as súas contraccións. 3.1. Identifica e comenta prantos, tenzóns e pastorelas. 3.2. Identifica e comenta Cantigas de Santa María. 3.3. Coñece algunhas obras da literatura galega medieval en prosa. 3.4. Recoñece a técnica dos caligramas.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender de maneira global un texto, oral ou escrito, e realizar o seu comentario.- Aplicar correctamente os signos de puntuación.- Identificar e clasificar determinantes.- Aplicar correctamente os artigos e os demostrativos.- Coñecer algunhas mostras dos denominados «xéneros menores» da lírica medieval.- Identificar e comentar as Cantigas de Santa María.

METODOLOXÍA

- Fomentar no alumnado o manexo do dicionario e o acceso a diferentes materiais de consulta.- Escoitar a lectura da unidade no CD-Audio antes de realizar as actividades de comentario

correspondentes, co fin de fomentar a comprensión oral.- Chamar a atención sobre a diferenza entre determinantes e adxectivos determinativos. Precisar

que os segundos son clases de palabras ou categorías gramaticais, mentres que o termo determinante alude á función que desenvolven dentro da frase, función que comparten cos artigos.

- Traballar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: facer esquemas, cadros e resumos, afianzar os conceptos mediante a

práctica continuada, consultar manuais de apoio, etc.- Estimular no alumnado o interese pola poesía e por coñecer as primeiras manifestacións líricas da

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 84

nosa literatura.- Fomentar a busca, análise e interpretación da información a través das TIC.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, e Material

complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Valoración da lectura como fonte de información e coñecemento do mundo que nos rodea.- Coidado na planificación e execución dos propios textos, revisión e autocorrección.- Actitude reflexiva e esixente no uso da lingua.- Aprecio polo patrimonio literario propio como expresión lingüística da identidade histórica e

colectiva.- Respecto cara as producións literarias do resto dos compañeiros e compañeiras.- Recoñecemento dos valores culturais e tradicionais que se recollen nos distintos tipos de textos

poéticos, dependendo da época histórica no que foran escritos.- Valoración da capacidade expresiva de determinados recurso e técnicas poéticas.

UNIDADE 6

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Comprender e comentar textos poéticos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía que conforman a lingua.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas.

- Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico- Mostrar interese por coñecer e dominar o vocabulario que designa os elementos propios da

noso contorno natural.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios, enciclopedias e Internet como modo de solucionar dúbidas

e ampliar coñecementos.- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 85

- Competencia social e cidadá- Mostrar interese por coñecer o significado de determinadas abreviaturas e símbolos presentes

nos distintos medios da nosa vida social.- Recoñecer a incidencia da historia, da sociedade e do recoñecemento da lingua na súa

produción literaria.- Valorar o labor de determinados homes e mulleres realizado a prol da igualdade e

recoñecemento da nosa lingua.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe individual e colectiva.- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Expresar os seus propios pensamentos e experiencias vitais.- Comprender que as vivencias de cada época da vida marcan o noso desenvolvemento

emocional e persoal.

- Competencia cultural e artística- Valorar o carácter expresivo da poesía e entendela como reflexo dunha sensibilidade individual

ou colectiva.- Mostrar curiosidade por coñecer a evolución histórica da nosa lingua e da nosa literatura.

OBXECTIVOS

- Ler un texto poético e facer o seu comentario.- Comprender cales son as características específicas do texto poético e identificar algúns recursos

semánticos, morfosintácticos e fónicos.- Ampliar o vocabulario básico relacionado coas árbores, os froitos e as flores.- Saber como se define unha palabra segundo a categoría gramatical á que pertenza.- Recoñecer e aplicar correctamente os posesivos, os numerais, os indefinidos e os interrogativos e

exclamativos, tanto na súa función de determinante como pronominal.- Coñecer a situación e a evolución do galego na Idade Moderna.- Coñecer a situación da nosa literatura entre os séculos XV e XVIII e saber cales foron os seus

representantes máis sobranceiros.- Crear poemas a partir duns recursos e temas dados.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

1. Análise de textos: Lectura e comentario do soneto «Primeiro amor, primeira morte» (Antón Avilés de Taramancos). O texto poético. Recursos semánticos, morfosintácticas e fónicos.

2. Lingua: VOCABULARIO: Árbores, froitos e flores. OBRADOIRO DE LINGUA: A definición de palabras. ORTOGRAFÍA: Abreviaturas e símbolos. GRAMÁTICA: Os posesivos, os numerais, os indefinidos e os interrogativos e exclamativos. LINGUA E SOCIEDADE: O galego na Idade Moderna.

3. Literatura: A literatura entre os séculos XV e XVIII. O padre Feixoo e o padre Sarmiento. COMENTARIO DE TEXTO: «Pranto da Frouxeira». OBRADOIRO DE LITERATURA: Poemas.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 86

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Recoñece as características propias do texto poético e identifica algúns recursos semánticos, morfosintácticos e fónicos.

2.1. Coñece e aplica o vocabulario que conforma o campo semántico das árbores, os froitos e as flores.

2.2. Sabe definir palabras segundo a categoría gramatical á que pertenzan. 2.3. Recoñece e interpreta abreviaturas e símbolos. 2.4. Identifica e aplica os posesivos. 2.5. Identifica e aplica os numerais. 2.6. Identifica e aplica os indefinidos. 2.7. Identifica e aplica os interrogativos e exclamativos. 2.8. Coñece cal era a situación e o estatus do galego na Idade Moderna, entre os sécalos XV e

XVIII. 3.1. Coñece a situación da literatura galega nos chamados «Séculos Escuros» e coñece algunhas

mostras literarias conservadas, así como as principais figuras dese período. 3.2. Compón poemas seguindo uns criterios dados.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender de maneira global un texto poético e realizar o seu comentario.- Interpretar abreviaturas e símbolos.- Identificar e utilizar correctamente os posesivos, os numerais, os indefinidos, os interrogativos e

os exclamativos.- Coñecer a situación do galego na Idade Moderna.- Coñecer a situación da literatura galega nos chamados «Séculos Escuros» e saber quen foron os

principais representantes da literatura galega ilustrada.

METODOLOXÍA

- Fomentar no alumnado o manexo do dicionario e o acceso a diferentes materiais de consulta.- Escoitar a lectura da unidade no CD-Audio antes de realizar as actividades de comentario

correspondentes, co fin de fomentar a comprensión oral.- Traballar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: facer esquemas, cadros e resumos, afianzar os conceptos mediante a

práctica continuada, consultar manuais de apoio, etc.- Estimular no alumnado o interese pola poesía e por compoñer e recitar os seus propios poemas.- Crear na aula un ambiente distendido, imprescindible para que alumnos e alumnas participen de

maneira activa nas recitacións e nas actividades de carácter oral.- Fomentar a busca, análise e interpretación da información a través das TIC.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 87

- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.

- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, e Material

complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Coidado na planificación e execución dos propios textos, revisión e autocorrección.- Actitude reflexiva e esixente no uso da lingua.- Aprecio polo patrimonio literario propio como expresión lingüística da identidade histórica e

colectiva.- Valoración da capacidade expresiva da poesía.- Valoración do labor desenvolvido polos intelectuais doutras épocas para dignificar a lingua galega

e devolverlle o prestixio perdido.

UNIDADE 7

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Comprender, compoñer e comentar un texto teatral.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que permita ampliar a capacidade expresiva

e comprensiva.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía que conforman a lingua.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas.

- Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico- Comprender a íntima interrelación que existe entre as manifestacións culturais dun pobo e o

espazo físico no que se desenvolven.

- Competencia matemática- Aplicar o razoamento dedutivo na resolución de xogos e actividades.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios, enciclopedias e Internet.

- Competencia social e cidadá- Interesarse por coñecer o significado de determinadas siglas frecuentes no contorno.- Valorar o uso adecuado da lingua como medio para acadar, mediante a argumentación,

determinados obxectivos da vida cotiá.- Valorar o labor realizado por determinados homes e mulleres a prol da igualdade e

recoñecemento da nosa lingua.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe individual e colectiva.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 88

- Aplicar os coñecementos adquiridos en diferentes contextos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Esforzarse por realizar os traballos propostos de maneira autónoma e responsable.- Organizar as súas tarefas e colaborar nas actividades de grupo.

- Competencia cultural e artística- Valorar os textos dramáticos como manifestación artística e cultural.- Mostrar curiosidade por coñecer a evolución histórica da nosa lingua e literatura.- Valorar os autores clásicos como referentes do noso patrimonio literario.

OBXECTIVOS

- Ler un texto teatral coa entoación adecuada e facer o seu comentario.- Coñecer as características propias do texto teatral e identificar os subxéneros dramáticos.- Ampliar o vocabulario básico relacionado co teatro e outros espectáculos.- Coñecer a estrutura dunha instancia ou solicitude e a información que debe recoller.- Identificar e interpretar siglas e acrónimos de uso frecuente.- Identificar o pronome persoal e as súas formas, diferenciar formas tónicas e átonas e utilizar

correctamente as formas átonas.- Coñecer a situación da lingua galega no século XIX e comprender como foi recuperándose tras

séculos de decadencia.- Comprender a situación da literatura galega no século XIX e coñecer algúns precursores do

Rexurdimento.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

1. Análise de textos: Lectura e comentario dun fragmento de O achado do castro (Manuel Núñez Singala, ed. Sotelo Branco). O texto dramático. Os subxéneros teatrais.

2. Lingua: VOCABULARIO: O teatro e outros espectáculos. OBRADOIRO DE LINGUA: A instancia ou solicitude. ORTOGRAFÍA: Siglas e acrónimos. GRAMÁTICA: O pronome persoal. Formas tónicas e formas átonas. Colocación das formas átonas. Formas contractas. LINGUA E SOCIEDADE: O galego no século XIX. Ortografía do galego no século XIX.

3. Literatura: O século XIX: os Precursores do Rexurdimento. A consolidación do Rexurdimento. COMENTARIO DE TEXTO: «A Galicia», de Francisco añón. OBRADOIRO DE LITERATURA: A dramatización.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e atención un texto dramático e recoñece nel as características propias do xénero e clasifícao atendendo aos subxéneros teatrais.

2.1. Coñece e aplica o vocabulario que conforma o campo semántico do teatro e outros espectáculos.

2.2. Coñece a estrutura dunha instancia ou solicitude e a información que debe recoller. 2.3. Interpreta correctamente siglas e acrónimos de uso frecuente. 2.4. Identifica os pronomes persoais e discrimina entre tónicos e átonos.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 89

2.5. Coñece as distintas formas tónicas, recoñece a súa función e aplícaas correctamente en diferentes contextos.

2.6. Coñece as formas átonas do pronome persoal e as súas contraccións, recoñece a súa función e colócaas de maneira adecuada.

2.7. Coñece a situación da lingua galega no século XIX e recoñece os trazos propios da ortografía decimonónica.

3.1. Comenta a situación da literatura galega no século XIX e coñece os precursores do Rexurdimento.

3.2. Sabe que foi o Rexurdimento e recoñece os seus autores máis emblemáticos, ademais dalgúns outros secundarios.

3.3. Intervén na dramatización dun texto.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender de maneira global un texto, oral ou escrito, e realizar o seu comentario.- Interpretar correctamente siglas e acrónimos de uso frecuente.- Identificar os pronomes persoais e diferenciar formas tónicas e átonas.- Aplicar correctamente as formas tónicas do pronome persoal.- Coñecer algúns dos precursores máis representativos do Rexurdimento.- Identificar os autores máis emblemáticos do Rexurdimento.

METODOLOXÍA

- Fomentar no alumnado o manexo do dicionario e diferentes materiais de consulta.- Escoitar a lectura da unidade no CD-Audio antes de realizar as actividades de comentario

correspondentes, co fin de fomentar a comprensión oral.- Traballar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: analizar e redactar textos de acordo cunhas pautas; asegurar a correcta

asimilación de conceptos a través dunha práctica continuada; utilizar a Rede para obter información, etc.

- Estimular no alumnado o interese polo teatro e o gusto polas dramatizacións.- Fomentar o espírito participativo na aula, nas actividades de carácter colectivo.- Traballar os diferentes contidos da unidade a partir de textos próximos aos intereses do alumnado.- Libro do alumno, dicionarios.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, e Material

complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 90

- Coidado na planificación e execución dos propios textos, revisión e autocorrección.- Interese por coñecer a orixe e evolución histórica do galego.- Actitude reflexiva e esixente no uso da lingua.- Valoración dos textos dramáticos e das representacións teatrais como fonte de pracer e

divertimento.- Actitude reflexiva e esixente no correcto uso da lingua da lingua.- Aprecio polo patrimonio literario propio como expresión lingüística da identidade histórica e

colectiva.- Actitude participativa nas actividades comúns de aula e nas dramatizacións.

UNIDADE 8

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Comprender e empregar distintos tipos de textos segundo a intención comunicativa.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas.

- Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico- Comprender a íntima interrelación que existe entre as manifestacións culturais dun pobo e o

espazo físico no que se desenvolven.- Analizar e valorar a presenza idílica da paisaxe galega na literatura.

- Competencia matemática- Aplicar os coñecementos de creación e interpretación de gráficos e táboas.- Aplicar o razoamento dedutivo na resolución de xogos e actividades.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Busca información en dicionarios e en Internet.- Analizar de maneira reflexiva a información proporcionada en soportes tecnolóxicos.- Analizar novos termos derivados da incorporación da novas tecnoloxías á nosa vida.

- Competencia social e cidadá- Recoñecer o papel das actuais redes sociais nas relacións interpersoais.- Interesarse por comprender a situación dos diferentes colectivos sociais noutra época e por

analizar como se reflicten os problemas sociais na literatura.

- Competencia para aprender a aprender- Mostrar interese pola correcta realización dos traballos de investigación propostos.- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe individual e colectiva.- Incorporar de maneira eficaz os coñecementos adquiridos e saber aplicalos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Analizar de maneira crítica as inxustizas sociais reflectidas nos textos poéticos.- Expresar os seus propios pensamentos e ideas de maneira reflexiva e tolerante.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 91

- Competencia cultural e artística- Mostrar curiosidade por coñecer a evolución histórica da nosa lingua e literatura.- Valorar os autores clásicos como referentes do noso patrimonio literario.

OBXECTIVOS

- Ler e comentar textos presentados en soportes dixitais.- Coñecer as características propias das tecnoloxías da información e comunicación e analizar a

linguaxe específica das SMS.- Ampliar o vocabulario básico relacionado coas novas tecnoloxías e o universo virtual.- Interpretar información presentada mediante gráficos e elaborar gráficos e táboas.- Aplicar correctamente as grafías b e v.- Identificar o verbo e descompoñer formas verbais nos seus elementos, indicando o valor que

achegan as diferentes desinencias.- Conxugar as formas verbais dos verbos regulares e con variacións.- Coñecer e aplicar correctamente as formas verbais dos verbos irregulares.- Coñecer as principais contribucións de Rosalía de Castro á literatura e á vida cultural galegas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

1. Análise de textos: Visionado e comentario de diferentes páxinas web en galego. Análise das características e a linguaxe propia dos textos presentados en soporte dixital.

2. Lingua: VOCABULARIO: Informática e universo virtual. OBRADOIRO DE LINGUA: Lectura e interpretación de gráficos. ORTOGRAFÍA: Uso de b e v. GRAMÁTICA: O verbo e a súa estrutura. Verbos regulares e con variación. Verbos irregulares.

3. Literatura: Rosalía de Castro. COMENTARIO DE TEXTO: «Adiós ríos, adiós fontes». OBRADOIRO DE LITERATURA: O recitado de poemas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Analiza e comenta diferentes páxinas web e textos de diversa tipoloxía presentados en soporte dixital.

2.1. Coñece e aplica o vocabulario que conforma o campo semántico da informática e o universo virtual.

2.2. Interpreta a información proporcionada mediante gráficos e elabora gráficos. 2.3. Emprega correctamente as grafías b e v. 2.4. Analiza o lexema e as desinencias dunha forma verbal e indica os valores que estas achegan. 2.5. Coñece e utiliza correctamente as formas verbais dos verbos regulares e con alternancia

vocálica. 2.6. Coñece e utiliza correctamente as formas verbais dos verbos irregulares. 3.1. Coñece a contribución de Rosalía de Castro á vida cultural e literaria galega e comenta algún

dos seus poemas.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 92

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Analizar un texto presentado en formato dixital.- Empregar correctamente as grafías b e v.- Descompoñer unha forma verbal en lexema e desinencias.- Saber conxugar os verbos regulares e con alternancia.- Saber conxugar os verbos irregulares.- Coñecer a contribución de Rosalía de Castro á vida cultural e á literatura galegas.

METODOLOXÍA

- Fomentar no alumnado o interese por comprender e analizar a linguaxe propia das novas tecnoloxías.

- Traballar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: analizar e redactar textos de acordo cunhas pautas; asegurar a correcta

asimilación de conceptos a través dunha práctica continuada; utilizar a Rede para obter información, etc.

- Estimular no alumnado o interese pola poesía.- Crear na aula o ambiente adecuado para que o alumnado se sinta desinhibido á hora de participar

en actividades orais e no recitado de poemas.- Traballar os diferentes contidos da unidade a partir de textos próximos aos intereses do alumnado.- Fomentar a busca, análise e interpretación da información a través das TIC.- Revisar os contidos traballados ao longo do trimestre.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, e Material

complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Recoñecemento das vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías.- Curiosidade por coñecer a linguaxe específica das SMS.- Sensibilidade cara á poesía como un tipo especial de comunicación.- Valoración do feito literario como medio para dignificar unha lingua e defender o seu valor como

medio de expresión literaria.- Valoración da literatura como medio para loitar contra as inxustizas e problemas que sofre un

pobo.- Coidado na planificación e execución dos propios textos, revisión e autocorrección.- Coidado para evitar interferencias do castelán á hora de aplicar as grafías b e v.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 93

UNIDADE 9

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Comprender e comentar diferentes textos periodísticos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado para ampliar a capacidade expresiva.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas.

- Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico- Comprender a importancia do medio no desenvolvemento dos acontecementos e mesmo na

interpretación da realidade en cada época.

- Competencia matemática- Aplicar o razoamento dedutivo na resolución de xogos e actividades.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Recoñecer o avance das novas tecnoloxías e a súa implicación na vida cotiá.

- Competencia social e cidadá- Recoñecer o labor informativo dos medios de comunicación e a súa repercusión na sociedade.- Analizar as repercusións da implantación das novas tecnoloxías en determinados

comportamentos individuais e sociais.- Valorar os avances científicos e a súa repercusión en diferentes ámbitos da vida.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe individual e colectiva.- Aplicar os coñecementos adquiridos noutros contextos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Analizar os textos periodísticos de maneira independente, reflexiva e crítica.- Esforzarse por analizar as inxustizas sociais que se reflicten en determinados textos.- Levar a cabo con responsabilidade proxectos individuais ou colectivos.

- Competencia cultural e artística- Valorar os autores clásicos como referentes do noso patrimonio literario.- Valorar o carácter de denuncia social que pode adquirir a poesía.- Analizar obras, autores e textos.- Redactar textos propios con certa pretensión literaria.

OBXECTIVOS

- Recoñecer os principais elementos do xornal e diferenciar os xéneros periodísticos.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 94

- Ampliar o vocabulario básico relacionado coa prensa.- Reescribir textos a partir duns criterios dados.- Escribir correctamente palabras con e sen h.- Identificar as formas nominais do verbo e saber os valores e a función que poden adoptar o

infinitivo, o xerundio e o participio.- Saber utilizar o infinitivo conxugado.- Identificar e utilizar correctamente perífrases verbais e saber clasificalas.- Coñecer a contribución de Curros Enríquez á literatura e á vida cultural galegas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

1. Análise de textos: Lectura e comentario dun texto periodístico. Os medios de comunicación: funcións e xéneros.

2. Lingua: VOCABULARIO: A prensa. OBRADOIRO DE LINGUA: Reelaboración de textos. ORTOGRAFÍA: Uso de h. GRAMÁTICA: Formas nominais dos verbos. O infinitivo conxugado. Perífrases verbais.

3. Literatura: Curros Enríquez. COMENTARIO DE TEXTO: «Velaí vén, velái vén cantando» (A chegada a Ourense da primeira locomotora). OBRADOIRO DE LITERATURA: Coplas para os maios.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e atención un texto periodístico e coméntao seguindo uns criterios dados. 1.2. Coñece as funcións da prensa e identifica os xéneros periodísticos. 2.1. Coñece e aplica o vocabulario que conforma o campo semántico da prensa. 2.2. Reelabora textos a partir de certos criterios dados. 2.3. Escribe correctamente palabras con e sen h. 2.4. Identifica e analiza as formas nominais dos verbos. 2.5. Utiliza correctamente o infinitivo conxugado. 2.6. Identifica e utiliza correctamente as perífrases verbais e sabe clasificalas segundo o valor que

acheguen. 3.1. Coñece a contribución de Curros Enríquez á cultura e á literatura galegas. 3.2. Analiza e compón coplas de maios.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender de maneira global un texto, oral ou escrito, e realizar o seu comentario.- Analizar un texto periodístico.- Escribir correctamente palabras con e sen h.- Identificar e analizar as formas nominais dos verbos.- Utilizar correctamente o infinitivo conxugado.- Identificar e aplicar correctamente perífrases verbais.- Coñecer a contribución de Curros Enríquez á literatura galega e comentar un texto seu.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 95

METODOLOXÍA

- Fomentar nos rapaces e rapazas o interese por coñecer as noticias de actualidade, así como o espírito crítico necesario para interpretalas.

- Traballar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: analizar e redactar textos de acordo cunhas pautas; asegurar a correcta

asimilación de conceptos a través dunha práctica continuada; utilizar a Rede para obter información, etc.

- Estimular no alumnado o interese pola poesía e motivalos para que interpreten de maneira reflexiva os aspectos sociais reflectidos nos textos.

- Fomentar a busca, análise e interpretación da información a través das TIC.- Estimular no alumnado o interese por coñecer o legado dos autores máis representativos da nosa

literatura.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, e Material

complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Interese pola lectura como fonte de información e coñecemento.- Lectura crítica e reflexiva dos textos periodísticos.- Interese e esforzo por evitar interferencias do castelán no uso do h.- Sensibilidade cara á creación poética como un tipo especial de comunicación entre os seres

humanos.- Aprecio polo patrimonio literario propio como expresión lingüística de identidade colectiva e de

cultura privilexiada.- Recoñecemento da importancia do traballo no desenvolvemento da sociedade.

UNIDADE 10

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Comprender e comentar textos periodísticos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que permita ampliar a capacidade expresiva

e comprensiva.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 96

- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas.

- Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico- Valorar o labor de defensa e protección do noso contorno levado a cabo por diferentes

colectivos e recoñecer a incidencia da actuación individual no medio.- Interesarse por coñecer os termos que designan os elementos da nosa paisaxe.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.- Interpretar información presentada en formato gráfico ou visual.

- Competencia social e cidadá- Valorar o labor de denuncia que poden asumir os medios de comunicación.- Comprender a importancia de utilizar con corrección calquera lingua, evitando interferencias

lingüísticas.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de traballo que posibilitan a aprendizaxe individual e colectiva.- Aplicar noutros contextos os coñecementos adquiridos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Analiar os textos periodísticos de maneira independente, reflexiva e crítica.- Levar a cabo con responsabilidade proxectos individuais ou colectivos.

- Competencia cultural e artística- Valorar os autores clásicos como modelo de manifestacións literarias posteriores.- Analizar obras, autores e textos.- Comprender que unha lingua é moito máis ca un sistema de comunicación e valorala como

manifestación do espírito dun pobo.- Redactar textos propios con certa pretensión literaria.

OBXECTIVOS

- Ler diferentes tipos de textos, literarios ou non, e facer o seu comentario.- Analizar a estrutura e as partes dunha noticia.- Ampliar o vocabulario básico relacionado coa paisaxe natural.- Interpretar e analizar mensaxes visuais: sinais, iconos e carteis.- Escribir correctamente palabras con s e con x.- Identificar, clasificar e analizar adverbios e locucións adverbiais.- Saber que son as interferencias lingüísticas e por que se producen.- Identificar castelanismos e clasificalos en fonéticos, ortográficos, morfosintácticos, léxicos ou

semánticos.- Coñecer as principais contribucións de Eduardo Pondal á literatura e á vida cultural galegas.- Crear contos a partir de palabras ou imaxes dadas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 97

1. Análise de textos: Lectura e comentario dunha noticia de prensa. A noticia e a súa estrutura. 2. Lingua: VOCABULARIO: A paisaxe natural. OBRADOIRO DE LINGUA: As mensaxes visuais.

ORTOGRAFÍA: Uso do s e x. GRAMÁTICA: Adverbios e locucións adverbiais. LINGUA E SOCIEDADE: As interferencias lingüísticas: castelanismos fonéticos, ortográficos, morfosintácticos, léxicos e semánticos.

3. Literatura: Eduardo Pondal. COMENTARIO DE TEXTO: «Os pinos». OBRADOIRO DE LITERATURA: Creación de contos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Analiza unha noticia e identifica a súa estrutura. 2.1. Coñece e aplica o vocabulario que conforma o campo semántico da paisaxe natural. 2.2. Analiza e interpreta mensaxes visuais. 2.3. Escribe correctamente palabras con s e con x. 2.4. Identifica, clasifica e analiza adverbios e locucións adverbiais. 2.5. Recoñece, clasifica e corrixe castelanismos. 3.1. Coñece as principais contribucións de Eduardo Pondal á literatura galega. 3.2. Crea contos a partir de imaxes ou palabras.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender de maneira global un texto, oral ou escrito, e realizar o seu comentario.- Analizar unha noticia e recoñecer a súa estrutura piramidal.- Escribir correctamente palabras con s e con x.- Identificar e clasificar adverbios e locucións adverbiais.- Recoñecer e corrixir castelanismos.- Coñecer as principais contribucións de Eduardo Pondal á literatura galega.

METODOLOXÍA

- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fomentar nos rapaces e rapazas o interese polas noticias de actualidade, así como o espírito

crítico necesario para interpretalas.- Fomentar no alumnado o manexo do dicionario e o acceso a diferentes materiais de consulta.- Fixar hábitos de traballo: analizar e redactar textos de acordo cunhas pautas; asegurar a correcta

asimilación de conceptos a través dunha práctica continuada; utilizar a Rede para obter información, etc.

- Estimular no alumnado o interese por algúns autores da nosa literatura.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- CD-Audio coas lecturas iniciais.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, e Material

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 98

complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Actitude crítica ante as mensaxes da prensa, diferenciando entre opinión e información.- Valoración da literatura como vehículo para defender os sinais de identidade dun pobo.- Sensibilidade cara á poesía e a música como tipos especiais de comunicación entre os seres

humanos.- Esforzo e interese para evitar os castelanismos.- Coidado na planificación e execución dos propios textos, revisión e autocorrección.

UNIDADE 11

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Comprender, compoñer e compoñer diferentes textos periodísticos.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado para mellorar a expresión.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico- Interesarse por coñecer a orixe e o significado dos topónimos que designan a súa realidade

espacial máis próxima.

- Competencia matemática- Aplicar o razoamento dedutivo na resolución de xogos e actividades.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en enciclopedias, dicionarios ou en Internet como maneira de ampliar

coñecementos.

- Competencia social e cidadá- Recoñecer o labor informativo dos medios de comunicación e a súa repercusión na sociedade.- Recoñecer a importancia da carta e do correo electrónico nas relacións persoais.- Valorar o papel de denuncia social que pode ter a literatura.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe e a análise textual: parágrafos, táboas e

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 99

cadros.- Aplicar noutros contextos os coñecementos adquiridos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Interesarse por coñecerse mellor a si mesmo e as persoas que o rodean.- Analizar de maneira crítica e reflexiva a realidade social reflectida en determinados textos

literarios.

- Competencia cultural e artística- Valorar os autores clásicos como modelo de manifestacións literarias posteriores.- Analizar obras, autores e textos.- Redactar textos propios con certa pretensión literaria.

OBXECTIVOS

- Ler un texto periodístico de maneira comprensiva e facer o seu comentario.- Coñecer as características e as fases propias da elaboración dunha entrevista.- Identificar, clasificar e analizar a orixe de determinados topónimos e relacionalos cos seus

xentilicios.- Analizar as características e a estrutura da carta e do correo electrónico.- Escribir correctamente palabras con l e ll e con n e ñ.- Identificar as preposicións e locucións preposicionais e recoñecer a súa función.- Coñecer o panorama da narrativa no século XIX e saber cales son os principias representantes da

novela e do conto.- Escribir un conto a partir dunhas pautas dadas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

1. Análise de textos: Lectura e comentario de dúas entrevistas periodísticas. A entrevista: características e fases na súa elaboración.

2. Lingua: VOCABULARIO: Os topónimos. OBRADOIRO DE LINGUA: A carta e o correo electrónico. ORTOGRAFÍA: Palabras con l/ll e n/ñ. GRAMÁTICA: Preposicións e locucións preposicionais. A frase preposicional.

3. Literatura: A narrativa do século XIX. Principais representantes da novela. Principais representantes do conto literario. COMENTARIO DE TEXTO: fragmento de O catecismo do labrego. OBRADOIRO DE LITERATURA: Redacción de contos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Analiza as características da entrevista, asimilala ao xénero periodístico correspondente e recoñecer as fases da súa elaboración.

2.1. Identifica e analiza topónimos e clasifícaos segundo a súa orixe. 2.2. Relaciona topónimos dados cos xentilicios correspondentes. 2.3. Coñece a estrutura da carta e do correo electrónico e analiza as súas similitudes e diferenzas. 2.4. Escribe correctamente palabras con l e con ll.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 100

2.5. Escribe correctamente palabras con n e con ñ. 2.6. Identifica e utiliza correctamente preposicións e locucións preposicionais e identifica a súa

función na frase. 2.7. Analiza unha frase preposicional. 3.1. Coñece o panorama da narrativa galega no século XIX e recoñece algúns dos seus máximos

representantes. 3.2. Escribe contos seguindo unhas pautas dadas.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender de maneira global un texto, oral ou escrito, e realizar o seu comentario.- Coñecer as fases necesarias na elaboración dunha entrevista.- Recoñecer e clasificar topónimos.- Establecer a relación correcta entre topónimos dados e os seus xentilicios correspondentes.- Escribir correctamente palabras con l e con ll.- Escribir correctamente palabras con n e con ñ.- Identificar preposicións e locucións preposicionais e utilizalas correctamente.- Coñecer o panorama da narrativa galega no século XIX e recoñecer algúns dos seus máximos

representantes.

METODOLOXÍA

- Fomentar no alumnado o manexo do dicionario e o acceso a diferentes materiais de consulta.- Fixar hábitos de traballo: analizar e redactar textos de acordo cunhas pautas; asegurar a correcta

asimilación de conceptos a través dunha práctica continuada; utilizar a Rede para obter información, etc.

- Traballar os diferentes contidos da unidade a partir de textos próximos aos intereses do alumnado e ao seu contorno.

- Fomentar a busca, análise e interpretación da información a través das TIC.- Motivar os alumnos e as alumnas para que se esforcen en crear os seus propios textos con certa

pretención literaria.- Fomentar o interese por coñecer os autores máis representativos da nosa literatura.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- Dicionarios de toponimia.- Ordenadores e material diverso presentado en formato dixital.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, e Material

complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 101

- Actitude crítica ante as mensaxes da prensa, diferenciando entre opinión e información.- Curiosidade por coñecer a orixe dos topónimos próximos ao seu contorno.- Valoración da literatura como instrumento de protesta social.- Defensa do ser humano por riba de calquera concepción ou clasificación socioeconómica.- Coidado na elaboración dos propios textos e interese por detectar e evitar castelanismos.

UNIDADE 12

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO

- Competencia en comunicación lingüística- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que

recibimos do noso contorno.- Comprender, compoñer e empregar distintos tipos de textos segundo a intención comunicativa

ou creativa.- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que permita ampliar a capacidade expresiva

e comprensiva.- Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía que conforman a lingua.- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia matemática- Aplica o razoamento dedutivo na resolución de xogos e actividades.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital- Buscar información en dicionarios e en Internet, como maneira de ampliar coñecementos.- Reflexionar acerca da incorporación da prensa á implantación das novas tecnoloxías e analizar

as vantaxes que ofrece.- Consultar información a través de periódicos e revistas dixitais.

- Competencia social e cidadá- Valorar a importancia da sección xornalística Cartas ao director, que permite a difusión de

problemas, denuncias, etc. de carácter individual.

- Competencia para aprender a aprender- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe e a análise textual.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal- Analizar de maneira crítica e reflexiva a realidade social reflectida en determinados textos

literarios.- Participar nas actividades de grupo de maneira activa e desinhibida.

- Competencia cultural e artística- Valorar os autores clásicos como modelo de manifestacións literarias posteriores.- Analizar obras, autores e textos.- Redactar textos propios con certa pretensión literaria.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 102

OBXECTIVOS

- Recoñecer as características da prensa dixital e coñecer algunhas publicacións.- Coñecer o vocabulario básico que conforma o campo semántico dos xogos.- Coñecer a estrutura e función das Cartas ao director.- Utilizar correctamente algúns grupos consonánticos cultos.- Identificar as conxuncións e as locucións conxuntivas, clasificalas e recoñecer a súa función.- Recoñecer as interxeccións.- Coñecer o panorama do teatro galego no século XIX e identificar algúns dos seus autores e obras

máis representativos.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

1. Análise de textos: Lectura dun texto periodístico en formato dixital. Características da prensa dixital.

2. Lingua: VOCABULARIO: Xogos de onte e de hoxe. OBRADOIRO DE LINGUA: As cartas ao director. ORTOGRAFÍA: Grupos consonánticos: -cc-, -ct- e bl, pl, cl, fl, gl. GRAMÁTICA: As conxuncións e as locucións conxuntivas. As interxeccións.

3. Literatura: O teatro no século XIX. Autores e obras. COMENTARIO DE TEXTO: A fonte do xuramento. OBRADOIRO DE LITERATURA: Narración de contos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Recoñece as características propias da prensa dixital e coñece algunhas publicacións. 2.1. Coñece e aplica o vocabulario que conforma o campo semántico dos xogos. 2.2. Recoñece unha carta ao director e analiza a súa estrutura. 2.3. Utiliza correctamente os grupos consonánticos -cc- e -ct- segundo o contexto no que

aparezan. 2.4. Utiliza correctamente os grupos consonánticos bl, pl, cl, fl, gl. 2.5. Identifica e clasifica conxuncións e locucións conxuntivas segundo a función que

desempeñen dentro da frase ou da oración. 2.6. Recoñece e utiliza interxeccións segundo a situación comunicativa. 3.1. Coñece a situación do xénero teatral galego no século XIX e identifica algúns autores e obras

representativos. 3.2. Conta e escenifica contos.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS

- Comprender de maneira global un texto, oral ou escrito, e realizar o seu comentario.- Enfrontarse a un texto presentado en formato dixital de maneira madura e interpretar tanto a

información que proporciona como os recursos que emprega.- Utilizar correctamente os grupos consonánticos estudados.- Identificar conxuncións e locucións conxuntivas, clasificalas e recoñecer a función que

desempeñan.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 103

- Identificar interxeccións e utilizalas adecuadamente segundo a situación comunicativa dada.- Coñecer a situación do xénero teatral galego no século XIX e identificar algúns autores e obras

representativos.

METODOLOXÍA

- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: recompilar os esquemas feitos ao longo do curso para ter unha visión de

conxunto do que se estudou, facer análises sintácticas, usar o diccionario e a gramática, practicar o comentario de textos, ler e escribir para afianzar a correcta ortografía, utilizar a Rede para obter e manexar información, elaborar fichas, etc.

- Espertar nos alumnos e alumnas o interese por coñecer algúns autores representativos da nosa literatura.

- Traballar os diferentes contidos da unidade a partir de textos próximos aos intereses do alumnado.- Fomentar a busca, análise e interpretación da información a través das TIC.- Crear na aula o ambiente adecuado para que os alumnos e as alumnas se animen a narrar os seus

propios contos.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionarios.- Ordenadores e recursos informáticos para traballar con textos diversos presentados en formato

dixital.- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión

escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, e Material

complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Coidado na planificación e execución dos propios textos, revisión e autocorrección.- Actitude reflexiva e esixente no uso da lingua.- Curiosidade por coñecer e utilizar as novas tecnoloxías.- Curiosidade por coñecer os xoguetes máis antigos e por analizar de maneira reflexiva e madura a

súa utilidade lúdica e pedagóxica.- Valoración do feito literario como produto lingüístico, estético e sociocultural dunha época.

5. 2. CONTIDOS MÍNIMOS

- Análise e comprensión de textos propios dos medios de comunicación audiovisual (entrevista,

noticia, crónica, reportaxe), e actitude reflexiva e crítica ante súas mensaxes, valorando as

producións orais emitidas cunha fonética galega correcta.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 104

- Interese por producir enunciados correctos, tanto orais como escritos.

- Composición de textos de todo tipo, en soporte papel e dixital.

- Uso das TIC para elaborar textos escritos aproveitando as posibilidades dos procesadores de

textos, correctores ortográficos, etc.

- Produción e revisión de textos tendo en conta os mecanismos de cohesión textual, de

formación de palabras, o uso dun léxico amplo, con incorporación de fraseoloxía, de perífrases

verbais, e unha puntuación adecuada.

- Coñecemento xeral da formación da lingua galega nas distintas etapas e comprensión da

situación sociolingüística galega, concienciándose do enriquecemento persoal e colectivo do uso

normalizado da lingua galega.

- Lecturas que estimulen o hábito e pracer lector. Lectura expresiva e comprensiva; audicións e

visionamento de textos da literatura popular e dos tres xéneros literarios: lírica, narrativa e teatro

galegos anteriores ao século XX.

- Coñecemento das características das principais etapas da literatura galega, así como os

xéneros, autores e autoras e as súas obras máis representativas anteriores ao século XX.

- Creación de textos de intención literaria partindo das características dos traballados na aula.

- Demostración de ter lido os libros de lectura obrigatorios.

6. CUARTO CURSO

6.1. OBXECTIVOS, CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E COMPETENCIAS DE CADA UNIDADE

4º da ESO é o final do camiño polo que o alumnado transita ao longo do Ensino Secundario

Obrigatorio para acadar unha serie de obxectivos xerais imprescindíbles para a adquisición dos

elementos básicos da cultura e para a súa capacitación tanto para o acceso a estudos posteriores

como para a inserción na vida laboral. Eses obxectivos concrétanse e resúmense nos seguintes:

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 105

– A asunción por parte do alumnado dos seus deberes e dereitos, tendo como referentes os

valores do diálogo, a tolerancia, a cooperación e a solidariedade, e coa finalidade de que

cheguen ao exercicio responsable da cidadanía democrática.

– O desenvolvemento e consolidación de hábitos de estudo individuais e en equipo.

– A capacidade de respectar a igualdade de dereitos, a partir do recoñecemento da diferenza

entre sexos, así como a vontade de rexeitar os estereotipos e calquera tipo de discriminación

sexista, racista, clasista, etc. Para isto promoverase o coñecemento e aceptación do corpo, o

afianzamento de hábitos de coidado da saúde e a valoración da dimensión humana da

sexualidade na procura do fortalecemento das capacidades afectivas e comunicativas do

alumnado.

– A adquisición de destrezas básicas no campo das tecnoloxías da información e da

comunicación, así como da habilidade para utilizalas con sentido crítico.

- O desenvolvemento da capacidade de identificar os problemas e de aplicar os métodos

máis axeitados para a súa resolución, a partir dunha percepción do coñecemento científico

como un saber integrado e multidisciplinar.

– A competencia para comprender e expresarse en máis dunha lingua estranxeira, en

castelán e en galego; ademais, no caso destas últimas, o alumnado iniciarase no

coñecemento e lectura das súas literaturas. Esta competencia multilingüe debe servir tamén

para que o alumnado aprenda a valorar o noso idioma como un factor fundamental da nosa

identidade individual e colectiva.

– A capacidade de comprender as linguaxes das diversas manifestacións artísticas, e de

apreciar estas, para chegar así a coñecer e valorar o patrimonio artístico-cultural que tanto a

nosa coma outras culturas foron construíndo ao longo da historia da humanidade.

Nesa liña, desenvólvese un proxecto de comunicación ao final de cada trimestre, no que se

integran produtivamente diferentes contidos. Preséntanse máis abaixo na concreción das unidades

didácticas do curso.

En todo caso, seguiremos habitualmente os bloques de contido de que consta cada unha das

unidades didácticas que se especifican abaixo. Estes son:

Lectura introdutoria

É a lectura que abre a unidade e que adoita servir de introdución aos tipos textuais que se

presentan despois ou a outros contidos traballados na unidade (elementos de vocabulario ou a parte

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 106

específica de literatura). Na epígrafe Mergullámonos no texto propóñense unha serie de preguntas

encamiñadas a fomentar a comprensión do contido do texto. Na epígrafe A partir do texto

preténdese que os rapaces reflexionen e se expresen —de xeito oral ou escrito— sobre algún dos

aspectos traballados na lectura. En ocasións, terán que ampliar o seu coñecemento sobre cuestións

relacionadas coa educación en valores.

Traballamos coa lingua

Divídese á súa vez en Modelo textual, Funcionamento da lingua e Oralidade.

a) Modelo textual e Funcionamento da lingua

Achéganse aspectos relacionados cos tipos de texto escrito e a corrección lingüística. A

principal característica destas seccións é a combinación de contidos e actividades (que combinan a

comprensión, a reflexión e a creación), para que resulte máis dinámico. Os postulados que se

tiveron en conta son de corte inmanentista, isto é, parten dun suposto ou exemplo e o alumnado

debe ser quen de chegar á teoría. Desta forma comprobarase que se fuxiu dunha proposta que

afondase en caixas estancas, a través da teoría e os exercicios. A pragmática lingüística é o guieiro

para seguir.

b) Oralidade

En Oralidade preténdese traballar as destrezas de comprensión e produción oral, así como o

vocabulario e a fraseoloxía presentes nos textos reais ou simulados que se propoñen. Inclúense

tamén nesta sección pequenos apuntamentos e reflexións sobre cuestións fonéticas, léxicas ou

textuais. Esta sección de Oralidade pretende atender un aspecto non sempre atendido en secundaria.

Por unha banda, ten interese para o alumnado que non emprega habitualmente a lingua galega e que

adoita presentar certas dificultades na comprensión e expresión orais. Pero tamén é de moito

proveito para que o alumnado galegofalante perfeccione as súas destrezas orais (escoitar e falar) e

incorpore nas súas producións exemplos da fraseoloxía galega axeitados.

A lingua e nós

A seguinte sección, A lingua e nós, céntrase na temática sociolingüística, en dar a coñecer e

valorar a riqueza que supón a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado español, de Europa e

do mundo actual. Igualmente, analízanse as situacións de contacto de linguas e promóvese a

eliminación de estereotipos e prexuízos lingüísticos.

Literatura

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 107

Este apartado desenvolve a historia da literatura galega dos séculos XX e XXI, e céntrase na

evolución estética e a relación da produción literaria co contexto sociohistórico. Trátanse os autores

centrais e os temas, motivos e obras esenciais para comprender a literatura galega actual. As

actividades potencian a reflexión e a análise do texto literario como unha produción inseparable da

cultura e o contexto que a produce.

O faiado das letras

Para complementar axeitadamente a parte de literatura, son indispensables textos

relacionados cos contidos expostos na parte teórica e unha serie de actividades dirixidas a que o

alumnado desenvolva os coñecementos adquiridos dun xeito máis práctico. Normalmente, as

actividades que se inclúen nesta sección volven incidir sobre a comprensión lectora para despois

centrarse especificamente nas características do feito literario correspondente.

DISTRIBUCIÓN EN UNIDADES E PROXECTOS.

UNIDADE 1

Lectura

• Obxectivos:

-Entender o sentido do texto.

-Valorar a importancia de ter un emprego digno.

-Saber conceptos básicos relacionados co emprego.

-Ser capaz de sintetizar o contido do texto.

-Coñecer os dereitos e deberes básicos dos traballadores e traballadoras.

-Coñecer manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

• Contidos:

-O mundo do emprego.

-Obras literarias, cinematográficas e musicais relacionadas coas cartas e o correo electrónico.

• Criterios de avaliación:

-Entende o texto sen dificultade.

-Valora a importancia de ter un emprego digno.

-Sabe conceptos básicos relacionados co emprego.

-Sintetiza o contido do texto.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 108

-Sabe os dereitos e deberes básicos dos traballadores e traballadoras.

-Coñece manifestacións artísticas novas.

Modelos textuais

• Obxectivos:

-Recoñecer a importancia dos modelos textuais administrativos nos nosos días.

-Definir o concepto contrato laboral.

-Saber ler un contrato laboral.

-Ser conscientes de que existen diferentes tipos de contratos laborais.

-Recoñecer que o contrato laboral é unha ferramenta básica para o traballador e a traballadora, xa que marca o seu futuro laboral.

-Saber buscar un dato concreto nun contrato laboral.

-Citar algúns tipos de contrato laboral.

-Recoñecer a importancia da legalidade no ámbito laboral.

• Contidos:

-Os documentos da vida cotiá: o contrato laboral.

• Criterios de avaliación:

-Recoñece a importancia dos modelos textuais administrativos nos nosos días.

-Define o concepto contrato laboral.

-Sabe ler un contrato laboral.

-É consciente de que existen diferentes tipos de contratos laborais.

-Recoñece que o contrato laboral é unha ferramenta básica para o traballador e a traballadora, xa que marca o seu futuro laboral.

-Sabe buscar un dato concreto nun contrato laboral.

-Cita algúns tipos de contrato laboral.

-Recoñece a importancia da legalidade no ámbito laboral.

Funcionamento da lingua

• Obxectivos:

-Recoñecer a importancia das propiedades textuais como ferramenta básica.

-Distinguir os diferentes tipos de propiedades textuais.

-Distinguir os diferentes rexistros lingüísticos.

-Distinguir entre obxectividade e subxectividade.

-Coñecer os algúns tipos de expresión de subxectividade.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 109

-Definir os diferentes tipos de propiedades textuais e localizalas nun texto.

-Recoñecer e empregar os diferentes tipos de rexistros lingüísticos.

-Definir xerga e tecnolecto.

-Ser capaz de elaborar un texto subxectivo empregando diferentes formas de expresión.

• Contidos:

-As propiedades textuais: a adecuación, o enfoque do tema e formas de expresión da subxectividade.

• Criterios de avaliación:

-Recoñece a importancia das propiedades textuais como ferramenta básica.

-Distingue os diferentes tipos de propiedades textuais.

-É consciente dos diferentes rexistros lingüísticos.

-Distingue entre obxectividade e subxectividade.

-Coñece os tipos de expresión de subxectividade.

-Define os diferentes tipos de propiedades textuais e localízaas nun texto.

-Recoñece e emprega os diferentes tipos de rexistros lingüísticos.

-Define xerga e tecnolecto.

-É capaz de elaborar un texto subxectivo empregando diferentes formas de expresión.

Oralidade

• Obxectivos:

-Recoñecer os textos expositivos orais.

-Identificar nun texto expositivo oral as súas características.

-Recoñecer a importancia do esquema para elaborar textos orais.

-Coñecer o léxico da agricultura.

-Utilizar argumentos que se escoitaron antes para debater.

-Elaborar un texto expositivo oral.

-Utilizar o esquema para facer textos orais.

-Aplicar o léxico da agricultura.

-Utilizar argumentos propios para debater.

• Contidos:

-Textos orais expositivos.

-Léxico da agricultura.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 110

• Criterios de avaliación:

-Recoñece os textos expositivos orais.

-Identifica nun texto expositivo oral as súas características.

-Recoñece a importancia do esquema para elaborar textos orais.

-Coñece o léxico da agricultura.

-Utiliza argumentos que se escoitaron antes para debater.

-Elabora un texto expositivo oral.

-Utiliza o esquema para facer textos orais.

-Aplica o léxico da agricultura.

-Utiliza argumentos propios para debater.

A lingua e nós

• Obxectivos:

-Coñecer as principais etapas da historia da lingua galega.

-Entender o esplendor da época medieval e do Rexurdimento.

-Ser consciente das dificultades vividas durante os Séculos Escuros.

-Expoñer as características de cada etapa histórica da lingua galega.

-Explicar as circunstancias vividas pola nosa lingua nas etapas de esplendor: Idade Media e Rexurdimento.

-Explicar as circunstancias vividas pola nosa lingua na principal etapa de decadencia: os Séculos Escuros.

• Contidos:

-Etapas históricas da lingua galega.

-A situación da lingua galega na época medieval.

-A situación da lingua galega nos Séculos Escuros.

-A situación da lingua galega no Rexurdimento.

• Criterios de avaliación:

-Coñece as principais etapas da historia da lingua galega.

-Entende o esplendor da época medieval e do Rexurdimento.

-É consciente das dificultades vividas durante os Séculos Escuros.

-Expón as características de cada etapa histórica da lingua galega.

-Explica as circunstancias vividas pola nosa lingua nas etapas de esplendor: Idade Media e Rexurdimento.

-Explica as circunstancias vividas pola nosa lingua na principal etapa de decadencia: os Séculos Escuros.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 111

Literatura

• Obxectivos:

-Coñecer as fases principais polas que pasou a historia da literatura galega dende os seus comezos.

-Contextualizar historicamente as etapas literarias que se van estudar durante o curso.

-Comprender a íntima relación que existe entre sociedade e literatura.

-Interesarse pola historia de Galicia e as súas manifestacións culturais.

-Desenvolver un espírito crítico cara aos procesos históricos.

• Contidos:

-A literatura galega dos séculos XX e XXI: contexto e fases.

-A influencia da Guerra Civil na cultura e literatura galegas.

-A literatura como ferramenta de resistencia cultural.

• Criterios de avaliación:

-Coñece as fases polas que pasou a literatura galega dende os seus comezos.

-Identifica as fases históricas polas que pasou a cultura e literatura galegas dende comezos do século XX.

-Identifica algúns autores e procesos clave deste período.

UNIDADE 2

Lectura

• Obxectivos:

-Entender o sentido do texto.

-Ser capaz de reflexionar sobre a importancia da implicación cidadá en causas sociais.

-Coñecer manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

-Saber escribir unha carta.

-Recoñecer unha carta comercial.

• Contidos:

-A carta comercial.

-Obras literarias, cinematográficas e musicais relacionadas coas baleas e co medio natural en xeral.

• Criterios de avaliación:

-Entende o texto sen dificultade.

-É quen de reflexionar sobre a importancia da implicación cidadá en causas sociais.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 112

-Coñece manifestacións artísticas sobre as baleas e o medio natural.

-Sabe escribir unha carta.

-Recoñece unha carta comercial.

Modelos textuais

• Obxectivos:

-Recoñecer a importancia dos modelos textuais administrativos nos nosos días.

-Saber que funcionalidade ten unha carta institucional.

-Saber ler unha carta institucional e comercial.

-Ser conscientes de que existen diferentes tipos de cartas.

-Diferenciar as partes da carta comercial ou institucional.

-Recoñecer que carta institucional ou comercial é unha ferramenta básica para nos comunicar ora coa administración ora no mundo da empresa.

-Recoñecer as características da linguaxe administrativa.

-Distinguir entre unha carta comercial e unha institucional.

-Elaborar unha carta comercial ou institucional.

• Contidos:

-Os documentos da vida cotiá: correspondencia institucional e comercial.

• Criterios de avaliación:

-Recoñece a importancia dos modelos textuais administrativos nos nosos días.

-Sabe que funcionalidade ten unha carta institucional.

-Sabe ler unha carta institucional e comercial.

-É consciente de que existen diferentes tipos de cartas.

-Diferencia as partes da carta comercial ou institucional.

-Recoñece que carta institucional ou comercial é unha ferramenta básica para nos comunicar ora coa administración ora no mundo da empresa.

-Recoñece as características da linguaxe administrativa.

-Distingue entre unha carta comercial e unha institucional.

-Elabora unha carta comercial ou institucional.

Funcionamento da lingua

• Obxectivos:

-Recoñecer a importancia da sintaxe como ferramenta básica da lingüística.

-Distinguir os diferentes elementos da estrutura do texto.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 113

-Definir o concepto sintaxe.

-Recoñecer os elementos básicos dunha predicación.

-Distinguir entre oración copulativa e predicativa.

-Definir os diferentes tipos de predicación.

-Recoñecer e empregar verbos como elementos base da sintaxe.

-Definir predicación base e estendida.

-Ser capaz de analizar sintacticamente unha oración.

• Contidos:

-Sintaxe: predicación base do verbo e tipos de oración segundo o predicado.

• Criterios de avaliación:

-Recoñece a importancia da sintaxe como ferramenta básica da lingüística.

-Distingue os diferentes elementos da estrutura do texto.

-Define o concepto sintaxe.

-Recoñece os elementos básicos dunha predicación.

-Distingue entre oración copulativa e predicativa.

-Define os diferentes tipos de predicación.

-Recoñece e emprega verbos como elementos base da sintaxe.

-Define predicación base e estendida.

-É capaz de analizar sintacticamente unha oración.

Oralidade

• Obxectivos:

-Coñecer as características do debate.

-Identificar argumentos manexados nun texto argumentativo oral.

-Identificar as partes, as características e os obxectivos de textos orais dos medios de comunicación.

-Valorar a calidade lingüística das producións orais.

-Coñecer a pronuncia correcta da contracción ao(s).

-Recoñecer a sabedoría popular.

-Coñecer o léxico da flora e da fauna.

-Desenvolver habilidades de escoita activa para participar nun debate.

-Utilizar argumentos para elaborar un texto oral.

-Analizar polo miúdo a calidade lingüística das producións orais.

-Utilizar espontaneamente a pronuncia correcta da contracción ao(s).

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 114

-Valorar positivamente a sabedoría popular e utilizala como fonte informativa.

-Participar activamente en situacións simuladas nas que haxa que dar unha opinión.

-Aplicar o léxico da flora e da fauna.

• Contidos:

-O debate.

-Léxico da flora e da fauna.

• Criterios de avaliación:

-Coñece as características do debate.

-Identifica argumentos manexados nun texto argumentativo oral.

-Identifica as partes, as características e os obxectivos de textos orais dos medios de comunicación.

-Valora a calidade lingüística das producións orais.

-Coñece a pronuncia correcta da contracción ao(s).

-Recoñece a sabedoría popular.

-Coñece o léxico da flora e da fauna.

-Desenvolve habilidades de escoita activa para participar nun debate.

-Utiliza argumentos para elaborar un texto oral.

-Analiza polo miúdo a calidade lingüística das producións orais.

-Utiliza espontaneamente a pronuncia correcta da contracción ao(s).

-Valora positivamente a sabedoría popular e utilízaa como fonte informativa.

-Participa activamente en situacións simuladas nas que hai que dar unha opinión.

-Aplica o léxico da flora e da fauna.

A lingua e nós

• Obxectivos:

-Coñecer o contexto histórico de comezos do século XX.

-Entender o marco sociolingüístico de comezos do século XX.

-Sinalar as principais características do grupo Nós, as Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos.

-Explicar as características do contexto histórico de comezos do século XX.

-Expoñer os elementos definidores do marco sociolingüístico de comezos do século XX.

-Describir os trazos caracterizadores do grupo Nós, as Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos.

• Contidos:

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 115

-Os comezos do século XX: o contexto histórico.

-Os comezos do século XX: o marco sociolingüístico.

-O grupo Nós, as Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos.

• Criterios de avaliación:

-Coñece o contexto histórico de comezos do século XX.

-Entende o marco sociolingüístico de comezos do século XX.

-Sinala as principais características do grupo Nós, as Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos.

-Explica as características do contexto histórico de comezos do século XX.

-Expón os elementos definidores do marco sociolingüístico de comezos do século XX.

-Describe os trazos caracterizadores do grupo Nós, as Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos.

Literatura

• Obxectivos:

-Coñecer os principais poetas galegos de preguerra.

-Desenvolver a capacidade de apreciación estética da poesía.

-Coñecer os principais movementos das vangardas europeas e a súa influencia na literatura galega.

-Interesarse pola actitude estética vangardista.

-Poñer en relación as vangardas históricas coa arte contemporánea.

• Contidos:

-A poesía galega de preguerra.

-Noriega Varela, Ramón Cabanillas e as vangardas: Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro.

• Criterios de avaliación:

-Detecta nun poema as características da poesía galega de preguerra e ponas en relación co seu contexto histórico e os autores máis destacados do momento.

-Sinala nun texto as características experimentais e vangardistas: colaxe, caligrama, verso libre, ruptura da referencialidade e a lóxica, carácter onírico, etc.

UNIDADE 3

Lectura

• Obxectivos:

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 116

-Entender o sentido do texto.

-Identificar un chat.

-Saber analizar e identificar un texto de ficción científica.

-Coñecer manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

-Ser capaz de identificar e imaxinar avances tecnolóxicos e sociedades do futuro.

• Contidos:

-O chat.

-A ficción científica.

-Obras literarias, cinematográficas e musicais relacionadas coa ficción científica.

• Criterios de avaliación:

-Entende o texto sen dificultade.

-Identifica un chat.

-Sabe analizar e identificar un texto de ficción científica.

-Coñece manifestacións artísticas relacionadas coa ficción científica.

-É capaz de identificar e imaxinar avances tecnolóxicos e sociedades do futuro.

Modelos textuais

• Obxectivos:

-Ser consciente da importancia do mundo dixital.

-Definir os conceptos blog e rede social.

-Coñecer os recursos básicos para a elaboración dun blog.

-Coñecer os principais portais que desenvolven redes sociais.

-Ser capaz de elaborar un blog.

-Coñecer os riscos das redes sociais.

-Verbalizar a incorporación do ser humano na era dixital.

• Contidos:

-Textos propios da vida cotiá: intervencións en foros e blogs, redes sociais.

• Criterios de avaliación:

-Tes que ser consciente da importancia do mundo dixital.

-Define os conceptos blog e rede social.

-Coñece os recursos básicos para a elaboración dun blog.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 117

-Coñece os principais portais que desenvolven redes sociais.

-Tes que ser consciente da importancia do mundo dixital.

Funcionamento da lingua

• Obxectivos:

-Distinguir as oracións simples das compostas.

-Saber localizar os nexos de unión entre os membros das oracións compostas.

-Diferenciar as relacións sintácticas de dependencia e independencia.

-Distinguir a coordinación da xustaposición.

-Diferenciar os diversos tipos de coordinación.

-Ser capaz de analizar completamente unha oración composta con coordinación ou xustaposición.

-Valorar a sintaxe como ferramenta para a mellora da escrita.

• Contidos:

-Sintaxe: tipos de oración composta, coordinación e xustaposición.

• Criterios de avaliación:

-Distingue as oracións simples das compostas.

-Sabe localizar os nexos de unión entre os membros das oracións compostas.

-Diferencia as relacións sintácticas de dependencia e independencia.

-Distingue a coordinación da xustaposición.

-Diferencia os diversos tipos de coordinación.

-É capaz de analizar completamente unha oración composta con coordinación ou xustaposición.

-Valora a sintaxe como ferramenta para a mellora da escrita.

Oralidade

• Obxectivos:

-Saber en que consiste un faladoiro.

-Coñecer os pasos que se deben dar para participar nun faladoiro.

-Coñecer o léxico da xustiza.

-Ser quen de participar activamente nun faladoiro.

-Aplicar o léxico da xustiza.

-Relacionar o que se escoita con outros contidos traballados con anterioridade.

• Contidos:

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 118

-Faladoiros.

-Léxico da xustiza.

• Criterios de avaliación:

-Sabe en que consiste un faladoiro.

-Coñece os pasos que se deben dar para participar nun faladoiro.

-Coñece o léxico da xustiza.

-É quen de participar activamente nun faladoiro.

-Aplica o léxico da xustiza.

-Relaciona o que escoita con outros contidos traballados con anterioridade.

A lingua e nós

• Obxectivos:

-Coñecer as linguas existentes no Estado español.

-Identificar a distribución das linguas no Estado español.

-Entender as diferenzas entres linguas oficiais e non oficiais.

-Explicar a situación de cada unha das linguas autóctonas presentes no Estado español.

-Expoñer as diferenzas entres linguas oficiais e non oficiais.

-Detallar o marco legal que establece a situación destas linguas.

• Contidos:

-As linguas do Estado español.

-Distribución das linguas do Estado español.

-Marco legal: linguas oficiais e outras linguas.

• Criterios de avaliación:

-Coñece as linguas existentes no Estado español.

-Identifica a distribución das linguas no Estado español.

-Entende as diferenzas entre linguas oficiais e non oficiais.

-Explica a situación de cada unha das linguas autóctonas presentes no Estado español.

-Expón as diferenzas entres linguas oficiais e non oficiais.

-Detalla o marco legal que establece a situación destas linguas.

Literatura

• Obxectivos:

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 119

-Coñecer os principais integrantes da Xeración Nós e o seu significado na cultura e a literatura galegas.

-Ler algúns textos narrativos da época Nós.

-Interesarse pola obra dos autores da Xeración Nós e achegarse aos seus textos.

-Reflexionar sobre o impacto da Guerra Civil no desenvolvemento cultural e social de Galicia.

• Contidos:

-A narrativa de preguerra.

-Os autores e obras da Xeración Nós: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao.

• Criterios de avaliación:

-Recoñece nun texto os temas e características propios da narrativa da época Nós e dos seus principais autores.

-Coñece aos autores da Xeración Nós e as obras esenciais de cada un deles.

UNIDADE 4

Lectura

• Obxectivos:

-Entender o sentido do texto.

-Valorar a importancia dos movementos sociais.

-Coñecer manifestacións artísticas relacionadas cos movementos sociais.

-Saber escribir unha pequeno texto argumentativo.

-Recoñecer o modelo textual da solicitude e as súas partes.

• Contidos:

-A solicitude.

-Os movementos sociais.

-Obras literarias, cinematográficas e musicais relacionadas coa mobilización cidadá.

• Criterios de avaliación:

-Entende o texto sen dificultade.

-Valora a importancia dos movementos sociais.

-Coñece manifestacións artísticas sobre os movementos sociais.

-Sabe escribir un texto argumentativo.

-Recoñece o modelo textual da solicitude e as súas partes.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 120

Modelos textuais

• Obxectivos:

-Valorar a importancia dos documentos administrativos na vida cotiá.

-Comprender o valor e a utilidade da solicitude e da reclamación.

-Definir o concepto solicitude e reclamación.

-Coñecer as diferentes partes da solicitude e da reclamación.

-Ser capaz de elaborar unha solicitude ou reclamación.

-Coñecer as principais características da solicitude e da reclamación.

• Contidos:

-Textos propios da vida cotiá: a solicitude e a reclamación.

• Criterios de avaliación:

-Valora a importancia dos documentos administrativos na vida cotiá.

-Comprende o valor e a utilidade da solicitude e da reclamación.

-Define o concepto solicitude e reclamación.

-Coñece as diferentes partes da solicitude e da reclamación.

-É capaz de elaborar unha solicitude ou reclamación.

-Coñece as principais características da solicitude e da reclamación.

Funcionamento da lingua

• Obxectivos:

-Distinguir as oracións compostas dependentes das independentes.

-Saber localizar os nexos de unión entre os membros das oracións compostas.

-Diferenciar as funcións sintácticas que as oracións dependentes poden desenvolver.

-Distinguir os tipos de subordinación.

-Ser capaz de analizar completamente unha oración composta con subordinación.

-Entender o concepto de bipolaridade e saber localizar este tipo de oracións compostas.

-Valorar a sintaxe como ferramenta para a mellora da escrita.

• Contidos:

-Sintaxe: oración subordinada e bipolares.

• Criterios de avaliación:

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 121

-Distingue as oracións compostas dependentes das independentes.

-Sabe localizar os nexos de unión entre os membros das oracións compostas.

-Diferencia as funcións sintácticas que as oracións dependentes poden desenvolver.

-Distingue os tipos de subordinación.

-É capaz de analizar completamente unha oración composta con subordinación.

-Entende o concepto de bipolaridade e sabe localizar este tipo de oracións compostas.

-Valora a sintaxe como ferramenta para a mellora da escrita.

Oralidade

• Obxectivos:

-Saber en que consiste unha mesa redonda.

-Valorar a calidade lingüística das producións orais.

-Ser capaz de buscar argumentos para posicionarse a favor ou en contra de algo.

-Distinguir as vogais abertas das pechadas.

-Coñecer o léxico da moda.

-Ser quen de participar activamente nunha mesa redonda.

-Reflexionar sobre a xerarquía dos erros para considerar se unha persoa ten ou non boa calidade lingüística no ámbito oral.

-Ser capaz de utilizar argumentos a favor e en contra de algo nun debate.

-Utilizar correctamente as vogais abertas e as pechadas.

-Aplicar o léxico da moda.

• Contidos:

-Mesas redondas.

-Léxico da moda.

• Criterios de avaliación:

-Sabe en que consiste unha mesa redonda.

-Valora a calidade lingüística das producións orais.

-É capaz de buscar argumentos para posicionarse a favor ou en contra de algo.

-Distingue as vogais abertas das pechadas.

-Coñece o léxico da moda.

-É quen de participar activamente nunha mesa redonda.

-Reflexiona sobre a xerarquía dos erros para considerar se unha persoa ten ou non boa calidade lingüística no ámbito oral.

-É capaz de utilizar argumentos a favor e en contra de algo nun debate.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 122

-Utiliza correctamente as vogais abertas e as pechadas.

-Aplica o léxico da moda.

A lingua e nós

• Obxectivos:

-Coñecer a orixe da lingua portuguesa.

-Decatarse da proximidade entre a lingua galega e a lingua portuguesa.

-Achegarse sen temor a un texto escrito en lingua portuguesa.

-Coñecer os países que compoñen a lusofonía.

-Explicar a orixe común das linguas galega e portuguesa.

-Ler sen dificultade textos en lingua portuguesa.

• Contidos:

-A lingua portuguesa na actualidade.

-Historia da lingua portuguesa.

-Proximidade entre a lingua galega e a lingua portuguesa.

-A lusofonía.

• Criterios de avaliación:

-Coñece a orixe da lingua portuguesa.

-Decátase da proximidade entre a lingua galega e a lingua portuguesa.

-Achégase sen temor a un texto escrito en lingua portuguesa.

-Coñece os países que compoñen a lusofonía.

-Explica a orixe común das linguas galega e portuguesa.

-Le sen dificultade textos en lingua portuguesa.

Literatura

• Obxectivos:

-Coñecer os avances no teatro e o ensaio galegos durante as primeiras décadas do século XX.

-Ler algúns textos dramáticos e ensaísticos da época.

-Interesarse pola función social do teatro, a súa capacidade para chegar ás xentes e converterse en vehículo de ideas.

-Reflexionar sobre o impacto da Guerra Civil no desenvolvemento cultural e social de Galicia.

• Contidos:

-O teatro e ensaio de preguerra: innovacións e características.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 123

-As obras máis destacadas do período: A fiestra valdeira de Rafael Dieste; Os vellos non deben de namorarse de Castelao; Teoría do nacionalismo galego de Vicente Risco; Sempre en Galiza de Castelao.

• Criterios de avaliación:

-Coñece os cambios que se produciron no ámbito do ensaio e o teatro nas primeiras décadas do século XX, os principais autores e obras.

-Recoñece nun texto os temas e características propios do ensaio e o teatro das primeiras décadas do século XX.

PROXECTO 1 FINAL DO 1º TRIMESTRE

Proxecto Con todo o dereito (Reclamación argumentada)

XustificaciónMarco.O texto argumentativo é a expresión lingüística da defensa dunha postura e está constantemente presente na vida cotiá, nos seus diversos xéneros. Faise preciso mellorar as estratexias dun tipo textual que ten a difícil intención comunicativa de convencer, acadar a adhesión dos interlocutores ás ideas que se defenden. Cómpre saber formular con claridade o problema, definir e organizar unha serie de argumentos (segundo o tipo de receptor) e establecer conclusións.

Centro de interese para o alumnado. Interese didáctico.A reclamación constitúe un dos xéneros argumentativos con maior valor social, mais escasamente manexado con destreza. Se a argumentación lingüística, en xeral, predispón a actuar como cidadáns, a participar na sociedade, este xénero é un recurso de enorme utilidade á hora de defender dereitos. Así, neste proxecto pártese dun problema real escollido polo alumnado para chegar a realizar un envío efectivo.De por parte, trabállanse contidos de Lingua e sociedade de xeito indirecto, pero non necesariamente menos efectivo, a través dos textos cos que se pretende desenvolver as destrezas comunicativas.

Desenvolvemento das Competencias Básicas.O proxecto pretende integrar diferentes competencias no labor de decisión, deseño, investigación, análise e reflexión, planificación, textualización, revisión e publicación do xénero que nos ocupa. As competencias claramente traballadas nas tarefas e actividades propostas son:

Competencia en comunicación lingüística. Competencia para aprender a aprender. Competencia no tratamento da información e competencia dixital. Competencia social e cidadá. Competencia para a autonomía e iniciativa persoal.

Eixo do proxecto e situación de comunicación.• Tema: Os dereitos cidadáns.• Emisor e receptor: O alumnado en canto que cidadanía e unha institución ou empresa.• Intención e finalidade: Convencer e conseguir que se faga efectivo o recoñecemento dun

dereito.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 124

• Canle e lugar de publicación: Escrita vía correo. Con recolleita e seguimento no blogue do alumnado.

• Ámbito de uso: Administrativo e da vida cotiá.• Tipo e xéneros textuais: Modo orientador, tipo argumentativo. Queixa, instancia,

reclamación.

Obxectivos• Comprender e manexar as características e recursos básicos dos textos argumentativos. • Coñecer e empregar as características propias da reclamación e xéneros afíns. • Reflexionar sobre os trazos lingüísticos do xénero.• Desenvolver as destrezas necesarias para argumentar axeitadamente. • Usar estratexias lingüísticas e non lingüísticas coa finalidade de convencer.• Achegarse á realidade das linguas do Estado español.

Contidos• O tipo textual argumentativo. Tese e argumentos. • Fórmulas de concesión, probabilidade e certeza. • Xéneros argumentativos de solicitude: a suxestión, a queixa e a reclamación. • A adecuación. Enfoque do tema e expresión da subxectividade.• Oracións compostas con subordinación e bipolares.• A realidade lingüística do Estado.

AvaliaciónA avaliación centrarase no proceso de traballo seguido, tendo en conta o carácter avaliador de determinadas actividades, o control da implicación de cada alumno/a, así como do avance do proxecto, a resolución das tarefas e mais a calidade do produto final. Os criterios propostos son:

• Detecta a discriminación social e é quen de enunciar responsabilidades. • Extrae a información clave da lexislación e doutras fontes na materia elixida e sabe

organizala. • Recoñece a discriminación lingüística en diversos casos expostos. • É quen de identificar a tese e de relacionala cos argumentos lóxicos.• Extrae e organiza argumentos de distinto tipo. • Usa a información para compoñer argumentos coherentes. • Distingue e caracteriza os xéneros da suxestión, queixa e reclamación. • Define unha situación de comunicación con coherencia para a defensa dunha postura. • Clasifica as expresións que manifestan as posturas con distinto grao de seguridade. • Aprehende a estrutura e as fórmulas típicas do xénero.• Segue unha folla de control para avaliar e mellorar o borrador. Revísao e modifícao de

acordo cos criterios establecidos. • Mellora o texto incorporando estratexias discursivas e usando ferramentas para a

corrección lingüística. • Reflexiona sobre os usos lingüísticos da reclamación. • Envía e segue de xeito adecuado a produción. • Desenvolve actitudes favorábeis cara a autocorrección e mais a auto e coavaliación. • Colabora co grupo e achega propostas para resolver as actividades e tarefas.

Itinerario, modo de traballo, recursos e temporalización

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 125

Secuencias Actividades Traballo Recursos Sesións

Motivación e negociaciónQue sabemos e queremos facer?

Autoavaliación de destrezas e actitudes en relación coa reclamación.Creación dun texto inicial a partir dun suposto.Revisión e concreción dos elementos do proxecto.

Indiv.

Grupal

Cadro.Ficha co suposto.

2

InvestigaciónProfundamos

Recolleita de datos de fontes orais e escritas e avaliación da fiabilidade e utilidade.Realización dun esquema coas ideas recollidas.

En parellas

Ficha de procedemento sobre procura e recolleita.Cadro.

2

Traballo co xéneroComo expresalo?

1. Sobre argumentos

2. Entre peticións

3. Con enfoque

Identificación da tese de diferentes textos.Organización dos argumentos dun texto e achega doutros novos.Asignación de argumentos a diferentes teses.Comparación, identificación e extracción das características de reclamación e xéneros afíns.Localización das partes do xénero nun texto. Ordenación de fragmentos de acordo coa estrutura.Identificación de fórmulas para cada parte e achega de alternativas.Modificación de expresións de certeza e dúbida.Reescrita evitando erros de enfoque do tema.

Indiv.

En parellas

Cadro.Exemplos de xéneros.Esquema textual con exemplos.Listado de fórmulas.

3

ProduciónCompoñemos o texto

Determinación da situación de comunicación da reclamación.Elaboración do borrador.Revisión do texto.

En parellas

Cadro.Folla de control.

2

Presentación e avaliación finalPartillamos

Xestión do envío e seguimento.Avaliación do traballo.Avaliación da secuencia.

En parellasGrupal

Lista de control.Rúbricas.

1

UNIDADE 5

Lectura

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 126

• Obxectivos:

-Comprender o contido do texto.

-Recoñecer o contexto histórico da Guerra Civil española.

-Valorar o papel que os exiliados tiveron na dinamización da cultura galega.

-Coñecer manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

-Saber analizar o papel que os exiliados tiveron na dinamización da cultura galega.

• Contidos:

-A Guerra Civil e o exilio.

-Obras literarias, cinematográficas e musicais relacionadas coa Guerra Civil e o exilio.

• Criterios de avaliación:

-Entende o texto sen dificultade.

-Recoñece o contexto da Guerra Civil española.

-Valora o papel que os exiliados tiveron na dinamización da cultura galega.

-Coñece manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

-Sabe analizar o papel que os exiliados tiveron na dinamización da cultura galega.

Modelos textuais

• Obxectivos:

-Saber para que vale un currículo.

-Coñecer as partes diferentes do currículo.

-Recoñecer a importancia da carta de presentación como complemento do currículo.

-Valorar a importancia do currículo como ferramenta de presentación no mundo laboral.

-Ser capaz de elaborar un currículo e unha carta de presentación.

-Diferenciar os dous modelos de currículo.

-Adaptar un currículo a contextos diferentes.

• Contidos:

-Textos propios da vida cotiá: o currículo e a carta de presentación.

• Criterios de avaliación:

-Sabe para que vale un currículo.

-Coñece as partes diferentes do currículo.

-Recoñece a importancia da carta de presentación como complemento do currículo.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 127

-Valora a importancia do currículo como ferramenta de presentación no mundo laboral.

-É capaz de elaborar un currículo e unha carta de presentación.

-Diferencia os dous modelos de currículo.

-Adapta un currículo a contextos diferentes.

Funcionamento da lingua

• Obxectivos:

-Saber localizar os marcadores discursivos nun texto.

-Ser consciente da rendibilidade dos marcadores discursivos para compor un texto rico.

-Ser capaz de crear un texto onde se usen marcadores discursivos.

-Distinguir os tres tipos de funcións dos marcadores discursivos.

-Diferenciar os conectadores, dos organizadores e dos modalizadores.

-Ser consciente de que un mesmo marcador discursivo pode desenvolver diferentes valores discursivos segundo o contexto.

-Ser consciente da importancia da entoación para o valor contextual dos marcadores discursivos.

• Contidos:

-Cohesión: recoñecemento e uso dos marcadores discursivos.

• Criterios de avaliación:

-Sabe localizar os marcadores discursivos nun texto.

-É consciente da rendibilidade dos marcadores discursivos para compor un texto rico.

-É capaz de crear un texto onde se usen marcadores discursivos.

-Distingue os tres tipos de funcións dos marcadores discursivos.

-Diferencia os conectadores, dos organizadores e dos modalizadores.

-É consciente de que un mesmo marcador discursivo pode desenvolver diferentes valores discursivos segundo o contexto.

-É consciente da importancia da entoación para o valor contextual dos marcadores discursivos.

Oralidade

• Obxectivos:

-Coñecer os pasos que se deben dar para facer unha presentación oral sobre un tema.

-Distinguir as vogais abertas das pechadas.

-Identificar o grao de formalidade de diferentes situacións comunicativas orais.

-Coñecer o léxico da gandería.

-Preparar presentacións orais seguindo os pasos correspondentes.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 128

-Utilizar correctamente as vogais abertas e as pechadas.

-Empregar adecuadamente a lingua oral en función do grao de formalidade da situación comunicativa.

-Aplicar o léxico da gandería.

• Contidos:

-Presentacións.

-Léxico da gandería.

• Criterios de avaliación:

-Coñece os pasos que se deben dar para facer unha presentación oral sobre un tema.

-Distingue as vogais abertas das pechadas.

-Identifica o grao de formalidade de diferentes situacións comunicativas orais.

-Coñece o léxico da gandería.

-Prepara presentacións orais seguindo os pasos correspondentes.

-Utiliza correctamente as vogais abertas e as pechadas.

-Emprega adecuadamente a lingua oral en función do grao de formalidade da situación comunicativa.

-Aplica o léxico da gandería.

A lingua e nós

• Obxectivos:

-Coñecer o contexto histórico de posguerra (1936-1975).

-Entender o marco sociolingüístico de posguerra.

-Identificar as tres etapas existentes para a lingua galega durante a posguerra.

-Explicar as características do contexto histórico de posguerra.

-Expoñer os elementos definidores do marco sociolingüístico durante a posguerra.

-Describir os trazos caracterizadores de cada unha das etapas da posguerra: 1936-1950, 1950-1962 e 1962-1975.

• Contidos:

-A posguerra: o contexto histórico.

-A posguerra: o marco sociolingüístico.

-A situación da lingua galega: primeira etapa (1936-1950).

-A situación da lingua galega: segunda etapa (1950-1962).

-A situación da lingua galega: primeira etapa (1962-1975).

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 129

• Criterios de avaliación:

-Coñece o contexto histórico de posguerra (1936-1975).

-Entende o marco sociolingüístico de posguerra.

-Identifica as tres etapas existentes para a lingua galega durante a posguerra.

-Explica as características do contexto histórico de posguerra.

-Expón os elementos definidores do marco sociolingüístico durante a posguerra.

-Describe os trazos caracterizadores de cada unha das etapas da posguerra: 1936-1950, 1950-1962 e 1962-1975.

Literatura

• Obxectivos:

-Coñecer a situación política e cultural da Galicia de posguerra e comprender as circunstancias polas que se interrompeu a vizosa produción cultural das primeiras décadas do século XX.

-Valorar as achegas da emigración á cultura galega.

-Reflexionar sobre o impacto da Guerra Civil no desenvolvemento cultural e social de Galicia.

-Interesarse por distintas manifestacións de arte comprometida en situacións de represión ou conflito bélico.

• Contidos:

-O silencio posterior á Guerra Civil e a literatura galega no exilio.

-Papel dos grandes autores da preguerra na nova situación.

-A creación de Galaxia e o proxecto culturalista.

• Criterios de avaliación:

-Comprende as causas que levaron á brusca interrupción do discurso literario galego a partir da Guerra Civil.

-Valora o papel dos intelectuais e o compromiso da arte en situacións de represión e violencia.

-É consciente do papel que o exilio xogou na historia da cultura galega.

UNIDADE 6

Lectura

• Obxectivos:

-Entender o sentido do texto.

-Saber o que é un libro electrónico e un dispositivo de lectura electrónico.

-Ser consciente das transformacións que implica o libro electrónico.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 130

-Coñecer manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

-Recoñecer un texto argumentativo.

-Ser capaz de crear un texto argumentativo, sobre o tema presentado, minimamente coherente.

• Contidos:

-O libro electrónico e os dispositivos de lectura electrónicos.

-Introdución ao texto argumentativo.

-Obras literarias, cinematográficas e musicais relacionadas coa ficción científica.

• Criterios de avaliación:

-Entende o texto sen dificultade.

-Sabe o que é un libro electrónico e un dispositivo de lectura electrónico.

-Coñece manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

-Recoñece un texto argumentativo.

-É capaz de crear un texto argumentativo minimamente coherente.

Modelos textuais

• Obxectivos:

-Definir o concepto argumentación.

-Diferenciar entre unha argumentación obxectiva e subxectiva.

-Localizar a tese xeral dunha argumentación.

-Indicar os argumentos dun texto e esquematizalos.

-Diferenciar os argumentos empregados nun texto.

-Indicar as principais características dun texto argumentativo.

-Elaborar un texto argumentativo.

• Contidos:

-Texto argumentativo e expositivo: análise dos argumentos e esquematización destes.

• Criterios de avaliación:

-Define o concepto argumentación.

-Diferencia entre unha argumentación obxectiva e subxectiva.

-Localiza a tese xeral dunha argumentación.

-Indica os argumentos dun texto e esquematízaos.

-Diferencia os argumentos empregados nun texto.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 131

-Indica as principais características dun texto argumentativo.

-Elabora un texto argumentativo.

Funcionamento da lingua

• Obxectivos:

-Saber que un texto debe contar cunha estrutura interna organizadora dos contidos.

-Saber que a forma de organizar os contidos vai depender do modelo textual e da nosa intención comunicativa.

-Ser consciente da rendibilidade de usar unha boa estruturación dos contidos.

-Ser consciente da división temática que supón o cambio de parágrafo.

-Distinguir os diferentes modelos de estrutura de contidos do texto narrativo.

-Distinguir os diferentes modelos de estrutura de contidos do texto argumentativo.

-Distinguir os diferentes modelos de estrutura de contidos do texto expositivo.

• Contidos:

-Estrutura discursiva: o parágrafo e a progresión no texto.

• Criterios de avaliación:

-Sabe que un texto debe contar cunha estrutura interna organizadora dos contidos.

-Sabe que a forma de organizar os contidos vai depender do modelo textual e da nosa intención comunicativa.

-É consciente da rendibilidade de usar unha boa estruturación dos contidos.

-É consciente da división temática que supón o cambio de parágrafo.

-Distingue os diferentes modelos de estrutura de contidos do texto narrativo.

-Distingue os diferentes modelos de estrutura de contidos do texto argumentativo.

-Distingue os diferentes modelos de estrutura de contidos do texto expositivo.

Oralidade

• Obxectivos:

-Coñecer as características dos textos argumentativos orais e identificalos.

-Identificar argumentos nun texto oral.

-Crear argumentos de forma illada.

-Comprender a importancia da entoación para transmitir mensaxes.

-Coñecer o léxico das institucións, a administración e a política.

-Elaborar textos argumentativos orais.

-Valorar os argumentos dun texto oral.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 132

-Introducir os argumentos propios nunha conversa.

-Valorar o diálogo como medio de resolución de conflitos.

-Manexar a entoación axeitadamente para transmitir mensaxes.

-Aplicar o léxico das institucións, a administración e a política.

• Contidos:

-Textos orais argumentativos.

-Léxico das institucións, a administración e a política.

• Criterios de avaliación:

-Coñece as características dos textos argumentativos orais e identifícaos.

-Identifica argumentos nun texto oral.

-Crea argumentos de forma illada.

-Comprende a importancia da entoación para transmitir mensaxes.

-Coñece o léxico das institucións, a administración e a política.

-Elabora textos argumentativos orais.

-Valora os argumentos dun texto oral.

-Introduce os argumentos propios nunha conversa.

-Valora o diálogo como medio de resolución de conflitos.

-Manexa a entoación axeitadamente para transmitir mensaxes.

-Aplica o léxico das institucións, a administración e a política.

A lingua e nós

• Obxectivos:

-Citar algún exemplo de variación espacial na lingua galega.

-Entender a división da lingua galega en bloques e áreas.

-Nomear cada un dos bloques cunha característica definitoria.

-Expoñer as características da variación espacial.

-Describir as principais características de cada un dos bloques.

-Nomear os tres bloques e as áreas de cada un deles.

• Contidos:

-A variación espacial.

-Os bloques e as áreas da lingua galega.

-Principais características de cada un dos bloques da lingua galega.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 133

-Interpretación de mapas.

• Criterios de avaliación:

-Cita algún exemplo de variación espacial na lingua galega.

-Entende a división da lingua galega en bloques e áreas.

-Nomea cada un dos bloques cunha característica definitoria.

-Expón as características da variación espacial.

-Describe as principais características de cada un dos bloques.

-Nomea os tres bloques e as áreas de cada un deles.

Literatura

• Obxectivos:

-Coñecer a situación política e cultural da Galicia de posguerra e reflexionar sobre o papel da poesía neste contexto.

-Coñecer os principais poetas de posguerra e as características formais e liñas temáticas que marcaron a poesía deste período.

-Reflexionar sobre o impacto da Guerra Civil no desenvolvemento cultural e social de Galicia.

-Interesarse por distintas manifestacións de arte comprometida en situacións de represión ou conflito bélico.

• Contidos:

-A poesía de posguerra: a Xeración de 1936, a Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais.

-A poesía de Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Uxío Novoneyra.

• Criterios de avaliación:

-Coñece os principais poetas galegos de posguerra e identifica nos seus poemas as liñas temáticas e os trazos formais propios da poesía desta época.

-Valora o papel dos poetas e o compromiso da arte en situacións de represión e violencia.

UNIDADE 7

Lectura

• Obxectivos:

-Entender o sentido dos textos.

-Saber o que son os artigos de opinión e as cartas ao director.

-Ser consciente das implicacións sociais da violencia de xénero.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 134

-Saber escribir unha carta ao director dun xornal.

-Coñecer manifestacións artísticas relacionadas cos textos que se presentan.

• Contidos:

-O artigo de opinión e as cartas ao director.

-A violencia de xénero.

-Obras literarias, cinematográficas e musicais relacionadas cos textos que se presentan.

• Criterios de avaliación:

-Entende o texto sen dificultade.

-Sabe o que son os artigos de opinión e as cartas ao director e pode recoñecelos.

-É consciente das implicacións sociais da violencia de xénero.

-Sabe escribir unha carta ao director dun xornal.

-Coñece manifestacións artísticas sobre os textos presentados.

-Recoñece o modelo textual da solicitude e as súas partes.

Modelos textuais

• Obxectivos:

-Definir os subxéneros de opinión.

-Saber ler un texto de opinión.

-Identificar os diferentes tipos de textos de opinión nun medio de comunicación.

-Valorar os textos de opinión como ferramentas de análise pero á vez como manipuladores da realidade.

-Diferenciar as características dos textos de opinión.

-Redactar un texto de opinión tendo en conta as súas características.

• Contidos:

-Os medios de comunicación: xénero de opinión (editorial, columna, artigo de opinión e cartas á dirección).

• Criterios de avaliación:

-Define os subxéneros de opinión.

-Sabe ler un texto de opinión.

-Identifica os diferentes tipos de textos de opinión nun medio de comunicación.

-Valora os textos de opinión como ferramentas de análise pero á vez como manipuladores da realidade.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 135

-Diferencia as características dos textos de opinión.

-Redacta un texto de opinión tendo en conta as súas características.

Funcionamento da lingua

• Obxectivos:

-Ser consciente da necesidade de compor textos coherentes.

-Saber que hai que evitar para que un texto sexa coherente.

-Coñecer a utilidade de compor un esquema de ideas antes de escribir.

-Coñecer a utilidade das relecturas do texto xa escrito.

-Saber compor un esquema de ideas sobre un tema concreto.

-Ser capaz de detectar os problemas de incoherencia nun texto.

-Ser capaz de escribir un texto coherente.

• Contidos:

-A coherencia: a redundancia e a contradición de ideas no texto.

• Criterios de avaliación:

-É consciente da necesidade de compor textos coherentes.

-Sabe que hai que evitar para que un texto sexa coherente.

-Coñece a utilidade de compor un esquema de ideas antes de escribir.

-Coñece a utilidade das relecturas do texto xa escrito.

-Sabe compor un esquema de ideas sobre un tema concreto.

-É capaz de detectar os problemas de incoherencia nun texto.

-É capaz de escribir un texto coherente.

Oralidade

• Obxectivos:

-Distinguir a opinión nos textos orais da radio e a televisión.

-Identificar problemas de adecuación de textos discriminatorios.

-Coñecer o léxico dos xogos e dos deportes.

-Ter unha actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes dos medios de comunicación.

-Valorar a falta de adecuación de textos discriminatorios e solucionar as eivas.

-Aplicar o léxico dos xogos e dos deportes.

• Contidos:

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 136

-A opinión en radio e televisión.

-Léxico dos xogos e dos deportes.

• Criterios de avaliación:

-Distingue a opinión nos textos orais da radio e a televisión.

-Identifica problemas de adecuación de textos discriminatorios.

-Coñece o léxico dos xogos e dos deportes.

-Ten unha actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes dos medios de comunicación.

-Valora a falta de adecuación de textos discriminatorios e soluciona as eivas.

-Aplica o léxico dos xogos e dos deportes.

A lingua e nós

• Obxectivos:

-Explicar en que consiste a variación espacial.

-Expoñer os trazos definitorios de cada bloque.

-Sinalar as zonas de desenvolvemento de dous fenómenos definidores da lingua galega: o seseo e a gheada.

-Citar os trazos definidores de cada bloque.

-Sinalar as áreas do bloque occidental e os seus trazos principais.

-Expoñer as características dos bloques central e oriental e indicar as principais áreas cos seus trazos máis importantes.

• Contidos:

-Os bloques e as áreas da lingua galega.

-Principais características de cada un dos bloques da lingua galega.

-Principais características dalgunhas áreas da lingua galega.

-Interpretación de mapas.

• Criterios de avaliación:

-Explica en que consiste a variación espacial.

-Expón os trazos definitorios de cada bloque.

-Sinala as zonas de desenvolvemento de dous fenómenos definidores da lingua galega: o seseo e a gheada.

-Cita os trazos definidores de cada bloque.

-Sinala as áreas do bloque occidental e os seus trazos principais.

-Expón as características dos bloques central e oriental e indica as principais áreas cos seus trazos máis importantes.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 137

Literatura

• Obxectivos:

-Coñecer a situación política e cultural da Galicia de posguerra e reflexionar sobre o papel da literatura neste contexto.

-Coñecer os principais escritores que retomaron o cultivo da narrativa nos anos cincuenta e as características formais e liñas temáticas que marcaron a narrativa deste período.

-Reflexionar sobre o impacto da Guerra Civil no desenvolvemento cultural e social de Galicia.

-Interesarse por distintas manifestacións de arte comprometida en situacións de represión ou conflito bélico.

• Contidos:

-A narrativa de posguerra: a recuperación da escrita de narración literaria tras a Guerra Civil.

-A obra narrativa de Neira Vilas, Eduardo Blanco-Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole.

• Criterios de avaliación:

-Coñece os principais narradores galegos que publicaron na década dos cincuenta.

-Identifica nos textos de Neira Vilas, Eduardo Blanco-Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole as liñas temáticas e os trazos formais dominantes da súa produción.

UNIDADE 8

Lectura

• Obxectivos:

-Entender o sentido do texto.

-Ser capaz de reflexionar sobre a influencia da publicidade na sociedade actual.

-Coñecer manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

-Valorar a publicidade como outro xeito de comunicación e coñecer a súa diversidade.

• Contidos:

-Introdución á publicidade e á linguaxe publicitaria.

-Obras literarias, cinematográficas e musicais relacionadas coa publicidade e co deseño.

• Criterios de avaliación:

-Entende o texto sen dificultade.

-É quen de reflexionar sobre a influencia da publicidade na sociedade actual.

-Coñece manifestacións artísticas sobre a publicidade.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 138

-Valora a publicidade como outro xeito de comunicación e coñece a súa diversidade.

Modelos textuais

• Obxectivos:

-Definir o concepto texto publicitario.

-Entender criticamente un anuncio publicitario.

-Recoñecer algunha característica propia da publicidade nun caso concreto.

-Identificar os diferentes tipos de textos publicitarios.

-Identificar todas as características dun texto publicitario.

-Redactar un anuncio publicitario adecuándose ao medio de comunicación para o que vai destinado.

-Valorar criticamente a publicidade na sociedade actual.

-Saber recoñecer criticamente os valores morais, sociais, económicos, etc. que un anuncio transmite.

• Contidos:

-Os medios de comunicación: o texto publicitario e a mensaxe explícita e implícita.

• Criterios de avaliación:

-Define o concepto texto publicitario.

-Entende criticamente un anuncio publicitario.

-Recoñece algunha característica propia da publicidade nun caso concreto.

-Identifica os diferentes tipos de textos publicitarios.

-Identifica todas as características dun texto publicitario.

-Redacta un anuncio publicitario adecuándose ao medio comunicación para o que vai destinado.

-Valora criticamente a publicidade na sociedade actual.

-Sabe recoñecer criticamente os valores morais, sociais, económicos, etc. que un anuncio transmite.

Funcionamento da lingua

• Obxectivos:

-Saber que é a cohesión.

-Saber que é a reiteración léxica.

-Identificar os problemas de reiteración léxica nun texto propio ou alleo.

-Coñecer as diferentes estratexias para evitar a reiteración léxica.

-Identificar se un texto está cohesionado.

-Saber aplicar as diferentes estratexias para evitar a reiteración léxica nun texto propio ou alleo.

-Ser capaz de compor un texto cohesionado.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 139

• Contidos:

-A cohesión: referencia interna de tipo léxico.

• Criterios de avaliación:

-Sabe que é a cohesión.

-Sabe que é a reiteración léxica.

-Identifica os problemas de reiteración léxica nun texto propio ou alleo.

-Coñece as diferentes estratexias para evitar a reiteración léxica.

-Identifica se un texto está cohesionado.

-Sabe aplicar as diferentes estratexias para evitar a reiteración léxica nun texto propio ou alleo.

-É capaz de compor un texto cohesionado.

Oralidade

• Obxectivos:

-Identificar as distintas tipoloxías de anuncios publicitarios orais.

-Coñecer o léxico da industria e do comercio.

-Elaborar anuncios publicitarios orais coas características correspondentes.

-Intentar convencer elaborando textos argumentativos orais.

-Avaliar as producións orais propias.

-Aplicar o léxico da industria e do comercio.

• Contidos:

-Publicidade e lingua oral.

-Léxico da industria e do comercio.

• Criterios de avaliación:

-Identifica as distintas tipoloxías de anuncios publicitarios orais.

-Coñece o léxico da industria e do comercio.

-Elabora anuncios publicitarios orais coas características correspondentes.

-Intenta convencer elaborando textos argumentativos orais.

-Avalía as producións orais propias.

-Aplica o léxico da industria e do comercio.

A lingua e nós

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 140

• Obxectivos:

-Reflexionar sobre a realidade plurilingüe mundial.

-Ser consciente da riqueza lingüística existente.

-Entender a diferenza entre linguas maioritarias e minoritarias.

-Reflexionar sobre a situación das linguas minorizadas.

-Coñecer as actitudes negativas existentes cara a determinadas linguas.

-Entender como condicionan os prexuízos o uso da lingua galega.

-Explicar axeitadamente o concepto de plurilingüismo.

-Explicar as características dos termos linguas maioritarias e minoritarias.

-Expoñer as circunstancias que rodean a moitas linguas minorizadas.

-Xustificar axeitadamente os valores de calquera lingua.

-Explicar as actitudes existentes cara á lingua galega na actualidade.

-Describir como os prexuízos condicionan o uso da lingua galega.

• Contidos:

-O plurilingüismo.

-A situación diferente das linguas no mundo.

-Linguas maioritarias e minoritarias.

-Linguas minorizadas e as súas situacións.

-Valor e respecto cara a todas as linguas.

-A valoración da lingua galega ao longo dos séculos.

-As valoracións negativas da lingua galega.

-Os usos lingüísticos condicionados por prexuízos.

• Criterios de avaliación:

-Reflexiona sobre a realidade plurilingüe mundial.

-É consciente da riqueza lingüística existente.

-Entende a diferenza entre linguas maioritarias e minoritarias.

-Reflexiona sobre a situación das linguas minorizadas.

-Coñece as actitudes negativas existentes cara a determinadas linguas.

-Entende como condicionan os prexuízos o uso da lingua galega.

-Explica axeitadamente o concepto de plurilingüismo.

-Explica as características dos termos linguas maioritarias e minoritarias.

-Expón as circunstancias que rodean a moitas linguas minorizadas.

-Xustifica axeitadamente os valores de calquera lingua.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 141

-Explica as actitudes existentes cara á lingua galega na actualidade.

-Describe como os prexuízos condicionan o uso da lingua galega.

Literatura

• Obxectivos:

-Coñecer a evolución da narrativa galega na posguerra e particularmente a introdución das novidades técnicas da man da Nova Narrativa Galega.

-Coñecer os principais escritores que adoitan asociarse á Nova Narrativa Galega e as súas características e obras principais.

-Establecer relacións entre a literatura galega e a literatura universal.

• Contidos:

-A narrativa de posguerra: a introdución do experimentalismo e de novas técnicas narrativas.

-A Nova Narrativa Galega: Xosé Luís Méndez Ferrín, María Xosé Queizán, Carlos Casares, Xohana Torres, Camilo Gonsar, Gonzalo Rodríguez Mourullo.

• Criterios de avaliación:

-Coñece os principais narradores da Nova Narrativa Galega.

-Identifica nos textos da Nova Narrativa Galega as novidades técnicas: obxectualismo, monólogo interior, perspectivismo, etc.

PROXECTO 2 FINAL DO 2º TRIMESTRE

Proxecto Poñémoslle razón á lingua (Artigo de opinión)

XustificaciónMarco.O enfrontamento de posturas está presente en múltiples ámbitos da vida cotiá, mais non sempre de xeito elaborado. É necesario profundar nas estratexias do tipo textual argumentativo, que ten a difícil intención comunicativa de convencer, acadar a adhesión dos interlocutores ás ideas que se defenden. Ademais de formular con claridade o problema, definir e organizar unha serie de argumentos segundo o tipo de receptor e establecer conclusións, convén evitar as falacias e contraargumentar tendo en conta a postura contraria.

Centro de interese para o alumnado. Interese didáctico.No seu contorno cotiá, o alumnado entra en contacto continuamente cos textos argumentativos. Sistematizar o traballo con este tipo textual centrándonos no artigo de opinión, permite mellorar o uso das destrezas que esixe e asemade acceder a unha ampla variedade de exemplos. Isto axudará a diferenciar datos de opinións, a defender as propias ideas a través de argumentos válidos, descartando as falacias, e a desenvolver estratexias relacionadas coa contraargumentación.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 142

Este profundamento na argumentación lingüística ten un enorme valor social: predispón a actuar como cidadáns, a participar na sociedade, sen se deixar arrastrar irreflexivamente por opinións de ampla difusión. A mellora da comprensión e produción de textos argumentativos contribúe a desenvolver a capacidade crítica e a autonomía do pensamento. O alumnado realizará unha escolla dentro dun ámbito temático relativamente amplo: lingua e sociedade. Serán, pois, cuestións académicas con pulso social as tratadas, que impele a confrontación e fundamentación das ideas, evitando prexuízos. Alén diso, a produción textual formará parte dunha publicación colectiva.

Desenvolvemento das Competencias Básicas.O proxecto pretende integrar diferentes competencias no labor de decisión, deseño, investigación, análise e reflexión, planificación, textualización, revisión e publicación do xénero que nos ocupa. As competencias claramente traballadas nas tarefas e actividades propostas son:

Competencia en comunicación lingüística. Competencia para aprender a aprender. Competencia no tratamento da información e competencia dixital. Competencia social e cidadá. Competencia para a autonomía e iniciativa persoal.

Eixo do proxecto e situación de comunicación.• Tema: Postura desprexuizada ante a diversidade lingüística.• Emisor e receptor: Alumnado e público en xeral.• Intención e finalidade: Contribuír ao debate sociolingüístico e reforzar os valores sociais

positivos ante as linguas e, especificamente, a respecto da lingua galega.• Canle e lugar de publicación: Escrita para publicación dixital colectiva.• Ámbito de uso: Xornalístico.• Tipo e xéneros textuais: Modo orientador, tipo argumentativo. Carta á dirección, editorial,

viñeta, crítica, artigo de opinión.

Obxectivos• Comprender e interpretar discursos argumentativos orais e escritos.• Profundar nas características e recursos dos textos argumentativos para a mellora da

contraargumentación. • Coñecer e empregar as características propias do artigo de opinión e xéneros afíns. • Reflexionar sobre os trazos lingüísticos do xénero.• Utilizar unha linguaxe adecuada, axustada, coherente e correcta para expresar e defender

opinións. • Planificar e revisar os textos aplicando estratexias adecuadas.• Participar en actividades de grupo adoptando un comportamento responsábel, cooperativo,

solidario e construtivo.• Valorar a diversidade lingüística e cultural ao tempo que a lingua propia de Galicia.• Analizar e rexeitar os estereotipos e prexuízos discriminatorios.

Contidos• Estrutura do texto argumentativo. As falacias. O desenvolvemento de argumentos.

Estratexias para anticipar, incorporar e enfrontar a postura contraria. A formulación de obxeccións e contraargumentos. A elaboración de conclusións.

• Os xéneros xornalísticos de opinión. A estrutura e trazos fundamentais do artigo.• Coherencia e progresión temáticas. Marcadores discursivos e conectores de contraste,

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 143

causa-consecuencia, etc. A referencia léxica.• Modo subxuntivo e oracións bipolares.• Plurilingüismo, linguas minorizadas e prexuízos lingüísticos.

AvaliaciónA avaliación centrarase no proceso de traballo seguido, tendo en conta o carácter avaliador de determinadas actividades, o control da implicación de cada alumno/a, así como do avance do proxecto, a resolución das tarefas e mais a calidade do produto final. Os criterios propostos son:

• Posiciónase criticamente ante a realidade social das linguas minorizadas.• Extrae e organiza información pertinente de diferentes fontes. • Usa esa información para compoñer e desenvolver argumentos coherentes e sen falacias. • Recoñece e aplica a estrutura do texto argumentativo.• Localiza e avalía situacións que apoien unha postura. • Identifica a postura do emisor e a oposta en distintos contextos e emprega estratexias de contraargumentación. • Distingue e caracteriza os xéneros xornalísticos de opinión, diferenciando o artigo. • Redacta un artigo de opinión respectando a estrutura.• Constrúe parágrafos ben estruturados, cohesiona os argumentos e relaciona todas as ideas por medio de marcadores e conectores. • Planifica e mellora o texto incorporando estratexias discursivas e usando ferramentas para a corrección lingüística. • Reflexiona sobre os usos lingüísticos. • Publica de xeito adecuado as producións. • Colabora co grupo e achega propostas para resolver as actividades e tarefas. • Desenvolve actitudes favorábeis cara a autocorrección e mais a autoavaliación e coavaliación.

Itinerario, modo de traballo, recursos e temporalización

Secuencias Actividades Traballo Recursos Sesións

Motivación e negociaciónQue sabemos e queremos facer?

Valoración e escolla de posturas.Definición de temas clave e escolla.Adopción dunha postura de maneira sintética.Revisión e concreción dos elementos do proxecto.

En grupo

Indiv.

En gran grupo

Táboa. 2

InvestigaciónProfundamos

Composición dun mapa de ideas tras consultar diversas fontes.Procura e clasificación de artigos con ideas compartidas.

En parellas

Listaxe de fontes.Mapa incompleto.Cadro.

2

Traballo co xéneroComo expresalo?

Recoñecemento da estrutura a partir de diversos textos argumentativos.Desenvolvemento de argumentos evitando falacias.Incorporación de estratexias de contraargumentación.Diferenciación de fórmulas para a

En parellas

Exemplos de estratexias.Listado de fórmulas.Batería de cuestións clave .Listado de marcadores.

6

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 144

conclusión doutras distintas.Análise de xéneros de opinión a través de preguntas clave.Clasificación de marcadores textuais e achega de equivalencias.Colocación de marcadores nun texto sen eles.Remate dun texto de opinión partindo de marcadores dados.Identificación de erros de progresión e referencia léxica para propoñer alternativas.Análise e modificación dos tipos de oración e os modos verbais.

ProduciónCompoñemos o texto

Revisión dos contidos e planificación da escrita do borrador.Elaboración do borrador.Revisión do borrador.

Indiv. Cadro.Follas de control.

2

Presentación e avaliación finalPartillamos

Composición do proxecto de publicación.Avaliación do traballo.Avaliación da secuencia.

Indiv. Rúbricas. 1

UNIDADE 9

Lectura

• Obxectivos:

-Entender un texto ensaístico de corte divulgativo.

-Coñecer os principais trastornos alimentarios e a súa prevención.

-Tomar consciencia da importancia da prevención e das consecuencias dos principais trastornos alimentarios.

-Saber identificar os principais trastornos alimentarios e as súas causas.

-Coñecer manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

• Contidos:

-O ensaio de corte divulgativo.

-A anorexia nerviosa e a bulimia.

-Obras literarias, cinematográficas e musicais relacionadas co texto que se presenta.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 145

• Criterios de avaliación:

-Entende un texto ensaístico de corte divulgativo.

-Coñece os principais trastornos alimentarios e a súa prevención.

-Toma consciencia da importancia da prevención e das consecuencias dos principais trastornos alimentarios.

-Sabe identificar os principais trastornos alimentarios e as súas causas.

-Coñece manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

Modelos textuais

• Obxectivos:

-Definir os conceptos ensaio, dicionario, glosario e enciclopedia.

-Explicar o funcionamento dun dicionario.

-Recoñecer algunha característica do texto ensaístico.

-Identificar os diferentes tipos de dicionario.

-Identificar todas as características dun texto ensaístico.

-Facer unha entrada de dicionario ou de enciclopedia.

-Valorar as diferentes ferramentas lingüísticas como a enciclopedia ou o dicionario.

-Redactar un texto ensaístico ou unha entrada de enciclopedia.

• Contidos:

-Textos do ámbito académico: dicionario, glosario, enciclopedia e ensaio.

• Criterios de avaliación:

-Define os conceptos ensaio, dicionario, glosario e enciclopedia.

-Explica o funcionamento dun dicionario.

-Recoñece algunha característica do texto ensaístico.

-Identifica os diferentes tipos de dicionario.

-Identifica todas as características dun texto ensaístico.

-Fai unha entrada de dicionario ou de enciclopedia.

-Valora as diferentes ferramentas lingüísticas como a enciclopedia ou o dicionario.

-Redacta un texto ensaístico ou unha entrada de enciclopedia.

Funcionamento da lingua

• Obxectivos:

-Distinguir a calidade dun texto que respecta as regras ortográficas.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 146

-Ser consciente de que a lingua é unha ferramenta de valoración social.

-Ser consciente de que a ortografía é unha ferramenta funcional para facilitar o proceso da escrita por seren unhas normas xa acordadas e establecidas.

-Ser capaz de compor un texto sen erros de ortografía.

• Contidos:

-A ortografía: o seu valor funcional e social.

• Criterios de avaliación:

-Distingue a calidade dun texto que respecta as regras ortográficas.

-É consciente de que a lingua é unha ferramenta de valoración social.

-É consciente de que a ortografía é unha ferramenta funcional para facilitar o proceso da escrita por seren unhas normas xa acordadas e establecidas.

-É capaz de compor un texto sen erros de ortografía.

Oralidade

• Obxectivos

-Identificar os elementos non verbais na linguaxe publicitaria oral.

-Valorar a calidade lingüística dos textos orais.

-Coñecer o léxico do turismo.

-Participar activamente en situacións comunicativas reais ou simuladas utilizando a argumentación.

-Conseguir chegar a acordos mediante o diálogo.

-Aplicar o léxico do turismo.

• Contidos:

-Elementos non verbais na comunicación publicitaria oral.

-Léxico do turismo.

• Criterios de avaliación:

-Identifica os elementos non verbais na linguaxe publicitaria oral.

-Valora a calidade lingüística dos textos orais.

-Coñece o léxico do turismo.

-Participa activamente en situacións comunicativas reais ou simuladas utilizando a argumentación.

-Consegue chegar a acordos mediante o diálogo.

-Aplica o léxico do turismo.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 147

A lingua e nós

• Obxectivos:

-Coñecer o contexto histórico do último cuarto do século XX (1975-2000).

-Entender o marco legal existente no último cuarto do século XX.

-Entender a situación da lingua galega nos medios de comunicación e na administración.

-Explicar as características do contexto histórico do último cuarto do século XX.

-Expoñer os elementos definidores da normalización e a normativización no último cuarto do século XX.

-Describir a situación da lingua galega na administración e nos medios de comunicación no último cuarto do século XX.

• Contidos:

-A lingua galega no último cuarto do século XX: o contexto histórico.

-A lingua galega no último cuarto do século XX: o marco legal.

-A lingua galega no último cuarto do século XX: normalización e normativización.

-A lingua galega no último cuarto do século XX: a situación nos medios de comunicación e na administración.

• Criterios de avaliación:

-Coñece o contexto histórico do último cuarto do século XX (1975-2000).

-Entende o marco legal existente no último cuarto do século XX.

-Entende a situación da lingua galega nos medios de comunicación e na administración.

-Explica as características do contexto histórico do último cuarto do século XX.

-Expón os elementos definidores da normalización e a normativización no último cuarto do século XX.

-Describe a situación da lingua galega na administración e nos medios de comunicación no último cuarto do século XX.

Literatura

• Obxectivos:

-Coñecer a evolución da poesía galega a partir de 1975.

-Coñecer as características da poesía deste período e os autores máis relevantes.

-Interesarse pola poesía galega actual e as súas manifestacións en actos culturais como recitais.

• Contidos:

-A poesía a partir de 1975: a continuación da obra de autores de máis idade, a Xeración dos 80 e as últimas promocións poéticas.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 148

-Fenómenos da poesía última: eclosión de figuras femininas, irrupción de novos temas sociais (feminismo, ecoloxía, pensamento antiglobalización...).

• Criterios de avaliación:

-Coñece os principais poetas galegos do último cuarto do século XX e comezos do XXI.

-Identifica nos textos os trazos diferenciais da Xeración dos 80 e das últimas promocións poéticas.

UNIDADE 10

Lectura

• Obxectivos:

-Entender o sentido do texto.

-Comprender o que significa a pataca para a sociedade galega.

-Coñecer manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

-Analizar e valorar os símbolos que representan a Galicia e á sociedade galega.

• Contidos:

-Os símbolos de Galicia e a súa significación.

-Obras literarias, cinematográficas e musicais relacionadas coa ficción científica.

• Criterios de avaliación:

-Entende o texto sen dificultade.

-Comprende o valor simbólico da pataca.

-Coñece manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

-Analiza e valora os símbolos que representan a Galicia e á sociedade galega.

Modelos textuais

• Obxectivos:

-Definir o concepto TIC.

-Saber consultar un fondo bibliotecario.

-Coñecer as ferramentas básicas que ofrece unha biblioteca.

-Empregar as ferramentas TIC máis importantes.

-Valorar o uso das novas tecnoloxías como vehículo de autoformación.

-Empregar a alfabetización informacional.

• Contidos:

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 149

-Usos das fontes de información: biblioteca e TIC.

• Criterios de avaliación:

-Define o concepto TIC.

-Sabe consultar un fondo bibliotecario.

-Coñece as ferramentas básicas que ofrece unha biblioteca.

-Emprega as ferramentas TIC máis importantes.

-Valora o uso das novas tecnoloxías como vehículo de autoformación.

-Emprega a alfabetización informacional.

Funcionamento da lingua

• Obxectivos:

-Distinguir a calidade dun texto que mostra unha puntuación coidada.

-Ser consciente de que a lingua é unha ferramenta de valoración social.

-Ser consciente de que a puntuación é unha ferramenta funcional para facilitar o proceso de comprensión, xa que xerarquiza a información e ordena o texto.

-Entender que a puntuación é un elemento central para a cohesión textual.

-Saber os usos dos diferentes signos de puntuación, alén da coma e do punto.

-Ser capaz de compor un texto sen erros de puntuación, cunhas oracións de dimensións medias e unha división en parágrafos equilibrados.

• Contidos:

-A puntuación: a súa relación coa cohesión sintáctica.

• Criterios de avaliación:

-Distingue a calidade dun texto que mostra unha puntuación coidada.

-É consciente de que a lingua é unha ferramenta de valoración social.

-É consciente de que a puntuación é unha ferramenta funcional para facilitar o proceso de comprensión, xa que xerarquiza a información e ordena o texto.

-Entende que a puntuación é un elemento central para a cohesión textual.

-Sabe os usos dos diferentes signos de puntuación, alén da coma e do punto.

-É capaz de compor un texto sen erros de puntuación, cunhas oracións de dimensións medias e unha división en parágrafos equilibrados.

Oralidade

• Obxectivos:

-Identificar os elementos paraverbais na linguaxe publicitaria oral.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 150

-Detectar usos discriminatorios e prexuízos na publicidade oral.

-Coñecer o léxico dos medios de transporte.

-Elaborar anuncios publicitarios orais coas características correspondentes.

-Avaliar as producións orais propias.

-Reflexionar sobre a maneira de modificar condutas a través dos elementos paraverbais da publicidade oral.

-Valorar a importancia de decatarse dos usos discriminatorios e dos prexuízos na publicidade oral.

-Aplicar o léxico dos medios de transporte.

• Contidos:

-Elementos paraverbais na comunicación publicitaria oral.

-Léxico dos medios de transporte.

• Criterios de avaliación:

-Identifica os elementos paraverbais na linguaxe publicitaria oral.

-Detecta usos discriminatorios e prexuízos na publicidade oral.

-Coñece o léxico dos medios de transporte.

-Elabora anuncios publicitarios orais coas características correspondentes.

-Avalía as producións orais propias.

-Reflexiona sobre a maneira de modificar condutas a través dos elementos paraverbais da publicidade oral.

-Valora a importancia de decatarse dos usos discriminatorios e dos prexuízos na publicidade oral.

-Aplica o léxico dos medios de transporte.

A lingua e nós

• Obxectivos:

-Coñecer o termo normalización lingüística.

-Entender o proceso necesario de normalización da lingua galega.

-Citar algúns ámbitos nos que se está levando a cabo o proceso de normalización.

-Explicar o concepto de normalización lingüística.

-Expoñer as características do proceso de normalización da lingua galega.

-Detallar os cambios que se produciron na normalización no ámbito do ensino e da administración.

• Contidos:

-A normalización lingüística.

-A normalización da lingua galega.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 151

-A normalización no ensino e na administración.

• Criterios de avaliación:

-Coñece o termo normalización lingüística.

-Entende o proceso necesario de normalización da lingua galega.

-Cita algúns ámbitos nos que se está levando a cabo o proceso de normalización.

-Explica o concepto de normalización lingüística.

-Expón as características do proceso de normalización da lingua galega.

-Detalla os cambios que se produciron na normalización no ámbito do ensino e da administración.

Literatura

• Obxectivos:

-Coñecer as novidades no ámbito da narrativa galega nas últimas décadas: novos temas, introdución de subxéneros, incorporación de narradoras, etc.

-Desenvolver a capacidade de apreciación estética e análise temática dos textos literarios.

-Reflexionar sobre os factores que condicionan a produción literaria.

• Contidos:

-A narrativa galega posterior a 1975.

-As novidades temáticas e xenéricas na narrativa galega das últimas décadas.

• Criterios de avaliación:

-Detecta nun texto narrativo os trazos formais e temáticos propios da narrativa última.

-Coñece a evolución da narrativa galega durante as últimas décadas.

UNIDADE 11

Lectura

• Obxectivos:

-Entender o sentido dun texto teatral.

-Analizar elementos do teatro do absurdo.

-Aprender a vincular un texto coa súa tradición literaria.

-Coñecer manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

• Contidos:

-O teatro e as manifestacións teatrais.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 152

-Obras literarias, cinematográficas e musicais relacionadas coas cartas e o correo electrónico.

• Criterios de avaliación:

-Entende un texto teatral sen dificultade.

-Analiza elementos do teatro do absurdo.

-Vincula o texto coa súa tradición literaria.

-Coñece manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

Modelos textuais

• Obxectivos:

-Coñecer os principais pasos para a redacción dun traballo escolar.

-Aplicar os principais pasos na redacción dun traballo escolar.

-Coñecer as ferramentas básicas da ofimática e aplicalas.

-Empregar as ferramentas ofimáticas máis importantes.

-Valorar o uso das novas tecnoloxías como ferramentas á hora de traballar coa lingua.

-Saber investigar.

-Ser capaz de revisar un traballo escrito.

-Elaborar un traballo escolar.

• Contidos:

-Presentación dun traballo: redacción de proxectos e informes sobre tarefas e aprendizaxes.

-Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos.

-Uso das TIC.

• Criterios de avaliación:

-Coñece os principais pasos para a redacción dun traballo escolar.

-Aplica os principais pasos na redacción dun traballo escolar.

-Coñece as ferramentas básicas da ofimática e aplícaas.

-Emprega as ferramentas ofimáticas máis importantes.

-Valora o uso das novas tecnoloxías como ferramentas á hora de traballar coa lingua.

-Sabe investigar.

-É capaz de revisar un traballo escrito.

-Elabora un traballo escolar.

Funcionamento da lingua

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 153

• Obxectivos:

-Distinguir a calidade dun texto que mostra unha redacción coidada.

-Ser consciente de que a calidade do texto funciona como ferramenta de valoración social.

-Ser consciente de que a revisión dun texto é o terceiro chanzo para compor un texto de calidade.

-Saber en que aspectos se ten que fixar a revisión dun texto.

-Coñecer as técnicas e as ferramentas para revisar un texto.

-Ser capaz de compor un texto de calidade lingüística tras realizar os actos de corrección e mellora que a revisión precisou.

-Saber distinguir entre os tipos de correctores ortográficos.

-Saber usar, sendo consciente das súas limitacións, os correctores ortográficos.

• Contidos:

-A revisión do texto. Mecanismos.

• Criterios de avaliación:

-Distingue a calidade dun texto que mostra unha redacción coidada.

-É consciente de que a calidade do texto funciona como ferramenta de valoración social.

-É consciente de que a revisión dun texto é o terceiro chanzo para compor un texto de calidade.

-Sabe en que aspectos se ten que fixar a revisión dun texto.

-Coñece as técnicas e as ferramentas para revisar un texto.

-É capaz de compor un texto de calidade lingüística tras realizar os actos de corrección e mellora que a revisión precisou.

-Sabe distinguir entre os tipos de correctores ortográficos.

-Sabe usar, sendo consciente das súas limitacións, os correctores ortográficos.

Oralidade

• Obxectivos:

-Coñecer os pasos para facer presentacións orais.

-Comprender os consellos para mellorar as presentacións orais utilizando as TIC.

-Saber o que é unha xerga, distinguir as súas características e coñecer exemplos.

-Coñecer usos sexistas da linguaxe.

-Coñecer o léxico dos oficios e das profesións.

-Facer presentacións orais seguindo os pasos precisos.

-Ser capaz de mellorar as presentacións orais seguindo os consellos para utilizar as TIC.

-Presentar oralmente información variada con respecto ás xergas asociadas a oficios.

-Reflexionar sobre usos sexistas da linguaxe e sobre a necesidade de evitalos.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 154

-Aplicar o léxico dos oficios e das profesións.

• Contidos:

-As TIC nas exposicións orais.

-Léxico dos oficios e das profesións.

• Criterios de avaliación:

-Coñece os pasos para facer presentacións orais.

-Comprende os consellos para mellorar as presentacións orais utilizando as TIC.

-Sabe o que é unha xerga, distingue as súas características e coñece exemplos.

-Coñece usos sexistas da linguaxe.

-Coñece o léxico dos oficios e das profesións.

-Fai presentacións orais seguindo os pasos precisos.

-É capaz de mellorar as presentacións orais seguindo os consellos para utilizar as TIC.

-Presenta oralmente información variada con respecto ás xergas asociadas a oficios.

-Reflexiona sobre usos sexistas da linguaxe e sobre a necesidade de evitalos.

-Aplica o léxico dos oficios e das profesións.

A lingua e nós

• Obxectivos:

-Entender o termo normativización.

-Citar os principais documentos de normativa da lingua galega.

-Xustificar a necesidade dunha variedade estándar.

-Expoñer as características de calquera proceso de normativización.

-Detallar o proceso de normativización da lingua galega.

-Explicar as características da variedade estándar da lingua galega.

• Contidos:

-A normativización.

-O proceso de normativización da lingua galega.

-A estandarización. As características da variedade estándar da lingua galega.

• Criterios de avaliación:

-Entende o termo normativización.

-Cita os principais documentos de normativa da lingua galega.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 155

-Xustifica a necesidade dunha variedade estándar.

-Expón as características de calquera proceso de normativización.

-Detalla o proceso de normativización da lingua galega.

-Explica as características da variedade estándar da lingua galega.

Literatura

• Obxectivos:

-Coñecer a evolución do teatro galego durante a democracia, os principais creadores e características.

-Desenvolver a capacidade de apreciación estética cara ao teatro como texto e como espectáculo.

-Promover o interese como lector, espectador e mesmo como axente activo na actividade teatral.

• Contidos:

-O teatro galego posterior a 1975.

-As novidades temáticas, formais e institucionais no campo do teatro galego das últimas décadas.

• Criterios de avaliación:

-Detecta nun texto teatral os trazos formais e temáticos propios do teatro actual.

-Coñece a evolución do teatro galego durante as últimas décadas.

UNIDADE 12

Lectura

• Obxectivos:

-Entender o sentido do texto.

-Ser capaz de recoñecer prexuízos de todo tipo.

-Coñecer manifestacións artísticas relacionadas co texto que se presenta.

-Saber desmontar prexuízos relacionados co xénero e co respecto a outras culturas.

-Coñecer aspectos básicos da cultura árabe.

• Contidos:

-Os prexuízos.

-Obras literarias, cinematográficas e musicais relacionadas co feminismo e coa cultura árabe.

• Criterios de avaliación:

-Entende o texto sen dificultade.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 156

-É quen de recoñecer prexuízos de todo tipo.

-Coñece manifestacións relacionadas co texto que se presenta.

-Sabe desmontar prexuízos relacionados co xénero e co respecto a outras culturas.

-Coñece aspectos moi básicos da cultura árabe.

Modelos textuais

• Obxectivos:

-Definir o concepto discriminación.

-Valorar negativamente o uso sexista ou discriminatorio na linguaxe.

-Procurar non empregar unha linguaxe sexista ou discriminatoria na práctica persoal.

-Coñecer os mecanismos de corrección dun texto discriminatorio.

-Clasificar os diferentes modos e tipos de discriminación.

-Valorar o uso das novas tecnoloxías como ferramentas á hora de traballar coa lingua.

-Mellorar a redacción dun texto discriminatorio.

• Contidos:

-A linguaxe discriminatoria: prexuízos, fontes (publicidade, medios, lingua común) e alternativas de uso.

• Criterios de avaliación:

-Define o concepto discriminación.

-Valora negativamente o uso sexista ou discriminatorio na linguaxe.

-Procura non empregar unha linguaxe sexista ou discriminatoria na práctica persoal.

-Coñece os mecanismos de corrección dun texto discriminatorio.

-Clasifica os diferentes modos e tipos de discriminación.

-Valora o uso das novas tecnoloxías como ferramentas á hora de traballar coa lingua.

-Mellora a redacción dun texto discriminatorio.

Funcionamento da lingua

• Obxectivos:

-Entender a importancia da norma.

-Comprender que as linguas son entes en continuo cambio.

-Saber que a norma debe adaptarse aos cambios que a lingua viva sofre.

-Conseguir contrastar a variación de norma entre o galego e outras linguas.

-Ser capaz de ver criticamente a diferente valoración social dos cambios de norma e descubrir os prexuízos que esta esconde.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 157

• Contidos:

-A importancia da norma: o cambio e a súa adaptación ás novas necesidades.

• Criterios de avaliación:

-Entende a importancia da norma.

-Comprende que as linguas son entes en continuo cambio.

-Sabe que a norma debe adaptarse aos cambios que a lingua viva sofre.

-Consegue contrastar a variación de norma entre o galego e outras linguas.

-É capaz de ver criticamente a diferente valoración social dos cambios de norma e descobre os prexuízos que esta esconde.

Oralidade

• Obxectivos:

-Coñecer os sintetizadores de voz.

-Distinguir e entender unha crítica.

-Reflexionar sobre as producións orais propias.

-Coñecer o léxico das calidades humanas.

-Valorar a calidade lingüística do sintetizador de voz e propoñer melloras.

-Elaborar críticas que teñan as características correspondentes.

-Avaliar as producións orais propias.

-Reflexionar sobre a importancia de que a audiencia teña criterio propio.

-Desenvolver unha actitude crítica para avaliar as mensaxes que se reciben.

-Aplicar o léxico das calidades humanas.

• Contidos:

-Análise crítica da comunicación televisiva e radiofónica.

-Léxico das calidades humanas.

• Criterios de avaliación:

-Coñece os sintetizadores de voz.

-Distingue e entende unha crítica.

-Reflexiona sobre as producións orais propias.

-Coñece o léxico das calidades humanas.

-Valora a calidade lingüística do sintetizador de voz e propón melloras.

-Elabora críticas que teñen as características correspondentes.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 158

-Avalía as producións orais propias.

-Reflexiona sobre a importancia de que a audiencia teña criterio propio.

-Desenvolve unha actitude crítica para avaliar as mensaxes que se reciben.

-Aplica o léxico das calidades humanas.

A lingua e nós

• Obxectivos:

-Coñecer o contexto histórico dos comezos do século XXI.

-Entender a evolución existente no coñecemento e uso da lingua galega.

-Coñecer os avances na normalización da lingua galega e os traballos no proceso de normativización.

-Explicar o contexto histórico e o marco legal existente nos comezos do século XXI.

-Expoñer os principais avances no proceso de normalización da lingua galega: os medios de comunicación e a edición en lingua galega.

-Explicar os principais cambios normativos dos comezos do século XXI.

• Contidos:

-A lingua galega nos comezos do século XXI: o contexto histórico.

-A lingua galega nos comezos do século XXI: o marco legal.

-A lingua galega nos comezos do século XXI: normalización e normativización.

-A lingua galega nos comezos do século XXI: a situación nos medios de comunicación e na edición en lingua galega.

• Criterios de avaliación:

-Coñece o contexto histórico dos comezos do século XXI.

-Entende a evolución existente no coñecemento e uso da lingua galega.

-Coñece os avances na normalización da lingua galega e os traballos no proceso de normativización.

-Explica o contexto histórico e o marco legal existente nos comezos do século XXI.

-Expón os principais avances no proceso de normalización da lingua galega: os medios de comunicación e a edición en lingua galega.

-Explica os principais cambios normativos dos comezos do século XXI.

Literatura

• Obxectivos:

-Valorar o patrimonio cultural e literario galego.

-Reflexionar sobre os retos actuais da literatura galega.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 159

-Promover a actitude crítica e reflexiva sobre a sociedade actual.

• Contidos:

-As circunstancias sociais e tecnolóxicas ás que se enfronta a literatura galega a comezos do novo milenio.

• Criterios de avaliación:

-Coñece os factores históricos recentes que condicionan o desenvolvemento actual da literatura galega.

PROXECTO 3 FINAL DO 3º TRIMESTRE

Proxecto O desafío da literatura en imaxes (Informe oral)

XustificaciónMarco.O texto expositivo, en canto que tipo de uso preferente no ámbito académico, resulta especialmente relevante para o desenvolvemento competencial no ensino. Constitúe o vehículo da maioría dos contidos que, de xeito oral ou escrito, se empregan nas diferentes actividades de ensinanza-aprendizaxe. Xustamente, a intención comunicativa básica deste tipo de textos é aumentar a comprensión e o coñecemento, o que esixe do emisor unha especial cualificación.

Centro de interese para o alumnado. Interese didáctico.Debemos facilitarlle ao alumnado a comprensión e produción dos textos expositivos, de cuxo dominio depende, en boa medida, o mergullo no mundo do coñecemento. O acceso adecuado á información, o seu manexo e relación constitúen requisitos cada vez máis indispensábeis para poder enfrontarse de modo autónomo ás esixencias de formación continuada da sociedade actual. O xénero textual traballado, o informe, permite a mellora das destrezas para buscar, escolmar e organizar a información, analizar situacións, extraer conclusións... Evidentemente, a finalidade non pode ser a elaboración de informes de calidade con validez extraescolar, senón a reflexión sobre os métodos de traballo e o valor dos resultados.Neste proxecto centrámonos na literatura actual e o seu contexto. O alumnado realizará un informe sobre o labor de lectura do trimestre: o propio traballo de avaliación colectivo, a comparación literatura – cine ou unha proposta de adaptación a imaxes da obra.

Desenvolvemento das Competencias Básicas.O proxecto pretende integrar diferentes competencias no labor de decisión, deseño, investigación, análise e reflexión, planificación, textualización, revisión e publicación do xénero que nos ocupa. As competencias claramente traballadas nas tarefas e actividades propostas son:

Competencia en comunicación lingüística. Competencia para aprender a aprender. Competencia no tratamento da información e competencia dixital. Competencia social e cidadá.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 160

Competencia para a autonomía e iniciativa persoal.

Eixo do proxecto e situación de comunicación.• Tema: As linguaxes verbal e icónica desde a ficción literaria.• Emisor e receptor: Grupos de alumnado e resto de alumnado.• Intención e finalidade: Reflexionar sobre o proceso de traballo coa lectura dunha obra de

ficción e compartir resultados.• Canle e lugar de publicación: Oral, na aula.• Ámbito de uso: Académico.• Tipo e xéneros textuais: Modo informativo, tipo expositivo. Memoria, disertación, acta,

informe.

Obxectivos• Extraer as características dos textos expositivos e saber aplicalas nas producións. • Distinguir os xéneros textuais expositivos orais do ámbito académico. Recoñecer as

características do informe.• Empregar axeitadamente os procedementos de procura e tratamento da información. • Estruturar a información seguindo os esquemas propios do tipo expositivo e do xénero

informe. • Saber planificar un informe, revisalo e expoñelo oralmente de maneira adecuada, coherente

e correcta. • Coñecer e empregar adecuadamente os procedementos de cohesión. • Reflexionar sobre a linguaxe propia dos informes. • Desenvolver actitudes favorábeis á autocorrección e a coavaliación. • Achegarse a algúns dos desafíos da literatura actual.

Contidos• Procura e selección de información en diferentes fontes. Estruturación coherente da

información escolmada.• Tipo textual expositivo. Modalidades, papel social do emisor e recursos para comunicar a

información. Estrutura e tipos de desenvolvemento. Características dos xéneros orais do ámbito académico. Comparación de informes e doutros xéneros expositivos orais. Recoñecemento e emprego de fórmulas características do xénero textual.

• Marcadores do discurso de orde e reformulación. Conectores lóxicos e gráficos. A correferencia. A puntuación como elemento de cohesión.

• Mecanismos de revisión de textos.• A literatura galega ante os desafíos do século XXI.

AvaliaciónA avaliación centrarase no proceso de traballo seguido, tendo en conta o carácter avaliador de determinadas actividades, o control da implicación de cada alumno/a, así como do avance do proxecto, a resolución das tarefas e mais a calidade do produto final. Os criterios propostos son:

• Coñece e emprega técnicas para a procura, selección e tratamento da información. • Selecciona a información relevante para presentar e elaborar informes. • Identifica os informes distinguíndoos doutros textos expositivos e recoñece as súas

características.• Planifica, revisa e presenta oralmente informes adecuados, coherentes e correctos.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 161

• Utiliza de maneira correcta os elementos de cohesión.• Constrúe parágrafos ben estruturados e relaciona as ideas por medio de marcadores e

conectores. • Reflexiona sobre os usos lingüísticos. • Colabora co grupo e achega propostas para resolver as actividades e tarefas. • Desenvolve actitudes favorábeis cara a autocorrección e mais a autoavaliación e

coavaliación.

Itinerario, modo de traballo, recursos e temporalización

Secuencias Actividades Traballo Recursos Sesións

Motivación e negociaciónQue sabemos e queremos facer?

Clasificación de informes escritos e orais, explicitando os criterios.Revisión e concreción dos elementos do proxecto.

En parellasEn gran grupo

Cadro. 1

InvestigaciónProfundamos

Realización dunha pescuda sobre literatura e cine para presentar na aula.

En parellas

Ficha e guía de pescuda.Relación de fontes.

3

Traballo co xéneroComo expresalo?

Achega e presentación de exemplos de textos expositivos académicos.Identificación de xéneros variados.Clasificación dos papeis do emisor.Extracción da estrutura e tipos de desenvolvemento a partir de varios textos expositivos.Manexo de recursos: citas, secuencias textuais...Axuste da comunicación da información nos informes orais.Recolocación de marcadores e referencias. Decisión da orde de aparición de cada tipo.

En parellasEn grupo

Exemplos de xéneros.Cadro.

4

ProduciónCompoñemos o texto

Realización do guión.Elaboración do borrador, preparación do material e ensaio da intervención.Revisión do borrador, con especial atención á puntuación.

En grupo

Pautas para elaborar o guión.Follas de control.Folla de observación da intervención.

3

Presentación e avaliación finalPartillamos

Exposición do informe.Avaliación do traballo.Avaliación da secuencia.

En grupoIndiv.

Lista de control.Folla de observación.Rúbricas.

2

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 162

6.2. CONTIDOS MÍNIMOS ESIXÍBEIS

- Comprensión de textos orais e escritos propios dos medios de comunicación audiovisual,

con especial atención aos xéneros de carácter argumentativo (artigos, debates, faladoiros,

editoriais...).

- Comprensión e análise de textos publicitarios dos medios de comunicación audiovisual,

atendendo aos compoñentes verbais e non verbais da comunicación publicitaria.

- Coa axuda dos medios audiovisuais e das TIC, presentacións orais ben organizadas sobre

temas de actualidade tomados dos medios de comunciación audiovisual que admitan

distintos puntos de vista, diferenciando información, opinión e persuasión e

inserindo a propia visión de maneira argumentada e respectuosa.

- Detección do tema e dos subtemas dun texto argumentativo, análise dos argumentos e

elaboración de esquemas que reflictan que se captou a súa mensaxe principal e a súa

estrutura.

- Composición de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais, como intervencións en

foros e blogs, curricula vitae, reclamacións e solicitudes, etc., así como textos propios dos

medios de comunicación en soporte papel ou dixital, como cartas ao director, editoriais,

artigos de opinión, columnas, etc.

- Composición, en soporte papel e dixital, de textos, sobre todo expositivos e

argumentativos, propios do ámbito académico e elaborados a partir de información

obtida en distintas fontes. Redacción de proxectos e de informes sobre tarefas e sobre

aprendizaxes.

- Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto polas normas

gramaticais e ortográficas e mais con adecuación á temática, fins, destinatarios, soporte... de

cada escrito.

- Recoñecemento das principais regras de combinación impostas polos verbos en función

dos seus argumentos e revisión das conseguintes estruturas sintácticas e os tipos de oración

segundo a natureza do predicado, aplicándoas na construción e revisión de textos; emprego

dunha terminoloxía sintáctica apropiada.

- Identificación e revisión da estrutura do texto, a construción dos parágrafos e a vinculación

e progresión temáticas en diferentes textos argumentativos, alleos e propios.

- Coñecemento xeral da situación sociolingüística e legal das linguas do Estado español, con

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 163

manexo e interpretación de gráficos, táboas, textos e información dos medios e tecnoloxías

da comunicación, valorando positivamente o plurilingüismo como expresión da riqueza

cultural da humanidade.

- Coñecemento xeral das distintas etapas da historia social da lingua galega desde comezos

do século XX, con manexo e interpretación de textos e información dos medios e

tecnoloxías da comunicación. Análise e comprensión das causas e consecuencias dos feitos

máis relevantes.

- Comprensión da situación sociolingüística de Galicia a través da revisión da presenza da

lingua galega nos principais ámbitos e contextos e dos factores de normalización,

desenvolvendo proxectos de traballo, con emprego dos medios e tecnoloxías da información,

que permitan enfrontar e superar prexuízos lingüísticos.

- Lectura expresiva e comprensiva de textos literarios das distintas etapas da literatura

galega desde o 1900, entendendo e apreciando os recursos empregados, sobre todo os que

manifestan as innovacións dos principais movementos, grupos ou autoras e autores.

- Desenvolvemento de tarefas colectivas sobre as lecturas e o seu contexto entendendo o

influxo determinante das circunstancias históricas e da situación sociolingüística na

evolución do sistema literario galego.

- Demostración de ter lido os libros de lectura obrigatorios.

7. CRITERIOS ESPECÍFICOS DE CUALIFICACIÓN para a ESO

Na ESO o valor dos diferentes contidos é o que segue:

a) Conceptuais: 30% (avaliábeis sobre todo a través de cuestións -nunca maioritarias- nas

probas)

b) Procedementais: 50%-60% (traballo, aplicación práctica... Incluída a lectura do trimestre)

c) Actitudinais: 10%-20% (esforzo e constancia, respecto, participación e interese...). O

absentismo e a impuntualidade -tres retrasos contan como unha falta inxustificable- inciden

negativamente na superación destes contidos. Considerarase abandono:

- non traer o material necesario para realizar as tarefas

- non realizar as tarefas

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 164

- entregar os exames en branco ou cunha nota inferior ao terzo da cualificación total do

exame.

- non presentarse ás probas

Dentro deses parámetros, para o cálculo da nota terase en conta:

• O traballo na aula e a adecuación ás actitudes referenciadas.

• Os resultados das probas obxectivas: dous ou máis exames por avaliación. Para facer media

será imprescindíbel obter como mínimo un terzo da cualificación total do exame.

• A presentación de traballos (obrigatorios ou voluntarios) centrados nos contidos

desenvolvidos na aula e que posibiliten o achegamento ás estratexias da investigación e

produción.

• As probas de lectura dos libros escollidos en cada trimestre.

O peso porcentual de cada elemento para a avaliación sumativa vén determinado polos

criterios de cualificación acordados polo Departamento.

Lecturas para a ESO.

Será obrigatorio ler un libro por trimestre, do que se realizará unha proba escrita ou oral que

permita avaliar a realización e a calidade da lectura. Son os seguintes:

1º ESO:

2ª av. Contos por palabras, Fernández Paz, ed. Xerais

3ª av. Tonecho de Rebordechao, Breogán Riveiro, ed. Galaxia

2º ESO:

1ª av. Cartas de inverno, Agustín Fernández Paz, ed. Xerais, colección Fóra de xogo.

2ª av. Ata que o saibas todo, Juan Cruz Igerabide, ed. Oxford, colección A árbore da lectura.

3ª av. Dragal, Elena Gallego, ed. Xerais, colección Fóra de xogo.

3º ESO:

1ª av. Aire Negro, de Agustín Fernández Paz, ou Irmán do Vento, de M. Lourenzo

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 165

2ª av. Poetízate, de Fran Alonso, ou Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro

3ª av. Rúa Carbón, de Marilar Aleixandre, ou Game over, de Santiago Lopo

4º ESO:

Escollerase unha das seguintes obras.

1ª avaliación: Retrincos + Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete. / Os dous de sempre

(Castelao, Galaxia) / A fiestra baldeira / Dos arquivos do trasno (Dieste, Galaxia) / O xene da

chuvia (Losada Vicente, Do Castro)

2ª avaliación: Os biosbardos (Blanco Amor, Galaxia) / Vento ferido / O sol do verán (Carlos

Casares, Galaxia) / Noite de voraces sombras (Agustín Fernández Paz, Xerais)

3ª avaliación: Que me queres, amor? (Manuel Rivas, Galaxia) / O único que queda é o

amor (Agustín Fernández Paz, Xerais) / Anxos en tempos de chuvia (Vázquez Freire, Xerais) / A

pomba e o degolado (Fina Casalderrey, Xerais)

Á parte, o alumnado poderá ler voluntariamente outros libros recomendados que serán

avaliados mediante proba oral (ou escrita, en casos excepcionais) e redundarán na nota media.

En 4º da ESO, os alumnos e as alumnas teñen que achegarse ao texto literario cunha maior

conciencia da súa condición de produto cultural intimamente ligado a un momento e un lugar

concretos. Ademais, o coñecemento compartido por toda a sociedade dunha serie de textos

canónicos segue a ser un dos marcadores culturais das sociedades modernas e un dos seus

elementos de cohesión social. Pero, evidentemente, esta perspectiva implica tamén algún perigo,

como o feito de que a distancia estilística, temática e contextual dalgúns clásicos pode afastar a

lectura da experiencia pracenteira que nunca debería deixar de ser. Esta é a razón pola que a nosa

selección para este curso procura atopar un equilibrio entre o coñecemento do canon literario galego

e a permanencia dunha dimensión eminentemente pracenteira da lectura dos textos literarios.

Ademais das obras lidas na súa integridade, o alumnado entrará en contacto con outros

textos literarios, a través dos fragmentos presentes en cada unidade. Estas dúas posicións estruturais

dentro de cada unidade didáctica permiten, tamén, buscar o equilibrio entre os textos ilustrativos do

canon literario galego (seleccionados co dobre criterio da súa representatividade e o seu carácter

motivador para o alumnado deste nivel educativo) e outros que, ao non ter que aterse a restricións

temporais, posibilitan introducir temas de actualidade.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 166

8. Temporalización para a ESO

Seguindo a distribución do libro de texto, da editorial Anaya en 1º, 2º e 3º e de Galaxia en 4º, en todos os cursos pretendemos desenvolver as unidades na orde proposta:

1ª Avaliación: unidades 1 a 4 (4 unidades)2ª Avaliación: unidades 5 a 8 (4 unidades)3ªAvaliación: unidades 9 a 12 (4 unidades)

9. Tratamento do fomento da lectura (Plan Lector)

Os contidos da materia de Lingua e Literatura xa levan implícito o traballo coa lectura; con

todo, especificaremos estes e outros proxectos propios do Departamento e en colaboración con

outros (ENDL, Biblioteca…).

-As lecturas que figuran nos libros de texto de cada curso.

-As lecturas de libro obrigatorio e voluntario.

-A actividade denominada Bibliodisea.

-As recensións e recomendacións literarias que o alumnado pode elaborar dos libros que

teña lido.

-A participación nos Certames literarios: O Samaín e A Caramiña

- A participación no Certame “Tíralle da lingua” , previa elaboración de contos ou

monólogos seleccionados da nosa Literatura ou ben de libre creación.

-O autor e a súa obra: lectura dunha obra para despois asistir á charla que o autor daría sobre

ela.

-Mini-Biblioteca de aula: pensada para cursos de 1º e 2º ESO: o alumnado lería libros e iría

elaborando unhas fichas modelo con diversas preguntas para logo entregar.

-Tarefas a partir das lecturas:

*Elaboración de glosarios específicos

*Ilustración partindo das suxestións dos recursos e do léxico

*Realización de tarefas de investigación e produción, ben sobre autor, obra, xénero

e/ou corrente literaria, contexto histórico, etc.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 167

10. Tratamento do fomento das TIC

Somos conscientes de que é preciso poñer as ferramenta TIC ao servizo da creación de

medios didácticos que contribúan a favorecer a aprendizaxe e a ofrecer unhas ensinanzas acordes

con esta sociedade da comunicación, e máis na área de Lingua Galega e Literatura, onde se pretende

que as TIC sexan unha ferramenta para que o alumnado poida obter, interpretar, elaborar e valorar

informacións e opinións de distinto tipo, e se convertan ademais nun recurso para traballar os

distintos bloques de contidos que se recollen no Decreto 133/2007.

Consideramos que algunhas das características pedagóxicas que deben caracterizar as boas

prácticas de ensino-aprendizaxe apoiadas nos recursos TIC son:

– O máis importante é sempre o pedagóxico, non o tecnolóxico.

– As TIC non teñen efectos máxicos sobre a aprendizaxe nin xeran innovacións educativas

per se, por iso o protagonismo do profesorado como guía e orientador do proceso de ensino-

aprendizaxe é primordial.

– As TIC reforzan a aprendizaxe tanto en métodos de ensino expositivos como en métodos

construtivistas, onde se lle dá un maior protagonismo ao alumnado no descubrimento de

novos contidos.

– As TIC cómpre empregalas de xeito que o alumnado aprenda facendo cousas con elas:

procura de datos, manipulación de obxectos dixitais, creación de información, audicións,

proxeccións de vídeos, realización de actividades interactivas.

– Estas tecnoloxías empréganse tanto no traballo individual coma nos procesos de

aprendizaxe colaborativa con grupos de alumnos, e tanto presencial coma virtualmente.

– Co emprego das TIC é preciso facer explícito o obxectivo e o contido da aprendizaxe, así

como o tipo de competencia ou habilidade que se quere promover no alumnado.

– Débese evitar a improvisación cando se poñan en práctica as actividades empregando os

distintos recursos dixitais propostos e cómpre adaptalos á diversidade do alumnado existente

nas aulas.

Os libros de texto presentan algunhas propostas e recursos a este respecto, que se

empregarán selectivamente. Algúns son:

– O libro de texto en formato dixital, .pdf, para ser utilizado nun encerado dixital, proxector

de vídeo ou no computador persoal do alumnado.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 168

– Listaxes de páxinas que nos remiten a distintas webs, blogs, audios, vídeos... que conteñen

propostas para buscar información, seleccionala, analizala e extraer as conclusións

pertinentes.

– Presentacións cos mapas conceptuais dos contidos que vaian ser presentados ou revisados

para a súa posterior avaliación.

– Arquivos de audio e vídeo para traballar a comprensión e expresión oral, escrita e mesmo

literaria.

– Unha variada tipoloxía de actividades interactivas: actividades nas que se enlazan

conceptos, correntes, autores..., exercicios de escolla, que lle propón ao alumnado que

realice unha selección correcta sobre unhas determinadas opcións, actividades de

verdadeiro/falso, onde o alumnado deberá demostrar o grao de comprensión de textos orais,

escritos ou doutro tipo de contidos, exercicios para completar ocos cos contidos clave que

faltan, etc.

O Departamento ten previsto, en todo caso e dentro das limitacións impostas pola dotación

do Centro, empregar as TIC para formar o alumnado como usuarios activos e críticos da rede, para

apoiar o proceso de aprendizaxe e para permitir o intercambio.

Así, en 1º e 2º da ESO, no que se desenvolve o Plan Abalar, empregaranse diferentes

recursos interactivos e material dixital, ademais de empregar a rede social educativa Edmodo. En 4º

da ESO organizarase o curso tamén desde o blogue da materia http://remexer.com/cuarto/ e o

alumnado partillará o espazo http://remexercuarto.wordpress.com/ ; alén diso, os proxectos de

comunicación poden desenvolverse dixitalmente, co apoio das ferramentas escolmadas polo

Departamento en http://traballos.weebly.com/ .

Nos demais cursos, os traballos de avaliación e a abordaxe de determinados contidos inclúen

recursos na web que é preciso consultar segundo determinados criterios, e poden ser realizados e

publicados con ferramentas on line, tales como Slideshare, Zoho Show, etc. Puntualmente,

manexaranse recursos tomados de páxinas e blogues de lingua e literatura, recompilados en

http://www.netvibes.com/romanlandin#Blogues_e_webs_da_materia .

E, por suposto, o módulo de Competencia Comunicativa e Dixital esixe a integración das

TIC, o que realizamos tal como se indica na parte correspondente desta programación, contando cun

blogue da aula no que se concentran as propostas ( http://cocodi.wordpress.com / ) e mais un blogue

colectivo do alumnado: http://comunicativadixital.wordpress.com .

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 169

III] LINGUA GALEGA E LITERATURA BACHARELATO

1. Presentación. Programación e características da etapa

2. Obxectivos xerais

3. Contidos

Lingua galega e Literatura 1

Lingua galega e Literatura 2

4.- Obxectivos comúns

5.- Lingua galega e literatura 1º BAC

A)Obxectivos

B) Contidos

C) Avaliación

6.- Lingua galega e literatura 2º BAC

A)Obxectivos

B) Contidos

C) Avaliación

7.-Criterios de avaliación.

8.- Metodoloxía

9.- Criterios específicos de cualificación. Lecturas.

10. Atención á diversidade

11. Educación en valores

12. Materiais e recursos

13. Temporalización.

14. Contidos mínimos

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 170

1. Presentación. Programación da etapa

A) Características da etapa

O Bacharelato, ao situarse entre a Educación Obrigatoria e a Ensinanza Superior,

convértese nun punto no que converxen tendencias contrapostas. Iso esixe abordar a etapa desde

unha perspectiva integradora e dinámica para poder captar as súas peculiaridades e caracteres

específicos.

Destas finalidades deriva o carácter propedéutico e terminal desta etapa:

- O Bacharelato ten un carácter de preparación para estudos posteriores; pero iso non significa

convertelo nun simple prólogo dos estudos universitarios, nin trasladar á Educación Secundaria

postobrigatoria esquemas científicos e didácticos específicos de niveis superiores. Trátase, máis

ben, de adoptar unhas formulacións que, sendo coherentes cos da etapa educativa anterior,

contribúan a profundar e a ampliar os coñecementos desenvolvidos, e a incorporar a perspectiva

analítica propia das disciplinas científicas, así como un maior rigor na formulación do coñecemento.

- O Bacharelato ten, ademais, unha función terminal, cun valor educativo en si mesmo. Ofrece

o nivel superior de cualificación xeral que a sociedade actual lles esixe aos seus cidadáns. A

formación que proporciona ten interese tanto polas posibilidades de promoción laboral, como por

ampliar a propia bagaxe cultural.

Respecto do alumnado, entre os 16 e 18 anos continúa o proceso de acentuación e

afianzamento dos cambios fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais que marcan a transición cara á vida

adulta. Cumprirá telo en conta na programación dos contidos, atendendo os seguintes planos:

— No ámbito cognitivo, o desenvolvemento do pensamento formal permite asumir novas

habilidades e outros papeis sociais, e adquirir valores morais superiores. O razoamento formal

permitirá operar sobre proposicións e non só sobre obxectos reais e concretos; posibilitará enfocar a

resolución dun problema atendendo a todas as situacións e relacións posibles, formular hipóteses

explicativas e verificalas sistematicamente mediante procesos dedutivos e experimentais, así como

someter os resultados ás probas dunha análise dedutiva.

— Os ámbitos de desenvolvemento da autonomía persoal e a inserción social aparecen moi

ligados nesta etapa. Os mozos e mozas destas idades adoitan estar moi preocupados por agradar aos

demais e por conformar as súas actitudes e accións ás normas sociais, sobre todo ás que rexen o

grupo de iguais. Paralelamente, amosan un marcado interese por diferenciarse, por construír a súa

propia imaxe e personalidade, e o seu propio proxecto de vida. É o período de consolidación da

identidade persoal, que se concreta na adquisición dunha conciencia moral autónoma, de

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 171

reciprocidade; na adopción de valores significativos; e na elaboración dun concepto de si mesmo/a

acompañado dunha autoestima básica.

Este proceso de afirmación persoal ten lugar mediante a inserción nunha «cultura de

idade», que se caracteriza por un estilo de vida peculiar e uns hábitos e valores propios. As novas

potencialidades cognitivas permítenlles reflexionar sobre si mesmos, sobre o seu contorno; así

como unha posible apertura ao diálogo cos demais se se propicia un clima de participación

democrática, tanto no contorno escolar coma no familiar.

A etapa preséntase como o momento da elección vocacional, da adopción de crenzas e

actitudes, do compromiso con valores, do proxecto de vida e, sobre todo, da formación da

identidade persoal e o afianzamento dunha personalidade capaz de autoavaliarse e rectificar,

segundo o proxecto de vida trazado.

B) Lingua e literatura no Bacharelato

Tal como indica o currículo, a área de lingua galega e literatura ten como obxectivo

fundamental na etapa do ensino postobrigatorio o enriquecemento da capacidade comunicativa do

alumnado, competencia que xa se vén traballando desde a ESO. Neste sentido, non se produce un

salto cualitativo considerable entre ambas as dúas etapas en canto que o obxectivo fundamental é o

mesmo: a adquisición e mellora da competencia comunicativa, entendida esta como unha

competencia ampla que abrangue saberes lingüísticos, sociolingüísticos e discursivos e que lle debe

reportar ao alumnado a capacidade para usar a lingua (tanto no nivel produtivo coma receptivo e

interaccional) nas diversas esferas da actividade social e individual.

A diferenza deste currículo con respecto ao da etapa anterior radica fundamentalmente na

maior sistematización de coñecementos lingüísticos e literarios e na abordaxe de situacións

comunicativas e textos (nomeadamente dos ámbitos científico, académico e dos medios de

comunicación) cada vez máis complexos e acordes coa idade e a madureza intelectual do noso

alumnado, que debe entender esta etapa como unha continuación dos seus estudos obrigatorios que

o axudará a prepararse para retos futuros, estean estes no mundo laboral ou no mundo académico.

Daquela, debe haber unha progresión de contidos con respecto ao da ESO, co fin de non

convertelo en algo sinxelamente repetitivo. O criterio que se segue é o de atender a aqueles aspectos

que na etapa de ensino obrigatorio puidesen ter un menor tratamento e, ao tempo, afondar noutros

contidos que, por idade e madureza intelectual das alumnas e dos alumnos, se visen dun xeito máis

superficial daquela.

O nivel de coñecementos de lingua galega e literatura que se adquire ao rematar o

bacharelato corresponde ao dunha persoa capaz de comprender unha ampla variedade de textos

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 172

orais e escritos extensos e cun alto nivel de dificultade, expresarse de forma fluída e espontánea en

distintos contextos comunicativos, producir textos ben estruturados sobre temas de certa

complexidade e para distintos fins e mostrar un uso correcto da norma ortográfica e morfosintáctica.

2. Obxectivos xerais de Lingua e Literatura no Bacharelato

Como resultado do proceso de ensino-aprendizaxe, os alumnos e as alumnas han de ser quen

de:

• Utilizar a lingua galega, oralmente e por escrito, como instrumento para a comunicación

interpersoal e para a comprensión, análise e organización de feitos e saberes de calquera tipo.

• Utilizar a lingua galega para a comprensión, e para a elaboración de informacións orais e

escritas, atendendo ás características formais de cada unha delas.

• Valorar a lingua galega como propia de Galicia, comprendendo as circunstancias históricas

que condicionaron a súa evolución.

• Analizar a realidade sociolingüística de Galicia, interpretando criticamente os factores que

interveñen nela.

• Analizar as linguaxes específicas dos medios de comunicación e utilizar as seccións e os

programas en galego para mellorar as propias produccións.

• Aplicar os principios fundamentais da gramática galega, recoñecendo as distintas unidades

da lingua, e as súas posibles combinacións, no plano fónico-fonolóxico, morfosintáctico, léxico-

semántico e textual.

• Coñecer as características das principais etapas da Literatura Galega, así como dos autores

e das obras máis significativas, utilizando de forma crítica as fontes documentais para o seu estudio.

• Ler e comentar as obras máis representativas das diferentes épocas da literatura galega,

como fonte de pracer persoal e como manifestación artística do ser humano nun ámbito cultural

concreto.

3. Contidos

Desenvólvense en ambos os cursos de maneira progresiva unha serie de contidos comúns

en relación coas destrezas comunicativas fundamentais. Son os seguintes:

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 173

-Lectura comprensiva, análise e comentario de textos de natureza diversa e cun nivel de

dificultade adaptado aos obxectivos propios da etapa postobrigatoria.

-Produción de textos orais e escritos respectuosos coas regras de coherencia, cohesión,

adecuación, presentación e corrección ortográfica que facilitan a comunicación lingüística.

-Elaboración de exposicións orais e composicións escritas realizadas de xeito documentado e

cun vocabulario rigoroso que lle proporcionen ao alumnado os rudimentos do discurso científico.

-Aplicación e respecto polas normas básicas que rexen o intercambio e a interacción

comunicativa.

-Busca, obtención, selección e integración de información procedente de fontes bibliográficas

e audiovisuais proporcionadas polas bibliotecas e polas tecnoloxías da información.

-Valoración da nosa lingua como elemento de identidade colectiva e consideración positiva do

esforzo e o compromiso individual a prol da normalización lingüística.

-Interese pola literatura como manifestación artística do ser humano, como fonte de

formación perma- nente e de satisfacción persoal. Reflexión e análise de obras e fragmentos de

diversos períodos literarios.

En 1º de Bacharelato abórdanse en cada un dos bloques do currículo:

Lingua e texto.

-Reflexión e comprensión dos principais conceptos de lingüística xeral que teñen que ver coa comu-

nicación e a linguaxe: comunicación, linguaxe, lingua, unidades lingüísticas, signo lingüístico,

funcio- nalidade lingüística e disciplinas lingüísticas.

-Reflexión sobre o concepto de rexistro lingüístico, os seus tipos e as súas manifestacións

lingüísticas. Aplicación ás producións propias dos coñecementos adquiridos. Análise do rexistro en

producións alleas.

-Recoñecemento da presentación e corrección ortográfica como dúas propiedades textuais que

deben aplicar ás producións propias. Repaso de casos de ortografía dubidosa.

-Texto descritivo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características

lingüísticas. Substantivo e adxectivo: xénero e número, o grao do adxectivo, as conxuncións

comparativas.

-Texto expositivo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características

lingüísticas. Outras palabras adnominais (artigo, demostrativo, posesivo, cuantificadores e

identificadores). Caracterización e tipoloxía.

-Texto narrativo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características lingüísticas.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 174

O verbo: a conxugación verbal regular e irregular. As perífrases verbais. O infinitivo conxugado.

Des- crición e usos.

-Texto argumentativo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características lin-

güísticas. Os conectores: preposicións e conxuncións. Caracterización e tipoloxía. As locucións

prepositivas. O adverbio: caracterización e tipoloxía. As locucións adverbiais.

-Texto dialogado: intención comunicativa, estrutura formal e de contido, características lingüísticas.

Os pronomes: caracterización e tipos. Funcións e usos.

A sociolingüística.

-A formación da lingua galega: substrato e superestrato. O estrato latino: principais evolucións

fonéticas do latín ao galego. Cultismos, semicultismos e palabras patrimoniais. Familias léxicas

irregulares.

-A lingua galega na Idade Media: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e

situación sociolingüística.

-A lingua galega nos Séculos Escuros: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico

e situación sociolingüística.

-A lingua galega no Rexurdimento: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e

situación sociolingüística.

-A diversidade lingüística no mundo e en Europa: unidade e diversidade lingüística. Multilingüismo

e plurilingüismo.

-A diversidade lingüística na Península Ibérica: linguas faladas na Península Ibérica. Territorios,

usos e situación legal. O caso galego.

A literatura.

-A literatura e o texto literario. Xéneros e recursos formais. Introdución á cronoloxía xeral da

historia da literatura galega.

-A literatura medieval: a lírica profana (cantiga de amor, de amigo e de escarnio) e a lírica relixiosa

(as cantigas de Santa María). Caracterización, lectura e comentario. A prosa medieval.

-A literatura nos Séculos Escuros e na Ilustración: literatura popular e culta. Caracterización, lectura

e comentario.

-A literatura no século XIX: o Prerrexurdimento. O Rexurdimento. Rosalía de Castro, Curros

Enríquez e Eduardo Pondal. Outros autores coetáneos.

En 2º:

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 175

Lingua e texto.

-Propiedades do texto: a coherencia e a cohesión. Análise de procedementos lingüísticos básicos e

aplicación ás propias producións. A progresión temática.

-A fonética e a fonoloxía. Descrición de fonemas.

-As variedades dialectais. Bloques e áreas dialectais. Principais trazos fonéticos, morfolóxicos e sin-

tácticos. O texto dialectal.

-Estrutura e formación de palabras. Tipos de morfemas e análise morfolóxica.

-Sintaxe: unidades e funcións sintácticas. Análise sintáctica.

-Semántica: campos semánticos. As relacións e os cambios semánticos. Definición de palabras.

A sociolingüística.

-As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa

repercusión nos usos.

-Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da

norma.

-Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.

-O galego no 1o terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e

situación sociolingüística.

-O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación

sociolingüística.

-O galego de finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais.

Contexto histórico e situación sociolingüística.

A literatura.

-A literatura do primeiro terzo do século XX:

* A poesía das Irmandades e a poesía de vangarda.

* A prosa: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).

* O teatro: Irmandades, Vangardas e o Grupo Nós.

-A literatura entre 1936 e 1976:

* A poesía: a Xeración de 1936, a Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais. A poesía

do exilio.

* A prosa: os renovadores da prosa: Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas. A Nova Narrativa

Galega. A prosa do exilio.

* O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia. O teatro do exilio.

-A literatura de fins do século XX e comezos do XXI:

* Poesía: temas e autoras e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 176

* Prosa: temas e autoras e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes.

* Teatro: o teatro dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes.

-Lectura, análise e comentario de textos significativos, polo menos dunha obra completa de cada un

dos períodos literarios referidos.

4. Obxectivos

.: Comprender o contido global e particular, así como a intención e propósito dos discursos

orais, escritos e audiovisuais procedentes de diversos contextos comunicativos da vida social e

cultural.

.: Expresar por escrito e oralmente o contido dunha mensaxe axustando o discurso a

diferents situacións comunicativas e mantendo a coherencia, a corrección gramatical e a adecuada

presentación e a utilización dos principais elementos cohesivos.

.: Desenvolver as principais técnicas de comunicación e aprendizaxe relativas á comprensión

e á produción que se empregan durante a interacción oral, para lograr os fins pretendidos e

atendendo aos distintos contextos.

.: Identificar os diversos tipos de textos orais, escritos e audiovisuais e reflexionar sobre a

súa estrutur, así como recoñecer o seu tema e a organización da información.

.: Interpretar e valorar criticamente a información e as mensaxes que enmanan dos distintos

dixurso e utilizar on autonomía e espírito crítico as novas tecnoloxías da información e a

comunicación.

.: Planificar, realizar e corrixir as propias producións de xeito que a persoa usuaria da lingua

sexa axente social no seu ámbito, contribuíndo a consolidar as distintas funcións sociais da lingua.

.: Coñecer a realidade multilingüe do mundo, de Europa e do estado español valorando

positivamente a riqueza que representa e fomentar o desnvolvemmento da competencia pluricultural

e, en especial o plurilingüe.

.: Coñecer, analizar e reflexionar sobre a situación social da nosa lingua e factores e procesos

que ao longo da súa historia a levaron á situación actual.

.: Analizar os diferentes usos sociais da lingua, valorar as súas variedades, superar

estereotipos lingüísticos que supoñen xuízos de valor e prexuízos, en especial os referidos ás

mulleres, para evitalos.

.: Recoñecer e analizar as distintas unidades da lingua e o seu funcionamento a partir dos

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 177

distintos tipos de textos que se producen en contextos diferentes e cun achegamento analítico que

observe a lingua partindo da globalidade para chegar ás partes mínimas.

.: Apreciar e valorar a corrección e precisión formal como unha condición para que a

comunicación funcione.

.: Adquirir un corpus léxico importante, adecuado á intención e á situación comunicativa,

almacenable a longo prazo, de fácil acceso e formalmente correcto.

.: Coñecer as características das pincipais etapas da literatura galega así como as correntes,

xéneros, autoras e autores e obras máis representativas utilizando fontes bibliográficas axeitadas

para o seu estudo.

.: Ler, comprender, analizar e xulgar con criterio obras e fragmentos representativos das

diferentes épocas da literatura galega em tanto que expresión de determinadaas circunstancias

sociohistóricas.

.: Concienciarse de que unha lectura crítica e de calidade mellora a competencia

comunicativa, xa que posiblita a formación, a información e o pracer.

5. LINGUA GALEGA E LITERATURA 1º BAC. Obxectivos, contidos, criterios de avaliación

1. A comunicación humana

Obxectivos

- Analizar e recoñecer os elementos que interveñen nun acto de comunicación, as funcións da

linguaxe e o signo lingüístico.

- Familiarizarse co funcionamento dunha biblioteca e dos seus arquivos informatizados, coñecer

ben as súas seccións e valorar a súa utilidade na busca de información e no labor de estudo.

Identificar o texto como unidade lingüística e os principais tipos de textos segundo a súa intención

comunicativa.

- Distinguir as disciplinas lingüísticas, indentificar o obxecto de estudo da morfoloxía e recoñecer

as clases de palabras e os seus trazos definitorios.

Contidos

- A comunicación. Os sinais.

- Tipos de sinais, segundo a súa natureza e segundo a relación entre o sinal e o que representa.

- A comunicación humana. Elementos do acto comunicativo. Outros códigos na comunicación

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 178

humana. As funcións da linguaxe.

- O signo lingüístico. Características do signo lingüístico.

- A biblioteca. Seccións da biblioteca.

- O texto. Tipoloxía textual.

- A lingüística e as súas disciplinas.

- A morfoloxía. A palabra: clasificación.

- Recoñecemento dos distintos tipos de signos, segundo a súa natureza e segundo a relación entre o

sinal e o que representa.

- Identificación dos principais elementos da comunicación humana.

- Distinción dos diferentes códigos de comunicación (substitutivos, paralingüísticos...) en diversas

situacións comunicativas.

- Recoñecemento das funcións da linguaxe.

- Determinación das características do signo lingüístico.

- Uso dos diferentes catálogos e seccións dunha biblioteca.

- Distinción das unidades texto, parágrafo e oración e dos principais tipos de textos.

- Recoñecemento das principais disciplinas da lingüística e do seu obxecto de estudo.

- Identificación da disciplina da morfoloxía e da palabra como signo lingüístico dobremente

articulado.

- Recoñecemento e clasificación das clases de palabras.

- Estimación da riqueza expresiva e comunicativa da linguaxe humana.

- Valoración positiva da utilidade dos catálogos da biblioteca na busca de información.

- Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise.

Avaliación

- Clasificar razoadamente uns exemplos de sinais segundo sexan indicios, imaxes ou símbolos.

- Observar un esquema de síntese sobre os elementos do acto comunicativo.

- Indicar exemplos de actos comunicativos nos que se empregan códigos distintos á linguaxe

verbal.

- Ler un esquema de síntese sobre as funcións da linguaxe.

- Crear un esquema sobre o signo lingüístico e as súas características.

- Comentar de xeito razoado sobre un exemplos de comunicación animal.

- Usar os diferentes catálogos e seccións dunha biblioteca.

- Redactar un texto axustándose a uns modelos dados.

- Ler un esquema de síntese sobre a tipoloxía textual.

- Discriminar as afirmacións certas ou falsas dunha serie sobre as disciplinas lingüísticas.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 179

- Observar un esquema de síntese sobre os tipos de monemas.

- Emparellar palabras de dúas columnas distintas que teñan a mesma estrutura morfolóxica.

- Localizar nun texto exemplos de diferentes clases de palabras.

2. A diversidade lingüística

Obxectivos

- Coñecer e valorar a diversidade lingüística do mundo, de Europa e da Península Ibérica en

particular.

- Aplicar correctamente distintas técnicas de consulta e busca de información en Internet.

- Distinguir as características dos textos descritivos e os diferentes tipos de descricións.

- Indentificar os trazos de flexión de xénero e número de substantivo e adxectivo, e tamén súa

tipoloxía e o seu grao.

Contidos

- A diversidade lingüística no mundo. Clasificación das linguas segundo a súa orixe. Clasificación

das linguas segundo a súa forma.

- As linguas de Europa.

- As linguas da Península Ibérica.

- Consulta en Internet. Pescuda por palabra clave. Pescuda por índices temáticos.

- Texto descritivo. Trazos lingüísticos. Tipos de descricións.

- O substantivo. Flexión de xénero e número. Clasificación do substantivo.

- O adxectivo. Flexión de xénero e número. Graos do adxectivo.

- Determinación das principais familias lingüísticas do mundo e clasificación destas linguas

segundo sexan illantes, aglutinantes, sintéticas ou polisintéticas.

- Recoñecemento das principais linguas de Europa e clasificación das mesmas segundo a familia á

que pertencen.

- Identificación das linguas da Península Ibérica e establecemento das súas principais

características.

- Coñecemento e uso de Internet.

- Recoñecemento dos trazos lingüísticos dos textos descritivos e dos seus tipos.

- Aplicación de técnicas e recursos para a elaboración de descricións.

- Identificación, segundo distintos criterios, do substantivo e do adxectivo como clases de palabras.

- Determinación das variacións morfolóxicas do substantivo e das súas diferentes clases.

- Identificación das variacións morfolóxicas do adxectivo e dos seus distintos graos.

- Valoración positiva da diversidade lingüística como mostra de riqueza cultural.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 180

- Respecto polo carácter plurilingüe e pluricultural da Península Ibérica.

- Interese por coñecer e usar as novas tecnoloxías no ámbito do estudo, ademais de no lecer.

- Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise.

Avaliación

- Clasificar unhas linguas segundo a familia lingüística á que pertencen.

- Ler un esquema de síntese sobre os tipos de linguas segundo a súa forma.

- Responder razoadamente a unhas cuestións sobre a diversidade lingüística na Península Ibérica.

- Observar un esquema de síntese sobre o texto descritivo e os seus tipos.

- Coñecer e aplicar distintos tipos de pescuda a través de Internet.

- Ler unha descricion de persoa e identificación do seu tipo; posterior localización no texto de

adxectivos e indicación dos trazos das descricións que exemplifican unhas partes destacadas nel.

- Redactar unha descrición de persoa.

- Clasificar uns substantivos segundo o seu xénero.

- Transformar unhas oracións cambiando os susbtantivos de forma singular a plural.

- Clasificar uns substantivos segundo o concepto ao que se refiren.

- Ler un esquema de síntese sobre os graos do adxectivo.

- Determinar grao dos aadxectivos presentes nunhas oracións.

3. O galego e o portugués

Obxectivos

- Recoñecer os trazos que emparentan galego e portugués, e tamén os que lles serven de contraste.

- Aplicar axeitadamente no estudo a técnica de uso de dicionarios especializados.

- Coñecer os trazos lingüísticos do texto narrativo e os elementos da narración.

- Distinguir atendendo a diferentes criterios o artigo e o pronome e recoñecer os diferentes tipos de

artigos e pronomes determinantes.

Contidos

- O galego e o portugués. Dúas linguas irmás. Contrastes entre galego e portugués. O portugués no

mundo. A dimensión internacional do galego.

- Os dicionarios especializados. Dicionarios temáticos. Vocabularios. Dicionarios técnicos da

lingua.

- Texto narrativo. Trazos lingüísticos. Elementos da narración.

- O artigo. O artigo determinado. O artigo indeterminado. Combinacións do artigo.

- O pronome.

- O pronome determinante. Os demostrativos. Os posesivos. Os cuantificadores. Os identificadores.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 181

Os relativos, interrogativos e exclamativos.

- Distinción da orixe común de galego e portugués, das súas identidades e dos seus contrastes.

- Recoñecemento da expansión do portugués no mundo.

- Identificación da dimensión internacional do galego.

- Distinción e manexo dos principais tipos de dicionarios especializados.

- Recoñecemento dos trazos lingüísticos dos textos narrativos e dos elementos da narración.

- Aplicación de técnicas e recursos para a elaboración de narracións.

- Identificación, segundo distintos criterios, do artigo e do pronome como clases de palabras.

- Determinación das particularidades morfolóxicas do artigo determinado e indeterminado.

- Identificación dos diferentes tipos de pronomes determinantes (demostrativos, posesivos,

cuantificadores, identificadores, relativos, interrogativos e exclamativos) e das súas particularidades

morfolóxicas.

- Valoración positiva da proximidade entre galego e portugués; e a potencialidade desta relación na

dimensión internacional do galego.

- Interese polos dicionarios especializados como ferramenta de grande utilidade.

- Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise.

Avaliación

- Describir a situación lingüística en Galicia antes e despois do século XII.

- Ler un esquema de síntese sobre as diferenzas entre o portugués e o galego.

- Redactar a versión galega duns textos xornalísticos excritos en portugués.

- Localizar nunha sopa de letras de sete países da Lusofonía.

- Definir exemplificar o concepto crioulo.

- Manexar diferentes tipos de dicionarios e vocabularios especializados.

- Observar un esquema de síntese sobre os trazos lingüísticos da narración.

- Identificar os trazos do texto narrativo que exemplifican as partes destacadas nun texto deste tipo;

e posterior distinción do tipo de narrador que ten.

- Distinquir, con exemplos, dos pronomes persoais e dos pronomes determinantes.

- Observar un esquema de síntese sobre os tipos de artigos.

- Redactar un texto completándoo cos artigos determinados e indeterminados axeitados.

- Ler un esquema de síntese sobre os tipos de pronomes determinantes cuantificadores.

- Localizar e clasificar os pronomes determinantes presentes nuns refráns.

4. A variabilidade lingüística

Obxectivos

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 182

- Establecer os factores que determinan as variedades sociais e situacionais e identificar as

características dos diferentes niveis de lingua e rexistros.

- Utilizar diferentes técnicas de memorización como recurso para facilitar o estudo.

- Coñecer os trazos lingüísticos do texto expositivo, a súa estrutura e os seus tipos.

- Recoñecer e usar correctamente as formas dos diferentes pronomes persoais tónicos e átonos.

Contidos

- A variabilidade lingüística.

- As variedades sociais ou sinstráticas. Nivel culto. Nivel medio. Nivel popular. Nivel vulgar.

- As variedades situacionais ou sinfásicas.

- Técnicas de memorización. O esquema de chaves. Os acrónimos. O relato creativo.

- Texto expositivo. Trazos lingüísticos. Estruturación do texto expositivo. Tipos de texto

expositivo.

- O pronome persoal. Pronomes persoais tónicos. Pronomes persoais átonos.

- Recoñecemento da variabilidade lingüística.

- Establecemento dos factores sociais e culturais que propician as variedades sinstráticas.

- Recoñecemento das principais características dos niveis culto, medio, popular e vulgar.

- Distinción dos factores contextuais que orixinan as variedades sinfásicas.

- Identificación dos diferentes rexistros e determinación dos factores que inflúen na utilización dun

ou doutro.

- Aplicación de técnicas e recursos de memorización.

- Distinción dos trazos lingüísticos dos textos expositivos e da súa estrutura e tipos.

- Aplicación de técnicas e recursos para a elaboración de textos expositivos.

- Identificación o pronome persoal tónico e das súas variedades morfolóxicas.

- Recoñecemento do pronome persoal átono, das súas variedades morfolóxicas e das súas

particularidades (pronome reflexivo, pronome de solidariedade e dativo de interese).

- Establecemento das posicións correctas do pronome átono na oración e das súas diferentes

posibilidades de combinación.

- Interese por coñecer os factores sociais que determinan as variantes sinstráticas da lingua.

- Valoración da riqueza expresiva das variedades sinfásicas.

- Interese por coñecer e aplicar diferentes recursos mnemotécticos.

- Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise.

Avaliación

- Observar un esquema de síntese sobre as variedades da lingua.

- Asociar uns enunciados coas variedades da lingua que exemplifican.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 183

- Explicar de forma resumida os factores culturais e sociais que condicionan as variedades

sinstráticas.

- Ler un esquema de síntese sobre os niveis de lingua.

- Comprender unha táboa con exemplos de voces equivalentes no seu significado pero con distinto

nivel de lingua.

- Analizar de maneira pautada os niveis de lingua que presenta a lectura da unidade.

- Definir e exemplificar as variedades sinfásicas.

- Aplicar distintos métodos de memorización.

- Localizar na unidade dun texto expositivo e exemplificar os seus trazos máis importantes.

- Observar un esquema de síntese sobre os tipos de pronome persoal.

- Localizar e clasificar os pronomes persoais dun texto.

- Ler un esquema de síntese sobre o pronome de solidariedade e o pronome de interese.

- Copiar unhas oracións incluíndo nelas te ou che nos lugares axeitados.

- Identificar a oración anterior que contén un pronome de solidariedade e da que ten un pronome de

interese.

- Redactar oracións que conteñan pronomes reflexivos correctos.

5. Formación do galego

Obxectivos

- Coñecer as orixes e a formación histórica da nosa lingua e valorar a contribución do latín como a

súa base fundamental.

- Aplicar unha técnica que permite a toma de apuntamentos de forma clara e sistemática.

- Identificar os principais trazos lingüísticos do texto argumentativo e os diferentes tipos de

argumentacións.

- Recoñecer, atendendo a diferentes criterios, o verbo como clase de palabra; as características e a

conxugación dos verbos regulares e irregulares e o uso das formas amodotemporais e das perífrases

verbais.

Contidos

- A formación do galego. Síntese histórica. O substrato prerromano. A romanización. O superestrato.

- A toma de apuntamentos. Uso de abreviaturas e símbolos.

- Texto argumentativo. Trazos lingüísticos. Estrutura do texto argumentativo. Tipos de

argumentacións.

- O verbo (I).

- O verbo regular. Estrutura. A conxugación verbal.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 184

- Recoñecemento das distintas etapas de formación do galego: substrato, romanización e

superestrato.

- Aplicación correcta da técnica que facilita unha toma de apuntamentos clara e ordenada.

- Determinación dos trazos lingüísticos dos textos argumentativos e da súa estrutura e tipos.

- Aplicación de técnicas e recursos para a elaboración de textos argumentativos.

- Identificación, segundo distintos criterios, do verbo como clase de palabra.

- Determinación da morfoloxía do verbo regular, atendendo á súa estrutura, conxugación e

categorías verbais.

- Recoñecemento da estrutura morfolóxica dos verbos regulares das tres conxugacións.

- Identificación dos valores, usos e formas do tempos e modos verbais.

- Distinción dos diferentes aspectos verbais e a súa concreción en cada tempo.

- Valoración do galego como idioma xurdido do latín e irmán das demais linguas romances.

- Interese por defender as propias opinións de forma organizada e argumentada.

- Hábito de facer unha toma de apuntamentos clara e ordenada.

- Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise.

Avaliación

- Observar un esquema de síntese sobre as etapas na formación do galego.

- Clasificar unhas palabras segundo se orixinasen no substrato, no estrato ou no superestrato.

- Elixir a opción que completa adecuadamente unhas afirmacións sobre a orixe do galego.

- Realizar un esquema sobre as fases de adopción da lingua latina na época da romanización.

- Ler un esquema de síntese sobre os tipos de argumentos pola súa natureza.

- Redactar un texto argumentativo de acordo cos trazos estudados.

- Poñer en práctica a técnica de toma de apuntamentos.

- Caracterizar o verbo segundo o punto de vsta morfolóxico, sintáctico e semántico.

- Observar un esquema de síntese sobre os constituíntes do verbo.

- Segmentar unhas formas verbais nos seus constituíntes.

- Ler un esquema de síntese sobre os diferentes tempos verbais.

- Identificar a forma que corresponde a uns trazos número-persoais e modotemporais duns verbos.

- Transformar unhas oracións mudando o tempo dos verbos de presente indicativo a pretérito de

indicativo.

6. O galego na Idade Media

Obxectivos

- Coñecer a evolución da lingua galega durante a Idade Media.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 185

- Dominar unha técnica que permite elaborar resumos de todo tipo de textos.

- Coñecer os trazos lingüísticos fundamentais do texto instrutivo e os seus tipos.

- Recoñecer o adverbio, a preposición e a conxunción e as súas respectivas locucións a través de

diferentes criterios e dominar as súas características e o seu uso.

Contidos

- O galego na Idade Media. Síntese histórica. O esplendor medieval.

- O resumo.

- Texto instrutivo. Trazos lingüísticos. Tipos de texto instrutivo.

- O verbo irregular.

- As formas amodotemporais. O infinitivo. O xerundio. O participio.

- As perífrases verbais.

- Determinación da situación do galego durante a época medieval.

- Elaboración dun resumo.

- Determinación dos trazos lingüísticos dos textos instrutivos e dos seus tipos.

- Aplicación de técnicas e recursos para a elaboración de textos instrutivos.

- Determinación da morfoloxía do verbo irregular, tendo en conta as irregularidades na raíz e na

vogal temática e as irregularidades nos morfemas flexionais.

- Recoñecemento das formas amodotemporais do verbo.

- Distinción dos diferentes tipos de perífrases verbais.

- Valoración do período medieval da nosa lingua como exemplo de desenvolvemento plenamente

normalizado do galego.

- Aprecio pola corrección na elaboración de todo tipo de escritos.

- Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise.

Avaliación

- Determinar se unhas oracións sobre o noso contexto histórico medieval son certas ou falsas;

posterior transformación das oracións falsas en certas,

- Ler un esquema de síntese sobre os trazos básicos do galego medieval.

- Recoñecer nun texto medieval dos trazos propios do galego desta época.

- Realizar o resumo dun texto aplicando as técnicas estudadas.

- Observar un esquema de síntese sobre os tipos de textos instrutivos.

- Identificar os trazos dunha receita de cociña que a caracterizan como texto instrutivo; e posterior

clasificación deste segundo sexa director ou técnico.

- Comprender se unhas oracións teñen formas acaídas dos verbos irregulares que se indican; e

posteriormente análizalos morfolóxicamente.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 186

- Observar un esquema de síntese sobre as formas amodotemporais do verbo.

- Exemplificar mediante oracións do uso correcto do infinitivo conxugado.

- Elaborar un esquema sobre as formas regulares e irregulares de varios participios.

- Ler un esquema de síntese sobre a estrutura das perífrases verbais.

- Identificar as perífrases dunhas oracións e clasificación destas segundo as ideas que expresan.

7. O galego: da decadencia ao rexurdir

Obxectivos

- Coñecer a evolución da lingua galega desde os Séculos Escuros ao século XIX.

- Aplicar correctamente unha técnica para a preparación de exames.

- Determinar os trazos lingüísticos do texto dialogado e dominar as diferentes formas de presentar o

diálogo na narración.

- Recoñecer o adverbio, a preposición e a conxunción e as súas respectivas locucións a través de

diferentes criterios e dominar as súas características e o seu uso.

Contidos

- Da decadencia ao rexurdir. Síntese histórica. A decadencia (sécs. XV-XVIII). O rexurdir (séc.

XIX).

- Preparación de exames. Fases na preparación de exames. Tipos de exames.

- Texto dialogado. Trazos lingüísticos. O diálogo na narración.

- O adverbio. Locucións adverbiais. Tipos de adverbios.

- A preposición. As preposicións galegas.

- A conxunción. Locucións conxuntivas. Tipos de conxuncións.

- Identificación da situación do galego durante os Séculos Escuros.

- Recoñecemento da situación do galego durante o século XIX.

- Aplicación de técnicas de preparación de exames.

- Recoñecemento dos trazos lingüísticos dos textos dialogados.

- Determinación das diferentes formas de presentación do diálogo na narración: estilo directo,

indirecto e indirecto libre.

- Aplicación de técnicas e recursos para a elaboración de textos dialogados.

- Identificación, segundo distintos criterios, do adverbio, da preposición e da conxunción como

clases de palabras.

- Distinción dos tipos de adverbios e locucións adverbiais e das súas funcións.

- Recoñecemento das preposicións e locucións prepositivas e dos seus usos e funcións.

- Identificación e clasificación das conxuncións e locucións conxuntivas.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 187

- Valoración dos esforzos dos ilustrados e dos autores do Rexurdimento a prol da normalización do

galego.

- Interese por coñecer as características das distintas etapas da historia da nosa lingua.

- Respecto as regras que rexen o intercambio comunicativo nos diálogos.

- Aprecio polas técnicas de estudo e de preparación de exames como método para o

desenvolvemento persoal.

Avaliación

- Ler un esquema de síntese sobre o contexto histórico na época de decadencia (sécs. XV-XVIII) e

na de rexurdir (séc. XIX).

- Seleccionar a opción que completa correctamente uns enunciados sobre a sitación do galego neste

período.

- Resumir nunha táboa os feitos que supuxeron un avance ou retroceso para o galego no século

XIX.

- Observar un esquema de síntese sobre os tipos de diálogo na narración.

- Localizar os verba dicendi dun texto; e posterior transformación do diálogo directo dese texto en

indirecto.

- Ler un esquema de síntese sobre os trazos caracterizadores do adverbio, a preposición e a

conxunción.

- Localizar e clasificar todos os adverbios e locucións adverbiais dun texto..

- Identificar as preposicións e locucións prepositivas presentes nuns refráns.

- Copiar unhas oracións completándoas coas conxuncións axeitadas e posterior clasificación destas.

8. Os xéneros literarios

Obxectivos

- Distinguir lingua non-literaria de lingua literaria e recoñecer as características básicas desta

última.

- Caracterizar os trazos básicos da comunicación literaria e da obra literaria.

- Diferenciar os xéneros literarios máis importantes.

- Definir lírica distinguindo as características das súas manifestacións cultas e populares.

- Determinar os trazos definidores da narrativa analizando os elementos os seus textos.

- Recoñecer as principais características do xénero dramático.

- Definir a través de textos os trazos propios doutros xéneros como a didáctica, o periodismo, a

oratoria ou a historia.

- Amosar interese polos distintos xéneros literarios como formas de expresar inquietudes culturais.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 188

Contidos

- A lingua literaria.

- A comunicación literaria: a obra literaria.

- Os xéneros literarios.

- A lírica.

- Elementos configuradores da lírica.

- Principais subxéneros líricos.

- A narrativa.

- Elementos configuradores da narración.

- Principais subxéneros narrativos.

- A dramática: o teatro.

- Elementos configuradores da obra dramática.

- A didáctica.

- O periodismo.

- A oratoria.

- A historia.

- Identificación das características da lingua literaria.

- Recoñecemento dos trazos característicos dun texto lírico.

- Análise de textos poéticos.

- Identificación das características dun texto narrativo.

- Análise de textos narrativos.

- Identificación das características dun texto teatral.

- Reflexión sobre os principais elementos do teatro.

- Recoñecemento das características da didáctica.

- Distinción dos trazos principais do periodismo.

- Identificación dos trazos característicos da oratoria.

- Recoñecemento dos principais trazos da historia.

- Valoración da literatura como fonte de pracer e como alternativa para o lecer.

- Interese polos distintos xéneros literarios como camiños para expresar as inquietudes culturais.

Avaliación

- Ler un esquema de síntese sobre as características da lingua literaria.

- Determinar os elementos do acto de comunicación literaria asociados a diversas obras de distintos

xéneros.

- Observar un esquema de síntese sobre os trazos básicos da lírica e das modalidades e subxéneros

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 189

da lírica.

- Determinar, a partir de dous textos poéticos, dos seus trazos métricos, de rima e temáticos, e

clasificar estes segundo correspondan á lírica culta ou popular.

- Pescudar as mostras de lírica popular e clasificación destas polo seu contido.

- Ler un esquema de síntese sobre os elementos básicos da narrativa.

- Identificar nun relato de Castelao dos elementos propios do xénero narrativo: narrador,

personaxes, espazo...

- Complender correctamente uns enunciados sobre outros xéneros literarios: historia, periodismo,

oratoria...

- Ler uns textos literarios e determinación xustificada do xénero ao que pertencen.

9. A lírica medieval (I)

Obxectivos

- Recoñecer as características históricas, sociais, culturais e lingüísticas da Galicia medieval.

- Determinar as orixes e características da lírica galego-portuguesa e os seus principais xéneros.

- Valorar a importancia da lírica medieval galego-portuguesa como expoñente cultural de primera

orde na Europa do seu tempo.

- Distinguir, a través de textos, as características e modalidades das cantigas de amigo.

- Comentar a cantiga de amigo «Ai flores, ai flores do verde pino» de Don Denís.

Contidos

- O contexto histórico, social e cultural da Galicia Medieval.

- A lingua galega na Idade Media.

- As orixes da lírica galego-portuguesa.

- A relación da lírica galego-portuguesa coa provenzal.

- O ámbito social.

- O ámbito social e xeográfico.

- Os autores e intérpretes das cantigas trobadorescas.

- Os cancioneiros da lírica medieval.

- Os xéneros líricos medievais.

- A cantiga de amigo.

- Identificación das características históricas, sociais e culturais da Galicia medieval.

- Recoñecemento das características do galego da Idade Media.

- Análise das distintas teses sobre as orixes da lírica galego-portuguesa.

- Identificación das principais vías de penetración da lírica provenzal na nosa cultura.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 190

- Recoñecemento dos ámbitos social e xeográfico da lírica galego-portuguesa.

- Identificación dos principais autores e intérpretes das cantigas medievais.

- Análise das características dos principais cancioneiros.

- Identificación dos xéneros líricos medievais e distinción dos mesmos en principais e secundarios.

- Recoñecemento dos trazos de contido, as variedades e os campos sémicos da cantiga de amigo.

- Análise dos elementos formais da cantiga de amigo: recursos, estilo, linguaxe, métrica e rima.

- Aplicación dun método de comentario a unha cantiga de amigo.

- Interese pola lectura e a comprensión das cantigas de amigo.

- Valoración da lírica medieval galega como un dos expoñentes da máis brillantes da literatura

europea da época.

Avaliación

- Seleccionar a opción que completa adecuadamente uns enunciados sobre o contexto político,

social, económico, cultural e lingüístico da literatura galega medieval.

- Ler un esquema de síntese sobre as fontes documentais máis importantes da lírica galego-

portuguesa.

- Ler un poema actual que xira arredor dos nosos trobadores medievais e investigación pautada

sobre eles.

- Observar un esquema de síntese sobre os xéneros da lírica galego-portuguesa.

- Recoñecer xustificadamente o xénero ao que corresponden uns exemplos de cantigas medievais.

- Ler un esquema de síntese sobre as características de contido e de forma das cantigas de amigo.

- Determinar razoadamente os campos sémicos dominantes en dous fragmentos de cantigas de

amigo.

- Analizar métrica e de rima dunha cantiga de amigo, coa súa anotación correspondente.

10. A literatura medieval (II)

Obxectivos

- Distinguir, a través da análise de textos, os principais trazos (formais e de contido) e as

modalidades da cantiga de amor.

- Recoñecer, a través da análise de textos, as características (formais e de contido) e as modalidades

da cantiga de escarnio e maldicir.

- Comentar de forma pautada a cantiga de amor «Por non saberen qual ben desegei», de Fernán

Gonçálvez de Seabra.

- Amosar interese por ler cantigas de amor e de escarnio e maldicir e apreciar o valor lúdico e

humorístico destas últimas.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 191

Contidos

- A cantiga de amor.

- O contido da cantiga de amor: voz, interlocutores, campos sémicos.

- A forma da cantiga de amor: clasificación, recursos, estilo e linguaxe.

- A cantiga de escarnio e maldicir.

- O contido da cantiga de escarnio e maldicir: clasificación e campos sémicos.

- A forma da cantiga de escarnio e maldicir: clasificación, recursos, estilo e linguaxe.

- Identificación dos trazos de orixe, voz, interlocutores e campos sémicos da cantiga de amor.

- Análise dos elementos formais (métrica, rima, recursos, linguaxe, estilo) e da tipoloxía da cantiga

de amor.

- Identificación dos trazos de orixe e campos sémicos da cantiga de escarnio e maldicir; e

determinación da súa tipoloxía.

- Análise dos elementos formais (recursos, linguaxe, estilo) da cantiga de escarnio e maldicir.

- Aplicación do método de comentario de textos para analizar unha cantiga de amor.

- Interese por ler cantigas de amor e de escarnio e maldicir.

- Aprecio o valor lúdico e humorístico das cantigas de escarnio e maldicir.

Avaliación

- Ler un esquema de síntese sobre o contido e a forma das cantigas de amor.

- Discriminar as afirmacións correctas dunha serie sobre as cantigas de amor.

- Identificar o campo sémico propio das cantigas de amor ao que pertencen unhas series de palabras.

- Localizar no Apéndice do libro dunha cantiga de amor de refrán e doutra de mestría.

- Observar un esquema de síntese sobre os tipos de cantigas de escarnio e maldicir e os seus campos

sémicos.

- Ler un esquema de síntese sobre os recursos específicos da cantiga de escarnio e maldicir.

- Redactar un texto humorístico no que se empreguen os recursos do equívoco e da ironía.

- Ler de dúas cantigas de escarnio e maldicir e análizar os seus trazos básicos á luz do estudado na

unidade.

11. A literatura medieval (III)

Obxectivos

- Distinguir os xéneros menores e recoñecer nos textos os trazos propios de cada modalidade.

- Establecer as fontes, tipos e características das Cantigas de Santa María.

- Recoñecer as orixes e os principais núcleos temáticos da prosa narrativa medieval e tamén coñecer

os principais textos historiográficos, haxiográficos, didácticos e xurídicos galego-portugueses.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 192

- Desenvolver o comentario de texto da cantiga de Santa María: «Como Deus fez vivvo d’agua

ant’archeteclinno».

Contidos

- Os xéneros menores da lírica medieval: pastorela, tenzón, pranto e cantiga de seguir.

- A lírica relixiosa: as Cantigas de Santa María.

- A prosa medieval galego-portuguesa: os ciclos narrativos, a historiografía e os textos

haxiográficos, didácticos e xurídicos.

- Análise das características específicas dos xéneros menores.

- Identificación das características das Cantigas de Santa María: autoría, fontes, tipos...

- Recoñecemento dos principais núcleos temáticos da narrativa galego-portuguesa.

- Identificación das características e os principais textos da historiografía galego-portuguesa.

- Distinción dos textos haxiográficos, didácticos e xurídicos galego portugueses.

- Análise dunha cantiga de Santa María aplicando o método de comentario de texto.

- Interese polos xéneros menores como mostra da variedade de manifestacións líricas da Idade

Media.

- Valoración das Cantigas de Santa María como o máis importante cancioneiro relixioso medieval.

Avaliación

- Ler un esquema de síntese sobre os trazos formais e temáticos da pastorela.

- Comprender un esquema sobre a relación duns trazos da pastorela con outros xéneros da nosa

lírica medieval.

- Observar un esquema de síntese sobre os trazos formais e temáticos da tenzón.

- Clasificar unhas palabras segundo a serie lexical das tenzóns á que pertencen.

- Ler un esquema de síntese sobre os trazos formais e temáticos do pranto e da cantiga de seguir.

- Ler e resumir un fragmento de cantiga medieval e indicación razoada do xénero menor ao que

pertence.

- Observar un esquema de síntese sobre os tipos de Cantigas de Santa María.

- Copiar unhas afirmacións sobre as Cantigas de Santa María completándoas coherentemente á luz

do estudado na unidade.

- Redacción dun texto que poña en relación o estudado sobre as Cantigas de Santa María co visto na

lectura da unidade.

- Observar un esquema de síntese sobre os diferentes tipos e mostras da nosa prosa medieval: prosa

narrativa, prosa historiográfica, prosa haxiográfica, prosa didáctica e xurídica.

- Ler un texto da nosa prosa medieval e identificación xustificada do tipo ao que pertence.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 193

12. Os Séculos Escuros

Obxectivos

- Recoñecer as características históricas, sociais, culturais e lingüísticas de Galicia entre os séculos

XV e XVIII.

- Identificar as causas da decadencia da poesía trobadoresca.

- Distinguir as principais características e mostras da poesía popular oral, da poesía culta ou erudita,

da narrativa popular e do teatro dos Séculos Escuros.

- Coñecer e valorar a obra dos ilustrados galegos.

- Comentar de forma pautada o poema «Respice Finem», de Pedro Vázquez de Neira.

Contidos

- Os Séculos Escuros: contexto histórico.

- A situación lingüística.

- A decadencia da poesía trobadoresca.

- A literatura galega dos séculos XVI e XVII: a poesía popular, a erudita, o vilancico, a narrativa e o

teatro.

- O século XVIII: os ilustrados.

- Identificación dos principais trazos históricos, sociais e culturais dos Séculos Escuros.

- Recoñecemento da situación do galego na época.

- Discriminación das causas da decadencia.

- Recoñecemento das principais características da poesía popular oral.

- Identificación das principais mostras e autores da poesía culta e erudita.

- Determinación da tradición, a temática e a difusión do vilancico.

- Análise das modalidades e características da prosa popular.

- Identificación dos trazos de autoría e temática do teatro.

- Aplicación do método de comentario de texto a un soneto dos Séculos Escuros.

- Estimación a riqueza da nosa literatura popular.

- Recoñecemento da importancia do labor intectual e literario dos ilustrados.

Avaliación

- Seleccionar a opción que completa adecuadamente uns enunciados sobre acontecementos

históricos, políticos, sociais e culturais dos Séculos Escuros.

- Redactar un resumo da situación da lingua galega na súa época de decadencia á luz do visto na

unidade.

- Ler uns esquemas de síntese sobre a decadencia da poesía trobadoresca e sobre os tipos de poesía

popular e de poesía culta neste período.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 194

- Analizar a estrutura formal dun romance das Festas Minervais de 1697.

- Crear un esquema sobre o vilancico galego durante os Séculos Escuros.

- Ler e analizar o contido dun vilancico á luz do estudado na unidade.

- Observar un esquema de síntese sobre as modalidades narrativas populares máis importantes: o

conto e a lenda.

- Seleccionar un conto e unha lenda de antoloxías e identificación razoada dos seus trazos

definitorios.

- Observar un esquema de síntese sobre as pezas teatrais galegas conservadas deste período.

- Ler un esquema de síntese sobre os ilustrados galegos máis importantes.

- Ler un texto do Frei Martín Sarmiento e comentario xustificado da súa relación co estudado na

unidade.

13. Rexurdimento (I)

Obxectivos

- Identificar as características históricas, sociais, culturais e lingüísticas da Galicia do século XIX.

- Caracterizar as manifestacións literarias máis importantes do comezo do século XIX e dos

Precursores do Rexurdimento.

- Determinar os factores que deron orixe ao Rexurdimento e, a través de textos, as características

xerais da obra de narradores e dramaturgos deste período.

- Comentar, de forma pautada, un fragmento de A gaita gallega, de Xoán Manuel Pintos.

Contidos

- O contexto histórico, social, cultural e lingüístico do século XIX.

- A literatura no primeiro terzo do século XIX.

- Os precursores do Rexurdimento e a súa obra.

- O Rexurdimento.

- A narrativa do Rexurdimento.

- O teatro do Rexurdimento.

- Identificación dos principais acontecementos históricos, sociais e culturais da Galicia do século

XIX.

- Determinación da situación do galego durante o século XIX.

- Recoñecemento e caracterización das manifestacións literarias de comezos do século XIX.

- Identificación dos principais precursores e das características xerais da súa obra.

- Recoñecemento dos factores que orixinaron o Rexurdimento.

- Determinación das características xerais do Rexurdimento.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 195

- Identificación dos principais narradores do Rexurdimento e caracterización da súa obra.

- Recoñecemento dos principais dramaturgos do Rexurdimento e caracterización da súa obra.

- Aplicación do método do comentario de textos para a análise dun poema de Xoán Manuel Pintos.

- Gusto polo coñecemento e a lectura de obras literarias do Rexurdimento.

- Interese por emitir xuízos persoais argumentados no comentario literario.

- Valoración do labor dos autores do século XIX e do Rexurdimento en particular como decisivo

para a recuperación lingua e da literatura galegas.

Avaliación

- Identificar a clase social da Galicia do século XIX á que se lle aplican unhas afirmacións.

- Caracterizar nun esquema a situación lingüística en Galicia no século XIX.

- Ler un esquema de síntese sobre a literatura do 1.o terzo do século XIX.

- Redactar un texto sobre as principais características da obra dos precursores do Rexurdimento.

- Ler un poema de Xoán Manuel Pintos e análise pautado dos seus trazos formais e de contido á luz

do estudado na unidade.

- Ler un esquema de síntese sobre as causas deron orixe ao Rexurdimento.

- Identificar as afirmacións dunha serie que describen as características propias do Rexurdimento.

- Observar un esquema de síntese sobre a vida e a obra de Marcial Valladares.

- Elaborar esquemas de síntese sobre os outros narradores do Rexurdimento seguindo o modelo

anterior.

- Ler un esquema de síntese sobre o teatro do Rexurdimento.

- Seleccionar a opción que completa adecuadamente unhas afirmacións sobre o teatro do

Rexurdimento.

- Identificar os trazos de contido máis importantes dun fragmento da obra teatral Pedro Madruga, de

Xoán Cuveiro Piñol.

14. Rexurdimento (II)

Obxectivos

- Coñecer as principais características formais e temáticas da obra de Rosalía de Castro a través da

lectura e análise dos seus textos.

- Distinguir, a través dos seus poemas, os trazos formais e e contido da obra de Eduardo Pondal.

- Identificar os elementos formais e de contido característicos da obra de Curros Enríquez a través

dos seus textos.

- Apreciar a contribución dos poetas do Rexurdimento á recuperación da nosa lingua e a nosa

literatura.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 196

- Comentar, de forma pautada, o poema «Os pinos», de Eduardo Pondal.

Contidos

- A lírica do Rexurdimento.

- Datos biográficos e produción literaria de Rosalía de Castro.

- Liñas temáticas, métrica, lingua e estilo da poesía de Rosalía.

- Datos biográficos e produción literaria de Eduardo Pondal.

- Liñas temáticas da poesía de Eduardo Pondal: celtismo, bardismo, helenismo, paisaxe, a muller.

- Lingua, métrica e estilo da poesía de Pondal.

- Datos biográficos e produción literaria de Manuel Curros Enríquez.

- Liñas temáticas da poesía de Curros: liña cívica, intimista e costumista.

- Lingua, métrica e estilo da poesía de Curros.

- Identificación das liñas temáticas, a lingua, a métrica e o estilo das principais obras de Rosalía de

Castro.

- Análise das liñas temáticas, a lingua o estilo e métrica da obra de Eduardo Pondal.

- Identificación da temática, da lingua e estilo usados na poesía de Curros Enríquez.

- Aplicación do método de comentario de texto a un fragmento dun poema de Eduardo Pondal.

- Interese pola lectura da obra dos grandes poetas do noso Rexurdimento.

- Valoración positiva da contribución dos poetas do Rexurdimento á recuperación da nosa lingua e a

nosa literatura.

Avaliación

- Clasificar uns datos biográficos segundo correspondan a Rosalía de Castro, Eduardo Pondal ou

Manuel Curros Enríquez.

- Anotar os trazos temáticos e formais das obras de Rosalía de Castro.

- Ler un esquema de síntese sobre as liñas temáticas de Rosalía de Castro.

- Ler un poema de Rosalía de Castro e identificación razoada da súa liña temática.

- Observar un esquema de síntese sobre as distintas manifestacións da liña cívico-patriótica de

Eduardo Pondal.

- Pescudar por parellas de poemas de Queixumes dos pinos que exemplifiquen ben as diferentes

manifestacións da liña cívico-patriótica de Eduardo Pondal.

- Ler un esquema de síntese sobre as liñas temáticas de Manuel Curros Enríquez.

- Ler dúas noticias sobre os centenarios do Himno galego e da morte de Curros Enríquez e

comentario razoado da relación que manteñen entre si e cos contidos vistos na unidade.

- Determinar xustificadamente as obras ás que corresponden dúas estrofas de Pondal e de Curros

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 197

Enríquez.

6. LINGUA GALEGA E LITERATURA 2º BAC.

Obxectivos, contidos, avaliación

1. As funcións sociais da lingua

Obxectivos

- Analizar e recoñecer as funcións sociais da lingua e como estas repercuten na vitalidade dun

idioma.

- Distinguir linguas minorizadas e linguas minoritarias.

- Aplicar correctamente técnicas para a elección dun tema e dun título para un traballo escrito.

- Identificar o texto como unidade lingüística e as propiedades textuais da coherencia, a cohesión e

a adecuación.

- Distinguir a fonética e a fonoloxía como disciplinas lingüísticas; identificar o seu obxecto de

estudo; recoñecer as clases de palabras e os seus trazos definitorios.

Contidos

- As funcións sociais das linguas. A funcionalidade lingüística. Función de identidade. Función

familiar. Función laboral. Función local. Función institucional. Función cultural. Función

internacional. C

- Funcionalidade e «saúde» das linguas. C

- Linguas minorizadas e linguas minoritarias. Lingua dominante, lingua minorizada e lingua

minoritaria. C

- O traballo escrito: elección do tema e do título. C

- O texto e as propiedades textuais. O texto. As propiedades textuais: coherencia, cohesión e

adecuación. C

- Fonoloxía e fonética. C

- A produción dos sons. C

- O sistema vocálico. As vogais na cadea falada. C

- O sistema consonántico. As consoantes na cadea falada. C

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 198

- A entoación. C

- Recoñecemento das principais funcións sociais das linguas: de identidade, familiar, laboral, local,

institucional, cultural e internacional. P

- Posta en relación da funcionalidade lingüística coa saúde e a vitalidade dunha lingua. P

- Distinción das linguas dominantes, das linguas minorizadas e das linguas minoritarias. P

- Aplicación de técnicas e recursos para a elección do tema e do título dun traballo escrito. P

- Recoñecemento do texto como unidade comunicativa e das principais propiedades textuais:

coherencia, cohesión e adecuación. P

- Recoñecemento das disciplinas lingüísticas da fonoloxía e da fonética e do seu obxecto de estudo.

P

- Identificación dos elementos que interveñen na produción de sons. P

- Recoñecemento dos sons vocálicos da lingua galega e do comportamento destes vogais na cadea

falada. P

- Distinción dos sons consonánticos da lingua galega e do comportamento destes consoantes na

cadea falada. P

- Identificación das características da entoación e dos modelos básicos de entoación estándar do

galego. P

- Actitude crítica ante os procesos de minorización das linguas. V

- Valoración positiva do traballo escrito como técnica de aprendizaxe. V

- Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise. V

- Rexeitamento de prexuízos relacionados con variedades dialectais como a gheada e o seseo. V

Actividades

A lingua e os falantes

• Lectura e comprensión pautada dun texto sobre os contidos da unidade.

• Definición das diferentes funcións sociais da lingua.

• Lectura e comprensión dos conceptos de lingua dominante, lingua minorizada e lingua

minoritaria a través de exemplos.

• Comentario razoado da relación duns textos coas funcións sociais da lingua, coa lingua

dominante e coa lingua minorizada.

• Investigación en parellas sobre a situación lingüística no mundo pescudando datos como: as

linguas máis faladas, as linguas á beira da desaparición, número de linguas de Europa,

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 199

numero de estados monolingües en Europa...

• Pescuda e investigación en grupos sobre a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos.

• Investigación en grupos sobre as linguas artificiais.

Técnicas de estudo

• Recoñecemento do tema duns textos dados e creación dun título para cada un.

• Selección dun tema para un posible traballo escrito e creación dalgúns títulos para el.

Análise de textos

• Definición de texto a través de exemplos que amosan as súas principais características.

• Recoñecemento a través dun esquema gráfico das unidades que compoñen a estrutura dun

texto: texto, parágrafo e oración.

• Lectura da definición das propiedades textuais de coherencia, cohesión e adecuación.

• Lectura dun texto que contén fragmentos de textos distintos, identificación destes

fragmentos e ordenación deles ata recompoñer os textos orixinais.

• Distinción da intención comunicativa preferente nuns cantos textos dados.

Estudo da lingua

• Lectura da definición de fonoloxía e fonética.

• Observación de táboas que representan o sistema vocálico e consonántico galego.

• Distinción, a través de esquemas, dos modelos de entoación estándar da nosa lingua.

• Recoñecemento do timbre das vogais medias destacadas nunhas palabras.

• Segmentación silábica dunhas palabras que conteñen ditongos e hiatos.

• Formación de palabras engadindo, nuns ocos, os tritongos adecuados.

• Identificación do son consonántico que corresponde a unhas letras e dígrafos destacados

nunhas palabras.

• Creación de palabras que posúan unha serie de sons consonánticos dados.

• Representación fonética completa dunha serie de palabras dadas.

Comentario de texto

• Elaboración dun comentario de texto ao xeito dos da selectividade.

Competencia lingüística

• Observación, indución e aplicación de cuestións fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas

e ortográficas.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 200

Avaliación

- Observación dun esquema de síntese sobre as funcións sociais da lingua.

- Descrición, con exemplos, das funcións sociais da lingua que aparecen no esquema anterior.

- Lectura dun texto sobre a funcionalidade actual do galego no contexto dun mundo globalizado e

posta en relación deste texto cos conceptos de lingua dominante, lingua minorizada e lingua

minoritaria.

- Definición de texto sinalando os seus trazos básicos e os elementos que compoñen a súa estrutura.

- Representación gráfica do triángulo vocálico galego a partir dunhas palabras que conteñen as sete

vogais galegas.

- Observación dun esquema de síntese sobre os encrontos de vogais: hiato, ditongo e tritongo.

- Clasificación dunhas palabras segundo as vogais destacadas nelas constitúan hiatos ou ditongos; e

distinción nestes últimos dos crecentes, decrecentes e homoxéneos.

- Elaboración da táboa do sistema consonántico do galego estándar e especificación dos cambios

que esta sofre nas falas dialectais das Rías Baixas e da Limia Baixa.

- Identificación do son consonántico que corresponde ás letras destacadas nunhas palabras.

- Distinción dunhas afirmacións certas e falsas sobre a entoación en galego.

2. Conflito e diglosia

Obxectivos

- Distinguir adecuadamente os conceptos de bilingüismo, diglosia e conflito lingüístico.

- Recoñecer e rexeitar razoadamente os principais prexuízos que afectan á lingua galega.

- Aplicar correctamente distintas técnicas na busca de información para un traballo escrito.

- Distinguir a importancia dos parágrafos na coherencia textual e os seus tipos.

- Identificar as unidades morfosintácticas, e tamén os tipos de frases e de oracións.

Contidos

- Bilingüismo. C

- Diglosia. C

- O conflito lingüístico. C

- Os prexuízos lingüísticos. Clasificación dos prexuízos lingüísticos. C

- O traballo escrito: busca de información: as ideas e a investigación. C

- Coherencia: os parágrafos: tipos de parágrafos. C

- A morfosintaxe. Unidades morfosintácticas: monema, palabra, frase e oración. C

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 201

- A frase: frase nominal, frase adxectiva, frase verbal, frase adverbial, frase preposicional. C

- A oración: clasificación de oracións. C

- Recoñecemento dos conceptos de bilingüismo e de diglosia. P

- Identificación da situación de conflito lingüístico en Galicia. P

- Coñecemento dos diferentes tipos de prexuízos lingüísticos. P

- Aplicación de técnicas e recursos para a busca de información dun traballo escrito. P

- Distinción da coherencia que adquire un texto a través de diferentes tipos de parágrafos. P

- Identificación das principais unidades morfosintácticas: monema, palabra, frase e oración. P

- Determinación dos tipos de frases: frase nominal, frase adxectiva, frase verbal, frase adverbial,

frase preposicional. P

- Clasificación das oracións atendendo diferentes criterios: actitude do falante, natureza do

predicado, presenza ou non de suxeito e a súa estrutura. P

- Actitude crítica ante a diglosia como síntoma da situación de conflito lingüístico. V

- Rexeitamento razoado dos prexuízos lingüísticos que provocan en Galicia a situación de diglosia.

V

- Valoración positiva do traballo escrito como técnica de aprendizaxe. V

- Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise. V

Actividades

A lingua e os falantes

• Lectura e comprensión pautada dun texto sobre os contidos da unidade.

• Observación dunha táboa coa clasificación dos diferentes tipos de bilingüismo.

• Lectura dun texto sobre a orixe do termo «diglosia», a orixe desta situación en Galicia e as

súas consecuencias.

• Observación dunha clasificación dos distintos tipos de prexuízos lingüísticos

• Lectura dun texto sobre a situación lingüística en Galicia e resposta a unhas cuestións sobre

o seu contido.

• Definición, con exemplos, das situacións de bilingüismo individual e de diglosia.

• Comentario razoado da relación entre os dous textos iniciais da unidade.

• Rexeitamento argumentado dunhas afirmacións que comportan fortes prexuízos cara ao

galego.

• Pescuda orientada e en grupos de chistes gráficos que aborden a situación de diglosia e os

prexuízos lingüísticos.

Técnicas de estudo

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 202

• Aplicación das técnicas de busca de ideas e de investigación para desenvolver un traballo

escrito.

Análise de textos

• Clasificación xustificada duns parágrafos dados segundo sexan paralelos, analizantes,

sintetizantes ou encadrados.

• Redacción dun parágrafo e posterior transformación deste de acordo coas tipoloxías

estudadas.

Estudo da lingua

• Observación dun esquema sobre a xerarquía das unidades morfosintácticas.

• Observación de senllas clasificacións gráficas de oracións segundo a actitude do falante, a

natureza do predicado, a presenza ou non de suxeito e a súa estrutura.

• Recoñecemento e clasificación de todas as frases que compoñen unhas oracións.

• Análise gráfica da estrutura dunhas frases dadas.

• Localización e análise da estrutura de cinco frases nominais na lectura da unidade.

• Transformación dunhas oracións modificando a actitude do falante segundo unhas pautas.

• Clasificación dunhas oracións segundo a natureza do seu predicado.

• Clasificación dunhas oracións segundo a presenza ou ausencia do suxeito.

Comentario de texto

• Elaboración dun comentario de texto ao xeito dos da selectividade.

Competencia lingüística

• Observación, indución e aplicación de cuestións fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas

e ortográficas.

Avaliación

- Identificación do enunciado que completa adecuadamente unhas afirmacións sobre o bilingüismo

e a diglosia.

- Observación dun esquema de síntese sobre a diglosia.

- Redacción dun texto que aborde razoadamente o tema: «conflito lingüístico e diglosia»

- Lectura duns textos xornalísticos e indicación do prexuízo que axuda a combater o contido de cada

un deles.

- Observación dun esquema de síntese sobre os tipos e parágrafos.

- Redacción dun texto cun número e un tipo determinado de parágrafos

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 203

- Definición de morfosintaxe e creación dun esquema sobre as unidades morfosintácticas.

- Observación dun esquema de síntese sobre os diferentes tipos de frases.

- Recoñecemento do tipo ao que corresponden as frases destacadas nun texto e identificación da súa

estrutura.

- Creación dun esquema sobre os tipos de oracións segundo a natureza do predicado e introdución

nel dunhas oracións dadas.

- Observación dun esquema de síntese sobre os tipos de oracións sen suxeito.

- Transformación dunhas oracións pasivas reflexas en pasivas perifrásticas, e viceversa.

3. O galego en vías de normalización

Obxectivos

- Recoñecer o proceso de normalización lingüística e a súa necesidade no contexto de Galicia.

- Coñecer as principais disposicións legais que afectan directamente á lingua galega.

- Aplicar axeitadamente técnicas e recursos na organización da información do traballo escrito.

- Distinguir a importancia da estrutura lóxica e da estrutura textual na coherencia dos textos.

- Identificar a oración simple e as funcións que se desenvolven dentro dela.

- Aplicar correctamente a técnica de análise morfosintáctica arbórea na oración simple.

Contidos

- A normalización lingüística. C

- A planificación lingüística. C

- A lexislación sobre a lingua galega. C

- As campañas institucionais. C

- O traballo escrito: organización da información: formas básicas de organización. C

- Coherencia: estrutura lóxica e estrutura textual. C

- A oración simple. C

- Funcións sintácticas da oración simple: predicado, suxeito, obxecto directo, complemento de

réxime, obxecto indirecto, complemento circunstancial, atributo, complemento predicativo e

complemento axente. C

- A análise morfosintáctica. C

- Recoñecemento do proceso de normalización lingüística e dos seus obxectivos. P

- Distinción do proceso de planificación lingüística e dos tipos de iniciativas que o forman. P

- Coñecemento das disposicións legais máis importantes relativas á lingua galega. P

- Aplicación de técnicas e recursos na organización da información do traballo escrito. P

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 204

- Recoñecemento da estrutura lóxica e da estrutura textual de diferentes textos. P

- Identificación das funcións sintácticas da oración simple (predicado, suxeito, obxecto directo,

complemento de réxime, obxecto indirecto, complemento circunstancial, atributo, complemento

predicativo e complemento axente) tendo en conta os seus constituíntes e unhas pautas de

recoñecemento. P

- Aplicación pautada da técnica de análise morfosintáctica arbórea da oración simple. P

- Valoración positiva do proceso de normalización lingüística e implicación activa nel. V

- Estimación do traballo escrito como técnica de aprendizaxe. V

- Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise. V

Actividades

A lingua e os falantes

• Lectura e comprensión pautada dun texto sobre os contidos da unidade.

• Lectura dos artigos máis relevantes das principais leis que afectan á lingua galega.

• Resumo dun texto relativo á aplicación das leis que afectan á lingua galega e comentario

persoal sobre o seu contido.

• Comparación duns artigos da Constitución e do Estatuto de Autonomía e comentario

razoado das diferentas e semellanzas entre eles; posterior comparación destes cun artigo da

Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos.

• Lectura e clasificación duns titulares de prensa segundo supoñan avances ou retrocesos no

proceso de normalización lingüística. Posterior busca en grupos doutras noticias que

amplíen cada serie.

• Pescuda en Internet de exemplos de carteis de diferentes campañas a prol da normalización

da lingua. Posterior comentario crítico das súas mensaxes.

• Coloquio pautado sobre as iniciativas levadas a cabo polo ENL do centro.

Técnicas de estudo

• Aplicación das técnicas e recursos para a organización da información nun traballo escrito:

como secuencia histórica real, como proceso lóxico e lineal ou como desenvolvemento

argumentativo.

Análise de textos

• Lectura dun texto periodístico e determinación da súa estrutura lóxica e da súa estrutura

textual.

• En grupos, creación de diversos textos cunha estrutura lóxica común e cunhas estruturas

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 205

textuais diferentes.

Estudo da lingua

• Observación, a través de esquemas, das diferentes funcións sintácticas da oración simple,

dos seus constituíntes e das pautas para o seu recoñecemento.

• Lectura e aplicación, paso a paso, da técnica de análise morfosintáctica arbórea nunha

oración simple.

• Recoñecemento da función sintáctica que exercen as frases subliñadas nunhas oracións

simples.

• Distinción das oracións dunha serie que concordan correctamente o suxeito co predicado.

• Redacción dunhas oracións con suxeito elíptico, outras oracións unipersoais e outras

oracións impersoais.

• Indicación xustificada de que OD dunhas oracións precisan de preposición «a».

• Identificación das frases preposicionais que actúan como CR ou con outra función nunhas

oracións dadas.

• Localización e clasificación razoada de todos os CC que hai nunhas oracións dadas.

• Creación de oracións simples introducindo nelas unhas frases concretas cunhas funcións

dadas.

• Análise morfosintáctica en forma arbórea de dúas oracións.

Comentario de texto

• Elaboración dun comentario de texto ao xeito dos da selectividade.

Competencia lingüística

• Observación, indución e aplicación de cuestións fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas

e ortográficas.

Avaliación

- Observación dun esquema de síntese sobre a normalización lingüística e a planificación

lingüística.

- Redacción dun texto sobre o tema: «O galego en vías de normalización».

- Clasificación duns artigos e disposicións legais relativas á lingua galega en función da lei á que

corresponden.

- Observación dun esquema de síntese sobre os tipos estrutura que afectan á coherencia textual.

- Anotación da posible estrutura lóxica dunha noticia a partir dun titular dado.

- Observación dun esquema de síntese sobre as funcións sintácticas da oración simple.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 206

- Distinción do suxeito e do predicado nunhas oracións.

- Localización do OD e do CR noutras oracións diferentes.

- Identificación, mediante a substitución pronominal, das funcións de OD e de OI nunhas oracións.

- Creación dunhas oracións que se axusten a unhas estruturas e a unhas funcións sintácticas dadas.

- Observación dun esquema de síntese sobre os pasos precisos para desenvolver unha análise

morfosintáctica.

- Indicación das categorías gramaticais e das funcións sintácticas que faltan na análise

morfosintáctica arbórea dunha oración.

- Realización da análise morfosintáctica arbórea de dúas oracións.

4. As variedades dialectais

Obxectivos

- Establecer os factores que determinan as variedades xeográficas do galego e coñecer a distribución

dos bloques dialectais e os seus trazos máis característicos.

- Utilizar diferentes técnicas para unha correcta exposición da información nun traballo escrito.

- Distinguir a importancia da progresión da información na coherencia dos textos e os seus tipos.

- Recoñecer as oracións coordinadas e subordinadas; e distinguir os diferentes tipos de oracións

coordinadas.

Contidos

- As variedades xeográficas do galego: o bloque occidental, o bloque central e o bloque oriental. C

- O traballo escrito: exposición da información. C

- Coherencia: progresión da información: progresión constante, progresión derivada e progresión

enlazada. C

- Coordinación e subordinación. C

- A oración composta coordinada: tipos de oracións coordinadas (copulativas, disxuntivas,

distributivas e adversativas). C

- Análise da oración coordinada. C

- Establecemento dos factores lingüísticos que dan orixe ás variedades xeográficas. P

- Recoñecemento da extensión e dos trazos lingüísticos específicos máis salientables dos bloques

occidental, central e oriental. P

- Aplicación de técnicas e recursos para a exposición da información nun traballo escrito. P

- Distinción dos trazos que determinan as formas de progresión temática nun texto, xa sexa

constante, derivada ou enlazada. P

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 207

- Recoñecemento das relacións de coordinación e de subordinación sintácticas. P

- Identificación da oración composta coordinada e recoñecemento dos seus diferentes tipos

(copulativas, disxuntivas, distributivas e adversativas). P

- Aplicación pautada da técnica de análise morfosintáctica arbórea nas oracións coordinadas. P

- Valoración da riqueza expresiva das variedades dialectais do galego e rexeitamento de calquera

tipo de prexuízo asociado a elas. V

- Estimación do traballo escrito como técnica de aprendizaxe. V

- Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise. V

Actividades

A lingua e os falantes

• Lectura e comprensión pautada dun texto sobre os contidos da unidade.

• Presentación do concepto e dos factores que determinan as variedades dialectais da lingua.

• Identificación, a través de mapas e de esquemas, da extensión e dos trazos lingüísticos dos

tres bloques dialectais galegos.

• Determinación, entre diferentes series de formas verbais, da forma estándar e da forma

dialectal propia.

• Asociación en series dun grupo de voces segundo correspondan a variedades dialectais dun

mesmo concepto.

• Identificación, xustificada en exemplos, do bloque ao que corresponden tres textos dialectais

distintos.

• Investigación en grupos sobre a variedade falada no Val do Ellas (Estremadura).

• Redacción dun comentario persoal sobre os prexuízos asociados á gheada e ao seseo.

Técnicas de estudo

• Aplicación de técnicas e recursos para a exposición da información nun traballo escrito.

Análise de textos

• Lectura de tres textos e esquematización da forma de progresión da información dominante

en cada un.

• Creación dun texto no que domine unha das formas de progresión da información estudadas

(constante, derivada ou enlazada).

Estudo da lingua

• Observación, a través de táboas, de distintos tipos oracións coordinadas e dos enlaces

coordinantes que as forman.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 208

• Lectura e aplicación, paso a paso, da técnica de análise morfosintáctica arbórea nunha

oración composta coordinada.

• Localización e clasificación das oracións simples e compostas dun texto.

• Formación de oracións compostas unindo diferentes oracións simples con enlaces

coordinantes e subordinantes. Posterior clasificación de cada unha.

• Localización e clasificación dos enlaces dunhas oracións coordinadas.

• Creación de oracións coordinadas dun tipo concreto a partir duns enunciados dados.

• Distinción, mediante exemplos, dos tipos de oración que forman os enlaces «e mais» e «e

máis».

• Creación de distintos tipos de oracións coordinadas e subordinadas a partir de exemplos de

oracións xustapostas.

• Realización da análise morfosintáctica arbórea dunhas oracións compostas coordinadas.

Comentario de texto

• Elaboración dun comentario de texto ao xeito dos da selectividade.

Competencia lingüística

• Observación, indución e aplicación de cuestións fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas

e ortográficas.

Avaliación

- Indicación do enunciado que completa adecuadamente unhas afirmacións sobre as variedades

dialectais do galego.

- Observación dun esquema de síntese sobre as variedades dialectais do galego.

- Determinación das formas en que varía un enunciado en galego estándar en función bloque

dialectal en que se pronuncie.

- Esquematización da progresión da información nun texto dado.

- Observación dun esquema de síntese sobre os tipos de progresión temática.

- Redacción dun texto que se axuste a un dos tipos de progresión temática do esquema anterior.

- Observación dun esquema de síntese sobre os tipos de oracións compostas.

- Redacción dun texto con varias oracións simples, varias oracións compostas coordinadas e varias

oracións compostas subordinadas.

- Identificación das oracións coordinadas e subordinadas presentes nun soneto.

- Observación dun esquema de síntese sobre os tipos de oracións compostas coordinadas.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 209

- Indicación do enlace coordinante que completa axeitadamente unhas oracións; posterior

clasificación destas oracións.

- Realización da análise morfosintáctica arbórea dunha oración composta coordinada.

5. A lingua estándar

Obxectivos

- Identificar a variedade estándar do galego: as súas funcións, a súa historia, os criterios de

normativización e as desviacións.

- Estruturar convenientemente o traballo escrito en diferentes partes.

- Distinguir a importancia dos conectores textuais e das relacións temporais para a propiedade de

cohesión dos textos.

- Recoñecer os diferentes tipos de oracións subordinadas: substantivas, adxectivas e adverbiais.

Contidos

- O galego estándar. C

- Funcións da variedade estándar. C

- Historia da variedade estándar. C

- A normativización. C

- Interferencias e desviacións do estándar (vulgarismos, hipergaleguismos, arcaísmos). C

- O traballo escrito: as partes do traballo. C

- Cohesión: conectores textuais e relacións temporais. C

- A oración composta subordinada. C

- A oración subordinada substantiva. A oración subordinada adxectiva. A oración subordinada

adverbial. C

- Análise da oración subordinada. C

- Recoñecemento da variedade estándar e das súas funcións. P

- Coñecemento da historia da formación da variedade estándar do galego. P

- Identificación do proceso de normativización e dos criterios básicos de normativización do galego.

P

- Recoñecemento das interferencias lingüísticas, das causas que as orixinan e dos seus diferentes

tipos. P

- Distinción doutras desviacións da variedade estándar: vulgarismos, hipergaleguismos e arcaísmos.

P

- Aplicación de técnicas e recursos para a estruturación en partes dun traballo escrito. P

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 210

- Distinción e clasificación dos conectores textuais máis importantes que dan cohesión a un texto. P

- Recoñecemento da importancia das relacións temporais na cohesión dun texto. P

- Identificación da oración composta subordinada. P

- Recoñecemento da oración subordinada substantiva e dos seus diferentes tipos. P

- Identificación da oración subordinada adxectiva e dos seus diferentes tipos. P

- Distinción da oración subordinada adverbial e dos seus diferentes tipos. P

- Aplicación pautada da técnica de análise morfosintáctica arbórea nas oracións subordinadas. P

- Valoración positiva do proceso de normativización do galego. V

- Interese por coñecer e evitar as interferencias lingüísticas e outras desviacións do estándar. V

- Estimación do traballo escrito como técnica de aprendizaxe. V

- Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise. V

Actividades

A lingua e os falantes

• Lectura e comprensión pautada dun texto sobre os contidos da unidade.

• Lectura dun texto sobre a variedade estándar e indentificación das funcións desta sobre as

que fala.

• Localización, clasificación e corrección das interferencias lingüísticas que se dan nun texto.

• Lectura en voz alta dunhas oracións evitando castelanismos de tipo fonético.

• Identificación e corrección das interferencias morfolóxicas dunhas oracións.

• Localización nunha sopa de letras das formas verbais que cómpre usar en lugar doutras que

constitúen interferencias morfolóxicas.

• Distinción duns castelanismos léxicos adaptados ou plenos e corrección deles.

• Clasificación dunhas desviacións do estándar segundo sexan hipergaleguismos, arcaísmos

ou vulgarismos.

• Identificación da alteración que lles afecta a uns vulgarismos e indicación da forma correcta

que cómpre usar no seu lugar.

Técnicas de estudo

• Aplicación de técnicas e recursos para a estruturación en partes dun traballo escrito.

Análise de textos

• Localización e clasificación dos conectores textuais que posúe un texto dado.

• Indicación das formas verbais que completan uns textos atendendo as relacións temporais

que rexen neles.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 211

Estudo da lingua

• Identificación das subordinadas substantivas que hai nunhas oracións compostas e

determinación da súa función.

• Recoñecemento das subordinadas adxectivas que hai nunhas oracións compostas e

distinción do relativo que as introduce e da súa dupla función.

• Exemplificación, con oracións, da diferenza entre adxectivas especificativas e adxectivas

explicativas.

• Formación de oracións subordinadas adverbiais de diversos tipos substituíndo uns adverbios

por subordinadas equivalentes.

• Localización e clasificación das subordinadas adverbiais impropias dunhas oracións.

• Creación de diferentes tipos de subordinadas adverbiais comparativas: de superioridade, de

inferioridade e de igualdade.

• Localización e clasificación de todos os enlaces «que» dun texto.

• Realización da análise morfosintáctica arbórea dunhas oracións compostas subordinadas.

Comentario de texto

• Elaboración dun comentario de texto ao xeito dos da selectividade.

Competencia lingüística

• Observación, indución e aplicación de cuestións fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas

e ortográficas.

Avaliación

- Resposta a unhas preguntas relacionadas coa variedade estándar.

- Resumo dun texto relativo á formación do estándar do galego e posta en relación deste texto con

conceptos vistos na unidade.

- Observación dun esquema de síntese sobre a historia da variedade estándar do galego.

- Redacción dun texto sobre o tema: «A historia da elaboración do estándar do galego».

- Corrección dunhas oracións con interferencias e posterior clasificación destas.

- Observación dun esquema de síntese sobre os procedementos de cohesión dos conectores textuais

e das relacións temporais.

- Clasificación duns conectores temporais e posterior redacción dun texto que os inclúa

coherentemente.

- Observación dun esquema de síntese sobre os tipos de oracións subordinadas.

- Localización das subordinadas substantivas, adxectivas e adverbiais dun texto.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 212

- Creación de subordinadas substantivas a partir dunhas frases e dunhas funcións dadas.

- Creacións de diferentes subordinadas adverbiais unindo, con distintos enlaces, unhas oracións

simples.

- Realización da análise morfosintáctica arbórea dunha oración subordinada.

6. O galego no século XX

Obxectivos

- Coñecer a evolución da lingua galega durante o século XX.

- Aplicar correctamente as técnicas revisión e corrección na elaboración dun traballo escrito.

Distinguir e dominar os procedementos de recorrencia de palabras que dan cohesión aos textos.

- Recoñecer trazos básicos do léxico do galego: a estrutura en monemas das palabras,

procedementos de creación de palabras e os campos léxicos.

Contidos

- O galego no século XX. Síntese histórica. O século XX. C

- O traballo escrito: a revisión e a corrección. C

- Cohesión: recorrencia de palabras: recorrencia léxico-semántica, recorrencia gramatical. C

- O léxico do galego: a estrutura das palabras: tipos de monemas. C

- A análise morfolóxica. C

- A formación de palabras: derivación, composición, parasíntese e procedementos de abreviación. C

- Campos léxicos. C

- Determinación da situación do galego durante o século XX. P

- Aplicación de técnicas e recursos para a revisión e a corrección dun traballo escrito. P

- Recoñecemento dos trazos de recorrencia léxico-semántica e de recorrencia gramatical que dan

cohesión a un texto. P

- Determinación da estrutura en monemas da maior parte das palabras do léxico do galego. P

- Aprendizaxe e aplicación da técnica da análise morfolóxica. P

- Distinción dos procedementos de formación de palabras: derivación, composición, parasíntese e

procedementos de abreviación (siglas e acrónimos). P

- Identificación dos campos léxicos e distinción entre campos léxicos regulares e irregulares. P

- Aprecio polos esforzos a prol da normalización da nosa lingua e da nosa cultura ao longo do

século XX. V

- Estimación do traballo escrito como técnica de aprendizaxe. V

- Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise. V

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 213

Actividades

A lingua e os falantes

• Lectura e comprensión pautada dun texto sobre os contidos da unidade.

• Datación e ordenación cronolóxica duns feitos relevantes na historia do galego durante o

século XX; posterior investigación en grupos sobre eses feitos.

• Realización dun esquema de síntese sobre os períodos en que se divide a historia externa do

galego no século XX.

• Lectura de catro textos relativos á situación do galego durante a época da ditadura e

comentario crítico deles.

• Investigación en grupos ben sobre estudos lingüísticos publicados no século XX, ben sobre

as Irmandades da Fala.

• Organización dun coloquio en torno ao tema: «A importancia dos medios de comunicación

na recuperación social do galego a finais do século XX».

Técnicas de estudo

• Aplicación de técnicas e recursos para a revisión e corrección dun traballo escrito.

Análise de textos

• Reelaboración de tres textos breves empregando os mecanismos de recorrencia de palabras

adecuados.

• Localización nun texto de diferentes mecanismos de recorrencia estudados na unidade.

Estudo da lingua

• Aplicación da técnica de análise morfolóxica a unhas palabras dadas.

• Recoñecemento da palabra dunhas series que non posúe o mesmo prefixo ou o mesmo

sufixo ca as demais.

• Indicación, con exemplos, de todos os significados que están asociados aos sufixos -eiro/a,

-al, -ado/a, -án/á.

• Asociación dos prefixos dunha serie coas ideas que expresan; e posterior indicación de

exemplos de palabras que os posúen.

• Indicación de palabras que presentan formas distintas dun mesmo prefixo.

• Creación de listaxes de palabras compostas formadas por distintas combinacións: verbo +

substantivo, substantivo + substantivo, substantivo + adxectivo...

• Localización nunha sopa de letras de oito palabras parasintéticas; e posterior análise

morfolóxica de cada unha.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 214

• Indicación da orixe duns acrónimos e clasificación destes segundo sexan síglicos ou

simétricos.

• Establecemento do campo léxico dunhas palabras simples; e posterior clasificación destes

segundo sexan regulares ou irregulares.

Comentario de texto

• Elaboración dun comentario de texto ao xeito dos da selectividade.

Competencia lingüística

• Observación, indución e aplicación de cuestións fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas

e ortográficas.

Avaliación

- Observación dun esquema de síntese sobre os períodos en que se divide a historia externa do

galego durante o século XX.

- Determinación de se unhas oracións sobre a situación do galego no século XX son certas ou

falsas; posterior transformación das oracións falsas en certas.

- Creación dun esquema que resuma cronoloxicamente os feitos máis relevantes da historia da

lingua galega no século XX.

- Realización dun comentario crítico persoal sobre un texto que trata a significación do nacemento

da TVG na historia do galego actual.

- Observación dun esquema de síntese sobre os tipos de recorrencia de palabras que dan cohesión a

un texto.

- Localización dos exemplos de recorrencia de palabras que se dan nun texto xornalístico.

- Clasificación dos monemas destacados nunhas palabras.

- Realización da análise morfolóxica doutras palabras.

- Observación dun esquema de síntese sobre os procedementos internos de formación de palabras

(derivación, composición e parasíntese).

- Clasificación xustificada dunhas palabras segundo se formasen por derivación, composición ou

parasíntese.

- Indicación do valor ou idea que expresan uns prefixos e exemplificación deles.

- Definición, con exemplos, de campo léxico regular e de campo léxico irregular.

7. O galego hoxe

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 215

Obxectivos

- Coñecer a situación do galego na actualidade nas súas distintas funcións e valorar as súas

perspectivas de futuro.

- Aplicar correctamente os recursos para a presentación do traballo escrito.

- Coñecer os factores que interveñen na adecuación textual.

- Recoñecer o obxecto de estudo da semántica e identificar significado denotativo, significado

connotativo e as diferentes relacións semánticas.

- Identificar e analizar axeitadamente os campos semánticos e recoñecer os mecanismos e as causas

dos cambios semánticos.

Contidos

- O galego hoxe. Síntese histórica. C

- A funcionalidade actual da lingua galega. C

- O traballo escrito: a presentación do traballo. C

- Adecuación textual: factores que interveñen na adecuación. C

- O estudo do significado: a semántica. C

- Significado denotativo e connotativo. C

- Relacións semánticas: sinonimia, polisemia, homonimia e antonimia. C

- Campos semánticos. C

- Cambios semánticos: causas dos cambios semánticos. C

- Identificación da situación do galego na actualidade. P

- Recoñecemento da situación do galego durante o século XIX. P

- Aplicación das técnicas de presentación final dun traballo escrito. P

- Identificación da propiedade de adecuación textual e dos distintos factores que interveñen nela. P

- Recoñecemento da semántica como disciplina dedicada ao estudo do significado. P

- Distinción entre o significado denotativo e o significado connotativo das palabras. P

- Recoñecemento dos diferentes tipos de relacións semánticas: sinonimia, polisemia, homonimia e

antonimia. P

- Identificación dos trazos elementais dos campos semánticos. P

- Recoñecemento dos cambios semánticos e dos mecanismos que os provocan. P

- Compromiso persoal coa nosa lingua como vehículo normal de comunicación para os galegos. V

- Respecto polas regras de adecuación que facilitan a comunicación lingüística. V

- Estimación do traballo escrito como técnica de aprendizaxe. V

- Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise. V

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 216

Actividades

A lingua e os falantes

• Lectura e comprensión pautada dun texto sobre os contidos da unidade.

• Análise dun gráfico estatístico sobre a situación actual da lingua galega e comentario crítico

persoal sobre a información que achega.

• Elaboración pautada e en grupos dun estudo estatístico sobre os usos lingüísticos do

alumnado, do profesorado e da xente da contorna.

• Lectura dun texto sobre a situación actual da lingua galega e posta en relación do seu

contido co estudado na unidade.

• Visualización colectiva do documental «Linguas cruzadas» e posterior coloquio sobre o seu

contido.

• Investigación sobre as iniciativas normalizadoras desenvolvidas pola Mesa pola

Normalización Lingüística.

Técnicas de estudo

• Aplicación de técnicas e recursos para a presentación dun traballo escrito.

Análise de textos

• Lectura dun texto e comentario do seu grao de adecuación de acordo coa intención

comunicativa, coa relación emisor-receptor, coa canle e co tema.

• Corrección, por parellas, de textos que conteñen erros na súa adecuación.

Estudo da lingua

• Clasificación duns semas soltos segundo pertenzan ao significado de diferentes palabras

dadas.

• Uso de sinónimos para evitar a repetición de determinadas voces nunhas oracións.

• Exemplificación dos fenómenos de sinonimia parcial e de sinonimia total.

• Clasificación xustificada dunhas voces segundo sexan polisémicas ou homónimas.

• Explicación, a partir duns exemplos dados, da diferenza entre homofonía e homografía.

• Identificación do tipo de oposición existente entre uns pares de palabras antónimas.

• Aplicación de distintas técnicas de definición nunhas palabras dadas.

• Aplicación pautada da técnica da análise componencial ao campo semántico das vías de

comunicación.

• Recoñecemento das causas que xeraron cambios de significado nas palabras destacadas

nunhas oracións.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 217

• Indicación dos tabús asociados a certos eufemismos; ou dos eufemismos asociados a certos

tabús.

Comentario de texto

• Elaboración dun comentario de texto ao xeito dos da selectividade.

Competencia lingüística

• Observación, indución e aplicación de cuestións fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas

e ortográficas.

Avaliación

- Realización dun esquema que sintetice os feitos básicos da recente historia de Galicia.

- Observación dun esquema de síntese sobre a funcionalidade actual da lingua galega.

- Lectura e comentario crítico sobre unha noticia que aborda o tema a vitalidade actual da lingua

galega.

- Observación dun esquema de síntese sobre a adecuación textual.

- Explicación, con exemplos, dos factores que interveñen na adecuación comunicativa.

- Observación dun esquema de síntese sobre o significado connotativo e o significado denotativo

- Recoñecemento dos sinónimos parciais e dos sinónimos absolutos entre unhas series palabras.

- Indicación de todas as acepcións dunhas palabras polisémicas dadas.

- Clasificación xustificada das palabras destacadas nunhas oracións segundo sexan polisémicas ou

homónimas.

- Observación dun esquema de síntese sobre as clases de antonimia.

- Definición de campo semántico e explicación sobre como se desenvolve a súa análise

componencial.

- Recoñecemento das causas que xeraron cambios semánticos nunhas palabras.

- Definición e exemplificación dos conceptos de tabú lingüístico e eufemismo.

8. Primeiro terzo do século XX: a lírica

Obxectivos

- Recoñecer as características históricas, sociais, culturais e lingüísticas da Galicia do primeiro terzo

do século XX.

- Determinar as características da lírica da transición entre o século XIX e o século XX, da lírica das

Irmandades da Fala e da lírica das vangardas.

- Distinguir, a través de textos, os trazos básicos da obra poética de Antón Noriega Varela, Ramón

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 218

Cabanillas, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Fermín Bouza Brey, Luís Pimentel e Álvaro

Cunqueiro.

- Desenvolver o comentario literario do poema «Sós», de Manuel Antonio.

Contidos

- Características históricas, sociais e culturais da Galicia do primeiro terzo do século XX. C

- Situación lingüística da Galicia do primeiro terzo do século XX. C

- A lírica entre dous séculos. C

- Datos biográficos e produción poética de Antón Noriega Varela. C

- A lírica das Irmandades. C

- Datos biográficos e produción poética de Ramón Cabanillas. C

- Os movementos de vangarda europeos e galegos. C

- A lírica das vangardas. C

- Datos biográficos e produción poética de Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Fermín Bouza

Brey, Luís Pimentel e Álvaro Cunqueiro. C

- Identificación das características históricas, sociais e culturais da Galicia do primeiro terzo do

século XX. P

- Determinación da situación lingüística da Galicia do primeiro do século XX. P

- Análise da lírica na transición entre os séculos XIX e XX. P

- Identificación dos trazos básicos da lírica das Irmandades da Fala. P

- Distinción do concepto de vangarda, das súas características e dos movementos de vangarda

europeos e galegos máis importantes. P

- Recoñecemento das principais características da obra poética de Antón Noriega Varela, Ramón

Cabanillas, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Fermín Bouza Brey, Luís Pimentel e Álvaro

Cunqueiro. P

- Aplicación do método de comentario de textos para analizar o poema «Sós», de Manuel Antonio.

P

- Aprecio do valor lingüístico, cultural e literario do labor dos poetas do primeiro terzo do século

XX. V

- Valoración da literatura como fonte de pracer e como instrumento estimulador da creatividade. V

Actividades

Análise de textos

• Lectura e análise dun poema da Noriega Varela: tema, elementos que denotan a presenza do

poeta, exemplos de aproximación á natureza, recursos estilísticos, métrica...

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 219

• Lectura de dous poemas líricos de Ramón Cabanillas e identificación da liña temática á que

pertencen; e posterior análise dos recursos estilísticos e campos semánticos dominantes

neles.

• Análise dun fragmento de Na noite estrelecida, de Ramón Cabanillas; determinación da

parte da obra á que corresponde; distinción da estrutura do fragmento e exemplificación dos

símbolos máis importantes do texto.

Análise de textos

• Lectura dun poema vangardista de Vicente Risco e identificación, con exemplos, dos trazos

propios do cubismo, do futurismo e do ultraísmo presentes nel.

• Comentario razoado sobre un texto de Manuel Antonio no que expón os seus propios

principios poéticos; posta en relación deste texto co poema anterior de Vicente Risco.

• Lectura dun poema de Manuel Antonio e comparación dos seus trazos formais e temáticos

cos do poema de Vicente Risco e cos propios principios poéticos do autor rianxeiro.

• Lectura e análise métrica dun poema de Luís Amado Carballo; recoñecemento dos recursos

da metáfora e da personificación no texto e comentario do seu valor expresivo; indicación

do tema do poema.

• Comparación de dous poemas neotrobadorescos de Fermín Bouza Brey e de Álvaro

Cunqueiro e indicación dos seus trazos formais e temáticos máis importantes.

• Audición colectiva de versións musicadas de poemas de autores estudados na unidade:

Noriega Varela, Cabanillas, Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro…

Comentario de texto

• Elaboración pautada dun comentario literario do poema «Sós» de De catro a catro, de

Manuel Antonio.

Avaliación

- Indicación de se unhas afirmacións sobre o contexto cultural e lingüístico no primeiro terzo do

século XX son falsas ou certas; e posterior transformación dos enunciados falsos en certos.

- Observación dun esquema de síntese sobre as diferentes orientacións da poesía lírica de Ramón

Cabanillas.

- Lectura de dous poemas de Ramón Cabanillas e identificación da súa liña temática e do tipo de

estrofa ou combinación estrófica que os compoñen.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 220

- Creación dun esquema que sintetice o tema, a estrutura e os trazos formais máis importantes de

Na noite estremecida, de Ramón Cabanillas.

- Observación dun esquema de síntese sobre as principais tendencias do vangardismo galego.

- Lectura dun fragmento do manifesto «¡Máis alá!», de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, e

comentario razoado sobre o seu contido.

- Observación dun esquema de síntese sobre as etapas na produción poética de Manuel Antonio.

- Clasificación duns datos biobibliográficos segundo correspondan a Amado Carballo, Bouza Brey,

Pimentel ou Cunqueiro.

- Recoñecemento dos recursos estilísticos máis salientables de tres fragmentos de poemas

vangardistas.

- Redacción dun texto co título «A poesía de vangarda. Características, autores e obras».

9. Primeiro terzo do século XX: a prosa

Obxectivos

- Determinar as características da prosa da transición entre o século XIX e o século XX, da prosa

das Irmandades da Fala, da prosa das vangardas e da prosa da xeración Nós.

- Distinguir, a través de textos, os trazos básicos da obra prosística dos homes das Irmandades, de

Rafael Dieste, de Vicente Risco, de Ramón Otero Pedrayo e de Alfonso D. R. Castelao.

- Desenvolver o comentario literario dun fragmento de Arredor de si, de Otero Pedrayo.

- Analizar a obra Os dous de sempre, de Alfonso D. R. Castelao, mediante unha lectura guiada.

Contidos

- A prosa entre dous séculos. C

- A prosa das Irmandades. C

- A prosa das vangardas. C

- Datos biográficos e produción narrativa de Rafael Dieste. C

- A xeración Nós: a prosa. Periodización da xeración Nós. A madureza da nosa literatura C

- Datos biográficos e produción narrativa e ensaística de Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e

Alfonso D. R. Castelao. C

- Análise da prosa na transición entre os séculos XIX e XX. P

- Identificación dos trazos básicos da prosa das Irmandades da Fala. P

- Distinción das características propias da prosa das vangardas. P

- Determinación dos elementos definitorios e as etapas da evolución da xeración Nós. P

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 221

- Recoñecemento do papel da xeración Nós no noso definitivo desenvolvemento literario. P

- Identificación das principais características da obra narrativa e ensaística de Rafael Dieste,

Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Alfonso D. R. Castelao. P

- Aplicación do método de comentario de textos para analizar un fragmento de Arredor de si, de

Otero Pedrayo. P

- Aprecio do valor lingüístico, cultural e literario do labor dos autores das Irmandades da Fala. V

- Valoración positiva da contribución da xeración Nós á madureza da nosa literatura. V

- Interese pola lectura das obras clave da produción literaria da xeración Nós. V

Actividades

Análise de textos

• Lectura dun texto ensaístico de principios de século XX de Vicente Viqueira sobre a

normalización do galego; organización dun coloquio sobre o seu contido.

• Lectura duns principios de Rafael Dieste sobre a creación de relatos breves e posta en

relación destes co relato «Nova Cork é noso» de Dos arquitos do trasno, deste mesmo autor.

• Análise dun fragmento de O porco de pé, de Vicente Risco; identificación do seu ton

satírico, do estilo indirecto libre presente nel e da caricaturización feita do protagonista.

• Comparación de dous textos ensaísticos de Vicente Risco e indicación razoada do seu tema e

dos trazos de contido que teñen en común.

• Lectura dun fragmento de Os camiños da vida, de Otero Pedrayo; exemplificación dos

trazos que o encadran como texto descritivo; recoñecemento do tipo de descrición de que se

trata; e comentario sobre a relación do texto co estudado na unidade sobre esta obra.

• Distinción das ideas principais e secundarias dun texto ensaístico de Ramón Otero Pedrayo e

caracterización dos períodos históricos aos que se refire nel o autor.

• Coloquio sobre a actualidade ou non das ideas expostas por Pedrayo no texto anterior.

• Lectura e distinción da estrutura dun relato de Cousas, de Castelao; posta en relación deste

relato cunha curtametraxe baseada nela.

• Indicación do tema de tres fragmentos distintos do ensaio Sempre en Galiza, de Castelao;

posterior comentario persoal sobre o contido de cada un.

• Investigación en grupos sobre o polifacético labor de Castelao.

Comentario de texto

• Elaboración dun comentario literario dun fragmento de Arredor de si, de Otero Pedrayo.

Guía de lectura

• Desenvolvemento da lectura guiada de Os dous de sempre, de Castelao.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 222

Avaliación

- Observación dun esquema de síntese sobre os avances da prosa das Irmandades.

- Creación dun esquema que inclúa os principiais prosistas das Irmandades e das vangardas.

- Lectura e resumo dun relato de Dos arquitos do trasno, de Rafael Dieste; comparación dos dous

personaxes principias; comentario razoado da importancia da obra no noso panorama literario.

- Observación dun esquema de síntese sobre a periodización da xeración Nós.

- Selección do enunciado que completa adecuadamente unhas afirmacións sobre a xeración Nós.

- Comentario razoado sobre o contido dun fragmento do primeiro editorial da revista Nós.

- Lectura e análise das imaxes caricaturescas presentes nun fragmento de O porco de pé, de Vicente

Risco.

- Observación dun esquema de síntese sobre a obra en prosa de Ramón Otero Pedrayo.

- Creación doutros esquemas, semellantes ao anterior, sobre a obra en prosa de Vicente Risco e de

Castelao.

- Lectura dun fragmento dunha entrevista a Pedrayo e posta en relación do seu contido co estudado

na unidade.

- Lectura do relato «Peto de lobo» de Retrincos, de Castelao, e resposta a unhas cuestións sobre o

seu contido.

10. Primeiro terzo do século XX: o teatro

Obxectivos

- Recoñecer as características do teatro da transición entre o século XIX e o século XX, do teatro

das Irmandades da Fala, do teatro das vangardas e do teatro da xeración Nós.

- Distinguir, a través de textos, os trazos básicos da obra dramática de Manuel Lugrís Freire, Ramón

Cabanillas, Antón Vilar Ponte, Armando Cotarelo Valledor, Rafael Dieste, Vicente Risco, Ramón

Otero Pedrayo e Castelao.

- Desenvolver o comentario literario dun fragmento de Os vellos non deben de namorarse, de

Castelao.

Contidos

- O teatro entre dous séculos. C

- O teatro das Irmandades. C

- Datos biográficos e produción teatral de Manuel Lugrís Freire, Ramón Cabanillas, Antón Vilar

Ponte e Armando Cotarelo Valledor. C

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 223

- O teatro das vangardas. C

- Datos biográficos e produción teatral de Rafael Dieste. C

- O teatro da xeración Nós. C

- Datos biográficos e produción teatral de Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Alfonso D. R.

Castelao. C

- Análise do teatro na transición entre os séculos XIX e XX. P

- Distinción dos trazos básicos do teatro das Irmandades da Fala. P

- Recoñecemento das características propias do teatro das vangardas. P

- Determinación das características básicas do teatro da xeración Nós. P

- Identificación das principais características da obra dramática de Manuel Lugrís Freire, Ramón

Cabanillas, Antón Vilar Ponte, Armando Cotarelo Valledor, Rafael Dieste, Vicente Risco, Ramón

Otero Pedrayo e Alfonso D. R. Castelao. P

- Aplicación do método de comentario de textos para analizar un fragmento da obra Os vellos non

deben de namorarse, de Castelao. P

- Valoración positiva da contribución das Irmandades da Fala, das vangardas e da xeración Nós ao

desenvolvemento do noso teatro. V

Actividades

Análise de textos

• Lectura dun fragmento da obra A ponte, de Lugrís Freire; análise dos seus personaxes e

comentario do seu contido a partir dunha afirmación que destaca a función social e didáctica

do teatro deste autor.

• Análise métrica e de rima dun fragmento de O Mariscal, de Ramón Cabanillas; posterior

comentario sobre o obxectivo propagandístico desta obra.

• Indicación do tema dun fragmento da peza Almas mortas, de Antón Vilar Ponte,

caracterización do tipo de lingua dos personaxes e identificación da tese defendida polo

autor a través do fragmento.

• Lectura dramatizada en grupos dun fragmento de A fiestra valdeira, de Rafael Dieste;

posterior valoración da actitude dos personaxes á luz do estudado na unidade.

• Lectura dun fragmento de O bufón de El-Rei, de Vicente Risco, e caracterización

psicolóxica dos seus personaxes a partir das palabras do texto; posterior conexión desta obra

con outras centradas na Materia de Bretaña.

• Lectura dun fragmento de A lagarada, de Otero Pedrayo, e determinación, mediante

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 224

exemplos, do carácter experimental desta peza.

• Posta en relación do estudado sobre o teatro de Castelao co contido da lectura desta unidade.

Comentario de texto

• Elaboración do comentario literario dun fragmento de Os vellos non deben de namorarse, de

Castelao.

Avaliación

- Peche duns enunciados sobre o teatro entre dous séculos e o teatro das Irmandades á luz do

estudado na unidade.

- Lectura dun esquema de síntese sobre as temáticas desenvolvidas no teatro das Irmandades.

- Indicación de títulos de obras das Irmandades que se axustan ás temáticas anteriores.

- Identificación nun fragmento de A fiestra valdeira do conflito central desta obra; posterior

indicación do lance en que se sitúa este fragmento.

- Observación dun esquema de síntese sobre a renovación no teatro da xeración Nós.

- Clasificación dunhas afirmacións segundo correspondan a trazos propios do teatro das Irmandades

ou do teatro da xeración Nós.

- Observación dun esquema de síntese sobre as obras teatrais máis representativas da xeración Nós.

- Lectura dun texto de Castelao no que relata como se xestou a creación de Os vellos non deben de

namorarse e posterior comentario persoal sobre este á luz do estudado na unidade.

- Redacción dun texto que resuma o seguinte tema: «O teatro do primeiro terzo do século XX:

Irmandades, vangardas e xeración Nós».

11. Entre 1936 e 1976: a lírica

Obxectivos

- Recoñecer as características históricas, sociais, culturais e lingüísticas da Galicia entre 1936 e

1976.

- Determinar as características da lírica no exilio.

- Sintetizar os trazos máis importantes da obra dos poetas da xeración do 36, da promoción de

enlace e da xeración das Festas Minervais.

- Desenvolver o comentario de texto do poema «Esta chuvia lustral» da obra Prometo a flor de loto,

de Luz Pozo Garza.

- Analizar a obra Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, mediante unha lectura guiada.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 225

Contidos

- Características históricas, sociais e culturais de Galicia do período entre 1936 e 1976. C

- Situación lingüística da Galicia do período entre 1936 e 1976. C

- A lírica no exilio. C

- Datos biográficos e produción poética de Luís Seoane e Lorenzo Varela. C

- A lírica galega: 1936-1976. C

- A xeración de 1936. C

- Datos biográficos e produción poética de Aquilino Iglesia Alvariño, Celso Emilio Ferreiro e Xosé

María Álvarez Blázquez. C

- A promoción de enlace. C

- Datos biográficos e produción poética de Antón Tovar e Luz Pozo Garza. C

- A xeración das Festas Minervais. C

- Datos biográficos e produción poética de Manuel María, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra e

Xosé Luís Méndez Ferrín. C

- Recoñecemento das características históricas, sociais, culturais e lingüísticas do período entre

1936 e 1976. P

- Identificación das circunstancias do exilio e do labor literario dos poetas exiliados máis

representativos. P

- Distinción da continuidade entre as liñas poéticas anteriores e posteriores á guerra. P

- Determinación dos trazos xerais da xeración de 1936 e recoñecemento dos trazos máis importantes

da vida e da obra de Aquilino Iglesia Alvariño, Celso Emilio Ferreiro e Xosé María Álvarez

Blázquez. P

- Identificación das características xerais da promoción de enlace e distinción dos trazos máis

importantes da vida e da obra de Antón Tovar e Luz Pozo Garza. P

- Determinación dos trazos fundamentais da xeración das Festas Minervais e distinción dos trazos

máis salientables da vida e da obra de Manuel María, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra e Xosé

Luís Méndez Ferrín. P

- Aplicación do método de comentario de texto ao poema «Esta chuvia lustral» da obra Prometo a

flor de loto, de Luz Pozo Garza. P

- Analise, mediante unha lectura guiada, de Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro. P

- Valoración da importancia do labor creativo dos nosos autores literarios no exilio e en Galicia

durante a época da ditadura. V

- Interese pola lectura da obra máis representativa dos poetas galegos de posguerra. V

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 226

Actividades

Análise de textos

• Lectura dun poema de Luís Seoane e identificación nel dos trazos temáticos e formais máis

salientables deste autor.

• Lectura dun poema de Aquilino I. Alvariño e determinación do seu tema; localización do

texto nunha etapa poética deste autor; comentario das metáforas que representan nel as ideas

de «amor» e «morte»; análise métrica e de rima do poema e posterior identificación do tipo

de combinación estrófica.

• Determinación do tema e da estrutura dun poema de Celso Emilio Ferreiro; localización nel

e comentario duns recursos estilísticos; comentario do nivel de lingua e audición dunha

versión rap moderna deste mesmo texto.

• Identificación da tendencia temática á que corresponde un poema de Manuel María e

comparación razoada deste texto cuns versos de Uxío Novoneyra.

• Análise dun poema de Bernardino Graña e identificación nel, con exemplos, dos trazos

propios da Escola da Tebra.

• Lectura dun poema de Uxío Novoneyra e posta en relación deste cunha afirmación sobre a

poética deste autor; identificación do valor expresivo duns recursos estilísticos e dun xogo

gráfico presentes no poema.

• Análise da presenza das oposicións «amor / odio» e «amor / morte» e tamén de diferentes

elementos sensoriais nun poema de Méndez Ferrín.

• Organización dun recital poético ou dunha audición musical con textos de autores estudados

na unidade.

Comentario de texto

• Elaboración do comentario literario do poema «Esta chuvia lustral» de Prometo a flor de

loto, de Luz Pozo Garza.

Guía de lectura

• Desenvolvemento da lectura guiada de Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro.

Avaliación

- Lectura dun esquema de síntese sobre a actividade cultural e literaria no exilio.

- Resumo dos trazos biobibliográficos máis importantes de Luís seoane e Lorenzo Varela.

- Indicación do enunciado que completa correctamente unhas afirmacións sobre a xeración de 1936

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 227

- Observación dun esquema de síntese sobre as etapas da lírica galega entre 1936 e 1976.

- Redacción dun texto que sintetice este tema: «A lírica galega entre 1936 e 1976».

- Observación dun esquema de síntese sobre as liñas temáticas na poesía de Celso Emilio Ferreiro.

- Creación de esquemas semellantes ao anterior sobre as liñas temáticas básicas de Luz Pozo Garza,

Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín.

- Identificación do tema dun poema de Méndez Ferrín; localización e valoración das metáforas e

comparacións presentes no texto; estruturación temática do poema; comentario persoal sobre o

valor expresivo do símbolo da «noite» no texto en comparación con poemas doutros autores desta

unidade.

- Identificación dos recursos estilisticos dominantes en catro fragmentos de poemas de autores

vistos na unidade e comentario do seu valor expresivo.

12. Entre 1936 e 1976: a prosa

Obxectivos

- Determinar as características da prosa no exilio.

- Recoñecer a periodización da narrativa galega entre 1936 e 1976 e tamén os trazos esenciais do

ensaio galego neste período.

- Distinguir as liñas temáticas fundamentais e os narradores máis salientables da narrativa de

posguerra.

- Recoñecer os trazos básicos da renovación dos autores da Nova Narrativa Galega e da chamada

épica rural.

- Desenvolver o comentario literario dun fragmento de A esmorga, de Eduardo Blanco Amor.

- Analizar a obra O crepúsculo e as formigas, de Xosé Luís Méndez Ferrín, mediante unha lectura

guiada.

Contidos

- A prosa no exilio. C

- Datos biográficos e produción narrativa de Ramón de Valenzuela e Silvio Santiago. C

- A prosa galega: 1936-1976: narrativa e ensaio. C

- A narrativa de posguerra. C

- Datos biográficos e produción narrativa de Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel

Fole. C

- A narrativa galega a partir dos anos 60: Nova Narrativa Galega e a épica rural. C

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 228

- Datos biográficos e produción narrativa de Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, María Xosé

Queizán e Xosé Neira Vilas. C

- Identificación das circunstancias do exilio e do labor literario dos narradores exiliados máis

importantes. P

- Clasificación das características e das liñas temáticas fundamentais da narrativa de posguerra. P

- Distinción dos trazos máis representativos da produción dos narradores de posguerra: Eduardo

Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole. P

- Identificación das fases e grupos da narrativa galega entre os anos 60 e 70: Nova Narrativa Galega

e a épica rural. P

- Distinción dos trazos máis importantes da produción narrativa de X. L. Méndez Ferrín, Carlos

Casares, María Xosé Queizán e Xosé Neira Vilas. P

- Aplicación do método de comentario de texto a un fragmento de A esmorga, de Blanco Amor. P

- Analise, mediante unha lectura guiada, de O crepúsculo e as formigas, de Xosé Luís Méndez

Ferrín. P

- Valoración positiva do esforzo dos nosos narradores polo cultivo da literatura na nosa lingua

durante a posguerra. V

- Aprecio pola contribución dos escritores dos anos 60 e 70 á renovación da narrativa galega. V

- Interese pola lectura de obras representativas da narrativa galega do período entre 1936 e 1976. V

Actividades

Análise de textos

• Lectura e resumo dun fragmento de Xente ao lonxe, de Blanco Amor; exemplificación con

palabras deste duns trazos propios do realismo social; comentario razoado da situación da

muller que reflicte o texto.

• Comparación de dous textos, un da nosa prosa medieval e outro dun fragmento de Merlín e

familia, de Cunqueiro, e recoñecemento neles dos personaxes da Materia de bretaña;

posterior exemplificación dos trazos propios do mundo mítico de Cunqueiro no segundo

texto.

• Identificación da estrutura dun relato de Xente de aquí e acolá, de Cunqueiro;

exemplificación do recurso da ironía e dos distintos niveis de lingua presentes nel.

• Comentario da mestura de realidade, lirismo e humor no relato «O tordavisco», de

Cunqueiro, e creación pautada doutro relato semellante.

• Lectura do fragmento dun relato de Á lus do candil, de Fole, e análise pautada do efecto de

tensión creado nel e dos recursos da narrativa popular oral que contén.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 229

• Lectura do relato «Os lobos», de Fole, e comparación dos seus trazos temáticos e formais co

estudado na unidade.

• Lectura dun texto de Retorno a Tagen Ata, de Ferrín, e identificación dos trazos que o sitúan

na liña mítica persoal deste autor; exemplificación do valor alegórico dalgúns elementos do

texto.

• Análise comparativo dun texto narrativo de Xosé L. Méndez Ferrín e outro de Carlos

Casares; determinación dos seus temas, comparación dos trazos de narrador, protagonista e

espazo; análise das técnicas e do ritmo narrativo que presentan; e posta en relación deles cos

trazos estudados da Nova Narrativa.

• Lectura dun fragmento da novela Amantia, de María X. Queizán, e análise dos seus trazos

temáticos máis salientables; posterior investigación sobre os temas e personaxes históricos

que aborda.

• Identificación do tema dun fragmento de Remuíño de sombras, de Neira Vilas, e análise da

lingua e de certos recursos formais do texto.

• Lectura dun texto tirado de Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas, e comparación dos

seus trazos formais e temáticos cos do texto anterior.

• Ampliación dos datos biobibliográficos dos autores estudados na unidade a partir da

información de entrevistas que se lles fixese en Internet.

Comentario de texto

• Redacción pautada do comentario literario dun fragmento de A esmorga, de Eduardo Blanco

Amor.

Guía de lectura

• Desenvolvemento da lectura guiada de O crepúsculo e as formigas, de Xosé Luís Méndez

Ferrín.

Avaliación

- Resposta a unhas preguntas sobre a prosa galega no exilio.

- Observación dun esquema de síntese sobre os principais núcleos temáticos da narrativa de

posguerra.

- Localización nun fragmento de Xente ao lonxe, de Blanco Amor, de exemplos dos trazos máis

característicos desta novela.

- Comentario razoado sobre o contido dun texto que reflexiona sobre a capacidade fabuladora e o

valor da imaxinación na narrativa de Cunqueiro.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 230

- Observación dun esquema de síntese sobre autores e trazos básicos da Nova Narrativa Galega.

- Clasificación dunhas obras segundo os membros da Nova Narrativa que as escribisen.

- Explicación da evolución na produción narrativa de Carlos Casares a partir de dous textos dados.

- Observación dun esquema de síntese sobre o perfil biográfico e a produción narrativa de Neira

Vilas.

- Creación doutros esquemas semellantes ao anterior centrados nas figuras de Eduardo Blanco

Amor, Álvaro Cunqueiro e Xosé Neira Vilas.

- Redacción dun texto co título «A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras

representativas».

13. Entre 1936 e 1976: o teatro

Obxectivos

- Recoñecer as características do teatro galego no exilio.

- Distinguir os trazos esenciais do teatro de posguerra e da obra teatral dos dramaturgos deste

período.

- Determinar os elementos caracterizadores do teatro galego da chamada «dramática social» e os

trazos fundamentais da obra dos seus autores.

- Coñecer as características da dramaturxia do grupo de Ribadavia e os trazos básicos da produción

dos autores deste grupo.

- Desenvolver o comentario literario dun fragmento de Laudamuco, señor de ningures, de Roberto

Vidal Bolaño.

- Analizar a obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, de Álvaro Cunqueiro,

mediante unha lectura guiada.

Contidos

- O teatro no exilio. C

- Datos biográficos e produción teatral de Manuel Daniel Varela Buxán e Luís Seoane. C

- O teatro na posguerra. C

- Datos biográficos e produción teatral de Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ricardo

Carballo Calero. C

- A «dramática social». C

- Datos biográficos e produción teatral de Daniel Cortezón e Xohana Torres. C

- O grupo de Ribadavia. C

- Datos biográficos e produción teatral de Euloxio Rodríguez Ruibal, Manuel Lourenzo e Roberto

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 231

Vidal Bolaño. C

- Identificación das circunstancias en que se desenvolveu o teatro no exilio e do labor dos

dramaturgos máis importantes da diáspora. P

- Establecemento das características esenciais do teatro galego de posguerra. P

- Recoñecemento dos trazos básicos da obra teatral de Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e

Ricardo Carballo Calero. P

- Distinción das características do teatro galego do grupo da «dramática social». P

- Recoñecemento dos trazos fundamentais da obra dramática de Daniel Cortezón e Xohana Torres.

P

- Establecemento das características esenciais do teatro do grupo de Ribadavia. P

- Identificación dos trazos básicos da obra teatral de Euloxio Rodríguez Ruibal, Manuel Lourenzo e

Roberto Vidal Bolaño. P

- Valoración positiva do esforzo dos dramaturgos da posguerra polo cultivo da literatura na nosa

lingua durante os anos da ditadura. V

- Aprecio pola contribución dos autores do grupo de Ribadavia á consolidación e profesionalización

do teatro galego. V

- Interese pola lectura das obras clave dos dramaturgos galegos do período entre 1936 e 1976. V

Actividades

Análise de textos

• Lectura e resumo dun fragmento de O incerto señor don Hamlet, de Cunqueiro; indicación

nun esquema das relacións entre os seus personaxes; identificación da función do coro no

fragmento.

• Lectura dun fragmento de Auto do prisioneiro, de Carballo Calero, e comentario do valor

simbólico duns personaxes e sobre a influencia no texto do teatro existencialista e do teatro

do absurdo.

• Investigación en grupos sobre as orixes, os trazos básicos e os principiais cultivadores do

teatro existencialista e do teatro do absurdo.

• Determinación do tema dun fragmento de Un hotel de primeira sobre o río de Xohana

Torres; investigación do contexto histórico en que se sitúa a obra; redacción dun texto sobre

a relación entre tema e contexto histórico; e caracterización da personaxe feminina

protagonista.

• Lectura e resumo dun fragmento de Electra, de Manuel Lourenzo; caracterización

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 232

xustificada da obra como unha traxedia; redacción dunha sinopse da traxedia clásica en que

se inspira a peza de Lourenzo; posta en relación do texto de Lourenzo cos personaxes e os

feitos do texto clásico.

Comentario de texto

• Redacción pautada do comentario literario dun fragmento de Laudamuco, señor de ningures,

de Roberto Vidal Bolaño.

Guía de lectura

• Desenvolvemento da lectura guiada de O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca,

de Álvaro Cunqueiro.

Avaliación

- Identificación dos enunciados que completan correctamente unhas afirmacións sobre o teatro

galego no exilio.

- Lectura dun esquema de síntese sobre as obras clave dos dramaturgos do teatro galego na

posguerra.

- Copia do esquema anterior ampliándoo con máis información sobre o teatro dese período.

- Lectura e resumo dun fragmento de Proceso en Jacobusland, de Eduardo Blanco Amor; posta en

relación do texto cos trazos formais e temáticos estudados deste autor.

- Observación dun esquema de síntese sobre as mostras de teatro de Ribadavia.

- Comentario razoado dun texto relacionado coa evolución da nosa dramaturxia neste período, á luz

do estudado na unidade.

- Observación dun esquema de síntese sobre os principais dramaturgos do grupo de Ribadavia.

- Lectura e clasificación de tres textos de Manuel Lourenzo en función da liña temática á que

correspondan.

- Discriminación das oracións falsas e certas dunha serie sobre a produción dramática de Roberto

Vidal Bolaño; transformación posterior das oracións falsas en certas.

- Redacción dun texto sobre este tema: «O teatro galego entre 1936 e 1976».

14. A literatura actual

Obxectivos

- Identificar as características históricas, sociais, culturais e lingüísticas da Galicia de hoxe.

- Definir os trazos xerais da lírica galega dos nosos días e da produción poética dalgúns autores

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 233

deste período.

- Distinguir os elementos definidores da prosa galega actual e as características principais da obra

dalgúns narradores deste período.

- Sintetizar os trazos caracterizadores do teatro galego actual e da obra de certos dramaturgos dos

nosos días.

- Desenvolver o comentario de texto do poema «Os repatriados» da obra Territorio da

desaparición, de Miguel Anxo Fernán-Vello.

Contidos

- Características históricas, sociais e culturais da Galicia dos nosos días. C

- Principais trazos da situación lingüística da Galicia dos nosos días. C

- A lírica actual. C

- Datos biográficos e produción poética de Ramiro Fonte, Miguel Anxo Fernán-Vello, Miro Villar e

Yolanda Castaño. C

- A narrativa actual. C

- Datos biográficos e produción narrativa de Darío X. Cabana, Suso de Toro, Manuel Rivas e Teresa

Moure. C

- O teatro actual. C

- Datos biográficos e produción dramática de Xesús Pisón, Gustavo Pernas, Cándido Pazó e Imma

António Souto. C

- Determinación das características históricas, sociais, culturais e lingüísticas da Galicia dos nosos

días. P

- Distinción dos trazos xerais da lírica galega dos nosos días e dos elementos característicos da

poesía de Ramiro Fonte, Miguel Anxo Fernán-Vello, Miro Villar e Yolanda Castaño. P

- Clasificación dos elementos definidores da narrativa galega actual e das características principais

da obra narrativa de Darío X. Cabana, Suso de Toro, Manuel Rivas e Teresa Moure. P

- Recoñecemento dos trazos caracterizadores do teatro galego actual e dos trazos máis importantes

obra dramática de Xesús Pisón, Gustavo Pernas, Cándido Pazó e Imma António Souto. P

- Valoración do labor dos escritores actuais como contribución á nosa normalización literaria e

lingüística. V

Actividades

Análise de textos

• Lectura de dous poemas de Ramiro Fonte e análise neles duns recursos estilísticos;

explicación razoada da evolución poética que se aprecia entre os dous textos.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 234

• Lectura dunha décima de Miro Villar e análise completa de métrica e de rima dela;

investigación sobre a personaxe de Sherezade aparecida no texto; comparación temática e

formal do poema co estudado na unidade.

• Localización nun poema de Xavier Seoane de voces pertencentes aos ámbitos do amor e do

telurismo.

• Identificación do tema dun poema de Yolanda Castaño; localización dos personaxes

arquetípicos femininos e de contos de fadas que contén; indicación dos recursos estilísticos e

das referencias culturalistas do texto.

• Comparación razoada do contido dun poema de Marta Dacosta co poema anterior de

Yolanda Castaño.

• Identificación da promoción poética á que corresponden as autoras de dous poemas;

comentario razoado sobre o punto de vista feminino e feminista que comparten estes textos.

• Creación, pautada e en grupos, dunha antoloxia de composicións de poetas actuais.

• Lectura e resumo dun fragmento de Morte de rei, de Darío Xohán Cabana; análise do nivel

de lingua do texto; investigación sobre os feitos e os personaxes nos que se centra o

fragmento.

• Análise da relación «tempo do discurso - tempo do relato» nun fragmento de Polaroid, de

Suso de Toro; análise tamén dos personaxes, do tema, da ambientación e do punto de vista

do narrador.

• Lectura e indicación do tema dun fragmento de Os libros arden mal; análise do seu tipo de

narrador e da mestura de realidade, lirismo e ironía propia deste autor; resposta a unhas

cuestións sobre o contido do fragmento.

• Comentario razoado da relación do contido e da forma dun relato de Rivas co estudado

sobre este autor na unidade.

• Identificación das ideas principais e secundarias dun fragmento de Herba moura, de Teresa

Moure; comentario persoal sobre as ideas tratadas no texto.

• Lectura dun fragmento de O pauto de Xesús Pisón e identificación do subxénero teatral ao

que pertence; resumo do seu contido e comentario sobre a presenza da sátira no texto;

exemplificación dos trazos da dramaturxia de Pisón presentes no texto.

• Comentario sobre a relación dun fragmento de Ei, Feldmülhe!, de Xesús Pisón, co

argumento xeral da obra; indicación razoada do valor simbólico dos principais personaxes

do texto.

• Exemplificación dos trazos formais e temáticos básicos dun fragmento da peza «Branco e

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 235

negro», de Gustavo Pernas; caracterización da síntese formal e temática da peza.

• Lectura dun fragmento de García, de Cándido Pazó, e identificación da novela actual coa

que comparte tema e personaxes; caracterización comparada dos protagonistas da peza

teatral e da novela; análise con exemplos do nivel de lingua do texto.

• Síntese dos trazos formais e temáticos dun fragmento de Os cárceres do esquenzo, de Imma

António Souto, á luz do estudado na unidade.

Comentario de texto

• Redacción pautada do comentario literario do poema «Os repatriados» da obra Territorio da

desaparición, de Miguel Anxo Fernán-Vello.

Avaliación

- Observación dun esquema de síntese sobre as fondas transformacións na sociedade galega actual.

- Caracterización, a través de poemas lidos na unidade, dos trazos propios da promoción de poetas

dos 80 e da promoción dos 90.

- Discriminación das afirmacións falsas e certas dunha serie sobre os poetas galegos actuais;

transformación posterior das oracións falsas en certas.

- Observación dun esquema de síntese sobre os trazos básicos e os autores representativos da

narrativa actual.

- Determinación da estrutura e resumo dun fragmento de Os comedores de patacas, de Manuel

Rivas; comentario sobre a tensión «mundo rural / mundo urbano» que se reflicte no texto.

- Indicación do argumento e do autor ou autora dunha serie de novelas clave da nosa narrativa

actual.

- Creación, a partir dunhas cuestións dadas, dun texto sobre o desenvolvemento do noso teatro

actual.

- Lectura dun fragmento de O bululú do linier, de Cándido Pazó, e comentario sobre como se

reflicten nel algúns trazos básicos da súa dramaturxia.

7. Criterios de avaliación

Procúrase na avaliación da etapa fundamentalmente se o alumnado:

• Coñece a evolución histórica da lingua galega: o proceso de formación do galego-

portugués, a situación cultural do galego antigo, do galego medio e do galego moderno, e as

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 236

súas características lingüísticas.

• Analiza criticamente as circunstancias que condicionaron a evolución, o uso e a realidade

actual da nosa lingua.

• Analiza en textos de distinto tipo transmitidos por canles diferentes as variedades

lingüísticas que se manifestan neles, así como as valoracións e actitudes sociolingüísticas

implícitas.

• Comprende e identifica discursos de distinto tipo (recoñecendo as estructuras básicas nas

que se organizan segundo o seu contido), transmitidos por canles diferentes, identificando a

situación de comunicación en que se producen e a intención comunicativa.

• Identifica a función predominante, as características propias e a estructura da tipoloxía

textual da comunicación oral.

• Identifica a función predominante, as características principais e os trazos lingüísticos dos

textos humanísticos, científico-técnicos e xurídico-administrativos.

• Participa en debates a cerca de temas de actualidade, de ámbito académico e dos contidos

dos bloques, valorando as súas contribucións para a comprensión crítica dos mesmos e das

mensaxes dos medios de comunicación.

• Elabora unha exposición dun tema propio do ámbito académico (un traballo monográfico,

unha reseña bibliográfica, unha memoria, un informe) utilizando procedementos de

documentación e distintas estratexias que faciliten a comprensión e a expresión (fichas,

resumos, esquemas, etc.).

• Expón a súa opinión sobre certos temas ordenada e coherentemente, utilizando

preferentemente un guión previo.

• Utiliza a reflexión sobre a lingua nos planos fónico, morfosintáctico, léxico-semántico e

textual, así como os conceptos e os procedementos lingüísticos básicos adecuados para a

comprensión e a producción de textos, segmentación, conmutación, clasificación, análise,

etc.

• Aplica correctamente as regras de acentuación e dos signos de puntuación, e usa

axeitadamente grafías conflictivas, prefixos e terminacións e grupos consonánticos

dubidosos.

• Establece relacións entre unha obra representativa dun autor ou dunha época co contexto

sociocultural na que se produciu, delimitando as principais etapas literarias ao longo da

historia.

• Interpreta textos e obras literarias tendo en conta a estructura da forma literaria á que

pertencen e a técnica empregada e emite xuízos fundados sobre aspectos formais e

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 237

temáticos.

• Realiza comentarios críticos de textos.

De acordo co anterior, os criterios de avaliación serán:

1. Interpretar diferentes tipos de discursos orais, escritos e audiovisuais e a situación en que se

desenvolven, captando o sentido global e a intención do discurso, a mensaxe e as súas ideas

principais e secundarias.

2. Participar en interaccións orais de acordo coas normas establecidas e realizar producións

orais planificadas, relacionadas con algún contido do currículo ou tema de acutalidade e

usando recursos audiovisuais, bibliográficos e coas tecnoloxías da información e

comunicación.

3. Compoñer produción escritas planificadas sobre temas de actualidade ou curriculares,

adecuadas á situación e intención comunicativa desexada, con coherencia, cohesión,

corrección ortográfica e unha presentación coidada.

4. Caracterizar e identificar diferentes tipos de textos orais, escritos e audiovisuais procedentes

de diversos contextos comunicativos da vida social e cultural, sobre todo dos ámbitos

científico, académico e dos medios de comunicación.

5. Coñecer os conceptos teóricos, as normas de uso e os procedementos lingüísticos propios da

gramática galega.

6. Utilizar sistematicamente os coñecementos lingüísticos para comprender e analizar textos

alleos de distintos ámbitos sociais e para producir, compñer e revisar textos propios de

temáticas diversas.

7. Coñecer e utilizar un caudal léxico apropiado e amplo que incremente non só o vocabulario

receptivo, senón, e sobre todo de tipo produtivo.

8. Diferenciar as variedades internas da lingua e identificar as interferencias lingüísticas e

desviacións da norma.

9. Valorar a lingua galega e ser quen de identificar os prexuízos e estereotipos que están

ligados a ela.

10. Coñecer as causas históricas da situación actual dos usos lingüísticos en Galicia e valorala

con espírito crítico e reflexivo, manexando de xeito prreciso a terminoloxía sociolingüística.

11. Coñecer a historia da literatura galega: as principais etapas, movementos, autoras e autores e

obras.

12. Ler, analizar e comentar obras e fragmentos significativos da historia da literatura galega,

utilizando os coñecementos sobre as formas literarias e os distintos períodos, movementos e

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 238

autores.

8. Metodoloxía

Este período educativo debe encamiñar definitivamente ao alumnado á inmersión na

sociedade actual, a ter presente a grande cantidade de información coa que debe enfrontarse e ao

manexo de certas técnicas e habilidades. As materias lingüísticas, contribúen ao desenvolvemento

dos instrumentos de comunicación como soportes básicos de coñecemento e vehículo para as

relacións interpersoais.

Sen esquecer a pluralidade metodolóxica e as indicacións do PEC, pode resultar conveniente

considerar algunhas orientacións que guíen a etapa.

Se consideramos a aprendizaxe como un proceso social e persoal que o alumno constrúe ó

relacionarse de forma activa coas persoas e coa cultura, é fácil comprender a importancia que a

interacción social e a linguaxe ten na aprendizaxe. Por iso, será conveniente que o diálogo, o debate

e a confrontación de ideas e hipóteses constitúan un elemento importante na práctica na aula.

A progresiva consolidación do pensamento abstracto permite que a investigación como

método de traballo adopte procedementos e formulacións conceptuais máis próximos aos modelos

científicos. Por iso, a aplicación do método científico debería cobrar especial relevancia nesta etapa,

e deste modo, potenciarse as técnicas de indagación e investigación.

Aprender supón modificar e enriquecer os esquemas de coñecemento de que dispoñemos

para comprender mellor a realidade e actuar sobre ela. Convirá, polo tanto:

— Partir do que os alumnos e alumnas coñecen e pensan sobre un tema concreto.

— Conectar cos seus intereses e necesidades.

— Propoñerlles, de forma atractiva, unha finalidade e utilidade claras para as novas

aprendizaxes, que xustifiquen o esforzo e a dedicación persoal que se lles vai esixir.

— Manter unha coherencia entre as intencións educativas e as actividades que se realizan na

aula.

— Favorecer a aplicación e a transferencia das aprendizaxes á vida real.

O progreso científico e tecnolóxico da sociedade na que vivimos reclama unha

diversificación dos medios didácticos que se utilizan na aula. A acción docente debería aproveitar as

variadas e suxestivas posibilidades que ofrecen os medios didácticos para favorecer, enriquecer e

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 239

motivar a aprendizaxe. A actividade na aula tamén é un espacio axeitado para realizar unha análise

crítica destes medios.

A distribución de espazos e tempos na aula, a modalidade de agrupamentos dos alumnos, o

tipo de actividades... deben entenderse dunha forma dinámica, adaptándose en cada momento ás

necesidades e intencións educativas que se persigan, co fin de crear un contorno que posibilite a

aprendizaxe.

Por outra parte, a concepción da aprendizaxe como un proceso de transvase de

coñecementos do profesor aos estudantes, que serían considerados como recipientes baleiros, é hoxe

en día inaceptable. De acordo con esa concepción, a tarefa do profesor limitaríase a expoñer con

detalle e claridade os coñecementos que desexa que aprendan os seus alumnos, mentres que a destes

sería atender á súas explicacións. Este modelo “estático” entra en contradicción cos obxectivos do

novo Bacharelato, no que procedementos e actitudes teñen (aínda) un importante papel. Debemos,

polo tanto, buscar un modelo de aprendizaxe baseado nos seguintes principios:

• A memoria do alumno ou da alumna e as súas estratexias de procesamento interaccionan

cos estímulos que recibe do contorno, e fano seleccionando uns datos e ignorando outros.

Deste modo, o alumno ou a almuna entende aquilo que selecciona cando capta determinados

aspectos do que ve e oe.

• O dato seleccionado polo alumno non posúe, por si mesmo, significado. O significado que

o profesor lle atribúe non se transfire ao alumno porque este oia as súas palabras.

• O que aprende:

– Xera vínculos entre esa información e aquelas partes da súa memoria que son

consideradas relevantes para el/ela.

– Extrae información da súa memoria e úsaa para construír activamente significados

a partir dos datos.

– Pode contrastar os significados construídos coa memoria e a experiencia sensorial e

gravar as súas construccións na memoria.

É importante que os alumnos e as alumnas sexan capaces de relacionar as ideas que elaboran

coas que teñen, coas experiencias e situacións que viven no mundo que os rodea e coas persoas que

teñen unhas ideas que valoran. O estudo da Lingua Galega e Literatura permite profundar e

reestruturar os coñecementos que sobre a materia posúe xa o alumno ou a alumna.

A aprendizaxe é algo dinámico: os estudantes pasan do seu estado actual de coñecemento a

outro máis amplo, coherente e profundo dos coñecementos lingüísticos e literarios. Para conseguilo,

a figura do profesor é de especial relevancia. O papel do profesorado é o dun verdadeiro condutor e

dinamizador do traballo e da investigación do alumno. Debe deseñar e propoñer as actividades coas

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 240

que o estudante poderá superar os obstáculos que se lle presenten na adquisición e consolidación

dos seus coñecementos.

As situacións educativas aparecen como procesos interactivos con tres vértices: o alumnado,

que constrúe significados; o contido, sobre o que se opera a construción, e o profesorado, que actúa

e intervén para facilitar o proceso de construción.

Daquela, o proceso de ensino-aprendizaxe entendemos que debe cumprir os seguintes

requisitos:

✔ Partir do nivel de desenvolvemento do alumnado e das súas aprendizaxes previas.

✔ Asegurar a construción de aprendizaxes significativas a través da mobilización dos seus

coñecementos previos e da memorización comprensiva.

✔ Posibilitar que os alumnos e as alumnas realicen aprendizaxes significativas por si mesmos.

✔ Favorecer situacións en que os alumnos e alumnas deben actualizar os seus coñecementos.

✔ Proporcionar situacións de aprendizaxe que teñan sentido para os alumnos e alumnas, coa

fin de que resulten motivadoras.

En coherencia co exposto e co PEC, os principios metodolóxicos que orientan a nosa

práctica educativa son os seguintes:

Metodoloxía activa e participativa.

Supón atender aspectos intimamente relacionados, referidos ao clima de participación e

integración do alumnado no proceso de aprendizaxe, a integración activa dos alumnos e alumnas na

dinámica xeral da aula e na adquisición e configuración das aprendizaxes.

Metodoloxía construtiva e motivadora.

Consideramos fundamental partir dos intereses, demandas, necesidades e expectativas dos

alumnos e alumnas para activar a producón de coñecemento. Tamén será importante arbitrar

dinámicas que fomenten o traballo en grupo.

Atención á diversidade do alumnado.

A nosa intervención educativa cos alumnos e alumnas asume como un dos seus principios

básicos ter en conta os seus diferentes ritmos de aprendizaxe, así coma os seus distintos intereses e

motivacións.

Avaliación integrada no proceso educativo.

A avaliación concíbese dunha forma holística, é dicir, analiza todos os aspectos do proceso

educativo e permite a retroalimentación, a achega de informacións precisas que permiten

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 241

reestruturar a actividade no seu conxunto.

En suma, a nosa metodoloxía conecta coas orientacións que ofrece o propio currículo:

-Adoptar un enfoque comunicativo no ensino e aprendizaxe da lingua, que faga do texto a

unidade comunicativa fundamental e que favoreza o emprego do idioma en distintas

funcións e contextos.

-Proporcionar e traballar contextos de distinta natureza.

-Promover a utilización da diversidade de fontes e recursos para a obtención de información.

-Propiciar, non só actividades individuais, senón tamén grupais, que favorezan o intercambio

respectuoso de ideas, o discurso argumentativo e o espírito crítico e cooperativo.

-Ler, interpretar e valorar obras literarias.

-Crear dinámicas que impliquen o alumnado e o leven á participación na planificación e

avaliación das súas actividades.

-Ofrecer actividades abertas que impliquen a busca, selección e tratamento da información, a

posibilidade de tomar decisións e emitir opinións sobre diferentes cuestións de forma crítica.

9. Criterios específicos de cualificación

O valor dos diferentes contidos no Bacharelato, na nota global e nos exames, é o que segue:

- Conceptuais: 30 %

◦ 10 % Lingua e sociedade, 20 % Literatura. Non se poderán deixar en

branco as preguntas do exame destes contidos e deberase acadar ou superar o

terzo da puntuación total destas cuestións para conseguir o aprobado.

- Procedementais: 60 %

◦ libro de lectura 10 %

◦ comprensión e análise de textos, reflexión sobre a lingua,

investigación e tratamento da información 20 %

◦ produción textual 30 %

- Actitudinais: ata 10% (esforzo, interese... e puntualidade e non absentismo).

• A este respecto, tendo en conta que cada tres retrasos supoñen unha falta non

xustificable, aplicaremos o seguinte baremo: 4 faltas sen xustificar restan 0'25, 8

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 242

restan 0'5, 12 0'75 e 15 supoñen a perda da avaliación continua, debendo realizar un

exame final con contidos mínimos.

Para o cálculo da nota, logo, terase en conta:

(a) O traballo na aula e a adecuación ás actitudes referenciadas.

(b) Os resultados das probas obxectivas: cando menos un exame global por avaliación e,

de ser necesaria, unha recuperación por trimestre.

(c) A presentación de traballos (obrigatorios ou voluntarios) centrados nos contidos

desenvolvidos na aula e que posibiliten o achegamento ás estratexias da

investigación lingüística e literaria, sempre co asesoramento do profesorado, que

tamén fornecerá bibliografía axeitada. Estes traballos poden consistir na resolución

de actividades de tipo heurístico ou tarefas de produción textual. Suporán ata un 20%

da nota.

(d) Probas de lectura dos libros escollidos en cada trimestre. Constitúen o 10% da media.

Na corrección destes elementos de avaliación, no que se refire á expresión escrita,

aplicaremos os seguintes criterios, que poden supoñer a baixada na cualificación global de ata o

20% da nota:

✗ Desconto de 0,2 puntos por cada erro moi grave, como as solucións alleas ao sistema

lingüístico do galego (tempos compostos, mala colocación dos pronomes clíticos...).

✗ Desconto de 0,1 puntos por cada erro considerado grave, como poden ser as

solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h, etc.) ou a acentuación

diacrítica.

✗ Desconto de 0,05 puntos por cada erro leve: solucións galegas alleas ao estándar

vixente, acentuación non diacrítica...

Realizarase recuperación da 1ª e 2ª Avaliación; a 3ª Avalición recupérase na denominada

Recuperación Final de maio, á cal poderá presentarse aquel alumnado que teña unha avaliación

aprobada durante o curso. Ter as tres avaliacións suspensas antes da Recuperación final implicaría ir

á proba Extraordinaria de setembro.

Será obrigatorio ler un libro por trimestre, do que se realizará unha proba escrita ou oral.

Poderase ler ademais un libro voluntario por trimestre.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 243

LECTURAS

1º BAC

1ª avaliación: Confusión e morte de María Balteira (Marica Campo, Baía)

2ª avaliación: Ás de bolboreta (Rosa Aneiros, Xerais)

3ª avaliación: Morning Star (Xosé Miranda, Xerais)

Voluntarios recomendados: Comedia Bífida (Manuel Núñez Singala, Galaxia), A sombra

dos teus soños (Anxo Rei Balesteros, Galaxia), Tras do solpor (Haruki Murakami, Galaxia),

Peaxes (Santiago Lopo, Xerais), Sidecar (Alberto Lema, Galaxia), O lago das garzas azuis

(Alfonso Pexegueiro, Xerais).

2º BAC

1ª avaliación: Arredor de si ou O fidalgo e outras narracións (Otero, Galaxia) ou Dos

arquivos do trasno (Dieste, Galaxia) ou A fiestra baldeira (Dieste, Galaxia) ou Na noite estrelecida

(Cabanillas, Xerais).

2ª avaliación: A esmorga (Blanco-Amor, Galaxia) ou Longa noite de pedra (Celso Emilio)

ou Merlín e familia (Cunqueiro, Galaxia).

3ª avaliación: Con pólvora e magnolias (Ferrín, Xerais) ou Reversos (R. Fonte) ou O sol do

verán (Casares, Galaxia) ou Arraianos (Ferrín, Xerais). Teatro de Vidal Bolaño.

Será obrigatorio ler unha obra lírica durante o curso.

Á parte, o alumnado poderá ler voluntariamente outros libros recomendados que serán

avaliados mediante proba oral (ou, excepcionalmente, escrita). Redundarán na nota de avaliación

sumando como máximo un (1) punto. Son, entre outros, Dime algo sucio (Diego Ameixeiras,

Xerais) Resistencia (Rosa Aneiros, Xerais), O único que queda é o amor (A. Fernández Paz,

Xerais), Erros e Tánatos (Gonzalo Navaza, Xerais), A sombra dos teus soños (Anxo Rei

Ballesteros, Galaxia), Comedia Bífida (Manuel Núñez Singala, Galaxia), etc.

10. Atención á diversidade

O mesmo que en etapas educativas anteriores, no Bacharelato os alumnos presentan

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 244

diferentes niveis de aprendizaxe en relación coa etapa de Educación Secundaria Obrigatoria;

ademais, presentan tamén necesidades educativas aqueles alumnos que polas súas características

físicas, sensoriais ou outras, non poden seguir da mesma forma o currículo da etapa, (minusvalías

motóricas, sensoriais, etc.). Porén, o tratamento que se concede á atención á diversidade na etapa de

Bacharelato presenta unhas características diferentes do concedido na Educación Secundaria

Obrigatoria, sen chegar en ningún caso a tomar medidas curriculares significativas. O Bacharelato

debe ofrecer unha cultura común pero resaltando as peculiaridades do alumno, co convencemento

de que as capacidades, motivacións e intereses dos mesmos son moi distintas.

Desde a aula, débese adoptar unha metodoloxía que favoreza a aprendizaxe de todo o

alumnado na súa diversidade: propoñer actividades abertas, para que cada alumno as realice

segundo as súas posibilidades, ofrecer esas actividades cunha gradación de dificultade en cada

unidade didáctica, organizar as aprendizaxes mediante proxectos que – ao mesmo tempo que os

motiven - os axuden a relacionar e aplicar coñecementos, aproveitar situacións de heteroxeneidade,

coma os grupos cooperativos, que favorezan o ensino-aprendizaxe, etc.

Para lograr estes obxectivos, débese iniciar cada unidade didáctica cunha breve avaliación

inicial que permita calibrar os coñecementos previos do grupo nese tema concreto, para facilitar a

significatividade dos novos contidos, así como organizar na aula actividades o máis diversas posible

que faciliten diferentes tipos e graos de axuda.

No noso proxecto, a atención á diversidade abórdase a través de:

• Exercicios complementarios de gramática. Son exercicios, na súa maioría relacionados coa

morfoloxía, que inciden nas habituais carencias que presenta o alumnado nesta etapa

educativa e axudan a reforzar os coñecementos xa adquiridos en cursos anteriores. O

profesor poderá elixir entre eles os máis adecuados para os seus alumnos e o número que

estes haberán de realizar. A partir dos exercicios o profesor poderá analizar tamén os usos e

expresións máis frecuentes dos seus alumnos na súa lingua oral.

En 2º BAC (e aberto a 1º BAC) tratárase de manter o grupo "Ortográficos anónimos" con

alumnado que se xunta un día á semana, nun recreo ou os luns de 18 a 18´30h., para poñer

en común textos previamente redactados por elas/eles mesmas/os, manténdose no

anonimato; tras esta posta en común revísanse os erros cometidos en todos os ámbitos

textuais (redacción, ortografía, sintaxe, puntuación...), procurando solucións.

• Exercicios de acentuación, léxico, morfosintaxe e semántica. O profesor terá que decidir os

máis convenientes para eles en función do grao de dificultade que estes presentan.

• Lecturas significativas da obra dos autores máis salientables, coas anotacións oportunas.

Son un complemento da teoría literaria e axudan a comprender o autor, a súa obra e a época

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 245

na que escribe. Estas lecturas poden utilizarse tamén para que o alumno ou a alumna lea en

voz alta, recite ou dramatice textos, ou para que estableza relacións, faga resumos e sínteses,

argumente a súa opinión sobre os temas expostos, etc. Tamén poden servir como pretexto

para que o profesor lle pida que complete esta información a través doutros libros da

biblioteca e expoña despois, oralmente, na clase, o resultado da súa investigación.

• Comentarios de texto guiados mediante unha serie de preguntas que inciden nos aspectos e

características máis relevantes destes.

• Propostas para debates, mesas redondas, etc.

• Invitación a manexar Internet como axuda complementaria ao exposto en determinadas

unidades.

Non debemos esquecer que a finalidade do Bacharelato, como a de toda educación en xeral,

é axudar a formar persoas capaces de desenvolverse con total autonomía, tanto no ámbito público

como no privado e facilitarlles o camiño cara á vida profesional ou cara a estudios superiores moito

máis complexos. Isto supón contribuír ao desenvolvemento integral da persoa para, desde o seu

equilibrio persoal e afectivo, fomentar a integración social dunha maneira crítica e creativa. Esta

gran meta require unha intervención planificada.

11. Educación en valores

A materia de Lingua e Literatura, pola amplitude temática e ideolóxica que lle é inherente,

resulta un ámbito idóneo para o tratamento de temas e dimensións transversais como a educación

para a paz e para a convivencia, ou a formación do consumidor.

No proxecto de Lingua e Literatura de Bacharelato préstaselles a estes temas unha especial

atención, que se manifesta de forma notable en dous aspectos: a selección de textos e a proposta de

actividades encamiñadas á realización de debates orais e exposicións de carácter valorativo que

promovan a presenza dos transversais na aula.

Repásanse a continuación os principais obxectivos e inclúense algúns exemplos do

tratamento que reciben.

EDUCACIÓN MORAL E CÍVICA Obxectivos no Bacharelato

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 246

- Desenvolver un proxecto persoal deseñado de acordo con valores e principios para impulsar unha personalidade consciente da súa identidade, autónoma e coherente cos seus criterios.

- Asumir as estruturas universais de xuízo moral que conduzan á acción xusta e solidaria.- Utilizar as habilidades dialóxicas necesarias como criterio de acordo e respecto das

actuacións interpersoais e como compromiso de entendemento nas situacións conflictivas.

- Analizar os mecanismos e valores que rexen o funcionamento da sociedade a partir da análise da realidade social e adoptar unha actitude crítica de acordo con principios e normas éticas.

- Valorar e asimilar elementos positivos doutros patróns culturais nun proceso de enriquecemento persoal e social.

- Desenvolver hábitos de conduta social e habilidades de comportamento cívico para participar de maneira activa nun proxecto de convivencia dentro dunha sociedade pluricultural.

- Desenvolver o compromiso persoal de participación en proxectos sociais relativos ao respecto aos Dereitos Humanos, defensa do medio e do patrimonio cultural, solidariedade e cooperación con grupos sociais e comunidades desfavorecidas.

- Relacionarse con outras persoas e participar en actividades de grupo, valorando como enriquecedoras as diferencias entre as persoas e mantendo unha actitude activa de rexeitamento de calquera tipo de discriminación.

- Comprender, respectar, elaborar e adoptar como criterios de actuación proxectos e normas de convivencia que regulen a vida colectiva dunha maneira realista e xusta.

A educación moral e cívica en LGL BAC

- A tipoloxía textual, sobre todo a argumentación e a exposición, pode propiciar a receptividade de valores solidarios e democráticos e o respecto polas opinións alleas expresadas a través da lingua oral e escrita.

- A literatura é un campo privilexiado de transmisión de principios e valores morais, alén de impulsar o diálogo crítico.

- En Lingua e sociedade trabállase o respecto á diversidade lingüística, ás opcións non coincidentes coa propia. Neste sentido preténdese unha valoración xusta e equilibrada das diversas culturas, evitando prexuízos que atenten contra a dignidade e discriminacións culturais.Tamén se analizan as circunstancias históricas, políticas e culturais que actúan na valoración e no recoñecemento das linguas.

EDUCACIÓN PARA A PAZ Obxectivos no Bacharelato

- Valorar positivamente a autoestima, a seguridade e a liberdade persoais como elementos indispensábeis para poñelos ao servizo dos outros e para contribuír á autoafirmación, desenvolvemento e enriquecemento harmónico da humanidade.

- Analizar conflitos sociais (inxustiza, violencia, subdesenvolvemento) que se viven ao redor, considerando as súas causas, para desenvolver as capacidades e actitudes que promoven a resolución non violenta dos conflitos.

- Desenvolver actitudes dialogantes e respectuosas a partir das bases éticas do sistema democrático, para predispoñerse ao acordo xusto e á participación democrática.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 247

- Reflexionar sobre os dereitos fundamentais da persoa, o seu recoñecemento na Declaración Universal dos Valores Humanos, e a súa importancia no mundo actual.

- Aceptar a diversidade (lingüística, étnica e cultural) rexeitando criticamente calquera forma de discriminación.

- Comprometerse na defensa activa dos dereitos e deberes das persoas como base para o respecto e a dignidade dos seres humanos.

A educación para a paz en LGL BAC

- Os temas que se ocupan da diversidade lingüística do mundo e das linguas minorizadas, así como os que tratan dos distintos rexistros lingüísticos, préstanse especialmente ben para fomentar os comportamentos respectuosos coas diferencias individuais e colectivas e a procura do diálogo ante os conflitos.

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Obxectivos no Bacharelato

- Identificar e avaliar o propio estilo de vida para establecer cambios naquelas prácticas

nocivas para a saúde.

- Tomar conciencia da responsabilidade das propias accións na creación de relacións

mentalmente sas baseadas na empatía, na axuda e na tolerancia.

- Ampliar a comprensión da imaxe dun mesmo e identificar as influencias sociais e

mediáticas na formación dunha imaxe sa e equilibrada que permita superar as

dificultades e tomar decisións con autonomía e responsabilidade.

- Adquirir unha actitude crítica e de rexeitamento das prácticas individuais e colectivas

nocivas para transformalas en máis saudábeis a través de accións consistentes e

progresivas desde un enfoque global da saúde.

- Valorar e reflexionar sobre as causas e as consecuencias individuais e sociais

relacionadas coas drogodependencias para favorecer a elaboración de valores

fundamentais e, como consecuencia, de actitudes críticas e de rexeitamento.

- Manter unha actitude crítica construtiva e continuada coas prácticas individuais ou

colectivas relacionadas co tempo libre.

EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS Obxectivos no Bacharelato

- Desenvolver unha identidade persoal como homes ou mulleres, aceptando de maneira positiva a súa condición e valorando as súas capacidades e limitacións.

- Comprender os modelos masculinos e femininos desde a aceptación e o respecto, entendéndoos como unidades cunha complementariedade que facilita unha visión unitaria da persoa.

- Identificar os elementos discriminatorios que se dan no contorno e desenvolver o sentido crítico para analizar esas situacións de maneira obxectiva, sen deixarse influír por estereotipos limitadores.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 248

- Participar nos diferentes grupos de referencia (familia, amigos...) de maneira responsable, solidaria e construtiva, considerando as diferentes contribucións e puntos de vista, con independencia de clasificacións sexistas.

- Tomar conciencia e apreciar a riqueza das contribucións de homes e mulleres no ámbito afectivo, social, cultural e laboral para o desenvolvemento dun proxecto común.

Educación para a igualdade en LGL BAC

- Os textos literarios e os argumentativos son os principais ámbitos de achegamento á dignidade persoal e ao feminismo, propiciando a reflexión sobre a discriminación sexual. Débense revisar, así mesmo, os trazos sexistas na linguaxe.

EDUCACIÓN AMBIENTAL Obxectivos no Bacharelato

- Ampliar a comprensión de ambiente como conxunto de sistemas interrelacionados e interdependentes.

- Identificar e reflexionar sobre os problemas ambientais actuais, locais e globais, como retos ineludíbeis da nosa sociedade con actitude crítica construtiva.

- Tomar conciencia da necesidade da responsabilidade e compromiso das accións individuais e colectivas a través do gozo da participación e a cooperación na mellora e conservación do medio.

- Identificar, concretar e valorar accións individuais ou conxuntas relacionadas co compromiso polo ambiente.

- Valorar e gozar as actividades de tempo libre que son respectuosas co medio, rexeitando as que non o sexan.

Educación ambiental en LGL BAC

- Tamén neste caso a literatura, con abundante e plural presenza da natureza, permite acrecentar o respecto polos bens máis prezados da humanidade. O tema da diversidade lingüística e o concepto de autoodio relaciónanse coas orixes e o respecto á terra.

EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR Obxectivos no Bacharelato

- Manter unha actitude crítica ante o consumo desmesurado e irresponsable dos servicios, bens e produtos.

- Diferenciar e valorar criticamente o que son necesidades da persoa e necesidades condicionadas pola sociedade de consumo.

- Coñecer os problemas que xera a sociedade de consumo a nivel local e a nivel global e manter comportamentos de consumo que colaboren na súa solución.

- Identificar e analizar as relacións entre as sociedades humanas e o aproveitamento dos recursos naturais, valorando as consecuencias das mesmas.

- Comprometerse en comportamentos solidarios ante os pobos con necesidades básicas.- Valorar criticamente o desenvolvemento científico e técnico na organización do tempo

libre e nas actividades de lecer.- Comportarse con actitude crítica e responsable ante as ofertas externas de utilización do

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 249

tempo libre.

Educación do consumidor en LGL BAC

- O estudo dos medios de comunicación, coa reflexión sobre o seu uso da lingua, esixe espertar o espírito crítico ante as mensaxes publicitarias e afianzar un hábito preventivo ante os mecanismos sedutores da mercadotecnia.

12. Materiais e recursos.

Para a presentación e secuenciación dos contidos, tomamos como referencia en toda a etapa

o libro de texto (editorial Rodeira para 1º BAC e 2º BAC), organizado por unidades que integran

certos bloques, mantendo xebrados os de lingua e os de literatura. En cada trimestre intentarase

abordar tres temas de lingua e dous de literatura en 1º BAC e en 2º BAC seguindo a secuenciación

que aparece no libro de texto. Tales materiais axústanse aos contidos do currículo vixente e, no

segundo curso, posibilitan o repaso de cuestións gramaticais e a preparación da PAAU.

Alén diso, levaranse á aula diferentes fichas, recortes de prensa, vídeos, etc. Véxase ao

respecto o punto 2 da Introdución a esta programación.

13. Temporalización

Deste xeito, aproximadamente, realizaranse as seguintes distribucións:

1º BACHARELATO

1ª avaliación: Unidades 1, 2, 3, 8, 9

2ª avaliación: Unidades 4, 5, 6, 10, 11

3ª avaliación: Unidades 7, 12, 13, 14

2º BACHARELATO

1ª avaliación: Unidades 1 ,2, 3, 8, 9,

2ª avaliación: Unidades 4, 5, 10, 11, 12

3ª avaliación: Unidades 6, 7, 13, 14

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 250

14. Contidos mínimos

1º Bacharelato

-Lectura comprensiva, análise e comentario de textos de natureza diversa e cun nivel de

dificultade adaptado aos obxectivos propios da etapa postobrigatoria.

-Produción de textos orais e escritos respectuosos coas regras de coherencia, cohesión,

adecuación, presentación e corrección ortográfica que facilitan a comunicación lingüística.

-Valoración da nosa lingua como elemento de identidade colectiva e consideración positiva do

esforzo e o compromiso individual a prol da normalización lingüística.

-Texto descritivo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características

lingüísticas. Substantivo e adxectivo: xénero e número, o grao do adxectivo, as conxuncións

comparativas.

-Texto expositivo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características

lingüísticas. Outras palabras adnominais (artigo, demostrativo, posesivo, cuantificadores e

identificadores). Caracterización e tipoloxía.

-Texto narrativo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características

lingüísticas. O verbo: a conxugación verbal regular e irregular. As perífrases verbais. O infinitivo

conxugado. Descrición e usos.

-Texto argumentativo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características

lin- güísticas. Os conectores: preposicións e conxuncións. Caracterización e tipoloxía. As locucións

prepositivas. O adverbio: caracterización e tipoloxía. As locucións adverbiais.

-Texto dialogado: intención comunicativa, estrutura formal e de contido, características

lingüísticas. Os pronomes: caracterización e tipos. Funcións e usos.

-A formación da lingua galega: substrato e superestrato. O estrato latino: principais evolucións

fonéticas do latín ao galego. Cultismos, semicultismos e palabras patrimoniais. Familias léxicas

irregulares.

-A lingua galega na Idade Media: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico

e situación sociolingüística.

-A lingua galega nos Séculos Escuros: características lingüísticas fundamentais. Contexto

histórico e situación sociolingüística.

-A lingua galega no Rexurdimento: características lingüísticas fundamentais. Contexto

histórico e situación sociolingüística.

-A diversidade lingüística no mundo e en Europa: unidade e diversidade lingüística.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 251

Multilingüismo e plurilingüismo.

-A diversidade lingüística na Península Ibérica: linguas faladas na Península Ibérica.

Territorios, usos e situación legal. O caso galego.

-A literatura medieval: a lírica profana (cantiga de amor, de amigo e de escarnio) e a lírica

relixiosa (as cantigas de Santa María). Caracterización, lectura e comentario. A prosa medieval.

-A literatura nos Séculos Escuros e na Ilustración: literatura popular e culta. Caracterización,

lectura e comentario.

-A literatura no século XIX: o Prerrexurdimento. O Rexurdimento. Rosalía de Castro, Curros

Enríquez e Eduardo Pondal. Outros autores coetáneos.

-Libros de lectura do curso.

2º Bacharelato

-Lectura comprensiva, análise e comentario de textos de natureza diversa e cun nivel de

dificultade adaptado aos obxectivos propios da etapa postobrigatoria.

-Produción de textos orais e escritos respectuosos coas regras de coherencia, cohesión,

adecuación, presentación e corrección ortográfica que facilitan a comunicación lingüística.

-Valoración da nosa lingua como elemento de identidade colectiva e consideración positiva do

esforzo e o compromiso individual a prol da normalización lingüística.

-Propiedades do texto: a coherencia e a cohesión. Análise de procedementos lingüísticos

básicos e aplicación ás propias producións. A progresión temática.

-A fonética e a fonoloxía. Descrición de fonemas.

-As variedades dialectais. Bloques e áreas dialectais. Principais trazos fonéticos, morfolóxicos

e sin- tácticos. O texto dialectal.

-Estrutura e formación de palabras. Tipos de morfemas e análise morfolóxica.

-Sintaxe: unidades e funcións sintácticas. Análise sintáctica.

-Semántica: campos semánticos. As relacións e os cambios semánticos. Definición de

palabras.

-As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa

repercusión nos usos.

-Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.

-O galego no 1º terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto

histórico e situación sociolingüística.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 252

-O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e

situación sociolingüística.

-O galego de finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas

fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

-A literatura do primeiro terzo do século XX.

-A literatura entre 1936 e 1976.

-A literatura de fins do século XX e comezos do XXI

-Libros de lectura do curso.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 253

IV] COMPETENCIA COMUNICATIVA E DIXITAL. PCPI

1. Obxectivos 2. Contidos 3. Temporalización 4. Metodoloxía 5. Avaliación

Criterios de avaliación Procedementos e instrumentos Criterios de cualificación Mínimos esixíbeis

1. Obxectivos

O módulo de Competencia comunicativa e dixital, impartido ao alumnado dos Programas de

Cualificación Profesional Inicial, debe contribuír a desenvolver o hábito de lectura e a comprensión

e expresión oral e escrita nas linguas galega e castelá, así como as capacidades de procura e

tratamento da información, mediante o emprego das tecnoloxías da información e da comunicación.

Os obxectivos deste módulo desenvolven os xerais dos Programas de Cualificación

Profesional Inicial, a saber:

a) Acadar competencias propias dunha cualificación profesional de nivel 1 da estrutura do

Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

b) Crear condicións que abran a posibilidade dunha inserción sociolaboral satisfactoria.

c) Ampliar as competencias básicas do alumnado para poder proseguir estudos nas

diferentes ensinanzas por medio da superación da proba de acceso a ciclos de grao medio,

ou coa obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, para o

alumnado que curse os módulos conducentes á súa obtención.

Obxectivos específicos do módulo:

1. Desenvolver un nivel de comprensión e expresión oral e escrita en lingua galega e mais en lingua

castelá adecuado para comunicarse, desenvolverse en sociedade, desempeñar un oficio e acceder á

información necesaria na vida cotiá con certo sentido crítico.

2. Expresarse con coherencia, adecuación, fluidez, seguridade e de forma comprensíbel para

comunicar pensamentos, intencións, sentimentos, accións e aprendizaxes, adoptando mediante

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 254

o diálogo actitudes de respecto e de colaboración cos demais.

3. Comprender e producir textos de uso habitual no ámbito persoal, laboral e social, utilizando

o vocabulario adecuado para denominar o que se manexa, realiza, aprende e sente. Comprender e

expresar os procesos, técnicas e características de determinadas tarefas.

4. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para

comprender textos orais e escritos e mais para escribir e falar con adecuación, coherencia e

corrección.

5. Desenvolver prácticas responsábeis no uso das TIC, enfocándoas á resolución de problemas, a

exploración de modelos positivos e a creación persoal.

6. Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación para informarse, comunicarse,

aprender, desenvolver a creatividade e axudarse no traballo.

7. Mellorar as actitudes e destrezas para buscar, recoller, interpretar e reelaborar información –

especialmente profesional- en distintos medios e fontes, e para tomar decisións.

8. Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as bibliotecas, os medios de comunicación

social e as TIC para obter, interpretar, elaborar e valorar informacións de diversos tipos e opinións

diferentes.

9. Tomar conciencia das tarefas, planificar a súa realización e avalialas empregando criterios

axeitados.

10. Coñecer os aspectos fundamentais da nosa cultura aberta ao mundo, respectando o patrimonio e

a diversidade no ámbito cultural, especialmente o lingüístico.

2. Contidos

2. 1. Competencia comunicativa

2.1.1. Escoitar, falar e conversar.

• Comprensión de noticias de actualidade próximas aos intereses do alumnado

procedentes de

diferentes medios de comunicación audiovisual, fundamentalmente dixitais ou na

versión dixital.

• Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico, atendendo

especialmente á presentación de tarefas e instrucións para a súa realización.

• Elaboración de breves exposicións orais de información de actualidade tomada dos

medios de

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 255

comunicación, de feitos relacionados coa experiencia ou de procesos de ensino-

aprendizaxe, presentada de forma secuenciada e con claridade, inserindo descricións

sinxelas e incluíndo ideas e valoracións en relación co exposto.

• Participación activa en situacións de comunicación, especialmente na petición de

aclaracións ante unha instrución, en propostas sobre o modo de organizar as tarefas,

na descrición de secuencias de actividades realizadas, no intercambio de opinións e

na exposición de conclusións.

• Actitude de cooperación e de respecto en situacións de aprendizaxe compartida.

2.1.2. Ler, comprensión de textos escritos.

• Lectura comprensiva de textos en soporte papel ou dixital, recoñecendo intencións

comunicativas básicas, como contar, solicitar, dar publicidade, reclamar, etc. en

textos diversos dos ámbitos laboral e social.

• Comprensión de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en ámbitos

próximos á experiencia do alumnado, así como dos medios de comunicación,

fundamentalmente noticias, atendendo especialmente á estrutura do xornal (seccións

e xéneros) e aos elementos paratextuais.

• Comprensión de textos do ámbito académico, atendendo especialmente aos de

carácter expositivo e explicativo, ás instrucións para realizar tarefas e á consulta en

diversos soportes.

• Lectura en voz alta, con fluidez, entoación e ritmo adecuados.

• Detección do tema e dos subtemas de textos expositivos sinxelos e aplicación a

estes de técnicas de análise do contido de textos escritos: subliñado das ideas

principais, elaboración de esquemas que as estruturen visualmente e resumo.

• Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes prexuizosas e que supoñan calquera

tipo de discriminación.

2.1.3. Escribir, composición de textos escritos.

• Composición de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en ámbitos

próximos á experiencia do alumnado, así como os propios dos medios de

comunicación, especialmente noticias, destinados a un soporte impreso ou dixital.

• Composición, manuscrita e dixital, de textos propios do ámbito académico,

especialmente resumos, exposicións sinxelas, e conclusións sobre tarefas e

aprendizaxes.

• Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto polas

normas gramaticais e ortográficas e mais con adecuación á temática, fins,

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 256

destinatarios, soporte... de cada escrito.

• Interese pola composición escrita como fonte de información e aprendizaxe, como

forma de

comunicar as experiencias, ideas, opinións e coñecementos propios e como forma de

regular

a conduta.

2.1.4. Coñecemento da lingua.

• Indución, a partir de usos contextualizados, da diferenza entre palabras flexivas e

non flexivas e recoñecemento das categorías gramaticais básicas (substantivo,

adxectivo cualificativo, verbo, adverbio), para o perfeccionamento da produción e

comprensión textuais.

• Uso axeitado das normas ortográficas, de acentuación e puntuación, apreciando o

seu valor social.

• Identificación e uso reflexivo dalgúns conectores textuais, con especial atención aos

temporais, explicativos e de orde, e tamén dalgúns mecanismos de referencia interna,

tanto gramaticais (pronomes persoais, posesivos e demostrativos) como léxicos

(repeticións, sinónimos e elipse).

• Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que ofrecen os

dicionarios e as obras de consulta, especialmente sobre clases de palabras e

normativa.

2. 2. Competencia dixital

Esta competencia traballa as habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar

información, transformándoa en coñecemento, e implica ser unha persoa autónoma, eficaz,

responsábel, crítica e reflexiva ao seleccionar, tratar e empregar a información e as súas fontes, as

distintas ferramentas tecnolóxicas e os distintos soportes.

2.2.1. Dimensión social

● Desenvolvemento de prácticas responsábeis e críticas no uso da tecnoloxía e no

tratamento e difusión dos materiais dixitais e da información na rede.

● Valoración crítica do papel que xogan as TIC no desenvolvemento da sociedade,

economía e cultura.

2.2.2. Alfabetización tecnolóxica

● Coñecemento da terminoloxía básica, as aplicacións principais, os procesos máis

comúns e os usos creativos da web 2.0 ou social.

● Interese por actualizar os coñecementos e as prácticas en relación coas TIC, con

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 257

achegamento comprensivo a novos e máis elaborados xéneros discursivos (anotación

ou post, podcast, etc.).

● Desenvolvemento de estratexias e autonomía para identificar e resolver problemas

no uso produtivo de programas e aplicacións web: blogues, editores de diapositivas,

presentacións multimedia...

2.2.3. Traballo coa información

2.2.3.1. Procura de información, selección e recolleita

● Acceso á información utilizando técnicas e estratexias específicas. Avaliación e

selección de novas fontes de información segundo fiabilidade e utilidade para

afrontar tarefas con éxito.

● Busca, selección e rexistro da información a partir de guías para a realización de

pequenos proxectos de traballo.

● Lectura e aplicación adecuada en distintas situacións próximas ao alumnado e en

contextos sociais e laborais de linguaxes específicas básicas: textual, icónica, visual,

gráfica e sonora.

2.2.3.2. Transformación da información en coñecemento

● Comprensión e integración da información nos esquemas previos de coñecemento,

con emprego de mapas conceptuais, gráficos, etc. en soporte dixital.

● Tratamento da información: organización, síntese, relación, procesamento...

Análise da información a partir de guías para a realización de pequenos proxectos de

traballo.

● Revisión dos borradores das anotacións das bitácoras dixitais e doutras producións.

2.2.3.3. Comunicación da información

● Uso das tecnoloxías da información e a comunicación como elemento esencial

para aprender e para comunicarse.

● Emprego dos diferentes recursos propios dos xéneros dixitais e expresivos na

creación de hipertextos, material multimedia, etc.

● Elaboración de producións adecuadas ás características e posibilidades das

ferramentas web, responsábeis e creativas.

2.2.4. Intercambio comunicativo na rede

● Uso responsábel e adecuado dos medios de intercambio: foro, chat, redes sociais...

● Traballo efectivo en contornos virtuais colaborativos.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 258

3. Temporalización

Unha temporalización nun módulo coma este non pode basearse nos bloques de contidos, pois

deben desenvolverse de xeito integrado. Todo proxecto esixirá traballar a comprensión, o manexo

da información na rede, a expresión escrita na elaboración de producións creativas, a exposición

oral dos resultados, etc.

Daquela, aínda que o peso das alíneas de coñecemento da lingua e de comunicación da

información irán gañando peso desde o segundo trimestre, a distribución dos contidos farase de

acordo aos ámbitos e xéneros traballados nas diferentes secuencias. Nun principio, o ámbito laboral

e os xéneros dixitais de comunicación asíncrona. Logo os ámbitos académico e social,

fundamentalmente en relación cos medios de comunicación, e os xéneros dixitais de comunicación

síncrona.

4. Metodoloxía

Para o desenvolvemento destas competencias, desbotamos a mera transmisión de información

e operaremos a traves de proxectos de traballo e secuencias didácticas para a construción de

coñecemento e a realización de produtos lingüísticos, fundamentalmente co uso das TIC. Para

adaptar a comunicación ao contexto, buscar, recompilar e procesar información, utilizar a lectura

con fins comunicativos para facilitar a interpretación e comprensión dos textos, para desenvolver a

habilidade na selección de textos cun obxectivo, para recibir, analizar e ter en conta as opinións

distintas á propia, para expresar adecuadamente as propias ideas e tomar consciencia das

deficiencias, para aceptar e realizar críticas con espírito construtivo, etc. En resumo, para construír o

coñecemento.

Intentaremos priorizar a reflexión e o pensamento crítico do alumnado, fronte a ensinanza

memorística, e contextualizar as aprendizaxes. Ao facer isto, conseguiremos que os mozos e mozas

adquiran coñecementos cheos de significado para eles, vinculados coa súa propia vida e co contorno

próximo. Eses coñecementos serán globalizados e poderán aplicalos en diferentes contextos de

forma adecuada na vida real.

Visitaranse páxinas web (xornais dixitais, portais de información, etc.) con variadas

finalidades, realizaranse actividades con diferentes programas educativos, afrontaranse webquest

sinxelas, contruiranse produtos con varias das aplicacións da web 2.0, comezando polo blogue

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 259

persoal e continuando co podcast, as presentacións con diapositivas na rede, a elaboración de mapas

conceptuais, etc. Tamén se realizarán exposicións dos proxectos de investigación e produción e

intercambiarase información nun espazo educativo social. O alumnado ten que converterse no

protagonista do seu proceso de aprendizaxe.

5. Avaliación

5.1. Criterios de avaliación.

1. Extraer e presentar a intención comunicativa, a idea xeral e as ideas secundarias de textos orais e

escritos sinxelos dos ámbitos social, laboral e académico. Seguir instrucións para realizar tarefas

guiadas de aprendizaxe.

2. Realizar exposicións orais planificadas claras e áxiles e participar de forma construtiva en

diversas interaccións comunicativas (simulacións, traballos colaborativos...) respectando as regras

que as rexen. Adoptar o rexistro adecuado a cada tipo de texto e situación.

3. Escribir, seguindo un modelo e en diferentes soportes, textos sinxelos propios da vida cotiá, das

relacións sociais e laborais, dos medios de comunicación e da web social. Planificar e revisar os

ditos textos coa axuda do profesorado aplicándolles normas básicas de adecuación, de coherencia,

de cohesión, de corrección e de precisión léxica.

4. Consultar, baixo a dirección do profesorado, textos en diferentes soportes co fin de extraer a

información solicitada e incorporala ás propias producións.

5. Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para resolver problemas

de comprensión e para compoñer e revisar de xeito dirixido os propios textos.

6. Recoñecer, a través da reflexión sobre os usos discursivos, os principais mecanismos da lingua.

7. Coñecer e usar adecuada e responsabelmente diferentes ferramentas e aplicacións web.

8. Seleccionar con sentido crítico fontes dixitais e tratar e reelaborar a información, integrándoa en

producións persoais na web, no desenvolvemento de pequenos proxectos de traballo.

9. Recoñecer e usar as características e recursos dos distintos xéneros dixitais.

5.2. Procedementos e instrumentos

A avaliación por competencias esixe botar man doutras ferramentas distintas dos exames

tradicionais. Estas serán:

• A observación directa no traballo cotiá: implicación nos procesos, participación nos

intercambios comunicativos, colaboración, revisión dos pasos a seguir, etc.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 260

• Producións, en soporte papel e dixital, individuais e grupais.

• As exposicións do alumnado diante dos seus compañeiros.

• O caderno do módulo (dixital: a bitácora persoal; e en papel), no que se

recollan as tarefas.

• As probas orais e escritas sobre contidos traballados nos proxectos.

Por iso, a avaliación ten que ser continua e formativa. O profesor, con toda a información

recollida, deberá reorientar, modificar, ampliar... o proceso de ensinanza- aprendizaxe, para que o

alumnado poida adquirir as competencias adecuadas e necesarias neste programa.

5.3. Criterios de cualificación

A calidade dos produtos lingüísticos e a implicación nos procesos técnicos ou previos serán os

criterios fundamentais á hora de avaliar o alumnado. Suporán o 50% da nota.

As probas orais e escritas contarán un 20%.

Os aspectos actitudinais (respecto, colaboración...) sumarán o 10%, ao igual que as

exposicións orais e a calidade dos cadernos (en papel e/ou dixitais).

5.4. Mínimos esixíbeis

-Comprensión de noticias de actualidade próximas aos intereses do alumnado procedentes de

diferentes medios de comunicación audiovisual, fundamentalmente dixitais ou na versión dixital.

- Elaboración de breves exposicións orais de información de actualidade tomada dos medios de

comunicación, de feitos relacionados coa experiencia ou de procesos de ensino- aprendizaxe,

presentada de forma secuenciada e con claridade, inserindo descricións sinxelas e incluíndo ideas e

valoracións en relación co exposto.

- Lectura comprensiva de textos en soporte papel ou dixital, recoñecendo intencións comunicativas

básicas, como contar, solicitar, dar publicidade, reclamar, etc. en textos diversos dos ámbitos laboral

e social.

- Comprensión de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en ámbitos próximos á

experiencia do alumnado, así como dos medios de comunicación, fundamentalmente noticias,

atendendo especialmente á estrutura do xornal (seccións e xéneros) e aos elementos paratextuais.

- Detección do tema e dos subtemas de textos expositivos sinxelos e aplicación a estes de técnicas

de análise do contido de textos escritos: subliñado das ideas principais, elaboración de esquemas

que as estruturen visualmente e resumo.

- Composición de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en ámbitos próximos á

experiencia do alumnado, así como os propios dos medios de comunicación, especialmente noticias,

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 261

destinados a un soporte impreso ou dixital.

- Composición, manuscrita e dixital, de textos propios do ámbito académico, especialmente

resumos, exposicións sinxelas, e conclusións sobre tarefas e aprendizaxes.

- Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto polas normas

gramaticais e ortográficas e mais con adecuación á temática, fins, destinatarios, soporte... de cada

escrito.

- Indución, a partir de usos contextualizados, da diferenza entre palabras flexivas e non flexivas e

recoñecemento das categorías gramaticais básicas (substantivo, adxectivo cualificativo, verbo,

adverbio), para o perfeccionamento da produción e comprensión textuais.

- Uso axeitado das normas ortográficas, de acentuación e puntuación, apreciando o seu valor social.

Coñecemento da terminoloxía básica, as aplicacións principais, os procesos máis comúns e os usos

creativos da web 2.0 ou social.

- Lectura e aplicación adecuada en distintas situacións próximas ao alumnado e en contextos sociais

e laborais de linguaxes específicas básicas: textual, icónica, visual, gráfica e sonora.

- Tratamento da información: organización, síntese, relación, procesamento... Análise da

información a partir de guías para a realización de pequenos proxectos de traballo.

- Emprego dos diferentes recursos propios dos xéneros dixitais e expresivos na creación de

hipertextos, material multimedia, etc.

O profesorado do Departamento

Uxía Baamonde Reiriz Xesús Fernández Garda

Luciano Fernández Martínez Pilar Ponte Patiño

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 262

ANEXO

LINGUA GALEGA E LITERATURASUPERACIÓN DE MATERIA PENDENTE

Que vías hai para superar esta materia pendente?

Tes que realizar e entregar en prazo unha serie de actividades que che pasará o/a profe, para logo poder

aprobar os exames parciais ou a materia no teu curso actual. En esquema, estas son as vías:

a) realizas satisfactoriamente as actividades entregadas, intentas superar o 1º parcial de pendentes

e mais aprobas a 2ª avaliación do curso actual.

b) realizas satisfactoriamente as actividades entregadas e superas os dous parciais.

c) realizas satisfactoriamente as actividades entregadas e superas o exame final de maio

d) superas o exame final extraordinario (setembro)

Que actividades teño que realizar e cando debo entregalas?

Un conxunto de tarefas e exercicios para a mellora da comprensión e a expresión escrita (propiedades

textuais, ortografía, acentuación, puntuación...), a fixación da gramática normativa (asimilación de

paradigmas, regras...), etc. O/A profe do curso actual entregarache un caderniño no mes de novembro e terás

que devolvelo resolto como máximo na data de realización do 1º parcial. Ten en conta que son fundamentais

para conseguir o aprobado: son imprescindíbeis e supoñen ata un 40%-50% da nota final.

Entón, abonda con aprobar a segunda avaliación do curso actual?

Posto que esta materia ten fundamentalmente contidos progresivos e a avaliación é continua, se superas

Lingua galega e literatura do teu curso actual na segunda avaliación, sempre que entregues as actividades e te

presentes ao exame parcial da pendente en xaneiro, estarías aprobado/a.

Que contidos se van esixir nas probas?

Os contidos a traballar e avaliar son os establecidos como mínimos para o curso da pendente na

programación desta materia. Consúltaa en http://caraminhalingua.wordpress.com/programacion/. Será o/a

profe do curso actual quen che indique que contidos entran en cada parcial.

Cales son as datas dos exames?

• O primeiro parcial será o ... ás ... h.

• O segundo parcial realizarase o ... ás ... h.

• O exame final está fixado o ... ás ... h.

Programación do Departamento de Lingua galega e literatura, IES da Pobra do Caramiñal 263