SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo...

73
SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO NO COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA Setembro 2008 1

Transcript of SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo...

Page 1: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

SIMULACRO DUNHA PANDEMIA

DE GRIPE

E OU SEU IMPACTO NO

COMPLEXO HOSPITALARIO DE

PONTEVEDRA

Setembro 2008

1

Page 2: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

2

Page 3: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

ÍNDICE

Compoñentes do grupo de traballo 5

INTRODUCIÓN 6

MATERIAL E MÉTODOS 8

I. Procedencia dos datos do simulacro e forma de envío 8

II. Características xerais do Complexo Hospitalario de Pontevedra 10

RESULTADOS 11

I. Evolución da epidemia 11

II. Indicadores xerais do simulacro 20

IIa. Desenvolvemento do simulacro 20

IIb. Actividade real do hospital durante o simulacro. 21

III. Medidas xerais de organización interna no hospital ante a pandemia 24

1. Creación do gabinete de crise 25

2. Organización interna e sistemática 27

3. Establecemento dunha reserva de material 28

4. Identificación do persoal de risco 28

5. Plan de uso de vacinas e antivirais 28

6. Comunicación interna e externa: designación dun responsable de comunicación. 30

7. Reforzo do Persoal de seguridade 31

IV. Xestión das urxencias 31

V. Xestión da hospitalización en planta 36

VI. Xestión dos pacientes que precisan coidados críticos 41

CONCLUSIÓNS 45

BIBLIOGRAFÍA 49

ANEXOS

I. Actuación inmediata e notificación de casos de gripe pandémica 51

II. Precaucións que se adoptarán diante dun caso sospeitoso ou confirmado de gripe 53

pandémica no CHOP

III. Clasificación en Urxencias 58

IV. Criterios de sospeita na clasificación de Urxencias 59

V. Criterios de ingreso 60

3

Page 4: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

VI. Valoración de necesidades de equipo e material para o establecemento de 61

reservas en hospital

VII. Equipamento e estimación do material necesario para a atención de pacientes 63

con gripe

VII.1. En Urxencias 64

VII.2. En áreas de hospitalización 68

VIII. Precaucións de illamento actualmente en vigor no CHOP 69

4

Page 5: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Grupo de traballo

José María de Lis Muñoz (director médico e coordinador do grupo)

Anselmo Domínguez Baúlo (director de enfermaría)

Odilo García Rivela (director de Recursos Económicos e Recursos

Xerais)

Luis Piñeiro Gómez-Durán (xefe de servizo de Medicina Interna)

Juan Carlos Rodríguez García (FEA Medicina Interna)

Teresa Loureiro Rodríguez (supervisora Medicina Interna)

José Ramón Parada Castellano (xefe do Servizo de Urxencias)

María Luisa Mosteiro Álvarez (FEA Servizo de Urxencias)

Rosa Mosteiro Carro (supervisora de Urxencias)

Gonzalo González Lorenzo (xefe do Servizo de Pediatría).

Antonio Pais Almozara (Unidade de Coidados Intensivos).

Teresa Sánchez de Dios (Unidade de Coidados Intensivos).

Carmen Fernández Camiña (supervisora de Coidados Intensivos).

Ignacio Acosta Crespo (xefe do Servizo de Admisión)

Sabela Lariño Noia (FEA Servizo de Admisión)

Francisco Luis Vázquez Vizoso (xefe de Sección de Medicina

Preventiva).

Javier Paz Esquete (FEA Medicina Preventiva)

5

Page 6: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

INTRODUCIÓN

Os primeiros casos de gripe A/H5N1 comunicáronse en Hong Kong en

1997, 18 pacientes, aínda que a OMS nos seus informes de casos confirmados

e mortes os contabiliza unicamente dende o ano 2003. Dende finais dese ano

2003 estanse a producir casos de gripe producidos polo mencionado subtipo

H5N1 en humanos. O 19 de xuño de 2008, son xa 15 os países nos que se

rexistraron individuos afectos desta enfermidade, un total de 385, dos que

faleceron 243. Na actualidade, a OMS considera que, no que se refire á gripe

pandémica, atopámonos en Fase Pandémica 3, o que significa que se están

a producir infeccións humanas con este novo subtipo do virus da

gripe, pero sen transmisión persoa a persoa, ou, como máximo, casos

raros de transmisión a un contacto próximo. Falamos así de FASE DE

ALERTA PANDÉMICA, que implica asegurar a rápida caracterización do novo

subtipo do virus e a detección e notificación temperá de casos adicionais. A

hipoteticamente última fase da pandemia é a denominada Fase 6, na que se

produciría transmisión elevada e sostida deste virus entre seres humanos

dentro da poboación xeral.

O 23 de outubro de 2006 produciuse unha reunión entre membros da

Dirección Xeral de Saúde Pública e profesionais do Complexo Hospitalario de

Pontevedra na que se presentou o presente simulacro, se indicaron as liñas

xerais do seu desenvolvemento e se achegou documentación para a súa

abordaxe. A partir de aí, creouse un grupo de traballo, cuxos membros se

indican ao principio desta memoria, que sería responsable da súa execución e

da elaboración deste documento. Incluíronse os servizos que máis directamente

terían que afrontar a epidemia, tanto dende o punto de vista clínico como

epidemiolóxico e de toma de decisións. Integráronse profesionais de:

- O equipo directivo (Dirección Médica, Dirección de Enfermaría e Recursos

Económicos e Xerais)

- O Servizo de Medicina Interna.

6

Page 7: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

- Urxencias.

- A Unidade de Coidados Intensivos.

- O Servizo de Pediatría.

- O Servizo de Admisión.

- O Servizo de Medicina Preventiva.

Que se incluísen estes equipos e servizo no grupo de seguimento antes

mencionado non implica que, en situación real, non se deban integrar no

gabinete de crises profesionais doutros servizos, particularmente Pneumoloxía,

Unidade de Infecciosas, Farmacia, Microbioloxía ou Unidade de Prevención de

Riscos Laborais. De igual forma, de ser necesario, poderían incluírse

representantes das autoridades civís.

No simulacro suponse que nos atopamos en Fase 6, é dicir, en situación

de pandemia, con múltiples casos entre a poboación de referencia do hospital.

O obxectivo que nos formulamos é encarar esa situación empregando

os medios actualmente dispoñibles no noso centro, coa finalidade de

sacar conclusións referentes a como afrontar unha situación similar

no caso de producirse na realidade.

Por motivos prácticos, tanto para planificar o futuro como para os

efectos de utilidade, no desenvolvemento da presente memoria fusiónanse e

mestúranse as decisións tomadas durante o simulacro coas conclusións que

destas se derivan para o manexo dunha situación semellante en condicións

reais.

7

Page 8: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

MATERIAL E MÉTODOS

I. Procedencia dos datos do simulacro e forma de envío

Os datos do simulacro fóronlles remitidos diariamente dende a Dirección

Xeral de Saúde Pública aos servizos de Urxencias, Medicina Interna e UCI, por

correo electrónico, en ficheiro adxunto en formato MS Excell. A periodicidade foi

diaria. Remitíase un libro Excell con tres follas:

Unha cos pacientes que pasaban no día en cuestión por Urxencias,

distinguindo cantos eran de idade pediátrica (ata 15 anos), e cantos adultos.

Outro cos ingresos producidos no día na área de hospitalización,

estratificados por grupos de idade e por situación (Planta de Pediatría, Planta

de Hospitalización de Adultos, UCI Pediátrica e UCI de Adultos).

Especificábase tamén cantos dos pacientes de Coidados Intensivos precisaban

respirador.

Finalmente, unha terceira folla coas altas hospitalarias producidas no día,

estratificadas de igual forma que os ingresos.

Dende o Servizo de Urxencias remitíanse copias dos ficheiros recibidos cada

día á Dirección Médica, á Dirección de Enfermaría e ao Servizo de Medicina

Preventiva, como situación do que sería a comunicación de novos casos en

situación de epidemia real.

O simulacro desenvolveuse entre os días 30 de outubro e 24 de

decembro de 2006, un total de 8 semanas. Co fin de simplificar o simulacro,

dábanse por suposto dúas premisas que non se producirán nunha epidemia

real:

- Todos os casos ingresados na planta de hospitalización terían unha

estanza de 7 días.

- Todos os casos ingresados na Unidade de Coidados Intensivos terían

unha estanza de 10 días.

8

Page 9: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Este último punto obrigaba a manter o seguimento virtual ata o 3 de xaneiro

de 2007, día en que se produciría a alta do último caso (paciente ingresado en

UCI o 24 de decembro, isto é, dez días antes). Non se especificaba cantas das

altas eran exitus.

Ademais do anterior, tampouco se consideraron durante o simulacro nin a

posible aparición de casos nosocomiais secundarios nin que se producisen

baixas entre o persoal consecuencia da epidemia. En condicións reais, o

sistema sanitario sufrirá unha redución do persoal dispoñible, pola propia

pandemia e por outras alteracións colaterais posibles. Calcúlase (segundo

modelos desenvolvidos no Reino Unido), que un 25% da poboación laboral

estará de baixa de 5 a 8 días laborables nun período pandémico de tres meses,

se ben as ondas pandémicas adoitan ser de 8 semanas. As estimacións suxiren

que no momento de máximo absentismo laboral, este será un 50% máis alto

do habitual no sector privado e un 66% máis alto do habitual no sector público

(incluída a sanidade).

Ao longo do simulacro realizáronse 16 reunións do grupo, con periodicidade

decrecente. Nas devanditas reunións tomáronse, tras a súa discusión e

consenso, as decisións precisas para situar os pacientes con e sen gripe

pandémica, así como avaliar e distribuír os recursos materiais e humanos

dispoñibles.

9

Page 10: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

II. Características xerais do Complexo Hospitalario de

Pontevedra.

- POBOACIÓN DA ÁREA SANITARIA:

[Datos poboación protexida por tarxeta a 31/12/04]

Total Área Norte: 291.460

<15 anos: 37.931

Corresponden ao CHOP: 219.182

<15 anos: 28.033

- NÚMERO DE CAMAS:

- Montecelo: 305

- Provincial: 299

- Total: 604

- CAMAS EN CUARTOS CON PRESIÓN NEGATIVA: 7

- CAMAS DE UCI

- UCI Montecelo: 12

- UCI Provincial: 3

- Outras asimilables a UCI en Montecelo (Reanimación): 10

- MATERIAL RELACIONADO CON COIDADOS CONTINUOS:

76 monitores

28 ventiladores

5 BiPAP

55 Pulsioxímetros.

10

Page 11: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

RESULTADOS

I. Evolución da epidemia

Durante o simulacro acoderon a urxencias un total de 1.500 casos de gripe

pandémica, 204 en menores de 15 anos e 1.296 en pacientes en idade adulta.

Deles, precisaron hospitalización 1.005, o 67% do total. No gráfico 1 indícase a

situación da súa hospitalización, segundo a súa idade, se precisaban UCI ou

meramente planta.

Gráfico 1: Distribución dos casos hospitalizados segundo localización

< 15 anos planta; 8; 0,8%

< 15 anos UCI; 41; 4,1%

> 15 anos planta; 777; 77,3%

> 15 anos UCI; 179; 17,8%

Nos gráficos 2 e 3 indícase a evolución (simple e acumulada) de casos

que acoden virtualmente a Urxencias durante o simulacro. Nos gráficos 4 e 5

obsérvase a evolución diaria no número de novos ingresos tanto en adultos

coma en idade pediátrica. Nos gráficos 6 e 7 valórase, tamén por día o número

de pacientes ingresados no complexo. Estes gráficos son especialmente

relevantes en canto a avaliar a capacidade do noso centro para

afrontar os momentos máis difíciles da epidemia en carga de traballo,

dispoñibilidade de camas e necesidade de medios materiais e

11

Page 12: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

humanos. O punto máximo alcanzouse o 30/novembro, con 264 ingresados

(251 adultos e 13 nenos).

En canto ao uso de respirador, un total de 93 pacientes (89 adultos e 4

nenos) precisáronos ao longo do simulacro, e o momento en que máis casos

simultáneos tivemos foi entre o 29 de novembro e o 2 de decembro, que

resultaron necesarios 28. A evolución diaria indícase no gráfico 8.

12

Page 13: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Gráfico 2: Evolución dos casos con gripe que acoden ao Servizo de Urxencias

0

10

20

30

40

50

60

70

80

Casos gripe acoden a urxencias Pediátricos (15%) Adultos

13

Page 14: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Gráfico 3: Evolución dos casos con gripe que acoden ao Servizo de Urxencias. Casos acumulados.

0

200

400

600

800

1000

1200

1400

1600

Casos gripe acoden a urxencias Pediátricos (15%) Adultos

14

Page 15: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Gráfico 4: Evolución dos casos con gripe que ingresan no complexo. Pacientes maiores de 14 anos

0

5

10

15

20

25

15-64 UCI + 65 UCI PLANTA 15-64 PLANTA?65

15

Page 16: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Gráfico 5: Evolución dos casos con gripe que ingresan no complexo. Pacientes menores de 14 anos

0

1

2

3

4

0-14 UCI 0-14 PLANTA

16

Page 17: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Gráfico 6: Evolución dos casos con gripe de pacientes adultos ingresados no complexo

0

50

100

150

200

250

300

Ingresos UCI adultos Ingresos planta adultos Total adultos ingresados

17

Page 18: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Gráfico 7: Evolución dos casos con gripe de pacientes menores de 14 anos ingresados no complexo

0

2

4

6

8

10

12

14

16

Ingresos UCI-Ped. Ingresos Planta Ped. Total nenos ingresados

18

Page 19: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Gráfico 8: Evolución no uso de respiradores nos pacientes con gripe

0

5

10

15

20

25

30

Ventil. nenos Ventil. adultos Total uso ventiladores

19

Page 20: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

II. Indicadores xerais do simulacro:

IIa. Desenvolvemento do simulacro

Indicador Casos/Porcentaxe Número de casos totais 1.500 Casos 0 -14 anos 204 Casos >= 15 anos 1.296 Ingresos 0 -14 anos en planta de hospitalización 41 Ingresos 0 -14 anos en UCI 8 Ingresos >= 15 anos en planta de hospitalización 777 Ingresos >= 15 anos en UCI 179 Ingresos hospitalarios totais por gripe 1.005 Porcentaxe de ingresados sobre o total de casos 67% Pacientes 0-14 anos que precisaron respirador 4 Pacientes >= 15 anos que precisaron respirador 89 Número total de pacientes que precisaron respirador 93 Estanzas totais de pacientes 0 -14 anos en planta de

hospitalización

287

Estanzas totais de pacientes 0 -14 anos en UCI 80 Estanzas totais de pacientes >= 15 en planta de

hospitalización

5.439

Estanzas totais de pacientes >= 15 anos en UCI 1.770 Estanzas totais de pacientes con gripe pandémica 7.576 Número máximo de pacientes 0 -14 anos ingresados

simultaneamente en planta de hospitalización

10

Número máximo de pacientes 0 -14 anos ingresados

simultaneamente en UCI

5

Número máximo de pacientes >= 15 anos ingresados

simultaneamente en planta de hospitalización

195

Número máximo de pacientes >= 15 anos ingresados

simultaneamente en UCI

57

Número máximo total de pacientes ingresados

simultaneamente por gripe pandémica

264

IIb. Actividade real do hospital durante o simulacro

Inclúense os datos entre o 30/10/06 (inicio do simulacro) e o día da alta do

último paciente virtual (3/01/07). Referímonos aos pacientes que, durante o simulacro,

acudiron realmente ao CHOP (isto é, enfermos "reais", sen incluír os casos "virtuais" do

simulacro de pandemia):

20

Page 21: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Día Ingresos Altas Camas ocupadas Ing. cirúrxicos

programados 30/10/2006 79 31/10/2006 56 01/11/2006 56 02/11/2006 76 03/11/2006 50 04/11/2006 27 05/11/2006 55 06/11/2006 83 07/11/2006 77 08/11/2006 83 09/11/2006 73 10/11/2006 45 11/11/2006 31 12/11/2006 50 13/11/2006 91 14/11/2006 72 15/11/2006 84 16/11/2006 71 17/11/2006 45 18/11/2006 32 19/11/2006 51 20/11/2006 79 21/11/2006 73 22/11/2006 85 23/11/2006 85 24/11/2006 40 25/11/2006 42 26/11/2006 48 27/11/2006 94 28/11/2006 68 29/11/2006 88 30/11/2006 91 01/12/2006 59 02/12/2006 31 03/12/2006 48 04/12/2006 84 05/12/2006 59 06/12/2006 48 07/12/2006 55 08/12/2006 36 09/12/2006 37 10/12/2006 51 11/12/2006 71 12/12/2006 67 13/12/2006 83 14/12/2006 82 15/12/2006 59 16/12/2006 32 17/12/2006 42 18/12/2006 70 19/12/2006 57 20/12/2006 61

70 92 35 50 90 27 27 83 66 84 73 92 29 20 83 72 89 75 85 39 19 71 81 83 73 85 36 18 76 68 90 78 95 29 31 69 85 19

105 33 31 20 69 64 89 81 87 40 16 67 70 64

541 27 505 3 526 26 552 29 512 1 512 1 540 26 540 28 551 35 550 36 550 28 503 1 505 535 20 543 34 543 32 538 33 534 33 494 3 487 519 18 527 31 519 36 521 37 533 34 488 1 494 524 17 542 30 542 37 540 39 553 24 517 519 536 20 551 29 525 4 554 15 504 507 513 544 23 546 29 549 33 543 31 544 24 516 1 508 534 10 537 18 524 14 521 15

21

Page 22: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

21/12/2006 45 76 490 12 22/12/2006 32 128 394 23/12/2006 38 58 374 24/12/2006 33 46 361 25/12/2006 46 17 390 8 26/12/2006 74 29 435 5 27/12/2006 71 47 459 9 28/12/2006 63 52 470 4 29/12/2006 44 92 422 30/12/2006 42 31 433 31/12/2006 50 37 446 01/01/2007 37 6 477 5 02/01/2007 66 30 513 7 03/01/2007 67 47 533 8

TOTAL 3.920 3.919 33.652 1.024

Os resultados indicados implican que o simulacro suporía un incremento no

número de ingresos dun 25,6% (1.005 adicionais, a sumar aos "3.920" reais), e no

numero de estanzas do 22,51% (7.576 sobre 33.652 "reais").

Engadiuse o número de ingresos de cirurxía programada de lista de espera

porque, como se indica máis adiante, nun determinado momento do simulacro, e para

poder afrontalo coas camas dispoñibles no complexo, decidiuse suspender a dita

cirurxía. Implicou, durante o período, 1.024 ingresos reais (isto é, máis que os 1.005

ingresos do simulacro) e 7.328 estanzas (o que implica o 96,7% das estanzas totais

dos pacientes do simulacro). A consecuencia relevante é que, con esta soa

medida, resultou posible facerlle fronte á práctica totalidade das

hospitalizacións derivadas do simulacro.

O anterior é aplicable ás cifras globais do simulacro. Non obstante, hase

de ter presente que os casos da pandemia non se presentan de xeito constante

ao longo do período de estudo, senón en forma de curva ascendente, ata alcanzar

un pico no momento central do simulacro, para logo descender paulatinamente, por

iso, nas xornadas de máxima incidencia, esta medida resulta insuficiente, e tense, polo

tanto, que recorrer ás que, adicionalmente, se indican na epígrafe V.a da presente

memoria ("Xestión da hospitalización en planta - Situación dos pacientes")

22

Page 23: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

23

Page 24: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

III. Medidas xerais de organización interna no hospital ante a

pandemia.

A presentación dunha pandemia de gripe pode dar lugar a unha serie de

potenciais problemas no noso centro. De modo non exhaustivo, podemos

destacar:

1. Risco transmisión nosocomial de gripe:

- Pacientes a pacientes.

- Pacientes a visitantes.

- Pacientes a traballadores sanitarios

2. Aumento da demanda asistencial.

3. Carencia de infraestruturas.

4. Aumento nas necesidades de material.

5. Problemas de subministración.

6. Sobrecarga laboral, persoal e emocional nos traballadores sanitarios: máis

traballo, menos persoal (unha porcentaxe dos nosos recursos humanos

probablemente estará enferma durante unha epidemia).

7. Necesidade de recorrer, por carencia, a traballadores sanitarios

insuficientemente cualificados para a atención destes pacientes.

8. Alarma social, con aumento na demanda de información por parte da

poboación.

24

Page 25: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

9. Desorganización estrutural e funcional nos nosos centros (cambio de salas de

hospitalización para afrontar a epidemia, medo no persoal etc.).

10. Sobrecarga nos departamentos non sanitarios do hospital (Hostalaría,

Mantemento, Cociña...)

11. Dificultades de coordinación coas autoridades civís externas ao hospital.

Habemos de ser capaces de crear unha organización e unhas estruturas

que nos permitan facerlles fronte a todas estas dificultades, e calquera outra

relacionada coa pandemia.

Como primeiro paso, a declaración dunha epidemia global de gripe

pandémica (Fase 6) implica unha situación de alarma que obriga á creación dun

gabinete de crise, encargado de tomar as medidas necesarias para a xestión da

asistencia hospitalaria derivada tanto da epidemia en si como da sobrecarga

inducida no sistema.

1. Creación do gabinete de crise.

Como mínimo, debería haber, polo menos, un profesional dos seguintes

equipos, preferentemente o máximo responsable:

- O equipo directivo (Dirección Médica, Dirección de Enfermaría e Recursos

Económicos e Xenerais), pois son os que contan coa máxima autoridade

dentro do hospital para tomar decisións.

- O Servizo de Medicina Interna, pois trátase do servizo responsable do

ingreso da maioría dos adultos con gripe.

- Urxencias, pois trátanse do departamento polo que ingresarán a maior

parte dos enfermos.

- A Unidade de Coidados Intensivos, pois alí ingresarán os pacientes que

precisen coidados críticos.

25

Page 26: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

- O Servizo de Pediatría, pois é responsable dos pacientes en idade

infantil.

- O Servizo de Admisión e Documentación Clínica, responsable da

situación dos pacientes dentro do centro.

- O Servizo de Medicina Preventiva, responsable do seguimento

epidemiolóxico da epidemia, das medidas de prevención da transmisión

nosocomial e do contacto institucional coas autoridades de Saúde

Pública.

Estamos a falar así dun mínimo de 7 persoas no gabinete, e iso sen ter

en conta que dalgún dos departamentos anteriormente citados pode resultar

conveniente contar con máis dunha persoa (por exemplo, no caso de Urxencias,

o xefe de servizo e a supervisora de Enfermaría). Un número maior de

individuos faría pouco operativas as reunións do gabinete. Non obstante, e de

forma puntual, pode ser conveniente, en determinados momentos da pandemia

(non de forma rutineira), ou para a toma de decisións directamente

relacionadas coas súas competencias, contar con representantes dos seguintes

departamentos:

- Pneumoloxía

- Unidade de Procesos Infecciosos

- Prevención de Riscos Laborais

- Farmacia

- Microbioloxía

- Análises Clínicas

- Radioloxía

De forma complementaria, pode resultar tamén conveniente contar

ocasionalmente nas reunións do gabinete con membros das autoridades civís,

en aspectos relacionados coa loxística do centro e de comunicación coa

poboación.

26

Page 27: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Para os efectos do presente simulacro, considerouse "comité de crise" os

membros do grupo de traballo salientado ao principio do presente documento.

Comprende este así os que, de modo regular, acudiron ás reunións nas que se

manexou a crise virtual.

2. Organización interna e sistemática

- ¿Quen debe dirixilo?

Idealmente, ha de ser un membro do equipo directivo, ao contar con

autoridade xerárquica para a toma de decisións. Como alternativa, podería ser

outro profesional, por delegación do equipo directivo. En tal caso, hase de

delegar tanto a dirección do gabinete como a autoridade para a toma

de resolucións executivas, pois non é operativo encomendar a

responsabilidade da dirección do comité de crise sen capacidade de impoñer as

decisións que tal gabinete adopte.

Durante o presente simulacro, a dirección das reunións do comité

correspondeu ao director médico

- ¿Que implica dirixir o grupo?

Dirixir o grupo implica decidir os compoñentes do grupo, convocar as

reunións, establecer a orde do día (se procede), dar e quitar a palabra e tomar

a decisión final naquelas cuestións nas que non existe consenso entre os

compoñentes do grupo.

- ¿Cando se debe activar?

Proponse activalo no momento en que a OMS declare a Fase 6 da

epidemia, aínda no caso de que esta non chegara aínda a Europa. O motivo é

empezar a preparar o centro para a pandemia canto antes. Entre outras

cousas, é conveniente dar ordes de compra de material para contar cunhas

existencias deste con antelación, pois unha vez empece a epidemia na área é

previsible que haxa problemas de subministración.

27

Page 28: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

- ¿Con que periodicidade ha de reunirse?

Mentres a epidemia non chegue á área non se pode establecer unha

periodicidade fixa. Unha vez chegue, recoméndase periodicidade diaria e

preferentemente a primeira hora.

Durante o desenvolvemento do simulacro, e por motivos prácticos e

operativos de funcionamento dos servizos, procedeuse a manter reunións a

última hora da mañá (13:30 ou 14:00), con periodicidade diaria ao principio, e

espazándose posteriormente, unha vez que se obxectivou a non necesidade de

tomar decisións día a día, en concreto a partir do 17 de novembro.

3. Establecemento dunha reserva de material.

Debemos desenvolver unha reserva institucional de fármacos, de

produtos sanitarios e outro material inventariable previa á chegada da

pandemia á nosa área, en previsión dunha posible escaseza de subministracións

e/ou capacidade de transporte destes unha vez que esta estea en curso. Por

iso, unha das primeiras medidas que debe adoptar o gabinete de crise é a

solicitude e compra dunhas existencias de material (máis adiante concrétase,

ver anexos VI e VII) para lle facer fronte á epidemia.

4. Identificación do persoal de risco.

De acordo coa Unidade de Prevención de Riscos Laborais, hanse de

identificar no prazo máis breve posible os traballadores sanitarios con alto risco

de presentar complicacións de gripe (p. ex.: mulleres embarazadas,

traballadores inmunodeprimidos...), co fin de excluílos, na medida do posible,

do coidado destes pacientes.

5. Plan de uso de vacinas e antivirais.

28

Page 29: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Moi en relación coa epígrafe anterior, para o uso de vacinas e

medicamentos antivirais seguirase a priorización indicada polo Ministerio de

Sanidade.

De modo xenérico, co obxectivo de optimizar a efectividade de tales

fármacos e, de forma especial se a súa dispoñibilidade é reducida nalgún

momento da evolución da pandemia, o ministerio establece unha relación de

grupos prioritarios para a súa administración, que se presentan en orde

descendente de prioridade:

1. Tratamento curativo precoz:

a) Dos enfermos incluídos nos grupos de maior risco de presentar

complicacións de gripe: nenos/as (maiores de 12 meses) e adultos:

Con enfermidades crónicas cardiovasculares ou pulmonares, incluídas:

displasia bronco-pulmonar, fibrose quística e asma.

Con enfermidades metabólicas crónicas, incluídas: diabetes mellitus;

insuficiencia renal; hemoglobinopatías e anemias; asplenia; enfermidade

hepática crónica; enfermidades neuromusculares graves ou inmunosupresión,

incluída a orixinada pola infección de VIH ou por fármacos ou nos receptores

de transplantes. Neste grupo farase unha especial énfase naquelas persoas

que precisen seguimento médico periódico ou que fosen hospitalizadas no ano

precedente.

b) Dos enfermos que debutan con formas graves (cando a persoa é

hospitalizada antes das 48 horas do inicio de síntomas).

c) Dos enfermos pertencentes ao colectivo de profesionais da saúde e de

emerxencia así como dos servizos esenciais.

NESTE GRUPO ESTARÍA INCLUÍDO O PERSOAL DO CHOP QUE,

EVENTUALMENTE, ENFERMASE DURANTE A PANDEMIA.

2. Profilaxe dos profesionais da saúde, de emerxencia e servizos esenciais.

29

Page 30: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

NESTE GRUPO ESTARÍA INCLUÍDO O PERSOAL DO CHOP QUE,

DURANTE A PANDEMIA, ESTIVESE DIRECTAMENTE EXPOSTO AOS

ENFERMOS.

3. Profilaxe das persoas que teñen un alto risco de presentar complicacións.

4. Tratamento curativo precoz de todos os enfermos de gripe.

5. Profilaxe para o control de brotes en institucións nas que existen persoas con

alto risco de presentar complicacións de gripe.

Durante o simulacro, asúmese que estamos en Fase 6 da pandemia.

Nesta fase, os antivirais úsanse para reducir a morbilidade e a mortalidade e

minimizar a alteración social mediante a protección dos traballadores de

servizos esenciais. Polo tanto, utilizaranse tendo en conta os grupos prioritarios

definidos anteriormente. En todo caso, e dado que a distribución dos antivirais,

tanto para tratamento coma para profilaxe, se fará a nivel autonómico,

realizarase segundo protocolo que no seu momento deseñe a DXSP.

6. Comunicación interna e externa: designación dun responsable de

comunicación.

Dende o gabinete de crise, ha de identificarse perfectamente unha

persoa ou persoas responsables da comunicación interna e externa con:

- O público

- Os traballadores sanitarios

- Os voluntarios que, eventualmente, colaboren co centro

- Os responsables de Atención Primaria.

- Os responsables do 061

- Outros hospitais

30

Page 31: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

A nivel externo, a comunicación dos aspectos xerais da pandemia enténdese

máis apropiada dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, salvo para cuestións

locais moi concretas. En todos os demais aspectos, desígnase a Dirección

Médica, ou profesional en quen delegue para aspectos puntuais, como

responsable de comunicación coas instancias mencionadas.

7. Reforzo do persoal de seguridade.

Unha vez declarada a pandemia, e en previsión dun aumento na

necesidade de persoal de seguridade no centro, en especial nas áreas de

clasificación e de illamento, ademais de para garantir o tránsito e a entrada e

saída de ambulancias, ha de ser reforzado en número o dito persoal,

circunstancia que debe ser prevista na próxima contrata coa empresa de

seguridade. De igual forma, en caso de que os recursos desta non sexan

suficientes, e para aqueles aspectos que excedan as súas competencias,

contactarase, a través da dirección médica, cos responsables locais de:

- A policía local

- A policía nacional

- A Garda Civil

Eventualmente, en caso extremo, e de ser necesario, tamén se contactará

coas forzas armadas, a través da autoridade civil correspondente. Este aspecto

excede as competencias do noso centro.

IV. Xestión das urxencias.

No simulacro asúmense que todos os casos ingresan por Urxencias. Para

os efectos de simplificación do modelo, non se ten en conta a eventualidade de

posibles casos diagnosticados en Consultas Externas, nin a posibilidade de

casos nosocomiais.

31

Page 32: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Como se indicaba nos gráficos 2 e 3, durante o período do simulacro (8

semanas/56 días) acoden ao Servizo de Urxencias un total de 1.296 casos de

gripe en adultos, cunha media diaria de 26,79 ±15,16 casos, e uns picos

mínimo e máximo de 4 e 71 casos respectivamente, o que representa unha

sobrecarga adicional de traballo en media do 16,8%, tendo en conta que a

media de urxencias diaria é de 158,1.

a) Clasificación e distribución dos pacientes. Circuíto en Urxencias

En situación de rutina, as urxencias de pacientes adultos non obstétricos no

CHOP aténdense no Hospital "Montecelo", e as mulleres con urxencias

obstétricas e os pacientes pediátricos acudirán á área de Urxencias do Hospital

Provincial.

En situación de pandemia, decídese trasladar no momento do seu inicio,

a área de Urxencias Pediátricas dende o Hospital Provincial ao Hospital

Montecelo. Só se manterán no Hospital Provincial as urxencias xinecolóxicas e

obstétricas, que serán atendidas por 1 enfermeira por quenda e o xinecólogo

de garda. O resto do persoal de Urxencias trasladarase igualmente ao Hospital

Montecelo. Deste feito relevante informarase oportunamente a poboación da

área a través dos medios de comunicación.

Durante o desenvolvemento do simulacro, discutiuse a posibilidade de

dedicar ao illamento de nenos a área onde actualmente está a Unidade de

Tuberculose (UTB), a Unidade de Prevención de Riscos Laborais (UPRL) e o

comedor de gardas do Provincial. Ten as vantaxes de estar ao lado de

Urxencias Pediátricas e, no caso dos despachos da UTB, de contar con presión

negativa. Non obstante, descartouse ao considerarse unha vantaxe menor que

a derivada de centralizar todos os casos nun único centro.

Circuíto e circulación:

32

Page 33: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Á súa chegada ao hospital, o paciente será atendido nun posto de

clasificación avanzada fóra da área hospitalaria (Anexo III), a xeito

de caseta e situado no actual aparcadoiro localizado en fronte da

entrada de Urxencias, onde será recibido por unha enfermeira quen

aplicando o protocolo (Anexo II) decidirá se é ou non suxestivo de

gripe pandémica.

O anterior establécese sen prexuízo da posible clasificación que o

061 estableza para os pacientes que cheguen ao hospital

procedentes do dito dispositivo.

Os que non sexan sospeitosos de padecer gripe pandémica serán

situados e atendidos en áreas separadas e seguiranse os protocolos

habituais segundo a súa patoloxía. Para acurtar o tempo de estanza

destes pacientes estableceranse consultas rápidas.

Identificaranse con adhesivos os sospeitosos de gripe e tomarán as

medidas de control da infección (Anexos I e II), serán trasladados

por un celador ás zonas previstas de confinamento (estarán

identificadas para evitar o paso de enfermos e familiares doutras

áreas), separando os enfermos adultos (Anexo III) dos pediátricos

(Distinta porta de entrada e distintas áreas de confinamento).

Daranse datos no Servizo de Admisión.

O pacientes en padiola e críticos pasarán directamente aos boxes de

exploración.

Tras a situación do paciente na súa área específica, realizarase unha

segunda clasificación para avaliar criterios de gravidade e priorizar a

atención dos enfermos máis graves.

En caso de necesitar proba de imaxe que precise traslado ao Servizo

de Radioloxía, farase diminuíndo no posible o tempo de espera no

dito servizo e sempre coas medidas máis estritas de illamento.

Realizaranse as probas protocolizadas (epígrafe d) e manterase o

paciente nas áreas de confinamento ata a confirmación ou descarte

de gripe pandémica.

33

Page 34: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Os pacientes con diagnóstico de gripe pandémica serán ingresados

nas plantas previamente establecidas.

b) Situación dos pacientes

A área de atención dos pacientes pediátricos sospeitosos de gripe

pandémica situarase na planta 1, na zona de Hospital de Día, consultas de

Neurofisioloxía, Pneumoloxía e Cardioloxía. Aqueles que requiran ingreso

trasladaranse á planta destinada a hospitalización pediátrica (ver máis

adiante, na epígrafe correspondente) en Montecelo, onde serán avaliados e

atendidos por un pediatra. Os pacientes pediátricos non sospeitosos de gripe

pandémica que requiran ingreso trasladaranse ao H. Provincial.

Os pacientes con gripe pandémica situaríanse preferentemente en:

- Primeiro, no Servizo de Espera de Resultados (SER), que supón unha

capacidade de 12 pacientes. Neste espazo, crearase unha área específica,

pechada e illada do resto do Servizo de Urxencias.

- Segundo, se se supera esa cifra, os pacientes con sospeita de gripe

pandémica situaranse na sala de espera de pacientes, que se pecharía e onde

se poderían situar 12 pacientes máis.

- Terceiro, se o número de pacientes presentes en Urxencias supera o número

de 24 (12 na SER, e 12 na sala de espera de pacientes), pecharíase a área

contigua á SER (Boxes 8-9-10-11), e aumentaría a capacidade ata un máximo

de 15-16 pacientes adicionais, o que faría un total de ata 40 enfermos con

gripe confinados en Urxencias en espera de resultados de xeito simultáneo.

c) Xestión do persoal.

- Persoal médico: 2-3 reforzos/quenda.

- Persoal de enfermaría: 3 reforzos/quenda.

- Auxiliares de enfermaría: 2 reforzos/quenda

- Celadores: dous máis por quenda.

34

Page 35: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

- Persoal de limpeza: a partir das 13:30 só hai dúas limpadoras en todo o

hospital. Sería recomendable que, na próxima contrata, se engadise

unha cláusula que obrigase a empresa adxudicataria a reforzar o seu

equipo en caso de gripe pandémica ou outro tipo de epidemia ou

catástrofe.

d) Probas protocolizadas en Urxencias

1- Clasificación:

a- Historia clínica

b- Exploración física:

Temperatura (valores menores de 35º ou maiores de 38º)

FC (maior de 100 ppm ou arritmia descoñecida)

FR (maior de 24 rpm)

TA (TS menor de 100)

Cor pel e mucosas (cianose)

Signos e síntomas torácicos

Estado mental/estado confusional de recente comezo

2- Segunda valoración:

Hemograma

Bioquímica urxente (glicosa, urea, creatinina, electrólitos)

Enzimas cardíacos (segundo criterio clínico)

Gasometría arterial ou Sat O2 (segundo criterio clínico)

Radioloxía de tórax

EKG (segundo criterio clínico)

Se o paciente cumpre os criterios de ingreso recollidos no anexo V, pasaría a

hospitalización.

35

Page 36: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

V. Xestión da hospitalización en planta.

a) Situación dos pacientes

O CHOP dispón de 604 camas funcionando, das que 299 corresponden ao

Hospital Provincial e 305 ao Hospital Montecelo. Unha das decisións máis

relevantes adoptadas polo grupo de traballo foi dirixir todas as hospitalizacións

por gripe ao Hospital Montecelo, considerando o Hospital Provincial como

centro "libre" de gripe pandémica. Así, tanto adultos como nenos

hospitalizaríanse en Montecelo, e estes últimos situaríanse preferentemente na

mesma Unidade de Enfermaría.

Co fin de contar con máis cuartos dispoñibles para situar os pacientes, a

partir do 6º día de epidemia tómase a decisión de suspender a cirurxía

programada de lista de espera. Asumindo unha media de 20 pacientes/día

novos de cirurxía programada, cunha estanza media aproximada de 6 días, esta

decisión implica que, a partir do 11º día de epidemia estarían dispoñibles 120

camas.

O anterior foi unha estimación que se aproximou bastante á realidade.

Durante o período do simulacro, os datos reais de cirurxía programada de lista

de espera foron os seguintes:

Servizo Ingresos Estanzas totais Estanza mediaCirurxía Vascular 8 71 8,9 Cirurxía Xeral 262 2077 7,9 Dermatoloxía 36 191 5,3 Estomatoloxía 6 12 2,0 Xinecoloxía 194 1031 5,3 Oftalmoloxía 32 46 1,4 Otorinolaringoloxía 124 544 4,4 Traumatoloxía "A" 149 1294 8,7 Traumatoloxía "B" 92 830 9,0 Uroloxía 121 1232 10,2 TOTAL 1.024 7.328 7,2

36

Page 37: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Outras medidas propostas para aumentar as camas dispoñibles:

Axilizaríanse no posible as altas.

Trasladaríanse pacientes ao Hospital Provincial: alí disporíase

aproximadamente de 70 camas cirúrxicas, 5 de Dermatoloxía, 20 de

Paliativos e 10 da Unidade Penitenciaria. Total: 105 adicionais.

Trasladaríanse pacientes non gripe pandémica a centros

concertados.

Para a programación cirúrxica, manteríanse activos 4 quirófanos en horario

de mañá (2 para cirurxía programada e 2 para Urxencias), 2 pola tarde

(Urxencias) e 1 pola noite (Urxencias). No Hospital Provincial, a distribución

sería, respectivamente, 2 - 1 -1.

A orde preferente de situación considerada máis apropiado foi a seguinte:

- Os sete primeiros pacientes con gripe pandémica que requiran

hospitalización situaríanse nos sete cuartos dotados de medidas de

illamento aéreo (presión negativa, filtros HEPA) da sétima planta "impar"

de Medicina Interna.

- Dado que a dirección de circulación do aire polo sistema de climatización

é de arriba abaixo e común para as dúas ás de hospitalización do

Hospital Montecelo, decídese que a partir do paciente número 8 (2º día

do simulacro), os casos situaríanse nas áreas de hospitalización da á sur

(cuartos pares), empezando por abaixo, dende a 3ª planta de

Traumatoloxía "B" e subindo progresivamente ata a 7ª planta. Os

motivos da elección da dita á son que comprenden as unidades de

hospitalización con máis camas e para evitar, mentres sexa posible,

ocupar a á de Hematoloxía, onde se sitúan habitualmente pacientes

inmunodeprimidos.

- Cando se dedique unha unidade de enfermaría a hospitalización de

pacientes con gripe pandémica, trasladaranse todos os demais enfermos

37

Page 38: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

doutras patoloxías. EN NINGÚN CASO COMPARTIRÁN UNIDADE

PACIENTES CON E SEN GRIPE PANDÉMICA.

- Unha vez saturada a á sur, empezaríase a á norte, tamén a partir da 3ª

planta de dixestivo.

- Excepción: se a situación obriga a dedicar a 4ª planta norte (Cardio-

Coronarias) a pacientes críticos con gripe pandémica (ver máis adiante,

en xestión de pacientes críticos); nese caso e momento, pola dirección

de circulación do aire (arriba-abaixo), ocuparíase antes a 3ª planta

"norte" de dixestivo con pacientes con gripe pandémica.

É de destacar que a decisión de ir situando os pacientes na orde antedita

non se tomou ata o día 11 do simulacro (9 de novembro), ao non se

contemplar previamente a dirección e o fluxo de aire. Ata esa data, resolvérase

situar os pacientes primeiro na sétima planta (Medicina Interna, onde, ademais,

están os cuartos de illamento aéreo), e dende alí ir baixando. A partir de aí,

reconstruíuse a secuencia de situación dos pacientes nas unidades conforme

estes esquemas (isto é, empezando pola á sur e de abaixo a arriba).

Cando o número de casos empece a diminuír, as unidades de hospitalización

iranse liberando en orde inversa ao anterior, coa mesma excepción

mencionada: mentres haxa que dedicar a 4ª planta "par" Cardioloxía-

Coronarias a hospitalización de pacientes críticos, non se poderá ocupar a 3ª de

dixestivo con outro tipo de pacientes (circulación de aire arriba-abaixo). Por

conseguinte, liberaranse antes as unidades da á sur, empezando pola 7ª e

baixando, antes da 3ª norte, mentres teñamos pacientes críticos con gripe

pandémica na 4ª par.

En gráfico adxunto indícase a situación por unidade de hospitalización dos

pacientes no momento do punto álxido do simulacro (30 de novembro), coa

excepción daqueles que precisaban coidados críticos situados na segunda

planta.

-

38

Page 39: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

respirador

DATA: 30/11/06.

Á NORTE Á SUR

7ª PAR MI 7ª IMPAR MI 31 camas teóricas 21 camas teóricas

31 adultos con gripe pandémica

6ª PAR o MEU-ORL 6ª IMPAR Hemato-ACV 31 camas teóricas 26 camas teóricas

31 adultos con gripe pandémica

5ª PAR CGD 5ª IMPAR CGD 31 camas teóricas 28 camas teóricas

31 adultos con gripe pandémica 20 adultos con gripe pandémica

4ª PAR "TRAUMA B" 4ª IMPAR Cardio-Coronarias 32 camas teóricas 24 camas teóricas

32 adultos con gripe pandémica 18 críticos con gripe pandémica

3ª PAR "TRAUMA A" 3ª IMPAR Dixestivo 31 camas teóricas 28 camas teóricas

9 nenos con gripe pandémica 28 adultos con gripe pandémica 22 adultos con gripe pandémica

O material considerado necesario para a atención a estes pacientes

detállase no anexo VII.

No anexo VIII inclúense as táboas explicativas das precaucións de

illamento que actualmente se manexan no centro.

b) Xestión do persoal

- Persoal médico: a razón de 15 pacientes/facultativo, estímase que farían falta,

polo menos, 13 facultativos, con 3 de garda, con quendas de 12 horas, para lle

facer fronte ao simulacro virtual. No momento presente, sumando persoal de

Medicina Interna, Pneumoloxía e Endócrino, disponse de 19 facultativos. O

equipo podería reforzarse con profesionais que actualmente contan con

contratos de garda, con persoal do Hospital Provincial e, de ser necesario, con

voluntarios, estudantes e xubilados, aos que se adestraría na axuda ao coidado

e manexo destes pacientes. Non obstante, non se estimou preciso durante o

39

Page 40: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

desenvolvemento do simulacro virtual, ao entenderse suficiente o equipo do

centro para asumilo.

- A decisión de suspender a cirurxía programada de lista de espera leva consigo

dispoñer, como xa se indicou, cun persoal adicional de 17 auxiliares de

enfermaría e 24 enfermeiras, que se poderían redistribuír, como reforzo, entre

as unidades con pacientes en illamento. Esta decisión tómase o 6º día do

simulacro (5 de novembro).

PERSOAL DE HOSPITALIZACIÓN PEDIÁTRICA:

- Enfermaría: subiría a Montecelo 1 enfermeira/quenda. Implica 5 enfermeiras

(1 x 3 quendas, máis 1 que libra, máis o día libre semanal).

- Auxiliares: asúmese que non é preciso auxiliares de enfermaría específicas

para pacientes de idade pediátrica.

- Facultativos: necesario reforzo de tres pediatras, que poderían proceder de

Atención Primaria ou do Salnés, se é que este centro se exclúe da atención a

nenos con gripe pandémica e se centraliza a súa atención no CHOP.

OBSERVACIÓN: sempre que sexa posible, o persoal asignado ao coidado dos

pacientes con gripe, ou que traballe nas áreas que fosen segregadas para estes

pacientes, non deberá de ocuparse tamén noutros pacientes nin traballar nas

áreas "libres de gripe".

En relación co anterior, os traballadores sanitarios que pasasen a gripe e

se repuxesen, ou que estivesen correctamente vacinados fronte a esta, e en

consecuencia se consideren en menor risco de padecela ou transmitila, serán os

que preferentemente se dediquen ao coidado destes pacientes. Estes

traballadores tamén poden ser situados en unidades onde a introdución da

gripe tería consecuencias máis graves para os pacientes (p. ex. Hematoloxía-

Unidade de Transplantes, Neonatoloxía, UCI...).

Os traballadores sanitarios con alto risco de presentar complicacións de

gripe (p. ex.: mulleres embarazadas, traballadores inmunodeprimidos...)

40

Page 41: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

situaranse con preferencia en unidades "libres de gripe pandémica", lonxe do

coidado directo destes pacientes, mentres dure o período pandémico, ou ata

que eles sexan vacinados (de existir vacina eficaz para a cepa pandémica), se é

clinicamente posible e apropiado para eles.

c) Xestión das visitas:

Co fin de diminuír o risco de transmisión e de aforrar equipos de protección:

- Pacientes adultos: prohíbense, salvo indicación facultativa.

- Nenos: permítese un, en principio a nai. Outros só baixo indicación facultativa.

d) Información e comunicación:

- Disporase de teléfono en todos os cuartos.

- Habilitaranse boxes para informar os familiares. Estarán situados na aula

docente e dotados de ordenadores con acceso a IANUS. A información

transmitirana facultativos libres de actividade asistencial (p. ex.: cirurxiáns

libres pola suspensión da cirurxía programada de lista de espera, médicos de

admisión e documentación...).

VI. Xestión dos pacientes que precisan coidados críticos.

a) Situación dos pacientes

En ningún caso compartirán localización pacientes críticos con e sen

gripe pandémica.

Os pacientes con gripe pandémica situásense do seguinte xeito:

1. Pacientes UCI en idade pediátrica: situaranse na actual Unidade da Dor, que

ten unha capacidade de ata 6 pacientes.

2. Pacientes UCI adultos: os pacientes con gripe pandémica que precisen

coidados críticos iranse situando na seguinte orde:

41

Page 42: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

- Primeiro, na propia UCI (10 camas).

- A continuación, nos locais da Cirurxía Maior Ambulatoria (12 camas).

- Posteriormente, na Unidade de Diálise (4 camas). [Isto implica o traslado de

toda a actividade de diálise ambulatoria ao Hospital Provincial].

- De ser necesario, ocuparíase tamén a Unidade de Reanimación (12 camas).

No momento en que se superase a cifra de 36 casos, habería que

dedicar a 4ª planta de Cardioloxía-Coronarias, á norte, para hospitalización de

críticos. Este servizo trasladaríase ao Hospital Provincial. DADO QUE A

CIRCULACIÓN DO AIRE PARA UNHA MESMA Á É DE ARRIBA ABAIXO, ESTA

DECISIÓN OBRIGARÍA A, OU BEN DEIXAR BALEIRA A TERCEIRA PLANTA

"IMPAR" (SERVIZO DE APARATO DIXESTIVO), OU BEN SITUAR NA DITA

UNIDADE PACIENTES CON GRIPE PANDÉMICA.

Os pacientes que precisen respirador situaranse con preferencia na

propia UCI, en Diálise e en Espertar, co fin de minimizar o uso de respiradores

portátiles.

Durante o desenvolvemento do simulacro, os respiradores dispoñibles no

centro foron suficientes para asumir as necesidades derivadas da pandemia

virtual.

A continuación indícase a situación virtual dos pacientes no momento do

simulacro no que máis pacientes críticos adultos estiveron ingresados de forma

simultánea, un total de 57 (4 de decembro):

42

Page 43: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

DATA: 4/12/06.

4ª IMPAR Cardio-Coronarias24 camas teóricas

19 críticos con gripe pandémica senrespirador

UCI10 camas teóricas

10 adultos con gripe pandémica conrespirador

CMA12 camas teóricas

12 adultos con gripe pandémica senrespirador

DIÁLISE4 camas teóricas

4 adultos con gripe pandémica conrespirador

REANIMACIÓN12 camas teóricas

12 adultos con gripe pandémica conrespirador

UNIDADE DA DOR6 camas teóricas

2 nenos con gripe pandémica conrespirador

3. En canto ao uso de respirador, seguíronse os seguintes criterios:

Os pacientes con gripe que precisaban os respiradores situáronse con

preferencia nas unidades que contan con respiradores fixos. (UCI e

Reanimación).

No momento do pico de necesidades ditadas polo simulacro, 28

pacientes virtuais con gripe necesitábanos (entre o 30 de novembro e o

4 de decembro), a sumar os 6 pacientes "reais" con outras patoloxías

que tamén os necesitaban; en Montecelo dispoñemos de 28 respiradores

fixos, a sumar os 8 portátiles e as 5 BiPAP que, segundo a situación

clínica do enfermo, en determinadas circunstancias poden substituír

estes.

O anterior implica que, durante o desenvolvemento do simulacro, os

respiradores dispoñibles no centro foron suficientes, mais xustos, para

asumir as necesidades derivadas da pandemia virtual.

4. Os pacientes críticos sen gripe pandémica situaranse:

43

Page 44: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

- Primeiro, nos locais non ocupados polos afectos de gripe.

- Se todos os locais estivesen ocupados, poderían:

Trasladarse ao Hospital Provincial.

Utilizar os quirófanos de Montecelo para hospitalización de pacientes

críticos, empezando polo quirófano 11, a razón de dous pacientes por

quirófano. En todo caso, deixaranse libres sempre polo menos catro dos

quirófanos.

b) Xestión do persoal

Necesidades de persoal para a UCI pediátrica en Montecelo:

- Pediatras: reforzo de 1 pediatra/12 h (2 pediatras/día), rotatorio.

- 1 enfermeira/8 horas (5 en total).

- Para o soporte ventilatorio disporíase apoio do persoal de UCI e anestesia

44

Page 45: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

CONCLUSIÓNS DO SIMULACRO

1. Unha pandemia de gripe que afectase á área do noso centro implicaría unha

modificación cuantitativa (aumento das necesidades e demanda) e cualitativa

(modificación do perfil de pacientes) na asistencia que debemos prestar,

implicando por iso a toda a actividade e a todos os profesionais do CHOP.

2. En resumo, os problemas potenciais aos que nos haberemos de enfrontar

son:

a) Risco transmisión nosocomial de gripe:

- Pacientes a pacientes.

- Pacientes a visitantes.

- Pacientes a traballadores sanitarios

b) Aumento da demanda asistencial.

c) Posible carencia de infraestruturas.

d) Aumento nas necesidades de material.

e) Problemas de subministración.

f) Sobrecarga laboral, persoal e emocional nos traballadores sanitarios:

máis traballo, menos persoal (unha porcentaxe dos nosos recursos

humanos probablemente estará enferma durante unha epidemia).

g) Necesidade de recorrer, por carencia, a traballadores sanitarios

insuficientemente cualificados para a atención destes pacientes.

h) Alarma social, con aumento na demanda de información por parte da

poboación.

i) Desorganización estrutural e funcional nos nosos centros (cambio de

salas de hospitalización para afrontar a epidemia, medo no persoal etc.).

j) Sobrecarga tamén nos departamentos non sanitarios do hospital

(Hostalaría, Mantemento, Cociña...)

k) Dificultades de coordinación coas autoridades civís externas ao hospital.

45

Page 46: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

3. Para afrontar os problemas será necesario, como primeiro paso, a creación

dun gabinete de crise, multidisciplinar, con autoridade para a toma de

decisións.

4. Será preciso reforzar o persoal de seguridade.

5. Será conveniente, tanto para facer máis efectiva a atención como para

diminuír o risco de transmisión intrahospitalaria, e se o volume de pacientes

afectos de gripe o permite, centralizar nun único centro do complexo, en

concreto en Montecelo, a atención dos ditos enfermos.

6. Constátase a conveniencia de establecer un sistema de clasificación

específica de pacientes en Urxencias, previa ao seu posible paso a

hospitalización.

7. As unidades de hospitalización han de ser tamén específicas para pacientes

con gripe, e non se deberán mesturar nunha mesma unidade enfermos con e

sen gripe.

8. Na secuencia de ocupación de unidades con pacientes afectos de gripe a

medida que evolucione a pandemia, hase de ter en conta a dirección do fluxo

de aire do sistema de climatización, empezando sempre polas unidades máis

distais a este. Este factor pasou desapercibido ao principio do presente

simulacro.

9. Afrontar a pandemia implicará, para os efectos de xestión do persoal:

a) A reasignación de tarefas e horarios en todas as categorías, aspecto no que,

entendemos, contaremos coa colaboración do persoal, pero sen obviar que esta

carga adicional en condicións horarias, de traballo e quendas pode ser difícil de

manter se a situación de pandemia se prolonga no tempo, pola repercusión que

tal sobrecarga terá na vida persoal e profesional dos sanitarios. Ademais, hase

46

Page 47: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

de contar con que unha parte do equipo pode contraer a gripe, a pesar de

recibir vacinas e profilaxe.

b) Esta sobrecarga afectaralle non só ao persoal sanitario, senón tamén ao non

sanitario (limpeza, lavandaría, cociña...).

C) Probablemente, será necesario contratar persoal de reforzo. Non hai

garantías de poder cumprir esta última necesidade durante a pandemia.

10. De ser necesario para cubrir as necesidades asistenciais da área, pode ser

preciso e obrigado derivar pacientes afectos de patoloxías distintas á gripe a

centros concertados.

11. No noso caso, a soa medida de suspender a cirurxía programada de lista de

espera permitiu asumir a sobrecarga derivada do simulacro en canto a

ocupación de camas.

12. Ao igual que se indicaba nas conclusións do simulacro do CHOU, unha

pandemia de gripe obrigaría a enormes esforzos de coordinación e

comunicación, tanto intrahospitalaria, como extrahospitalaria.

13. A diferenza do acontecido noutros centros, os respiradores dispoñibles no

centro foron suficientes para asumir as necesidades derivadas da pandemia

virtual, aínda que case ao límite.

14. Constátase a necesidade de formar e educar a todas as categorías en

medidas de prevención da transmisión da gripe e no manexo destes pacientes.

15. A carga asistencial habitual dificultou para moitos servizos o seguimento do

simulacro. Implica un volume de traballo importante, a sumar unha actividade

diaria excesiva no caso de moitos profesionais.

Valorándose en todo caso a experiencia como positiva, de cara a futuros

simulacros, tanto de gripe pandémica coma doutro tipo de crise, convén ter en

47

Page 48: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

conta que os equipos están xa moi axustados para lle facer fronte á actividade

asistencial cotiá, o que complica e dificulta calquera actividade adicional. Por

iso, consideramos conveniente tanto unha boa política de incentivos como un

reforzamento dos ditos equipos. Resulta evidente que esta afirmación vai máis

alá do que compete a este simulacro e á presente memoria, pero trátase dun

sentimento xeneralizado e manifestado por varios profesionais, polo que

consideramos conveniente incluílo.

12. Finalmente, o noso complexo está nun proceso de cambio, no que nun

prazo previsto de catro anos pasaremos a ser un hospital único, con estrutura e

funcionalidade distinta á actual. Iso obrigará a reformular moito do formulado.

48

Page 49: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

BIBLIOGRAFÍA

Davoli E. “A practical tool for the preparation of a hospital crise preparedness

plan, with special focus on pandemic influenza”. Programme of Emergency

Medical Services Country Policies, Systems and Services. Country Health

Systems Division. WHO 2006.

Pandemic Influenza Preparedness and Response Guidance for Healthcare

Workers and Healthcare Employers. OSHA. 2007.

Simulacro dunha pandemia de gripe e o seu impacto na área do Hospital

Xeral-Calde de Lugo. Servizo Galego de Saúde. 2005.

Departamento de Saúde do Reino Unido: Plan de pandemia. [Citado 23 Jul

2007]. Dispoñible en:

http://www.dh.gov.uk/PolicyAndGuidance/EmergencyPlanning/PandemicFlu/

fs/en

Trilla A. Editorial: A preparación sanitaria ante unha posible pandemia de

gripe. Rev. Esp. Anestesiol. Reanim. 2006; 53: 335-336.

Plan nacional de preparación e resposta ante unha pandemia de gripe.

Actualizado: 10 Mar 2007. Dispoñible en.

http://www.msc.es/ciudadanos/enflesiones/enfTransmisibles/gripeAviar/plan

es.html

DXSP. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia. Plan galego de preparación

e resposta á pandemia de gripe. Maio 2007. Dispoñible en:

http://www.sergas.es/gal/documentacionTecnica/docs/SaudePublica/gripe/P

GPRPG07.pdf

Department of Health, UK. Pandemic Influenza: Guidance for infection control

in hospitals and primary care settings. Nov 2007.

Organización Mundial da Saúde (OMS). Preparación e resposta ante unha

pandemia de gripe. EB115/4; 2005. Dispoñible en:

http://www.who.int/gb/ebwha/pdf_files/EB115/B115_44-sp.pdf

49

Page 50: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

ANEXOS

50

Page 51: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Anexo I

ACTUACIÓN INMEDIATA E NOTIFICACIÓN DOS

PRIMEIROS CASOS

ACTUACIÓN INMEDIATA:

1. Os profesionais que atendan o paciente, e/ou traballen na

mesma sala na que está situado o paciente, deben poñerse

un equipo de protección individual respiratoria (EPI-R) do

tipo FFP2 ou máis axiña posible (hai existencias deste tipo de

máscaras protectoras, a cargo das respectivas supervisoras, nos

servizos de Urxencias dos dous hospitais do CHOP, e no Servizo de

Medicina Interna de Montecelo). Esta norma poderá ser modificada

segundo a evolución da pandemia e ás dispoñibilidades de material.

2. Poñerlle axiña unha máscara cirúrxica ao paciente.

3. Aplicar co paciente as precaucións de illamento respiratorio,

así como as de contacto e gotiñas.

4. Trasladar canto antes o paciente á un cuarto con presión

negativa do 7.º andar de Medicina Interna de Montecelo, ou

localizacións alternativas establecidas polo gabinete de crise.

5. Notificárllelo urxentemente a Medicina Preventiva ou ao

SAEG.

APLICAR ÁS MEDIDAS INDICADAS NO DOCUMENTO: "PRECAUCIÓNS

QUE SE ADOPTARÁN DIANTE DUN CASO SOSPEITOSO OU

CONFIRMADO DE GRIPE PANDÉMICA NO CHOP: MANEXO DO CASO

SOSPEITOSO"

51

Page 52: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

NOTIFICACIÓN DOS CASOS

No horario laboral (8 a 15 horas): comunicaráselle inmediatamente ao Servizo

de Medicina Preventiva (extensión 288128), así como ao xefe de servizo

correspondente.

Fóra do horario laboral: comunicarase inmediatamente o Sistema de Alerta

Epidemiolóxica de Galicia (SAEG), no teléfono 649 829 090.

O anterior será aplicable ao principio da epidemia. Unha vez establecida esta,

perde sentido a comunicación individualizada dos casos. Xa declarada esta Fase 6,

será a DXSP a que estableza os procedementos de notificación, a unhas horas

determinadas e mediante un sistema informático.

Tras o inicio da pandemia na comunidade, en pouco tempo o virus estará

amplamente difundido entre a poboación; e por isto, xunto ao emprego profiláctico

de antivirais polo persoal sanitario, perde parte do sentido a recomendación de uso

de equipos FFP2. Nesta situación, e tendo en conta a previsible escaseza destes

equipos, a recomendación pasará a ser o uso de máscaras cirúrxicas.

52

Page 53: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Anexo II

PRECAUCIÓNS QUE SE ADOPTARÁN DIANTE UN CASO SOSPEITOSO OU CONFIRMADO DE GRIPE PANDÉMICA NO CHOP

- Adaptación das medidas para a fase 6 -

O obxectivo deste protocolo é evitar a transmisión da enfermidade a partir

do caso sospeitoso ou confirmado no Complexo Hospitalario de Pontevedra

1.- MEDIDAS DE ILLAMENTO: No manexo destes pacientes deben respectarse

escrupulosamente as precaucións estándar para a prevención das infeccións

hospitalarias e, ademais, os pacientes deben ser sometidos ás precaucións de

illamento en enfermidades de transmisión por contacto e aérea e por gotiñas, e deben

estar situados nun cuarto con presión negativa e dotada de filtro HEPA no circuíto de

saída do aire.

Por iso, SERÁN TRASLADADOS O MÁIS AXIÑA POSIBLE AOS CUARTOS DO

CHOP QUE CUMPLEN ESTAS CARACTERÍSTICAS, situados NO 7º ANDAR DO

HOSPITAL MONTECELO. No caso de que esas cuartos non estean dispoñibles e non

sexa posible o seu traslado a outro centro, os pacientes situaranse no centro segundo

o indique o Gabinete de Crise. De xeito xeral, situaranse en cuartos individuáis, en

Unidades de Hospitalización nas que só se situarán este tipo de pacientes.

2.- UBICACIÓN DO PACIENTE E OUTRAS MEDIDAS NO MOMENTO DO

DIAGNÓSTICO: Unha vez establecida a sospeita diagnóstica, e ata que sexa posible

o traslado aos cuartos de illamento aéreo da 7ª planta ou a outra localización, segundo

consta nos apartados de distribución de pacientes descritos ao longo desta memoria,

seguiranse as seguintes medidas:

a) Se o paciente está en Urxencias: situarase nas áreas que o Servicio de

Urxencias estableza como restrinxidas para pacientes con diagnóstico ou

53

Page 54: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

sospeita de gripe pandémica. O paciente deberá utilizar máscara cirúrxica, se

o seu estado o permite, e manterase de tal xeito que non estea en contacto

con persoas que non sexan indispensables para o seu coidado.

b) Se o paciente está nunha planta de hospitalización: ata que veñan

buscalo, permanecerá no cuarto onde estaba ingresado coa porta pechada e

coas follas de medidas de illamento ben visibles nesta. O paciente non poderá

saír do cuarto, e deberá utilizar máscara cirúrxica, e manterase de tal xeito

que non estean en contacto con persoas que non sexan indispensables para o

seu coidado.

c) Se o paciente está en Consultas Externas: trasladarase axiña con

máscara cirúrxica a un área afastada dos pacientes que están no resto das

consultas ou nas súas salas de espera. Para elo, trasladaráselle á denominada

“sala de curas – abscesos” de Urxencias, se é no Hospital Montecelo, ou a unha

cuarto individual de Urxencias, no Hospital Provincial, o tempo mínimo

imprescindible mentres se tramita o seu traslado a planta ou a outro hospital 1.

O paciente, en todos os casos, debe de ser advertido para que leve, mentres non

este no seu cuarto, unha máscara cirúrxica. Indicaráselle tamén que, se ten que

tusir, esbirrar ou asoarse, empregue un pano de papel que, a continuación, se

introducirá nunha bolsa de plástico que finalmente se pechará e se eliminará como

residuo biolóxico especial (RBE – colector negro), que se ten que solicitar ó

Servizo de Limpeza.

A cuarto, box ou consulta onde estivo o paciente antes do seu traslado será

sometida a limpeza e desinfección terminal antes de volver a ser utilizada,

segundo a Guía de Limpeza do CHOP.

3.- EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL: O persoal sanitario debe seguir

estrictamente as normas de control da infección e utilizar:

• Máscaras cirúrxicas.

• Ademais, tanto o persoal como os acompañantes, utilizarán:

No momento actual, o CHOP non conta con boxes en Urxencias dotados de sistemas de presión negativa e filtro HEPA no circuíto de saída do aire. É desexable que, o máis axiña posible, podamos contar no centro con este tipo de boxes en Urxencias

54

1

Page 55: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Bata e gorro desbotables.

Protector facial

Lavado de mans antes e despois do contacto co paciente. O lavado de

despois realizarase con xabón antiséptico.

Luvas dun só uso (que non substitúen á hixiene de mans).

A dispoñibilidade de material de illamento debe ser revisado en cada quenda.

Os responsables de realizar as peticións do material salientado son os/as

Supervisores/as de enfermaría.

4.- MANEXO DO MATERIAL USADO NO COIDADO DO PACIENTE: o material

empregado no coidado do paciente será, sempre que sexa posible, dun só uso. O

material reutilizable será esterilizado ou sometido a desinfección, segundo as normas

do fabricante. O material clínico non estéril (termómetros, manguitos de tensión,

fonendos, tesoiras…) será exclusivo, nunca compartido, para un paciente sospeitoso ou

confirmado de gripe pandémica, e gardarse dentro do cuarto.

5.- RESIDUOS: deben colocarse contedores para residuos biolóxicos especiais (RBE –

contedor negro), que se ten que solicitar ao Servizo de Limpeza para desbotar o

material de un só uso.

6.- PRECAUCIÓNS DIANTE DE INSTRUMENTACIÓNS ESPECIAIS: prestáraselle

particular atención ao cumprimento das medidas de precaución cando se vaian realizar

terapias/intervencións que poidan causar aerosolización (que aumentan o risco de

transmisión de Gripe). Inclúense: administración de medicación en aerosol, técnicas de

indución de esputo, broncoscopia, aspiración da vía aérea, intubación endotraqueal,

BiPAP, CPAP. Nestes casos, ademais do indicado de xeito xeral:

Os Equipos de Protección Respiratoria serán FPP3.

Limitaranse estas técnicas so a aquelas situacións nas que sexan

imprescindibles.

Sedación apropiada durante intubacións ou broncoscopias, co fin de minimizar

a resistencia e a tose durante o procedemento

Limitar o número de persoas presentes na cuarto durante o procedemento ao

mínimo necesario.

55

Page 56: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

7.- DESCONTAMINACIÓN Á SAÍDA DO CUARTO DO PACIENTE. O persoal que

atende ao paciente deberá

Quitar a bata, a continuación as luvas e o resto do material de illamento e

tiralos á bolsa de lixo (nota: evitar tocar a parte dianteira do protector

respiratorio)

Hixienizar as mans cunha solución de base alcohólica, ou lavalas cun xabón

antiséptico (HibiscrubR, …)

Cerrar billa cunha toalla de papel, tirala na bolsa de lixo e non tocar nada mais.

9.- LIMPEZA DO PACIENTE: a limpeza do paciente será sempre pola súa propia

man ou por parte do persoal (nunca pola súa familia), se el/ela non se pode valer.

10.- LIMPEZA DO CUARTO: O virus da gripe é altamente susceptible a axentes

externos. Por iso, recomendarase a limpeza de superficies e materiais cun deterxente

neutro, seguida por unha desinfección con axentes habituais, como son os derivados

do cloro, p.e. hipoclorito sódico diluído en auga ao 1% a partir dunha solución de cloro

activo ao 5%, ou 7 g/litro de lixivia en po, en ambos casos para materiais

contaminados con sangue ou secrecións corporais, superficies horizontais ou verticais.

Alternativa: Alcohol etílico ou isopropílico ao 70% para superficies metálicas, de

madeira ou delicadas, para ás que a lexía non resulta aplicable.

MATERIAL DE LIMPEZA

Ao final de cada quenda debe ser desinfectado

Á alta do paciente este material debe ser desinfectado antes de

empregarse noutro lugar.

11.- TRASLADOS

Serán rextrinxidos ao imprescindible

Se se trata dun traslado para unha exploración ou técnica terapéutica, procurar

programar o paciente para que sexa o último da xornada e evitar que

permaneza fora do seu cuarto máis tempo do estritamente necesario. Ao

rematar o procedemento, limpar como se describe na epígrafe 10

Avisar ao Servizo de destino.

Seguir as precaucións de traslado de pacientes en illamento aéreo.

56

Page 57: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

12.- RADIOLOXÍA DE TÓRAX: Si se tivese que facer unha radioloxía de tórax,

farase cun equipo portátil específico sempre que sexa posible. Posteriormente, e antes

de ser empregado con outro enfermo, será desinfectado.

• APARATOS MÓBILES DE RADIOLOXÍA: Colocar unha saba entre o chasis e o

paciente ao facer a placa. Limpar posteriormente todo o aparato e o chasis

segundo a epígrafe 10

13.- MOSTRAS MICROBIOLÓXICAS: as mostras serán manexadas co máximo

coidado, seguindo o Procedemento que determine o Servizo de Microbioloxía do CHOP.

Ao principio da pandemia, faránselle probas a todos os pacientes, pero é previsible

que, durante o desenvolvemento desta, non se lle tomen mostras microbiolóxicas a

todos eles, senón só aos que evolucionen mal e/ou para detectar a posibilidade de

desenvolvemento de resistencias..

14.- LENCERÍA: a roupa dos pacientes debe ser retirada do cuarto polo persoal

auxiliar de enfermaría, como no resto dos cuartos. Debe levar equipos de protección

apropiados (ver punto 3). A auxiliar introducirá a roupa na bolsa tendo coidado de non

manter contacto coa superficie externa desta. A continuación, quitar o equipos de

protección e hixienizar as mans segundo o punto 7. Finalmente, e xa coas mans limpas

e secas procederá a pechar a bolsa.

O procedemento de lavado da roupa débese facer sen manipulación. Contactar

co Servizo de Medicina Preventiva.

15.- AUTOPSIA: se algún paciente con gripe pandémica morrese e se lle vai facer a

autopsia, esta non poderá realizarse no CHOP, ao non reunir a sala de autopsias os

requisitos mínimos de seguridade para previr a transmisión da gripe pandémica. A

decisión sobre o lugar onde debe ser trasladado o cadáver será tomada pola Dirección

Xeral de Saúde Pública.

57

Page 58: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Anexo III

CLASIFICACIÓN EN URXENCIAS

Dada a situación de pandemia decídese a creación dunha clasificación avanzada

fóra da área de Urxencias e será común para pacientes adultos e pediátricos.

Estrutura física: cubículo de Protección Civil ou en alugamento, de tamaño

abondo para a realización da clasificación e para a espera.

Situación: zona previa a Urxencias e próxima á cafetaría.

Mobiliario: mesa, cadeiras, padiolas e cadeiras de rodas.

Material: pulsioxímetro, balas de osíxeno, termómetros, máscaras e illamento,

adhesivos identificativos.

Persoal: enfermeira, celador e persoal de seguridade.

58

Page 59: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Anexo IV

CRITERIOS DE SOSPEITA NA CLASIFICACIÓN DE

URXENCIAS

Definición de caso clínico

A definición de caso será a que a OMS estableza ao inicio da pandemia.

Cando o virus da gripe está a circular na comunidade, a presenza de tose e

febre de presentación aguda son bos predictores de gripe. O valor predictivo

positivo dos síntomas aumenta cando a febre é maior de 38.º.

Outros síntomas:

• Sistémicos: febre, calafríos, dor de cabeza, dor muscular e de articulacións,

rixidez, debilidade.

• Respiratorios: tose, dor de garganta, rouquén, rinorrea, dispnea, dor

torácica.

• Dixestivos: vómitos, diarrea, dor abdominal.

• Neurolóxicos: confusión, estupor, convulsións, meninxismo.

Definición de comorbilidade

• Maiores de 65 anos.

• Embarazo.

• Criterios de EPOC.

• Insuficiencia cardíaca conxestiva.

• Fallo renal.

• Pacientes inmunocomprometidos.

• Anormalidades hematolóxicas.

• Hepatopatías.

• Casos sociais.

59

Page 60: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Anexo V

CRITERIOS DE INGRESO

A- Alteración dos seguintes parámetros:

1. Alteracións do nivel de conciencia.

2. Alteracións hemodinámicas: INCRE <90 ou TAD <60 mmHg.

3. FR >30 ou Sa O2<93% sen patoloxía previa ou obesidade

significativa.

4. Achado radiolóxico de pneumonía (para valorar severidade, pódese

aplicar a CAP Guidelines 2004).

5. Hipertransaminemia significativa.

6. Alteración da función renal e/ou diarrea importante.

7. Alteracións ECG como arritmias ou miopericardite.

B- Descompensación da súa enfermidade de base: EPOC, asma, ICC, I. renal,

hepática, diabetes mellitus. En pacientes con EPOC, seguirase a normativa

SEPAR ou NICE Guidelines COPD.

Estes criterios poden variar segundo a evolución da pandemia.

60

Page 61: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Anexo VI

Valoración de necesidades de equipo e material para

o establecemento de reservas en hospital.

Exemplos de bens consumibles e necesidades de subministracións

[Reproducido e modificado de "Pandemic Influenza Preparedness and Response

Guidance for Healthcare Workers and Healthcare Employers. OSHA. 2007"]

Consumibles/Desbotables:

Produtos para hixiene de mans (xabón antimicrobiano e produtos de hixiene

de base de alcohólica).

Máscaras FFP2 e FFP3.

Máscaras cirúrxicas.

Equipos de protección facial.

Batas desbotables.

Luvas.

Vías centrais.

Vías periféricas.

Bombonas de osíxeno.

Equipos de succión.

Xiringas e agullas para a administración de vacinas.

Recursos duradeiros

Respirador.

Equipos de terapia respiratoria.

Bombas de infusión intravenosa.

Camas.

Monitores.

Termómetros.

61

Page 62: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Medicacións: considerar existencias para asegurar a subministración 8 semanas,

en especial dos de maior uso:

AINE.

Antibióticos (en especial ciprofloxacina, levofloxacina, vancomicina,

piperacilina/tazobactam, ceftriaxona, carbapenemes).

Vacinas (de gripe pandémica, se existise, e estacional, pneumocócica).

Vasopresores.

Benzodiacepinas, propofol.

Inhibidores da bomba de protóns.

Broncodilatadores.

etc.

62

Page 63: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Anexo VII

EQUIPAMENTO E ESTIMACIÓN DO MATERIAL

NECESARIO PARA A ATENCIÓN DE PACIENTES CON

GRIPE

63

Page 64: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

VII.1. EN URXENCIAS

Todos os boxes de críticos de urxencias (3 boxes) están equipados para recibir a

calquera tipo de enfermo crítico. Contan con:

Monitor con: T.A, pulsiosimetría E.K.G.

Desfibrilador, con pas pediátricas.

Respirador, de transporte.

Bomba de perfusión.

Estantes con medicación para situacións de parada cardiorrespiratoria etc.

Outros materiais de funxibles.

No Servizo de Urxencias, en total, disponse de:

14 monitores.

4 respiradores.

4 desfibriladores.

10 pulxiosímetros.

3 Bipap.

1 Vision (Bipap).

6 Biombos.

10 Bombas de infusión.

14 0toscopios (un en cada box de exploración).

14 0ftalmoscopios (un en cada box de exploración).

Caudalímetros en todos os boxes, sala de espera de resultados e sala de espera de

familiares.

Vacuómetros en todos os boxes, na sala de espera de resultados e na sala de espera

de familiares.

MATERIAL INDIVIDUAL QUE SERÍA PRECISO PARA CADA ENFERMO

Termómetro un por cada enfermo.

Máscara cirúrxica por paciente.

Máscara de osíxeno varias concentracións.

Máscara de osíxeno con reservorio.

Lentes nasais de osíxeno.

64

Page 65: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Máscaras de nebulización.

Máscaras da bipap talle grande, mediano e máscara nasal.

Tubuladura da bipap.

Filtro da bipap.

Balas de osíxeno.

Gasas.

Xiringas de 2 c.c.

Xiringas de 5 c.c.

Xiringas de 10 c.c.

Xiringas de 20 c.c. Xiringas de 50 c.c.

Xiringas de gasometría.

Agullas i.v.

Agullas i.m.

Agullas de cargar.

Agullas insulina.

Catéter n.º 22.

Catéter n.º 20.

Catéter n.º 18.

Catéter n.º 16.

Tubos analíticas:

o Hemograma

o Bioquímica

o Coagulación

o Probas especiais

o Hemocultivos

Botes de ouriños.

Hisopos.

Pleurovac.

Tubos endotraqueais de todas as numeracións.

Cánulas de guedel de todas as numeracións.

Lenzaría:

o Sabas normais e desbotables

o Mantas

o Colchas

65

Page 66: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

o Camisóns

o Almofadas

Papelaría:

o Follas peticións:

R.X.

Analíticas

Interconsultas

Ingresos

Peticións especiais

o Papel para E.K.G.

o Folios

Sondas de aspiración controlada. Espéculos.

Solución antiséptica (sterillium).

Xabón antiséptico.

Panos desbotables.

Dedís desbotables para o pulsiosímetro.

Adhesivos para o electrocardiógrafo.

Cueiros.

Salva camas.

Sondas vesicais ou uretrais varias numeracións.

Bolsas de ouriños.

Lubricantes.

Vaixela desbotable.

Palliñas.

Cubertos desbotables.

Cubos negros para o material desbotable.

Lentes desbotables para protección ocular.

MEDICACION BÁSICA:

Corticoides.

Antibióticos.

Antitérmicos.

Broncodilatadores.

Fármacos antivirais.

66

Page 67: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Vacinas.

Soros:

o Fisiolóxico

o Glicosado

o Glicosalino

MATERIAL BÁSICO PARA PROTECCIÓN DO PERSOAL

Máscaras de protección de alto nivel FFP 1, FFP2, FFP3.

Máscaras cirúrxicas.

Luvas estériles todas as numeracións.

Luvas desbotables todas as numeracións.

Batas desbotables.

Gorros desbotables.

Calzas desbotables.

Xabón neutro para a limpeza dos chans e paredes.

Cubos negros para poñer na entrada dos boxes para a recollida do

material desbotable.

Solucións alcohólicas e Xabón antiséptica para a hixiene de mans.

67

Page 68: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

VII.2. EN ÁREAS DE HOSPITALIZACIÓN

ESTIMACIÓN DO MATERIAL NECESARIO PARA A ATENCIÓN DE PACIENTES CON GRIPE

NUNHA PLANTA DE HOSPITALIZACIÓN

(Segundo o tipo de material, especifícanse cifras en paciente/día ou por paciente)

CANTIDADE MATERIAL PACIENTE/DÍA PACIENTE

Respirador FP II 2

Respirador FP III 0,33

Humidificador c/ auga 2

Máscara osíxeno 1

Lentes nasais 0,5

Máscara nebulización 1

Máscara con reservorio 0,33

Protector ocular 2

Batas desbotables 3

Luvas desbotables 6/7 2 caixas

Luvas desbotables 7/8 2 caixas

Luvas desbotables 8/9 1/2 caixa

Gorros desbotables 3

Bolsas transporte de mostras 5

Bolsas impermeables p/exitus 0,25

Equipos de infusión de soro 8

Gasas estériles paquete 2

Tapóns estériles 6

Apósitos vías 2

Xiringas de 2 cc 5

Xiringas de 5 cc 6

Agullas 40x1,2 10

BIPAP 0,25

Adaptador de osixeno p/BIPAP 0,25

Tubo BIPAP 0,25

Arnés p/ BIPAP 0,25

Máscara nasal p/ BIPAP 0,25

Máscara nasobucal p/BIPAP 0,25

Material para analíticas

Xiringas gases 5

Tubo hematoloxía 5

Tubo bioquímica 5

Tubo coagulación 3

Adaptador para venojet 5

Agullas/flocos 5 Observación: cando na táboa se indican cifras con decimais, refírese a que o material se pode utilizar para máis dun paciente

68

Page 69: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Anexo VIII

Precaucións de illamento actualmente en vigor no

CHOP

69

Page 70: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Servizo de Medicina Preventiva. Folla para situar en lugar ben visible no control de enfermaría, e para uso de profesionais sanitarios

COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA

PRECAUCIÓNS ESTÁNDAR para a prevención da infección hospitalaria, (deben aplicarse CON TODOS OS PACIENTES)

HIXIENIZAR (DECONTAMINAR) AS MANS Fregado de mans cun produto de base alcohólica. É o procedemento rutineiro de hixienización de mans:o ANTES de tocar a calquera paciente (ou ao seu medio inanimado) ou de poñer luvas estériles cando se vai realizar un procedemento invasivo

(inserir un catéter intravascular Centra, inserir un catéter urinario transuretral, inserir un catéter vascular periférico...). o DESPOIS do contacto coa pel sa do paciente (p. ex.: para tomar ou pulso ou a presión arterial, levantar o paciente...); despois do contacto con

membranas mucosas, pel non intacta, apósitos de feridas, fluídos corporais ou excrementos; despois de manipular unha zona contaminada dun paciente (p. ex.: unha cura), e antes de tocar unha nova zona do corpo do paciente; despois do contacto con obxectos inanimados (incluído ou equipo médico) situados nas proximidades dun paciente; e despois de tirar as luvas.

o Como alternativa ao fregado de mans con solución alcohólica pode utilizarse o lavado de mans con auga e xabón (de arrastre ou antiséptico), non obstante a súa eficacia antiséptica do lavado é menor que a das solucións alcohólicas, e reseca máis as mans.

• Lavado de mans. Lavar as mans con auga e xabón (de arrastre ou antiséptico) é obrigatorio nas seguintes circunstancias: cando as mans estean visiblemente sucias ou contaminadas con sangue ou fluídos orgánicos, despois de ir ao WC, antes de comer, e despois da atención a un paciente con diarrea ou contaminado con Clostridium difficile. Nestas 4 situacións non se pode usar o fregado de mans con solucións alcohólicas e o lavado con auga e xabón é obrigatorio.

UTILIZAR LUVAS limpas, non estériles Cando se manipule sangue, fluídos corporais, secrecións (agás ou suor), excrecións, membranas mucosas, pel non intacta ou material contaminado. Tirar as luvas despois de usalas en cada paciente e antes de tocar material limpo ou atender a outro enfermo. Cambiar as luvas durante o coidado dun paciente cando pase dun lugar contaminado a tocar un lugar limpo do corpo do paciente. Hixienizar as mans (fregado con solución alcohólica ou lavado con auga e xabón) inmediatamente despois de tirar as luvas.USAR MÁSCARA E PROTECCIÓN OCULAR Cando se realicen técnicas ou manobras nas que exista risco de salpicadura de sangue, fluídos corporais, secrecións ou excrecións, co fin de protexer

ás mucosas dous ollos, nariz e boca. USAR BATA limpa, non estéril Para protexer a pel e ou uniforme cando exista risco de salpicadura. Cambiala o antes posible se está manchada.

NUNCA REENCAPUCHAR AS AGULLAS Utilizar contedores ríxidos para a súa eliminación.

MANIPULACIÓN DO EQUIPO OU MATERIAL O material utilizado cun paciente que estea manchado con sangue, fluídos corporais, secrecións ou excrecións, debe ser manipulado de xeito que non

contamine a pel, as mucosas, a roupa, o ambiente. Asegurarse de que non volva a ser utilizado ate que sexa correctamente limpado e procesado ou, non seu caso, desbotado como residuo.

70

Page 71: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Servizo de Medicina Preventiva. Folla para situar na porta do cuarto do paciente

COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA

PRECAUCIÓNS DE ILLAMENTO EN ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN POR CONTACTO

CUARTO INDIVIDUAL sempre que sexa posible.

• Se non é posible, só poderá compartir cuarto con outro enfermo que

presente infección polo mesmo microorganismo.

POÑER LUVAS LIMPAS ao entrar no cuarto. • Cambiar as luvas despois de tocar material que poida estar contaminado

(drenaxe, feces...). Sacar as luvas antes de saír do cuarto.

DECONTAMINAR AS MANS, ao entrar no cuarto e antes de tocar o paciente, e inmediatamente despois de tirar as luvas: fregar as mans cun Produto de Base Alcohólica (como alternativa poden lavarse con auga e un xabón antiséptico).

• Asegurarse de non tocar material nin obxectos do ámbito do enfermo, que poidan estar contaminados, despois de hixienizar ás mans após de tirar as luvas.

POÑER BATA LIMPA ao entrar na cuarto sempre que exista risco de contacto con material contaminado, ben pola actividade que se teña pensado realizar ou pola situación clínica do enfermo (diarrea, colostomía, incontinencia, drenaxe da ferida...). Sacar a bata antes de saír do cuarto.

TRASLADOS • Os desprazamentos do enfermo serán os mínimos posibles. • Ver "Normas para o Traslado de Pacientes en Illamento de Contacto".

MATERIAL EXCLUSIVO • O estetoscopio, esfingomanómetro, termómetro... serán de uso

exclusivo do enfermo. • Se o anterior non é posible, haberá que limpalo e desinfectalo (ou

esterilizalo) correctamente sempre que entre en contacto co paciente. VISITAS • Prohibidas as visitas doutros enfermos ingresados.

• Restrinxidas as visitas dos familiares.

• Antes de entrar no cuarto, deben contactar co persoal de enfermaría, quen lles explicará as precaucións que hai que ter en conta.

Ademais das medidas anteriores é fundamental aplicar tamén as "PRECAUCIÓNS ESTÁNDAR para a Prevención da Infección Hospitalaria"

71

Page 72: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Servizo de Medicina Preventiva. Folla para situar na porta do cuarto do paciente

COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA

PRECAUCIÓNS DE ILLAMENTO EN ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN POR GOTIÑAS

GOTIÑAS: partículas grandes de núcleo hídrico xeradas polo enfermo principalmente durante a tose,

espirros, ou falar e ou executar determinados procedementos (succións, broncoscopias...). CUARTO INDIVIDUAL sempre que sexa posible.

• En principio só podería compartir cuarto con outro enfermo que

presente infección polo mesmo microorganismo.

• De compartir cuarto, manter cando menos unha separación de 1 metro

respecto ao outro enfermo.

• Non son necesarias medidas especiais de ventilación nin tampouco

manter a porta permanentemente pechada. PROTECCIÓN RESPIRATORIA • Quen se achegue a menos de 1 metro do paciente (incluído ou persoal

do hospital) debe utilizar máscara cirúrxica. - Para evitar que as gotiñas emitidas polo paciente (ao falar, tusir...) poidan

chegar a impresionar na mucosa da boca/nariz o indicado é a máscara cirúrxica, e non se deben usar os EPI-R.

TRASLADOS • Os desprazamentos do enfermo fora do cuarto serán os mínimos

posibles.

• Durante o traslado tanto o paciente como o persoal que realice o

traslado deben levar posta unha máscara cirúrxica. - Non deben usar EPI-R, nin o paciente nin o persoal que realiza o

traslado.

• Ver "Normas para ou Traslado de Pacientes en Illamento por Gotiñas".

VISITAS • Prohibidas as visitas doutros enfermos ingresados

• Restrinxidas as visitas dos familiares.

• Antes de entrar no cuarto, deben contactar co persoal de enfermaría, quen lles explicará as precaucións que hai que ter en

conta.

Ademais das medidas anteriores é fundamental aplicar tamén as "PRECAUCIÓNS ESTÁNDAR para a Prevención da Infección Hospitalaria"

72

Page 73: SIMULACRO DUNHA PANDEMIA DE GRIPE E OU SEU IMPACTO … · ÍNDICE Compoñentes do grupo de traballo 5 INTRODUCIÓN 6 MATERIAL E MÉTODOS 8 I. Procedencia dos datos do simulacro e

Servizo de Medicina Preventiva. Folla para situar na porta do cuarto do paciente

COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA

PRECAUCIÓNS DE ILLAMENTO EN ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN POR AIRE

CUARTO INDIVIDUAL:

• O cuarto estará correctamente ventilado.

• Se non é posible o cuarto individual, só poderá compartir cuarto con outro enfermo que

presente infección polo mesmo microorganismo.

• O enfermo deberá permanecer dentro do cuarto e coa porta pechada.

PROTECCIÓN RESPIRATORIA CON EPI-R

• O persoal que entre no cuarto dun paciente con tuberculose (TB) pulmonar ou larínxea,

debe usar un EQUIPO DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL RESPIRATORIA (EPI-R,

tamén chamados respiradores), pois as máscaras cirúrxicas tradicionais non protexen

axeitadamente contra a TB.

• O persoal que entre no cuarto dun paciente con varicela ou xarampón idoneamente debe

estar inmunizado (por ter pasado a enfermidade ou estar vacinado) e, neste caso, non

precisa protección respiratoria. As persoas susceptibles á varíola, debe usar EPI-R.

• O tipo de EPI-R que se vai utilizar debe ser consultado na táboa correspondente.

DESPRAZAMENTOS DO ENFERMO

• Os traslados do paciente serán os mínimos posibles.

• Durante o transporte:

- O paciente deberá levar posta unha máscara cirúrxica.

- O persoal deberá levar un respirador (EPI-R)

• VER: "Normas para o Traslado de Pacientes en Illamento Aéreo"

VISITAS

• Prohibidas as visitas doutros enfermos ingresados

• Restrinxidas as visitas dos familiares.

• Antes de entrar no cuarto, deben contactar co persoal de enfermaría, quen lles

explicará as precaucións que hai que ter en conta

• Ademais das medidas anteriores é fundamental aplicar tamén as "PRECAUCIÓNS ESTÁNDAR

para a Prevención da Infección Hospitalaria

Ademais das medidas anteriores é fundamental aplicar tamén as "PRECAUCIÓNS ESTÁNDAR para a Prevención da Infección Hospitalaria

73