Extracción ADNPraiaBarranaA

5
Extracción de ADN do kiwi Carlota Ozores, Lara Ozores, Fátima Fernández, Antía Dieste, Antía Deira, David Nodar, Paula García e Marcos Pérez. Alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato A do IES Praia Barraña. O seguinte artigo científico presenta o proceso de extracción de ADN dun vexetal, neste caso, un kiwi da variedade Actinidia deliciosa, para observar a dotación cromosómica desta froita. Palabras clave: ADN, cromosomas, xenoma, extracción, kiwi. CONTIDO: INTRODUCCIÓN: O segundo proxecto realizado dentro do programa OlimpiADN foi a extracción de moléculas de ADN dun vexetal. O kiwi que é un froito que se obtén da planta trepadora A. deliciosa, foi o vexetal utilizado. Ten a súa orixe en China e, aínda que é unha froita moi antiga, poderíase dicir que é relativamente nova xa que non se deu a coñecer ata principios do S.XX. Ten unhas características nutricionais de gran valor, cun alto contido en vitamina C, minerais, fibra dietética e outros elementos beneficiosos para a saúde. Investigando a súa información xenética, pódense observar similitudes con outros vexetais como o tomate, a pataca, uvas, etc. A especie A. deliciosa, é a máis común, ten unha dotación cromosómica diploide 2n=58. MATERIAIS E MÉTODOS: Para este proxecto foron empregados materiais dispoñibles no laboratorio de bioloxía do IES Praia Barraña. Foi necesario: Un batedor. Un coador. Un axitador de vidrio. Un vaso de precipitados.

description

Artigo científico dos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato A do IES Praia Barraña

Transcript of Extracción ADNPraiaBarranaA

  • Extraccin de ADN do kiwi

    Carlota Ozores, Lara Ozores, Ftima Fernndez, Anta Dieste, Anta Deira,

    David Nodar, Paula Garca e Marcos Prez.

    Alumnos e alumnas de 1 de Bacharelato A do IES Praia Barraa.

    O seguinte artigo cientfico presenta o proceso de extraccin de ADN dun vexetal,

    neste caso, un kiwi da variedade Actinidia deliciosa, para observar a dotacin

    cromosmica desta froita.

    Palabras clave: ADN, cromosomas, xenoma, extraccin, kiwi.

    CONTIDO:

    INTRODUCCIN:

    O segundo proxecto realizado dentro do programa OlimpiADN foi a extraccin de

    molculas de ADN dun vexetal. O kiwi que un froito que se obtn da planta trepadora A.

    deliciosa, foi o vexetal utilizado. Ten a sa orixe en China e, anda que unha froita moi

    antiga, poderase dicir que relativamente nova xa que non se deu a coecer ata principios

    do S.XX.

    Ten unhas caractersticas nutricionais de gran valor, cun alto contido en vitamina C,

    minerais, fibra diettica e outros elementos beneficiosos para a sade. Investigando a sa

    informacin xentica, pdense observar similitudes con outros vexetais como o tomate, a

    pataca, uvas, etc. A especie A. deliciosa, a mis comn, ten unha dotacin cromosmica

    diploide 2n=58.

    MATERIAIS E MTODOS:

    Para este proxecto foron empregados materiais dispoibles no laboratorio de bioloxa

    do IES Praia Barraa. Foi necesario:

    Un batedor.

    Un coador.

    Un axitador de vidrio.

    Un vaso de precipitados.

  • Un funil.

    Unha probeta e o seu soporte.

    Un kiwi cortado e conxelado.

    Deterxente.

    Auga fria.

    Liquido de lentillas (enzimas).

    Alcohol 96.

    Mtodos

    Precsase un kiwi previamente conxelado, sal e auga fra.

    1. O primeiro paso bater o kiwi mesturado con auga e sal, cunha batedora ata que se obtea un pur mis ou menos uniforme.

    2. Logo, coar o pur obtido, e engadirlle deterxente. Mesturar todo e dixar repousar dez minutos.

    3. Unha vez pasado o tempo, cmbiase o pur a un vaso de precipitados e engdenselle enzimas, neste caso lquido de lentillas.

    4. Por ltimo, btase alcohol para separar a molcula de ADN do resto do pur. Hai que botar a mesma cantidade de alcohol que de pur. Este proceso ten que ser moi

    delicado xa que hai que evitar que se rompa a molcula.

    Unha vez feito todo, na supeficie aparecera o ADN , mesturado con ARN que ser

    posteriormente retirado ca axuda dun pauio.

    Realizacin do experimento (documentacin grfica)

  • RESULTADOS: O resultado que se obtivo deste proxecto foi unha boa extraccin do ADN do Kiwi, que

    quedou flotando, debido a que soluble en auga pero non en alcohol, e ademais menos

    denso que este. Grazas a este proxecto puidronse observar as molculas de ADN e

    coecer un pouco mis sobre este gran descubrimento de Johann Friedrich Miescher no

    S.XIX.

    DISCUSIN:

    Nesta prctica, deberase ter especial coidado no ltimo paso, xa que ao retirar o adn

    pdese estragar todo o traballo feito ata o momento. Ademais, non se debe esquecer que

    para a extraccin necesario conxelar previamente o vexetal, a fin de que os cristais de xeo

    que se forman no interior das clulas as rompan,

    Tamn, hora de remexer a mestura, dbese prestar especial atencin e facelo con

    suavidade, para non romper as molculas de ADN, xa que no caso de facelo con moita forza,

    as fibras do adn poderan romper e non se acadara o resultado da prctica.

    CONCLUSINS Grazas a este proxecto, certifcase que posible a extraccin de molculas de ADN

    (mesturado con ARN), con toda a informacin xentica do kiwi a partir de materiais moi

    simples o alcance de todos ( sal, deterxente, auga, un vexetal, alcohol...).

    AGRADECEMENTOS.

    Agradecer a axuda a departamento de bioloxa do IES Praia Barraa e, en concreto, profesora de Ciencias para o Mundo Contemporneo: Ana Isabel Urbieta, que

    habilitou o laboratorio de bioloxa e todos os materiais empregados, ademais de proporcionar

    toda a axuda tcnica precisada.

    LISTAXE DE REFERENCIAS

    -Informacin xeral sobre a froita- Wikipedia -Ministerio de Agricultura, Alimentacin e Medio Ambiente -Infojardn.