Agustín Lorenzo Loroño - Cumio · 2015. 2. 4. · Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio 12...

10
Xosé Ameneiro Piña Agustín Lorenzo Loroño O Gaiteiro de Catoira Brisas do Río Ulla con partituras, fotografías, guía de audición e gravacións

Transcript of Agustín Lorenzo Loroño - Cumio · 2015. 2. 4. · Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio 12...

Page 1: Agustín Lorenzo Loroño - Cumio · 2015. 2. 4. · Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio 12 Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño 13 que considero que ningún gaiteiro

Xosé Ameneiro Piña

Agustín Lorenzo LoroñoO Gaiteiro de Catoira

Brisas do Río Ullacon partituras, fotografías, guía de audición e gravacións

Page 2: Agustín Lorenzo Loroño - Cumio · 2015. 2. 4. · Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio 12 Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño 13 que considero que ningún gaiteiro

©  Da edición do libro e do DVD: Edicións do Cumio, S. A.A Ramalleira, 5 - 36140 VILABOA (Pontevedra)Tel.: 986 679 035 • Fax: 986 708 [email protected]

©  Do texto: Xosé Ameneiro Piña.

©  Das partituras e pezas musicais: herdeiros legais de Agustín Lorenzo Loroño.

©  Das partituras de Agustín Lorenzo Moure.

Transcricións das partituras: Diego Mariño Balsa, Agustín Lorenzo Moure e Xosé Ameneiro Piña.

Fotografías: Arquivo Fotográfico Brisas do Río Ulla e Xosé Ameneiro Piña.

Coordinación: Cándido Meixide.

Deseño gráfico da colección: Manoel Santos.

Corrección lingüística: María Lado e Adrián Estévez Iglesias.

Maquetación: Rosa Escalante Castro.

Produción: Edicións do Cumio.

DL: VG 351 - 2009

ISBN: 978-84-8289-272-6

Pedidos: Arnoia Distribución de libros

Tel.: 986 679 007 • [email protected]

©  Reservados todos os dereitos. De conformidade co disposto no artigo 534-bis do Código Penal vixente, poderá ser castiga-

do con penas de multa e privación de liberdade quen reproduza ou plaxie, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística 

ou científica fixada en calquera tipo de soporte sen a preceptiva autorización.

Os galleguiños d´agoraXa non bailan á muiñeira,Vanse esquecendo x´os usosTodiños da nosa terra.

Heraclio Pérez Placer, 1887.

«A Gaita, meus amigos, a gaita é para o gaiteiro, e o tamboril para o tamborilei-ro. Nin máis nin menos que gaiteirada e máis gaiteirada vos vou facer para que ningún alarbe usurpe a xurisdición do Gaiteiro. San Idioma Gallego sea conmi-go, pois ó pe da súa capilla e debaixo do seu alpendre vou facer esta romería.»

Xoán Manuel Pintos Villar, “Pregón” de A Gaita Gallega, 1852.

Edición a cargo de Francisco Villegas Belmonte e Cándido Meixide

Page 3: Agustín Lorenzo Loroño - Cumio · 2015. 2. 4. · Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio 12 Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño 13 que considero que ningún gaiteiro

Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño7

Limiar

Nos tempos máis escuros da nosa cultura e por engadidura, da nosa música tradicional, cando no noso país, estabamos padecendo esa longa noite de pedra, en Catoira seguíase mantendo viva a figura do gaiteiro e a súa música, converténdose esta vila nun caudaloso manancial da

música tradicional, auténtica fonte gaiteira do noso país.Os Riveiros, Os de Coaxe, Os Maneiros, Airiños de Campelo, Os Areeiras, Brisas do Río Ulla, Faíscas

do Xiabre, Muíños de Vento… conforman o amplo abano de gaiteiros que avivaron a música tradicional en Catoira ao longo do século XX.

As tradicións que imos herdando e ao mesmo tempo legando vénnos dada na maioria das veces desde o anonimato. Pero é evidente que houbo persoas con nome propio que entregaron unha parte importante da súa vida a traballar, dun xeito apaixoado, na nosa música tradicional, sendo polo tanto merecedores do reco-ñecemento das xeracións vindeiras.

Xosé Ameneiro, nesta obra adicada a Agustín Lorenzo Loroño –O Carabinero– e ao seu grupo Brisas do Río Ulla, recolle de primeira man a historia dos gaiteiros de Catoira ao longo do século XX, poñendo nome e apelidos aos protagonistas desa fecunda etapa histórica.

Como moi ben di o autor do libro, Agustín O Carabinero, foi unha figura importante nesa eclosión de gaiteiros en Catoira. Agustín foi discípulo de Jesús Riveiro e mestre de Ramón Sumay (Os Areeiras) e moitos outros gaiteiros. Nunha etapa da súa vida tivo que emigrar e cando retornou xubilado refundou Brisas do Río Ulla.

Con este grupo  tocou ata a súa morte, que  lle aconteceu cando  ía dando unha alborada, morrendo vestido de gaiteiro, traxe co que foi soterrado.

En definitiva, estamos diante dunha obra na que o autor, Xosé Ameneiro, nos presenta dun xeito moi documentado, unha fértil etapa da nosa música tradicional.

Nando Casal

Page 4: Agustín Lorenzo Loroño - Cumio · 2015. 2. 4. · Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio 12 Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño 13 que considero que ningún gaiteiro

IIntrodución

Page 5: Agustín Lorenzo Loroño - Cumio · 2015. 2. 4. · Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio 12 Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño 13 que considero que ningún gaiteiro

Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño11

Velo ahí tedes tocando o gaiteiroVelo ahí tedes c’o tamborileiro,Velo ahí tedes pesares quitandoVelo ahí tendes a gente alegrando1.

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e ca-pacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que 

a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose –ademais– de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar.

Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla.

 Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa.

A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existi-do, é posible que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesmamente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conseguintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista.

A relación é sinxela. Foi Agustín Lorenzo Loroño quen instruíu a Ramón Sumay o Areeira na gaita. José Romero (Os Rosales) iniciouse, segundo el mesmo di, a raíz de ver este gaiteiro tocar cando el era un neno. Logo, destes saíron outros, e deses outros, outros máis, e así ata chegar a hoxe.

A ausencia de calquera elo dunha cadea fai que esta perda a súa continuidade e, por tanto, se rompa. De aí a relevancia outorgada a este insigne personaxe.

Para escribir sobre a vida do gaiteiro, decidín comezar por indagar todo o que puiden acerca do ins-trumento que tan habilmente manexa. Empecei pola procura de publicacións máis ou menos antigas que me desen unha base sólida e que, ó seu tempo, me introducisen na época inmediatamente anterior á que tiña eu prevista como punto de partida. Funme facendo con algunhas obras, unhas coñecidas e outras  ignoradas, 

�  Pintos Villar, Xoán Manuel. 1853 A Gaita Gallega (Pontevedra: Imprenta de José y Primitivo Vilas).

Page 6: Agustín Lorenzo Loroño - Cumio · 2015. 2. 4. · Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio 12 Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño 13 que considero que ningún gaiteiro

Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio12 Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño13

que considero que ningún gaiteiro dos novos tempos debería deixar de ler (grandes virtuosos en xeral das interpretacións máis sofisticadas pero carentes en demasiadas ocasións das máis sinxelas bases tradicionais) e, o que é máis, ter como libros de cabeceira para aplacar eses delirios que tan frecuentes veñen sendo nestes tempos de modernidade incontrolable. Así é que me acheguei a autores como Xoán Manuel Pintos2, Ramón de Arana (Pizzicato)3, ou V. Cobas Pazos4 –entre outros–.

�  Pintos Villar, Xoán Manuel. 1853 A Gaita Gallega (Pontevedra: Imprenta de José y Primitivo Vilas).�  Arana y Pérez, Ramón de (Pizzicato). 1910 Solo de Gaita e Coda: Boletín de la Real Academia Gallega; n.º 43, 44 e 45; 51 e 52. Ts. IV, V e VI.�  Cobas Pazos, V. 1955 La Gaita Gallega (esbozo de un estudio) (Santiago: Porto y C.íA Editores).

O Gaiteiro! Velo ahí vaiPara a romage correndoLevando as mellores mozasDetrás dêl polo vieiro, …5

Indaguei algo acerca das orixes do instrumento, de iconografía ou de etimoloxía, pero non por erudi-ción, senón pola simple curiosidade de alguén que, sen pretender ser o que non é, quere que o seu traballo, aínda que  tan só sexa divulgativo, cando menos estea documentado e poida achegar algo –quizais  tan só polémica– ás xentes relacionadas co mundo de tan marabilloso instrumento.

Desta  maneira  atopei  referencias  de  instrumentos  musicais  incluso  ata  na  prehistoria,  onde  xa  no Paleolítico se utilizaban as osamentas dos mamuts e doutros animais para facer música, e non de calquera xeito, senón traballando os ósos para sacarlles diferentes sons6. Estes instrumentos pódense ver en diversos museos de Ucraína e mesmo escoitar gravacións dos sons que producen.

Así que, se queremos remontarnos comicamente no tempo sobre a orixe da gaita –e botando man da imaxinación– poderiamos fixa-lo límite no principio dos tempos, xa que dende que o home é home necesitou de manifestacións artísticas para satisface-las súas necesidades espirituais, e espero que isto sexa así ata o final dos tempos (ó mellor algúns que se pretenden identificar como gaiteiros galegos acaban por troca-las súas saias por pelellos, aducindo razóns prehistóricas).

Tamén quixen coñece-la historia que esta vila atesoura, xa que se ben é coñecida pola súa Romaría Viquinga, Catoira posúe monumentos megalíticos, moi anteriores ós tempos das invasións viquingas, como poden se-la Pedra da Tixola na parroquia de Abalo ou o Monte das Mámoas no lugar da Balastrera, así como restos de enterramentos romanos ou suevos, no lugar de Aragunde, na finca da Capela7.

Posto  xa  en  antecedentes,  para  coñece-lo  contexto  sociolóxico  e  cultural,  percorrín  diversas  zonas do entorno xeográfico do protagonista, á procura de persoas vivas que lembrasen este gaiteiro, ou mesmo calquera outro personaxe que puidese achegar algún interese a unha historia que, xa de por si, me atraía. Así fun coñecendo persoa  tras persoa, octoxenarios e nonaxenarios, que poderían  ter cadanseu  libro, persoas 

�  Ibídem.�  Auel, Jean M. 1985 Los Cazadores de Mamuts (1987 Maeva Ediciones).�  Singul Lorenzo, Francisco. 1999 Catoira Chave e Selo de Galicia (Concello de Catoira).

Canzorro do Hostal Reis Católicos.Canzorro da Casa Gótica, Compostela. Gaiteiro do Coro de Celanova.

Enterro de Agustín, Faro de Vigo.

Page 7: Agustín Lorenzo Loroño - Cumio · 2015. 2. 4. · Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio 12 Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño 13 que considero que ningún gaiteiro

Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio14 Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño15

cheas de recordos marabillosos –a memoria das persoas saca sempre á luz os recordos bos– e persoas que me achegaron testemuños (a maior parte deles fieis e contrastados) de acontecementos, anécdotas, contos e todo tipo de historias que fan que o tempo que dediquei a este traballo non fose baldío, mesmo aínda que non fose xamais publicado.

Así me falaron de amoríos furtivos, de fermosas xornadas de cantes e bailes, de ruadas, de mallas, de longos camiños andados a pé, de auténticas romarías, de xente que viu o Trasno ou a Santa Compaña; en fin, de todo canto estaba presente nun tempo que xa se foi e que se ve reflectido nos ollos daquelas persoas que foron quen de abrirse a min –agora tamén a vós– para que, dalgunha maneira, aquel tempo nunca máis sexa tempo fuxido senón tan só, como moito, “tempo roubado”.

É por iso que decidín que, ó longo do texto que a continuación se presenta, vaian aparecendo nomes de persoas concretas que forman  parte  da  vida  dunha  vila,  como  é Catoira, e dunha zona, como é o Ullán, que abrangue  unha  ampla  franxa  dos  terreos propios do último tramo do río Ulla –eu prolóngoa pola vertente arousá da Serra do Barbanza, mesmo ata Ribeira–. Xente que, deste xeito, terá o seu lugar nunha historia; gaiteiros  uns  e  outros  non  pero  que  com-parten co noso protagonista, cando menos, o  mesmo  período  histórico.  Moitos  teñen nomes  e  apelidos;  moitos  outros  terán  al-cumes –sempre mencionados con respecto, mesmo con veneración–. Eu  estimo nece-sario, para a dinámica do presente traballo, 

que estes alcumes formen parte desta historia, e así é que asumo a responsabilidade moral que isto leva con-sigo, pedindo de antemán desculpas a todo aquel a quen non lle guste ser identificado polo seu sobrenome.

Do mesmo xeito, tamén haberá a quen non lle agrade algunha das anécdotas que se inclúen, pero é que cando os acontecementos pasados forman parte dunha historia, ou son historia por si mesmos, os seus achegados deberán entender que sexan contados, e non como algo malo, senón como algo que se lle sucedese a alguén doutra familia, non tería a menor importancia.

E como me estou repetindo en demasía en solícitas escusas, estimo oportuno deixar aquí o tema e non abondar máis no asunto.

Unha vez cheo de informacións de primeira man, de libros consultados e dunha grande ilusión, tan só me quedaba ordena-las ideas e dispoñerme ó arduo e solitario labor de quen se enfronta a unha caixa chea de folios en branco na que hai que baleirar todo canto hai na caluga.

O Gaiteiro de Catoiravai tocar ó San Cibráne as rapazas chegan todasco pano santiagués na man.

Un gaiteiro de Catoira que aprendeu a tocar con outro gaiteiro de Catoira, pero que foi mestre, por activa ou por pasiva, da práctica totalidade de gaiteiros que viñeron detrás del.

Agustín Lorenzo, o Carabinero foi discípulo de Jesús Riveiro (o primeiro dunha saga de gaiteiros que aínda perdura nos nosos días), e foi mestre dos Areeiras, sen dúbida o grupo de gaiteiros que máis sona aca-dou de cantos de Catoira saíron. Foi iniciador, tamén, dalgún dos Riveiros das seguintes xeracións.

Habendo tres grupos nunha localidade onde toda a veciñanza se coñece –incluso catro e cinco, tendo en conta que tamén estiveron en activo Os de Coaxe e mais Os Maneiros de Abalo– é normal que houbese unha grande rivalidade entre eles, chegando ós límites máximos nas festas que polo Apóstolo se celebraban nas  inmediacións da estación do  ferrocarril  en Catoira. Alí, os piques entre Os Areeiras e Brisas do Río Ulla eran famosos; achegábanse xentes das dúas marxes do río e cada grupo tiña os seus propios adeptos. Baldomero Casal redobraba na caixa en difícil equilibrio, subido a unha banqueta e facendo malabarismos; pola contra, Alfonso o Chepas tocaba o bombo poñéndoo detrás do pescozo, enriba da súa suposta protu-berancia e dando uns golpes espectaculares. Eran os anos de 1940, e Os Areeiras empezaban a súa carreira como grupo, logo da súa escisión de Brisas do Río Ulla. Alí, na estación, primeiro subían uns a un palco, a carón da fonte, logo os outros a outro palco, diante da de Miguel. Así sucesivamente, peza tras peza, canción tras canción, medindo o seu éxito por aclamación popular.

En máis dunha ocasión teñen rematado estes piques coa Garda Civil poñendo fin á festa antes incluso da posta do sol, que era o teórico límite horario permitido pola autoridade.

Viquingos remontando o río Ulla, 1993.

II Romería Viquinga con folclore, xullo de 1963. De esquerda a dereita: José Rey Moure, Faustino Rey Romero (fundador e poeta), Plácido Castro, Segundo do Campo (fundador), Pedro o Montañés (1.º viquingo), Maximino Rodríguez Buján e José Piñeiros Ares.

Page 8: Agustín Lorenzo Loroño - Cumio · 2015. 2. 4. · Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio 12 Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño 13 que considero que ningún gaiteiro

IIContexto musical

Page 9: Agustín Lorenzo Loroño - Cumio · 2015. 2. 4. · Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio 12 Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño 13 que considero que ningún gaiteiro

Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño19

II.1 Percorrido pola realidade musical da época

Durante o período que comprende o primeiro terzo do século XX, tempo no que as circunstancias políti-cas e sociais varían a velocidades de vertixe, a proliferación da cultura, e con ela de todo tipo de manifestacións artísticas, convértese nunha constante que aparece subitamente en calquera curruncho da nosa xeografía.

No entorno da ría de Arousa e desembocadura do Ulla, o aumento do número de gaiteiros e bandas de música resulta ser un fenómeno imposible de comparar con ningunha época vivida anteriormente. Calquera entidade de poboación, por pequena que sexa, decide contratar un mestre de música, e moitas aldeas, parro-quias ou vilas pasan de non ter, ó mellor, máis que un gaiteiro (ou mesmamente ningún), a ter varias forma-cións musicais de distinto ámbito, que compiten entre elas por acada-los contratos nas festas que ó longo do ano se celebran en toda a comarca.

Do mesmo xeito, os gaiteiros, que veñen de ser unha especie de apóstolos dunha fe que periga con desapa-recer, ven como este incremento na actividade artística acada resultados sorprendentes tamén no seu mundo.

Na vila de Catoira, onde hoxe en día os máis vellos non son quen de lembrar máis que a un gaiteiro ou dous dos de principios do século XX, a aparición de afeccionados a este instrumento proliferou de tal xeito que, no momento de estoura-la guerra do 36, xa se dera un considerable aumento no número de intérpretes, que aínda había de medrar logo do conflito bélico, chegando na posguerra a coincidir ata cinco grupos entei-ros, xunto con dúas bandas de música, todos pertencentes a un municipio que tan só conta con catro parro-quias que suman unha poboación inferior a tres mil habitantes8.

Con  tal cantidade de  formacións artísticas nun espazo de  territorio  tan ben delimitado,  tentaremos centra-lo embigo do tema na música da gaita neste municipio, se ben as circunstancias, en moitas ocasións, obrigarán a citar formacións musicais doutras procedencias e actividades.

II.2 Antecedentes gaiteiros e musicais

A relación de artistas que se presenta a continuación, está elaborada en base á proximidade co prota-gonista principal desta publicación, Agustín Lorenzo Loroño, o Gaiteiro de Catoira. Está clasificada, prin-cipalmente, por criterios de antigüidade e estilos, deténdose en relatos de episodios que poden ser relevantes ou, cando menos, curiosos e que teñen que ver, na maioría dos casos, co noso protagonista.

�  Rey Moure, José. 1984 CATOIRA. Nociones geográfico-históricas, turismo-folklóricas, deportivo-culturales y socio-económicas.

Page 10: Agustín Lorenzo Loroño - Cumio · 2015. 2. 4. · Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio 12 Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño 13 que considero que ningún gaiteiro

Agustín Lorenzo Loroño Edicións do Cumio20 Edicións do Cumio Agustín Lorenzo Loroño21

no século XXI, cos netos do seu irmán Manuel. Con Jesús Riveiro Lajos tocaba o bombo, nos seus primeiros tempos, un solteirón que xa tocara con Daniel Touriño, coñecido como Antonio de Bouza do Eiro10. Tocaron logo con Jesús Riveiro os seus irmáns menores: Manuel (primeiramente tocaba a caixa, e despois aprendeu a toca-la gaita á vez que Agustín Lorenzo, cando o Carabinero entrou de discípulo do Riveiro), Francisco (caixa) e Valentín (bombo).

Jesús Riveiro morreu, a finais da década dos 30, a causa dunha afección pulmonar (hai un halo de misterio na súa morte; moita xente pensaba en Catoira que emigrara á Arxentina, mais quen emigrou foi a súa viúva)11. O seu irmán Manuel faise entón coas rendas do grupo, continuando ata a década dos 50.

Conta Ricardo Dios (97 anos):

«… Os ghaiteiros de Catoira… os primeiros de todo… iban dando a volta por Santa Baia todo… cantando esa canción (…) O Jesús… era un día de Carnaval… e viñeron dando a volta todo por aí por Santa Baia… ca misma canción:

Onde vas María?Veño do regheirode lava-la roupado meu mariñeiro.Do meu mariñeiro,do meu militar.Onde vas María?Veño de lavar.

Todo… a mesma canción… Iban  tocando e cantando… Mi madre…! Ai…! Acórdome daquela… Que bonito estaba…! Toda aquela alborada…! Gratuíta…!»

�0 Este topónimo, escoitado da boca dun catoirense, soa algo parecido a ”bousadoiro”.�� Esta versión da morte deste gaiteiro só está constatada pola familia. Toda a xente non familiar que o lembra di que emigrou á Arxentina. No cemiterio de Catoira aparece unha lápida co seu nome, pero sen data concreta. N. do A.

Daniel TouriñoO  primeiro  referente  que  aparece  constatado  en  Catoira,  no  século  XX,  é  Daniel  Touriño  Coira. 

Iniciouse con outro gaiteiro –do que non se atoparon datos– a finais do século XIX. A derradeira ocasión na que se constata a súa contratación é no Santo Antón de Catoira no 1917, aínda que é moi posible que exercese ata 1923. Logo pasou a amenizar algunhas tardes de domingo ós seres máis próximos; había que achegarse ó seu domicilio familiar, no lugar da Corredoira (Catoira), para escoitalo tocar despois de que “colgase o traxe”. De profesión canteiro, morreu en accidente laboral, ó caerlle na cabeza o topete de pedra que estaba a colocar na casa que construía para Paulino o Mallador, na parroquia de Santa Baia.

Lembra Ricardo Dios López (97 anos. Santa Baia, Catoira)9:

«Daniel de Touriño… O primeiro gaiteiro! Vivía na Corredoira… na casa de Touriño. Casou en Isorna; era canteiro e ademais tocaba a ghaita. Cando eu era rapás xa el era ghaiteiro. Tería… vinte anos máis ca min. Despois veu Jesús dos Riveiros.

Touriño tocaba por sport… non era profesional. Tocaba el… cando lle daba a ghana… a ghaita de fol. A xente iba a escoitar, porque entón non había aquí…

Despois xa veu Pallamallada. Viña de fóra… Ese… ese cantaba, tocaba e bailaba… a un tempo!… Palla-mallada…! Que era de aí de Pontearnelas ou por alí…»

Jesús RiveiroÉ o sucesor directo de Daniel Touriño Coira, con quen se supón que aprendeu a tocar sendo rapaz. 

Natural do lugar de Aragunde, no municipio de Catoira, con el iníciase unha saga de gaiteiros que continúa,

� Estas idades están tomadas entre os anos 2004 e 2006.

Libro de contas do Santo Antón de Catoira, 1917. Honorarios de Daniel Touriño.

Libro de contas do Santo Antón de Catoira, 1924. Honorarios de Jesús Riveiro.