iNFORMA INFORMA... · 2021. 3. 11. · nio colectivo que se incorporan en este acuerdo. 3. Se...

6
Setembro 2013 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.com CENTROS DE ASISTENCIA E EDUCACIÓN INFANTIL UN NOVO RECORTE SALARIAL UN NOVO INCUMPRIMENTO DO XI CONVENIO Os salarios do persoal de Educación Infantil sofren un novo recorte coa CONXELACIÓN para os anos 2012 e 2013 Aproveitando, unha vez máis, o argumento da crise económica, e toda a confusión creada na Negociación Colectiva, polo que poideran recaer moitos convenios que non se renovaran unha vez rematado o seu periodo de vixencia, o pasado día 26 de xuño, fomos convocadas todas as organi- zacións a unha reunión para proceder á revisión salarial do XI Convenio Colectivo de Centros de Asistencia e Educación Infantil. Desde a CIG-Ensino quedamos abraiados xa nesa primeira reunión, cando comprobamos que, en lugar de executar o que o XI Convenio recolle ao respecto das retribucións ou mesmo o acordo asinado entre as patronais e os sindicatos CCOO e UGT en decembro de 2011(táboas 2011 e 2012) cun importante recorte sobre o que decía o convenio(feito este histórico pois por primeira vez se renegocia un convenio dentro do seu pe- ríodo de vixencia), se plantexa na mesma UNHA CONXELACIÓN SALARIAL PARA OS ANOS 2012!!!! ( que vergoña de novo de forma retroac- tiva e rebaixa da rebaixa) E 2013. E máis abraiados quedamos cando comproba- mos na Mesa de Negociación que o resto das or- ganizacións sindicais xa tiñan asumida esta pro- posta, e a única razón para que non houbese un acordo, aínda nese intre, era que as patronais do sector non se conformaban con esta conxelación, e pretendían suprimir o Complemento Específi- co das/os Educadoras/es, se algún centro perdía máis do 20% do alumnado, ou reducilo á meta- de, se esa perda era maior do 10% de alumnado. Como se poderá comprobar no acordo, esta pro- posta non quedou totalmente descartada, pois vaise retomar antes de novembro. A resposta da CIG-Ensino nesa Mesa foi in- mediata: No XI Convenio Colectivo asinado en 2010, que está en vigor ata o 31 de decembro do 2013, xa se contemplaba claramente cal sería a suba sala- rial para cada un dos anos de vixencia. Reprodu- cimos o que di textualmente o art. 50 do convenio ao respecto(BOE 22-03-2010): “Artigo 50. INCREMENTOS RETRIBUTIVOS:Os salarios do persoal com- prendido no ámbito de aplicación deste Conve- nio quedan establecidos nas táboas salariais que figuran como parte integrante do mesmo, como Anexo II e Anexo III, no seu caso…. O incremen- to salarial pactado para o ano 2010 será o esta- blecido nas táboas salariais que figuran no Anexo II e Anexo III (0.8% e 0.3%, respectivamente) no seu caso….O incremento salarial pactado para os seguintes anos de vixencia do presente convenio, será o IPC real do ano anterior.Os/ as traballadores/as de Centros de obras sociais,

Transcript of iNFORMA INFORMA... · 2021. 3. 11. · nio colectivo que se incorporan en este acuerdo. 3. Se...

Page 1: iNFORMA INFORMA... · 2021. 3. 11. · nio colectivo que se incorporan en este acuerdo. 3. Se anexan a este acuerdo las tablas salaria-les firmadas del anexo II y el anexo II bis

Setembro 2013

Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

www.cig-ensino.com

CENTROS DE ASISTENCIA E EDUCACIÓN INFANTILUN NOVO RECORTE SALARIAL

UN NOVO INCUMPRIMENTO DO XI CONVENIOOs salarios do persoal de Educación Infantil sofren un novo

recorte coa CONXELACIÓN para os anos 2012 e 2013Aproveitando, unha vez máis, o argumento da

crise económica, e toda a confusión creada na Negociación Colectiva, polo que poideran recaer moitos convenios que non se renovaran unha vez rematado o seu periodo de vixencia, o pasado día 26 de xuño, fomos convocadas todas as organi-zacións a unha reunión para proceder á revisión salarial do XI Convenio Colectivo de Centros de Asistencia e Educación Infantil.

Desde a CIG-Ensino quedamos abraiados xa nesa primeira reunión, cando comprobamos que, en lugar de executar o que o XI Convenio recolle ao respecto das retribucións ou mesmo o acordo asinado entre as patronais e os sindicatos CCOO e UGT en decembro de 2011(táboas 2011 e 2012) cun importante recorte sobre o que decía o convenio(feito este histórico pois por primeira vez se renegocia un convenio dentro do seu pe-ríodo de vixencia), se plantexa na mesma UNHA CONXELACIÓN SALARIAL PARA OS ANOS 2012!!!! ( que vergoña de novo de forma retroac-tiva e rebaixa da rebaixa) E 2013.

E máis abraiados quedamos cando comproba-mos na Mesa de Negociación que o resto das or-ganizacións sindicais xa tiñan asumida esta pro-posta, e a única razón para que non houbese un acordo, aínda nese intre, era que as patronais do sector non se conformaban con esta conxelación,

e pretendían suprimir o Complemento Específi-co das/os Educadoras/es, se algún centro perdía máis do 20% do alumnado, ou reducilo á meta-de, se esa perda era maior do 10% de alumnado. Como se poderá comprobar no acordo, esta pro-posta non quedou totalmente descartada, pois vaise retomar antes de novembro.

A resposta da CIG-Ensino nesa Mesa foi in-mediata:

No XI Convenio Colectivo asinado en 2010, que está en vigor ata o 31 de decembro do 2013, xa se contemplaba claramente cal sería a suba sala-rial para cada un dos anos de vixencia. Reprodu-cimos o que di textualmente o art. 50 do convenio ao respecto(BOE 22-03-2010):

“Artigo 50. – INCREMENTOS RETRIBUTIVOS:Os salarios do persoal com-prendido no ámbito de aplicación deste Conve-nio quedan establecidos nas táboas salariais que figuran como parte integrante do mesmo, como Anexo II e Anexo III, no seu caso…. O incremen-to salarial pactado para o ano 2010 será o esta-blecido nas táboas salariais que figuran no Anexo II e Anexo III (0.8% e 0.3%, respectivamente) no seu caso….O incremento salarial pactado para os seguintes anos de vixencia do presente convenio, será o IPC real do ano anterior.Os/as traballadores/as de Centros de obras sociais,

Page 2: iNFORMA INFORMA... · 2021. 3. 11. · nio colectivo que se incorporan en este acuerdo. 3. Se anexan a este acuerdo las tablas salaria-les firmadas del anexo II y el anexo II bis

confederación intersindical galega2

setembro 2013

propias de carácter docente sen fins lucrativos e de Caixas de Aforros terán nos seguintes anos de vixencia do presente convenio o mesmo in-cremento salarial mencionado no parágrafo an-terior, máis un 0,6% adicional sobre os concep-tos retributivos que establece o Convenio,.... Así mesmo, os/as traballadores/as das Empresas privadas que xestionan centros de titularidade pública percibirán nos seguintes anos de vixen-cia do presente convenio, o mesmo incremento salarial establecido no parágrafo anterior, máis un 0,25% adicional sobre os conceptos retributi-vos establecidos no presente convenio, e sempre atendendo ás acumulacións que desde 2006 se produciron.”

Desde a CIG-Ensino, solicitamos pois que se dera cumprimento ao que contempla o convenio nese artigo e lembramos que xa non se fixo cando, en decembro do 2011 asinaron as patronais e os sindicatos UGT e CCOO un descolgue salarial para os anos 2011 e 2012( BOE 26-01-2012), que supuxo a perda para o persoal das escolas privadas do incremento salarial que lle correspondería de xaneiro a agosto, aplicándollo en setembro ( e non en xaneiro, como dicía o convenio), e para as públicas de xestión privada (como as muni-cipais), a retirada do 0,25% adicional antes mencionado.

Este acordo asinado o 16 decembro de 2011 e publicado polo Ministerio de Empleo e SS. no BOE do 16 de xaneiro do 2012 como a “Resolu-ción do 5 de xaneiro de 2012 da Dirección Xeral de Empleo para o rexistro e publicación das tá-boas salariais do 2011( reducíndoas de maneira retroactiva e que moitas empresas xa estaban a pagar segundo o art. 50 do convenio) e 2012 , dicía textualmente :

“Las partes firmantes de este acuerdo, ACADE, CECEI, EyG, CECE y FCIC por par-te patronal y FE-CCOO y FETE-UGT por par-te sindical, teniendo en cuenta la situación del

sector y la conveniencia de incluir un artículo de estructuración de la negociación colectiva y con-currencia adaptado a las modificaciones introdu-cidas en este punto en el Real Decreto 7/2011, han aceptado los siguientes acuerdos:1. Tablas salariales para el año 2011.El incremento salarial pactado para las tablas salariales del anexo II del Convenio colectivo respecto del año 2011 es del 3% (IPC real del año anterior) en el salario base,aplicándose sus efectos económicos desde el 1 de septiembre de 2011.Así mismo, se establecen estas mismas condi-ciones para los trabajadores de las empresas o entidades privadas que gestionan centros de titularidad pública, aplicándose sus efectos eco-nómicos desde el 1 de enero de 2011, según las tablas que constituirán el anexo II bis del Conve-nio colectivo que se incorporan en este acuerdo.2. Tablas salariales para el año 2012.El incremento salarial pactado para las tablas salariales del anexo II del Convenio colectivo respecto del año 2012 es el del IPC real del año 2011 en el salario base,aplicándose sus efectos económicos desde el 1 de septiembre de 2012.Así mismo, se establecen estas mismas condi-ciones para los trabajadores de las empresas o entidades privadas que gestionan centros de titularidad pública, aplicándose sus efectos eco-nómicos desde el 1 de enero de 2012, según las tablas que constituirán el anexo II bis del conve-nio colectivo que se incorporan en este acuerdo.3. Se anexan a este acuerdo las tablas salaria-les firmadas del anexo II y el anexo II bis para el año 2011. Con respecto a las tablas salariales del anexo III, se estará a lo que resulte del acuerdo del SIMA.4. En la segunda quincena de enero del 2012, cuando ya se conozca el IPC real del año 2011, se firmarán las tablas salariales del anexo II y el anexo II bis para el año 2012,con los criterios pactados en el punto 2 de este acuerdo.”

Page 3: iNFORMA INFORMA... · 2021. 3. 11. · nio colectivo que se incorporan en este acuerdo. 3. Se anexan a este acuerdo las tablas salaria-les firmadas del anexo II y el anexo II bis

confederación intersindical galega3

setembro 2013

Diante da nosa postura da CIG-Ensino, as patronais respostaron con descalificacións de todo tipo, perdendo incluso as mínimas formas de comportamento esixibles nunha Mesa de Negociación na que, como parece lóxico, cada quen defende os intereses de aqueles a quen representa. E nós temos claro que intereses temos que defender; os das/os traballadoras/es do sector. E, tal e como lles deixamos claro, non nos valen eses argumentos tan reiterados da mala situación pola que están a pasar moitas das escolas como disculpa para facer recaer as consecuencias sobre o seu persoal de modo xeneralizado e para todas elas nun convenio estatal.Ademais recordámoslles que as novas reformas laborais aprobadas xa lles dan todo tipo de facilidades ás empresas que teñan problemas económicos para aplicar descolgues salariais e outras medidas, cos mínimos requisitos. Se, polo tanto, hai algunas que se atopan realmente nesa situación, que se acollan ao que contemplan esas reformas , ou incluso o propio convenio no na Clausula de Descolgue.O ACORDO:

Finalmente, e logo doutras dúas reunións( 12 e 18 de xullo), na última que se celebrou o pasado día 18 de xullo chegan ao acordo, que recolle textualmente o seguinte:“As partes asinantes deste acordo (patronal e sindicatos estatais), tendo en conta a situación de extrema crise que atravesa o sector, aceptan os siguintes acordos:

1.Acórdase a conxelación salarial para os anos 2012 e 2013. As táboas salariales son as contempladas no anexo II e no anexo II bis.2.As partes comprométense a negociar antes do 8 de novembro novas solucións dentro deste Convenio que contribúan a mellorar a situación do sector e a manter os postos de traba-llo. 3.Tamén se comprometen a reunirse de forma monográfica para estudiar un plano de acción contra aqueles centros que están realizando unha competencia desleal aos centros recolli-dos no ámbito funcional do presente convenio.

EN DEFINITIVA:

UN NOVO ATAQUE CONTRA OS DEREITOS DO PERSOAL, CON IMPORTANTE PERDA DO PODER ADQUI-SITIVO DUNS SALARIOS, XA DE POR SÍ BASTANTE PRECARIOS.

E DIANTE DISTO, DESDE A CIG-ENSINO PREGUNTÁMONOS:

¿PARA QUE SERVÍU ASINAR UN CONVENIO QUE SE ESTÁ A INCLUMPLIR REITERADAMENTE, E SEM-PRE EN PREXUÍZO DO PERSOAL? ¿PARA QUE SERVIU ASINAR UN ACORDO Á BAIXA A POSTERIORI PARA TAMÉN ACABAR

INCUMPLINDOO E DE NOVO PERDENDO OS DE SEMPRE?

Estes sindicatos estatais poden facer isto polo poder que lle outorgan os traballadores/as que os apoian nas eleccións sindicais dándolle representación por medio dos delegados/as. Parémoslles os pés presentándovos às eleccións coa CIG e dándonos o voso apoio.

¡¡¡ NON COLABOREDES CON QUEN VENDE OS VOSOS DEREITOS SALARIAIS E LABORAIS !!!

Page 4: iNFORMA INFORMA... · 2021. 3. 11. · nio colectivo que se incorporan en este acuerdo. 3. Se anexan a este acuerdo las tablas salaria-les firmadas del anexo II y el anexo II bis

confederación intersindical galega4

setembro 2013

Page 5: iNFORMA INFORMA... · 2021. 3. 11. · nio colectivo que se incorporan en este acuerdo. 3. Se anexan a este acuerdo las tablas salaria-les firmadas del anexo II y el anexo II bis

confederación intersindical galega5

setembro 2013

CIG-ENSINO SANTIAGO INFÓRMATE SEN COMPROMISO ENRúa Miguel Ferro Caaveiro10, 1º Teléf.- 981576800 [email protected]

Page 6: iNFORMA INFORMA... · 2021. 3. 11. · nio colectivo que se incorporan en este acuerdo. 3. Se anexan a este acuerdo las tablas salaria-les firmadas del anexo II y el anexo II bis

confederación intersindical galega6

Santiago (Local Nacional)

Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. Santiago de Compostela. cp.15706.Tlf. 981576800 Fax. 981575839 [email protected]

A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruñ[email protected]

Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo36780. A GuardaTlf. 986610465 Fax. [email protected]

MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 136947. CangasTlf. 986302987 Fax. [email protected]

FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. [email protected]

LugoRda da Muralla 58, bxo.27003. LugoTlf. 982245023 Fax. 982253891e-mail: [email protected]

OurenseP. de San Lázaro 12, 4º32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. [email protected]

PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. [email protected]

A Mariña27700. Ribadeo Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. [email protected]

Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º32600. VerínTlf. 988412345 Fax. [email protected]

VigoR. Gregório Espino 47, bxo.36205. VigoTlf. 986827935 Fax. [email protected]

SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. [email protected]

Os nosos locais