Os intercambios xuvenís incorporan cinco novos destinos por...

10
Exploramos os lugares onde parou o tempo Novos destinos dos intercambios xuvenís Máis de 500 prazas de condución segura Ourense mergúllase na novela histórica

Transcript of Os intercambios xuvenís incorporan cinco novos destinos por...

Page 1: Os intercambios xuvenís incorporan cinco novos destinos por …xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas8oc.pdf · 2016-11-04 · As prazas de intercambio no programa “A

Exploramos os lugares onde parou o tempo

Novos destinos dos intercambios xuvenís

Máis de 500 prazas de condución segura

Ourense mergúllase na novela histórica

Page 2: Os intercambios xuvenís incorporan cinco novos destinos por …xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas8oc.pdf · 2016-11-04 · As prazas de intercambio no programa “A

As prazas de intercambio no programa “A Xuventude no Mundo” vanse ampliar en colaboración coas admi-nistracións doutros cinco países ou cidades: San Pe-tersburgo, Moldavia, Ucraí-na, Italia e Hungría. Estes intercambios vanse iniciar nos vindeiros meses, na se-gunda fase do programa tras o éxito da primeira piloto. A través da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, mozos e mozas galegos po-derán visitar eses destinos en grupos de doce a quince persoas. E durante 2011 a

xuventude dos demais paí-ses visitará Galicia.

Esta ampliación foi un dos principais logros do “Semi-nario de responsables de políticas nacionais, rexionais e locais de Xuventude”, hai uns días en Santiago, con representantes de España e doutros dez países europeos (Rusia, Ucraína, Moldavia, Armenia, Grecia, Italia, Bul-garia, Portugal, Romanía e Hungría).

A maiores, prepárase outro intercambio en Bos Aires, no que colaborará a colectivida-de galega en Arxentina.

“A Xuventude no Mundo” xa ofreceu a posibilidade de que 120 xóvenes de 18

a 30 anos participasen en intercambios coa mocida-de de sete países europeos.

As visitas rematan este mes. Do 10 ao 17 de outu-bro outro grupo participa en París e Evry no intercambio coa asociación francesa Vila Nova, e ata o 16 outro viaxa á Veliko Tarnovo (Bulgaria).

En setembro, un grupo acudiu á rexión italiana de Teramo, nunha experiencia coa Cooperativa Formata-lenti. Outros grupos des-prazáronse ata Figueira da Foz (Portugal), co Grupo de Escoteiros 207, e ata Bu-carest (Romanía), nun in-tercambio co colectivo local Asociación Sen Fronteiras.

Os intercambios xuvenís incorporan cinco novos destinos por toda Europa

Coincidindo coas festas do San Froilán, Lugo acolleu na quincena a cabalo de setembro e outubro aos xóvenes andaluces, arago-neses, manchegos, madrileños e navarros do programa Movic, de mobilidade creativa, impulsado pola Rede Española de Alber-gues Xuvenís.

Co emblemático albergue Lug II como campamento base, des-envolveron proxectos de creación

artística nos que non esqueceron a conmemoración do Ano Santo pero tamén foron máis alá e re-memoraron o deus celta da luz Lugh. Todo cultivando variedade de disciplinas: pintura, escultura, debuxo, foto, vídeo, instalacións, videoarte, arte urbano e electró-nico, performance e música.

Parte dos traballos centráronse en interpretar a cidade das Mura-llas e a súa relación co albergue.

Tamén prepararon un traballo co-lectivo que exhibiron nas rúas. Todo o programa recollérono nun blog moi coidado.

Esta novidosa iniciativa chegou a Lugo tras unha selección entre os 243 albergues adscritos á rede española. Artistas galegos toman tamén parte do programa, tan-to nas actividades en Lugo como nas xornadas con intercambios no resto de España.

Golpe de creatividade artística en Lugo

Grupo de intercambio que viaxou ata Italia

Page 3: Os intercambios xuvenís incorporan cinco novos destinos por …xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas8oc.pdf · 2016-11-04 · As prazas de intercambio no programa “A

A nova convocatoria de bolsas para a mellora da ca-pacitación profesional no es-tranxeiro duplica a súa ofer-ta no novo curso. As bolsas Leonardo da Vinci aché-ganse deste xeito ás 200 prazas. Esta convocatoria, que forma parte do proxecto de mobilidade Mogal da Di-rección Xeral de Xuventude, diríxese a titulados de FP e universitarios de entre 18 e 30 anos que nunca disfruta-ran destas bolsas.

Os beneficiarios poderán realizar dez semanas de prácticas en empresas de Italia, Holanda, Francia ou Irlanda. Previamente, recibi-rán unha formación cultural e lingüística sobre o seu país de destino durante dúas se-manas, cun total de corenta horas.

A bolsa inclúe o aloxamen-to, parte da manutención, o custo da viaxe (ata un máxi-mo de 200 euros) e unha co-bertura de seguro. Tamén se entrega unha certificación a

efectos profesionais e aca-démicos.

Un dos requerimentos para poder participar nesta con-vocatoria é coñecer un mí-nimo de inglés, francés ou italiano, segundo o país de destino. Os sectores profe-sionais con prioridade son o do moble e a madeira, o deseño, o turismo, a mecá-nica, a restauración, a imaxe e son, a informática, a elec-tricidade, e os servizos so-cioculturais e á comunidade.

Con destino a Irlanda ofrécense oitenta prazas, a Francia cincuenta, en Italia corenta e en Holanda deza-

seis. As catro convocatorias iranse sucedendo desde co-mezos de xaneiro de 2011 ata o remate en marzo de 2012. O proxecto conta nes-

te exercicio cun investimen-to superior ao medio millón de euros, achegados pola Unión Europea e a Xunta de Galicia.

Duplícanse as prazas para mellorar a capacitación profesional no estranxeiro Bolsas Leonardo da Vinci de prácticas no estranxeiro durante dez semanas

As solicitudes para participar no primei-ro proceso de selección para obter unha destas bolsas pódense presen-tar entre o 4 e o 15 de outubro. Débese ache-gar un currículo vitae nun modelo formali-zado. Pódese presentar máis dun país de desti-no, sempre cunha orde de preferencia.

Se a solicitude se pre-senta correctamente, o seguinte paso é unha xornada de selección na que se debe supe-rar unha proba do idio-ma ou idiomas corres-pondentes aos destinos solicitados. Ademais, someteranse a unha entrevista persoal para coñecer as preferencias laborais de cada peticio-nario e o itinerario pro-fesional ao que aspiran. Máis información en [email protected] e no 881 999 567.

Unha das vantaxes que obterán os parti-cipantes no programa Leonardo da Vinci é a mellora da súa empregabilidade, con po-sibilidades efectivas de acceso ao mercado laboral europeo.

As actividades formativas permítenlles mellorar os seus coñecementos no ámbi-

to no que se formaron, asimilando innova-cións que lles poderán abrir portas na súa posterior vida profesional.

É un intercambio que, en definitiva, ta-mén contribúe ao desenvolvemento per-soal, ao favorecer a aprendizaxe doutras linguas e as capacidades de cooperación.

Porta aberta ao mercado laboral europeo

O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 15 de outubro

Page 4: Os intercambios xuvenís incorporan cinco novos destinos por …xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas8oc.pdf · 2016-11-04 · As prazas de intercambio no programa “A

“Por aquí hai moito tempo que non vén ninguén”

Unha antiga estación pola que xa non pasan trens, unha fábrica que xa non pro-duce nada, unha prisión da que case ninguén se lembra, poboacións que outrora re-bordaban balbordo e hoxe están inundadas de silencio,

unha central térmica que leva décadas sen xerar nin un vatio de electricidade…

Son moi dispares os luga-res da nosa xeografía nos que o tempo se detivo e que agora están dando lugar a unha nova práctica, cada vez máis estendida entre os xó-

venes: a exploración de lu-gares abandonados.

O obxectivo é moi sinxelo: buscar lugares que poidan ter un pasado singular, unha beleza atemporal ou mesmo estár envoltos en misterio

para, a partir de visitalos e percorrelos sempre desde o máximo respecto, indagar no seu pasado, documen-talo, recrealo e contribuír á súa preservación antes de que a ruina sexa irreversible.

O fenómeno está medran-do a moita velocidade. Cada

vez máis xóvenes dedican unha parte do seu tempo de lecer a esta actividade. Botando man da fotografía dixital e das posibilidades que ofrece a internet, mul-tiplicaron nos últimos anos os blogs que recollen as súas experiencias e difundilas. Nalgún caso hai auténticos traballos de investigación, que documentan con todo detalle a historia do lugar, que significado tivo, o seu valor patrimonial, os cam-bios sociais ou económicos que levaron ao seu desman-telamento ou cese de activi-dade…

Outros optan por unha re-creación máis literaria, em-pregando a imaxinación e tomando como inspiración as impresións da visita e o que lles suxiran as fotogra-fías tiradas, os obxectos e documentos que atopan. Dando unha volta polos dis-tintos blogs, pódense atopar brillantes crónicas sentimen-tais a partir do que, para a maioría que non se para a mirar, non é máis que unha simple ruina.

A intención de compartir estas incursións no pasa-do está indo máis alá, ata o punto de que están a nacer pequenas redes de colabo-radores, ata de rango inter-nacional, e chegar a publicar nun blog común as achegas

de todos eles. En moitos ca-sos, teñen tamén como fi-nalidade denunciar o aban-dono de instalacións ás que, na súa opinión, aínda se lles podería dar uso ou criticar as causas que conduciron á súa perda.

O fenómeno dos exploradores de lugares abandonados esténdese pola rede

Page 5: Os intercambios xuvenís incorporan cinco novos destinos por …xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas8oc.pdf · 2016-11-04 · As prazas de intercambio no programa “A

Un dos prexuízos aos que se enfrontan os explorado-res de lugares abandona-dos é o que os confunde con okupas, con vándalos ou in-cluso con amigos do alleo á busca de obxectos de valor que aínda queden por alí. Xustamente é todo o con-trario, como se pode cons-tatar nas normas de actua-ción que se autoimpoñen, con bastante rigor por certo, os seguidores desta recente tendencia.

Así, a primeira premisa a non pasar por alto é a de deixar o lugar tal como o atopan. Nunca tocan nada, non o moven de sitio e moi-to menos o rompen, e pro-curan non facer ruído e se é posible non ser vistos.

En ningún momento le-van ningún obxecto do sitio, mesmo cando saben que en canto alguén dea con elementos valiosos dura-rán segundos alí ou que as condicións nas que están os condenan a unha degrada-ción próxima. En definitiva, o único co que marchan é

coas impresións do que vi-ron e coas fotos que tiraron, para logo difundilas e co-mentalas nas súas páxinas de internet ou en clubes es-pecializados.

Mesmo para entrar aos re-cintos ou aos edificios que

lles interesan, nunca forzan ningunha entrada. Ou os ac-cesos están francos ou non pasan.

Tal é a defensa que fan da preservación dos luga-res que a miúdo evitan re-velar a súa ubicación exacta a terceiros para non dar pé precisamente aos vándalos ou aos saqueadores. Esta información só a compar-ten con xente de confianza a través dos clubes. De to-dos os xeitos, calquera pode converterse en explorador de ruinas. As regras son de doado cumprimento.

Internet está repleto de sitios, xeralmente blogs per-soais ou colectivos, nos que o fenómeno dos explora-dores de lugares dá a coñecer a súa actividade. Un dos máis clásicos é o do Club de Exploradores de Lugares Abandonados (CELA), que se creou en 2005 en Sabadell a partir dunha quedada para ver por dentro unha antiga fábrica textil. Agora mesmo teñen un blog de carácter televisivo no que van colgando vídeos.

Outro bo expoñente do xénero é Abandonalia, que se caracteriza pola súa variedade, unha actualización frecuente e uns comentarios prolixos pero non por eso menos interesantes. Pódese atopar desde a antiga co-misaría de Berlín, que ao lonxe non parece nin abando-nada, ata un vello prostíbulo, unha (outrora) maxestuo-sa casona de Xerez, ou unha destilería da que non dan moitos datos de emprazamento. Na liña descritiva deste blog, destacan tamén abandozona ou loslugaresolvi-dados, cunha boa relación de colaboradores.

Cunha vocación quizais un pouco máis poética, existen outras webs como unapausaeneltiempo ou airesdel-pasado. Este último é dos que máis leva ao extremo a norma de non desvelar a ubicación dos sitios visita-dos, ben sexa polo perigoso que resulta entrar alí ou ben para preservar o bo estado de conservación. Outros seguen unha tendencia de recreación histórica, sempre presente na maioría en maiores ou menores doses. Bos exemplos son lugaresconhistoria e antesquenoso-tros. Porén, o cumio a nivel de reportaxes acádao ex-plonation, con pezas de todo o mundo e un tratamento no que a afección deixa paso á profesionalidade.

Dando unha volta pola web podes atopar infinidade de exploradores máis. O feito é que en Galicia polo de agora non se prodigan demasiado, aínda que en ruinas esteamos á altura de calquera. Ti podes ser o primeiro en redescubrilas.

As normas de actuación

procuran non alterar en nada

os lugares de visita

Exploradores que non fan ruído nin rompen nada

Recomendámosche...

Page 6: Os intercambios xuvenís incorporan cinco novos destinos por …xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas8oc.pdf · 2016-11-04 · As prazas de intercambio no programa “A

Por moi responsables que sexamos ao volante, na estrada ás veces prodú-cense situacións nas que saber dar a resposta ade-cuada é vital, literalmen-te. E non todos temos esa capacidade de reacción nin os coñecementos opor-tunos para reaccionar da mellor forma posible.

A solución está nos cur-sos de formación en con-dución segura para a mo-cidade que porá en marcha a Xunta durante oito fins de semana (entre o 16 de outubro e o 5 de decem-bro).

Organizados polas direc-cións xerais de Xuventude e de Mobilidade no cir-cuíto da Madalena, en Forcarei (Pontevedra), os cursos tratarán de asen-tar actitudes correctas no uso do vehículo, ensinan-do a coñecer os múltiples factores de risco, a utiliza-ción dos seistemas de se-guridade do automóbil e o

perfeccionamento das téc-nicas de condución.

Esta iniciativa forma par-te da campaña Libre, pos-ta en marcha durante o pasado verán para fomen-tar a condución responsa-ble, con especial incidencia nas zonas de ocio noutur-no da mocidade. De fei-to, entre os participantes nas probas de alcoholemia voluntarias de Libre sor-teáronse cursos de condu-ción en Forcarei.

As sesións son de 5 ho-ras, que inclúen unha teó-rica (mediante un soft-ware multimedia entretido e, á vez, moi didáctico) e outras horas 4 prácti-cas con series de condu-ción nas que se efectúan exercicios específicos no circuíto en compañía dun monitor especializado. A formación é moi personali-zada e de alta calidade, xa que hai unha proporción de catro alumnos por cada monitor.

Os cursos celébranse no circuíto de Forcarei

Aprende a conducir con máis seguridade durante este inverno A Xunta oferta 512 prazas nunha nova tanda de cursos de condución segura

Faite especialista en infor-mación xuvenil.- A dirección xeral de Xuventude e Volunta-riado convoca un curso gratuí-to de Especialista en Informa-ción Xuvenil. Con vinte prazas, está dirixido preferentemente a persoas que traballan neste ámbito dentro da Rede Galega de Información e Documenta-ción Xuvenil ou que fixesen o curso básico da USC, ten unha duración de 490 horas. É de carácter semipresencial. Co-meza o 5 de novembro (10:30 horas) no Centro Coordinador de Información e Documenta-ción Xuvenil de Galicia. Podes presentar xa a túa solicitude.

Curso básico en informa-ción xuvenil.- Están convoca-das dúas edicións do curso de formación básica en informa-ción xuvenil, para informado-res da rede autonómica e das OMIX, estudantes ou titulados en TASOC, e xóvenes menores de 30 anos que participen no asociacionismo. Cada edición ten un límite de 20 prazas e 60 horas de duración. Son semi-presenciais e gratuítas. Come-zan o 28 de outubro e o 17 de decembro. As solicitudes ad-mítense ata o 15 de outubro.

Como inscribirsePara facerse cunha das

512 prazas dispoñibles, 64 en cada unha das fins de semana dos cursos, cómpre ter entre 18 e 35 anos e estar en posesión do permiso de condu-cir tipo B. As inscricións poden facerse chamando aos teléfonos 981 545 937, 981 541 689 ou 981 545 822, de luns a venres

de 9 a 14 horas. Custa 60 euros (45 co Carné Xo-ven), nos que se inclúe a formación teórica e a se-sión práctica co vehículo.

Tras a reserva da pra-za, é preciso pagar a cota de inscrición nun prazo máximo de 48 horas na conta onde se indique desde a administración.

Page 7: Os intercambios xuvenís incorporan cinco novos destinos por …xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas8oc.pdf · 2016-11-04 · As prazas de intercambio no programa “A

Hai poucos xéneros litera-rios que ‘enganchen’ tanto aos seus afeccionados como o da novela histórica. Os se-guidores deste tipo de relatos non se conforman coa mera lectura das obras, senón que adoitan interesarse por todo o proceso creativo dos auto-res e por indagar nas circuns-tancias históricas que recrean ou nas que ambientan os seus textos.

Por eso, a celebración de ‘Auria’, a Semana da Literatu-ra Histórica, do 10 ao 17 de outubro en Ourense, trata de darlle resposta a uns lectores tan esixentes, que non son precisamente unha minoría. Así, na súa programación destacan os encontros cos autores. Máis alá das habi-tuais e a miúdo frías presen-tacións e sinaturas de libros, os lectores poderán pregun-tarlles directamente aos es-critores, consultarlles dúbi-das e compartir con eles im-presións sobre as súas obras.

Nos encontros participan

Manolo Rivas (o luns 11), Juan Eslava Galán (o 12), Alberto Vázquez-Figueroa (13), José Luis Corral (14) e César Vidal (o sábado 16). Todos eles pasan, a partir das 17 horas, polas instalacións reservadas para os encontros no espazo da Feira do Libro nos Xardíns do Posío.

Para facer máis proveitosos os encontros, establecéron-se quendas de dez lectores. Pódeste incribir en [email protected]. A selección fase por orde de inscrición.

Ademais dos literatos que acudiran a estes encontros, está confirmada a asistencia doutros persoeiros como Luis García Mañá, Carlos Reigosa, Xosé Carlos Caneiro, Vicen-te Araguas, Aníbal C. Malvar, José de Cora, Darío Xohán Cabana, Xoán Bernárdez Vi-lar, Antón Reixa, Carlos Me-lla, Francisco Xosé Fernández Naval, Ramón Nicolas, Ra-món Pernas, Afonso Vázquez-Monxardín, Manuel Bragado, Marcos Calveiro, José Paz

Gago, Luís Rei Núñez, Ramón Loureiro, Manuel Pimentel, e a incorporación estelar a últi-ma hora de Antonio Gala na clausura do domingo 17.

O programa de Auria, pa-trocinado polo Xacobeo 2010 nos actos conmemorativos do Ano do Libro e da Lectura en Galicia, complétase cun ciclo de cine que abrirá “Agora” de Alejandro Amenábar, expo-sicións, conferencias, mesas redondas, actuacións musi-

cais, presentacións de novi-dades, sinaturas de libros, e por suposto a Feira do Libro.

Para o conselleiro de Cul-tura, Roberto Varela, Auria debe contribuír a “crear unha imaxe de Galicia e incentivar uns vieiros creativos case vir-xes nos que a literatura ga-lega debería competir con vantaxe”, tendo en conta a inmellorable materia prima da súa historia, a súa paisaxe e a súa xente.

Auria, unha semana para a literatura histórica

Encontros con Rivas, Eslava Galán, Vázquez-Figueroa, José Luis Corral e César VidalEscolle ti a Novela Inmortal

‘Auria’ dálle prioridade á participación dos lectores, ata o punto de que deci-dirán o primeiro premio ‘Novela Inmortal’. Aspiran a esta distinción: Memo-rias de Adriano, de Mar-guerite Yourcenar; Tra-falgar, de Pérez Galdós; Quo Vadis?, de Henri Sinkiewicz; Espartaco, de Howard Fast; Crónica del Rey Pasmado, de Torren-te Ballester; Yo, Clau-dio, de Robert Graves; La muerte de Virgilio, de Hermann Broch; La mar-cha Radetzky, de Jose-ph Roth; De noche bajo el puente de piedra, de Leo Perutz; e La batalla, de Patrick Rambaud.

Pódese votar na Feira do Libro ou a través de internet, antes do 15 de outubro. A novela gañado-ra será homenaxeada cun monolito na Praza Bispo Cesáreo de Ourense, que será descuberto durante a xornada de clausura.

Do 10 ao 17 de outubro en Ourense, con Feira do Libro e un amplo programa paralelo

Roberto Varela (centro), na presentación de Auria

Page 8: Os intercambios xuvenís incorporan cinco novos destinos por …xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas8oc.pdf · 2016-11-04 · As prazas de intercambio no programa “A

Ata o 17 de outubro des-envólvese en Ourense unha das citas de referencia para os afeccionados e profesio-nais do mundo do cómic: a

vixésimo segunda edición das Xornadas de Banda Deseñada. A programación repártese entre a Casa da Xuventude e o Museo Muni-

cipal e abrangue exposicións de recoñecidos autores, cer-tames e estreas na cidade de filmes internacionais.

Así, expoñen Pablo Au-ladell, Clara Tanit Arqué, Manuel Bartual, João Fa-zenda e Dani Montero, os tres primeiros no museo e os outros dous na Casa da Xu-ventude. Outras mostras re-comendables son as de ”Xu-ventude Crea”, o certame de cómic e ilustración do Inju-ve, e “Un Camiño de Viñe-tas”, na que varios autores galegos de banda deseñada ofrecen a súa visión sobre o Camiño de Santiago.

Pola pantalla grande, a es-trea máis destacada é a de “Gainsbourg, vida dun heroe”, na que Joann Sfar, o autor de cómics como “La Mazmorra”, se pasa á direc-ción de cine para retratar ao polifacéti-co Serge G a i n s -b o u r g . Tamén se proxec ta “María y yo”, do-cumental sobre o autismo que xurde do caso do de-buxante Miguel Gallardo e a súa filla María, e que se basea nu cómic de Gallardo.

Na presentación das xor-

nadas, o director xeral de Promoción e Difusión da Cul-tura, Francisco López, des-tacou que “as persoas que crean banda deseñada en Galicia forman unha base

i m p o r -tantísima para que evolucio-ne e teña presenza no mun-do a nosa identida-de; esta-mos con

elas en magníficas revistas de difusión internacional, en animacións, en carteis, na prensa e en todos os espa-zos que ocupan o cómic e a historia contada en imaxes e palabras”.

Ourense vive a festa galega do cómic ata o día 17

José Domingo Usted recibiu o primeiro premio na especialidade de cómic do cer-tame “Xuventude Crea 2010”, organi-zado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Acadou a distinción, dotada con 3.000 euros, coa obra “Robot xigan-te”. O segundo premio (1.500 €) recaeu en Diego Blanco López, por “O Humor de Mr. T”, e o terceiro (1.000 €) mereceuno Miguel Cuba Taboada por “Ombre Umbre”.

Os galardóns vanse entregar o vindei-ro 15 de outubro, no marco das xornadas do cómic de Ourense. No mesmo acto, tamén se entregará o premio “Ourense”, outorgado pola Casa da Xuventude e o departamento de Cultura do Concello de Ourense. Este ano concedeuselle á revis-ta Retranca, en recoñecemento á súa traxectoria en relación coa banda deseña-da en Galicia.

Premio Xuventude Crea de banda deseñada

Page 9: Os intercambios xuvenís incorporan cinco novos destinos por …xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas8oc.pdf · 2016-11-04 · As prazas de intercambio no programa “A

Intercambio de notas e ritmosmusicais de cada lado do Miño

Á explosión de creativida-de musical que nos últimos tempos se vén producindo entre os grupos musicais de xóvenes de Galicia e de Portugal fáltanlle vínculos. Non están de costas, nin sequera mirándose de reo-llo, pero tampouco están sobrados de espazos para poñer en común os seus traballos, trabar relacións ou encetar proxectos co-lectivos.

Para solventar esta ca-rencia e afianzar os pun-tos de unión, na primeira fin de semana de outubro celebrouse no Porriño o primeiro Encontro de Mú-sicaxove Galicia-Portugal, con arredor de cen parti-cipantes entre músicos e outros profesionais do sec-tor da edición discográfica.

As xornadas serviron para buscar afinidades en música amateur e semi-profesional para avanzar nas relacións transfrontei-

rizas. Constatouse que hai inquedanzas moi semellan-tes e un potencial de tra-ballo conxunto ata agora pouco explotado.

Nun futuro, o encontro servirá tamén de orienta-ción ás accións políticas da Xunta para apoiar as no-vas bandas da forma que mellor se adapte ás súas demandas reais. Na mesa redonda coa que se abriu o evento, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, destacou a importancia de “fomentar a actuación de grupos gale-gos en festivais de música para a mocidade en Portu-gal e Galicia”.

Rodeiro expresou tamén a súa vontade de colabora-ción do Instituto Portugués da Juventude para que o encontro “non quede nun-ha única xornada de traba-llo, senón que dea os seus froitos e poidan xurdir no-vas liñas de colaboración

entre os grupos noveis” dun e doutro lado do Miño.

Na mesa redonda tamén participaron Vitor Días, di-rector no norte de Portugal do Instituto Portugués de Jueventude; Vitor Be-lho como representante de Cantos na Maré; Luis Fer-nandes por Outonalida-des; e Santi Veloso como representante do proxecto colectivo Ponte nas On-

das, todos eles proxectos que xa levan percorrido un relevante treito para des-debuxar a fronteira.

Esta iniciativa forma par-te do proxecto “Espazo Xuvenil” posto en marcha pola consellería de Traba-llo e Benestar e o Insituto Portugués da Juventude dentro do programa de co-operación transfronteiriza 2007-2013.

GRUPOS DE OPI-NIÓN E ACTUA-CIÓNS.

Ademais da mesa redonda, baixo a sig-nificativa denomina-ción de “O territorio común, experien-cias de achegamen-to”, o encontro incluiu unha serie de grupos de opinión de xóve-nes galegos e portu-gueses, liderados por Uxía, Tonhito de Poi e Xocas López, de The Homens. A principal conclusión: un cha-mamento a derrubar fronteiras mentais nas que foron sedimen-tando demasiados prexuízos.

Mesa redonda do primeiro encontro Músicaxove

Page 10: Os intercambios xuvenís incorporan cinco novos destinos por …xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas8oc.pdf · 2016-11-04 · As prazas de intercambio no programa “A

REDACIÓN E MAQUETACIÓN:Nós Comunicació[email protected]

DIRECTOR:Ovidio Rodeiro TatoDirector xeral de Xuventude e Voluntariado

CONTACTA CON [email protected]ón Xeral de Xuventude e VoluntariadoSan Caetano s/n - 15781Santiago de CompostelaTel: 981 544 660

VIGO14 de outubroDagoba + Zona CeroMondo Club

Sergio MakaroffLa Fábrica de Chocolate

15 de outubroMoon Cresta + Stoned at PompeiiEl Infierno

16 de outubroZPUMondo Club

Fuzztones + Los Villanos de BoravilleEl Infierno

We RideLa Fábrica de Chocolate

Ibsen + Dr. ZaiusBonus Track

21 de outubroBlack Kings StoneEl Infierno

22 de outubro

La Stasi + AllfitsMogambo

PONTEVEDRA13 de outubroEric Fuentes & The Unfinis-hed SympathySala Karma

16 de outubroDelahojaSala Karma

23 de outubroAcústico Lori MeyersSala Karma

Universo CrebinskyTeatro Principal

FERROL14 de outubroLos PeyotesSuper 8

16 de outubroThe BowersSuper 8

TRAZO11 de outubroMachina + Nao + Amacheta

Son de Trazo - Vilouchada

MARÍN14 de outubroA Tuna RastafariAche

TOURO12 de outubroÁlvaro MurasC.P.I. Fonte Díaz

SANTIAGO DE COMPOSTELA14 de outubroA Pelo y Tú + FerrallaSala Capitol

15 de outubroRosanaSala Capitol

16 de outubroSôberSala Capitol

21 de outubroLos CadáverasCachan Clube

A CORUÑA15 de outubroLos Hijos Bastardos de Pe-

ter Lorre + The Bowers

Mardi Gras17 de outubroFuzztonesOla Green

22 de outubroUnicornibotCasa das Atochas

PONTEAREAS15 de outubroSergio MakaroffA Regueifa

MELIDE15 de outubroDemetriusPub Gatos

The Unfinished SympathySala 600

LUGO23 de outubroCornelius 1960Doble Moral

CANGAS DO MORRAZO16 de outubroJugoplastika

Sala Son17 de outubroRosanaAuditorio

OURENSE16 de outubroSergio MakaroffCafé Cultural Auriense

BUEU17 de outubroGuadalupe Plata

21 de outubroEskorzo Aturuxo

O PORRIÑO22 de outubroLisandro AristimuñoBar Liceum

VILAGARCÍA DE AROUSA22 de outubroMunich + The FriendowsSamá Samá

O BARCO DE VALDEORRAS22 de outubroNadadoraBaranda

EDITA:Xunta de GaliciaDirección Xeral de Xuventude e VoluntariadoConsellería de Traballo e BenestarSan Caetano, s/n - 15781Santiago de Compostela

NON OPERDAS

LORI MEYERS. SANTIAGO. 22 DE OUTUBRO. SALA CAPITOL

ALÓ DJANGO SWING BAND. A CORUÑA17 DE OUTUBRO. JAZZ VIDES

NON OPERDAS