$ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa....

29
7 O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES $ $3 3 $ $5 57 7, ,& &, ,3 3 $ $& &, ,—1 —1$ $6 60 08 8// //( (5 5(6 (6 12 120 0( (5 5&$’ &$’2 2/ /$% $%2 25$ 5$/ /* *$ $/ /( (*2 *2 81+ 81+$9 $9, ,6 6, ,—1 —13 3$ $1 1 2 25 50 0, ,&$ &$ Antes de entrar na análise de cada unha das variables do mercado laboral galego e a súa distribución por sexos, deterémonos primeiro na foto da situación xeral das mulleres no mercado laboral. Para isto, imos utiliza-los datos que nos subministra a enquisa de poboación activa para o ano 2000, cinguíndonos á media dos tres primeiros trimestres. Cadro nº 1: POBOACIÓN MAIOR DE 16 ANOS SEGUNDO O SEXO MULLERES HOMES Poboación Maior de 16 anos 1.221.600 1.104.600 Activa 492.000 668.000 Ocupada 388.600 597.800 Parada 103.600 70.200 Inactiva 729.100 430.700 Taxa de actividade 40,3 % 60,5 % Taxa de ocupación 31,8 % 54,2 % Taxa de paro 21,1 % 10,5 % Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das mulleres no mercado laboral galego: x o 52 % da poboación maior de 16 anos, isto é, a poboación en idade legal de traballar, son mulleres; x o 42 % da poboación activa, é dicir, aquela que traballa ou busca traballo activamente, tamén son mulleres;

Transcript of $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa....

Page 1: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

7

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

���� $�$�33$$5577,,&&,,33$$&&,,Ð1�Ð1�''$$6�6�0088////((55(6(612�12�00((55&$'&$'2�2�//$%$%225$5$/�/�**$$//((*2*2�������� 81+81+$�9$�9,,66,,Ð1�Ð1�33$$11225É5É00,,&$&$

Antes de entrar na análise de cada unha das variables do mercado laboral galego e a súa distribución por sexos, deterémonos primeiro na foto da situación xeral das mulleres no mercado laboral.

Para isto, imos utiliza-los datos que nos subministra a enquisa de poboación activa para o ano 2000, cinguíndonos á media dos tres primeiros trimestres.

Cadro nº 1: POBOACIÓN MAIOR DE 16 ANOS SEGUNDO O SEXO

MULLERES HOMES

Poboación Maior de 16 anos 1.221.600 1.104.600Activa 492.000 668.000Ocupada 388.600 597.800Parada 103.600 70.200Inactiva 729.100 430.700Taxa de actividade 40,3 % 60,5 %Taxa de ocupación 31,8 % 54,2 %Taxa de paro 21,1 % 10,5 %

Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia.

O cadro anterior reflicte claramente a situación das mulleres no mercado laboral galego:

x o 52 % da poboación maior de 16 anos, isto é, a poboación en idade legal de traballar, son mulleres;x o 42 % da poboación activa, é dicir, aquela que traballa ou busca traballo activamente, tamén son mulleres;

Page 2: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

8

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

x o 39 % das persoas ocupadas galegas son mulleres;x o 60 % das persoas desempregadas nos primeiros meses do ano 2000, eranmulleres;x o 63 % das persoas consideradas inactivas pola EPA —estudiantes, pensionistas, persoas xubiladas, persoas dedicadas a tarefas domésticas— son mulleres;x a taxa de ocupación feminina é 22 puntos máis baixa cá masculina;x a taxa de paro feminina é 10 puntos superior á masculina.

É dicir, que as mulleres sexan máis da metade da poboación en idade de traballar non se traduce do mesmo xeito en termos de emprego. Os datos do cadro anterior evidencian que os dous grandes problemas cos que se enfronta o mercado laboral feminino galego son o paro e a inactividade.

Un paro de marcado carácter feminino e máis de 700.000 mulleres consideradas inactivas explican as diferentes taxas de actividade de Galicia respecto de España e de Europa. Polo tanto, a creación de emprego feminino en Galicia necesita políticas de emprego que actúen non só sobre o desemprego, senón tamén sobre a taxa de actividade.

�������� 2�2�((003355((*2�*2�))((00,,11 ,,1212Unha vez exposta a panorámica xeral das mulleres no mercado laboral, centrarémonos agora en destaca-las características do emprego feminino en Galicia. O primeiro trazo que o define é, tal e como recolle o seguinte gráfico, a súa concentración en dous sectores.

Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia.

Mulleres

64 %

21 %

12 %

1 %

2 %

Homes

45 %

19 %

21 %

10 % 5 %

agriculturapescaindustriaconstrucciónservicios

Page 3: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

9

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

O 87 % das mulleres galegas traballan no sector primario (na agricultura e, en menor medida, na pesca) e no sector servicios; a maior parte faino neste último (64 %). Esta distribución sectorial do emprego feminino é substancialmente diferente á masculina: o peso relativo do emprego feminino na agricultura duplica o masculino, o seu peso na industria é case a metade do masculino e no sector servicios supérao.

Dado que non dispoñemos de información estatística que nos permita comprobar en qué ramas da actividade dentro dos sectores se concentra o emprego feminino, utilizarémo-la distribución do emprego por grupos ocupacionais para intentar aproximarnos ás actividades máis desempeñadas polas mulleres.

Cadro nº 2: EMPREGO POR GRUPOS OCUPACIONAIS E SEXO

MULLERES HOMES

Dirección de empresas 31.400 51.000Profesionais universitarios 43.500 39.200Persoas técnicas e profesionais de apoio 23.300 43.800Persoas empregadas administrativas 47.300 32.600Servicios de restauración, comercio, persoais e de protección 68.600 45.500Persoal cualificado en agricultura e pesca 84.500 75.300P. cualificado en construcción e industrias manufactureiras 20.200 166.500Persoas operadoras e montadorasde maquinaria 16.100 71.700P. non cualif.: industria, construc., servicios e empr. do fogar 52.800 64.900Forzas armadas 500 7.200

Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia.

Os datos recollidos no cadro anterior confirman o xa destacado cando analizabámo-la distribución sectorial do emprego feminino: o emprego concéntrase sobre todo nos sectores primario e de servicios, especialmente neste último, que se converte no máis feminizado.

Dentro do sector servicios as mulleres traballan no comercio, na hostalería e nos servicios persoais. Nestas ramas da actividade o emprego feminino (68.600 ocupadas) supera amplamente o masculino (45.500 ocupados).

Page 4: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

10

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

Tamén dentro do sector servicios a ocupación é principalmente feminina nos empregos administrativos, tanto nos desempeñados no sector público coma no privado: 47.300 mulleres e 32.600 homes traballan neste grupo ocupacional.

Se atendemos só ó grupo ocupacional, cómpre destacar tamén que a presencia das mulleres é maioritaria naquelas profesións asociadas a titulacións universitarias (hai 43.500 mulleres ocupadas neste grupo profesional, fronte a 39.200 homes), e significativa polo número de ocupadas (52.800 mulleres) fronte á dos homes (64.900) en traballos non cualificados na industria, construcción, servicios e empregos do fogar.

Podemos concluír que o emprego feminino analizado por grupos ocupacionais mostra dúas características ben diferenciadas:

— por un lado, hai mulleres cun nivel de formación universitaria que se integran en categorías profesionais de maior responsabilidade e remuneración;

— por outro lado, a maior parte das mulleres desempeñan o seu traballo no sector servicios nas ocupacións peor remuneradas (comercio, hostalería, servicios persoais e emprego administrativo) e como persoal menos cualificado nos sectores non primarios e de emprego do fogar.

Para seguir analizando as características do emprego feminino galego, debemos afondar agora na situación profesional das mulleres ocupadas; para isto, elaborámo-lo seguinte cadro que recolle a distribución do emprego por sexos e situación profesional, coa media dos nove primeiros meses do ano 2000.

Cadro nº 3: EMPREGO POR SITUACIÓN PROFESIONAL E SEXO

MULLERES HOMES

Persoas empresarias e autónomas 104.600 150.600Axudas familiares 36.000 15.300Persoas asalariadas 243.900 428.200Outras 4.900 3.700

Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia.

Page 5: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

11

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

O emprego feminino é, tal e como se deduce do cadro anterior, maioritariamente asalariado. A maior presencia das mulleres (243.900 ocupadas) na situación de asalariadas, corresponde á súa presencia en actividades productivas ligadas ó emprego asalariado (empregos administrativos, industria, hostalería e comercio).

Non obstante, a taxa de asalarización das mulleres (número de asalariadas sobre o total de ocupadas), actualmente situada no 63 %, aínda é inferior á taxa masculina (71 %). Este dato indica que outras categorías profesionais, como a de empresarias ou autónomas, son aínda unha opción de autoemprego elixida polas mulleres para traballaren maioritariamente no sector agrario e, en menor medida, para se incorporaren ó mundo laboral en actividades como o comercio ou os servicios persoais, ben polas dificultades de acceso a un emprego asalariado, ou porque esta situación profesional permite compatibilizar mellor o traballo e as responsabilidades familiares.

Resumindo, xa sabemos que as mulleres galegas desenvolven a súa actividade preferentemente no sector servicios, nunha serie de ramas moi determinadas; que se sitúan principalmente nos grupos ocupacionais de menor cualificación e que teñen, na súa gran maioría, a característica de seren traballadoras por conta allea, é dicir, asalariadas. Para completa-las características do emprego feminino galego, queda por coñecer qué tipo de xornada realizan e qué tipo de contrato teñen.

No seguinte cadro reflectímo-la distribución do emprego segundo a xornada e o sexo; os datos tirámolos da enquisa de poboación activa, tal e como mencionamos con anterioridade.

Cadro nº 4: EMPREGO SEGUNDO XORNADA E SEXO

MULLERES HOMES

Xornada completa 331.500 583.500Xornada parcial 57.100 14.300

Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia.

A maior parte das mulleres traballan a xornada completa: un 85 % fano a tempo completo e un 15 % a tempo parcial. É importante sinalar que no caso dos homes,

Page 6: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

12

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

malia traballaren a maioría a tempo completo, estas porcentaxes son diferentes: un 98 % dos homes traballan a tempo completo e só un 2 % o fai a tempo parcial.

Polo tanto, o emprego a tempo parcial ten un marcado carácter feminino: o 80 % das persoas que traballan a tempo parcial en Galicia son mulleres. Esta elevada porcentaxe débese a que o 63 % dos contratos a tempo parcial asinados na nosa comunidade nos nove primeiros meses do ano 2000 foron realizados a mulleres (no seguinte capítulo deste informe analizaremos polo miúdo a contratación desde unha visión de xénero).

Debemos sinalar aquí que os datos da EPA, relativos á distribución da ocupación en xornada parcial, permiten constatar que as mulleres españolas (non se estudian os datos por autonomías) aceptan un traballo a tempo parcial polo tipo de actividade que desempeñan (un 40 %) e non por razóns familiares (13 %).

Se a isto lle engadimos que unha parte significativa destes empregos a tempo parcial (limpeza, comercio, hostalería) se desempeñan en horarios nos que as mulleres, supostamente, terían máis obrigas familiares, podemos constatar que a utilización do emprego a tempo parcial por parte das mulleres responde máis ó funcionamento do mercado laboral que á súa propia iniciativa.

No seguinte cadro recóllense os datos sobre a distribución do emprego asalariado en función do tipo de contrato e do sexo.

Cadro nº 5: EMPREGO ASALARIADO SEGUNDO TIPO DE CONTRATO E SEXO

MULLERES HOMES

Contrato indefinido 156.400 282.600Contrato temporal 87.200 145.600Taxa de precariedade 35,8 % 34,0 %

Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia.

A maioría das mulleres asalariadas galegas teñen un contrato indefinido: o 64 % ten un contrato estable, mentres o do 36 % restante é eventual. No caso dos homes estas porcentaxes móvense en valores lixeiramente diferentes: o 34 % dos traballadores teñen un contrato eventual e o 63 % indefinido.

Page 7: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

13

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

Comezabamos este capítulo sinalando a nosa intención de describi-lo perfil do emprego feminino en Galicia e, agora, podemos facelo: a muller traballadora(segundo a descrición da enquisa de poboación activa) desempeña a súa actividade no sector servicios, no comercio, na hostalería ou nos servicios profesionais; traballa por conta allea, a xornada completa e ten un contrato indefinido.

Estas aparentemente óptimas condicións laborais das mulleres poden levarnos a obvia-la súa maior presencia nas ocupacións menos cualificadas, no emprego temporal e no emprego a tempo parcial. Como contrapunto, cómpre sinalar que os homes desenvolven o seu traballo nas ocupacións máis cualificadas, que tamén traballan principalmente por conta allea e que as súas condicións de traballo son, maioritariamente, a tempo completo e con contrato indefinido.

�������� 2�2�33$5$52�2�))((00,,11,,1212Cando no primeiro apartado expoñiamos unha visión panorámica do mercado laboral galego e a situación das mulleres, comprobabamos que o elevado volume de paro feminino era un dos grandes problemas. Por este motivo, dedicamos un apartado para describi-las características do desemprego por sexo e idades en función dos datos que mostra o cadro seguinte:

Cadro nº 6: PARO POR IDADES E SEXO

MULLERES HOMES

16-19 anos 4.100 5.40020-24 anos 22.200 11.80025-34 anos 38.600 18.80035-44 anos 21.300 14.90045-54 anos 13.000 10.50055-59 anos 2.800 6.100máis de 60 anos 1.300 2.400TOTAL 103.600 70.200

Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia.

Como xa sinalamos, o paro ten un carácter marcadamente feminino: o 60 % das persoas paradas son mulleres, mentres que só o 40 % son homes.

Page 8: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

14

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

O desemprego feminino é superior ó masculino en tódolos grupos de idade, agás no de 16 a 19 anos e no de 55 en diante; esta circunstancia é debida a que as mulleres se incorporan máis tarde ó mercado laboral —prolongan a etapa formativa— e abandónano antes cós homes.

O maior volume de paro feminino concéntrase nos tramos de idade comprendidos entre os 20 e os 44 anos; concretamente, no treito que vai dos 24 ós 34, o volume de paro feminino duplica o masculino.

Este maior volume de desemprego feminino explícase pola conxunción de diversos factores: a perda de emprego agrario, a maior precariedade no emprego e a masiva incorporación das mulleres ó mercado laboral galego nos períodos nos que a creación de emprego é menor (o que provoca que esta incorporación só sirva para engrosa-las listaxes do paro).

A situación actual mostra que o mercado de traballo galego non consegue crea-lo volume abondo de emprego que reduza o paro feminino e ocupe as mulleres activas que se incorporan ó mercado de traballo. Por iso comezabámo-lo informe demandando políticas de emprego para mulleres que non só se dirixan á reducción do paro, senón tamén ó incremento da súa actividade.

���� $�&$�&21217755$$77$$&&,,Ð1Ð1''(6(6''(�(�$�$�3(3(5563(63(&&77,,99$�$�''(�(�;;ee11((5522�������� $�&$�&2121775$5$77$&$&,,Ð1�Ð1�12�12�$$12�12���������

No capítulo anterior analizabámo-la situación das mulleres no mercado laboral galego e comprobabamos cómo a súa presencia é maioritaria no paro (o 60 % do desemprego é feminino), no emprego a tempo parcial (80 % con este tipo de xornada) e no emprego temporal en termos relativos (a taxa de precariedade feminina supera en dous puntos a masculina).

Esta estructura do emprego feminino é tamén o resultado das condicións de acceso —é dicir, de contratación— ó mercado de traballo. Por isto, neste capítulo analizarémo-los contratos rexistrados en Galicia nos nove primeiros meses do ano 2000 desde unha perspectiva de xénero.

Page 9: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

15

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

En primeiro lugar, e segundo os datos do seguinte cadro, estudiarémo-la distribución do conxunto dos contratos, iniciais e conversións, en función do sexo da persoa contratada

Cadro nº 7: CONTRATOS REXISTRADOS

TOTAL MULLERES

Contratos iniciais 526.800 212.237Conversións 8.287 3.018Adscricións en colaboración social 520 102

TOTAL 535.607 215.357

Fonte: estatística de contratos rexistrados do INEM. Elaboración propia.

O 40 % dos contratos rexistrados nas oficinas do INEM nos nove primeirosmeses do ano 2000 foron realizados a mulleres. O maior volume de contratos rexistrados corresponde ós iniciais, dos cales só un 40 % foron concertados con mulleres.

Este dato reflicte unha discriminación no acceso das mulleres ó mercado de traballo: se o desemprego feminino é o 60 % do total, a porcentaxe de contratos iniciais realizados a mulleres debería ser superior ó 40 % do pasado ano.

Non ocorre o mesmo no caso das conversións de contratos temporais a indefinidos: o 36 % do emprego temporal é feminino; esta cifra corresponderíase co 36 % das conversións realizadas a mulleres.

Se agora desagregámo-los contratos iniciais rexistrados en función do seu tipo, comprobaremos cáles son as modalidades contractuais máis “feminizadas”.

Page 10: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

16

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

Cadro nº 8: CONTRATOS INICIAIS REXISTRADOS SEGUNDO MODALIDADE

TOTAL (2) MULLERES (1) ½ * 100

Indefinido ordinario 9.643 2.483 26 %Indefinido 63/97 15.611 5.822 37 %Tempo parcial indefinido 5.039 3.160 63 %Descontinuo 741 465 63 %Outros 490 107 22 %

TOTAL INDEFINIDOS 31.524 12.037 38 %

Obra ou servicio 173.480 49.642 29 %Eventual 159.104 56.440 35 %Interino 35.312 22.723 64 %Temp. minusvalías 258 45 -Tempo parcial 80.915 50.744 63 %Prácticas 4.805 2.256 47 %Formación 63/97 10.480 3.568 34 %Minusvalías 298 122 41 %Outros 30.624 14.660 48 %

TOTAL TEMPORAIS 495.276 200.200 40 %

TOTAL CONTRATOS 526.800 212.237 40 %

Fonte: estatística de contratos rexistrados do INEM. Elaboración propia.NOTA: os datos da contratación a tempo parcial por duración do contrato e sexo son unha estimación, xa que o INEM non realiza esta desagregación por comunidades autónomas.

Os datos do cadro anterior plasman con claridade cáles son os dous tipos de contratos máis concertados con mulleres: o contrato a tempo parcial (63 %) e o de interinidade (64 %).

Ás mulleres fánselles máis contratos temporais ca indefinidos, tanto en valores absolutos coma relativos: un 38 % dos contratos indefinidos rexistrados nos nove primeiros meses do ano 2000 foron asinados con mulleres, mentres o seu peso no conxunto da contratación temporal foi do 40 %. En valores absolutos estariamos a

Page 11: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

17

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

falar de que se rexistraron 12.037 contratos indefinidos con mulleres, fronte a 200.200 contratos temporais.

Cómpre destaca-la diferencia existente entre a porcentaxe de contratos indefinidos ordinarios que concentran as mulleres (26 %) e a que supoñen os contratos indefinidos de fomento da contratación (37 %); a simple vista, podería parecer que hai un “transvasamento” do contrato indefinido ordinario ó contrato de fomento, aínda que hai que reiterar que ámbalas dúas porcentaxes se afastan bastante do peso do desemprego feminino (60 %) sobre o total.

Como xa sinalabamos anteriormente, un dos contratos máis “feminizados”, en termos relativos, é o contrato a tempo parcial: o 63 % dos 86.695 contratos a tempo parcial realizados no ano 2000 foron asinados con mulleres. Aínda que o INEM non ofrece este tipo de información, estimamos que unha parte aínda moi pequena destes contratos son de duración indefinida (aproximadamente 3.160 dos contratos a tempo parcial asinados con mulleres son indefinidos).

Esta cifra aínda resulta moi reducida se a comparamos co volume de contratos a tempo parcial de carácter eventual subscritos con mulleres (50.744 no ano 2000), pero adquire maior importancia se a relacionamos co número de contratos indefinidos ordinarios (2.483) ou de fomento (5.822) realizados a mulleres no mesmo período. Este dato lévanos a pensar que o contrato a tempo parcial de carácter indefinido pode ser un instrumento útil para facilita-la incorporación das mulleres ó mundo laboral, sempre que se trate dunha elección voluntaria e non da única opción posible por falta de traballos a tempo completo, como sucede actualmente en boa parte dos casos.

Neste apartado non podemos deixar de sinala-la elevada rotación (número de contratos eventuais que, por termo medio, se lle fan a cada asalariada temporal) que sofren as mulleres no mercado laboral galego.

Cadro nº 9: ROTACIÓN DAS ASALARIADAS TEMPORAIS

TOTAL MULLERES

Contratos temporais (1) 495.276 200.200P. asalariada temporal (2) 232.800 87.200(1)/(2) * 100 2 % 2,3 %

Fonte: enquisa de poboación activa. IGE e estatística de contratos rexistrados do INEM. Elaboración propia.

Page 12: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

18

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

Os datos do cadro anterior reflicten con claridade cómo a rotación das asalariadas galegas é superior á media: a cada muller asalariada temporal fixéronselle unha media de 2,3 contratos no 2000.

Esta elevada rotación implica frecuentes interrupcións na vida laboral das mulleres, que, pola súa vez, dificultan o seu acceso ó sistema de protección social de carácter contributivo que esixe unha serie de requisitos de acceso ligados a unha vida laboral “continuada”.

Para rematar este apartado da contratación rexistrada no ano 2000, retomámo-la análise das conversións de contratos temporais en indefinidos para destaca-la importancia dos contratos a tempo parcial temporais realizados a mulleres que se converteron en indefinidos (911 no 2000).

Este volume de transformacións é relevante, tanto en relación co total de contratos eventuais subscritos con mulleres convertidos en indefinidos (30 %) como sobre o total da contratación a tempo parcial temporal convertida (64 %), o que confirma a nosa análise sobre a importancia crecente do contrato a tempo parcial indefinido.

�������� $�&$�&2121775$5$77$&$&,,Ð1�Ð1�))((00,,11,,11$$(�(�226�6�**558833226�6�22&&8833$&$&,,2211$$,,66Como xa se sinalou noutro capítulo deste informe, os datos estatísticos dispoñibles para a Comunidade Autónoma non nos permiten achegarnos ó coñecemento do emprego feminino máis alá dos catro sectores básicos (primario, industria, construcción e servicios); por este motivo, incluímos aquí esta análise da contratación desde a perspectiva de xénero e de grupos de ocupación para coñecer ónde foron contratadas as mulleres galegas no ano 2000.

Page 13: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

19

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

Cadro nº 10: CONTRATOS REXISTRADOS SEGUNDO GRUPOS DE OCUPACIÓN

TOTAL (2) MULLERES (1) ½ * 100

Dirección e xerencia 1.083 332 31 %Persoas tituladas universitarias 30.396 12.286 40 %Persoas diplomadas universitarias 14.736 11.134 75 %Persoas técnicas e profesionais 32.777 10.299 31 %Emprego administrativo 40.019 28.199 70 %Servicios de restauración e persoais 49.573 34.851 70 %Seguridade 4.302 625 14 %Comercio 36.726 28.641 78 %Pesca e agricultura 8.790 1.247 14 %Persoas cualificadas na construcción 49.142 797 2 %Persoas cualificadas na industria 18.968 389 2 %P. cualif. en sector téxtil, alimentación... 19.965 15.778 80 %Operadoras de maquinaria 62.281 17.706 28 %Non cualificadas nos servicios 33.229 24.218 73 %

TOTAL 526.229 212.237 40 %

Fonte: estatística de contratos rexistrados do INEM. Elaboración propia.

Segundo a información anterior, as mulleres galegas foron máis contratadas cós homes para traballaren preferentemente en:

x traballos cualificados do sector téxtil e da alimentación (80 % de contratos a mulleres);

x comercio (78 %);

x traballos para diplomadas universitarias (75 %);

x traballos non cualificados no sector servicios (73 %);

x empregos administrativos, hostalería e servicios persoais (70 % en cada un deles).

Pola contra, os homes foron contratados maioritariamente en actividades ligadas á construcción, industria, pesca e seguridade.

Page 14: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

20

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

O volume de contratos rexistrados nas seguintes ocupacións clarifica en cáles traballan as mulleres galegas:

x servicios persoais e hostalería: 34.581 contratos no ano 2000;

x comercio: 28.641 contratos;

x empregos administrativos: 28.199;

x empregos non cualificados nos servicios: 24.218;

x operadoras de maquinaria: 17.706;

x empregos cualificados nos sectores do téxtil e das artes gráficas: 15.778 contratos.

A análise dos contratos rexistrados no ano 2000, segundo o sexo das persoas contratadas, reflicte con claridade a participación das mulleres no emprego: representan o 39 % da poboación ocupada e o 40 % dos contratos rexistrados. Evidentemente, a actual distribución por sexos da contratación non permite aumentar, senón que consolida, o peso das mulleres no emprego.

A análise da contratación tamén evidencia que as actuais políticas de fomento do emprego feminino non son de seu abondas, xa que se dá unha forte discriminación no acceso das mulleres ó mercado laboral, tal e como reflicte o desaxuste que se produce entre o desemprego feminino (60 % do total galego) e os contratos iniciais realizados a mulleres (40 % do total).

A distribución da contratación tamén confirma a segregación ocupacional que sofren as mulleres; é dicir, a concentración do emprego nuns determinados sectores productivos e, dentro destes, nunhas ocupacións ou actividades determinadas.

Page 15: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

21

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

���� $$6�6�'',,))((55((11&&,,$$6�66�6$$//$5$5,,$$,,66�������� 2�2�66$$//$5$5,,2�2�'$'$6�6�0088////((55(6�(�(6�(�''226�6�+2+200(6(6e�e�'',,))((55((117(7(

Os salarios de homes e mulleres son diferentes en Galicia: en 1999, a ganancia mensual media dunha muller traballadora representa o 71 % da dun home. En España, aínda que o diferencial é menor, a situación repítese: a ganancia media dunha traballadora supón só o 76 % da dun traballador.

Esta realidade constatada en Galicia e en España non difire do que sucede en Europa: o salario dunha traballadora equivale ó 73 % do dun traballador.

Neste informe analizamos cáles son os factores que motivan estas diferencias salariais entre homes e mulleres e chegamos ás seguintes conclusións:

Este diferencial de salario das mulleres pódese explicar a través dunha serie de factores que condicionan o seu acceso ó mercado de traballo en igualdade de condicións cos homes e que supoñen a existencia dunha discriminación previa ou a priori; son os seguintes:

— os procesos de selección de persoal para ocupar un posto de traballo;

— o sector de actividade: as mulleres teñen maior presencia relativa nos sectores productivos, onde os salarios son máis baixos;

— a asignación de categorías profesionais;

— a promoción a postos de responsabilidade;

— a ocupación: o peso do emprego asalariado feminino é menor có masculino nas pequenas empresas, onde os salarios son menores;

— o tipo de contrato: o salario medio das persoas traballadoras con contrato indefinido é o dobre có das persoas con contrato temporal. A presencia relativa das mulleres na contratación temporal é superior á dos homes.

— a xornada laboral: a ganancia por hora traballada en xornada a tempo completo é superior nun 60 % á da hora a tempo parcial. Só un 2 % dos

Page 16: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

22

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

homes traballa a tempo parcial, mentres que no colectivo feminino esta porcentaxe elévase ata o 15 %.

Pero as diferencias salariais entre mulleres e homes tamén son consecuencia da persistencia doutros factores —en aparencia neutros— que, sen embargo, producen situacións discriminatorias para as traballadoras; referímonos ós complementos recollidos nos convenios colectivos que poden ser discriminatorios para as mulleres:

— complementos de antigüidade e permanencia: a maior antigüidade, maior salario, e a antigüidade media das mulleres é inferior á dos homes.

— complementos de perigosidade, toxicidade ou penosidade: son recoñecidos maiormente nos traballos realizados por homes e non tanto naqueles desempeñados polas mulleres.

— complementos de mando e responsabilidade: as mulleres acceden a estes cargos en menos ocasións e con maiores dificultades.

— gratificacións extraordinarias: cando, por exemplo, se inclúen os traballadores en suspensión de contrato por servicio militar e non as traballadoras en situación de excedencia ou de permiso por maternidade;

— retribucións en especie: moitas veces, só inclúen situacións favorables ós homes.

Se os factores descritos (xornada, tipo de contrato, sector, grupo de ocupación, etc.) mostran distintos valores para homes e mulleres, constátase a existencia das diferencias salariais. Se descontados todos estes factores, é dicir, coa igualdade de todos eles, a ganancia das mulleres segue a ser inferior á dos homes, entón haberá que aceptar que o mero feito de ser muller é o factor que explica en última instancia a diferencia salarial entre ámbolos sexos.

Dada a dificultade de encontrar información estatística que combine tódolos factores sinalados e que permita comprobar se, de seren iguais, se dan realmente as diferencias salariais entre sexos, neste informe limitarémonos a constata-la influencia dalgúns dos factores dos que se ten información e de cómo inflúen na diferencia salarial entre homes e mulleres.

Page 17: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

23

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

�������� $$6�6�))21217(6�(677(6�(67$$77ÌÌ6767,,&$&$66A ganancia media das mulleres é inferior á dos homes. Para procura-las causas que explican esta diferencia salarial utilizaremos distintas fontes estatísticas:

x A enquisa de estructura salarial (EES) de 1995 realizada polo INE.

x A enquisa de salarios da industria e os servicios para o período 1994/1999, tamén realizada polo INE.

x A enquisa de poboación activa (EPA) do terceiro trimestre de 2000, elaborada polo IGE/INE.

A enquisa de estructura salarial ofrece un volume importante de información, malia presentar algunhas limitacións (a enquisa de salarios da industria e os servicios tamén plasma a maioría destas limitacións) pola metodoloxía empregada:

— Non inclúe o sector agrario, a Administración pública, a sanidade, o ensino e outras actividades relacionadas coa prestación de servicios persoais. Isto implica que a enquisa deixa fóra o 30 % das persoas asalariadas galegas, con incidencia desigual entre homes e mulleres —afectaría ó 22 % do emprego asalariado masculino e ó 41 % do feminino— e coa peculiaridade de que nestes sectores a presencia do emprego feminino é moi significativa.

— Non inclúe as persoas que teñen contratos de aprendizaxe.

— Só se refire a aquelas persoas que traballan en centros de cotización de dez ou máis traballadores e traballadoras. Este feito ten unha repercusión dobre: por un lado, ó referirse a centros de traballo e non a empresas, prodúcense repeticións de centros que pertencen á mesma empresa, cos mesmos niveis salariais, convenio, etc., o que implica unha sobreestimación dos salarios medios; por outra parte, ó referirse a empresas que empregan máis de dez persoas, deixa fóra moitos pequenos comercios e negocios onde os soldos son inferiores e a presencia da muller maior.

Estas limitacións metodolóxicas, derivadas da non inclusión dun amplo sector da economía, vense matizadas polo feito de que as diferencias salariais entre ámbolos dous sexos son máis acusadas nos sectores abranguidos pola enquisa.

Page 18: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

24

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

�������� $�$$�$11ÉÉ//,,6(�6(�'$'$6�6�'',,))((55((11&&,,$$6�66�6$$//$5$5,,$$,,66������������ 2�2�WWLLSR�GH�FRQSR�GH�FRQWWUUDDWWRR

O 65 % das persoas asalariadas galegas teñen un contrato indefinido; esta porcentaxe diminúe ata o 64 % no caso das mulleres e aumenta lixeiramente ata o 66 % no dos homes.

O salario medio anual das persoas con contrato indefinido, tal e como recolle o seguinte cadro, duplica o das que teñen un contrato temporal:

Cadro nº 11: Ganancia media por tipo de contrato e sexo (en miles de pesetas)

CONTRATO INDEFINIDO CONTRATO TEMPORAL

Mulleres 2.076,3 1.074,1Homes 2.965,5 1.367,8

Fonte: enquisa de estructura salarial. INE 1995. Elaboración propia.

(Q�FDOTXHUD�FDVR�� LQGHSHQGHQWHPHQWH�GD�PRGDOLGDGH�GH�FRQWUDWDFLyQ��R�VDODULR�PHGLR�GDV�PXOOHUHV�p�LQIHULRU�y�GRV�KRPHV�TXH�WHxHQ�R�PHVPR�WLSR�GH�FRQWUDWR�Dado que a porcentaxe de mulleres con contrato temporal é superior á dos

homes no conxunto do emprego asalariado, o normal é que o salario medio das mulleres sexa inferior ó dos homes. Os datos do cadro así o evidencian:

— unha muller con contrato indefinido percibe un salario inferior nun 30 % ó dun home na súa mesma situación;

— unha muller con contrato temporal ten unha ganancia inferior nun 22 % á dun home.

É dicir, a diferencia salarial entre homes e mulleres é menor entre os que teñen contrato temporal ca entre aquelas persoas que teñen contrato indefinido.

Page 19: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

25

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

Cómpre sinalar tamén que, dentro de cada sexo, as diferencias son menores entre as mulleres ca entre os homes: unha muller con contrato temporal percibe o 52 % do que gaña outra con contrato fixo, mentres un home con contrato temporal percibe un 46 % do que percibe outro con contrato indefinido.

������������ 2�2�WWLLSR�GH�SR�GH�[[RRUUQDGDQDGDO 93 % das persoas ocupadas en Galicia traballa a tempo completo; esta porcentaxe aumenta ata o 98 % no caso dos homes e diminúe ata o 85 % no das mulleres.

O salario medio anual das persoas que traballan a tempo completo triplica o daquelas que o fan a tempo parcial.

No seguinte cadro podemos comprobar cómo o salario medio das mulleres é sempre inferior ó dos homes, tanto se traballan a tempo completo coma se o fan a tempo parcial.

Cadro nº 12: GANANCIA MEDIA POR TIPO DE XORNADA E SEXO (en miles de pesetas)

XORNADA COMPLETA XORNADA PARCIAL

Mulleres 1.846,5 710,5Homes 2.532,1 1.050,3

Fonte: enquisa de estructura salarial. INE 1995. Elaboración propia.

O emprego feminino é maioritario entre as persoas que traballan a tempo parcial, o que explica que o salario medio das mulleres sexa inferior ó dos homes. Ademais, a diferencia salarial entre homes e mulleres é superior entre as persoas que traballan a tempo parcial (un 32 % máis a favor dos homes) que entre aquelas que o fan a tempo completo (un 27 % máis de ganancia dos homes).

Dentro de cada sexo as diferencias son menores entre os homes que entre as mulleres: unha muller ocupada a tempo parcial percibe o 38 % do salario dunha ocupada a tempo completo, mentres entre os homes, un traballador a tempo parcial percibe o 42 % do salario doutro a tempo completo.

Page 20: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

26

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

������������ 2�2�VVHFHFWWRRU�U�GH�DFGH�DFWWLLYYLLGDGHGDGHA enquisa de estructura salarial desagrega os datos dos sectores da industria, da construcción e dos servicios en nove subsectores económicos que aparecen reflectidos no seguinte cadro:

Cadro nº 13: GANANCIA MEDIA POR SECTOR DE ACTIVIDADE E SEXO(en miles de pesetas)

MULLERES (1) HOMES (2) (1)/(2) * 100

Mediación financeira 3.384,2 4.791,5 70,6 %Enerxía e auga 3.366,5 4.465,5 75,3 %Transporte e comunicación 2.414,0 2.802,4 86,1 %Construcción 1.888,2 1.681,0 112,3 %Servicios empresariais 1.612,2 1.939,1 83,1 %Industrias manufactureiras 1.611,3 2.574,6 62,6 %Comercio 1.504,1 2.076,3 72,4 %Industrias extractivas 1.373,3 1.888,9 72,7 %Hostalería 1.335,2 1.557,9 85,7 %

TOTAL * 1.762,8 2.515,3 70,1 %

Fonte: enquisa de estructura salarial. INE 1995. Elaboración propia.

* Ganancia media anual.

Dos cinco subsectores nos que o salario das mulleres é inferior ó medio, catro (servicios empresariais, industria manufactureira, comercio e hostalería) son subsectores onde se concentra maioritariamente o emprego feminino. Principalmente, é nestes sectores onde se producen maiores diferencias entre os salarios dos homes e das mulleres.

O resto dos subsectores, nos que os salarios da muller están por riba do salario medio, corresponden á actividade onde a presencia das mulleres é menor.

Analizando máis polo miúdo cada unha das ramas, observamos que:

Page 21: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

27

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

A.- Mediación financeira:

x O emprego asalariado no sector é sobre todo masculino.x A diferencia salarial entre homes e mulleres sitúase ó redor da media.x A ganancia das mulleres case duplica a ganancia media.

B.- Enerxía e auga:

x O número de mulleres que traballan neste sector é moi reducido.x O diferencial salarial é inferior ó da media.x Os salarios das mulleres case duplican o seu salario medio.

C.- Transporte e comunicación:

x A presencia das mulleres neste sector non é moi significativa.x A diferencia salarial entre homes e mulleres é bastante inferior á media.x O salario das mulleres neste subsector é superior ó seu salario medio para o conxunto dos sectores.

D.- Construcción:

x É o sector de producción máis masculinizado e onde a presencia feminina é moi reducida.x O salario medio das mulleres supera o dos homes. Este feito non se debe a que as mulleres perciban un salario superior ó dos homes, senón a que elas realizan funcións de tipo administrativo ou técnico e non están presentes nas ocupacións que perciben salarios inferiores.x A ganancia das mulleres na construcción supera lixeiramente o seu salario medio.

E.- Servicios empresariais:

x O emprego feminino neste sector supera o masculino.x O diferencial salarial é inferior á media.x O salario das mulleres está por baixo do seu salario medio.

Page 22: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

28

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

F.- Industria manufactureira:x É un subsector de actividade onde o emprego é maioritariamente masculino, aínda que nalgunhas ramas da actividade como a alimentación ou o téxtil, o emprego feminino pode supera-lo masculino.x O diferencial salarial entre homes e mulleres é bastante superior á media, o que se ve agravado pola importancia do emprego feminino nalgunhas ramas de actividade.x O salario medio das mulleres que traballan neste subsector está por baixo da súa ganancia media para o conxunto de sectores.

G.- Comercio:x É un subsector composto por máis homes ca mulleres, onde a presencia relativa destas é superior á media.x As diferencias salariais entre ámbolos dous sexos son inferiores á media.x O salario das mulleres está por baixo do seu salario medio.+�� ,QGXVWULDV�H[WUDFWLYDV�x O número de mulleres que traballan neste sector é moi reducido.x O diferencial salarial entre homes e mulleres está por baixo da media.x O salario medio das mulleres neste subsector está por baixo do seu salario medio para o conxunto dos subsectores.

I.- Hostaleríax A presencia relativa das mulleres neste subsector é superior á do resto dos subsectores.x As diferencias salariais entre homes e mulleres están por baixo da media.x O salario das mulleres é o máis baixo de tódolos subsectores analizados.

������������ 2�2�JJUUXSR�GH�RFXSDFXSR�GH�RFXSDFLLyQyQO salario das mulleres é inferior ó dos homes para tódolos grupos ocupacionais; este diferencial é maior no grupo máis alto (dirección de empresas) e nos dous

Page 23: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

29

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

máis baixos (operadores en instalacións e maquinaria e persoas traballadoras non cualificadas na industria, construcción, servicios e transporte).

Pola contra, o diferencial é menor nas ocupacións ligadas a titulacións universitarias —de grao medio ou superior— e nos servicios de protección, restauración e comercio.

No seguinte cadro relacionámo-lo salario medio por sexos e ocupacións co volume de emprego en cada grupo ocupacional.

Cadro nº 14: GANANCIA MEDIA E EMPREGO POR GRUPO OCUPACIONAL E SEXO

(datos en miles)

Muller (1) Home (2) (1)/(2) * 100 Emprego feminino

Emprego masculino

Dirección de empresas 3.923,6 5.904,2 66,0 % 31,4 51,0

Prof. universitarios/as 3.408,7 4.435,1 76,8 % 43,3 39,2

Persoal técnico e profesionais de apoio

3.158,3 3.571,3 88,4 % 23,3 43,8

Empregos administrativos 1.957,8 2.802,7 69,8 % 47,3 32,6

Serv. de restauración, comercio, protección

1.446,6 1.886,2 76,7 % 68,6 45,5

Construcción (manufacturas) 1.506,3 2.045,4 73,6 % 20,2 166,5

Operadores/as instalación e maquinaria

1.357,3 2.165,6 62,7 % 16,1 71,7

Persoas non cualificadas (industria, const. e servicios)

1.241,1 1.733,1 71,6 % 52,8 64,9

TOTAIS * 1.762,8 2.515,3 70,0 % - -

Fonte: enquisa de estructura salarial. INE 1995. Enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia.

* Ganancia media anual.

Page 24: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

30

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

Nos grupos ocupacionais onde o diferencial salarial entre homes e mulleres é maior, o peso do emprego feminino tamén o é en termos relativos.

������������ $�$�LLGDGHGDGHA idade inflúe no nivel de ganancia que perciben as persoas traballadoras. A maior idade, maior adoita se-lo salario. Polo tanto, se a distribución por idades de homes e mulleres é distinta, isto provocará diferencias nos seus salarios medios.

Así e todo, a relación de a maior idade, maior salario, pode vir motivada por outros factores —como a antigüidade— que poden se-los causantes desa correlación entre salarios e idade.

A presencia relativa das mulleres é superior á dos homes no segmento de idade que vai dos 20 ós 29 anos; pola contra, desde os 45 ós 60, o peso relativo doshomes é maior. Isto xustificaría que a ganancia media das mulleres fora inferior á dos homes, xa que teñen máis presencia relativa nos segmentos de idade onde os salarios son máis baixos, como podemos comprobar no cadro seguinte.

Cadro nº 15: GANANCIA MEDIA POR IDADE E SEXO (en miles de pesetas)

MULLERES HOMES

Menores de 20 anos 598,3 661,8Entre 20 e 29 anos 1.277,8 1.549,5Entre 30 e 39 anos 1.837,6 2.229,5Entre 40 e 49 anos 2.133,9 2.997,1Entre 50 e 59 anos 1.860,3 3.028,5Maiores de 60 1.866,9 2.657,3

Fonte: enquisa de estructura salarial. INE 1995. Elaboración propia.

En calquera dos segmentos de idade o salario medio das mulleres é inferior ó dos homes. O diferencial salarial entre homes e mulleres aumenta coa idade: é menor nas menores de 20 anos e maior a partir dos 50.

Page 25: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

31

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

O salario das mulleres aumenta ata os 49 anos; a partir de aquí diminúe drasticamente. Entre os homes esta reducción comeza a partir dos 59 anos.

������������ 2�2�QQLLYYHHO�O�HGXFHGXFDDWWLLYYRRO nivel educativo repercute positivamente no salario: a maior nivel de estudios, maior salario. En Galicia, as mulleres ocupadas teñen un nivel educativo superior ó dos homes, o que implicaría que, de se produci-la igualdade no resto dos factores (contrato, xornada, sector, grupo de ocupación, etc.), as mulleres tivesen unhas ganancias medias superiores ás dos homes.

A porcentaxe de persoas ocupadas sen estudios é similar entre homes e mulleres; os homes teñen maior peso entre as persoas ocupadas con estudios primarios ou medios (77 % fronte ó 65 % das mulleres) e as mulleres son maioría entre as persoas ocupadas con estudios universitarios e técnicos (25 % fronte ó 18 % dos homes).

Os datos da enquisa de estructura salarial, recollidos no seguinte cadro, reflicten que para un mesmo nivel de estudios a ganancia dos homes é moi superior á das mulleres en tódolos niveis.

Cadro nº 16: GANANCIA MEDIA POR NIVEL DE ESTUDIOS E SEXO(en miles de pesetas)

MULLERES HOMES

Sen estudios 1.326,4 1.845,6Primarios 1.511,6 2.074,6EXB 1.398,6 2.105,1Bacharelato 2.359,7 3.468,8F P grao medio 1.675,6 2.808,0F P grao superior 1.988,1 2.803,2Diplomaturas 2.726,6 4.213,7Licenciaturas 2.955,7 4.948,9

Fonte: enquisa de estructura salarial. INE 1995. Elaboración propia.

Page 26: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

32

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

As maiores diferencias salariais entre homes e mulleres prodúcense nos niveis de estudios universitarios, na EXB, bacharelato e FP de grao medio, con diferencias por riba da media; as menores danse nas persoas ocupadas sen estudios ou con estudios primarios e nas de F P de grao medio.

O salario dos homes medra, como norma xeral, co seu nivel de estudios; o salario das mulleres medra cos estudios primarios, ten un comportamento estático nos niveis intermedios e volve aumentar nos superiores.

O salario do nivel máis alto das mulleres multiplica por dous o do nivel máis baixo; no caso dos homes, o máis alto multiplica por 2,6 veces o máis baixo.

������������ $�$�DQDQWWLLJ�J�LLGDGHGDGHO salario está relacionado coa antigüidade no posto de traballo: a maior antigüidade, maior salario.

A presencia relativa das mulleres é maior cá dos homes en antigüidades inferiores a seis anos na empresa.

Segundo os datos da enquisa de estructura salarial, para a mesma antigüidade no posto de traballo, o salario das mulleres é inferior en tódolos casos.

Cadro nº 17: GANANCIA MEDIA POR ANTIGÜIDADE NA EMPRESA E SEXO(en miles de pesetas)

MULLERES HOMES

menos dun ano 657,2 837,0entre 1 e 3 anos 1.350,1 1.788,0entre 4 e 10 anos 1.859,8 2.402,6entre 11 e 20 anos 2.146,0 3.064,3entre 21 e 30 anos 2.344,9 3.469,8máis de 30 anos 2.935,5 3.762,2

Fonte: enquisa de estructura salarial. INE 1995. Elaboración propia.

Page 27: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

33

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

O diferencial é menor en antigüidades inferiores a 10 anos e superiores a 30; nos tramos intermedios (de 11 ata 30 anos) as diferencias salariais entre homes e mulleres son superiores.

���� ((9922//88&&,,Ð1�Ð1�''2�2�'',,))((55((11&&,,$$/�/�66$$//$5$5,,$$/�/�((117755(�6((�6(;;2266Entre 1994 e 1999 a diferencia salarial entre homes e mulleres en Galicia aumentou en dous puntos.

A ganancia media mensual das mulleres, segundo os datos da enquisa de salarios na industria e nos servicios para o cuarto trimestre de cada ano, pasou de representa-lo 73 % da dos homes en 1994 ó 75 % en 1995, ó 74 % en 1996, ó 70 % en 1997, ó 72 % en 1998 e ó 71 % en 1999.

No seguinte gráfico recóllese a evolución, en valores absolutos, da ganancia media mensual dos homes e das mulleres no período 1994-1999.

Fonte: enquisa de salarios da industria e dos servicios. INE. Elaboración propia

EVO LUC IÓ N DA GANANC IA MEDIA MENS UAL PO R S EXO S

153.425

150.770

163.609

160.457

143.543132.061

208.346

216.860223.642

229.396

195.117

181.411

130.000

155.000

180.000

205.000

230.000

255.000

1994 1995 1996 1997 1998 1999 m u l l e r

h om e

Page 28: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

34

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

No gráfico pódese comprobar cómo os salarios dos homes medran de xeito continuado en todo o período, cun incremento global do 26,4 %; pola contra, os salarios das mulleres medran entre 1994 e 1996, diminúen en 1997 e volven medrar desde aquela; en cómputo global os salarios das mulleres increméntanse un 23,9 %.

O maior aumento experimentado polas ganancias dos homes explica o incremento da diferencia entre os salarios de homes e mulleres.

���� $$6�36�3552233226677$$6�6�''(�(�&&&&��2222����''(�(�**$$//,,&&,,$$A situación das mulleres respecto do mercado laboral esixe medidas encamiñadas á creación de máis e mellor emprego, o aumento da cobertura social e a mellora das condicións de permanencia. Os obxectivos son variados e requiren actuacións das distintas administracións e, sobre todo, a potenciación da negociación colectiva como instrumento máis axeitado para a mellora das condicións de traballo.

Pero estas actuacións non se deben limitar só ó emprego, senón que tamén se deben dirixir á creación do contorno social axeitado para facilita-la incorporación das mulleres ó mundo laboral. Non se poden esquecer tampouco outras medidas que tamén lles afectan ás mulleres e que exceden o ámbito laboral, como son as relativas á superación da violencia de xénero.

A concreción destas e doutras medidas dirixidas á mellora da situación social e laboral das mulleres constitúe o eixe central das nosas demandas neste 8 de Marzo. Por este motivo, desde o S.N. de CC.OO. de Galicia, propoñemos:

x Adoptar medidas de acción positiva na contratación estable e na promoción profesional para erradica-las prácticas discriminatorias que limitan sensiblemente as opcións profesionais das mulleres.

x Promover acordos sectoriais e de empresa para amplia-la contratación de mulleres, especialmente das novas, en actividades e ocupacións tradicionalmente masculinas.

x Crear Comisións de Igualdade de Oportunidades nas empresas e mais nos sectores.

Page 29: $ 3$57,&,3$&,—1 ’$6 08//(5(6 12 0(5&$’2 /$%25$/ *$/(*2...Fonte: enquisa de poboación activa. IGE. Elaboración propia. O cadro anterior reflicte claramente a situación das

35

O EMPREGO E O SALARIO DAS MULLERES

x Revisa-los sistemas de clasificación e valoración do traballo para garanti-la non discriminación das mulleres na asignación de ocupacións, encadramento profesional e retribucións.

x Aprobar partidas económicas para a eliminación das diferencias retributivas discriminatorias que se detecten.

x Aumenta-la cobertura do desemprego para que as persoas que non perciben outro tipo de rendas poidan obter uns ingresos mínimos.

x Mellora-las pensións máis baixas (complementos de mínimos, viuvez, orfandade, SOVI) para aproximalas ó salario mínimo interprofesional.

x Incluír no Sistema Nacional de Seguridade Social o dereito á prestación de servicios sociais de atención á infancia e ás persoas dependentes.

x Favorece-la entrada e regularización da inmigración por canles normalizadas para loitar contra as mafias e a explotación.

x Mellora-los sistemas de permisos, excedencias e horarios que rexen nas empresas para facilitar que homes e mulleres poidan atender ó xeito as súas responsabilidades familiares.

x Denuncia-la violencia de xénero como delicto que conculca os dereitos humanos das mulleres, e reclama-la aprobación dunha lei integral contra este tipo de violencia.

x Actuar contra o acoso sexual nos centros de traballo, desde a acción sindical, para previr, denunciar e sanciona-los comportamentos discriminatorios.

Marzo de 2001