INFOXOVE ART 13.4 ABORTO · 2015. 2. 19. · MULLERES MOZAS AO ABORTO CLANDESTINO POÑENDO EN RISCO...

2
Entre as moitas mentiras coas que o Goberno de Rajoy quere xustificar a proposta de modificación “simple” da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo de 2010 hai unha que destaca sobre as demais: O ABORTO EN MOZAS DE 16 E 17 ANOS Algunhas MENTIRAS do Partido Popular: “A Lei actual permite ás mulleres de 16 e 17 anos abortar sen informar aos seus pais”: O PP manipula de xeito interesado a Lei dicindo que permite ás menores abortar sen o consentimento de seus pais. Esta idea falsea intencionadamente a realidade e, de eliminar esa parte do articulado, o que conseguiríamos é desprotexer a mulleres en situación de risco. Ademais, o 90% das mulleres mozas que toman esta decisión, fano co coñecemento dos seus proxenitores. “Intentan retirar a Lei por falla de consenso”: A falla de consenso prodúxose no seo do PP, e a decisión final da retirada foi motivada exclusivamente por unha decisión electoral. O noso obxectivo é que non se instale no imaxinario coletivo a idea deste relato “buenista”. “Defenden o dereito ‘á vida’”: Tan só intentan satisfacer a moral podrida da xerarquía católica a costa dos dereitos das mulleres. Art. 13.4 No caso das mulleres de 16 e 17 anos, o consentimento [...] correspóndelles exclusivamente a elas [...] Ao menos un dos representantes legais, pai ou nai, personas con patria potestade ou titores [...] deberá ser informado da decisión da muller. Prescindirase desta información cando a menor alegue fundamentadamente que esto lle prvocará un conflito grave, manifestado no perigo certo de violencia intrafamiliar, ameazas, coaccións, malos tratos ou se produza unha situación de desarraigo ou desamparo. Artigo 13.4 da Lei IVE infoxove sobre… O Partido Popular e o mito do aborto

Transcript of INFOXOVE ART 13.4 ABORTO · 2015. 2. 19. · MULLERES MOZAS AO ABORTO CLANDESTINO POÑENDO EN RISCO...

Page 1: INFOXOVE ART 13.4 ABORTO · 2015. 2. 19. · MULLERES MOZAS AO ABORTO CLANDESTINO POÑENDO EN RISCO A SÚA SAÚDE E A SÚA VIDA. DEFENDE A LEI DE PRAZOS ÍNTEGRAMENTE Realidade sobre

 

Entre as moitas mentiras coas que o Goberno de Rajoy quere xustificar a proposta de modificación “simple” da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo de 2010 hai unha que destaca sobre as demais: O ABORTO EN MOZAS DE 16 E 17 ANOS

 

Algunhas MENTIRAS do Partido Popular:

• “A Lei actual permite ás mulleres de 16 e 17 anos abortar sen informar aos seus pais”: O PP manipula de xeito interesado a Lei dicindo que permite ás menores abortar sen o consentimento de seus pais. Esta idea falsea intencionadamente a realidade e, de eliminar esa parte do articulado, o que conseguiríamos é desprotexer a mulleres en situación de risco. Ademais, o 90% das mulleres mozas que toman esta decisión, fano co coñecemento dos seus proxenitores.

• “Intentan retirar a Lei por falla de consenso”: A falla de consenso prodúxose no seo do PP, e a decisión final da retirada foi motivada exclusivamente por unha decisión electoral. O noso obxectivo é que non se instale no imaxinario coletivo a idea deste relato “buenista”.

• “Defenden o dereito ‘á vida’”: Tan só intentan satisfacer a moral podrida da xerarquía católica a costa dos dereitos das mulleres.

Art. 13.4 No caso das mulleres de 16 e 17 anos, o consentimento [...] correspóndelles exclusivamente a elas [...] Ao menos un dos representantes legais, pai ou nai, personas con patria potestade ou titores [...] deberá ser informado da decisión da muller. Prescindirase desta información cando a menor alegue fundamentadamente que esto lle prvocará un conflito grave, manifestado no perigo certo de violencia intrafamiliar, ameazas, coaccións, malos tratos ou se produza unha situación de desarraigo ou desamparo.

Artigo 13.4 da Lei IVE

 

infoxove sobre…

O Partido Popular e o mito do aborto

Page 2: INFOXOVE ART 13.4 ABORTO · 2015. 2. 19. · MULLERES MOZAS AO ABORTO CLANDESTINO POÑENDO EN RISCO A SÚA SAÚDE E A SÚA VIDA. DEFENDE A LEI DE PRAZOS ÍNTEGRAMENTE Realidade sobre

   

14  de  Febreiro  #DíaEuropeoDaSaúdeSexual  

Consenso: Foi unha Lei cun inmenso consenso, ao contrario que a reforma presentada polo PP. Foi consensuada con profesionais xurídicos, sanitarios e coletivos feministas. Tivo un apoio maioritario na cámara parlamentaria (agás PP, UPyD e PNV), e o obxectivo que consegue é dar a cobertura sanitaria e xurídica ás mulleres, necesaria nestas situacións.

O que propón a Lei: Quere protexer a aquelas mulleres que, non recoñecéndose legalmente como adultas, puideran sufrir, por razóns de diversa índole, represalias na súa familia, ben por quedar embarazada ou por pretender realizar unha práctica legal como é o aborto.

Principal éxito da norma: A Lei de prazos recoñece que o consentimento para a interrupción voluntaria do embarazo é da muller.

Educación sexual como prevención: A Lei establece medidas públicas de prevención e educación sexual, tanto no ámbito educativo como na formación dos profesionais da saúde, así como a garantía no acceso a métodos anticonceptivos.

UNHA VEZ MÁIS MARIANO RAJOY É RESPONSABLE DE CONDEAR ÁS MULLERES MOZAS AO ABORTO CLANDESTINO POÑENDO EN RISCO A

SÚA SAÚDE E A SÚA VIDA.

DEFENDE A LEI DE PRAZOS ÍNTEGRAMENTE

Realidade sobre a Lei IVE