Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A...

21
Clima laboral - Sergas Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas Elaborado por: Servizo central de prevención de riscos laborais Subdirección xeral de Políticas de Persoal División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional 1/21

Transcript of Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A...

Page 1: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral - Sergas

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Elaborado por: Servizo central de prevención de riscos laborais Subdirección xeral de Políticas de Persoal División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional

1/21

Page 2: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo
Page 3: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral - Sergas

Índice

1. Presentación: ............................................................................................................ 5

2. Obxectivo: ................................................................................................................. 5

3. Resultados. ............................................................................................................... 6

3.1. Mostra estudiada ...................................................................................................... 6

3.2. Exposición aos factores de risco psicosocial. Puntuacións “crudas”........................ 7

3.3. Exposición aos factores de risco psicosocial. Prevalenza da exposición................. 9

3.4. Identificación de exposicións problemáticas e exposicións favorables. ................. 11

3.5. Principais exposicións problemáticas ..................................................................... 13

3.6. Outras exposicións problemáticas .......................................................................... 15

3.7. Exposicións favorables. .......................................................................................... 15

3.8. Dimensións non incluídas nas clasificacións anteriores. ........................................ 16

3.9. Información sobre as dimensións de saúde, estres e satisfacción......................... 17

4. Conclusións ............................................................................................................ 20

3/21

Page 4: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo
Page 5: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral - Sergas

1. Presentación:

A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de

traballo dos profesionais do Sergas. Este é o primeiro paso para deseñar,

contando coa opinión dos traballadores, programas e políticas de persoal dirixidos

a corrixir todos aqueles factores e aspectos que inciden negativamente sobre a

realización do traballo, o desenvolvemento profesional, a prevención de riscos de

orixe psicosocial, a conciliación da vida laboral e familiar e a xestión de recursos

humanos.

Este proxecto foi desenvolto desde xaneiro a setembro do 2006. Consistiu no

estudo das condicións de traballo que refiren os traballadores, para elo realizouse

unha enquisa a 4000 traballadores e empregouse o Método Istas 21 (CoPsoQ).

Este método de avaliación dos factores de risco psicosocial esixe a participación

voluntaria dos traballadores, baséase no estudo das experiencias e percepcións

que teñen os profesionais sobre as súas condicións de traballo, está validado, é

fiable e dispón de métodos de análise, criterios de valoración, materiais prácticos e

ferramentas para a súa aplicación.

Debemos subliñar a boa acollida en todos os ámbitos da organización e

destacamos sobre todo a participación dos traballadores, dada a súa

voluntariedade, o que nos permite afirmar que os datos recollidos son de boa

calidade e reflicten as condicións de traballo percibidas polos profesionais das

institucións sanitarias públicas galegas.

A información obtida é de alto valor e seguro que resulta imprescindible a hora de

deseñar e propoñer actuacións en materia de prevención de riscos laborais e de

políticas de persoal de xestión de recursos humanos encamiñadas a unha mellora

continua das condicións de traballo de todos os profesionais do Sergas.

2. Obxectivo:

Realizar a avaliación dos factores de risco psicosocial dos profesionais do Sergas.

Coñecer a repercusión dos factores psicosociais sobre as condicións de traballo e

o clima laboral.

Coñecer o grao de conciliación da vida laboral e familiar e os factores

relacionados.

5/21

Page 6: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral - Sergas

3. Resultados.

3.1. Mostra estudiada

Tal e como se recolleu no proxecto de estudo do clima laboral do Sergas, o estudo

desenvolveuse sobre unha mostra de 4000 traballadores xa que resulta

practicamente imposible aplicarlle o método Istas 21 (CoPsoQ) a máis de 32.000

traballadores fixos e eventuais, distribuídos en máis de cincocentos centros de

traballo repartidos por toda Galicia.

A mostraxe, estratificada en oito grupos de estudo, é fixa, non proporcional,

tomando de forma aleatoria a 500 persoas dentro de cada grupo. Con unha

resposta estimada do 60%, obteranse 300 individuos de cada grupo, permitindo

que para a máxima varianza (p=q=0,5) cun intervalo de confianza do 95%, o erro

sexa inferior ao 6%. As estimacións correspondentes á totalidade do Sergas, terán

un erro máximo ± 2%.

O prazo establecido para contestar os cuestionarios foi desde 20 de marzo ao 30

de abril. Os cuestionarios contestados neste período foron 2310, o que supón unha

taxa do 57,78%. Non obstante e segundo recolle o método Istas 21 (CoPsoQ), a

análise débese facer sobre a taxa de resposta total, que se calcula dividindo os

cuestionarios contestados (2310) entre a poboación diana (4000) menos a

poboación á que non se lle puido achegar o cuestionario (de baixa, vacacións, etc.

N=166) durante o período de estudo, o que permite acadar unha taxa de resposta

total do 60,25%.

Na táboa 1 recóllense os datos de participación para cada grupo de estudo.

Táboa 1: Datos de participación globais Grupo poboación mostra Sí % Sí

Grupo 1: Auxiliares de enfermería e técnicos especialistas 6603 500 303 60,6

Grupo 2: DUE, matronas, fisioterapeutas de A. Primaria 2411 500 235 47,0

Grupo 3: DUE, matronas, fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de A. Especializada 7179 500 313 62,6

Grupo 4: Facultativos de A. Primaria 2850 500 301 60,2

Grupo 5: Facultativos de A. Especializada 4704 500 280 56,0

Grupo 6: Persoal de administración 3584 500 352 70,4

Grupo 7: Persoal de hostalería, oficios e mantemento. 2242 500 273 54,6

Grupo 8: Persoal de apoio asistencial (celadores). 2846 500 253 50,7

Taxa de resposta 32419 4000 2310 57,7

6/21

Page 7: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral - Sergas

3.2. Exposición aos factores de risco psicosocial. Puntuacións “crudas”.

O método Istas 21 (CoPsoQ), mediante o uso da súa ferramenta informática de

explotación de datos, permítenos obter as puntuacións “crudas” acadadas, que son

as puntuacións medianas comparadas (mediana é o valor que ocupa o lugar

central dunha serie, unha vez ordenada en forma crecente). Trátase de comparar

as puntuacións, estandarizadas do 0 ao 100, coas da poboación de referencia. Os

resultados acadados agrúpanse en dimensións positivas, que son aquelas para

as que a situación máis favorable para a saúde dáse en puntuación altas, e

dimensións negativas, que son aquelas para as que a situación máis favorable

para a saúde dáse en puntuacións baixas respectivamente.

Os valores acadados polas dimensións positivas preséntanse na táboa 2,

ordenadas as dimensións desde a situación máis desfavorable a máis favorable

(de maior a menor diferenza entre o valor acadado para o Sergas e o valor de

referencia do método Istas 21 (CoPsoQ)).

Presentan un valor desfavorable a previsibilidade, a estima, a calidade liderado, o

control de tempos traballo, o apoio social, a influencia, o reforzo e o sentimento de

grupo, mentres que presentan un valor favorable a claridade de rol, a posibilidade

de relación social, a integración na empresa, a posibilidade de desenvolvemento e

o sentido de traballo.

Os valores acadados polas dimensións negativas preséntanse na táboa 3,

ordenadas as dimensións desde a situación máis desfavorable a máis favorable

(de maior a menor diferenza entre o valor acadado para o Sergas e o valor de

referencia do método Istas 21 (CoPsoQ)). Todas as dimensións negativas dos

profesionais do Sergas están nunha situación máis desfavorable que a

poboación de referencia.

7/21

Page 8: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral - Sergas

Táboa 2: Puntuacións medianas comparadas de dimensións positivas

G1 G2 G3 G4 G5 G6 G7 G8 Sergas

Previsibilidade 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 59,3 Estima 56,2 56,2 50,0 43,7 56,2 50,0 56,3 50,0 52,7 74,2

46,8 40,6 37,5 25,0 43,7 31,2 43,8 31,3 38,8 56,5 37,5 43,7 37,5 31,2 50,0 50,0 37,5 37,5 40,6 54,2

Apoio social 62,5 62,5 62,5 50,0 62,5 62,5 56,3 56,3 60,3 67,0 Influencia 37,5 50,0 37,5 37,5 50,0 37,5 31,3 18,8 38,2 44,9 Reforzo 62,5 62,5 62,5 50,0 62,5 50,0 62,5 50,0 59,0 61,9

75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,3 Claridade rol 81,2 75,0 75,0 68,7 75,0 75,0 81,3 75,0 76,2 75,4 Posib. relación social 87,5 62,5 75,0 50,0 75,0 75,0 75,0 75,0 74,2 69,1

68,7 62,5 62,5 62,5 62,5 56,2 75,0 62,5 64,1 58,9 Posibil. desenvolvemento 62,5 75,0 68,7 68,7 75,0 50,0 56,3 43,8 63,9 55,5 Sentido traballo 91,6 91,6 91,6 83,3 91,6 75,0 91,7 83,3 88,6 74,9

DIMENSIÓNS POSITIVAS Pob. Ref.

Calidade liderado

Control tempos traballo

Sentimento grupo

Integración empresa

Táboa 3: Puntuacións medianas comparadas de dimensións negativas

DIMENSIÓNS NEGATIVAS G1 G2 G3 G4 G5 G6 G7 G8 Sergas Pob. Ref.

Inseguridade 62,5 50,0 46,8 43,7 37,5 50,0 56,3 62,5 51,1 23,2 Esconder emociones 62,5 50,0 62,5 62,5 50,0 62,5 50,0 75 59,8 36,6 Esix. psic. emocionais 58,3 50,0 66,6 66,6 66,6 50,0 41,7 58,3 59,3 36,3 Esix. psic. sensoriais 75,0 81,2 87,5 93,7 93,7 75,0 68,8 56,3 80,2 58,0 Dobre presenza 56,2 50,0 56,2 43,7 43,7 56,2 43,8 43,8 50,5 35,3 Esix. psic. cuantitativas 43,7 37,5 50,0 56,2 50,0 56,2 43,8 43,8 47,6 36,4 Esix. psic. cognitivas 50,0 62,5 68,7 81,2 81,2 50,0 43,8 34,4 60,4 49,2 Conflicto rol 43,7 43,7 50,0 56,2 50,0 43,7 43,8 50,0 47,7 37,0

Grupo 1: Auxiliares de enfermería e técnicos especialistas; Grupo 2: DUE, matronas, fisioterapeutas de A.P.; Grupo 3: DUE, matronas, fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de A.E.; Grupo 4: Facultativos de AP.; Grupo 5: Facultativos de A.E.; Grupo 6: Persoal de administración; Grupo 7: Persoal de hostalería, oficios e mantemento; Grupo 8: Persoal de apoio asistencial (celadores)

8/21

Page 9: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral - Sergas

3.3. Exposición aos factores de risco psicosocial. Prevalenza da exposición.

Igualmente o método Istas 21 (CoPsoQ), mediante o uso da súa ferramenta

informática de explotación de datos, permítenos obter a prevalencia de exposición

ou proporción de traballadores do Sergas e de cada grupo, incluídos en cada tercil

de referencia. A través dos resultados poden observarse a porcentaxe de

traballadores expostos en cada un dos tres niveis de exposición. Nivel de

exposición máis desfavorable (cor vermello), nivel de exposición intermedia (cor

amarelo) e nivel de exposición máis favorable (cor verde). Estas porcentaxes

obtéñense aplicando os puntos de corte de cada unha das dimensións (terciles da

poboación de referencia do método) aos datos obtidos dos cuestionarios do

Sergas.

O conxunto de resultados preséntase de forma comprensible mediante táboas e

gráficos por dimensións psicosociais. Na figura 1 e na táboa 4 preséntase os datos

obtidos para o conxunto do Sergas.

De non existir diferenzas cos valores de referencia nas exposicións, todas as

porcentaxes que se mostran deberían presentar exactamente o valor de 33,3%.

9/21

Page 10: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral - Sergas

− Sergas. Figura 1: Porcentaxe de traballadores do Sergas en cada nivel de exposición de

referencia.

1 2 3 4 5 6 7 8 9

i le Si i i ia i le

Porcentaxe de traballadores do Sergas en cada nivel de exposición de referencia.

0,00%

33,33%

66,66%

99,99%

10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21

Má s desfavorab tuac ón ntermed Má s favorab

Táboa 4: Porcentaxe de traballadores do Sergas en cada nivel de exposición de referencia.

1 Dobre presenza 2 Esix. psic. cuantitativas 3 Esix. psic. sensoriais 4 Esix. psic. cognitivas 5 Esix. psic. emocionais 6 Esconder emocións 7 Influencia 8 Control tempos traballo 9 Posibilidades desenvolvemento 10 Sentido traballo 11 Integración empresa 12 Inseguridade 13 Claridade rol 14 Conflicto rol 15 Previsibilidad 16 Apoio social 17 Reforzo 18 Posib. relación social 19 Sentimento grupo 20 Calidade liderado 21 Estima

Máis desfavorable

69,1 51,7 68,4 53,9 68,7 71,1 43,8 54,4 20,0 13,3 27,8 68,0 30,7 61,9 56,6 38,6 27,6 25,4 29,9 60,1 72,2

Sit. intermedia

22,8 30,4 20,7 29,3 23,7 21,1 29,4 25,6 26,4 20,5 34,1 22,4 24,8 19,3 29,3 28,9 42,0 34,3 31,4 22,6 16,1

Máis favorable

8,1 17,9 10,9 16,8 7,6 7,9

26,8 20,1 53,6 66,2 38,1 9,6

44,5 18,8 14,1 32,6 30,4 40,3 38,7 17,4 11,7

10/21

Page 11: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral - Sergas

3.4. Identificación de exposicións problemáticas e exposicións favorables.

Os resultados presentados no apartado anterior permiten a identificación de

exposicións problemáticas, sendo a base técnica obxectiva para establecer

prioridades e orientar a acción preventiva.

Os criterios fundamentais para a identificación e clasificación destas exposicións

son: a porcentaxe de persoas expostas no nivel “vermello” (máis desfavorable para

a saúde), a porcentaxe de persoas expostas no nivel “verde” (máis favorable para

a saúde) e existencia de desigualdades entre a poboación de estudo comparando

as porcentaxes “vermellas” e “verdes”.

Seguindo estes criterios a clasificación sería a seguinte:

− Principais exposicións problemáticas. Son as dimensións nas que a

porcentaxe de traballadores expostos á situación máis desfavorable é maior

ou igual a 50 %. Sobre estas dimensións deberíase actuar prioritariamente.

− Outras exposicións problemáticas. Son as dimensións nas que a

porcentaxe de traballadores en situación máis desfavorable está entre o 49

e o 33,3%. As accións sobre estas dimensións non son prioritarias mentres

se manteñan as dimensións con unha porcentaxe >50%

− Exposicións favorables, son as dimensións nas que a porcentaxe de

traballadores exposto a unha situación favorable é maior do 33,3%.

Na figura 2 preséntanse de forma gráfica a clasificación das dimensión atendendo

aos criterios expostos para a localización de problemas.

11/21

Page 12: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral - Sergas

Figura 2: Clasificación das dimensión atendendo aos criterios expostos para a localización de problemas,

G1 G2 G3 G4 G5 G6 G7 G8 Sergas 1 Dobre presenza P P P P P P P P P 2 Esixencias psicolóxicas cuantitativas P X P P P P P P P 3 Esixencias psicolóxicas sensoriais P P P P P P P F P 4 Esixencias psicolóxicas cognitivas P P P P P X X F P 5 Esixencias psicolóxicas emocionais P P P P P P P P P 6 Esconder emocións P P P P P P P P P 7 Influencia P F P P P P P P P 8 Control tempos traballo P P P P P P P P P 9 Posibilidades desenvolvemento F F F F F P F P F 10 Sentido traballo F F F F F F F F F 11 Integración empresa F X F X X P F P F 12 Inseguridade P P P P P P P P P 13 Claridade rol F F F P F P F F F 14 Conflicto rol P P P P P P P P P 15 Previsibilidade P P P P P P P P P 16 Apoio social P P P P P P P P P 17 Reforzo X X X P X X X P X 18 Posibilidade de relación social F P F P X F F F F 19 Sentimento grupo F F X P X P F F F 20 Calidade liderado P P P P P P P P P 21 Estima P P P P P P P P P

Nota 1: Grupo 1: Auxiliares de enfermería e técnicos especialistas; Grupo 2: DUE, matronas, fisioterapeutas de A.P.; Grupo 3: DUE, matronas, fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de A.E.; Grupo 4: Facultativos de A.P..; Grupo 5: Facultativos de A.E.; Grupo 6: Persoal de administración; Grupo 7: Persoal de hostalería, oficios e mantemento; Grupo 8: Persoal de apoio asistencial (celadores)

Nota 2: Vermello: Principais exposicións problemáticas, laranxa: Outras exposicións problemáticas, verde: Exposicións favorables e amarelo: Situación intermedia.

12/21

Page 13: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral

3.5. Principais exposicións problemáticas

Son aquelas dimensións que atendendo á porcentaxe de traballadores expostos a

situacións máis desfavorables para a saúde presentan unha porcentaxe >50%. As

dimensións máis desfavorables para a saúde por grupo e orde de prevalenza son:

− O Sergas (Global)

A estima (72,2), o esconder emocións (71,1), a dobre presenza (69,1), as

esixencias psicolóxicas emocionais (68,7), as esixencias psicolóxicas

sensoriais (68,4), a inseguridade (68,0), o conflicto de rol (61,9), a calidade de

liderado (60,1), a previsibilidade (56,6), o control sobre o tempo de traballo

(54,4), as esixencias psicolóxicas cognitivas (53,9) e as esixencias psicolóxicas

cuantitativas (51,7).

− Grupo 1. Auxiliares de enfermería e técnicos especialistas

A dobre presenza (81,2), a inseguridade (78,7), o esconder emocións (73,6),

as esixencias psicolóxicas emocionais (68,9), a estima (65,1), o control sobre o

tempo de traballo (61,3), as esixencias psicolóxicas sensoriais (60,3), o

conflicto de rol (53,7), a previsibilidade (51,9), a calidade de liderado (50,3).

− Grupo 2. DUE, matronas, fisioterapeutas de A. Primaria

A estima (66,7), as esixencias psicolóxicas sensoriais (66,2), a dobre presenza

(66,1), o esconder emocións (66,1), a inseguridade (64,9), as esixencias

psicolóxicas emocionais (59,9), a calidade de liderado (59,3), o conflicto de rol

(54,8), a previsibilidade (54,1), e as esixencias psicolóxicas cognitivas (53,9).

− Grupo 3. DUE, matronas, fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de A.

Especializada

As esixencias psicolóxicas sensoriais (82,1), a dobre presenza (81,9), as

esixencias psicolóxicas emocionais (78,4), o esconder emocións (78,4), a

estima (74,3), esixencias psicolóxicas cognitivas (67,4), a inseguridade (66,7),

o conflicto de rol (66,0), o control sobre o tempo de traballo (65,1), a calidade

de liderado (64,3), a previsibilidade (58,4), e as esixencias psicolóxicas

cuantitativas (54,5).

− Grupo 4. Facultativos de A. Primaria

13/21

Page 14: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral

As esixencias psicolóxicas cognitivas (93,6), as esixencias psicolóxicas

sensoriais (89,8), a estima (86,7), as esixencias psicolóxicas emocionais (83,3),

o esconder emocións (83,3), o conflicto de rol (77,2), a calidade de liderado

(70,5), o control sobre o tempo de traballo (66,4), as esixencias psicolóxicas

cuantitativas (64,5), a inseguridade (62,1), a previsibilidade (61,5), a dobre

presenza (60,9), o apoio social (53,4), e a posibilidade de relación social (52,8).

− Grupo 5. Facultativos de A. Especializada

As esixencias psicolóxicas sensoriais (89,8), as esixencias psicolóxicas

cognitivas (89,4), as esixencias psicolóxicas emocionais (77,1), a estima (71,5),

o conflicto de rol (67,4), o esconder emocións (60,8), as esixencias psicolóxicas

cuantitativas (59,8), a calidade de liderado (56,7), a previsibilidade (56,0), a

inseguridade (54,4), e a dobre presenza (50,4).

− Grupo 6. Persoal de administración

A estima (74,3), a dobre presenza (73,7), a inseguridade (70,0), o esconder

emocións (68,3), a calidade de liderado (65,5), as esixencias psicolóxicas

cuantitativas (63,4), a previsibilidade (60,0), as esixencias psicolóxicas

sensoriais (59,5), o conflicto de rol (56,8), e as esixencias psicolóxicas

emocionais (53,2).

− Grupo 7. Persoal de hostalería, oficios e mantemento.

A estima (70,7), a inseguridade (69,9), o control sobre o tempo de traballo

(58,3), a dobre presenza (57,1), a previsibilidade (54,1), a Influencia (53,7), a

calidade de liderado (50,5), e o esconder emocións (50,2).

− Grupo 8. Persoal de apoio asistencial (celadores).

O esconder emocións (78,6), a inseguridade (75,1), a estima (74,1), a calidade

de liderado (69,1), a Influencia (68,8), o conflicto de rol (67,6), a dobre

presenza (61,8), as esixencias psicolóxicas emocionais (60,9), a previsibilidade

(59,6), o control sobre o tempo de traballo (58,4), e as posibilidades de

desenvolvemento (53,4).

14/21

Page 15: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral

3.6. Outras exposicións problemáticas

As dimensións nas que a porcentaxe de traballadores que están en situación máis

desfavorable (49 e o 33,3%) por grupo e orde de prevalenza son:

− Sergas: a influencia (43,8) e o apoio social (38,6).

− Grupo 1: a influencia (45,9) as esixencias psicolóxicas cuantitativas (45,3), as

esixencias psicolóxicas cognitivas (35,1) e o apoio social (35,0).

− Grupo 2: o control sobre o tempo de traballo (49,3), as posibilidades de

relación social (42,9) e o apoio social (35,0).

− Grupo 3. a influencia (43,8) e o apoio social (33,3).

− Grupo 4. o reforzo (47,1), a influencia (45,4), o sentimento de grupo (37,2) e a

claridade de rol (35,5).

− Grupo 5. o apoio social (36,4) e o control sobre o tempo de traballo (33,6).

− Grupo 6. a influencia (40,9), o apoio social (40,3), a claridade rol (39,7), as

posibilidades de desenvolvemento (39,3), a integración na empresa (38,3), o

control sobre o tempo de traballo (35,9) e o sentimento de grupo (35,6).

− Grupo 7. o conflicto de rol (49,8), as esixencias psicolóxicas sensoriais (49,1),

as esixencias psicolóxicas emocionais (47,9), as esixencias psicolóxicas

cuantitativas (46,1) e o apoio social (42,2).

− Grupo 8. as esixencias psicolóxicas cuantitativas (46,4), o apoio social (46,4) a

integración na empresa (33,9) e o reforzo (33,6).

3.7. Exposicións favorables.

Atendendo á porcentaxe de traballadores expostos (>33,3%) as dimensións máis

favorables para a saúde por grupo e orde de prevalenza son:

− Sergas: O sentido do traballo (66,2), as posibilidades de desenvolvemento

(53,6), a claridade de rol (44,5), as posibilidades de relación social (40,3), o

sentimento de grupo (38,7), a integración na empresa (38,1)

15/21

Page 16: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral

− Grupo 1: o sentido do traballo (72,9), a claridade de rol (54,2), as posibilidades

de relación social (49,8), o sentimento de grupo (48,1), as posibilidades de

desenvolvemento (44,4), e a integración na empresa (44,0).

− Grupo 2: o sentido do traballo (71,7), as posibilidades de desenvolvemento

(68,8), a claridade de rol (47,3), a influencia (43,2) e o sentimento grupo (43,2).

− Grupo 3. o sentido do traballo (72,0), as posibilidades de desenvolvemento

(61,9), as posibilidades de relación social (49,1), a claridade de rol (38,9) e a

integración na empresa (33,6)

− Grupo 4. as posibilidades de desenvolvemento (64,1), e o sentido do traballo

(58,1).

− Grupo 5. as posibilidades de desenvolvemento (83,6), o sentido do traballo

(73,8), a influencia (42,9) e a claridade de rol (42,5).

− Grupo 6. o sentido do traballo (42,3) e as posibilidades de relación social

(35,4).

− Grupo 7. o sentido do traballo (65,3), a integración na empresa (54,8), a

claridade de rol (52,4), o sentimento de grupo (45,0), as posibilidades de

relación social (41,4) e as posibilidades de desenvolvemento (36,8).

− Grupo 8. o sentido do traballo (53,8) as esixencias psicolóxicas cognitivas

(50,4), a claridade de rol (48,3) as posibilidades de relación social (45,5) o

sentimento de grupo (38,2) e as esixencias psicolóxicas sensoriais (35,7).

3.8. Dimensións non incluídas nas clasificacións anteriores.

Atendendo á porcentaxe de traballadores expostos algunhas das dimensión non se

poden incluír na clasificación exposta nos apartados anteriores. Preséntanse esas

dimensións por grupos de análise.

− Sergas: o reforzo.

− Grupo 1: o reforzo.

16/21

Page 17: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral

− Grupo 2: as esixencias psicolóxicas cuantitativas, a integración na empresa e

o reforzo.

− Grupo 3. o reforzo e sentimento de grupo.

− Grupo 4. a integración na empresa.

− Grupo 5. o reforzo, as posibilidades de relación social, a integración na

empresa e o sentimento de grupo.

− Grupo 6. o reforzo, e as esixencias psicolóxicas cognitivas.

− Grupo 7. o reforzo e esixencias psicolóxicas cognitivas.

3.9. Información sobre as dimensións de saúde, estres e satisfacción.

Estas dimensións do método Istas 21 (CoPsoQ) tratan de dar unha idea de cómo

están os indicadores de saúde dos traballadores avaliados e cómo están estes

para a poboación de referencia. Non se debe intentar, a partir destes datos,

establecer relacións causais, que deberán ser avaliadas mediante estudos

específicos. Preséntase os resultados do Sergas.

− Saúde xeral no Sergas

Táboa 5: Porcentaxe de traballadores distribuídos segundo a percepción do seu estado de saúde xeral (peor, medio, mellor)

Idade Peor % Medio % Mellor % TODOS < = 35 33,0 20,9 44,3

36 - 45 22,5 22,5 51,1 > 45 22,7 20,0 51,3

Todas as idades 24,5 21,0 50,0

HOMES < = 35 31,1 22,1 45,7 36 - 45 23,9 21,1 52,4

> 45 22,1 21,1 52,1 Todas as idades 23,8 21,3 51,4

MULLERES < = 35 33,9 20,6 43,7 36 - 45 22,1 23,4 50,0

> 45 23,5 19,5 50,4 Todas as idades 25,3 21,0 48,8

17/21

Page 18: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral

− Saúde mental no Sergas

Táboa 6: Porcentaxe de traballadores distribuídos segundo a percepción do seu estado de saúde mental (peor, medio, mellor)

idade Peor % Medio % Mellor % TODOS < = 35 32,7 23,8 42,8

36 - 45 32,4 22,6 42,7 > 45 38,4 21,3 36,9

Todas as idades 35,4 22,2 39,8

HOMBRES < = 35 41,1 27,1 30,8 36 - 45 40,0 23,7 34,1

> 45 41,6 21,4 34,2 Todas as idades 41,0 22,8 33,7

MULLERES < = 35 30,7 23,1 45,8 36 - 45 28,4 23,1 46,1

> 45 36,2 21,4 38,7 Todas as idades 32,4 22,3 42,7

− Vitalidade no Sergas

Táboa 7: Porcentaxe de traballadores distribuídos segundo a percepción do seu estado de vitalidade (peor, medio, mellor)

idade Peor % Medio % Mellor % TODOS < = 35 20,9 25,5 53,4

36 - 45 24,1 24,4 50,0 > 45 31,6 24,4 41,6

Todas as idades 27,3 24,6 46,4

HOMBRES < = 35 30,5 21,8 47,6 36 - 45 27,4 27,7 42,8

> 45 36,8 26,2 34,9 Todas as idades 33,1 26,1 38,9

MULLERES < = 35 18,7 26,4 54,8 36 - 45 22,3 22,8 53,6

> 45 28,6 23,2 45,7 Todas as idades 24,4 23,8 50,2

18/21

Page 19: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral

− Síntomas de estres/satisfacción no Sergas:

Táboa 8: Puntuacións medianas comparadas.

Dimensión Mediana Pob. referencia

Síntomas conductuais de estres 31,25 21,7

Síntomas somáticos de estres 18,75 13,0

Síntomas cognitivos de estres 25,0 18,8

Satisfacción co traballo 50,0 62,4

Táboa 9: Porcentaxe de traballadores distribuídos segundo os síntomas de estres/satisfacción (peor, medio, mellor)

Dimensión Peor Intermedio Mellor

Síntomas conductuais de estres 57,13 24,49 18,38

Síntomas somáticos de estres 55,97 31,95 12,08

Síntomas cognitivos de estres 60,30 30,90 8,80

Satisfacción co traballo 51,97 20,82 27,21

19/21

Page 20: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral

4. Conclusións

A participación foi alta e acadou a previsión establecida no proxecto, 60%, polo

que se pode dicir que o estudo foi de interese e acadou un nivel importante

expectación entre os traballadores do Sergas, podéndose considerar un éxito dada

a súa voluntariedade.

Os resultados acadados preséntanse agrupados en dimensións positivas, (aquelas para as que a situación máis favorable para a saúde dáse en puntuación

altas) e dimensións negativas, (aquelas para as que a situación máis favorable

para a saúde dáse en puntuacións baixas).

Os valores acadados polas dimensións positivas presentan un valor desfavorable para a previsibilidade (posibilidade de dispoñer de información

adecuada, suficiente e a tempo para adaptarnos aos cambios), a estima (refírese

ao respecto e recoñecemento, ao apoio adecuado e ao trato xusto), a calidade

liderado (dispoñer de habilidades suficientes para xestionar equipos humanos), o

control sobre os tempos traballo (marxe de autonomía sobre o tempo de traballo e

descanso, pausas, permisos, vacacións), o apoio social (recibir o tipo de axuda

que se necesita e no momento adecuado, tanto de compañeiros como dos

superiores), a influencia (ter marxe de decisión, de autonomía, respecto ao contido

e as condicións de traballo, horario, ritmo, compañeiros, etc.), o reforzo (recepción

de mensaxes dos compañeiros e superiores en relación a realización do traballo

para así modificar as cousas que fallan) e o sentimento de grupo. Presentan un

valor favorable a claridade de rol, a posibilidade de relación social, a integración

na empresa, a posibilidade de desenvolvemento e o sentido de traballo.

Os valores acadados polas dimensións negativas presentan unha situación máis desfavorable que a poboación de referencia, estas dimensión son: a

inseguridade no traballo, a esixencia de esconder emocións, as esixencias

psicolóxicas emocionais, as esixencias psicolóxicas sensoriais, a dobre presenza,

as esixencias psicolóxicas cuantitativas, as esixencias psicolóxicas cognitivas e o

conflito de rol.

Os resultados obtidos no estudo reflicten que:

- As dimensións relacionadas coas esixencias psicolóxicas do traballo

presentan unha exposición máis problemática para a os grupos sanitarios. Para

20/21

Page 21: Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas...Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo

Clima laboral

os grupos non sanitarios a exposición e menos problemática. As altas

esixencias psicolóxicas poden ser un risco, sobre todo, se o traballador ten un

baixo control sobre o contido das tarefas.

- As dimensións relacionadas coas compensacións, (inseguridade e estima)

presentan exposición problemática para todos os grupos estudados.

Relacionase coa estabilidade no emprego, coas perspectivas de promoción, os

cambios non desexados e o respecto, o recoñecemento, o apoio adecuado e

trato xusto.

- A dobre presenza presentase como problemática para todos os grupos

estudados e está relacionada coa conciliación da vida laboral e familiar..

- As dimensións relacionadas co traballo activo e desenvolvemento de habilidades presentan unha exposición problemática en relación co control

sobre o tempo de traballo e a influencia, e unha exposición favorable co sentido

do traballo, as posibilidades de desenvolvemento, e a integración na empresa.

Parece reflectir que as dimensións máis relacionadas co sistema organizativo e

de mando son percibidas cómo máis problemáticas.

- As dimensións relacionadas co apoio social e a calidade do liderado presentan unha exposición problemática para o conflito de rol, a calidade de

liderado, a previsibilidade, e apoio social. Presentan unha exposición favorable

a claridade de rol, a posibilidade de relación social, e o sentimento de grupo.

Parece reflectir que as dimensións máis relacionadas co sistema organizativo e

de mando son percibidas cómo máis problemáticas.

Os datos obtidos deben servir para promover accións dirixidas a afondar na

análise daquelas dimensións máis problemáticas e deseñar actuacións dirixidas a

promover unha mellora xeral das condicións de traballo dos profesionais do

Sergas.

21/21