Extracción caseira de ADN a partir de mostras...

7
Extracción caseira de ADN a partir de mostras vexetais Autores: Alumnado de 4º ESO A do IES do Castro de Vigo RESUMO O ADN, ácido desoxirribonucleico, constitúe o material xenético dos seres vivos, e nas células vexetais está presente no núcleo, nas mitocondrias e nos cloroplastos. A presente investigación ten como obxectivo realizar a extracción do ADN de tres mostras de orixe vexetal, a cebola, o tomate e as fresas, empregando para elo productos e materiais de uso común nas casas e na escola. En todos os casos foi posible separar e aillar o ADN, poñendo de manifesto a súa estructura fibrilar. INTRODUCCIÓN O ADN é a abreviatura do ácido desoxirribonucleico que constitúe o material xenético dos seres vivos. A súa estructura, “a dobre hélice”, foi descuberta por Watson e Crick, sendo unha molécula formada por dúas cadeas de nucleótidos (de adenina, guanina, citosina e timina), complementarias, antiparalelas, dispostas helicoidalmente e unidas estre sí por enlaces químicos de hidróxeno (figura 1, dos materiais adxuntos). Codificada mediante nucleótidos, contén a información hereditaria de todas as células que determina as características dos individuos en función dos seus proxenitores. Nas células vexetais (figura 2, dos materiais adxuntos) está presente maioritariamente no núcleo, aínda que tamén se atopa, en menor medida, noutros orgánulos como nas mitocondrias e nos cloroplastos. O ADN nuclear, é o compoñente básico dos cromosomas, nos que se atopa asociado con proteínas formando diferentes fragmentos lineais de distinta lonxitude e número característico de cada especie. O ADN das mitocondrias e dos cloroplastos forma un único cromosoma circular. Os obxectivos desta investigación foron: Extraer o ADN de diferentes mostras vexetais, a cebola, o tomate e as fresas, empregando para elo productos e materiais de uso común na casa e na escola. Observar a estructura fibrilar do ADN. A investigación foi levada a cabo por seis equipos de 5 alumn@s , que foron divididos en dous grupos de 3 equipos cada un. Cada grupo empregou para a experiencia o laboratorio de bioloxía durante unha sesión lectiva de cincuenta minutos. Cada producto vexetal foi empregado por dous equipos. 1

Transcript of Extracción caseira de ADN a partir de mostras...

Page 1: Extracción caseira de ADN a partir de mostras vexetaiscentros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/... · Extracción do ADN Pipetéanse 10 ml de alcohol etílico (que previamente

Extracción caseira de ADN a partir de mostras vexetaisAutores: Alumnado de 4º ESO A do IES do Castro de Vigo

RESUMO

O ADN, ácido desoxirribonucleico, constitúe o material xenético dos seres vivos, e nas célulasvexetais está presente no núcleo, nas mitocondrias e nos cloroplastos.A presente investigación ten como obxectivo realizar a extracción do ADN de tres mostras de orixe vexetal, a cebola, o tomate e as fresas, empregando para elo productos e materiais de uso común nas casas e na escola. En todos os casos foi posible separar e aillar o ADN, poñendo de manifesto a súa estructura fibrilar.

INTRODUCCIÓN

O ADN é a abreviatura do ácido desoxirribonucleico que constitúe o material xenético dos seres vivos. A súa estructura, “a dobre hélice”, foi descuberta por Watson e Crick, sendo unha molécula formada por dúas cadeas de nucleótidos (de adenina, guanina, citosina e timina), complementarias, antiparalelas, dispostas helicoidalmente e unidas estre sí por enlaces químicos de hidróxeno (figura 1, dos materiais adxuntos). Codificada mediante nucleótidos, contén a información hereditaria de todas as células que determina as características dos individuos en función dos seus proxenitores. Nas células vexetais (figura 2, dos materiais adxuntos) está presente maioritariamente no núcleo,aínda que tamén se atopa, en menor medida, noutros orgánulos como nas mitocondrias e nos cloroplastos. O ADN nuclear, é o compoñente básico dos cromosomas, nos que se atopa asociado con proteínas formando diferentes fragmentos lineais de distinta lonxitude e número característico decada especie. O ADN das mitocondrias e dos cloroplastos forma un único cromosoma circular.

Os obxectivos desta investigación foron:

• Extraer o ADN de diferentes mostras vexetais, a cebola, o tomate e as fresas, empregandopara elo productos e materiais de uso común na casa e na escola.

• Observar a estructura fibrilar do ADN.

A investigación foi levada a cabo por seis equipos de 5 alumn@s, que foron divididos en dous grupos de 3 equipos cada un. Cada grupo empregou para a experiencia o laboratorio de bioloxía durante unha sesión lectiva de cincuenta minutos. Cada producto vexetal foi empregado por dousequipos.

1

Page 2: Extracción caseira de ADN a partir de mostras vexetaiscentros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/... · Extracción do ADN Pipetéanse 10 ml de alcohol etílico (que previamente

MATERIAL

Nesta investigación empregáronse productos de uso común na casa:

• Tomate, cebola e fresas.• Para preparar o tampón de lise: auga mineral, sal común, bicarbonato sódico e deterxente

lavalouza.

• Alcohol etílico de 96º frío.

E de materiais:

Coador

Batedor

2 pipetas

2 vasos de precipitados

2 tubos de ensaio

Matraz Erlenmeyer

Probeta

2

Page 3: Extracción caseira de ADN a partir de mostras vexetaiscentros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/... · Extracción do ADN Pipetéanse 10 ml de alcohol etílico (que previamente

PROCEDEMENTO

1. Preparación da mostra

Trocéase o vexetal empregado nun vaso de precipitados eengádese un pouco de agua mineral, para despois trituralocun batedor (batendo a intervalos de 10 segundos). Unha vezbatido, pásase o líquido a outro vaso de precipitadosfiltrándoo mediante un coador fino.

2. Preparación do tampón de lise

Nun matraz Erlenmeyer bótase ¼ de litro de auga mineral. Engádense2 culleradas rasas de sal común. Despois agréganse 6 cucharadas rasasde bicarbonato sódico. Axítase ata que todo esté ben mesturado efinalmente engádense 2 chorros de deterxente lavalouzas axitandolevemente para que non se forme demasiada escuma.

3. Solubilización das membranasPipetéanse 10 ml do triturado vexetal e 20 ml de tampón de lise, e bótase todo nun matraz Erlenmeyer. Tápase o matraz cun tapón, para poder axitar durante 2 minutos. A continuación cóase nun vaso de precipitados, pipetéanse 5 ml de ese líquido (evitando a escuma) e pásase a un tubo de ensaio.

3

Page 4: Extracción caseira de ADN a partir de mostras vexetaiscentros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/... · Extracción do ADN Pipetéanse 10 ml de alcohol etílico (que previamente

4. Extracción do ADN

Pipetéanse 10 ml de alcohol etílico (que previamente estivera na neveira para manterse a baixa temperatura) e vértense noutro tubo de ensaio. A continuación bótase o alcohol lentamente no tubo onde se atopa a mestura da mostra vexetal co tampón de lise. Para iso, inclínanse os tubos e déixase que o alcohol resbale pola parede do tubo.

RESULTADOS

Na interfase entre a solución acuosa, que contén a mostra vexetal, da parte baixa do tubo e o alcohol da parte superior, aparece unha banda blanquecina e fibrosa que corresponde ao ADN.

Para a extracción do ADN do tubo de ensaio, pódese empregar un palillo longo que se introducirá ata a altura do ADN, tratando de enrolar as fibras deste na punta mediante

4

Page 5: Extracción caseira de ADN a partir de mostras vexetaiscentros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/... · Extracción do ADN Pipetéanse 10 ml de alcohol etílico (que previamente

lixeiros movementos circulares, e sacandoo despois moi lentamente. A continuación pódese depositar nunha placa de Petri para a súa observación.

DISCUSIÓN E CONCLUSIÓNS

- O batedor é o método mecánico empregado para romper as células vexetais (paredes celulares

e membranas) e deixar libres os orgánulos. No interior do núcleo, mitocondrias e cloroplastos

está o ADN.

- O tampón de lise e o método químico empregado para, finalmente, extraer o ADN dos

orgánulos que o conteñen:

• A sal común (cloruro de sodio) serve para neutralizar a acidez do ADN debida aos

grupos fosfato dos nucleótidos que contén.

• O bicarbonato sódico serve para que o pH da mestura se manteña estable, é dicir, que

non aumente demasiado e que non disminúa en exceso.

5

Page 6: Extracción caseira de ADN a partir de mostras vexetaiscentros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/... · Extracción do ADN Pipetéanse 10 ml de alcohol etílico (que previamente

• O deterxente lavalouza serve para disolver as membranas que recobren os orgánulos que

conteñen ADN, xa que desfai os lípidos que son os seus compoñentes fundamentais.

- Finalmente, ao engadir o alcohol frío, lentamente sobre a solución acuosa da mostra vexetal,

conséguese separar o ADN do resto de compoñentes celulares o cal ascenderá, coa súa estructura

fibrosa característica, para situarse na interfase da solución acuosa e o alcohol.

Como conclusión desta investigación pódese afirmar que o ADN presente en mostras de orixe

vexetal é facilmente extraible empregando algúns productos e materiais de uso común nas casas.

MATERIAIS ADXUNTOS

Figura 1

Figura 2

6

Page 7: Extracción caseira de ADN a partir de mostras vexetaiscentros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/... · Extracción do ADN Pipetéanse 10 ml de alcohol etílico (que previamente

BIBLIOGRAFÍA

• http://www.jpimentel.com/ciencias_experimentales/pagwebciencias/pagweb/la_ciencia_a_tu_alcance_II/quimica

• http://www.medicinajoven.com/2010/05/como-extraer-adn-de-forma-casera.html

• https://notaminima.wordpress.com/2013/10/24/extraccion-adn/

• http://www.monografias.com/trabajos91/informe-experimento-extraccion-adn/informe-experimento-extraccion-adn.shtml

• http://www.ingenioambiental.org/2013/05/articulo-cientifico-laboratorio-de.html

• http://www.madrimasd.org/experimentawiki/feria/Extracci%C3%B3n_de_ADN_de_tejidos_vegetales

7