JUDY gARLAND (OVER THE RAINBOW) -...

2
JUDY gARLAND (OVER THE RAINBOW) ALAS coruña

Transcript of JUDY gARLAND (OVER THE RAINBOW) -...

Page 1: JUDY gARLAND (OVER THE RAINBOW) - aaag.galaaag.gal/.../resources/shows/program/535cef8e-programa-mano-judy.pdf · Todos somos Judy Garland, por iso, faremos unha viaxe a carón de

JUDY gARLAND (OVER THE RAINBOW)

ALAS coruña

Page 2: JUDY gARLAND (OVER THE RAINBOW) - aaag.galaaag.gal/.../resources/shows/program/535cef8e-programa-mano-judy.pdf · Todos somos Judy Garland, por iso, faremos unha viaxe a carón de

escrito por OZKAR GALÁN

dirección XOSÉ LEIS

con ISABEL DE TORO

tradución ELISA SERRA

espazo escénico aAntena

estilismo aAntena

audiovisuais IAGO VILARIÑO

espazo sonoro DRUM&ROLL STUDIOS

gráfica ISABEL DE TORO

imaxe LOSADASTYLE

produción BERNi MARTÍNEZ

Todos somos Judy. Judy Garland pasou pola vida buscando un motivo para pasar pola vida. Todos buscamos sermos queridos. Achegámonos á persoa equivocada, alonxámonos da persoa que nos puido amar, asasinamos a esperanza da verdade. Todos desexamos o ben para os demais, pensamos que a nosa viaxe polo mundo é unha viaxe especial. Todos quixemos bicar as estrelas, Todos quixemos algunha vez ser unha estrela

Todos somos Judy Garland, por iso, faremos unha viaxe a carón de Judy, aferrándonos forte da súa man dereita, sentindo a suor fria que brota antes do espectáculo. Judy só falará un intre. Prégase silenzo para a súa actuación estelar. Mentres tanto camiñaremos a súa deriva polas baldosas amarelas, sen apartar a mirada da súa figura. Je suis Judy

O 22 de xuño de 1969 é o día do pasamento de Judy Garland. A noite do 28 de xuño de 1969 a policía irrumpe en redada no “Stonewall Inn” un bar gay de Greenwich Village.

Aquela noite estaban a velar o deceso da súa musa Judy Garland. A resistencia ofrecida polos clientes do local fronte da irrupción policial supón o punto de partida na loita dos homosexuais para que a sociedade e as leis recoñeceran os seu dereitos.

Over the Rainbow hai un lugar sen conflitos, un lugar lonxe onde non podes chegar en tren ou en barco. Detrás da lúa, alén do arco da vella

JUDY gARLAND (OVER THE RAINBOW)

contacto: [email protected] 649667811