Bolet n de adquisici ns23

12
BIBLIOTECA BOLETÍN DE ADQUISICIÓNS DA BIBLIOTECA DA DELEGACIÓN DO C.O.A.G. EN LUGO Último trimestre

Transcript of Bolet n de adquisici ns23

BIBLIOTECA BOLETÍN DE ADQUISICIÓNS DA BIBLIOTECA DA DELEGACIÓN DO C.O.A.G. EN LUGO Último trimestre

CONDICIÓNS DE UTILIZACIÓN DA BIBLIOTECA DA DELEGACIÓN EN LUGO DO C.O.A.G.: � Consulta libre na propia biblioteca. � Prestamo por un plazo de 20 días prorrogables a outros 20, sempre e cando o libro

non fose solicitado por outro usuario � A renovación poderá realizarse por teléfono no horario de traballo do encargado da

biblioteca. � O número máximo de obras en préstamo (libros, revistas, CD’s ou videos

indistintamente) é de 6. � Ó recibi-lo préstamo o colexiado faise responsable da correcta manipulación e

devolución dos exemplares, puidendo solicitarselle a reposición dos exemplares prestados; de non producirse a devolución poderán cargarselle os custos derivados da reposición da obra non devolta.

� Poden solicitarse ou volverse obras mediante servicio de mensaxería ou cos envíos de proxectos. (Os envios exclusivos de libros ou revistas serán por conta do solicitante)

Pode realizarse a consulta sobre exemplares catalogados na biblioteca dende o apartado correspondente á Biblioteca da Delegación de Lugo na páxina do C.O.A.G. en Internet (http://www.coag.es/informacioncolexial/biblioteca) O encargado da biblioteca da Delegación en Lugo do C.O.A.G. é o arquitecto Ángel Sánchez González - Anxo, que permanecerá na biblioteca os venres en horario de 9:30 a 14:30. Nembargantes o préstamo presencial funciona tódolos días nos que o colexio está aberto. A Biblioteca da Delegación de Lugo do C.O.A.G. dispón da dirección de correo electrónico [email protected] a disposición dos colexiados para consultas e suxerencias. Este boletín, e os anteriores, poden obterse en formato electrónico solicitandoo á dirección de correo da biblioteca.

Arq. Ángel Sánchez González - ANXO

“A construcción da propia casa é unha das probas máis claras que pode dar un arquitecto da súa postura profesional.” Texto de pesentación da casa na Roiba (Bueu) na obra “Legado Ramón Vazquez Molezún”

Portada: Baño-tocador de Isabel Preysler, publicado no ¡Hola! Nº 2517, e recollido no catálogo da Exposición ¡Hogar!.

Adquisicións da biblioteca catalogadas no trimestre - Á esquerda de cada reseña indícase o número de sinatura e maila ubicación (Columna-Ringleira) na biblioteca da obra -

REVISTAS

1001-41 (XVII-4)

2G Nº41 Monográfico adicado á obra de Eduardo Arroyo.

3626-29 (XVII-2)

ON DISEÑO 280 IX bienal de Arquitectura de Venecia (Italia) Edificio Zaida e Casa Patio en Granada, de Alvaro Siza. Vivenda unifamiliar illada en Campelles (Xirona), de Miquel Espinet e Antoni Ubach. Arquivo de Castela a Mancha en Toledo, de Guillermo Vazquez Consuegra. Arquivo e Biblioteca Rexional da Comunidade de Madrid, de Luis M. Mansilla e Emilio

Tuñón. Sede xudicial da Xunta de Andalucía en Antequera (Málaga), de Ignacio Laguillo e

Harald Schönegger. Edificio xudicial de Peñarroya-Pueblonuevo (Cordoba), de Antonio Tejedor, Mercedes

Linares e Pedro Lobato. Espazo Torner na Igrexa de San Pablo en Cuenca, de Ángela García de Paredes,

Ignacio Pedrosa e Gustavo Torner. Local de moda en Barcelona, de CCT Arquitectos. Showroom de Vitra en Madrid, de Dieter Thiel.

3626-30 (XVII-2)

ON DISEÑO 281 Rehabilitación da Torre Jaureguía en Donamaría (Navarra), de Maite Apezteguía Elso. Rehabilitación da Igrexa de San Agustín para Arquivo Municipal en Valladolid, de

Gabriel Gallegos e Primitivo González. Centro de visitantes “Puerta de Córdoba” en Carmona (Sevilla), de Antonio Tejedor,

Mercedes Linares e Pedro Lobato. Teatro-Auditorio de San Lorenzo do Escorial (Madrid), de Rubén Picado e María José

de Blas. Edificio de vivendas en Madrid, de Carlos Ferrater. Vivendas en Carabanchel (Madrid), de Cesar Ruiz Larrea e Antonio Gómez Gutierrez. Asentamento de Doña Blanca no Porto de Santa María (Cádiz), de Ramón Pico e

Francisco Javier López Rivera. Edificio de vivendas en Cádiz, de Francisco Javier Montero e Tomás Carranza. Edificio entre medianeiras en Sabadell (Barcelona), de GCA. Edificio de vivendas en Xerez da Fronteira (Cádiz), de J. M. Vázquez-Reina, J. M.

Vázquez-Reina Serrera, Salud Vázquez-Reina e J. Lahuerta. Conxunto de vivendas para xóvenes en Can Llong, Sabadell (Barcelona), de Mora-

Sanvisens. Edificios de vivendas en Gérgal (Almería), de Miguel Centellas Soler.

3626-31 (XVII-2)

ON DISEÑO 282 Comisaría dos Mossos d’Esquadra en Sants-Montjuic (Barcelona), de Ramón Artigues

e Ramón Sanabria. Instituto de ensinanza secundaria La Cala en Benidorm (Alacante), de Ramón Artigues

e Ramón Sanabria. Facultade de Química e Enoloxía da Universidade Rovira e Virgili en Tarragona, de

Ramón Artigues e Ramón Sanabria. Centro socio-sanitario en Tarragona, de Ramón Artigues e Ramón Sanabria. Vivendas de promoción pública en Camp Roig. Sant Just Desvern (Barcelona), de Joan

Pascual Argenté. Edificio de Vivendas sociais en Rota (Cadiz), de Guillermo Vazquez Consuegra. Vivendas de protección pública en Carabanchel (Madrid), de María José Aranguren e

José González Gallegos. Showroom en Tárrega (Lleida), de Joan Anguita e Rafael Berengena. Espazo polivalente do IBM Forum en Madrid, de Cuadrifolio. Tenda Chus Burés Kiosk en Barcelona, de Ana Laura Aláez. Local comercial Soho In en Madrid, de Mariano Martín.

3623-170 (XVIII-2)

DOMUS 901 Casa Nemazee en Teherán (Irán), de Gio Ponti. Comedor Universitario en Karlsruhe (Alemaña), de Jürgen Mayer H. Biblioteca pública de Nembro en Bergamo (Italia), de Archea Associati. Entrada e un teatro en Assago, Milán (Italia), de Amedeo G. Cavalchini e Francesco

Librizzi. Dirixible-Hotel para explora-lo mundo sen deixar pegada, de Jean-Marie Massaud.

3623-171 (XVIII-2)

DOMUS 902 Xardín de Infancia Fuji en Toquio (Xapón), de Takaharu e Yui Tekuza. Estadio nacional de Pequín (China), de Herzog e De Meuron. Sé da Televisión China en Pequín, de OMA-Rem Koolhaas. En separata incluida neste número faise unha análise de diversas obras de arquitectura

repartidas polo mundo.

3623-172 (XVIII-2)

DOMUS 903 Igrexa na illa de Tautra (Noruega), de Jensen e Skodvin. A “Casa Invisible” en Dramahair (Irlanda), de Dominc Stevens. Vivenda unifamiliar en Maitencillo (Chile), de Felipe Assadi e Francisca Pulido. Centro de Fitness en Magallanes (Chile), de Germán del Sol. Vivendas de vacacións en Wlotzkasbaken (Namibia). Casa W.C. Gryder en Ocean Springs, Mississippi (EE.UU.), de Bruce Goff. Halley VI (Estación polar británica), de Hugh Broughton e Faber Maunsell. Refuxio de sementes en Longyearbyen, Spitzbergen, Svalbard (Noruega), de

Barlindaug Consult. Acondicionamento interior de vivenda en Roma (Italia), de Labics (María Claudia

Clemente, Francesco Isidori e Marco Sardella)

3623-173 (XVIII-2)

DOMUS 904 Museo de arte Nelson-Atkins en Kansas, Missouri (EE.UU.) de Steven Holl. Vivenda unifamiliar enWaidhofen an der Ybbs (Austria), de Gernot Hertl. Edificio Veles e Vents en Valencia, de David Chipperfield e b720. Edificio de vivendas en Montesarchio, Benevento (Italia), de Cherubino Gambardella. Salas de ensaio da Escola Americana de Ballet en Nova Iorque (EE.UU.), de Diller

Scofidio + Renfro. Reforma de apartamento en Milán (Italia), de Marco Palmieri. Este número ven acompañado dunha separata con exemplos de realizacións nas que a

iluminación e a luz en xeral teñen un papel destacado.

2912-62 (XVI-5)

DA 62 Número adicado á obra de Alfredo Payá

1155-26 (XVII-3)

DETAIL 2007-2 Escaleira de Vidro en París (Francia), de Kevin Roche e John Dinkeloo, con SRA. Ampliación dunha residencia de estudiantes na Universidade de Oxford (Gran Bretaña),

de MacCormac Jamieson Prichard. Pavillón do Vidro en Toledo, de SANAA. Bloque de apartamentos e oficinas en Arau (Suiza), de Burkard e Meyer. Biblioteca do Departamento de Dereito da Universidade de Hamburgo (Alemaña), de

Me Di Um. Edificio de oficinas con planta comercial en Hamburgo (Alemaña), de André Poitiers. Residencia para a Embaixada Suiza en Washington D.C. (Ee.Uu.), de Steven Holl. Ampliación dunha fábrica en Murcia, de Clavel Arquitectos (Luis Clavel Sainz e Manuel

Clavel Rojo) Pasarela peonil en Coimbra (Portugal), de Cecil Balmond

3561-134 (XVIII-6)

EL CROQUIS 134-135 Monográfico adicado ó traballo do estudio Office for Metropolitan Architecture,

OMA/Rem Koolhaas no período 1996-2007

1156-23 (XVII-5)

TECTÓNICA 23 – ENCUENTRO CON EL TERRENO Casa en La Florida (Madrid), de Lucía Cano e José Selgas. Casa na Serra de Cáceres, de Roberto Ercilla e Miguel Ángel Cámpo. Casa en El Bosque, Laredo (Cantabria), de Nolaster. Casa en Otura (Granada), de Juan Domingo Santos.

1010-18 (XIV-3)

AV PROYECTOS 18 Torre Roche en Basilea (Suiza), de Herzog e De Meuron. Dous hoteis en Milán (Italia), de Dominique Perrault. Torre comercial en Dubai (Emiratos Árabes), de RUR (Reiser e Umemoto). Torre de vivendas “cactus urbano” en Rotterdam (Holanda), de UCX Complexo hoteleiro en Xixón, de FOA con Me(c)sa. Centro Vanke en Shenzen (China), de Steven Holl. Centro de Arte Contemporaneo en Cagliari (Canadá), de Zaha Hadid. Ampliación do museo Joanneum en Graz (Austria), de Nieto e Sobejano. Praza da Gadunya en Barcelona, de Carme Pinós. Axencia Andaluza de Enerxía en Sevilla, de Cesar Ruiz-Larrea. Concurso Gazprom-City en San Petersburgo (Rusia). Concurso “Tour Phare” en París (Francia). Torre SYV en Madrid, de Rubio e Álvarez-Sala.

1154-97 (XVII-4)

GA HOUSES 97 Casa A en Toquio (Xapón) de Ryue Nishizawa. Casa na praia en Sidnei (Australia), de Peter Stutchbury. Casa Armanda Passos en Porto (Portugal), de Álvaro Siza. Casa na praia de Bungan en Sidnei (Australia), de Casey Brown. Casa s en Shibuya, Toquio (Xapón), de Hiroko Tominaga. Vivenda “Refrexo mineral” en Nakano, Toquio (Xapón), de Yasuhiro Yamashita. Vivenda unifamiliar acaroada en Nerima, Toquio (Xapón), de Masaki Endoh. Casa Balmoral en Sidnei (Australia), de Ian Moore. Casa en Azeitão (Portugal), de Aires Mateus. Casa en Kitabatake, Osaka (Xapón), de Akira Sakamoto. Casa en Nakatanicho, Hyogo (Xapón), de Masahiro Takasago. Casa en Yatsuhiro, Kumamoto (Xapón), de Hiroyuki Arima.

1154-98 (XVII-4)

GA HOUSES 98 – PROJECT 2007 Edición do 2007 do número especial que a revista GA-Houses adica a proxectos de

vivenda en redacción no ano en curso; nesta edición con traballos, entre outros moitos, de Tadao Ando, Wiel Arets, Steven Ehrlich, Toyo Ito, Mathias Klotz, Mansilla e Tuñón, Alvaro Siza ou Richard Meier.

1160-95 (XVI-5)

GA DOCUMENT 95 Xulgados “Wayne Lyman Morse” en Eugene, Oregon (EE.UU.), de Morphosis. Sé do banco Hypo-Alpe-Adria en Udine (Italia), de Morphosis. Adega Maior en Argamassas, Campo Maior (Portugal), de Álvaro Siza. Biblioteca pública de México en México D.F. (Mexico), de Alberto Kalach. Instituto de arte contemporaneo en Boston, Massachusetts (EE.UU.), de Diller Scofidio

e Renfro. Terminal de Teleférico en St. Anton am Arlberg, Tirol (Austria), de Georg Driendl. Centro Vanke en Shenzen (China), de Stevel Holl. Estación de autobuses do Casar de Cáceres (Cáceres), de Justo García Rubio. Centro de conferencias e auditorio de Badaxoz, de Selgascano.

OUTRAS REVISTAS CATALOGADAS:

1152 (XVI-6) Arte y Cemento n os 2050, 2051,2052, 2053, 2054, 2055 (V-6) Novoperfil n o 175 1536-7 (VII-5) Infodomus n os 7, 8 1573 (XVI-3) INDE nos Març 2007, Abril 2007, Maig 2007 1224 (VII-5) Habitat Futura n os 7, 8 (V-6) Gas Actual n o 102 1994 (VI-2) Europ’A n os 4, 5 1203 (VI-6) Inmueble n os 70, 71, 72 2400 (VI-2) Aitim n o 246 2926 (XV-4) HNA n o 21 3401 (VI-6) Medua nº 10 1158-43 (XVII-6) Vidrio nº 102 2274 (VI-2) Protecma n o 33 3122 (VII-6) Editeco nº 237 3166 (VII-6) Aproin nº 47

LIBROS

1600 (XIII-5)

¡HOGAR! Catálogo da exposición sobre o imaxinario arquitectónico que a revista HOLA crea no

público español, a través da publicación de imaxes das casas dos "famosos".

1601 (IV-4)

PRECIO DE LA CONSTRUCCIÓN CENTRO 2007 Base de datos en catro tomos con prezos da construcción, realizada polo Gabinete

Técnico de Publicacións do Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Guadalaxara, na súa edición do 2007.

1602 (XIII-5)

PRIMERA BIENAL DE ARQUITECTURA, ARTE Y PAISAJE DE C ANARIAS Recopilación de textos, imaxes e ponentes desta primeira bienal.

1603 (XI-6)

LEGADO RAMÓN VÁZQUEZ MOLEZÚN Catálogo que repasa o Legado do arquitecto natural de A Coruña, Ramón Vázquez

Molezún, a súa vida, obra e trascendencia. Contén un CD con moita información sobre a súa obra.

1605 (XII-2)

TONET SUNYER Monografía que recolle o mellor do traballo do arquitecto Tonet Sunyer.

NCSP-07 1606 (V-3)

NCSP-07 Texto do Real Decreto 637/2007, de 18 de maio polo que se aproba a Norma de

Construcción Sismorresistente: Pontes (NCSP-07). Esta norma ten coma eido de aplicación tódolos proxectos e obras de nova construción de pontes que formen parte da rede de estradas do estado, ou da rede ferroviaria de interese xeral.

1607 (V-1) 1608 (V-1)

VI JORNADAS CGPJ-CSCAE (I) Conferencia do maxistrado D. José Requena Paredes baixo o título: “El código Técnico

de la Edificación (CTE). Un nuevo marco para el ejercicio de la profesión de arquitecto. Obligaciones en el Código Técnico de los agentes intervinientes en la Edificación.

VI JORNADAS CGPJ-CSCAE (II) Conferencia de Alfonso Pérez Guerra co título: “Las normas de seguridad y salud en

obras de edificación. Agentes afectados. La función pericial en los procedimientos penales.

3638-50 (II-6)

ENCICLOPEDIA GALICIA – L – DEREITO Quincuaséximo tomo desta enciclopedia, que neste exemplar estuda o Dereito Privado

Galego, con atención ós seus usos e costumes propios, as institucións, as herdanzas, usufructos e melloras nas partixas, a apartación e o dereito sucesorio; os contratos e a normativa galega sobre fundacións.

1610 (IX-3)

10 ANYS DE CONSTRUCCIÓNS EDUCATIVES A LES ILLES BAL EARS 1998/2007 Repaso á construción de centros educativos, editada con numerosas fotografías e

planos dos mesmos, nas illas baleares nos últimos 10 anos.

1611 (VIII-1)

MORNA, ATZARÓ – LA CONSTRUCCIÓN DEL TERRITORIO DE E IVISSA Estudo que vincula a tipoloxía arquitectónica ca topografía do lugar na illa balear de

ibiza. O libro vai analizando tanto a topografía, comunicacións e orografía coma algúns exemplos concretos e característicos de construción das diversas zonas da illa.

1612 (XII-5)

PREMIO ACERO 2005-06 Recopilación de traballos galardoados no concurso de proxectos de fin de carreira de

CatedrAcero do Departamento de Estruturas de Edificación da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid.

OUTROS MATERIAIS

1604 (M)

Q.EST BÁSICO 2.0 Programa de Xestión integral de Oficinas Técnicas de Enxeñería e Arquitectura;

realizado polo Instituto da Construcción de Castela-León, permite a organización e automatización de procesos propios dos estudios de arquitectura.

1609 (V-3)

FICHAS TÉCNICAS CTE Caixa con fichas que recollen as esixencias mínimas no deseño de edificios de

vivendas en Galicia, Adaptadas ó Código Técnico da Edificación. E fichas sobre as servidumes e limitacións de dominio, segundo a lexislación sectorial autonómica galega e estatal.

Biblioteca da Delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia