EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da...

40

Transcript of EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da...

Page 1: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose
Page 2: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose
Page 3: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá

EX-AEQUOCimadevila

C I E N C I A

Page 4: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose
Page 5: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

Aprimeira vez que escoitei falar de Margarita Cimadevila non podía dar creto ao que me estaban acontar. Corría o mes de novembro de 2008. Andabamos moi atarefados na Concellaría de Igualdadee Participación Cidadá con todo o relativo á organización do I Festival Arte+Parte. Tratábase de rei-

vindicar o papel protagonista feminino no mundo das artes. A única crítica que recibimos tivo que vercoa ausencia da pintura deste Festival polivalente. A queixa estaba xustificada xa que, unha muller pro-cedente do ensino, directora na actualidade do IES Urbano Lugrís da Coruña, ofertábanos unha propostado máis innovadora: conxugar nuns lenzos a reivindicación do papel que xogaron mulleres científicas derenome e transcendencia mundial coa reinterpretación artística das fórmulas físicas e químicas que llesderon un posto eterno na historia da ciencia.

A primeira colaboración directa entre esta concellaría e Margarita concretouse de cara á campaña doDía Internacional da Muller do 8 de marzo do 2009. Margarita realizou un cadro-homenaxe ás coruñesase aos seus traballos fóra do fogar, os remunerados, que tivo un impacto positivo inmediato. O cadro “Co-ruñesas” deu perfecta cobertura ao conxunto de actividades relativas a esta celebración, moi sinalada-mente no relativo á exposición “O Traballo Visible das Coruñesas nos Documentos do Arquivo Municipal(séculos XVIII- 1ª metade do XX)", que se puido visitar na Sala de Exposicións do Palacio de María Pitaentre os meses de marzo e xuño. Á entrada da sala, excitando o interese dos visitantes, o cadro “Coru-ñesas” formou parte desa homenaxe pendente ao papel histórico de milleiros de coruñesas anónimas quefixeron cidade.

Congratúlome en presentarlles este catálogo de aproximación á obra de Margarita Cimadevila que levapor título “Ciencia EX AEQUO”. Nesta obra, que todas as coruñesas e os coruñeses poderán visionar noAquarium Finisterrae “Casa dos Peixes”, a autora rescata do esquecemento estas figuras femininas ásque en moitas ocasións non se lles recoñeceu nin o esforzo realizado nin o achado alcanzado. Para nós,este catálogo é unha ferramenta necesaria para a visualización do papel feminino na historia do con-xunto da humanidade como o foi, sen ningunha dúbida, a exposición “O Traballo Visible das Coruñesas”para a pequena pero singular historia da nosa cidade da Coruña.

Agardamos que sexa do seu agrado, como o foi do noso.

Margarida Vázquez VerasConcelleira de Igualdade e Participación

Cidadá do Concello da Coruña

5

Page 6: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose
Page 7: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

A AUTORA

Margarita Cimadevila, natural de Sada, A Coruña, licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade deSantiago de Compostela e exerceu como profesora de Física e Química en distintos institutos de Galicia.Actualmente imparte docencia no IES Urbano Lugrís da Coruña, do que é directora.

Paralelamente ao seu labor como docente, realizou distintos estudos e cursos relacionados coa arte. Asúa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súastemáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose tamén polos petróglifos galegos e as cultu-ras antigas.

A raíz da súa participación na HST03, escola de profesores do laboratorio europeo de investigación nu-clear, CERN, en Xenebra, a súa obra sofre un cambio radical e céntrase en unir os seus dous mundos,presentando una proposta na que Ciencia e Arte se mesturan e entrelazan, o que plasmou en distintasseries que teñen un carácter artístico, divulgativo e didáctico.

7

Page 8: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose
Page 9: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

CIENCIA EX-AEQUO

Ao longo da Historia as mulleres que traballaron no campo da Ciencia tiveron que superar todo tipo deobstáculos e inconvenientes para poder estudar e investigar, na maior parte dos casos nunhas condiciónslamentables, ademais de recibir un salario ridículo ou inexistente. Sempre nos preguntaremos onde te-rían chegado se as súas condicións laborais tivesen sido outras?

Ciencia EX AEQUO réndelles homenaxe ás mulleres científicas que, a pesar de realizaren un magníficolabor e mereceren recoñecemento polo seu traballo, foron ignoradas, esquecidas ou relegadas a un se-gundo plano a favor dous seus superiores, colegas, competidores... que en moitos casos non tiveron re-paro en atribuírse os seus traballos

Previamente ao traballo artístico, realizouse unha investigación sobre persoas que sufriron esa discri-minación e, dado o número de casos encontrados, decidiuse facer unha selección centrada no séculopasado e nos campos da física, química, bioloxía, matemáticas e astronomía, que se concretou en docecientíficas.

A fonte de inspiración da autora foi o feito científico sobre o que esas mulleres traballaron, o que fai que,aínda que todos os cadros tratan de Ciencia, toquen temáticas tan diferentes como poden ser a fusión nu-clear, o ADN ou os púlsares, que quedan plasmadas en doce lenzos acompañados dunha breve explica-ción.

A exposición quere recordar tamén aquelas mulleres ás que lles foi negado o estudo pero que se ocu-paron de achandar o camiño para que outras chegasen á universidade. Unha mostra diso é o prestixiosogrupo de investigadoras galegas que hoxe traballan en todo o mundo, ao que se lle deu recoñecementonun libro que fixo xerminar na mente da pintora a idea deste traballo, presentandoo no marco incompa-rable do Aquarium Finisterrae da Coruña.

9

Page 10: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

LISE MEITNER. Fisión nuclear

IDA TACKE. Renio

ANNIE CANNON. Estrelas, clases espectrais

CECILIA PAYNE. Estrela de Hidróxeno e Helio

CHIEN-SHIUNG WU. Non conservación da paridade

MARGUERITE PEREY. Francio

EMMY NOETHER. Teorema de Noether

ROSALIND FRANKLIN. ADN, fotografía 51

JOCELYN BELL. Púlsares

NETTIE STEVENS. Cromosomas e sexo

HENRIETTA LEAVITT. Período / luminosidade en estrelas variables

INGE LEHMANN. Núcleo interno da terra

10

Page 11: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

FISIÓN NUCLEAR RENIO ESTRELAS CLASES ESPECTRAIS ESTRELA DE HIDRÓXENO E HELIO NONCONSERVACIÓN DA PARIDADE FRANCIO TEOREMA DE NOETHER ADN PÚLSARES CROMOSOMASE SEXO PERÍODO/LUMINOSIDADE EN ESTRELAS VARIABLES NÚCLEO INTERNO DA TERRA

EX-AEQUOCimadevila

C I E N C I A

Page 12: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

LISE MEITNERFÍSICA. AUSTRIA (1878-1968)

Realizou os cálculos que levaron aodescubrimento da fisión nuclear. Só oseu colaborador, que non a incluíu noseu informe á Academia, recibiu en1944 o Premio Nobel por ese motivo.Na súa honra leva o seu nome o ele-mento químico 109: Meitnerio.

A fisión nuclear acontece cando o núcleodun átomo se divide en dous ou máis nú-cleos pequenos. O proceso libera grandecantidade de enerxía, pero é moi difícil decontrolar e os produtos obtidos son alta-mente radioactivos.

Fisión nuclear do Uranio 235 dando lugara Kriptón, Bario, 3 neutróns e ENERXÍA.

12

Page 13: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

LISE MEITNER. FISIÓN NUCLEAR1 x 1 m, técnica mixta sobre lenzo

13

Page 14: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

14

IDA TACKEQUÍMICA. ALEMAÑA (1896-1978)

Descubriu soa o Masurio, hoxe Tec-necio, e traballando conxuntamente coseu esposo o Renio. Propuxo a exis-tencia da fisión nuclear. Foi nomeadatres veces para o Nobel pero nuncallo outorgaron.

O Renio é un metal raro e custoso, moidenso, de cor branca prateada e elevadopunto de fusión. A súa aplicación máisimportante é como catalizador, tamén seusa en termoelementos e nos contactosde moitos interruptores. O seu nome pro-vén de 'Rhenus', nome latino do río Rin.

Estrutura cristalina do Renio.

Page 15: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

IDA TACKE. RENIO1 x 1 m, técnica mixta sobre lenzo

15

Page 16: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

16

ANNIE CANNONASTRÓNOMA. EEUU (1863-1941)

A principios do século XX só mullerestraballaban no Harvard College Ob-servatory, xa que era a man de obramáis barata. Annie Cannon, conti-nuando o labor doutras astrónomas,catalogou millares de estrelas recom-piladas nun catálogo de nove volumesno que non aparece o seu nome.

Annie Cannon desenvolveu un sistema declasificación de estrelas por clases es-pectrais segundo a secuencia:

O B A F G K Mque foi adoptado como estándar na reu-nión de 1910 da Unión Astronómica Inter-nacional.

Clasificación das estrelaspor clases espectrais.

Page 17: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

ANNIE CANNON. ESTRELAS, CLASES ESPECTRAIS1 x 1 m, técnica mixta sobre lenzo

17

Page 18: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

18

CECILIA PAYNEASTRÓNOMA. INGLATERRA (1900-1979)

En 1925 propuxo que as estrelas esta-ban compostas por Hidróxeno e Heliofundamentalmente. Os astrónomos daépoca non tiveron en conta para nadaas súas teorías ata que, catro anosmáis tarde, un deles chegou ás mes-mas conclusións.

A fusión nuclear é o proceso que se pro-duce no sol e nas estrelas. É unha reac-ción química na que átomos de Hidróxenose combinan entre si para formar Helio eenerxía. A fonte de enerxía así xerada élimpa e inesgotable.

Esquema da fusión nuclear.

Page 19: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

CECILIA PAYNE. ESTRELAS DE HIDRÓXENO E HELIO1 x 1 m, técnica mixta sobre lenzo

19

Page 20: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

20

CHIEN-SHIUNG WUFÍSICA. EEUU (1912-1997)

En 1957 Chien-Shiung Wu demostrouexperimentalmente que a naturezadistingue entre a dereita e a esquerda(non conservación da paridade). Soa-mente os científicos teóricos da pro-posta recibiron o Nobel en 1957, maliaser ela quen a comprobou.

Experimento de Wu. Cando un átomo deCobalto, a temperaturas moi baixas, sesomete a un campo magnético emite unelectrón, ben no sentido de xiro do átomoben en sentido contrario. Wu demostrouque ten preferencia a emisión do electrónen sentido contrario ao xiro, que os doussucesos non acontecían ao 50% como sepensaba ata entón.

Conservación da paridade.

Page 21: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

CHIEN-SHIUNG WU. NON CONSERVACIÓN DA PARIDADE1 x 1 m, técnica mixta sobre lenzo

21

Page 22: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

22

MARGUERITE PEREYQUÍMICA, FÍSICA, BIÓLOGA.FRANCIA (1909-1975)

Dende 1925 buscábase o elementoquímico n.º 87. Foi Marguerite Pereyquen o descubriu en 1939, aínda quetivo que loitar unha dura batalla conoutro científico para ser recoñecidacomo única autora do descubrimento.

O Francio, que debe o seu nome ao paísonde foi descuberto, é un elemento quí-mico radioactivo natural de numero ató-mico 87, ese é o seu número de protóns etamén de electróns. É o metal máis elec-tropositivo que existe e non ten usos co-ñecidos fóra da investigación científica.

O Francio ten 87 electróns na súa codia.

Page 23: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

MARGUERITE PEREY. FRANCIO1 x 1 m, técnica mixta sobre lenzo

23

Page 24: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

24

EMMY NOETHERMATEMÁTICA. ALEMAÑA (1882-1935)

Aínda que o seu campo fundamentalde estudo foi a álxebra, traballou ta-mén sobre relatividade. A súa xeniali-dade foi recoñecida pola comunidadematemática da época e o seu talentogabado, pero nunca conseguiu un sa-lario digno e gran parte do seu traba-llo apareceu en publicacións dos seuscolegas e estudantes varóns.

Se ao actuar sobre un sistema este noncambia dise que ten unha simetría. Poisben, o Teorema de Noether demostraque toda simetría en Física leva asociadaunha lei de conservación. Foi clave nodesenvolvemento da Física moderna.

A homoxeneidade no tempo, o tempotranscorre e nada cambia, leva asociadao teorema de conservación da enerxía.

Caso particular do teorema de Noether.

Page 25: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

25

EMMY NOETHER. TEOREMA DE NOETHER1 x 1 m, técnica mixta sobre lenzo

Page 26: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

26

ROSALIND FRANKLINBIOQUÍMICA. INGLATERRA (1920-1958)

A principios dos anos cincuenta obtivoa chamada fotografía 51 que reveloude xeito inconfundible a estrutura he-licoidal do ADN. A concesión do Nobelpor este motivo a dous científicos en1958 sen mencionar a Rosalind Fran-klin foi máis que cuestionada.

Considerado como o logro médico máisimportante do século XX, o modelo dadobre hélice do ADN abriu o camiño paraa comprensión da bioloxía molecular e asfuncións xenéticas, antecedentes quepermitiron chegar ao establecemento dasecuencia completa do xenoma humano.

Fotografía 51.

Page 27: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

27

ROSALIND FRANKLIN. ADN, FOTOGRAFÍA 511 x 1 m, técnica mixta sobre lenzo

Page 28: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

28

JOCELYN BELLASTROFÍSICA. IRLANDA.1943

Mentres realizaba a súa tese doutoraldescubriu os chamados púlsares. Odirector do seu proxecto de investiga-ción recibiu por ese motivo en 1974 oPremio Nobel en solitario, ela nin foimencionada.

Os púlsares son pequenas estrelas deneutróns que, pola súa alta densidade erápida rotación, proxectan polos seus po-los magnéticos feixes de radiación. Emi-ten luz de forma similar á dun faro debidoa que o eixe magnético non coincide co dexiro.

Page 29: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

29

JOCELYN BELL. PÚLSARES1 x 1 m, técnica mixta sobre lenzo

Page 30: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

30

NETTIE STEVENSXENETISTA. EEUU (1861-1912)

En 1905 descubriu que os responsa-bles da determinación do sexo eran oscromosomas X, Y. Un reputado cientí-fico publicaba o mesmo case simulta-neamente. Malia que ambos os dousrealizaron un estudo moi parecido, cocorrer dos anos o mérito rematou poratribuírselle só a el, manténdoa nuninxusto esquecemento ou penoso se-gundo plano.

Os cromosomas sexuais son un dos 23pares de cromosomas humanos. Cadapersoa ten un par de cromosomas se-xuais por cada célula. As mulleres po-súen dous cromosomas X, mentres queos homes teñen un cromosoma X e uncromosoma Y.

Sexo e cromosomas X, Y.

Page 31: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

31

NETTIE STEVENS. CROMOSOMAS E SEXO1 x 1 m, técnica mixta sobre lenzo

Page 32: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

32

HENRIETTA LEAVITTASTRÓNOMA. EEUU(1861-1921)

O seu estudo das estrelas que cam-bian de brillo, variables, levouna a daro primeiro paso crucial para determi-nar as distancias entre galaxias e es-tablecer as dimensións no Universo.Foi nomeada ao Nobel a título pós-tumo.

Leavitt publicou en 1908 un traballo, asi-nado polo seu superior, no que explicabaque as estrelas variables cefeidas palpi-taban cun ritmo regular e tiñan unhamaior luminosidade intrínseca canto máislongo era o seu período.

Relación entre o logaritmo do período eluminosidade en estrelas variables cefeidas.

Page 33: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

33

HENRIETTA LEAVITT. PERÍODO / LUMINOSIDADE EN ESTRELAS VARIABLES1 x 1 m, técnica mixta sobre lenzo

Page 34: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

34

INGE LEHMANNSISMÓLOGA. DINAMARCA (1888-1993)

Descubriu, en 1936, a existencia do nú-cleo interno e, en 1945, a zona de se-paración entre os núcleos sólido e lí-quido, chamada descontinuidade deLehmann. Foi unha científica pioneirae unha recoñecida sismóloga.

A parte máis interior do noso planeta estáformada por un núcleo líquido que no seuinterior ten unha parte sólida, denomi-nada núcleo interno da Terra.

A desviación das ondas P no interior terrestrerevelaron a existencia dun núcleo interior ríxido

dentro do núcleo líquido.

Page 35: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

35

INGE LEHMANN. NÚCLEO INTERNO DA TERRA1 x 1 m, técnica mixta sobre lenzo

Page 36: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose
Page 37: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

37

EXPOSICIÓNS DA AUTORA

CERN. XENEBRA. SUÍZA

CASTELO DE SAN ANTÓN. A CORUÑA

CASA DAS CIENCIAS. A CORUÑA

MAISON DE LA SCIENCE. LIEJA. BÉLXICA

NUIT DES CHERCHEURS. UNIVERSIDADE DE LIEJA. BÉLXICA

FACULTADE DE FÍSICA, 25 ANIVERSARIO. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

SALA ISAAC DÍAZ PARDO. VICERRECTORÍA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. LUGO

IMAXE DO “XX CONGRESO DE ENCIGA”

MURAL "INVESTIGADORAS GALEGAS". CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CENTRAL EÓLICA SOTAVENTO. XERMADE. LUGO

KUNST & WISSENSCHAFT. UNIVERSIDADE DE LEOBEN. AUSTRIA

FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

IMAXE DO "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2009" do Concello da Coruña

A Universidade de Santiago de Compostela agasallou coa obra pictórica "CERN", de Margarita Cimade-

vila, ao profesor Stephen Hawking, ao que lle outorgara o I Premio Fonseca de divulgación científica 2008.

INFORMACIÓN

MARGARITA CIMADEVILATravesía Buenavista 15, 8ºB15006 A CoruñaGalicia. España

www.cimadevila.tkTel. +34 699 40 92 [email protected]

Page 38: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose

Non se permite a reprodución total ou parcial deste catálogo, nin a súa incorporacióna un sistema informático, nin a súa transmisión en calqueira forma ou por calquermedio: electrónico, mecánico, por fotocopia, por gravación ou por outros métodos,sin o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.

© Do orixinal: Margarita Cimadevila.© Da edición: Concello da Coruña: Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá.

Diseño e impresión: SUGESTIÓN GRÁFICA, S.L. (A Coruña).Fotografía: Alejandro Jars.

Primeira edición: Xuño de 2009.

I.S.B.N.: 000-00-000-0000-0.Depósito legal: C-0000-2009.

IMPRESO EN GALICIA.

Page 39: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose
Page 40: EX-AEQUOCIENCIA · súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra, sendo unha das súas temáticas recorrentes as cunchas mariñas, interesándose