Campos de traballo, unha forma útil e solidaria de pasar o...

7
Muse, a gran actuación musical do Xacobe o “LIBRE”, por unha condución sen alco l Queres peregrinar connosco polo Xapon ? Campos de traballo, unha forma útil e solidaria de pasar o verá n

Transcript of Campos de traballo, unha forma útil e solidaria de pasar o...

Page 1: Campos de traballo, unha forma útil e solidaria de pasar o ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas30_xullo.pdf · sen alcol Queres peregrinar connosco ...

Muse, a gran actuación musical do Xacobeo

“LIBRE”, por unha condución sen alcol

Queres peregrinar connosco polo Xapon?

Campos de traballo, unha forma útil e

solidaria de pasar o verán

Page 2: Campos de traballo, unha forma útil e solidaria de pasar o ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas30_xullo.pdf · sen alcol Queres peregrinar connosco ...

Facer algo útil, aprender e afondar nos valores do com-pañeirismo, a colaboración e a solidariedade. Son obxec-tivos que en principio seme-llan non casar cunhas vaca-cións de verán, pero non é así. Ben poden confirmalo as deceas de xóvenes que parti-cipan nos campos de traballo e nos campamentos estivais organizados pola Dirección Xeral de Xuventude e Vo-luntariado na Campaña de Verán 2010.

Un dos campos máis sen-lleiros tivo lugar en Rois (A Coruña). Durante 15 días, unha vintena de mozos pro-cedentes de lugares como Arxentina, Corea, Francia ou Andalucía, dedicáronse a tarefas de limpado, debuxo arqueolóxico e escavación no castro de Socastro. Dirixidos por arqueólogos e profesio-nais na materia, co seu la-bor descubriron os vestixios dunha vivenda castrexa e ta-mén da muralla que rodeaba a aldea prehistórica. Incluso atoparon restos de cerámica, de recipientes utilizados po-los habitantes do conxunto castrexo.

Esta iniciativa está impul-sada pola Fundación Pro Patrimonio de Rois e conta coa colaboración do Concello e as direccións xerais de Pa-trimonio Cultural e de Xuven-tude e Voluntariado. Xa é o terceiro ano que a fundación realiza unha actividade deste tipo, e desde o goberno au-tonómico comprometéronse a seguir apoiando proxec-tos semellantes. E é que, tal como indicou o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, nestes campos de traballo obsérvase “a mellor definición da xuventude: so-lidaria, participativa e com-prometida coa recuperación do patrimonio”.

Ademais da escavación do castro, estes voluntarios contactaron de xeito directo coa cultura galega, visitan-do muíños, hórreos e outros elementos do patrimonio his-tórico, cultural e etnográfico galego. E mesmo lles apren-deron a facer filloas!, aínda que sexa fóra de tempada.

A recuperación do patrimo-nio é unha constante dos 6 campos de traballo para vo-

luntarios organizados este verán, que suman 220 pra-zas. Sendo Ano Santo, non estrana que cinco deles te-ñan unha vinculación co Ca-miño de Santiago. O de Rois

é unha boa mostra destes proxectos, que tamén tive-ron lugar en Fisterra, O Pino e Palas de Rei, onde os vo-luntarios dinamizaron a ruta peregrina coa recreación de personaxes míticas, con pa-trullas de información e con espectáculos de danza e tea-tro feitos por eles mesmos.

Campos de traballo, unha forma útil de pasar o verán

Page 3: Campos de traballo, unha forma útil e solidaria de pasar o ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas30_xullo.pdf · sen alcol Queres peregrinar connosco ...

Tamén cunha clara voca-ción internacional, pero nun entorno moi diferente e coa vista posta na natureza, ten lugar outro dos campos de traballo deste verán. Tráta-se do das Illas Cíes, no que arredor dun cento de xóve-nes, en sucesivas quendas, dedicáronse a tarefas am-bientais para o mantemento da illa, vixilancia de incendios ou labores de información e sensibilización dos visitantes do Parque Nacional Marí-timo-Terrestre das Illas Atlánticas.

De forma paralela a este campo, na cercana illa de Ons, un ano máis o campa-mento xuvenil rexistra unha ocupación plena. Neste caso, son adolescentes de entre 12 e 15 anos os que gozan duns días con propostas moi cen-tradas na natureza, unhas axitadas como sendeirismo guiado, bicicleta de montaña ou orientación, e outras máis repousadas como as da aula de natureza mariña e astro-nomía, xeiras de tempo libre e xogos diversos.

Tanto o campo de traballo como o campamento recibi-

ron a visita da delegada terri-torial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e do director xeral de Conservación da Nature-za, Ricardo García-Borregón.

A diversidade dos campos de traballo para o volunta-riado queda patente co rea-lizado en Ourense, cun eixo de carácter social no que os participantes colaboraron con diversas asociacións da cidade.

Campaña de Verán 2010

Estes campos de tra-ballo e estas actividades nas Illas Atlánticas for-man parte da Campaña de Verán 2010, orga-nizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Destina-da a xóvenes de entre 9 e 35 anos, esta iniciativa supón un investimento de máis de 3,5 millóns de euros e a creación de 1.100 empregos.

Voluntariado ambiental para previr lumes forestais As Rutas Coñece Ga-

licia 2010, organizadas para fillos de emigrantes galegos e subvenciona-das pola Xunta, tiveron unha excelente acollida. Durante o pasado mes de xullo, tres grupos de 45 mozos e mozas tive-ron estancias en distin-tas residencias xuvenís desde as que foron vi-sitando distintos puntos da xeografía galega co obxectivo de coñecer o país de orixe dos seus devanceiros.

Recuperación ambiental das illas Cíes e Ons

As consellerías de Traballo e Benestar e de Medio Rural, a través das direccións xe-rais de Xuventude e Voluntariado e a de Montes, puxeron en marcha o programa de “Voluntariado Ambiental”, que se pro-

longa ata setembro. Se estás interesado en participar, chama ao teléfono solidario 900 400 800 ou inscríbete aquí. Con este programa, recibirás unha formación am-biental sobre o terreo e tamén farás tare-

fas de vixilancia de lumes. Unhas tare-fas que servirán de complemento aos corpos profesionais forestais.

A campaña estase despregando na Vía da Prata e no Camiño Portugués, tendo en conta que é Ano Santo, pero tamén se ubica en concellos cun alto ín-dice de risco de incendio como Ouren-se, Lalín, Tui, Laza, O Rosal e Rois.

Rutas para coñecer Galicia

Page 4: Campos de traballo, unha forma útil e solidaria de pasar o ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas30_xullo.pdf · sen alcol Queres peregrinar connosco ...

“LIBRE. Libre de alcol, libre de preocupacións” é o nome da campaña pos-ta en marcha pola Direc-ción Xeral de Xuventude e Voluntariado ata o mes de outubro para fomentar a conducción segura entre a mocidade galega.

A campaña, na que cola-bora a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infra-estruturas, quere “lograr que a mocidade desenvolva un espírito crítico fronte ás súas accións ao volante”, en pala-

bras do director xeral Ovidio Rodeiro. A súa prioridade é incrementar o uso do trans-porte público e, nos casos nos que non sexa posible, promover as quendas entre amigos para potenciar a figu-ra do conductor alternativo.

A iniciativa “LIBRE” foi ar-tellada como unha combina-ción de publicidade e accións directas e indirectas que te-rán lugar nas principais cida-des e vilas galegas, coinci-dindo sobre todo coas princi-pais festas do verán galego.

Consulta as datas.

En marcha a campaña “LIBRE”, para fomentar unha condución sen alcol, segura e responsable

OBRADOIROS EN CAMPAMENTOS. “LI-BRE” tamén se esten-derá aos campamentos xuvenís, nos que técni-cos do programa “Qué-rote +” abordarán a temática da seguridade e a educación viaria. Participarán uns 1.600 mozos, de entre 15 e 17 anos, da “Campaña de Verán 2010”.

CURSO DE CONDUC-CIÓN SEGURA. Nas fins de semana de outubro e novembro, o circuíto de Forcarei acollerá cursos de conducción segu-ra, de 5 horas de du-ración. Os participantes coñecerán os factores de risco na conducción, o sistema de seguridade do automóbil e técnicas de conducción. Das 600 prazas totais, 100 vanse sortear entre os xóve-nes que den 0,0% nos controis de alcolemia da campaña.

COLABORAN AS OR-QUESTRAS. Para tratar de chegar á maior cantidade de público posible, tres das máis recoñecidas orques-tras galegas (Panorama, Olympus e Philadelphia) colaboran coa campaña “LIBRE”.

Deste xeito, durante a segunda metade das súas actuacións proxectarán nas súas pantallas a imaxe da campaña. Os cantantes remarcarán varias veces

durante a actuación a im-portancia dunha conduc-ción responsable e repar-tirán material promocional entre o público.

Ademais de cantar du-rante todo o verán unha canción orixinal cunha le-tra que fomenta as boas prácticas ao volante, Pano-rama, Olympus e Philadel-phia actuarán tamén nunha gala final da campaña que terá lugar o 31 de outubro en Cambados.

A PÉ DE RÚA. Un dos eixos desta campaña “LI-BRE. Libre de alcol, libre de preocupacións” será a presenza de monitores nas noites de agosto, setem-bro e outubro en zonas de marcha e de festas. O seu cometido será informar sobre os graves perigos do alcol ao volante e as vantaxes dos transportes públicos.

Ademais, se es menor de 35 anos, poderás realizar

probas de alcolemia, xa que se das un 0,0% de al-col entrarás nun sorteo de cen cursos de conducción segura e levarás unha ca-miseta de agasallo.

Page 5: Campos de traballo, unha forma útil e solidaria de pasar o ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas30_xullo.pdf · sen alcol Queres peregrinar connosco ...

O “Plan Xuventude 2013. Unha estratexia para a mocidade galega” esta practicamente ultimado, logo da reunión da comisión interdepar-tamental de xuventude na que se tratou de consensuar o documento final. Durante a reunión da comi-sión, na que están representadas todas as consellerías da Xunta, as Secretarías Xerais dependentes da Presidencia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, remarcou a súa meta de deseñar “unha política integral” para a mocidade.

As súas principais apostas, reco-llidas no documento, son “a parti-cipación dos mozos e mozas, a súa implicación social e a integración e

aproveitamento do espazo europeo para o intercambio de experiencias”, en palabras da titular de Traballo e Benestar, departamento que se en-carga de elaborar o plan.

O documento recolle máis de 200 medidas de carácter transversal para o impulso da xuventude. Implica por tanto a todas as áreas do goberno autonómico con competencias na materia, que tamén tiveron ocasión de facer achegas ao plan.

En conxunto, a aplicación de todas as medidas quere incidir sobre todo en crear máis oportunidades para a xuventude na educación e no em-prego, favorecendo o seu acceso á sociedade adulta de forma activa e participativa.

Ultímase o Plan Estratéxico Xuventude 2013

O I Foro Xuvenil da Galeguidade serviu para que, por primeira vez, se reunisen mozos da comunida-de galega cos da Galicia exterior que participan nos campamentos

estivais da Xunta. Representan-tes de asociacións xuvenís de toda Galicia e descendentes de galegos procedentes de Arxentina, Uru-guai, México, Cuba, Perú e Chile aproveitaron este foro para coñe-cer máis a fondo a realidade social galega.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, adiantou que seguirán organizan-do campamentos para a xuventu-de residente no exterior.

Galicia e a rexión xaponesa de Wakayama están perfilando ac-cións conxuntas para intercambio xuvenil que afonden nos lazos de unión entre estas dúas culturas. Unha das primeiras iniciativas que se prevén é a visita a Santiago de xóvenes xaponeses a finais deste Ano Santo. Non é casual que o in-tercambio se enmarque no Xaco-beo, xa que por Wakayama tamén discorre o Camiño Kumano Kodo, a única ruta xunto co Camiño de Santiago declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Logo da visita dos mozos xapo-neses, vaise estudar a posibilida-de de que os galegos vaian ata Wakayama en 2011.

Intercambio xuvenil con Xapón

Sintonía entre a xuventude galega e a da Galicia exterior

Reunión da conselleira Beatriz Mato co director de Planificación

de Wakayama, Yasufumi Kashihara

Page 6: Campos de traballo, unha forma útil e solidaria de pasar o ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas30_xullo.pdf · sen alcol Queres peregrinar connosco ...

Os novos creadores e os grupos noveis galegos van ter unha nova e proveitosa oportunidade para levar a súa música ata un público masivo. Será co escenario móbil da campaña “xuventu-démúsica”, que acaba de po-ñer en marcha a dirección xeral de Xuventude e Vo-luntariado.

O escenario, movido por un tráiler e equipado con sis- temas profesionais de son e

luz, ofrecerá os seus pri-meiros concertos o 12 de agosto en Ribeira e o 13 en Gondomar, con actua-cións de tres grupos de cada unha das zonas.

Con estes dous con-certos culminará a fase de probas desta iniciati-va, que a Xunta preten-de consolidar o ano que vén, con desprazamentos polas vilas galegas nun circuíto que se deseñará coa colaboración de con-cellos e de asociacións xuvenís.

“Xuventudémúsica” na-

ceu a partir do Encontro de Música Xoven 2010, que se celebrou o pasado mes de marzo. Nese encontro par-ticiparon máis dun cento de grupos, que coincidiron na necesidade de contar con máis opcións para difundir e promocionar a súa crea-tividade. Dese encontro ta-

mén saiu un disco compacto, editado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntaria-do, con pezas de dez bandas seleccionadas para tal fin. O cedé, do que se produci-ron 20.000 copias, está sen-do distribuído de balde nas principais festas e festivais do verán.

O tráiler de “Xuventudémúsica” percorrerá Galicia con grupos noveis Os primeiros concertos terán lugar en Ribeira e Gondomar, o 12 e 13 de agosto

Damon Albarn

A Festa dos Mundos suma 14 artistas máis

A Festa dos Mun-dos do Xacobeo 2010, un gran festival musical e artístico gratuíto que terá lugar o 7 de agos-to na praia coruñesa de Santa Cristina (Olei-ros), acaba de sumar 14 artistas ao seu cartel dentro do espectáculo Africa Express, lidera-do por Damon Albarn. Catorce novos artistas que se suman á galega Uxía, á estrela da mú-sica chinesa Sa Ding-ding; aos colombianos Choc Quib Town; aos franceses Oof Cinemix; e os cataláns DJ2D2.

Nesas 17 horas de mú-sica (comeza ás 11:30) haberá tamén outras propostas de lecer para todos os públicos: es-pectáculos de danza, maxia, teatro xestual, malabares, clown, pa-sarrúas, esculturas de area, un mercado de ar-tesanía e deseño, con-ferencias e gastro-nomía.

XUVENTUDE CREA- O certame Xuventude Crea 2010, a especia-lidade de música, conta entre os seus premios a posibilidade de que os gañadores celebren tres concertos en directo no escenario móbil de “xu-ventudémúsica”.

Ovidio Rodeiro, na presentación do “xuventudémúsica”

Jane Joyd

Page 7: Campos de traballo, unha forma útil e solidaria de pasar o ...xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas30_xullo.pdf · sen alcol Queres peregrinar connosco ...

Damon Albarn

REDACIÓN E MAQUETACIÓN:Nós Comunicació[email protected]

DIRECTOR:Ovidio Rodeiro TatoDirector xeral de Xuventude e Voluntariado

CONTACTA CON [email protected]ón Xeral de Xuventude e VoluntariadoSan Caetano s/n - 15781Santiago de CompostelaTel: 981 544 660

VIGO3 de agostoMOTORHEADAs Travesas

5 de agostoPUBLIC ENEMYParque de Castrelos

8 de agostoDAVID BISBALParque de Castrelos

13 de agostoLOS FRIKIPALDISLa Fábrica de Chocolate

14 de agostoLIZZY BORDENMondo Club

14 de agosto

MIKAParque de Castrelos

OURENSE4 de agostoJULIO DE LA ROSA+ LA FAMILIACafé Torgal

SARRIA6 de agostoMISTERIOSO VIAJE HOLANDA

14 de agostoIGLOO

BUEU5-6-7 de agostoTROULA NA BANDA- Día 5: DJ CHEMA REY- Día 6: AL JAWALA, ARI-

ZONABABY, BLACK STONES,FÁTIMA BAÑA, LASCAÑA DEL DOMINGO- Día 7: A TARANTELARABUDA, PONY BRAVO,FUEL FANDANGO, YACINE& ORIENTAL GROOVE,MOLESTIA

PONTEVEDRA5 de agostoJULIO DE LA ROSA + LA FAMILIASala Karma

14 de agostoTHE WAILERSPraza da Ferreiría

FENE5-6-7 de agostoFELIPOP- Día 5: LOS RUÍNES- Día 6: COLLECTION, CO-LATONIC, NIÑO Y PISTO-LA, LES PHILIPPES- Día 7: LOS INMEDIATOS, OS TORNADOS, THE RUBI-NOOS, COOPER

RIBADAVIA6 de agostoKAMBOTESPub Osíxeno

CERVO6-7 de agostoTAPIPORLAFestival Arroutada 2010

ORDES6 e 7 de agostoFESTIVAL BRINCADEIRACampo da festa

MONFORTE DE LEMOS10 de agostoGUSTAVO ALMEIDASala El Otro Caimán

LAXE11 de agostoLOS FRIKIPALDISA Ventana

CEDEIRA11 de agostoJOSELE SANTIAGO & PABLO NOVOASala Universal

16 de agostoSOM DO GALPOM

BARREIROS14 de agostoLOS MECÁNICOS

FERROL12 de agostoJOSELE SANTIAGO & TINO NOVOASuper 8

ALLARIZ14 de agostoNADADORACafé cultural Roi Xordo

PONTECALDELAS14 de agostoFestival LolapopTHE RIGHT ONS, STANDS-TILL, NIÑOS MUTANTES, L.A., NAPOLEÓN SOLO, NIÑO Y PISTOLA

MEIS21 de agostoFestival DOLOROCKMosteiro

EDITA:Xunta de GaliciaDirección Xeral de Xuventude e VoluntariadoConsellería de Traballo e BenestarSan Caetano, s/n - 15781Santiago de Compostela

NON OPERDAS

NON OPERDASBEBE. PONTEVEDRA.

9 DE AGOSTO. PRAZA DA FERREIRÍAMUSE E JONSI. SANTIAGO27 DE AGOSTO. MONTE DO GOZO