INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e...

74
INFORME DA ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA (ESTUDO DE POBOACIÓN 2013) SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO UNIDADE DE PSICOLOXÍA DEPORTIVA (USC) Autor: Constantino Arce Fernández

Transcript of INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e...

Page 1: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

INFORME DA ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA

E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA

(ESTUDO DE POBOACIÓN 2013)

SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE

FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO

UNIDADE DE PSICOLOXÍA DEPORTIVA (USC)

Autor:

Constantino Arce Fernández

Page 2: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

2

ÍNDICE

1. Obxectivos do estudo ………………………………………………………….. 3

2. Metodoloxía …………………………………………………………………..... 4

3. Resultados ........................................................................................................... 8

4. Conclusións …………………………………………………………………... 62

Anexo I. Enquisa 2013 sobre actividade física e práctica deportiva en Galicia …....... 67

Anexo II. Categorización das actividades físicas e deportivas utilizada no estudo ...... 73

Page 3: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

3

1. OBXECTIVOS DO ESTUDO

O presente estudo se realizou por iniciativa da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta

de Galicia co ánimo de coñecer os hábitos actuais de actividade física e deportiva da

poboación galega maior de 18 anos. Complementa outros estudos que se están a realizar

desde a mesma Secretaría nos centros de ensino, con menores de idade en etapas

escolares.

No ano 2007 se realizou un estudo semellante coa diferenza de que naquel momento se

fixo máis énfase na actividade deportiva e agora o interese se centra máis na actividade

física. O presente estudo trata de identificar os hábitos de actividade física e deportiva

da poboación galega durante o seu tempo libre pero tamén hábitos de actividade física

propios da vida cotiá para poder disgnosticar os niveis de sendentarismo existentes e

tratar, en consecuencia, de desenvolver iniciativas e plans de acción que axuden a

reducilo na medida do posible.

A nivel máis concreto, o estudo se realizou para tratar de coñecer as trece características

da práctica de actividade física e deportiva da poboación galega que de seguido se

relacionan:

1. O número de galegos/as que realizan actividade física ou deportiva de xeito

regular durante o seu tempo libre.

2. O número de actividades físicas e deportivas que practican.

3. As actividades físicas e deportivas máis practicadas.

4. A frecuencia e duración das sesións de actividade física e deportiva.

5. Os lugares habituais de práctica.

6. Os motivos da práctica.

7. Os niveis de abandono da práctica de actividade física e deportiva e as súas

causas.

Page 4: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

4

8. Os niveis de inactividade física, as súas causas e percepcións.

9. A percepción da importancia da práctica de actividade física e deportiva.

10. A intención de práctica de actividade física e deportiva.

11. Os niveis de actividade física e de sedentarismo na vida cotiá.

12. Os beneficios percibidos da práctica de actividade física e deportiva.

13. Os factores explicativos da práctica de actividade física e deportiva dos

galegos/as.

Todos estas características se investigaron desde varios ángulos, tanto por grupos de

idade, nivel educativo e profesión, como desde a óptica de xénero e de territorialidade.

Os resultados que a continuación se presentan son xeneralizables a toda a poboación

galega maior de 18 anos e pretenden ser un instrumento a disposición dos responsables

da promoción de hábitos de actividade física e deportiva da poboación galega para que

asenten as súas decisións políticas sobre unha plataforma empírica que permita avaliar a

súa evolución co paso do anos.

2. METODOLOXÍA

O estudo se realizou no ámbito da Comunidade Autónoma Galega, sendo o universo do

mesmo todos os homes e mulleres residentes en Galicia maiores de 18 anos de idade

que, segundo fontes do Instituto Galego de Estatística de 2012, ascende a 2.391.217.

O tamaño da mostra utilizada foi de 1.200 persoas, elixidas de xeito aleatorio

proporcional por cotas de sexo, idade, provincia e tamaño poboacional dos concellos.

Como puntos de mostraxe se utilizaron 31 concellos elixidos ao azar nas catro

provincias.

Page 5: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

5

O procedemento de mostraxe utilizado foi polietápico, estratificado por conglomerados,

con selección das unidades mostrais primarias de mostraxe (concellos) de xeito

aleatorio proporcional, e das unidades últimas (individuos) por rutas aleatorias e cotas

de sexo e idade.

Para o cálculo do tamaño mostral, se utilizou un nivel de confianza do 95,5% (dúas

sigmas), e P = Q, sendo o erro mostral do 2,89% para o conxunto da mostra e no

suposto de mostraxe aleatorio simple.

Na franxa de idade estudada, a porcentaxe de homes é do 47,77% e a de mulleres do 52,23%. As cotas de idades e as porcentaxes correspondentes utilizadas para o mostraxe foron as seguintes:

1. 18-24 anos (7,55%) 2. 25-34 anos (15,97%) 3. 35-44 anos (18,58%) 4. 45-54 anos (16,81%) 5. 55-64 anos (14,48%) 6. 65-74 anos (12,04%) 7. 75 ou máis (14,55%)

Por provincias, se fixo a seguinte distribución mostral:

1. A Coruña (41,08%) 2. Lugo (12,90%) 3. Ourense (12,20%) 4. Pontevedra (33,83%)

As categorías que se estableceron para a clasificación dos concellos segundo o seu tamaño poboacional foron as catro seguintes:

1. 5.000 habitantes ou menos de 5.000 (16,67%) 2. 5.001 a 20.000 habitantes (31,89%) 3. 20.001 a 50.000 habitantes (15,49%) 4. Máis de 50.000 habitantes (35,95%)

Page 6: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

6

Os concellos que resultaron elixidos foron:

1. Provincia de A Coruña

1.1. A Coruña 1.2. Santiago 1.3. Ferrol 1.4. Cambre 1.5. Ames 1.6. As Pontes 1.7. Laracha 1.8. Corcubión 1.9. Santiso

2. Provincia de Lugo

2.1. Lugo 2.2. Monforte 2.3. Viveiro 2.4. Burela 2.5. Cospeito 2.6. Fonsagrada 2.7. Abadín

3. Provincia de Ourense

3.1. Ourense 3.2. Verín 3.3. Carballiño 3.4. Ribadavia 3.5. Barbadás 3.6. Castro Caldelas 3.7. Pontedeva

4. Provincia de Pontevedra

4.1. Vigo 4.2. Pontevedra 4.3. Ponteareas 4.4. Lalín 4.5. Baiona 4.6. Poio 4.7. Meis 4.8. Catoira

Page 7: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

7

No mapa de Galicia que se recolle máis abaixo se ofrece a situación xeográfica dos

concellos utilizados na investigación.

Os datos foron recollidos entre o 25 de outubro e o 7 de decembro de 2013 por 6

enquisadores/as, con experiencia e titulación deportiva axeitada as características do

estudo. Para a súa formación específica realizáronse reunións de equipo nas que

participaron membros da Fundación Deporte Galego e da Unidade de Psicoloxía

Deportiva da USC.

Page 8: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

8

A enquisa constaba de 23 ítems con contidos específicos sobre hábitos de actividade

física e deportiva e 9 ítems de datos persoais (ver anexo). Foi elaborada en reunións de

equipo nas que participaron membros da Secretaría Xeral para o Deporte, da Fundación

Deporte Galego, e da Unidade de Psicoloxía Deportiva da USC. Tamén se contou co

asesoramento de expertos asesores do Plan Galicia Saudable pertencentes a

Universidade de A Coruña.

3. RESULTADOS

3.1. Número de galegos/as que realiza actividade física ou deportiva

O estudo permite concluír que, a dia de hoxe, en Galicia hai aproximadamente unha

porcentaxe do 70,75% de persoas de máis de 18 anos (é dicir, 1.691.786 habitantes) que

teñen o hábito de realizar algún tipo de actividade física ou deportiva, de xeito regular,

ao longo da semana durante o seu tempo libre.

0

10

20

30

40

50

60

70

80

SÍ NON

Porcentaxe degalegos/as que realizaactividade física oudeportiva de xeitoregular

Esta porcentaxe supón un avance de 15,65 puntos respecto ao nivel de práctica

rexistrado no ano 2007, que se situaba nunha porcentaxe do 55,1%, entre os/as maiores

de 18 anos.

Page 9: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

9

01020304050

607080

2007 2013

Evolución da práctica deactividade física e deportivaen Galicia

Entre os/as que realizan actividade física ou deportiva de xeito regular hai unha

porcentaxe maior de homes (73,74%) que de mulleres (68%), sendo a diferenza

observada de 5,74 puntos porcentuais estatisticamente significativa (χ21 = 4,493; p =

0,029).

64

66

68

70

72

74

Homes Mulleres

Porcentaxe de homes emulleres que realizanactividade física

Esta diferenza se reduciu, non obstante, case en 2 puntos con respecto a de 2007.

Naquel momento a porcentaxe de homes maiores de 18 anos que practicaba era do

58,9% e a de mulleres do 51,2%, sendo a diferenza de 7,7 puntos porcentuais.

Page 10: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

10

0

2

4

6

8

2007 2013

Diferenza na porcentaxe depráctica entre homes emulleres

Sen embargo, a pesares de seguir existindo a dia de hoxe unha diferenza na porcentaxe

de práctica a favor dos homes, dado que na poboación total galega hai máis mulleres

que homes, o número total de mulleres que realiza actividade física ou deportiva na

actualidade (846.889) supera ao número de homes (844.897).

843.000

844.000

845.000

846.000

847.000

Homes Mulleres

Estimación do número de homes e mulleres galegos qu e realizanactividade física ou deportiva

Tamén se encontraron diferenzas estatisticamente significativas (χ23 = 14,875; p =

0,002) na porcentaxe de práctica segundo o nivel educativo das persoas, sendo maior o

nivel de práctica a medida que aumenta o seu nivel educativo. A diferenza na

porcentaxe de práctica entre os de maior nivel educativo (75,9%) e os de menor nivel

educativo (57%) alcanza os 18,9 puntos.

Page 11: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

11

NIVEL EDUCATIVO PORCENTAXE DE PRÁCTICA

Sen estudios 57%

Estudios básicos 68,8%

Estudios medios 72,8%

Estudios superiores 75,9%

0

20

40

60

80

Sen estudios Básicos Medios Superiores

Porcentaxe de práctica segundo o nivel educativo

Non se encontraron, sen embargo, diferenzas estatisticamente significativas na práctica

de actividade física ou deportiva en ningunha das variables territoriais rexistradas. Non

hai grandes diferenzas na porcentaxe de práctica entre provincias, nin entre concellos de

distinto tamaño poboacional, nin entre o rural e o urbano, nin entre a costa e o interior.

Significa isto que a práctica de actividade física está estendida por toda a xeografía

galega e é semellante en todas as súas demarcacións territoriais.

Tampouco se encontraron diferenzas estatisticamente significativas na porcentaxe de

práctica por franxas de idade das persoas, nin polo réxime de convivencia (soas, en

parella, etc.), nin polo tipo de actividade laboral desempeñada, nin polo sector produtivo

onde se desenvolve a actividade laboral. Outro indicador máis de que a práctica de

actividade física en Galicia non é propia dos máis xoves ou dos que realizan algunha

Page 12: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

12

actividade laboral senón que se estendeu a todas as idades, a todas as profesións e a

traballadores de todos os sectores produtivos por igual.

Nas porcentaxes anteriores está incluída camiñar. Sen contar camiñar, a porcentaxe de

práctica físico-deportiva en Galicia entre os maiores de 18 anos é do 43,08%, o que

supón un incremento de 13,68 puntos respecto ao 2007, onde esta taxa se situaba no

29,4%. Sen incluír camiñar e considerando unicamente aos que practican máis de unha

vez por semana e o rango de idade que vai dos 18 aos 70 anos, para nos poder comparar

coa media española de práctica físico-deportiva, a porcentaxe de práctica en Galicia no

2013 entre os maiores de 18 anos é do 41,9%, situándose lixeiramente por enriba da

media española que é do 41,8% (SportCvltvra Barcelona, 2013).

41,75%

41,80%

41,85%

41,90%

Galicia España

Porcentaxe de práctica físico-deportiva en 2013, se n incluircamiñar, máis de 1 vez á semana, 18 a 70 anos

3.2. Número de actividades físicas e deportivas practicadas polos galegos/as

Unha grande maioría dos que practican actividade física ou deportiva en Galicia realiza

unha soa actividade (66,8%), pero hai quen compatibiliza dúas actividades diferentes

(27,2%), tres (5,4%) e ata catro actividades (0,6%).

Page 13: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

13

3.3. Actividades físicas e deportivas máis practicadas polos galegos/as

Con moita diferenza sobre as demais, a actividade física máis practicada polos

galegos/as é camiñar. Un 40,42% dos galegos/as maiores de 18 anos teñen o hábito de

camiñar (algo máis de 4 de cada 10 galegos/as). Esta porcentaxe ascendeu notablemente

desde 2007, que se situaba no 27,47%. A estimación do número de persoas maiores de

18 anos que teñen o hábito de camiñar actualmente en Galicia ascende a 966.530.

Page 14: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

14

0

10

20

30

40

50

2007 2013

Evolución da práctica decamiñar en Galicia

Logo de camiñar, por orde de práctica, están varias actividades físicas tales como o

acondicionamento físico en ximnasio, que ocupa o segundo posto cun 8,33%, correr (3º

posto, cun 7,83%), ximnasia de mantemento (4º, 5,42%), actividades aeróbicas con

soporte musical (5º, 5.42%), nadar (6º, 5%), andar en bicicleta (7º, 4%), pilates (9º, 3%),

acondicionamento físico na casa (11º, 2%), e o ioga (14º, 0,75%). Tamén están entre os

quince máis practicados xogos ou deportes coma o fútbol (8º, 4%), o pádel (10º,

2,42%), o fútbol sala (12º, 1,83%), o tenis (13º, 0,92%) e a caza (15º, 0,67%).

Posto Actividade

Porcentaxe da

poboación galega

maior de 18 anos que

practica

Número estimado de

persoas maiores de 18

anos que practican en

Galicia

1 Camiñar 40,42 966.530

2 Acondicionamento

físico en ximnasio

8,33 199.188

3 Correr 7,83% 187.232

4 Ximnasia de

mantemento

5,42 129.604

5 Actividades aeróbicas

con soporte musical

5,42 129.604

6 Nadar 5,00 119.561

Page 15: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

15

Posto Actividade

Porcentaxe da

poboación galega

maior de 18 anos que

practica

Número estimado de

persoas maiores de 18

anos que practican en

Galicia

7 Andar en bicicleta 4,00 95.649

8 Fútbol 4.00 95.649

9 Pilates 3,00 71.737

10 Pádel 2,42 57.867

11 Acondicionamento

físico na casa

2,00 47.824

12 Fútbol sala 1,83 43.839

13 Tenis 0,92 21.919

14 Ioga 0,75 17.934

15 Caza 0,67 15.941

Outras actividades tamén destacadas pola súa práctica son o taichí, o sendeirismo, as

actividades rítmicas expresivas, as actividades subacuáticas, o atletismo, o baloncesto, o

balonmán, o boxeo, o ciclismo, o judo, o montañismo, o motociclismo, a patinaxe, o

pentatlón, o rugby, o taekwondo, o tiro con arco, a vela, a ximnasia, o golf, a hípica, a

petanca, o squash, o voleibol, os deportes de inverno, a natación, e o surf, entre outras.

Se comparamos, as dez actividades físicas ou deportivas máis practicados en 2013 coas

máis practicadas en 2007, entre os maiores de 18 anos, se observa a seguinte evolución:

• Oito actividades físicas ou deportivas que en 2007 estaban entre as dez máis

practicadas seguen a estar entre as dez máis practicadas en 2013: camiñar, nadar,

fútbol, acondicionamento físico en ximnasio, correr, ximnasia de mantemento,

actividades aeróbicas con soporte musical, e andar en bicicleta.

Page 16: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

16

• Baixan en 2013, con respecto a 2007, o fútbol (do 3º ao 8º posto), nadar (do 2º

ao 6º), ademais do fútbol sala e a pesca, que saen da lista das dez actividades

máis practicadas.

• Soben, con respecto a 2007, o pilates e o pádel, que entran por primeira vez na

lista das dez actividades máis practicadas en Galicia. Tamén adiantan posicións

o acondicionamento físico en ximnasio, que se coloca de segundo na orde de

práctica, correr, a ximnasia de mantemento, as actividades aeoróbicas con

soporte musical, e andar en bicicleta.

• Camiñar segue no primeiro posto na orde de práctica en Galicia, e ademais sube

case 13 puntos porcentuais na porcentaxe de práctica respecto a 2007.

Posto 2007 2013 1 Camiñar Camiñar 2 Nadar Acondicionamento

físico en ximnasio 3 Fútbol Correr 4 Acondicionamento

físico en ximnasio Ximnasia de mantemento

5 Correr Actividades aeróbicas con soporte musical

6 Ximnasia de mantemento

Nadar

7 Actividades aeróbicas con soporte musical

Andar en bicicleta

8 Andar en bicicleta Fútbol 9 Fútbol sala Pilates 10 Pesca Pádel

Se temos en conta o sexo das persoas para analizar o tipo de actividade practicada e a

frecuencia de práctica, obsérvanse as seguintes diferenzas e semellanzas:

Page 17: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

17

� A actividade física máis practicada polos homes e mulleres de Galicia é camiñar,

pero hai un número maior de mulleres que camiñan (504.819) que de homes

(461.711).

� Hai cinco actividades (acondicionamento físico en ximnasio, nadar, correr, andar

en bicicleta, e pádel) que se sitúan entre as dez máis practicadas tanto no caso

dos homes coma no caso das mulleres.

� Catro actividades (fútbol, fútbol sala, acondicionamento físico na casa, e a caza)

están entre as dez máis practicadas no caso dos homes e non no das mulleres.

� E outras catro actividades (actividades aeróbicas con soporte musical, ximnasia

de mantemento, pilates e ioga) están entre as dez máis practicadas polas

mulleres pero non polos homes.

HOMES MULLERES

Posto Actividade

Porcentaxe de homes galegos

que practican

Posto Actividade

Porcentaxe de mulleres

galegas que

practican 1 Camiñar 36,00 1 Camiñar 44,48 2 Correr 13,22 2 Actividades

aeróbicas con soporte musical

9,76

3 Acondicionamento físico en ximnasio

11,48 3 Ximnasia de mantemento

9,44

4 Fútbol 8,00 4 Acondicionamento físico en ximnasio

5,44

5 Andar en bicicleta 6,26 5 Pilates 5,44 6 Nadar 4,52 6 Nadar 5,44 7 Fútbol sala 3,65 7 Correr 3,04 8 Pádel 3,48 8 Andar en bicicleta 1,92 9 Acondicionamento

físico na casa 2,43 9 Pádel 1,44

10 Caza 1,39 10 Ioga 1,28

Page 18: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

18

Se comparamos a taxa de práctica de camiñar co resto das actividades físicas ou

deportivas, entre aquelas persoas que realizan unha soa actividade, o 60,7% camiñan e o

39,3% practican outras actividades. É dicir que 6 de cada 10 galegos/as que practican

unha soa actividade física ou deportiva o que fan é camiñar. Esta proporcionalidade

mantense tanto no caso dos homes (58,9% vs. 41,1%) coma no das mulleres (62,5% vs.

37,5%). A evolución relativa destas dúas modalidades de práctica coa idade é a

seguinte: nas primeiras etapas da adultez (dos 18 aos 44 anos) é maior a porcentaxe de

persoas que practican outras actividades físicas ou deportivas que a porcentaxe de

persoas que camiñan. E a partires dos 45 anos invértese esta relación, pasando a ser

maior a porcentaxe de persoas que camiñan que a porcentaxe de persoas que realizan

outras actividades físicas ou deportivas.

Idade

Porcentaxe relativo de galegos/as que camiñan, entre os/as que realizan

unha soa actividade física ou deportiva

Porcentaxe relativo de galegos/as que realizan

outras actividades físicas ou deportivas

18-24 anos 12,8 87,2

25-34 anos 30,1 69,9

35-44 anos 38,4 61,6

45-54 anos 64,6 35,4

55-64 anos 67,5 32,5

65-74 anos 90,9 9,1

75 ou máis anos 96,8 3,2

Page 19: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

19

0

20

40

60

80

100

18-24

anos

25-34

anos

35-44

anos

45-54

anos

55-64

anos

65-74

anos

75 ou

máis

anos

Camiñan Outras actividades físicas ou deportivas

3.4. Frecuencia e duración das sesións de actividade física e deportiva

Como medida da frecuencia da práctica de actividade física e deportiva rexistrouse o

número de sesións semanais realizadas, sendo a media igual a 4,15, e o número de

sesións semanais máis frecuente 7 (moda).

Existe unha porcentaxe do 6,7% que realiza unha soa sesión semanal e unha porcentaxe

moi pequena (do 0,6%) que realiza 20 ou máis de 20 sesións semanais. Estes últimos

casos corresponden a persoas que teñen o hábito de ir ao traballo andando.

Os/as que camiñan realizan unha media de sesións semanais moi superior aos que

realizan calquera outro tipo de actividade física ou deportiva (5,46 versus 2,76), sendo a

diferenza observada estatisticamente significativa (t674,641 = 16,844; p < .001). Con

respecto a 2007, ascendeu o número de sesións semanais que realizan os/as que camiñan

(de 4,54 a 5,46 de media), e baixou o número de sesións semanais dos que realizan

outras actividades físicas ou deportivas (de 3,69 a 2,76).

Page 20: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

20

A duración media dunha sesión resultou ser igual a 78,25 minutos, cunha desviación

típica de 51,35 (coeficiente de variación igual a 65,62%), querendo isto dicir que existe

unha variabilidade importante que vai desde sesións de 10 minutos ata sesións de 480

minutos. Estas últimas acostuman a corresponder a sesións de sendeirismo, montañismo

ou semellantes.

Se separamos aos que camiñan dos que realizan outras actividades físicas ou deportivas,

se observa que a duración media das sesións é maior entre os/as que realizan outras

actividades físicas ou deportivas que entre os/as que camiñan (85,71 versus 71,24

minutos).

Se temos en conta a media de sesións semanais realizadas polos galegos/as que

practican algunha modalidade de actividade física ou deportiva (4,15) e a duración

media dunha sesión de práctica (78,25 minutos), obtemos que os galegos/as practican

unha media de 324,74 minutos semanais, cantidade que duplica a recomendación da

Organización Mundial da Saúde, que é de 150 minutos de actividade física semanal

moderada.

050

100150200250300350

Galicia Recomendación O.M.S.

Minutos de práctica semanal

Page 21: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

21

O umbral dos 150 minutos semanais o superan tanto os/as que camiñan, que practican

unha media de 388,97 minutos a semana, coma os/as que realizan outras actividades

físicas ou deportivas, que practican unha media de 236,56 minutos a semana.

Na enquisa tamén se tratou de indagar sobre a intensidade da actividade física

practicada para o que se lles preguntou aos enquisados/as se durante a actividade eran

capaces de manter ou non unha conversa con normalidade sen que se alterase moito a

súa respiración. O 84,8% contestou que si, mentres un 15,2% contestou que non,

podendo isto querer dicir que unha grande maioría próxima ao 85% realiza actividade

física ou deportiva con intensidade moderada e tan só unha minoría do 15,2% realiza

actividade física de alta intensidade.

Nove de cada dez galegos/as (o 90,4%) que realizan actividade física ou deportiva na

actualidade lévano facendo con regularidade desde hai máis de 6 meses, e tan só un de

cada dez (o 9,6%) comezou a practicar nos últimos 6 meses.

0

20

40

60

80

100

Máis de 6 meses Menos de 6 meses

Meses de práctica

Entre os/as que comezaron a practicar nos últimos 6 meses, un de cada catro comezou a

camiñar (o 24,7%) e tres de cada catro (o 75,3%) comezaron a realizar algunha outra

actividade física ou deportiva.

Page 22: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

22

3.5. Lugares de práctica

En Galicia o lugar onde máis se practica actividade física é no medio natural (mar,

praias, montes, vales, ríos, camiños, carreiros, etc.) cun 40,4%, seguido das instalacións

deportivas (30,7%) e do entorno urbano (23,8%). Tan só un 5,1% practica noutros

lugares tales como as dependencias das asociacións de veciños/as (2,8%), a casa (1,9%),

os parques saudables (0,1), ou semellantes (0,2%). Ningún enquisado/a manifestou que

realizara actividade física no entorno laboral durante o tempo libre (0,0%).

Observáronse diferenzas estatisticamente significativas entre homes e mulleres en canto

aos lugares de práctica (χ26 = 24,742; p < .001). As diferenzas prodúcense na porcentaxe

de práctica no medio natural (hai unha porcentaxe maior de homes, 43,2%, que de

mulleres, 37,6%) e na porcentaxe de práctica nas asociacións de veciños (hai unha

Page 23: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

23

maior porcentaxe de mulleres, 5,4%, que de homes, 0,2%). No resto dos lugares

(instalacións deportivas, medio urbano, casa, etc.) as porcentaxes de práctica son

semellantes para homes e mulleres.

0

10

20

30

40

50

Medio natural Asociacións de

veciños/as

Homes

Mulleres

Tamén se observaron diferenzas estatisticamente significativas (χ236 = 166,814; p <

.001) nos lugares de práctica por franxas de idade. A porcentaxe de persoas que realizan

actividade física no medio natural e no medio urbano aumenta coa idade das persoas,

mentres que diminúe coa idade a porcentaxe de persoas que utilizan instalacións

deportivas.

0

10

20

30

40

50

60

Medio natural Medio urbano Instalacións

deportivas

18-24 anos

25-34 anos

35-44 anos

45-54 anos

55-64 anos

65-74 anos

75 ou máis

Page 24: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

24

Outros resultados salientables relativos ao lugar onde se practica foron os seguintes:

• O nivel educativo das persoas está directamente relacionado coa utilización de

instalacións deportivas, a maior nivel educativo maior porcentaxe de uso de

instalacións deportivas.

• O tamaño dos concellos relacionase cos lugares de práctica deportiva do

seguinte xeito:

o Canto maiores son os tamaños dos concellos maior é a porcentaxe de

práctica en instalacións deportivas e a porcentaxe de práctica no medio

urbano.

o Canto menores son os tamaños dos concellos maior é a porcentaxe de

práctica no medio natural.

3.6. Motivos da práctica de actividade física e deportiva

O coidado da saúde é o motivo principal da práctica de actividade física dos galegos/as.

Así o manifesta un 35,7% dos enquisados/as. Se a esta porcentaxe lle engadimos un

7,1% que realiza actividade física por prescrición médica, teríamos que a dia de hoxe en

Galicia o 42,8% dos que practican algún tipo de actividade física ou deportiva de xeito

regular fano para manter ou mellorar o seu estado de saúde. O segundo gran motivo de

práctica é lúdico, practicar simplemente como modo de divertirse ou pasalo ben. Case

tres de cada dez galegos/as practican por este motivo (un 29,3%). Os seguintes dous

motivos de práctica son estar en forma (15,7%) e perder peso (4,6%). Motivos menos

frecuentes son practicar por competir (1,2%), ou por estar cos amigos/as (3,5%) ou coa

familia (0,9%).

Page 25: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

25

A frecuencia dalgúns motivos, sen embargo, non é igual para homes e mulleres habendo

diferenzas estatisticamente significativas entre eles (χ28 = 32,743; p < .001). As

diferenzas máis salientables prodúcense na orde dos motivos máis importantes de

práctica de actividade física: a saúde e a diversión. Para a muller o motivo de práctica

máis frecuente é a saúde (42%); este sería o seu primeiro motivo de práctica, moi por

diante da diversión (22,4%); mentres para o home o motivo de práctica máis frecuente é

a diversión (36,2%), quedando a saúde no segundo lugar (29,3%). Perder peso tamén é

un motivo máis frecuente entre as mulleres (6,6%) que entre os homes (2,6%) e

competir, sen embargo, un motivo máis frecuente entre homes (1,7%) que entre as

mulleres (0,7%). Nos demais motivos (estar en forma, prescrición médica, estar cos

amigos/as, estar coa familia) existe bastante igualdade de xénero.

Page 26: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

26

0

10

20

30

40

50

Saúde Diversión Perder peso Competir

Homes

Mulleres

A idade das persoas tamén está asociada cos motivos da práctica deportiva do seguinte

xeito:

• A medida que aumenta a idade, practícase máis por razóns de saúde e

prescrición médica. Estes motivos vanse facendo máis poderosos a medida que

se van facendo maiores as persoas.

• A medida que aumenta a idade, practícase menos por razóns de diversión, estar

en forma, perder peso ou competir. Estes motivos van perdendo peso a medida

que as persoas se van facendo maiores.

• Nos demais motivos (estar cos amigos/as, coa familia) non se aprecian

tendencias nin ascendentes nin descendentes en relación coa idade das persoas.

0

10

20

30

40

50

60

Saúde Prescripción

médica

Diversión Estar en

forma

Perder peso Competir

18-24 anos

25-34 anos

35-44 anos

45-54 anos

55-64 anos

65-74 anos

75 ou máis

Page 27: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

27

3.7. Abandono da práctica de actividade física e deportiva

En Galicia, a día de hoxe, non practica actividade física de xeito regular no seu tempo

libre o 29,25% da poboación de 18 ou máis anos de idade (uns 699.431 galegos/as).

Entre eles, un 12,10% (uns 289.425 habitantes) nin practica nin practicou nunca

actividade física e o 17,15% restante practicou actividade física con anterioridade

abandonou. En Galicia actualmente hai uns 410.006 casos de abandono.

0

10

20

30

40

50

60

70

80

Practican Nunca

practicaron

Practicaron e

abandonaron

Abandono da actividade

física

Un 1,4% dos abandonos producíronse na infancia (13 ou menos anos), un 15,89% na

adolescencia (14 a 17 anos) e a grande maioría, o 82,71%, na etapa de adulto (a partir

dos 18 anos).

Page 28: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

28

0

20

40

60

80

100

Infancia Adolescencia Adulto

Etapa de abanodno

Na infancia sinaláronse tres causas de abandono: deixar de gustar a actividade (33%),

falta de tempo (33%) e instalacións deportivas moi alonxadas (33%).

Na adolescencia, as causas de abandono máis frecuentes foron a falta de tempo (un 50%

abandonou por esta razón) e a crenza de que xurdiron obxectivos máis importante na

vida que a realización de actividade física (20,6%). Sete de cada dez abandonos na

adolescencia producíronse por algunha destas dúas razóns. Outras causas menos

frecuentes foron deixar de gustar a actividade (8%), as enfermidades, lesións ou

accidentes (8%), a perda de interese (2,9%), facerse maior (2,9%), ou as instalacións

deportivas moi alonxadas (2,9%), etc..

Page 29: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

29

0

10

20

30

40

50

Falta de tempo Crenza de que

xurdiron obxectivos

máis importantes

na vida

Causas máis importantes de

abandono na adolescencia

As actividades máis comúns que se encontraban realizando no momento do abandono

eran o fútbol (41,2% dos casos), a natación (20,6%), o baloncesto (11,8%) e a ximnasia

(8,8%). Máis de 8 de cada 10 abandonos na adolescencia producíronse nalgunha desta

catro actividades.

0

10

20

30

40

50

Fútbol Natación Baloncesto Ximnasia

Actividades máis comúns que

foron abandonadas polos

adolescentes

Durante a etapa de adulto (a partir dos 18 anos), hai unha aceleración do abandono da

actividade física nos primeiros anos producíndose o 26,9% dos mesmos antes dos 24

anos, o 52% antes dos 34 anos e o 72% antes dos 44 anos. A partires desta idade

prodúcese o 28% restante dos abandonos.

Page 30: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

30

Etapa de adulto (18 ou máis anos)

Idade das persoas Distribución dos casos de abandono

(Porcentaxes acumuladas)

19 anos 10%

22 anos 20%

25 anos 30%

29 anos 40%

32 anos 50%

38 anos 60%

43 anos 70%

53 anos 80%

Page 31: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

31

Etapa de adulto (18 ou máis anos)

Idade das persoas Distribución dos casos de abandono

(Porcentaxes acumuladas)

68 anos 90%

73 anos 95%

80 anos 99%

Non se encontraron diferenzas estatisticamente significativas na taxa de abandono entre

homes e mulleres en ningún dos grupos de idade, pero si que se encontraron diferenzas

estatisticamente significativas segundo o nivel educativo das persoas (χ218 = 73,624; p <

.001). A relación observada foi a seguinte: na franxa de idade que vai dos 18 aos 64

anos hai máis abandonos nos niveis educativos altos que nos baixos, pero a partires dos

65 anos ocorre ao revés, prodúcense máis abandonos nos niveis educativos baixos que

nos altos.

Entre os adultos/as a causa de abandono percibida máis frecuente segue sendo, coma no

caso dos adolescentes, a falta de tempo (48,30%). No segundo lugar se sitúan as

enfermidades, lesións ou accidentes (18,75) e no terceiro lugar a crenza de que xurdiron

obxectivos máis importantes na vida (14,20%). Causas obxectivas coma instalacións

deportivas moi alonxadas, motivos económicos, falta de oferta deportiva ou falta de

instalacións deportivas son causas moito menos frecuentes de abandono deportivo en

Galicia.

Page 32: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

32

As actividades máis abandonadas polos adultos foron camiñar (19,2%), o fútbol (17,5%,

o acondicionamento físico en ximnasio (11,9%), a natación (10,2%), as actividades

aeróbicas con soporte musical (8,5%) e o baloncesto (7,3%).

Page 33: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

33

0

5

10

15

20

Camiñar Fútbol Acond.

Físico

Ximnasio

Natación Act. Aer.

Soporte

Musical

Baloncesto

Actividades máis comúns abandonadas polos adultos

3.8. Inactividade física: frecuencia, causas, percepcións

En Galicia hai unha porcentaxe do 12,10% de persoas de 18 ou máis anos de idade (uns

289.425 galegos/as) que nunca practicou actividade física con regularidade, dos cales un

61,8% son mulleres (unhas 178.865) e un 38,2% homes (uns 110.560).

0

10

20

30

40

50

60

70

Mulleres Homes

Distribución por sexodos galegos/as quenunca practicaronactividade física oudeportiva en Galicia

Page 34: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

34

Hai persoas que nunca practicaron actividade física en todos os grupos de idade, aínda

que hai un número considerablemente maior de persoas no grupo de 75 ou máis anos

(25,7%).

Tamén hai persoas que nunca practicaron pertencentes a todos os niveis educativos, se

ben hai máis nos niveis educativos baixos que nos altos.

Page 35: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

35

0

10

20

30

40

50

Sen estudios Básicos Medios Superiores

Porcentaxe de galegos/as que nunca practicaron por niveis educativos

No rango de idade que vai dos 18 aos 44 anos a porcentaxe de mulleres que nunca

practicou supera a de homes, e dos 44 en diante é ao revés a porcentaxe de homes que

nunca practicou supera a porcentaxe de mulleres.

0

5

10

15

20

25

30

18-34 35-44 45-54 55-64 65-74 75 ou máis

Homes

Mulleres

As persoas que nunca practicaron encóntranse repartidas por toda a xeografía galega,

nas catro provincias, nos concellos máis grandes e nos máis pequenos, nas zoas rurais e

tamén nas urbanas.

As causas máis comúns que sinalan os que nunca practicaron actividade física de xeito

regular son de natureza subxectiva ou motivacional na súa maioría, coma a falta de

tempo, informada por un 41,8% coma a causa principal de que nunca practicaran, a falta

Page 36: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

36

de interese (15,6%), non gustar a actividade física (12,8%), a crenza de que un/unha se

está facendo maior para practicar (7,1%) ou a crenza de que xurdiron obxectivos máis

importantes na vida (0,7%). Causas obxectivas coma enfermidades, lesións, accidentes

(9,2%), motivos económicos (2,1%), falta de oferta deportiva (2,1%) ou instalacións

deportivas moi alonxadas foron sinaladas por un número relativamente menor de

persoas.

Aínda que nunca practicaron, hai unha porcentaxe do 44,4%, que declara que lle

gustaría facelo, mentres que o resto nin practicou nunca ni lle interesa facelo no futuro

(55,6%).

Page 37: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

37

0

1020

3040

50

60

SÍ NON

Porcentaxe de galegos/as que nunca practicaron inte resados enpracticar

A pesares de non practicar actividade física con regularidade ao longo da semana

durante o seu tempo libre, máis da metade (un 52,1%) declara que realiza actividade

física de xeito regular a través do seu traballo ou ocupación principal diaria, nun grao

moderado (23,16%), bastante alto (29,47%) ou incluso moi alto (12,63%).

Page 38: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

38

Que non practicaran nunca actividade física no seu tempo libre de xeito regular, e que o

seu traballo ou ocupación principal diaria lle requira pouca (25,26%) ou moi pouca

(9,474%) actividade física, é dicir que se poderían considerar sedentarios/as, teríamos

en Galicia unha porcentaxe do 2,75%, entre os/as maiores de 18 anos. Se a esta

porcentaxe lle engadimos os casos de abandono aos que a súa ocupación principal diaria

tamén lle require pouca ou moi pouca actividade física, chegaríamos a unha porcentaxe

total do 6% de sedentarismo en Galicia (unhas 143.473 persoas maiores de 18 anos).

Que nunca practicaran actividade física ou deportiva, hainos en todas as provincias, en

todos os tipos de concellos, hai homes e mulleres, de todos os grupos de idade e niveis

educativos, sendo o perfil máis típico o seguinte: persoas xubiladas (48,5%), persoas

residentes en entornos urbanos (75,7%), persoas con niveis educativos baixos (66,7%).

A pesares de non haber practicado nunca actividade física no seu tempo libre, a

percepción que teñen da súa forma física é satisfactoria na súa maioría. Un 49,3%

considera aceptable a súa forma física, un 19,2% a considera boa, e un 3,5% moi boa.

Un 18,1% a considera, non obstante, deficiente e o 9,7% francamente mala.

Page 39: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

39

A percepción que teñen do seu estado de saúde supera incluso á percepción que teñen

da súa forma física. Un 34% a considera aceptable, un 40,3% a considera boa, e un

6,9% moi boa. Tan só un 11,8% a considera deficiente e un un 6,9% francamente mala.

Page 40: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

40

3.9. Percepción da importancia da práctica de actividade física ou deportiva

Un 71,3% dos galegos/as considera de alto interese ou de moi alto interese a práctica de

actividade física ou deportiva, un 3,3% non ten claro o grao de interese que poida ter, e

un 25,6% a considera de baixo ou moi baixo interese.

Entre os que lle interesa, o caso máis común é o de aquel que lle interesa a actividade

física ou deportiva, pero que non practica tanto como quixera (35,9%), no segundo lugar

está o de aquel que lle interesa a actividade física e deportiva, e practica suficientemente

(29,8%), no terceiro lugar sitúase aquel que lle interesa, practicou con anterioridade

pero agora non o fai (13,1%), e no cuarto lugar aquel ao que lle interesa e a practica

moito (5,6%).

Page 41: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

41

Entre os que non lle interesa, hainos que que nin practican nin lle interesa facelo (6,7%),

que nunca practicaron pero que lle gustaría facelo (5,8%), e que non lles interesa pero

que practican por obrigación (3,3%).

Observáronse diferenzas estatisticamente significativas entre homes e mulleres nalgúns

tipos de interese pola actividade física ou deportiva ((χ26 = 30,186,624; p < .001), sendo

as diferenzas máis salientables as seguintes:

• Hai unha maior porcentaxe de mulleres (38,1%) que de homes (33,6%) ás que

lles interesa a actividade física, pero que non practican tanto como quixeran.

• Hai unha maior porcentaxe de mulleres (7,4%) que de homes (4%) que nunca

practicaron pero que lles gustaría facelo.

• Hai unha maior porcentaxe de homes (32%) que de mulleres (27,7%) aos que

lles interesa a actividade física e a practican suficientemente.

Page 42: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

42

• Hai unha maior porcentaxe de homes (8,7%) que de mulleres (2,7%) aos que lles

interesa e practican moito.

Se ordenamos o grao de interese de 1 a 7, onde 1 significa un grao de interese moi baixo

pola actividade física ou deportiva, e 7 un grao de interese moi alto, a media dos homes

sitúase en 4,86 (desviación típica = 1,58) e a media das mulleres en 4,51 (desviación

típica = 1,60), sendo a diferenza estatisticamente significativa (t1198,69 = 3,759; p <

.001).

Coa idade, vai diminuíndo o interese pola actividade física ou deportiva, cun repunte na

franxa dos 65 aos 74 anos (Estatístico de Brown-Forsythe, con 6 graos de liberdade no

numerador e 1042,630 no denominador, igual a 2,456, p = 0,023).

Page 43: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

43

A medida que aumenta o nivel educativo das persoas aumenta o seu grao de interese

pola actividade física e deportiva (Estatístico de Brown-Forsythe, con 3 graos de

liberdade no numerador e 492,003 no denominador, igual a 11,121, p < .001).

Unha enorme maioría dos galegos/as é consciente dos beneficios da actividade física

sobre a saúde. Un 56,6% cre que son moitos os beneficios que produce, e un 35,3% cre

que son bastantes. Tan só unha minoría cre que son moderados (6,5%), poucos (1,3%)

ou nulos (0,3%). A media, nunha escala de 1 a 5, onde 1 significa ningún beneficio e 5

significa moitos beneficios, sitúase en 4.67 (desviación típica igual a 0,70).

Page 44: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

44

Os/as que practican perciben a práctica de actividade física e deportiva como máis

beneficiosa para a saúde (media igual a 4,55) que os/as que non practican (media igual a

4,27), sendo a diferenzas entre as medias estatisticamente significativa (t532,04= 5,803; p

< .001).

Beneficio percibido Porcentaxe entre os/as que practican

Porcentaxe entre os/as que non practican

Ningún 0,1 0,6

Pouco 0,5 3,4

Moderado 5,3 9,4

Bastante 32,6 41,9

Moito 61,5 44,7

Page 45: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

45

Non se observaron diferenzas estatisticamente significativas entre homes (media igual a

4,44) e mulleres (media igual a 4,49) na percepción dos beneficios da actividade física

sobre a saúde (t1198 = -1,184; p < .001) pero si se observaron diferenzas estatisticamente

significativas por grupos de idade (Estatístico de Brown-Forsythe, con 6 graos de

liberdade no numerador e 1029,882 no denominador, igual a 12,608, p < .001) e por

niveis educativos (Estatístico de Brown-Forsythe, con 3 graos de liberdade no

numerador e 368,816 no denominador, igual a 32,810, p < .001).

Por grupos de idade, a valoración dos beneficios mantense sempre por enriba dos 4

puntos (escala 1-5), pero experimenta un descenso que alcanza significatividade

estatística a partires dos 75 anos de idade (proba de Games-Howell, p < .001).

Page 46: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

46

Por niveis educativos, ascende a percepción dos beneficios da actividade física sobre a

saúde a medida que aumenta o nivel educativo das persoas, alcanzado sempre as

diferenzas entre niveis educativos consecutivos significatividade estatística (proba de

Games-Howell, p < .05). A media máis baixa obsérvase entre os que non teñen estudos

(media = 3,99; desviación típica = 0,96), e a máis alta entre os que teñen estudos

superiores (media = 4,70; desviación típica = 0,51). As persoas con estudos básicos

teñen unha media de 4,32 (desviación típica = 0,73) e as persoas con estudos medios

unha media de 4,59 (desviación típica = 0,60).

Nunha escala de 1 a 5, onde 1 significa ningún e 5 significa moito, os galegos/as lle

conceden a actividade física un valor medio de 3.78 (desviación típica = 1,06), sendo

estatisticamente superior a media dos homes (3,84, desviación típica = 1,04) a media

das mulleres (3,72, desviación típica = 1,08); t1195,762 = 2,019, p = 0,044.

Page 47: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

47

De maneira semellante ao que ocorre coa percepción dos beneficios da actividade física,

o valor que se lle concede a actividade física tamén diminúe a partires dos 75 anos de

idade e aumenta co nivel educativo das persoas.

3.10. Intención de práctica de actividade física e deportiva

Un 54,3% dos galegos/as mostra bastante ou moita intención de práctica de actividade

física de cara o futuro, un 29% moderada, un 9,6% pouca e un 7,1% ningunha. Nunha

escala que vai de 1 a 5, onde 1 significa ningunha intención de práctica e 5 moita, a

media sitúase en 3,56 (desviación típica = 1,17).

Page 48: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

48

Os/as que practican teñen unha intención de práctica media de 3,93, nunha escala de 1 a

5, e os/as que non practican de 2,67, sendo a diferenza entre as medias estatisticamente

significativa (t510,39= 17,07; p < .001).

Intención de práctica Porcentaxe entre os/as

que practican Porcentaxe entre os/as

que non practican Ningunha 0,1 23,9

Pouca 5,4 19,7

Moderada 28,4 30,5

Bastante 33,7 17,4

Moita 32,4 8,5

A intención de práctica é maior entre os/as que practicaron e abandonaron (media igual

a 3,05) que entre os/as que nunca practicaron (media igual a 2,14), sendo a diferenza

estatisticamente significativa (t344 = 7,185; p < .001).

A media dos homes (3,64, desviación típica = 1,19) é estatisticamente superior a media

das mulleres (media igual a 3,48, desviación típica = 1,15); t1198 = 2,372; p = 0,018.

Respecto a idade e ao nivel educativo das persoas, seguen a observarse as mesmas

tendencias que se observaban respecto aos beneficios percibidos da saúde ou ao valor

que se lle concede a actividade física; é dicir, diminúe a intención de práctica coa idade

das persoas e aumenta a intención de práctica co seu nivel educativo.

Page 49: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

49

Teñen unha maior intención de práctica os/as que abandonaron (media = 3,05, nunha

escala de 1 a 5) que os/as que nunca practicaron (media = 2,139), t345 = 7,200; p < .001.

Page 50: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

50

01122334

Os/as que abandonaron Os/as que nuncapracticaron

Intención de práctica

A grande maioría das causas sinaladas da intención de non practicar son de natureza

subxectiva: non me interesa (30,1%), fíxenme maior para seguir practicando (20,5%),

non me gusta (15,7%), falta de tempo (8,4%), xurdiron obxectivos máis importantes na

miña vida (3,6%), etc. E tan só unha delas é de natureza obxectiva: enfermidade, lesión

ou accidente (20,5%).

Page 51: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

51

3.11. Estilo de vida: actividade física cotiá e sedentarismo

Na enquisa se lle pediu aos enquisados/as que, independentemente de si realizaban ou

non actividade física ou deportiva no seu tempo libre, fixeran unha valoración do grao

de actividade física total que realizaban no dia a día, nunha escala de 1 a 5, onde 1

significaba ningunha actividade e 5 moita actividade. Un 3,9% manifestou que realizaba

moita actividade, un 22,8% bastante, un 43,3% moderada, un 26,6% pouca, e un 3,5%

ningunha. A media se situou nos 2,97 puntos, que ven significando un grao de

actividade física moderado, non habendo diferenzas estatisticamente significativas entre

homes e mulleres (t1155,440 = 1,052, p = .293).

Para tratar de identificar onde se producía a actividade física cotiá sinalada, se

estableceron dúas posibilidades: (1) nos desprazamentos que se realizan na vida cotiá (a

pé, en bicicleta) ou (2) durante o desempeño do traballo ou ocupación principal diaria.

Page 52: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

52

Un 74,1% dos galegos/as ten o costume de desprazarse a pé para realizar as súas

actividades cotiás, sendo maior a porcentaxe de mulleres (78,2%) que de homes

(69,6%), χ21 = 11,290; p = .001. A estimación do número de persoas maiores de 18 anos

que ten este costume en Galicia é de 1.771.892. E un 6,1% ten o costume de facelo en

bicicleta, sendo maior neste caso a porcentaxe de homes (8,7%) que a de mulleres

(3,7%), χ21 = 12,323; p < .001. A estimación do número de persoas maiores de 18 anos

que teñen o costume de desprazarse en bicicleta para realizar actividades da vida cotiá

en Galicia é duns 145.864.

0

10

20

30

40

50

60

70

80

A pé (porcentaxe) En bicicleta (porcentaxe)

Homes

Mulleres

Un dos indicadores máis utilizados para medir o sedentarismo é o número de horas que

as persoas están sentadas de xeito seguido, sen levantarse. Os galegos/as adoitan estar

sentados/as, de xeito seguido, sen levantarse, unha media de 2,24 horas, non

observándose diferenzas estatisticamente significativas entre homes e mulleres (t1198 =

1,792; p = .073). Máis concretamente, un 37,3% adoita estar sentado/a de xeito

continuado menos de 2 horas, un 28,8%, 2 horas, e un 33,9% máis de 2 horas.

Page 53: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

53

0

10

20

30

40

Menos de 2horas

2 horas Máis de 2 horas

Número de horas seguidas que pasan os galegos/as se ntados/as(Porcentaxes)

A media está por encima de 2 horas en todas as franxas de idade, coa excepción da

franxa que vai dos 55 aos 64 anos, que se sitúa lixeiramente por debaixo (1,91 horas).

Page 54: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

54

A media máis alta en canto ao número de horas seguidas sentado/a obsérvase entre as

persoas con niveis educativos superiores (2,51 horas).

Un 44,58% dos galegos/as realiza actividade física como parte do seu traballo ou

ocupación principal diaria e un 55,2% non a realiza, observándose diferenzas

estatisticamente significativas entre homes e mulleres (χ21 = 23,675; p < .001). Hai máis

mulleres que realizan actividade física mentres traballan ou desempeñan as súas

ocupacións cotiás (51,4%) que homes (37,2%).

Page 55: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

55

0

1020

3040

50

60

Mulleres Homes

Porcentaxe de galegos/as que realizan actividade fí sica como partedo seu traballo ou ocupación principal diaria

Tamén se observan diferenzas estatísticamente significativas segundo o nivel educativo

das persoas; a medida que aumenta o nivel educativo diminúe a porcentaxe de persoas

que realiza actividade física no seu traballo ou na súa ocupación principal diaria (χ23 =

75,187; p < .001). Para os/as que teñen estudos básicos a porcentaxe é do 46,2%, para

os/as que teñen estudos medios do 31,8% e para os/as que teñen estudos superiores do

13,6%.

0

10

20

30

40

50

Estudos básicos Estudos medios Estudos superiores

Porcentaxe de galegos/as que realizan actividade fí sica como parte do seu traballoou ocupación principal diaria, segundo o seu nivel educativo

Aqueles/aquelas que realizan actividade física mentres traballan ou desempeñan as súas

ocupacións principais diarias valoran o grao de actividade física requirida pola

Page 56: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

56

actividade, nunha escala que vai de 1 a 5, onde 1 significa moi pouca actividade e 5

moita actividade, cunha media de 3,26 (desviación típica = 0,95). Un 10,53% manifesta

que o grao de actividade física requirido é moito, un 27,3% que é bastante, un 42,1%

moderado, un 17,8% que é pouco, e un 2,4% moi pouco.

Unha maioría do 61,8% realizan o traballo ou a súa ocupación principal diaria

principalmente de pé e o 38,3% faino principalmente sentado.

Page 57: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

57

3.12. Beneficios psicolóxicos da práctica de actividade física e deportiva

No estudo rexistrouse, nunha escala de 1 a 5, a forma física percibida, a saúde percibida

e a satisfacción vital. En todas estas variables se observaron diferenzas estatisticamente

significativas entre os/as que practican actividade física ou deportiva e os/as que non o

fan, sendo en todos os casos a media superior entre os/as que practican. É dicir, que

os/as que practican actividade física cren que teñen mellor forma física que os/as que

non o fan (3,34 versus 2,87), cren que teñen mellor saúde (3,74 versus 3,44) e se senten

máis satisfeitos/as na vida (3,83 versus 3,57).

Page 58: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

58

Media dos/das que practican

(Desviación típica)

Media dos/das que

non practican

(Desviación típica)

t Graos de liberdade p-valor

Forma física

percibida

3,34

(0,80)

2,87

(0,94)

8,637 1198 < .001

Saúde

percibida

3,74

(0,79)

3,44

(0,94)

5,183 566,163 <.001

Satisfacción

vital

3,83

(0,76)

3,57

(0,95)

4,479 541,217 <.001

0

0,5

1

1,5

2

2,5

3

3,5

4

Forma física

percibida

Saúde percibida Satisfacción vital

Practican

Non practican

Unha tendencia semellante xa se observara en 2007. Os galegos/as que practicaban

naquel intre tamén se percibían como máis sans (con mellor estado de saúde) e máis

satisfeitos na vida que os/as que non practicaban.

Page 59: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

59

3.13. Factores explicativos da práctica de actividade física e deportiva

Tratouse de identificar aqueles factores que distinguen ou diferencian ás persoas que

practican algún tipo de actividade física ou deportiva de xeito regular ao longo da

semana durante o seu tempo libre respecto aos que non practican.

A través de múltiples análises de regresión loxística, encontráronse cinco variables que

están relacionadas coa práctica de actividade física: o sexo das persoas, o seu nivel

educativo, os beneficios percibidos da actividade física sobre a saúde, o valor percibido

da práctica de actividade física e o grao de interese pola práctica de actividade física ou

deportiva.

O sexo ten unha influenza moi pequena, pero estatisticamente significativa, hai unha

lixeira tendencia a unha maior práctica por parte dos homes que das mulleres. O nivel

educativo, o beneficio percibido da actividade física sobre a saúde, o valor percibido da

actividade física e o interese pola actividade física teñen todos eles un efecto positivo

sobre a práctica de actividade física. Canto maiores son, maiores son as posibilidades de

práctica. Cada unha destas variables por si soa explicarían as seguintes porcentaxes de

práctica: sexo (0,6%), nivel educativo (1,5%), beneficio percibido sobre a saúde (4,5%),

valor percibido da práctica de actividade física (19,4%), e interese pola práctica de

actividade física ou deportiva (81,3%).

Resultados das análises de regresión loxística simple

B p-valor Odd Ratio R2 de Nagelkerke

Sexo -0,279 .029 0,757 0,006

Nivel educativo 0,247 <.001 1,280 0,015

Beneficio saúde 0,548 <.001 1,730 0,045

Valor percibido 0,933 <.001 2,300 0,194

Page 60: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

60

Resultados das análises de regresión loxística simple

B p-valor Odd Ratio R2 de Nagelkerke

Interese 2,387 <.001 10,878 0,813

Obsérvase que o grao de interese pola práctica de actividade física ten un poder

explicativo moi superior ás demais variables. De feito, se se realiza unha análise de

regresión loxística múltiple, introducindo á vez as cinco variables como predictoras o

grao de interese absorbe toda a capacidade explicativa da práctica de actividade física

perdendo a súa significatividade estatística as restantes variables.

Se a práctica depende na súa maioría do interese pola práctica, entón a cuestión

relevante a partir de aquí consiste en tratar de explicar de onde procede o interese pola

práctica de actividade física ou deportiva. E aquí e onde interveñen as outras catro

variables. Análises de regresión simple e múltiple mostraron que todas elas están

relacionadas co interese pola práctica. Os homes amosan unha pequena tendencia a ter

máis interese que as mulleres pola práctica de actividade física ou deportiva. E o nivel

educativo, o beneficio percibido da práctica e o valor que se lle concede a práctica de

actividade física ou deportiva se relacionan de xeito positivo co interese pola práctica;

canto maiores son, maior é o interese pola práctica. A variable que ten maior efecto

sobre o interese pola práctica de actividade física ou deportiva é o valor que se lle

concede a propia actividade. O sexo, o nivel educativo e o beneficio percibido sobre a

saúde teñen un efecto considerablemente menor.

Resultados da análise de regresión múltiple

B BETA T p-valor

Sexo -0,275 -0,086 -3,415 .001

Nivel educativo 0,139 0,080 3,033 .002

Beneficio saúde 0,139 0,061 2,102 0,036

Page 61: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

61

Resultados da análise de regresión múltiple

B BETA T p-valor

Valor 0,656 0,435 15,468 <.001

Realizáronse análises estatísticas semellantes con outras variables rexistradas de tipo

persoal tales como o grupo de idade ao que pertencía a persoa, se a persoa vivía só/soa

ou non, o tipo de actividade laboral que desempeñaba ou o sector produtivo onde

traballaba, e en ningún caso se encontraron efectos significativos sobre a práctica de

Page 62: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

62

actividade física. Tampouco se encontraron efectos significativos de variables

territoriais coma a provincia, o tamaño do concello, ou o tipo de entorno onde residían

as persoas (rural versus urbano, ou costa versus interior).

4. CONCLUSIÓNS

• En Galicia hai, na data de realización do presente estudo, unha porcentaxe do

70,75% de persoas maiores de 18 anos que realiza algún tipo de actividade física ou

deportiva de xeito regular ao longo da semana no seu tempo libre. Esta porcentaxe

supón un avance de 15,65 puntos respecto ao nivel de práctica rexistrado no ano

2007, que se situaba no 55,1%. A estimación do número de galegos/as maiores de

18 anos que realizan actividade física ou deportiva de xeito regular é de 1.691.786.

• Entre os/as que realizan actividade física de xeito regular hai unha porcentaxe

maior de homes (73,74%) que de mulleres (68%). Sen embargo, dado que na

poboación total galega hai máis mulleres que homes, o número total de mulleres

que realiza actividade física ou deportiva (846.889) supera ao número de homes

(844.897).

• A práctica de actividade física en Galicia deixou de ser exclusiva dos máis xoves ou

dos/das que viven en entornos urbanos, e está a dia de hoxe estendida por todas as

idades (xoves, adultos, maiores) e por todas as demarcacións territoriais galegas:

provincias, concellos de distintos tamaños poboacionais, rural, urbano, costa e

interior da xeografía galega.

• A actividade física máis practicada polos galegos/as é camiñar. Catro de cada dez

galegos/as maiores de 18 anos teñen o hábito de camiñar de xeito regular ao longo

da semana durante o seu tempo libre. O hábito de camiñar ascendeu case 13 puntos

Page 63: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

63

porcentuais desde 2007. Na actualidade, o número de persoas maiores de 18 anos

que teñen o hábito de camiñar en Galicia ascende a 966.530. Entre as dez

actividades máis practicadas polos galegos/as hai actividades máis modernas coma

o acondicionamento físico no ximnasio, a ximnasia de mantemento, as actividades

aeróbicas con soporte musical, os pilates ou o pádel, e outras máis tradicionais

coma correr, nadar, andar en bicicleta, ou o fútbol. Se descontamos os que só

camiñan, para podernos comparar coa media española de práctica deportiva, a

porcentaxe de práctica deportiva en Galicia no ano 2013 é do 41,9%, situándose

lixeiramente por enriba da media española que é do 41,8%.

• Atendendo ao sexo das persoas, obsérvanse as seguintes diferenzas e semellanzas:

� A actividade física máis practicada polos homes e mulleres de Galicia é camiñar,

pero hai un número considerablemente maior de mulleres que camiñan

(504.819) que de homes (461.711).

� Hai cinco actividades (acondicionamento físico en ximnasio, nadar, correr, andar

en bicicleta, e pádel) que se sitúan entre as dez máis practicadas tanto no caso

dos homes coma no caso das mulleres.

� Catro actividades (fútbol, fútbol sala, acondicionamento físico na casa, e a caza)

están entre as dez máis practicadas no caso dos homes e non no das mulleres.

� E outras catro actividades (actividades aeróbicas con soporte musical, ximnasia

de mantemento, pilates e ioga) están entre as dez máis practicadas polas

mulleres pero non polos homes.

• Os galegos/as que practican algunha modalidade de actividade física ou deportiva

realizan unha media de 4,15 sesións semanais, cunha duración media de 78,25

minutos cada sesión, o que supón unha práctica media de 324,74 minutos a semana,

cantidade que duplica a recomendación da Organización Mundial da Saúde, que é

de 150 minutos de actividade física semanal moderada.

Page 64: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

64

• O lugar preferido polos galegos/a para a práctica de actividade física ou deportiva é

o medio natural (a beira dos ríos, as praias, o mar, os montes, os camiños, os

sendeiros, as rutas, etc.). O segundo e o terceiro lugar o ocupan as instalacións

deportivas e o entorno urbano, respectivamente. Canto maior é o tamaño do

concello, máis se practica en instalacións deportivas ou no entorno urbano, e canto

menor é o tamaño do concello máis se practica no medio natural. As persoas con

niveis educativos máis altos son as que máis usan as instalacións deportivas.

Lugares de práctica menos habituais son os locais ou recintos das asociacións de

veciños/as, a propia casa ou os parques saudables. Non se observaron casos de

persoas que practiquen no entorno laboral.

• O primeiro motivo de práctica dos galegos/as é o coidado da súa saúde. Máis de 4

de cada 10 galegos/as practican por esta razón. O segundo motivo, por orde de

frecuencia, é o desfrute que produce a propia práctica da actividade física ou

deportiva. Case 3 de cada 10 galegos/as practican porque desfrutan practicando. Os

seguintes dous motivos de práctica máis frecuentes son estar en forma e perder

peso. Motivos moi minoritarios son competir e estar cos amigos/as ou coa familia.

Homes e mulleres se diferencian na orde dos dous primeiros motivos. Para a muller

o primeiro motivo de práctica é a saúde, mentres para o home é o desfrute da

actividade. A medida que aumenta a idade das persoas vólvese máis importante o

coidade da saúde e perde importancia o desfrute da actividade e todos os demais

motivos.

• Tres de cada dez galegos/as de máis de 18 anos non teñen o hábito de practicar

actividade física ou deportiva. Entre eles, máis da metade practicou actividade

física ou deportiva con anterioridade e abandonou. En Galicia actualmente hai uns

410.006 casos de abandono (que constitúen o 17,15% da poboación maior de 18

anos). A maioría dos abandonos se produciron a partires dos 18 anos, pero tamén

hai casos de abandono na adolescencia (14-17 anos) e incluso na infancia (13 ou

Page 65: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

65

menos anos). A etapa de adulto onde máis abandonos se producen e a que vai dos

19 aos 32 anos. Aos 32 anos xa se produciron a metade dos abandonos que teñen

lugar na adultez. O motivo percibido de abandono máis frecuente en todas as etapas

da vida é a percepción de falta de tempo para practicar.

• En Galicia hai unha porcentaxe do 12,1% de persoas de máis de 18 anos de idade

(uns 289.425 galegos/as) que nunca practicou actividade física ou deportiva con

regularidade, dos cales un 61,8% son mulleres (unhas 178.865) e un 38,2% homes

(uns 110.560). A pesares de non practicar actividade física ou deportiva con

regularidade ao longo da semana durante o seu tempo libre, a maioría (un 65,26%)

declara que realiza actividade física de xeito regular a través do seu traballo ou

ocupación principal diaria. Que non practicaran nunca actividade física ou

deportiva no seu tempo libre de xeito regular, e que o seu traballo ou ocupación

principal diaria lle requira pouca ou moi pouca actividade física, é dicir que se

poderían considerar sedentarios/as, teríamos en Galicia unha porcentaxe do 2,75%,

entre os/as maiores de 18 anos. Se a esta porcentaxe lle engadimos os casos de

abandono aos que a súa ocupación principal diaria tamén lle require pouca ou moi

pouca actividade física, chegaríamos a unha porcentaxe total de sedentarismo en

Galicia do 6% (unhas 143.473 persoas maiores de 18 anos).

• Os/as galegos/as, na súa maioría, valoran positivamente a práctica de actividade

física ou deportiva, a consideran de interese e son conscientes dos beneficios que

pode ter para a súa saúde. Esta tendencia se mantén en todas as etapas da vida

cunha lixeira devaluación a partires dos 75 anos. Tamén a valoran máis as persoas

con niveis educativos altos, e algo máis os homes que as mulleres.

• Independentemente de se realizan ou non algún tipo de actividade física ou

deportiva no seu tempo libre, unha grande maioría dos galegos/as (un 74,1%)

mantén o costume de desprazarse a pé diariamente para realizar as súas actividades

Page 66: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

66

cotiás e unha porcentaxe do 6,1% ten o costume de facelo en bicicleta. A

estimación do número de galegos/a maiores de 18 anos que teñen o costume de

desprazarse a pé diariamente é de 1.771.892 e en bicicleta 145.864. Hai máis

mulleres que homes que se desprazan a pé e máis homes que mulleres que o fan en

bicicleta. Tamén hai unha porcentaxe do 44,58% dos galegos/as que realiza

actividade física como parte do seu traballo ou ocupación principal diaria, sendo

neste caso maior o número de mulleres que de homes. Tamén realizan máis

actividade física no seu traballo ou ocupación principal diaria as persoas con niveis

educativos máis baixos.

• A práctica de actividade física ou deportiva non só produce beneficios para a saúde

física das persoas senón tamén para a saúde mental. Os galegos/as que practican

actividade física ou deportiva se perciben en mellor forma física que os/as que non

practican, cren que teñen un mellor estado de saúde que os/as que non practican, e

se senten máis felices e satisteitos/as que os/as que non practican.

• A variable que máis influencia ten sobre a práctica de actividade física ou deportiva

dos galegos/as é o interese que amosan pola propia práctica. A maior interese maior

posibilidades de práctica. E o interese pola práctica está determinado en grande

medida polo valor que se concede á práctica de actividade física ou deportiva e

tamén, aínda que en menor grao, polo sexo das persoas (amosan algo máis de

interese os homes que as mulleres), polo seu nivel educativo (a maior nivel

educativo máis interese) e polos beneficios percibidos para a saúde (a máis

beneficios percibidos maior interese).

Page 67: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

67

ANEXO I

ENQUISA 2013 SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEP ORTIVA EN GALICIA

1. No seu tempo libre, practica actualmente algún tipo de actividade física ou

deportiva? 1. Sí 2. Non (IR a 5) 2. ¿Cantas actividades físicas ou deportivas difere ntes practica no seu tempo

libre? _____

3. Por favor, especifique cada actividade física ou deporte practicado

Nome de cada

actividade física ou

deportiva*

Nº de sesións

á semana

Duración de cada sesión

(minutos)

Durante a actividade pode manter unha

conversa con normalidade sen

que se altere moito a súa respiración? 1 = SI; 2 =NON

Lugar onde

practica**

Desde cando practica?

1 = hai menos de seis meses 2 = hai máis de

seis meses

* ver códigos na táboa ** 1 = en instalacións deportivas, 2 = no medio rural, 3 = na casa, 4 = no entorno urbano, 5 = nos parques saudables, 6 = no traballo, 7 = noutros lugares (especificar), 8 = nas comunidades veciñais

Page 68: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

68

4. Cal é o motivo(s) principal(es) polo que practic a actividade física ou deportiva?

Motivo

1. Lúdico (pasalo ben, divertirse) 2. Saúde (manter ou mellorar o estado de saúde) 3. Por prescrición médica 4. Perder peso 5. Estar en forma 6. Estar coa familia (práctica en familia) 7. Estar cos amigos/as, relacionarse 8. Aprender novas habilidades 9. Competir 10. Outros (especificar ...........................................)

(IR A 8)

5. Aínda que agora non practica actividade física o u deportiva no seu tempo libre ¿practicouna con anterioridade e abandonouna?

1. Sí 2. Non (IR a 7)

6. Por favor, especifique o seu caso na seguinte tá boa.

Época na que abandonou

Qué actividade/s practicaba?*

Desde que idade

practicaba?

Abandonou Anos de

práctica Idade Por qué?**

1. Infancia (13 ou menos anos)

2. Adolescencia_Xuventude (14 a 17 anos)

3. Adulto (18 ou máis anos)

* ver códigos na táboa ** 1 = Non me interesaba; 2 = Malas experiencias (problemas co adestrador, cos compañeiros/as, co profesor de educación física ...), 3 = Non me gustaba; 4 = Falta de tempo; 5 = Falta de apoio social (familia, amigos/as, adestrador/a, compañeiros/as, ...); 6 = Motivos económicos; 7 = Falta de oferta deportiva: 8 = Falta de instalacións deportivas; 9 = Instalacións deportivas moi alonxadas da miña vivenda; 10 = Xurdiron outros obxectivos máis importantes na miña vida; 11 = Enfermidade, lesión ou accidente; 12 = Fíxenme maior para seguir practicando actividade deportiva ou física; 13 = Outras causas (especificar ..................................................................................)

Page 69: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

69

7. Cal é a causa principal pola que non fai deporte ou actividade física na

actualidade? 1. Non me interesa 2. Malas experiencias previas (problemas co adestrador, cos compañeiros/as, co

profesor de educación física ... 3. Non me gusta 4. Falta de tempo 5. Falta de apoio social (familia, amigos/as, adestrador/a, compañeiros/as, ...) 6. Por motivos económicos 7. Falta de oferta deportiva 8. Falta de instalacións deportivas 9. Instalacións deportivas moi alonxadas da miña vivenda 10. Xurdiron outros obxectivos máis importantes na miña vida 11. Enfermidade, lesión ou accidente 12. Fíxenme maior para seguir practicando actividade física ou deportiva 13. Outras causas (especificar ..................................................................................)

8. Se temos en conta o grao de interese que as pers oas teñen pola actividade

física ou deportiva e a súa práctica, ¿con cál dos grupos que lle vou indicar a continuación se identifica vostede máis?

1. Interésalle a actividade física ou deportiva, e practica moito. 2. Interésalle a actividade física ou deportiva, e practica suficientemente. 3. Interésalle a actividade física ou deportiva, pero non practica tanto como

quixera 4. Non lle interesa a actividade física ou deportiva, pero practica por obrigación

(enfermidade, clases, traballo, ...) 5. Interésalle a actividade física ou deportiva, practicouna, pero agora xa non

practica 6. Nunca practicou actividade física ou deportiva, pero gustaríalle facelo 7. Nin practica, nin lle interesa

9. Cre que a práctica de actividade física ou depor tiva beneficia a saúde das persoas?

1. Nada 2. Un pouco 3. Moderadamente 4. Bastante 5. Moito 10. Que valor lle concede á actividade física ou de portiva na vida?

1. Ningún 2. Un pouco 3. Moderado 4. Bastante 5. Moito

Page 70: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

70

11. Pensando no futuro, ten intención de practicar (ou seguir practicando) actividade física ou deportiva?

1. Ningunha 2. Pouca (IR a 13) 3. Modera (IR a 13) 4. Bastante (IR a 13) 5. Moita (IR a 13)

12. Se non ten intención de practicar (ou seguir pr acticando) no futuro actividade física ou deportiva, cal é o motivo prin cipal?

1. Non me interesa 2. Malas experiencias previas (problemas co adestrador, cos compañeiros/as, co

profesor de educación física ... 3. Non me gusta 4. Falta de tempo 5. Falta de apoio social (familia, amigos/as, adestrador/a, compañeiros/as, ...) 6. Por motivos económicos 7. Falta de oferta deportiva 8. Falta de instalacións deportivas 9. Instalacións deportivas moi alonxadas da miña vivenda 10. Xurdiron outros obxectivos máis importantes na miña vida 11. Enfermidade, lesión ou accidente 12. Fíxenme maior para seguir practicando actividade física ou deportiva 13. Outras causas (especificar ..................................................................................)

13. Nun día normal da súa vida, cántas horas seguid as adoita estar sentado/a

sen levantarse? _______(horas) 14. O seu traballo ou ocupación principal diaria, r equire actividade física?

1. Sí 2. Non (IR a 16) 15. Valore de 1 a 5 o grao de esixencia física do s eu traballo ou ocupación

principal diaria 1. Moi pouca 2. Pouca 3. Moderada 4. Bastante 5. Moita 16. En que posición realiza o seu traballo ou ocupa ción principal diaria? 1. Principalmente sentado/a 2. Principalmente de pé

Page 71: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

71

17. Ten o costume de desprazarse a pé para realizar as súas actividades cotiás? 1. Sí 2. Non

18. Ten o costume de desprazarse en bicicleta para as súas actividades cotiás?

1. Sí 2. Non 19. Ten o costume de desprazarse en patíns, patinet e ou monopatín para as

súas actividades cotiás? 1. Sí 2. Non

20. Considerando o seu día a día, valore de 1 a 5 o grao de actividade física que realiza?

1. Ningunha 2. Pouca 3. Moderada 4. Bastante 5. Moita 21. Valore de 1 a 5 a súa forma física actual 1. Francamente mala 2. Deficiente 3. Aceptable 4. Boa 5. Moi boa 22. Valore de 1 a 5 o seu estado de saúde actual 1. Francamente malo 2. Deficiente 3. Aceptable 4. Bo 5. Moi bo 23. Valore de 1 a 5 o seu grao de satisfacción na v ida en xeral

1. Moi insatisfeito/a 2. Insatisfeito/a 3. Nin satisfeito/a nin insatisfeito/a 4. Satisfeito/a 5. Moi satisfeito/a 24. Sexo 1. Home 2. Muller 25. Idade …....…. (anos)

26. ¿Con quén vive vostede? 1. Só/soa 2. En parella 3. En parella e con fillos/as 4. Sin parella e con fillos/as 5. Con familiares 6. Con outras persoas

7. Outros

Page 72: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

72

27. Nivel educativo 1. Sen estudios 2. Estudios básicos (Ensinanza Primaria, EXB ou Secundaria Obrigatoria) 3. Estudios medios (Bacharelato, BUP, FP, similares)

4. Estudios superiores (diplomaturas, graos, licenciaturas, doutoramento) 28. Actividade laboral principal

1. Estudante 6. En paro ou desempregado/a 2. Traballador/a por conta allea 7. Xubilado/a 3. Empresario/a 8. Labores domésticas, amo/a de casa 4. Autónomo/a 9. Outras profesións (especificar ...........................) 5. Empregado/a público/a

29. No caso de estar traballando, en que sector pro dutivo? 1. Primario (agrogandeiro, pesqueiro, minería ...) 2. Secundario (construción, industria, ...) 3. Terciario (servizos) 30. Entorno onde reside habitualmente? 1. Urbano-costa 3. Rural-costa 2. Urbano-interior 4. Rural-interior 31. Provincia 1. A Coruña 2. Lugo 3. Ourense 4. Pontevedra 32. Concello

1. A Coruña 10.Lugo 17. Ourense 24. Pontevedra 2. Santiago 11. Monforte 18. Verín 25. Vigo 3. Ferrol 12. Viveiro 19. Carballiño 26. Ponteareas 4. Cambre 13. Burela 20. Ribadavia 27. Lalín 5. Ames 14. Cospeito 21. Barbadás 28. Baiona 6. As Pontes 15. Fonsagrada 22. Castro Caldelas 29. Poio 7. Laracha 16. Abadín 23. Pontedeva 30. Meis 8. Corcubión 31.Catoira 9. Santiso

Page 73: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

73

ANEXO II

CATEGORIZACIÓN DAS ACTIVIDADES FÍSICAS E DEP ORTIVAS UTILIZADA NO ESTUDO

CÓDIGO ACTIVIDADE CÓDIGO ACTIVIDADE

1 Camiñar

39 Fútbol sala

2 Correr

40 Golf

3 Nadar

41 Halterofilia

4 Andar en bicicleta

42 Hípica

5 Ximnasia de mantemento

43 Hockei

6 Taichí

44 Judo E.D.A.

7 Ioga

45 Kárate E.D.A.

8 Sendeirismo

46 Kung-Fú

9 Pilates

47 Loita

10 Acondicionamento físico na casa (bici estática, cinta rodante, wii, consolas para moverse)

48 Montañismo

11 Acondicionamento fisico en ximnasio (musculación, cardio…)

49 Motociclismo

12 Actividades aeróbicas con soporte musical (aerobic, spinning, body contact..)

50 Motonáutica

13

Actividades rítmicas expresivas (bailes de salón, danza, danza do ventre, danza contemporánea…)

51 Natación

14 Actividades de risco (puenting, barranquismo, ráfting…)

52 Orientación

15 Actividades subacuáticas

53 Patinaxe

16 Aeronáutica

54 Pádel

17 Atletismo

55 Pelota

18 Automobilismo

56 Pentatlón

19 Bádminton

57 Pesca

20 Baloncesto

58 Petanca

21 Balonmán

59 Piragüismo

22 Béisbol

60 Remo

23 Billar

61 Rugby

24 Bolos

62 Salvamento

25 Boxeo

63 Squash

26 Caza

64 Surf

27 Ciclismo

65 Taekwondo

28 Colombofília

66 Tenis

Page 74: INFORME COMPLETO ENQUISA PRÁCTICA … · informe da enquisa de hÁbitos de actividade fÍsica e prÁctica deportiva da poboaciÓn galega (estudo de poboaciÓn 2013) ... 3 1. obxectivos

ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013

74

CÓDIGO ACTIVIDADE CÓDIGO ACTIVIDADE

29 Columbicultura

67 Tenis de mesa

30 Chave

68 Tiro con arco

31 Deportes de inverno

69 Tiro ó vo

32 Modalidade deportiva de minusválidos físicos

70 Tiro Olímpico

33 Modalidade deportiva de Minusválidos Psíquicos

71 Vela

34 Deportes Xordos

72 Voleibol

35 Esgrima

73 Xadrez

36 Espeleoloxía

74 Ximnasia

37 Esquí Naútico

75 Outras

38 Fútbol