Arume nº 8

49

description

Revista do Ies As Barxas. Curso 2010-11

Transcript of Arume nº 8

Page 1: Arume nº 8
Page 2: Arume nº 8

A revista Arume asoma as súas páxinas á ventá de Internet. Este novo

formato abrirá as portas do noso centro á aldea global polo que, ademais dos

membros da comunidade educativa do IES As Barxas, moitos máis usuarios

poderán ollar o realizado durante este curso 2010-11.

Como xa é habitual, en Arume atoparemos unha panorámica de todas as

actividades extraescolares protagonizadas por alumnos e profesores. Este curso

foi especialmente prolífico e as actividades chamaron a atención tanto pola súa

cantidade como calidade. Proba disto último foron os distintos premios acadados

por algunhas delas e que nos encheron de orgullo. Para a nosa pequena historia

quedan os premios do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos e

do I Certame Audiovisual Escolar ao vídeo “Dibujando mi futuro”, ou os acadados

pola “Muller Lamprea” tanto neste mesmo certame como no propio centro, onde

a estampación da súa imaxe nas camisetas constituíu outro éxito de vendas. Máis

recoñecementos foron acadados polo blogue de Plástica e por vídeos realizados

por alumnos desta materia e doutras que bateron récords de descargas na

sección You Tube ligada á nosa páxina web. A relación de todos estes premios

atoparédela nas páxinas interiores de Arume.

Ademais volven quedar para a posteridade as fotos de todos os grupos

que ocuparon as aulas do centro neste curso escolar. Xa veredes como dentro

duns anos volveredes a miralas con cariño.

Só me queda agradecer o traballo desenvolvido polos profesores e os

alumnos que, motivados por aqueles, contribuíu a encher un novo número da

revista Arume do IES As Barxas.

O Director.

Page 3: Arume nº 8

o remate deste curso 2010-2011 chega ao seu fin tamén a laboura na secretaría do centro do noso

amigo Paco Serantes tras sete anos desempeñando o cargo, catro dos cales tiven a honra de compartir con el.

Traballador nato onde os haxa, de todos é sabido que Paco ten unha auténtica devoción polo traballo ben feito, xa sexa impartindo as súas clases de Matemáticas como desenvolvendo os seus cometidos como secretario do centro. Paco foi durante este tempo o referente para todos nós. Paco arreglando conexións de ordenadores, Paco subindo interruptores, Paco amañando persianas, fechaduras, radiadores, indo á correos, facendo fotocopias, Paco abrindo o centro, Paco pechando, Paco desatascando cañerías, Paco repoñendo papel nos baños, Paco pelexando coas inundacións da sa de profesores, Paco chamando aos país, Paco chamando ás nais, Paco toleando cos libros da gratuidade, Paco negociando cos comerciais, Paco cargando coas mopas, Paco sustituindo a dazaseis profesores ao mesmo tempo, Paco recollendo papeis, Paco limpando tellados, Paco escribindo actas, Paco lendo actas, Paco, Paco. Omnipresente Paco.

Pero, ainda mais ca un ensinante con adicción ao traballo, Paco é esa persoa na que é difícil atopar algo reprochable. Paco é amigo, mais confidente ca confesor. Paco é o “pano de bagoas” que carga cos rollos cos que lle imos mais de catro, quizás en busca dunha palabra de alento, quizás en busca da solución a un problema. Porque

Paco sempre atopa a solución axeitada para cada situación, posiblemente pola súa condición de matemático.

Paco será botado de menos nas súas función directivas. Non vai ser doado sustituilo como para el tampouco foi doado sustituir a quen o precedeu no cargo e o listón para quen veña quedará moi alto.

Persoalmente síntome agradecido e orgulloso de ter coincidido no tempo, tanto no eido profesional como no humano, cunha persoa de tamaña altura, un amigo con maiúsculas con que nunca xamais deixarei de estar en débeda.

Manuel Rúa

C

Page 4: Arume nº 8

.

O Auditorio de Cangas acolleu os días 1,2 e 3 de Marzo as primeiras "Xornadas de orientación Académica e Profesional do Morrazo", coa participación de sete institutos (Rodeira, María Soliño e Monte Carrasco, en Cangas; A Paralaia e As Barxas, en Moaña, e Johan Carballeira e Illas de Ons, en Bueu) e o centro público integrado de O Toural, en Vilaboa. A iniciativa estivo orientada aos alumnos de 2º curso de bacharelato, ciclos formativos de FP, 4º ESO e PCPI, en horário

de mañá, e abertas pola tarde a todo o alumnado, familias e cidadanía en xeral. O seu obxectivo foi axudalos a elixir entre as saídas académicas e profesionais ao finalizar os seus estudios, e informar sobre o abano de posibilidades para a toma dunha decisión o máis axustada posible axus tada aos seus intereses, expectativas e posibilidades.

O martes, tras o acto inaugural, a sesión de mañá dedicouse á presentación dos graos, residencias e bolsas das tres universidades galegas (Vigo, A Coruña e Santiago), e pola tarde explicáronse as probas de acceso aos estudios universitarios de Galicia (PAAU), e presentáronse os ciclos de grao superior que ofertan os centros. O mércores repartiuse a mañá entre a oferta da rama de artes e humanidades e a xurídico-social, a de ciencias e ciencias da saúde e a de enxeñaría e arquitectura. Pola tarde tiveron protagonismo a arte dramática e as artes plásticas, entre outras

A xornada do xoves abordou as opcións que hai ao finalizar a ESO, mesas redondas sobre diferentes oficios, acceso ao mundo laboral e opcións para os emprendedores dende distintos sectores.

A valoración das xornadas, aínda que con erros e outros atrancos, foi en xeral positiva para alumnado, profesorado e familias. Esperamos mellorar en edicións futuras

Departamento de Orientación (orientaasbarxas.blogspot.com)

Page 5: Arume nº 8

Alumnos de francés viaxaron ata Vigo a ver a obra de teatro: "Les femmes Savantes"

Un grupo de rapaces de ESO do centro, viaxaron ata Pajares dentro do do programa Semanas

Brancas 2011

Alumnos de 3º ESO fixeron o Camiño de Santiago dende Tui ata a Catedral

Alumnos de francés acudiron a Vigo a ver a obra de teatro "Le fantôme de l'opéra"

Os alumnos de cultura clásica e latín viaxaron ata

Lugo

Alumnos de 2º ESO fixeron unha saída ao sur da provincia: Baiona, Santa Tegra e Tui

Page 6: Arume nº 8

.

O 4 de Abril emprendemos a nosa viaxe cun sorriso na cara, a maleta chea e os ollos aínda lagañosos. O camiño de ida foi longo e probablemente o momento mais silencioso da viaxe. Aqueles que non conseguimos abandonarnos ao sono, vimos como a paisaxe do norte de España pasaba ante nos a través da ventá.

Ao chegar a noite, xa nos atopabamos en Francia, na cidade de Burdeos , onde nos aloxamos no que sería o noso hotel por unha noite. Ao rematar de cear demos unha volta polos arredores. Pese a ser luns as rúas estaban cheas de xente e alí mesmo, en plena rúa de Burdeos, non dubidamos en cantarlle O Cumpreanos a Violeta en canto chegaron as 12. Canción a que, para a nosa sorpresa, non tardaron en unirse moitos dos transeúntes franceses.

A maña seguinte, despois do típico almorzo francés, subimos ao autobús xunto aos nosos compañeiros de Teis, aos que xa coñecéramos durante o traxecto do día anterior. Outro día de camiño ata chegar a París no que a través da ventá sempre estivemos acompañados dos inmensos campos de flores... E afín chegamos a París, cansados pola viaxe pero con moitísimas ganas de coñecer a cidade.

Durante os días seguintes non paramos. Empapámonos de arte impresionista no Museo da Orangerie, recorremos o suntuoso palacio de Versalles e fíxemos unha rápida visita ao impresionante Museo Louvre, onde a falta de tempo para recorrelo todo a maioría decantámonos por ir ver A Gioconda, a momia e a Venus de Milo.

Non faltou tampouco a visita á Catedral de Notre Dame, á Basílica do Sagrado Corazón de Montmartre, á Sainte Chapelle, ao barrio latino e como non, á emblemática Torre Eiffel, dende a que puidemos ver unha impresionante panorámica de París.

Mentres íamos coñecendo París non faltaron as risas, as bromas, os erros co idioma... Dunha maneira ou outra todos tivemos que botar man das linguas que coñecíamos para facérmonos entender.

Page 7: Arume nº 8

O autobús converteuse na nosa segunda casa. Alí durmimos, cantamos, vimos películas, xogamos as cartas e intercambiamos impresións e anécdotas da viaxe, acompañados da música, que nunca faltaba. Tanto é así, que agora para moitos de nós é inevitable non asociar cancións como “Hold yah”ou “Princesas” á viaxe de París.

O sábado pola mañá gastamos as nosas últimas horas na cidade en recorrer as galerías de Lafayette e o emblemático Hard Rock cafe, que todos deveciamos por coñecer.

Pola tarde facturamos o equipaxe no aeroporto, algúns cruzando os dedos para non pasarse co peso da maleta e sobre as sete da tarde xa estábamos voando con destino Oporto, para moitos o seu primeiro voo.

O autobús recolleunos no aeroporto e tras parar en Teis e despedirnos dos nosos compañeiros de viaxe chegamos a Moaña, onde nos esperaban os nosos pais, a nosa cama e a rutina de sempre que deixaramos aquí colgada mentres gozabamos da vida parisina, facéndonos donos da mítica frase da película Casablanca: Sempre nos quedará París.

E non podo despedirme sen antes transmitirlle o noso agradecemento a Goretti e a Fernando que non escatimaron en paciencia con nós e tentaron sempre compaxinar a programación co noso cansazo para facer a viaxe mais levadeira, cabe dicir que con éxito.

Andrea Piñeiro

Page 8: Arume nº 8

.

by Katrin and Nazaret

28 de marzo os alumnos de primeiro de bacharelato do I.E.S. As Barxas collemos ás

sete da mañá o autobús que nos levaría ao aeroporto de Oporto, en Portugal, para coller o noso agardado voo a Londres. Chegamos a Oporto ás nove da mañá (hora portuguesa) e a pesar de que houbo problemas para facturar (retrasos do aeroporto), ao fin chegamos ao noso avión de EasyJet, rumbo Londres.

Chegamos ao aeroporto de Gatwick ás catro da tarde e, despois de recoller as maletas (a pesar de que houbo un lixeiro retraso porque a maleta dunha compañeira perdérase, aínda que un par de días despois lla enviaron ao hotel), dirixímonos en autobús ao noso hotel, o Royal National. Ás sete da tarde xa estabamos paseando por Londres, aínda que ese primeiro día só puidemos facelo polas principais rúas e avenidas da cidade: Chinatown; Trafalgar Square; as esfinxes e o obelisco que os británicos trouxeron de Exipto; a estación de tren...

O martes 29 levantámonos con ganas, e despois de tomar o almorzo collemos o

metro en Russell Square para ir ata Hyde Park, o parque máis famoso da cidade, onde no medio do lago, chamado “The Serpentyne”, hai un altar adicado a Lady Di. Despois disto demos volta para ir ata os Kensington Gardens e visitar o Palacio de Buckingham. Alí, despois de percorrer media cidade ás présas para ver o cambio de garda, atopámonos con que ese día non o facían. A cambio, e por sorpresa, tivemos a oportunidade de ver á raiña de Inglaterra, Isabel II, saíndo do palacio nun coche blindado para ir a un congreso. Despois de perseguir ao vehículo da raíña para sacarlle unha foto (que ao final conseguimos) fomos

paseando ata Green Gardens, pasando por Westminster Abbey (onde foi a voda do príncipe Guillermo con Kate Middleton), ao London Eye (subimos todos, e merece a pena, a vista é impresionante!),

o Tower Bridge, o Big Ben... cara o mediodía achegámonos ata o Globe Theatre, o primeiro teatro onde se representaron obras de Shakespeare. Ao seu lado estaba a Tate Gallery, un museo de arte moderna de cinco pisos feito a partir dunha vella fábrica da época da revolución industrial. Si, realmente foi un día completo, que rematou coa asistencia ao musical de Queen. ¡Impresionante!.

O

Sen dúbida, esta foi a mellor das excursións que temos feito ata agora. Agardamos volver pronto!

Page 9: Arume nº 8

O mércores 30 pola mañá puidemos ver a National Gallery, outro dos museos máis famosos de Londres. Trátase dun edificio enorme, faría falta máis dunha semana para velo enteiro, e nós tivemos soamente hora e media. Unha pena...

Despois de comer, collemos o metro en Charing Cross para ir a Camden Town. Esta é a zona bohemia da cidade, a zona alternativa. Chámanlle tamén Camden Town Market pola súa variedade de tendas e de xentes. Pasamos alí o resto da tarde, nunha loucura consumidora total.

O xoves 1 foi o noso último día completo, así que pola mañá levantámonos cedo e tras coller o metro en Charing Cross, fomos paseando polo centro ata Whitehall, a rúa onde están tódolos edificios gubernamentais. Alí vive o primeiro ministro británico (neste momento, David Cameron). Máis tarde dirixímonos ao Natural History Museum. Este museo está situado en South Kensington e foi construído entre 1870 e 1880. Posúe máis de 70 millóns de espécimes e obxectos diferentes de distintas áreas, como poden ser a botánica, a entomoloxía, a zooloxía, a paleoantropoloxía, etc. Nel rodouse a famosa película de Hollywood “Noite no museo”. De cara ao mediodía encamiñámonos ao museo das ciencias, que está na mesma rúa. Este foi fundado en 1857, e posúe corenta salas divididas por áreas de coñecemento, dende a informática ás telecomunicacións. Pasamos a tarde facendo compras de última hora en Oxford Street, a rúa máis comercial de Londres. Ten unha extensión de dous quilómetros, todo chan, cheo de tendas de todo tipo, aínda que as que máis abondan son as de souvenirs, sen esquecernos dun Starbucks cada 5 pasos (realmente, dá a

impresión de que hai máis cafeterías Starbucks en Londres ca londinenses propios por metro cadrado).

O venres 2 de abril levantámonos

con poucas ganas de voltar a casa, dado o ben que o pasaramos na viaxe. Pola mañá soamente nos deu tempo a visitar o British Museum, un dos máis famosos do mundo, pero estabamos tan cansos que o que máis nos interesaba ver eran bancos para sentar. Esta foi a nosa última visita, pois ao mediodía volvemos a Gatwick para tomar o avión de volta á casa. Ás once xa estabamos, moi ao noso pesar, de volta en Moaña.

Page 10: Arume nº 8

.

Kevin González

Que é o remo? Que un batel, traiñeiriña ou unha traíña?

Estas son moitas das preguntas que se formula a xente, non só estranxeira, senón incluso

nós mesmos. Parece mentira que un deporte propio da nosa terra sexa tan descoñecido

lá polo século XIX, aparecen un tipo de

embarcacións na costa Atlántica e Cantábrica,

a remo e vela, chamada traíña. Esta

era utilizada para a mellor captura das

baleas. Os bravos homes perseguían o

cetáceo a golpe de remo.

Máis adiante, esta foi utilizada para a pesca de baixura, coma por exemplo para a pesca de sardiña nas zonas

próximas a Cíes. Os armadores

contrataban aos mellores para

chegaren os primeiros a vender o peixe. O orgullo destes non

parou aí, estes agardaban a todas as

embarcacións e ao acabaren de faenar

daban a saída e vogaban por chegar

antes ca ninguén.

Co tempo, a traíña deixouse de utilizar para fins de pesca e máis para o ocio e o deporte xunto cos seus curmáns cativos: batel e traiñeiriña.

Na nosa vila, dende os comezos, este deporte foi moi reclamado polos mariñeiros. Comezaron a aparecer as primeiras traíñas nas parroquias de Moaña. No ano 1979 nace a S. D Samertolameu e máis tarde San Xoán. Ámbos os dous conquistaron meritorios triunfos.

Anos máis tarde, San Xoán divídese en dous clubs que no 1990 formarían a actual S. Tirán.

Este ano, os dous clubs conseguiron notables triunfos nos

A

Page 11: Arume nº 8

campionatos galego e español.

A S. D Samertolameu conquistou o

campionato de España de traiñeiriñas na

categoría absoluta feminina, revalidando

o triunfo do ano pasado. Porén, en

bateis partían coma favoritas, pero unha mala disposición das balizas ocasionoulles

non poder gañar estoutro título.

Polo outro extremo da vila, os infantís de Tirán

conquistaron o campionato galego e

español con soberanía. Un destes campións,

Nicolás Boubeta, alumno de 1º da ESO, remaba nesta tripulación. “Foi algo inesquecible, todo o sufrimento, a dor, os

duros adestramentos… todo, recompensado cunha

victoria”

Tamén os xuvenís lograron o campionato galego. No campionato

de España, tras o escándalo de balizaxe, lograron un 3ºpremio.

Nas traiñeiriñas, deron unha meritoria lección conseguindo a

prata e

desbancando do podio aos campións de España en bateis, favoritos ata entón.

O noso representante agora é Kevin González de 1º de Bach. “O campionato de España de bateis foi o peor da miña carreira de remeiro, un roubo… pero non ten solución. Despois, o equipo colleu a traiñeiriña e volveu a por todas. Non lograríamos a victoria, pero ser os primeiros galegos foi a recompensa por un ano moi duro”

A tempada para eles rematou…que sucederá o ano

proximo?

Kevin tras o esforzo…

Page 12: Arume nº 8

¿Quen era Comenius?

súa existencia revela e recorda a herdanza europea en materia de educación, de

aí a súa elección para bautizar este programa.

Comenius é o nome latino de Jan Komensky (1592-1670), teólogo, filósofo e pedagogo nacido en Moravia, actual República Checa, que participou nas reformas educativas de varios países europeos (Moravia, Polonia, Suecia, Inglaterra). É considerado coma un

dos fundadores da pedagoxía moderna. Coñecido polos seus principios educativos expostos en «La didáctica magna » (1626-1632), na que sinala o seu concepto do ensino: «Ensinar todo a todos», Comenius defendeu a educación porque grazas a ela o ser humano pode desenvolver todas as súas posibilidades e levar unha vida harmoniosa. Tamén foi un home universal, defensor dos dereitos do home, da paz entre as nacións, a paz social e a unidade da humanidade.

A

Page 13: Arume nº 8

¿En qué consiste o PROGRAMA COMENIUS?

Este programa promove a cooperación e mobilidade entre centros educativos (no noso caso de secundaria).

Subvenciona diferentes accións. A nosa é unha asociación escolar multilateral centrada na participación do alumnado, en cuestións pedagóxicas e tamén cun enfoque lingüístico.

Países implicados

Francia: Lycée Régional Antoine de Saint Exupéry

Saint Raphaël

Italia : Istituto Tecnico Commerciale Statale « A. Capriotti »

San Benedetto del Tronto

Alemania: Berufsbildende Schule Landau

Landau in der Pfalz

Polonia: Liceum Ogolnoksztalcace

Staszów

Rumanía: Colegiul Tehnic “Dimitrie Ghika”

Comanesti

España: IES “As Barxas”

Moaña

Page 14: Arume nº 8

Alumnado

Linguas de traballo

O proxecto utiliza como lingua prioritaria o francés pero tamén o inglés e italiano.

Profesores implicados

Pilar Calcerrada e María González –coordinadora do proxecto no centro- (Dpto. Francés)

Palmira Calvar (Dpto. Inglés)

Asunción Montenegro (Dto. Lingua Española)

Carmen Egido (Dpto. Física)

Luz Beloso (Dpto. Plástica)

Mª José Soto (Dpto. Economía)

Participan alumnos de 4º ESO e de Bacharelato de

Francés e algúns profesores/as.

No proxecto traballa todo o grupo-clase.

Page 15: Arume nº 8

Xustificación do proxecto, obxectivos xerais e duración.

Se temos en conta a crise económica actual, a evolución da sociedade e da estrutura familiar, pensamos que a escola, adaptando a pedagoxía, debe acompañar ao alumnado na construción da súa autonomía e así evitar o fracaso escolar, favorecer o Obxectivos específicos:

-desenvolver competencias no ámbito das TIC’s

mellorar e valorar as competencias lingüísticas dos alumnos/as

tomar conciencia da diversidade cultural europea

favorecer o traballo en equipo

dar a oportunidade de viaxar

Os centros participantes contan con alumnos inmigrantes, con problemas económicos no seo das familias, con abandono da escolaridade, con crise en sectores produtivos que eran fonte de ingreso importante para as comarcas...

No noso caso, e debido a que o sector pesqueiro e a construción están á baixa e que o turismo despunta na comarca, pretendemos que parte de nosos alumnos desenvolvan as competencias e a formación adecuadas para seren traballadores potenciais deste sector.

A duración: 2 anos académicos.

Mobilidades

Este ano acollen Polonia (novembro); Italia (marzo) e Romanía (maio).

O curso 2011-12 serán España, Alemania e Francia.

Page 16: Arume nº 8

Eran dous signos que eran como irmáns, o signo “maior que” (>) e o signo “menor que”(<). Eles estaban na clase co número pi, a multiplicación, a división... Un día chegou un novo signo á clase: o signo igual.

Ese signo caíalle mal a toda a clase pero ao signo maior e menor pareceulles interesante. Eles achegáronse e empezáronlle a falar da súa vida e el da tamén lles falaba da súa. Ao final da conversación decidiron investigar máis sobre eles, e esa tarde empezaron a indagar de biblioteca en biblioteca durante tres tardes. Non daban atopado nada. Mentres ían para a súa casa viron unha biblioteca que se chamaba "El rincón de las mates”. Entraron e empezaron a ver libros ata que atoparon un libro que dicía “El signo mayor y menor”. Abrírono e poñÍa que entre eses dous signos existía outro, o igual.

Eles, impresionados, déronse de conta de que tiñan que ser unha especie de primos e dende ese día nos exercicios podemos atopar: < > = ≤ ≥.

Estefanía Vilas Rueda 1º ESO B

Eu moito discuto coa profesora de matemáticas. Por cousas nas que non estou de acordo porque... como 2/4 e 4/8 van a ser equivalentes? Eu prefiro tomar seis anacos de chocolate que dous, pero a miña profesora di que o total da fracción é unha tableta de chocolate e que as dúas tabletas son iguais, pero non é o mesmo tomar anacos grandes que pequenos, porque dos pequenos sempre che cae algún anaquiño. E tamén discutimos nas rectas: Por que cando unha recta pasa por enriba de outra se corta? Pero como se vai cortar se segue enteira? E despois están as “tanxentes”, un nome que parece moi importante pero só é unha recta trazada superiormente da circunferencia dun xeito moi particular para simplemente cortar un punto. As veces iso afecta as notas porque che poñen un negativo... Un negativo? Para unha cousa que hai que estudar matemáticas é para poñer negativos? Estes chámanse números enteiros pero ás veces non parecen moi enteiros nas notas. Definitivamente… Eu aprobarei matemáticas porque se non, a actitude da miña nai é negativa, e non me gustan os números cun menos diante.

Jessica Miranda 2º eso D ?

Un día 3,14 sae da súa casa co propósito de comprar o xornal, senta nun banco do parque e comeza a ler as novas: Terremoto en Xapón, quedan sen fogar 5.672 persoas, os científicos cualifican cun 5 na escala de Richter a esta desgraza sísmica. Serán necesarios polo menos 11 meses para reconstruír todas as vivendas. Noutra noticia podíase observar: Na carreira mundial celebrada onte día 22-10-10 conquistou o máis alto do podio o corredor número 1, na seguinte posición localizamos ao número 2 acompañado un posto máis abaixo polo número 3. Despois de ollar o seu xornal 3,14 pensa ensimesmado que el nunca aparece nas noticias, nin no día a día, pois ninguén lle di ao carniceiro dáme 3,14 Kg. de polo, ou 3,14 de queixo. 3,14 quería cambiar e desexaba ser o número 1. O número 1 sempre era o primeiro, un campión... ¡ ¡ Quero ser número enteiro !! Sentado naquel banco o tempo parecía pasar máis lento; 3, 14 necesitaba solucións e non, non as tiña na punta da lingua. Pensaba nos números enteiros. Eles, cando se querían facer maiores, recurrían á súa amiga a suma e era moooooi simple: coa multiplicación podían converterse en números moi altos nun “plis”. Cando estaban deprimidos podían volver á infancia grazas á resta e se eran moi maiores coa división. Pero claro, nós, os números decimais, témolo moito máis difícil, sempre levando a coma arrastro, pensou. Entretido nas súas cavilacións, 3.14 non se deu de conta de que ao seu lado lle deixou pousar o seu traseiro ao seu antigo compañeiro de colexio, o 3.15, que lle dixo: - Ostras,¡¡¡¡ti es 3.14!!!!, ¿acórdaste de min?. Son 3.15, sentabamos ao lado no colexio. - ¡Como esquecerte 3.15!!!. ¡Cantas veces indo ao despacho do señor 476!! El sempre nos

dicía: como director que son, expúlsovos e non hai volta atrás. Os dous números botan uns risos, e volve preguntar 3.15: - Dime 3’14, ¿como che vai todo? - Querido amigo meu... todo me vai mal. Non sei, síntome apartado desta sociedade. Non son nada. - ¿Que non es nada? ¡ ¡ Se ti es o número máis famoso da historia!! - ¿E de que me serve? - Sen ti, non saberiamos canto mide a lonxitude de calquera circunferencia, a roda dunha bici, un balón, a terra… - Agora que o dis, comprendo que temos que estar orgullosos do que somos porque iso nos identifica.. Grazas 3.15 ¡¡Es un bo amigo!!.

Iría Núñez Casás 1º iso B

Page 17: Arume nº 8

“Os polos opostos atráense” A miña profesora de matemáticas

contoume unha historia moi

interesante que ía sobre unha parella,

a rapaza chamábase +5 e o seu noivo

chamábase -5.

Ela era positiva, guapa, elegante,

bondadosa e rica... e el era todo o

contrario, é dicir, bastante negativo,

feo, descoidado, pobre... Resumindo:

era totalmente oposto a ela.

Entre eles había unha serie de

persoas, uns máis próximos a el como

poden ser o amigo -4, o -3, et c; e

outros que se achegan máis á forma

de ser dela como é o caso do veciño

+4, o amigo +3, e tamén o +2.

A nai da rapaza, coñecida como raíz

cúbica de 125, opoñíase á relación

desta parella porque consideraba que

non tiñan nada en común agás uns

primos que son o 5 e o ,1 entón

tratou de convencer a 0, que era a

amiga da súa filla, para que a

axudase a romper a relación de +5 e

-5, pero 0 sentíase igual de próxima

tanto á súa amiga coma ao seu noivo

e por iso decidiu manterse neutral

ante esta relación e non apoiar á súa

nai na ruptura.

Finalmente, a nai de +5, ao ver que

non contaba co apoio de 0, que era

na que máis confiaba, decide deixar a

parella para que sigan xuntos e sexan

felices, porque malia as súas

aparencias no fondo os dous eran

cinco.

Saúl Santomé Rodríguez 1º eso B

Os números Aínda non te entendo: levo toda a vida ao teu lado, señorita

Matemáticas, e aínda non entendo como podes estar en todas

partes e ser tan complexa.

Cando comecei a coñecerte parecías unha materia calquera,

medianamente doada, xogabamos para aprender, asociabamos

os números con debuxos, o 1 un soldadiño, o 2 un patiño...

Tamén aprendiamos con cancións como a de: dous e dous son

catro, catro e dous son seis, seis e dous son oito e oito dezaseis.

Pero agora? Non, agora non, xa non é sumar e restar. Agora

xa non nos dan os dedos para facer as contas que me propós.

Din que ti es perfecta, pero eu creo que ninguén é perfecto,

porque... como pode ser perfecto o periódico puro? Por exemplo

cando divides 4:3 e dá 1,3333333333333333... a ti

paréceche perfecto? Eu creo que non.

Gustaríame poder odiarte, pero ¿como? ¿Como vou odiar unha

parte de min? Porque, se o pensas ben, ela é unha parte de

todos, está na rúa, na casa, nos bares, na música, nos

sentimentos, en fin, en infinitos sitios, infinitos como os

números. Alguén pasaría a vida contándoos todos? Non o creo.

Teño que recoñecer que me axudas moito. Sen ti non podería

contar ovellas pola noite, non podería cantar algunhas

cancións, non podería saber a hora que é, non podería saber

nin que día é hoxe, nin o mes, nin o ano, non podería saber os

anos que ten a xente nin os que teño eu mesma, non podería

saber o prezo do que quero comprar...

Ninguén podería vivir sen ti e eu seguirei aprendendo ao teu

lado moitos anos máis. Iria Soto Martínez 2º ESO D

Page 18: Arume nº 8

Os alumnos de 1º ESO

acudiron á Sala de

Exposicións de Caixanova

(Vigo) para participar

nuns talleres nos que lles

plantexaban distintos

problemas matemáticos.

Page 19: Arume nº 8

Dividíronnos en grupos, e leváronnos por diferentes

mesas con distintas actividades relacionadas

coas matemáticas: resolver problemas, facer

rompecabezas …. ¡¡¡Foi moi divertido!!! Lucía Parcero

Nunha das mesas debuxamos e recortamos

mosaicos cos que intentábamos encher unha superficie. Démonos conta de que non calquera figura

xeométrica valía para facer mosaicos

Traballamos con pentaminós. Xa os coñeciamos porque

nolos ensinara a nosa profesora. Tamén nos

ensinaron que non sempre é posible percorrer unha illa con vaias pontes pasando unha única vez por cada

ponte.

Page 20: Arume nº 8

O noso Centro participou nos Primeiros Encontros do

Audiovisual Galego en Porto do Son. Presentamos unha pequena mostra de traballos videográficos

feitos polos nosos alumnos e coordinados por Luz. Estes vídeos destacaron pola súa gran calidade e

orixinalidade, ao seren os únicos que empregaron a técnica "stop

motion".

Page 21: Arume nº 8

Todo comenzou un día no obradoiro de tecnoloxía cando Camilo, o noso profesor, nos fixo descargar

un camión de táboas.

Pasamos todo o terceiro trimestre do curso medindo, cortando, ensamblando… e, finalmente,

montamos a nosa primeira librería.

Despois do esforzo colectivo e tres meses de traballo, a nosa dedicación foi recompensada

con... unha Cocacola!...

Bueno, o traballo foi entretido e aprendemos moito.

PD. Ao final recibiron algo máis que unha Cocacola (Equipa de Biblioteca)

Page 22: Arume nº 8

Neste curso tivo lugar a segunda edición do proxecto “As Barxas Emprende”, unha actividade interdisciplinar e creativa diseñada para fomentar a cultura emprendedora na Educación Secundaria a través de distintas propostas didácticas e actividades puntuais dirixidas a crear e xestionar unha empresa durante o curso escolar.

E unha actividade lúdica e creativa que permite promover conductas e actitudes de colaboración , de coordinación, de superación de conflictos, de asunción de problemas e de responsabilidade, polo que se prima o traballo en equipo tanto de alumnos como de profesores.

Os OBXECTIVOS xerais do proxecto eran:

Desenvolver o espíritu emprendedor no alumnado de Educación Secundaria adquirindo hábitos e conductas emprendedoras de forma autónoma a través do desenvolvemento das capacidades emprendedoras.

Conectar o ámbito da escola co ámbito empresarial dando a coñecer ó alumnado o seu entorno socioeconómico e productivo.

Levar a cabo unha aprendizaxe transversal e significativa, xa que o modelo permite o estudio integrado de varios temas, combinar varias actividades interdisciplinares, e dar ós coñecementos e destrezas teóricamente aprendidos unha perspectiva práctica aplicada ó mundo da empresa.

Fomentar o traballo en equipo, a negociación, a resolución de conflictos, a planificación e as conductas cooperativas a través dun enfoque creativo e lúdico.

As liñas de actuación no curso 2010-11 foron 2:

a) Cooperativas escolares.

Creación de empresas reais no centro, baseadas nunha producción artesanal e ecolóxica que se realizou en colaboración cos departamentos de plástica, ciencias naturais e economía.

b) Proxectos empresariais.

Elaboración de proxectos virtuais de empresa que poidesen ser viables para aplicar en Moaña, entre os que atopamos un cine. cafeterías, ximnasio, tendas de roupa especializadas, tendas de música, campamentos, ludoteca.. Todos os pasos que os alumnos tiveron que dar atópanse recollidos nos correspondentes blogs das empresas, que están enlazados no noso blog “barxas emprende”.

Page 23: Arume nº 8

3º ESO D/E

Todo o proceso de grabado está realizado a man, os debuxos son totalmente orixinais, elaborados pola profesora de plástica Luz Beloso no primeiro trimestre do curso 2010/11 (basados no conto da

Muller Lamprea). Ademáis dos productos, os alumnos tiveron que elaborar o catálogo (e colgalo

en internet), un anuncio, decorar os stands e canalizar o sistema de reservas de pedido,

tesourería e entregas

Leitugas, tomates, xudías, etc sembrados e coidados con todo mimo

polos alumnos de 3º ESO diverificación, na horta do IES AS BARXAS, baixo a supervisión de

Goretti.

4º ESO A/B

Adaptación dunha obra de culto dos 80 "The Breakfast Club",

onde uns alumnos que se levan mal pasan oito horas castigados nun

aula. Está dirixida pola profesora de plástica (Luz) co mérito

engadido de ser filmada cunha cámara de fotos.

4º ESO A/B

Tíñamos tres alumnas moi aficionadas a experimentar co

pintado de uñas, polo que asociouse a profe de

obradoiro (María José) coa de plástica (Luz) e lle dimos un

enfoque creativo.

4º ESO A/B

O punto de partida foi a reciclaxe de latas (de galletas e de leite para nenos maioritariamente), ás que tratamos de dar un valor engadido. Todo o proceso de decorado se realizou de maneira artesanal polos alumnos, utilizando sprais, debuxo a man e a técnica de decoupage, tomando como temática principal a muller lamprea, e dirixidos pola profesora de economía (María José) e a de plástica (Luz).

Page 24: Arume nº 8

A venta foi un gran éxito, sobre todo as camisetas foi o que máis sorprendeu xa que todo o proceso de grabado está realizado a man. Os debuxos son totalmente orixinais, elaborados pola profesora Luz Beloso.

O qué tamén sorprendeu foron as latas xa que o seu punto de partida foi a reciclaxe de das mismas, ás que trataron de darle un valor engadido. Todo o proceso de decorado realixouse de maneira artesanal polos alumnos, utilizando sprais, debuxo a man e a técnica de decoupage.

Agradecerlle a estes alumnos e ós profesores o seu gran traballo.

Lucía Parcero 1º ESO C.

Page 25: Arume nº 8

Os demais alumnos que atenden chorando á historia do seu compañeiro, intentan consolalo de todas as maneiras.

Logo tratan de divertirse un pouco poñendo música e bailando, pero a diversión remata pronto debido á chegada do profesor.

Daniel, enfadado con este "adulto" empeza a contestalo de malas maneiras e como consecuencia o seu castigo aumenta e o seu mestre decide castigalo o resto do do día encerrado en soidade dentro dunha clase. É cando os seus amigos deciden ir buscalo á súa aula de castigo.

Xa achegándose ao final, todos se van menos Claudia e Daniel os que quedan á entrada do instituto, falando durante uns minutos e despois...

Emma Sotelo (1º ESO C)

Durante este curso os alumnos de 4º da ESO e a profesora de plástica Luz Beloso, empregaron a maior parte das súas horas de clase para facer unha película titulada "The barxas club", inspirada na película dos anos 80, "O club dos cinco".

Esta nova película trata sobre cinco alumnos (Claudia González, Daniel Álvarez, Adrián Barros, Joel Fontenla e José Aboy) que son castigados polo director, con intención de que permanezan na aula de plástica durante unhas horas dun sábado. Estes alumnos chegan ao seu instituto de distintas formas, en moto, en coche, andando en bicicleta, ou en monopatín.

Dispostos a asumir o seu castigo, deciden empezar con bo pé, tratando de sumirse no mundo da imaxinación para intentar redactar un texto sobre as aspiracións dos seus próximos anos.

Acaban aburríndose, e empezan a contar a súa vida. É cando o rebelde (Daniel Álvarez), conta como son os días na súa casa; O seu pai pégalle a súa nai, e a el tamén; Esa é a razón pola que é tan duro coas persoas que o rodean.

http://www.youtube.com/watch?v=7X9jJFuyUUI&feature=player_embedded#at=228

Page 26: Arume nº 8

.

Como cada ano o grupo de 3º ESO-E diversificación ocúpase da horta do instituto, cultivando todo tipo

de vexetais con moita ilusión e traballo.

Este ano, como membro desta clase, dígovos que aprendemos moito experimentando coas nosas

verduras e o ano que ven saberemos mellor como cultivalas sacándolle o mellor rendemento posible a nosa terra. Aínda que este ano xa lle sacamos un bo

rendemento vendéndoas no instituto durante os recreos aos profesores que non dubidaron en

colaborar con nos. Cos benefícios disfrutamos do noso merecido descanso no Thalasso Spa Moaña

Page 27: Arume nº 8

A compañía de teatro do IES As Barxas cumpre este ano o seu cuarto ano consecutivo de actividade nesta andaina que escomenzou alá polo ano 2007.

Con moito estusiasmo e non pouco traballo foise consolidando unha actividade especialmente gratificante para todos os participantes. Mais de cen rapaces do noso centro (o primeiro ano eran tantos que tivemos que formar dous grupos) levan xa pasado polo escenario amosando unhas aptitudes formidables para este arte.

Este ano, como nos tres anteriores, participamos na Mostra de Teatro do

Ensino Secundario de O Morrazo, na que estrenamos a obra “Así que pasen cinco anos” de Federico Garcia Lorca con notable éxito. Os alumnos do centro tiveron ocasión de presenciar a obra no propio centro co galo da celebración do Dia das Letras galegas. Ademais, a finais de xuño, a nosa compañía foi invitada a un festival de teatro na localidade de A Cañiza.

Dende aquí, animar a todos os que queiran participar na Compañía o vindeiro ano para que veñan divertirse facendo teatro.

Page 28: Arume nº 8

A aula de apoio está situada na planta baixa, ao lado da aula de convivencia, indo cara ao ximnasio. Ten unha árbore na porta que vai cambiando coas estacións e festas. En halloween tivo cabazas e fantasmas, en outono caéronlle as follas e tivo castañas,...

Cada un temos uns días e unhas horas, e ao rematalas volvemos ás nosas aulas.

Cando chegamos a esta clase, estaba baleira. O máis raro que tiña era unha billa, xa que antes era un laboratorio pero nós decorámola con debuxos e traballos e deixámola moi bonita.

É unha clase multicolor onde fixemos moitas cousas. Por exemplo, un calendario. Grazas a el sabemos os meses, os días da semana, o tempo que fai e as estacións. Así nunca nos perdemos e sabemos en que día estamos.

Hai un rato de madeira chamado "Narigón", (debeuno de crear a profe nun día de aburrimento) que ten sempre cartas para nós e se nós lle escribimos cartas nos sobe a nota.

Os nosos traballos gárdanse nunha caixa de Bob esponxa e para que Narigón non estivese só trouxémolo a Patricio para acompañalo.

Para axudarnos cos exercicios temos unhas táboas de multiplicar (do 1 ao 12) enriba do encerado, cada unha está nun folio de cada cor e ao seu lado están os paxaros para saber cando temos que sumar, restar, multiplicar ou dividir.

Temos un abecedario moi colorido para axudarnos a buscar no dicionario.

Ás veces cronométranos na lectura ou dicindo as táboas coas baldosas. Preguntábanos unha táboa, por exemplo a do 8. Tiñamos 10 baldosas. Se acertabas, dabas un paso cara a adiante e se fallabas, un paso para atrás. Tiñas que percorrer as 10 baldosas en 1 minuto. Tamén nos cronometraba para ver canto tempo eramos capaces de estar calados, aínda que isto case nunca lle funcionaba, non chegamos nunca ao minuto.

Na hora de lectura e noutras ocasións, imos ao "recuncho de lectura" onde temos coxíns e unha mesa pequena, e podemos ler "comodamente". Tamén hai libros por se alguén esquece traelos

Cando facemos os exames, cando a profesora non nos ve, temos a vantaxe de poder ver as “chuletas” que hai por toda a clase, é dicir, resumos de todo o que imos dando

Page 29: Arume nº 8

.

.

En

e que están pegadas polas paredes. Tamén hai un Plano de Vigo e unha cartolina onde se pode ver como é o noso corpo por dentro.

Xogamos a moitos xogos como o trivial das castañas, tangram, bingo, letras e números, palabras cruzadas (a maioría feitos por nós), xogamos no ordenador, ás veces vemos vídeos en youtube e escoitamos música no ordenador.

Buscamos xogos en Internet e puxémolos no blog de aula (www.profapt.blogspot.com), por se queredes ir a xogar ou a ver o que fixemos. Ás veces imos ao ordenador a buscar información ou a xogar e tamén para facer traballos e mellorar a nota dalgunha materia.

A profesora mandounos escribir en folios receitas que soubésemos, logo pasámolas ao ordenador, para despois facer un libro de receitas. ¡ Case nos entra a fame!.

Rímonos moito facendo as postais de nadal. Fixemos un Papa Noel bañando ao seu reno e cada un escribiulle unha frase. Logo repartímolas polo instituto: aos conserxes, Pepa a de cafetaría, a biblioteca, as secretarias, a sala de profesores/ás, ... A verdade que nos rimos moito.

clase de apoio tamén facemos fichas e exames. Cando chegamos por primeira vez a profe mándonos comprar tres libretas onde ela nos pega actividades que facemos na clase ordinaria. Aínda que parecen doados, estas fichas son bastante difíciles. Tamén facemos lecturas e falamos e escribimos sobre elas.

Ensínanos a estar atentos nas cousas, ensínanos a facer resumos e esquemas para estudar.

Na clase de apoio tamén facemos fichas e exames. Cando chegamos por primeira vez a profe mándonos comprar tres libretas onde ela nos pega actividades que facemos na clase ordinaria. Aínda que parecen doados, estas fichas son bastante difíciles. Tamén facemos lecturas e falamos e escribimos sobre elas. Ensínanos a estar atentos nas cousas, ensínanos a facer resumos e esquemas para estudar.

O que máis nos gusta son os xogos, o ordenador, o blog, falar cos compañeiros e rirnos de todo...

A algúns non nos gustaron as noticias disparatadas, onde tiñamos que escribir historias non reais ou fantásticas a través de preguntas: ¿Que?, ¿Onde?, ¿Como?, ¿Cando?, ¿Por que?, ¿en que lugar?... a outros gustábannos porque saían historias divertidas cando as liamos en alto.

O que menos nos gusta son as ventás con barrotes, as fichas de deberes, que cando lle preguntamos a profesora nos di que pensemos, que nos desconcentren os compañeiros/ás falando...

A profe é como todas, un pouco aburrida, pero pode pasar. Aínda é moi nova e solo leva un ano aquí. Tamén é divertida, cando quere e non está enfadada. Non sabemos se estará o ano que vén pero esperamos que si estea.

Para que non vos aburrades deixámosvos a páxina do blog www.profapt.blogspot.com Un saúdo da nosa parte.

Page 30: Arume nº 8

A primeira aventura da Muller Lamprea fórxase cando comeza a sentir berros de axuda cada vez máis insistentes. Eran queixas de rapaces e rapazas que non entendían por que debían estudar tantas linguas. Por que non estudar unha soa lingua para aforrármonos traballo!? Pero o poder dos oídos da Muller Lamprea non abranguía só o que lles escoitaba a estes moz@s. Ela podía escoitar tamén as voces do pasado e do futuro; e os seus ollos podían ver imaxes que xa transcorreran e outras que podían ocorrer. Ollou entón a Muller Lamprea cara ao futuro e viu que, sen as distintas linguas, todo se tinguía de gris. A nosa superheroína tiña que facer algo. Cada noite entrou polas fiestras dos meniñ@s que estaban a durmir e achegou o seu cabelo ás súas cacholiñas. Así, en soños, os rapaces/as comezaban a ver o futuro que ela xa albiscara, e entón comprendían que saber máis implicaba vivir mellor. Comprendían que o amor a unha lingua era tamén amor a unha cultura. Comprendían que coñecer a diversidade traía consigo a felicidade. Comprendían que a comunicación universal era o afecto entre os pobos.

Entón a Muller Lamprea podía ir durmir tranquila, e conseguía soñar coas cores das ás das bolboretas.

Un fermoso conto da profesora, Iria Collazo, na súa loita pola recuperación do galego.

Page 31: Arume nº 8

Le a historia completa en

http://www.megaupload.com/?d=ZT8MBRD2

Page 32: Arume nº 8

As clases fanse máis

entretidas.

Este curso, foi moi divertido. As clases co Abalar axudáronnos moito para manexar

mellor os odenadores, e aprender a traballar con

eles nas aulas

É moi útil xa que ao

dispoñer cada un de nós

dun portátil, permítenos estar

facendo distintas actividades e

ir a distintos ritmos de traballo

Os traballos feitos no ordenador

gardámolos nun lápiz USB, que levamos para a nosa casa para

logo poder completarlos

Podemos ver vídeos, o que nos fai comprender mellor a

lección. E incluso podemos dar os

temas a través do ordenadores e da pantalla

táctil.

Facemos tamén

actividades cos

ordenadores e

búsquedas da

información

necesaria en

Internet.

As veces, déixannos utilizalos, para poñer

música de fondo mentras traballamos

Page 33: Arume nº 8

..

Page 34: Arume nº 8

"V premio Espiral Edublogs 2011"

4º premio para o blog de plástica

http://edu-plastica.blogspot.com/,

na categoría de blog de alumnos.

"V premio Espiral Edublogs 2011"

finalista na categoría Blog de profesores e

profesoras o blog:

http://educortos.blogspot.com/

SEGUNDO premio, polo corto

“DIBUJANDO MI FUTURO” realizado para o

concurso “Somos Comenius” de dito Proxecto polos alumnos de 4ºESO: Joel, Claudia,

Natalia, Jose, Kevin, Adrían, Dani e Pablo

I Certame Audiovisual Escolar do IES Monte Carrasco.

O audiovisual "Dibujando mi futuro" resultou gañador

do premio de "mellor audiovisual de ficción", e

gañador tamén do "premio do público"

Boiro. Mostra de Cine Escolar

O corto "muller lamprea" elaborado polo

alumnado de 1º ESO C e D mediante a técnica

de Stop Motion baseado no conto do mesmo

nome, resultou gañador dun accésit polo

"fomento do uso do galego".

Festival audiovisual galego OLLOBOI

A muller lamprea" finalista no premio Impinxidela

1er PREMIO OLLOBOI ESCOLAR ao stop motión "A contradanza "de Adrián Martinez (1º Bach)

Page 35: Arume nº 8

LIGA INTERCENTROS

Éxito rotundo dos nosos

atletas na final do campeonato

intercolexios celebrado hai

unas semanas en

Balaidos.AS BARXAS quedou

primeiro en infantis, masculino

e feminino. Lucia Parcero foi a

primeira en peso igual que Eva

Camaño na disciplina de

lonxitude, Eyob Vega en 300

metros e Sara Rodriguez en

80 metros. Iria Charlín foi a

segunda en salto de altura e

Angel Rodriguez, en lonxitude,

mentras que Rubén Paredes

foi o 3º en 1000 metros.

Fran Lopez foi o 2º en altura e Esteban Riobó foi o 1º en 80 metros.

Noemí Santomé e Andrea Rios foron 4ª e 5ª en 1000 metros mentras

que Laura Atienza foi a sexta en 300 metros lisos.

Por outra parte, Lucia Parcero proclamouse campiona galega infantil ao

aire libre na disciplina de peso cunha marca de 8.99 metros

OLIMPIADA ESCOLAR

O Ies As Barxas foi o primeiro

clasificado de todos os

Institutos.

Page 36: Arume nº 8

Telexornal: Informativo territorial de Galicia - 23/06/11

Reportaxe con entrevistas aos alumnos de 4º ESO de plástica, que tutelados por Luz, elaboraron os audiovisuais “Debuxando o

meu futuro” e a película “The Barxas Club”.

Para velo, entrar na web de rtve, buscar en informativos territoriais o de Galicia de 23 de xuño

(http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-informativo-territorial-galicia-23-06-11/1136982/ )

Informativos nacionais de TVE 1 e Canal 24h – 23/06/11

Imaxes do centro, alumnos e profesores se intercalan nunha noticia xeral sobre a finalización do curso escolar e as declaracións do Ministro de Educación A. Gabilondo.

Para velo, entrar en http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/telediario-15-

horas-23-06-11/1137126/

Programa A Solaina da TVG – 30/06/11

O xoves 30 de xuño, 3 alumnos de 4º ESO: Adrián Barros, José Aboy e Dani Alvarez serán entrevistados en directo no programa A Solaina da TVG, que se emite ás 16:20 da tarde, en relación a sua participación nos traballos audiovisuais “Debuxando o meu futuro” e “The Barxas Club”.

Page 37: Arume nº 8

Reportaxe na TV VIArtv con entrevistas aos alumnos de 4º ESO de plástica, que tutelados por Luz, elaboraron a

película “The Barxas Club”.

Para velo entrar en

http://youtu.be/7X9jJFuyUUI

A través deste canal pódese tamén ver a

película.

Page 38: Arume nº 8

.

Este ano o ``Club de lectura´´ do IES As Barxas foi dedicado o cine e a

literatura. Reuniámonos algúns luns pola tarde na hora da comida e

comiamos todos xuntos no instituto. Os primeiros dias estivemos vendo "El

club de los Poetas Muertos" unha película estadounidense dirixida por

Peter Weir e gañadora dun Oscar o mellor guión orixinal . Despois lemos

libros tan interesantes como : ``La carretera´´ de CORMAC McCARTHY

unha novela escrita por un dos escritores mas importantes da literatura

norteamericana contemporánea o ``El Señor De Las Moscas´´ de William

Holding considerado un clásico da literatura inglesa da postguerra.

Tamén estivemos vendo a película ``La carretera´´, a película ``El Señor

De Las Moscas´´non a puidemos ver por falta de tempo.

Pero o club de lectura no so é ler libros e ver as súas películas ,

sorprenderonnos cunha excursión o cine da Plaza Elíptica a ver a

película ``El Cisne Negro´´ de Darren Aronofsky , onde tamén nos

amosaron a sala de proxección do cine, logo fomos a visitar a gran

``Biblioteca Pública Central de Vigo´´ e como facía bo tempo incluso

mercamos uns xeados mentres demos un pequeno paseo pola alameda.

Noutra sesión os que quixeron leron uns poemas que trouxeran preparados

da casa.

Convídovos a facernos compaña sempre que nos reunamos, ademais e

unha oportunidade perfecta para facer amizades novas e pasar uns bos

ratos.

Page 39: Arume nº 8

n ano mais despedimos neste 2011 a outra fornada

de rapaces que remataron os seus estudios nas aulas do noso instituto. Cunha mestura de ledicia e morriña, despedímolos na anual ceremonia de graduación perante a presencia dos seus pais e unha boa representación dos profesores de As Barxas.

Igual ca nas promocións anteriores e igual ca nas seguintes, o paso destes alumnos polo instituto tivo momentos da toda clase, pero o que si poidemos constatar foi, en calqueira caso, que en xeral, todos eles se sentiron orgullosos de pasar polas nosas aulas. Mais alá dos cabreos puntuais por unha nota ou un suspenso, mais alá dos sinsabores froito dun desencontro con algún profesor ou mesmo compañeiro, o alumnado que nos deixa neste 2011 soubo

adaptarse ás circunstancias dos momentos académicos actuais, soubo superar as dificultades que, sen dúbida algunha, entraña a laboura de estudar, e – en definitiva – soubo levar o barco ao bo porto como é o remate dos seus estudos secundarios e post-obrigatorios.

Por iso é de xustiza

felicitalos, a eles e as súas familias. A eles pola súa constancia no traballo, por non decairen nos momentos duros, por non perderen a fe. As súas familias porque souberon estar á altura das circunstancias amosándolles sempre o seu apoio ainda que os nervos das últimas semanas fixeran saltar algunha que outra chispa á hora da cea nalgunha casa.

Tamén, ainda que modestamente sexa dito, facer dende aquí un pequeño recoñecemento aos profesores que lles impartiron clase ate o derradeiro día posible, sorteando ás veces as dificultades que se presentaron para impartir clase xa que os nervos propios dos exames valeiraba de cando en vez as aulas. Mais con comprensión e boa vontade de todos poidéronse superar esas circunstancias.

No IES AS BARXAS sabemos disto porque levamos anos preparando xeracións de moañeses para afrontar os seus retos mais inmediatos a nivel académico. E abofé que, polo que contan cando nos visitan, non lles vai

mal tralo paso polas nosas aulas.

Un último dato que fala por si mesmo son os resultados acadados por esta promoción de rapaces, magníficos estudantes e mellores persoas, na selectividades deste ano. Un 99% de aprobados supón un ano mais o refrendo que fala por si so de que en As Barxas se traballa e se traballa ben. O mérito principal, nembargantes, sempre corresponde ao alumnado.

U

Page 40: Arume nº 8

1º ESO A

1º ESO B

Page 41: Arume nº 8

1º ESO C

1º ESO D

Page 42: Arume nº 8

2º ESO A

2º ESO B

Page 43: Arume nº 8

2º ESO C

2º ESO D

Page 44: Arume nº 8

3º ESO A

3º ESO B

Page 45: Arume nº 8

3º ESO C

3º ESO D

Page 46: Arume nº 8

4º ESO A

4º ESO b

Page 47: Arume nº 8

3º DIVERSIFICACIÓN

4º DIVERSIFICACIÓN

Page 48: Arume nº 8

1º BACHARELATO A

1º BACHARELATO B

Page 49: Arume nº 8

2º BACHARELATO A

2º BACHARELATO B