A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e...

21
1 A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA Introdución Entre os séculos XI-XIII comeza a superarse a etapa feudal de economía de autoconsumo. A reaparición das cidades crea un sistema novo de división do traballo e de intercambios: o campo feudal produce as materias primas, a cidade obxectos manufacturados. Rexurde o comercio, primeiro entre o campo e a cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder, o do diñeiro. A cidade tamén crea unha nova cultura, a través das universidades e unha nova arte, o gótico, para as súas necesidades relixiosas (catedral), políticas (concello) ou económicas (lonxa). A Igrexa segue a ser unha figura predominante na mentalidade do momento. O marco espazo temporal A reaparición do papel económico das cidades europeas, nunha inicial división de traballo co campo feudal, é un fenómeno histórico que comeza a producirse, de maneira consistente, a partires do século XI. Comeza a crise do sistema feudal que se irá prolongando ata finais do século XIII, de maneira paralela ao desenvolvemento

Transcript of A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e...

Page 1: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

1

A BAIXA IDADE MEDIA

O REXURDIR DA VIDA URBANA

Introdución

Entre os séculos XI-XIII comeza a superarse a etapa feudal de economía de

autoconsumo. A reaparición das cidades crea un sistema novo de división do

traballo e de intercambios: o campo feudal produce as materias primas, a cidade

obxectos manufacturados. Rexurde o comercio, primeiro entre o campo e a

cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha

nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder, o do diñeiro.

A cidade tamén crea unha nova cultura, a través das universidades e unha nova

arte, o gótico, para as súas necesidades relixiosas (catedral), políticas (concello)

ou económicas (lonxa). A Igrexa segue a ser unha figura predominante na

mentalidade do momento.

O marco espazo temporal

A reaparición do papel

económico das cidades

europeas, nunha inicial

división de traballo co campo

feudal, é un fenómeno

histórico que comeza a

producirse, de maneira

consistente, a partires do

século XI. Comeza a crise do

sistema feudal que se irá

prolongando ata finais do século XIII, de maneira paralela ao desenvolvemento

Page 2: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

2

progresivo de formas de produción capitalistas que rematarán por triunfar xa no

século XVIII coa Revolución Industrial en Inglaterra.

Pero nós ímonos centrar ao marco cronolóxico que vai desde o século XI ata o

século XV. A partir do século XIV prodúcense unha serie de cambios políticos,

relixiosos e culturais, tan importantes, que esta Europa medieval, campesiña e

urbana, queda moi transformada.

Durante este período de tempo, a Europa feudal amplíase xeograficamente.

Grazas ás Cruzadas (séculos XI-XIII) conséguese a reapertura do Mediterráneo

ao comercio de Europa occidental que entra de novo en contacto coas terras do

Próximo Oriente. A outra gran ruta marítima será a que une o Mar do Norte co

Báltico e a través del Europa entrará en contacto cos pobos eslavos.

Por outra banda, o proceso da Reconquista por parte dos reinos hispánicos, leva

a Europa ata o estreito de Xibraltar e desde comezos do século XV comezan

viaxes exploratorios cara o Sur, pola costa atlántica do continente africano (ruta

do ouro do Sudán).

Economía feudal: continuidades e transformacións. A

reaparición da cidade

A maioría dos europeos desta época continuaron a ser campesiños, agricultores,

gandeiros. Iso debe darnos a idea de que as formas de produción feudal non

cambiaron. Os nobres continuaron a ser a clase social máis importante porque

a terra e os seus produtos continuaron a ser a base da economía da Europa

occidental.

Pero desde mediados do século XII ata comezos do XIV Europa vive un

extraordinario desenvolvemento demográfico. Este aumento apreciase no

mesmo campo onde se comezan novas cavaduras de terras de cultivo e temos

noticias do aumento de familias por manso. Houbo, sen dúbida, un incremento

substancial da produción agrícola, debido en parte aos progresos técnicos nos

sistemas agrícolas e á ampliación das terras de labor. Tamén debeu influír a

relativa paz que reinou en Europa coa decadencia dos musulmáns, o

asentamento dos normandos e a derrota dos maxiares.

Page 3: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

3

Por outra banda, os adiantos

técnicos axudaron a suplir

numerosa man de obra. Un

muiño de vento podía facer o

traballo de bastantes servos.

Nos feudos señoriais houbo un

excedente tanto de produción

como de servos, que

empezaron a confluír cara á

cidade.

Como vimos, o campo produce alimentos e materias primas; a cidade concentra

a produción artesanal. Entre o campo e a cidade restablécense as relacións

comerciais. É a división e especialización do traballo. Ao señor feudal élle máis

económico comprar teas, ferramentas ou armas na cidade que fabricalas el

mesmo. Ademais, na cidade, atopará o mercado apropiado para o excedente de

produción de trigo, carne ou lá do seu feudo. Pasamos dunha economía

pechada, autárquica, a unha economía de mercado.

As antigas cidades romanas, semi-abandonadas, renacen. Ou aparecen outras

novas. Aparecen máis vivendas e barrios enteiros fóra das antigas murallas: son

os burgos e de aí virá o nome de burgueses dos seus habitantes.

En principio, a cidade converteuse en

centro comercial dunha rexión. Ao

mercado, que adoitaba establecerse

na praza principal, acudían os

señores feudais e campesiños da

comarca para vender os seus

excedentes agrícolas e para mercar

os produtos artesáns. Así, as cidades

foron crecendo a medida que a

comarca que as rodeaba podía abastecelas de alimentos e de materias primas.

E a medida que a comarca adquiriu maior poder adquisitivo puido comprarlle os

seus produtos manufacturados.

Ilustración 1 Mercado medieval en Chichester, Inglaterra

Page 4: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

4

O gremio

Nas cidades medievais o traballo artesanal agrúpase por oficios. Así aparecen

os gremios. Hainos de zapateiros, tecedores, armeiros, ceramistas,etc. O gremio

é unha asociación que procura defender aos asociados e ao público. Ningún

artesán pode traballar no seu oficio se non está inscrito no gremio

correspondente, que o protexe evitando a competencia. O gremio fiscaliza a

produción: facilita materias primas

aos mesmos prezos a todos os

seus membros, proponlle os

mesmos modelos de produtos

manufacturados e fixa os prezos de

venda, calculando uns beneficios

razoables. Os artesáns,

establecidos por oficios na mesma

rúa, deben traballar todos coas

mesmas condicións. Non poden

mellorar as técnicas de traballo, nin

ampliar o negocio. Para que o

gremio e o público os poida vixiar,

teñen o se obradoiro ao carón da

rúa, aberto con amplas ventás.

Dentro do obradoiro traballan varias persoas. O dono é o mestre. É o propietario

das ferramentas, do local e está inscrito no gremio. É axudado por varios

aprendices e oficiais. Os primeiros, que viven na casa do mestre, non cobran.

Cando superan unhas probas de habilidade obteñen o grao de oficiais, que lles

permite cobrar un salario. Pero aos oficiais resúltalles moito máis difícil acadar o

título de mestre, para o que teoricamente só é preciso realizar unha obra mestra

dentro do seu oficio. Os mestres que forman o gremio e que non desexan

aumentar a competencia, fan moi difícil a promoción de novos mestres.

O gremio é un sistema de produción limitado, sen espírito de empresa. Produce

normalmente para un mercado pequeno formado pola propia cidade e a comarca

que o rodea.

Ilustración 2 Reprodución da vivenda e obradoiro dun mestre artesán

Page 5: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

5

O comercio de longa distancia

Sobre o marco reducido do comercio entre campo e cidade, a aparición do

comercio de longa distancia aumentou a importancia das cidades. E os

comerciantes aparecerán como a clase social que acapara fortes fortunas de

cartos.

Os cruzados abriron de novo unha longa ruta: o Mediterráneo. Aos portos do

Próximo Oriente: Constantinopla, Antioquía, Alexandría... comezaron a chegar

naves e mercadores dos países da Europa occidental. Compraban sobre todo

especias (canela, cravo, pementa...) e seda. Era necesario pagar eses produtos.

Primeiro fíxose co ouro e a prata que se sacaba dos portos do norte de África,

onde chegaba o ouro do Sudán, ou coa prata das minas de Europa central. Logo

con outros produtos. E así fomentouse a industria que permitiu pagar aos

bizantinos e musulmáns con

tecidos, armas, coral...

Na Europa mediterránea axiña

apareceron unha serie de cidades

que, dominando aos piratas

musulmáns, crearon verdadeiros

imperios comerciais e militares;

Venecia foi a máis importante.

Asentada sobre un grupo de illas, no fondo do Adriático, de fácil defensa, chegou

a dominar o comercio das especias. Os seus comerciantes tiñan representantes

nos barrios comerciais de todas as cidades do Mediterráneo oriental. Pronto

pagaron estes produtos coas súas propias industrias de tecidos, armas e

cristalería. Ademais de Venecia,

foron importantes Xénova,

Marsella e Barcelona. Esta última

obrigou aos reis da Coroa de

Aragón a unha expansión militar

polo Mediterráneo para defender

a súa rede comercial en Cerdeña,

Sicilia ou Grecia. Ilustración 4 Área da Liga Hanseática

Ilustración 3 Venecia no século XIV

Page 6: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

6

Outra gran rede comercial estendeuse entre o Mar do Norte e o Báltico. Desde

as cidades industriais dos Países Baixos exportábanse tecidos cara os países

do Báltico, de onde se importaban cereais, madeira, peles ou escravos. As

principais cidades comerciais (Lübeck, Hamburgo, Gante, Bruxas...) para

defenderse dos ataques dos piratas, formaron unha liga militar chamada Hansa

xermánica.

Entre estas dúas grandes rutas

comerciais marítimas apareceron

outras rutas terrestres que

atravesaban Europa de Norte a

Sur, seguindo as vellas vías

romanas ou novos camiños. Unha

das primeiras remontaba o río

Ródano e, polas cidades de

Champaña, onde se estableceron

importantes feiras, chegaba aos

Países Baixos. Pero desde o

século XIII as rutas terrestres preferidas saían do Norte de Italia (Venecia ou

Milán), atravesaban os Alpes e polo Rin ou o centro de Alemaña chegaban aos

Países Baixos, a Alemaña do norte ou Polonia e o Báltico. Ao longo destas rutas,

nas cidades que cruzaban, desenvolvéronse feiras ou grandes mercados que se

celebraban en datas determinadas.

Este comercio de longa distancia desenvolveu pronto manufacturas para a

exportación. Dous grandes centros de produción apareceron en cada unha

delas. Na do Mediterráneo, o centro de produción foi o Norte de Italia, entre

Venecia e Xénova, con manufacturas téxtiles en Milán, Bolonia e Florencia. Na

ruta Báltico-Mar do Norte o centro manufactureiro máis importante estivo nos

Países Baixos, onde destacaron as cidades de Flandes (Gantes, Bruxas...) pola

súa manufactura téxtil, da lá e do liño. No norte de Italia e nos Países Baixos

estiveron durante os séculos XIII-XV as máis ricas cidades manufactureiras e

comerciais, os portos máis activos.

O comercio puxo de novo en circulación grandes cantidades de metais

preciosos, en forma de moeda. A mediados do século XIII fixéronse correntes os

Page 7: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

7

floríns (Florencia) e ducados (Venecia). Eran moedas uniformes que tiñan un

peso fixo en ouro e niso estaba o seu valor.

Os negocios dos comerciantes fixéronse tan cuantiosos que foi preciso xuntar o

diñeiro de varios para ampliar os negocios. Así se deron as primeiras formas de

asociación ou commenda, especie de contrato que unía a un ou varios

capitalistas, a un ou varios

mercadores ou capitáns de barco,

para realizar comercio co

estranxeiro.

Por último, apareceron os

banqueiros. Familias que se

dedicaban a prestar diñeiro a

comerciantes, a capitáns de barco

ou incluso aos reis. Florencia foi

unha cidade de banqueiros e, entre

eles, destacaría a familia dos

Médicis.

Un novo grupo aparece na sociedade estamental

A Europa dos séculos XI-XV mantivo a estrutura feudal dunha sociedade por

estamentos. Nobreza e clero continuaron a formar parte da clase privilexiada.

Pero nas cidades aparece unha nova clase social, a burguesía, que queda

incluída, desde o primeiro momento, entre os non privilexiados. Sen embargo, o

burgués considerouse sempre coma un home libre, non ligado por ningún lazo

de dependencia co señor feudal. A riqueza era a única distinción de clase que

aceptaba. Por iso, dentro da burguesía cidadá, distinguíronse moi cedo dous

grupos: a alta burguesía, un patriciado urbano formado por banqueiros e

comerciantes ricos e a pequena burguesía formada preferentemente por

artesáns. A masa de asalariados e pobres vagabundos formaban o pobo.

A alta burguesía iniciou unha vida de ostentación e luxo que imitaron os nobres.

Nas cidades construíronse fermosos palacios, onde se organizaban brillantes

Ilustración 5 O cambista e a súa dona, cadro de Marinus van der Reymerswade que retrata á nova clase social da burguesía

Page 8: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

8

festas nas que os invitados lucían custosos vestidos e comían manxares

exquisitos.

A primeira fenda no sistema feudal: o goberno corporativo das

cidades

Para manter a súa independencia económica respecto do señor feudal as

cidades procuraron crear un sistema de goberno autónomo. Nos países onde a

estrutura feudal era feble conseguírono con certa facilidade (caso de Castela

onde os reis concedían frecuentes cartas pueblas, para incitar á repoboación da

perigosa fronteira co Islam); noutros lugares tiveron que loitar duramente para

conseguilo. As cidade do norte de Italia formaron xa moi pronto (século X) a Liga

lombarda que lles permitiu enfrontarse ao Emperador de Alemaña, do que

dependían. En Francia, as cidades contaron, na súa loita contra os señores

feudais, co apoio dos monarcas que, á súa vez, haberían de procurarse o seu

apoio económico e militar no seu enfrontamento coa nobreza. As cidades

acabaron por depender, a finais do século XV, dos monarcas autoritarios, a non

ser, como en Italia (Venecia, Florencia, Milán, Xénova) onde chegaron a

estruturarse en repúblicas de gran

potencia económica e política.

Cada cidade estruturou un goberno

corporativo con representación das

guildas de comerciantes ou os gremios

de artesáns. Pero moi pronto os cargos

máis importantes do concello ou

asemblea do municipio foron

acaparados por membros da alta

burguesía (patriciado), que formaba

unha oligarquía moi pechada, vinculada

a unha poucas familias.

Ilustración 6 Salón de reunións do Concello de Bruxas. Aquí se reunía o patriciado da cidade e tomaba as decisións de goberno

Page 9: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

9

O municipio tomaba as súas

propias decisións de goberno,

mantiña unha milicias en

tempo de guerra, distribuía

taxas e mandaba o seu

representante ás asembleas

de tipo nacional, cortes ou

parlamento. Un edificio

singular, no centro da idade

era o local de reunión.

Adoitaba ter unha alta torre,

desde onde as campás marcaban a pauta do horario de traballo ou chamaban a

reunión en caso de perigo.

Novos órganos de goberno

Nas distintas nacións tamén se produciu un cambio importante. Os monarcas

aproveitando o apoio do diñeiro da burguesía

aumentaron o seu poder. Nunha labor lenta os

reis foron dominando pouco a pouco á nobreza,

aínda que nalgunhas nacións (Alemaña) e

nalgúns momentos (Inglaterra, século XIII)

fracasaron ou pareceron fracasar. Creáronse

formas de goberno máis complexas. Os

monarcas e a burguesía quería superar o

vínculo persoal de vasalaxe e basear o goberno

en institucións políticas.

Apareceron as Cortes, Estados Xerais ou

Parlamentos. Eran asembleas máis ou menos

permanentes ás que os habitantes do país

enviaban os seus representantes. Reuníanse

por estamentos. Normalmente eran tres:

Ilustración 7 Palazzo Vecchio de Florencia, coa súa torre para marcar as pautas diarias ou chamar a reunión do pobo en caso de emerxencia

Ilustración 8 Ilustración que reflicte o Parlamento inglés reunido diante do rei (s. XIII). Aínda que o Parlamento máis antigo foron as Cortes de León de 1188

Page 10: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

10

nobreza, clero e terceiro estado (principalmente burguesía). Estas asembleas

tiñan o poder de facer leis e debían aprobar os xuros.

A adaptación da Igrexa ás novas pautas de vida da Idade Media

A Igrexa tivo que adaptarse á nova mentalidade e crear novas ordes relixiosas

apropiadas para os núcleos urbanos. A Igrexa debía enfrontarse nas cidades aos

problemas éticos que producían o exceso de riqueza e de miseria, e os

intelectuais que nacía da propagación da

ensinanza a través das escolas e das

universidades.

Apareceron dúas novas ordes relixiosas de

tipo cidadán: os franciscanos e os dominicos.

Ámbalas dúas foron denominadas ordes

mendicantes porque a pobreza era un dos

seus votos máis importantes polo que se vían

obrigados a mendigar os seu sustento.

Apareceron no século XIII e os seus

respectivos creadores foron San Francisco

de Asís e Santo Domingo de Guzmán.

Estas dúas ordes fundaron os seus conventos dentro

das cidades. Os franciscanos dedicáronse a evanxelizar

máis directamente ao pobo, co seu exemplo de pobreza

e humildade. Os dominicos inclináronse máis ao estudo

da Teoloxía e dominaron a Universidade con figuras

como San Alberte Magno ou Santo Tomás de Aquino

(século XIII). Esta orde, tamén coñecida como de

predicadores, foi a encargada de loitar contra as

herexías a través do Tribunal da Inquisición.

Ilustración 9 Neste fresco de Giotto o Papa Inocencio III recoñece a regla franciscana diante do fundador da orde, Francisco de Asís

Ilustración 10 Tomás de Aquino, unha das principais figuras intelectuais da Idade Media

Page 11: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

11

A cultura das cidades

Nas cidades medievais aparece un centro de educación que chegou ata os

nosos días: a universidade. Esta institución nace como asociación de profesores,

ou de profesores e alumnos que buscan independizarse da disciplina

intransixente das escolas episcopais.

A universidade medieval ten tres notas esenciais que a fan orixinal:

Corporatividade: A Universidade chega a ter existencia como tal no

momento no que cristaliza como corporación, que é o que a constitúe

formalmente. Como xa sinalamos, pártese de mestres e alumnos que xa

había, pero dándolles a forma de tipo de asociación que estaba en auxe

nese momento (lémbrese os gremios).

Autonomía: Cada centro rexíase a si mesmo no académico, administrativo

e xurídico. Tiñan unha dobre protección, pontificia e rexia, o que as

configuraba como unhas corporacións de ampla proxección, con

autonomía económica, administrativa e xurídica.

Universalidade: o latín funciona como instrumento lingüístico de

intercambio dos saberes; así, as universidades teñen plans de estudos

semellantes, e unha mobilidade de eruditos e estudosos. Un estudo xeral

sería o lugar onde se impartirían múltiples ensinanzas e tería sido

ratificado por unha autoridade ecuménica: Papado, Emperador ou Rei.

Polo xeral, unha universidade

constaba de catro facultades:

unha de Artes e Letras, unha de

Dereito, unha de Medicina e a

máis importante de todas, a de

Teoloxía. Cada facultade elexía

un decano; normalmente o de

Artes e Letras que era a

facultade con maior número de

alumnos, tomaba o título de

Reitor e representaba á

universidade.

Ilustración 11 Lectura da lección na Universidade

Page 12: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

12

Xunto coa universidade apareceron, a partires do século XIV, os colexios que

eran unha especie de residencia para estudantes, que cada vez eran menos

eclesiásticos e máis laicos. O método de aprendizaxe consistía na memorización

das ensinanzas do profesor porque había poucos libros e saber latín porque,

como xa dixemos, esta era a lingua utilizada no ensino universitario.

Moi pronto se especializaron as diferentes

universidades: Bolonia foi famosa polos

seus estudos de dereito a partir da obra de

Xustiniano; Montpellier e Salerno

destacaron polos seus estudos de Medicina

e contaron con profesores e manuais

musulmáns; a Sorbona de París polas súas

ensinanzas de Teoloxía. Outros centros

universitarios importantes foron Salamanca

en Castela, Lérida e Perpignán na Coroa de

Aragón, Oxford en Inglaterra...

Os burgueses preferiron unha literatura

narrativa de feitos cotiás. Non lles interesaban os poemas épicos feudais, de

combates, moi propios de señores feudais, ou os poemas relixiosos de vidas de

santos. Apareceron no seu lugar os Libros de Cabalería, de carácter

esaxeradamente fantasioso ou

incluso irónico (O Cabaleiro Cifar,

O Tirant lo Blanc), as críticas da

sociedade feudal a través do

mundo dos animais (Roman de

Renart) ou os pequenos contos

humorísticos (Decamerón, de

Boccaccio; o Libro del Buen Amor

do Arcipreste de Hita, os Contos

de Canterbury de Chaucer).

Ilustración 12 Mapa das aparición das Universidades na Europa da Baixa Idade Media

Ilustración 13 Ilustración do Libro do Cabaleiro Cifar

Page 13: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

13

A arte da Baixa Idade Media: o Gótico

As novas concentracións urbanas medievais precisaban novos tipos de edificios,

distintos na súa concepción e dimensións aos da época feudal plena. As igrexas

necesitaron aínda maiores espazos para acoller a un número maior de fieis; as

catedrais. Os comerciantes precisaron edificios nos que reunirse para valorar as

mercadorías, intercambialas e lanzalas ao mercado, as lonxas. Pero, ademais,

o municipio precisou un lugar apropiado para as súas reunións, a casa do

concello. E os ricos burgueses ou os nobres asentados nas cidades construíron

os seus palacios. Catro edificios importantes dentro

dunha cidade medieval: a catedral, a lonxa, a casa

do concello e os palacios.

En todos estes dominaron dúas necesidades

básicas: espazo e luz. Pero a cuberta de bóveda de

canón, propia do románico, non permitía cubrir

grandes espazos, nin abrir ventás nas grosas

paredes. Foi preciso buscar un tipo de cuberta que

exercera unha

presión menor sobre

os muros laterais. E o

conseguiron, desde

finais do século XII, a

partir da utilización, por parte dos monxes do

Císter, do arco apuntado ou oxival e a súa bóveda

derivada, a de cruzaría.

As catedrais mantiveron a planta de cruz latina, a

ábsida fíxose moito máis grande e complicada

porque ampliouse o número de ábsidas pequenas

xuntadas coa principal. Nas fachadas, tres grandes

portas con arquivoltas, daban paso a tres naves

lonxitudinais; seguindo as laterais dábase a volta

arredor do altar maior por medio da xirola ou

Ilustración 14 Neste debuxo podes ver todas as partes que definen a construción dunha catedral gótica

Ilustración 15 Fachada da catedral de Amiens (Francia). Podes ver as tres grandes portas con arquivoltas, un rosetón -ventá redonda de gran tamaño- e as dúas torres a ámbolos dous lados da fachada.

Page 14: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

14

deambulatorio. Unha ou dúas altas torres-campanario se colocaban aos lados

da fachada da catedral.

Unha catedral gótica ven sendo unha marabilla de esvelteza, matemática

construtiva e de luz sabiamente matizada pola cor das vidreiras.

As primeiras catedrais apareceron no Norte de Francia. Así Nôtre-Dame de París

ou a Catedral de Chartres. O novo estilo se estendeu polo resto de Francia

(Amiens, Reims, Beauvais, Bourges) e pasou a Inglaterra (Salisbury, Lincoln,

Westminster), Alemaña (Colonia,

Ulm) e España (Burgos, León,

Xerona, Palma de Mallorca). En

Italia tivo un carácter moito máis

propio e diferente do resto da

Europa occidental (Siena,

Orvieto, Milán).

Arredor dunha catedral, que

costaba moito tempo e diñeiro

para construíla, reuníanse toda

clase de artistas. O escultor

continuou xogando un papel

importante porque enchía con esculturas e

relevos as portadas e os capiteis. Cada catedral

tivo o seu propio obradoiro que lle daba

variedade ao estilo ao longo do continente. En

xeral, as figuras fanse máis longas e van

adquirindo, co paso das etapas, un carácter máis

naturalista e de perfección técnica. Agora, en

lugar do Cristo Xuíz (Pantocrátor) propio do

románico, aparece un Cristo máis humano –o

que en Francia chaman, Beau Dieu- ou unha

Virxe co Neno, pero non como rei no trono, senón

coma nai e fillo, xogando entre eles.

Ilustración 16 Amiens, decoración escultórica nunha das súas portas

Ilustración 17 Amiens. As vidreiras pasaron a substituír á pintura nas representacións iconográficas

Page 15: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

15

Ao desaparecer boa parte do muro, a decoración pictórica foi substituída por un

novo tipo de representación iconográfica: a vidreira. Por medio de fragmentos de

vidro de distintas cores, unidos e

sostidos por xuntas de chumbo,

chegaron a crearse escenas

magníficas ás que a luz lles daba

unha gama de tonalidades moi

fermosa.

A pintura, substituída por

vidreiras ou tapices, vaise

quedando arredor do altar maior,

no que se montan retablos, ás

veces moi grandes, formados por

unha ou varias táboas (trípticos, polípticos) que se colocaban detrás do altar

maior. Xa non é unha pintura sobre xiz ou cal, senón sobre madeira.

Ilustración 18 A pintua de táboa adquiriu gran importancia durante o Gótico. Políptico do Cordeiro Místico, na igrexa de San Bavón en Gante, obra de Jan van Eyck

Page 16: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

16

A crise dos séculos XIV e XV. A fin da Idade Media

Introdución

O extraordinario desenvolvemento de Europa Occidental desde o século XII

comeza a frearse xa a finais do século XIII. En principio parece o que se chama

unha “crise de esgotamento”, é dicir, como si o ritmo de desenvolvemento

atopara os seus límites e non puidera seguir adiante. Serían, por unha banda,

límites técnicos –cávanse menos terras, fúndanse menos cidades, constrúese

menos obras de gran fuste- e por outra, límites xeográficas e comerciais, que

parece que os europeos non poderán traspasar. Advírtense, incluso, uns límites

intelectuais: a escolástica –a escola filosófica medieval por definición- parece

que se esgota e os seus cultivadores tan só se lían en discusións sen fin.

Sobre esta situación xeral cae unha crise económica entre 1315 e 1318,

provocada por varias malas colleitas sucesivas, orixinadas por fríos e chuvias

moi abundantes durante tres anos. A fame esténdese por toda Europa, a

mortalidade aumenta, a industria téxtil vese prexudicada e a moeda sobre

devaluacións. A crise económica provoca alteracións sociais e estes dous

elementos influirán á vez na situación da nobreza feudal, aínda moi poderosa.

Fronte á baixa de prezos agrícolas, a desvalorización da moeda e a diminución

das rendas, os nobres

terratenentes atópanse en

dificultades, pero aínda poden

tratar de manterse e acoden a

todos os medios á súa man para

logralo; por iso, considérase que o

século XIV, ademais da crise xeral,

correspóndese coa crise do

feudalismo. Para manter a súa

posición os grandes señores

acoden incluso a un último

estremo: a guerra. No caso

concreto da loita entre Francia e

Inglaterra converterase na Guerra dos Cen Anos (1337-1453), que fará do

Ilustración 19 Batalla de Creçy (1346) durante a Guerra dos Cen Anos. Derrota aplastante da cabalería francesa fronte ao exército inglés.

Page 17: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

17

tránsito do século XIV ao XV unha época terrible, que será, en definitiva, a

liquidación da Idade Media.

Crise demográfica

Sabemos que ao longo do século XIII a poboación europea occidental aumentara

sen parar, especialmente porque houbera poucas pestes e poucas carestías,

pero a crise de comezos do século XIV da que acabamos de falar xa nos sinala

a aparición dun cambio de signo. O punto clave está marcado pola epidemia de

peste que chegou a

Francia en 1348 e se

estendeu de tal maneira

que se calcula que

acabou cun terzo da

poboación do continente;

ademais, a epidemia

volveu con forza

posteriormente, sobre

todo en 1360 e 1371.

O retroceso demográfico foi tan

acusado que Europa tardou

douscentos anos en recuperar a

cifra de poboación do 1300.

Agora ben, non podemos

considerar a crise demográfica

como un feito illado, senón que

debemos relacionalo co

contexto xeral da época e moi

en especial coa crise agrícola,

xa que a escaseza e carestía de produtos alimenticios orixinaba grandes fames

e, por tanto, menor resistencia diante da enfermidade.

Ilustración 20 A peste negra de mediados do século XIV provocou un dos maiores desastres demográficos da historia

Ilustración 21 representación de afectados pola peste negra

Page 18: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

18

A crise agrícola

Aínda que se desenvolvera con forza a manufactura e o comercio na Europa dos

séculos XII-XIII, a base da economía seguía a ser a agricultura e a inmensa

maioría da poboación estaba formada por campesiños.

A peste orixinou unha

impresionante

despoboación do mundo

rural, xa fora pola morte dos

campesiños, os pola súa

migración cara as cidades,

onde esperaban atopar

comida, traballo ou refuxio,

aínda que o amoreamento

nas cidades acabou

provocando unha maior

gravidade da epidemia.

Moitas terras quedaron abandonadas e os señores víronse na obriga de

arrendalas a prezos baixos ou cultivalas eles mesmos por medio de asalariados.

É evidente que a produción global europea reduciuse durante o século XIV, por

unha serie de causas, entre as cales, ademais da despoboación, atópase o

empobrecemento do solo e un cambio climático caracterizado por un maior frío.

Para saír deste marasmo era preciso investir

en terras e revalorizalas, pero os señores non

teñen interese en investir e os campesiños

non poden; só algúns burgueses empregan

os aforros acumulados durante a época de

prosperidade na compra de terras.

A terrible situación do mundo rural advírtese

nas numerosas revoltas campesiñas,

provocadas en parte polas consecuencias da

peste (terror nas cidades, fuxitivos e

bandidos no campo) e da guerra. Entre estas

Ilustración 23 O campo despoboado, as terras sen traballar, as facendas abandonadas. O resultado do mal goberno ou da crise do século XIV. Fragmento do fresco de Ambrogio Lorenzetti, "Alegoría do bo e do mal goberno, no Palacio de Goberno de Siena

Ilustración 22 Os campesiños atacan a un cabaleiro, representación dun episodio das jacqueries de 1358

Page 19: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

19

revoltas destaca a jacquerie, que asolou o campo de Francia en 1358 e foi

reprimida con terrible dureza polos señores, así como a revolta inglesa liderada

por Watt Tyler en 1381.

Nalgúns territorios, como Castela ou Alemaña, trátase de saír da crise agrícola

estendendo a gandería, que esixe menos brazos que a agricultura. En Castela

introduciuse a ovella meriña, de lá de gran calidade, a comezos do século XIV e

a cabana aumentou en máis dun millón de cabezas ao longo do século.

Por outra parte, os distintos aspectos da crise inflúen sobre o mundo rural no

sentido de que as rendas, que pagaban os campesiños, que adoitaban ser

admitidas en especie, esíxense agora en metálico e, sobre todo, en que a

nobreza, que en xeral, non ten outro medio de vida, impón toda clase de cargas

aos campesiños para poder aumentar os seus beneficios. Esta situación produce

dous resultados distintos: favorece á gran nobreza, propietaria de inmensos

territorios, que pode incluso aumentar, como os morgados casteláns, pero

arruína á pequena nobreza, á que non lle queda máis que malvivir no seu terreo,

trasladarse á cidade e entroncar coa burguesía ou dedicarse á guerra como

soldado de fortuna nas diferentes guerras que asolan o territorio de Europa.

Crise da manufactura e do comercio

Xa falamos antes da manufactura e dos gremios e do importante

desenvolvemento do comercio internacional no século XIII, pero debemos

considerar que a manufactura que fabricaba para este comercio era case

exclusivamente a téxtil, pois en outros aspectos as distintas comarcas auto

abastecíanse. E, a pesar do seu desenvolvemento, a industria téxtil estaba moi

por debaixo da agricultura, sobre todo porque empregaba a un número

relativamente baixo de persoas.

A crise demográfica e agrícola inflúe tamén na industria téxtil, xa que diminúe a

man de obra e o número de consumidores, o que significa menos demanda,

descenso da produción e baixa dos salarios. Nas dúas grandes zonas europeas

produtoras de tecidos de lá Flandes e Norte de Italia, apercíbese unha notable

diminución da produción ao longo do século XIV.

Page 20: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

20

Onde a crise é máis clara é nos intercambios comerciais: as feiras de Champaña

decaen e a ruta do Ródano trasládase ao leste: as cidades flamencas veranse

moi afectadas e Bruxas xa non rexurdirá desta decadencia: do mesmo modo

advírtese a crise do comercio nas cidades da Hansa e nos portos do

Mediterráneo: Barcelona perderá a metade da súa poboación nese período.

A inestabilidade social do

campo influirá na da cidade e

nalgunhas comarcas

prodúcense levantamentos da

pequena burguesía contra o

patriciado. Desde agora

aumentarán as diferenzas entre

a alta burguesía e o baixo pobo,

sobre todo cando o artesán

vaia transformándose en obreiro e cando o campesiño chegue do campo á

procura de traballo e se atope nun medio descoñecido e hostil.

Crise espiritual

A crise xeral inflúe tamén sobre o mundo

relixioso en dúas vertentes. Por un lado, o

Papado vese mediatizado pola monarquía

francesa e é obrigado a residir en Aviñón

durante case todo o século XIV (1306-1376),

o que provocou un cisma na Igrexa de

occidente, chegando a existir tres papas

simultáneos a comezos do século XV, esta

situación quedou resolta logo da elección do

Papa Martín V no Concilio de Constanza de

1415. Esta situación de inestabilidade

institucional fixo que parte do clero se

corrompera polos malos costumes. Pero, por

outra parte, advírtese un amplo movemento

Ilustración 24 Ambrogio Lorenzetti. Alegoría do bo e do mal goberno. A cidade inxusta

Ilustración 25 Coroación como Papa de Martín V. Con isto remataba o Cisma de Occidente

Page 21: A BAIXA IDADE MEDIA O REXURDIR DA VIDA URBANA cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder,

21

místico nas masas, aterradas pola inseguridade provocada polas epidemias, as

guerras e os bandidos. O temor constante da morte leva ao home a preocuparse

aínda máis polo máis aló e na literatura popular aparecen con máis frecuencia o

tema da gloria e do inferno, xa

retratados na obra A Divina

Comedia de Dante, un florentino

que viviu a cabalo dos séculos XIII-

XIV. Tamén son frecuentes as

“danzas da morte”, nas que todos,

pobres e ricos, resultan igualados ante o

destino que lles espera.

O desexo dunha experiencia relixiosa máis

pura e dunha reforma da Igrexa levou a

algúns a caer na herexía, como o bohemio

Jan Huss, que rematou morrendo queimado.

Ilustración 26 Danza da morte

Ilustración 27 Jan Huss morre queimado na fogueira por herexe