Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac

23
OS SéCULOS ESCUROS (xvi, Xvii, xviii) Alba Ben Rivas Cristina Pernas Castaño 1º A – BAC IES Vilar Ponte, 2013

Transcript of Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac

OS SéCULOS ESCUROS

(xvi, Xvii, xviii)

Alba Ben Rivas

Cristina Pernas Castaño 1º A – BAC

IES Vilar Ponte, 2013

Índice:1.- Contexto histórico.

a) O reino de Galicia na coroa de Castela.

b) A lingua.

2.- Decadencia política e lingüística nos Séculos Escuros.

3.- A literatura durante os Séculos Escuros.

a) Literatura culta.

- Poesía.

- Teatro.

- Prosa.

b) Literatura popularizante.

c) A Ilustración.

1.- Contexto histórico:O século XV foi un momento determinante para a historia do noso país, por un dobre motivo:Por un banda, os acontecementos que tiveron lugar nese período determinan a súa protección durante a Idade Moderna ou a falta dela; por outra banda, esta frustración do século XV viría a condicionar o futuro de Galicia.

a) O reino de Galicia na coroa de Castela: En 1230, Fernando III reuniu os territorios de Galicia, León e Castela. A conquista

permitiulle ampliar os seus dominios despois da toma de Córdoba e Sevilla. Nestes momentos, ata 1492, o reino Granada constituía a única presenza árabe na Península.

A conquista andaluza significou un cambio sociopolítico e socioeconómico nos territorios da coroa de Fernando III. Así, o chamado eixe horizontal, arredor do camiño de Santiago, foi substituído polo eixe vertical (dende Sevilla ata os portos cantábricos, a través de Toledo a Burgos). Galicia, convertida cada vez máis nun territorio arredado e sen peso sociopolítico, asiste aos novos tempos dende unha posición marxinal que se vai prolongar durante os séculos seguintes. Todo un conxunto de factores, como a desgaleguización da nobreza, contribuíron ao afastamento de Galicia dos centros de poder.

Galicia, que conserva o título de reina ata o século XIX, alcanza a Idade Moderna carecendo dun monarca privativo ou dunhas institucións propias. Galicia viviu ao longo da Idade Media unha situación de semi-indepencia.

b) A lingua:Ao longo do século XIV, o galego semellaba que se ía converter na lingua

nacional de Galicia, mais a crise política que se vai vivir nesa época, determinou unha etapa de escuridade e decadencia para o noso idioma.

Dende o século XIII, ten lugar a chegada de xente allea a Galicia, que ocuparon os postos dirixentes. Polo tanto, comeza o proceso de castelanización debido á perda do uso do galego no ámbito xurídico-político, e aumentou coa marxinación do noso país, a dependencia con respecto da corte e a centralización da monarquía. Ao tempo que en Portugal ten lugar un proceso de estandarización do idioma, en Galicia prodúcese un retroceso do idioma no rexistro escrito, predominando os usos do idioma oral.

O río Miño na súa desembocadura.

2.- Decadencia política e lingüística:A perda de prestixio e usos cultos da lingua galega, durante os denominados Séculos Escuros, nos séculos XV e XVI, tivo que ver principalmente co motivo de perda de poder político e administrativo do Reino de Galicia. Isto tivo como consecuencias:

A nobreza galega é desprazada a Castela e substitúese por outra castelá, que non vai mudar a súa lingua pola do reino de Galicia.

A reforma do clero, que supuxo a desaparición dos vínculos tradicionais entre a nobreza laica e eclesiástica, coa entrada de abades e vispos chegados de fóra de Galicia, que introducen o castelán como lingua de uso entre o elemento eclesiástico máis elevado.

A centralización do proceso de colonización de América, efectuado dende Sevilla -cuxo porto terá o monopolio- e dende o ámbito castelán.

Ademais dos anteriores factores, debemos ter en conta o seguinte:

Galicia nunca contou cunha burguesía poderosa que puidese defender os intereses económicos e lingüísticos do país, como si ocorría noutras comunidades como a catalá.

As pragas de peste e fame mermaron a poboación durante os séculos XVI e XVII, facendo que a substitución lingüística fose aínda máis rápida.

A emigración cara o sur. Despois da expulsión dos mouriscos (mouros convertidos ao cristianismo), só nas Alpujarras había preto de 30.000 galegos. Castela, Andalucía, Portugal e América foron destinos dos emigrantes galegos.

As levas de soldados (Alistamento de persoas co fin de servir ao Estado) para poder formar o imperio español.

A explotación das riquezas galegas, como o corte de árbores para a construción de naves para a colonización americana.

A imprenta deu un importante pulo á difusión das linguas nacionais. Aparecen a finais do século XV obradoiros de imprenta en Mondoñedo e Monterrei.. A lingua empregada será o latín ou o castelán; non aparecerá un libro impreso en galego ata mediados do século XIX.

3.- A literatura nesta época:

a) Literatura culta:

Durante os Séculos Escuros, as manifestacións da literatura de carácter cultos foron moi escasas.

Non obstante, poseemos un conxuntos de textos líricos e teatrais compostos na pequena “corte” creada por Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar.

Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar

- Poesía: Da “corte” de Gondomar conservamos a Canción galega en loor de Don Diego das

Mariñas Parragués (1º Capitán Xeneral de Galicia), de autor descoñecido e redactado en once estanzas.

Ora sea nalgún tempo

Alça musa galega o rostro ó ceo

Con gozo e pasatempo

E deixa ese burel cuitado e feo,

Pois se che ofrece un milagroso caso

Qu’entre as nove doncelas do Parnaso

Serás por el dend’hoje conocida

Con nome eterno e vida,

En en pago de tal nova e tas albrizas

Recebe do teu verso estas primizas.

Do século XVII teñen importancia dous documentos recollidos no volume Exequias da raíña Margarida, o primeiro de Xoán Gómez Tonel e o segundo de Pedro Vázquez de Neira.

A primeira manifestación poética dos Séculos Escuros achámola no ano 1506. Trátase dunha composición feita en homenaxe ao consorte da raíña Xoana I de Castela (popularmente coñecida como Xoana a Tola), Filipe o Fermoso, con motivo do desembarco da parella na Coruña.

Consérvanse tamén as Décimas ao Apóstol Santiago de frei Martín Torrado, que fan referencia á controversia de se Santiago debía ser o único patrón de España ou compartir o padroado con Santa Teresa de Xesús.

Elo é que non podés?

eu non sei como esto seja

Eu debe ser en veja

do ben que a España facés.

Eu non vin tal entremés

que a un creo lle fagan ter

unha freira por muller…

Arreda, vai Satanás!

Santo, vós se vos casás,

dais ó mundo en que entender.

(…)

Do século XVI é o Soneto de Monterrei:

Alá en Monterrei en Val de Laça,

a Violante vi beira de un río

tan fermosa, en verdá, que quedei frío

de ver alma inmortal en mortal maça.

De un alto e lindo corpo a seda laça

a pastora sacaba fío a fío,

quando lle dise: - “Morro, corta o fío”

- “Vólveo, non cortarei, seguro pasa”.

- “¿E como pasarei, se eu acá quedo?

Se pasar –respondí- non vou seguro

que este corpo, sen alma, morra cedo”.

- “Coa miña, que levas, te aseguro

que non morras pastor” – “Pastora hei medo;

o quedar me parece máis seguro.

 

Soneto de Monterrei, Anónimo, 1530-1540

Tamén se ten falado do poema de La Araucana (1589) de Isabel Castro e Andrade (condesa de Altamira) como testemuño literario dos Séculos Escuros realizado no século XVI.

En 1697 foron publicados os nove romances escritos en galego contidos no volume conmemorativa das Festas Minervais celebradas naquel ano. Mais na maioría dos casos non conservamos ningún volume similar a este, polo que poderían existir máis composicións en lingua galega das que non temos coñecemento actualmente.

Chegados ao século XVIII, contamos cun poema no que se narra a batalla de Rande, datado de 1702 e atribuído a Anselmo Feixoo e Montenegro.

Festas Minervais

- Teatro:Pese a que conservamos poucos textos dramáticos dos Séculos Escuros escritos en galego, sábese que a actividade teatral en Galicia nestes séculos foi importante.

O teatro galego:

Era un elemento importante de ocio, e unha das principais vías de escape dos problemas rutineiros.

A diferenza do que sucede hoxe en día, o teatro en Galiza era seguido especialmente polas clases populares.

A través dos documentos da época, e de traballos como as Notas Viejas Galicianas, de Pablo Pérez-Constanti, temos constancia de que a representación dramática constituía todo un acontecemento sociocultural nas vilas e núcleos rurais galegos.

Do século XVI posuimos Diálogo de Alberte Bieito, unha peza pequena que se escribe pero non se imprime.

Do século XVIII atopamos O entremés do portugués, que pertence a un xénero de corte popular do que non coñecemos outras mostras.

O documento teatral máis importante é a peza de Gabriel Feixó de Araúxo A contenda dos labradores de Caldelas, coñecido como O entremés famoso sobre a pesca no río Miño. Data do 1671 e ten como temática un dos moitos enfrontamentos polos dereitos de pesca que ocorreron no Miño entre os habitantes das dúas beiras do río.

- Prosa: Ao longo dos séculos XV, XVI e XVII circularon algúns textos en prosa

escritos en lingua galega con falsificacións históricas, mandadas redactar por persoas pertencentes á nobreza co afán de lexitimar o señorío da súa liñaxe, a semellanza dos antigos libros de liñaxes e imitando a lingua medieval. De todas elas, destaca a Historia de Don Servando (1625-1635), que mandou redactar Xoán Fernández Boán e Araúxo.

Aínda así, hai casos que non son falsificacións, como o Theatro Moral y Político de la Noble Academia Compostelana, redactada por orde de Pablo Mendoza de los Ríos.

En 2009 descubriuse un manuscrito titulado Historia da Santa Igrexa de Iria Flavia datado entre 1713 e 1735 que presenta grande extensión, de Pedro Otero Romero Torres, e que é unha versión da Crónica de Santa María de Iria (1468).

b) A literatura popularizante: Durante os séculos XVII, XVIII e a

primeira metade do XIX, desenvolveuse o “vilancico galego” (composicións en verso, musicadas, cun aire popular e compostas por músicos de gran formación).

Os lugares onde máis importancia tiveron estes foron Mondoñedo e Santiago de Compostela. Por iso, estes triunfaron incluyo máis alá das nosas fronteiras.

En Sevilla, Toledo e Lisboa atopamos exemplos deste tipo, que aproveitan a tradición das panxoliñas e aninovos, como o da marxe.

Vamos a Belén, amigos,vamos que a noite está clara;Mingos leve as castañolas,o seu pandeiro Pascuala.

(Todos)Vamos a Belén, amigos…

 Cantemos ao Rei dos Ceosnovas e alegres tonadas,ao son da gaita galega

con muiñeiras e alboradas.Ai que Neno tan bonito!Que cariña tan galana!

Nunca Neno tan fermosoViron as nosas montañas.

(…)(Luís Corral Rodríguez, 1818, catedral de

Mondoñedo).

Os principais cultivadores deste xénero foron Carlos Patiño, Frei Francisco de Santiago, Gabriel Díaz, Frei Xerónimo Gonçalves e Manuel Bravo de Velasco.

Dentro desta literatura popularizante, cómpre mencionar o único texto conservado procedente dun suposto ciclo de “romances e cancións” referidos ao Mariscal Pedro Pardo de Cela, que datan do século XVI. É o denominado Pranto da Frouseira, de autor anónimo.

A min chaman Todo miraSeñora do gran tesouroPor estrela esclarecida

Hago en este Valedouro

Mas tredor foi que un mouroO vilao que me vendeuQue de Lugo a RivadeuTodos me tiñan temor

De min a trista FrouseiraQue por treizon soi vendida

Derribada na riveiraCa xamais se veu vencida.

Por treizon tamen venderonXesus noso redentor

E por aquestes tredoresPedro Pardo meu señor

c) A Ilustración: No século XVIII, nunha etapa comprendida entre os Séculos

Escuros e o Rexurdimento decimonónimo, produciuse en Galicia a chegada e o espallamento das ideas ilustradas. Nos se atopan numerosos textos redactados en galego pero apareceron sociedades xeográficas, económicas… que tiñan como obxectivo o estudo da realidade do país. Na Ilustración foi importante a discusión e o debate da historia de Galicia, das súas orixes, etc.

Entre os autores que empregaron o noso idioma nesta etapa destaca Diego Antonio Cernadas e Castro, coñecido como o Cura de Fruíme. 

Ronca do río Miño

Cando tanta festa fan-¡miña nai, como se roxe!-a esta nova fonte de hoxe,

¿que será de ti, Miñán?Tempos vén e tempos van,

cae Miñán quen subeu onte;póñase ben alta a fonte,

que non é, por máis que o pense,para beixarme en Ourense

no ollo da miña ponte.(1755)

Cura de Fruíme

Tamén destacan o padre Feixoo e os seus irmáns Anselmo e Plácido, dos cales conservamos algúns textos en galego.

Xosé Andrés Cornide e frei Martín Sarmiento destacaron tamén na Ilustración. Este último convertiuse nun dos precursores da nosa pedagoxía e nun precedente dos estudos filolóxicos en Galicia polos seus traballos acerca das orixes do idioma e da súa defensa no ensino da lingua galega.

Padre Feixoo

No seu volume titulado Coloquio de 24 gallegos rústicos, frei Martín Sarmiento inclúe un conxunto de coplas en galego.

No chan que en Morrazochaman os galegoschan de Parafita,

que chega hasta o ceo,

que está no camiñoque vai ao Ribeiro

dendes Pontevedra,a vila do reino;

(…)Os mesmos, é todo,

tiñan parentesco,criados e nados

nun mesmo terreo.

Volvíanse á terrapor outros vieiros,juntáranse todosno chan a desejo.

Enlaces de interese:

• Tvg:

http://www.youtube.com/watch?v=hHrW8oI9r_w

http://www.youtube.com/watch?v=Gi2Rm7Z7xg8

• Séculos escuros, resumo:

http://www.youtube.com/watch?v=8aYYmXkpbQ8

Fontes e recursos:• Libro de lingua galega 1º de bacharelo, Xerais, unidade 16.• Wikipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/S

%C3%A9culos_Escuros

http://gl.wikipedia.org/wiki/Literatura_galega_dos_S%C3%A9culos_Escuros

• Google imaxes: https://www.google.es/imghp?hl=es&tab=wi&authuser=0

• Outras páxinas web: http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/historia.php?id=46&idioma=1

http://www.staki.com/matuquin/Os_seculos_escuros.htm