A poboación mundial

39

Transcript of A poboación mundial

Page 1: A poboación mundial
Page 2: A poboación mundial

Na actualidade, uns 7300 millóns de persoas habitamos a terra. E a cousa non para.

Page 3: A poboación mundial

A xeografía da poboación é a rama da ciencia que estuda a poboación (número, evolución, características,……) e as relacións co espazo en que habita.

A súa vez, está ligada a outra ciencia: a demografía. Os demógrafos recompilan datos sobre a poboación e analízanos.

O comportamento da poboación mundial cambiou moito ao longo do último século, pero, sobre todo, nas catro últimas décadas. Estes cambios deron lugar á aparición de novos problemas.

Page 4: A poboación mundial
Page 5: A poboación mundial

Cántos somos?O dato básico é o número total dos seus

habitantes ou poboación absoluta. A partires del, podemos calcular a densidade de poboación, que é a relación entre o número de persoas e a superficie do territorio que ocupan. En xeral, considérase que un territorio está pouco poboado se ten unha densidade en torno aos 10 hab/km2; que está medianamente poboado se ten unha densidade en torno aos 50 hab/km2; e que está moi poboado se a densidade supera os 80 hab/Km2.

Densidade de poboación Nº de habitantes/Superficie do lugar

Page 6: A poboación mundial

Un escaso crecemento ata o século XIXDende a aparición dos primeiros seres humanos, hai varios millóns de anos, ata o século XIX, a poboación mundial creceu moi lentamente. Aínda que se producía un elevado nº de nacementos, era contrarrestado por unha alta mortalidade, provocada fundalmente pola falta de avances sanitarios. Esta elevada mortalidade intensificábase durante períodos de guerras, fames e epidemias. Por ex., en Inglaterra a peste negra do século XIV acabou coa vida de máis do 40% dos seus habitantes.Así, a poboación mundial, que cara ao ano 1 d.c. se estimaba en torno aos 300 millóns de habitantes, só aumentou ata os 800 millóns en 1750.

Page 9: A poboación mundial

A explosión demográficaA partires do século XIX, a poboación creceu con rapidez grazas ao descenso da mortalidade. As melloras nas técnicas agrícolas permitiron obter máis alimentos, co que moitos países deixaron de padecer fames. Por outro lado, os avances da medicina e unha maior hixiene reduciron as epidemias e as mortes causadas por certas enfermidades. Ao longo do S. XIX, a poboación mundial pasou de 1000 a 1700 millóns.O crecemento demográfico acelerouse no S. XX, sobre todo na 2ª metade. En só 40 anos, a poboación duplicouse: en 1960 había 3000 millóns, e a mediados de 1999 superáronse os 6000. Debido a este rechamante aumento nun tempo tan curto, dicimos que se produciu unha explosión demográfica.

Page 10: A poboación mundial

Situación actual e previsiónsHoxe a poboación mundial sitúase arredor dos 7.400

millóns de persoas. Ao longo do S. XXI, a poboación crecerá, pero a un ritmo máis lento porque a natalidade está a descender. Calcúlase que en 2050 a poboación será duns 9.500 millóns de habitantes.

O maior crecemento darase nos países subdesenvolvidos, pois neles a poboación a poboación nova é máis numerosa e as taxas de natalidade máis elevadas. Se na actualidade, 5.800 millóns de persoas viven en países periféricos ou subdesenvolvidos, no 2050, prevese que sexan 8.200 millóns. Polo contrario, a cifra de habitantes nos Estados máis desenvolvidos, uns 1.300 millóns, non se incrementará significativamente neste período.

No século XXI a poboación mundial avellentará pois prevese que a natalidade continúe descendendo e a mortalidade sendo baixa. Estímase que a mediados deste século a poboación maior de 65 anos será maior ca de nenos de 4 anos en porcentaxe

Page 11: A poboación mundial

Grandes desigualdades no planeta:-Concentración do 90% da poboación no

Hemisferio Norte (Paralelos 20°/60° e preto da costa)

-Focos de acumulación demográfica no S e SE asiático, Europa occidental e costa Atlántica de EE.UU.

-Focos de despoboamento nas zonas frías, desertos cálidos e selvas ecuatoriaisXustificantes:

-Factores físicos condicionantes. Preferencia polas zonas temperadas, costeiras ou con solos fértiles

-Factores humanos, relacionados coa antigüidade do poboamento e a economía das zonas máis competitivas.

Page 12: A poboación mundial

Cómo evoluciona a poboación?É imprescindible saber se a poboación dun lugar crece ou decrece. Para iso, estúdanse a natalidade, a fecundidade e a mortalidade:a)NatalidadeNúmero de nacidos que se produce nunha poboación. Mídese coa taxa bruta de natalidade (Tbn)TbnNº de nacementos/Nº de habitantes × 1000

Page 13: A poboación mundial

FACTORES DA NATALIDADE:-Biolóxicos, como a idade da nai-Demográficos, como o predominio de mozos ou

anciáns-Socioeconómicos, relacionado cos custos e

beneficios de ter fillos. Conciliación laboral e familiar

-Culturais, con aspectos tales como o uso de anticonceptivos, idade do matrimonio e crenzas relixiosas

-Políticos, medidas adoptadas polos Estados para reducir ou fomentar a natalidade (China: Política

dun fillo único que finalizou este 2016; Galicia: Tarxeta Benvida)

Page 14: A poboación mundial
Page 15: A poboación mundial
Page 16: A poboación mundial

c)A mortalidadeÉ o número de defuncións que se produce nunha poboación. Mídese coa taxa bruta de mortalidade (Tbm)Tamén se poden calcular outras taxas máis específicas, como a de mortalidade infantil (Tmi), que rexistra o nº de nenos que morren antes de facer o seu primeiro ano de vida por cada 1000 meniños nacidos. Esta taxa é un bó indicador do nivel de desenvolvemento dun país.

TbmNº de falecidos/Nº de habitantes × 1000

TmiNº de falecidos menores dun ano/nº nacidos vivos × 1000

Page 17: A poboación mundial

Tanto na natalidade coma na mortalidade, unha taxa superior ao 30‰ considérase alta; se o valor se encontra entre 15 e 30‰, dise que é moderada; e baixa cando é inferior ao 15‰

Para saber se a poboación dun lugar crece, calculamos o crecemento natural ou vexetativo (Tcv). Se nun lugar morre máis xente da que nace, a poboación redúcese, e se morre menos xente da que nace, a poboación aumenta.

TcvNº de nacidosNº de falecidos/Nº de habitantes × 100

INE Eurostat

ONU

Page 18: A poboación mundial
Page 19: A poboación mundial
Page 20: A poboación mundial

1) Utiliza as fórmulas que acabamos de ver para calcular os seguintes valores de Andalucía e Cantabria (Datos de 2004):-Densidade de poboación -Tbn -Tbm -Tmi -CV

Andalucía Cantabria

Habitantes 7.687.518 554.784

Superficie (Km2) 87.597 5.321

Nº nacementos 86.015 4.783

Nº defuncións 64.715 5.519

Nº defuncións menores dun ano

344 13

Page 21: A poboación mundial
Page 22: A poboación mundial

• Emigración: consiste en deixar o propio país ou rexión para establecerse noutro lugar (Emigrantes)

• Inmigración: supón a chegada de poboación ao lugar de destino (Inmigrantes)

• Causas e clasificacións das migraciónsa) Naturais: Terremotos, secas, inundacións,

etc..b) Políticas: Guerras, persecucións políticas,

raciais, ...c) Económicas: Exceso de poboación, falta de

traballo, ... Forzosas ou libres Temporais ou definitivas Interiores ou exteriores Regular ou irregular (situación xurídica do

migrante)

Page 23: A poboación mundial

Emigración galega - Principios S. XX

Page 24: A poboación mundial
Page 25: A poboación mundial

Emigración cara á UE

Page 26: A poboación mundial

1. IDADE E SEXO1. -Tres grupos de idade: mozos (0-14); adultos (15-64);

anciáns (+65)2. -Diferenzas claras no mundo con diferente predominio

dos grupos de idade3. -Factores: Mortalidade e natalidade, migracións,

políticas, Historia, etc..4. -Relación entre o nº de homes e mulleres5. -Análise coa Pirámide de poboación2. ACTIVIDADE E SECTORES ECONÓMICOS

-Poboación activa (ocupada e desocupada) e inactiva-Taxa de actividade mais alta nos países desenvolvidos-Sectores económicos: Primario, secundario e servizos

Page 27: A poboación mundial

Unha pirámide de poboación é un gráfico de barras que representa a estrutura da poboación por grupos de idade e sexoNo eixe vertical ou de abscisas sitúanse as idades de poboación agrupadas en intervalos de 0 a 4 anos, de 5 a 9, de 10 a 14, etc…Na metade esquerda do gráfico represéntase os valores correspondentes á poboación masculina. A lonxitude de cada barra mostra a porcentaxe de homes dun grupo de idade sobre o total da poboación masculinaNa metade dereita do gráfico represéntanse os valores correspondentes á poboación feminina. A lonxitude de cada barra mostra a porcentaxe de mulleres dun grupo de idade sobre o total da poboación feminina.

Page 28: A poboación mundial
Page 29: A poboación mundial

No eixe horizontal ou de ordenadas márcanse as porcentaxes. Normalmente rotúlanse só algunhas delas, a intervalos regulares, para que o gráfico resulte máis limpo.CÓMO SE INTERPRETA?1-Pirámide expansiva ou en forma de pagoda2-Pirámide regresiva ou en forma de tonel ou bulbo3-Pirámide estancada ou en forma de campana

Page 30: A poboación mundial
Page 31: A poboación mundial

Un crecemento elevadoNos países subdesenvolvidos, o crecemento da poboación é, en xeral, alto, por riba do 2%. A razón é a elevada natalidade. Na maioría destes países, a taxa de natalidade supera o 30‰ e nalgúns Estados africanos rolda o 50‰. Non obstante, nas derradeiras décadas foise reducindo o crecemento.Esta elevada natalidade responde a 5 motivos principais:-A maioría da poboación vive da agricultura, e o traballo dos fillos no campo é indispensable para as familias-Existe unha elevada mortalidade infantil, polo tanto as mulleres teñen máis fillos pois se algún non sobrevive

Page 32: A poboación mundial

-Moitas culturas valoran as mulleres polos fillos que teñen-A relixión ten un gran peso, e normalmente as relixións rexeitan o uso de métodos artificiais de control da natalidade-Moitos gobernos non realizan campañas de planificación familiar

Page 33: A poboación mundial

Menor esperanza de vida e poboación novaA esperanza de vida nos países subdesenvolvidos é

máis baixa ca nos países desenvolvidos. Nalgúns Estados Africanos, a idade media de vida non chega aos 48 anos. Aínda que a difusión de medicamentos e vacinas reduciu a mortalidade, moitas persoas continúan sen ter acceso a eles, así como á sanidade e á auga potable. Estes factores + a malnutrición e conflitos armados explican a baixa esperanza de vida.A consecuencia é que a poboación é nova. Menos dun 10% dos seus habitantes teñen máis de 65 anos

Premio World Press Photo, 1993

Page 34: A poboación mundial

Problemas e políticasNos países subdesenvolvidos a poboación supón varios problemas:O rápido crecemento demográfico, por riba da produción de alimentos, agrava o problema da fame nos países máis pobresAumenta a presión sobre os recursos naturais: auga, terra….Necesítanse máis servizos (hospitais, escolas,…) e vivendasOs postos de traballo son insuficientesAlgúns países, coma India, China ou Alxeria, puxeron en práctica políticas de planificación familiar, aínda que con resultados dispares. Mentres que en China e Alxeria o crecemento demográficos diminuíu, non foi así en India, onde cada ano a súa poboación aumenta en 15 millóns de persoas.

Page 35: A poboación mundial

Un crecemento débil

Nos países desenvolvidos, o ritmo de crecemento da poboación é moi débil, en torno ao 0,2%. Só nuns poucos países o crecemento natural non é tan baixo e sitúase arredor do 1%; é o caso de Estados Unidos, Australia e Irlanda.Este débil crecemento débese a unhas taxas de natalidade moi baixas, que en moitos países son inferiores ao 11‰. A taxa de fecundidade media é de 1,5 fillos por muller.

Page 36: A poboación mundial

Os principais factores que condicionan esta baixa natalidade son:A progresiva incorporación da muller ao mercado laboral e a dificultade para facer compatibles o traballo e mais o coidado dos fillosA difusión dos anticonceptivosO atraso da idade á hora de formar unha familia e de ter o 1º fillo (En moitos casos o único)O importante gasto que implica o mantemento dos fillosO cambio nos valores sociais e o menor peso da relixión

Page 37: A poboación mundial

Elevada esperanza de vida e avellentamentoNestes países, a esperanza de vida supera os 79 anos. Debido a esta elevada esperanza de vida e á baixa natalidade, os países desenvolvidos son vellos. Máis do 20% da poboación ten máis de 64 anos.Os Estados máis afectados polo avellentamento demográfico son Xapón e os países europeos

Problemas e políticasO avellentamento da poboación supón varios problemas:Un aumento do gasto estatal en sanidade e en creación de centros de atención para persoas maiores: residencias de anciáns, centros de día, etc..

Page 38: A poboación mundial

Un aumento do gasto en pensiónsAs persoas maiores son máis aforradoras. Aínda que o aforro é beneficioso, pódese frear o crecemento económico do país se o consumo se reduce en exceso.A poboación maior é máis conservadora, o que pode supoñer un obstáculo para o desenvolvemento de novas iniciativasPara facer fronte a estes problemas, os gobernos adoptan políticas de 2 tipos. Unhas políticas teñen o fin de favorecer a natalidade mediante axudas económicas para o mantemento dos fillos, a creación de gardarías gratuitas nos centros de traballo ou permisos de maternidade ou paternidade máis longos. Outras políticas están dirixidas a sufragar os gastos sociais que xera o avellentamento da poboación mediante o aumento de impostos, o atraso da idade de xubilación ou o recorte nas pensións.

Page 39: A poboación mundial

-ELEVADO CRECEMENTO DA POBOACIÓNAínda que existe unha desaceleración, a poboación

mundial superará os 10.000 millóns de habitantes antes de entrar no derradeiro cuarto do século XXI.

Consecuencias: -Desequilibrios poboación-recursos-Menor desenvolvemento

Solucións: Desenvolvemento sostible-MIGRACIÓNS MASIVAS

Aumentan debido ás enormes desigualdades e desequilibrios económicos no planeta. E un factor a incluir: o problema climático. Control e fronterización das migracións-ENVELLECEMENTO DA POBOACIÓN

Incremento da idade de xubilación, fomentar a natalidade e ampliar o permiso de paternidade