Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

24
OS SéCULOS ESCUROS (xvi, Xvii, xviii) Alba Ben Rivas Cristina Pernas Castaño 1º A BAC IES Vilar Ponte, 2013

description

Traballo dos Séculos Escuros MODIFICADO (máis resumido).

Transcript of Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

Page 1: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

OS SéCULOS ESCUROS(xvi, Xvii, xviii)

Alba Ben Rivas

Cristina Pernas Castaño1º A – BAC

IES Vilar Ponte, 2013

Page 2: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

Índice:1.- Contexto histórico.

a) O reino de Galicia na coroa de Castela.

b) A lingua.

2.- Decadencia política e lingüística nos Séculos Escuros.

3.- A literatura durante os Séculos Escuros.

a) Literatura culta.

- Poesía.

- Teatro.

- Prosa.

b) Literatura popularizante.

c) A Ilustración.

Page 3: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

1.- Contexto histórico:O século XV foi un momento determinante para a historia do noso país,

por un dobre motivo:

Por un banda, os acontecementos que tiveron lugar nese período

determinan a súa protección durante a Idade Moderna ou a falta dela; por

outra banda, esta frustración do século XV viría a condicionar o futuro de

Galicia.

Page 4: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

a) O reino de Galicia na coroa de Castela:

En 1230, Fernando III reuniu os territorios de Galicia, León e Castela, ampliando

así os seus dominios.

A conquista andaluza significou un cambio sociopolítico e socioeconómico nos

territorios da coroa de Fernando III. Así, o chamado eixe horizontal, arredor do

camiño de Santiago, foi substituído polo eixe vertical.

Galicia, convertida cada vez máis nun territorio arredado e sen peso sociopolítico,

asiste aos novos tempos dende unha posición marxinal que se vai prolongar

durante os séculos seguintes.

Galicia alcanza a Idade Moderna carecendo dun monarca privativo ou dunhas

institucións propias, vivindo na Idade Media unha situación de semi-indepencia.

Page 5: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

b) A lingua:

A crise política que se vai vivir no século XIV determinou unha etapa de

escuridade e decadencia para o noso idioma.

Dende o século XIII, comeza o

proceso de castelanización debido á

perda do uso do galego no ámbito

xurídico-político.

Ao tempo que en Portugal ten lugar

un proceso de estandarización do

idioma, en Galicia prodúcese un

retroceso do idioma no rexistro

escrito.O río Miño na súa desembocadura.

Page 6: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

2.- Decadencia política e lingüística:

A perda de prestixio e usos cultos da lingua galega, durante os

denominados Séculos Escuros, tivo como consecuencias:

A nobreza galega é desprazada a Castela e substitúese por outra

castelá.

A reforma do clero, coa entrada de abades e vispos de fóra de

Galicia, introduce o castelán como lingua de uso na Igrexa.

A centralización do proceso de colonización de América, efectuado

dende Sevilla.

Page 7: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

Ademais dos anteriores factores, debemos ter en conta o

seguinte:

Galicia nunca contou cunha burguesía poderosa que puidese

defender os intereses económicos e lingüísticos do país.

As pragas de peste e fame mermaron a poboación,

fomentando a substitución lingüística.

A emigración cara o sur.

Page 8: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

As levas de soldados (Alistamento de persoas co fin de servir

ao Estado) para formar o imperio español.

A explotación das riquezas galegas.

A imprenta deu un importante pulo á difusión das linguas

nacionais. Non aparecerá un libro impreso en galego ata

mediados do século XIX.

Page 9: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

3.- A literatura nesta época:

a) Literatura culta:

Durante os Séculos Escuros, as

manifestacións da literatura de

carácter cultos foron moi

escasas.

Non obstante, poseemos un

conxuntos de textos líricos e

teatrais compostos na pequena

“corte” creada por Diego

Sarmiento de Acuña, conde de

Gondomar. Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar

Page 10: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

- Poesía: Da “corte” de Gondomar conservamos a Canción galega en loor de Don Diego

das Mariñas Parragués (1º Capitán Xeneral de Galicia), de autor descoñecido e

redactado en once estanzas.

Ora sea nalgún tempo

Alça musa galega o rostro ó ceo

Con gozo e pasatempo

E deixa ese burel cuitado e feo,

Pois se che ofrece un milagroso caso

Qu’entre as nove doncelas do Parnaso

Serás por el dend’hoje conocida

Con nome eterno e vida,

En en pago de tal nova e tas albrizas

Recebe do teu verso estas primizas.

Do século XVII teñen importancia dous documentos do volume Exequias da

raíña Margarida, o primeiro de Xoán Gómez Tonel e o segundo de Pedro

Vázquez de Neira.

Page 11: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

A primeira manifestación poética dos Séculos Escuros, do 1506, foi feita en

homenaxe ao consorte da raíña Xoana I de Castela (Xoana a Tola), Filipe o

Fermoso, con motivo do desembarco da parella na Coruña.

Consérvanse tamén as Décimas ao Apóstol Santiago de frei Martín Torrado, sobre se

Santiago debía ser o único patrón de España ou compartir o padroado con Santa

Teresa de Xesús.

Elo é que non podés?

eu non sei como esto seja

Eu debe ser en veja

do ben que a España facés.

Eu non vin tal entremés

que a un creo lle fagan ter

unha freira por muller…

Arreda, vai Satanás!

Santo, vós se vos casás,

dais ó mundo en que entender.

(…)

Page 12: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

Do século XVI é o Soneto de Monterrei:

Alá en Monterrei en Val de Laça,

a Violante vi beira de un río

tan fermosa, en verdá, que quedei frío

de ver alma inmortal en mortal maça.

De un alto e lindo corpo a seda laça

a pastora sacaba fío a fío,

quando lle dise: - “Morro, corta o fío”

- “Vólveo, non cortarei, seguro pasa”.

- “¿E como pasarei, se eu acá quedo?

Se pasar –respondí- non vou seguro

que este corpo, sen alma, morra cedo”.

- “Coa miña, que levas, te aseguro

que non morras pastor” – “Pastora hei medo;

o quedar me parece máis seguro.

Soneto de Monterrei, Anónimo, 1530-1540

Page 13: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

É importante o poema de La

Araucana (1589) de Isabel Castro e

Andrade (condesa de Altamira) , do

século XVI.

En 1697 foron publicados os nove

romances escritos en galego no volume

das Festas Minervais celebradas naquel

ano.

Contamos cun poema no que se narra

a batalla de Rande, do ano 1702,

atribuído a Anselmo Feixoo e

Montenegro.

Festas Minervais

Page 14: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

- Teatro:Pese a que conservamos poucos textos dramáticos dos Séculos Escuros escritos

en galego, a actividade teatral en Galicia nestes séculos foi importante.

O teatro galego:

Era un elemento importante de ocio, e unha das principais vías de escape dos

problemas rutineiros.

O teatro en Galiza era seguido especialmente polas clases populares.

A representación dramática constituía todo un acontecemento sociocultural nas

vilas e núcleos rurais galegos.

Do século XVI posuimos Diálogo de Alberte Bieito, unha peza pequena que se

escribe pero non se imprime.

Page 15: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

Do século XVIII atopamos O

entremés do portugués.

O documento teatral máis

importante é a peza de Gabriel

Feixó de Araúxo A contenda dos

labradores de Caldelas, coñecido

como O entremés famoso sobre a

pesca no río Miño.

Data do 1671 e ten como temática

un dos moitos enfrontamentos

polos dereitos de pesca que

ocorreron no Miño entre os

habitantes das dúas beiras do río.

Page 16: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

- Prosa:

Nos séculos XV, XVI e XVII circularon

algúns textos en prosa escritos en

galego con falsificacións históricas,

redactadas por nobres co afán de

lexitimar o señorío da súa liñaxe. De

todas elas, destaca a Historia de Don

Servando, que mandou redactar Xoán

Fernández Boán e Araúxo.

En 2009 descubriuse a Historia da

Santa Igrexa de Iria Flavia (1713-1735),

de Pedro Otero Romero Torres, que é

unha versión da Crónica de Santa María

de Iria (1468).

Page 17: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

b) A literatura popularizante:

Nos séculos XVII, XVIII e a primeira

metade do XIX, desenvolveuse o

“vilancico galego” (composicións en

verso, musicadas, cun aire popular e

compostas por músicos de gran

formación).

Os vilancicos galegos triunfaron

incluso máis alá das nosas fronteiras.

En Sevilla, Toledo e Lisboa atopamos

exemplos que aproveitan a tradición

das panxoliñas e aninovos, como o da

marxe.

Vamos a Belén, amigos,

vamos que a noite está clara;

Mingos leve as castañolas,

o seu pandeiro Pascuala.

(Todos)

Vamos a Belén, amigos…

Cantemos ao Rei dos Ceos

novas e alegres tonadas,

ao son da gaita galega

con muiñeiras e alboradas.

Ai que Neno tan bonito!

Que cariña tan galana!

Nunca Neno tan fermoso

Viron as nosas montañas.

(…)

(Luís Corral Rodríguez, 1818, catedral

de Mondoñedo).

Page 18: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

Os principais cultivadores dos

vilancicos galegos foron Carlos

Patiño, Frei Francisco de Santiago,

Gabriel Díaz, Frei Xerónimo

Gonçalves e Manuel Bravo de

Velasco.

Dentro desta literatura popularizante,

o único texto conservado é referido

ao Mariscal Pedro Pardo de Cela, do

século XVI, denominado Pranto da

Frouseira, de autor anónimo.

A min chaman Todo mira

Señora do gran tesouro

Por estrela esclarecida

Hago en este Valedouro

Mas tredor foi que un mouro

O vilao que me vendeu

Que de Lugo a Rivadeu

Todos me tiñan temor

De min a trista Frouseira

Que por treizon soi vendida

Derribada na riveira

Ca xamais se veu vencida.

Por treizon tamen venderon

Xesus noso redentor

E por aquestes tredores

Pedro Pardo meu señor

Page 19: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

c) A Ilustración:

No século XVIII, produciuse en Galicia a chegada e o

espallamento das ideas ilustradas. Non se atopan numerosos

textos redactados en galego pero apareceron sociedades

(xeográficas, económicas…) que tiñan como obxectivo o estudo

da realidade do país, pois foi importante a discusión e o debate da

historia de Galicia, das súas orixes, etc.

Entre os autores que empregaron o noso idioma nesta etapa

destaca Diego Antonio Cernadas e Castro, coñecido como o Cura

de Fruíme.

Page 20: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

Ronca do río Miño

Cando tanta festa fan

-¡miña nai, como se roxe!-

a esta nova fonte de hoxe,

¿que será de ti, Miñán?

Tempos vén e tempos van,

cae Miñán quen subeu onte;

póñase ben alta a fonte,

que non é, por máis que o pense,

para beixarme en Ourense

no ollo da miña ponte.

(1755)

Cura de Fruíme

Page 21: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

Na Ilustración, tamén destacan o padre Feixoo, así como Xosé Andrés

Cornide e frei Martín Sarmiento..

Padre Feixoo

Page 22: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

No seu volume titulado Coloquio de 24 gallegos rústicos, frei Martín

Sarmiento inclúe un conxunto de coplas en galego.

No chan que en Morrazo

chaman os galegos

chan de Parafita,

que chega hasta o ceo,

que está no camiño

que vai ao Ribeiro

dendes Pontevedra,

a vila do reino;

(…)

Os mesmos, é todo,

tiñan parentesco,

criados e nados

nun mesmo terreo.

Volvíanse á terra

por outros vieiros,

juntáranse todos

no chan a desejo.

Page 23: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

Enlaces de interese:

• Tvg:

http://www.youtube.com/watch?v=hHrW8oI9r_w

http://www.youtube.com/watch?v=Gi2Rm7Z7xg8

• Séculos escuros, resumo:

http://www.youtube.com/watch?v=8aYYmXkpbQ8

Page 24: Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac

Fontes e recursos:

• Libro de lingua galega 1º de bacharelo, Xerais, unidade 16.

• Wikipedia:

http://gl.wikipedia.org/wiki/S%C3%A9culos_Escuros

http://gl.wikipedia.org/wiki/Literatura_galega_dos_S%C3%A9

culos_Escuros

• Outras páxinas web:

http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/historia.p

hp?id=46&idioma=1

http://www.staki.com/matuquin/Os_seculos_escuros.htm