O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e...

24
O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e primaria Un ordense abre a primeira casa rural ecolóxica O primeiro establecemento de turismo rural de toda Galicia edificado con alpacas de palla e materiais de reciclaxe está no concello de Ordes. Trátase dun conxunto de catro edificacións realizadas con materiais ecoló- xicos como alpaca ou madeira obtida da ampliación da Igrexa de Santa María de Ordes hai 15 anos e do Museo de Escultura Nacional de Valladolid. Un total de 28 produtoras inde- pendentes beneficiaranse das axudas á produción e coprodu- ción audiovisual nas súas dife- rentes modalidades, de xeito que se apoia a realización de 7 longametraxes cinematográ- ficas de animación e ficción, 4 óperas primas ou segundas longametraxes, 6 telefilmes, 7 documentais de creación e 6 de difusión cultural e unha longa- metraxe dixital. As previsións da Conselle- ría de Educación reflicten que para este curso que comeza hai un aumento do número de alumnos e alum- nas tanto na educación in- fantil como na primaria. Xa na educación secundaria obrigatoria (ESO), este cur- so modérase considerable- mente a caída da matrícula mentres que no bacharela- to segue en descenso. Entre as novidades para este ano destaca un importante in- cremento da internacionali- zación das aulas e a implan- tación do bacharelato de artes escénicas, musicais e danza no Conservatorio Profesional de Pontevedra. Ademais faise unha aposta moi clara pola formación profesional, ensino no que nos últimos anos se detec- tou unha maior demanda posiblemente motivada pola elevada integración laboral dos seus titulados que se sitúa entre o 70% e, o 80%, segundo as familias profesionais. INICIATIVAS AGADIC concede axudas para 79 proxectos AUDIOVISUAL Apoio do IGAPE aos emprendedores Nun contexto económico difícil coma o actual, o Ins- tituto Galego de Promoción Económica (Igape) está a incentivar e apoiar econo- micamente os representan- tes do tecido produtivo que deciden facer novos inves- timentos a través de plans como re-ImaXina, un instru- mento financeiro que mobi- lizará préstamos subsidiados e avalados por importe de 15 millóns de euros para PEMES e microempresas. Voluntarios internacionais para o Xacobeo 2010 A Xunta solicitou á Unión Europea apoio para o pro- grama Eu Camiño, que pro- porcionará a participación activa e voluntaria dos mozos e mozas europeos para o vindeiro ano santo. Tamén promoverá o enten- demento mutuo entre a xu- ventude de moitos países, así coma a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas. Páxs. 6 e 7 Páxs. 10 e 11 Páx. 14 Páxs. 3, 4 e 5 Setembro 2009 Nº 38 Páx. 20

Transcript of O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e...

Page 1: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e primaria

Un ordense abre a primeira casa rural ecolóxicaO primeiro establecemento de turismo rural de toda Galicia edificado con alpacas de palla e materiais de reciclaxe está no concello de Ordes. Trátase dun conxunto de catro edificacións realizadas con materiais ecoló-xicos como alpaca ou madeira obtida da ampliación da Igrexa de Santa María de Ordes hai 15 anos e do Museo de Escultura Nacional de Valladolid.

Un total de 28 produtoras inde-pendentes beneficiaranse das axudas á produción e coprodu-ción audiovisual nas súas dife-rentes modalidades, de xeito que se apoia a realización de 7 longametraxes cinematográ-ficas de animación e ficción, 4 óperas primas ou segundas longametraxes, 6 telefilmes, 7 documentais de creación e 6 de difusión cultural e unha longa-metraxe dixital.

As previsións da Conselle-ría de Educación reflicten que para este curso que comeza hai un aumento do número de alumnos e alum-nas tanto na educación in-fantil como na primaria. Xa na educación secundaria

obrigatoria (ESO), este cur-so modérase considerable-mente a caída da matrícula mentres que no bacharela-to segue en descenso. Entre as novidades para este ano destaca un importante in-cremento da internacionali-

zación das aulas e a implan-tación do bacharelato de artes escénicas, musicais e danza no Conservatorio Profesional de Pontevedra. Ademais faise unha aposta moi clara pola formación profesional, ensino no que

nos últimos anos se detec-tou unha maior demanda posiblemente motivada pola elevada integración laboral dos seus titulados que se sitúa entre o 70% e, o 80%, segundo as familias profesionais.

INICIATIVAS

AGADIC concede axudas para 79 proxectos

AUDIOVISUAL

Apoio do IGAPE aosemprendedores

Nun contexto económico difícil coma o actual, o Ins-tituto Galego de Promoción Económica (Igape) está a incentivar e apoiar econo-micamente os representan-tes do tecido produtivo que deciden facer novos inves-

timentos a través de plans como re-ImaXina, un instru-mento financeiro que mobi-lizará préstamos subsidiados e avalados por importe de 15 millóns de euros para PEMES e microempresas.

Voluntarios internacionais para o Xacobeo 2010

A Xunta solicitou á Unión Europea apoio para o pro-grama Eu Camiño, que pro-porcionará a participación activa e voluntaria dos mozos e mozas europeos para o vindeiro ano santo.

Tamén promoverá o enten-demento mutuo entre a xu-ventude de moitos países, así coma a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas.

Páxs. 6 e 7

Páxs. 10 e 11

Páx. 14

Páxs. 3, 4 e 5

Setembro 2009Nº 38

Páx. 20

Page 2: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

A promoción da mobilidade vai ser unha das accións que durante os vindeiros anos vai a seguir a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con máis intensidade. Mobili-dade xuvenil entendida non como a partici-pación pasiva en meras viaxes vacacionais ou turísticas, senón como a implicación acti-va dos mozos e mozas na vida social, cultural ou educativa da comunidade que elixan para trasladarse.

Estamos convencidos de que o fomento dos intercambios da mocidade con outras comu-nidades, países e culturas aumenta a forma-ción, mais tamén a liberdade e unha visión global, lonxe dos por veces innecesarios com-plexos localistas. Viaxar tamén achega un in-cremento na responsabilidade e autonomía da xuventude. A centos ou miles de quilómetros xa non temos acceso instantáneo á nosa fa-milia, á totalidade dos nosos amigos, nin aos recursos que estamos afeitos a manexar. Esta situación desencadea un proceso de aprendi-zaxe non formal de moita utilidade.

Dende a Dirección Xeral de Xuventude e Vo-luntariado confiamos na nosa mocidade. Esta-mos seguros de que, se lles deixamos facelo, poden desempeñar un papel activo e liderar calquera tipo de proxecto. A xuventude gale-ga ten a capacidade e o empuxe necesarios para demostrar que sen tutelas innecesarias é capaz de emprender as accións e programas que desexen.

EDITA:Xunta de GaliciaDirección Xeral de Xuventude e VoluntariadoConsellería de Traballo e BenestarSan Caetano, s/n – 15781Santiago de Compostela

DIRECTOR:Ovidio Rodeiro TatoDirector xeral de

Xuventude e Voluntariado

COORDINACIÓN:José Manuel Abelleira

PRODUCIÓN E DESEÑO:Nós Comunicació[email protected]

MAQUETACIÓN E IMPRESIÓN:El Progreso, S.L.

ISSN: 1886-3035Depósito legal: C-882-06

CONTACTA CON INFOXOVE:[email protected]ón Xeral de Xuventude e VoluntariadoSan Caetano, s/n – 15781Santiago de CompostelaTel.: 981 544 660Fax: 981 545 626

Editorial

Mobilidade e xuventude

Sumario

08 Como megullarte nas novas tecnoloxías a través da lin-gua galega

ACCIÓNS XUVENÍS

03 O inicio do curso escolar trae un incremento de alumnos de Educación Infantil

09 Máis de 3.000 mozos e mo-zas participaron no programa do conductor alternativo

AUTOEMPREGO

10 Ser autónomo, unha opción de emprego

ENTREVISTA

12 Juan Carlos Rodríguez Neira, director de Itineris

REPORTAXE

16 Interrail, coñecer Europa a través do tren

22 Software libre, unha opción de futuro

22

06 Ata o 15 de outubro pódense solicitar axudas para a amor-tización de custos de produc-ción

03

10

09

LECER

23 Axenda, todos os concertos do mes de setembro nas vilas galegas

12

Page 3: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

3Accións Xuvenís

ACTIVIDADES

Voluntariado en Defensa do Monte GalegoConvoca: Dirección Xeral de Xu-ventude e Voluntariado da Con-sellería de Traballo e Benestar.Contido: Voluntariado en Defen-sa do Monte Galego realizará tarefas de vixilancia disuasoria, complementaria á exercida por profesionais, durante todo o ve-rán en seis zonas da nosa comu-nidade (Barbanza, Baixo Miño, O Carballiño, Terra de Lemos e A Mariña Oriental-Central e A Ma-riña Occidental-Central).Prazo: ata o 20 de setembro.Informa: tel.: 900 400 800, das 8.00 ás 20.00 horas.

Voluntariado en terreos ads-critos ao Organismo Autónomo Parques NacionaisConvoca: Ministerio de Medio Ambiente.Contido. programa de volunta-riado en centros e terreos ads-critos ao Organismo Autónomo Parques Nacionais:-Centro de lugar Novo Sellado-res-Contadero (Xaén). Organi-zación colaboradora: SEO/Bir-dLife. Única quenda: do 20 ao 30 de setembro.-Leira de Ribavellosa (A Rioxa). Organización colaboradora: SEO/BirdLife. Quenda 2: do 21 de setembro ao 2 de outubro. Quenda 3: do 14 ao 25 de outu-bro.-Finca Granadilla (Cáceres). Organización colaboradora: Asociación GAIA para la conser-vación y gestión de la biodiver-sidad. Única quenda: do 26 de outubro ao 4 de novembro.Informa: SEO/BirdLife. Mel-quíades Biencinto, 34. 28053 Madrid. Tel: 914 340 [email protected]

Asociación Xuvenil AmencerConvoca: Asociación Xuvenil Amencer.Contido: -asemblea de progra-mación anual 2009-2010, no al-bergue salesiano de Allariz, 26 e 27 de setembro.-encontro de animadores Tris-quel, no albergue salesiano de Allariz, 3 e 4 de outubro.-inauguración do curso 2009-2010, na Asociación Xuvenil Amencer, 16 de outubro.-inicio das actividades dos gru-pos de tempo libre en Amencer, 17 de outubro.-exposición de fotografías Un verán en mil e unha instantá-neas. Ata o 18 de outubro.Informa: Asoc. Xuv. Amencer. Praza Don Bosco, 1, 32003 Ourense. Tel./fax: 988 218 123.

Con agosto xa no capítulo de lembranzas, miles de mozos e mozas galegas encaran o retorno ás escolas ou insti-tutos. No Infoxove queremos saber un pouco máis sobre os datos este novo curso 2009/2010 que comeza, e tamén sobre as vacacións e as conmemoracións que se esparexerán durante el.

O curso 2009-2010 xa está aquí. Nesta altura do ano chega o momento de escoller o material escolar máis xeitoso, procurar a roupa de deporte, os libros e, sobre todo, aproveitar ao máximo os últimos días de vacacións antes da volta ás aulas, os horarios regulares e as horas de estudo.

E cantos estudantes ha-berá nas clases? En Galicia, as previsións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria falan dun au-mento de alumnas e alum-nos tanto na educación in-fantil como na primaria.

Deste xeito, o número de estudantes de infantil increméntase en 723, cun aumento de 743 en centros públicos, que compensa a baixada dos centros priva-dos concertados e non con-certados.

Tamén son os centros públicos de primaria os que maior incremento de ma-trícula experimentan, con 1.600 das 1.739 novas incor-poracións totais a esta fase educativa.

Xa na educación secun-daria obrigatoria (ESO), este curso modérase considera-blemente a caída da matrí-cula, con só 1.427 alumnos menos, fronte á perda de 3.114 o pasado curso 2008-2009.

Con respecto ao cur-so 2008-2009, o nivel de alumnos matriculados no bacharelato descendeu en 58 alumnos. Unha baixa-da moito menos acusada que no ano anterior, can-do se matricularon 32.249 alumnos, 513 menos que no 2007-2008.

O alumnado chegado de fóra. As aulas galegas serán máis internacionais ca nun-ca, xa que segue a medrar o número de alumnado sen nacionalidade española. Un total de 1.866 está matricu-lado en infantil, 191 máis que o curso anterior; e 6.573 en primaria (fronte aos 5.936 de 2008-2009). Tamén aumenta o seu número na

ESO, un total de 4.185, o que supón 328 mozas e mozos máis que o curso preceden-te.

Tamén no bacharelato aumentan os alumnos sen nacionalidade española. Así, no 2009-2010 son 516, men-

tres que no 2008-2009 fo-ran 508. É ben significativo que hai dez anos o número de alumnos sen nacionali-dade española neste chanzo era tan só de 108.

Outros estudos. Ademais das xa sinaladas, en Galicia im-pártense outras ensinanzas.

Están así os programas de cualificación profesional inicial, nos que estarán 2487 alumnos e alumnas, 2160 en centros públicos, 52 en cen-tros privados non concerta-dos e 275 en centros priva-dos concertados.

Na educación especial agárdanse un total de 1.202 estudantes nos 37 centros que a imparten no país. Para as ensinanzas musicais, os datos falan de 8.291 matricu-lados, entre conservatorios e centros autorizados de músi-ca.

Tamén haberá 140 alum-nos de arte dramática. En ar-tes plásticas e deseño serán un total 638 matriculados, 48 en grao medio e 590 en grao superior.

Por último, nas ensinan-zas deportivas haberá 348 alumnos. Deles, 328 serán alumnos de grao medio e 20 de grao superior.

O número de estudantes de infantil increméntase en 723 alumnos

A conta atrás para a volta ás aulas

As aulas galegas serán máis internacionais ca nunca

O calendarioExames de setembro: os alum-nos da educación secundaria obrigatoria e bacharelato que deixaron algunha materia para setembro examináronse entre os días 1 e 4.

Educación infantil: no primeiro ciclo de educación infantil (0-3 anos), a actividade comezou xa o 1 de setembro. Para o se-gundo ciclo, as aulas comezan o 10 e rematarán o 22 de xuño de 2010, inclusive.

Educación primaria e educa-ción especial: as aulas come-zan o 10 de setembro e finali-zan o 23 de xuño de 2010.

ESO, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial: o curso dura-rá entre o 17 de setembro e o 23 de xuño de 2010. O alumna-do do segundo ano de bacha-relato rematará as aulas de acordo co calendario das pro-bas de actitude para o acceso á universidade.

Page 4: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

A ampliación da formación especializada aos diferentes conservatorios profesionais de música de Galicia continúa neste curso coa implantación do bacharelato de artes es-cénicas, musicais e danza no Conservatorio Profesional de Pontevedra. A cidade do Lérez únese así ás da Coru-ña e Vigo en contar con este tipo de formación específica, unha aposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A implantación desta for-mación supón un investimen-to de 2,5 millóns de euros para a implantación desta docencia no conservatorio

pontevedrés Manuel Quiroga, asociado ao IES Frei Martín Sarmiento. Para poder cursar este bacharelato, a matrícu-la ten un custo de 150 euros, mentres que é de 90 euros nos graos elementais e nos conservatorios superiores supón un investimento medio de 300 euros.

Esta ampliación a Ponte-vedra permitirá que un maior número de alumnos teña po-sibilidade de acceder a este tipo de bacharelato dentro dun conservatorio profesio-nal, contando coa vantaxe das validacións das mate-rias de educación secundaria obrigatoria e bacharelato por

materias optativas desta vía. Ademais, esta modalidade permite que os alumnos re-ciban as clases das materias comúns por parte de profeso-res do IES mentres que as au-las das materias específicas de música son impartidas por profesores dos conservato-rios.

Esta modalidade implan-touse por vez primeira na Co-ruña e Vigo no curso 2008-2009 de modo experimental. Sen embargo, a boa acollida do seu funcionamento ani-mou á consellería a continuar coa implantación noutros centros.

Neste novo curso, a previsión é que se manteña sen mudan-zas o número de profesores do sistema educativo gale-go, no que atinxe ao ensino público, se o comparamos co 2008-2010.

En concreto, as previsións falan dun total de 31.375 pra-zas de docentes na ensinan-za de titularidade pública. No ensino privado, o número de prazas é de 7.705. Xa na edu-cación concertada, o número de docentes previstos para o curso 2009-2010 é dun total de 5.330.

Os profesoresACTIVIDADES

Federación Don BoscoConvoca: Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.Contido: -Curso de formación para animadores das asocia-cións xuvenís pertencentes a esta federación, no centro Don Bosco de León, do 18 ao 20 de setembro.-Asemblea de coordinadores dos grupos de tempo libre das asociacións xuvenís da Fede-ración Don Bosco de Galicia e Castela e León. Terá lugar o 17 de outubro en Santiago.-Asemblea dos representantes das asociacións pertencentes á Federación Don Bosco e o Con-sello Permanente, 18 de outubro en Santiago.-Donbosco.com-tigo: xuntanza de adolescentes, 24 e 25 de ou-tubro en Santiago.-Campaña de normalización lingüística Mellor Dito-3. Ter-ceira colección consistente en 12 novos marcapáxinas nos que se ensina a empregar frases e expresións feitas enxebres e populares.Informa: Secretaría Técnica. Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia. Tel.: 981 582 243. Fax: 981 570 [email protected]

4 Accións Xuvenís

BOLSAS E AXUDAS

Conservatorios e escolas de música de PontevedraConvoca: Deputación de Ponte-vedra.Contido: - axudas destinadas a subvencionar o funcionamen-to e o desenvolvemento das súas actividades docentes, dos conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Univer-sitaria e de titularidade pública na provincia de Pontevedra.- subvencións ao funcionamen-to, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música dependentes das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a for-mación en ensinanzas de músi-ca que radiquen na provincia de Pontevedra.- axudas a escolas de música de titularidade pública que radiquen na provincia de Pontevedra.Prazo: ata o 30 de setembro de 2009.Informa: Boletín Oficial da Pro-vincia de Pontevedra, número 128, do martes 7 de xullo de 2009.

ConmemoraciónsAo longo do curso celébranse

nos centros de estudo unha

serie de xornadas especiais,

con diversas actividades como

certames ou exposicións: son

as conmemoracións. Estas son

algunhas delas:

Constitución e Estatuto de Au-

tonomía de Galicia: do ao 11 de

decembro.

Día da Declaración Universal

dos Dereitos Humanos: 10 de

decembro.

Día da Paz: 30 de xaneiro de

2010.

Día Internacional da Muller

Traballadora: 8 de marzo.

Día Mundial dos Dereitos do

Consumidor: é o 15 de marzo.

Semana da Prensa: entre o 8 e

o 12 de marzo; na aula, un día

deles serán protagonistas os

xornais.

Día Mundial da Saúde: será o 7

de abril de 2010.

Día do Libro: entre o 12 e o 30

de abril.

Día de Europa: 9 de maio.

Semana das Letras Galegas: do

18 ao 21 de maio, dedicada ao

poeta Uxío Novoneyra.

Día Mundial do Medio Ambien-

te: 5 de xuño.

As vacaciónsNadal: o período de vacacións

de Nadal cingue do 23 de de-

cembro de 2009 ao 7 de xanei-

ro de 2010.

Semana Santa: abrangue do

29 de marzo ao 5 de abril.

Entroido: serán os días 15, 16 e

17 de febreiro.

O conservatorio de Pontevedra contará co bacharelato de artes

escénicas, música e danza

Page 5: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

Entre o 1 e o 14 de setem-bro está aberto un prazo extraordinario de matrícu-la nos ciclos formativos de formación profesional e en Infoxove queremos dedicar un espazo a esta opción de estudos que capacita para o desempeño dunha profesión e ten a arela dun rápido ac-ceso dos seus alumnos ao emprego.

Nos últimos anos detec-touse un forte incremento das solicitudes para acce-der á Formación Profesio-nal, unha opción que se está revalorizando, entre outras causas, polas súas elevadas taxas de inserción laboral.

Ciclos formativos. As ensi-nanzas de formación profe-sional organízanse en ciclos formativos de duración va-riable, en función da natu-reza da competencia profe-sional buscada en cada caso e da formación precisa para adquirila.

Os ciclos formativos po-den ser de grao medio ou de grao superior e a súa dura-ción é variable (entre 1.300 e 2.000 horas), cun máximo de dous cursos académicos. Todos eles inclúen un mó-dulo de formación en cen-tros de traballo (FCT), para o que se pode recibir unha axuda económica.

A FP ordénase en 26 fa-milias profesionais, grupos de estudos que concorren nunha mesma actividade produtiva: sanidade, perru-caría, electricidade e elec-trónica... Este curso impar-tiranse no noso país un total de 900 ciclos formativos: 485 de ciclo medio e 415 do superior.

A cada un deles pode ac-cederse ou ben directamen-te ou mediante unha proba que deben superar aqueles

aspirantes que non reúnen uns requisitos de entrada directa. Así, nos de grao medio entran directamen-te os titulados en ESO ou equivalente e nos de grao superior os que dispoñen do título en Bacharelato.

Cómpre salientar que, ademais do réxime ordina-rio ou por curso completo, as persoas adultas poden estudar mediante módulos, de xeito parcial.

Integración laboral. Como xa indicamos, a integración dos estudantes titulados en FP no mercado laboral é moi alta. Supera o 70% glo-balmente e incluso o 80% en moitas familias profesio-nais. Ademais, a FP é a por-ta de entrada á universida-de para moitos estudantes, ofrecendo unha ampliación da formación académica.

Na actualidade, 252 cen-tros de Galicia imparten ciclos formativos (177 pú-blicos e 75 privados), dos cales 11 son centros integra-dos que imparten unicamen-te formación profesional.

A Formación profesional en Galicia

Nos últimos anos detectouse un

forte incremento das solicitudes

para á FP

5Accións Xuvenís

Máis informaciónPortal da Xunta sobre a forma-

ción profesional

http://www.edu.xunta.es/fp/

Espazo do Ministerio de Educa-

ción sobre a FP

http://www.educacion.es/edu-

cacion/que-estudiar/forma-

cion-profesional.html

Este curso impartiranse no

noso país un total de 900 ciclos formativos

Page 6: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

A Axencia Galega das In-dustrias Culturais resolveu recentemente a adxudica-ción dun total de 5.250.000 euros a 79 proxectos audio-visuais galegos a través de dúas das seis liñas de axu-da ao sector convocadas en 2009. Deste importe global, 4.850.000 euros destínan-se á produción e coprodu-ción de 31 longametraxes e documentais en lingua gale-ga ao longo de catro anua-lidades (ata 2012), mentres que outros 400.000 euros están dirixidos á promo-ción do talento audiovisual galego a través do apoio a 48 propostas de creación individual para a escrita de guións e para a realización de longametraxes e curta-metraxes en soporte dixital, así como de curtas experi-mentais.

Nesta primeira quenda de resolucións foi adxudicado o 76% do orzamento global (6.900.000 euros) reserva-do ás subvencións ao sector audiovisual galego convo-cadas este ano por primeira vez a través da AGADIC. Na nova categoría de axudas de concesión automática para a amortización dos custos de produción de longame-traxes cinematográficas, telefilmes e documentais, o prazo de solicitude continúa aberto ata o 15 de outubro.

Produtoras independentes. Un total de 28 produtoras independentes beneficiara-se das axudas á produción e coprodución audiovisual nas súas diferentes modali-dades, de xeito que se apoia a realización de 7 longame-traxes cinematográficas de animación e ficción cun im-porte total de 2.200.000 euros, 4 operas primas ou segundas longametraxes (1.200.000 euros), 6 tele-filmes (850.000 euros), 7 documentais de creación (273.514 euros) e 6 de di-fusión cultural (236.482

Ata o 15 de outubro, pódense solicitar axudas de concesión automática para a amortización dos custos de produción

A AGADIC, co audiovisual galego

A estrea do Apóstolo está prevista para o 25 de xullo de 2010

euros), e unha longame-traxe dixital (90.000 euros). A contía total destinada a esta liña de apoio, a de maior dotación de todas as convocadas, distribuirase ata 2012 (1.100.000 euros no ano 2009, 1.200.000 euros en 2010, 1.250.000 en 2011 e 1.300.00 en 2012) e o prazo de xustificación de cada anualidade rema-tará o 31 e outubro do ano correspondente.

Polo que respecta ás subvencións para o desen-volvemento e promoción do talento audiovisual galego, de carácter anual, un total de 167.000 euros destína-se á realización de 19 cur-tametraxes experimentais, 85.000 euros a 13 propostas de escrita de guión, 82.000 euros á realización de 4 longametraxes en soporte dixital, e 66.000 euros a 12 curtametraxes no mesmo tipo de soporte. O prazo de xustificación finaliza o 31 de outubro deste ano para as catro modalidades.

‘O Apóstolo’, moito máis ca miniaturas

Máis informaciónPortal da Axencia Galega das In-

dustrias Culturais

http://www.agadic.info/

6 Accións Xuvenís

A produtora galega Arte-facto Producciones produ-ce un filme sobre o Camiño que será estreado o 25 de xullo de 2010. O Apóstolo, nome da longametraxe, co-mezou a rodarse en agosto en Santiago de Compostela baixo a dirección do tamén guionista Fernando Corti-zo. Para os autores, tráta-se dunha película de mis-terio e terror ambientado na ruta, onde un convicto fugado do cárcere tratará de recuperar un botín es-condido anos atrás nunha solitaria aldea dun Camiño de Santiago en miniatura. A estrea d’O Apóstolo está prevista para o 25 de xullo de 2010.

Participacións. Calquera persoa ou entidade pode adquirir participacións da película na páxina web (www.oapostolo.es) des-de 30 euros; ademais dos proporcionais beneficios económicos, adquirir parti-cipacións permite visitar a

rodaxe e aparecer nos cré-ditos do filme.

No elenco están, en-tre outros, Carlos Blanco, Jorge Sanz, Paul Naschy, Geraldine Chaplin, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Celso Bugallo, Luís Tosar, Manuel Manquiña e Víctor

Mosqueira. Eles prestan as súas voces, xestos e cor-pos, que son moldeados en foam- látex (material deri-vado do látex lixeiro e flexi-ble). Os bonecos adquiren unha vivacidade e realismo que achegará un atractivo adicional á película.

Porén, a maxia non só

chegará da man dos pro-tagonistas. Os decorados da película, inspirados na realidade, seguen unha estética especial onde o Camiño é o protagonista. Frondosos soutos, empe-dradas rúas, carreiros e rústicas casas construídas a escala formarán un mar-co misterioso ideal para o desenvolvemento da tra-ma. Ademais, a néboa e o fume que envolven os es-pazos inferirán unha am-bientación inquietante á longametraxe.

O proxecto xa pasou por citas como Cannes ou Annecy, Haberá que espe-rar ao ano que vén para gozar do resultado.

Artefacto, unha produtora

galega prepara a primeira película

española en animación stop motion sobre o Camiño de

Santiago

Máis informaciónPáxina da película O Apóstolo

www.oapostolo.es

Produtora Aretefacto

http://www.artefactoproduccio-

nes.es/

Page 7: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

A IV edición de Curtas na Rede apura os últimos días antes de pechar o prazo de inscrición para poder parti-cipar nesta iniciativa audio-visual aberta para calquera non profesional do ámbito audiovisual maior de 15 anos. A máxima: o que nos quei-ras contar é o que impor-ta, polo que non hai límites á imaxinación ou esixencias de técnica, importa o rela-to contido nestas pequenas creación dun máximo de cin-co minutos.

Os participantes terán que presentar unha curta-metraxe que non poderá exceder os 5 minutos de du-ración, de temática libre, e que deberá cinguirse aos se-guintes catro xéneros: cur-tametraxes de ficción, cur-tametraxes experimentais, curtametraxes documentais e curtametraxes de anima-ción.

As cápsulas ou traballos dunha duración non superior aos 3 minutos seguen a estar presentes este ano, e non es-tarán acollidas a ningún xéne-ro. Os partici-pantes tamén poderán participar con mi-cromovies. Para participar nesta sección, os traballos deberán ser realizados coa cámara do teléfono móbil e

non poderán exceder os 30 segundos de duración e de temática e xénero libre.

Cada autora ou autor po-derá participar co número de obras que con-sidere oportuno. Poderá partici-par toda curta-metraxe estrea-da ou producida durante o ano 2009. A parti-

cipación en Curtas na Rede non impide a presentación destes traballos noutros concursos ou festivais men-tres dure esta iniciativa.

Máis de 26 categorías premiadas e preto de 33.000 euros conforman a relación de premios. Nesta ocasión as curtametraxes contan con 1º, 2º e 3º premio; igual que na anterior edición, os premios á categoría de ani-mación teñen unha contía superior; tamén, e como no-vidade, engádese á relación

de premios, o premio á me-llor montaxe.

Todas as categorías con-tan con premio do público resultado da votación dos usuarios ins-critos na páxi-na web. Cada curtametraxe, cápsula ou m i c r o m o v i e presentada só poderá ser vo-tada unha vez polo votante rexistrado. A inscrición é gratuíta e se poden presen-tar tantas obras como se queira. Tampouco hai limita-

ción no idioma, pódense pre-sentar creación en galego, castelán ou portugués. Para o resto dos idiomas, o traba-llo terá que ser presentado con subtítulos nalgunha des-tas linguas. O período para votar abrirase o xoves 24 de setembro e pecharase o sábado 24 de outubro ás 12 da noite.

Promovido pola Secreta-ría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e o Consello da Xuventude de Galicia, a participación nesta iniciativa é de balde e rema-ta o 10 de setembro. Curtas na Rede conta tamén coa colaboración de Secretaría Xeral de Emigración, da Se-cretaría Xeral de Política Lingüística, da Dirección Xe-ral de Saúde Pública, da Di-rección Xeral de Creación e Difusión Cultural, de AGADIC (Axencia Galega de Indus-trias Culturais), da Deputa-

ción da Coruña, do Consejo de la Juventud de España, da Fun-dación Caixa Galicia, da Com-pañía R. Cable e Telecomuni-cacións Galicia S.A, de GADISA,

do programa Onda Curta da TVG, contando tamén coa participación do Eixo Atlán-tico e da Fundação da Ju-ventude.

Xa está en marcha a IV edición de Curtas na Rede

Os traballos presentados poden visitarse na web Curtas na Rede

Cada autora ou autor poderá participar co

número de obras que considere

oportuno

7Accións Xuvenís

Financiamento ao alumnado uni-versitario galegoConvoca: Consellería de Educa-ción e Ordenación Universitaria.Contido: convocatoria pública de axudas para o financiamento dos xuros de préstamos destinadas ao alumnado universitario galego interesado en solicitar créditos bancarios para o financiamento dos seus estudos.Prazo: ata o 15 de setembro.Informa: DOG nº 140, do 20 de xullo de 2009.

Formación profesionalConvoca: Consellería de Educa-ción e Ordenación Universitaria.Contido: axudas para o alumnado de formación profesional de cen-

tros docentes públicos e centros docentes concertados da Comu-nidade Autónoma de Galicia que participen en estadías en empre-sas de ámbito transnacional du-rante o ano 2009.Prazo: un mes contado a partir do día seguinte da publicación no DOG.Informa: DOG nº 162, do 19 de agosto de 2009.

Gratuidade de libros de textoConvoca: Consellería de Educa-ción e Ordenación Universitaria.Contido: convocatoria e reposi-ción do programa de gratuidade de libros de texto e materiais cu-rriculares en centros sostidos con fondos públicos para o curso es-

colar 2009/2010.Prazo: o prazo para que as libra-rías presenten as facturas corres-pondentes remata o 30 de setem-bro de 2009. Os centros dispoñen de prazo ata o 31 de outubro. Informa: DOG nº 166, do 25 de agosto de 2009.

Educación primaria e especialConvoca: Consellería de Educa-ción e Ordenación Universitaria.Contido: bolsas para a adquisi-ción de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso

escolar 2009/2010.Prazo: ata o 30 de setembro..Informa: DOG nº 166, do 25 de agosto de 2009.

Financiamento a microempresas, proxectos emprendedores e in-vestimentos das pemesConvoca: Igape.Contido: axudas para a habili-tación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e in-vestimentos das pemes para a mellora competitiva na Comuni-dade Autónoma de Galicia, ins-trumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheri-

das. (Programa Re-Imaxina).Prazo: ata o 30 de decembro.Informa: DOG nº 148, do 30 de xullo de 2009.

Prazas de residenciaConvoca: Consellería do Mar.Contido: convocatoria de prazas de residencia nos centros resi-denciais docentes do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e na Escola Oficial Náuti-co-Pesqueira de Ferrol..Prazo: ata o 30 de outubro de 2009. Os alumnos que promocio-nen dentro dun mesmo ciclo terán que realizar a reserva con anterio-ridade ao 15 de outubro.Informa: DOG nº 151, do 04.08.2009.

BOLSAS E AXUDAS

Cada obra presentada

só poderá ser votada unha vez

polo votante rexistradoMáis información

http://www.curtasnarede.es/ba-

ses.php

http://www.cxg.org/

http://www.curtasnarede.es/

Page 8: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

Ferramentas en galego ao alcance dun clic

LECERNA REDE

Aquí tes algunhas suxestións que poden ser do teu interese para ocupar da mellor manei-ra o tempo de lecer.-Galegoelogo.com: recursos para o lecer da mocidade.www.galegoelogo.com

-Mega: soportal da música ga-lega en culturagalega.orgwww.culturagalega.org/mega/index.php

-Podgalego.org: sitio no que se poden atopar os podcasts galegos para escoitar no PC ou no reprodutor de MP3.podgalego.org

-Flocos.tv: o cineclub do au-diovisual galego, con máis de 300 películas en liña.flocos.tv/

-AVG: o portal do audiovisual galego.www.culturagalega.org/avg

-Biblioteca Virtual Galega: consulta de fragmentos e de obras completas de literatura galega.bvg.udc.es/index.jsp

-Bivir: grandes obras da lite-ratura universal traducidas ao galegowww.bivir.com

-LG3: web dependente de Cul-turagalega.org no que se re-señan as novidades literarias.www.culturagalega.org/lg3/

-Lingua de amor: portal do Consello da Xuventude de Ga-licia para a dinamización do idioma.www.linguadeamor.eu

-Blogues: blogalego.com, blo-galiza.org, nireblog.com/gl

-Xogos Populares: portal que recompila os xogos tradicio-nais de Galicia.www.xogospopulares.com/

-Trivialingua: xogo de pregun-tas culturais en liña.mais.vieiros.com/ciberlingua/trivialingua.php

8 Accións Xuvenís

Informámoste de como mergullarte nas novas tecnoloxías a través da lingua galega e das ferramentas máis útiles para moverte nela como peixe na auga

Os boletínselectrónicos

Para estar informado so-bre toda a actualidade que rodea as novas tecnoloxías en Galicia, e en galego, Có-digo Cero é unha das mello-res opcións. A revista, cuxa edición en papel apareceu o 25 de xullo de 2001, conta cunha versión dixital (www.codigocero.com) onde po-derse subscribir para reci-

bir o boletín mensual a tra-vés do correo electrónico.

Outro boletín electró-nico, neste caso sobre as novidades da lingua gale-ga, é o da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ao boletín, que vén de estrear novo deseño, podes subs-cribirte na web www.xunta.es/linguagalega.

Un combinado de novas tecno-loxías e lingua. Para comezar o curso coas mellores ferramen-tas, presentamos os últimos recursos tecnolóxicos na súa versión en galego, así como di-versas ferramentas de utilidade para resolver dúbidas e facer consultas sobre a lingua galega. Así mesmo, achegamos algúns enderezos nos que se poden atopar interesantes contidos para o tempo de lecer.

De lingua a lingua: os tradu-tores. As linguas constitúen un dos maiores tesouros cos que contamos e o seu legado é unha riqueza de valor incalcula-ble. Para poder transitar máis facilmente pola súa variedade e heteroxeneidade a rede ofré-cenos unha serie de ferramen-tas, entre as que se atopan os tradutores de galego a outros idiomas, como por exemplo o Esgl, que permite a tradución automática castelán-galego. Outros recursos que nos ache-gan desde o galego a outras lin-guas, como o inglés, son Lucy KWIK Translator e o Opentrad. Este último, ademais, permite a tradución bilateral co castelán e mais co portugués.

Na utilidade destas ferra-mentas de tradución tamén reparou con atención un alum-no do instituto Chan do Monte de Magor, en Marín, quen con-seguiu mellorar o Opentrad a través do seu Traducíndote, un programa que permite tra-ducir documentos OpenOffice en varias linguas. O servizo de tradución automática do Instituto Cervantes, bilingüe castelán-galego, ou o Google tradutor, que permite traducir textos galegos a un importan-te número de linguas –malia que sen demasiado rigor– son outros exemplos de tradutores cos que nos podemos facer a través da rede.

Na busca dunha corrección ‘10’. Para botarnos unha man coas normas ortográficas do galego contamos tamén cuns supervisores que nos indican os posibles problemas que poidan ter os nosos textos: falamos dos correctores ortográficos. De acceso a través da rede está o OrtoGal, que ten en mar-cha a Universidade de Vigo. Xa no eido do sistema operativo, para o paquete ofimático libre OpenOffice.org nas súas ver-

sións GNU/Linux, Windows e Mac Os con licenza GPL temos o corrector gramatical Golfiño. O Officce 2000, XP e 2003 ou calquera das súas aplicacións, contan coa opción de configu-rar a corrección en galego e no OpenOffice recóllense máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1.500 nomes e apelidos e outros tantos acró-nimos, 400 siglas e 300 xenti-licios.

Cal é a túa consulta? Se o que buscas é un bo dicionario de galego na rede a solución aos teus problemas de seguro a vas poder atopar no Digale-go, o dicionario de Ir Indo que che ofrece definicións, sinó-nimos, étimos e mesmo a súa correspondencia en castelán, portugués, inglés e alemán. No vocabulario da Real Aca-demia Galega, o Volga, tamén poderás saber se un termo é correcto ou non ou, no caso de selo, se existen sinónimos que se prefiren no seu lugar. Outra ferramenta que será de utilidade para as túas consul-tas é o Termigal, un organis-mo que se encarga da elabo-ración de vocabularios sobre linguas de especialidade, así como tamén de resolver dú-bidas.

A través da páxina da Xun-ta tamén poderás atopar fe-rramentas de moita utilidade, como o Nomenclátor (www.xunta.es/toponimia), onde se recollen o nome dos milleiros de entidades de poboación que hai en Galicia, ou vocabu-larios temáticos (www.xunta.

es/linguagalega/dicionarios_e_lexicos2) de ámbitos como o científico, o artístico, o polí-tico ou o deportivo. Ademais, entre as moitas ferramentas que ten a disposición a páxina da Secretaría Xeral de Políti-ca Lingüística tamén podedes atopar a área de asesoramen-to lingüístico (www.xunta.es/linguagalega/consultas_lin-guisticas), que de seguro che será de grande utilidade.

Para consultas de infor-mación xeral a Wikipedia en galego, a chamada Galipedia, preséntase como unha ferra-

menta libre, accesible e de balde e a Enciclopedia Galega Universal ofrecerache nume-rosas entradas actualizadas.

Os buscadores. A estas al-turas ninguén pode negar a utilidade dos buscadores na rede… Que fariamos sen eles! Algúns tan imprescin-dibles como Google poden configurarse en lingua ga-lega. Outros, como é o caso de Vieiros, contan cun bus-cador temático centrado en recursos exclusivamente de Galicia.

Page 9: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

A resposta da mocidade ga-lega á campaña a prol do condutor alternativo saída da Dirección Xeral de Xu-ventude e Voluntariado está sorprendendo polas súas taxas de éxito, tanto nas vi-las e cidades nas que estivo presente como polas cifras de seguimento na internet.

Mozos e mozas de aso-ciacións xuvenís, nos pro-pios lugares de ocio noc-turno, lembran a máxima de 0% alcol cando se con-duce, e sitúan un triángulo enriba dos coches co lema Libre de alcol, co fin de lem-brarlle aos condutores a recomendación de non co-ller o coche. A rechamante presenza destes activistas alóngase desde as 00.00 horas ás 04.00.

O peche da campaña de verán será o 12 de setem-bro nas catro capitais pro-vinciais, Vigo e Santiago de Compostela. Tiveron acceso a ela O Grove, Cambados, Sanxenxo, Viveiro, Vila-garcía, Portonovo, Sada, Ordes, Foz, Burela, Verín, Baiona, Nigrán, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Melide, Rianxo, Narón, Santa Com-

A figura do condutor alternativoesténdese por Galicia

Por unha xuventude sen alcol no volante

BOLSAS E AXUDAS

Turismo ruralConvoca: Consellería de Cultura e Turismo.Contido: convocatoria de sub-vencións a empresas turísticas para o fomento do turismo no medio rural.Informa: DOG nº 160, do 17 de agosto de 2009.

Emprendemento femininoConvoca: SGI.Contido: convocatoria de sub-vencións para o apoio ao em-prendemento feminino (progra-ma Emega).Prazo: un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publi-cación no DOG.Informa: DOG nº 159, do 14 de agosto de 2009.

Protección contra a violencia de xéneroConvoca: SGI.Contido: axuda económica de pagamento único prevista no ar-tigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, dirixida ás mulleres vítimas de violencia de xénero que, residindo na Co-munidade Autónoma de Galicia, acrediten insuficiencia de recur-sos e unhas especiais dificulta-des para obter un emprego.Prazo: ata o 31 de decembro..Informa: DOG nº 161, do 18 de agosto de 2009.

Programa de asesoramento e acompañamento individualiza-doConvoca: SGI.Contido: convocatoria pública para a selección de 17 empresas para participar no programa de asesoramento e acompañamen-to individualizado dentro do pro-grama Consolida de información e asesoramento ás mulleres em-prendedoras de Galicia.Prazo: un mes contado a partir do día seguinte da publicación no DOG.Informa: DOG nº 162, do 19 de agosto de 2009.

Ensinanzas universitariasConvoca: M. de Educación.Contido: bolsas para estudantes que no curso académico 2009-2010, cursen en centros españois ensinanzas universitarias.Prazo: ata o 30 de setembro.Informa: páxina web do Minis-terio de Educación e no BOE nº 170, do 15 de xullo de 2009.http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bol-saseaxudas

9Accións Xuvenís

Máis informaciónwww.xuventude.net

www.condutoralternativo.org

Esta campaña de verán para a prevención de accidentes de tráfico entre a mocidade supón un punto de partida da Consellería de Traballo e Benestar para desenvolver ao longo de todo o ano unha acción potente e decidida sobre esta importante pro-blemática xuvenil.

Cando remata o bo tem-po, mudan os hábitos de ocio pero os perigos do al-col ao volante seguen a ser os mesmos e súmanse ás inclemencias meteorolóxi-cas. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado xa está preparando un novo formato en prol dos condu-

tores alternativos, que terá unha especial incidencia nos locais pechados de hos-talaría.

O obxectivo continuará a ser o mesmo: reducir os accidentes de tráfico e esas taxas de mortalidade nas nosas estradas nas fins de semana.

ba, Boiro, Noia, Pontecesu-res, A Estrada, Cee, Riba-deo, Carral, Pontedeume, O Carballiño, Cedeira, Betan-zos ou Ferrol.

Para facerse unha idea da repercusión que está a acadar a iniciativa, que puxo en marcha a Conselle-ría de Traballo e Benestar

no mes de xullo, chega con entrar na internet. Son máis de 3.000 mozos e mozas os que se sumaron a esta ini-ciativa a través das páxinas www.xuventude.net e www.condutoralternativo.org e das redes sociais Facebook e Tuenti. De feito, nesta úl-tima, xa existen tres contas

porque nas dúas primeiras xa se chegou ao límite de amigos permitidos.

Ademais, máis dun cento de rapaces e rapazas xa so-licitaron de balde a camiseta oficial da actividade que ten como obxectivo a sensibili-zación da mocidade baixo a máxima “un 0% de alcohol ao volante e a aposta polo condutor alternativo”.

A acción xorde co obxec-tivo de tentar reducir os ac-cidentes de tráfico entre os máis mozos. Neste senso, o último informe Documento marco sobre sinistralidade na rede de estradas de Ga-licia reflicte que o 26% das alcoholemias positivas en-tre as vítimas mortais danse en mozos de entre 18 e 30 anos. Os sábados, seguidos dos venres e domingos, é onde se concentran a maior parte dos accidentes.

Por iso, e ante o alto nú-mero de accidentes graves que teñen como factor de-terminante o alcol, a Conse-llería de Traballo e Benes-tar decidiu poñer en marcha medidas activas e continua-das.

Máis de 3.000 mozos e mozas se sumaron á Campaña por unha xuventude sen alcol no volante

Durante o inverno non se pode baixar a garda

Page 10: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

O departamento que dirixe Javier Guerra considera que este é un bo momento para investir porque a Xunta “ten cartos dispoñibles” para apoiar economicamente no-vos vieiros empresariais que axuden mellorar a economía galega.

Agora, os emprendedores demandan fundamentalmen-te axudas que lles permitan acceder e facer fronte aos

créditos bancarios, e por este motivo reducíronse as peticións de apoio aos inves-timentos empresariais nos últimos meses.

De feito, as peticións de axudas ao circulante das em-presas, dedicadas ao sanea-mento financeiro das mesmas, teñen aumentado un 2.403% neste trimestre, unhas solicitu-des que se traducen en présta-mos subvencionados por valor

Os emprendedores reciben o apoio da Xunta

Nuns momentos que son algo axitados pola conxun-tura económica, os emprendedores e os que aspiran ao medre das súas empresas reciben positivamente os apoios chegados dende a Administración. En Gali-

cia, o Instituto Galego de Promoción Económica (Iga-pe) está a incentivar e apoiar economicamente aos representantes do tecido produtivo que deciden facer novos investimentos.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández , e o director do Igape, Joaquín Varela, presentaron un balance sobre o plan Re-Móvete

10 Autoemprego

O Instituto Galego de Promocion Económica apoia activamente aos que apostan por facer novos investivamentos

Máis informaciónInstituto Galego de Promoción

Económica

www.igape.es/

Consellería de Economía e

Industria

www.conselleriaiei.org

de 141,8 millóns de euros.

Plan re-imaXina. Economía e In-dustria anunciou recentemente que mobilizará préstamos sub-sidiados e avalados por impor-te de 15 millóns de euros para apoiar investimentos de novas pemes e microempresas no marco do Plan re-imaXina Indus-tria a través do Instituto Galego de Promoción Económica.

As bases desta nova liña fi-

nanceira publicáronse no DOG o día 30 de xullo e a presentación de solicitudes estará aberta ata o próximo 30 de decembro.

Este novo instrumento fi-nanceiro xúntase aos xa exis-tentes no Instituto, que fixeron posible a concesión de présta-mos a empresas por importe de 280 millóns de euros no que vai de ano, fronte aos só 47 millóns concedidos no mesmo período de 2008.

Page 11: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

Preto de 5.500 persoas toma-ron parte nalgunha das 204 actividades formativas que promoveu a entidade BIC Gali-cia, especializada en impulsar programas de emprendemen-to, creación e consolidación de empresas.

Esta sociedade, dependen-te da Consellería de Economía e Industria, fixo un balance moi positivo do primeiro semestre de 2009, durante o que 1.519 participaron en 47 accións de motivación emprendedora,

mentres que os impulsores de 68 proxectos empresariais recibiron asesoramento. Ade-mais, organizáronse 13 cursos de xeración e maduración de ideas e 17 de creación de em-presas, nos que os alumnos ti-veron tamén que elaboran un plan de negocio.

Ademais, BIC Galicia des-envolveu actividades dirixidas

a empresarios cos 44 semi-narios de mellora competiti-va impartidos a máis de 800 empresarios e sete proxectos que buscan facilitar a saída ao mercado e a internacio-nalización a novas empresas. Un total de 376 empresarios

BIC Galicia asesorou a preto de 5.500 persoas no primeiro semestre

Moitos mozos galegos que queren incorporarse ao mun-do laboral optan por ser au-tónomos, unha fórmula pola que se converten en empre-sarios individuais que reali-zan unha actividade, usando o seu nome propio ou sendo titulares dunha empresa.

A maioría das persoas que escollen esta opción fano pola simplicidade á hora de enfrontarse aos trámites e por motivos fiscais, sendo a fórmula usada por moitos profesionais e pequenos co-merciantes.

O autónomo é o respon-sable de escoller a súa base de cotización á Seguridade Social, preparar as súas pro-pias facturas, facer as liqui-dacións do IVE, coidar da tri-butación no IRPF...

Claro que ser autónomo

Para os próximos meses BIC

Galicia xa ten comprometidas

preto de 250 novas accións

Outra opción profesional: ser autónomo

Máis informaciónwww.bicgalicia.es/dotnetbic/

11Autoemprego

participaron neles. Do mesmo xeito, o apoio á innovación se materializó en sete activida-des, entre as que destaca o plan Galicia Bioemprende, con 223 participantes.

Para os próximos meses BIC Galicia xa ten comprome-

tidas presto de 250 novas ac-cións, entre as que se contan iniciativas para o fomento da cultura emprendedora, semi-narios de apoio á creación de empresas e accións de apoio a novos empresarios, autóno-mos e microempresas.

Xornada de formación a empresarios promovida por BIC Galicia

Máis informaciónwww.autonomosgalicia.org/in-

dex.php

www.pymesyautonomos.com

tamén implica bastantes riscos, xa que o empresa-rio vólvese responsable da xestión e debe responder as posibles débedas contraídas fronte a terceiros con todos os seus bens, tanto empre-sariais como persoais. Un

dos factores polos que moi-tos non se atreven a dar o paso e optar por seren au-tónomo é que non disporían do dereito á prestación por desemprego, aínda que é un tema sobre o que se está a debater, e xa hai unha pro-

posta do Ministerio de Tra-ballo ao respecto

Por elo, antes de dar o paso, convén asesorarse e realizar o que se denomina un plan de negocio.

Nos últimos meses le-van aparecido servizos es-pecíficos de apoio aos au-tónomos e novas axudas para o desenvolvemento da súa actividade, en ei-dos como o da adquisición de ordenadores portátiles ou o do emprendemento feminino. A Consellería de Economía, a través do BIC Galicia, ven de por en mar-cha o Servizo de Apoio ao Autónomo que, ademais de ofrecer interesantes materiais de consulta, per-mite formular consultas on-line ou telefonicamente a través do 902 300 903.

Os autónomos en Galicia dispoñen

do Servizo de Apoio ao Autónomo

Page 12: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

- Dende que ano existe a em-presa e como foron os vosos comezos?

- Itineris nace nos primei-ros anos deste século, como consecuencia do importante cambio coa implantación da cultura do le-cer, o aumen-to do poder adquisitivo e a segmentación do mercado turístico, que deu como froi-to a aparición do turismo ac-tivo. Xorde como una empresa de profesionais procedentes do ámbito educativo que com-parten a idea de que a clave do turismo activo non está no “facer por facer”, senón en dotar de sentido e contidos as actividades que un realice.

- Insistides en falar de turis-mo activo. Como podemos di-ferencialo do tradicional?

- É un xeito de lecer que pri-ma as actividades físicas que se practican servíndose dos recursos que ofrece a propia natureza no medio no que se d e s e n v o l v e n (sexa aéreo, te-rrestre de super-ficie ou subte-rráneo, acuático ou subacuático), e nas que é in-herente o es-forzo físico e, só nalgúns casos, certa destreza para a súa práctica. Persegue algo diferente ao que se atopa no chamado turismo “de sol e praia”, no turismo de grandes capitais e, incluso, no turismo rural; os seus obxectivos po-deríamos resumilos en: eva-sión da rutina diaria, deixar de ser suxeitos pasivos do lecer e pórse a proba.

- Que actividades practican os que se achegan ás vosas

instalacións?

- O paintball é todo un clási-co. É un xogo moi divertido, no que se poden presentar diferentes estratexias, por a proba a habilidade... Entre as actividades máis demandadas

están os rotei-ros interpreta-tivos (a pé, en quad, en bici-cleta, a caba-lo...), xogos de xeoestratexia, rafting, kaiak, barranquismo, escalada, tiro

con arco. No parque hai ade-máis outras instalacións en-tre as que destacan as torres multiaventura, a tirolina...

- Tamén ofrecedes servizos para colectivos ou empre-sas…

- Unha das características de Itineris é a “non- estandariza-ción”, a busca de actividades axeitadas ás necesidades e preferencias de cada usuario, e iso tamén se aplica ás em-presas. Non é o mesmo pre-parar un evento de incentivo para os traballadores dunha

empresa (no que o obxecti-vo fundamental soe ser a convi-vencia, que se coñezan noutro contexto e, so-bre todo, que o pasen ben), que

un “team building” que perse-gue a creación e fortalecemen-to de equipas... ou un “outdo-or training”, que xa é moito máis elaborado e que pode perseguir obxectivos máis diversos, dende a corrección de situacións interpersoais negativas ata a orientación cara os obxectivos da empre-sa, a detección de determina-das características entre os membros do persoal... Tamén hai empresas que solicitan en-tradas ao parque como regalo

“A clave do turismo activo é dotar de sentido as actividades que un fai”

Itineris é unha empresa de turismo activo que apos-ta pola sostenibilidade e maila convivencia e que neste verán abriu o seu parque de multiaventura “A Botica do Lazer”, no norte de Portugal. A súa aposta viuse avalada

polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), que a acreditou como unha das 25 pequenas e media-nas empresas de mellores prácticas polo seu carácter innovador. Juan Carlos Rodríguez Neira é o seu director.

Unha aventura empresarial de éxito: Itineris

“Buscamos actividades axeitadas ás

necesidades e preferencias de cada usuario”

“Entre as actividades

máis demandas están os roteiros interpretativos”

12 Entrevista

Page 13: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

Iteneris ofrece un gran número de alternativas para o turismo activo

corporativo.

- Tedes algún programa espe-cial para a xente máis peque-na, ou máis afouta?

- Como comentaba antes, unha das “obsesións” de Itineris é a adaptación. En concreto, en A Botica do Lazer tiñamos moi claro na súa concepción que queríamos que fose un sitio para integrar os distintos per-fís e preferencias, así como as súas diferentes preparacións físicas. Non está pensado só para super-atletas e aventu-reiros... hai espazo e activida-des para aque-les que buscan un alto grado de emoción e des-carga de adre-nalina... pero tamén para os máis pequenos, para xente da terceira idade, xente que fai anos que non fai nada de de-porte... Para todos. Ademais, todo está adaptado a calquera minusvalía, tanto física, como psíquica ou sensorial.

- Foi difícil dar o salto a Por-tugal?

- A Botica do Lazer está en Portugal porque o alcalde de Boticas estaba moi interesa-do en unificar todas as ofertas turísticas que había nesa zona e concibimos o parque como un proxecto ver-

tebrador de todos eses recur-sos. Foi doado no senso de que nos atopamos cunha xente na Cámara (o equivalente aos no-sos concellos) que nos brindou todo o apoio e as facilidades. Sen embargo, aínda que os galegos temos esa concien-cia de “irmáns” de Portugal, o feito de traspasar as fron-teiras significa enfrontarse a unha lexislación diferente, uns hábitos de traballo distintos...e por suposto o idioma, que aínda que é certo que é moi doado de comprender, tamén é verdade que pode ser orixe de malos entendidos e tamén

moitas anécdo-tas divertidas.

Aínda falta moito apoio as empresas que se queren in-ternacionalizar, nalgunhas cues-tións concretas

atópaste sen a quen recorrer para que orienten e resolvan dúbidas respecto a documen-tación necesaria, as diferen-zas coa nosa lexislación...

- Ademais da Botica do La-zer, contades con máis es-pazos?

- Temos campos de mul-tiaventura en Brión (pega-

“Aínda falta moito apoio para

as empresas que se queren

internacionalizar”

13Entrevista

diño a Santiago), Palas de Rei e Vilalba, pero ademais realizamos ac-tividades baixo deman-da en calquera parte de Galicia.

- Cantos traballadores sodes na actualidade e que perfil tedes?

- Somos 8 de xeito estable en Galicia, e outros 4 en Portu-gal. Para os picos de activi-dade (tempada alta e fins de semana fundamentalmente)

temos unha equipa de moni-tores imbuídos da nosa filo-sofía e protocolos de traba-llo, que traballan con nos de xeito habitual. Respecto ao noso perfil, a maioría temos unha formación vencellada á educación, o voluntariado social e a psicoloxía. Temos tamén especialistas en tem-po libre, técnicos en saúde, deporte e turismo con ex-periencia no deseño de pro-gramas de formación e ocio útiles e atractivos, tamén xente de empresariais e de comunicación.

Page 14: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

14 Accións xuvenís

Éxito de partipación na campaña Acción Verán 2009

A Dirección Xeral de Xuventude fixo un excelente balan-ce da programación estival que fixo posible que máis de 10.000 prazas se puxeran a disposición dos mozos gale-gos, de entre 9 e 35 anos, durante os meses de verán.

Dentro e fóra de Galicia, este mozos tiveron á súa dis-posición campamentos xuvenís, campos de traballo con diversas temáticas, campamentos de teatro, de contos e lendas, de baile e obradoiros de todo tipo.

O bo desenvolvemento de todas es-tas actividades lúdicas de verán foi posible grazas ao traballo levado adiante dende a direc-ción xeral polos preto de 1.000

profesionais de tempo libre que participaron na ela-

boración e posterior desenvolvemento

do amplo progra-ma de actividades desta edición de Acción Verán 2009. Obra-doiros relacio-nados co mar, coa bicicleta, con diferen-tes deportes, natureza ou roteiros para

coñecer Galicia, que acolleron a

mozos con ascen-dencia galega do-

utras comunidades autónomos e doutros

países para coñecer di-ferentes zonas de Galicia,

foron algunhas das novido-

sas opcións que se lles presen-taron nesta nova edición.

A conselleira de Traba-llo, Beatriz Mato, e o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, visitaron aos mozos e mozas protagonistas de Ac-ción Verán nalgunhas destas actividades previstas. Deste xeito, os responsables das áreas de traballo e mocidade

puideron gozar da compaña destes mozos, así como ver o desenvolvemento de todas estas propostas. Tamén apro-veitaron estas visitas para ter un primeiro contacto coas in-quedanzas e necesidades dos máis novos.

Pero durante o verán, os

protagonistas foron a diversión e o entretemento, iso si, sen esquecer os valores e os coñe-cementos, igualmente impor-tantes para estes mozos nesta época estival. Entre as activi-dades de maior éxito de parti-cipación atopáronse as Rutas coñece Galicia, os campos de traballo e os campamentos de verán dentro é fora de Galicia.

Os máis maiores apostaron por coñecer novos lugares, cul-turas, e a outros mozos, esca-pando do seu contorno habitual e apostando polas instalacións xuvenís doutras comunidades autónomas ou polos campos de traballo noutros países relacio-nados coa arqueoloxía, cultura, etnografía, construción, restau-ración…

Ademais, esta atractiva programación prestou unha es-pecial atención ás políticas de integración social entre os mo-zos. Así, 500 prazas de Acción Verán destináronse a mozos con discapacidade e con dificul-tades de inserción social.

1.000 profesionais

do tempo libre participaron no

desenvolvemento das actividades

Page 15: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

15Accións xuvenís 5

Está previsto que os partici-pantes cheguen a Santiago no mes de abril, para asistir durante dúas semanas a un curso de inmersión lingüística obrigatorio. Posteriormente recibirán formación especia-lizada na historia, significado e características do camiño e das peregrinacións a Compos-tela, a fin de que poidan exer-cer como informadores dos peregrinos coas debidas garan-tías. Na última semana de abril os voluntarios percorrerán o camiño francés dende O Cebreiro para com-pletar o seu período de forma-ción.

Os participantes nesta ini-ciativa desprazaranse ata os albergues de peregrinos do camiño francés durante os meses de máis afluencia de peregrinos, que son de maio a setembro. Alí colaborarán cos hospitaleiros dos albergues en todo aquilo que precisen os peregrinos, sobre todo en labores de información e difu-sión da ruta e dos seus recur-sos.

No mes de outubro os par-ticipantes volverán a con-centrarse en Santiago, onde avaliarán e clasificarán o material gráfico que cada un deles recolleu no seu tramo. Con este material prepara-rán un documental en vídeo, unha exposición fotográfica e unha publicación sobre a súa experiencia no camiño, que posteriormente serán difundi-dos nos seus países de orixe, contribuíndo a dar a coñecer o Xacobeo e Galicia en moitos recunchos de Europa.

A Dirección Xeral de Xuven-tude e Voluntariado confía en que a Unión Europea preste o seu apoio a este proxec-to, que ten un o r z a m e n t o de 175.000 euros. Para iso, a Xunta de

Galicia destaca que o progra-ma Eu Camiño proporcionará a participación activa e volun-taria dos mozos e mozas euro-peos nun proxecto como o Xa-cobeo, que tamén ten as súas raíces na vella Europa e nas súas tradicións. Así mesmo, promoverá o entendemen-to mutuo entre a xuventude de moitos países, así como a aprendizaxe ou perfecciona-

mento doutros idiomas.

Este proxecto busca volunta-rios con inte-rese na arte a na cultura, con

capacidade de comunicación e habilidades sociais e especial sensibilidade cara á realiza-ción de actividades intercultu-rais e de fomento de valores e ideais de solidariedade e identidade europea. Para iso, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado xa ten contac-tado con 25 asociacións de 19 países europeos, que serán os de procedencia dos volunta-rios. Estes países son: Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hun-gría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Norue-ga, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía.

Esta non será a única ac-ción que promoverá a acción voluntaria da xuventude no vindeiro Xacobeo. A Dirección Xeral de Xuventude e Volun-tariado está a preparar, en co-laboración coa Consellería de Cultura e Turismo, un amplo programa que permitirá a par-ticipación activa na celebra-ción do Ano Santo da socieda-de galega, e tamén da do resto do Estado, que poderán cola-borar como voluntarios naque-las especialidades que máis se axusten ás súas inquedanzas:

s a n i t a r i a s , P r o t e c c i ó n Civil ambien-tais, culturais e mesmo vir-tuais na inter-net.

A Xunta pide na UE voluntarios para participar no Xacobeo

Trinta mozos e mozas estranxeiros poderían participar como voluntarios no tramo galego do Camiño Francés de prosperar a solicitude da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado quen pediu financiamento para o proxec-

to ‘Eu Camiño’. En colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, que exercerá como entidade de acollida dos voluntarios, a solicitude xa está en mans do depar-tamento de Educación e Cultura da Unión Europea.

O proxecto Eu Camiño é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

A cidadanía galega tamén

poderá participar como voluntaria

Máis informaciónwww.xuventude.net

http://www.xacobeo.es/

Curso de monitor en PortugalNo marco do proxecto

Espazo Xuvenil, a Direc-ción Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Instituto Português da Juventude (IPJ) convocan un curso de monitores de actividades de tempo libre que se desen-volverá a partir do 21 de se-tembro en Viana do Caste-lo. O obxectivo é que todos os rapaces e rapazas que o cursen poidan traballar como monitores de tempo libre nos dous países. O úni-co requisito para participar é ser maior de 18 anos e es-tar en posesión do título de graduado en ESO. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 14 de setembro.

Segundo explicou o di-rector xeral de Xuventude e Voluntario, Ovidio Rodeiro, o proxecto Espazo Xuvenil está integrado no Programa Transfronteirizo España-Portugal (2007-2013). “A finalidade deste programa non é outra que promover a cooperación institucional

en materias de políticas de xuventude entre Galicia e Portugal para fomentar que os mozos se poidan quedar a vivir e traballar na zona transfronteiriza galego-por-tuguesa”, aclarou o director xeral durante a xuntanza que mantivo co represen-tante do IPJ, Vitor Dias.

Ademais, as instalacións existentes como albergues, pousadas ou oficinas de información xuvenil verán incrementada a súa activi-dade converténdose en es-

pazos transfronteirizos nos que a xuventude disporá de recursos para levar adiante os seus proxectos.

O curso comezará o día 21 de setembro ata o 4 de outubro, en réxime intensi-vo, e continuará os días 12 e 13 de decembro e do 19 ao 23 do mesmo mes. A Di-rección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a través do Programa de cooperación transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal asumirá os custo

Este proxecto busca voluntarios con interese na arte e na cultura

Ovidio Rodeiro e Vitor Dias, na presentación da iniciativa

Page 16: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

16

InterRail: Europa através da ventaíña

Quen non coñece a ninguén que agarrase a mochila e unha guía e se botase á aventura de coñecer Europa a través do InterRail? A pe-quena gran idea que dende os anos 70 leva feito máis pequeno o continente sufriu algún cambio, pero perma-nece fiel ao seu espírito.

A idea é ben sinxela: un pase que permite subirse a un número ilimitado de trens durante un período determinado de tempo, para viaxar por toda Europa sen reparar en fronteiras.

Así, dende 1972, máis de 7 millóns de persoas levan percorrido o continente gra-zas a InterRail, un pase que permite subirse a un núme-ro en tren por 30 países dun xeito accesible.

No ano 2007, o progra-ma sufriu unha pequena revolución e mudou a súa estrutura: desapareceu o sistema de zonas que per-mitía trasladarse cun pase por un número limitado de países veciños e aparece-ron dúas novas clases de pases: o Pase Global (ou

InterRail Global Pass) e o Pase País (InterRail One Country Pass).

O P a s e G l o -bal é o que reco-lle a t rad i -ción do progra-ma, con el podes sal-tar entre os distintos países participantes, ex-cepto no que residas, durante o seu período de vixencia. Distínguese entre Pase Global Continuo (viaxa cantos días queiras durante 22 días ou un mes) e Pase Global Flexi (colle o tren 5 xornadas en 10 días, ou 10 días nun período de 22).

Cando se está en pose-sión dun Pase Flexi é im-portante escribir a data de

cada viaxe no chamado “calendario de viaxe” pois, se non se fai, córrese o risco de ser mul-tado.

O Pase País está indica-do para aqueles viaxantes que queiran afondar nun es-tado en particular, sempre que sexa distinto ao da súa residencia habitual. Existen

Praza do Gran Mercado, en Praga, na República Checa. Martin Kers

InterRail é un programa pensado para todas as idades

Viaxes

O Glacier Express percorre os Alpes suizos. Martin Kers

Page 17: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

Educación non formal no traba-llo con mozosConvoca: Universidade de Mur-cia, Universidade de Verán e o Instituto da Mocidade da Rexión de Murcia, no marco da Universi-dade Internacional de Mar.Contido: Educación non formal no traballo con mozos (segunda edición).Requisitos: Aberto a estudantes universitarios, titulados univer-sitarios, técnicos de mocidade, animadores xuvenís, educadores, persoas que actúen en educación non formal con adolescentes e novas, calquera persoa interesa-da no tema.Datas: do 21 ao 25 de setembro de 2009.Prazo: ata o 14 de setembro de 2009 ou ata cubrir prazas.Lugar: albergue xuvenil de Aguias, Murcia.Prezo: 95 euros.Informa: www.mundojoven.org/unimar (seleccionar apartado de formación)www.um.es/unimar

http://unimar.um.es (seleccionar sede Aguias e nome do curso)

Máster en xestión culturalConvoca. Universidade de Grana-da e de Sevilla.Contido: III Máster Universitario en Xestión Cultural. Dirixido a li-cenciados universitarios. Prazo: O período de matricula-ción é do 6 ao 20 de outubro de 2009.Informa: Tel.: 955 037 046 / 686 940 489.http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/cursosmas-tersposgraos

Relacións laboraisConvoca: Consello Galego de Re-lacións Laborais.Contido: 20º Curso superior de relacións laborais.Prazo: do 21 de setembro ao 20 de novembro de 2009 ou na data en que se cubra a totalidade das prazas ofertadas.Requisitos: diríxese a todas as persoas interesadas en adquirir

unha formación e/ou actualiza-ción nas materias laborais en xeral, facilitando a súa capacita-ción para resolver as cuestións suscitadas polas relacións labo-rais e a xestión de recursos hu-manos e, en especial, ás persoas licenciadas en dereito, ciencias económicas e empresariais, ou a diplomados en relacións laborais, responsables de recursos huma-nos, xefes de relacións laborais, asesores e cadros de persoal, etc.Informa: DOG nº 160, do 17 de agosto de 2009.Secretaría Técnica, Consello Galego de Relacións Laborais, Algalia de Abaixo, 24, 15781 San-tiago de Compostela, tel.: 981 957 489, telefax: 981 54 16 10; e-mail: [email protected]://cgrl.xunta.es.

Xestión contable informatizadaConvoca: Concellaría de Xuven-tude e Deportes do Concello de Sanxenxo.

Contido: Curso de Xestión con-table informatizada. Ten unha duración de 30 horas.Requisitos: Ter entre os 14 e os 35 anos de idade.Datas: Do 1 ao 29 de outubro de 2009. En horario das 19 ás 20.30 horas de luns a venres.Lugar: Centro de Informática Mapa, en Sanxenxo.Prezo: 20 euros.Prazo: ata cubrir as 16 prazas dispoñibles.Informa: Oficina Municipal de In-formación Xuvenil. Rúa Indepen-dencia, 5 baixo, 36970 Portono-vo, Sanxenxo. Tel./fax. 986 690 [email protected]ía de Xuventude e De-portes. Miraflores, 26, 36960 Sanxenxo. Tel.: 986 727 936.

Monitor de tempo libreConvoca: Asociación Xuvenil Amencer-Escola de Tempo Libre Don Bosco.Contido: Curso de monitor de actividades de tempo libre.

Requisitos: Maiores de 18 anos.Datas: Fins de semana de novem-bro, decembro e xaneiro, pontes e vacacións de Nadal.Informa: Asociación Xuvenil Amencer. Praza Don Bosco, 1 baixo, 32003 Ourense. Tel./fax: 988 218 [email protected]

Educador ambientalConvoca: Instituto Erudite. De-partamento de Educación Am-biental.Contido: Curso de Educador Am-biental (300 horas), a distancia. Requisitos: Ter unha titulación mínima de FP2, COU ou bacha-relato LOXSE, en calquera espe-cialidade.Prazo: Ata o 31 de decembro.Informa: Instituto Erudite para a Investigación Educativa, Social e Ambiental. Apartado de correos, 46, 36700 Tui, Pontevedra. Tel.: 618 945 [email protected]

CURSOS

17Viaxes

diversas clases para esta modalidade, con distintos prezos segundo o destino escollido e mais o número de días que se pode utilizar.

Non todos os estados en-globados en InterRail con-tan coa opción do Pase País e algúns deles ofrecen van-taxes e descontos especiais a quen se apunta a esta mo-dalidade, polo que convén informarse previamente.

Máis informaciónInterRail: sitio oficial

http://espanol.InterRailnet.com

Guía InterRail en castelán

http://www.interrailnet.com/

downloads/interrail/trave-

llers_guides/interrail_travelgui-

de2009_espanol.pdf

Portal non oficial pero ben útil

http://www.inter-rail.org/

Foro de usuarios

http://forums.inter-rail.org/

Información no portal da Renfe

http://www.renfe.es/InterRail/

Perfil no Facebook de InterRail

http://www.facebook.com/inte-

rrailnet

NON SÓ PARA MOZOSNa súa orixe, o programa InterRail estaba pensado para mozos e mozas intrépidos. Hoxe non existen limitacións de idade para comprar un pase, se ben existen distintas tarifas e posibilida-des segundo os tres grupos de idade. O programa distingue entre nenos menores de 12 anos, que pagan a metade; mozos, de entre 12 e 26 anos; e adultos, maiores de 26 anos.

A “EXPERIENCIA” INTERRAIL.Máis alá dos datos obxectivos, cómpre salientar a “experiencia InterRail”, ese algo engadido que non se pode explicar moi ben se non se vive, pero que conta con diversos ingredientes: com-pañeirismo con xente doutras nacionalidades, mudanzas sobre a marcha no plan de viaxe, centos de fotografías e anécdotas “para parar un tren” en albergues e estacións.

A IMPORTANCIA DE ESCOLLER O LUGAR ADECUADO As posibilidades de InterRail son amplas e seleccionar previamente a zona na que un se pode sentir máis cómodo pode axudar ao éxito da viaxe. Ter en conta as condicións meteorolóxicas de cada época do ano, así como a diferenza de prezos entre as diferentes partes de Europa, é un paso obrigado para os máis previsores; se ben o lanzarse á aventura aberto á improvisación tamén é unha opción con moitos adeptos.

A QUE PAíSES SE PODE VIAXAR?A lista de estados europeos aos que un residente en España pode viaxar con InterRail comprende Alemaña, Austria, Bélxica, Bosnia-Her-zegovina, Bulgaria, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Macedonia, Montenegro, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Che-ca, Romanía, Serbia, Suecia, Suíza e Turquía.

Toma nota...

Page 18: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

A erótica refírese ás diferentes formas de atracción e sedución entre os sexos. Dentro desas diferentes formas de atracción e sedución poderíase pensar que é referido ao sexo que se fai (estean ou non os xenitais presentes), ou o que sería o am-plo abano da arte de amar, na que a lingua pode ter especial importancia como elemento sensitivo; este último apartado vai quedar á túa imaxinación, xa que a fantasía ten os lími-tes que lle queiras poñer, outra cousa sería a realidade.

A erótica, como atracción e sedución, é comunicación. Esa comunicación pode estar influenciada por moitos aspec-tos que cada quen xestiona á súa maneira e conforma unha sexualidade (se queres perso-nalidade) única. Ímolo tentar reflectir en dous aspectos: un referido á lingua galega falada, e o outro, a importancia que pode ter a erótica na vida de cada quen.

Lingua galega poderíase di-cir que hai unha? Posiblemente si, a normativa ou estándar; ten unhas regras claras, uniformes e uniformadoras, sobre todo na súa expresión escrita. Esas normas parten de institucións que son as que a normativizan, outras normalizan, outras culti-van, ....digamos que cada quen ponlle unha actitude que á súa vez é modificada por cada per-soa de xeito individual. Nesa xestión final podería haber unha persoa (home ou muller) galegofalante de 70 anos que di: “eu non sei falar galego”. Posiblemente haxa moitos fac-tores que leven a esa afirma-ción pero sobre todo un deles, que é que esa persoa sente que non sabe, e ese sentir é froito dun proceso vital. Posiblemen-te os seus referentes de galego sexan os que lle transmiten un único galego, os que se esque-cen de todas as ricas variantes que hai na fala do galego: a dife-rentes formacións dos plurais, os diferentes pronomes que se empregan, seseo, gheada, ... e unha tan propia e individual como pode ser o timbre e o ton de voz.

Referido á erótica, podería-se dicir que hai unha erótica es-tándar?, que nos di como temos que ser atractivos? que(n) nos ten que atraer? dende cando? ata cando? en que contextos?

Quen nos pode dar respostas son diferentes protagonistas: sociais (familia, colegas, medios de comunicación, modas de roupa, peiteados, tallas,...), civís e/ou relixiosos. Cada un deses protagonistas poderíanos dar unha resposta: unhas veces complementaria, outras con-traditoria, outras diferente... Ao mesmo tempo esas respostas poden levar unhas actitudes. As actitudes que transmiten tamén terán uns froitos sobre a vida das persoas. Unhas veces con máis calado e outras con menos. Trasladámolo a exem-plos:

A persoa maior que na fala “non sabía”: podería sentir atracción por outras persoas e que outras persoas se sintan atraídas por ela? ou xa non ten idade para desexar e ser des-exada? ou é inmoral? ou anti-natural? quen lle marca esas pautas a sociedade, nós, ou a súa forma de vivirse?

Unha rapaza de 16 anos que desexa a outras rapazas, sería

doado para ela comentarche que lle gusta unha rapaza, ou que a outra lle parece moi atrac-tiva? de que pode depender que cho poida comentar, como calquera outro aspecto da súa intimidade, de como se sinta ela?, de cal será a reacción que espera de ti?, do modelo que supón que ten que haber?

Rapaz de 14 anos, está feito unha maraña de fío, non sabe que facer co seu pelo: deixa-lo longo, rapalo, cortiño polos lados e máis longo na cima, peiteado para un lado, para o outro, botarlle brillantina e de punta.

As situacións anteriores

pode que parezan cousas sinxelas, unhas xa determina-das, outras que dependen da nosa escolla e vannos conver-tendo nunha persoa individual, atractiva para unhas e pode que non tanto para outras, e que terán uns resultados na nosa vida. Visto por encima, e dende fóra, pode que non teñan a maior transcenden-cia, pero, metidos no pelexo de cada quen, pode que teña importancia no seu proceso de construción persoal, na súa forma de vivirse. Depen-den dos modelos que se nos ofrecen, que cremos que hai ou que cremos que ten que ha-ber, do que tomamos deles, así coma o que poñemos da nosa parte.

A lingua que falamos for-ma parte da erótica indivi-dual, pode atraer ou facernos atraentes, e segundo un estudo a mocidade opina que se falas galego con acento tradicional, boa parte dos mozos e mozas galegos pensarán, á primeira

vista, que a vida non che sorriu, que es alguén carente de éxito social. Se falas galego cunha fonética máis castelá, pode que formes parte dun grupo social innovador e competente, pero que lle resulta pouco simpático á meirande parte da mocidade, en especial se es unha muller. Referido ao uso da lingua ga-lega (2008) di que para ligar ou facer amizades, na relación diaria de parella, ou en situa-cións amorosas, un terzo da mocidade empregan o galego. O uso é maior no medio rural e menor no urbano. Aspectos como a fonética pódense esta-blecer coma elementos avalia-tivos dunha persoa, é cando se entra no de máis, menos, tanto coma, comparacións onde al-guén gana e alguén perde. Ao mesmo tempo pode que o que sexa de éxito para unha persoa non o sexa para a outra, tamén se pode ver como un proceso único de cada quen.

O feito de que a persoa maior, ou o mozo, ou moza se sintan de bo grao coa lingua e a súa erótica responde a un proceso de construción per-soal, de modelos de referencia e de xestión propia que crean uns froitos. Podemos buscar modelos, dun estilo, doutro ou daqueloutro, ou pódese en-tender como procesos de va-riedade e cultivo. Seguro que referido á personalidade se entende ese proceso continuo de construción influenciado por moitos aspectos. Referido á erótica podería haber tan-tas eróticas como linguas e como sexualidades (persona-lidades), ou flores nun xardín. Seguindo con flores e linguas, as linguas deben poder exis-tir e florecer con liberdade entre os/as falantes que lles dan vida. Valorizar as linguas significa necesariamente res-pectar as mulleres e os homes que as falan e as culturas das que son portadoras. Tamén significa “respectar a traxec-toria vital de cada persoa e as diferenzas individuais, coas capacidades persoais que as caracterizan” está tomada dun director xeral da UNESCO. Toda esta variedade poderíase resumir no mundo da erótica a un proceso de cultivo, de co-ñecemento e aceptación que nos permita expresarnos de modo que sexamos felices.

A(s) erótica(s) da(s) lingua(s)

Imaxe: Monica Leonor Guardado Calvo

18 Quérote

Xosé Manoel Mosteiro Valle-traballador social

A lingua pode ter importancia para varias funcións: mastigar, tragar, falar, sentir, comunicar ...

A lingua que falamos forma

parte da erótica individual, pode

atraer ou facernos atraentes

Page 19: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

19Deportes

A data está marcada no calendario de todos os se-guidores do baloncesto en Galicia: o vindeiro 11 de ou-tubro o Xacobeo 2010 Blu:Sens saltará á cancha do compostelán Multiusos do Sar para enfrontarse a todo un Regal F.C. Barcelona.

O Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto, nome tradicional da en-tidade, será un dos máis modestos dunha categoría que está considerada como a segunda mellor do mun-do, por detrás da NBA. Con paciencia houbo que armar un equipo totalmente novo que estará adestrado por Curro Segura; aínda faltan algunhas fichaxes pero con-vén familiarizarse xa con nomes como Flis, Manzano, Pasalic, Akindele, Djedovic, Bulfoni, Alfonso Sánchez ou Vassilaidis.

A presentación oficial do conxunto será o 1 de outubro ante o Dínamo de Moscova. Logo chegará o enfrontamento co Barça, un equipo cheo de estrelas como Juan Carlos Navarro, Basile ou o chantadino Fran Vázquez.

Será o retorno da ACB ao país e o remate dun longo proceso que tivo a súa orixe na fase de ascenso á divi-sión da tempada 1989-1990. Daquela, os santiagueses enfrontáranse a un Júver

Murcia que aliñou a un xo-gador arxentino con pasa-porte falso para facerse pasar por español; o engano descubriuse e reclamouse ante a xustiza deportiva, pero aínda así o Obradoiro quedou sen ascenso.

No 1992 o club estivo a piques de desaparecer, des-cendido a segunda división, case sen apoios e cunha di-rectiva sen folgos; afortuna-damente un reducido grupo de persoas que se manti-

veron ata hoxe continuou unha loita chea de trasacor-dos nos despachos, que re-matou cun gran triunfo e a inscrición na ACB para este curso.

Durante todos estes, na súa faceta puramente de-portiva, o Obradoiro conver-teuse nun viaxeiro habitual por vilas de toda Galicia. Agora, agárdase que xente de toda Galicia viaxe a Com-postela para gozar do me-llor baloncesto.

Obradoiro: o triunfo da perseveranza

A presentación do Obradoiro CBA tivo lugar hai unhas semanas en Santiago

Plantilla de xogadores doXacobeo 2010 Blu:Sens

- Reyshawn Terry, norteamericano, 25 anos de 2´03 m de altura

- Héctor Manzano, español, 29 anos, 2´05 m de altura

- Dmitry Flis Ruso, con pasaporte español, 24 anos. 2´03 m de altura

- Jeleel Akindele, nixeriano, 26 anos. 2´14 m de altura

- Nihad Djedovic, bosnio. Escolta. 19 anos. 1´98 m de altura

- Drago Pasalic, croata. Ala –pívot. 2´08 m de altura

- “Tuky” Bulfoni, italo-arxentino. Escolta, 33 anos. 1´93 m de altura

- Alfonso Sánchez, español. Escolta. 1´95 m de altura.

- Kostas Vassiliadis, grego. Aleiro. 25 anos. 1.98 m de altura

OFERTAS DEEMPREGO

Oferta 12/2009/12404Posto: vendedor/a técnico/a, en xeral.Localidade: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).Requisitos: permiso de condu-cir.

Oferta 12/2009/12505Posto: encargado/a de obra ci-vil, en xeral.Localidade: Padrón (A Coruña).Requisitos: posuír experiencia, para traballar na zona de Pa-drón.

Oferta 12/2009/13177Posto: delineante, en xeral.Localidade: Pontedeume (A Co-ruña).Requisitos: delineante, técni-co superior desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción con permiso de conducir e coñecementos de francés e inglés.Oferta 12/2009/13199Posto: perruqueiro/a de seño-ras.Localidade: Vigo.Requisitos: posuír experiencia.

Oferta 12/2009/13242Posto: cesteiro/a.Localidade: Santiago de Com-postela (A Coruña).Requisitos: necesita monitor/a de cestaría.

Oferta 12/2009/13249Posto: enlucidor/a-xesista.Localidade: Ourense.Requisitos: posuír experiencia.

Oferta 12/2009/13255Posto: aplicador/a de revesti-mentos continuos de fachadas.Localidade: Ourense.Requisitos: experiencia mínima dun ano.

Oferta 12/2009/13259Posto: instalador/a de tubos para conducións en gabias en xeral.Localidade: Redondela (Ponte-vedra).Requisitos: colocador de canló-ns con experiencia.

Oferta 12/2009/13268Posto: axente de compras.Localidade: A Estrada (Ponte-vedra).Requisitos: permiso de condu-cir, diplomado ou licenciado en empresariais ou económicas.

Máis informaciónhttp://es.wikipedia.org/wiki/

Obradoiro_Club_Amigos_del_Ba-

loncesto

Portal oficial do Obradoiro Xaco-

beo Blu:Sens

http://obradoirocab.com/index.

php?lang=gl

Liga ACB de baloncesto

http://www.acb.com

Page 20: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

20 Lecer

PREMIOS E CONCURSOS

Narración curtaConvoca: Concello de Curtis.Contido: VI Premio de Narra-ción Curta do Concello de Cur-tis Treme.Requisitos: os textos presen-tados deberán ser orixinais, inéditos e non premiados en ningún outro certame, estar escritos en lingua galega e ter unha extensión comprendida entre 3.000 e 5.000 caracte-res (espazos non incluídos). A temática é de terror. Establé-cense catro categorías.Prazo: Ata o 25 de setembro de 2009. Informa: Concello de Curtishttp://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

EnsaioConvoca: Concellaría de Be-nestar Social e Muller do Con-cello de Santiago de Compos-tela.Contido: I Premio de Ensaio Xohana Torres 2009. O tra-ballo consistirá na defensa dun punto de vista persoal e subxectivo sobre un tema (hu-manístico, científico, filosófico, social, cultural, etcétera), sen ou con aparato documental.Requisitos: poderán concorrer todas as persoas de xeito in-dividual ou colectivo, que pre-senten obras inéditas e non premiadas con anterioridade. O contido da obra será referi-do á muller galega, o seu mun-do e vivencias. Prazo: ata o 31 de decembro de 2009.Informa: Concellaría de Benes-tar Social e Muller, rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4º, 15705 San-tiago de Compostela. Tel.: 981 542 465.http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

FotografíaConvoca: C. de Lourenzá.Contido: 13º Concurso foto-gráfico, Festa da Faba.Requisitos: temática libre, cada concursante pode pre-sentar un máximo de 6 foto-grafías e un mínimo de 4. Ta-mén deberán ser presentadas en formato dixital (CD) para a publicación das dúas series gañadoras no web: www.faba-delourenza.com - www.conce-llodelourenza.esPrazo: ata o 18 de setembro de 2009.Informa: tel.: 982 121 006. As obras poderán ser presenta-das no Concello de Lourenzá, ou ben remitilas por correo ou

calquera outro transporte indi-cando no sobre “XIII Concurso Fotográfico Festa da Faba”.http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

PinturaConvoca: Fundación Gaceta Rexional (Salamanca).Contido: XIV certame de pin-tura.Requisitos: dirixido a novos pintores de calquera nacio-nalidade, que non cumpran os 34 anos na data límite de re-cepción da obra. Cada autor poderá presentar un máximo de dúas obras, coas que non participe noutro certame. A temática, o procedemento e as técnicas empregadas serán libres.Prazo: do 1 ao 15 de outubro de 2009.Informa: Peña Primera 18-24, 37002 Salamanca. Avda. De los Cipreses, 81, 37004 Sala-mancawww.fundaciongaceta.eshttp://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

RelatosConvoca: Fundación Gaceta Rexional (Salamanca).Contido: XIV Certame de Re-latos Requisitos: poderán partici-par todas aquelas persoas que o desexen e que cum-priran os 14 anos de idade. Cada autor poderá presentar un máximo de dous relatos, sempre que sexan orixinais e inéditos e que non sexan difundidos por ningún medio de comunicación con ante-rioridade. As obras han de estar escritas en castelán e en forma narrativa. A temá-tica será libre. Non poderán presentarse os autores que sexan premiados noutra edi-ción deste certame. A exten-sión mínima dos relatos será de dez páxinas e máxima de vinte, en formato DIN A-4, a dobre espazo e por unha soa cara; a máquina ou por com-putador; nese caso a tipogra-fía terá 12 puntos de corpo e o interliñado será de dúas li-ñas ou de 24 puntos.Prazo: do 1 ao 30 de setem-bro de 2009.Informa: Peña Primera 18-24, 37002 Salamanca. Avda. De los Cipreses, 81, 37004 Sala-mancawww.fundaciongaceta.eshttp://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

O concello de Ordes con-ta cunha nova mostra do seu carácter de municipio sostible coa iniciativa do seu veciño Marcos Casal, un emprendedor que tivo a feliz idea de construír o primeiro establecemento de turismo rural de toda Galicia edifi-cado con alpacas de palla e materiais de reciclaxe.

Os que queiran acudir a este establecemento de turismo rural deben ache-garse ao lugar do Casal, que comparte apelido co em-prendedor. Atoparanse con catro cabanas, de 40 me-tros cadrados cada unha.

A palla está convenien-temente tratada “coa mes-

tura propia que facían os antigos romanos, todo con elementos naturais”, sinala Marcos Casal, quen tamén salienta que “non utiliza-mos halóxenos pero tam-pouco ningún tipo de paneis solares pois pensamos que o mellor aforro enerxético prodúcese cando non é ne-cesario utilizar enerxía, e iso conseguímolo coas alpa-cas de palla, que funcionan como excelentes illamentos tanto acústico como térmi-co”.

Así, a temperatura den-tro das edificacións é cons-tante. As cabanas levan os nomes dos catro elementos clásicos dos gregos: terra,

auga, lume e aire; e a súa madeira saíu de pezas pro-cedentes da ampliación da Igrexa de Santa María de Ordes hai 15 anos e do Mu-seo de Escultura Nacional de Valladolid.

O traballo iniciouse en xuño de 2007 e contou coa axuda de moitos amigos e veciños que se sumaron ao recoñecemento público de todos aqueles que con-templaron a obra. Entre eles o concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, Xesús Pedreira, e uns colaborado-res moi especiais: os vellos que lle aconsellaron á hora de colocar as alpacas para conseguir un mellor illante.

Turismo ecolóxico e reciclaxe danse a man en

OrdesMarcos Casal vén de abrir un local de turismo rural feito con pa-

lla e outros materiais de reciclaxe

Page 21: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

21Lecer

OFERTAS DE EMPREGO

Oferta 12/2009/13273Posto: pintor/a e/ou empapela-dor/a.Localidade: Sada (A Coruña).Requisitos: para traballo en esta-das (fachadas).

Oferta 12/2009/13275Posto: cociñeiro/a, en xeral.Localidade: A Coruña.Requisitos: posuír experiencia.

Oferta 12/2009/13279Posto: coidador/a-acompañante de autobús escolar.Localidade: A Coruña.

Oferta 12/2009/13299Posto: axente comercial.Localidade: Verín (Ourense)Requisitos: posuír experiencia, permiso de conducir, titulación mínima a nivel de bacharelato.

Oferta 12/2009/13332Posto: delineante, en xeral.Localidade: Silleda (Pontevedra).Requisitos: posuír experiencia.Oferta 12/2009/13338Posto: camareira de pisos (hosta-laría).Localidade: Santiago de Compos-tela (A Coruña).

Oferta 12/2009/13365Posto: camareiro/a, en xeral.Localidade: Ourense.

Oferta 12/2009/13421Posto: condutor/a de furgoneta de ata 3,5 T.Localidade: Narón (A Coruña).Requisitos: necesítase repartidor de bebidas.

Oferta 12/2009/13425Posto: enxeñeiro/a técnico/a

agrícola.Localidade: Culleredo (A Coruña)Requisitos: experiencia, permiso de conducir e coñecementos da lei de contratos do sector público.

Oferta 12/2009/13471Posto: perruqueiro/a de señoras.Localidade: A Coruña.Requisitos: posuír experiencia e coñecementos de estética.

Oferta 12/2009/13504Posto: dependente/a de floraría.Localidade: Lugo.Requisitos: posuír experiencia e permiso de conducir.

OFERTAS DE TRABALLOPRIVADOAprendizaxe de idiomas no es-tranxeiroConvoca: Over the Rainbow Lan-

guage Centre. Vigo.Contido: Cursos de idiomas, tra-ballo ou prácticas profesionais e estancias como au pair en Europa e Estados Unidos. Informa: Over the Rainbow. Rúa Tomás Paredes, 16, 36208 Vigo. Tel.: 34 986 246 141. Fax: 34 986 120 [email protected]

AnimadoresConvoca: Dezdedez [10D10].Contido: Esta empresa está in-teresada en contactar con mozos creadores, animadores, pallasos, magos, humoristas, actores... para traballos puntuais.Prazo: Todo o ano.Informa: Dezdedez. Maxistrado Manuel Artime, 26 - 1º esquerda, A Coruña, tel. 981 140 045.

Au pair, estudos e traballoConvoca: Feedback Galicia. San-tiago de Compostela.Contido: Ofrece as seguintes posibilidades:-Aprender idiomas de forma na-tural convivindo con familias .-Traballo na hostalaría no Rei-no Unido e Irlanda. Con ou sen aloxamento. De non levar aloxa-mento incluído, buscamos aloxa-mento axeitado. Posibilidade de asistir a clases. -Estadía combinada de asisten-cia a clases con traballo remu-nerado na hostalaría.Informa: Feedback Galicia. R/ Feáns, 15 baixo-A, 15706 Santia-go de Compostela, A Coruña, tel. 981 590 220. Fax: 981 590 213. http://www.galeon.com/fee-dbackgalicia.

SUXE

STIÓ

NS -

SUX

ESTI

ÓNS

- S

UXES

TIÓ

NS -

SUX

ESTI

ÓNS

- S

UXES

TIÓ

NS Lóstregos

Xosé Neira VilasEdicións Xerais224 páxinas17 euros

Xosé Neira Vilas volve á actua-lidade con esta obra na que se recollen cen textos e outros tan-tos lostregueos escintilando no espazo e no tempo. Cen variados temas que informan, analizan ou denuncian cuestións que atinxen ao mundo que nos arrodea ou acontecementos pretéritos que dalgún xeito inciden nas nosas vi-das. A Amazonia en perigo, a fuxi-

da de cerebros, os dereitos indíxe-nas, o fogar cubano de Hemingway, o cambio climático, os galegos no canal de Panamá, o centenario de Laxeiro, a defensa da lingua galega, a prensa dos emigrantes, o problema da auga, os biocom-bustibles, os noventa anos de Mandela… Todo tratado con rigor documental e cunha prosa ben traballada, áxil e precisa.

Susana SeivaneOs soños que volven9,95 euros

Cuarto disco de Susana Seivane que ve a luz cando se cumpren dez anos da súa chegada ao mer-cado discográfico co seu primei-ro disco, Susana Seivane. Desde entón unha interesante evolución que a levou ata este traballo, no que Seivane volve sobre os sons da súa nenez pero actualizados con modernos e divertidos arranxos.

Da difícil escolma das melodías coas que medrou, a gaiteira quedou con catorce temas nos que se atreve con temas canta-dos e polos que desfila invitados de primeira fila como Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Harry Price ou o saxofonista Pedro Lamas. Aínda que os máis dos temas son mesturas de pezas tradicio-nais, tamén queda lugar para unha peza de Carlos Justo, outra de Julio Amado, e unha lembranza a Nazario González Moxenas, tres grandes compositores de obras con verdadeiro sabor galego. Un disco, en definitiva, no que gaitas e voz únense para debuxar paisaxes sonoras e tempos pasados debuxados con tenrura.

Estreada no Festival de Málaga cunha excelente acolli-da, ninguén parece estrañarse xa de que un camaleó-nico Carmelo Gómez, leonés de nacemento, poida dar vida a un narcotraficante galego. E é que a crítica foi unánime en destacar as ex-celentes interpretacións do dúo Carmelo Gómez-Hugo Silva, que tenta despegar-se de Lucas, a personaxe que lle deu a fama en Los hombres de Paco. Aquí Silva dá vida a un delincuente de pouca monta que foxe de Madrid tras saír do cárcere. Atopará traballo nunha pequena comercializadora de peixe en Galicia aín-da que moi pronto descubrirá que o alto nivel de vida do

seu xefe non llo dá o peixe senón a cocaína. Picaresca, trampas mortais e moito suspense son os ingredientes cos que se adereza esta produción rodada en Galicia.

Agallas, unha das escasas mostras de cine negro en España demostra estar á altura en produción, casting e boa pre-sentación, aínda que quizais diminúa un pouco en resolución do argumento. Bus-cando o reflexo de Sospechosos habi-tuais ou Nueve Reinas, quédalle un pouco

grande o traxe de representante do subxénero gansteril patrio pero estamos diante dun produto intelixente e de boa factura que paga a pena ver.

Sempre haberá alguén máis cruel, máis hábil e con máis Agallas

AgallasAndrés Luque e S. M. Mateos

Continental Producciónse Mucho Ruido

Suspense. 99 minutos

Page 22: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

22 Tecnoloxía

Iván Rodríguez Arós En moitas ocasións entende-mos o software libre como software gratuíto, o cal non é necesariamente certo, así que é un grande erro defen-der este tipo de software facendo alu-sión ao cus-to cero que supón con-tar con el. A gran vantaxe do software libre é que nos dá aos usua-rios a liberdade de copiar, distribuír, cambiar e mellorar o software, tanto nas súas versións gratuítas como nas

súas versións de pago. Deste xeito poderemos personalizar a ferramenta e adecuala ás nosas necesidades, tanto a nivel técnico como lingüísti-co. Poderemos ter ferramen-

tas específicas en galego para realizar tarefas de toda clase e nivel. Desde ofi-mática ata tra-ballo industrial.

Na súa gran maioría o soft-ware libre adoita estar dispoñible

gratuitamente, o cal permite unha rápida difusión de pro-gramas e versións. Pero non pode verse como unha subs-titución radical e repentina

Software libre: unha aposta de futuroA Xunta iniciou unha serie de estratexias para impul-

sar o software libre en Galicia. Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica tivo unha reunión cos representantes das universidades ga-

legas, co CESGA e cos axentes que colaboran coa admi-nistración nesta materia para definir os pasos a seguir. Pero antes debemos coñecer cales son as verdadeiras vantaxes que nos aporta o software libre

para o software privado. Na maioría dos casos será ne-cesaria unha compatibilida-de posto que a demandan as empresas e os usuarios. Isto lévanos a considerar a gran-de importancia que teñen os estándares. E neste campo, o software libre volve despun-tar posto que é o buque insig-nia indiscutible da loita pola implantación xeral de están-dar informáticos. Deste xeito podemos atopar estupendas aplicacións como Firefox ou Openoffice que crecen día a día cun gran re-pertorio de plugins que nos permitirán personalizalos ata o último detalle, sen saírmos dos estándares. Ata niveis tan esixentes como o deseño

atopamos potentes aplica-cións como Gimp ou Blender para retoque fotográfico e imaxe 3D respectivamente, reforzando a aspiración de poñer ao alcance do usuario

aplicacións profesionais para o esixente mundo laboral.

Agora mesmo estamos a vivir a aparición doutra apli-cación de software libre que

sen dúbida vai dar moito que falar. Android, o novo siste-

ma operativo para móbi-les, que vén plantar cara aos coñecidos Symbian e Windows Mobile. Este novo sistema opera-tivo diferénciase de estratexias como a de Apple que introduciu no mercado outro teléfo-no móbil con software pechado. Android ofré-cenos na telefonía móbil todas as vantaxes do software libre e resulta difícil (pero emocionan-te) imaxinarse ata que punto vai cambiar a te-lefonía.

A directa partici-pación da fundación Open Handset Alliance

neste proxecto garante que Android será o exem-

plo a seguir en canto a im-plantación de estándares na telefonía móbil, xusto ao contrario que os sistemas operativos que están agora no mercado.

Deste xeito, podemos ver que o software libre é unha aposta de futuro, dado que se adapta especificamente ás necesidades do usuario calquera que sexa a función ou plataforma aínda que terá que convivir cos sistemas de pago. Actualmente o 85% das empresas no mundo em-pregan algún tipo de soft-ware libre, pero demandan un contexto de convivencia co software propietario, e isto só se poderá acadar por medio da implantación des-tes estándares.

Android é o novo sistema operativo para móbiles e, sen dúbida, dará moito que falar proximamente

Actualmente o 85% das

empresas no mundo empregan

algún tipo de software libre

Page 23: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

Axenda de concertos de setembro

A actividade festivaleira e de concertos redúcese en setembro se a comparamos con xullo ou agosto pero aínda quedan moitas citas interesantes, como a Daisy Market na Coruña, a Reperkusión en Allariz, a XiriaPop de Carballo, a Vigo Skate e a Festival Rock Vigo, a Reggae Festival en Culleredo ou as festas na parroquia de Soutomaior en Taboadela. Ademais non se pode esquecer a pro-gramación das numerosas salas de concertos e pubs que apostan pola música ao vivo.

O GROVE12 de setembroTHE FORD BRONCOSEl Náutico

19 de setembroSWINGPOOLEl Náutico

26 de setembroTABERNA REVISITADA E HéC-TOR LORENZOEl Náutico3 euros

ALLARIZ18 e 19 de setembroREPERKUSIÓNEMIR KUSTURIKA & THE NO SMOKING ORCHESTRA E OUTROSAcampamento por 6 euroshttp://www.reperkusion.com

PONTECALDELAS

26 de setembroSOM DO GALPÓNPub Leblón

NIGRÁN18 de setembroNIÑO y PISTOLABar Patos

PONTEVEDRA

25 de setembroTEMPLETONSala Karma

26 de setembroARIZONA BABySala Karma

CULLEREDO

10 de setembroMALA SOMBRAForum Celticum

CARBALLO18 e 19 de setembroXiria PopLOS NEGATIVOS, COOPER, BR-yAN ESTEPA, HyDE CASINO E OUTROSMERCADO POP10 euros día/15 euros abonoSala Dublínhttp://www.popxiriapop.com/

OZA DOS RÍOS19 de setembroSRA/SR/SRA, AVEZAR, BRA-INS EXPIRED E BASTARDS ON PARADERampla de skateDe balde

PONTEAREAS26 de setembroLOS ETERNOSSalón Parroquial

A ILLA DE AROUSA12 de setembroSOM DO GALPÓNO con do Moucho

MELIDE

25 de setembroSTEREOTIPOSSala 600

SADA25 de setembroThe CruzeMoby Dick

OURENSE

19 de setembroSUBURBAN REBELS, BRIGADA DEL VIZIO, DE-RROTXE E MA-TXETAZO NA PARROTXASala Loops

24 de setembroPIMPINELACafé Teatro Xesteira

25 de setembroSEVIGNyCafé Cultural Auriense

23Lecer

BAIONA

18 de setembroSOM DO GALPÓNMarrucho

A CORUÑADo 25 ao 27 de setembroDAISy MARKETTHE WAVE PICTURES, JOE CREPúSCULO, THE RAKES, LO-FI-FNK, COBBLESTONE JAZZ, 6PM, LA BIEN QUERIDA, VACA-BOU, EXTRAPERLO, LIDIA DA-MUNT E CORA NOVOAShowroom de moda urbana e emerxente con concertosExpoCoruñahttp://www.daisymarket.es/

18 de setembroARA MALIKIANTeatro Colón

18 de setembroTHE HIGHLIGHTSLa Terminal

29 de setembroDAN BAIRD & HOMENADE SINMardi Grass

GUITIRIZ25 de setembroPOSTERGELPub Xoldra

O BARCO DEVALDEORRAS

13 de setembroLA MARAVILLOSA CABEZA PARLANTE

SANTIAGO DECOMPOSTELA

25 de setembroPIMPINELASala Capitol25 euros entrada anticipada

30 de setembroMARK AND THE SPIES E LOS CHAVALESSala Nasa12 euros adiantada, 15 en taqui-llahttp://www.salanasa.com

NARÓN18 DE SETEMBROPOSTERGELA ESMORGA

Máis informaciónhttp://www.desconcierto.com

http://www.sono-tone.net

http://www.komunikando.net

http://www.nvivo.es

19 de setembroVIGO SKATE PUNK FESTIVALSaldos Arias, Adrenalized, Mis-place e Rockin´For TangasSala Mondo

18 de setembroCAPITáN FURILOContrabajo

19 de setembroPOR PRACERContrabajo

25 de setembroSNATCHContrabajo

26 de setembroWöDENContrabajo

29 de setembroDAN BAIRD & HOMENADE SINLa Fábrica de Chocolate

VIGO

Vai de Camiño

consolídaseA IV edición do programa Vai de Camiño consolí-dase como un referente no circuíto das artes es-cénicas galegas. Cunha ampla programación que se estende nos meses de xullo, agosto e setembro, os espectáculos de dan-za, concertos, animación na rúa, monicreques e bandas de música levan xa dous meses perco-rrendo os diferentes con-cellos situados nas rutas xacobeas.

Promovido pola S.A Xestión do Plan Xacobeo da Consellería de Cultura e Turismo, esta iniciativa traballa ano a ano coa promoción de artistas galegos ao tempo que impulsa a nosa industria cultural e do espectácu-lo, consolidándose como o circuíto de espectácu-los máis extenso que se desenvolve en Galicia.

O Camiño Inglés, a Ruta do Río Ulla e Mar de Arousa, o Camiño de Fis-terra, o Camiño Francés a Vía da Prata ou o Cami-ño Primitivo seguirán a contar durante este mes de setembro con maxia, música, espectáculos de danza e contacontos.

6PM

Page 24: O novo curso trae un aumento de matrículas en infantil e ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/setembro2009.pdf · documentais de creación e 6 de difusión cultural e

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

PagCompleta_Infoxove255x345.pdf 4/9/09 11:44:09