A xeraciónxuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas6dec.pdf · a gala final de Xuventude...

Click here to load reader

  • date post

    04-Aug-2020
  • Category

    Documents

  • view

    3
  • download

    0

Embed Size (px)

Transcript of A xeraciónxuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas6dec.pdf · a gala final de Xuventude...

  • A xeracióncon máis talento

    Paintball para que o estrés non pinte nada no teu día a día

    A Iniciativa Xove protexe o medio ambiente en Dumbría

    A Kutruparty 2010, seis días dedicados ao software libre

  • ENTREGA DOS PREMIOS XUVENTUDE CREA 2010

    “A xuventude galega non é ni ni, esta xeración crea e ten iniciativa”. Así de cla-ro o deixou o director xeral de Xuventude e Voluntaria-do, Ovidio Rodeiro, durante a gala final de Xuventude Crea 2010, celebrada nun ateigado Teatro Colón (A Coruña).

    No evento, presidido pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, en-tregáronse os premios de nove das once modalida-des do certame, xa que as de banda deseñada e de moda tiveran actos propios. A conselleira agarda que o Xuventude Crea se convir-ta nunha “plataforma de lanzamento” para as obras da xuventue, que “reflicten o potencial de Galicia para saír adiante”.

    Neste sentido, preveuse a creación do Circuíto Gale-go de Creatividade Xuvenil, que multiplicará a reper-

    cusión do talento creativo dos mozos e mozas. Esta iniciativa segue a liña dos acordos co Instituto Por-tugués de Juventude e co goberno de Castela e León para levar as creacións da xuventude galega máis alá das fronteiras de Galicia.

    O fomento da creación e do espírito emprendedor fi-gura na Estratexia Xuven-tude 2013 como un eixo fundamental. Ao fío des-te prantexamento, Beatriz Mato animou a participar en asociacións e en proxectos de voluntariado porque con eles desenvólvense “valores como o traballo en equipo e o compromiso persoal, ou habilidades prácticas como a realización de xestións ante as administracións, as empresas ou cidadáns”.

    O Xuventude Crea 2010 recibiu un total de 186, pre-sentadas por uns 300 xóve-nes de 16 a 30 anos. O cer-

    tame contou cun orzamen-to de 280.000 euros, para os premios (3.000, 1.500 e 1.000 euros en cada ca-tegoría) e para as axudas económicas que precisan os participantes das especiali-dades máis complexas.

    Quen dixo xeración ni ni? Exhibición de talento xuvenil na gala final de Xuventude Crea

    A conselleira Beatriz Mato presidiu o acto no Teatro Colón

    http://www.xuventude.nethttp://www.xuventude.nethttp://xuventude.xunta.es/xuventude-crea.htmlhttp://xuventude.xunta.es/xuventude-crea.htmlhttp://juventude.gov.pt/IPJ/Paginas/default.aspxhttp://juventude.gov.pt/IPJ/Paginas/default.aspxhttp://www.juventud.jcyl.es/http://xuventude.xunta.es/a-xunta-pon-en-marcha-a-estratexia-xuventude-2013-un-plan-coordinado-e-consensuado-dotado-con-900-millons-de-euros-e-con-mais-de-240-medidas-para-a-mocidade.htmlhttp://xuventude.xunta.es/a-xunta-pon-en-marcha-a-estratexia-xuventude-2013-un-plan-coordinado-e-consensuado-dotado-con-900-millons-de-euros-e-con-mais-de-240-medidas-para-a-mocidade.html

  • RELACIÓN DE PREMIADOS EN CADA ESPECIALIDADE ARTÍSTICA DE XUVENTUDE CREA 2010

    Os mellores de cada casaARTES PLÁSTICAS1º Miguel Cuba, por “Nova Babilo-

    nia”2º Sheila Pazos, por “Sen Título”3º Compartido por Pablo Rodrí-

    guez (“Brain Storm”) e Marta Gon-zález (“Suspensións”)

    Mencións de honra- Oliver Requeijo, por “¿Me das

    cera?- Tania Pérez, por “Al otro lado del

    espejo”- José Andrés Santiago, por

    “A.M.A.D.E.C.A.S.A. (da serie Feti-ches)”

    RELATO1º Enrique Bernárdez, por “Xetré-

    ceme”2º Lorena Rivero, por “Barlovento”3º Compartido por Tito Pérez (“O

    derradeiro lobo cerval”) e Elena Rojo (“O día que voltou a moda dos dino-saurios”)

    BANDA DESEÑADA1º José Domingo, por “Robot xi-

    gante” 2º Diego Blanco, por “O humor de

    Mr. T”3º Miguel Cuba, por “Ombre Um-

    bre”

    GRAFFITI1º Alejandro Castro, por “... Heads

    and shoulder, knees and toes. Knees and toes...”

    2º Lucas Ricoy, por “Borralla Men-tal”

    3º Compartido por Brais Rodríguez (“Graffiti e natureza”) e Cristian Dia-mante (“Ti que cres?”)

    CARTEIS1º María Pena, por “Cambiar o

    principio”2º Nuria Díaz, por “Noitiñas de ve-

    rán”3º Brais Rodríguez, por “Únete a

    banda”Mención de honra - Rocío Vila, por “Ideas xurdidas

    no camiño”

    MODA1º Leticia Blanco, por “Oxford ver-

    sus Cambrigde”2º Isabel Piñar, por “Future-loo-

    king back”3º Alberto Neves, por “Leche, prin-

    cipio del proceso de la desnaturali-zación”

    DESEÑO DE XOIAS1º Eva Soto Conde, por “A xoia do

    coleccionista”2º Rebeca Abadía, por “Entroido

    rolo”3º Damián Alonso, por “Movemen-

    tos sobre a terra”Mención de honra- Andrea Piñeiro, por “Mare mío”

    MÚSICA1º Miguel Ángel Alonso2º Projecto Trepia3º Aida Alonso Iglesias

    POESÍA1º Gonzalo Hermo, por “Crac”2º Jacobo Lamas, por “Terapia

    gestáltica”3º Compartido por Roi Vidal

    (“Pop”) e Celia Parra (“Código mor-se”)

    TEATRO1º Mequetrefes Teatro, por “In-co-

    municando”2º Non si? Teatro, por “Xogando

    Shakespeare”3º Compartido pola Asociación

    Cultural Bicodobrelo (“Matilde”) e Teatro da Falúa (“The Faluas`s Roc-ky Horror Show”)

    VIDEOCREACIÓN1º Sofía Grandí, POR “...de tripas

    corazón”2º Diego Boullosa, por “Concerto

    almorzo”3º Compartido por Cristina Ferrei-

    ro (“Así non se pace feliz”) e Pablo González (“Rew”)

    http://www.xuventude.nethttp://www.xuventude.net

  • A oitava edición da Ku-truparty presenta cifras de récord. A primeira, a da súa duración. Son seis días, en-tre o 3 e o 8 de decembro, nos que esta cita na Estra-da se convertirá no maratón informático máis longo de toda Galicia.

    Está previsto que partici-pen preto de 400 persoas, máis ou menos como o ano pasado, para as que a Aso-ciación de Usuarios de Soft-ware Libre da Estrada (AUS-LAE) preparou unha man-chea de actividades.

    Así, desenvólvense tor-neos de videoxogos, obra-doiros de ‘modding’ e elec-trónica, charlas formativas ou concursos nouturnos (de edición gráfica e edición mu-sical, por exemplo) con múl-tiples premios e regalos para todos os participantes. Hai concursos que se poden se-guir neste blog.

    Nas charlas formativas destacan as do proxecto HackConf, de nivel profesio-nal. Nelas abórdanse o tra-

    ballo dun comunity mana-ger, o desenvolvemento dun videoxogo, o proceso para converter unha Wii nun Me-diaCenter, e as aplicacións de software libre de maior actualidade.

    Pero a Kutruparty non se limita á informática, senón que incorpora propostas como un obradoiro de ori-gami, un torneo de póker, ou un ciclo de cine lixo. Todo para non estar sempre ante a pantalla do ordenador.

    Co programa desta oi-tava edición, a Kutruparty demostra por que en moi poucos anos se convertiu nun dos principais eventos informáticos que se organi-zan en Galicia, por cifras e sobre todo por orixinalidade.

    Seis días de Kutruparty! A Xuventude no Mundo chega a Bos Aires

    Once mozos e mozas galegos participan estes días en Bos Aires (Arxen-tina) no intercambio cos compoñentes da Socie-dade Parroquial de Ve-dra, dentro do programa de mobilidade “A Xuven-tude no Mundo”.

    Este intercambio ten un especial interese, dado que pon aos participantes en contacto con mocidade de raíces galegas e permí-telles así a uns e a outros coñecer mellor os seus hábitos e cultura.

    Ese é precisamente o obxectivo de “A Xuventu-

    de no Mundo”, xunto co fomento da autonomía persoal, a solidariedade e a tolerancia. Nesta segun-da edición, programou ta-mén viaxes de intercam-bio dunha semana a Ucra-nia, Rusia, Moldavia, Italia e Hungría, superando os 200 participantes entre os dezaoito e os trinta anos.

    Ademais, estes días, entre o 5 e o 11 de dec-embro, no programa des-envólvese unha visita a Galicia dun grupo de mo-zos e mozas xaponeses da rexión de Wakayama para coñecer a cultura galega.

    O encontro da Estrada convírtese no máis extenso de Galicia

    Xóvenes dos dous lados do Atlántico coñecéronse mellor no intercambio coa Sociedade de Vedra

    Na Kutruparty participan arredor de 400 persoas

    Inclúe charlas profesionais e

    actividades lúdicas á marxe da informática

    http://www.xuventude.nethttp://www.xuventude.nethttp://www.kutruparty.net/http://www.kutruparty.net/http://www.kutruparty.net/index.php?option=com_content&view=article&id=163&Itemid=55http://www.kutruparty.net/index.php?option=com_content&view=article&id=163&Itemid=55http://es.wikipedia.org/wiki/Moddinghttp://www.kutruparty.net/blog/http://es.wikipedia.org/wiki/Origamihttp://es.wikipedia.org/wiki/Origamihttp://sociedaddevedra.blogspot.com/http://sociedaddevedra.blogspot.com/http://sociedaddevedra.blogspot.com/http://www.youtube.com/watch?v=hN7jnNBb0Ug

  • Cambiar a p e r s p e c t i v a sobre o me-dio ambiente, velo como algo a protexer e a recuperar pero do que tamén se pode sa-

    car un proveito económico e social, sempre desde o res-pecto. Esta foi en síntese a filosofía que inspirou as acti-vidades da asociación xuvenil “Dumbría Xoven” dentro do proxecto co que concurriu ao programa Iniciativa Xove. O colectivo foi creado este ano pero xa pensan nas súas acti-vidades para 2011.

    Unha das propostas que desenvolveron, con trinta participantes, consistiu na de limpeza na praia e na illa prin-cipal das Illas Lobeiras, que complementaron cun perco-rrido pola illa e a realización dun inventario de especies de flora e fauna. A visita serviu-lles para tomar conciencia do estado de abandono no que se atopan as illas e para facer

    cando menos unha pequena contribución para recupera-la. O tempo non lles axudou, pero á vez puideron compro-bar como os temporais das semanas previas acumularan aínda máis lixo no areal.

    O feito de contar cun exper-to biólogo mariño para guialos como monitor no percorrido

    pola illa e no inventario de es-pecies serviu para espertar a curiosidade dos participantes e tamén para facerlles ver o interese ecolóxico e social do medio mariño, e mesmo as posibilidades de explotación racional dos seus recursos para as industrias alimenta-ria, farmacéutica ou cosméti-ca, explica “Dumbría Xoven”.

    A xuventude de Dumbría aprende a valorar o medio ambiente

    O espectáculo visual da Moa

    Proxectos da asociación “Dumbría Xoven” en Iniciativa Xove

    Participantes na subida ao Monte A Moa (Carnota)

    A micoloxía e o sendeirismo configúranse como alternativas económicas para a zona

    Ademais da xornada nas Lobeiras, “Dumbría Xoven” organizou outra no monte A Moa (Carnota), de máis de 600 metros de altitude e a carón do mar. Todo un es-pectáculo visual. O obxectivo inicial da entidade era refo-restar a zona afectada por un incendio forestal, pero diver-sas circunstancias obrigaron a adiar e variar o programa.

    Deste xeito, os organizado-res apostaron por combinar a ruta de sendeirismo de tres horas de ascenso e baixada

    do monte cunha xeira de mi-coloxía para os trinta partici-pantes.

    O cambio é de por si mos-tra das tremendas posibilida-des que ofrece o ecosistema da zona. “Reflicte á perfec-ción a compatibilidade entre o desenvolvemento e a sosti-bilidade”, indica a asociación, que suliña que actividades como o sendeirismo e a mi-coloxía poden xerar ingresos económicos coa atracción de turistas, pero só son posibles se se protexe o medio.

    http://www.xuventude.nethttp://gl.wikipedia.org/wiki/Illas_Lobeirashttp://www.galiciaautentica.org/rutas/ruta.php?ruta=66http://www.youtube.com/watch?v=na_b9GtfyL8

  • Paintball: bólas de pintura para rachar coa rutina

    O paintball é un xogo moi socorrido para celebracións de cumpreanos, festas de empresa, fins de curso...

    Din os que o practican que o paintball é unha das mellores maneiras de des-conectar dos problemas, de aguilloar as neuronas e de desentumecer os músculos. Pero sobre todo de diver-tirse. Así é que as pistas e instalacións para esta prác-tica agromaron como cogo-melos nos últimos anos por toda a xeografía galega.

    Quen máis quen menos a día de hoxe conta cun des-

    tes lugares non moi lonxe da casa para ir botar unhas partidas disparándose boli-ñas de cores. Cumpreanos, despedidas de solteiro ou de solteira, fins de curso, festas de empresa... oca-sións sobran, e senón sem-pre está o porque si.

    O primeiro que hai que ter claro á hora de xogar ao paintball é que, contra o que a miúdo se cre, é total-mente seguro. Rexístranse

    incluso menos feridas ca no golf. Iso si, hai que cum-prir sempre unhas normas elementais de seguridade, como levar as proteccións adecuadas, que as dispara-doras teñan a velocidade de saída ben regulada, ou non dispararlle a un opoñente desde moi preto. Se che-gaches tan á beira, é segu-ro que lle vas atinar e por cortesía o mellor que podes facer é darlle a opción de renderse.

    O máis frecuente é que haxa dous equipos con idén-tico número de xogadores, equipados con cadansúa lanzadora e o mesmo nú-mero de bólas. O xogador que sexa alcanzado pola bóla dun rival queda elimi-nado, sempre que lle quede unha mancha ben visible. Non valen nin impactos sen mancha nin as salpicaduras.

    E moito menos ir de listo e tratar de limparse ás aga-chadas.

    É obvio que vence o equipo que máis xogadores man-teña ‘vivos’. Pero as cousas poden complicarse tanto como se queira e non xogar só á eliminación. O impor-tante é fixar ben as normas entre todos antes de come-zar. Así, pódese competir co obxectivo de facerse cunha bandeira situada no campo

    contrario, acadar unha ban-deira no centro do campo ou mesmo marcarse un guión, a xeito de xogo de rol, que pode prolongar o entrete-mento unhas horas ou va-rios días, con escenarios naturais. Na modalidade extrema, o paintball practí-case como un xogo de su-pervivencia, cos xogadores levando as provisións canda si e sen poder durmir.

    Sen embargo, a maioría

    de partidas convencionais non duran máis alá de me-dia hora. Son as chamadas de ‘bóla rápida’, con terreos de xogo delimitados, ás ve-ces a cuberto e obstácu-los hinchables distribuídos polo campo para contribuír a que os xogadores poidan facer valer a súa axilidade, reflexos e capacidade de orientación e que os equipos poñan a proba as súas tác-ticas.

    Como se xoga

    http://www.xuventude.nethttp://www.xuventude.nethttp://www.xuventude.nethttp://www.youtube.com/watch?v=gk254S-w9RAhttp://www.youtube.com/watch?v=Kmp_UWJD8A4

  • Nas instalacións de paintball ofrecen todo o equipamento pre-ciso para xogar. Da casa só hai que levar as ansias de diversión e cartos. Tampouco tantos, xa que arredor de 15 euros por persoa dan para unha competicións con cen bólas por xogador, máis que suficiente para probar.

    Pero para os que queiran ras-carse un pouco o peto as posi-bilidades son ilimitadas. Nunha tenda especializada, un equi-po esencial, non de competición,

    pódese conseguir por uns 250 euros. A partir de aí, o que acon-selle a conta corrente.

    O equipo componse de elemen-tos de protección, con chalecos, luvas reforzadas e sobre todo a máscara. Hai que ter en con-ta que unha bóla sae disparada como máximo a 324 km/h e aín-da que se desfaga facilmente é unha velocidade que sen protec-ción causa hematomas, e danos graves en zonas delicadas como os ollos. Coa protección axeitada

    a seguridade é absoluta.

    O máis caro do equipamento son as botellas de aire compri-mido, os cargadores e as marca-doras, cunha ampla gama para escoller. Por certo, chámanse así non só para evitar o termo ‘pis-tola’, máis violento, senón tamén porque a orixe do xogo está nun-has ferramentas que utilizaban os gandeiros dos Estados Unidos para marcar as reses con pintu-ra. Sempre hai quen se entretén coas ferramentas de traballo...

    Todo o equipamento que se necesita

    - Para gañar non bas-tan os reflexos e a rapi-dez. Hai que actuar en equipo cunha estratexia ben planificada de an-temán. Por exemplo, arriscarse lanzando un dos xogadores como ka-mikaze para tratar de

    darlle ao maior número de opoñentes posible, ou ir sobre seguro acurra-lando pouco a pouco ao outro equipo.

    - Prima sempre a se-guridade. Cando non se xogue as lanzadoras de-ben ter sempre o seguro

    posto. A escasa distancia (menos de dez metros) en vez de disparar acon-séllase dar a opción de renderse. Xogo elegante sen renunciar á victoria.

    - Marcar un guión pre-vio e unhas reglas espe-cíficas entre todos e ao gusto da maioría pode facer o xogo máis diver-tido.

    Consellos para novatos

    Hai equipos desde 250 euros, pero os campos alugan todo o preciso

    Campos de xogo Competición

    http://www.xuventude.nethttp://www.youtube.com/watch?v=prKbCJ3JNVwhttp://www.estrategopaintball.com/store_online_products.asp?cat=11&subcat=65http://www.xuventude.nethttp://www.youtube.com/watch?v=Kmp_UWJD8A4http://www.zonapaintball.com/galicia.htmhttp://www.paintballgalicia.com/index.php/board,36.0.html

  • REDACIÓN E MAQUETACIÓN:Nós Comunicació[email protected]

    DIRECTOR:Ovidio Rodeiro TatoDirector xeral de Xuventude e Voluntariado

    CONTACTA CON [email protected]ón Xeral de Xuventude e VoluntariadoSan Caetano s/n - 15781Santiago de CompostelaTel: 981 544 660

    CARBALLO6 de decembroEl Mundo de WayneSala A Reserva

    PONTEAREAS8 de decembroMisquiousA Regueifa

    VIGO6 de decembroHola a todo el mundoLa Fábrica de Chocolate

    10 de decembroDelafé y las flores azulesMondo Club

    11 de decembroMr. WhizEl monstruo de un solo ojo

    El HijoLa casa de arriba

    Los PunsetesLa Iguana Club

    18 de decembroMicah P. HinsonMondo Club

    Daniel Carter-William Par-ker-Federico UghiAuditorio Concello

    Samuel Leví y Los Niños PerdidosC.C. As Camelias

    23 de decembroNadadoraLa Fábrica de Chocolate

    MELIDE8 de decembroCycleSala 600

    10 de decembroITHSala 600

    17 de decembroO Sonoro MaxínSala 600

    O PORRIÑO10 de decembroThe Turre`s BandBar Liceum

    SANTIAGO DE COMPOSTELA9 de decembro

    Delafé y las flores azulesSala Capitol

    10 de decembro Dr. SapoO Trasgo

    Triángulo de Amor BizarroSala Capitol

    11 de decembroPink TonesCapitol

    12 de decembroÁlvaro MurasClub de Ocio José Saramago

    FERROL25 de decembroHolywaterSuper 8

    A CORUÑA10 de decembroPeter Broderick + Greg Hai-nesLe Club

    11 de decembroLos VálvulasGarufa

    15 de decembroPaul Collins BeatMardi Gras

    OURENSE10 de decembroTony Lomba e Elio dos San-tosCafé Cultural Auriense

    11 de decembroPeter BroderickTorgal

    17 de decembroA Tuna RastafariDisco Club Capital

    MoonjacketsCafé Cultural Auriense

    NIGRÁN11 de decembroLos Cadáveras + Santos MorcegosClandestino

    A GUARDA11 de decembroSamuel Leví y Los Niños PerdidosZentral

    CANGAS17 de decembroJitChiapàs Rock

    PONTEVEDRA7 de decembroHola a todo el mundoSala Karma

    9 de decembroDeloreanSala Karma

    18 de decembroNueva VulcanoSala Karma

    19 de decembroLove of LesbianPazo da Cultura

    O CARBALLIÑO17 de decembroMiguel CostasIsis Pharia

    LUGO18 de decembroNiño y Pistola Sr. FluzoClavicémbalo

    EDITA:Xunta de GaliciaDirección Xeral de Xuventude e VoluntariadoConsellería de Traballo e BenestarSan Caetano, s/n - 15781Santiago de Compostela

    NON OPERDAS

    NON OPERDAS

    AMARO FERREIRO. PONTEVEDRA.10 DE DECEMBRO. SALA KARMA.

    LOVE OF LESBIAN. SANTIAGO.16 DE DECEMBRO. SALA CAPITOL

    mailto: [email protected]:[email protected]://www.xuventude.nethttp://www.elmundodewayne.com/http://www.myspace.com/misquiouspophttp://www.myspace.com/holaatodoelmundohttp://www.myspace.com/delafeylasfloresazuleshttp://www.mrwhiz.org/http://www.myspace.com/elhijohttp://www.myspace.com/lospunseteshttp://www.micahphinson.com/http://festival.sinsalaudio.org/Daniel-Carter-William-Parkerhttp://festival.sinsalaudio.org/Daniel-Carter-William-Parkerhttp://www.myspace.com/samuelevihttp://www.myspace.com/samuelevihttp://www.nadadora.com/http://www.myspace.com/cyclemadhttp://www.myspace.com/ithrockhttp://www.myspace.com/osonoromaxinhttp://www.myspace.com/theturresbandhttp://www.myspace.com/delafeylasfloresazuleshttp://www.drsapo.com/http://www.myspace.com/trianguloamorbizarrohttp://www.pinktones.net/http://www.alvaromuras.com/http://www.myspace.com/holywaterwebhttp://www.myspace.com/peterbroderickhttp://www.myspace.com/greghainesmusichttp://www.myspace.com/greghainesmusichttp://www.myspace.com/losvalvulashttp://www.paulcollinsbeat.com/http://www.myspace.com/sudamariconeshttp://www.myspace.com/sudamariconeshttp://www.myspace.com/peterbroderickhttp://www.myspace.com/atunarastafarihttp://www.myspace.com/mjacketshttp://www.myspace.com/loscadaverashttp://www.myspace.com/santosmorcegoshttp://www.myspace.com/santosmorcegoshttp://www.myspace.com/samuelevihttp://www.myspace.com/samuelevihttp://www.myspace.com/jitrockbandhttp://www.myspace.com/holaatodoelmundohttp://www.youtube.com/watch?v=43gmbza86AAhttp://www.nuevavulcano.com/http://www.myspace.com/loveoflesbianhttp://www.miguelcostas.com/http://www.myspace.com/ypistolahttp://www.myspace.com/srfluzohttp://www.xunta.es/portadahttp://www.xuventude.nethttp://traballoebenestar.xunta.es/http://www.rtve.es/mediateca/audios/20090108/entrevistas-acusticas-amaro-ferreiro-hoy-empieza-todo/377421.shtmlhttp://www.amaroferreiro.com/http://www.rtve.es/mediateca/videos/20100710/vigo-transforma-2010-love-of-lesbian/825671.shtmlhttp://www.myspace.com/loveoflesbian