Cluster Alimentario de Galicia
-
Upload
cluster-alimentario-de-galicia -
Category
Documents
-
view
226 -
download
2
description
Transcript of Cluster Alimentario de Galicia
Que e por que oClúster Alimentario
Galicia
En Galicia temos un gran potencial con algúns dos mellores alimentos e bebidas do mundo, asociados a valores como a calidade, a variedade, a exquisitez ou a tradición.
O Clúster Alimentario de Galicia é unha asociación liderada e dinamizada polas empresas produtoras e transformadoras de alimentos e bebidas, traballando xunto con centros tecnolóxicos, universidades e outros axentes relacionados co sector, coa finalidade de aproveitar todo o noso potencial para acadar o máximo impacto. Porque cremos que cunha adecuada organización, repensando as nosas relacións e estruturas, e executando accións conxuntas seremos máis competitivos nos mercados nacionais e internacionais.
Ao desenvolver unha visión e aplicala, podemos acadar un crecemento real nos próximos anos, facéndonos máis rendíbeis e sustentábeis. Mais temos ambicións maiores, construír o valor intanxible dunha marca, asociada a Galicia, que sexa recoñecida e valorada internacionalmente como de excelencia en alimentos e bebidas.
Como imosfacer iso?
innovación
O Clúster Alimentario de Galicia vai proporcionar liderado, pensamento estratéxico e aproximarase á
xente. O noso traballo será observar o panorama xeral, analizar os mercados, anticipar tendencias e
establecer prioridades e estratexias de posicionamento no mercado. Imos impulsar a
cooperación, con acordos, redes e alianzas comerciais entre as empresas e proxectos
conxuntos con outros axentes. Ademais fomentaremos a internacionalización do sector.
E os nososclientes?
Que hai para vostede?
marketing
O Clúster Alimentario de Galicia quere construír boas relacións cos nosos clientes, que reciban
mensaxes consistentes que poidan transmitir aos consumidores, sobre a calidade dos nosos
produtos. Precisamos entendernos mellor para obter maior proveito da cadea de subministración
e das súas oportunidades.
No Clúster Alimentario de Galicia ímoslle proporcionar información sobre o mercado, presentalo aos socios potenciais da cadea de valor e a novos clientes a nivel nacional e internacional. Impulsaremos tamén o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a formación. Ademais presentarémoslle a súa empresa á administración e aos medios de comunicación.
Onde están asoportunidades?
tradición
Os nosos puntos fortes son a calidade das nosas materias primas e produtos. Sabemos tamén que os consumidores están cada vez
máis interesados en produtos de maior calidade, con orixe auténtica e que contribúan a súa saúde e benestar. Hai oportunidades para
explorar eses puntos fortes no mercado e novas oportunidades nos mercados internacionais.
calidade
O noso lideradoO liderado do Clúster Alimentario de Galicia basearase en transformar visións e plans en accións, atopando os medios, enerxía e talento, para desenvolver novas ideas e crear solucións prácticas aproveitando as oportunidades. Para iso agruparemos todos os recursos e competencias dos principais axentes públicos e privados, póndoos a traballar nun obxectivo común, de xeito máis efectivo. Ademais, de xeito colectivo, poderemos converternos nun verdadeiro lobby, exercendo máis influencia.
Como imostraballar?
internacionalización
O traballo Clúster Alimentario de Galicia será executado segundo un plan estratéxico común
a todo o sector, por unha xunta reitora composta por un grupo de directivos da industria e representantes das principais
organizacións que teñan un papel importante no sector alimentario. Tamén por un número de
comisións empresariais que acheguen ampla experiencia e saber facer no sector, e grupos de
traballo que executen accións cooperativas.
Para máis información contacte co Clúster Alimentario de Galicia vía a nosa web: http://clusteralimentariodegalicia.orgou no enderezo electrónico: [email protected] Im
pre
so e
n p
apel
rec
icla
do
- D
eseñ
a: e
kino
cio
com
unic
ació
n -
Imp
rime:
Imp
rime
Cop
ynin
o