Camiños de terra e auga Ruta de queixo e mel · formado polos ríos Arnego e Ulla, utilizado para...

5
Gozar e aprender fusiónanse nesta experiencia de turismo industrial. Propoñémosche que percorras este fermoso territorio gozando das súas paisaxes agrícolas e gandeiras, que visites centros de divulgación e museos, que contemples paisaxes, praderías, ríos, modernas industrias agroalimentarias, e tradicionais queserías artesanais. Vivir o proceso de elaboración de queixo e mel será unha doce experiencia que che deixará o mellor sabor de boca! 2 DÍAS (2 días - 1 noite) 62 KM 4 CONCELLOS O Pino, Arzúa, Vila de Cruces, Santiso. RUTA DE QUEIXO E MEL Santiso Vila de Cruces Arzúa O Pino a. Alimentos Ruta Xacobea b. Centro de Divulgación do Queixo e o Mel c. Queixería Barral d. Museo Vivente do Mel e. Encoro de Portodemouros f. Queixería Artesanal Varela g. Sendeiro de Visantoña a b c d e f g

Transcript of Camiños de terra e auga Ruta de queixo e mel · formado polos ríos Arnego e Ulla, utilizado para...

Page 1: Camiños de terra e auga Ruta de queixo e mel · formado polos ríos Arnego e Ulla, utilizado para a produción de enerxía eléctrica. Nel veñen desenvolvendo desde fai un tempo

Gozar e aprender fusiónanse nesta experiencia de turismo industrial.

Propoñémosche que percorras este fermoso territorio gozando das súas paisaxes

agrícolas e gandeiras, que visites centros de divulgación e museos, que contemples

paisaxes, praderías, ríos, modernas industrias agroalimentarias, e tradicionais

queserías artesanais. Vivir o proceso de elaboración de queixo e mel será unha

doce experiencia que che deixará o mellor sabor de boca!

2 DÍAS (2 días - 1 noite)

62 KM

4 CONCELLOSO Pino, Arzúa, Vila de Cruces, Santiso.

RUTA DE QUEIXO E MEL

Santiso

Vila de Cruces

Arzúa

O Pino

a. Alimentos Ruta Xacobea b. Centro de Divulgación do Queixo e o Melc. Queixería Barrald. Museo Vivente do Mele. Encoro de Portodemourosf. Queixería Artesanal Varelag. Sendeiro de Visantoña

ab

c

de

fg

Page 2: Camiños de terra e auga Ruta de queixo e mel · formado polos ríos Arnego e Ulla, utilizado para a produción de enerxía eléctrica. Nel veñen desenvolvendo desde fai un tempo

Alimentos Ruta Xacobea é unha empresa dedicada á elaboración do queixo Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e Tetilla. A visita guiada á súa liña de produción, máis grande e industrializada que outras queixe-rías do territorio, ofrecerache a oportunidade de contemplar o proceso desde o momento da descarga do leite dos camións directamente aos tanques, e aprender sobre o moderno proceso de elaboración destes produtos. Ademais, se o desexas, poderás visitar o prado, vendo o ciclo completo de produción.

Datos de interese: Brea, s/n, 15821 O Pino, A Coruña. Teléfono 981 502 805. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/alimentos-ruta-xacobeaDuración aproximada da visita: 45 minDistancia ao seguinte punto de visita: 16 km

ALIMENTOS RUTA XACOBEA

DÍA 1a

Ruta de queixo e mel

Page 3: Camiños de terra e auga Ruta de queixo e mel · formado polos ríos Arnego e Ulla, utilizado para a produción de enerxía eléctrica. Nel veñen desenvolvendo desde fai un tempo

Nesta empresa coñecerás o proceso artesanal da elaboración do queixo. A contorna no que está situada esta queixería, unha pequena aldea rural, rodeada de verdes prados onde pastan as vacas, axudarache a apreciar a forma de vida local e de que maneira incide na calidade da materia prima e o mantemento da súa elaboración artesanal.

Datos de interese: La Riba nº6 Pantiñobre 15819, Arzúa, A Coruña. Teléfono: 981 500 928. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/queixeria-barralDuración aproximada da visita: 45 min.Distancia ao seguinte punto de visita: 8 km

QUEIXERÍABARRALc

A través desta visita coñecerás de onde proceden o queixo e o mel, cales son as súas características, a súa importancia para o medioambiente, e os usos e costumes deste territorio. Ademáis, se o desexas poderás realizar algún dos seus prácticos obradoiros, e acabar a túa visita gozando dunha doce degustación.

Datos de interese: Feira Nova s/n Santa María, 15810, Arzúa, A Coruña. Teléfono 981 508 142. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/centro-divulgacion-do-queixo-e-o-melDistancia ao seguinte punto de visita: 6 km

CENTRO DE DIVULGACIÓN DO QUEIXO E O MELb

Coa visita a este museo coñecerás un pouco máis acerca da actividade da apicultura en Galicia, tanto da súa historia como dos procesos de extracción, decantación e envasado do mel.

Datos de interese: Calle Portodemouros, s/n, 15810 Arzúa, A Coruña. Teléfono 981 508 072. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/museo-vivente-do-melDistancia ao seguinte punto de visita: 13 km.

MUSEO VIVENTE DO MELd

Ruta de queixo e mel

Page 4: Camiños de terra e auga Ruta de queixo e mel · formado polos ríos Arnego e Ulla, utilizado para a produción de enerxía eléctrica. Nel veñen desenvolvendo desde fai un tempo

Datos de interese: Encoro de Portodemouros, 15810, Arzúa, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/encoro-de-portodemouros

Distancia ao seguinte punto de visita: 11 km

DÍA 2ENCORO DE PORTODEMOUROS

Comeza un novo día coa visita a este encoro formado polos ríos Arnego e Ulla, utilizado para a produción de enerxía eléctrica. Nel veñen desenvolvendo desde fai un tempo actividades recreativas ligadas á auga e á contorna, como competicións de remo e piragüismo. Ademais, poderás cruzar os catrocentos metros que separan Loño e Beigondo no único ferry que atravesa un encoro galego, e que está en funcionamento de maneira gratuíta as vinte e catro horas do día, os 365 días do ano. Unha curiosa experiencia!

Nesta queixería aprenderás moitas curiosidades sobre a elaboración do queixo Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, así como doutros moitos tipos de queixos curados, frescos e picantes. Todos eles elaborados a partir do leite da súa propia explotación gandeira. A visita ás súas instalacións conclúe cunha degustación final de queixos. Aprovéitaa!

Datos de interese: Balada s/n, Visantoña, 15808, Santiso, A Coruña. Teléfonos 981 510 702 // 619 867 425. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/queixeria-artesanal-varelaDuración aproximada da visita: 30 minDistancia ao seguinte punto de visita: 8 km

QUEIXERÍA ARTESANAL VARELA

e

f.

Ruta de queixo e mel

Page 5: Camiños de terra e auga Ruta de queixo e mel · formado polos ríos Arnego e Ulla, utilizado para a produción de enerxía eléctrica. Nel veñen desenvolvendo desde fai un tempo

Por último, non podes marcharche sen facer unha ruta a pé por este territorio. Recomendámosche, pola súa beleza e a comodidade do seu percorrido, o sendeiro de Visantoña, unha ruta circular de 14,5 kilómetros, na que gozarás tanto da paisaxe agraria e gandeira, como da serenidade da paisaxe enmarcada polo río Ulla.

Datos de interese: Lg. Seoane. Visantoña (San Xoán), 15808, Santiso, A Coruña. Teléfono 981 818 501. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/carreiro-de-visantonaPercorrido orientativo: A ruta parte do Centro Social de Visantoña, e no seu percorrido pasarás polo conxunto de Muíños do Tajo, restos das sepulturas megalíticas do Ribeiro, mámoas, para acabar no encoro de Portodemouros.

SENDEIRO DE VISANTOÑA

g.

Ruta de queixo e mel