O kitesurf Concerto final da esténdese pola curtas con...

9
Unha feira repleta de altruísmo Concerto final da campaña LIBRE o 31 de outubro en Cambados Certame de curtas con teléfonos móbiles O kitesurf esténdese pola Mariña grazas a Iniciativa Xove

Transcript of O kitesurf Concerto final da esténdese pola curtas con...

Unha feira repleta de altruísmo

Concerto final da campaña LIBRE o 31 de outubroen Cambados

Certame de curtas con teléfonos móbiles

O kitesurf esténdese pola Mariña grazas a Iniciativa Xove

Un encontro para dar a coñecer a toda a cidadanía boa parte das máis signifi-cativas iniciativas de volun-tariado que se desenvolven na actualidade en Galicia. Así se concebiu a Feira Galega de Voluntariado, que se es-treou este ano, entre o 21 e o 24 de outubro en Santiago. Unha primeira edición que arrinca con cifras máis que elocuentes: máis dun millei-ro de persoas participando e a representación de medio cento de entidades.

A feira captou a atención do público desde unha zona ex-positiva con postos nos que cada unha das entidades ex-puxo todos os seus proxectos ao longo de catro xornadas. Ao mesmo tempo, contou

con outro espazo dedicado a múltiples actividades de lecer abertas a todo o público, con actuacións musicais, danza, ou obradoiros de eidos tan variados como a reciclaxe, globoflexia, botóns, papiro-flexia, maquillaxe, esponxas ou títeres.

Na inauguración da feira participaron a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro. Mato desta-cou como principal finalidade da feira é “difundir a impres-cindible labor que desenvol-ven as entidades de acción voluntaria e agradecer o tra-ballo xeneroso e altruísta dos voluntarios”. Ademais, adian-tou que o vindeiro 2011 Ga-

licia será a sede do Congreso Estatal do Voluntariado.

A Feira Galega de Volun-tariado incluiu un programa paralelo de conferencias na

sede da Escola Galega de Ad-ministración Pública (EGAP). Aproveitando a celebración deste evento, uns 800 estu-dantes de bacharelato e For-mación Profesional.

A Consellería de Tra-ballo e Benestar prevé que o proxecto de Lei de Acción Voluntaria entre no Parlamento en 2011. Nestes intres xa se resolveron as alega-cións ao anteproxecto, tras remitirllo o pasa-do verán ás asociacións de acción voluntaria, e vanse solicitar os infor-mes pertinentes para posteriormente aproba-lo no Consello da Xunta.

A nova lei deseñouse para “facer unha nor-mativa máis eficiente e efectiva e adaptala ás novas liñas do volun-tariado da Unión Eu-ropea”, explica Beatriz Mato. De feito, o ante-proxecto recolle as pro-postas de fomentar as novas tecnoloxías como novo sector da acción voluntaria, promover o voluntariado corporativo e ampliar o rexistro de accción dos voluntarios. Ademais, tamén se está a preparar o Plan Gale-go de Voluntariado, con vixencia entre os anos 2011 e o 2015.

A lei e o plan, de camiño

Participaron máis dun milleiro de persoas e medio cento de entidades

Exitosa estrea da Feira Galega de Voluntariado

A Fundación Juan Soñador ten como un dos seus principais cometidos a inclusión so-cial de menores e adultos en risco de exclusión social. Os seus representantes definen a enti-dade como “a cara máis social dos salesianos” e destacan que case todos os seus proxectos “se fundamentan no voluntariado”, así que a totalidade dos voluntarios son xóvenes. Dispo-ñen de persoal contratado que, en boa medi-da, antes exerceu de xeito voluntario.

Un dos colectivos aos que máis atende é o de estranxeiros, a través do programa Teranga. Xestionan unha casa de acollida en Ourense e ofrecen atención xurídica e orientación, for-mación e información laboral. Con 20 educa-dores e 26 voluntarios, levan atendido preto de 1.600 inmigrantes. De cara aos menores en risco de exclusión social, a fundación desen-volve os programas Espabila, como alternati-va lúdica e educativa, e Na Rúa, con accións socioeducativas e preventivas na Coruña e en Vigo. Estas iniciativas benefician a 250 persoas e contan con 8 educadores e 30 voluntarios.

Fundación Juan Soñador

A Fundación Secretariado Gitano céntra-se na promoción integral da comunidade xita-na dende o respecto á súa identidade cultural. Presentes en Galicia desde 2001, fan activida-des de formación básica, capacitación laboral e dinámicas de lecer nas que traballan en ámbi-tos como a saúde, a prevención de drogas ou a cultura xitana.

Califican como “moi positiva” a súa expe-riencia co voluntariado: “é xente que se im-plica moito e adoitan repetir ano tras ano no mesmo programa ou noutros”. Os voluntarios chéganlles a través de acordos coas oficinas de cooperación e voluntariado das universida-des ou mediante webs como hacesfalta, vo-luntariadogalego ou socialia. Case sempre é xente xoven e botan en falta que no propio voluntariado “se empezase a animar máis a co-munidade xitana, porque tamén serviría para crear modelos a seguir”. Pretenden motivar aos mozos deste colectivo e “facerlles ver que valen e que poden, que poden ir máis alá do merca-diño, ter un nivel de estudos como calquera e formarse e traballar”.

Fundación Secretariado Gitano

Cuns 300 socios en Galicia, esta entidade é unha das opcións máis interesantes para os voluntarios aos que lles guste traballar con ra-paces. O seu método educativo, que vai desde os 8 ata os 20 anos, permite ademais “unha variedade moi ampla de actividades porque temos diferentes grupos de idade adaptados aos intereses e inquedanzas dos rapaces”.

O representante da Scouts de Galicia na Feira Galega de Voluntariado considera que o nivel de implicación da xuventude no volunta-riado é bo, aínda que tamén apreza “un pouco de apatía” en parte da mocidade. Ve a feira como unha posibilidade para atallar este feito, dándose a coñecer e animando a participar. De todos os xeitos, matiza que o que dá mellor resultado son as accións no ámbito local, no entorno directo dos posibles voluntarios.

Scouts de Galicia inicia estes días as súas ac-tividades deste curso que inclúen acampadas, xogos, obradoiros... para “construír un mundo mellor”, como di o seu lema.

Scouts de Galicia

A segunda edición do pro-grama de intercambios xu-venís A Xuventude no Mundo ten como primeiro destino a península de Crimea. Once mozos e mozas galegas par-tiron para alí o 21 de outu-bro. Durante unha semana farán actividades en conxun-to coa asociación Krymskaya Liga KVN.

O programa da viaxe a Ucraína desenvólvese na ci-dade de Sinferopol, na que os participantes coñecerán especialmente a sinagoga, a mesquita e a catedral. Ade-mais de expoñerlle o proxec-to de intercambio ás asocia-cións xuvenís locais e aos

responsables de xuventude do goberno autónomo de Cri-mea, debatirán sobre as se-mellanzas e diferenzas dos riscos aos que se enfronta a poboación xuvenil en Crimea e en Galicia, asistirán a unha conferencia sobre as políticas xuvenís en Crimea e visitarán o Museo Etnográfico, a Base da Armada Rusa en Sebasto-pol, aos pazos de Yalta (onde se asinaron os acordos de paz da II Guerra Mundial) e a un centro xuvenil.

Logo de Ucraína, Xuventude no Mundo II, organizado pola dirección xeral de Xuventu-de e Voluntariado, ten plani-ficados novos intercambios

ata finais de ano, con Rusia, Moldavia, Italia e Hungría. A maiores, a colectividade ga-lega en Arxentina sumouse ao programa para organizar tamén un intercambio en Bos Aires. E ademais un grupo de xóvenes xaponeses da rexión de Wakayama achegarase ata Galicia, nun intercambio en Bergondo.

Os destinos dos novos in-tercambios son Bos Aires (Arxentina), San Petersbur-go (Rusia), Chisinau (Mol-davia), Hölloko e Budapest (Hungría) e Cerdeña (Italia). O programa está aberto á participación de mozos e mo-zas de entre 18 e 30 anos.

En conxunto, oferta 78 pra-zas, que poden solicitar to-dos aqueles que cumpran as condicións establecidas na convocatoria. En expedi-cións dunha semana, teñen ocasión de coñecer o país

elexido, adentrándose na súa cultura, nos seus costumes e nos seus modos de vida, o que lles servirá para o seu desenvolvemento persoal, evitar prexuízos e potenciar a solidariedade e a tolerancia.

Ucraína, primeiro destino do programa A Xuventude no Mundo II

Cerdeña (Italia) Bos Aires (Arxentina)

Hölloko e Budapest (Hungría)

San Petersburgo (Rusia)

Do 2 ao 9 de novembro (prazo de inscrición xa pechado)

Do 25 de novembro ao 2 de decembro (inscricións ata o 2 de novembro)Do 2 ao 9 de decembro (inscricións ata o 4 de novembro)

Do 9 ao 16 de decembro (inscricións ata o 2 de novembro)

LUGAR DATA

A Xuventude no Mundo IIOnce mozos galegos visitarán nestes días a localidade ucraína de Yalta

Grandes películas nas pantallas máis pequenas

Non hai moitos días, un dos principais xornais do país le-vaba na súa portada, como foto principal, unha imaxe que por si soa, sen necesida-

de de engadirlle ningún tex-to, xa ilustraba á perfección

un grave conflicto social e económico.

Máis alá do moito que ten dado que falar a foto (o con-

flicto tamén), no que case ninguén reparou é que a ins-

tantánea non foi tomada por un profesional da fotografía cunha cámara de última xe-ración desas que custan un ollo da cara. Non. Tirouna co seu móbil un cidadán que pa-saba por alí e que, consciente do valor informativo que tiña, decidiu enviarlla ao diario.

Esta anécdota evidencia que os avances tecnolóxicos actuais permiten desenvolver a nosa creatividade ata onde queiramos, sen precisar nin os grandes investimentos nin as infraestruturas maston-dónticas propias do cine e da videocreación tradicional. Ata o punto de que no peto de cada un de nós cabe todo un equipo de rodaxe co que po-demos crear e difundir a nosa historia, e recibir as doutros.

Como sempre, o primordial é que haxa unha boa idea de partida. Se a tes, estás máis preto do que pensas de sa-carlle partido e incluso de dar o salto ao ámbito profesio-nal. A posibilidade ofrécecha o “Movil Film Fest”, o fes-tival de curtametraxes crea-das con móbiles e para móbi-les que este ano chega á sua cuarta edición.

Tes ata o 5 de novembro para inscribirte e enviar todas as curtas que queiras. Ade-mais de aterse ao que indican as bases, o consello é que as pezas duren arredor de 60 segundos. En menos tempo é difícil contar unha historia completa e se te estendes demasiado podes aburrir ao espectador porque, lembra, a pantalla non ten o tamaño da

do cine nin está equipada cun sistema de son que se lle pa-reza tan sequera un chisco.

Haberá un premio á mellor curtametraxe, consistente na produción dun próximo tra-ballo que sexa viable, pero tamén podes ser distinguido cos galardóns á mellor idea orixinal e aos mellores actriz e actor.

Este ano créase tamén un premio ao mellor diario de ficción. Trátase de que ar-galles unha vida ficticia (hai quen o fai a diario con bas-tante solvencia), que a gra-bes co móbil, e que partici-pes co resultado á espera do dictame do xurado. A gala de entrega dos premios será o 24 de novembro.

En paralelo ao IV Movil Film Fest, tamén está convocado un Mobile Cells Lab no Ca-mon Madrid a fin de semana do 13 e 14 de novembro. Nesas 48 horas, enfrontaranse a contrarreloxo programadores de aplica-cións para móbiles. Terán que crear unha

aplicación multimedia coas características específicas que lles indique a organización no mesmo intre do inicio da proba, que pretende abrir o camiño para experimen-tar con aplicacións senlleiras para móbiles, más adaptadas á súa linguaxe.

Batalla de aplicacións para móbiles

A sección escolar do certame do Festival In-ternacional de Cine de Ourense (OUFF), creada para fomentar a creativi-dade audiovisual e o uso da lingua galega entre os máis xóvenes, tivo como gañador o traballo “Xe-melgos”, do IES Europa de Ponferrada. “Mar”, do instituto de Porto do Son, acadou o segundo premio, e “Dairas”, do IES Manuel García Ba-rros (A Estrada) obtivo o terceiro.

Como mellor guión, o xurado do certame dis-tinguiu a “Smóking pe-sadelo”, do CPI Cabo da Area (Laxe). Houbo

mencións especiais para o filme “Curros 1936”, do IES de Barro (Ponte-vedra), e para “Sen saí-da”, do instituto Lauro Olmo (O Barco de Val-deorras).

Na categoría de educa-ción infantil e primaria, o primeiro premio recaeu no colexio A Igrexa-Calo (Teo) por “Un ca-miño inesquecible”, o segundo no Mestre Val-verde Mayo (Mos) por “Quen é ese neno”, e o terceiro en “A maldición do Samaín”, do colexio A Carballeira-Lourizán (Pontevedra). En canto ao premio Blanco Amor ao mellor guión, obtívoo

“Un propósito constan-te”, do CEIP Carballedo (Cotobade).

A esta edición 2010 do OUFF Escola concorreron un total de 61 proxectos, fronte aos 34 participan-tes do ano pasado. Na

entrega dos premios, o secretario xeral de Polí-tica Lingüística da Xunta, Anxo Lorenzo, recalcou a importancia de seguir consolidando o sector audiovisual como sopor-te para impulsar o uso do idioma galego.

Os programas de mobilidade interna-cional do Sistema Universitario Ga-lego, que comprende as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, van facilitar a participación de 274 estudantes galegos en intercam-bios con países de fóra da UE.

A iniciativa conta co respaldo da Consellería de Educación e Ordena-ción Universitaria, que comprometeu 328.800 euros mediante os convenios asinados polo conselleiro Jesús Váz-quez e os reitores das 3 universidades: Juan Casares (USC), José María Barja (UDC) e Salustiano Mato (UVigo).

O apoio financieiro achegado pola administración autonómica contribuirá a soster o desprazamento e a estan-cia dos universitarios nas accións de mobilidade que promovan as tres insti-tucións académicas en países extraco-munitarios.

Con estes programas, os estudantes teñen ocasión de participar en activi-dades formativas en universidades es-tranxeiras e aproveitan para integrarse nunha comunidade internacional e en experiencias de convivencia multicul-tural que lles serán útiles para facer máis atractivo o seu currículo de cara á súa futura vida profesional.

Premios do certame OUFF Escola Universitarios galegos polo mundo

O albergue xuvenil de Gandarío acolleu ás cla-ses dos centros de ensino Santa María do Mar da Coruña, Nosa Señora do Carme de Betanzos e Maruxa Mallo de Ordes na semana de vacacións que gañaron como os tres primeiros clasificados galegos na competición Euroscola, que fomenta os valores da Unión Europea entre os estudantes de secundaria de países europeos.

Ademais da semana nas instalacións do albergue, os integrantes do equipo clasificado en primeiro lu-

gar recibiron lotes de libros sobre a Unión Europea, cadanseu lapis de memoria dixital, unha bandeira europea e un diploma. Os obsequios fóronlles en-tregados polo director xeral de Xuventude e Volun-tariado, Ovidio Rodeiro.

O Euroscola 2010 tratou sobre a loita contra a pobreza e a exclusión social, dado que é o ano europeo dedicado a este fin e así intentouse con-cienciar ao alumnado sobre a necesidade de atallar este problema coñecendo as súas causas.

Vacacións para os mellores galegos do Euroscola

A campaña LIBRE, posta en mar-cha este verán pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para promover a figura do condutor alter-nativo nas saídas de ocio nouturno, celebrará o domingo 31 de outubro un concerto de remate de tempada. Será en Cambados, e nela actuarán as orquestras Panorama, Olympus e Philadelphia.

Estas tres agrupacións musicais, as principais que actúan cada verán nas festas por Galicia, participaron activamente na campaña. Nas súas pantallas proxectaron a imaxe de LI-BRE no segundo pase das súas ga-las (de 3 a 6 da mañá). E durante as actuacións, os seus cantantes tamén remarcaron con frecuencia a impor-tancia de conducir de xeito respon-sable e de non xuntar o alcol co vo-lante.

Do mesmo xeito, as orquestras ta-mén distribuíron material promocio-nal oficial da campaña entre o pú-blico e cantaron unha canción cunha letra que fomenta entre a xuventude as boas prácticas de condución.

Chega a festa máis LIBRE, o 31 de outubro en Cambados Concerto final da campaña para fomentar a figura do condutor alternativo

30 accións en toda Gali-cia.- Durante o verán, a cam-paña LIBRE acometeu múltiples accións en contacto directo coa mocidade. Chegaron ás princi-pais cidades e vilas galegas en noites de ocio. Nunha carpa, ubicada nos lugares estratéxi-cos de cada zona, ofreceuse in-formación e fixéronse controis voluntarios de alcolemia ao final da festa. Entre todos os que tiveran como resultado o 0,0%, sorteáronse prazas nos cursos de condución segura. E nos aparcadoiros tamén se deixou notar a campaña, coa colocación de cartóns amarelos coa inscrición LIBRE enriba de cada coche, simulando a esté-tica dos taxis de New York.

Reforzo da educación via-ria.- No eido educativo, a cam-paña LIBRE 2010 ofreceu obra-doiros de seguridade viaria nos campamentos xuvenís de ve-rán para 1.600 adolescentes de entre quince e dezasete anos. Ademais, desde mediados de outubro están en marcha os cursos de condución segura no circuíto de Forcarei. En conxun-to, ofertáronse 512 prazas du-rante oito fins de semana, é di-cir, ata o 4 e 5 de decembro.

Actuarán as orquestras Panorama, Olympus e Philadelphia

É un deporte “espectacular e apaixoante”, tal como o califi-can os que o coñecen. Consiste en deslizarse pola auga cunha táboa coa axuda dunha come-ta. Por tanto, cómpre mar e vento para practicalo. Pero ta-mén coñecer as técnicas e ter un equipo. Estes dous aspectos son os que fan que ata agora o kitesurf non se estendera moi-to, porque un curso custa so-bre 400 euros e o conxunto de elementos do equipo arredor de 1.400.

En cambio, na Mariña de Lugo nos últimos tempos o ki-tesurf gaña adeptos grazas ao proxecto acometido polo grupo informal “O Toxo de Kitesurf” de Ribadeo, constitutido ao abeiro do programa Iniciativa Xove da dirección xeral de Xu-ventude e Voluntariado e coa base do colectivo Augassan-tas Kitesurf da localidade.

O apoio autonómico permi-tiulles alugar o material pre-ciso e organizar os cursos nos que participaron 122 xóvenes de toda a bisbarra ou que pa-saban alí as vacacións estivais. Óscar García, un dos integran-

tes do grupo, sinala que supe-raron as súas previsións máis optimistas, que situaran en 80 participantes. De feito, trasla-daron xa ao ano que vén parte da elevada demanda. Por non deixar sen atender a ningún dos interesados e por seguir fomentando a práctica deste deporte, o ano que vén pensan repetir a actividade.

O interese que xerou non é para menos, porque aos parti-cipantes a experiencia saiulles de balde. “O Toxo de Kitesurf”, que toma o seu nome dun per-cance dun dos seus integran-tes cun toxo que rematou coa súa cometa convertida en coa-doiro, recoñece que “se non fose polo apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa o noso proxecto sería inviable” pero así puideron achegar a máis dun cento de xóvenes o kite-surf e o paddle surf.

Os promotores desta activi-dade consideran que o Iniciati-va Xove “facilita todo o preciso para esta actividade, e a forma de concorrer é realmente doa-da, sempre e cando o proxecto sexa atractivo”.

O kitesurf esténdese pola Mariña de Lugo grazas a Iniciativa Xove

O Toxo de Kitesurf ten preparada para a fin de semana do 13 e o 14 de no-vembro a primeira edición do seu Fes-tival do Vento. Vaise celebrar na Praia de Altar (Barreiros) máis no aeródromo de Ribadeo. Este evento pretende di-fundir o coñecemento e a práctica de deportes como o kitesurf, o windsurf e tamén darlle espectáculo a quen acu-dan a velo, con acrobacias e sesións de blokart, nas que en vez da táboa sobre a auga o protagonista é un ‘veleiro’ con rodas sobre a area. Os principais invita-dos ao I Festival do Vento son os parti-

cipantes nas iniciativas do Toxo de Ki-tesurf.

Organizan o I Festival do Vento

REDACIÓN E MAQUETACIÓN:Nós Comunicació[email protected]

DIRECTOR:Ovidio Rodeiro TatoDirector xeral de Xuventude e Voluntariado

CONTACTA CON [email protected]ón Xeral de Xuventude e VoluntariadoSan Caetano s/n - 15781Santiago de CompostelaTel: 981 544 660

OURENSE27 de outubroGustavo AlmeidaMiudiño

29 de outubroSom do GalpomCafé Cultural Auriense

5 de novembroDakidarríaCafé Cultural Auriense

6 de novembroBalmorheaCafé Torgal

SANTIAGO DE COMPOSTELA27 de outubroLa Troba Kung-FuUltramarinos

28 de outubroFados a Preto e BrancoUltramarinos

Lüger + Colectivo OrugaSala Moon

30 de outubroRulo y la ContrabandaSala Capitol

4 de novembroPolockSala Moon

Greg Dulli + Jane JoydSala Capitol

5 de novembroLos Auténticos + NTVGSala Capitol

O PORRIÑO29 de outubroLa Troba Kung-FuBar Liceum

30 de outubroBiodramina MoodBar Liceum

5 de novembroEl Cubo Bar Liceum

PONTEVEDRA29 de outubroLüger + Disco Las PalmerasSala Karma

30 de outubroMendetzSala Karma

5 de novembroPolockSala Karma

6 de novembroEl Niño de la HipotecaSala Karma

A CORUÑA29 de outubroDriáLe Club

30 de outubroLüger + Disco Las Palmeras!Le Club

Los Hijos Bastardos de Pe-ter LorreGarufa

3 de novembroPolockFNAC

MELIDE29 de outubroTelma y Los LuisesPub Gatos

AlpargataSala 600

31 de outubroA Tuna Rastafari

5 de novembroD`CallaosSala 600

CANGAS DO MORRAZO30 de outubroMother Skull + Mortos en VidaKarpe Diem

6 de novembroDos Pelos NegrosKarpe Diem

VIGO30 de outubroNOCMondo Club

DelatraveBonus Track

31 de outubroUnicornibotA Farándula

4 de novembroVicious RumorsLa Fábrica de Chocolate

5 de novembroHolywaterMondo Club

Los MecánicosLa Casa de Arriba

CHANTADA30-31 de outubroCastañazo Rock 2010Recinto do Mercado Gandei-ro da vila

BUEU31 de outubroFados a Preto e BrancoAturuxo

A RÚA5 de novembroSom do Galpom Catro Camiños

VILAGARCÍA DE AROUSA5 de novembroBruno T. FordSamá Samá

BAIONA6 de novembroLos MecánicosMarrucho

EDITA:Xunta de GaliciaDirección Xeral de Xuventude e VoluntariadoConsellería de Traballo e BenestarSan Caetano, s/n - 15781Santiago de Compostela

NON OPERDAS

NON OPERDASSUN ARAW + ARBOREA. VIGO

7 DE NOVEMBRO. MARCOANNI B SWEET. LUGO. 28 DE OUTUBROPONTEVEDRA. 30 DE OUTUBRO