DICCIONARIO GALEGO TERMOS MÉDICOSde Medicina e Cirurxía de Galicia, cumprindo cun dos seus...

870

Transcript of DICCIONARIO GALEGO TERMOS MÉDICOSde Medicina e Cirurxía de Galicia, cumprindo cun dos seus...

  • DICCIONARIO GALEGODE

    TERMOS MÉDICOS

    REAL ACADEMIA DE MEDICINA E CIRURXÍADE GALICIA

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

    Santiago de Compostela, 2002

  • DIRECTORES:Dr. D. Francisco Reyes OliverosD. Constantino García González

    REDACTORES:Dr. D. Juan Fernández GarridoDr. D. Manuel Ferreirós Sánchez GuisandeDra. Dna. Raquel Vaquero Rodrigo

    COLABORADORES NA REDACCIÓN:Dr. D. Fernando Jiménez HerreroDr. D. José Luis Puente DomínguezDr. D. Manuel Pereiro MíguensDr. D. Agustín Sixto SecoDr. D. Elías Tovar Martín

    REVISIÓN LINGÜÍSTICA:Seminario de Lexicografía da RAG: Xesús Domínguez Dono, Ana I. Fachal Fraguela, M.Carme Pazos Balado, Manuela Pérez Rodríguez e Isolina Salgado Basoa.

    COLABORADORA NA REVISIÓN:Dna. Isabel González Fernández

    ISBN: 84-453-3371-2

    DEP. LEGAL: C. 1.535/02

    IMPRESIÓN E MAQUETACIÓN:

    Vía Marconi, 2CPolígono Industrial do Tambre15890 SANTIAGO DE COMPOSTELA

  • A configuración dunha sociedade, calquera que sexa, amosa sempre desniveis, desequilibrios entre as partes ousectores integrantes. Esta é unha situación xa secular, de sempre, na que o corpo social posúe unhas partes fortes e outrasfebles; uns grupos poderosos e de prestixio e outros de menor entidade e significación. Todos son necesarios e interde-pendentes, pero o seu peso, a súa influencia sobre o conxunto é ben distinta.

    Esta heteroxeneidade social á que fixen referencia está en relación directa coas particulares respostas dos distintosnúcleos sociais ante feitos culturais ou institucións comunitarias como son as linguas. Quero dicir, con estas observa-cións, que o emprego da lingua galega e mesmo a actitude e valoración da sociedade galega fronte a ese instrumento decomunicación que constitúe unha herdanza de séculos, é unha mestura de aceptacións e rexeitamentos.

    E todo isto conclúe afortunadamente no fenómeno ó que estamos a asistir nestas dúas ou tres últimas décadas; istoé, a aceptación e emprego – sen reticencias nin complexos – da lingua galega por sectores profesionais da alta xerarquíacomo é o caso da chamada clase médica.

    Naturalmente o labor de médico pasa tamén pola mellor e máis perfecta comunicación cos seus pacientes e, paraiso, é imprescindible que os profesionais teñan unha ferramenta idónea que poña na nosa lingua xa non só os termos dogrego e do latín característicos da Medicina como saber humanístico e científico, senón tamén os máis recentementeneoloxismos procedentes do ámbito das novas tecnoloxías que xa teñen revelado a súa extraordinaria utilidade na cura-ción de graves doenzas.

    E velaquí, neste Diccionario galego de termos médicos, un espléndido instrumento, unha afinada ferramenta queenriquece o caudal léxico do galego e faino con rigor e precisión. E, así mesmo, unha obra que fai máis familiares ecotiáns, máis directamente intelixibles e máis nosos, moitos termos escuros e alleos que, dende agora, poderemosempregar e empregar ben, sen vacilacións.

    Non teño dúbida ningunha de que esta obra, froito madurecido dun esforzo que eu, como galego, agradezo, cons-titúe un moi valioso adianto na nosa lexicografía e redundará en beneficio da instalación do noso idioma nun decisivoámbito da nosa sociedade. A miña gratitude ó grupo que asumiu a responsabilidade deste labor e os meus parabéns poloespléndido do seu resultado. A Medicina é, dende agora, un pouco máis galega e está, así, un pouco máis preto de todosnós

    MANUEL FRAGA IRIBARNEPresidente da Xunta de Galicia

  • Nunha entrevista, confesaba Ánxel Fole que, para el, as dúas cousas máis importantes que tiña Galicia eran a cate-dral de Santiago e a lingua galega. Non falarei agora da catedral de Santiago e tampouco vou disentir do gran escritorlugués no que á grandeza da nosa lingua se refire, grandeza outorgada polo pobo galego que ó longo dos séculos e nasmáis adversas circunstancias preservouna nun recuncho da terra, na súa intimidade, no recolleito ámbito das cotiás rela-cións familiares como un prezado tesouro.

    Por fortuna, dende tempo atrás esas circunstancias mudaron e hoxe a situación é ben diferente, aínda que, comoacontece con tantas outras cousas, non chova a gusto de todos. E unha mostra máis do distinto da situación é a aparicióndunha obra coma este Diccionario galego de termos médicos que, situada no terreo da nosa lexicografía, representa acontinuidade, e, ó mesmo tempo, a ampliación dunha liña de traballos aplicados a sectores socioprofesionais e científico--culturais como a xurisprudencia, a bioloxía, as artes, a construcción, a administración e outros. Introducido con norma-lidade nos medios de comunicación, no ensino, na administración autónoma e municipal e no ámbito parlamentario, ogalego está a ter acceso a esferas profesionais de prestixio, ás que agora sumamos a Medicina, percorrida, estudiada erepresentada na súa particular terminoloxía neste Diccionario do que hai tempo tiñamos auténtica necesidade.

    Os meus sinceros parabéns a todos e cada un dos integrantes do equipo que elaborou estas páxinas tan cheas deinformación de primeira man, tan coidadosamente redactadas, tan claras e precisas nas definicións, tan ilustrativas daaxeitada síntese do rigor filolóxico e o saber médico. Esta obra, pioneira no seu específico campo e por iso máis meri-toria aínda, é un exemplo a seguir para alcanza-la plena e total expansión da nosa lingua en tódolos niveis e sectores danosa sociedade. A Medicina deu xa o paso que tiña que dar. Noraboa por facelo e enriquecer así a nosa competencialingüística nun terreo de tan difícil acceso e, doutra banda, de tan imprescindible coñecemento como é a Medicina.

    CELSO CURRÁS FERNÁNDEZConselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

  • O ser humano diferénciase fundamentalmente do resto do mundo animal por posuí-lo don da linguaxe, mediante oque se comunica cos seus semellantes. A palabra é, xa que logo, a característica primordial do home mesmo, sendo a súaaprendizaxe basicamente materna, aínda que posteriormente se fai pluralista.

    A linguaxe caracteriza os pobos e forma parte das súas raíces ancestrais, así como do seu modo de ser e do compor-tamento de cada un, é como o selo que contribúe á súa personalidade e orgullo, non só coma un modo de expresión senóncomo pobo mesmo.

    En consecuencia, é moi importante coñecer a fondo a linguaxe propia, a interpretación e coñecemento de cada undos seus vocábulos, da súa gramática e da súa fonética adquirindo a base necesaria para chegar á literatura, alma do poboó que pertence, sendo motivo non só de pracer intelectual senón tamén de orgullo das súas raíces.

    Con tal fin e considerando a importancia da linguaxe médica e o coñecemento dos seus vocábulos, a Real Academiade Medicina e Cirurxía de Galicia, cumprindo cun dos seus deberes, consistente en confeccionar un Diccionario Tecno-lóxico de Medicina, con tódolos datos que poida reunir, acordou por unanimidade, en Sesión Plenaria, a realización dunDICCIONARIO GALEGO DE TERMOS MÉDICOS; que coa axuda da Consellería de Educación e Ordenación Univer-sitaria e a colaboración do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega, logrou realizar.

    Somos conscientes de que nesta primeira edición se notará a falta de numerosos vocábulos, a pesar de que se trans-cribiron máis de 20.000; haberá defectos nas definicións dalgúns, así como a obrigada transcrición literal de determi-nados vocábulos, recoñecendo neste caso o mérito do autor que logrou definilo por primeira vez.

    Non se tratou de ofrecer un Diccionario de Termos Médicos no que teñan entrada todas e cada unha das especiali-dades médicas do momento actual, isto corresponderíalle a outro tipo de diccionario; tampouco de recoller unha granvariedade de vocábulos populares referentes á saúde e empregados coloquialmente polos non sanitarios, polo cal só sereflicten aqueles máis comúns e cun sentido máis próximo ó médico e a outros profesionais da sanidade.

    Trátase en definitiva dun texto xeral dos termos máis usualmente utilizados no contexto sanitario e sobre todo quesirva de estímulo para empregar con maior asiduidade a linguaxe terminolóxica médica galega entre os profesionais e ospacientes.

    AGRADECEMENTOS:

    A tódolos médicos que coa súa valiosa contribución fixeron posible a realización do diccionario.

    De modo especial a: Dra. Raquel Vaquero, Dr. Juan Fernández Garrido e Dr. Manuel Ferreirós Sánchez Guisande;pola súa intensa dedicación e paciencia na inmensa tarefa de busca e definición dos vocábulos, sendo clave o seu traballopara a consecución da obra.

    Á profesora Dra. Isabel González Fernández, que coa achega da súa experiencia no desenvolvemento de diversosdiccionarios, os seus profundos coñecementos da lingua galega e a súa especial dedicación ó Diccionario Galego deTermos Médicos, foi decisiva para a súa finalización.

    Ó grupo de filólogos que colaboran habitualmente nas tarefas do Seminario de Lexicografía da RAG, constituídopor:

    Xesús Domínguez Dono, Ana Fachal Fraguela, Manuela Pérez Rodríguez e Isolina Salgado Basoa e coordinadospor Mª do Carme Pazos, por todo o esforzo, dedicación e paciencia, en revisar, corrixir e ordenar unha e mil veces asmáis de 20.000 entradas que lles chegaron con numerosas imperfeccións, que souberon emendar, así como aconsellar atódolos que colaboraron neste cometido do diccionario.

    Finalmente, a tódolos Ilmos. Sres. Académicos que, coa súa achega persoal, dignificaron a posta a punto desteprimeiro Diccionario Galego de Termos Médicos.

    A Coruña, 18 de decembro de 2001

    PROF. DR. FRANCISCO REYES OLIVEROSPresidente

  • Hai dous mil anos ¿que lingua se falaba nos castros galegos? Non témo-la menor idea da lingua que falaban osgalegos desa época. O que si está claro é que coa chegada do mundo romano a Galicia os residentes desta rexión apren-deron latín, lingua que tamén os habitantes das outras rexións da Península Ibérica aprenderon igualmente.

    Pero co paso do tempo cada unha das rexións da Península Ibérica foi formando a propia fala. No século XIII,podemos afirmar que a lingua galega é unha lingua normal de comunicación en tódolos actos da vida de tódolos cida-dáns desta rexión e precisamente nesa época o galego convértese na lingua normal das obras literarias e moi especial-mente na lingua dos trobadores. O galego nesa época é unha das linguas literarias máis importantes, algo moi semellanteó que ocorreu en Francia co provenzal.

    A fins da Idade Media o castelán vai impoñéndose na maior parte da Península. En Galicia son os castelán-falantesos que ocupan os cargos políticos, eclesiásticos, de xustiza, etc., pero os falantes normais seguen conservando a súapropia lingua.

    Sen embargo desde mediados do século XIX comeza a ser usada a lingua galega de novo no mundo literario emesmo no mundo dos políticos. Tralos anos do franquismo volve o galego a se-la lingua normal de Galicia a tódolosniveis: na vida normal, no ensino, nas relacións intelectuais, no mundo teatral, nos escritos, etc., etc. No Estatuto deGalicia de 1981 determínase exactamente que a lingua propia de Galicia é o galego, pero que tanto o galego coma ocastelán poderían ser usados en Galicia en tódolos plans de vida pública, cultural ou informativa.

    O triunfo do galego vai confirmándose pouco a pouco nos últimos anos. Hai ámbitos da vida política, como o Parla-mento ou as publicacións oficiais da Xunta, onde a situación do galego como lingua oficial está firme. Pero en determi-nados medios de comunicación, na administración local e sobre todo na de xustiza e na eclesiástica vai impóndose poucoa pouco o galego. Sen embargo nos medios educativos é onde parece que a lingua galega está por riba da castelá.

    Naturalmente no mundo da medicina hai que dicir que bastantes falantes intentan expresa-los seus problemasmédicos a través da súa propia lingua, pero son moitos os aspectos da vida médica ou curativa que se descoñecen comple-tamente.

    Loxicamente é necesario ter bo coñecemento da lingua dos falantes galegos e especialmente é moi conveniente quecoñezamos e practiquémo-la lingua médica non só dos falantes, senón tamén do campo da medicina. O persoal demédicos, practicantes, e demais xentes que teñan relación coa medicina deben intentar familiarizarse con esta lingua ecoñecer moi ben tódolos seus aspectos para poder intercomunicarse.

    Por iso quero manifestar con todo o meu afecto a felicitación a tódolos autores desta marabillosa obra “Diccionariogalego de termos médicos” que é o primeiro intento portentoso e asombroso de divulgar na nosa lingua todo ese aspectodo mundo sanitario, da terminoloxía médica, da mellor comprensión entre médicos e enfermos, etc.

    Así pois, quero manifesta-la miña propia satisfacción de que vivín e vin o esforzo, o sacrificio, o traballo que nece-sitaron os realizadores desta magnífica obra.

    CONSTANTINO GARCÍA

  • ACADÉMICOS NUMERARIOS POR ORDE DE ANTIGÜIDADE DA REALACADEMIA DE MEDICINA E CIRURXÍA DE GALICIA

    Dr. D. Elías Tovar MartínDr. D. Benito Regueiro VarelaDr. D. Fernando Jiménez HerreroDr. D. Domingo García SabellDr. D. Ramón Varela NúñezDr. D. Ovidio Vidal RíosDr. D. José A. Pajarrón UlloaDr. D. Jaime Quintanilla Ulla.Dr. D. José Luis Puente DomínguezDr. D. Francisco Reyes OliverosDr. D. Manuel Sánchez SalorioDr. D. Manuel Moreno de OrbeDr. D. José Peña GuitiánDr. D. Federico Martinón SánchezDr. D. Odón-Luis Abad FloresDr. D. José Luis Nogueira MarchDr. D. Manuel Noya GarcíaDr. D. Jerónimo Forteza VilaDr. D. Ramón Domínguez SánchezDr. D. Ángel Belmonte VicenteDr. D. José Miñones TrilloDr. D. Manuel Pereiro MíguensDr. D. Alfonso Varela NúñezDr. D. José Carro OteroDr. D. Francisco Javier Jorge BarreiroDr. D. José Luis Vázquez IglesiasDr. D. Juan Jesús Gestal OteroDr. D. Torcuato Labella CaballeroDra. Dna. Alicia Ansede MartínezDr. D. Jorge Teijeiro VidalDr. D. Luis Rodríguez MíguezDr. D. Joaquín Potel LexquereuxDr. D. Juan Varela DuránDr. D. Miguel Gil de la PeñaDr. D. Antonio Rodríguez LópezDr. D. Benito José Regueiro GarcíaDr. D. José Couceiro FollenteDr. D. Pablo Díez BañosDr. D. Benigno Fausto Galdo Fernández

  • LISTA DE ABREVIATURAS

    adx. (adxectivo)

    fig. (figurado)

    gr. (grego)

    lat. (latín)

    loc. (locución)

    s. (substantivo)

    s.f. (substantivo feminino)

    s.m.(substantivo masculino)

    s.f.pl.(substantivo feminino plural)

    s.m.pl.(substantivo masculino plural)

    v. (verbo)

    V. (véxase)

  • GUÍA DE USO

    As entradas van destacadas en letra grosa, seguidas da abreviatura, en cursiva, que indica a súa categoría grama-tical, e a continuación a definición. Cando a entrada ten distintas acepcións aparecen diferenciadas por un número:

    ebulición s.f. 1. Fenómeno físico que acompaña o paso de estado líquido a estado de vapor, cando este paso ocorre nonsó na superficie do líquido, senón tamén no seu interior, o que produce a formación de burbullas de vapor no seuseo. 2. Estado dun líquido que ferve.

    indixesto -a adx. 1. Difícil de dixerir ou que orixina indixestión. 2. Que foi inxerido e non dixerido.

    Inclúense como entradas os prefixos e sufixos cultos que entran na formación de palabras propias deste campo:

    xin-, xine- ou xineco- Prefixo do grego, muller.

    -patía Sufixo do grego, enfermidade.

    As entradas correspondentes a palabras que non se consideran correctas van precedidas por un asterisco e remitená forma normativa:

    *alferesía s.f. V. alferecía.

    *sabañón s.m. V. frieira.

    Se unha mesma entrada ten máis dunha categoría gramatical sepáranse no artigo mediante unha dobre barra (//):

    dacrioagogo-a adx. 1. Que provoca a segregación de bágoas. 2. Que serve como conducto para as bágoas. // s.m. 3.Axente ou substancia que estimula a glándula lacrimal e produce choradeira. 4. Nome en desuso do canalículolacrimal.

    Algunhas entradas forman parte de expresións complexas. Neses casos, aparecen ó final do artigo, diferenciadasdo corpo das acepcións por unha dobre barra (//), ordenadas alfabeticamente e separadas entre si por unha barra (/):

    sacarímetro s.m. Instrumento que determina a cantidade de azucre presente nunha solución. Pode ser de dous tipos: pola-rímetro ou aerómetro. // S. de fermentación Sacarímetro con aspecto de tubo graduado, en forma de cóbado, epechado nun extremo, que determina a cantidade de azucre polo volume de gas que se acumula en tal extremo.Emprégase tamén para determina-la cantidade de azucre na urina. / S. de Lohnstein Aparello empregado pararealiza-la reacción de fermentación cuantitativa do azucre urinario.

    Hai un número considerable de entradas que remiten a outras. Isto indícase con V. (véxase) e a continuación aentrada onde podemos atopa-lo significado da palabra ou expresión pertinente:

    faciana s.f. V. face.

    Fabry, enfermidade de V. enfermidade.

    laña s.f. 1. Greta na pel, nas mucosas ou nos labios, especialmente a causa do frío. 2. V. grampa.

  • Os equivalentes que poida ter unha palabra ou expresión indícanse despois da definición, introducidos polafórmula ‘Tamén se di’:

    iliopectíneo -a adx. Pertencente ou relativo ó ilio e á pube. Tamén se di iliopubiano.

    sen s.f. Rexión lateral da cabeza, ós lados da fronte, situada sobre o arco cigomático. Tamén se di tempa.

    Os termos gregos e latinos, as voces estranxeiras ou as denominacións dos xéneros animais e vexetais aparecenen cursiva:

    hallux s.m. Dedo polgar do pé. // H. malleus Dedo gordo do pé deformado en forma de martelo, que aparece nalgunhasenfermidades reumáticas. / H. valgus Desviación do dedo polgar do pé cara ás demais dedas, ás que cruza porencima ou por debaixo. / H. varus Separación do dedo polgar do pé das demais dedas.

    ECHO s.m. Sigla correspondente a Enteric Citopatic Human Orphan, virus da familia dos Picornaviridae, xénero Ente-rovirus, axente responsable dalgunhas variedades da meninxite, procesos febrís, arrefriado común, etc.

    Haemodipsus Xénero de piollos, dos que a especie H. ventricosus (piollo do coello) pode ser un axente transmisor daPasteurella tularensis, microorganismo productor da tularemia.

    Indiella Xénero ó que pertencen algunhas especies de fungos, como Indiella mansoni ou Indiella brumpti, causantes dopé de Madura.

    XVIII

  • AA. Abreviatura de ampere.a. Abreviatura de arteria.a-, an- Prefixo que significa “sen” ou “non”.Å. Abreviatura de unidade Angstrom.aa Abreviatura empregada nas receitas que significa “de

    cada un”.

    abafar v. Facer difícil a respiración ou impedila.abasia s.f. Imposibilidade de camiñar.abásico-a adx. Relativo á abasia.abatemento s.m. Prostración física ou moral dunha

    persoa.

    abater v. Perde-lo ánimo, as forzas.abaxial adx. Situado fóra do eixe do corpo, dunha parte

    ou órgano.

    abdome s.m. Parte do corpo do home e dalgúns animaisque está a continuación do tórax, separada da cavidadetorácica polo diafragma e tapizada por unha membranaserosa, o peritoneo. Contén a maior parte das vísceras dosaparellos dixestivo e xenitourinario. // A. agudo. Dorabdominal de inicio súbito, por causa da inflamación,perforación, obstrucción, infarto ou rotura dos órganosintrabdominais e que require intervención cirúrxica.

    abdominal adx. Relativo ó abdome.abdominocentese s.f. Punción (paracentese da cavi-

    dade) abdominal.

    abdominoscopia s.f. Exame do abdome e das súasvísceras mediante endoscopia.

    abducción s.f. Acción de conducir cara a fóra ou deseparar da liña media.

    abducir v. Afastar do plano medio do corpo ou do eixedun membro.

    abductor-a adx. 1. Que abduce. // 2. s.m. Músculo querealiza a abducción.

    aberración s.f. Desviación da situación normal. // A.cromosómica. Irregularidade do número ou constitucióndos cromosomas que altera o material xenético do

    embrión. / A. mental. Estado mental patolóxico sen alte-racións da intelixencia que non chega a constituír unhatolemia.

    abertura s.f. Porta ou acceso.ablación s.f. Separación ou desprendemento dunha parte

    do corpo de forma cirúrxica ou coma resultado de enfer-midade.

    ablefaria s.f. Ausencia total ou parcial de pálpebras,conxénita ou adquirida. Tamén se di abléfaron.

    abléfaron s.m. Ablefaria.ablepsia s.f. Falta ou perda da vista, cegueira.ablución s.f. Operación que consiste en separar dun corpo

    os materiais estraños mediante lavado.

    abocamento s.m. Anastomose, implantación cirúrxicadun conducto noutro, ou nunha cavidade da súa mesmanatureza ou non.

    aboclusión s.f. Falta de contacto entre os dentes supe-riores e inferiores.

    abordaxe s.f. En cirurxía, vía ou maneira de achegarse aalgún órgano ou víscera.

    abortar v. Expulsar un feto antes do tempo normal dexestación, sen que poida sobrevivir.

    abortivo-a adx. 1. Que se desenvolve en forma incom-pleta. 2. Da substancia ou procedemento que produce unaborto.

    aborto s.m. Feito de interrompe-lo embarazo, por causasnaturais ou provocadas, expulsando o feto antes do temponormal de xestación.

    abraquia s.f. Ausencia conxénita de brazos.abraquiocefalia s.f. Ausencia conxénita de brazos e

    cabeza. Tamén se di acefalobraquia.

    abrasión s.f. Desgaste dunha substancia ou estructura,como a pel ou os dentes, mediante un proceso mecánicoanormal ou pouco común

    abrasivo-a adx. Que causa abrasión.

  • abrazadeira s.f. Aparello ortopédico usado para soster,aliñar ou manter partes do corpo en posición correcta.

    abrebocas s.m. Instrumento cirúrxico para mante-la bocaaberta.

    abruptio (lat.) Esgazadura en anacos. // A. placentae.Desprendemento prematuro da placenta.

    absceso s.m. Acumulación localizada de pus nunha cavi-dade formada pola dexeneración dos tecidos infectados.// A. anorrectal. Acumulación localizada de pus notecido graxo preto do ano. / A. apendicular. Resulta daperforación do apéndice con inflamación aguda. / A.cerebral. Extensión ó cerebro dunha infección dunhaárea próxima (como a otite media) ou por infecciónhematóxena. / A. escrofuloso ou estrumoso. Absceso deorixe tuberculosa. / A. frío. Absceso de evolución lenta,con poucos signos de inflamación. / A. gasoso. Acumu-lación localizada de material seropurulento que conténaire, orixinado por bacterias que producen gas, comoClostridium Perfringens. / A. primario. O que se formano foco da infección.

    absoluto-a adx. 1. Sen límites, libre, non combinado. 2.Sen condicións, sen ningún tipo de restricción ou reserva.// Dieta absoluta. Restricción total de alimentos.

    absorbencia s.f. En radioloxía, medida da capacidadedun medio para absorber radiación.

    absorber v. Admitir ou asimilar substancias en ou através dos tecidos.

    absorción s.f. Introducción de substancias ó interior dostecidos ou a través deles.

    absterxer v. Purificar, desinfectar.abulia s.f. Perda ou diminución da vontade ou enerxía

    para emprender algunha cousa ou para se mover.

    abúlico-a adx. Que sofre abulia, que non ten vontade.abuso s.m. Uso esaxerado dalgunha cousa, que pode

    chegar a modifica-las funcións orgánicas, como o abusoda cafeína, do alcohol, do tabaco.

    acalasia s.f. Incapacidade para relaxa-las fibras domúsculo liso do aparello gastrointestinal, en calquerasitio de unión dunha parte con outra, en especial na unióngastroesofáxica. // A. do cardia. Cardiospasmo. / A. doesfínter anal. Enfermidade de Hirschprung. / A. esofá-xica. Dilatación e hipertrofia dun anaco de esófago,megaesófago.

    acalculia s.f. Incapacidade para facer cálculos matemá-ticos sinxelos, forma de afasia que se observa nas lesiónsdo lobo parietal.

    acalorado-a adx. Sufocado, cheo de calor.acaloramento s.m. Acto ou efecto de acalorar ou acalo-

    rarse, ardor, excitación

    acalorar v. Sentir calor e cansazo a causa dun esforzo.acampsia s.f. Rixidez dun membro, anquilose.

    acanalado-a adx. Que mostra sucos, estriado.acanaladura s.f. Operación que consiste en facer unha

    extirpación en forma de canle no óso

    acanear v. Moverse os dentes.acanthia lectularia s.f. Chincha.acanto s.f. Columna vertebral.acantocito s.m. Glóbulo vermello deformado que parece

    ter espiñas.

    acantocitose s.f. Presencia de acantocitos no sangue, porausencia conxénita de lipoproteínas

    acantodoncia s.f. Forma espiñosa dos dentes.acantoide adx. Semellante a unha espiña, espiñosoacantólise s.f. Desprendemento das células do corpo

    mucoso de Malpighi. Tamén se di acantose, anacantose.// A. ampolar. Epidermólise.

    acantoma s.m. Tumor da capa mucosa de Malpighi dapel, cancro cutáneo.

    acantoqueratoderma s.f. Hipertrofia da capa córnea dapel, especialmente das mans e dos pés.

    acantose s.f. Lesión histolóxica da epiderme que presentahipertrofia do corpo mucoso de Malpighi. // A. nigricans.Pigmentación xeral e anormal da pel con tumores papi-lares.

    acapnia s.f. Diminución da cantidade de ácido carbónicono sangue.

    acarbia s.f. Diminución de carbonatos no sangue.acardia s.f. Falta conxénita de corazón.acardíaco-a adx. Que non ten corazón.acaríase s.f. Sarna, enfermidade contaxiosa da pel produ-

    cida por un parasito.

    acaricida adx. Axente que destrúe acáridos.acárido s.m. Parasito da pel do home e dos animais, da

    orde dos arácnidos.

    acario-a adx. Sen núcleo.acariocito s.m. Célula sen núcleo coma o glóbulo

    vermello.

    ácaro s.m. Acárido.acarodermatite s.m. Inflamación da pel producida por

    acáridos.

    acarofobia s.f. Medo patolóxico a padecer sarna. Taménse di acaromanía.

    acaromanía s.f. Acarofobia.acarotóxico-a adx. Acaricidaacartonado –a adx. Que ten o aspecto do cartón por estar

    seco e delgado, característico de persoas de moita idade.

    acatalasia s.f. Falta ou diminución do enzima catalaseacatalepsia s.f. Falta de comprensión, deficiencia mental.

    abrazadeira 2

  • acatama s.f. Forma de neurite periférica que se observaprincipalmente en África occidental.

    acatamatesia s.f. Perda ou trastorno na facultade decomprende-la linguaxe debido a unha lesión central.

    acatarrado-a adx. Que ten catarro.acatarrarse v. Contrae-lo catarro, constiparse. acatarsia s.f. Impureza, falta de limpeza, sucidade.acatexia s.f. Imposibilidade de rete-los excrementos,

    incontinencia.

    acatisia s.f. Dificultade para manterse quedo, obsérvaseprincipalmente en enfermos de Párkinson.

    acceso s.m. Ataque, conxunto de síntomas que cesan evolven a intervalos máis ou menos distantes.

    accesorio-a adx. Relativo a glándulas, músculos ounervios auxiliares ou suplementarios doutro órgano,xeralmente máis importante.

    accidental adx. Producido por accidente.accidentalismo s.m. Teoría que considera tódalas enfer-

    midades como simples fenómenos exteriores, sen orixeno organismo, e atende soamente os síntomas sen ter enconta a etioloxía nin a patoxenia.

    accidente s.m. Fenómeno ou feito traumático ou patoló-xico espontáneo que aparece na persoa sa ou no cursodunha enfermidade. // A. cerebrovascular. ACV, ictus,termo que se aplica ás sindromes clínicas que acompañanás lesións isquémicas ou hemorráxicas. / A. de traballo.Suceso imprevisto no acto ou con motivo do traballo, eque causa unha lesión temporal ou permanente. / A. detráfico. Accidente por causa da circulación urbana ou porestrada.

    acción s.f. 1. Feito de levar a cabo algo. 2. Modo derealiza-las funcións vitais. // A. acumulativa. A dunhadroga que se amosa despois da administración dalgunhasdoses aparentemente inactivas. / A. específica. A dunhadroga sobre un axente patóxeno determinado. / A.muscarínica. Acción parasimpaticomimética. / A.reflexa. Movementos involuntarios dunha parte docorpo. / A. termoxénica. A dun alimento ou droga óaumenta-la producción de calor.

    accípiter s.m. Vendaxe facial con apéndices, semellanteás garras das aves de rapina.

    accretio (lat.) Adherencia anormal de partes que normal-mente están separadas.

    acecolina s.f. Clorhidrato de acetilcolina.acedar v. Tornar ácido. acedía s.f. Acedume.acedia s.f. Desorde mental caracterizada indistintamente

    por apatía ou melancolía.

    acedo-a adx. Que ten o sabor ácido do limón ou dovinagre.

    acedume s.m. Acidez, cantidade de ácido que ten unhacousa.

    acéfalo-a adx. Que non ten cabeza.acefalobraquia s.f. Ausencia conxénita da cabeza e dos

    brazos. Tamén se di abraquiocefalia.

    acefalocardia s.f. Ausencia conxénita da cabeza e docorazón.

    acefalocisto s.m. Quiste estéril.acefalogastria s.f. Ausencia conxénita de cabeza, tórax e

    parte superior do abdome.

    acefalopodia s.f. Ausencia conxénita de cabeza e de pés.acefaloquiria s.f. Ausencia conxénita de cabeza e de

    mans.

    acefalorraquia s.f. Ausencia conxénita de cabeza e decolumna vertebral.

    acefalostomía s.f. Ausencia conxénita de cabeza epresencia dunha especie de boca na parte superior docolo ou do tórax.

    acefalotoracia s.f. Ausencia conxénita de cabeza e detórax

    aceite s.m. Substancia extraída da oliva, doutros vexetaise mesmo de animais. // A. alcanforado. Solución dealcanfor en aceite de oliva. / A. animal de Dippel. Aceiteproducido pola destilación de ósos, cornos e outras subs-tancias animais. / A. cocido. Aceite de liñaza exposto aunha temperatura de 120º ou máis. / A. de algodón. Oque se obtén das sementes do algodón. / A. de asfalto. Oque se obtén da destilación do asfalto. / A. de fígado debacallao. Obtense do fígado deste animal, aumenta onúmero de glóbulos vermellos do sangue e o peso docorpo. / A. de Bamber. Mestura empregada contra osmosquitos. / A. de bancul. Purgante suave. / A. deCarron. Líquido composto a partes iguais de aceite deliño e auga de cal, empregado nas queimaduras. / A. dedurmideiras. O que se obtén espremendo as sementes doPapaver Somniferum./ A. de Gabian. Petróleo. / A. deNeisser. Contén mercurio, empregouse en inxeccióncontra a sífilis. / A. de rícino. Estimula os movementosintestinais, producindo unha evacuación ás catro ou cincohoras. / A. de Saturno. Contén chumbo en disolución. /A. de vitriolo. Ácido sulfúrico. / A. esencial. Aceitevolátil. / A. fixo. Aceite graxo. / A. mineral. Petróleo. /A. iodado. Contén un 40-50% de iodo, emprégase paraexploracións radiolóxicas.

    acelerador s.m. Substancia que aumenta a velocidadedunha reacción química.

    acelerina s.f. Pseudoglobulina que intervén no meca-nismo de coagulación do sangue, da que hoxe non seacepta a súa existencia.

    acelmado-a adx. Doce, substancioso.acelmar v. Pór unha cousa doce e saborosa.acelme s.m. Calidade do que é doce, dozura.

    3 acelme

  • acelomado-a adx. Que carece de celoma ou de cavidadeorgánica.

    acelular adx. Que non contén células.acender v. Estimular, excitar.acendido-a adx. Que se lle subiron as cores á caraaceno s.m. Sinal, síntoma.acéntrico-a adx. Que non é central ou que non está loca-

    lizado no centro.

    acentuación s.f. Aumento dos ruídos respiratorios ecardíacos.

    acentuador s.m. Substancia que aumenta a acción duncolorante.

    acephalus s.m. Acéfalo.aceptor s.m. Composto que toma un grupo químico

    doutro composto ó unirse con el, especificamente, subs-tancia que absorbe o hidróxeno ou osíxeno activoformado nos procesos de oxidación e reducción dostecidos.

    aceratose s.f. Deficiencia do tecido córneo.acerbar v. Angustiar.acerbo-a adx. Acedo, áspero, coma o sabor das froitas

    verdes.

    acérvulo s.m. Conxunto de pequenos grans do plexocoroideo e da glándula pineal, conteñen carbonatos efosfatos.

    aceso-a adx. Que se acendeu, inflamado.acesódino-a adx. Que alivia ou cura a dor, anódinoacestoma s.m. Masa de granulacións que formará a cica-

    triz.

    acetábulo s.m. Cavidade na superficie externa dos ósoscoxais na que se articula a cabeza do fémur.

    acetaminofén s.m. Substancia que se emprega comoantitérmico e analxésico, non é antiinflamatorio.

    acetanilida s.f. Substancia tóxica con acción analxésica eantipirética, antifebrina.

    acetato s.m. Sal de ácido acético.acetazolamida s.f. Sulfonamida sintética que inhibe a

    anhidrase carbónica.

    acético-a adx. Pertencente ou relativo ó vinagreacetificación s.f. Producción de vinagre por fermenta-

    ción acética.

    acetilación s.f. Introducción dun grupo acetilo nunhamolécula orgánica.

    acetilamidobenzol s.m. Acetanilida.acetilamidofenol s.m. Fenacetina.acetilarsinato s.m. Arsacetina.acetilaxotil s.m. Arsacetina.

    acetilbetametilcolina s.f. Composto de colina de efectovasodilatador e estimulante do tubo dixestivo.

    acetilcisteína s.f. Fármaco empregado como mucolítico.acetilcoenzima A s.m. Producto da condensación do

    coenzima A e do ácido acético, clave no metabolismo dosprincipios inmediatos, e paso obrigado para a entrada nociclo do ácido tricarboxílico (ciclo de Krebs), e que servecomo precursor para a síntese dos ácidos graxos e dosesteroides.

    acetilcolina s.f. Producto resultante da acetilación dacolina co acetilcoenzima A, é o transmisor nervioso nosistema nervioso parasimpático, nos ganglios vexetativose na placa motora do músculo, e tamén noutras áreas dosistema nervioso central.

    acetilcolinesterase s.f. Enzima que volve inactiva aacetilcolina.

    acetilfenetidina s.f. Fenacetina.acetilfenhidracina s.f. Pirodina.acetilfosfatase s.f. Enzima que cataliza a descomposi-

    ción do acetilfosfato en ácido acético e ácido fosfórico.

    acetilo s.m. Radical CH3CO do ácido acético.acetilsalicílico, ácido s.m. Analxésico contra a dor de

    leve a moderada intensidade, antitérmico, antirreumáticoe antiagregante plaquetario.

    acetilsulfadiacina s.f. Forma na que a sulfadiacina éexcretada pola urina.

    acetilsulfaguanidina s.f. Forma na que se excreta asulfaguanidina na urina, en placas cristalinas.

    acetilsulfonamida s.f. Sulfonamida pouco soluble quese excreta pola urina, e que se precipita se a urina non éalcalina.

    acetiltransferase s.f. Enzima que cataliza a transferenciadun grupo acetilo dunha molécula a outra. O máis impor-tante é o acetilcoenzima A

    acetímetro s.f. Acetómetro.Acetobacter Xénero de bacterias aerobias, que se encon-

    tran en froitas, vexetais, vinagre e bebidas alcohólicas,que transforman o alcohol en ácido acético e coñécensecomo “nai do vinagre”.

    acetofenacina s.f. Fenotiacina.acetofenetidina s.f. Fenacetina.acetolado s.m. Medicamento líquido formado pola mace-

    ración de substancias vexetais secas ou a disolución deprincipios medicinais en vinagre destilado.

    acetolase s.f. Enzima que converte o alcohol en ácidoacético.

    acetomeroctol s.m. Antiséptico mercurial empregado enforma tópica.

    acetómetro s.m. Instrumento para determina-la cantidadede ácido acético que contén unha solución.

    acelomado-a 4

  • acetomorfina s.f. Diacetilmorfina, heroína.acetona s.f. Dimetilcetona, líquido incoloro que se

    encontra en pequenas cantidades no sangue e urinanormais e en gran cantidade na urina dos diabéticos,dándolle un olor característico á respiración destespacientes e ten propiedades anestésicas.

    acetonemia s.f. Presencia de acetona no sangue en maiorcantidade cá normal.

    acetonumerador s.m. Instrumento que serve para medi--la cantidade de acetona na urina.

    acetonuria s.f. Exceso de acetona na urina, ocorre nadiabete, febre, cancro e vómitos dos nenos.

    acetopirina s.f. Composto cristalino, branco, mestura deantipirina e ácido acetilsalicílico, que se emprega comoantipirético e analxésico.

    acetosal s.m. Ácido acetilsalicílico.acetosoluble adx. Soluble en ácido acético.acetum (lat.) Vinagre.acezo s.m. Dificultade respiratoria, dispnea, asma.achacoso –a adx. Que sofre achaques con frecuencia,

    propio das persoas de idade.

    achaque s.m. 1. Indisposición ou enfermidade habitual,pouco grave, e especialmente a que acompaña á vellez. 2.Menstruación, embarazo. 3. Defecto común ou frecuente.

    acidez s.f. 1. Propiedade dos ácidos ou calidade ácidadunha substancia. 2. Contido ácido dun líquido.

    acidificación s.f. Acción e efecto de acidificar, acidación.acidificante adx. Que dá propiedades ácidas a un corpo

    que non as ten.

    acidificar v. Dar propiedades ácidas ou facer ácidaalgunha substancia ó engadirlle un ácido forte, converteren ácido.

    acidímetro s.m. Instrumento para medi-la cantidade deácido libre nunha solución.

    ácido-a adx. 1. Que ten propiedades opostas ós álcalis //s.m. 2. Composto, de carácter orgánico ou inorgánico,capaz de ceder protóns [H+] a outras substancias, que óreaccionar cunha base forma sal mais auga. 3. Popular-mente, composto químico que ten sabor agrio que lleconfere o ión hidróxeno. // A. graxo. Ácido orgánicomonobásico da serie alifática. / A. graxo esencial. Ácidograxo necesario para o axeitado funcionamento dascélulas, non elaborado polo organismo, polo que debe serproporcionado pola dieta, como por exemplo o ácidolinoleico.

    acidocito s.m. Célula acidófila, leucocito eosinófilo.acidofilia s.f. Facilidade de tinguirse cos colorantes

    ácidos, eosinofilia.

    acidorresistente adx. Relativo ás bacterias que unha veztinguidas non perden a cor cos ácidos.

    acidose s.f. Diminución relativa ou real dos álcalis noslíquidos corporais, en proporción ó contido de ácido,normalmente con acumulación de metabolitos ácidos,que se manifesta por decaemento, sono, vertixe, cefalea,vómitos e coma. // A. compensada. Estado no que o pHdos líquidos corporais se mantén nos límites normaispola acción compensadora dos mecanismos renais ourespiratorios do organismo. / A. descompensada.Acidose por exceso de CO2 libre ou deficiencia de álcaliscon diminución do pH sanguíneo. / A. metabólica. Adebida a un exceso de ácidos orgánicos ou inorgánicosfixos, ou á perda excesiva de álcalis. / A. respiratoria. Adebida á retención do CO2 no sangue por escasa ventila-ción dos pulmóns. / A. tubular renal. Incapacidade desegregar urina ácida por defecto tubular de reabsorciónde bicarbonato ou excreción de hidroxenións.

    acidulación s.f. Acto ou efecto de acidular.acidulado-a adx. Lixeiramente ácido.acidulante adx. Que acidula.acidular v. Tornar acídulo.acídulo-a adx. Lixeiramente ácido.aciduria s.f. Exceso de ácidos na urina.acidúrico-a adx.Que resiste os medios ácidos.aciese s.f. Esterilidade feminina.ácigos adx. Impar.acilia s.f. Falta de pestanas.acilo-a adx. Do radical orgánico constituído pola unión

    dun grupo carbonilo (C=O) cun grupo alquilo ou arilo.

    acinesia s.f. Ausencia ou perda do poder de realizarmovementos voluntarios. // A. álxera. Parálise voluntariado movemento, producida pola intensa dor que causan osmovementos voluntarios, que se observa de cotío nosestados histéricos.

    acinestesia s.f. Perda do sentido do movemento.acinético-a adx. Relativo á acinesia.Acinetobacter Xénero de bacterias da familia Neisseriá-

    ceas, cocobacilos gramnegativos, aerobios estrictos,pouco patóxenos.

    acirrante adx. Excitante, picante, estimulanteacistia s.f. Falta da vexiga da urina.acistineúria s.f. Parálise da vexiga.aclaramento s.m. Depuración, cantidade de sangue que

    se depura dunha substancia, cantidade de sangue queproporciona a cantidade de substancia excretada nunminuto. // A. de creatinina. Mide a función glomerularna práctica clínica.

    aclasia s.f. Continuidade patolóxica de tecidos que podenser máis ou menos diferentes.

    aclástico-a adx. Que deixa pasa-la luz sen refractala.

    5 aclástico-a

  • aclaviculado-a adx. Que non ten clavículas ou as tenrudimentarias. Tamén se di acleido.

    acleido-a adx. Aclaviculado.acleistocardia s.f. Abertura ou peche imperfecto do

    orificio oval.

    aclimatación s.f. Acto ou efecto de aclimatar(se).aclimatar v. Adaptar(se) a un clima.aclis s.m. Mancha ou escurecemento na córneaaclorhidria s.f. Falta de ácido clorhídrico nas secrecións

    gástricas.

    acloropsia s.f. Imposibilidade de distingui-la cor verde.acluofobia s.f. Medo á escuridade.aclusión s.f. Axuste imperfecto das superficies dos

    dentes.

    acme s.m. 1. Período de máis intensidade nunha enfermi-dade. 2. Na febre, a máxima temperatura.

    acne s.f. Erupción inflamatoria da pel caracterizada polaretención das secrecións das glándulas sebáceas, e ásveces, infección destas glándulas. // A. artificial. Acneproducida por axentes irritantes externos ou por drogasadministradas por vía interna (ioduros, bromuros). / A.ciliar. Acne dos bordos das pálpebras. / A. concreta.Seborrea seca. / A. conxestiva. Acne rosácea. / A. hiper-trófica. Acne rosácea con engrosamento dos labios e alasdo nariz. / A. necrótica. Acne varioliforme. / A. pustu-losa. Variedade de acne vulgar caracterizada porabscesos. / A. queloide. Dermatite papilar capilar. / A.rodens. Acne varioliforme. / A. rosácea. Inflamacióncrónica da cara e do nariz, en xeral debida ás bebidasalcohólicas. / A. sebácea. Seborrea. / A. sebácea córnea.Queratose folicular, enfermidade de Darier. / A. simple.Acne vulgar. / A. solaris. Forma debida á exposición ósol, caracterizada por lesións vermellas no nariz emeixelas. / A. tarsi. Acne das glándulas sebáceas daspálpebras. / A. varioliforme. Acne crónica algo rara, quese sitúa na fronte, con lesións pustulosas presentadas engrupos, cada unha cun tapón duro central, que ó caerdeixa unha cavidade profunda. / A. vulgar. Acne comúnque predomina na cara e rexión superior do tronco, quese manifesta na pubertade e adolescencia, influída polaactividade hormonal.

    acneiforme adx. Semellante á acne.acnemia s.f. Atrofia da barriga das pernas, falta ou muti-

    lación das pernas.

    acnexénico-a adx. Que causa acne ou é capaz de produ-cilo.

    acnite s.f. Inflamación supurativa da pel da cara que deixacicatrices.

    acobadamento s.m. Formación dun ángulo no intestino,conxénita ou por bridas. // A. de Lane. O debido á retrac-ción da membrana de Lane, fórmase no íleo terminal poradherencias, causa estenose, e ás veces, íleo mecánico.

    acognosia s.f. Coñecemento ou estudio dos elementos edos métodos curativos.

    acografía s.f. Descrición dos medicamentos.acoína s.f. Clorhidrato de diparaanisilmonofenetilguani-

    dina, po branco, cristalino, soluble en auga, emprégasecomo anestésico local e bactericida en oftalmoloxía.

    acolia s.f. Diminución ou cese da segregación biliar. / A.pigmentaria. Secreción dunha bile sen cor por falta depigmentos biliares.

    acoluria s.f. Ausencia de pigmento biliar na urinaacometer v. Manifestarse unha doenza, signo, etc.acometida s.f. Ataque, arremetida.acomodación s.f. Acto de axustar ou adaptar, especial-

    mente os ollos para a visión a distintas distancias, querealiza o músculo ciliar e o cristalino. // A. absoluta.Acomodación de cada un dos ollos por separado. / Ahistolóxica. Conxunto de cambios na morfoloxía efunción das células, segundo as variacións das condi-cións que se lles presenten. / A. negativa. Axuste do ollopara distancias longas por relaxación do músculo ciliar. /A. positiva. Axuste do ollo para as distancias curtas porcontracción do músculo ciliar. / A. relativa. Axusteproducido por ámbolos dous ollos conxuntamente.

    acomodómetro s.m. Instrumento para medi-la capaci-dade de acomodación do ollo.

    acomplexionado-a adx. Que ten boa ou mala comple-xión.

    aconativo-a adx. Sen o desexo ou a vontade de actuar.acondicionar v. Dotar de certa condición ou calidade.acondroplasia s.f. Alteración no desenvolvemento das

    cartilaxes rizomélicas das extremidades, e causa dunhaforma de ananismo.

    acondroplástico-a adx. Relativo á acondroplastia ouafectado por ela.

    acondroxénese s.f. Enfermidade conxénita letal, caracte-rizada por ananismo con nariz chato e ausencia de mine-ralización dos ósos, a cabeza e o corpo normais e asextremidades moi curtas.

    aconitina s.f. Alcaloide velenoso principio activo doacónito.

    acónito s.m. Planta da familia das ranunculáceas.aconurese s.f. Micción non voluntaria.acoprose s.f. Formación escasa ou nula de excrementosacor s.m. 1. Acidez, acedía. 2. Cotra de leite, erupción de

    pequenas pápulas na pel.

    acoramento s.m. Sufocación, afogo, falta de respiraciónacorante adx. Sufocante.acorar v. 1.Quedar sen alento. 2. Respirar con dificultade.

    3. Facer quedar sen alento.

    aclaviculado-a 6

  • acorea s.f. Ausencia conxénita da pupila.acorese s.f. Diminución da capacidade dun órgano oco.acoria s.f. Perda da sensación de saciedade.acormia s.f. Monstruosidade fetal que ten como caracte-

    rística presentar un corpo moi pouco desenvolvido.

    acoro s.m. 1. Pesadelo. 2. Respiración fatigosa.acra adx. Da parte distal das extremidades ou a máis

    saliente do corpo. Tamén se di acral.

    acracia s.f. Debilidade, impotencia.acral adx. Acra.acrania s.f. Anomalía do desenvolvemento caracterizada

    por ausencia total ou parcial do cranio.

    acranio s.m. Feto malformado que amosa acrania.acrasia s.f. Calquera especie de aberración orgánica.acrato-a adx. Puro, sen mesturas.acratotermo-a adx. Con pouca mineralización.acraturese s.f. Dificultade da micción por atonía da

    vexiga.

    acre adx. 1. Que ten sabor acedo. // s.m. 2. Principio ó queos médicos humoralistas lle atribuían unha acción irri-tante.

    acreción s.f. Adición de partículas ou capas a un tecido.acrementición s.f. Desenvolvemento ou aumento por

    adición de tecido semellante.

    acremoniose s.f. Infección polo fungo AcremoniumPotronii.

    acrestesia s.f. Sensibilidade anormalmente esaxerada.acribómetro s.m. Instrumento para medir cousas dimi-

    nutas

    acridade s.f. Calidade do que é acre. Tamén se di acri-tude.

    acriflavina s.f. Substancia colorante empregada na tripa-nosomíase coma antiséptico.

    acrílico-a adx. Do ácido que se emprega na fabricaciónde diversos plásticos.

    acrinia s.f. Diminución ou supresión das secrecións.acrise s.f. Falta de crise dunha enfermidade.acrisolado-a adx. Purificado.acrisolar v. Purificar no crisol.acrítico-a adx. Que non ten crise.acritocromacia s.f. Falta de aptitude para distingui-las

    cores.

    acritude s.f. Acridade.acroagnose s.f. Ausencia da sensación nun membro.

    Tamén se di acroagnosia.

    acroagnosia s.f. Acroagnose.

    acroanestesia s.f. Anestesia das extremidades.acroartrite s.f. Artrite das extremidades.acroasfixia s.f. Asfixia local das partes distais das extre-

    midades.

    acroataxia s.f. Ataxia das extremidades, especialmentedas mans e dos pés.

    acrobistílito s.m. Cálculo prepucial.acrobistite s.f. Inflamación do prepucio. Tamén se di

    acropostite.

    acroblasto s.m. Capa exterior do mesoblasto.acrobraquicefalia s.f. Deformidade cranial por fusión

    da sutura coronal, produce acurtamento do diámetroanteroposterior da cabeza.

    acrocefalia s.f. Forma cónica do cranio.acrocefalosindactilia s.f. Síndrome ou enfermidade de

    Apert, caracterizada por forma cónica da cabeza debido ópeche prematuro das cisuras e membranas interdixitaisnas catro extremidades, de herdanza autosómica domi-nante.

    acrocéntrico-a adx. Con centrómero case terminal, queo divide nun brazo moi curto e outro moi longo, que sonos cromosomas 13-15 e 21-22.

    acrocianose s.f. Cianose crónica das mans e pés, acom-pañada de frialdade e sudoración excesivas.

    acrocinese s.f. Acrocinesia.acrocinesia s.f. Mobilidade excesiva ou facilidade

    anormal de movementos nas articulacións de mans epulsos. Tamén se di acrocinese.

    acrocontractura s.f. Contracturas articulares das mans edos pés.

    acrocordón s.m. Tumor brando, péndulo, que aparece nocolo e as pálpebras dos vellos, constituído por glándulassebáceas hipertrofiadas ou verrugas.

    acrodermatite s.f. Inflamación da pel das extremidades.// A. crónica atrófica. Dermatite progresiva de pés,mans, cobádos e xeonllos con inflamación inicial seguidade atrofia e esclerose. / A. de Pick-Herxheimer. Acro-dermatite crónica das extremidades. / A. enteropática.Enfermidade grave por defecto do metabolismo do cinc,que afecta os lactantes e caracterízase por bochas ó redordos orificios naturais e zonas distais das extremidades,diarrea e calvicie.

    acrodinia s.f. Enfermidade caracterizada polo aumentoda sensibilidade de mans e pés, con sensación deformigo, dores de tipo reumático e lesións na pel.

    acrodisostose s.f. Osteocondrodisplasia que presentanariz, mandíbula, mans e pés pequenos, quedando a esta-tura e o estado mental pouco afectados.

    acrodolicomelia s.f. Lonxitude excesiva das mans e dospés.

    7 acrodolicomelia

  • acrodonto-a adx. Que ten os dentes enraizados no bordomaxilar e non nos alvéolos.

    acroedema s.m. Edema permanente nas mans e nos pésque ocorre, ás veces, despois dun traumatismo.

    acroeritrose s.f. Vasodilatación e arroibamento daspartes máis distais dos membros.

    acroestesia s.f. Dor nas extremidades.acrofobia s.f. Medo ós lugares altos.acrognose s.f. Acrognosia.acrognosia s.f. Coñecemento sensorial dos membros e as

    súas partes e os seus movementos. Tamén se di acrog-nose.

    acrohiperhidrose s.f. Suor excesiva das mans e dos pés.acrohipotermia s.f. Frialdade anormal de mans e pés.acrohisterosalpinxectomía s.f. Extirpación cirúrxica

    de ámbalas dúas trompas de Falopio e parte do fondouterino nalgunhas enfermidades inflamatorias da pelve.

    acroiocitemia s.f. Falta de hemoglobina nos glóbulosvermellos.

    acromanía s.f. Manía caracterizada por unha grande acti-vidade motora.

    acromastite s.f. Inflamación da mamila.acromático-a adx. 1. Que non ten cores. 2. Que contén

    acromatina.

    acromatina s.f. Hialoplasma do núcleo que non se tingueou se tingue debilmente.

    acromatismo s.m. Ausencia de cor, acromía.acromatófilo-a adx. Que non ten afinidade polos colo-

    rantes.

    acromatólise s.f. Desorganización da acromatina dunhacélula.

    acromatopsia s.f. Falta de percepción das cores, visiónen gris. // A. parcial. Daltonismo.

    acromatose s.f. Acromía.acromaturia s.f. Urina incolora.acromegalia s.f. Xigantismo conxénito das extremi-

    dades.

    acromegaloidismo s.m. Estado semellante á acrome-galia non debida a trastorno hipofisario.

    acromegaloxigantismo s.m. Xigantismo por acrome-galia que se dá despois da pubertade.

    acromelalxia s.f. Dor e arroibamento nos dedos dasmans e dos pés.

    acromélico-a adx. Referente á extremidade dun membro.acromía s.f. Falta da coloración normal da pel.acromial adx. Relativo ó acromio.acromicria s.f. Extremidades pequenas ou atróficas.

    acromio- Prefixo que indica relación co acromio.acromio s.m. Apófise triangular da omoplata, que se arti-

    cula coa clavícula, o punto máis alto do ombro.

    acromioclavicular adx. Relativo ó acromio e á claví-cula.

    acromiocoracoide adx. Relativo ó acromio e á apófisecoracoide.

    acromiotonía s.f. Miotonía das extremidades.acromiotorácico-a adx. Relativo ó acromio e ó tórax.acromioumeral adx. Relativo ó acromio e ó úmero.acromodermia s.f. Acromía.acromófilo-a adx. Acromatófilo.acromotriquia s.f. Falta de pigmento no pelo.acronausia s.f. Estado morboso debido á diminución da

    presión atmosférica que se dá nas ascensións, manifes-tándose por vertixe, cefalea, sono, dispnea, trastornoscirculatorios, vómitos, cianose, etc. Tamén se di mal dasmontañas.

    acroneurose s.f. Trastornos nerviosos das extremidades.acrónfalo s.m. Embigo prominente ou hernia umbilical.acrónix s.m. Unlla que crece cara a dentro.acropaquía s.f. Deformidades dos dedos en forma de

    maza ou baqueta do tambor.

    acroparálise s.f. Parálise das extremidades.acroparestesia s.f. Parestesia e outras sensacións anor-

    mais das extremidades, en forma de formigos, torpeza erixidez dixital, que afecta a un ou a varios membros. // A.de Nothnagel. Acroparestesia por espasmo dos vasossanguíneos que pode acabar en gangrena. / A. de Schulzeou simple. Acroparestesia xeralmente curable.

    acropatía s.f. Alteración da sensibilidade, vasomotilidadee trofismo que ocorre nas extremidades, como a acrocia-nose, gangrena nerviosa, eritromelalxia, enfermidade deMorton, etc.

    acropatoloxía s.f. Patoloxía das extremidadesacropostite s.f. Acrobistite.acropúrpura s.f. Púrpura que afecta as extremidades, en

    especial os dedos das mans.

    acroqueratose s.f. Sobrecrecemento da capa córnea dapel do dorso das mans, plantas dos pés, xeonllos,cóbados, orellas e punta do nariz, que pode ser unhamanifestación paraneoplásica.

    acroscleroderma s.f. Esclerodactilia.acrosclerose s.f. Combinación da enfermidade de

    Raynaud coa escleroderma das partes distais e da cara edo colo, forma clínica da esclerodermia (esclerodermiasistémica primaria).

    acrosfacelo s.m. Gangrena dos dedos.

    acrodonto-a 8

  • acrosfenosindactilia s.f. Acrocefalosindactilia.acrosoma s.m. Corpúsculo na parte anterior do esperma-

    tozoide, composto por un aparato de Golgi modificado emoi desenvolvido.

    acrostealxia s.f. Neuralxia dos ósos das extremidades.acroteríase s.f. Mutilación ou amputación dunha extre-

    midade.

    acrotérico-a adx. Relativo á periferia extrema, coma apunta dos dedos ou do nariz.

    acrotismo s.m. 1. Falta ou deficiencia de pulso. 2. Neuritedas extremidades, acrotrofodinia.

    acrotrofodinia s.f. Neurite das extremidades queproduce atrofia e dor.

    acrotrofoneurose s.f. Trastorno trofoneurótico dunha ouvarias extremidades.

    acroxeria s.f. Senilidade prematura da pel das mans epés.

    acruoria s.f. Diminución da parte sólida do sangue.ACTH Sigla do inglés que se refire á hormona adenocor-

    ticotrópica.

    actina s.f. Proteína muscular en filamentos que unida áspartículas de miosina constitúe a actomiosina, causa acontracción e a relaxación musculares

    actínico-a adx. Pertencente ou relativo ós raios lumi-nosos máis aló do extremo violeta do espectro, que tenefectos químicos.

    actínido-a adx. Pertencente ou relativo ó elementoactinio.

    actínidos s.m.pl. Serie de elementos posteriores ó actinio,que teñen un número atómico comprendido entre 89 e101.

    actiniforme adx. En forma de raio, raiado.actinina s.f. Proteína da miofibriña, que forma parte dos

    filamentos delgados do tecido muscular. Divídese enactinina alfa, que facilita a asociación lateral da actina F,e actinina beta que inhibe a polimerización da actina.

    actinio s.m. Elemento radioactivo que non posúe isótoposestables, que se atopa na natureza como producto dadesintegración dalgúns compostos do uranio e do torio. Oseu símbolo é Ac.

    actinismo s.m. Efecto da acción fotoquímica dos raiosluminosos sobre os tecidos .

    Actinobacillus Xénero de esquizomicetos da familiaBrucellaceae, ou Eubacteriais.

    actinobacilose s.f. Enfermidade producida por especiesdo xénero Actinobacillus.

    actinocardiograma s.m. Cardiograma obtido utilizandoos cambios de densidade na pantalla radioscópica.

    actinoconxestina s.f. Principio tóxico de certas actiniasque, inxectado nos animais, produce conxestión dasvísceras e hemorraxias.

    actinocutite s.f. Actinodermatite.actinodermatite s.f. Inflamación da pel producida pola

    exposición ós raios lumínicos. Tamén se di actinocutite.

    actinofitose s.f. Estreptotricose.actinóforo s.m. Mestura de tres partes de dióxido de cerio

    e unha parte de torio, que se utiliza en diagnósticos radio-lóxicos

    actinografía s.f. Radiografía.actinoide adx. En forma de raio, actiniforme.actinólito s.m. Substancia modificada pola exposición á

    luz.

    actinoloxía s.f. Ciencia da fotoquímica, dos efectosquímicos da luz.

    Actinomadura Xénero de fungos da orde actinomicetais,responsables do micetoma.

    actinómetro s.m. Instrumento para medi-lo poder pene-trante dos raios lumínicos.

    actinomicetáceas s.f.pl. Familia bacteriana da orde dasactinomicetais que comprende cinco xéneros: Acti-nomyces, Arachnia, Bifidobacterium, Bacterionema eRothia.

    actinomicetais s.f.pl. Orde de bacterias que comprendeoito familias, algunhas moi interesantes en medicina:actinomicetáceas, micobacteriáceas, nocardiáceas,estreptomicetáceas e micromonosporáceas.

    actinomicetina s.f. Antibiótico producido polo Strep-tomyces albus, de acción bacteriolítica sobre xermesgrampositivos e gramnegativos, aínda que non ten valorterapéutico.

    actinomicina s.f. Antibiótico producido polo Acti-nomyces antibioticus, que consta de dous compostos: unpigmento vermello bacteriostático para os grampositivose outro incoloro de acción bactericida sobre os gramne-gativos. Tamén ten efectos antineoplásicos.

    actinomicoma s.m. Tumor producido por Actinomyces.actinomicose s.f. Enfermidade infecciosa causada polo

    Actinomyces israelii no ser humano e polo Actinomycesbovis nas reses . Caracterízase por lesións non dolorosasdos ganglios linfáticos que drenan a boca, abscesos intra-peritoneais que inclúen abscesos hepáticos ou abscesospulmonares.

    actinomicótico-a adx. Pertencente ou relativo á actino-micose ou afectado por ela.

    actinomicotina s.f. Preparación terapéutica de cultivosde Actinomyces que se emprega no tratamento da actino-micose.

    actinón s.m. Isótopo do radon, da serie do actinio, denúmero de masa 219.

    9 actinón

  • actinoneurite s.f. Neurite producida pola exposición ássubstancias radioactivas.

    actinopraxe s.f. Emprego das substancias radioactivas.actinoscopia s.f. Estudio dos distintos graos de transpa-

    rencia dos tecidos e dos órganos.

    actinoterapéutica s.f. Tratamento das enfermidades pormedio dos raios ultravioleta ou actínicos.

    actinoterapia s.f. Actinoterapéutica.actinotoxemia s.f. Toxemia producida pola desintegra-

    ción dos tecidos debida a radiacións.

    actitude s.f. 1. Disposición do ánimo que implica uncomportamento determinado. 2. Posición ou postura docorpo. // A. antálxica. Posición que espontaneamenteadopta o doente para atenua-la dor dunha parte. / A. cere-belosa. Contracción tónica xeneralizada, con flexión dosmembros superiores e extensión dos inferiores, rixidez dacaluga e opistótonos, que se atopa nas lesións do cere-belo. / A. de crucifixo. Rixidez do corpo cos brazosestendidos, obsérvase na histeroepilepsia. / A. deDuvergie. Posición cadavérica caracterizada pola flexióndos cóbados e xeonllos, peche das mans e extensión dospés. / A. de pregaria mahometana. Actitude adoptadapolos pacientes que teñen derramo pericárdico, coa fina-lidade de evita-lo rozamento das follas da serosa infla-mada. Consiste en apoiar nos xeonllos, a cara e oscóbados. / A. de Wernicke-Mann. Flexión e pronacióndo antebrazo, flexión dos dedos da man, abducción dacadeira, rotación interna e flexión plantar do pé, típica dahemiplexía por lesión capsular. / A. en gatillo de fusil.Actitude típica da meninxite con flexión das pernas sobreas coxas e estas sobre a pelve. / A. estereotipada. A quemanteñen por longo tempo algúns enfermos mentais. / A.glacial. Rixidez da marcha observada especialmente naesclerose lateral amiotrófica. / A. ilóxica. Actitudeestraña adoptada na histeroepilepsia. / A. pasional.Expresión dramática que se observa de cotío nos histé-ricos.

    activación s.f. Acto ou proceso de facer activo ou de esti-mular unha función como a cerebral, a fertilidade, a divi-sión celular.

    activador-a adx. 1. Que activa. // s.m. 2. Substancia quefai activa a outra, en especial, a que se combina cunenzima inactivo para facelo capaz de efectua-la súaacción axeitada. V. coenzima. 3. Substancia que estimulao desenvolvemento dunha estructura particular noembrión. V. inductor e organizador. // A. do plasminó-xeno. Substancia que ten a facultade de activa-lo plasmi-nóxeno e de converte-lo en plasmina, que é a formaactiva. / A. tisular. Fibrinocinase.

    activar v. 1. Avivar, excitar, acelerar. 2. Volver algoradioactivo.

    actividade s.f. 1. Calidade ou proceso que produceenerxía ou pode causar un efecto. 2. Conxunto de opera-cións propias dunha persoa ou entidade. 3. En física,número de átomos que se desintegran por unidade de

    tempo nunha cantidade dada de substancia radioactiva. //A. enzimática. Efecto catalítico producido por unenzima, que se expresa por miligramos do enzima (acti-vidade específica) ou como moléculas de substrato que setransforman por minuto, por moléculas de enzima (acti-vidade molecular). / A. óptica. Propiedade que posúenalgunhas substancias, pola que a luz polarizada que asatravesa sofre unha rotación do seu plano de polariza-ción.

    activo-a adx. Que ten actividade, que obra ou pode obrar,o contrario de pasivo.

    acto s.m. Feito ou acción. // A. falido. Acción equivocadaatribuíble á desatención da persoa ou ó azar, que a psica-nálise considera como expresión dun conflicto incons-ciente por un desexo reprimido e inclúe esquecementos,erros de escritura, de lectura ou de palabra.

    actol s.m. Lactato de prata, po branco, insípido, soluble enauga e nos líquidos albuminosos, que se emprega comoantiséptico en solución ó 2%.

    actomiosina s.f. Substancia contráctil da fibra muscular,complexo proteínico constituído pola unión da miosina eda actina.

    Actonia Xénero de fungos actinomicetos da orde dosendomicetais que ás veces produce falsas membranasfarínxeas semellantes ás diftéricas.

    acu- 1. Prefixo de termos médicos relacionados co oído oua audición. 2. Prefixo de termos médicos que indica rela-ción coas agullas.

    acuapuntura s.f. Inxección hipodérmica de auga.acueducto s.m. Conducto ou canle para a conducción dun

    líquido ou estructura anatómica. // A. cerebral. Acue-ducto de Silvio. / A. de caracol ou cóclea. Orificio noóso temporal para unha vea, conducto perilinfático. / A.de Cotunnius. É o conducto do vestíbulo, pequenoconducto que se abre na superficie posterior do rochedodo temporal e dá paso a unha vea e ó conducto endolin-fático. / A. de Falopio. Conducto para o nervio facial norochedo do temporal, tamén nomeado conducto facial. /A. de Silvio. Conducto que une o III e IV ventrículos docerebro. Tamén se di iter a tertio ad quartum ventri-culum. / A. do vestíbulo. Acueducto de Cotunnius. / A.mesencefálico. Acueducto de Silvio.

    acúfeno s.m. Sensación auditiva anormal que en xeral épercibida soamente polo suxeito. V. tinnitus.

    acufonía s.f. 1. Emprego combinado da percusión e aauscultación. 2. Auscultación do son de percusión.

    acúfono s.m. Aparello eléctrico que lles facilita a audi-ción ós xordos.

    acuicultura s.f. Técnica de cultivo na auga de especiesvexetais e animais.

    acuidade s.f. Calidade do que é agudo, agudeza, perspi-cacia, finura. // A. sensorial. Poder de discriminación dossentidos.

    actinoneurite 10

  • acuimetría s.f. Medida da agudeza visual.acuíparo-a adx. Que produce auga ou segregación

    acuosa.

    aculalion s.m. Aparello para ensinarlles a falar ós mudos.acume s.m. Punta aguda.acumetría s.f. Estudio da agudeza auditiva.acúmetro s.m. Instrumento que se emprega para medi-la

    agudeza auditiva.

    acuminado-a adx. De punta afiada.acumulación s.f. 1. Acción e efecto de acumular. 2.

    Aumento considerable e súbito da acción dalgúns medi-camentos (dixital, chumbo, mercurio, etc.) pola súaadministración continuada a doses relativamente inefi-caces.

    acumulador s.m. Aparato electrolítico que transforma aenerxía eléctrica en química, para posteriormente volvera transformala parcialmente en eléctrica.

    acuñado-a adx. Apertado ou fendido con cuñas.acuocapsulite s.f. Irite serosa, descemetite.acuocobalamina s.f. Derivado da cianocobalamina ou

    vitamina B12 por substitución do grupo cianuro ( -CN )polo grupo -H2O0 corresponde á vitamina B12b.

    acuofobia s.f. Medo patolóxico á auga. Tamén se dihidrofobia.

    acuofonía s.f. Acufoníaacuosidade s.f. Calidade do que é acuoso.acuoso-a adx. Abundante en auga.acupuntura s.f. Sistema de tratamento curativo por

    medio de picadas con agullas moi finas en determinadaszonas do corpo, propio da medicina oriental.

    acurtamento s.m. Acto ou efecto de acurtar.acurtar v. Tornar curto ou máis curto.acuruxarse v. Encollerse unha persoa como se estivese

    doente.

    acusector s.m. Agulla eléctrica empregada como bisturípara a sección dos tecidos.

    acusia s.f. Audición normal, capacidade de percibirnormalmente os sons.

    acusma s.f. Alucinación auditiva na que se escoitanruídos indefinidos. Tamén se di acúfeno, acoasma.

    acusmatognosia s.f. Recoñecemento nulo ou imperfectodos sons a causa dun trastorno mental, xordeira mental.

    acústica s.f. Ciencia que trata do son e da súa percepción.acústico-a adx. Pertencente ou relativo ó sentido ou

    órgano do oído, á ciencia dos sons ou á percepción dosmesmos. // (Nervio) a. VIII par cranial ou nervio audi-tivo.

    acusticomáleo s.m. Músculo externo do martelo.

    acusticón s.m. Aparello auxiliar do oído para ós xordos.acutómetro s.m. Acúmetroacutomía s.f. Electrotomía.acutorsión s.f. Torsión dun vaso por medio dunha agulla

    para dete-la hemorraxia.

    ad lib. Abreviatura do latín ad libitum que nas receitassignifica a vontade ou a gusto de cada un.

    adacria s.f. Ausencia de segregación lacrimal. adactilia s.f. Ausencia conxénita dos dedos da man ou do

    pé.

    adactilismo s.m. Adactilia.adamantino-a adx. 1. Relativo ó esmalte dental. 2.

    Diamantino. 3. fig. Forte, firme, íntegro.

    adamantinoma s.m. Ameloblastoma. // A. pituitario.Craniofarinxioma.

    adamantoblasto s.m. Ameloblastoadamantoblastoma s.m. Ameloblastomaadamantoma s.m. Ameloblastoma, adenoma adaman-

    tino.

    adaptabilidade s.f. 1. Calidade do que é adaptable. 2.Capacidade de se adaptar. 3. Capacidade de ceder ápresión ou a unha forza sen desorganización, ou expre-sión da medida e a capacidade para facelo, que manifestaa distensibilidade dun órgano ocupado por aire oulíquido, como o pulmón ou a vexiga, en termos deunidade de cambio de volume por unidade de cambio depresión. Tamén se di elastancia.

    adaptación s.f. 1. Acto ou efecto de adaptar. 2. Acomo-dación. 3. Adquisición das modificacións que permitenque un organismo viva nun novo ambiente ou en condi-cións novas. 4. Proceso dinámico no que os pensamentos,sentimentos, comportamento e mecanismos biofisioló-xicos cambian para axustarse ós cambios do ambiente. 5.Axuste da pulila do ollo ás variacións da intensidade daluz. 6. Inmunización. 7. En odontoloxía, axuste axeitadodunha dentadura, grao de proximidade e entrelazamentode material de restauración dunha preparación dental ouaxuste exacto de bandas ós dentes. 8. Diminución dafrecuencia de impulsos na actividade reflexa cando serepiten varias veces os estímulos sensoriais. // Productode a. Substancia formada no corpo dun animal polainmunización con productos celulares procedentes dunanimal doutra especie. / Síndrome xeral de a. V.síndrome.

    adaptador-a adx. 1. Que, ou aquel que adapta. // s.m. 2.Dispositivo mediante o que se conectan entre si dife-rentes partes de aparellos ou instrumentos.

    adaptómetro s.m. Instrumento para medi-lo tempo nece-sario para a adaptación retiniana, isto é, a rexeneración dapúrpura visual. Emprégase para descubri-la cegueiranocturna, a avitaminose A e a retinite pigmentaria. // A.cromático. Instrumento ó que se lle engaden filtros de

    11 adaptómetro

  • cor e neutros e control da iluminación para demostra-laadaptabilidade do ollo á cor ou á luz.

    adaquia s.f. Falta de oclusión dental.adarticulación s.f. Diartrose.adaxil adx. Cara a un eixe ou situado sobre un ou outro

    lado dun eixe.

    addisonismo s.m. Grupo de síntomas moi semellantes óstípicos da enfermidade de Addison.

    adducción s.f. Aducciónadducens oculi s.m. Músculo recto interno do ollo ou

    rectus medialis.

    adductor s.m. Aductor.adefaxia s.f. 1. Gula, fame insaciable. 2. Bulimia.adelfia s.f. Monstruosidade caracterizada pola unión de

    dous corpos pola súa parte superior e separación daspartes inferiores.

    adelfotaxia s.f. Tendencia das células móbiles a dispo-ñerse en posicións definidas.

    adelgazador-a adx. Que adelgaza.adelgazamento s.m. Acto ou efecto de adelgazar.adelgazar v. 1. Facer ou poñer delgada algunha cousa ou

    persoa. 2. Purificar, depurar algunha cousa. 3. Enfra-quecer, poñerse delgado, diminuí-las carnes.

    adelomorfo-a adx. De forma non claramente definida.aden-, adeno- Prefixos do grego coa significación de

    glándula, ganglio.

    adenalxia s.f. Dor dunha glándula ou dun ganglio. Taménse di adenodinia.

    adenase s.f. Enzima que se forma no bazo que converte aadenina en hipoxantina.

    adenastenia s.f. Actividade glandular ou ganglionar defi-ciente. // A. gástrica. Segregación glandular deficientedo estómago.

    adéndrico-a adx. Que non ten dendritas. Tamén se diadendrítico.

    adendrítico-a adx. Adéndrico.adenectomía s.f. 1. Extirpación cirúrxica dunha glándula

    ou ganglio. 2. Escisión de tumores de natureza adenoide.

    adenectopía s.f. Situación dunha glándula ou gangliofóra da súa posición normal.

    adenia s.f. Crecemento intenso e crónico dos ganglioslinfáticos. V. enfermidade de Hodgkin, linfoma, pseu-doleucemia. // A. leucémica. Adenia con estado leucé-mico do sangue. Tamén se di linfadenia.

    adeniforme adx. Que semella a un ganglio ou unha glán-dula. Tamén se di adenoide.

    adenilciclase s.f. Sistema enzimático que, a partir doATP, forma AMP cíclico, localizado na membrana celular

    do fígado e do músculo, que constitúe un importantesistema biolóxico polo que inician ou fan os seus efectosmoitas hormonas.

    adenilo s.m. Radical contido na adenina.adenina s.f. C5H5N5. Base cristalina, branca, 6-aminopu-

    rina, que se presenta en diversos tecidos animais e vexe-tais ó constituí-la base purínica do DNA e RNA.

    adenite s.f. Inflamación dun ganglio, grupo ganglionar ouglándula. // A. aguda infecciosa epidémica. Mononu-cleose infecciosa. Tamén se di febre ganglionar dePfeiffer. / A. cervical. Estado caracterizado poloaumento, inflamación e dor dos ganglios linfáticos dopescozo, que se observa nalgunhas enfermidades infec-ciosas dos nenos, por exemplo as infeccións agudas dafarinxe. / A. equina. Infección contaxiosa dos equinosproducida polo Streptococcus Equi. / A. flegmonosa.Inflamación dun ganglio ou glándula e do tecido celularcircundante. Tamén se di adenoflegmón e linfadeniteflegmonosa. / A. salival aguda. Infección epidémicaobservada na rexión de Nápoles, caracterizada por infla-mación das glándulas salivares, esplenomegalia eadenalxia axilar. / A. tropical. Linfogranuloma venéreo,bubón climático. / A. universal. Induración xeneralizadados ganglios linfáticos na sífilis primaria. / A. vulvova-xinal. Bartholinite.

    adenización s.f. Adquisición de aspecto glandular ouganglionar, dexeneración adenoide.

    adenoacantoma s.m. Tumor composto de elementosglandulares e escamosos.

    adenoblasto s.m. 1. Célula con función secretoria ouglandular. 2. Célula embrionaria da que deriva o tecidoglandular ou ganglionar.

    adenocancroide s.m. Adenoacantomaadenocarcinoma s.m. Adenoma maligno ou cancro.

    Tamén se di carcinoma adenomatoso.

    adenocele s.f. Tumor quístico de orixe glandular. Taménse di adenoma.

    adenocelulite s.f. Inflamación dun ganglio ou glándula edo tecido celular que os rodea.

    adenocistoma s.m. Adenoma no que a retención dasegregación glandular determina a formación de quistes.Tamén se di cistadenoma.

    adenocito s.m. Célula secretoria adulta dunha glándula.adenocondroma s.m. Adenoma combinado con condro-

    ma.

    adenocondrosarcoma s.m. Tumor que contén elemen-tos de adenoma, condroma e sarcoma.

    adenodiastase s.f. 1. Separación anormal dunha glándulaen partes distintas. 2. Desprazamento dunha glándula ouganglio.

    adenodinia s.f. Adenalxia.

    adaquia 12

  • adenoepitelioma s.m. Tumor composto de elementosglandulares e epiteliais.

    adenofarinxite s.f. Inflamación das amígdalas e dafarinxe.

    adenofibroma s.m. Tumor composto de tecido conectivoe tecido glandular.

    adenofibrose s.f. Dexeneración fibrosa dunha glándula,especialmente as sudoríparas.

    adenofima s.f. Tumor dun ganglio ou glándula porcancro ou inflamación.

    adenoflegmón s.m. Inflamación supurada dun ganglio edos tecidos que o rodean. Tamén se di linfadenite fleg-monosa.

    adenoftalmía s.f. 1. Inflamación das glándulas deMeibonio, Zeiss ou Moll. 2. Inflamación das glándulaslacrimais, dacrioadenite.

    adenohiperestenia s.f. Actividade glandular excesiva. //A. gástrica. Excesiva segregación glandular do estó-mago.

    adenohipófise s.f. Porción anterior ou glandular da hipó-fise, diferente da porción posterior ou neurohipófise.

    adenoide adx. Semellante a unha glándula ou ganglio.adenoidectomía s.f. Extirpación das vexetacións

    adenoides.

    adenoides s.f. Hipertrofia do tecido ganglionar, vexeta-cións adenoides, que existe normalmente na nasofarinxedos nenos (amígdala farínxea).

    adenoidismo s.m. Conxunto de síntomas da persoa quesofre vexetacións, consisten en cara adenoide, catarroscrónicos de nariz e farinxe, trastornos respiratorios eaprosexia.

    adenoidite s.f. Inflamación do tecido adenoide doconducto nasofarínxeo.

    adenolinfite s.f. Linfadenite.adenolinfocele s.f. Dilatación dos vasos linfáticos e

    engrosamento dos ganglios.

    adenolinfoidite s.f. Anxina monocítica.adenolinfoma s.m. Combinación de adenoma e linfoma,

    adenocistoma linfomatoso papilar (tumor de Warthin)das glándulas salivais. Tamén se di linfadenoma.

    adenoliomiofibroma s.m. Liomiofibroma que conténelementos adenomatosos.

    adenolipoma s.m. Tumor ganglionar ou glandular,formado na súa meirande parte por tecido adiposo.

    adenolipomatose s.f. Estado no que se desenvolvenlipomas múltiples no colo, axila e inguas. // A. simétrica.Tumefaccións lipomatosas simétricas en diferentes partesdo corpo, especialmente no colo, debidas probablementea unha afección dos vasos e ganglios linfáticos. Tamén sedi pescozo de Madelung.

    adenologadite s.f. Oftalmía do neonato. Inflamación dasglándulas do ollo e da conxuntiva.

    adenoma s.m. 1. Tumor epitelial, benigno case sempre,de estructura semellante a unha glándula. 2. Tumor carac-terizado por posuír espacios tapizados de epitelio. // A.acidófilo. Tumor da hipófise composto por células que setinguen cos coloranes ácidos, que se sitúa no lobo ante-rior e pode orixinar segregación excesiva de hormona decrecemento, o que produce xigantismo ou acromegalia. /A. adamantino. Adamantoma. / A. alveolar. Adenomade tipo de glándula alveolar. / A. basófilo. Tumor do loboanterior da hipófise que se tingue con colorantes básicose que pode orixinar segregación excesiva de hormonaadenocorticotrópica (ACTH) e orixina a síndrome deCushing. / A. bronquial. Adenoma que se atopa nostecidos submucosos dos bronquios de gran calibre, deestructura glandular, formado por células ben diferen-ciadas, que adopta dúas formas histolóxicas (carcinoide ecilindroma), con malignidade de baixo grao. / A. cromó-fobo. Tumor do lobo anterior da hipófise que non setingue facilmente con colorantes ácidos nin básicos. / A.de Jackson. Tumor benigno de orixe glandular, adenomacarcinoide dos bronquios ou epitelioma bronquial clini-camente benigno, pero de complicacións graves: obstruc-ción bronquial con atelectasia ou absceso pulmonar. / A.de Wölfer. Variedade de bocios nodulares. / A. diverti-cular. Tumor benigno conxénito do embigo. / A. endo-metroide do ovario. Quiste do ovario cunha membranainterna semellante ó endometrio. / A. fibroso. Fibroade-noma. / A. hidradenoide. Siringocistadenoma. / A.langerhansiano. Insulinoma. / A. lupiforme. Lupuseritematoso. / A. maligno. Adenocarcinoma, adenosar-coma. / A. racemoso. Adenoma con estructura dunhaglándula en acio. / A. sebáceo. Neoplasia da cara quecontén glándulas sebáceas e forma pápulas vermelloama-reladas (tipo Balzer). Malformación cutánea ou hamar-toma da cara que afecta vasos sanguíneos e tecido conec-tivo, que se dá no complexo esclerose tuberosa (TipoPringle) e asóciase con deficiencia mental. / A. simple.Hiperplasia dun ganglio ou dunha glándula. / A. sudorí-paro. Espiradenoma. / A. umbilical. Tumor do embigoorixinado pola coalescencia do divertículo de Meckel coanel umbilical. / A. xelatinoso. Bocio coloide.

    adenomalacía s.f. Abrandamento dun ganglio ou glán-dula.

    adenomátomo s.m. Instrumento que se emprega para aextirpación das adenoides.

    adenomatose s.f. Estado caracterizado pola aparición demoitas vexetacións adenomatosas. // A. poliendócrina.Síndrome pouco frecuente na que hai adenomas ou hiper-plasia ademais dun tecido endócrino, que se atopan nolobo anterior da hipófise, nos illotes de Langerhans e nasparatiroides. En familias afectadas pode darse síndromede Zollinger-Ellison. Tamén se di adenomatose endó-crina múltiple, adenomatose pluriglandular, polien-docrinoma e síndrome de Wermer.

    13 adenomatose

  • adenomegalia s.f. Hipertrofia dun ganglio ou dunhaglándula.

    adenómera s.f. Porción terminal en fondo de saco dunhaglándula en desenvolvemento, que se converte na partefuncional do órgano.

    adenomesenterite s.f. Inflamación dos ganglios domesenterio.

    adenomicose s.f. 1. Antigamente, enfermidade deHodgkin. 2. Enfermidade endémica do Brasil producidapolo fungo Adenomyces Cruzi.

    adenomiofibroma s.m. Fibroma que contén tecidoadenomatoso e miomatoso.

    adenomioma s.m. Neoplasia benigna do tecido musculare glandular, máis frecuentemente no útero, endome-trioma. // A. branquióxeno. Formación quística orixi-nada pola inflamación da bolsa mucosa na liña media dopescozo. / A. psamopapilar. Tumor papilar múltiple doligamento ancho.

    adenomiomatose s.f. Formación de moitos nódulosadenomiomatosos nos tecidos parauterinos ou no útero.

    adenomiometrite s.f. Hiperplasia inflamatoria do útero,semellante a un adenomioma.

    adenomiosarcoma s.m. Tumor mesodérmico mixto conelementos musculares.

    adenomiose s.f. 1. Estado benigno que se caracteriza porpenetración do endometrio na musculatura uterina, ásveces con crecemento excesivo desta. 2. Presencia detecido endometrial en lugares anormais.

    adenomixoma s.m. Tumor composto de tecido glandularou ganglionar e tecido mucoso.

    adenoncose s.f. Aumento de tamaño dunha glándula ouganglio.

    adenopatía s.f. Aumento de tamaño das glándulas, enparticular, dos ganglios linfáticos.

    adenosarcoma s.m. Tumor maligno mixto que tenelementos sarcomatosos e glandulares, como o tumor deWilms.

    adenosclerose s.f. Endurecemento dunha glándula oudun ganglio.

    adenose s.f. 1. Calquera enfermidade das glándulas ouganglios. 2. Desenvolvemento ou formación anormal detecido glandular ou ganglionar. // A. da mama. Lesiónbenigna localizada nas glándulas apócrinas mamarias ounos conductos galactóforos. Macroscopicamente a mamaé nodular, e microscópicamente existe dilatación dosconductos, que conteñen líquido, hiperplasia do epitelio efibrose.

    adenosina s.f. Nucleósido formado por adenina e ribose.// Trifosfato de a. (ATP) Composto rico en enlaces dealto nivel enerxético, presente en tódalas células.

    adenosinase s.f. Enzima que desdobra a adenosina.

    adenosindesaminase s.f. Enzima que converte a adeno-sina en inosina por desaminación.

    adenosindifosfato s.m. ADP, composto que contén dousácidos fosfóricos, formado por hidrólise do ATP con libe-ración de enerxía.

    adenosinmonofosfato s.m. AMP, mononucleótidoformado por adenina, ribose e ácido fosfórico. // A.cíclico. AMPc, ácido 3´5´-adenosinmonofosfórico que seforma a partir do ATP pola acción do sistema enzimáticoda adenilciclase.

    adenosintrifosfatase s.f. Enzima que desdobra o ácidoadenosintrifosfórico.

    adenosintrifosfato s.m. ATP, nucleótido constituíntenormal dos tecidos, resultado da unión dunha basepúrica, a adenina, un azucre, a D-ribose, e tres moléculasde ácido fosfórico que desempeña unha importantefunción no metabolismo celular e particularmente nociclo de Krebs.

    adenosite s.f. Formación de tecido glandular como reac-ción inflamatoria.

    adenotifo s.m. Tifo no que as lesións son máis intensasnos ganglios mesentéricos e no bazo.

    adenotomía s.f. Anatomía ou disección das glándulas ouganglios. Tamén se di adenectomia.

    adenótomo s.m. Instrumento cortante empregado paraextirpar glándulas, ganglios ou tecidos adenoides.

    adenovirus s.m. Calquera membro dun grupo de virusque se presenta en tódalas rexións do mundo e causanenfermidade das vías respiratorias altas e da conxuntiva,e que tamén se presentan en infeccións latentes enpersoas normais. Ademais dos tipos humanos de adeno-virus moitos causan malignidade en animais e hai tipossimiano, bovino, aviario, canino e murino.

    adensado-a adx. Condensado, compacto, groso.adensar v. 1. Facer ou facerse denso ou máis denso. 2.

    Aumenta-la densidade.

    adentado-a adx. 1. Mordido ou sinalado cos dentes. 2.Que ten dentes, dentado.

    adentar v. 1. Aferrar ou crava-los dentes en. 2. Mordercon forza. 3 Nacerlle os dentes a un neniño ou á cría decalquera animal.

    adentoar v. Adentar.adermia s.f. Ausencia conxénita de pel.adermotrofia s.f. Atrofia da peladesmose s.f. Falta ou atrofia do tecido conxuntivo ou

    dos ligamentos

    adesternal adx. Situado preto do esterno.adestrable adx. Que pode ser adestrado, especialmente

    persoas con atraso mental moderado (C.I. 36-51) queteñen a capacidade de atende-las súas necesidades eadaptación social e laboral con vixilancia estricta.

    adenomegalia 14

  • adestrado-a adx. Ensinado, instruído.adestrar v. Ensinarlle a alguén a practicar certa cousa

    para chegar a ser destro nela.

    ADH Hormona antidiurética.adherencia s.f. 1. Acción e efecto de permanecer intima-

    mente preto, como ocorre coa atracción física de molé-culas. 2. Unión anormal de dúas formacións anatómicasque están normalmente separadas. 3. Soldadura ou bridaentre dúas superficies ou órganos próximos, composta noperitoneo de fibrina organizada por tecido conectivofibroso, case sempre de orixe inflamatoria. 4. Forza quesostén a dentadura superior sen necesidade de baleiro. 5.Medida en que un paciente segue un tratamento indicado,baixo supervisión limitada, en situacións conflictivas.

    adhesión s.f. Forza atractiva de orixe molecular entre assuperficies de corpos distintos postos en contacto, adhe-rencia.

    adhesiotomía s.f. Sección ou división de adherencias.adhesivo-a adx. 1. Que se adhire intimamente. 2. Capaz

    de pegarse facilmente á pel.

    adheso-a adx. Adherido, unido.adiabático-a adx. 1. Impenetrable ou que se opón á

    transmisión da calor. 2. Que se realiza sen ganancia ninperda de calor.

    adiactínico-a adx. Impenetrable para os raios actínicos.adiadococinese s.f. Adiadococinesia.adiadococinesia s.f. Incapacidade para realizar con

    rapidez movementos voluntarios opostos sucesivos(movementos alternados).

    adiaforese s.f. Deficiencia ou falta de suor ou transpira-ción. Tamén se di adiapneustia, anhidrose.

    adiaforia s.f. 1. Apatía ou indiferencia. 2. Falta deresposta ós estímulos, ocasionada pola aplicación de estí-mulos previos semellantes.

    adiapneustia s.f. Supresión da transpiración. Anhidrose,adiaforese.

    adiaspora s.f. Espora do fungo Emmonsia parva ou E.crescens que, despois de inhalada, crece e forma unhaesfera grande sen endosporas.

    adiasporomicose s.f. Enfermidade pulmonar de moitasespecies de roedores, rara no ser humano, producida polainhalación das esporas do fungo Emmonsia parva ou E.crescens.

    adiasténico-a adx. Que non ten relación coa diátese outendencia constitucional.

    adiastolia s.f. 1. Falta de diástole cardíaca ou non éperceptible. 2. Insuficiencia cardíaca con acurtamento oudiminución da diástole. // A. de Politzer. Ocorre na peri-cardite constrictiva, na que o corazón, rodeado dun peri-cardio fibroso, dilátase con dificultade durante a diástole.

    adiatermancia s.f. Estado de impenetrabilidade para asondas caloríficas.

    adicción s.f. Dependencia psíquica, e ás veces física, dedeterminadas drogas.

    adictivo-a adx. Que crea adicción, especialmente asdrogas ou o alcohol.

    adicto-a adx. Que sofre dependencia dun hábito morboso.adiemorrise s.f. Obstrucción ou diminucón da circulción

    sanguínea.

    adietar v. Poñer a dieta, prescribir dieta.adifenina s.f. Etanoldietilamina esterificada con ácido

    difenilacético, espasmolítico por vía oral.

    adinamia s.f. Falta ou perda da forza vital ou normal,astenia, postración.

    adinámico-a adx. Pertencente ou relativo á adinamia,asténico.

    adípico-a adx. Relativo á graxa ou da súa natureza,adiposo.

    adipo- Prefixo que significa graxa.adipocele s.f. Hernia que contén graxa ou tecido adiposo.adipocelular adx. Composto de tecido celular e graxa.adipocera s.f. Substancia cérea formada pola descompo-

    sición incompleta das materias animais nos cadávereshumanos cando se manteñen lonxe do aire e en condi-cións favorables de temperatura. Tamén se di graxa decádaver.

    adipocinese s.f. Mobilización de graxas no corpo conliberación de ácidos graxos libres cara ó sangue.

    adipocito s.m. Célula graxa.adipoectomía s.f. Extirpación dunha masa de tecido

    adiposo, en particular da parede abdominal ou da rexiónglútea, lipectomía.

    adipofibroma s.m. Lipoma que contén tecido fibroso.adipoide s.m. Lipoide.adipólise s.f. Dixestión ou hidrólise das graxas, lipólise,

    esteatólise.

    adipoma s.m. Lipoma, esteatoma.adipómetro s.m. Instrumento para medi-la espesura

    graxa da pel.

    adiponecrose s.f. Necrose do tecido adiposo. // A.subcutánea do neonato. Pseudosclerema.

    adipopexia s.f. Fixación ou acumulación de graxas, lipo-pexia.

    adiposalxia s.f. Dor nas zonas adiposas subcutáneas,adipose subcutánea de Dercum.

    adipose s.f. 1. Obesidade, acumulación excesiva de graxano corpo. 2. Cambio graxo nun órgano ou tecido, dexe-neración adiposa, esteatose. // A. cerebral. Síndrome

    15 adipose

  • adiposaxenital, lesión do hipotálamo que dá por resultadohiperfaxia. / A. dolorosa. Enfermidade de Dercum,caracterizada por depósitos simétricos, nodulares degraxa e lesións nerviosas, máis frecuente en mulleres. /A. hepática. Cambio ou dexeneración graxa do fígado. /A. tuberosa simple. Trastorno semellante á adiposedolorosa, caracterizado por aparición no tecido subcu-táneo do abdome ou dos membros de masas adiposas queás veces son dolorosas ó tacto, que se coñece como enfer-midade de Anders. / A. universal. Depósito xeral degraxa no corpo, mesmo nas vísceras.

    adiposidade s.f. 1. Calidade de adiposo. 2. Gordura,obesidade, acumulación de graxa, xeral ou local. // A.cerebral. Síndrome adiposaxenital por trastorno hipota-lámico. / A. pituitaria. Adiposidade por insuficienciapituitaria.

    adiposite s.f. Inflamación do tecido adiposo subcutáneo,paniculite.

    adiposo-a