Conduce LIBRE de alcol -...

9
Viaxamos a Roma, cidade etern a Oleiros acolle a Festa dos Mundo s Este verán, conduce LIBRE de alco l A xuventude galega, en acció n

Transcript of Conduce LIBRE de alcol -...

Page 1: Conduce LIBRE de alcol - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas16_xu… · gue o 0,0%, entrará nun sorteo para participar en cur-sos de conducción

Viaxamos a Roma, cidade eterna

Oleiros acolle a Festa dos Mundos

Este verán, conduce LIBRE de alcol

A xuventude galega, en acción

Page 2: Conduce LIBRE de alcol - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas16_xu… · gue o 0,0%, entrará nun sorteo para participar en cur-sos de conducción

Galicia ten o cuarto maior número de proxectos apro-bados no programa euro-peo “Xuventude en Acción” de todas as autonomías es-pañolas, só superada por Andalucía, Cataluña e Ma-drid, que triplican ou mesmo cuadruplican a poboación galega. Este exitoso dato destacouno o director xeral de Xuventude, Ovidio Ro-deiro, nunha recepción aos integrantes do intercambio multilateral “Time Out”, or-ganizado pola Oficina de Información Xuvenil de Ribadavia.

Neste programa partici-pa un grupo de 23 mozos e mozas de organizacións xu-venís de Italia, Alemaña e Holanda, ademais dos anfi-trións da vila ourensá. Esta é unha das 39 iniciativas que Xuventude coordinou no último ano dentro do progra-ma “Xuventude en Acción”, orientado á educación non formal e cunha participación que ronda o milleiro de xó-venes nas súas diferentes propostas.

O “Time Out” foi un en-

contro no que os asistentes tiñan como vínculo común a súa afección pola chama-da arte social. Combinando elementos tradicionais e in-novadores e técnicas ana-lóxicas e dixitais, abordaron temas que preocupan na sociedade europea, como a violencia na familia e na so-ciedade, o sexismo, o racis-mo, a migración ou o cambio climático.

Obradoiros de música

electrónica, talleres de pin-tura, de expresión corporal ou de edición de vídeo foron algunhas das actividades le-vadas a cabo no “Time Out”, ideado para fomentar o es-pírito creador, responsable e participativo da mocidade no ámbito da sociedade eu-ropea. Os resultados deste intercambio xuvenil tiveron como mellor corolario a súa actuación na Mostra Inter-nacional de Teatro de Ri-badavia.

Galicia destaca nos proxectos de “Xuventude en Acción”

Un total de 85 alumnos de 27 países de todo o mundo participan en xullo na vixésimo terceira edi-ción dos cursos de verán

de lingua e cultura galegas para estranxeiros e espa-ñois de fóra de Galicia or-ganizados polo Instituto de Lingua Galega, a Se-cretaría Xeral de Política Lingüística e a Real Aca-demia Galega. O curso, dividido en 4 niveis, dálles aos mozos a posibilidade de familiarizarse co galego e coa realidade sociocultu-ral de Galicia.

A Campaña de Verán 2010, que está en marcha ata o 31 de agosto, per-mite a creación de máis de 1.100 empregos (so-bre todo de monitores e directores de tempo libre, así como persoal de

cociña, limpeza e vixilan-cia). Uns 9.000 xóvenes galegos, de entre 9 e 35 anos, están a disfrutar do programa, que supuxo un investimento de 3,5 mi-l l ó n s de euros.

A Campaña de Verán 2010 crea máis de 1.100 empregos

Ovidio Rodeiro, cos participantes do programa “Time Out”Xóvenes que aproveitan o verán para aprender galego

Page 3: Conduce LIBRE de alcol - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas16_xu… · gue o 0,0%, entrará nun sorteo para participar en cur-sos de conducción

O verán é un tempo pro-picio para coller o coche e saír de farra, o que fai que ás veces, aínda que cada vez menos, haxa quen esqueza a responsabilidade de poñerse ao volante e orixine traxe-dias que ben se poderían ter evitado.

Para contribuír a evitar si-tuacións de risco, desde xu-llo ata outubro a Dirección Xeral de Xuventude e Vo-luntariado ten en marcha a campaña “LIBRE 2010”, que incide na importancia de efectuar unha conducción li-bre de alcol e de preocupa-cións e trata de fomentar a utilización do Noitebús, do transporte público, ou das quendas entre amigos para potenciar a figura do conduc-tor alternativo.

A campaña vai estar pre-sente en trinta noites de fes-ta das principais cidades e vilas galegas. Nunha carpa, monitores especializados in-formarán dos perigos do al-cohol ao volante e das van-taxes do transporte público. Mesmo dan a oportunidade de facer probas de alcoho-lemia ao final de cada festa. Quen demostre que conse-gue o 0,0%, entrará nun sorteo para participar en cur-sos de conducción segura en outono.

Xornada sobre o liderado empresarial para a mocidade

A sede da EGAP en Santiago acollerá este martes 20 de xullo a xornada “O camiño do liderado. Achegamen-to dos mozos ao mun-do directivo”, que está especialmente dirixida a xóvenes, sobre todo para os que estean no derradeiro ano de ca-rreira ou recén licencia-dos/diplomados.

Nesta iniciativa partici-parán algúns dos execu-tivos empresariais máis recoñecidos, que abor-darán o que demandan as empresas nos pro-cesos de selección dos seus directivos e permi-tiralles aos participantes coñecer as habilidades e actitudes necesarias para avanzar nas súas carreiras profesionais.

Se estas interesado en participar, podes coñe-cer o programa e ins-cribirte aquí.

LIBRE 2010 conta coa colaboración de grandes orquestras como Panorama, Olympus e Philadelphia, que durante as súas actuacións proxectarán a imaxe da campaña nas súas pantallas. Ademais, os seus cantantes lanzarán desde o esceario mensaxes sobre a necesidade de practicar unha conducción responsable. Do mesmo xeito, repartirán merchandising da campa-ña e incluso cantarán unha canción orixinal

co mesmo propósito. As tres orquestras participarán nunha gala final da campaña o 31 de outubro en Cambados.

Numerosos pubs e discotecas, a través das principais asociacións de hostalería de Galicia, sumaranse tamén a LIBRE 2010. Nos seus locais colocarán cartalería e dis-tribuirán merchandising, ademais de emi-tir cuñas, música e vídeos desta iniciativa.

As grandes orquestras e oshostaleiros, implicados na campaña

Conduce LIBRE de alcol A campaña estará presente nas principais cidades e vilas galegas ata o mes de outubro

Page 4: Conduce LIBRE de alcol - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas16_xu… · gue o 0,0%, entrará nun sorteo para participar en cur-sos de conducción

Viaxamos a... Roma, cidade eterna

Para moverse. Empregar o metro e o bus é o máis cómodo para desplazarse. Nos estancos e quioskos de prensa venden uns billetes que deixan viaxar todo o día en ambos medios de trans-porte.

Para comer. En Roma cómese ben, pero hai que fuxir dos res-taurantes para turistas. O mellor é reservar un hotel con só aloxa-mento e almorzo, e facer a comi-da e a cea polo nosa conta. Na zona da Stazione Termini hai bos restaurantes de comida caseira, pero o mellor é ver varios, com-parar prezos e, sobre todo, pro-curar ver os platos.

Para comprar. A mellor zona para ir de tendas é a que rodea Fontana di Trevi. Nas vías Delle Muratte e a De Lavatore hai ten-das onde se pode comprar de todo e a bo prezo. Ademáis, en agosto hai unhas rebaixas de ata o 70% en moitas tendas de roupa. Se queredes comprar regalos, dentro dos Museos Vaticanos facédeo sen medo: os artigos están máis baratos que nas tendas de fora.

Un aviso. Cando andes por

Roma lembra que os pasos de peóns só están a “título orientati-vo”. Antes de cruzar, mira ben aos dous lados e cruza con decisión, non vaia ser que leves un susto.

ConsellosRoma é unha

das cidades monu-mentais que todo o mundo debe vi-sitar, cando me-nos, unha vez na vida. Unha metrópoli caótica que é tan particular que contén den-tro de sí todo un Estado, como é o Vaticano. Aínda son moitas as persoas que pensan que Roma non é máis que un conxunto de ruinas da época do antigo impe-rio. Sen embargo, esta cidade agocha algo máis. É un auténti-co museo ao aire libre, repleto de esculturas e fermosas fontes, ca-racterísticas prazas, obeliscos...

Roma é tamén unha das cida-des máis caóticas en canto a tráfico de Euro-pa, polo que o consello de coller

o metro para des-prazarse se con-verte case nunha necesidade impe-riosa. A pesares de todo o que levarás

visto e lido sobre ela, Roma se-guro que che vai sorprender ben pola suciedade e o aspecto deca-dente de moitas das súas rúas, ben pola beleza de prácticamen-te todos os seus edificios. Iso sen esquencer a súa gastronomía e, e especial, os seus xeados. Aten-ción especial merece Giolitti, onde primeiro terás que escoller e pagar o teu xeado. Recibirás un ticket e despois o cambiarás polo produto. Iso si, paciencia porque sempre está cheo.

Roma é un lugar para pasear sen descanso, así que é reco-mendable levar calzado cómo-do. A maioría das veces paga a pena ir caminando, aproveitando a ocasión para coñecer barrios, rúas, monumentos... E é que a cada paso atoparás algunha ma-

ravillosa sorpre-sa, ben en for-ma de famoso monumento, ben nalgunha das numerosas vilas coas que con-ta para descubrir (Villa Borghe-se, Villa Ada, Villa Torlonia, Villa Pamphili...)

A cidade eterna adoita provocar dous sentimentos opostos: amor incondicional ou unha sensa-ción que está moi preto do odio. Como nós imos estar uns días de turismo, seguro que volverás fa-cinado por ela. Outra cousa sería ter que vivir aló e comezar a su-frir os medios de transporte, os prezos elevados ou as folgas que cada pouco inundan a cidade. Aínda así, pese a quen lle pese, Tutte le strade pórteno a Roma (todos os camiños levan a Roma) e para este verán que comenza pode ser unha boa e asequible opción.

Castelo de S. Angelo

Praza Navona O Panteón

Page 5: Conduce LIBRE de alcol - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas16_xu… · gue o 0,0%, entrará nun sorteo para participar en cur-sos de conducción

O VaticanoIndependentemente das crenzas, o Vaticano é un lugar que non

podes perder. É preciso chegar cedo e facer cola, xa que a afluen-cia é masiva aos Museos Vaticanos. A entrada custa 14€, aínda que se es menor de 26 anos podes acceder polos 8€ da entrada reducida. A Capela Sixtina e as grandes obras que poderás ver ben pagan a pena. Tamén che aconsellamos subir á Cúpula para dis-frutar dunha das mellores vistas da cidade. Iso si, prepara 5€ para subir a pé ou 7€ para subir en ascensor ata o último tramo.

Visitas obrigadas

O ColiseoFoi o anfiteatro máis grande do Imperio Romano. Nel tiñan lugar,

entre outras, as loitas de gladiadores. As visitas comezan a partir das 8:30 da mañá e o seu peche oscila entre as 16:30 e as 19:15, dependendo da época do ano. A entrada é a mesma que se em-prega para entrar no Palatino, polo que unha boa forma de evitar as interminables colas é ir primeiro ao Palentino e comprala alí. O prezo aproximado da entrada a ambos lugares é de 8€.

O Foro RomanoNo Foro Romano constituíase o centro da vida política, xudicial e

comercial da antiga Roma. Algúns dos lugares de interese a visitar son: o Templo de Saturno, o Arco de Septimio Severo, o Templo de Julio César, o Templo de Rómulo e o Arco de Tito, entre outros. E visítao cantas veces queiras, é de balde.

As prazas de RomaSe hai algo que non podes perder é pasear polas rúas e prazas

de Roma. Dende a Praza de España (ollo cos comercios da zona, bos produtos pero moi caros), ata a famosa Fontana de Trevi, onde non podes deixar de botar unha moeda para poder voltar de novo a Roma. Iso si, pasando pola Piazza Navona, o Campo di Fiori, a Praza Dil Popolo... E non esquenzas volver pola noite!

Un costume moi vencellado entre os ro-manos é “o aperitivo”. Un pequeño tentem-pé acompañado dun refresco a media tarde. Aquí comeza a noite en Roma. Ade-mais, estás no país das pastas e das pizzas, así que non che fal-tarán sitios onde probar os máis exquisitos pra-tos. Un consello, fuxe dos locais situados nas prazas máis tu-rísticas.

Máis tarde, a xente adoita trasladarse aos bares do centro para tomar as primeiras co-pas. Dúas das zonas máis populares, e con

prezos máis asequ ib les , son o Campo de Fiori e o Trastèvere.

E se para re-matar a noite queres botar un bo baile, Testaccio, a

zona da estación de metro de Pirámide e a Via Hóstiense son os lugares con mayor afluencia de discotecas. E non esquenzas que tamén hai un amplo programa cul-tural á túa disposición, dende óperas ata todo tipo de concertos.

Pola noite

Trastévere

Campo de Fiori

Page 6: Conduce LIBRE de alcol - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas16_xu… · gue o 0,0%, entrará nun sorteo para participar en cur-sos de conducción

A segunda edición dos premios da música in-dependente estivo moi-to máis repartida que na súa estrea do ano pasado, cando Vetusta Morla mo-nopolizara os principais galardóns. Con todo, a gran triunfadora desta edi-ción foi La Bien Querida, ao facerse co premio ao Mellor Álbum, co seu “Ro-mancero”, e o de Artista Revelación.

Pola súa parte, o cuarte-to Delorean foi distingui-do como Artista Español do Ano. O Artista Internacio-nal do Ano recaeu na ban-da británica The XX. Os demais premios son unha perfecta mostra da diver-sidade da escea indie:

- Mellor Canción do Ano: “Erasmus Borrachas”, de Francisco Nixon.

- Mellor Sello Discográfi-co: Boa Music.

- Mellor Álbum Pop: “The End of Maiden Trip”, de The Sunday Drivers.

- Mellor Álbum Rock: “The Neighbourhood”, de Tokyo Sex Destruction.

- Mellor Álbum Heavy: “El grito en el cielo”, de Anima Adversa.

- Mellor Álbum de Mú-sica de Vangarda: “The Remains o Industry”, de Camping.

-Mellor Álbum Hip-Hop: “Siempre fuertes 2” de SFDK.

- Mellor Álbum de Músi-ca Urbana: “Macumba o muerte”, de Za!

- Mellor Álbum Flamen-co: “Al cantar a Manuel”, de Mayte Martín.

- Mellor Artista Myspace: Arizona Baby.

- Artista Mexi-cano do Ano: I n s t i t u t o Mexicano do Son.

- Mellor Vi-deoclip: “Made of Wood” de Aa-ron Thomas.

- Mellor Sala de Concertos: Sala Apolo de Barce-lona.

- Mellor Punto de Venda: Xo-colat.

O mundo indie réndese ante La Bien Querida

O I Encontro Internacio-nal de Literatura de Viaxes LITVI 2010 convertiu a Santiago durante uns días na capital mundial desta es-pecialidade. O resultado foi tan exitoso que xa está en marcha a organización de novas edicións, co obxectivo de poñer en contacto a au-tores, editores e libreiros co público en xeral e tamén coa crítica especializada.

O primeiro LITVI deixa o listón moi alto, xa que con-tou coa presenza de 58 es-critoras e escritores como Soledad Puértolas, César Antonio Molina, Javier Re-verte, Susana Fortes ou Ju-lio Llamazares. En total, im-partíronse 14 conferencias, 9 cafés literarios, 9 mesas redondas e 21 presentacións e sinaturas de libros. A fei-ra monográfica celebrada na Alameda contou con 20 pos-tos ocupados por librarías de toda Galicia e tendas espe-cializadas doutros puntos de España.

Sendo ano Xacobeo, a ex-cusa era perfecta e a temá-tica do congreso do LITVI foi

“As literaturas no Camiño”. Pero tamén se abordaron outros aspectos como “A mu-ller e a literatura de viaxes”, nun ciclo que tivo como ac-tividade estrela unha mesa redonda con Soledad Puér-tolas, Marilar Aleixandre, Susana Fortes, Luisa Castro e Cristina Morató.

O director xeral de Promo-ción e Difusión da Cultura, Francisco López, suliñou a

“cálida acollida por parte do público, a crítica e a prensa” para o LITVI 2010, remarcou a súa “vocación de continui-dade” e desexoulle “unha longa vida a esta iniciativa”. A directora do encontro, Ana Trevisani, afirma que LITVI 2010 axudou a “reafirmar a Santiago e a Galicia como receptora de importantes eventos de turismo cultural” e espera lograr máis visitan-tes en vindeiras edicións.

A literatura de viaxes comeza a voar desde Santiago

O I Encontro de Literatura de Viaxes LITVI 2010estreouse cun grande éxito de crítica e público

Page 7: Conduce LIBRE de alcol - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas16_xu… · gue o 0,0%, entrará nun sorteo para participar en cur-sos de conducción

Unha xornada para reafir-mar, mediante o espectácu-lo, o respecto á diversidade cultural e o coñecemento e entendemento mutuo entre pobos, relixións e culturas. Así foi ideada a “Festa dos Mundos” que se celebrará o vindeiro 7 de agosto na praia de Santa Cristina, con activi-dades paralelas en diversas rúas de Oleiros (A Coruña).

Con entrada de balde, a festa ofrecerá 17 horas se-guidas de propostas lúdicas para todo tipo de públicos. O

máis destacado será o “Mú-sicas do mundo”, con actua-cións ata a madrugada de artistas de todo o mundo. A galega Uxía, a chinesa Sa Dingding, os colombianos Choc Quib Town, os france-ses Oof Cinemix e os cata-láns DJ2D2 son boa mostra do cartel, no que tamén des-taca o espectáculo “África Express”, un espectáculo de cinco horas creado por Da-mon Albarn, o ex cantante de Blur.

A “Festa dos Mundos” ofre-cerá moito máis no seu pro-grama, coas iniciativas “As danzas do mundo”, dedicada a bailes de múltiples partes do planeta; “O mundo dos nenos”, con maxia, música e obradiros para os cativos; e con teatro, danza, mala-bares, clown, humor, circo, pasarrúas, figuras de area na praia de Santa Cristina ou un mercado de sesenta pos-tos de artesanía.

A “Festa dos Mundos” ree-dita o festival homónimo ce-lebrado en 2004. Nesta oca-

sión, encádrase ademais na conmemoración do Ano In-ternacional de Achegamento das Culturas, declarado pola ONU. O even-to está organi-zado polo Xa-cobeo 2010, cun presuposto superior aos 600.000 euros, e ten como pa-trocinador a Gas Natural-Unión Fenosa.

A Festa dos Mundos, o maior espectáculo multiétnico do verán Terá lugar o sábado 7 de agosto na praia de Santa Cristina (Oleiros. A Coruña)

Sa Dingding

Uxía

Choc Quib Town

Damon Albarn

Page 8: Conduce LIBRE de alcol - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas16_xu… · gue o 0,0%, entrará nun sorteo para participar en cur-sos de conducción

Unha gran folla de ruta para asentar unha política integral que dea resposta aos problemas da xuventu-de para os próximos anos. Esto é, a grandes trazos, o Plan Estratéxico de Xuventu-de 2010-2013, que a Xunta ultima estas semanas para a súa aprobación en breve.

De feito, está en exposición pública ata este 19 de xullo e todos os interesados teñen a oportunidade de presentar suxestións e achegas ao bo-

rrador deste terceiro plan. A apertura á participación so-cial é unha das claves desta ferramenta que define máis de 200 medidas concretas en beneficio dos mozos ga-legos.

O plan ten unha clara vo-cación estratéxica, de xeito que permitirá planificar e co-ordinar todo tipo de accións enfocadas á xuventude ga-lega, independentemente de quen as deseñe e poña en marcha.

A educación, o emprego, o acceso á vivenda, a saúde e o deporte son algúns dos eidos máis significativos nos que este documento formu-la prantexamentos estrutu-rais. Para eso, marca 4 eixos específicos: a formación en novas tecnoloxías e educa-ción non formal; a participa-ción e o asociacionismo con iniciativas de tempo libre; o voluntariado, co reforzo dos programas existentes e o impulso doutros novos; e a mobilidade, con intercam-

bios culturais e laborais ao longo do territorio da Unión Europea.

O Plan Estratéxico de Xu-

ventude 2010-2013 esta-blece tamén os seus propios mecanismos de avaliación, para verificar o seu cumpri-mento.

A túa creatividade ten premio: Xuventude Crea 2010

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o concurso Xuventude Crea 2010, con especialidades de teatro, artes plásticas, moda, mú-sica, relato breve, videocreación, banda deseñada, graffiti, cartelis-mo, deseño de xoias e monólogos. Está dirixido a xóvenes de entre 16 e 30 anos, residentes en Ga-licia e que non sexan profesionais das disciplinas nas que se presen-

ten. En cada especialidade habe-rá tres premios de 3.000, 1.500 e 1.000 euros. O prazo de presenta-ción remata o 31 de agosto. Consulta as bases.

A xuventude galega participa na elaboración do seu plan estratéxico

Melloras na formación dos informadores xuvenís

O persoal dos Centros Espazo Xoven e das Oficinas Municipais de Información Xuvenil, uns 50 profesionais en Galicia, participou

nunha xornada e nun curso sobre emancipación xuvenil, organizado pola Dirección Xeral de Xuventu-de e Voluntariado. Os asistentes recibiron formación sobre o fun-cionamento das oficinas de eman-cipación xuvenil, sobre os plans e programas de vivenda para a mo-cidade e sobre as actuacións e re-cursos con que conta a Xunta en materia de emprego xuvenil.

Page 9: Conduce LIBRE de alcol - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xuventude.novas16_xu… · gue o 0,0%, entrará nun sorteo para participar en cur-sos de conducción

REDACIÓN E MAQUETACIÓN:Nós Comunicació[email protected]

DIRECTOR:Ovidio Rodeiro TatoDirector xeral de Xuventude e Voluntariado

CONTACTA CON [email protected]ón Xeral de Xuventude e VoluntariadoSan Caetano s/n - 15781Santiago de CompostelaTel: 981 544 660

A CORUÑA20 de xulloTHE PAINS OF BEING PURE AT HEART Playa Club

22 de xulloQANDO VAND + O GRUVESala Ola Green

24 de xulloGUSTAVO ALMEIDAPub Garufa

BAIONA21 de xulloIGLOOMarrucho

23 de xulloDORIAN GREYCasino Club de Sabarís

RIBEIRA24 de xulloLOS CORONAS

MELIDE23 de xulloKAMBOTESPub Gatos

23 de xulloALTERAZIÓN DEL ORDEN + DISOLVENTE-XSala 600

AS PONTES23 de xulloSIDONIE

BUEU24 de xulloALTERACION DEL ORDEN + DISOLVENTE-XSala Artefacto

5-6-7 de agosto TROULA NA BANDA - Día 5: DJ CHEMA REY- Día 6: AL JAWALA, ARI-ZONA BABY, BLACK STO-

NES, FÁTIMA BAÑA, LA SCAÑA DEL DOMINGO- Día 7: A TARANTELA RABUDA, PONY BRAVO, FUEL FANDANGO, YACI-NE & ORIENTAL GROOVE, MOLESTIA

ARTEIXO23 de xullo FRACASADOS DE ANTEMANOPraza do Balneario

CARBALLEDO23 de xulloFAINOTI!

SANTIAGO27 de xulloELVIS COSTELLO + DIANA KRALLPraza da Quintana

30 de xulloSINEAD O`CONNOR

CANGAS30 de xulloLA TUNA RASTAFARIPorto de Aldán

CAMBADOS28 de xulloLOVE OF LESBIAN + NOISE PROJECT + UNDERTOWN PROJECTPraza de Fefiñáns

30 de xulloHOMBRES GPraza de Fefiñáns

31 de xulloKATE RYANPraza de Fefiñáns

LUGO21 de xulloIVÁN FERREIRO Parque Rosalía de Castro

VIVEIRO29-30-31 de xulloRESURRECTION FEST

PONTEVEDRA31 de xulloLA TUNA RASTAFARI

FERROL30 de xulloGOLDEN LAMBSala Super 8

O CARBALLIÑO30 de xulloWHY GO + ANIMALES DOMÉSTICOSSala Isis Pharia

VIGO5 de agostoPUBLIC ENEMYParque de Castrelos

7 de agostoDAVID BISBALParque de Castrelos

EDITA:Xunta de GaliciaDirección Xeral de Xuventude e VoluntariadoConsellería de Traballo e BenestarSan Caetano, s/n - 15781Santiago de Compostela

NON OPERDAS

NON OPERDASMULTIUSOS FONTES DO SAR. SANTIAGO.

28 DE XULLO. MARK KNOPFLERJEAN MICHEL JARRE. SANTIAGO.31 XULLO. PRAZA DO OBRADOIRO.