RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS...

22
RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS LECTORAS E ALFABETIZAR EN INFORMACIÓN Rosa Piquín - 2006 "Para os nenos de hoxe, adultos do mañá, ler e escribir xa debería ser manexar a web, elaborar hipertextos, correos electrónicos, conversar a través do chat... ademais de tomar notas con papel e lapis e ler libros de tapa dura" DANIEL CASSANY 1. Introdución A institución escolar necesita afrontar os cambios necesarios para satisfacer as necesidades que demanda a nova realidade social. Formulándose a consecución de obxectivos que ata agora non se formulaba de forma xeneralizada: aprender a aprender, aprender autonomamente, aprender a vivir xuntos, aprender a traballar cooperativamente, formarse e predispoñerse para aprender ao longo de toda a vida, aprender a usar as ferramentas tecnolóxicas, aprender a usar a información e aprender a xerar coñecemento a partir da información. 1 Como docentes, temos que cuestionarnos o porqué e o para que de todo o que facemos. Que imos conseguir traballando directamente coa documentación que non puidemos lograr doutro xeito? Quizais a resposta pareza excesiva, pero esta forma de traballo ensina cidadanía. O noso alumnado aprende a desenvolverse como persoa no seu medio social. Unha persoa que ten que: Discriminar a información relevante da que non o é. Saber ler calquera tipo de información en calquera tipo de soporte. Ser capaz de entender, de interpretar, de comparar aquilo que le. 1 UNESCO. (1996) La educación encierra un tesoro: informe Comisión Internacional sobre La educación para el siglo XXI, presidida por Jacques Delors. Madrid: Santillana. http://www.unesco.org/delors/delors_s.pdf 1

Transcript of RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS...

Page 1: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

LECTORAS E ALFABETIZAR EN INFORMACIÓNRosa Piquín - 2006

"Para os nenos de hoxe, adultos do mañá, ler e escribir xa debería ser manexar a web, elaborar hipertextos, correos electrónicos, conversar a través do chat... ademais de tomar notas con papel e lapis e ler libros de tapa dura"

DANIEL CASSANY

1. Introdución

A institución escolar necesita afrontar os cambios necesarios para satisfacer as

necesidades que demanda a nova realidade social. Formulándose a consecución de

obxectivos que ata agora non se formulaba de forma xeneralizada: aprender a

aprender, aprender autonomamente, aprender a vivir xuntos, aprender a traballar

cooperativamente, formarse e predispoñerse para aprender ao longo de toda a vida,

aprender a usar as ferramentas tecnolóxicas, aprender a usar a información e

aprender a xerar coñecemento a partir da información.1

Como docentes, temos que cuestionarnos o porqué e o para que de todo o que

facemos. Que imos conseguir traballando directamente coa documentación que non

puidemos lograr doutro xeito? Quizais a resposta pareza excesiva, pero esta forma de

traballo ensina cidadanía. O noso alumnado aprende a desenvolverse como persoa

no seu medio social. Unha persoa que ten que:

• Discriminar a información relevante da que non o é.

• Saber ler calquera tipo de información en calquera tipo de soporte.

• Ser capaz de entender, de interpretar, de comparar aquilo que le.

1 UNESCO. (1996) La educación encierra un tesoro: informe Comisión Internacional sobre La educación para el siglo XXI, presidida por Jacques Delors. Madrid: Santillana.http://www.unesco.org/delors/delors_s.pdf

1

Page 2: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

• Aprender a ser honesta, a ser unha persoa que resume, que cita... pero que

non copia, que recoñece e valora o traballo dos autores e autoras dos

documentos nos que se inspira.

• Respectar os puntos de vista dos demais, confrontándoos con argumentos e

non co desprezo ou o insulto.

• Ser responsable, informándose antes de tomar partido. Pero tomándoo, cando

é necesario.

Entre os nosos obxectivos non só está que o noso alumnado desenvolva certas

habilidades procedementais e intelectuais. Iso está moi ben e contémplase en todas

as publicacións sobre a biblioteca escolar. Pero non está de máis recordar que non é o

noso obxectivo crear tecnócratas nin informáticos. A educación documental debe

estar ao servizo de metas máis nobres.

E cal é o papel do profesorado? Pois ás veces será un guía, pero outras veces será

unha fonte. Non estamos pedindo que renuncie totalmente a métodos expositivos. O

profesorado debe decidir que é o mellor en cada momento, sen medo a perder o

tempo: axudando a que o alumnado sexa máis lector, máis capaz, fará tamén posible

encontrar ocos para librarse da tiranía dos programas.

O incremento do número de fontes documentais e das destrezas requiridas para

acceder aos novos medios fai que o labor educativo resulte cada vez máis complexo.

Trátase non só de poñer a lectura ao alcance dos cidadáns, facilitándolles o

encontro coa información, senón de ensinarlles a procesala.

Se a escola pretende formar persoas capaces de inserirse eficazmente na sociedade

de hoxe, a sociedade da información debe traballar para desenvolver a alfabetización

en información, o que supón ofrecerlle ao alumnado, por un lado, a diversidade de

recursos informativos hoxe dispoñibles e, por outro, o adestramento necesario en

canto ao desenvolvemento das habilidades de información no marco de contextos

2

Page 3: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

reais que permiten integrar as aprendizaxes, propiciando a democratización da

información, a igualdade de oportunidades no acceso aos bens culturais, a educación

permanente e a autoaprendizaxe.

Debemos facilitar que os nosos estudantes poidan enfrontarse a ese bombardeo de

información, sabendo seleccionar a que é relevante, analizala criticamente e construír

unha aprendizaxe significativa. Non se trata só de saber atopar a información dunha

forma rápida e eficaz, senón de fomentar o pensamento crítico e proporcionar os

medios para aprender a aprender.

A institución escolar debe formar persoas competentes, críticas e con capacidade de

traballo autónomo e cooperativo. "O desenvolvemento da tecnoloxía na última década,

a xeneralización do seu uso e a súa aplicación á dixitalización, procesamento e

distribución da información en todo tipo de linguaxes (textual, audiovisual, sonoro,

videográfico etc.), que fai aumentar exponencialmente a información dispoñible e

accesible, están provocando unha auténtica revolución con profundos cambios na

sociedade, no modelo de organización social, nas formas de ser, pensar e actuar dos

individuos e nas súas actividades.

Se os protagonistas dos devanditos cambios son as TIC e a información, eles deben

ser a referencia cara á que orientar os cambios da institución escolar, co obxectivo de

formar persoas competentes, autónomas e críticas nestes dous grandes ámbitos,

dalgunha forma interrelacionados:

· O uso da tecnoloxía (alfabetización tecnolóxica).

· O uso da información (alfabetización en información)2.

2. A educación documental en España: antecedentes

Nos anos 90 e seguindo os pasos de Francisco Bernal, pioneiro no noso país no que

el denominou pedagoxía da información, Félix Benito Morales configurou a

2 Rodriguez,M.J e Planchuela,D. Educación, biblioteca y tic en la sociedad da información: reto y compromiso.En: http://www.anabad.org/admin/archivo/docdow.php?id=158 [23 de novembro de 2006].

3

Page 4: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

Educación documental como modelo pedagóxico para iniciar os escolares no acceso

físico e intelectual á información.

"A educación documental articúlase arredor de tres variables: pensamento,

información e valores, é dicir, aprender a pensar, aprender a informarse e aprender a

vivir: aprender a pensar, para aproveitar os recursos mentais para procesar e

transformar a información en coñecemento; aprender a informarse, para coñecer as

técnicas e utilizar as ferramentas tecnolóxicas que facilitan a localización, manexo e

comunicación da información; e aprender a vivir, para ser consciente das necesidades

e retos da sociedade da información, adquirir hábitos e actitudes que nos permitan

afrontalos e desenvolver unha cidadanía activa".3

Félix Benito elaborou o modelo HEBORI4(habilidades e estratexias para buscar,

organizar e razoar a información) para o desenvolvemento da educación documental

que se basea nas fases que require un proceso de aprendizaxe dende a psicoloxía da

instrución e que se concreta en cinco módulos de aprendizaxe.

A educación documental pode desenvolverse dende educación infantil, ver:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~sptmalaga/m45b102/media/docum/US08Act

infantil.pdf.

En primaria:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~sptmalaga/m45b102/media/docum/US09Act

primaria.pdf.

E en secundaria:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~sptmalaga/m45b102/media/docum/US10Act

secundaria.pdf.

3 Benito Morales, F. La educación documental en la biblioteca escolar.http://www.cnice.mecd.es/recursos2/bibliotecas/html/encuen/art3.htm [23 de novembro de 2006].

4 Benito Morales, F. Nuevas necesidades, nuevas habilidades. Fundamentos de la alfabetización en información http://eprints.rclis.org/archive/00004672/02/EMPEUIcap1.pdf [1 de decembro de 2006].

4

Page 5: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

Por outra banda, Cobos e Álvarez recollen os contidos das diferentes áreas, neste caso da ISO, que teñen relación coa educación documental.5

USO DA MEDIATECA

USO DA DOCUMENTACIÓN

HÁBITOS BÁSICOS DE TRABALLO INTELECTUAL

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN

TRABALLO COOPERATIVO

Coñecer o papel que desempeña

Respectar e manexar axeitadamente os documentos

Buscar palabras novas e listar terminoloxía

Recoñecer palabras clave dun parágrafo

Xogar un papel activo

Recoñecer tipos de documentos

Diferenciar partes do libro

Concentrarse Recoñecer ideas principais nun parágrafo

Non se desviar do obxectivo do grupo

Recoñecer o espazo

Localización e sinalización

Diferenciar entre libros de lectura e documentais

Escoitar Referenciar a bibliografía

Expresarse

Coñecer a clasificación e orde dos documentos

Elixir un libro que guste

Planificar o tempo e ser sistemático no traballo

Recoñecer ideas principais nun artigo

Intercambiar

Recoñecer as partes dunha ficha catalográfica en papel

Usar dicionarios da lingua

Exercitar o xuízo propio

Extraer información do título e do índice

Discutir

Utilizar catálogos de autores e títulos

Usar 2 tipos de enciclopedias

Subliñar Analizar documentos sinxelos

Organizar distintos tipos de reunión

Utilizar catálogos de materias

Usar dicionarios específicos

Tomar notas Recoñecer as distintas etapas dunha investigación

Identificar distintos tipos de participantes

Determinar servizos dunha mediateca

Usar outro tipo de obras de referencia

Resumir Definir obxectivos de busca

Desempeñar o papel que lle corresponda

Usar bibliografía escondida

Realizar esquemas

Seleccionar a bibliografía necesaria

Elaborar informes das reunións

Diferenciar tipos de bibliotecas

Usar bases de datos

Distinguir entre feitos e opinións

Saber ler superficial e selectivamente

Tomar decisións e chegar a acordos

5 Cobos, L., e Álvarez, M. (1998). La enseñanza de las habilidades documentales y la práctica educativa. Educación y Biblioteca, 92.

5

Page 6: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

Localizar documentos noutras bibliotecas

Analizar linguaxe musical, cinematográfica, plástica...

Contrastar fontes

Seleccionar información e organizala loxicamente

Expoñer oralmente

Utilizar para o almacenamento de información outros soportes

Buscar información telemática

Citar a pé de páxina

3. Que modelo de BE serve de marco para contextualizar os proxectos documentais integrados?

"A biblioteca escolar é un recurso educativo ao servizo do currículo e o proxecto

educativo do centro e concíbese na actualidade como un espazo dinámico de recursos

e servizos de información que cumpre un papel primordial no proceso de ensino e

aprendizaxe e, como tal, é un instrumento fundamentalmente de índole pedagóxica

que apoia o labor docente. Ten que actuar como centro de recursos que favoreza os proxectos interdisciplinares e o traballo en equipo do alumnado e do profesorado,

enriquecendo a actividade na aula e facilitando a participación nos programas e

proxectos do centro”6.

Existe un consenso, cada vez maior, acerca da importancia da biblioteca escolar como

un centro pluridisciplinar de actividades e servizos pedagóxicos de soporte ás

actividades de ensino-aprendizaxe, cuxo obxectivo fundamental é "avalar e realizar os

obxectivos do proxecto educativo do centro escolar e do plan de estudos", a teor das

directrices sinaladas no manifesto da UNESCO.7

Moitas bibliotecas escolares están experimentando cambios cualitativos importantes

nos últimos anos, constituíndose en verdadeiros centros de recursos para o ensino, a

aprendizaxe e a lectura, co fin de cumprir o seu importante papel no sistema educativo

como apoio ao desenvolvemento do currículo e como espazos xeradores de instancias de aprendizaxe e ofrecerlle ao profesorado, ao alumnado e á comunidade

educativa recursos variados, estratexias de busca e acceso a numerosas bases de

datos.

Trátase dun centro de recursos que pon á disposición da comunidade educativa todos

os medios dispoñibles, de moi variado tipo e soporte, necesarios para o

desenvolvemento dese proceso de ensino-aprendizaxe.

6 ORDE ECI/979/2007, do 3 de abril, pola que se convoca o concurso nacional de boas prácticas para a dinamización e innovación das bibliotecas dos centros escolares para o ano 2007. Ministerio de Educación e Ciencia. BOE núm. 90, 14/05/2007, páx. 16533.7 UNESCO. Manifesto UNESCO/IFLA sobre a biblioteca escolar. http://www.unesco.org/webworld/libraries/manifestos/school_manifesto_es.html [23 /11/2006].

6

Page 7: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

Entendendo o proceso de ensino-aprendizaxe como a construción individual e

compartida de coñecementos e saberes; coñecemento que se constrúe a través da

investigación, da busca de información, do cotexo de fontes, da apropiación da

información para a autoformación; en definitiva, supón falar da entrada nas nosas

aulas de moitas voces máis alá da do profesorado ou da do libro de texto. Pero tamén

é sentar as bases dun aprender a aprender continuo, en tanto en canto se inicia un

proceso que vai máis alá do ensino regulado: é unha actitude ante o coñecemento, a

adquisición e a construción deste a través da autonomía, o desenvolvemento crítico e

de todas as capacidades do alumnado. Todo iso lógrase grazas a un cambio na forma

de entender os papeis que neste proceso xogan o alumnado e o profesorado;

impulsando un cambio metodolóxico na forma de ensinar para potenciar no alumnado

o desenvolvemento da capacidade crítica e comprensiva, o uso de diversas fontes de

información e documentación, o tratamento da información e a realización de traballos

de investigación".8

O papel da biblioteca escolar está directamente relacionado co desenvolvemento do

currículo, con todas as actividades desenvolvidas na escola e coas necesidades do

alumnado, especialmente no relativo á información.

O concepto de información parece transcender todos os dominios da actividade

humana tanto no plano social, económico coma no tecnolóxico, educativo, cultural...,

tratándose dun instrumento indispensable para entender actualmente o mundo.

Nesta sociedade da información e comunicación na que nos toca vivir, de grande

avance tecnolóxico, sobrecarga de información, novos medios de comunicación,

cambios de conceptos educativos e das formas de aprender e ensinar, as bibliotecas

escolares asumirán un rol indispensable e central.

"Os centros educativos contan para o desenvolvemento do hábito lector e o manexo

da información cunha serie de instrumentos, entre os que o máis importante é o

desenvolvemento dos contidos das diferentes áreas e materias, marco axeitado para a

aprendizaxe da lectura eficaz e das habilidades que permitan buscar e tratar a

información, pero, ademais, contan cunha ferramenta básica que é a biblioteca escolar”.9

A innovación educativa, que se promove co desenvolvemento da biblioteca escolar

como centro de recursos para o ensino, a aprendizaxe e a lectura pasa por

importantes cambios da cultura escolar de índole organizativa e metodolóxica: a

8 Modelo de Biblioteca Escolar. La Biblioteca Escolar como recurso educativo. Varios autores. Consellería de Educación y Cultura, Asturias. 2003.9 Orde ECI/979/2007, do 3 de abril, pola que se convoca o concurso nacional de boas prácticas para a dinamización e innovación das bibliotecas dos centros escolares para o ano 2007. Ministerio de Educación e Ciencia. BOE núm. 90, 14/05/2007, páx. 16533.

7

Page 8: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

superación do libro de texto como único referente informativo, o traballo por proxectos

documentais, a coordinación departamental e interdepartamental, o establecemento

de redes entre bibliotecas escolares e coas bibliotecas públicas, os seminarios ou

grupos de traballo multidisciplinares que dinamizan e xestionan a biblioteca, cambios

actitudinais nas prácticas ao uso do profesorado...

A biblioteca escolar como centro de recursos "por si mesmo non provoca nin cambios

nin transformacións relevantes na cultura de traballo. Outra cousa son as expectativas

que se xeren (a capacidade para enchelas) e o interese (e capacitación) do

profesorado para facer da biblioteca un recurso que permita a mellora da docencia, o

avance metodolóxico e, polo tanto, o reflexo na motivación e a aprendizaxe do

alumnado”10.

Vivimos, queirámolo ou non, nunha sociedade que se caracteriza por ser a sociedade

da información e do coñecemento e é precisamente para afrontar os novos desafíos

desta sociedade, polo que necesitamos ferramentas como os proxectos documentais

integrados/ interdisciplinares.

4. Por que é necesaria a educación documental e a alfabetización en información?Ata hai moi pouco, unha persoa estaba alfabetizada se tiña desenvolvidas as

capacidades para ler e escribir. Na actualidade, estas habilidades non son suficientes.

O desenvolvemento da tecnoloxía e das comunicacións posibilita acceder á

información en todo tipo de linguaxes: textual, audiovisual, sonoro, videográfico, que

esixen novas competencias lectoras, tecnolóxicas e informativas.

Que se entende por Alfin?

Atribúeselle a Zurkowski, en 1974, o primeiro uso da expresión Alfin,

relacionándoo co dominio eficaz da información dentro dun contexto laboral,

posiblemente empresarial e, máis especificamente, coa resolución de problemas. É

moi clara e breve a definición do Colexio Británico de Bibliotecarios e Profesionais da

Información a CILIP (2004): "Alfabetización informacional é saber cando e por que

necesitas información, onde atopala e como avaliala, utilizala e comunicala de xeito

ético"11.

A Alfin abrangue o coñecemento das propias necesidades e problemas coa

información e a capacidade para identificar, localizar, avaliar, organizar e crear, utilizar

10 García Guerrero, J. A biblioteca escolar: recurso ao servizo do proxecto educativo. ACTAS do curso "Articulación de recursos no funcionamento da biblioteca escolar". XVIII Cursos de Verán UNED - MEC, Ávila. do 2 ao 6 de xullo de 2007 (en prensa).11 ¿Que entendemos por Alfin?. En: http://web.educastur.princast.es/proyectos/abareque/scripts/investigamos_alfil_que.php.

8

Page 9: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

e comunicar con eficacia a información para afrontar os problemas ou cuestións

formuladas; é un prerrequisito para a participación eficaz na sociedade da información

e forma parte do dereito humano básico á aprendizaxe ao longo de toda a vida12.

Para que unha persoa estea alfabetizada en información é necesario que saiba facer

un uso eficaz e crítico da información na resolución de problemas específicos e, para

iso, debe ser competente nas seguintes habilidades:

• Delimitar o tema: escribir unha frase, conceptos principais.

• Identificar e seleccionar os recursos de información.

• Buscar en directorios, sitios web, catálogos, bases de datos, buscadores etc.

• Seleccionar e examinar documentos (atopei o que buscaba).

• Avaliar a información.

• Obter a información: extraela e rexistrala.

• Interpretar, analizar, sintetizar a información.

• Facer achegas persoais para obter un produto informativo propio.

• Organizar e redactar o traballo, citando fontes.

• Presentar o traballo.

Como se pode comprobar, todas as definicións relativas ao concepto de Alfin falan en

termos de competencias.Segundo o documento GABE-Competencias Básicas e Novo Currículo13, trátase de

“habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar a información e transformala en

coñecemento. Inclúe aspectos diferentes, que van dende o acceso e selección da

información, ata o uso e a transmisión desta en distintos soportes, incluíndo a

utilización das tecnoloxías da información e a comunicación como un elemento

esencial para informarse e comunicarse.

Ter información non garante por si só o seu uso axeitado, nin produce de forma

automática coñecemento. Transformar información en coñecemento implica analizar,

sintetizar, relacionar, facer inferencias e deducións; en definitiva, comprendela e

integrala nos esquemas previos de coñecemento. Significa, así mesmo, ser capaz de

comunicar a información e os coñecementos adquiridos, empregando recursos

expresivos que incorporen non só diferentes linguaxes e técnicas específicas, senón

tamén as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e da comunicación".

12 Declaración de Praga. En: http://www.cult.gva.es/dglb/images/DeclaraciondePragaAlfabetizacionInformacional2003.pdf

13 Tratamento de la información y competencia digital, pp. 11-12.http://www.juntadeandalucia.es/educacion/www/portal/com/bin/europa/Contenidos/Documentos/borrador_ed_ciudadania_02/1149769624442_marco_y_descripcion_comp_basicas_6_jun_06.pdf [2 de decembro de 2006].

9

Page 10: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

A educación contemporánea ten un reto moi importante: preparar mestres e

estudantes para enfrontarse con posibilidades de éxito á cantidade abafadora de

información á que, coa chegada da internet, se pode ter acceso hoxe en día. Este reto

esixe o desenvolvemento da alfabetización en información que permita afrontar a

busca, avaliación, organización e uso da información proveniente de fontes moi

variadas, ricas en contido.

A ALlfin ten profundas implicacións para os mestres, estudantes, bibliotecas e,

especialmente, para o sistema educativo. Ponse de manifesto a necesidade de que o

alumnado teña a capacidade de definir claramente un tema ou área de investigación;

seleccionar para facilitar a busca das palabras claves que expresen o concepto ou

tema de investigación; formular unha estratexia de busca que inclúa as diferentes

fontes de información e que entenda as formas como estas se atopan organizadas.

Pero tamén debe estar capacitado para analizar os datos recompilados co fin de

valorar a súa importancia, calidade e conveniencia para, finalmente, converter a

información en coñecemento. Todo o anterior debe facilitalo o colexio ou escola e,

dentro da institución escolar, como xa se dixo anteriormente, a biblioteca escolar é o

lugar idóneo.

5. Recursos documentais da BEOs recursos documentais da biblioteca escolar son diversos e pódense dividir14:

- Pola categoría dos documentos.

- Polo tipo dos documentos.

- Pola estrutura.

5.1. Categoría dos documentosOs recursos documentais da biblioteca escolar agrúpanse en catro categorías,

segundo os soportes utilizados.

1.1 Documentos impresos:

libros, periódicos, revistas, fotografías...

1.2 Documentos dixitais:

cd-rom, páxinas web...

1.3 Documentos audiovisuais:

cd, casetes de audio, videocasetes, acetatos, diapositivas...

1.4 Documentos manipulables:

Globos terráqueos, maquetas...

14 Tradución de A pesquisa da informação EB2,3 e Secundario, documento adaptado polo Gabinete da Rede de Bibliotecas Escolares (Portugal) a partir da páxina web "A recherche d 'information à l 'école secondaire"http://pages.infinit.net/formanet/cs/leveille.html (consultada 12 de novembro de 2003).

10

Page 11: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

5.2. Tipos de documentosCalquera que sexa o soporte, a tipoloxía do documento cambia en función do modo de

organizar e comunicar a información. Uns dan unha información detallada, outros

sucinta.

2.1 Documentos xerais:

Libros documentais, biografías, periódicos...

2.2 Documentos de referencia:

Dicionarios, enciclopedias, atlas, anuarios...

5.3. Pola estrutura do documentoEn cada documento publicado, independentemente do soporte, o editor ou produtor

facilita informacións útiles que lle permiten ao lector determinar rapidamente o contido,

o xénero e a actualidade do documento.

A forma de presentar as informacións responde a regras e convencións que se

empregan no mundo da edición e produción.

Estas informacións atópanse nas portadas, na primeira páxina das web e na cuberta

dos documentos e son: o título, o/a autor/a, o/a ilustrador/a, o/a fotógrafo/a, a editorial,

o lugar e a data de edición, o copyright, o ISBN, a lingua de orixe e a tradución.

Por outra banda, nos libros documentais outras informacións permiten saber con máis

rigor o contido do documento: índice, sumario, prefacio, introdución, bibliografía...

Paga a pena coñecer como son algúns dos documentos de maior emprego nunha

biblioteca escolar. Para iso, pódese consultar:

Estudar e investigar na biblioteca escolar.

http://www.pnte.cfnavarra.es/publicaciones/pdf/estudiar.pdf.

É de libro. Programa educativo promovido por CEDRO e dirixido ao conxunto

da comunidade educativa, para fomentar a lectura, a creación textual e o

respecto aos dereitos de autor.

http://www.esdelibro.es/index.php?id_seccion=22.

5.3.1 Normas bibliográficasAs bibliografías son un conxunto de indicacións precisas e detalladas que permiten a

identificación dun documento.

As referencias describen dun modo normalizado os documentos.

As normas para describir un documento son:

– A norma UNE 50-104 (ISO 690) que establece os modelos de referencias

bibliográficas de monografías, as partes de monografías, as revistas, os artigos de

revistas, as normas e as patentes.

11

Page 12: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

– A norma ISO 690-2, para citar os recursos electrónicos. Establece os modelos das

referencias para as bases de datos, programas de ordenador, revistas electrónicas,

artigos de revistas, correos electrónicos etc.

Os datos da referencia tomaranse do documento ao que se refiren: o documento fonte.

Extraeranse principalmente da portada e doutras partes da obra en caso necesario.

Para ver algúns exemplos concretos e pormenorizados acerca de como se referencian

tanto documentos impresos (monografías, artigos, leis, publicacións en serie,

congresos, relatorios de congresos, teses, documentos audiovisuais) como

documentos electrónicos (textos electrónicos, bases de datos, programas informáticos,

artigos de publicacións seriadas electrónicas, boletíns de noticias e listas de

distribución, mensaxes electrónicas), pódese consultar:

Como citar bibliografía, en:

http://www.uc3m.es/biblioteca/GUIA/citasbibliograficas.html

[1 de decembro de 2006]

Tamén se pode consultar: Referencias bibliográficas, en:

http://bib.us.es/guias_old/referenciabib.asp

[1 de decembro de 2006].

Para documentos impresos convén ver: Elaboración de referencias bibliográficas: documentos impresos, en: http://bib.us.es/guias/pdf/a2.pdf [1 de decembro de 2006]

6. Proxectos documentais integrados15, ferramenta para desenvolver competencias

lectoras e alfabetizar en información.

Co desenvolvemento habitual do currículo das áreas por medio de proxectos

documentais, perséguese apoiar dende a biblioteca escolar os aspectos máis

intrínsecos do currículo propiamente dito. Isto é: que, como, para que, cando ensinar e

avaliar dende "unha escola que intenta transformarse a si mesma, uns profesionais da

docencia comprometidos cun currículo de novo cuño que pon o acento na formación

crítica dos cidadáns instruídos, na idea democrática da cultura como un elemento de

enorme capacidade emancipatoria individual e colectiva, que require dunha biblioteca

capaz de asumir novos e importantes papeis que van máis alá dos que habitualmente

desempeña".16

15 PIQUIN, R e REI, A. Proyectos documentales integrados en la BE/CREA, ¿Qué son? ¿Cómo hacerlos? Boletín Libro Abierto, 21.Delegación Provincial de la Consejería de Educación en Málaga. Junta de Andalucía, 2005. En liña en: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~sptmalaga/m45b102/media/docum/libroabierto21.pdf.

16 CASTAN, G. Las bibliotecas escolares (soñar, pensar, hacer) Sevilla: Díade editora, 2002. ,pp.129.

12

Page 13: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

Convén previamente delimitar de que estamos falando cando nos referimos a

Proxectos documentais integrados.Son unha forma de traballo que leva consigo un papel moi activo na aprendizaxe por

parte do alumnado. Unha actitude crítica ante a información e a necesidade de

desenvolver habilidades e competencias no tratamento e comunicación da información

transformando esta en coñecemento.

Son investigacións levadas a cabo empregando todos os recursos documentais da

biblioteca escolar, nos que non só se emprega a metodoloxía de traballo por proxectos

(Kilpatrick, Dewey)17 senón que pon o acento na alfabetización en información-Alfin,

favorecendo o acceso do alumnado a fontes documentais diversas, fomentando e

facilitando a lectura na multiplicidade de textos e formatos que caracterizan o acceso á

información actualmente e, o que é máis importante, ensinando a procesala e

comunicala.

Na actualidade, a información atópase en multiplicidade de documentos. O feito de

que o noso alumnado traballe directamente coa documentación serve para que

aprenda a desenvolverse como persoa no seu medio social e aprenda a ser cidadán

que recoñece a necesidade de informarse, que obtén a información discriminando a

que é relevante da que non o é, avaliando criticamente a información sendo capaz de

entender e interpretar aquilo que le, con habilidade para ler calquera tipo de texto sen

importar o soporte.

Ponse de manifesto a necesidade de que o alumnado teña a capacidade de definir

claramente un tema ou área de investigación; seleccionar as palabras claves que

expresen o concepto ou tema de investigación para facilitar a busca; formular unha

estratexia de busca que inclúa as diferentes fontes de información e que entenda as

formas como estas se atopan organizadas.

E todo iso dentro do marco xeral da práctica educativa de calquera área ou materia,

sen descontextualizalo do traballo cotián propio da cultura escolar, trátase dunha

forma diferente de aprender dende unha forma máis dinámica, activa e participativa na

transmisión de coñecementos.

Pero, o alumnado, tamén debe estar capacitado para analizar os datos recompilados,

co fin de valorar a súa importancia, calidade e conveniencia para finalmente converter

a información en coñecemento. Todo o anterior debe facilitalo o colexio, a escola ou o

IES e, dentro da institución escolar, a biblioteca escolar é o lugar idóneo dende a

consideración de ser escola, un recurso pedagóxico ao servizo do proxecto educativo

17 KILPATRICK ,W.H.: The project method [O método dos proxectos],Teachers college record (Nova York), vol. XIX, n.º4, setembro de 1918, pp. 319-35.

13

Page 14: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

do centro, non unha entidade dentro da institución escolar, senón un espazo da

posibilidade18.

A biblioteca escolar non pode concibirse só como un equipamento máis dos centros

escolares, ao servizo da promoción da lectura, senón tamén como núcleo activo no

proxecto educativo e no proxecto curricular dos centros, como un núcleo que presta

múltiples servizos necesarios e que, á vez, é capaz de xerar ideas e accións de

cambio na escola.

Desenvolver proxectos documentais integrados/interdisciplinares é máis doado cando

son varios os profesores que, dende un seminario ou grupo de traballo, se coordinan e

organizan para levar a cabo este tipo de iniciativas na que o alumnado xoga o papel

primordial, sempre acompañado na súa aprendizaxe polo profesorado.

Pero o feito de que a situación óptima sexa o traballo en equipo non exclúe a

posibilidade de que calquera profesor ou profesora, de calquera especialidade, área

ou departamento poida formularse e levar a cabo proxectos documentais circunscritos

unicamente á súa materia, área ou especialidade.

Cando o profesorado integrante do seminario se formula o desenvolvemento dun

proxecto documental, ten en consideración que esta ferramenta:

1. Desenvolve a comprensión lectora do alumnado, posto que á necesidade de ler

engade a motivación de facer un traballo que ten un fin e un significado para el.

2. Desenvolve a capacidade de crítica, pois ten que seleccionar os contidos que

son valiosos dos que non o son.

3. Agudiza a discriminación visual, xa que no proceso de busca hai que percorrer

o texto e increméntase a velocidade de lectura e co cal se atopan as palabras

que nos dan pistas na busca.

4. Desenvolve, á súa vez, a habilidade para estruturar os contidos que foi

atopando e que previamente seleccionou.

5. Permite atoparlle sentido á tarefa de aprendizaxe. Cando se propón un tema de

proxecto o alumnado sabe que é o que trata de facer, a que responde, cal é a

finalidade que se persegue con iso... Non é o mesmo formular a continuación

na páxina seguinte do libro, que participar nun proxecto que lle permite coñecer

os obxectivos que guían as actividades para realizar.

6. Poder partir do que o alumno sabe e potencialo, valoralo, leva a favorecer a

súa autoestima. Formularlle retos que están ao seu alcance e facerlle ver os

seus logros fomenta o seu interese e faille confiar nas súas propias

18 Castan, G. Las bibliotecas escolares (soñar, pensar, hacer). Sevilla. Díade Editora, 2003. páx 129.

14

Page 15: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

posibilidades. Ter con el unha actitude de colaboración e axuda, faille posible

ter unha imaxe máis positiva de si mesmo. Participar con outros nunha

situación de aprendizaxe faille sentir unha maior confianza nas súas

posibilidades e edúcao nunha maior autonomía e responsabilidade, ao ter que

afrontar unha tarefa que sacar adiante entre todos.

7. Como contribúen os proxectos documentais integrados á adquisición de competencias básicas:O currículo pretende responder ás novas necesidades formativas formuladas á

institución escolar polo impacto da revolución causada polas tecnoloxías da

información (case tan importante e radical como a revolución industrial que a

precedeu), o impacto da globalización e o impacto do coñecemento científico e

tecnolóxico.

Das novas formas de producir, comunicarse e organizarse da sociedade, xorden

demandas formativas ao sistema escolar máis ambiciosas que no pasado,

necesitando:

• maiores capacidades de abstracción e elaboración de coñecementos,

• maiores capacidades de experimentar e aprender a aprender,

• maiores capacidades de comunicarse e traballar colaborativamente,

• maiores capacidades de resolución de problemas,

• maiores capacidades de manexo da incerteza e adaptación ao cambio.

Trátase de poñer o acento na adquisición polo alumnado dunhas competencias ou

capacidades válidas para calquera contexto da vida real.

A través dos proxectos documentais integrados, búscase lograr a aprendizaxe de

competencias de orde superior, como son a análise, a interpretación e a síntese de

información procedente dunha diversidade de fontes; de resolución de problemas;

comunicación de ideas, de opinións e de sentimentos de xeito coherente e

fundamentado; de traballo en equipo e adaptación ao cambio.

O rango de habilidades incluídas no termo "habilidades de información" cobre un

terreo amplo dos ámbitos cognitivos do novo currículo: saber formular unha pregunta e

identificar necesidades de información, relacionar a pregunta con coñecementos

anexos, identificar palabras claves, frases e conceptos, organizar conceptos segundo

o perfil da busca, analizar a busca dende o xeral ao particular, identificar información

relevante, comprender contidos en varios tipos de medios, avaliar os recursos,

interpretar, inferir, analizar información, adquirir o hábito da lectura, a importancia de

pensar sobre o que len, organizar, compartir e aplicar información obxectivamente,

pensar crítica e creativamente.

15

Page 16: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

Destas habilidades, as máis importantes en termos da aprendizaxe do alumnado son aquelas habilidades cognitivas usadas polo alumnado ao definir o propósito e realizar a lectura: a avaliación, a síntese, a escritura e a reflexión, asociadas a un traballo de indagación determinado.As habilidades relacionadas coa busca de fontes, sexan impresas ou outras, na

biblioteca ou noutro lugar, son habilidades necesarias pero subordinadas ás mencionadas.Este é un aspecto que cada vez temos máis claro no desenvolvemento cotián dos

proxectos documentais integrados. Nós tratamos de ensinar ao noso alumnado a

localizar a información e a desenvolver destrezas de información (informational

literacy) mentres o están facendo, mentres as están a empregar no contexto real dun proxecto documental integrado, nun traballo real de investigación, para asegurar a construción activa favorecendo que o lector, o alumnado neste caso,

contribúa á construción do significado que, á súa vez, lle leve a descubrir e a aprender

claves sobre como se aprende transformando así esa información en coñecemento.

"Os proxectos documentais integrados son pequenos traballos de investigación nos

que o alumnado traballa directamente coa documentación, aprendendo a resolver

problemas e a traballar en autonomía. É un excelente instrumento para estimular

novas formas de aprender, construír, acordes coa sociedade da información. Esta

forma de traballo necesita da biblioteca escolar e fai que esta mostre o mellor de si

mesma"19.

8. Que pasos hai que dar para elaborar un proxecto documental integrado?

É preciso insistir na necesidade de vincular estas aprendizaxes a proxectos de traballo específicos. Só é posible aprender a aprender mediante experiencias

concretas de aprendizaxe. A penetración de novos soportes e novas tecnoloxías na

biblioteca escolar é imprescindible e haberá que telo en conta ao realizar actividades.

Pero o simple feito de usar as devanditas tecnoloxías non cambiará as cousas. É

misión da biblioteca escolar darlle ao alumnado un sentido de coherencia nos seus

estudos, un sentido de propósito, de significado, de interconexión naquilo que

19 PIQUIN, R e REI, A. Proyectos documentales integrados en la BE/CREA, ¿Qué son? ¿Cómo hacerlos? Boletín Libro Abierto, 21.Delegación Provincial da Consejería de Educación en Málaga. Junta de Andalucía, 2005. En líña en; http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~sptmalaga/m45b102/media/docum/libroabierto21.pdf [consulta 23 -11-2007].

16

Page 17: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

aprende. E unha das maneiras máis efectivas de conseguilo é a realización de

proxectos documentais.

Por suposto, antes de formularse o desenvolvemento dun proxecto documental

daranse unhas condicións mínimas, tanto de relación entre o alumnado coma co

profesorado; posiblemente sexan necesarios uns pasos intermedios dende unha

sistemática de traballo moi estruturada e dependente exclusivamente do libro de texto,

sendo necesarias actividades pasarela,coas que facilitar competencias de autonomía

necesarias para este tipo de traballo menos estruturado.

Hai que ser conscientes da necesidade de promover cambios importantes nas

actitudes do profesorado, en canto que pasamos a ser mediadores na aprendizaxe e

agora a tarefa céntrase no alumnado que, fundamentalmente desenvolverá o traballo

de xeito colaborativo.

Do que se trata é que, ademais de investigar sobre un tema ou problema concreto, o

alumnado e nós mesmos nos familiaricemos cos mecanismos de busca, tratamento da

información e traballo intelectual.

É precisamente nese paso da información ao coñecemento no que nos é de grande

axuda e guía seguir as directrices sinaladas por Wray-Lewis20, co seu modelo.

EXIT

Fases do proceso Preguntas Estratexias didácticas1. Activar os

coñecementos previos

Que cousas sei xa

sobre o tema?

Tormenta de ideas, mapas

conceptuais, táboas KWLF21

2. Fixar os obxectivos,

determinar a materia

Que necesito

descubrir e que farei

coa información?

Formular preguntas, táboas KWLF

3. Localizar a

información

Onde e como obterei

a información?

Estratexias informacionais de

busca, utilizar fontes diversas4. Empregar unha

estratexia axeitada

Como debo usar esta

fonte de información

para obter o que

necesito?

Coñecer as características das

diversas fontes

Análise metacognitiva, modelada

5. Interactuar co texto Que podo facer para

comprender mellor?

Marcar o texto, recompoñelo,

cambio de estilo6. Controlar a

comprensión

Que podo facer se hai

partes que non

comprendo?

Modelado, guías estratéxicas,

táboas

7. Rexistrar datos Que debo anotar Modelado, esquemas de escritura,

20 WRAY, D.; LEWIS, M. Aprender a leer y escribir textos de información .Madrid. Morata 2000.

21 Know, Want, Learn, Find (Saber, Querer, Aprender, onde Atopar).

17

Page 18: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

desta información? táboas8.Avaliar a información Debería crer esta

información?

Modelado, analizar textos con

información tendenciosa9. Reflexiono sobre o

meu traballo e axudo á

memoria

Que podo facer para

recordar o

importante?

Volver aos textos, revisar,

recompoñer

10.Comunicar a

información

Como farei para que

os demais poidan

coñecer isto?

Escribir en distintos estilos,

representacións teatrais, libriños de

non ficción, maquetas, blogues,

web

En moitos dos casos, e para empezar, convén servirse da lectura dun libro de ficción,

a recepción dunha maleta viaxeira da FGSR22, a lectura dunha noticia de actualidade

na prensa diaria...

É primordial destacar a necesidade de comunicar a información xa que comunicar o

aprendido é, en si mesmo, unha parte moi importante do proceso de aprendizaxe; o

feito de ter que explicarnos ante os demais axúdanos a que nós mesmos

comprendamos mellor a información, permítenos apropiarnos dela e facela nosa,

transformándoa así en coñecemento.

Elaboraremos o plan de redacción último, pero o produto final pode ter moi variadas

formas: un informe, un conto, unha páxina web, un museo, unha exposición, unha

maqueta, unha representación, un documento de powerpoint... Trátase de presentar

os achados da investigación en diversas formas para diversas audiencias.

Establécese o índice definitivo, cítanse as fontes, revísase a forma do documento

(gramática, ortografía...) e o fondo (axuste/pertenza respecto ao tema formulado,

epígrafes...) e procédese á revisión final que inclúe as correccións.

É interesante ver o cadro 1. O produto do traballo investigación, paxina 110 do PDF do

documento Plan de lectura, escritura e investigación de centro. Orientacións para a

súa elaboración, desenvolvemento e avaliación23 en:

http://www.educastur.es/media/publicaciones/PLEIdeCentro.pdf

[En liña, consulta 23-11-2007].

22 Programa de colaboración entre a FGSR e as bibliotecas escolares: Lecturas de Ida y Vuelta. http://www.fundaciongsr.es/salamanca/default.htm.

23 Dirección Xeral de Políticas Educativas e Ordenación Académica. Servizo de Formación do Profesorado, Innovación e Tecnoloxías Educativas. PLAN DE LECTURA, ESCRITURA E INVESTIGACIÓN DE CENTRO. Orientacións para a súa elaboración, desenvolvemento e avaliación. Consellería de Educación e Ciencia. Dirección Xeral de Políticas Educativas e Ordenación Académica. Servizo de Formación do Profesorado, Innovación e Tecnoloxías Educativas. Oviedo, 2007.

18

Page 19: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

No que se refire a cuestións organizativas que hai que ter en conta á hora de abordar

un proxecto documental integrado son as seguintes:

- Uso dos espazos e a súa organización. Traballo na biblioteca escolar, na

aula, na biblioteca pública, na aula de informática, na aula de usos

múltiples...

- Organización do tempo. Haberá que intentar levar unha planificación

mínima respecto do número de horas que se lle pode dedicar ao proxecto,

sinalando unha temporalidade que nos obriga a todos a non nos dispersar.

- Organizar minimamente os recursos e as fontes de información poñéndoas

ao alcance do alumnado, propoñendo ou contemplando as propostas de

recursos do propio alumnado...

- A organización do traballo, considerando que existen tarefas que se

realizan en gran grupo, outros en pequeno grupo e outros de forma

individual.

- Considerar tanto a autoavaliación do propio alumnado como a avaliación do

proceso e os resultados. Tratarase de avaliar todos os elementos do

proxecto:

A elección do tema.

A intervención do profesorado en todas as fases do proxecto.

A participación do alumnado, das adquisicións e dos que foron

aprendendo no proceso do proxecto...

É moi importante dedicar tempo, co alumnado, para aprender a citar

correctamente as fontes bibliográficas e para acostumarse a cumprir os

estándares en canto á presentación de traballos.

ALGÚNS DOS NOSOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOSIdade Media-Terra Media. Proxecto documental integrado para o primeiro ciclo de

ESO [en liña ].

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~sptmalaga/m45b102/media/docum/libroabier

to21.pdf pp. 11-14.

Proxectos documentais integrados: unha experiencia tecnolóxica entre bibliotecas e

escolas [en liña] http://travesia.mcu.es/documentos/rpiquin.pdf.

Que pinto eu en todo isto? Velázquez e Cía [en liña].

http://congresos.cnice.mec.es/ceiie/area3/documentacion/comunicaciones/html/3comu

nicacion05.html.

Proxecto documental: os transportes na biblioteca escolar [en liña].

19

Page 20: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

https://web.educastur.princast.es/cpr/oviedo/abareque/anteriores/abareque2/exp_proy

ectos.htm.

Proposta para celebrar o 250 aniversario de Mozart dende a BE-CREA [en liña].

http://web.educastur.princast.es/proyectos/abareque/upload/web/parrafos/00034/docs/

aniversario_mozart.pdf.

Oito semanas e media para ler, rir, investigar e aprender. Proxecto documental

integrado [en liña].

http://www.plec.es/archivos/experiencias/ocho_semanas_y_media_para_leer_cpPabloI

glesias.pdf.

CONSULTAS IMPRESCINDIBLESABAREQUE, Revista temática de bibliotecas escolares.

http://www.abareque.es.

Andreu, L. A formación de alumnos de educación secundaria en habilidades de

información. En:

http://w3.cnice.mec.es/recursos2/bibliotecas/html/encuen/art2.htm.

Benito Morales, F. A educación documental na biblioteca escolar.

http://w3.cnice.mec.es/recursos2/bibliotecas/html/encuen/art3.htm.

--------: Novas necesidades, novas habilidades. Fundamentos da alfabetización en

información [en liña].http://eprints.rclis.org/archive/00004672/02/EMPEUIcap1.pdf.

Bernhard, P. (2000). A formación no uso da información. Unha vantaxe na educación

superior. http://www.um.es/fccd/anales/ad05/ad0522.pdf.

Declaración de Toledo

http://travesia.mcu.es/S_Alfin/ficheros/Declaracion_Toledo.pdf.

Gómez Hernández, J.A. (2005). Alfin: Alfabetización informacional. Recursos e ideas

sobre cultura da información e novas alfabetizacións. http://alfin.blogspirit.com/.

Guertin, Hélène. et al. (2004) Checher pour trouver: L´espace deas

élèves.http://www.ebsi.umontreal.ca/jetrouve/.

O método de proxectos como técnica didáctica.

http://www.sistema.itesm.mx/va/dide/documentos/inf-doc/proyectos.PDF.

O papel da biblioteca escolar nunha sociedade complexa

http://bibliotecas.grupo-sm.com/recursos/contenidos/cuaderno01a.htm.

Para chegar a ser un experto en información, para alumnos de primeiro curso de

educación secundaria, desenvolvido por Glòria Durban e traducido por Ana Monte,

en:http://www.bibliotecaescolar.info/actividades/indice.

Páxina creada para os bibliotecarios escolares do mundo hispano

http://www.geocities.com/crachilecl/.

20

Page 21: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

Os proxectos de traballo: a necesidade de novas competencias para novas formas de

racionalidade.

http://www.bib.uab.es/pub/educar/0211819Xn26p39.pdf.

Recursos sobre bibliotecas escolares.

http://w3.cnice.mec.es/recursos2/bibliotecas/.

Transformación da biblioteca escolar en centro de recursos para o ensino e a

aprendizaxe.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~sptmalaga/m45b102/media/docum/0101tran

sformacionbe.pdf.

OUTRA BIBLIOGRAFÍAAssociation for Teacher-Librarianship in Canada (ATLC) (1995). Carta dos Dereitos

alumno na era da información. En Educación e Biblioteca, 91. En:

http://www.fundaciongsr.es/pdfs/bd_proyecto_general.pdf.

Calvo, M. Para saber máis facémonos detectives. Aula Libre, n.º 76. [en liña]

http://web.educastur.princast.es/proyectos/abareque/scripts/investigamos.php?leer=67.

Declaración de Praga: Cara a unha sociedade alfabetizada en información.

http://www.cult.gva.es/dglb/images/DeclaraciondePragaAlfabetizacionInformacional200

3.pdf.

Doc.E- Documentos de Educación.

http://www.eurosur.org/DOCE/.

Gómez Hernández, J. A. En: Estratexias e modelos para ensinar a usar a información.

Murcia, KR.

http://gti1.edu.um.es:8080/jgomez/hei/intranet/tema1y2.pdf.

Les 6 étapes d 'un projet de recherche. (1997). Ministerio de Educación Québec.

http://pages.infinit.net/formanet/cs/tabl2.html#taches.

HERNÁNDEZ, F. “A globalización mediante proxectos de traballo". En: Cadernos de

pedagoxía n.º 185, pp.12-14,1988.

HERNÁNDEZ E VENTURA.: A organización do currículo por proxectos de traballo.

Barcelona: Graó,1992.

MARQUÉS, P. As salas de estudio multiuso con ordenadores e conexión á internet: o

ámbito ideal para o traballo autónomo dos estudantes. En: Cambios nos centros

docentes.

En liña, en: http://dewey.uab.es/pmarques/perfiles.htm.

MEC (1996). Documento marco: a biblioteca escolar no contexto da reforma educativa.

Madrid, MEC.

http://www.cnice.mecd.es/recursos2/bibliotecas/html/01documarco.htm.

21

Page 22: RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS … · 2011. 7. 14. · RAZÓN DE SER DOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS NA VIDA COTIÁ DUN CENTRO ESCOLAR, PARA DESENVOLVER COMPETENCIAS

------------. (1997) I Encontro Nacional sobre Bibliotecas Escolares. Madrid, MEC.

http://www.cnice.mecd.es/recursos2/bibliotecas/html/encuen/02encuen.htm.

UNESCO. (1996) A educación encerra un tesouro: informe Comisión Internacional

sobre a educación para o século XXI, presidida por Jacques Delors. Madrid:

Santillana. http://www.unesco.org/delors/delors_s.pdf.

22