Os Sami. Eduardo Gutiérrez

10
O home no seu mundo Os sami Eduardo Gutiérrez Carril Nº5 2ºESO-D IES Ames

Transcript of Os Sami. Eduardo Gutiérrez

O home no seu mundo

Os sami

Eduardo Gutiérrez Carril

Nº5 2ºESO-D IES Ames

Os lapóns ou sami son un pobo indíxena que habita en Laponia, a zona árticaEuropea, dende hai miles de anos . Pola súa procedencia, polo medio en que viven e polas costumes, presentan trazos moi diferentes ao resto dos europeos.

Laponia é unha rexión situada no norte de Noruega, Suecia e Finlandia e na península de Kola, en Rusia. A parte máis occidental de Laponia é unha área de fiordos, vales profundos, glaciares e montañas, a máis alta é o monte Kebnekaise. As zonas da Laponia sueca aos pes dos Montes Escandinavos caracterízanse porque nelas transcorren grandes ríos que van de noroeste a sueste. No norte de Laponia esténdense unha meseta baixa repleta de pantanos e lagos, o maior dos cales é o lago Inari. Por outra banda, a península de Kola caracterízase por estar formada por terras baixas e pantanosas no sur e zonas montañosas na parte occidental e no litoral setentrional da península.

En Laponia existe un clima subártico. Os invernos son fríos e con moita neve, que pode chegar ata un metro ou máis. As temperaturas poden baixar ata os -45ºC ou -50ºC. Aínda que as temperaturas sexan baixas, a sensación térmica non o é tanto, debido á sequidade no ambiente, a diferenza doutras zonas máis meridionais de Europa. Ademais no inverno prodúcese a noite polar, que se denomina kaamos en finés. Esta adoita prolongarse durante un mes, polo que durante este tempo non sae o sol; unicamente existe uns momentos de crepúsculo ao mediodía. Na primavera lapona as neves perduran ata maio, polo que os invernos se fan longos. Os veráns son relativamente quentes polas correntes de vento e marítimas; nesta época as temperaturas están entre os 10ºC e os 20ºC. En outono (coñecido como ruska) as cores vermellas, marróns e amárelas desta estación móstranse especialmente fermosas nos páramos de Laponia. En novembro as nevaradas volven a comezar, polo que regresa o longo e frío inverno.

Atopamos unhas grandes diferenzas da flora dunhas zonas con respecto a outras. Os bosques de coníferas, con extensos pantanos, constitúen unha gran parte do leste de Laponia. Nestes bosques predominan os abetos e piñeiros, algúns deles de máis de cincocentos anos, con moita madeira morta que serve de hábitat para liques, fungos e mofos. Nos vales do sueste abundan os bosques de bidueiros, os máis orientais tamén teñen liques, mofos e cogomelos, estes últimos atraen a grandes grupos de renos durante o outono. No norte de Laponia, o

ecosistema característico é a tundra, formada por grandes extensións de mofos e liques. Nos prados das zonas montañosas, con todo, hai unha exuberancia e profusión de sorprendentes flores. Ademais Laponia é unha terra na que abundan os humedais, como brañas e pantanos.

Entre a fauna da Laponia destaca o reno, que é o animal máis emblemático da Laponia. Tamén debemos destacar varios mamíferos depredadores, como o lobo, o oso pardo, o raposo ártico e o glutón, que un mamífero carnívoro fornido e musculoso, que ten un aspecto semellante a un pequeno oso . Tamén atopamos algúns pequenos mamíferos, como a lebre ártica e o lemming, que é un pequeno roedor de entre 7 e 10 cm que vive nas zonas máis nórdicas do planeta e que aliméntase de herba raíces e froitos; e certas especies de aves, como a aguia mariña.

A procedencia étnica dos sami é distinta á de todos os pobos europeos. A súa orixe é un misterio. O aspecto físico característico deste grupo é diferente ao resto dos escandinavos. Os sami son de estatura miúda, pelo oscuro e ollos riscados, como os dos esquimós. O pobo sami está formado , aproximadamente por 82000 persoas repartidas entre Noruega (con 50000 persoas), Suecia (con 20000), Finlandia (con 10000) e Rusia (con 2000).

Glotón Raposo ártico Lemming Aguia maríña Reno

A denominación deste pobo ten dúas formas. A palabra escandinava lapp da que deriva o termo galego “lapón”, é orixinal de Suecia e Finlandia e é máis coñecida internacionalmente. Este término non é moi adecuado, xa que o seu significado é despectivo: lapp quere dicir roupa de mendigo, parvo ou inútil, polo que non se usa nas linguas laponas, xa que eles prefiren referirse a si mesmos coa palabra Sámit, da que deriva o termo galego os “sami”.

Os sami falan as linguas sami, que son un grupo de linguas da familia urálica, faladas por uns 35000 habitantes en Laponia. Existen nove linguas sami diferentes que se usan en distintas zonas da rexión. Cabe destacar, como curiosidade, que existen catrocentas palabras diferentes para dicir “reno” e máis de cen para dicir neve.

As construcións tradicionais sami acostuman ser sinxelas, xa que os sami son un pobo tradicionalmente nómade. As principais son o gahtie, o ajjte e a njalla.

Un gahtie é unha casa unifamiliar para catro ou cinco persoas formada por un habitáculo feito con troncos de madeira e que consta dun espazo único e aberto no seu interior. A forma da planta é cadrada ou octogonal e as paredes, que son de táboas de madeira, serven de apoio das trabes que soportan o teito a catro augas. A porta de entrada é un pouco peculiar, xa que conserva a mesma inclinación que un dos lados do teito e para poder entrar hai que subir uns escalóns de madeira, para logo dentro volvelos a baixar. No interior o espazo para durmir sitúanse á beira das paredes e xira arredor dun fogo central e está enteiramente cuberto por peles de reno. A única apertura está na cúpula e serve de escape para o fume.

Un ajjte é unha especie de depósito para almacenar enseres e víveres de gran duración, xeralmente dunha estación a outra. É moi semellante ao gahtie, pero varía sobre todo no tamaño, na utilización e no acceso. A njalla é outro tipo de depósito de menor tamaño que o ajjte no que se almacenan alimentos a unha altura considerable sobre o chan grazas a que a estrutura de madeira está apoiada sobre un ou máis troncos de madeira, desta forma os animais non poden chegar ata a comida.

O traxe tradicional sami denomínase kolt, que é distinto dependendo do sexo, a idade e o lugar do que proveña, pero as cores son comúns a todos: azul, verde, vermello e amárelo. Como non podía ser de outra forma, o material do que están feitos son derivados do reno, la e distintas peles. Ademais, o conxunto completase con cintos, chapeus, manoplas e uns simpáticos zapatos feitos con pel de reno.

A artesanía sami, coñecida por doudji, utiliza materiais naturais e, con frecuencia, ten formas suaves e redondeadas, agradábeis ao tacto e ao mesmo tempo funcionais.Os motivos utilizados na súa ornamentacióncobran gran importancia porque utilizanse para resaltar as habilidades do artesán e conservar deseños familiares e culturais. Tradicionalmente usábanse as peles e os cornos dos renos para facer calzado e coitelos.

Os recursos tradicionais para o sustento do pobo sami inclúen a gandería, a caza e a pesca e, minoritariamente, a agricultura. A agricultura baséase nun cultivo moderno, a pataca, xa que o clima difícil impídelles cultivar outros

Ajjte Njalla

produtos. O período fértil da terra e de catro meses, dende a metade de maio a principios de agosto. A gandería baséase na cría de renos, dos que aproveitan todo, dende a carne, leite, peles, cornos, etc. Unha familia sami de seis membros consume un reno cada semana e necesita un rabaño de trescentos renos para asegurarse a súa subsistencia. A maioría dos pastores soltan o rabaño polos amplos bosques de bidueiros e abetos, pero en inverno son traslados a certos lugares con menos neve, onde poden alimentalos con liques e penso.

Os sami adoitan agruparse en familias de varios fillos. Estas familias xúntanse en aldeas ou poboados que a maioría das veces son de carácter nómade. Por outra banda, a cría do reno require un alto grao de coordinación entre as comunidades sami. Así, cada familia pertence a unha especie de cooperativa que migra cos seus rabaños pola zona asignada. Estes últimos grupos únense en distritos, para procuraren os intereses de toda a comunidade que se dedica ao pastoreo.

Familia sami a finais do século XX

A súa crenza é tradicionalmente animista. Segundo estas crenzas, todo elemento da natureza, dende animais ata minerais , ten alma. O noaidi, así denominan ao chamán, funcionaba como intermediario entre as persoas e o mundo dos espíritos e gozaba de recoñecemento comunitario. Para entrar en contacto co inframundo utilizaba como medio o tambor. Hoxe en día a maioría dos sami son cristiáns luteranos debido a acción da Igrexa e políticas de asimilación.

O pobo sami conta tamén con música tradicional, denominada yoik, que adoita falar sobre persoas, aínda que tamén fala ás veces sobre animais e lugares. Todos estes elementos fixeron do yoik un modo moi especial de expresar a relación entre o home e a natureza. O yoik é moi rico e sutil. Hoxe en dia é moi coñecido debido a bandas como folk metal Korpiklaani, Moonsorrow e Finntroll.

Os sami son unha cultura fascinante, xa que conseguiron sobrevivir nun medio de condicións tan extremas como o é Laponia e por desenvolver unha civilización tan apaixonante. Ademais conseguiron conservar a súa cultura sinxela, sen preocupacións, libre, cercana á natureza e asombrosa, estando tan preto dunha civilización europea tan moderna, urbana, avanzada e excitante, pero, todo hai que dicilo, estresante, rutineira e superficial.

Tambor para rituales

Noaidi

Fontes

As principais páxinas das que obtiben a información son:

http://es.wikipedia.org/wiki/Pueblo_lap%C3%B3n

http://en.wikipedia.org/wiki/Sami_people

http://www.viatamundo.com/index.php/viajes-a-laponia/48-clima

http://es.wikipedia.org/wiki/Lenguas_sami

http://viajarescandinavia.wordpress.com/los-sapmis-o-lapones/

en.wikipedia.org/wiki/Sámpi_(area)

es.wikipedia.org/wiki/Península_de_Kola

www.laponia.nu/natur/natur-2/flora

sv.wikipedia.org/wiki/Sameland/Natur.C3.A5llanden

ca.wikipedia.org/wiki/Laponia#Fauna_i_Flora

http://es.wikipedia.org/wiki/Lemmini

http://www.elarquitectoviajero.com/tag/cultura-sami/

www.viatamundo.com/index.php/viajes-a-laponia/48-clima

http://2vueltasdebufanda.blogspot.com.es/2011/12/los-habitantes-del-circulo-polar-los.html

http://www.sweden.se/sp/Inicio/Trabajar-vivir/Datos/Los-samis-en-Suecia/

http://es.wikipedia.org/wiki/Yoik