FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2...

21
1 FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO DINAMIZACIÓN DA AGRICULTURA PARA PROMOVER UN DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE NA CÁMARA DE SANTA CRUZ

Transcript of FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2...

Page 1: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

1

FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS DE COOPERACIÓN AO 

DESENVOLVEMENTO    

  

 

DINAMIZACIÓN DA AGRICULTURA PARA PROMOVER UN DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE NA CÁMARA DE 

SANTA CRUZ 

   

        

  

Page 2: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

2

  

ÍNDICE                                                                                                                                                                     Páx.  1. FICHA IDENTIFICATIVA  

1.1 INFORMACIÓN BÁSICA DO PROXECTO  2. DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE  E EXECUTORA/S  

2.1 DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE 2.1.1      IDENTIFICACIÓN 2.1.2      GRAO DE EXPERIENCIA 2.1.3      PRESENZA REAL EN GALICIA  

2.2 DATOS DA/S COPARTE/S 2.2.1 IDENTIFICACIÓN 2.2.2 GRAO DE EXPERIENCIA 

 3. DETALLE DA PROPOSTA  

3.1 DESCRICIÓN DO PROXECTO  

3.2 CONTEXTO 3.3.1 XEOGRÁFICO 3.3.2 SOCIAL 3.3.3 POLÍTICO 3.3.4 ECONÓMICO  

3.3 LOCALIZACIÓN DETALLADA  

3.4 XUSTIFICACIÓN  

3.5 DESCRICIÓN DO GRUPO BENEFICIARIO  

3.6 METODOLOXÍA  

3.7 IMPACTO 3.8.1 SOCIAL 3.8.2 ECONÓMICO 3.8.3 POLÍTICO 3.8.4 XÉNERO 3.8.5 MEDIAMBIENTAL  

3.8 VIABILIDADE 3.9.1 POLÍTICA 3.9.2 SOCIAL 3.9.3 ECONÓMICA 3.9.4 TECNOLÓXICA 

Page 3: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

3

3.9.5 XÉNERO 3.9.6 MEDIOAMBIENTAL  

3.9 SUSTENTABILIDADE  3.10 ANÁLISE  DOS  AXENTES  E  ACTORES  DO  TERRITORIO  INVOLUCRADOS  NO 

PROXECTO.  

3.11 RELACIÓN  DO  PROXECTO  CON  OUTRAS  INICIATIVAS  EXISTENTES  NA  ZONA ESPECIALMENTE  COAS  POLÍTICAS  PÚBLICAS  MUNICIPAIS  DO  SECTOR  DE ACTUACIÓN DO PROXECTO.  

 3.12 ACTIVIDADES  DE  SENSIBILIZACIÓN  QUE  SE  LEVARÁN  A  CABO  EN  GALICIA 

SOBRE O PROXECTO.  4. DESEÑO DA PROPOSTA  

4.1 MATRIZ DO MARCO LÓXICO   

4.2 DESCRICIÓN DOS PRINCIPAIS COMPOÑENTES DO PROXECTO  

4.3 INDICADORES PARA MEDICIÓN DE LOGROS  

4.4 CRONOGRAMA DE ACTIVIDADES  

4.5 RECURSOS HUMANOS, TÉCNICOS E MATERIAIS NECESARIOS  

4.6 FORMAS DE AVALIACIÓN, CONTROL E SEGUIMENTO DO PROXECTO  

4.7 COMPROMISO DE EXECUCIÓN ASUMIDO POR CADA ENTIDADE  5. ORZAMENTO 

 5.1 CADRO FINANCIACIÓN DO PROXECTO  5.2 ORZAMENTO DETALLADO POR PARTIDAS E COFINANCIADORES 

 6. ANEXOS 

   

 A extensión de cada epígrafe deste formulario será o que a entidade solicitante estime necesario para dar unha información clara e suficiente que permita a comprensión do 

proxecto.  

     

Page 4: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

4

 1. FICHA IDENTIFICATIVA 

 1.1 INFORMACIÓN BÁSICA DO PROXECTO 

 

Título DINAMIZACIÓN DA AGRICULTURA PARA PROMOVER UN DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE NA CÁMARA DE SANTA CRUZ 

Entidade solicitante  Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade 

Coparte  Cámara Municipal de Santa Cruz 

Outras entidades participantes 

Delegación do Ministerio do Desenvolvemento Rural de Santa Cruz, Universidade de Cabo Verde 

País/Área Xeográfica Localidades de Ribeira de Serrado, Cova de Barro e Ribeira Seca, no Concello de Santa Cruz (Illa de Santiago, Cabo Verde) 

Sector de actuación  Seguridade alimentaria 

Data de inicio  Xuño de 2013 

Data de finalización  Setembro de 2013 

Número de beneficiarias/os directas/os 

30 Beneficiarias/os directas/os 

Número de beneficiarias/os indirectas/os 

 2.000 Beneficiarias/os indirectas/os 

Obxectivo xeral  Reducir  a  pobreza  da  poboación  agricultora  así  coma  protexer  as cuncas hidrográficas da Cámara de Santa Cruz 

Obxectivo específico Dinamizar  a  agricultura  para  un  desenvolvemento  sustentable  na Cámara de Santa Cruz 

Resultados  Mellorar a xestión da auga na práctica agrícola 

Actividades 

1. Formación de 30 agricultoras/es no sistema de rego  ‘gota a gota’  e  noutras  prácticas  agrícolas  para  sacar  o  maior proveito  ás  súas  terras  sempre  dende  a  perspectiva  do respecto medioambiental 

2. Instalación do sistema de rego ‘gota a gota’ nas parcelas 

Orzamento total (euros)  37.855 Euros 

Subvención solicitada ao Concello de Vigo 

29.600€ 

Porcentaxe que supón a cantidade solicitada sobre o orzamento total 

78,13% 

Page 5: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

5

2. DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE E EXECUTORA  

2.1 DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE  

2.1.1 IDENTIFICACIÓN 

• Nome completo da entidade solicitante 

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade 

• CIF 

G15629629 

• Teléfono/s 

986357238 

• Web 

www.fondogalego.org  

• Enderezo electrónico 

[email protected]  

2.2 DATOS DA ENTIDADE EXECUTORA 2.2.1 IDENTIFICACIÓN 

 A entidade executora é a Cámara Municipal Santa Cruz a través do Gabinete de Estudos Planeamento e Proxectos (GEPP).  Nome completo da entidade solicitante 

Cámara Municipal de Santa Cruz 

• Enderezo da sede ou delegación en Galicia 

Avenida Cidade de Leibnitz                    

Cidade de Pedra Badejo 

Concello de Santa Cruz Código postal –52 A País‐ Cabo Verde 

• CIF 

352355000 

• Data de constitución 

Page 6: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

6

Marzo de 1971 pelo Diploma Lexislativo 1750 

Teléfono/s: 00 238 269 10 15 

• Web: http://ssanatacruz.blogpot.com 

• Enderezo electrónico 

[email protected] 

• Representante legal da entidade 

- Nome e apelidos: 

Orlando Fernandes Lopes Sanches 

- Cargo: 

Presidente da Cámara Municipal 

- Teléfono: 

00 238 269 15 10 / 918 50 50 

- Enderezo electrónico: 

[email protected] 

 2.2.2 GRAO DE EXPERIENCIA 

O  Concello  de  Santa  Cruz  ten  unha  longa  experiencia  na  execución  de  proxectos  de Desenvolvemento Local en diversas áreas, como por exemplo no ramo de vivenda de interese social,  educación,  agricultura,  pesca,  concesión  de microcréditos  para  algunhas  actividades xeradoras  de  rendemento  e  saneamento  entre  outras.  Varios  xardíns  infantís  foron construídos so a supervisión dos  técnicos do gabinete  técnico municipal, hoxe  transformado nunha  empresa  municipalizada,  SAMUO  (Servizo  Autónomo  de  Urbanismo  e  Obras),  con persoal capacitado e en condicións de asumir e executar obras de grande porte financeiro. 

Mais a Cámara ten a parcería co MSP( Movemento para desenvolvemento e Paz) unha ONG Italiana que ten apoiado proxectos de agricultura, no tocante á instalación do rego por goteo. Neste momento encóntrase en curso un proxecto Xestión Perdurable e Integrado dos Terreos Agrícolas nas Concas Hidrográficas do Concello de Santa Cruz, con financiamento externo. 

O  Concello  de  Santa  Cruz  neste momento  conta  con  cerca  de  500  funcionarios,  sendo  13 técnicos superiores.   A Cámara conta para a execución deste proxecto con persoal voluntario das  Asociacións  Comunitarias  de  Desenvolvemento,  mais  tamén  as  propias  familias beneficiarias irán participar coa man de obra voluntaria. 

Page 7: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

7

O Concello  irá   traballar en cooperación e estreita colaboración das Asociacións Comunitarias de  Desenvolvemento,  parceiras  deste  proxecto  e  tamén  coa  Delegación  do Ministerio  do Desenvolvemento Rural. Cada beneficiaria/o vai contribuír coa man de obra na instalación de rega de gota á gota e no mantemento dos seus materiais. 

  

Page 8: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

8

3. DETALLE DA PROPOSTA  3.1 DESCRICIÓN DO PROXECTO 

 Trátase dun proxecto que ten por obxectivo dinamizar a agricultura para un desenvolvemento sustentado,  reducindo  a  pobreza  e  os  problemas  en materia  de  seguridade  alimentaria  e melloría do nivel de vida dos agricultores da Conca Hidrográfica do Concello de Santa Cruz. Coa implementación deste proxecto espérase formar agricultoras/es na instalación, mantemento e practica  do  rego  por  goteo, mellorar  a  xestión  da  auga  e  a  práctica  agrícola  nas  principais concas do Municipio  e  ver mellorada  a  situación  socioeconómica das persoas beneficiarias, tanto  directas  como  indirectas.  O  grupo  diana  son  as  agricultoras  e  agricultores  máis vulnerables, sendo que algúns dependen da extracción de inertes para obteren o autosustento das  familias.  Finalmente,  serán  beneficiados  os  comerciantes  de  produtos  agrícolas  que adquiren os produtos no campo para venderen no mercado  local e nacional, así como toda a poboación de Santa Cruz e Cabo Verde en xeral, que pasan a ter  acceso a hortalizas, froitas e legumes frescos e de boa calidade, a un bo prezo.   Serán realizadas as seguintes actividades: formación aos agricultores sobre o sistema de rego gota‐gota e instalación do sistema de rega gota‐gota.  

3.2 CONTEXTO.   

3.2.1 XEOGRÁFICO  A República de Cabo Verde está situada no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo  nome,  fronte  as  costas de  Senegal. As  illas  foron descubertas no  século  XV  por Portugal, momento no que se atopaban deshabitadas. A maior parte das/os actuais habitantes de Cabo Verde descende de grupos colonizadores e de escravas. O nome das  illas provén do extremo máis occidental do continente africano (Cabo Verde), cerca do que se atopa a cidade de Dakar  (Senegal). A  lingua oficial é o portugués  (forma parte da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa), aínda que cada illa conta coa súa variedade dialectal, e a moeda o escudo caboverdiano.  

Na actualidade, Cabo Verde enfróntase a problemas ecolóxicos importantes, como a erosión e a  desaparición  de  varias  especies  de  aves,  peixes  e  réptiles,  ocasionada  polo  exceso  de pastoreo, cultivos e pesca. Dende hai máis de 30 anos as illas sofren unha gran seca.  

Cabo Verde é o país con temperaturas máis baixas de todo o oeste de África. Do mes de agosto ao mes de outubro a temperatura adoita roldar os 20ºC de mínima aos 29ºC de máxima. Durante esa época do ano adoitan darse tamén algunhas tormentas. A auga do mar en Cabo Verde é tamén, e debido ás correntes do océano, unha das máis frías de toda a costa oeste de África.  

O avión preséntase como a única opción viable para chegar a Cabo Verde. É posible ir por mar, pero os servizos son escasos. Desde Lisboa hai voos regulares cara a Cabo Verde, mentres que son menos  frecuentes  desde  outros  lugares  de  Europa.  Para  os  desprazamentos  internos existen voos entre as diferentes illas.  

Page 9: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

9

O  Concello  de  Santa  Cruz  está  situado  na parte leste da Illa de Santiago e ocupa unha superficie  de  109.8  Km  ².  En  termos  da división  administrativa  o municipio  dispón de  24  poboados,  comprendendo  as  zonas rurais  e  urbanas,  sendo  as  zonas  máis populosas  as  da  Cidade  de  Pedra  Badejo, Pensada Facenda e Cancelo. O Concello de Santa Cruz é subdividido en tres  zonas  administrativas:  Zona  Centro, Zona  Sur,  Zona  Norte  e  cinco  grandes concas  hidrográficas,  obxecto  de intervención deste proxecto. En cada Zona Administrativa  existe  unha  sede,  chamada Delegación  Municipal,  coa  intención  de aproximar  os  servizos  do  Concello  ás comunidades locais.     O Concello de Santa Cruz foi e continúa a ser o celeiro da agricultura en Cabo Verde e na illa de Santiago en particular. As condicións agro‐hidro‐climáticas son boas, principalmente, nas varias concas do interior do Municipio de Santa Cruz. O Concello dispón dunha boa cantidade de auga superficial e augas subterráneas en diques de captación de auga, que funcionan como fonte de reservas nos períodos de seca.   En termos poboacionais é o cuarto maior Concello de Cabo Verde, cunha poboación bastante nova, e segundo os datos estatísticos do INE (Censo 2010) o Concello posúe 26.617 habitantes, sendo  17.264  residentes  no  medio  rural  e  9.345  no  medio  urbano,  repartidos  por  24 poboados.  En  termos  porcentuais  o  tamaño  medio  de  agregado  repártese  en  42.4  % Masculino, 57,6% Feminino e o número dos lares ou familias e de 5.664 cun tamaño medio dos agregados de 4,7 individuos.    O Crecemento da poboación nos últimos 10 anos revela unha taxa de crecemento constante con relevancia na superioridade numérica da poboación feminina sobre a masculina.  No gráfico abaixo presentado previuse un crecemento paulatino da poboación desde 2000 ata 2010, mais ese crecemento mantívose ata a presente data.               

0

5000

10000

15000

20000

25000

30000

35000

40000

45000

1998 2000 2002 2004 2006 2008 2010 2012Anos

Gráfico: Projecção da População do Concelho Até 2010

Page 10: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

10

 3.2.2 SOCIO ‐ ECONÓMICO 

 Cabo Verde é un pequeno país insular, con crecemento demográfico acentuado, unha base de recursos moi feble e unha capacidade produtiva  limitada, o que fai que a súa economía sexa fortemente dependente do exterior,  incapaz de absorber, en  condicións  sustentables, parte significativa da súa man de obra e asegurar, por esa vía, niveis crecentes de benestar material e  social  da  poboación  caboverdiana.  Cabo  Verde  é  por  iso  tamén  un  país  de  enorme vulnerabilidade  estrutural,  principalmente  nos  dominios  sociais,  económicos  e  ambientais, situación  que  ameaza  seriamente  o  desenvolvemento  sustentado  do  arquipélago.  Como consecuencia  diso,  segundo  datos  estatísticos  de  2011,  parte  significativa  da  poboación caboverdiana  (36%)  vive  en  situación  de  pobreza  e  17 %  dese  continxente  en  situación  de pobreza  absoluta. O  desemprego  ten  chegado  o  ano  de  2011  cerca  de  17,8%,  cunha  forte incidencia  na  xuventude  e  nas mulleres,  o  que  implica  a  necesidade  dunha  política  pública encamiñada a integración deses grupos na economía, promovendo iniciativas emprendedoras con integración do compoñente xénero e susceptible de xerar rendementos.   A  redución  da  pobreza  constituíu  un  dos  obxectivos  prioritarios  da  política  de desenvolvemento adoptada polo Goberno de Cabo Verde  (GCV),  incluído no seu Documento de Estratexia de Crecemento e Redución da Pobreza, baixo a forma dun programa estruturado chamado Programa Nacional de Loita Contra a Pobreza no medio Rural  (PNLPR). En canto a porcentaxe  da  poboación  pobre  segundo  os  Concellos,  Santa  Cruz,  en  2007,  tiña  46%  da poboación pobre e situábase no terceiro Concello con máis pobre no país. De aí que a aposta pola  agricultura,  principal  sector  económico  do  Concello,  motiva  a  presentación  desta proposta  de  proxecto,  no  sentido  de  vir  a  contribuír  para  unha maior  dinamización  deste sector e crear máis postos de traballo, xerar rendemento aos propietarios e reducir a pobreza.    Actualmente  as principais  actividades  económicas  son:  a  agricultura,  a  gandería,  a pesca, o comercio  e o  turismo.  Estatisticamente,  Santa Cruz posúe  a maior  área  agrícola  irrigada do país, ocupando un lugar importante na produción de produtos hortícolas, mais a falta de auga e a aumento da salinización dos solos ten posto en risco a práctica da agricultura, sobre todo nas  principais  Concas  Hidrográficas  do  Concello:  Conca  Hidrográfica  da  Ribeira  de  Cumba, Ribeira Seca, Ribeira dos Picos, a de Santa Cruz e de Saltos. As últimas choivas dos últimos anos melloraron o ánimo dos que diariamente dedican á práctica agricultura e gandería.   A creación de gando constitúe unha actividade complementaria á de agricultura e ten tido gran importancia na economía de Santa Cruz, polo que é imposíbel falar de agricultura sen falar da pecuaria. Os dous sectores están  ligados, non só pola complementariedade mais tamén pola necesidade de consumo de carnes, ovos e outros proteicos.   A pesca artesanal representa a base de subsistencia de moitas familias das aforas da Cidade de Pedra Badejo. Debido as baixas capturas dos peixes nas aforas da zona costeira, moitos dos pescadores, principalmente os de Pensada Punta e Pedra Badejo, teñen migrado para as  illas de  Boavista  e Maio  onde  existe  un  potencial maior. No  que  concirne  ao  sector  comercial, 

Page 11: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

11

nótase  que  no  Concello  hai  máis  comercios  informais  do  que  formais,  mais  coa  recente entrada en funcionamento do novo Mercado e Centro Comercial, o sector ten verificado algún sinal de mudanza. Gran parte da poboación ocúpase deste sector.   O turismo a pesar de ser unha vertente que xa comezou a ser explotada no Concello aínda ten moito  por  explotar  e  poderá  vir  a  constituír  unha  oportunidade  para  o  desenvolvemento socioeconómico  do  Concello,  visto  que  o  mesmo  ten  condicións  xeográficas  e  naturais atractivas para a súa práctica. Non obstante,  iniciativas públicas e privadas  ten promovido e demostrado  interese  no  desenvolvemento  do  sector,  recoñecendo  as  potencialidades  que Santa Cruz dispón. Xa existen hoteis, residenciais, pousadas, casas do campo, restaurantes e está na fase de  implementación dunha Escola Superior de Hostalaría, que  irá funcionar como un  Hotel‐Escola  nunha  parcería  do  Concello  coa  Escola  Profesional  de  Economía  Social  de Porto, en Portugal. Atendendo a eses  investimentos no  sector do  turismo, hoxe é notable a necesidade  de  reforzar  o  investimento  no  sector  agrícola  como  forma  de  dar  resposta  ás demandas  da  poboación  residente  en  franco  crecemento  e  aos  turistas  visitantes,  cuxo número vén aumentando a cada ano que pasa. Por tanto, o turismo en Cabo Verde continúa sendo a sector económico que máis crece e máis contribución ten dato para o PIB nacional.    O sector ten  tido segundo o Ranking The Travel& Tourism Competitiveness  Index 2013: Sub‐Saharan Africa Cabo Verde mantén unha posición destacada.  

3.2.3 POLÍTICO 

Cando os portugueses chegaron, en 1456, a Cabo Verde non había poboadoras/es de ningún tipo, aínda que a vexetación abundase por todas partes. Seis anos máis tarde os portugueses volveron  á  Illa  de  Santiago  para  descubrir  Ribeira  Grande,  hoxe  Cidade  Vella.  Trouxeron consigo  escravas/os  do  oeste  de  África  para  facer  o  traballo  duro,  e  pronto  as  illas convertéronse en centro de tráfico de escravos a Europa e América. Pasaron os anos e as/os habitantes de Cabo Verde foron uníndose na loita pola independencia; xuntáronse cos nativos de Guinea‐Bissau e crearon un movemento. A principios dos anos sesenta as/os habitantes de Cabo Verde e as/os de Guinea‐Bissau  iniciaron unha das guerras africanas máis  longas pola liberación. 

Finalmente, en 1975 Cabo Verde conseguiu a  independencia de Portugal. As secas, que xa se viñan  sufrindo en décadas  anteriores,  continuaron nos  anos  seguintes, e en moitos  casos  a axuda  do  exterior  fíxose  necesaria.  En  1991  celebráronse  as  primeiras  eleccións multipartidistas. O Movemento  para  a Democracia  (MPD)  gañou  un  70%  dos  votos.  Carlos Veiga foi elixido primeiro ministro e Antonio Monteiro presidente. O 9 de novembro de 1998 naceu  un  novo  partido,  bautizado  Partido  do  Traballo  e  a  Solidariedade  (PTS),  que  fixo  da rexionalización o seu programa. O Partido Africano da  Independencia de Cabo Verde (PAICV, ex partido único) continúa sendo o principal rival do Movemento para a Democracia (MPD), no poder. 

Na  actualidade,  Cabo  Vede  é  unha  democracia  pluralista  con  separación  de  poderes, separación entre a Igrexa e o Estado, independencia dos Tribunais e existencia e autonomía do poder local. O poder político é exercido polo pobo a través do referendo, do sufraxio e demais 

Page 12: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

12

formas  constitucionalmente  establecidas.  Existen  no  país  22  Concellos,  sendo  o  goberno municipal elixido cada 4 anos mediante un referendo específico.   En termos políticos Cabo Verde foi considerado o país máis libre de África no ano 2012 ‐ 2013  segundo Freedom House. Cabo Verde é o país de África máis estable‐ 2012‐2013 segundo o  Economic  Intelligence.  En  termos  de  transparencia  Cabo  Verde  é  o  segundo  país  máis Transparente de África 2012‐2013 e Cabo Verde foi clasificado como a cuarta economía máis libre  en  África  e  está  entre  os  dez  mellores  Países  Africanos  con  maior  índice  de Desenvolvemento Humano (IDH) no último informe referente ao ano de 2012 ‐2013.   

3.3 LOCALIZACIÓN DETALLADA  O    presente  proxecto  vai  ser  implementado  no  Concello  de  Santa  Cruz,  concretamente  na cunca hidrográfica da Ribeira dos Picos.  

                           

 3.4 XUSTIFICACIÓN 

 O Municipio de Santa Cruz posúe ao  longo da súa extensión territorial 5 cuncas hidrográficas cun forte potencial agrícola. De salientar que esas potencialidades non están a ser explotadas na súa plenitude pois moitos terreos agrícolas están improdutivos, principalmente os situados máis próximas da costa. Toda a situación comezou debido á recolección desenfreada da area das praias para a  construción  civil,  sobre  todo para as grandes obras públicas na  cidade da Praia. Ao apañar a area xunto coa falta das choivas, a auga do mar comezou a gañar terreo en dirección ás propiedades  irrigadas. Hoxe os pozos dispoñen de auga, máis o  temor do  sal é elevado, o que non permite retomar a práctica agrícola en moitos lugares. Moitas familias que outrora se dedicaban á práctica agrícola pasan a vivir da extracción de  inertes (area e rochas nas praias do mar e no leito das ribeiras), pondo en dúbida o equilibrio ambiental. Por motivo 

Page 13: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

13

de falta de condicións para o inicio da produción coa instalación do sistema de rego por goteo, moitos  continúan  a  practica  de  extracción  de  inertes.  Esta  proposta  pretende  axudar  aos agricultores  con menor  posibilidade  financeiras  e/ou  que  viven  da  extracción  dos  inertes. Atendendo ao feito de que a agricultura é hoxe unha das principais actividades económicas do Municipio  de  Santa  Cruz  e  ten  sido  a  base  de  subsistencia  de moitas  familias  do  Concello, xunto  coa  utilización  menos  eficiente  da  pouca  auga  que  dispomos,  vén  prexudicando grandemente  a  practica  da  actividade  agrícola.  Esa  iniciativa  de  instalación  do  sistema moderno de rego é un proceso que esta moi lonxe de cubrir toda a área irrigada das principais cuncas do Concello, mais cunha intervención gradual vai ser aplicado ata chegar a cubrir todas as áreas irrigadas ao longo das cuncas.  Fronte ao escenario de alteracións climáticas a nivel planetario, urxe a necesidade de aforrar as augas dos pozos e as captadas polos diques e encoros, e promover a instalación do sistema de gota‐gota, que ademais de permitir aos agricultores a utilización de menor  cantidade de auga para a súa produción, permitirá reducir os custos da produción. Ademais, Cabo Verde e concretamente o municipio de Santa Cruz en contacto directo co mar, está exposto á intrusión salina dos terreos irrigados. A construción de diques anti‐sal ou a rehabilitación dalgúns diques situados nas  inmediacións do mar,  revela unha preocupación constante dos agricultores con propiedades afectados pola salinidade dos solos.   Esta iniciativa non esta illada doutras iniciativas locais e centrais que están sendo aplicadas ao longo  das  cuncas  do Municipio,  a  través  de  proxectos  integrados  de  desenvolvemento  das cuncas,  con  actividades que  van desde  a  construción de diques de  captación de  auga  e  de protección dos solos á construción de depósitos de auga e  instalación do sistema gota‐gota, perforación de pozos e a propia construción de encoros. Neste momento xa existe un encoro no Concello e están previstos a construción de dous máis, sendo unha na ribeira de Santa Cruz, en Figueira Gorda e outra na Ribeira dos Picos, en Matinho. Coa construción do futuro Encoro da  Figueira  Gorda  e  chegada  a  época  das  choivas  crearanse  condicións  para  ampliar  o horizonte  da  esperanza  dunha  melloría  da  práctica  agrícola  e  da  cría  de  animais  nesas localidades.  Neste  sentido,  a  aposta  pola  instalación  do  sistema  gota‐gota  ten  sido  unha actividade  prioritaria  para  os  agricultores,  principalmente  polas  mulleres  que  viven  da extracción de inertes e que ven neste proxecto unha luz no fondo do túnel.   Por tanto, esta iniciativa xustifícase porque, por un lado, permite fomentar a transferencia de coñecementos Norte  para  Sur  e  reforzar  a  capacidade  técnica  e  de  xestión municipal  nesa materia, e por outro, pola necesidade dos agricultores da revitalización da práctica agrícola e tamén para   contribuír para unha xestión máis eficiente e eficaz da pouca auga potable que dispomos nas cuncas. Ademais, a auga precisa de ser moi ben xestionada xa que dela depende a  base  de  subsistencia  de  moitas  familias  santacrucenses,  principalmente  as  máis desfavorecidas  economicamente,  que  son  as  principais  beneficiarias  desta  iniciativa. Indirectamente serán beneficiarios as familias deses agricultores, os comerciantes de produtos agrícolas que adquiren os produtos para venderen no mercado local e/ou noutros Municipios ou illas, abastecendo o mercado nacional. 

  3.5 DESCRICIÓN DO GRUPO BENEFICIARIO.  

 As  persoas  que  se  van  a  beneficiar  directamente  deste  proxecto  son  30  agricultoras  e agricultores. O número de persoas beneficiarias  indirectas ascende a unhas 2.000, que serían as  familias destas persoas máis o  resto das  familias das  localidades. Estas/os agricultoras/es son persoas empobrecidas e analfabetas, de entre 20 e 70anos, e que se dedican ao traballo 

Page 14: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

14

informal  de  recolección  de  area  e  pedras  na  beira  do mar,  que  despois  venderán  para  a construción.  Así mesmo,  ao  tratarse  dun municipio  eminentemente  rural,  tódalas  persoas dispoñen dalgún  terreo, de menos ou maior extensión, que  lle permite  levar a cabo algunha actividade agrícola.   Na  localidade  de  Ribeira  de  Serrado,  unha  sobre  as  que  vai  incidir  o  proxecto,  atópase  a Asociación dos traballadores do sector agrícola Justino Lopes. En dita asociación civil atópanse integradas 79 persoas que teñen unhas ganancias medias mensuais de 120€.  Indirectamente van ser beneficiadas 355 familias. A asociación dispón de 60 hectáreas para a explotación das familias, mais vai recibir 10 kits para a instalación do rego por goteo en 15.000 m2.   Na localidade de Cova de Barro van ser beneficiadas 10 persoas e indirectamente 60 familias. Na  localidade de Ribeira Seca outras 10 persoas serán beneficiarias directas e 65  familias de forma indirecta. Estes beneficiarios non teñen un salario mínimo, se non que dependen da súa produción mensual.  Cada  beneficiaria/o  recibirá  un  kit  de  rego  por  goteo,  que  abranguerá unha zona de 1.500m2 cada un (un total de 15.000m2).   Coa  introdución do  sistema de  rego  gota‐gota  van pasar a  ter menor  custo de produción e maior rendemento, con repercusión directa nas melloría das súas economías e na propia dieta alimentaria da familia. 

 3.6 METODOLOXÍA  

As  accións  serán  desenvolvidas  polo  Concello  de  Santa  Cruz,  entidade  promotora  e beneficiaria. O  Concello,  a  través  do  seu Gabinete  de  Estudos  e  Proxectos  vai  articular  os demais  socios:  a  Delegación  do Ministerio  do  Desenvolvemento  Rural  en  Santa  Cruz  e  as Asociacións da sociedade civil con presenza no  lugar de  implementación do proxecto. Así, o equipo técnico do Concello promoverá un encontro con todos os socios implicados para crear unha comisión de traballo. Esa comisión será a responsable da  implementación do proxecto no nivel de coordinación. Á súa vez o equipo técnico da Cámara e da Delegación do Ministerio do  Desenvolvemento  Rural  de  Santa  Cruz  serán  as/os  responsables  directas/os  da implementación e seguimento dos proxectos xunto cos/as beneficiarios/as e dos traballadores do  proxecto.  No  proceso  de  instalación  do  sistema  da microirrigación  nas  parcelas  serán tamén  integradas  institucións  de  ensino  como  Centros  de  Formacións  Profesionais  e  a Universidade  de  Cabo  Verde,  que  facilitará  ao  seu  alumnado  o  coñecemento  e implementación desta práctica no proceso de execución do proxecto.  As  asociacións  locais,  como  operadoras  do  terreo,  serán  solicitadas  na  identificación  e selección dos beneficiarios do proxecto e durante a  fase de execución do proxecto estarán implicadas  nas  accións  a  seren  desenvolvidas. Non  obstante,  as  asociacións  locais  van  ser contratadas  para  actuar  na  calidade  de  operadores  de  terreo.  Este  será  o método  a  ser utilizado e a súa escolla débese ao feito de ser unha estratexia de traballo que a Cámara xa ten larga experiencia na súa utilización nos proxectos desta natureza.   Cabe  sinalar  que  toda  a  coordinación  será  efectuada  baixo  a monitorización  do  equipo  do Concello, que aportará persoal técnico e tamén o transporte de técnicos para o terreo.   A avaliación será  feita con base aos datos do plano de seguimento definido pola Cámara de Santa  Cruz,  a  través  da  análise  financeira  e  dos  indicadores  de  éxito  previamente identificados.  A  Cámara  irá  acompañar  e  avaliar  o  proxecto  ao  longo  do  tempo  da  súa execución. Todas as abordaxes serán participativas e promovidas para que se poida identificar 

Page 15: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

15

e resolver posibles problemas, aumentar a transparencia e reforzar as capacidades dos mozos beneficiarios.  A  análise  dos  indicadores  terá  en  consideración  as  fichas  da  situación socioeconómico  dos  (as)  beneficiarios  (as)  na  fase  antes  e  despois  da  implementación  do proxecto, de  forma a medir o  impacto do proxecto na vida das  (os) beneficiarias  (os). Será realizada ao final do proxecto unha avaliación participativa, na que estarán presentes tódolos actores que tiveron parte no proxecto.   

 3.7 IMPACTO  

3.7.1 SOCIAL A  nivel  social  o  proxecto  terá  un  gran  impacto  positivo  na  vida  da  poboación mellorando as condicións de vida da poboación que vive da práctica agrícola. Pois, coa venda dos produtos os agricultores mellorarán a calidade de vida.  3.7.2 ECONÓMICO  A nivel económico o proxecto permite reducir a pobreza e os problemas en materia de xeración de  ingresos. Permite  tamén dinamizar o  sector económico e comercial, coa colocación de produtos en todo o mercado nacional. 

 3.7.3 POLÍTICO  A nivel político o impacto é tamén bastante positivo xa que vai en liña coas iniciativas desenvolvidas polo goberno e polo Concello de Sta Cruz, onde toda a política delineada para o sector agrícola pasa pola modernización das prácticas agrícolas, con introdución do sistema de rego por goteo.   3.7.4 XÉNERO  A abordaxe xénero ten impacto neste proxecto, xa que hoxe tanto as mulleres como os homes están implicados nos traballos agrícolas.  3.7.5 MEDIAMBIENTAL  A nivel do medio ambiente o impacto é bastante forte, o país ten un clima quente e a aridez é acentuada polo que calquera  intervención que poida tornar un espazo antes seco e árido en espazo verde, iso só trae beneficio para o medio ambiente. 

  3.8 VIABILIDADE  

3.8.1 POLÍTICA  

Dende o punto de vista político, na actualidade hai políticas públicas nacionais e municipais que  inciden  na  revalorización  e  dinamización  da  agricultura  como  elemento  importante  da economía  caboverdiana pero  tamén  como unha oportunidade  para o  garante da  soberanía alimentaria.   

3.8.2 SOCIAL  

Page 16: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

16

A nivel social o proxecto ten viabilidade, na medida en que os seus beneficiarios pasarán a ter mellorías nas súas calidades de vida, coa obtención de maior  rendemento e na propia dieta alimentaria das súas familias.  

3.8.3 ECONÓMICA  Economicamente este proxecto terá a súa viabilidade, xa que as agricultoras e agricultores son formadas/os na práctica  agrícola  e na  instalación do  sistema de  rego por  goteo, o que  lles permite  solucionar  calquera  problema  ou  habería  que  puidera  xurdir.  Así  mesmo  tamén reciben  asesoramento  para  escoller  os  produtos  a  plantar  en  función  das  necesidades  do mercado.       

3.8.4 TECNOLÓXICA  Este proxecto é tecnicamente viable unha vez que as tecnoloxías aplicadas teñen demostrado unha garantía práctica do seu uso, que son a tecnoloxía de rega gota‐gota e o uso de plástico de  impermeabilidade  para  evitar  a  intrusión  salina,  unha  práctica  aplicada  noutros  países como  no  Brasil.  As  tecnoloxías  aplicadas  son  de  fácil  acceso  para  a  poboación,  tendo capacidade de adquirir algún elemento se este sufrira deterioro.   

3.8.5 XÉNERO  

Moitos  dos  beneficiarios,  tanto  home  como muller,  dispoñen  dun  anaco  de  terreo  para  a práctica de agricultura. De aí que con este proxecto ambos  terán posibilidade de reforzar as súas actividades agrícolas e deste xeito usufrutuar do rendemento dos traballos no sector de agronegocio. 

  3.8.6 MEDIOAMBIENTAL 

 O  punto  forte  deste  proxecto  é  o  propio  ambiente,  de  xeito  que  toda  acción  desenvolvida tenta promover espazos verdes con produción agrícola que consome menos auga mais tamén desincentivará o uso de produtos tóxicos e ofensivos ao ambiente.  

  3.9  SUSTENTABILIDADE  

A  sustentabilidade  do  proxecto  será  asegurada  tanto  polos  beneficiarios,  como  polas Asociacións  locais,  así  como  polo  Concello,  a  través  da  sensibilización  e  seguimento permanente das instalacións.  A sustentabilidade tamén está garantida grazas á sensibilización dos agricultores na utilización dos materiais e das plantacións a seren feitas nos campos. Unha vez aplicada a técnica do rego por goteo a auga será aforrada viabilizando a práctica agrícola por moito máis tempo. 

 

Page 17: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

17

4. DESEÑO DA PROPOSTA  

4.1  MATRIZ DO MARCO LÓXICO   

  Lóxica da 

intervención 

Indicadores Obxectivamente Verificables 

Fontes de 

verificación 

Hipóteses/ Factores Externos 

OBX

ECTIVO

 XERAL 

Reducir a pobreza da poboación agricultora así coma protexer as cuncas hidrográficas da Cámara de Santa Cruz 

Aforro na cantidade de diñeiro e de auga empregada para o rego ao empregar o sistema e rego por goteo.  

Declaración de cada unha das persoas beneficiarias na que conste o aforro de diñeiro, de auga e de tempo grazas á instalación do sistema de rego por goteo na súa leira 

Noticias e reportaxes gravadas na "Rádiu Vos di Santa Kruz” 

 

   

150 persoas melloran a súa dieta alimenticia e os seus ingresos grazas ao produtos da súa horta despois de recibir a formación e da instalación do sistema do rego por goteo 

Testemuñas das/os cabeza de familia sobre as variacións na alimentación da familia despois deste proxecto e as novas fontes de ingresos 

 

OBX

ECTIVO

 ESPEC

ÍFICO 

Dinamizar a agricultura para un desenvolvemento sustentable na Cámara de Santa Cruz 

30 persoas reciben formación sobre agricultura e rego por goteo no marco do proxecto  

Certificado asinado polas entidades participantes do proxecto no que apareza o listado das persoas beneficiarias seleccionadas  Listados de asistencia ás sesións de formación  Fotografías das sesións de formación 

As  alteracións climáticas poden condicionar  a chegada  das chuvias  o  que pola  súa  vez condicionará á produción 

Page 18: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

18

Incremento das hectáreas irrigadas a través do sistema do rego por goteo 

Programa Ha Mar Ha Terra sobre Sta Cruz TV  Certificado da Cámara Municipal na que conste a área sobre a que se instalou o sistema de rego por goteo 

 

Cantidade de auga aforrada en m3 coa instalación do rego por goteo 

Fotografías do proceso de instalación do sistema de rego por goteo  Declaración de cada unha das persoas beneficiarias na que conste o aforro de diñeiro, de auga e de tempo grazas á instalación do sistema de rego por goteo na súa leira 

RESU

LTAD

O 1 

Mellorar a xestión da auga na práctica agrícola  

Incremento das hectáreas irrigadas a través do sistema do rego por goteo 

Programa Ha Mar Ha Terra sobre Sta Cruz TV  Certificado da Cámara Municipal na que conste a área sobre a que se instalou o sistema de rego por goteo 

 

Cantidade de auga aforrada en m3 coa instalación do rego por goteo 

Fotografías do proceso de instalación do sistema de rego por goteo  Declaración de cada unha das persoas beneficiarias na que conste o aforro de diñeiro, de auga e de tempo grazas á instalación do sistema de rego por goteo na súa leira 

 

Page 19: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

19

    Recursos  Custos   

ACT

IVIDADE 1.1 

Formación de 30 agricultoras/es no sistema de rego ‘gota a gota’ e noutras prácticas agrícolas para sacar o maior proveito ás súas terras sempre dende a perspectiva do respecto medioambiental 

Medios humanos da Cámara Municipal e as demais asociación implicadas no proxecto 

   

ACT

IVIDAD

E 2.1  Instalación  do  sistema 

de rego ‘gota a gota’ nas parcelas 

Materiais técnicos para a instalación do sistema do rego por 

goteo 

   

 

     

Condicións Previas 

As persoas beneficiarias teñen boa 

disposición para retomar a práctica agrícola e 

abandonar o apaño de area 

 4.2 DESCRICIÓN DOS PRINCIPAIS COMPOÑENTES DO PROGRAMA  • OBXECTIVO XERAL 

 Reducir a pobreza da poboación agricultora así coma protexer as cuncas hidrográficas da Cámara de Santa Cruz.  

• OBXECTIVO ESPECÍFICO Dinamizar a agricultura para un desenvolvemento sustentable na Cámara de Santa Cruz.  Factores externos:  As alteracións climáticas poden condicionar a chegada das chuvias o que pola súa vez condicionará á produción 

 • RESULTADO 1: 

 Mellorar a xestión da auga na práctica agrícola  

• ACTIVIDADE 1.1:  

Page 20: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

20

Formación de 30 agricultoras/es no sistema de rego ‘gota a gota’ e noutras prácticas agrícolas para sacar o maior proveito ás súas terras sempre dende a perspectiva do respecto medioambiental 

• ACTIVIDADE 1.2:   Instalación do sistema de rego ‘gota a gota’ nas parcelas    Persoa responsable das actividades A persoa responsable é o Presidente da Cámara Municipal, que delegará no Gabinete de Estudios, Planeamento e Proxectos da Cámara Municipal de Santa Cruz.   

4.3 CRONOGRAMA DE ACTIVIDADES     

  ANO 2013 

ACTIVIDADE  XUÑ XL  AG  SEP  OUT  NOV  DEC

Formación de 30 agricultoras/es no sistema de rego ‘gota a gota’ e noutras prácticas agrícolas para sacar o maior proveito ás súas terras sempre dende a perspectiva do respecto medioambiental 

             

Instalación do sistema de rego por goteo               

  

4.4 RECURSOS HUMANOS, TÉCNICOS E MATERIAIS NECESARIOS  

Equipo  humano  permanente  e  medios  técnicos  da  Cámara  Municipal  de  Santa  Cruz  do Gabinete de Estudos, Planeamento e Proxectos. Tamén  recursos humanos da Delegación do Ministerio do Desenvolvemento Rural.  Materiais técnicos para instalación do rego por goteo.   

4.5 FORMAS DE AVALIACIÓN, CONTROLE SEGUIMENTO DO PROXECTO  

Para  o  seguimento  das  accións,  o  Gabinete  de  Estudos,  Planeamento  e  Proxectos  fará  un seguimento  semanal  dos  avances  do  proxecto. Así mesmo,  ao  finalizar  o mesmo  farase  un informe final e avaliación, incluíndo a evolución dos indicadores incluídos no proxecto.  

Page 21: FORMULARIO DE SOLICITUDE DE FINANCIACIÓN DE PROXECTOS … · 4.1 matriz do marco lÓxico 4.2 descriciÓn dos principais compoÑentes do proxecto 4.3 indicadores para mediciÓn de

21

5. ORZAMENTO  5.1 CADRO FINANCIACIÓN DO PROXECTO  

CUSTO TOTAL  DO PROXECTO  37.855 EUROS

DESCRICIÓN DA FINANCIACIÓN 

 IMPORTE  % S / TOTAL 

IMPORTE  SOLICITADO AO CONCELLO DE VIGO  29.600€  78,13% 

ACHEGA DO FONDO GALEGO  1.936,57€  5% 

ACHEGA DA CÁMARA MUNICIPAL DE SANTA CRUZ  3.527€  9% 

ACHEGA DAS PERSOAS BENEFICIARIAS  1.058€  3% 

DELEGACIÓN DO MINISTERIO DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE SANTA CRUZ 

1.763€  4% 

OUTRAS APORTACIÓNS: COFINANCIAMENTO POR OUTRAS ENTIDADES PÚBLICAS OU PRIVADAS 

 IMPORTE 

SOLICITADO IMPORTE 

CONCEDIDO PENDENTE DE RESOLUCIÓN 

ENTIDADE 1  ‐‐€ ‐‐€ ‐‐ 

 5.2 ORZAMENTO DETALLADO POR PARTIDAS E COFINANCIADORES 

 (VER CADRO EXCEL)  

 6. ANEXOS 

  

ANEXO 1  Diagnóstico do Concello de Santa Cruz 

ANEXO 2  Fotografías  

ANEXO 3    

ANEXO 4   

ANEXO 5   

…