REXURDIR...rexurdir dos risos nos corredores e dos sorrisos baixo as máscaras, agromarán as flores...

5
Introdución A autora máis importante da Historia da Literatura Galega, a considerada nai das letras galegas, foi unha muller adiantada á súa época, que reivindicou o papel da muller na sociedade, a paisaxe e o territorio galego, a cultura e a lingua propia. Ademais denunciou a situación de marxinación na que se atopaba a sociedade galega da época e a emigración á que se vía sometido o pobo galego. Pero Rosalía de Castro, lonxe de ser comprendida, foi criticada até sentirse unha estranxeira na súa propia patria. Mais non foi unha muller resignada senón un exemplo de feminismo máis ca ningunha escritora europea da súa época. Algo impensable nunha muller de formación aldeá. A nosa autora foi unha muller de grande cultura. Lera os clásicos greco- latinos, era boa coñecedora da literatura europea da súa época e especialmente das obras dos filósofos. Manexábase en francés e participaba, entre homes, nas tertulias literarias do Liceo de la juventud, en Compostela, onde mesmo fixo representacións como actriz afeccionada. A nosa grande autora creou obra en galego e en castelán e denunciou as consecuencias históricas do escarnio literario ao que os escritores casteláns dos Séculos de Ouro someteron a Galicia, as galegas e o galego. Por todo isto, Rosalía convértese na figura idónea para abordar o tránsito da Idade Moderna á Idade Contemporánea, así como as consecuencias dos Séculos Escuros na sociedade galega. Ademais, permítenos entender a razón de ser dos seus Cantares Gallegos e introducir os autores casteláns renacentistas e barrocos, así como os autores/as románticos e realistas. Rosalía será, polo tanto, o fío condutor que dea unidade temática aos contidos, pendentes do curso pasado, que queremos abordar a través das secuencias didácticas deste trimestre. Ámbito Lingüístico e Social 4ºESO REXURDIR (arredor de Rosalía de Castro) UNIDADE DIDÁCTICA 1 Índice Introdución 1 Texto 1 2 Tarefas e produtos 3 Recursos 3 Guión da Secuencia 4 Avaliación da Secuencia 5 Lectura: Ánima dorida e estranxeira na súa patria

Transcript of REXURDIR...rexurdir dos risos nos corredores e dos sorrisos baixo as máscaras, agromarán as flores...

Page 1: REXURDIR...rexurdir dos risos nos corredores e dos sorrisos baixo as máscaras, agromarán as flores que sementamos en marzo. Rexurdimos na escola, coa palabra, como rexurdiu a lingua

Introdución

A autora máis importante da Historia da Literatura Galega, a considerada nai das letras galegas, foi unha muller adiantada á súa época, que reivindicou o papel da muller na sociedade, a paisaxe e o territorio galego, a cultura e a lingua propia. Ademais denunciou a situación de marxinación na que se atopaba a sociedade galega da época e a emigración á que se vía sometido o pobo galego.

Pero Rosalía de Castro, lonxe de ser comprendida, foi criticada até sentirse unha estranxeira na súa propia patria.

Mais non foi unha muller resignada senón un exemplo de feminismo máis ca ningunha escritora europea da

súa época. Algo impensable nunha muller de formación aldeá. A nosa autora foi unha muller de grande cultura. Lera os clásicos greco-latinos, era boa coñecedora da literatura europea da súa época e especialmente das obras dos filósofos. Manexábase en francés e participaba, entre homes, nas tertulias literarias do Liceo de la juventud, en Compostela, onde mesmo fixo representacións como actriz afeccionada.

A nosa grande autora creou obra en galego e en castelán e denunciou as consecuencias históricas do escarnio literario ao que os escritores casteláns dos Séculos de Ouro

someteron a Galicia, as galegas e o galego.

Por todo isto, Rosalía convértese na figura idónea para abordar o tránsito da Idade Moderna á Idade Contemporánea, así como as consecuencias dos Séculos Escuros na sociedade galega. Ademais, permítenos entender a razón de ser dos seus Cantares Gallegos e introducir os autores casteláns renacentistas e barrocos, así como os autores/as románticos e realistas.

Rosalía será, polo tanto, o fío condutor que dea unidade temática aos contidos, pendentes do curso pasado, que queremos abordar a través das secuencias didácticas deste trimestre.

Ámbito Lingüístico e Social 4ºESO

REXURDIR (arredor de Rosalía de Castro)

UNIDADE DIDÁCTICA 1

Índice

Introdución 1

Texto 1 2

Tarefas e produtos 3

Recursos 3

Guión da Secuencia 4

Avaliación da Secuencia 5

Lectura: Ánima dorida e estranxeira na súa patria

Page 2: REXURDIR...rexurdir dos risos nos corredores e dos sorrisos baixo as máscaras, agromarán as flores que sementamos en marzo. Rexurdimos na escola, coa palabra, como rexurdiu a lingua

Afirma a filósofa e xornalista

Nieves Meijide en Le journal

international que, no século

XVI, Tomás Moro acuñou o

termo utopía para referirse a

Estados e sociedades ideais,

que non existían e cuxa

existencia críase imposible

aínda que ansiada. Uns

séculos despois, o termo

utopía foi substituído pola

súa antítese, distopía.

Etimoloxicamente este termo

significa o mal-lugar, en

contraposición ao seu

predecesor, o lugar que non

existe. As obras distópicas

son sátiras que mostran o

mal devir da sociedade. O

seu obxectivo é chamar a

atención sobre o perigo dos

totalitarismos políticos, o

control social, o

consumismo, a

manipulación. Pero sobre

todo, alerta contra a masa

social carente de

pensamento como

consecuencia dunha

educación destinada á

supresión do criterio

individual.

Desde o 13 de marzo de

2020 os seres humanos

vivimos nunha realidade

distópica xurdida da

pandemia xerada polo

COVID-19. Nada é xa como

era antes do 13 de marzo en

que se suspenderon as

clases e fomos confinados

nas nosas casas (quen

tivese casa). Pasamos

meses sen vernos, salvo

telematicamente. Seguimos

sen poder tocarnos, agás

cos cóbados (e agora nin

iso!). Tivemos que incorporar

ao noso vestiario unha

permanente máscara que

agocha boa parte do noso

rostro, dificulta a respiración

e entorpece a comunicación.

Roubáronos o mes de abril e

pasamos un verán sen bailes

ao son das orquestras,

tapando nariz e boca mesmo

nas praias nudistas.

Pero a primavera resistiu,

porque, como dicía o poeta,

poderán cortar todas as

flores mais non poderán

deter a primavera. Así que,

neste inefable tempo que

nos tocou vivir, o

renacemento chegou coas

chuvias de setembro, co

regreso ás aulas, e, co

rexurdir dos risos nos

corredores e dos sorrisos

baixo as máscaras,

agromarán as flores que

sementamos en marzo.

Rexurdimos na escola, coa

palabra, como rexurdiu a

lingua na voz de Rosalía,

que foi quen de sementar

non unha senón mil

primaveras máis.

Nesta primavera outoniza e

invernal, a escola deberá

ensinarnos as palabras para

correr novamente detrás da

utopía. Porque, como

contaba Eduardo Galeano, a

utopía é o noso horizonte: se

camiñamos dous pasos, a

utopía alónxase dous pasos.

Para iso é para o que serve

a utopía, para seguir

camiñando.

Secuencia integrada 1. Rexurdimos 2

Lectura: Distopías: ¿Realidad o

ficción?

Page 3: REXURDIR...rexurdir dos risos nos corredores e dos sorrisos baixo as máscaras, agromarán as flores que sementamos en marzo. Rexurdimos na escola, coa palabra, como rexurdiu a lingua

COMUNICACIÓN

Coloquio arredor do

texto (intervencións

orais espontáneas)

Definicións

adecuadas de termos

do texto (intervencións

orais preparadas)

Análise do texto

(tipoloxía, estrutura,

temática… opinión)

(artigo de opinión)

Elaboración dun texto

argumentativo

(modelo)

Estamos ante un

verdadeiro

rexurdimento ou

seguimos nunha

distopía?

LITERATURA

Busca de

información arredor

de autores/as e

citas recollidas no

texto (investigación

e exposición oral

planificada)

A literatura

distópica

(investigación e

exposición escrita)

Actividades e Tarefas 3

SOCIEDADE

Contexto histórico

(investigación e

comentario crítico):

o Tomás Moro

A Idade Moderna. Os

séculos XV-XVI

(cuestionario na Aula

Virtual)

FUNCIONAMENTO DA

LINGUA

A formación de

palabras (ptt)

A análise morfolóxica

(oral)

Recursos

Dicionario da RAG e da RAE

Caderno TIL Comunicación (definicións)

A formación de palabras

O texto

Comentario crítico

Literatura distópica galega (lecturas voluntarias)

As idades da Historia

A Idade Moderna

A Idade Contemporánea

LITERATURA

Busca de información

arredor da sociedade,

arte e literatura dos

séculos XV e XVI

(investigación) para a

elaboración dun texto

expositivo

(presentación) e

posterior exposición

oral planificada na

aula (Rúbrica).

(Traballo de

investigación ou

Proxecto)

Tarefa de

RECUPERACIÓN E/OU

AMPLIACIÓN

A literatura distópica

(investigación e

exposición escrita e

oral) (modelo)

Page 4: REXURDIR...rexurdir dos risos nos corredores e dos sorrisos baixo as máscaras, agromarán as flores que sementamos en marzo. Rexurdimos na escola, coa palabra, como rexurdiu a lingua

SECUENCIA INTEGRADA (1). Rexurdimos

1. Contidos curriculares:

a. contidos previos:

i. Recitado de Rosalía de Castro e participación na actividade Lecer con Rosalía

ii. Esquema da Historia das Literaturas Galega e Castelá.

iii. Elaboración de definicións adecuadas

iv. Elaboración de comentarios poéticos

v. Elaboración de textos expositivos

vi. Elaboración de textos argumentativos

vii. Indicacións para tomar apuntamentos

b. contidos novos:

i. Comunicación: O comentario crítico

ii. Funcionamento da lingua: A formación de palabras e a análise morfolóxica

iii. Sociedade: Da Idade Moderna á Idade Contemporánea. Os séculos XV-XVI

iv. Educación Literaria: A literatura distópica / A literatura renacentista

2. Contexto: a actual situación xerada pola pandemia vista como unha distopía.

3. Competencias: CCL, CCEC, CAA, CSC. SIEE e CD

4. Tarefas e Produtos:

a. Traballo previo: Lectura de Distopías: ¿Realidad o ficción?

b. Tarefas e actividades na aula:

i. Coloquio

ii. Definicións adecuadas

iii. A formación de palabras

iv. Análise da tipoloxía textual

v. Busca de información sobre o contexto e sobre os autores e as autoras citadas no texto

vi. Realización dun cuestionario na Aula Virtual

c. Produtos:

i. Exposición oral planificada arredor das citas e d@s autor@s investigad@s

ii. Elaboración e envío pola aula virtual dun texto argumentativo en galego

iii. Elaboración e envío pola aula virtual dun texto expositivo en castelán

iv. Comentario crítico de documentos dos séculos XV-XVI

5. Recursos que terá que manexar o alumnado: Aula Virtual e Caderno TIL

TAREFA SEMANAL 1. Ler e resumir o artigo: Ánima dorida e estranxeira na súa patria

Page 5: REXURDIR...rexurdir dos risos nos corredores e dos sorrisos baixo as máscaras, agromarán as flores que sementamos en marzo. Rexurdimos na escola, coa palabra, como rexurdiu a lingua

SD1. AVALIACIÓN

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES AVALIABLES

ÍNDICES DE LOGRO

1-2 3-4 5-6 7-8 9-10

Coloquio.

(Diario de aula e

Rúbricas)

1. Comprende e interpreta a intención comunicativa e a idea xeral de textos orais dos medios de comunicación audiovisual e é quen de elaborar esquemas, resumos e comentarios críticos respectando as propiedades textuais e a corrección gramatical , procurando unha linguaxe inclusiva e desprovista de prexuízos. CCL, AaA

2. Produce textos orais e é quen de desenvolverse en situacións da vida cotiá, adecuando a prosodia, a pronuncia e o léxico á situación concreta de comunicación e autocorrixíndose. CCL, AaA

3. Recoñece e usa os procedementos de creación de palabras e é quen de crear novas palabras servíndose de prefixos e sufixos e sinalando a orixe dos mesmos. CCL, AaA

4. Intervén adecuadamente na aula, respectando as quendas e desenvolvendo as habilidades sociais. CS, SIEE

5. Realiza en voz alta unha lectura con dicción, entoación e ritmo adecuados, con respecto pola puntuación do texto e pola fonética. CCL

6. Valora a propia lingua como instrumento para aprender a aprender e como símbolo da identidade dun pobo e é quen de argumentar a súa postura e interpretar imaxes para desenvolver esta actitude e loitar contra os prexuízos, defendendo un plurilingüismo inclusivo, desde a lingua propia. CCEC

Exposición oral

planificada.

Elaboración dun

texto expositivo.

Elaboración dun

texto

argumentativo.

Elaboración dun

comentario crítico.

(Rúbrica e Criterios de corrección)

7. Utiliza técnicas de análise e síntese do contido e é quen de seleccionar as ideas fundamentais dun texto, xerarquizalas e elaborar un resumo, táboas, cadros ou mapas conceptuais. CCL, AaA e SIEE

8. Define e utiliza o vocabulario histórico e artístico necesario. CCL, AaA

9. Coñece e respecta as indicacións para a realización de tarefas e é quen de realizalas dun xeito autónomo servíndose especialmente das TIC pero utilizando cada vez máis fontes de información. AaA e SIEE

10. Produce en formato papel ou dixital textos escritos que cumpren coas propiedades textuais e é quen de servirse de esquemas, de adecuar o texto á situación comunicativa e de cometer escasos erros ortográficos ou de puntuación. Aplicando a autocorrección antes e despois de entregar a súa tarefa. CCL, AaA, SIEE, CD

11. Redacta unha narrativa sintética cos principais feitos dos séculos XVI, XVII, XVIII e XIX. CCL, AaA e CCEC

12. Coñece as diferenzas entre os distintos períodos da Literatura Galega desde os Séculos Escuros até o Rexurdimento e da Literatura Castelá desde os Séculos de Ouro até o s.XIX . CCL e CCEC

13. Participa (de xeito guiado) en proxectos para o desenvolvemento TIL e é quen de utilizar varias linguas e relacionalas lingüística e culturalmente, desenvolvendo a súa competencia plurilingüe para aproveitar os coñecementos nunha desas linguas na produción de textos de calquera outra. CCL, AaA e CCEC

Cuestionario na

Aula Virtual

14. Distingue conceptos históricos e sabe definilos adecuadamente. CCL, AaA

15. Coñece feitos históricos e sabe situalos nun eixe cronolóxico e a historia social da lingua galega. CCL e CCEC

16. Coñece e respecta as indicacións para a realización de tarefas e é quen de realizalas dun xeito progresivamente máis autónomo servíndose especialmente das TIC. AaA , SIEE, CD