O Heroe Clásico

3
IV. O HEROE CLÁSICO DA TRAXEDIA E DA ÉPICA. O PAPEL DOS PERSONAXES MASCULINOS E FEMININOS O espírito heroico é a característica máis saínte da épica. As lendas do heroes míticos pervivían na tradición aristocrática para o que o poema parece estar composto. Os guerreiros do poema pertencen á alta nobreza, para a cal a maior gloria é a vitoria no combate. As descricións das batallas, do armamento tiñan un marcado interese para os que se crían vinculados coa liñaxe dos heroes lendarios. Todo isto vai constituír o fondo da Ilíada, sobre o que resalta a marabillosa figura de Aquileo, tráxica na súa humana e dolorosa grandeza, capaz dos maiores arrebatos e fácil presa da cólera e do ardor da vinganza. Os tipos da Ilíada presentan grandiosos caracteres de semideuses, aínda que o poeta desenvolva a evolución e as reaccións dos seus afectos e das súas paixóns pola canle da psicoloxía. Na Odisea atopamos unha mesura humanística nos tipos principais, como o heroe Odiseo, o seu fillo Telémaco e a delicada figura da doncela Nausícaa. Aquileo convértese nun modelo para a a aristocracia militar, non tan só pola súa valentía e destreza no manexo da armas, senón tamén pola súa altiveza e digno orgullo. Odiseo, astuto e prudente, sempre vencedor da adversidade, é un admirable exemplo para toda sorte de homes que han de batallar na vida. Na Eneida os personaxes son menos heroicos, menos activos, pero de maior humanidade e maior vida interior que os de Homero. Entre eles destaca o piadoso Eneas, fiel ao destino que lle trazaron os deuses, aínda que para isto deba renunciar a algunhas das súas aspiracións como home. Pero se a épica canta as fazañas dos heroes, a traxedia centra a súa atención no desenvolvemento dos conflitos xerados aos

description

O héroe clásico e o papel dos personases masculinos e femininos

Transcript of O Heroe Clásico

Page 1: O Heroe Clásico

IV. O HEROE CLÁSICO DA TRAXEDIA E DA ÉPICA. O PAPEL DOS PERSONAXES MASCULINOS E

FEMININOS

O espírito heroico é a característica máis saínte da épica. As lendas do heroes míticos

pervivían na tradición aristocrática para o que o poema parece estar composto. Os guerreiros do

poema pertencen á alta nobreza, para a cal a maior gloria é a vitoria no combate. As descricións das

batallas, do armamento tiñan un marcado interese para os que se crían vinculados coa liñaxe dos

heroes lendarios. Todo isto vai constituír o fondo da Ilíada, sobre o que resalta a marabillosa figura

de Aquileo, tráxica na súa humana e dolorosa grandeza, capaz dos maiores arrebatos e fácil presa da

cólera e do ardor da vinganza. Os tipos da Ilíada presentan grandiosos caracteres de semideuses,

aínda que o poeta desenvolva a evolución e as reaccións dos seus afectos e das súas paixóns pola

canle da psicoloxía.

Na Odisea atopamos unha mesura humanística nos tipos principais, como o heroe Odiseo, o

seu fillo Telémaco e a delicada figura da doncela Nausícaa. Aquileo convértese nun modelo para a a

aristocracia militar, non tan só pola súa valentía e destreza no manexo da armas, senón tamén pola

súa altiveza e digno orgullo. Odiseo, astuto e prudente, sempre vencedor da adversidade, é un

admirable exemplo para toda sorte de homes que han de batallar na vida.

Na Eneida os personaxes son menos heroicos, menos activos, pero de maior humanidade e

maior vida interior que os de Homero. Entre eles destaca o piadoso Eneas, fiel ao destino que lle

trazaron os deuses, aínda que para isto deba renunciar a algunhas das súas aspiracións como home.

Pero se a épica canta as fazañas dos heroes, a traxedia centra a súa atención no

desenvolvemento dos conflitos xerados aos protagonistas, heroes ou nobres, compadecéndose do

seu sufrimento marcado polo destino. O enfrontamento con desolación e dor ao poder inevitable do

destino, permite que se elaboren importantes retratos psicolóxicos (como Edipo ou Antígona). O

concepto abstracto da culpa chega a esvaecerse no teatro de Eurípides, no que as divindades e os

heroes teñen os mesmos defectos e virtudes, non se senten sometidos ao destino, senón que están

provistos de conciencia, que os pode levar á desmesura, e revélanse contra as inxustizas que poidan

provir do máis alá.

Conforme o sistema aristocrático se ve substituído pola democracia, asistimos á

desintegración do ideal heroico. No século –IV, con Menandro, interesa máis un teatro de costumes e

enredos, onde os personaxes estereotipados crean unha estampa dun vivir centrado no individuo e

na súa realidade máis próxima.

Page 2: O Heroe Clásico

Nos tipos femininos da épica a primeira calidade é a beleza. É certo que Homero pondera a

fidelidade de Penélope e a pureza e a aguda percepción mental de Nausícaa, pero a fermosura de

Helena, que tantos danos causou, basta para calar as protestas dos troianos, que tanto sufrían pola

súa culpa.

O papel que xoga fundamentalmente a muller é o de non ter relevancia por si mesmas senón

en función da familia e do home (fillas de... irmás de... esposas de... e, para rematar, nais de...). Ata

personaxes da traxedia como Medea -que tamén por si mesma ten inmenso relevo, como feiticeira e

sabia e como sacerdotisa de Hécate, etc.- a súa significación esencial está no papel de esposa (a

amante e fiel esposa de Xasón) e de nai (a nai asasina), e ata de filla na primeira etapa da súa historia

(a filla traidora). De maneira que, aínda que en moitas poida haber outros trazos e funcións

importantes cúmprenas dentro do marco esencial da súa condición familiar. Noutras a súa situación

familiar é a máis relevante dentro do seu propio papel no mito: como Hécuba, nai amorosa e doente

en practicamente todas as súas aparicións míticas, literarias e ata iconográficas, ou como Andrómaca,

muller virtuosa prototípica, esposa e nai. Outras cuxa participación é máis activa ou esencial e dan

con ela lugar ao mito en si, fano precisamente con motivo da súa condición familiar, como Helena,

que orixina todo o que orixina por ser a esposa de Menelao, e Clitenmestra por ser a de Agamenón e

a nai de Ifixenia-; ou Electra, filla por esencia (boa, vingadora do seu querido pai / mala, asasina da

súa odiada nai) e tamén modelo de irmás abnegadas e unidas fielmente ao irmán, como -por encima

de todas as irmás- éo Antígona, etc.

Ás mulleres a miúdo móveas o sentimento, ata nas súas accións malas e criminais, pois estas

adoitan ser provocadas por unha causa relacionada co amor. Mentres que os homes son motivados

máis frecuentemente pola súa ambición e as súas ansias de poder e honras, tal como vimos. En todo

caso, ao agarimo ou á paixón delas adoita opoñerse a frialdade del.

Na visión da literatura antiga, á muller nunca se lle nega a intelixencia, pero só aplicada ás

súas competencias, sen saírse do seu espazo, o privado, e sen entrometerse no espazo de actuación

e de reflexión do home, o público