MEMORIA DE ACTIVIDADES - caamouco.netcaamouco.net/portal2/images/stories/ClubMaritimo/... ·...

3
MEMORIA DE ACTIVIDADES KAIAK DE MAR Actividades organizadas: VI Concentración de Kaiak de mar “Golfo Ártabro”. Quedada Ares- Chanteiro. Cursos de Kaiak de mar. Dende a última semana de xullo ata fin de ano. Actividades nas que se participou: Xornadas técnicas de kaiak de mar. Organizadas pola AGKM en Muxía durante a semana santa. Todas as quedadas de fin de mes da AGKM (O Barqueiro, Ribeira, A Illa de Arousa, etc). Bautismo de mar aos rapaces do campamento urbano do Concello de Ares. Proporcionouse apoio á quedada “Cariño-Cedeira” da AGKM. Travesía de Ribadeo. X Travesía Aldán Ons. Curso de entrenadores da FeGaPi. Resumindo, coma todos os anos, participouse practicamente en todas as actividades de kaiak de mar organizadas en Galicia. SECCION DE VELA “PLASTICALLO” E WINDSURF Ano complicado no tocante á vela máis “lixeira”. Tanto o caravelle, que serve de base para os cursos de vela, como o material de windsurf, sufriron os problemas derivados da entrega do novo edificio, e da dispersión do material. Pero no caso do windsurf temos que engadir o complexo acceso ao mar pola rampa do Club que desanimou a non poucos participantes. Aínda así temos que resaltar que houbo clases de windsurf dende xaneiro a xuño, impartidas en Ares onde estiveron os contenedores co material durante a construcción do novo club, e que no Club existe un pequeno grupo estable de practicantes de windsurf na súa modalidade de “raceboard”. Tamén é importante subliñar a demanda de cursos de caravelle, que anima a retomar esta actividade para o 2011. Participación en competicións de vela cruceiro. Coma sempre é necesario remarcar que a participación en competicións de vela cruceiro é unha actividade que se fai a nivel particular por un reducido número de socios que dispoñen de embarcacións axeitadas para este tipo de regatas, xa que o Club aínda non ten un barco propio. O Marítimo de Redes presta apoio a estes barcos coa procura de tripulantes, desenvolvendo tarefas administrativas, informativas, etc.. Este ano se fixeron 37 licenzas federativas de vela, e os barcos do Marítimo de Redes participaron en gran cantidade de regatas, destacando os resultados obtidos polo Golafre (de Benito Calvo), o acompañaron a Rabuda e o Pingón:

Transcript of MEMORIA DE ACTIVIDADES - caamouco.netcaamouco.net/portal2/images/stories/ClubMaritimo/... ·...

Page 1: MEMORIA DE ACTIVIDADES - caamouco.netcaamouco.net/portal2/images/stories/ClubMaritimo/... · Marítimo de Redes presta apoio a estes barcos coa procura de tripulantes, desenvolvendo

MEMORIA DE ACTIVIDADES

KAIAK DE MAR

Actividades organizadas:

• VI Concentración de Kaiak de mar “Golfo Ártabro”.

• Quedada Ares-Chanteiro.

• Cursos de Kaiak de mar. Dende a última semana de xullo ata fin de ano.

Actividades nas que se participou:

• Xornadas técnicas de kaiak de mar. Organizadas pola AGKM en Muxía durante a semana santa.

• Todas as quedadas de fin de mes da AGKM (O Barqueiro, Ribeira, A Illa de Arousa, etc).

• Bautismo de mar aos rapaces do campamento urbano do Concello de Ares.

• Proporcionouse apoio á quedada “Cariño-Cedeira” da AGKM. • Travesía de Ribadeo. • X Travesía Aldán Ons. • Curso de entrenadores da FeGaPi.

Resumindo, coma todos os anos, participouse practicamente en todas as actividades de kaiak de mar organizadas en Galicia.

SECCION DE VELA “PLASTICALLO” E WINDSURF

Ano complicado no tocante á vela máis “lixeira”. Tanto o caravelle, que serve de base para os cursos de vela, como o material de windsurf, sufriron os problemas derivados da entrega do novo edificio, e da dispersión do material. Pero no caso do windsurf temos que engadir o complexo acceso ao mar pola rampa do Club que

desanimou a non poucos participantes.

Aínda así temos que resaltar que houbo clases de windsurf dende xaneiro a xuño, impartidas en Ares onde estiveron os contenedores co material durante a construcción do novo club, e que no Club existe un pequeno grupo estable de practicantes de windsurf na súa modalidade de “raceboard”.

Tamén é importante subliñar a demanda de cursos de caravelle, que anima a retomar esta actividade para o 2011.

Participación en competicións de vela cruceiro.

Coma sempre é necesario remarcar que a participación en competicións de vela cruceiro é unha actividade que se fai a nivel particular por un reducido número de socios que dispoñen de embarcacións axeitadas para este tipo de regatas, xa que o Club aínda non ten un barco propio. O

Marítimo de Redes presta apoio a estes barcos coa procura de tripulantes, desenvolvendo tarefas administrativas, informativas, etc..

Este ano se fixeron 37 licenzas federativas de vela, e os barcos do Marítimo de Redes participaron en gran cantidade de regatas, destacando os resultados obtidos polo Golafre (de Benito Calvo), o acompañaron a Rabuda e o Pingón:

Page 2: MEMORIA DE ACTIVIDADES - caamouco.netcaamouco.net/portal2/images/stories/ClubMaritimo/... · Marítimo de Redes presta apoio a estes barcos coa procura de tripulantes, desenvolvendo

REGATA MES CLUB Gol. Ping. Rab.

GRAND PRIX DE INVIERNO Xaneiro, Febreiro,

Marzo CLUB N. RIA DE

ARES 2 1 3

REGATA ANTROIDO Xaneiro, CLUB NAUTICO DE

SADA

GRAND PRIX DE PRIMAVERA Marzo, Abril, Maio CLUB N. RIA DE

ARES 1 2 3

VII TROFEO GUISANDA A DOS Abril R. C. N. DE LA CORUÑA

3 (g2)

2 (g3) 6 (g2)

VIII TROFEO MARINA SADA Abril CLUB MARINA

SADA 6 (RI)

3 (ORC)

REGATA PRIMAVERA Maio CLUB NAUTICO DE

SADA 4 3 2

XII REGATA CASTILLO DE SAN ANTON-REPSOL MAR E+

Maio R. C. N. DE LA CORUÑA

6 _ 2

XI REGATA SOLITARIOS Y A DOS Xuño R. C. N. DE LA CORUÑA

_ 3 _

XVII REGATA GRAL GABEIRAS-IV T.AUDI AUTOGANDARA

Xuño CLUB N. RIA DE

ARES 1 4 3

REGATA SAN XOAN- MEMORIAL PEDRO SANCHEZ

Xuño CLUB NAUTICO DE

SADA 1 _ _

XXII REGATA ILLAS SISARGAS Xullo R. C. N. DE LA CORUÑA

1 7 6

REGATA ISLAS MIRANDAS Xullo CLUB N. RIA DE

ARES 4 1 3

SPINAKER Agosto CLUB DO MAR DE

FERROL 2 _ 1

IV TROFEO CONCELLO DE ARES Agosto CLUB N. RIA DE

ARES 2 5 1

R. SAR INFANTA ELENA-TROFEO CAIXAGALICIA

Agosto R. C. N. DE LA CORUÑA

1 4 2

REGATA DE A GRAÑA Setembro CLUB DO MAR DE

FERROL 2 _ _

REGATA A2 Setembro CLUB NAUTICO DE

SADA 4 3 _

XXV REGATA DE LA AMISTAD Setembro R. C. N. DE LA CORUÑA

3 6 _

REGATA SAN FROILAN Outubro CLUB NAUTICO DE

SADA 1 2 _

GRAND PRIX DE OTOÑO Outubro, Novembro,

Decembro CLUB N. RIA DE

ARES 1 3 4

REGATA NADAL Decembro CLUB NAUTICO DE

SADA 1 2 3

VELA TRADICIONAL

Como ven ocorrendo nos últimos

anos, as embarcacións que

configuran a flota da localidade,

participaron nas concentracións

que tiveron lugar nas rías

próximas, concretamente na

Concentración de Embarcacións

Tradicionais de Ares celebrada en

agosto e na Xuntaza de

Embarcacións Tradicionais da

Parrocheira en Ferrol.

Hai que salientar, coma sempre a celebración da nosa regata, a VIII Regata de

Embarcacións Tradicionais “PORTO DE REDES”, que na presente edición

presentou algunha novidade con respecto ás anteriores: non houbo festa

despois da regata, nin xantar ao mediodía, nin tampouco a xa tradicional Festa

da Cabria. Tomamos nota das queixas, e intentaremos dar cun formato a gusto

de todos en vindeiras edicións.

Este ano pola contra, houbo máis actividade no mar; presentáronse máis

embarcacións aos desafíos, incluso algunha de plástico, e pasamos unha

xornada moi entretida, tanto para os tripulantes, como para os que nos

estiveron vendo dende terra. Grazas ao Marlett, Alivanta , Pandora, Pingón,

Masmadera, Trebón, Abur, Saunntress, Salmonete e Virandón.

Na regata do día seguinte, presentouse ao inicio un forte vento, que fixo pasar

algún mal rato, ás tripulacións con navíos de menor porte.Xuntámonos trinta

barcos,facendo desta concentración a máis numerosa do norte galaico.Grazas a

todos pola vosa fidelidade.

Por último, dar a benvida ao “Virandón”, propiedade de Miguel Amenedo e

Vicente Varela,que se uniu a flota esta

última tempada.

Tamén queremos dar a benvida aos

novos-as tripulantes que se uniron a

nós , e abrimos as portas a todos

aqueles que queren seguir con esta

fermosa tradición, a navegación a vela

en embarcacións tradicionais.

Page 3: MEMORIA DE ACTIVIDADES - caamouco.netcaamouco.net/portal2/images/stories/ClubMaritimo/... · Marítimo de Redes presta apoio a estes barcos coa procura de tripulantes, desenvolvendo

CALLOS&BLUES

No 2010 o festival Callos&Blues, solidario un ano

máis celebrouse o 27 de marzo coa tradicional

paparota de callos e os concertos, que correron a

cargo de Moondogs Blues Party (as Pontes) e

Emanems (Fene), cunhas actuacións de calidade e

moi divertidas que fixeron temblar o salon de actos

da Tenenecia con ritmos de blues e rock.

Como no ano pasado se repartiron a metade dos

beneficios cunha ONG, neste caso a Cociña

Económica de Ferrol recibeu unha pequena

colaboración á súa grande labor de axudar a os

máis necesitados.

Queremos agradecer á Agrupación Instructiva de

Caamouco a súa colaboración ao poñer o seu local á nosa enteira disposición

para que os veciños e veciñas de Caamouco disfrutasen da VIII Edición do xa

famoso festival Callos&Blues.

Resumo económico 2010

Gastos Ingresos Saldo en conta 31-12-2009 9.263,52 € SUBVENCIONS Xunta de Galicia 450,99 € Fundación Deporte Galego 329,12 € Deputación da Coruña 3.799,60 € GASTOS XERAIS Luz 100,18 € Teléfono 535,28 € Auga 70,00 € Ibi 32,68 € OUTROS GASTOS Gtos. Bancarios 53,85 € Taxas matrícula embarcación 69,61 € Material estibas 367,28 € Pintura e outros 150,00 € Publicidade 701,51 € Gtos. Xunta xeral socios 218,00 € Licencias 104,00 € SEGUROS Cursos kaiak 96,00 € Cursos windsurf-vela 126,00 € Embarcación 63,69 € Resp. Civil 634,78 € COMPRAS MATERIAL Material windsurf 1.323,53 € Embarcación e motor 6.991,70 € Resto factura kaiak 216,00 € ACTIVIDADES Callos&Blues 466,20 € Doazón Cociña Económica 233,10 € Regata Vela Tradicional 484,00 € Travesía kaiak 278,00 € Cursos windsurf-vela 1.198,00 € Cursos kaiak 162,00 € COTAS SOCIEDADES Fed. Galega Piragüismo 676,50 € FGCMF 100,00 € Fed. Galega de Vela 200,00 € Caamouconet 40,00 € Cotas socios (netas) 3.821,47 € Totales 13.587,69 € 10.505,38 € Saldo en conta Nova Caixa Galicia a 31-12-2010 6.181,21 €